7
PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

Compartindo os nosos libros

  • Upload
    aa-ps

  • View
    221

  • Download
    1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

compartindo os nosos libros

Citation preview

Page 1: Compartindo os nosos libros

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS

DE TEXTO E LECTURA

“COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

Page 2: Compartindo os nosos libros

Índice

Páxina

1. Denominación do proxecto 3

2. Asociación de nais e pais 3

3. Ámbito de aplicación 3

4. Período de execución 3

5. Explicación do proxecto 3

6. Obxectivos 4

7. Axentes que interveñen na realización do proxecto 4

8. Desenvolvemento 5

9. Valoración do proxecto 7

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA“COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

2

Page 3: Compartindo os nosos libros

1. Denominación do proxecto.

COMPARTINDO OS MEUS LIBROS

2. Asociación de nais e pais.

ANPA da escola Frian-Teis

3. Ámbito de aplicación.

CEIP Frian-Teis de Vigo - Pontevedra

4. Período de execución.

Este proxecto foi xestado ao longo do curso 2012-2013, e será a finais do dito curso cando se realice a recollida e posterior entrega de libros, sendo o período lectivo 2013-2014 o primeiro ano de funcionamento.

5. Explicación do proxecto.

• Trátase de intercambiar entre o alumnado (e os seus pais/nais) os libros de texto e os libros de lectura recomendados polos mestres/as en cada ciclo formativo.

• Entréganse os libros de texto e lectura que xa non se precisan e que sirvan para o seguinte curso, podendo recibir outros que si sexan necesarios para o/a alumno/a.

• Os libros teñen que estar en condicións óptimas para o seu uso, non deben faltarlles páxinas ou estar demasiado deteriorados. Ao entregalos revísanse conxuntamente entre o pai/nai que os entrega e persoa responsable de recollelos na ANPA.

• A ANPA é unha intermediaria entre as familias, non merca libros usados nin os vende.

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA“COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

3

Page 4: Compartindo os nosos libros

• Todos os pais/nais que desexen recibir libros poderán solicitalos, non sendo preciso deixar outros. Iso si, neste caso terán menor prioridade á hora de recibir.

• Incluso os pais/nais que reciban axudas do Concello e/ou Xunta de Galicia para libros e material escolar, poden estar interesados en recibir libros de intercambio, xa que as cantidades recibidas non sempre son suficientes para mercar todos os libros e as devanditas axudas poden usarse para mercar material escolar (libretas, folios, bolígrafos, carpetas, axendas, ...).

6. Obxectivos.

1. Economizar no gasto en libros de texto e lectura cunha mellor utilización dos recursos

2. Contribuir á conservación do Medio Ambente

3. Fomentar o coidado dos libros como valor educativo e cultural

4. Fomentar o compañerismo entre os nenos

5. Proxecto de futuro coa pretensión de alcanzar 100% do alumnado e por tanto o 100% dos libros reutilizables do colexio

7. Axentes que interveñen na realización do proxecto.

“Compartindo os meus libros” é un proxecto impulsado pola ANPA, sendo apoiado dende o primeiro momento polo equipo directivo do colexio.

Os tres piares fundamentais para a consecución dos obxectivos, serán:

• O alumnado: xa que deberá implicarse ao máximo. Do coidado dos libros pola súa parte depende que estes poidan volver a ser utilizados.

• As familias: pola súa solidaridade, e tendo en conta que a adhesión do maior número de familias posible favorecerá o desenvolvemento do proxecto.

• Os mestres: solicitarase a súa implicación para que manteñan os libros o maior tempo posible. Pedíndolles o compromiso de que non

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA“COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

4

Page 5: Compartindo os nosos libros

se cambien necesariamente cada 4 anos, senón unicamente cando eles consideren que é menester.

8. Desenvolvemento.

• CAMPAÑA INFORMATIVA AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS

É imprescindible facer unha ampla difusión tanto entre as familias como entre o alumnado. Así conseguiremos que estean informadas o maior número de persoas.

Tamén terá gran importancia a cooperación do propio centro educativo tanto na difusión como sobre todo no apoio da campaña.

Para tratar de conseguilo desenvolveranse as seguintes actividades:

- O día 15 de abril do ano 2013 comunicación do proxecto aos alumnos/as mediante charlas apoiadas coa proxección do corto: “The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore” (2011) (http://youtu.be/tkJPMsWw6Z8).

- O mesmo día 15 de abril de 2013, reunións dos/as responsables da ANPA cos mestres/as dos distintos cursos para determinar os libros que se poderán reutilizar no próximo curso escolar, e que serán o obxecto deste proxecto.

- O día 17 de abril do ano 2013 convocarase unha reunión extraordinaria da ANPA, na que se convidará a todos os pais/nais do colexio para coñecer o proxecto.

- Tras esa reunión a descrición do proxecto quedará a disposición de todos aqueles pais/nais que o queiran ler e consultar tanto no local da ANPA, coma na web do colexio no apartado NOVAS ANPA (http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian).

- No mes de xuño de 2013: Circular informativa lembrando as datas concretas nas que se recollerán os libros de texto usados e nas que posteriormente se entregarán os libros para o seguinte curso.

- Carteis informativos

• SISTEMA DE RECOLLIDA

A ANPA será a intermediaria entre o alumnado/nais-pais polo tanto será no seu local onde se recollerán os libros.

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA“COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

5

Page 6: Compartindo os nosos libros

- Os libros que se poderán entregar formarán parte dunha listaxe que se porá en coñecemento dos alumnos, pais/nais mediante circular. Dita listaxe quedará exposta no taboleiro da anpa e será incluída neste proxecto como Anexo 1. Tras a conversa cos mestres, determínase que se terá dita listaxe a finais do mes de Maio

- Os libros teñen que estar en condicións óptimas para o seu uso; non se recollerán libros rotos, que lles falten follas ou moi deteriorados.

- O prazo de recollida de libros será dende o 20 ata o 25 de xuño de 2013 (ambos inclusive), no local da ANPA en horario de 08:45 a 11:00 horas e de 16:00 a 18:00 h

- No momento da recollida de libros cumprimentarase unha ficha, na que se fará constar: unha relación dos libros entregados polo pai/nai, se é socio da ANPA ou non, o número de fillos da familia, se percibe algunha axuda para mercar libros de texto e material escolar e contía da mesma, e número de teléfono de contacto.

- Nese mesmo momento, os pais/nais e a persoa responsable da ANPA revisarán os libros, facéndose constar na ficha o estado dos mesmos e asignándoselle unha puntuación:

2 puntos: implicará libros en perfecta conservación

1 punto: implicará libros en conservación aceptable

- Así mesmo, cubrirase a relación dos libros que o alumno precisa recibir para o seguinte curso.

• CLASIFICACIÓN

Persoal da ANPA realizará entre os días 25 e 26 de xuño de 2013 a clasificación dos libros recibidos e prepararaos para a súa entrega.

O espírito deste proxecto é a solidaridade e compromiso, de xeito que cantas máis familias se impliquen, máis dispoñibilidade de libros teremos para repartir.

Pretenderase que todos os/as alumnos/as que entreguen libros de anos anteriores reciban algún libro para o curso seguinte.

Partindo desta prioridade, en caso de ter suficiente dispoñibilidade, o número de libros que cada neno/a recibirá estará relacionado directamente co número de libros que entrega.

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA“COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

6

Page 7: Compartindo os nosos libros

A ANPA non pode comprometerse a entregar libros a todos os alumnos que os soliciten. Isto dependerá da dispoñibilidade.

No caso de que se presenten máis solicitudes de libros que os dispoñibles, teranse en conta as seguintes preferencias:

- 1º lugar: o alumnado que entrega libros do seu curso anterior e que SI sexa socio da ANPA.

- 2º lugar: o alumnado que entrega libros do seu curso anterior e que NON sexa socio da ANPA.

- 3º lugar: o alumnado que non entrega libros.

Á hora de determinar qué libros se asignan a cada neno/a terase en conta o estado de conservación dos libros recollidos; o alumno/a que teña máis puntos recibirá libros en mellor estado.

De cara a seguintes edicións, terase en conta a antigüedade das familias e a sua implicación no proxecto

• ENTREGA DE LIBROS

Os días 27 e 28 de xuño, no local da ANPA, en horario de 9:00 a 11.00 e de 16:00 a 18:00 h realizarase a entrega de libros.

Determinarase qué alumnos reciben libros se hai máis solicitudes que libros dispoñibles, en función das preferencias anteriormente citadas.

Compre destacar que canto maior sexa o número de nenos/as-familias implicados no proxecto e por tanto, maior o número de libros dispoñibles, máis posibilidades de éxito e maior difusión terá o proxecto.

9. Valoración do proxecto.

Finalizada a entrega de libros, realizarase unha valoración do proxecto incluíndo:

- Porcentaxe de nenos/as que recibiron libros mediante este sistema.

- Fallos detectados.

- Recomendacións de mellora para o seguinte curso.

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO E LECTURA“COMPARTINDO OS MEUS LIBROS”

7