Upload
carlos-santiso
View
221
Download
3
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Bases do concurso de fotografía da semana cultural do IES de Sanxenxo. Curso 2010-2011
Citation preview
ORGANIZA DEPARTAMENTO
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
IES SANXENXO
Rúa Baltar, s/n. Portonovo
36970 Sanxenxo
Telf.: 986724108 / Fax: 986720704
Concurso de Fotografía
Semana Cultural do 4 ao 8 de abril de 2011.
IES Sanxenxo
BASES
1- Participantes:
O concurso está aberto a todo o alumnado do I.E.S.Sanxenxo.
2- Tema:
Terán cabida neste concurso todas as fotografías relacionadas directa ou indirectamente co mar: desde o punto de vista paisaxístico, coma fonte de recursos, como lugar de lecer e deportivo, como lugar de traballo, como configurador de vilas e aldeas…
3- Envío:
As fotos deberán enviarse por e-mail ao enderezo: [email protected] ; indicando claramente o título da fotografía, datos do autor/a , ( apelidos e nome; enderezo electrónico, curso ).
Só se admitirán un máximo de 2 fotos. As fotos deberán enviarse en formato JPG.
4- Prazo:
O prazo de recepción das fotografías será, como data límite, ata o venres 18 de marzo.
5- Premio:
Entregaranse dous premios, podendo quedar o concurso deserto se non acadan unha calidade mínima.
6- Exposición:
Todas as fotografías seleccionadas participarán nunha exposición que terá lugar no I.E.S Sanxenxo durante a Semana Cultural 2011.
As fotografías poderán ser requeridas para publicarse na revista do Centro ou noutras actividades de carácter didáctico ou educativo, sempre citando a autoría das mesmas.
7- Xurado:
O xurado do concurso de fotografía “ O mar e as súas xentes ”, estará formado por tres profesores, un alumno/a e un mariñeiro.
O fallo do xurado será inapelable.
8- Observacións:
Non se aceptarán fotografías que non sexan orixinais ou nas que se aplicasen técnicas de fotomontaxe.
Non é necesario inscribirse.
O envío de fotografías ao concurso supón a aceptación das bases do mesmo por parte do autor/a.