44
I DE CONCELLO DE CONCELLO DE CONCELLO DE CONCELLO DE CERCEDA CERCEDA CERCEDA CERCEDA II PLAN DE IGUALDADE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES 2011-2013 E

CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PLAN DE IGUALDADE

DE OPORTUNIDADES ENTRE

CONCELLO DE CONCELLO DE CONCELLO DE CONCELLO DE CERCEDACERCEDACERCEDACERCEDA

II PLAN DE IGUALDADE

DE OPORTUNIDADES ENTRE

MULLERES E HOMES

2011-2013

DE OPORTUNIDADES ENTRE

Page 2: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

COORDINA:COORDINA:COORDINA:COORDINA: Servizos Sociais do Concello de Cerceda

FINANCIA:FINANCIA:FINANCIA:FINANCIA: Concello de Cerceda e Deputación da Coruña

REALIZA:REALIZA:REALIZA:REALIZA: EDESGA S.L

II PIOM DO CONCELLO DE CERCEDA

Page 3: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

3

SAÚDO DO ALCALDE…………………………………………………………………………………….. 4

INTRODUCIÓN………………………………………………………………………………………………5

II PIOM DO CONCELLO DE CERCEDA: ÁREAS E MEDIDAS DE ACTUACIÓN…………………. 9

A1: Información e sensibilización…………………………………………………………………….10

A2: Formación e emprego……………………………………………………………………………13

A3: Conciliación laboral, familiar e persoal …………………………………………………………16

A4: Reparto igualitario de tarefas e responsabilidades domésticas (corresponsabilidade) …….19

A5: Educación en igualdade (Coeducación) ………………………………………………………..21

A6: Benestar social e asociacionismo………………………………………………………………24

A7: Prevención e eliminación da violencia de xénero …………………………………………….27

SISTEMA DE AVALIACIÓN E DE SEGUIMENTO…………………………………… ……………….29

RECURSOS DE INTERESE………………………………………………………………………………39

COMPROMISO DE COLABORACIÓN………………………………………………………………… ..41

Page 4: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

4

SAÚDO DO ALCALDE

Desde o nacemento da nosa democracia, o Estado español e

a nosa autonomía dotáronse dun corpus legal que establece

a igualdade real de todos e todas as cidadás con

independencia do seu sexo.

Así, xa a Constitución española de 1978 establecía, no seu

artigo 14 que “os españois son iguais perante a lei, sen que

poida prevalecer ningunha discriminación por razón de

nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra

condición ou circunstancia persoal ou social”.

Na nosa comunidade, o Estatuto de Autonomía xa salienta o

seguinte:

1. Os dereitos, liberdades e deberes fundamentais dos

galegos son os establecidos na Constitución.

2. Correspóndelles aos poderes públicos de Galicia promover

as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo

e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas,

remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa

plenitude e facilitar a participación do todos os galegos na

vida política, económica, cultural e social.

Este dereito fundamental recollido na Carta Magna e no

Estatuto de Autonomía de Galicia, desenvolveuse ao longo

destes anos nun marco lexislativo específico en materia de

igualdade, co fin de acadar a igualdade formal. Este marco,

en que salientan a Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para

a igualdade efectiva de mulleres e homes ou Lei 7/2004, do

16 de xullo, para a igualdade de mulleres e de homes,

concédelles aos homes e ás mulleres os mesmos dereitos, as

mesmas oportunidades, as mesmas condicións e igualdade

de tratamento en todos os campos da vida e en todas as

esferas da sociedade. Acadar a igualdade nas leis para ambos

os sexos supón o recoñecemento xurídico da igualdade.

Con todo, este recoñecemento non foi suficiente para que na

sociedade actual se conseguise a igualdade real e efectiva

entre os homes e as mulleres.

É por isto polo que o Concello de Cerceda, dentro dos plans

desenvolvidos nos últimos anos, preséntalle a cidadanía o “II

Page 5: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello

de Cerceda”, cuxo obxectivo principal é acadar unha

sociedade totalmente igualitaria en todos os ámbitos da vida:

o familiar, o laboral, o social e o persoal.

Este plan nace da estreita colaboración dos axentes sociais

do Concello, que foron convidados a participar na súa

elaboración e aprobación, así como en comprometerse a pór

en marcha as accións que nel se acordaron. Ademais, é un

documento público ao alcance de toda a cidadanía, da que se

procurará a súa contribución.

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

5

Como alcalde do Concello de Cerceda convídovos a estudalo,

aplicalo e que cada un de nós poñamos cada día, en cada

unha das nosas accións diarias, o noso gran de area para que

este nobre obxectivo sexa implantado con normalidade en

todas as facetas da nosa vida.

O alcalde,

José García Liñares

Page 6: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

6

INTRODUCIÓN

1.1 Descrición e finalidade do II PIOM

O Plan de igualdade de oportunidades do Concello de

Cerceda xorde como unha iniciativa necesaria e

imprescindible na actualidade, pois na nosa sociedade, ao

igual que no conxunto das sociedades europeas, a evolución

dos roles que desenvolven as mulleres e os homes é unha

das tendencias que está a sufrir maiores transformacións.

Así, nos últimos anos podemos comprobar como se

incrementou a participación das mulleres no mercado de

traballo, e como acadaron unha independencia económica

que reverte nos demais eidos sociais.

Con todo, a pesar da igualdade de dereito conseguida, a

igualdade de feito queda moi lonxe, xa que segue a existir

unha manifesta desigualdade entre as mulleres e os homes

nas distintas áreas da sociedade, como revela o grave

fenómeno da violencia de xénero ou a crecente feminización

da pobreza.

Coa intención de erradicarmos as discriminacións por razón

de sexo, nace este II PIOM, en que se inclúe unha serie de

liñas e directrices de actuación no eido local, tendente a

impulsar e desenvolver unha política transversal que se

orienta ás prácticas de igualdade de oportunidades en todas

as accións municipais, que se realizarán entre o ano 2011 e o

2013, e que repercuta no benestar e na calidade de vida da

cidadanía de Cerceda.

A creación deste plan así e a súa posta en marcha pasa por

coordinarmos o traballo en común de todos os ámbitos

(político, técnico, sanitario, de seguridade, movemento

asociativo, axentes educativos etc.) onde esta participación é

esencial e imprescindible para poder xerar unha sociedade

máis igualitaria e democratizada.

En concreto, a definición de prioridades, necesidades e

obxectivos naceu a partir dun proceso participativo no que

colaboraron os distintos actores sociais de Cerceda a través

da realización dunha enquisa municipal e de varios grupos de

traballo complementados por unha análise exhaustiva dos

principais datos oficiais existentes sobre o concello.

En definitiva, este é un plan de toda e para toda a sociedade

de Cerceda, que se basea na prevención e na inclusión, e que

ten por obxectivo último o incremento da calidade de vida de

toda a poboación local, independentemente do seu sexo.

Page 7: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

7

1.2 Marco normativo e antecedentes lexislativos

Nas últimas décadas comezáronse a aplicar leis e normas

xurídicas a nivel internacional, europeo, estatal e autonómico

co fin de acadar a equidade de xénero. Os seus contidos e

principios tivéronse en conta e son os que rexen de xeito

xeral a elaboración do II PIOM de Cerceda.

Os precedentes teóricos e lexislativos máis importantes dos

plans de igualdade proceden de organismos internacionais -

as Nacións Unidas, a Organización Mundial da Saúde, e a

Organización Internacional do Traballo-, dos que cómpre

salientar os seguintes:

• As Nacións Unidas crearon, en 1946, a Comisión da Condición

Xurídica e Social da Muller, un feito que provocou que en 1972 a

Asemblea Xeral proclamase o ano 1975 como Ano Internacional

da Muller.

• A Convención das Nacións Unidas sobre Eliminación de todas as

formas de Discriminación contra as Mulleres (CEDAW), que se

levou a cabo en 1979 e que foi asinada por España no ano 1980.

• En 1995 tivo lugar en Pequín a IV Conferencia Mundial sobre as

Mulleres, onde foi aprobada unha Plataforma para a Acción e

onde se renovou o compromiso da Comunidade Internacional

para lograr a igualdade de sexos, así como o desenvolvemento da

paz para todas as mulleres.

• No ano 2005 convocouse en Nova York a V Conferencia Mundial

sobre as Mulleres, destinada a reafirmar os compromisos e a

Plataforma de Acción a Favor dos Dereitos das Mulleres,

adoptados 10 anos antes en Pequín.

Tamén a Unión Europea desenvolveu normativas, obxectivos

e recomendacións específicas, das que cómpre destacar as

seguintes:

• O Libro branco sobre política social europea (onde se acuñou o

termo de “mainstreaming”).

• A Directiva 2002/73/CE do Parlamento Europeo e do Consello de

Europa relativa á igualdade de trato entre mulleres e homes nas

condicións de traballo.

• O Informe da Comisión, do 22 de febreiro de 2006, sobre a

igualdade entre mulleres e homes.

• A Folla de Ruta da Unión para o período 2006-2010 (centrada no

ámbito do emprego e a política social europea).

No ámbito nacional, o II PIOM de Cerceda enmárcase na Lei

orgánica 3/2007. Este corpo normativo, que trata de aplicar

na práctica a equidade formal recoñecida no artigo 14 da

Constitución Española, “introduce a perspectiva de xénero en

todas e cada unha das políticas que se leven a cabo no Estado

Español, independentemente da materia -educativa,

Page 8: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

sanitaria, cultural, etc.- que se aborde ou ámbito no que se

poña en marcha” (24 de marzo de 2007).

No que se refire á lexislación autonómica específica sobre a

equidade de oportunidades, débense mencionar os seguintes

referentes:

• A Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, pola que se crea o Servizo Galego

de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Ten como

obxectivo principal "a promoción e adopción de medidas

encamiñadas á consecución da igualdade efectiva das mulleres e

dos homes, removendo os obstáculos que impidan a participación

e a integración da muller na vida social, cultural, educativa,

económica e política de Galicia".

• A Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e de

homes.

• O Decreto 182/2004, do 22 de xullo, polo que se regulan os

Centros de Información das Mulleres.

• A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva

de mulleres e homes.

• A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das

mulleres de Galicia.

• A Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento

integral da violencia de xénero.

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

8

1.3 Estrutura do II PIOM

O II PIOM de Cerceda, recolle, en primeiro lugar, as medidas

e actuacións deseñadas con base en sete grandes áreas de

actuación. Cada unha destas áreas está representada por un

obxectivo xeral a que acompaña unha serie de obxectivos

específicos e apoiados, asemade, no desenvolvemento das

actuacións concretas propostas para o período de duración

do Plan (2011-2013).

Page 9: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

ÁREAS E MEDIDAS DE ACTUACIÓN

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

9

MEDIDAS DE ACTUACIÓN

Page 10: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

ÁREA 1:

E SENSIBILIZACIÓN

OBXECTIVO XERAL

FAVORECER A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES, A TRAVÉS

DO FOMENTO DA

OFRECIDA Á POBOACIÓN DO CONCELLO DE CERCEDA

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

10

ÁREA 1: INFORMACIÓN

E SENSIBILIZACIÓN

OBXECTIVO XERAL

IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES, A TRAVÉS

DO FOMENTO DA SENSIBILIZACIÓN E DA INFORMACIÓN

OFRECIDA Á POBOACIÓN DO CONCELLO DE CERCEDA

Page 11: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

11

Difusión da existencia, posta en marcha e principais obxectivos do II PIOM tanto entre o persoal técnico do Concello como entre a

poboación local. A través do seguinte:

� Reparto dun número axeitado de exemplares do documento de difusión entre a poboación de Cerceda.

� Publicación na páxina web municipal e nas páxinas web dos centros educativos.

� Publicidade a través da radio e da televisión local.

� Reunións cos axentes sociais.

� Presentación pública do II Plan de Igualdade de Oportunidades.

Levar a cabo reunións periódicas entre todas as concellarías e o persoal técnico do Concello, co fin de favorecer a coordinación e a

implementación interdepartamental no desenvolvemento do II PIOM.

Posta en marcha dun sistema de avaliación e de recollida de datos para medir a efectividade das actuacións propostas, en que se

valorará o seguinte:

� A súa temporalidade.

� O perfil e o número de poboación beneficiaria.

� As incidencias que se observen cara a futuras melloras e/ou modificacións do plan.

���� Declaración plenaria de apoio ás políticas e ás actuacións que promulguen a igualdade de xénero no termo municipal.

���� Revisión e utilización normalizada de linguaxe non sexista nos documentos e comunicacións oficiais emitidas polo Concello,

empregando a “Guía de linguaxe non sexista do Concello de Cerceda” dispoñible na páxina web municipal.

���� Orientación de partidas orzamentarias específicas para a posta en marcha de actuacións e medidas propostas no II Plan de Igualdade.

���� Continuar solicitando o maior número de axudas e subvencións posibles para pór en marcha actuacións que axuden a cumprir os

obxectivos do plan.

���� Continuar introducindo de maneira transversal os principios da igualdade de xénero nos cursos de formación orientados ao persoal

técnico e político do Concello de Cerceda.

PRIORITARIA

PRIORITARIA

PRIORITARIA

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1

Desenvolver medidas e actuacións específicas dende a entidade municipal que poñan de manifesto a igualdade real e efectiva entre

mulleres e homes cara a unha maior concienciación da poboación local

Page 12: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

12

Participar activamente nas campañas impulsadas dende a administración central, autonómica, provincial ou comarcal, dirixidas a

acadar unha igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes.

Crear espazos estables nos medios de comunicación locais para introducir temas ou programas que traten dunha maneira específica a

sensibilización en igualdade de xénero.

Incrementar a información que se lle proporciona ás mulleres sobre servizos e recursos concretos que teñen dispoñibles a nivel local e

comarcal, a través, por exemplo, da páxina web municipal.

���� Potenciar o traballo desenvolvido entre o CIM da Mancomunidade de Ordes e os Servizos Sociais de Cerceda, e colaborar

conxuntamente na programación de actividades.

���� Manter encontros trimestrais entre os/as profesionais dos concellos da comarca que desenvolven o seu traballo na área da Muller e

dos Servizos Sociais co fin de xerar un espazo de diálogo periódico.

���� Celebrar o Día Internacional da Muller (8 de marzo), a través de actos e xornadas conmemorativos que impliquen á poboación local.

���� Visibilizar o papel da muller na historia do municipio, a través de xornadas de revisión histórica local en chave de xénero e identificando

as mulleres significativas do Concello de Cerceda.

PRIORITARIA

PRIORITARIA

PRIORITARIA

Cooperar para crear actuacións que contribúan a mellorar a información, a participación e a sensibilización en igualdade de

oportunidades da poboación local

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.2

Page 13: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

FORMACIÓN E

OBXECTIVO XERAL

FOMENTAR O EMPREGO E A MELLORA DA FORMACIÓN, CO FIN

DE ELIMINAR AS DESIGUALDADES DE XÉNERO EXISTENTES

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

13

ÁREA 2:

FORMACIÓN E

EMPREGO

OBXECTIVO XERAL

EMPREGO E A MELLORA DA FORMACIÓN, CO FIN

DE ELIMINAR AS DESIGUALDADES DE XÉNERO EXISTENTES

Page 14: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

14

Actualizar o estudo exhaustivo das principais carencias e necesidades formativas da poboación feminina local, co fin de crear unha

oferta de formación que estea adaptada ás demandas persoais e empresariais.

Buscar financiamento para continuar co proxecto de inserción laboral, co fin de ofrecerlles orientación e asesoramento ás mulleres

activas no proceso de busca de emprego mediante itinerarios personalizados de inserción.

���� Intentar fomentar novos depósitos de emprego entre as mulleres do municipio de Cerceda.

���� Impulsar o autoemprego a través de medidas como as seguintes:

� Coordinar encontros periódicos entre mulleres empresarias.

� Organizar cursos e formación específica ao respecto.

� Manter o servizo de asesoramento no Concello.

� Organizar xornadas de creación de empresas ou de cooperativismo.

PRIORITARIA

PRIORITARIA

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2.1

Coñecer mellor a estrutura laboral local e fomentar o emprego feminino en función das demandas persoais e do empresariado municipal

Page 15: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

15

Realizar cursos de formación e incrementar a súa difusión e publicidade dende o Concello de Cerceda (difusión por correo, difusión a

través das asociacións, web municipal etc.).

Continuar co acceso das mulleres ás novas tecnoloxías independentemente da súa idade ou perfil formativo: cursos de informática de

usuario, navegación por internet, emprego de teléfonos móbiles etc.

���� Continuar co desenvolvemento de cursos de alfabetización de adultos co fin de erradicar o analfabetismo funcional entre a poboación

local, especialmente no caso das mulleres.

���� Realizar obradoiros de información nos centros escolares dirixidos a adolescentes coa finalidade de evitar estereotipos na elección de

futuras profesións.

PRIORITARIA

PRIORITARIA

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2.2

Incrementar o nivel formativo da poboación do Concello de Cerceda e paliar as posibles desigualdades de xénero existentes neste eido

Page 16: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

CONCILIACIÓN LABORAL, FAMILIAR E

OBXECTIVO XERAL

FACILITAR A SATISFACTORIA CONCILIACIÓN DOS TEMPOS

LABORAIS, FAMILIARES E TAMÉN P

CERCEDA

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

16

ÁREA 3:

CONCILIACIÓN LABORAL, FAMILIAR E

PERSOAL

OBXECTIVO XERAL

FACILITAR A SATISFACTORIA CONCILIACIÓN DOS TEMPOS

LABORAIS, FAMILIARES E TAMÉN PERSOAIS DA POBOACIÓN DE

Page 17: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

17

Crear unha ludoteca en horario de tarde para a poboación infantil, coa presenza de monitores/as para que as nais e pais poidan conciliar

mellor a súa vida laboral e familiar.

Manter as actividades, xornadas ou obradoiros para a poboación infantil fóra da temporada ou do horario escolar (actividades

extraescolares, campamentos urbanos, xogos de verán, actividades temáticas nos períodos vacacionais etc.).

Crear un Centro de Día no Concello de Cerceda.

���� Ampliar os horarios da Escola Infantil Municipal.

���� Colaborar coas ANPA para recuperar o “Bos días cole”, caso de existir unha demanda suficiente por parte da poboación local.

���� Colaborar coas ANPA para manter o servizo de merendas para os nenos e nenas de Cerceda, co fin de facilitar a conciliación en horario

de tarde.

���� Valorar a posibilidade de que os colexios abran un determinado número de horas durante o verán para que a poboación infantil poida

usar as instalacións exteriores no seu tempo de lecer.

���� Favorecer a adaptación horaria dos programas e cursos dirixidos á poboación con fin de que sexan compatibles cos tempos e coas

responsabilidades familiares.

���� Actualizar e difundir a guía de recursos para a conciliación dispoñible no municipio.

PRIORITARIA

PRIORITARIA

PRIORITARIA

OBXECTIVO ESPECÍFICO 3.1

Ampliar e mellorar os recursos de conciliación xa existentes, e crear novas medidas destinadas a facilitar a conciliación da poboación

local

Page 18: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

18

Tentar organizar cursos de formación, reunións e/ou espazos de respiro para as persoas coidadoras de dependentes onde poidan:

� Mellorar os seus coñecementos (comunicación xerontolóxica, enfermaría etc.)

� Compartir impresións e experiencias.

� Coñecer recursos e axudas de interese.

� Recibir atención e asesoramento psicolóxico.

���� Levar a cabo campañas de sensibilización, orientadas especificamente ás mulleres, para concienciar da necesidade de contar co tempo

persoal, ademais do laboral e do familiar.

���� Organizar campañas de sensibilización, en que se recollan especificamente a perspectiva feminina, co fin de evitar a posible

culpabilidade orixinada polo emprego dos recursos de conciliación.

PRIORITARIA

OBXECTIVO ESPECÍFICO 3.2

Ampliar e mellorar os recursos de conciliación xa existentes, e crear novas medidas destinadas a facilitar a conciliación da poboación

local

Page 19: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

REPARTO IGUALITARIO DE TAREFAS E

RESPONSABILIDADES DOMÉSTICAS

CORRESPONSABILIDAD

OBXECTIVO XERAL

FOMENTAR A CORRESPONSABILIDADE ENTRE A POBOACIÓN DO

CONCELLO DE CERCEDA

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

19

ÁREA 4:

REPARTO IGUALITARIO DE TAREFAS E

RESPONSABILIDADES DOMÉSTICAS

CORRESPONSABILIDADE

OBXECTIVO XERAL

FOMENTAR A CORRESPONSABILIDADE ENTRE A POBOACIÓN DO

CONCELLO DE CERCEDA

Page 20: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

20

Desenvolver unha campaña divulgativa sobre a valoración e o recoñecemento do traballo e das responsabilidades domésticas, así

como do coidado das persoas dependentes.

Deseñar campañas de sensibilización sobre o reparto equitativo das tarefas e das responsabilidades domésticas, para o que se pode

empregar como complemento, por exemplo, unhas fichas ou planning tipo para planificar e pór en valor as tarefas domésticas.

���� Difundir na páxina web do Concello os resultados da enquisa realizada en relación aos usos do tempo e á frecuencia nas

responsabilidades domésticas, co obxectivo de concienciar e fomentar o debate social sobre o tema.

���� Crear obradoiros de responsabilidades compartidas, onde os homes e as mulleres do concello interactúen e reflexionen sobre o tema,

valorando estratexias que potencien a participación masculina.

���� Pór en marcha actividades, xornadas e/ou campañas que contribúan a eliminar os roles de xénero e os estereotipos máis tradicionais

entre a poboación xuvenil, co fin de fomentar a corresponsabilidade.

���� Organizar unha campaña de concienciación orientada especificamente aos pais co fin de que participen máis activamente no coidado e

na educación dos e das fillas.

PRIORITARIA

PRIORITARIA

OBXECTIVO ESPECÍFICO 4.1

Contribuír a eliminar os estereotipos e os roles tradicionais de xénero, co fomento do reparto equitativo das responsabilidades domésticas

entre todos os membros do fogar

Page 21: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

EDUCACIÓN EN IGUALDADE

COEDUCACIÓN

OBXECTIVO XERAL

PROMOVER A COEDUCACIÓN E A FORMACIÓN BAS

IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

21

ÁREA 5:

EDUCACIÓN EN IGUALDADE

COEDUCACIÓN

OBXECTIVO XERAL

PROMOVER A COEDUCACIÓN E A FORMACIÓN BASEADA NA

IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES

Page 22: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

22

Colaborar coa comunidade educativa para organizar actividades conxuntamente que impliquen activamente o alumnado e visibilicen o

papel da muller nos diferentes eidos de coñecemento con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora e do Día Internacional

contra a Violencia de Xénero.

Organizar, de maneira trimestral, unha mesa de traballo entre o Concello, os centros educativos e as ANPA, co fin de:

� Crear un espazo de encontro e diálogo aberto.

� Introducir o tema da igualdade nas aulas.

� Coordinar a organización de actividades.

� Establecer un cronograma de actuación.

� Debater as necesidades e problemáticas existentes (acoso escolar, perpetuación de estereotipos etc)

Pór en marcha actividades e accións que fomenten o diálogo interxeneracional en chave de xénero, por exemplo con visitas dos

maiores ao colexio ou actividades conxuntas de avós/as e netos/as.

���� Cooperar cos centros educativos para elaborar unha guía sobre coeducación orientada ao alumnado, ao profesorado e aos pais e nais

do municipio.

���� Continuar coa organización de charlas para nais e pais nos propios centros escolares e en horarios que favorezan a conciliación, co fin

de incrementar a participación activa tanto na escola de pais e nais, como nos problemas do alumnado.

���� Seguir realizando campañas sobre o uso non sexista de xogos e xoguetes entre os pais e nais do Concello.

���� Repetir a organización de xornadas ou obradoiros para a educación en igualdade destinados aos avós e avoas coidadores/as, que

procuren estratexias que fomenten a participación (recorrendo ás asociacións, escolas de alfabetización etc.).

PRIORITARIA

PRIORITARIA

PRIORITARIA

OBXECTIVO ESPECÍFICO 5.1

Fomentar a coeducación no eido educativo e traballar para eliminar os estereotipos sexistas entre a poboación de Cerceda

Page 23: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

23

Dar continuidade á organización de obradoiros destinados á poboación xuvenil onde se reflexione sobre comportamentos daniños

dentro da parella e nas relacións de amizade durante a adolescencia.

���� Colaborar cos centros educativos locais para organizar visitas ou encontros que visibilicen o papel da muller na vida pública e na

historia.

���� Manter a perspectiva coeducativa nas actividades extraescolares organizadas tanto polo Concello como polos centros escolares.

���� Elaborar e difundir unha relación de libros, contos ou cómics cun transfundo de xénero como recomendación de lectura para a

poboación infantil e xuvenil.

���� Proseguir coa organización de ciclos de cine no verán ou nos períodos vacacionais escolares, con filmes que reflexionen sobre as

desigualdades entre os homes e as mulleres.

PRIORITARIA

OBXECTIVO ESPECÍFICO 5.2

Organizar campañas e actividades dirixidas á poboación infantil e xuvenil do municipio co fin de sensibilizala na igualdade de

oportunidades entre as mulleres e os homes

Page 24: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

BENESTAR SOCIAL E

ASOCIACIONISMO

OBXECTIVO XERAL

FOMENTAR A PARTICIPACIÓN DA POBOACIÓN NA ESFERA

PÚBLICA DO CONCELLO E MELLORAR O SEU NIVEL DE BENESTAR

SOCIAL

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

24

ÁREA 6:

BENESTAR SOCIAL E

ASOCIACIONISMO

OBXECTIVO XERAL

FOMENTAR A PARTICIPACIÓN DA POBOACIÓN NA ESFERA

PÚBLICA DO CONCELLO E MELLORAR O SEU NIVEL DE BENESTAR

Page 25: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

25

Organizar e coordinar reunións trimestrais entre as asociacións e o Concello co fin de crear un espazo de diálogo social, onde:

� Tomar en consideración as propostas das asociacións e do Concello.

� Mellorar a comunicación existente.

� Valorar a posibilidade de levar a cabo actuacións conxuntas.

Organizar conxuntamente, entre o Concello e as asociacións, actividades que implicaren activamente a poboación local con motivo do

Día Internacional da Muller Traballadora e do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Crear un espazo virtual específico para as asociacións municipais na páxina web do Concello de Cerceda onde figure a súa información

de contacto e interese (nome, enderezo, teléfono de contacto, correo electrónico e ligazón).

���� Fomentar a participación activa das asociacións de Cerceda na posta en marcha e no seguimento do II PIOM.

���� Contribuír á organización de xornadas de encontro entre asociacións, a nivel local e supralocal, co fin de articular redes de cooperación

e axuda mutua.

���� Orientar e formar ás asociacións municipais que o demanden, nos seguintes aspectos:

� Realización e execución de proxectos con perspectiva de xénero que favorezan a igualdade de oportunidades.

� Asesoramento sobre as posibles subvencións dirixidas a crear e a desenvolver as asociacións.

���� Valorar a posibilidade de ceder e/ou crear, cando for posible, un local social para as asociacións de Cerceda co fin de que poidan

reunirse ou organizar actividades.

���� Realizar exposicións dos traballos que se leven a cabo nos cursos e nas actividades que organice o Concello, as asociacións e os centros

educativos.

PRIORITARIA

PRIORITARIA

PRIORITARIA

OBXECTIVO ESPECÍFICO 6.1

Impulsar e apoiar ao tecido asociativo local como unha ferramenta para incrementar a participación e a actividade pública da poboación

de Cerceda

Page 26: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

26

Procurar pór en marcha cursos, obradoiros, espazos de respiro e atención psicolóxica dirixidos e adaptados especificamente ás persoas

coidadoras e aos seus horarios.

���� Colaborar co ámbito sanitario na difusión de campañas informativas.

���� Cooperar co ámbito sanitario na organización de obradoiros de saúde sobre a prevención de riscos cardiovasculares, a prevención e os

factores de risco de osteoporose, os problemas xinecolóxicos e calquera outro risco que afectar de forma específica a saúde das

mulleres.

���� Proseguir realizando campañas de difusión ou charlas informativas sobre educación sexual nos centros educativos locais.

���� Fomentar prácticas deportivas de equipo e xogos cooperativos en que participen grupos mixtos, especialmente entre a poboación

infantil e xuvenil.

���� Continuar a empregar o sistema de recollida de información que permite coñecer, de maneira diferencial, as demandas e as necesidades

específicas das mulleres que se atenden nos servizos sociais do eido local.

PRIORITARIA

OBXECTIVO ESPECÍFICO 6.2

Promover a mellora da calidade de vida da poboación de Cerceda, para o que se prestará especial atención aos coidadores/as de persoas

dependentes

Page 27: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

VIOLENCIA DE XÉNERO

OBXECTIVO XERAL

FOMENTAR A PREVENCIÓN E A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE

XÉNERO NO CONCELLO DE CERCEDA

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

27

ÁREA 7:

PREVENCIÓN E

ELIMINACIÓN DA

VIOLENCIA DE XÉNERO

OBXECTIVO XERAL

FOMENTAR A PREVENCIÓN E A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE

XÉNERO NO CONCELLO DE CERCEDA

Page 28: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

28

Organizar actos e xornadas conmemorativas a nivel local que impliquen a poboación do concello con motivo do Día Internacional contra

a Violencia Sexista.

Seguir desenvolvendo, nos centros educativos e coas ANPA, campañas que abordaren entre a poboación máis nova o tema da violencia

de xénero e a súa erradicación na nosa sociedade.

Difundir os recursos con que conta o itinerario de coordinación interinstitucional en materia de prevención e eliminación da violencia

de xénero.

���� Ofrecer información á poboación sobre as diferentes formas de violencia de xénero existentes.

���� Repetir a posta en marcha de actividades artísticas (obras de teatro, exposicións fotográficas, filmes etc.) que abordaren a temática da

violencia de xénero dende un punto de vista máis dinámico e diferente.

���� Impulsar xornadas formativas e informativas dirixidas á poboación maior de 55 anos co fin de sensibilizar e informar tanto dos recursos

existentes no concello, como dos mecanismos de asistencia e denuncia.

���� Manter a participación do Concello en todas as accións que sobre a violencia de xénero programen a Secretaría Xeral de Igualdade ou

calquera outra institución pública de ámbito comarcal, provincial ou autonómico.

PRIORITARIA

PRIORITARIA

PRIORITARIA

OBXECTIVO ESPECÍFICO 7.1

Desenvolver accións para concienciar a poboación da problemática da violencia de xénero e lograr a súa erradicación no eido municipal

Page 29: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

29

SISTEMA DE AVALIACIÓN E DE SEGUIMENTO

Page 30: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

30

AVALIACIÓN E SEGUIMENTO

¿Como medir a efectividade do II PIOM?

O II Plan de igualdade de oportunidades do Concello de Cerceda terá unha vixencia de tres anos, polo que permanecerá activo dende

marzo de 2011 ata o remate de 2013.

Este tempo de actuación empregarase para desenvolver as actuacións concretas que recolle o presente documento, e procurarase

acadar o maior número de obxectivos posibles.

O deseño do Plan de igualdade recolle un proceso de seguimento e de avaliación destinado a valorar a efectividade do PIOM, é dicir,

determinar ata que punto se cumpriron os obxectivos -xerais e específicos- observando o desenvolvemento das actuacións concretas ao

longo destes tres anos.

A avaliación continua permitirá realizar determinadas correccións durante o período de vixencia do plan, mediante a incorporación dos

cambios ou dos matices que xurdan da experiencia práctica ano a ano. A avaliación final, que se realizará ao rematar o ano 2013,

permitirá valorar dun xeito global a efectividade do PIOM, e recoller melloras para elaborar os seguintes plans.

Page 31: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

PROCESO DE SEGUIMENTO E

AVALIACIÓN

Temporalidade das actuacións

(cumprimento do Cronograma de

actuacións)

Evolución dos indicadores

sociodemográficos

Nºde actuacións prioritarias realizadas,

nº de participantes, etc

Departamentos municipais implicados

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

31

Revisión das actuacións

desenvolvidas

Departamentos municipais implicados

Impacto social (notas de prensa, repercusión

na poboación, etc.)

Fondos destinados e/ou cuantía das

subvencións solictadas

Page 32: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

32

1. TEMPORALIDADE: CRONOGRAMA DE ACTUACIÓNS PRIORITARIAS

AREAS DE

ACTUACIÓN ACTUACIÓNS PRIORITARIAS

2011 2012 2013

PRIMEIRO

SEMESTRE

SEGUNDO

SEMESTRE

PRIMEIRO

SEMESTRE

SEGUNDO

SEMESTRE

PRIMEIRO

SEMESTRE

SEGUNDO

SEMESTRE

A1: INFORMACIÓN E

SENSIBILIZACIÓN

Difusión da existencia, posta en marcha e principais obxectivos do II PIOM

Reunións periódicas de coordinación e implementación interdepartamental para o desenvolvemento do PIOM

Posta en marcha dun sistema de avaliación e recollida de datos para medir a efectividade das actuacións propostas

Participar activamente nas campañas impulsadas dende a administración central, autonómica, provincial ou comarcal

Crear espazos estables nos medios de comunicación locais para introducir temas ou programas que traten a igualdade de xénero

Incrementar a información proporcionada ás mulleres sobre servizos e recursos concretos de que dispoñen a nivel local e comarcal

A2: FORMACIÓN E

EMPREGO

Actualizar o estudo exhaustivo das principais carencias e necesidades formativas da poboación feminina local

Buscar financiamento para continuar co proxecto de inserción laboral

Realizar cursos de formación, e incrementar a súa difusión e publicidade

Continuar co acceso das mulleres ás novas tecnoloxías independentemente da súa idade ou perfil formativo

Page 33: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

33

AREAS DE

ACTUACIÓN ACTUACIÓNS PRIORITARIAS

2011 2012 2013

PRIMEIRO

SEMESTRE

SEGUNDO

SEMESTRE

PRIMEIRO

SEMESTRE

SEGUNDO

SEMESTRE

PRIMEIRO

SEMESTRE

SEGUNDO

SEMESTRE

A3:

CONCILIACIÓNAL

Crear unha ludoteca en horario de tarde para a poboación infantil

Manter as actividades, xornadas ou obradoiros para a poboación infantil fóra de temporada ou horario escolar

Crear un centro de día no Concello de Cerceda

Tentar organizar cursos de formación, reunións e/ou espazos de respiro para as persoas coidadoras de dependentes

A4:

CORRESPONABILIDADE

Campaña divulgativa sobre a valoración e o recoñecemento do traballo e as responsabilidades de ámbito doméstico e do coidado das persoas

dependentes

Deseñar campañas de sensibilización sobre o reparto equitativo das tarefas e responsabilidades domésticas

A5: EDUCACIÓN EN

IGUALDADE

Colaborar coa comunidade educativa para organizar actividades conxuntas: Día Internacional da Muller Traballadora e Día Internacional contra a

Violencia de Xénero

Organizar, de maneira trimestral, unha mesa de traballo entre o Concello, os centros educativos e as ANPA

Pór en marcha actividades e accións que fomenten o diálogo interxeneracional en chave de xénero

Dar continuidade á organización de obradoiros destinados á poboación xuvenil onde se reflexione sobre comportamentos daniños dentro da parella

e nas relacións de amizade durante a adolescencia

Page 34: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

34

AREAS DE

ACTUACIÓN ACTUACIÓNS PRIORITARIAS

2011 2012 2013

PRIMEIRO

SEMESTRE

SEGUNDO

SEMESTRE

PRIMEIRO

SEMESTRE

SEGUNDO

SEMESTRE

PRIMEIRO

SEMESTRE

SEGUNDO

SEMESTRE

A6: BENESTAR SOCIAL E

ASOCIACIONISMO

Organizar e coordinar reunións trimestrais entre as asociacións e o Concello

Organizar conxuntamente, entre o Concello e as asociacións,actividades como o Día Internacional da Muller Traballadora e do Día Internacional

contra a Violencia de Xénero

Crear un espazo virtual específico para as asociacións municipais na páxina web do Concello de Cerceda

Procurar pór en marcha cursos, obradoiros, espazos de respiro e atención psicolóxica dirixidos e adaptados especificamente ás persoas coidadoras e

aos seus horarios

A7: PREVENCIÓN E

ELIMINACIÓN DA

VIOLENCIA DE

XÉNERO

Organizar actos e xornadas conmemorativas a nivel local que impliquen a poboación do Concello, con motivo do Día Internacional contra a Violencia

Sexista

Seguir desenvolvendo, nos centros educativos e coas ANPA campañas que aborden entre a poboación máis nova o tema da violencia de xénero e a súa

erradicación na nosa sociedade

Difundir os recursos cos que conta o itinerario interinstitucional en materia de prevención e eliminación da violencia de xénero

Page 35: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

35

1.1.1.1. SEGUIMENTO DAS ACTUACIÓNS: FICHAS DE AVALIACIÓN

A continuación inclúese o modelo da ficha de avaliación,

destinada a valorar o cumprimento das actuacións que se

desenvolvan durante os tres anos de vixencia do PIOM. Estas

fichas permitirán levar a cabo un seguimento exhaustivo das

medidas que se puxeron en marcha. Poderanse facerse ano a

ano, se for preciso, para facilitar o proceso de avaliación final.

Dependendo da natureza das actuacións que se desenvolvan,

buscarase cubrir a seguinte información global:

CURSOS E ACCIÓNS FORMATIVAS

•••• Número de cursos ou accións formativas postas en

marcha.

•••• Número total de horas formativas.

•••• Contido e temática dos cursos.

•••• Cualificación profesional do persoal docente.

•••• Número de persoas beneficiarias, desagregado por sexo e

idade.

•••• Grao de satisfacción das e dos participantes (enquisa de

satisfacción).

•••• Adecuación dos espazos e horarios das actividades.

•••• Recursos económicos dedicados.

ESPAZOS DE ENCONTRO E MESAS DE TRABALLO

•••• Número de reunións realizadas por ano.

•••• Número e tipo de entidades convidadas/asistentes.

(asociacións, departamentos municipais…).

•••• Número e tipo de propostas recollidas.

•••• Número e tipo de propostas e melloras incorporadas.

•••• Nivel de satisfacción das entidades asistentes coas

reunións, espazos de encontro ou mesas de traballo

(enquisa de satisfacción).

•••• Adecuación dos espazos e horarios das actividades.

CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN

•••• Número e tipo de campañas ou iniciativas postas en

marcha.

•••• Medios e soportes de divulgación e/ou publicidade.

•••• Número e tipo de entidades participantes (centros

escolares, asociacións).

•••• Número de poboación beneficiaria desagregada por sexo e

idade (ou características sociodemográficas).

•••• Recursos económicos dedicados.

Page 36: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

36

Cada unha das actuacións desenvolvidas no marco do II PIOM, deberá ir acompañada da correspondente ficha de seguimento

Área do II PIOM Núm. de entidades

participantes

Actuación desenvolvida

Acción formativa

Reunión/ Mesa de Traballo

Campaña Tipo de entidades participantes

Descrición da actividade realizada

Recursos económicos dedicados

Fondos municipais

Fondos subvencións

Contido / temática

Lugar de realización Datas realización

(día/mes/ano)

Horario realización Suxestións e propostas recollidas

Duración da acción

Perfil sociodemográfico poboación beneficiaria Suxestións e propostas incorporadas

Número de participantes Homes Mulleres Total

FICHA DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO II PIOM DO CONC ELLO DE CERCEDA

Page 37: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

37

Grao de satisfacción dos/as participantes

Difusión (volume e medios)

Observacións xerais

Avaliación da actuación

FICHA DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO II PIOM DO CONC ELLO DE CERCEDA

Page 38: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

Acadar o máximo número posible de obxectivos, levando a

cabo as medidas que se recollen a través da participación

social en Cerceda, é sen dúbida a premisa fundamental deste

II PIOM. Para alcanzala, a continuidade do diálogo social e o

compromiso municipal serán as ferramentas fundamentais

durante os vindeiros tres anos.

Para comprobar a súa efectividade, ponse en marcha este

sistema de seguimento e de avaliación, que se basea no

número de actuacións prioritarias desenvolvidas

-respectando a temporalidade do cronograma-, e na

información contida nas fichas de seguimento, uns

elementos que permitirán valorar tanto o nivel de

cumprimento do II Plan de igualdade de oportunidades do

Concello de Cerceda, como o alcance das súas actuacións ao

finalizar o ano 2013.

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

38

Page 39: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

39

RECURSOS DE INTERESE

Page 40: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

40

RECURSOS E TELÉFONOS DE INTERESERECURSOS E TELÉFONOS DE INTERESERECURSOS E TELÉFONOS DE INTERESERECURSOS E TELÉFONOS DE INTERESE

SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE CERCEDA

Teléfono: 981.685.001 Correo electrónico: [email protected]

POLICÍA LOCAL

Teléfono: 981.685.229 / 608.586.940 Correo electrónico: [email protected]

CENTRO DE SAÚDE DE CERCEDA

Teléfonos: 981.686.168 / 981.686.233

CENTRO DE SAÚDE DA SILVA

Teléfonos: 981.692.906 / 981.697.242

CPI O CRUCE

Teléfono: 981.685.053 Correo electrónico: [email protected]

CEIP CELSO EMILIO FERREIRO

Teléfono: 981.692.464 Correo: [email protected]

ESCOLA INFANTIL OS PILLABÁNS

Teléfono: 981.685.458

ASOCIACIÓN DE MULLERES DE CERCEDA

Teléfono: 658.045.489 Correo electrónico: [email protected]

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS A XUNGUEIRA DAS

ENCROBAS

Teléfono: 654.203.048

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA) DO CPI O CRUCE

Teléfonos: 610.758.996 / 646.453.676 Correo electrónico: [email protected]

Page 41: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

41

COMPROMISO DE COLABORACIÓN

Page 42: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

42

COMPROMISO DE COLABORACIÓN

REUNIDOS

As persoas representantes dos principais axentes sociais do Concello de Cerceda que se detallan a continuación:

� Alcaldía do Concello de Cerceda

� Servizos Sociais do Concello de Cerceda

� Policía Local do Concello de Cerceda

� CEIP O Cruce

� CPI Celso Emilio Ferreiro

� Escola Infantil “Os Pillabáns”

� ANPA Cerceda

� Asociación de Mulleres de Cerceda

� Asociación de Mulleres Rurais A Xungueira das Encrobas

EXPOÑEN

Que, durante o proceso de redacción do II Plan de igualdade municipal do Concello de Cerceda (II PIOM), leváronse a cabo

varias reunións grupais para pór en común os diferentes obxectivos e actuacións para desenvolver. Con base nestas reunións,

Page 43: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

II PIOM Concello de Cerceda 2011-2013

43

ACORDAN

1. Cumprir os compromisos que establece o mencionado II PIOM para fomentar a igualdade de oportunidades entre as

mulleres e os homes no eido local.

2. Colaborar e cooperar na posta en marcha e na aplicación práctica das medidas e actuacións recollidas no II PIOM e que foron

aceptadas polas partes durante o seu proceso de elaboración.

3. Participar de maneira activa nas reunións de traballo periódicas que se programen e que están previstas dentro do II PIOM.

4. Fomentar de xeito transversal a igualdade de oportunidades en todas e cada unha das actuacións que realicen dentro das

súas competencias.

E en proba de conformidade, asinan o presente compromiso.

Page 44: CONCELLO DE CERCEDA · • A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres

CONCELLO DE CONCELLO DE CONCELLO DE CONCELLO DE CERCEDACERCEDACERCEDACERCEDA

II PLAN DE IGUALDADE

DE OPORTUNIDADES ENTRE

MULLERES E HOMES

2011201120112011----2013201320132013