16
Edicións A NOSA TERRA como son os cetáceos da nosa costa Carlos Loli Pili Braulio Sonia Tatá Chispa

como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

Edicións A NOSA TERRA

como son os cetáceos da nosa costa

Carlos Loli Pili Braulio Sonia Tatá Chispa

Page 2: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

54

Os Bolechas embarcan co seu amigo Lois, que os vai levar onda oscetáceos e as aves mariñas que andan pola costa de Galicia.–Non vos marearedes, ho! –dilles o Lois.

Ao saíren do porto ven dousarroaces choutando na auga.–Sabedes unha cousa? Os

cetáceos respiran cospulmóns, igual ca nós.Os peixes, en cambio,respiran polas guerlas–explícalles o Lois.

OS CETÁCEOS TEÑEN QUE SAÍR ÁSUPERFICIE DO MAR PARA RESPIRAREN.RESPIRAN POLO AVENTADOR, QUE É

COMA O NOSO NARIZ.

AVENTADOR

OS CETÁCEOS SON MAMÍFEROSMARIÑOS QUE VIVÍAN EN TERRA

HAI MILLÓNS DE ANOS.

Page 3: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

76 Estes son os cetáceos que andan pola costa de Galicia:

BALEA COMÚN

BALEA VASCA

BALEA BOREAL

BALEA ALIBRANCA

BALEA XIBARTE

CACHALOTE

CANDORCA

GOLFIÑO

CIFIO

CALDEIRÓN

ARROAZ

TONIÑA

CACHALOTE PEQUENO

ARROAZ BOTO

GOLFIÑO RISCADO

Page 4: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

8 9

–Unha gaivota! –berra Braulio, que vai na proa do barco.–Si. Nas rías galegas hai moitas e tamén hai carráns, corvos mariños,pardelas, paíños. Hai moitas aves mariñas vivindo onda nós –di o Lois.

–As maiores colonias de gaivotas patiamarelas, corvos mariños ecarráns que viven en Galicia atópanse nos cantís das illas Atlánticas.Das tres aves, o carrán é a única que emigra.

GAIVOTA PATIAMARELA

CORVO MARIÑO CRISTADO

O CARRÁN É UNHA AVE DEPASO. EMIGRA DE INVERNO AZONAS QUENTES, PARA CRIAR.

Page 5: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

1110

Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría.–Os cetáceos nacen da barriga da nai e maman mentres son pequenos.Os peixes, en troca, nacen de ovos e non maman –explica o Lois.

O barco do Lois pasa onda outro barco que está a faenar na boca da ría.–Esas aves que penican no descarte son pardelas e paíños. O descarte éo peixe que rexeitan os mariñeiros. Os golfiños non comen peixe morto.

DESCARTE

AS TONIÑAS ESTÁN APUNTO DE SE EXTINGUIR.

É UNHA ESPECIE AMEAZADA.

ALGUNHAS PARDELASVEÑEN COMER AQUÍ

DESDE O MEDITERRÁNEO.

OS PAÍÑOS SÓ SEACHEGAN A TERRACON MAL TEMPO.

Page 6: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

1312

Os Bolechas e o Lois saen a alta mar e ven a través da auga outroscetáceos seguindo o barco. Teñen unha cara simpática, parece que rin.–Eses son golfiños! Os golfiños coñecémolos ben –berran os Bolechas.

Hai dúas clases de cetáceos: os que teñen barbas e os que teñen dentes.Todas as especies de baleas teñen barbas. Os cachalotes, golfiños ecaldeiróns, en troca, teñen dentes.

BARBAS

DENTES

Page 7: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

14 15

–Ollade acolá outra toniña. As aves son mascatos. Onde andan toniñas emascatos hai pesca segura. Antes de se inventar o sonar1, os mariñeirosguiábanse por eles para saberen onde había pesca –di o Lois.

Os mascatos son aves mariñas máis grandes que os patos. Viven miles noscantís. Pescan en alta mar, normalmente a moita distancia de terra.O seu alimento principal son as xardas e os arenques.

1. O sonar é un un radar submariño.

O MASCATO LÁNZASE ENPICADO, CANDO VE A PRESA.

MERGÚLLASE NOMAR A 100 KM/H.

CONTINÚA OVOO.

CAZA A PRESA.NADA IMPULSÁNDOSE COASÁS E AS PALMAS DOS PÉS.

Page 8: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

1716 Agora o Lois móstralles aos Bolechas a foto dunhaave mariña. Parece un pingüín.–Este é un arao. Xa desapareceron case todos da

costa galega, por iso volomostro en foto. Antes había

ben deles, mais afétanllemoito as vertedurasdos barcos e acontaminación do mar.

De invernoveñen algúnsdos maresdo norteacopañados decarolos. O mar está contaminado, porque os humanos botamos moito lixo nel:

restos de combustíbel dos barcos, augas residuais das cidades, fume...Hai especies animais e vexetais que non resisten esta contaminación.

AS TARTARUGAS MARIÑAS E OSCETÁCEOS FÍRENSE COS PLÁSTICOS,PORQUE OS CONFUNDEN CON

ALIMENTOS.CAROLO

Page 9: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

1918 Ademais dacontaminación, omar tamén sofre asobreexplotación2

pesqueira. Péscasetanto, que os peixesnon teñen tempo decriar e medrar.Ademais coasobreexplotación,deixamos senalimento moitospeixes, cetáceos eaves, que tamén sealimentan de peixe.

2. Sobreexplotar é aproveitarse de algo demaneira esaxerada.

Page 10: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

2120

–Os mariñeiros anoxámonos cando os golfiños e outros cetáceos nosrompen os aparellos. Mais temos que ter paciencia, porque tamén nós nosmetemos no seu hábitat, que é a súa despensa –di o Lois.

Os mariñeiros e oscientíficos mariños teñenque colaborar paraprotexeren o mar e asespecies que viven nel,animais e vexetais.Os mariñeiros queren queo mar estea vivo, porque éo seu medio de traballo.Os científicos axudan osmariñeiros coas súasinvestigacións e estesaxúdanos a eles coa súaexperiencia no mar.

OS GOLFIÑOS E OS ARROACES ROMPEN ASREDES PARA COMEREN O PEIXE. ÁS VECESRÓMPENAS AO SE ENMALLAR NELAS.

Page 11: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

2322 Ei! Un arrastreiro3 colleu sen querer ungolfiño nas redes. Os mariñeiros paran amanobra para non ferilo.

–Hai que chamar a terra, para que oveñan salvar –di o patrón.Cando un cetáceo se enreda nosaparellos de pesca, non se debesubir a bordo.

A veterinaria chega pronto. Os Bolechas e o Lois achegáronse tamén aoarrastreiro para axudaren os mariñeiros a salvar o golfiño.–Tédeo fóra da auga, para que respire, e falade baixiño! –dilles ela.

3. O arrastreiro é un tipo de barco de pesca.

Page 12: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

2524

A veterinaria, coa axuda dos mariñeiros, do Lois e máis dos Bolechas,desenguedella con moito meco o golfiño da rede, e devólveo ao mar.–Nin se asustou. Hai que tratalos con moito coidado –di ela.

Despois da aventura, o Lois muda o rumbo para regresaren ao porto.–Ollade ese mascato! Vai afogar coa cabeza na bolsa–berra Carlos.–Hai que collelo e levalo ao centro de recuperación

de aves –di o Lois, anoxado cos que botan lixono mar.

Page 13: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

2726

–As áreas mariñas protexidas son zonas do mar, onde os peixes e avexetación mariña non sofren contaminación nin sobreexplotaciónpesqueira –explica o Lois de camiño de volta.

O Lois atraca o barco e os Bolechas soltan o mascato. Xa non fixo faltalevalo ao centro de recuperación, tiráronlle a bolsa e saíu voando.Agora van merendar unha empanada de vieiras. O mar deulles fame!

NESTAS ÁREAS OS MARIÑEIROSPESCANCON MOITO COIDADO.

Page 14: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

A sobreexplotación pesqueira tamén ameaza a vida no mar,impide a recría de peixes e deixa sen alimento a moitasespecies.

As áreas mariñas protexidas son zonas do mar onde asespecies viven sen ameazas.

O CEMMA é a coordinadora para o estudo dosmamíferos mariños. Podes coñecela e pedirlleinformación en: www.cemma.org, [email protected]éfono: 981 366 149. Para emerxencias sobrecetáceos ou aves podes chamar ao 112.

29Lembra:

Os cetáceos son mamíferos, porque nacen da barriga danai, maman de pequenos e respiran por pulmóns. Nonson peixes. Os peixes nacen de ovos, non mamam erespiran por guerlas.

Nos cantís das illas Atlánticas atópanse algunhas dascolonias de aves mariñas máis grandes do planeta.

A contaminación e as verteduras cotaminan o mar. Porcausa delas están ameazadas de extinción variasespecies animais e vexetais.

28

Page 15: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar

Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS:Os Bolechas lavan o canOs Bolechas xogan ás escondidasOs Bolechas van ao cineOs Bolechas fan maxiaOs Bolechas van ao médicoOs Bolechas van ao supermercadoOs Bolechas van de excursiónOs Bolechas van á praiaOs Bolechas van pola rúaOs Bolechas teñen medoOs Bolechas xogan co ordenadorOs Bolechas van mercar roupaOs Bolechas cortan o peloOs Bolechas van ao circoOs Bolechas van á aldeaOs Bolechas van á piscinaOs Bolechas van de acampadaOs Bolechas van a un cumpreanosOs Bolechas van de pescaOs Bolechas teñen gatoOs Bolechas fan pisOs Bolechas fan un carroOs Bolechas están namoradosOs Bolechas perderon o canOs Bolechas van ao parque de atracciónsOs Bolechas vaná hamburgueseríaOs Bolechas xogan ao baloncesto

Os Bolechas pelexan cunha avespaOs Bolechas van a un festivalOs Bolechas van en caravanaOs Bolechas rifan no cuarto de bañoOs Bolechas teñen unha curmá

Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS van de viaxe:Buscan a Linda en PontevedraA moeda de LugoPrimeiro amor en FerrolA vaca da AmaíaO castelo encantado d’O PorriñoCarreiras en PoioO tesouro de Baiona

Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS queren saber...:que é o aireque é a enerxíaque é a augaque é o lixoque é o solocómo é un parque de bombeiroscómo é a policía localcómo é unha bibliotecacómo é un acuarioCómo é un castro

© PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, S.A.

Deseño da colección, texto e debuxosde Pepe Carreiro

ISBN: 000000D.L.: VG-000000Impresión e encadernación:Comercial Gráfica Nós, S.A.Rúa do Príncipe, 22. 36202 Vigo

Page 16: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar