6

Click here to load reader

Composición movemento obreiro

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Exemplo de composición de texto cos pasos previos a redacción

Citation preview

Page 1: Composición movemento obreiro

Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o movemento obreiro en España desde

as súas orixes ata a Restauración. Estruturando libremente a túa composición á luz dos documentos, e

tendo en conta a súa contextualización, debes atender cando menos aos seguintes aspectos: situación da

clase obreira, causas desta situación, reivindicacións obreiras, etapas na formación do movemento

obreiro formas de organización e loita, e caracterización ideolóxica das principais organizacións obreiras.

Non esquezas a normas xerais que debes seguir nun exercicio deste tipo.

Recorda os pasos para facer unha composición. Suliña nos documentos o que consideres máis

relevante para usar ou citar na túa composición. Despois de facer unha primeira lectura debes

anotar nos textos os asuntos que consideras importantes para telos en conta no momento de

facer o esquema da composición. Aquí tes un exemplo.

Doc. 1 Parte do xeneral Pastor sobre o incendio na fábrica Bonaplata (Barcelona 1835).

Foi quemada a fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores bonaplata e Cía. As autoridades

(…) enviaron toda a forza da que se podía dispor, co fin de atallar o incendio; máis foi inutil, xa que

estaban determinados a facelo, convencidos de que os teares movidos por máquinas diminuían a

producción do traballo manual. (…) resultaron da refriega varios mortos e feridos.

� Movemento obreiro na etapa isabelina

� Ludismo: explicar en que consiste, por que se produce, cando, onde

� Por que en Barcelona?: primeira zona na que se introducen máquinas.

Doc. 2. Exposición presentada por 33.000 obreros ás Cortes, 1855. Señores deputados das Cortes Constituíntes:

Hai anos que a nosa clase vai camiñando a súa ruína. Os salarios diminúen. O prezo dos comestibles e das

habitacións e máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que reducir cada día o círculo das nosas

necesidades, mandar ó taller ás nosas esposas (…), sacrificar (…) ós nosos fillos a un traballo prematuro.

O mal é gravísimo, urxe remedio, e esperámolo de vos. (…) Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun

dereito: o dereito a asociarnos. Hoxe só o temos para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta

de traballo; concédasenos en diante para poder opoñernos ás desmedidas exisencias dos donos dos

talleres, establecer, de acordo con eles, tarifas de salarios (…).

� Movemento obreiro na etapa Isabelina

o Referencia a Bienio Progresista: nova constitución en proxecto, petición para

que se recoñeza dereito de asociación

� Citar o documento para explicar a situación da clase obreira: xornada, salario, traballo

infantol e feminino…

o Explicar causas desta situación: man de obra abundante, propiedade en mans

burguesía, busca do máximo beneficio, prohibición asociacións obreiras (citar

doc), sistema fabril. FU�DAME�TAL

� Primeiras organizacións obriras ba etapa Isabelina.

o Sociedades de socorro Mutuo (citar doc)

o Primeiros Sindicatos. Explicar que son , que pedían, etc

o Folga como medio de loita (citar documento 3

Page 2: Composición movemento obreiro

Doc 3. Acta do Consello e comisión federal da Rexión Española. 1872. A sección de carpinteiros ten fixado nas esquinas grandes crteis vermellos que din así: “ Alto-A.I.T.-

Sección de Carpinteiros. Esta sección acordou abolir a velada e polo tanto esperamos que ningún faga

traición a este acordo (…)”. Os carpinteiro, ferreiros, toneleiros e douradores, se os mestres non ceden a

demanda de abolir a velada, o luns 7 declararanse en folga. Queren os burgueses pedir operario a

Valladolid. Sirva isto de aviso ós obreiros desa localidade, como a todos os de España, para que,

cumprindo co deber da solidaridade, os internacionais da Coruña logren o seu triunfo completo.

� Folga como medio de loita (citar documento 3)

� Explicar o movemento obreiro no Sexenio Democrátco. Destacar AIT

o Explicas fundación AIT en España, obxectivos (revolucionarios) papel da AIT no

Sexenio

o Por que nesta época (Sexenio Democrático)? Liberdade expresión, dereito

asociación na nova const, ambiente revolución 68, etc

o Tensións disolucion AIT

Doc. 4. Programa do P.S.O.E.. 1888. O partido socialista declara que ten por aspiracións:

1. A posesión do poder político pola clase traballadora.

2. A transformación da propiedade individual ou corporativa dos instrumentos de traballo en propiedade

colectiva, social ou común. Entendemos por instrumentos de traballo a terra, as minas, os transportes,

as fábricas, máquinas,

3. A organización da sociedade sobre a base da federación económica, o usufructo dos instrumentos de

traballo polas colectividades obreiras, garantido a todos os seus membros o producto total do seu

traballo (…)

Dono o proletariado do poder político, valerase del, non para tiranizar a unha parte da familia

obreira, como equivocadamente(…) sosteñen certos elementos revolucionarios, senón para arrancar a

burguesía todos os seus pivilexios e monopolios e reducir ós seus individuos á categoría de simples

productores.

� Dous últimos documentos: Movemento Obreiro na Restauración

o Organizacións, formas de loita, resultados, etc

� Explicar diferencias e semellanzas entre marxistas e anarquistas (citar os documentos

para argumentar a explicación)

� Comentar fundación PSOE e UGT

Doc. 5. Bases para a organización anarquista da rexión española. 1888. 1. Enténdese por anarquía o non goberno, isto é, un estado social no que no sexa necesario goberno nin

dirección algunha; porque entendemos que mentres subsista o principio de autoridade, non está garantida

a liberdade de todos os membros da sociedade (…)

2. Aínda que recoñecendo que non será unha sociedade completamente anarquista mentres exista o máis

pequeño átomo de autoritarismo ou suxeición algunha, débese considerara como garantía da liberdade a

abolición do principio de propiedade e toda explotación do home polo home.

� Explicar diferencias e semellanzas entre marxistas e anarquistas (citar os documentos

para argumentar a explicación)

� Indicar formas de loita do anarquismo. Explicar o por que da violencia

� FTRE, asunto Mano 9egra...

Page 3: Composición movemento obreiro

Agora podemos xa ordenar nun esquema todas esas ideas antes de inciar a redacción. (Despois

tes un esquema máis amplo para correxir o teu exericio)

Introducción: Indicar que é Clase Obreira e a que chamamos Movemento Obreiro

1-. Situación da clase obreira no XIX (citar documento 2 ou 1) • Condicións de traballo e vida da clase obreira. (Citar documento 2 ou 1) • Explicación das causas desta situación

2-. Primeiras accións de protesta Período isabelino • Motíns e insurreccións

• Frecuentes no campo, sobre todo no sur peninsular, pero tamén nas cidades

• Pouco organizados e con obxectivos pouco definidos

• Adoitan ser moi violentos.

• Ludismo (Citar documento 1)

• Primeiras sociedades obreiras ou sindicatos (Citar documento 2)

� Sociedade socorro mutuo (Citar documento 2) � Unións de oficios ou sindicatos

� Primeiras folgas Barcelona en1843. Explicar que é unha folga (cita documento 3)

3-. Sexenio democrático

� Crecemento do movemento obreiro

� Fundación da AIT . Obxectivos, formas de loita..(cita documento 3)

� Fin da internacional

� Tensions marxistas anarquistas

� Represión e fin Sexenio

4-. Anarquismo e marxismo � Explicar elementos comúns (cita docs 4 e 5)

� Explicar diferencias (cita docs 4 e 5)

5-. Movemento obreiro na restauración � Prohibición ata 1887. Pese legalización das asociacións obreiras a protestas siguen sendo

duramente reprimidas. A folga non está recoñecida como un dereito.

� Organizacións: maior implantación dos anarquistas. Causas

� Evolución

� Formas de loita

Conclusións � Crecemento ó longo do século

� Adopciópn dun proxecto revolucionario dende o sexenio

� Predominio anarquista

� Dura represión

� Escasos avances socias a finaos do XIX

Page 4: Composición movemento obreiro

ESQUEMA PARA A CORRECCIÓ7 DA COMPOSICIÓ7 Introdución

• Calse obreira

• Asalariados especializados, pequenos artesáns, traballadores do sector terciario,

servicio doméstico, traballadores das fábricas

• O seu nivel de ingresos e vida e baixo. Pode variar en función do tipo de traballo ou

especialización

• Nivel de formación escaso

• Durante boa parte do século quedan ó marxe do xogo político

• Movemento Obreiro

• Organizacións de obreiros que procuran as melloras das condición de vida da clase

obreira

• Ideoloxías que buscas a tranformación social en benefico da clase obreira

1-. Situación da clase obreira no XIX

• Condicións de traballo e vida da clase obreira. (Citar documento 2)

� Xornadas laborais longas (12-14 horas) seis días á semana cita (documento 3)

� Salarios baixos que subían por debaixo do incremento dos prezos. (documento 3)

� Traballo nas fábricas en malas condicións: sen seguros de enfermidade nunhas

fábricas insalubres, con escasa seguridade, sen imdenizacións en caso de acidente � Traballo infantil. Os nenos deben traballr dende os 8 ou 9 ano (Cita documento 2) � ¾ partes dos ingresos dunha familia obreira gastábanse en alimentación e vivenda. � O tempo para o ocio e a cultura era practicamente inexistente.

� As posibilidades de formación eran escasas

� Vivendas en pésimas condicións: pisos compartidos por varias familias, sobrados…

• Explicación das causas desta situación � O aumento da man de obra: crecemento da poboación, emigración campo-cidade).

� Concentración da propiedade en poucas mans

� A búsqueda do máximo beneficio por parte dos propietarios

� O control do estado pola burguesía: prohibición das sociedades obreiras, ausencia de

lexislación laboral, etc (cita documento 2)

� Sistema fabril (cita documento 1)

2-. Primeiras accións de protesta. Período isabelino (1833-1868) • Motíns e insurreccións

• Frecuentes no campo, sobre todo no sur peninsular, pero tamén nas cidades

• Pouco organizados e con obxectivos pouco definidos. Adoitan ser moi violentos.

• Ludismo (Citar documento 1)

� Destrucción das máquinas xa que as considera culpables de:

� Perda de postos de traballo

� Endurecemento das condicións de traballo: xornadas, monotonía, etc

� Diminución dos salarios

• Primeiras sociedades obreiras ou sindicatos � Sociedades socorro mutuo (Citar documento 2) � Unións de oficios ou sindicatos

� Prohibidas durante a etapa Isabelina. A burguesía exerce o poder.

� Carácter revindicativo: loitan para mellorar as condicións da clase obreira.

� Non revolucionarias: non aspiran a cambiar radicalmente a sociedade

� Primeiras peticións:

� Legalización das sociedade e dereito á negociación cos propietarios para fixar

as condicións de traballo (citar doc 2)

Page 5: Composición movemento obreiro

� Reducción da xornada laboral, aumento dos salarios (citar documento 2)

Eliminación do traballo infantil, (citar documento 2) Seguridade e saúde no

traballo

� Primeiras folgas Barcelona en1843. Explicar que é unha folga (cita

documento 3)

3-. Sexenio democrático (1868-1874) � Crecemento do movemento obreiro

� Crecemento industria e extensión a máis zonas

� Recoñecemento na constitución de 1869 do dereito de asociación, liberdade expresión

� Expectativas xeneradas pola revolución de 1868

� Aumento da conflictividade social

� Fundación da AIT (cita documento 3)

� Aumento folgas e conflictividade social (cita documento 3)

� Adopción de posturas revolucionarias: introducción do anarquismo e o marxismo

� Predominio do anarquismo

� Fin da internacional

� Tensións anarquistas marxista

� Represión: levantamento cantonal, medo da burguesía á revolución

4-. Anarquismo e marxismo

� Explicar elementos comúns � Unha sociedade sen clases, sen diferencias fundamentadas na riqueza.

� Abolición propiedade privada. Propiedade común ou colectiva dos medio se

producción (cita docs 4 e 5)

� Reparto do beneficios do traballo segundo as necesidades de cada un (cita docs 4 e 5)

� Sociedade sen Estado, este desaparecerá dando paso á autoadministración (diferencia

en canto o momento en que o estado debe desaparecer para dar paso a comunas o á

sociedade comunista) (cita docs 4 e 5)

� Explicar diferencias � Anarquismo (citar doc 5 )

� Defensa da liberdade individual e da solidaridade entre individuos como base das

relacións sociais.

� Abolición do estado e de todo tipo de autoridade. (citar doc 5 )

� Rexeitan a participación en eleccións (rexeitan o poder e o estado)

� Rexeitan a dictadura do proletariado (cita doc 4: “outros elementos…”) � Pretenden a transformación revolucionaria da sociedade mediante

� Educación e propaganda

� Acción das asociacións:acción directa sin intermediarios

� A folga revolucionaria

� A acción individual: a propaganda do feito, as veces levan a accións violentas,

atentados contra os representantes do poder.

� Marxismo � Para lograr un cambio social o proletariado debe organizarse creando partidos e

organizacións obreiras que defendan os intereses do proletarido e sexan un

mecanismo para acadar o poder político.

� O obxectivo final desta organización debe ser a conquista do poder político

mediente a insurrección, folga xeral ou mediante os mecanismo que o sistema

parlamentario facilite se é o caso.

� Ditadura do proletariado.Unha vez que partido obreiro conquiste o poder do

Estado colectivizará os medios de produción e sentará as bases dunha sociedade

socialista. Para lograra isto terase que establecer temporalmente un réxime forte e

autoritariio. (cita doc 4; frase final)

Page 6: Composición movemento obreiro

5-. Movemento obreiro na Restauración (1975-1902) � Prohibición ata 1887. Pese legalización das asociacións obreiras a protestas siguen sendo

duramente reprimidas. A folga non está recoñecida como un dereito.

� A folga vai gañando terreo como forma de protesta organizada, pero seguen a ser

frecuentes formas máis violentas: o motíns, insurreccións, atentados contra propietarios

ou a autoridade.

� Non hai grandes avances. So a inicios do século XX se pode observar alghunhas melloras

logradas pola presión do movemento obreiro

� Regulación do traballo infantil (1900)

� Descanso dominical (1904)

� Indemnizacións por accidente de traballo (1900)

� Separación definitiva de socialistas marxistas e anarquistas. Acaba formando

organizacións diferentes cunha ideoloxía ben definida

� Maior implantación dos anarquistas � Pobreza extrema entre os xornaleiros

� Propaganda entre xornaleiros. Anarquismo conta cos labregos comoelemento

revolucionario

� O estado é percibido polos xornaleiros como un enemigo

� Impostos, servicio militar, represión, caciques que contolan a política

� Formación da FTRE herdeira da FRE da AIT. (cita documento 5)

� Dentro do anarquismo conviven varias tendencias diferenciadas por cuestións

teóricas e prácticas

� Partidarios do uso da violencia, da propaganda do feito, da acción terrorista

� Partidarios da asociacionismo sindical: anarcosindicalistas. Fundación CNT

1910

� Partidarios da acción a traves da educación e a propaganda

� A acción violenta do anarquismo esta motivada por:

� Extrema pobreza de certos sectores (xornaleiros andaluces)

� Dificultade de lograr melloras mediante a loita sindical.

� Represión

� Fundación do PSOE en 1879 e da UGT en 1888. � Ideoloxía Marxista. Asume os postulados clasicos do marxismo. (cita documento 4)

� Defende a transformación a conquista do poder pola via revolucionaria

� A colectivización da propiedade privada, etc

� Apoios entre clase obreira urbana con maior presencia en Madrid, Vizcaia, Asturias,

etc

� Escasa afiliación ata inicios do século XX

Conclusións � Crecemento ó longo do século.

� Adopciópn dun proxecto revolucionario dende o sexenio.

� Predominio anarquista.

� Dura represión.

� Escasos avances socias a finais do XIX.