2
Comunicado do Consello Escolar do IES Illa de Arousa Chegou ao noso centro comunicación da Consellaría de Educación de que, de cara ao curso 13-14 teríamos unha redución de profesorado: de 24 docentes pasaríamos a ter 21, unha diminución do 12'5 %. Nin sequera chegan a cubrir o Equipo Directivo do centro, pois dotan con dúas prazas o traballo de tres persoas, habendo como hai profesorado que, tendo a praza gañada, ve cada mes de Setembro que non ten destino de traballo. A perda de profesorado non é de agora: hai catro anos o centro contaba con 27 docentes. Até onde vai seguir a redución? A canto pasaremos o curso que vén? Un 12'5 % de profesorado é só unha porcentaxe, mais ten consecuencias reais en persoas reais: o noso alumnado. Nos centros escolares non se traballa envasando mexillón, ou montando cadeiras, trabállase con persoas. O primeiro efecto deste corte vai ser que imos ter dous grupos con case 30 alumn@s, con 9 alumn@s cada un en risco de abandono académico. Non poder reducir a ratio destes grupos implica, desde a nosa experiencia profesional, que aquelas que máis axuda precisan van ter moi difícil recibila. Dísenos que temos que reducir as medidas de atención à diversidade. Con este recorte temos que ELIMINALAS de 1º ESO a 3º ESO, o que pon en perigo a titulación de alumnas e alumnos que teñen nomes e apelidos, que non son números. Parece que o alumnado está a ser privilexiado por recibir atención, e de paso, o noso centro. Porén é un dereito que lles recoñece a lei e que ten como obxectivo reducir os índices de Fracaso Escolar. Véndennos o Espazo Abalar como un dos proxectos estrela da Consellaría cando a oferta de horas non dá para cubrir nin a persoa coordinadora. Pensan que 120 equipos informáticos igual poden ser controlados co pensamento. Con esta dotación quedaríamos sen horas para a Biblioteca Escolar. Para que se anima aos centros a participar no PLAMBE? As bibliotecas funcionan co esforzo do profesorado e, polo menos no noso centro, adícanselle máis horas das asignadas. Cren que eliminando as horas de biblioteca podemos sacar adiante Proxectos Interdisciplinares como o deste ano? Facer funcionar tres Clubs de Lectura? Como queren que fomentemos a lectura coa biblioteca pechada? No noso centro contamos cunha Horta Escolar que funciona co esforzo voluntario de alumnado e profesorado. Contabamos no horario con dúas horas semanais (dúas!) para coordinación dos traballos. Seica ninguén nos manda facer iso e, por tanto, non temos dereito a esas horas. De analizarmos o factor convivencia nestes cursos pasados, vemos que a Biblioteca e a Horta contribúen a reducir a conflitividade durante os recreos. Ademais, a Comisión de Convivencia traballa todas as semanas, mes a mes, para solucionar todo tipo de conflitos, atendendo a alumnado e familias. Resultado: un só expediente disciplinario en todo o curso. Mais resulta que as tres horas semanais desa Coordinación (tres!), tamén están de máis. Despois aos nosos xefes se lles enche a boca falando de medidas contra o acoso escolar...

Comunicado consello escolar_ies_illa_arousa

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Comunicado consello escolar_ies_illa_arousa

Comunicado do Consello Escolar do IES Illa de Arousa

Chegou ao noso centro comunicación da Consellaría de Educación de que, de cara ao curso 13-14

teríamos unha redución de profesorado: de 24 docentes pasaríamos a ter 21, unha diminución do

12'5 %. Nin sequera chegan a cubrir o Equipo Directivo do centro, pois dotan con dúas prazas o

traballo de tres persoas, habendo como hai profesorado que, tendo a praza gañada, ve cada mes

de Setembro que non ten destino de traballo. A perda de profesorado non é de agora: hai catro

anos o centro contaba con 27 docentes. Até onde vai seguir a redución? A canto pasaremos o

curso que vén?

Un 12'5 % de profesorado é só unha porcentaxe, mais ten consecuencias reais en persoas reais: o

noso alumnado. Nos centros escolares non se traballa envasando mexillón, ou montando

cadeiras, trabállase con persoas.

O primeiro efecto deste corte vai ser que imos ter dous grupos con case 30 alumn@s, con 9

alumn@s cada un en risco de abandono académico. Non poder reducir a ratio destes grupos

implica, desde a nosa experiencia profesional, que aquelas que máis axuda precisan van ter moi

difícil recibila.

Dísenos que temos que reducir as medidas de atención à diversidade. Con este recorte temos

que ELIMINALAS de 1º ESO a 3º ESO, o que pon en perigo a titulación de alumnas e alumnos que

teñen nomes e apelidos, que non son números. Parece que o alumnado está a ser privilexiado

por recibir atención, e de paso, o noso centro. Porén é un dereito que lles recoñece a lei e que

ten como obxectivo reducir os índices de Fracaso Escolar.

Véndennos o Espazo Abalar como un dos proxectos estrela da Consellaría cando a oferta de horas

non dá para cubrir nin a persoa coordinadora. Pensan que 120 equipos informáticos igual poden

ser controlados co pensamento.

Con esta dotación quedaríamos sen horas para a Biblioteca Escolar. Para que se anima aos

centros a participar no PLAMBE? As bibliotecas funcionan co esforzo do profesorado e, polo

menos no noso centro, adícanselle máis horas das asignadas. Cren que eliminando as horas de

biblioteca podemos sacar adiante Proxectos Interdisciplinares como o deste ano? Facer funcionar

tres Clubs de Lectura? Como queren que fomentemos a lectura coa biblioteca pechada?

No noso centro contamos cunha Horta Escolar que funciona co esforzo voluntario de alumnado e

profesorado. Contabamos no horario con dúas horas semanais (dúas!) para coordinación dos

traballos. Seica ninguén nos manda facer iso e, por tanto, non temos dereito a esas horas.

De analizarmos o factor convivencia nestes cursos pasados, vemos que a Biblioteca e a Horta

contribúen a reducir a conflitividade durante os recreos. Ademais, a Comisión de Convivencia

traballa todas as semanas, mes a mes, para solucionar todo tipo de conflitos, atendendo a

alumnado e familias. Resultado: un só expediente disciplinario en todo o curso. Mais resulta que

as tres horas semanais desa Coordinación (tres!), tamén están de máis. Despois aos nosos xefes

se lles enche a boca falando de medidas contra o acoso escolar...

Page 2: Comunicado consello escolar_ies_illa_arousa

A sensación que nos queda é que os centros onde hai implicación no traballo son castigados por

facer de máis. Quen lles manda! Sinceramente, cremos que iso é o que quere a nosa

administración, desprestixiar a educación pública para que as familias renuncien a ela.

Por que non se fan estudos reais das necesidades dos centros, tendo en conta índices de fracaso

escolar, ISEC das familias, actividades complementarias ofertadas, en vez de reducir todo a unha

simple ecuación de tant@s nen@s, tant@s docentes?

Con aulas a 28 alumn@s, sen medidas de atención à diversidade para aqueles/as con

dificultades, e sen actividades complementarias, non é preciso ter experiencia docente para

saber que os centros escolares se verán convertidos en auténticos polvoríns. E a culpa será nosa:

do profesorado que non é profesional de abondo para aproveitar o potencial de aprendizaxe do

alumnado; e das familias, que non se implican na educación das súas fillas e fillos.

Arousa, 10 de Xullo de 2013