38
Concello de Guitiriz CONSULTA PUBLICA NA PAXINA WEB MUNICIPAL APROBACIÓN ORDENANZA DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS: INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS Por providencia da alcaldía incoouse o correspondente expediente para aprobación da ordenanza de inspección técnica de edificios,informe de avaliación de edificios para o cumprimento do plan normativo aprobado por acordo plenario de data 30/12/2016 e a adaptación normativa prevista na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administración públicas. O borrador da ordenanza que se adxunta como ANEXO supón o cumprimento do mandato normativo previsto na lei 7/2015, polo que se aproba o Texto Refundido da lei do Solo e Rehabilitación Urbana. O informe xurídico da secretaría municipal sinala que o artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, establece que previamente á elaboración do proxecto de regulamento realizarase unha consulta pública a través da páxina web municipal para recabar a opinión dos posibles afectados pola norma sobre: os problemas a solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, e as posibles solucións alternativas. En consecuencia, DISPOÑO: Que se proceda a publicar na páxina web municipal o correspondente anuncio xunto co borrador do proxecto de ordenanza inicialmente redactado, para que durante un prazo de 15 días naturais , os usuarios do servizo ou calquera interesado poidan consultalo e presentar suxerencias ou opinións ao respecto , entre outras sobre os problemas que o regulamento trata de solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, ou no seu caso as posibles solucións alternativas. DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE A alcaldesa Regina Polín Rodriguez Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

CONSULTA PUBLICA NA PAXINA WEB MUNICIPAL

APROBACIÓN ORDENANZA DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS: INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS

Por providencia da alcaldía incoouse o correspondente expediente para aprobación da ordenanza de inspección técnica de edificios,informe de avaliación de edificios para o cumprimento do plan normativo aprobado por acordo plenario de data 30/12/2016 e a adaptación normativa prevista na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administración públicas. O borrador da ordenanza que se adxunta como ANEXO supón o cumprimento do mandato normativo previsto na lei 7/2015, polo que se aproba o Texto Refundido da lei do Solo e Rehabilitación Urbana.

O informe xurídico da secretaría municipal sinala que o artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, establece que previamente á elaboración do proxecto de regulamento realizarase unha consulta pública a través da páxina web municipal para recabar a opinión dos posibles afectados pola norma sobre: os problemas a solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, e as posibles solucións alternativas.

En consecuencia, DISPOÑO:

Que se proceda a publicar na páxina web municipal o correspondente anuncio xunto co borrador do proxecto de ordenanza inicialmente redactado, para que durante un prazo de 15 días naturais , os usuarios do servizo ou calquera interesado poidan consultalo e presentar suxerencias ou opinións ao respecto, entre outras sobre os problemas que o regulamento trata de solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, ou no seu caso as posibles solucións alternativas.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

A alcaldesaRegina Polín Rodriguez

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 2: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

ANEXO I

ODENANZA DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOSINFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS

INDICEEXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

ARTIGO 1.- FUNDAMENTOS ARTIGO 2.- OBXECTO ARTIGO 3.- OBRIGADOS ARTIGO 4.- ÁMBITO ARTIGO 5.- EDIFICACIÓNS SUXEITAS Á INSPECCIÓNARTIGO 6.- PROCEDEMENTO DE PRESENTACION DO INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS ( IAE)ARTIGO 8.- CONTIDO DO INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS. FICHA TÉCNICA DO IAEARTIGO 9.- CARÁCTER DO INFORMEARTIGO 10.- INFORME INCOMPLETO. SUBSANACIÓN DE DEFICIENCIAS ARTIGO 11.- FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DO INFORME. CALENDARIOARTIGO 12.- BASE DE DATOS DO IAEARTIGO 13.- CONSECUENCIAS DO INCUMPRIMENTO DA PRESENTACIÓN EN PRAZO DO IAEARTIGO 14.- RÉXIME SANCIONADORARTIGO 15.- RÉXIME XERAL DO DEBER DE CONSERVACIÓNARTIGO 16.- CREACIÓN DO REXISTRO DE EDIFICACIÓNS

DISPOSICIÓNS:

D.A. ÚNICA - CONVENIOS DE COLABORACIÓND.T. UNICA – CALENDARIO PARA A PRESENTACIÓN DO IAED.F. 1ª D.F.2ª

ANEXO I .- FICHAS TÉCNICAS A CUMPRIMENTAR PARA O INFORME DE AVALIACIÓN DO EDIFICIO.

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 3: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Congruente co concepto xeral de propiedade privada acollido pola Constitución Española de 1978 no seu artigo 33º, o contido normal do dereito de propiedade está integrado non só por un conxunto de facultades senón tamén de deberes, entre os que se atopa o deber básico dos propietarios de manter as edificacións en debidas condicións de seguridade e salubridade.

Este deber de conservación, positivizado na lexislación urbanística e da edificación, constitúe unha das manifestacións típicas da «función social da propiedade» (art. 33.2 CE), delimitadora do contido do dereito de propiedade privada en atención á finalidade ou utilidade social que, neste caso a propiedade inmobiliaria, debe cumprir.

A finalidade á que se orienta o deber de conservación é triplo, en perfecta correlación cos intereses públicos que lexitiman a súa imposición, é dicir, a seguridade (a estabilidade e o acabado das construcións en condicións tales que non impliquen risco para as persoas ou cousas), a salubridade (o mantemento dos bens de forma que non atenten contra a hixiene) e o ornato (a conservación dos devanditos bens de modo que non afecten á imaxe urbana, do medio rural ou paisaxística), tendo cada un deles substantividade propia, de modo que o seu xogo é independente e non concorrente.

Deber de conservación que constitúe unha delimitación, que non limitación, do contido do dereito de propiedade, baixo o prisma da función social da propiedade. Polo tanto, a súa imposición non dá lugar a indemnización, toda vez que a devandita obriga non constitúe unha privación singular da propiedade ou de calquera interese patrimonial lexítimo senón a mera regulación do exercicio dun dereito.

Dende a lexislación urbanística vixente, nomeadamente a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia, se establece a obriga dos propietarios de toda clase de terreos, construcións, edificios e instalación, de consérvalos nas condicións legais para servir de soporte aos ditos usos (funcionalidade) e, en todo caso, nas de seguridade, salubridade, accesibilidade universal e ornato legalmente exixibles, sendo deber dos concellos esixir que se cumpran estas obrigas e no seu caso, impoñelas subsidiariamente mediante as correspondentes ordes de execución.

Dende hai tempo, vense constatando unha crecente preocupación social polo estado de conservación das edificacións e, en especial, polas consecuencias negativas derivadas do incumprimento polos propietarios das condicións de seguridade esixibles, causa en ocasións de graves danos para os bens e tamén, lamentablemente, de perda de vidas humanas.

No caso particular do concello de Guitiriz, tanto no medio rural como urbano, dotado de innumerables inmobles con certo valor histórico, cultural e arquitectónico, se constata o reiterado incumprimento das obrigas de conservación e rehabilitación dos seus propietarios, que teñen como consecuencia un avanzado estado de abandono o que supón o correlativo deber do Concello de ordenar a execución das actuacións necesarias e poñer en marcha tódolos instrumentos que a lexislación lle brinda aos efectos de exercer o control do cumprimento dos ditos deberes, no seu ámbito de actuación municipal.

Para facer fronte a esta situación é preciso que os poderes públicos e, en primeira instancia, as Corporacións locais, sexan capaces de instrumentar medios de control preventivo e de fomento que complementen eficazmente as técnicas ordinarias de intervención restauradora como son as ordes de execución e as tradicionais tarefas de policía administrativa vencelladas á vixiancia do mantemento daquelas condicións básicas de conservación.

Coa aprobación da vixente Lei 2/2016, do Solo de Galicia (LSG) se elimina o marco normativo autonómico en materia de inspección técnica de edificios (anteriormente regulado no artigo 200 da Lei 9/2002, LOUGA), quedando actualmente determinada a potestade dos concellos para requirir aos propietarios dos inmobles para que acrediten o estado de conservación dos edificios, o cumprimento da normativa vixente sobre accesibilidade universal, así como o grao de eficiencia enerxética dos mesmos,

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 4: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU), a través do establecemento do Informe de Avaliación de Edificios, aínda que referido exclusivamente aos edificios de uso residencial en vivenda colectiva.

Actualmente, a Comunidade Autónoma de Galicia establece as obrigas de uso, mantemento e conservación das vivendas no artigo 12º da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de Vivenda de Galicia, determinando a obriga dos propietarios das vivendas, de mantelas en bo estado de conservación, uso, mantemento e seguridade, obriga que abranguerá as instalación e os anexos da vivenda, así como os elementos común do inmoble, máis non establece ningún mecanismo de inspección ao efecto.

No marco dunha necesaria cultura da rehabilitación e o mantemento, a inspección técnica das edificacións configúrase actualmente no dereito urbanístico estatal e nas ordenanzas locais como un instrumento de tutela preventiva idóneo para potenciar o papel que a conservación debe xogar no mantemento da vilas e aldeas, e para evitar a progresiva degradación do patrimonio edificado, o deterioro urbanístico e social de determinadas áreas e a perda da súa identidade.

A realización de inspeccións técnicas periódicas deberá permitir coñecer se as edificacións están a ser conservadas e mantidas correctamente e non presentan síntomas aparentes que indiquen unha falta de seguridade nas mesmas, posibilitando unha mellora substancial dos niveis de conservación xeral e que se acometa a tempo a execución de medidas inmediatas que eviten tanto riscos para a seguridade das persoas como a necesidade de afrontar reparacións máis complexas e custosas no futuro, ou incluso o seu derrubo por causa de ruína.

Ademais de permitir un maior coñecemento e control do estado de conservación das edificacións do concello, o obxectivo principal da presente ordenanza, que se reflectirá na Base de Datos das ITE, debería contribuír tamén a dotar de maior seguridade xurídica e técnica aos usuarios do mercado inmobiliario de vivendas de certa antigüidade ou rehabilitadas.

A ordenanza deberá establecer as edificacións que quedan suxeitas a esa obriga en función da súa antigüidade e, en todo caso, en cumprimento do establecido na disposición transitoria segunda do R.D.L. 7/2015, TRLSRU incluiranse todas as edificacións de uso residencial de vivenda colectiva de antigüidade superior a 50 anos, os prazos e as condicións nas que deba realizarse a inspección.

Os prazos para a presentación do Informe de Avaliación do Edificio (IAE) quedan fixados na forma establecida na Disposición transitoria única, sen que en ningún caso esta disposición poida xustificar o incumprimento dos deberes de conservación e mantemento da edificación con anterioridade, se así o precisa.

En relación ao réxime sancionador que procede aplicar polo incumprimento do deber de cumplimentar en tempo e forma o IAE, atenderemos ao establecido no artigo 29º.5 do TRLSRU en relación co artigo 158º.4 da Lei 2/2016 LSG, polo que o incumprimento da dita obriga terá a consideración de infracción urbanística leve, co carácter e as consecuencias atribuídas pola lexislación urbanística autonómica.

Respecto do calendario que dende a ordenanza debe establecerse para a exixencia de presentación do IAE, atenderase ao disposto na disposición transitoria segunda do TRLSRU.

TEXTO NORMATIVO:

ARTIGO 1.- FUNDAMENTOS

Segundo o establecido na artigo 135º da Lei 2/2016, LSG, os propietarios de toda clase de terreos, construcións, edificios e instalación, están obrigados a consérvalos nas condicións legais para servir de soporte aos ditos usos e, en todo caso, nas de seguridade, salubridade,

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 5: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

accesibilidade universal e ornato legalmente exixibles,

O artigo 29º do TRLSRU estende ademais estas obrigas ao grao de eficiencia enerxética do edificio, establecendo a necesidade da certificación enerxética do edificio, co contido e mediante o procedemento establecido para a mesma pola normativa vixente, e considerando ao Informe de Avaliación dos Edificios (IAE) como o instrumento de acreditación do cumprimento das ditas obrigas.

Por outra banda, a Lei 8/2012 de Vivenda de Galicia, tamén sinala, no caso concreto das edificacións destinadas a vivenda, a necesidade de mantemento e conservación en condicións de seguridade das mesmas así como das súas instalacións, anexos e elementos comúns, sinalando aos concellos como os responsables de velar polo cumprimento dos deberes de conservación e rehabilitación, a través da regulación das inspeccións técnicas dos edificios que se determinen na lexislación urbanística, actualmente inexistente.

Esta ordenanza, polo tanto, establecerá as edificacións que quedan suxeitas a esta obriga en función da súa antigüidade, en todo caso, incluirán tódalas edificacións de antigüidade superior a cincuenta anos, os prazos e as condicións nas que deba realizarse a inspección técnica das edificacións a cargo de facultativo competente.

O devandito facultativo consignará os resultados da súa inspección expedindo un Informe de Avaliación do Edificio (IAE) consonte ao artigo 8 da presente ordenanza e de acordo co modelo que consta no Anexo I.

O concello poderá esixir dos propietarios a exhibición dos informes actualizados de inspección periódica de construcións e, se descubrise que estas non se efectuaron, poderá realizalas de oficio a custa dos obrigados.

ARTIGO 2.- OBXETO.

Para os efectos da citada inspección, as condicións básicas de seguridade, salubridade, accesibilidade universal e ornato, serán as seguintes, ademais da certificación enerxética do edificio:

a) Seguridade, estabilidade e consolidación estruturais, de xeito que non se produzan no edificio ou partes do mesmo danos que teñan a súa orixe ou afecten á cimentación, ós soportes, ás vigas, ós forxados, ós muros de carga ou outros elementos estruturais e que comprometan directamente a resistencia mecánica e a estabilidade do edificio.

b) Seguridade e estabilidade dos seus elementos construtivos cuxo deficiente estado supoña un risco para a seguridade das persoas, tales como chemineas, varandas, falsos teitos, cornixas, aplacados e elementos ornamentais ou de acabado; en particular, se poden caer á vía pública ou que leven unha merma das condicións do illamento e de protección contra incendios do propio edificio o de algunha das súas partes.

c) Estanquidade fronte á auga, evitando filtracións a través da fachada, medianeiras, cuberta ou do terreo, en particular se estas afectan á habitabilidade ou uso do edificio ou poidan ser causa de falta de seguridade descrita nos dous primeiros apartados.

d) Estanquidade e correcto funcionamento das instalacións xerais de electricidade, fontanería, climatización e saneamento, de forma que non se produzan fugas que afecten á habitabilidade ou uso do edificio ou poidan ser causa da falta de seguridade descrita nos dous primeiros apartados.

e) Mantemento permanente e continuado da envolvente do edificio manténdoa limpa, sen pintadas, graffitis, carteis, adhesivos o similares, elementos obsoletos o disonantes, nas condicións estéticas,

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 6: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

ambientais e patrimoniais que determine o Plan Xeral, a lexislación vixente, as ordenanzas municipais e os instrumentos que as desenvolvan ou complementen.

f) Grao de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade que garanta o acceso e utilización do edificio, de acordo coa normativa vixente, establecendo se o edificio é susceptible ou non de realizar axustes razoables para satisfacelas.

g) Certificación enerxética do edificio, co contido e mediante o procedemento establecido para a mesma pola normativa vixente. Etiqueta enerxética.

ARTIGO 3.- OBRIGADOS:

Tódolos propietarios, persoas físicas ou xurídicas, titulares das edificacións situadas no termo municipal de Guitiriz. Asemade os titulares de calquera dereito sobre o inmoble ou que ostente algún interese lexítimo sobre o mesmo poderán cumprir coa obriga de achegar o informe de inspección técnica dos edificios, sen prexuízo das obrigas inherentes á condición de propietario.

No caso de vivendas ou de locais integrados en comunidades de propietarios, o deber de realizar a ITE corresponderalle á propia comunidade.

ARTIGO 4.- ÁMBITO:

As edificacións situadas no termo municipal de Guitiriz, calquera que sexa a cualificación do solo no que estean situadas e con independencia do uso do solo en tanto cumpran os requisitos que se determinan na presente ordenanza.

Exceptúanse as edificacións declaradas en situación de ruína por resolución firme e as sometidas a expediente contraditorio de ruína ate a súa resolución.

ARTIGO 5.- EDIFICACIONS SUXEITAS A INSPECCIÓN:

Están suxeitas á inspección técnica as edificacións de uso característico o residencial en vivenda colectiva que teñan máis de 50 anos ou que os cumpran mentres estea en vigor a presente ordenanza.

Enténdese como edificación de vivenda colectiva aquela na que, existindo ou non réxime de propiedade horizontal, conte con máis dunha vivenda. A inspección abranguerá a totalidade da edificación e usos complementarios ou auxiliares existentes na mesma, xunto coas construcións anexas ou auxiliares que a conformen.

ARTIGO 6.- PROCEDEMENTO DE PRESENTACIÓN DO INFORME DE AVALIACIÓN DOS EDIFICIOS (IAE):

6.1.- A obriga formal de acreditar o cumprimento do deber de conservación da edificación verificarase mediante a obtención pola conta e cargo do propietario dun Informe de Avaliación do Edificio (IAE) expedido polo técnico facultativo competente que o mesmo designe, de acordo co disposto no artigo 7, desta Ordenanza. O contido, forma e prazos de presentación do informe serán os establecidos nesta Ordenanza.

6.2.- Para a eficacia deste informe (artigo 8 desta Ordenanza) esixirase a presentación no Rexistro do Concello dunha copia dixital para a súa incorporación á base de datos habilitada ao efecto e doutra en papel asinada en orixinal ou electronicamente polo técnico facultativo, ou a través de calquera dos

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 7: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

rexistros o nas formas permitidas pola lexislación aplicable de conformidade coa Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común.

Poderán presentalo, ademais dos propietarios das edificacións, os presidentes das comunidades de propietarios e os que exerzan o cargo de administrador.

6.3.- Se o resultado da inspección fora favorable, procederase por parte do servizo xestor municipal, do departamento de urbanismo ao seu arquivo na base de datos de edificios suxeitos á inspección. A propiedade poderá solicitar información sobre a dita anotación e unirá unha copia do informe presentado ao Libro do Edificio ou, no seu defecto, á documentación técnica existente, sendo a responsable da custodia de tales documentos debidamente actualizados.

6.4.- Se o resultado da inspección fora desfavorable, iniciarase dende o concello o correspondente expediente de Orde de Execución, de acordo co procedemento establecido nos artigos 333º e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, LSG para que o propietario execute as actuacións que subsanen as deficiencias sinaladas no informe.

6.5.- Poderán solicitar motivadamente a suspensión dos prazos da obriga da presentación da inspección técnica dos edificios, as edificacións sometidas a obras de demolición ou reforma que afecten ao conxunto do inmoble, e as que trala tramitación do expediente de ruína non teñan resolución favorable á ruína.

6.6.- Unha vez realizadas as actuacións e obras que se sinalen no informe desfavorable emitido inicialmente, o técnico facultativo emitirá un novo informe de avaliación do edificio en sentido favorable para o seu arquivo, dando por cumprida a obriga.

ARTIGO 7.- TÉCNICOS COMPETENTES E ENTIDADES DE INSPECCIÓN:

De acordo co disposto no artigo 30º do RDL 7/2015, TRLSRU, o informe de avaliación do edificio (IAE), poderá ser subscrito tanto polos técnicos facultativos competentes como, no seu caso, polas entidades de inspección rexistradas que puideran existir na comunidade autónoma, sempre que conten cos ditos técnicos.

A tales efectos considéranse técnicos competentes aos seguintes:

- Os arquitectos e os arquitectos técnicos- Os demais técnicos facultativos que se determinen na Orde Ministerial prevista na

Disposición Final Primeira do RDL 7/2015.

Os técnicos que subscriban os informes de avaliación deberán acreditar a súa competencia e habilitación mediante a presentación dun certificado de colexiación expedido polo correspondente colexio profesional. Este certificado non será preciso cando o documento conte co correspondente visado colexial.

Cando se trate de edificios pertencentes ás Administracións Públicas enumeradas no artigo 2º da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, poderán subscribir os Informes de Avaliación , no seu caso, os responsables dos correspondentes servizos técnicos que, pola súa capacitación profesional, poidan asumir as mesmas función a que se refire o apartado anterior.

ARTIGO 8.- CONTIDO DO INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS. FICHA TÉCNICA DO IAE

O informe de avaliación do edificio materializarase mediante a cumprimentación dunha ficha técnica da edificación, relativa á situación xurídica, arquitectónica, urbanística e ao réxime de ocupación da mesma,

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 8: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

segundo o modelo establecido polo Decreto 233/2013, de 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbana, que se xunta a esta ordenanza como Anexo I, sen detrimento de calquera documentación descritiva, gráfica ou fotográfica que os técnicos facultativos que os subscriban poidan incluír no correspondente informe de Avaliación do Edificio.

O informe sempre deberá expresar claramente se a edificación reúne as condicións básicas de seguridade , estanquidade e consolidación estruturais, así como as de habitabilidade, accesibilidade e ornato, podendo achegarse ao mesmo a documentación descritiva e gráfica que se considere necesaria para a avaliación total da edificación.

No informe deberán avaliarse necesariamente os seguintes aspectos:

A. Estado de conservación da estrutura e da cimentación. B. Estado de conservación das fachadas interiores, exteriores e medianeiras e outros paramentos, en especial, os elementos que puidesen supor un perigo para a vía pública, tales como petos de terrazas, cornixas, entre outros.C. Estado de conservación das cubertas e das azoteas, incluíndo as redes de evacuación de augas pluviais.D. Estado de conservación e funcionamento das redes xerais da fontanería, saneamento, electricidade e climatización do edificio. E. Estado de conservación de elementos comúns: Portais, escaleiras,etc. F. Condicións básicas de accesibilidade universal e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e utilización do edificio.G. Certificado de eficiencia enerxética do edificio.

Na documentación que conforme o informe técnico, deberá figurar o seguinte:

A- Plano de situación sobre cartografía oficial a escala mínima 1:5.000B- Planos xerais do edificio C- Reportaxe fotográfica de todo o inmoble obxecto da inspección.

Para o caso de que a edificación non acadase as condicións citadas anteriormente, o informe deberá expresar claramente o resultado desfavorable da inspección e sinalar a diagnose e lesións, as posibles causas e as obras que sexan necesario acometer, con indicación de prazos de inicio e de execución estimados para as mesmas.

O informe deberá indicar expresamente se son ou non necesarias medidas inmediatas de seguridade, con indicación das mesmas, que, de se-lo caso fose necesario adoptar por existir unha situación de perigo inminente para os ocupantes da edificación, as edificación lindeiras ou para as persoas que transiten pola vía pública.

ARTIGO 9- CARACTER DO INFORME

Unha vez achegado perante o Concello, o informe adquire o carácter de documento público e da exactitude e veracidade dos datos técnicos consignados no mesmo responde o seu autor a tódolos efectos, sen detrimento das responsabilidades que correspondan aos colexios profesionais polos traballos visados por eles.

ARTIGO 10.- INFORME INCOMPLETO. SUBSANACIÓN DE DEFICIENCIAS

No suposto de que o informe se presente sen axustarse ao contido do establecido na presente ordenanza ou non reflicte todos os aspectos establecidos na mesma, requirirase ao interesado para a subsanación dos

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 9: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

defectos observados na documentación polo prazo de dez días, de conformidade co establecido na lexislación da Lei de Procedemento Administrativo.

Poderá solicitarse a ampliación do prazo concedido por un período igual de dez días trala debida xustificación da dificultade técnica de achegar a documentación requirida no prazo concedido.

Transcorrido o prazo outorgado para a subsanación, teráselle por desistido e a Administración Municipal poderá incoar o correspondente procedemento sancionador pola comisión dunha infracción urbanística consistente no incumprimento da obriga de achegar o IAE cando ven obrigado consonte ao disposto nos artigos 3, 4 e 5 da presente ordenanza.

ARTIGO 11.- FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DO INFORME. CALENDARIO

11.1.- O Informe de Avaliación do Edificio deberá presentarse no Rexistro do Concello ou en calquera dos rexistros habilitados ao efecto, ou nas formas permitidas en dereito, conforme ao establecido no artigo 14.4 da lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, acompañado da Ficha Técnica que consta como Anexo I a esta ordenanza.

En todo caso, de acordo co disposto no artigo 12.2.c) da Lei 39/2015, os informes subscritos polos técnicos serán presentados, ademais de en papel, en soporte dixital que permita a súa incorporación as bases de datos do concello así como a súa tramitación por medios electrónicos.

11.2.- Os propietarios dos edificios deberán efectuar o primeiro informe de avaliación do edificio segundo o calendario establecido na disposición transitoria única, sen detrimento de que, por causas motivadas fose requirido de forma expresa polo concello nun prazo inferior, con motivo dunha orde de execución ou do cumprimento legal dos deberes de conservación e mantemento das edificacións.

Para o correcto desenvolvemento e aplicación desta ordenanza, por acordo plenario do Concello, poderá actualizarse o calendario incluído na dita disposición transitoria única.

11.3.- Se, con anterioridade ao vencemento do prazo para a presentación do informe técnico, se apreciara a necesidade de levar a cabo determinadas obras de reparación, o propietario deberá acometer as mesmas, previa obtención do correspondente título urbanístico.

Se as obras foran urxentes por entrañar perigo ou risco para as persoas ou as cousas, comunicarase á administración, mediante a presentación do oportuno informe subscrito por técnico competente.

Nestes casos, quedarán interrompidos os prazos previstos para a presentación da inspección técnica de edificios dende o momento da presentación do correspondente título urbanístico ata a terminación das obras de reparación ou, se existira orde de execución, durante o prazo outorgado por esta para a realización das mesmas.

11.4.- O informe deberá renovarse periodicamente, dentro do ano seguinte a aquel no que teñan transcorrido 10 anos dende a achega do anterior Informe de Avaliación do Edificio favorable no Rexistro do Concello.

11.5.- Para os efectos desta Ordenanza, entenderase como idade da edificación o tempo transcorrido dende a data de finalización total da súa construción. Non obstante, no caso de que se executasen, de acordo coa licenza e as autorizacións sectoriais esixidas, obras de reforma ou rehabilitación integral que afecten á edificación completa, o prazo de presentación do informe así como o das sucesivas renovacións, comezará a contar a partir da data de emisión do preceptivo certificado de finalización de tal obra.

11.6.- A idade da edificación acreditarase mediante os seguintes documentos, relacionados por orde de preferencia:

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 10: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

1º.- Licenza de primeira ocupación;2º.- Ano de construción que figure na Dirección Xeral de Catastro3º.- Certificado final de obras expedido por facultativo/s competente/s e visado polo colexio profesional 4º.- Comunicación ao Concello do remate das obras;

Sen prexuízo do anterior, o concello colaborará cos interesados facilitándolles os datos e antecedentes dos edificios que obren nos seus arquivos.

En ausencia deles, tomarase como data de terminación, a que resulte de calquera comprobación municipal desa situación e, no seu defecto, determinarase por calquera medio de proba admisible en Dereito.

ARTIGO 12.- BASE DE DATOS DE IAE´s

12.1.- Para os efectos previstos nesta Ordenanza, constituirase polo concello unha base de datos informática dos edificios suxeitos á inspección técnica, no que quedará constancia da data de presentación e do contido de cada un dos informes e das Fichas Técnicas da Edificación que se presenten.

12.2- Nesta base recolleranse os seguintes datos referentes aos edificios e construcións suxeitos a inspección.

a) Titular rexistral da propiedade, referencia catastral e domicilio a efecto de notificacións. b) Emprazamento, características e nivel de protección do edificio, no caso dos catalogados con algún tipo de protección cultural, histórica ou artística. c) Data de construción, entendendo como tal o de remate das obras.d) Inspeccións técnicas realizadas

12.3.- A función desta base, será o control do cumprimento das obrigas establecidas nesta Ordenanza. Os datos que consten nela serán públicos aos únicos efectos informativos e estatísticos, verificándose o acceso ao mesmo de acordo co previsto no artigo 13.d) da Lei 39/2015, do 26 de novembro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bon goberno, e o resto do Ordenamento Xurídico.

12.4.- As copias acreditativas da presentación do primeiro e dos sucesivos informes e as súas correspondentes Fichas Técnicas, xuntaranse ó Libro do Edificio ou, no seu defecto, á documentación técnica do mesmo, e deberán ser conservadas polos propietarios ou polas persoas legalmente responsables nos edificios suxeitos ao réxime de propiedade horizontal e transmitidas aos seus novos titulares en caso de alleamento por calquera título, de conformidade co previsto na LOE (art. 16) e coas disposicións posteriores de desenvolvemento da mesma.

ARTIGO 13.-CONSECUENCIAS DO INCUMPRIMENTO DA PRESENTACIÓN EN PRAZO DO INFORME.

13.1.- A falta de presentación do informe resultante da primeira ou sucesivas inspeccións, nos prazos establecidos, considerarase como incumprimento do deber de realizar a inspección técnica e dará lugar a que o órgano competente ordene a súa práctica inmediata, outorgando un prazo de seis meses para a súa realización con apercibimento da súa execución forzosa pola Administración coa imposición de multas coercitivas de 600 € para edificios de vivenda comunitaria, reiterables mensualmente, e cun máximo de tres; en cuxo caso incoarase polo Concello o procedemento de execución subsidiaria, sen prexuízo do inicio do expediente sancionador ao que tivera lugar polo incumprimento.

13.2.- Coa finalidade de levar a cabo a execución subsidiaria prevista no parágrafo anterior, o concello poderá formalizar convenios de colaboración cos colexios profesionais co fin de que os colexiados que

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 11: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

reúnan os requisitos de capacitación e idoneidade técnica necesarios, poidan realizar a inspección regulada na Ordenanza. A designación do colexiado a efectuara o respectivo colexio segundo a súa normativa interna.

13.3.- De non formalizarse estes convenios, o concello poderá organizar unha quenda á que poderán acceder todos aqueles titulados colexiados que reúnan os anteriores requisitos de capacitación e idoneidade técnica. A súa designación farase de forma rotatoria por orde de antigüidade na lista.

13.4.- En todo caso, a formalización de tales convenios e a contratación dos técnicos para realizar as inspeccións adecuaranse ás previsións orzamentarias do servizo xestor municipal.

13.5.- Non poderán concederse axudas municipais á rehabilitación total ou parcial das edificacións sen cumprir en prazo, coa obriga de presentar o informe de inspección técnica da edificación.

ARTIGO 14.- RÉXIME SANCIONADOR.

14.1.- O incumprimento do propietario da súa obriga de presentación do primeiro e sucesivos informes no tempo e a forma establecidos nesta Ordenanza constitúe, de acordo co artigo 158.4 da LSG, infracción urbanística leve, que será sancionada con multa de 300 € a 6.000 € (art. 161.a) da LSG).

14.2.- A potestade sancionadora exercerase mediante o procedemento establecido na lexislación do procedemento administrativo. O prazo para resolver o procedemento sancionador será de 1 ano contado dende a data da súa iniciación. Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución, producirase á caducidade do procedemento. No suposto de que a infracción non prescribise, deberá iniciarse un novo procedemento sancionador.

14.3.- No tocante aos órganos competentes para a imposición das sancións e ós prazos de prescrición das infraccións e das sancións estarase expresamente ó disposto sobre o particular na Lei 2/2016 LSG.

ARTIGO 15.- RÉXIME XERAL DO DEBER DE CONSERVACIÓN.

15.1.- O cumprimento da obriga formal establecida nesta Ordenanza, entenderase sen prexuízo do réxime xurídico ordinario do deber de conservación regulado na lexislación vixente, e das facultades de inspección urbanísticas atribuídas á Administración municipal.

15.2.- No exercicio desa potestade municipal de policía urbanística, o Concello poderá ordenar en calquera momento, de oficio ou por instancia de parte e de acordo co procedemento previsto nos artigos 333º e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, LSG, a execución das obras requiridas para o cumprimento dos deberes de conservación, adoptando ou ordenando ós propietarios a adopción das medidas provisionais e urxentes que, de ser o caso, resulten necesarias para garantir a eficacia da resolución que puidese recaer e evitar causar danos ás persoas e ós bens.

ARTIGO 16.- CREACIÓN DO REXISTRO DE EDIFICACIÓNS.

Crearase un rexistro municipal de edificacións como medio para instrumentar a imposición do deber de presentación do informe de avaliación de edificios e do seguimento do cumprimento do calendario establecido na disposición transitoria única desta ordenanza, en función da súa antigüidade.

Aos efectos deste rexistro, tomarase como data de antigüidade da edificación a que conste como licenza de primeira ocupación ou cédula de habitabilidade nos arquivos municipais. En ausencia desta

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 12: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

considerarase a que conste como ano de construción na Dirección Xeral do Catastro Inmobiliario, sen detrimento de que os interesados poidan alegar outras segundo o establecido no artigo 12.6 desta ordenanza.

Disposición adicional única: Convenios de colaboración.

Ademais dos convenios que se poidan formalizar ao abeiro do disposto no artigo 13.3, 13.4, 13.5 desta Ordenanza, e nos que se concretará a posible colaboración dos colexios profesionais nos procedementos de execución subsidiaria, nos supostos de incumprimento polos propietarios da obriga de realizar a ITE, o servizo xestor municipal poderá celebrar outros, con eses mesmos colexios ou coas organizacións e asociacións profesionais do sector interesadas, nos que se establezan mecanismos de coordinación e de intercambio de información útil e se prevexa a organización de xornadas técnicas e de difusión da Ordenanza, cursos de formación e especialización para profesionais, campañas divulgativas entre a poboación e demais medidas tendentes a facilitar o cumprimento das obrigas derivadas da súa aplicación.

Disposición transitoria única. Calendario para a presentación do IAE:

Establécese o seguinte calendario de presentación ante o Rexistro do Concello do correspondente Informe de Avaliación do Edificio, en función da antigüidade das edificacións:

1.- Para os edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva que xa tiveran cumpridos máis de 50 anos o 28 de xuño de 2013, como máximo antes do 28 de xuño de 2018.

2.- Para os edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva que á entrada en vigor desta ordenanza teñan unha antigüidade superior a 50 anos, dous anos a partir da entrada en vigor desta ordenanza.

3.- Para os edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva que vaian acadando unha antigüidade de 50 anos durante a vixencia desta ordenanza, dous anos a partir da data en que acaden a dita antigüidade.

Unha vez presentado o primeiro informe, a preceptiva renovación efectuarase conforme ao réxime xeral previsto no artigo 12.4 desta Ordenanza.

En calquera dos supostos establecidos neste calendario, si os edificios contasen cunha inspección técnica vixente, realizada de conformidade coa súa normativa aplicable, antes do 28 de xuño de 2013, só se esixirá o IAE cando corresponda a súa primeira revisión (10 anos), debendo completar o informe xa realizado con aqueles aspectos que de acordo co establecido nesta ordenanza non se cumprimentaran no informe anterior, especialmente no que se refire a accesibilidade universal e certificación da eficiencia enerxética.

En ningún caso esta disposición transitoria poderá xustificar o incumprimento dos deberes de conservación e mantemento da edificación regulado na lexislación vixente, podendo ser requiridos en calquera momento os propietarios de todo tipo de edificacións para que acrediten, mediante a presentación dun informe de inspección técnica o estado de conservación das edificacións, de acordo cos estándares mínimos establecidos pola lexislación.

Disposición final primeira:

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 13: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

A promulgación futura e a entrada en vigor de normas de rango superior ó desta Ordenanza que afecten ás materias reguladas na mesma determinará a aplicación automática daquelas, sen prexuízo dunha posterior adaptación, no que fose necesario, da Ordenanza.

Disposición final segunda:

Conforme co establecido no artigo 70.2 da L.7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, esta Ordenanza será obxecto de publicación íntegra no Boletín Oficial da provincia de Lugo e entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación rexendo en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.

ANEXO IFICHAS TÉCNICAS A CUMPRIMENTAR PARA O INFORME DE AVALIACIÓN DO EDIFICIO

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 14: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 15: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 16: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 17: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 18: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 19: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 20: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 21: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 22: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 23: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 24: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 25: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 26: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 27: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 28: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 29: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 30: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 31: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 32: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 33: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 34: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 35: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 36: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 37: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Page 38: Concello de Guitiriz · Concello de Guitiriz no artigo 29º do R.D.L. 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (TRLSRU),

Concello de Guitiriz

ANEXO IFICHAS TÉCNICAS A CUMPRIMENTAR PARA O INFORME DE AVALIACIÓN DO EDIFICIO

CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO EDIFICIO

Aos efectos da presentación do Certificado de Eficiencia Enerxética do Edificio como parte integrante do IAE, realizarase co contido e mediante o procedemento establecido para o mesmo pola normativa vixente.

Concello de Guitiriz

Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 Lugo. Tfno. 982370109. Fax: 982372178