79
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO CALDAS EXERCICIOS 2001-2002

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA · traballos de campo, non se xuntaron os mandamentos de pago e ingreso nin a documentación xustificativa dunha parte das subvencións fiscalizadas,

  • Upload
    lamhanh

  • View
    213

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

CONSELLO DE CONTAS

DE GALICIA

INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO

CALDAS

EXERCICIOS 2001-2002

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

ÍNDICE

Páxina

1. INTRODUCIÓN....................................................................................................................... 1 1.1. Obxectivos e alcance .......................................................................................................1 1.2. Limitacións........................................................................................................................1 1.3. Normativa reguladora.......................................................................................................2 1.4. Orzamento, liquidación e conta xeral (exercicio 2002) ....................................................4 1.5. Trámite de alegacións ......................................................................................................4

2. ASPECTOS XERAIS.............................................................................................................. 5

2.1 Información orzamentaria e indicadores ..........................................................................5 2.2. Control interno..................................................................................................................6 2.3. Aspectos contables ..........................................................................................................8

3. TRANSFERENCIAS E SUBVENCIÓNS RECIBIDAS......................................................... 11

3.1. Transferencias e subvencións monetarias correntes ....................................................11 3.2. Subvencións de capital ..................................................................................................22 3.3. Convenios.......................................................................................................................30

4. SUBVENCIONES OUTORGADAS...................................................................................... 34

4.1. Bases reguladoras da execución do Orzamento e bases específicas reguladoras das subvencións.........................................................................................34

4.2. Análise de expedientes ..................................................................................................37 5. CONCLUSIÓNS ................................................................................................................... 46

5.1. Transferencias recibidas ................................................................................................46 5.2. Subvencións correntes...................................................................................................46 5.3. Subvencións de capital ..................................................................................................47 5.4. Convenios.......................................................................................................................48

6. RECOMENDACIÓNS........................................................................................................... 51 ANEXO I ...................................................................................................................................... 53 ANEXO II. Transferencias e subvencións monetarias correntes................................................ 54 ANEXO III. Transferencias e subvencións monetarias de capital .............................................. 55 ANEXO IV: Subvencións concedidas por decreto ...................................................................... 56 ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO DE CALDAS DE REIS.......................... 63 RÉPLICAS ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO ..................................... 71

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

__________________________________________________________________________________________________________

Consello de Contas de Galicia

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 1

Consello de Contas de Galicia

1. INTRODUCIÓN

Obxectivos e alcance

De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno desta Institución, en sesión realizada o 19 de decembro de 2003, acordou incluír no seu programa de actuacións a realizar no ano 2004, a fiscalización das transferencias e subvencións recibidas e concedidas nos exercicios 2001 e 2002 polo Concello de Caldas de Reis.

Os obxectivos de fiscalización consistiron en:

– Verificar o adecuado rexistro das transferencias e subvencións recibidas e concedidas na contabilidade financeira e orzamentaria do Ente fiscalizado.

– Analizar a existencia de subvencións en especie.

– Comprobar a correcta solicitude e xustificación das subvencións ante o órgano financiador.

– Verificar a aplicación de fondos (axudas monetarias) á súa finalidade.

O período temporal estendeuse a aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.

Limitacións

As probas realizadas víronse condicionadas polas seguintes limitacións:

− A organización dos expedientes analizados incumpre o disposto nos artigos 164 e 179 ROF, feito que condicionou a fiscalización efectuada ó atoparse desordenados e incompletos, carecendo de documentación esencial para a verificación da correcta xustificación e percepción das subvencións analizadas.

− Pese á solicitude efectuada con carácter posterior á realización dos traballos de campo, non se xuntaron os mandamentos de pago e ingreso nin a documentación xustificativa dunha parte das subvencións fiscalizadas, o que impediu nalgún caso a verificación da correcta aplicación dos fondos.

− Non se certificou pola Secretaría municipal a totalidade das subvencións percibidas e outorgadas polo Concello de Caldas de Reis, o que dificultou

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 2

Consello de Contas de Galicia

considerablemente a súa identificación polo equipo auditor. Verificouse a tramitación de subvencións por persoal municipal sen que constase o seu nomeamento ou habilitación ó efecto, e sen que figurasen entre as certificadas pola Secretaría, procedéndose nalgún caso á súa fiscalización.

− Solicitáronse certificacións relativas ós acordos do Pleno, Comisión de Goberno e Decretos da Alcaldía polos que se autorizasen as ditas operacións, así como as referidas ós elementos de inmobilizado entregados por outras administracións, as cales non foron obxecto de achega pola Secretaría municipal.

Normativa reguladora

A normativa reguladora das materias obxecto de fiscalización, inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

– Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública.

– Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

– Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

– Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

– Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

– Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

– Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario (TRLRFP).

– Decreto 287/2000, do 21 de novembro polo que se desenvolve o TRLRFP.

– Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

– Real Decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos funcionarios da Administración Local.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 3

Consello de Contas de Galicia

– Real Decreto Lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral Orzamentaria(TRLXO).

– Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro.

– Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

– Real Decreto 1328/1997, do 1 de agosto, polo que se regula a cooperación económica do estado ós investimentos das Entidades Locais.

– Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

– Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.

– Real Decreto 1174/1987, polo que se aproba o Regulamento do Réxime Xurídico dos funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

– Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

– Real Decreto 2402/1985, relativo ó deber de expedición e entrega por empresarios e profesionais.

– Orde do Ministerio de Economía e Facenda do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos orzamentos das Entidades Locais.

– Orde do Ministerio de Administracións Públicas do 7 de maio de 1998, reguladora da cooperación económica do Estado ós investimentos das Entidades Locais.

– Ordes de convocatoria das subvencións recibidas.

– Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL), aprobada por Orde do Ministerio de Economía e Facenda do 17 de xullo de 1990.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 4

Consello de Contas de Galicia

1.4. Orzamento, liquidación e conta xeral (exercicio 2002)

O orzamento inicial do Concello de Caldas de Reis para o exercicio 2002 ascendeu a 4.770.835,91 euros. O remanente de tesourería para gastos xerais aprobado presentou un déficit de –986.017,00 euros. O resultado orzamentario axustado tamén é negativo por importe de –31.531,49 euros. Os estados de gastos e ingresos da liquidación do orzamento da Entidade inclúense como Anexo I.

O orzamento de 2002 foi aprobado definitivamente o día 31 de maio de 2002, fóra do prazo establecido no artigo 150.2 da LRFL. A liquidación do orzamento aprobouse o día 6 de agosto de 2003, fóra de prazo, e remitiuse á Administración do Estado e á da Comunidade Autónoma o 7 de agosto de 2003, con posterioridade ó prazo límite establecido nos artigos 174.5 da LRFL, 91 do RD 500/1990 e regra 445 da ICAL.

A conta xeral de 2002 aprobouse o 30 de abril de 2004 e foi remitida, incompleta, ó Consello de Contas o día 27 de novembro de 2003, incumprindo os prazos regulados nos artigos 193 e 204 da LRFL. No oficio de remisión da conta xeral ó Consello de Contas indicouse que o acordo de aprobación sería enviado unha vez cumprido este trámite. Á data de finalización do traballo de campo desta fiscalización (setembro, 2004), non se remitiu.

Ademais, o Concello non rendeu as contas xerais dos anos 1999 e 2001, polo que se enviou escrito solicitando a adopción de previsións necesarias para o cumprimento da obriga legal de rendición.

1.5. Trámite de alegacións

En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento do Consello de Contas de Galicia, os resultados das actuacións realizadas foron remitidos ó Alcalde do Concello de Caldas de Reis en oficio do 30 de novembro de 2004, concedéndolle un prazo ata o 29 de decembro de 2004 para que presentara as alegacións, documentación e xustificantes que considerara pertinentes.

O 23 de decembro de 2004 presentáronse as alegacións. As réplicas, xunto coas alegacións, achéganse ó final do presente informe.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 5

Consello de Contas de Galicia

2. ASPECTOS XERAIS

Información orzamentaria e indicadores

a) CADRO 1. Información orzamentaria agregada de dereitos e obrigas recoñecidas, exercicios 2001 e 2002.

INGRESOS MUNICIPAIS 2001-2002 DEREITOS RECONOCIDOS NETOS

GASTOS MUNICIPAIS 2001-2002 OBRIGACIÓNS RECOÑECIDAS NETAS

CONCEPTO 2001 2002 Diferenza CONCEPTO 2001 2002 Diferenza

Tributos propios 1.651.379,96 1.703.921,90 52.541,94 Consumo público 2.569.093,62 3.100.122,23 531.028,61

Transferencias 2.042.746,41 2.713.915,18 671.168,77 Transferencias 319.921,17 299.551,52 -20.369,65

Endebedamento 17.742,67 912.188,56 894.445,89 Carga financeira 174.186,85 169.719,33 -4.467,52

Outros dereitos 16.403,84 12.861,22 -3.542,62 Investimentos reais 624.961,14 2.743.141,77 2.118.180,63

Outras obrigas 3.005,06 700,50 -2.304,56

TOTAL 3.728.272,88 5.342.886,86 1.614.613,98 TOTAL 3.691.167,84 6.313.235,35 2.622.067,51

No cadro 1, amósase a distribución dos dereitos recoñecidos netos dos anos 2001 e 2002 agrupados en tributos propios (que inclúen os capítulos I, II e III), transferencias (capítulos IV e VII), endebedamento (capítulo IX) e outros dereitos (capítulos V, VI e VIII). Tamén se ofrece información das obrigas recoñecidas rexistradas na liquidación do orzamento destes exercicios clasificándoas en consumo público (capítulos I e II), transferencias (IV e VII), carga financeira (capítulos III e IX), investimentos reais (capítulo VI) e outras obrigas (capítulo VIII).

No concepto de transferencias integráronse as correntes e de capital. O volume de transferencias recibidas no exercicio 2001 (2.042.746,41 euros), representou o 55% do total dos dereitos recoñecidos na liquidación do orzamento. No ano 2002, os dereitos recoñecidos por transferencias foron 2.713.915,18 euros (671.168,77 euros máis respecto ás recibidas no exercicio anterior). A porcentaxe das transferencias recibidas neste exercicio sobre o total de dereitos foi do 51%.

As transferencias concedidas polo Concello no ano 2001 (319.921,17 euros), representaron o 9% das obrigas totais recoñecidas na liquidación. No ano 2002 (299.551,52 euros), significaron o 5% das obrigas contabilizadas.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 6

Consello de Contas de Galicia

b) CADRO 2. Dereitos e obrigas dos exercicios 2001 e 2002 expresados en euros por habitante.

INGRESOS MUNICIPAIS 2001-2002 (en euros / habitante) GASTOS MUNICIPAIS 2001-2002 (en euros / habitante)

CONCEPTO 2001 Índice 2002 Índice CONCEPTO 2001 Índice 2002 Índice

Tributos propios 174,69 44 180,42 32 Consumo Público 271,78 70 328,26 49

Transferencias 216,10 55 287,37 51 Transferencias 33,84 9 31,72 5

Endebedamento 1,88 1 96,59 17 Carga financeira 18,43 5 17,97 3

Outros ingresos 1,74 0 1,36 0 Investimentos reais 66,11 17 290,46 43

Outras obrigas 0,32 0 0,07 0

TOTAL 394,41 100 565,74 100 TOTAL 390,48 100 668,49 100

GRÁFICO 1

0

10

20

30

40

50

60

Tributos propios Transferencias Endebedamento

2001 20020

10

20

30

40

50

60

70

80

Carga financieraConsumo Público Transferencias

Investimentos reais Carga financeira

2001 2002

O volume de transferencias recibidas no ano 2001 é superior á presión fiscal, é dicir, ós tributos propios por habitante. No ano 2002, mantense a tendencia e as transferencias recibidas por habitante (287,37 euros) son superiores ós tributos propios (180,42 euros). O peso relativo das transferencias outorgadas polo Concello nestes dous exercicios non é significativo respecto do conxunto de gastos (representan o 9% no ano 2001 e o 5% en 2002.

Control interno

a) Organización administrativa

O posto de traballo de Secretaría, clasificado coa categoría de entrada, estivo ocupado durante os exercicios 2001 e 2002 por funcionarios con habilitación

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 7

Consello de Contas de Galicia

de carácter nacional. O primeiro bimestre de 2001, pola titular, e dende o mes de marzo, por unha funcionaria da subescala de Secretaría-Intervención, situación que se mantén na actualidade (setembro, 2004).

O posto de Interventor, reservado a funcionarios da subescala de Intervención-Tesourería, estivo vacante durante os anos 2001 e 2002. Dende o día 2 de outubro de 2000, foi desempeñado con carácter accidental por un funcionario municipal. No ano 2003, nomeouse a unha funcionaria da subescala correspondente.

O posto de tesoureiro atribuíuse a un funcionario municipal.

b) Segregación de funcións

Comprobouse que existe unha adecuada segregación de funcións entre quen tramita as subvencións e os funcionarios que as rexistran contablemente. Porén, o rexistro de operacións na contabilidade municipal presentou debilidades. Os ingresos e pagos realizados polo Concello son rexistrados na Contabilidade municipal directamente polo tesoureiro, circunstancia que orixina a ausencia de separación de funcións e que non garante o control efectivo da entrada e saída material de fondos.

c) Bases de execución

O Concello regulou nas bases de execución do orzamento dos anos 2001 e 2002 algúns aspectos das subvencións recibidas e concedidas. Tamén aprobou, por acordo de Pleno do 26 de abril de 2002, un regulamento de concesión de subvencións a asociacións, persoas xurídico-privadas e persoas físicas sen ánimo de lucro, para o fomento de actividades de utilidade pública e interese social. O procedemento establecido nas bases de execución para as subvencións recibidas limítase, nestes dous exercicios, ó seguinte: os recursos que se refiran a subvencións procedentes doutras Entidades, así como os de dereito privado e os relativos a operacións de crédito, para o financiamento de obras ou servizos, deberán ser xustificados previa e fehacentemente e non poderán ser aplicados a atencións distintas de aquelas para as que foron destinados.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 8

Consello de Contas de Galicia

Aspectos contables

Participación nos ingresos do estado (PIE)

Contabilízase na partida 420.00, ascendendo a 1.106.459,73 euros os dereitos recoñecidos correspondentes ó exercicio 2002, que inclúen a liquidación definitiva da PIE do exercicio 2001.Verificouse a correcta contabilización en 2003 da liquidación definitiva correspondente ó exercicio anterior.

A participación nos ingresos do Estado correspondente ó exercicio 2001 ascendeu a 166.519.355 pesetas. Porén, retivéronse da mesma 133.648 pesetas para facer fronte ás débedas en vía executiva existentes coa Seguridade Social, contabilizándose finalmente o importe líquido percibido, o cal, sumado ó resultante da liquidación da PIE correspondente a 2001, ascendeu a 176.386.962 pesetas. Incúmprese así o principio contable de non compensación de ingresos e gastos, sen que así mesmo se acredite o reflexo na contabilidade municipal das referidas débedas. Non se facilitou o expediente relativo ás mesmas, sen que exista constancia, ós efectos do cumprimento dos requisitos para a percepción de subvencións, da inexistencia de débedas coa Axencia Tributaria e Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Fondo de cooperación local (FCL)

Os ingresos municipais derivados da percepción do Fondo de cooperación local configúranse a partir do exercicio 2002 como unha transferencia de carácter incondicionado, debendo figurar o seu recoñecemento no capítulo IV de ingresos da contabilidade orzamentaria. O seu importe, erroneamente contabilizado na partida 755.00, ascendeu no exercicio 2002 a 142.305,51euros.

De acordo coa comunicación efectuada o 13 de febreiro de 2004 pola Xunta de Galicia, a liquidación definitiva correspondente ós exercicios 2000 e 2001, ascendía ás seguintes contías:

Exercicio Participación definitiva (euros)

Entregas á conta efectuadas (euros) Saldo a favor/en contra

2002 153.216,99 142.305,51 10.911,48

2001 84.122,94 85.271,00 -1.148,06

Saldo neto a favor do Concello 9.763,42

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 9

Consello de Contas de Galicia

Procedeuse ó recoñecemento de dereitos nas contas do exercicio 2004 do saldo neto indicado, incumpríndose así o principio contable de non compensación de ingresos e gastos.

Contabilización dos dereitos recoñecidos correspondentes ás subvencións recibidas

Con carácter xeral, a contabilización dos dereitos recoñecidos correspondentes ás subvencións analizadas nos epígrafes 3.1 e 3.2 deste informe efectúase cando se fai efectivo o ingreso (criterio de caixa) ou no momento no que se remite ó órgano concedente a documentación xustificativa da subvención, de conformidade co disposto na regra 156 da ICAL. Porén, detectáronse incumprimentos nos seguintes expedientes nos que se recoñeceu o dereito, ben con carácter previo ó cumprimento das condicións esixidas polas normas reguladoras da subvención, ou ben sen que exista documentación que xustifique e soporte a dita anotación:

Descrición Subvención Importe dereitos

recoñecidos (euros)

Exercicio de contabilización

dos dereitos

Importe/exercicio no que se deberían

rexistrar os dereitos

Acondicionamento Parque Infantil en Aguiuncho 3.005,00 2002 Ídem/2003

Programas de atención especializada a mulleres (achega Concello de Cuntis) 580,00 2002 ----------

Acciones de información, orientación e busca de emprego. 9.067,29 2002 6.513,45/2003

Saneamento núcleo rural de Segade de Arriba 18.030,00 2003 ----------

De acordo co reflectido no cadro anterior, os dereitos recoñecidos no exercicio 2002 deberíanse diminuír en 12.562,29 euros e no exercicio 2003 en 8.511,55 euros, polo que o remanente de tesourería e o resultado orzamentario de ámbolos dous exercicios veríanse afectados en idéntica medida.

Seguimento dos gastos con financiamento afectado

O concello non realiza o seguimento e control dos gastos con financiamento afectado de conformidade coas as regras 376 a 381 da ICAL.

No Estado de Gastos con Financiamento Afectado que figura como anexo ós Estados anuais que integran a Conta Xeral do exercicio 2002, non consta a información esixida pola regra 429 de a ICAL, aducíndose que a aplicación informática non facilita os estados correspondentes ós gastos con financiamento afectado.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 10

Consello de Contas de Galicia

Porén, no Estado de Remanente de Tesourería aparece cuantificado o Remanente para Gastos con Financiamento Afectado por importe de 397.618,06 euros. Así mesmo, o Resultado Orzamentario presenta os axustes referidos na regra 347 ICAL, en función das desviacións de financiamento derivados de Gastos con Financiamento Afectado, ascendendo as negativas a 1.015.390,26 euros.

Téndose solicitado o detalle dos cálculos efectuados para a cuantificación das desviacións de financiamento, non se xuntou documentación algunha, polo que non existe evidencia da razoabilidade dos ditos cálculos.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 11

Consello de Contas de Galicia

3. TRANSFERENCIAS E SUBVENCIÓNS RECIBIDAS

De acordo co documento núm. 4 dos principios contables públicos da IGAE, os conceptos de transferencia e subvención supoñen un desprazamento patrimonial que ten por obxecto unha entrega diñeiraria ou en especie entre os distintos axentes das Administracións Públicas, entidades públicas ou privadas e particulares, todas elas sen contrapartida directa por parte dos entes beneficiarios. O elemento diferenciador de ámbolos dous conceptos é a afectación a uns fins, proxectos ou actividades concretas do mencionado desprazamento patrimonial no caso das subvencións, mentres que nas transferencias ditos fondos poden destinarse a financiar actividades ou operacións non singularizadas.

As transferencias e subvencións poden financiar operacións correntes (concretas e específicas no caso de subvencións e calesqueira no caso de transferencias) ou de capital se financian operacións deste tipo.

No presente apartado analízanse as subvencións concedidas ó Concello nos exercicios 2001 e 2002 de acordo coa información que se contén nas certificacións expedidas pola Secretaría municipal. Porén, detectáronse subvencións percibidas que non figuraban incluídas nas certificacións.

3.1. Transferencias e subvencións monetarias correntes

Estes desprazamentos patrimoniais rexístranse no capítulo IV do orzamento de ingresos. No Anexo II reflíctense unicamente as contidas nas certificacións subscritas pola Secretaría municipal, que se refiren ó financiamento de operacións correntes dos exercicios 2001 e 2002.

Efectuouse a seguinte mostraxe dos expedientes correspondentes ós exercicios 2001 e 2002, sendo obxecto de inclusión na mesma algún dos expedientes que non se contiñan nas certificacións anteditas:

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 12

Consello de Contas de Galicia

Órgano concedente Descrición Importe recoñecido exercicio 2001

Importe recoñ. exercicio 2002

1) Consellería Familia Activ. Dirixidas a xuventude 900.000

2) Consellería Familia Promoción da Información Xuvenil 4.200,00

3) Consellería Familia Programación cursos FIP 68.332,30

4) CPAM Festival Cultural Quente 3.186,00

5) Serv. G. de Igualdade Act. Promoción da muller 3.500,00

6) Consellería Familia Programas atenc. Esp. Mulleres CIM 28.257,00

7) Consellería Familia Infor., orient. e procura de emprego 22.812,37

TOTAL 900.000 130.287,67

ANÁLISE DE EXPEDIENTES

1) Subvención para o fomento de actividades dirixidas á xuventude:

Órgano concedente: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Orde da convocatoria: 1 de febreiro de 2001, DOG do 14 de febreiro de 2001 Orzamento total actividade subvencionada: 2.096.473 pesetas Cantidade solicitada: 1.572.354 pesetas (75%) Importe concedido: 900.000 pesetas (43%).

Da análise do expediente detectáronse as seguintes incidencias:

A subvención ten por obxecto a realización dunha pluralidade de actividades de carácter socioeducativo e de animación sociocultural, solicitándose polo Concello de Caldas un financiamento do 75% do custo total das actividades proxectadas, que ascende a 2.096.473 pesetas (12.600,05 euros).

a) Solicitude da subvención

A solicitude da subvención prodúcese en virtude de Decreto da Alcaldía de 12 de marzo de 2001. Non se acredita no expediente a solicitude por órgano competente, sen que ó amparo do disposto pola LRBRL e polas propias bases de execución do orzamento se lle poida atribuír a competencia a este órgano. Esta subvención non figuraba entre as certificadas pola Secretaría municipal en 2001, descoñecéndose as razóns da súa non inclusión.

b) Concesión da subvención

Non consta no expediente a resolución autonómica da concesión desta subvención, deducíndose a mesma e a súa contía do rexistro na Contabilidade municipal dun anticipo (50%) e liquidación final. Non consta a solicitude

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 13

Consello de Contas de Galicia

efectuada para a percepción do anticipo nin o envío da documentación que a Orde preceptúa.

c) Xustificación da subvención

Non consta no expediente o cumprimento dos requisitos de xustificación establecidos na Orde de convocatoria.

− Se ben a Orde esixía a acreditación de estar ó día no cumprimento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, non figuraba esta acreditación no expediente.

− Pese a esixir a citada Orde a remisión dunha certificación da Secretaría municipal na que se farán constar as actividades realizadas segundo o proxecto presentado e subvencionado e o gasto realizado, unicamente se constatou a existencia dun informe da persoa encargada da oficina xuvenil municipal indicando que as actividades segundo o proxecto presentado e subvencionado foron realizadas, e que os gastos realizados, segundo se deduce dos gastos e facturas presentadas neste Concello superaron o 100% da cantidade concedida. É dicir, non se acredita a preceptiva certificación da Secretaría e xúntase como xustificante o informe evacuado por quen non ten atribuídas as competencias do artigo 204 ROF, indicándose que os gastos realizados superaron o total da cantidade concedida. Ós efectos de detectar o grao de realización das actividades proxectadas e subvencionadas, solicitouse copia autenticada dos xustificantes e facturas que acreditaban a realización da totalidade das actividades realizadas. Estes documentos non foron xuntados o que podería motivar o reintegro da axuda.

− Se ben a Orde esixía a remisión, con anterioridade ó último pago, dunha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma actividade, non se puido verificar o cumprimento deste requisito. Verificouse a concesión pola Deputación Provincial de Pontevedra dunha axuda de 901,52 euros para a realización de marchas cicloturísticas 2001, que, de coincidir na súa finalidade coa primeira das actividades proxectadas e subvencionadas pola Consellería de Familia -a realización de ciclomarchas culturais- debería ter sido obxecto da oportuna comunicación ó departamento autonómico.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 14

Consello de Contas de Galicia

2) Subvención para a promoción da información xuvenil

Órgano concedente: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Orde da convocatoria: 1 de marzo de 2002, DOG do 15 de marzo de 2002 Orzamento total actividade subvencionada: 40.842,08 euros Cantidade solicitada: 30.631.56 euros (75%) Importe concedido: 4.200 euros.

A subvención ten por obxecto a promoción da información xuvenil nos concellos da CCAA, sufragando os gastos derivados do funcionamento do servizo de información xuvenil así como a edición de soportes informativos por parte das oficinas de información xuvenil.

Da análise do expediente detectáronse as seguintes incidencias:

a) Solicitude da subvención

A solicitude da subvención prodúcese en virtude de Decreto da Alcaldía do 11 de abril de 2002, que manifesta someterse á ratificación da Comisión de Goberno. Desta forma, non se acredita no expediente a solicitude por órgano competente, sen que ó amparo do disposto pola LRBRL e polas propias bases de execución do orzamento se lle poida atribuír a competencia a este órgano. Non consta no expediente a ratificación do acordo pola Comisión municipal de Goberno. Esta subvención non figuraba entre as certificadas pola Secretaría municipal das concedidas en 2002.

b) Xustificación da subvención

De acordo coa contabilidade municipal, a subvención percíbese no exercicio 2002 por medio de dous pagos de idéntica contía, o que de acordo coa Orde de convocatoria esixiría a remisión de dúas xustificacións: unha pola solicitude de pago anticipado e outra, relativa á xustificación total da actividade subvencionada. Só figura no expediente a remisión dunha xustificación ó departamento autonómico, a cal se estima insuficiente ós efectos de dar cumprimento ó requisito de facer constar as actividades realizadas segundo o proxecto presentado e subvencionado e o gasto realizado, toda vez que unicamente se certifica que os gastos realizados superaron o 100% da cantidade concedida.

Ós efectos de detectar o grao de realización das actividades proxectadas e subvencionadas e a procedencia, no seu caso, da esixencia de reintegros, solicitouse a copia autenticada dos xustificantes e facturas que acreditaban a

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 15

Consello de Contas de Galicia

realización da totalidade das actividades realizadas, as que non foron obxecto de achega.

3) Subvención para a programación de cursos FIP

Órgano concedente: Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Orde de convocatoria: 22 de novembro de 2001, DOG do 30 de novembro de 2001

O obxecto desta axuda é a execución das accións formativas do Plan de Formación e Inserción Profesional correspondentes ó exercicio 2002, dirixidas a proporcionar ós traballadores desempregados as cualificacións requiridas para a súa posterior inserción laboral.

Da fiscalización do expediente detectáronse as seguintes incidencias:

a) Solicitude e concesión da subvención

Concédeselle ó Concello a realización dos cursos 219 e 220, isto é, cerralleiro artístico e soldador por arco eléctrico con electrodo, cuxo importe conxunto, agregados os módulos A (gastos de profesorado), B (gastos en consumos e custos indirectos) e C (axudas de transporte ós alumnos) ascende a 67.098,60 euros. A relación de horas e días de impartición é de 550 horas e 123 días e 430 horas e 96 días, respectivamente, para os cursos 219 e 220. O módulo A componse dos gastos do profesorado que imparte os cursos e daqueles correspondentes ó persoal contratado para a realización da preparación, seguimento e control da actividade docente. Este último custo ten como límite máximo o 15% da cantidade total que a subvención atribúe ó módulo A.

Ó amparo dunha convocatoria posterior, autorízase a incorporación ós anteriores cursos dun módulo de sensibilización ambiental, o que eleva o importe definitivo a 68.332,20 euros. Paralelamente, increméntase en 9 horas e 2 días o tempo asignado á execución de cada un dos cursos programados.

b) Execución das accións formativas

Con data do 6 de maio de 2002, emítese polo técnico local de emprego (TELE) do Concello de Caldas de Reis un informe–proposta relativa á designación dos profesionais cos que se conta, ó igual que en anos anteriores para a realización das funcións de monitor técnico (impartidor) e de coordinador dos cursos, establecendo como retribución para os mesmos as cantidades máximas atribuídas no módulo A das axudas obtidas para a realización dos cursos 219

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 16

Consello de Contas de Galicia

e 220. Os profesionais propostos son o propio TELE que subscribe o informe, para o desenvolvemento das funcións de coordinación, ás que se reserva o 15% do importe total do módulo A dos dous cursos programados, e o monitor que, de acordo coa información obrante no expediente, viña efectuando a impartición de cursos FIP dende o exercicio 1997 por medio de contratos laborais temporais subscritos co Concello. Se ben consta o nomeamento do monitor por Resolución da Alcaldía, que foi obxecto de ratificación por acordo da Comisión de Goberno do 23 de maio de 2002, non figura designación expresa algunha para que o TELE, con contrato laboral temporal que foi obxecto de prórrogas sucesivas dende o exercicio 1998, desempeñe as funcións –retribuídas- de coordinación dos cursos. Porén ó anterior, os cursos comezaron o día 6 de maio de 2002.

Atopámonos no primeiro caso ante un incumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade –e o de publicidade- no acceso ó emprego público. Así mesmo, e dado que o Concello de Caldas financiou parcialmente nos exercicios 2001 e 2002 o custo laboral do TELE por medio de subvencións de 4.000.000 pesetas e 15.025 euros, respectivamente, estase ante un suposto de concorrencia de subvencións, toda vez que se procedeu á xustificación do 15% dos custos correspondentes ó módulo A dos cursos 219 e 220 mediante a imputación proporcional do salario e a cota patronal previamente subvencionados por unha axuda outorgada polo mesmo departamento autonómico. Pese a requirir formalmente a xustificación achegada á Consellería de Familia en relación coa contratación do TELE, esta non se fixo, polo que non se puido determinar as posibles causas de reintegro parcial das subvencións.

Ademais, non constando no contrato temporal vixente ata o final de 2002, nin no Convenio Colectivo dos empregados municipais as funcións atribuídas ó referido TELE, o desempeño destas funcións adicionais podería afectar á Lei de Incompatibilidades do persoal ó servizo do sector público (LIP).

c) Xustificación da subvención

De acordo coa documentación obrante no expediente, non existe constancia da impartición do módulo de sensibilización ambiental, polo que non están xustificadas as contías adicionais asignadas á execución dos módulos A e B.

De acordo coa información obrante no expediente, non se estima xustificada a percepción das contías que seguen, o que podería supoñer a esixencia de

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 17

Consello de Contas de Galicia

reintegro (artigo 6 Orde de convocatoria) por importe de 4001,04 euros, referidos á axuda total:

Cursos 219 e 220 (euros)

Módulo A (profesorado e coordinación) 1028,07

Módulo B (gastos xerais e custos indirectos imputados) 500,85

Módulo C (axudas de transporte ós alumnos) 2.472,12

TOTAL NON XUSTIFICADO (A REINTEGRAR) 4.001,04

4) Subvención Festival Cultura Quente

Órgano concedente: Deputación Provincial de Pontevedra. Convocatoria: Base 13, subvencións a actividades culturais (BOP nº 49, 11/03/02). Orzamento total actividade subvencionada: 60.101,21 euros Cantidade solicitada: 24.040,48 euros (40% sobre o orzamento total) Importe concedido: 3.186 euros

a) Solicitude da subvención

A solicitude da subvención formúlase pola Alcaldía o 8 de abril de 2002 (RS núm.1100), dentro do prazo establecido na Orde.

b) Concesión da subvención

O 20 de maio de 2002 (RE núm. 2639) comunícase ó Concello a Resolución presidencial en virtude da cal se concede unha subvención de 3.186 euros euros, importe inferior ó solicitado que representa o 5% do custo da actuación subvencionada.

c) Xustificación da subvención

A xustificación da subvención remitiuse o 9 de agosto de 2002 (RS núm. 2815). Analizada a documentación enviada detectáronse as seguintes incidencias:

− A Base 8ª esixe, ós efectos de xustificación, certificación do órgano que teña atribuídas as facultades de control do cumprimento da finalidade para a que foi concedida e da aplicación dos fondos destinados a tal efecto. Porén, a documentación remitida á Deputación xustificativa da realización da actividade, consistiu nunha certificación asinada polo secretario accidental na que se acreditaba que se programou e levou a cabo a actividade denominada “Festival Cultura Quente”. Atendendo ó contido das funcións atribuídas á Secretaría en virtude do RD 1174/1987, a

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 18

Consello de Contas de Galicia

certificación subscrita polo responsable, con carácter accidental, do dito posto de traballo, non responde ás esixencias da mencionada base.

− Pola outra banda, pese a que esa base esixe unha certificación negativa de axudas percibidas para idéntica finalidade, a documentación remitida consistiu só nun informe da Alcaldía.

A factura relativa á actividade subvencionada (78.800 euros) aprobouse mediante Decreto de Alcaldía. Porén, a competencia de aprobación corresponde á Comisión de Goberno.

5) Subvención para a promoción de actividades destinadas á muller

Órgano concedente: Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (SGI) Resolución da convocatoria: 28 decembro 2001, DOG do 8 de xaneiro de 2002. Orzamento total actividade subvencionada: 4.207 euros Cantidade solicitada: 3.606 euros (86%) Importe concedido: 3.500 euros (83%)

Esta subvención ten por obxecto sufragar os gastos correntes xerados por programas e actividades destinados a facer posible a incorporación da muller na vida política, económica, cultural, social e laboral, así como o coñecemento do seu entorno, fomentando, entre outras actividades básicas, a realización de accións formativas.

Da análise do expediente detectáronse as seguintes incidencias:

a) Solicitude da subvención

A Comisión de Goberno, en sesión realizada con data 25/01/02, acorda a solicitude da axuda a teor do informe da traballadora social do 23 de xaneiro de 2002. O referido informe non consta no expediente. Non se acredita no mesmo a documentación xuntada á solicitude.

Previo requirimento do SGI ós efectos de cumprimentar a totalidade dos requisitos esixidos na Resolución de convocatoria, efectúase a remisión da documentación mediante oficio subscrito pola técnico auxiliar de servizos sociais, persoa que non ostenta o poder de representación para actuar en nome da entidade.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 19

Consello de Contas de Galicia

b) Concesión da subvención

Pese o seu requirimento formal, non se facilitou a acreditación documental da percepción dun anticipo subvencionado, verificándose exclusivamente a súa inclusión nos maiores contables de ingresos do exercicio 2002.

c) Xustificación da subvención

Non consta no expediente a remisión ó SGI da documentación xustificativa esixida polo artigo 11.2.1.B), así como á declaración das axudas concorrentes solicitadas ás distintas Administracións Públicas. Non consta, incumprindo o artigo 12 da Resolución, a remisión da memoria final das actividades desenvolvidas ó SGI.

Pese ó requirimento formal das facturas, xustificantes de gasto e mandamentos de pago relativos á execución das actividades subvencionadas, non se facilitou documentación algunha, o que podería dar lugar o reintegro da subvención.

6) Subvención para os programas de atención especializada a mulleres

Órgano concedente: SGI Resolución da convocatoria: 28 de decembro de 2001, DOG do 8 de xaneiro de 2002 Orzamento total actividade subvencionada: 38.946 euros Cantidade solicitada: 34.676 euros (89%) Importe concedido: 28.257 euros (73%)

O obxecto desta subvención é o apoio económico ás entidades e centros de prestación de servizos de atención á muller, entre os que se inclúe a información e o asesoramento legal e a atención das situacións de especial dificultade.

O Concello de Caldas de Reis asume a representación administrativa dunha agrupación de 9 concellos que desenvolven ininterrompidamente dende o exercicio 1998 o programa de apoio integral á muller. A axuda solicitada ó SGI para 2002 ascende a 34.676 euros, comprometéndose a agrupación de municipios a efectuar unha achega global de 4.270 euros.

Da análise do expediente detectáronse as seguintes incidencias:

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 20

Consello de Contas de Galicia

a) Solicitude da subvención

Non existe constancia da documentación remitida que acompaña á solicitude de subvención. Non figuran no expediente os acordos do órgano competente para a adhesión á agrupación de municipios dos de Cuntis e Portas, non constando así mesmo a achega correspondente ós mesmos. Solicitáronse, sen que fosen obxecto de achega, os documentos contables e xustificantes bancarios de ingreso das achegas municipais.

b) Concesión da subvención

No expediente contense a solicitude dun anticipo do 70% da cantidade concedida, sen que se acredite o cumprimento dos requisitos esixidos para a súa percepción. Unicamente figura un modelo de certificación da porcentaxe de gasto realizado subscrito pola Alcaldía, que ademais carece de sinatura por parte do secretario municipal (artigo 204 ROF). A remisión da documentación efectúase mediante oficio subscrito pola técnico auxiliar de servizos sociais, isto é, por persoa que non ostenta o poder de representación para actuar en nome da entidade, incumpríndose o artigo 192.2 ROF. Non consta nos libros de Contabilidade municipais a percepción do anticipo.

c) Xustificación da subvención

Non consta no expediente xustificación suficiente, agás de dúas facturas expedidas por idéntico provedor, polos servizos de asesoramento xurídico e psico-social, por importe de 6.010,12 euros. Solicitouse, sen que fose obxecto de achega, o expediente de contratación destes profesionais, que segundo os responsables municipais viñan prestando os seus servizos dende 1998. A falta de tramitación de expediente contractual podería constituír un dos supostos de nulidade do artigo 62 TRLCAP.

Requiriuse a totalidade da xustificación da axuda, xuntándose unicamente dúas facturacións satisfeitas no mes de decembro de 2002 polo importe conxunto de 12.000 euros. Adicionalmente, figura o recoñecemento de obrigas na contabilidade orzamentaria de 2002 e 2003 por contía de 10.246,87 euros, das que non existe constancia documental. Estes feitos poderían dar lugar ós reintegros correspondentes.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 21

Consello de Contas de Galicia

7) Subvención para accións de información, orientación e busca de emprego

Órgano concedente: Consellería de Familia e Promoción do emprego, muller e xuventude. Orde da convocatoria: 21 de marzo de 2002, DOG do 27 de marzo de 2002 Orzamento total actividade subvencionada: non consta. Cantidade solicitada: non consta. Importe concedido: 22.812,37 euros.

O obxecto desta subvención, financiada polo Fondo Social Europeo, consiste na mellora das posibilidades de ocupación dos demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través das axudas ás entidades colaboradoras que realicen accións de información, orientación e busca de emprego. A transferencia abarca as retribucións totais do persoal orientador, así como un 10% da contía aprobada en concepto de gastos xerais.

Da análise do expediente detectáronse as seguintes incidencias:

a) Solicitude da subvención

Esta subvención non figura entre as certificadas pola Secretaría municipal, sen que se acredite a habilitación concorrente da persoa ou órgano impulsor da tramitación nalgunha das súas fases, particularmente na de xustificación.

b) Xustificación da subvención

Descoñécese a aceptación da xustificación remitida polo concello, así como a cantidade finalmente ingresada pola Consellería de Familia, o que non permite avaliar a procedencia ou non da esixencia, con carácter parcial, de reintegros. Porén, puxéronse de manifesto os seguintes feitos:

− Redúcese a contía da axuda inicialmente asignada sen que se acredite documentalmente este feito e a súa motivación no expediente.

− Remítese a xustificación final da axuda fóra do prazo establecido na Orde de convocatoria. En relación co gasto certificado polos custos de natureza laboral, xustifícase unha contía notablemente inferior (15.471,28 euros) á inicialmente outorgada pola Consellería (20.738,52 euros). Os gastos certificados que foron obxecto de revisión non acreditan, con carácter xeral, a relación existente coa actividade subvencionada.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 22

Consello de Contas de Galicia

3.2. Subvencións de capital

Rexístranse no capítulo VII do Orzamento de ingresos. No Anexo III reflíctense as concedidas ó Concello nos exercicios 2001 e 2002, de acordo coas certificacións expedidas pola Secretaría municipal. Desa relación seleccionáronse os seguintes expedientes:

Órgano concedente Descrición Importe recoñecido no exercicio 2002

1) Deputación Provincial Pavimentación camiño Lomba e outros 110.390,19

2) Consellería de Xustiza Acondicionamento Zona recreativa de Paradela 6.000,00

3) Deputación Provincial Acondicionamento Parque Infantil en Aguiuncho 3.005,00

4) Deputación Provincial Mobiliario Urbano na Carballeira de Caldas 4.500,00

5) Deputación Provincial Saneamento núcleo rural Segade de Arriba 18.030,00

6) Deputación Provincial Compra casa Albergue Camiño Portugués 60.102,00

TOTAL 202.027,19

ANÁLISE DE EXPEDIENTES

1) Subvención para a pavimentación do Camiño da Lomba e outros (Programa de Acción Municipal 2002):

Órgano concedente: Deputación Provincial de Pontevedra Resolución da convocatoria: 22 febreiro 2002, BOP do 11 de marzo de 2002. Orzamento total actividade subvencionada: 140.243,38 euros Cantidade solicitada: 111.437,89 euros (79,46%) Importe concedido: 111.437,89 euros, dos que 1.047,70 euros compénsanse por débedas

do Concello coa Deputación.(78,71%)

Da análise do expediente detectáronse as seguintes incidencias:

a) Solicitude da subvención

Non figura no expediente o proxecto ou memoria descritiva valorada remitido á Deputación Provincial.

1) Expediente de contratación

Incidencias detectadas na tramitación do proxecto de gasto

− Unha vez notificada a resolución de concesión pola Deputación Provincial, a Intervención municipal formula reparo de legalidade con data 24 de xullo de 2002, a causa da inexistencia de consignación orzamentaria para o exceso producido (29.853,19 euros) entre a contía de crédito orzamentario

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 23

Consello de Contas de Galicia

existente (110.390,19 euros), que corresponde integramente á subvención concedida, e o importe total da obra proxectada (140.390,19 euros). Na mesma data, a Secretaría municipal emite informe de legalidade, concluíndo a procedencia de suspender o procedemento de contratación e da elevación ó Pleno da Corporación do reparo formulado para a súa resolución.

Porén ó anterior, a Comisión de Goberno, en sesión realizada o 30 de xullo de 2002, resolve iniciar a contratación urxente da obra por procedemento aberto mediante a forma de concurso. A tramitación así efectuada, sen que exista constancia da resolución polo órgano competente do reparo de legalidade, podería dar lugar a un suposto de nulidade regulado polo artigo 62 TRLCAP.

− A declaración de urxencia efectuada pola Comisión de Goberno contén unha referencia xenérica, o que podería infrinxir o artigo 71.1 TRLCAP.

Incidencias detectadas na adxudicación do contrato

− O anuncio de licitación (BOP do 23 agosto de 2002) remite a un prego tipo de cláusulas administrativas particulares publicado en data anterior no referido boletín oficial. Non consta a publicación do prego, o que podería afectar á publicidade das condicións de licitación.

− Non consta no expediente a totalidade dos documentos xerais esixidos ós contratistas, nin tampouco a constitución da garantía provisional para acudir á licitación.

− Previa solicitude da Mesa de contratación, o aparellador municipal emite, con data 23 de setembro, o informe de baremación das catro propostas presentadas, obtendo a máxima puntuación a empresa E.C. Casas S.L, seguida de COVSA.

O 25 de setembro, transcorrido o termo máximo de presentación de propostas, COVSA presenta unha modificación sobre a oferta formulada. A Secretaría municipal informa á Mesa de contratación que non procede admitir a nova proposta, toda vez que afecta ó principio de igualdade esixido polo artigo 11.1 RD 2/00. A Mesa, con data 26 de setembro, efectúa a proposta de adxudicación a favor da empresa E.C. Casas, por tratarse do licitador con maior puntuación.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 24

Consello de Contas de Galicia

Porén ó anterior, a Comisión de Goberno en sesión realizada o 27 de setembro, desestima a proposta efectuada pola Mesa e considera a segunda oferta de COVSA, xa que suporía mellorar considerablemente a súa proposta, sendo a mellor oferta para o Concello. A adxudicación do contrato a esta última empresa incumpre o artigo 81.3 TRLCAP.

− Tamén se incumpre o artigo 71.2 c) TRLCAP, ó proceder á execución do contrato con anterioridade á constitución da garantía definitiva.

− O 21 de outubro de 2002 a Comisión de Goberno aproba o borrador de Convenio de Colaboración entre o Concello de Caldas de Reis e a Xunta de Montes en mancomún de Paradela, comprometéndose esta última á achega de 20.867,5 euros en concepto de colaboración ó financiamento dunha parte das obras que son obxecto do expediente. A Intervención emite reparo de legalidade o 18 de outubro de 2002, ó non existir crédito para a cobertura do exceso de 8.985,69 euros en relación co importe total da obra. Pese a non constar a aprobación definitiva desta proposta, a comunidade veciñal de Paradela efectuou o 30 de decembro de 2003 unha transferencia de 19.232 euros ás arcas municipais.

− Incúmprese o artigo 54.1 TRLCAP, que esixe a formalización dos contratos no prazo dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación.

− A Interventora municipal emite, con data 26 de maio de 2003, reparo de carácter suspensivo á proposta de pago das certificacións presentadas polo contratista o 10 de decembro de 2002 e o 15 de abril de 2003, toda vez que subsiste a insuficiencia de crédito posta de manifesto pola Intervención no seu informe de 24 de xullo de 2002. O reparo é finalmente resolto en sesión plenaria do 24 de xullo de 2003.

2) Acondicionamento zona recreativa de Paradela

Órgano concedente: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Convocatoria: Orde de 22 do abril de 2002 (DOG nº83, 30 do abril de 2002) Orzamento total actividade subvencionada: 32.213,20 euros Cantidade solicitada: 15.025 euros (47 % sobre o orzamento total) Importe concedido: 6000 euros

A convocatoria ten por obxecto subvencións destinadas á realización de obras e equipamentos locais. O importe máximo ó que pode ascender cada subvención é de 15.025 euros, cun máximo do 70% do orzamento.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 25

Consello de Contas de Galicia

a) Solicitude da subvención

A solicitude da subvención formúlase en virtude de Resolución da Alcaldía do 30 de maio de 2002, dentro do prazo establecido na Orde. Acompáñase a documentación esixida no artigo 3.2, agás o informe de viabilidade das obras, que tras ser requirido pola Consellería, remítese o día 2 de xullo de 2002 (RS núm. 2296). Con posterioridade, someteuse esa Resolución á Comisión de Goberno ós efectos da súa ratificación.

b) Concesión da subvención

O 24 de xullo de 2002 (RE núm. 4301) o Director Xeral de Administración Local comunica a concesión da subvención por 6.000 euros, importe inferior ó solicitado.

c) Xustificación da subvención

De acordo coa factura xustificativa, o gasto total realizado ascendeu a 24.066,52 euros. A aprobación do gasto efectuouse mediante decreto de Alcaldía. Porén, dita atribución corresponde á Comisión de Goberno, que posteriormente ratificou esa aprobación.

Non se acreditou o pago do importe total da factura. Verificouse o abono parcial efectuado o 27 de agosto de 2003, mediante transferencia bancaria, quedando pendente de pago na liquidación de orzamentos pechados do exercicio 2003, 12.137 euros, importe restante da factura.

3) Acondicionamento Parque Infantil en Aguiuncho

Órgano concedente: Deputación Provincial de Pontevedra. Convocatoria: Axudas xogos infantís (BOP. núm. 49, 11 do marzo de 2002) Orzamento total actividade subvencionada: 9.647,48 euros Cantidade solicitada: 7.235,61 euros (75 % sobre o orzamento total) Importe concedido: 3.005 euros

De conformidade coa Base 3ª serán obxecto de axuda os investimentos destinados a zonas de xogos infantís e substitución das xa instaladas que non cumpren a normativa. As axudas económicas poderán alcanzar o 75% do investimento realizado.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 26

Consello de Contas de Galicia

a) Solicitude da subvención

A solicitude da subvención formúlase en virtude de acordo da Comisión de Goberno adoptado o 10 de abril de 2002, dentro do prazo establecido na base 6ª. Acompáñase da documentación esixida na base 5ª.

b) Concesión da subvención

O 22 de xullo de 2002 (RE núm. 4245) o Servizo Agrario da Deputación comunica a concesión da subvención por importe de 3.005 euros, importe inferior ó solicitado.

c) Xustificación da subvención

A xustificación da subvención remitiuse o 22 de novembro de 2002 (RS núm. 4062). De conformidade co oficio de remisión, a única documentación enviada foi a esixida no apartado b) da base 7ª, consistente nunha copia compulsada da factura A02-000544 de 16/10/2002. Con posterioridade envíase documentación complementaria a requirimento da Deputación, o 16 de abril de 2003 (RS núm. 1437).

4) Mobiliario Urbano na Carballeira de Caldas de Reis

Órgano concedente: Deputación Provincial de Pontevedra. Convocatoria: (BOP, Nº 49, 11 do marzo de 2002). Actuación obxecto de subvención: Adquisición de 11 casetas ecolóxicas. Orzamento total actividade subvencionada: 6.907,42 euros Cantidade solicitada: 5.180,87 euros (75% sobre o orzamento total) Importe concedido: 4.500 euros

De conformidade coa Base 2ª, o obxecto da convocatoria son as axudas destinadas a obras e equipamentos necesarios para as praias fluviais e os seus contornos, para os espazos naturais e para as áreas recreativas existentes ou de nova creación da Provincia. Poderán alcanzar ata o 75% do investimento realizado, cun máximo de 30.051,00 euros por proxecto.

a) Solicitude da subvención

A solicitude da subvención formúlase dentro do prazo establecido na base 6ª, en virtude de acordo da Comisión de Goberno adoptado o 10 de abril de 2002. Acompáñase da documentación esixida na base 5ª.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 27

Consello de Contas de Galicia

b) Concesión da subvención

O 9 de agosto de 2002 (RE núm. 4678) o Servizo Agrario da Deputación Provincial comunica a concesión da subvención por importe de 4.500 euros, que representa o 65% do orzamento da actuación subvencionada.

c) Xustificación da subvención

A xustificación da subvención remitiuse o 3 de setembro de 2002 (RS núm. 3013). Detéctanse os seguintes incumprimentos nas condicións de xustificación esixidas pola Base 7ª:

− No escrito asinado polo Alcalde solicitando o pago da subvención non consta, tal como esixe o apartado a), a contía, concepto subvencionado nin número de conta corrente na que se efectuará a transferencia.

− Non consta a remisión dos documentos esixidos nas letras c) (certificación acreditativa de que a factura presentada como xustificante foi aprobada polo órgano competente) e d) (certificacións de estar ó corrente de pago coa SS e a AEAT).

− O documento esixido na letra e) non se axusta ó requirido na base, que esixe unha certificación de non ter solicitada nin concedida axuda expedida polo funcionario competente. No seu defecto consta un informe subscrito polo Alcalde o 3 de setembro de 2002.

5) Saneamento no núcleo rural de Segade de Arriba

Órgano concedente: Deputación Provincial de Pontevedra. Convocatoria: (BOP, Nº 49, do 11 de marzo de 2002). Orzamento total actividade subvencionada: 101.118,44 euros Cantidade solicitada: 50.559,22 euros (50% sobre o orzamento total) Importe concedido: 18.030 euros

De conformidade coa base 2ª as obras que se financiarán con cargo a este programa serán as seguintes:

a.- Abastecemento de auga

a-1.- Redes secundarias ou complementarias. a-2.- Abastecemento particularizado.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 28

Consello de Contas de Galicia

b.- Saneamentos

b-1.- Redes secundarias ou complementarias. b-2.- Saneamento particularizado.

As axudas económicas poderán alcanzar ata o 50% do investimento previsto.

a) Solicitude da subvención

A solicitude da subvención formúlase dentro do prazo establecido na base 5ª, en virtude de acordo da Comisión de Goberno adoptado o 10 de abril de 2002. Acompáñase da documentación esixida na base 4ª.

b) Concesión da subvención

Con data 2 de agosto de 2002 (RE nº 4498) o Servizo de Cooperación da Deputación Provincial comunica a asignación dunha subvención por importe de 18.030 euros, o que representa o 17% do investimento.

c) Xustificación da subvención

Non consta no expediente ningunha documentación referida á xustificación da subvención. Solicitada información ós responsables municipais acerca da documentación acreditativa do ingreso e gasto realizado, así como do expediente de contratación da obra subvencionada, non foi facilitada documentación algunha.

Porén, analizados os asentos do Libro Maior do orzamento corrente de ingresos do exercicio 2003, verificouse a anotación na partida 76107, con data 31/12/2003, do asento nº 6313 correspondente ós dereitos recoñecidos por importe de 18.030 euros, sendo o texto do asento “Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas 2002”. Porén, da análise dos Libros Maiores do orzamento corrente de gastos correspondentes ó capítulo 6, non se puido identificar ningunha anotación contable cuxa descrición se correspondese coa obra subvencionada. Habida conta que, de conformidade coa Base 8ª, debería estar xustificada e executada antes do 31 de outubro de 2003, non queda acreditado o cumprimento das condicións que darían dereito á percepción da subvención. No caso de que o importe fora ingresado, extremo este que non puido ser verificado, procedería (de non realizarse a obra) o reintegro da subvención.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 29

Consello de Contas de Galicia

6) Compra Casa Albergue Portugués

Órgano concedente: Deputación Provincial de Pontevedra. Convocatoria: (BOP, Nº 49, 11 do marzo de 2002). Cantidade solicitada: non consta. Importe concedido: 60.102,00 euros

a) Solicitude da subvención

Non consta no expediente a documentación relativa á solicitude da subvención.

b) Concesión da subvención

Con data 18 de outubro de 2002 (RE núm. 6203) o Servizo de Cooperación da Deputación Provincial comunica a asignación dunha subvención por importe de 60.102 euros, para a actuación denominada “Compra Casa Albergue Camiño Portugués”.

O 30 de outubro de 2002 (RE núm. 6467) recíbese unha comunicación da Deputación Provincial no que se fai referencia a un escrito do 21 de outubro remitido polo Concello, no que se interesaba o cambio de destino da subvención para a nova actuación Promoción Camiño Xacobeo S.A. Na dita comunicación indícase ó Concello que non se accede ó interesado. Na sesión da Comisión de Goberno, realizada o día 4 de decembro de 2002, dáse conta deste escrito remitido pola Deputación.

c) Xustificación da subvención

Non consta no expediente ningunha documentación referida á xustificación da subvención, nin tampouco acordo no que se formule renuncia á mesma. Solicitada información ós responsables municipais acerca do ingreso e destino dos fondos, non foi facilitada documentación algunha.

Analizados os asentos rexistrados no Libro Maior do orzamento corrente de ingresos dos exercicios 2002 e 2003 (artigo 76), non consta a anotación de dereitos polo importe da asignación da Deputación. Examinados os Libros Maiores do orzamento corrente de gastos dos mesmos exercicios correspondentes ó capítulo VI, non se identificou ningunha anotación contable cuxa descrición correspondese coa obra subvencionada.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 30

Consello de Contas de Galicia

3.3. Convenios

Polo que respecta ós convenios subscritos no exercicio 2002 con outras administracións, certificáronse os que seguen:

Entidade coa que se subscribe Obxecto Achega Entidade coa que se subscribe (euros)

Deputación Provincial Colaboración en materia catastral (*)

Cons.Educación, Xustiza e FEGAMP Utilización de instalacións deportivas (*)

Manc. Interm. Ulla e Umia Proxecto “Mecel-Ulla e Umia” (*)

Augas Galicia, Deput. Prov., Cuntís e Moraña Explotación presa de Caldas (*)

Consellería de Medio Ambiente Recuperación do vertedoiro 945.001,53

Ministerio Interior e Xunta Galicia Rehabilitación Casas Cuarteis da G.C. 12.020,00

Consellería de Medio Ambiente Prevención de incendios (*)

Consellería de Cultura Actividades de Galicia nos Sentidos 1.791,00

Centro IES Pintor Colmeiro Desenvolvemento do modulo de formación (*)

Consellería de Medio Ambiente Defensa contra Incendios forestais (*)

Xunta de Montes M.C “Paradela” Convenio de colaboración 20.867,50

Universidade de Vigo Convenio de cooperación educativa (*) TOTAL

*Non se facilitaron as contías na certificación expedida pola Secretaría Xeral.

Da anterior relación seleccionáronse os seguintes convenios co obxecto de analizar a natureza dos mesmos, as contraprestacións de ámbalas dúas partes e a existencia de acto de entrega das obras:

Entidade coa que se subscribe Obxecto Achega exercicio 2002

Consellería de Medio Ambiente Recuperación do vertedoiro 945.001,53

Consellería de Política Agroalimentaria Construción Camiños CR-9 e CR-11 87.266,01 TOTAL 1.032.267,54

ANÁLISE DE EXPEDIENTES

1) Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Caldas de Reis para a recuperación de seu vertedoiro.

Data do Convenio: 27 de setembro de 2002 Obxecto: Selado do vertedoiro no marco do Plan de xestión de RSU de Galicia. Achega Consellería: 945.091,53 euros. Cofinanciamento do Concello: 166.780,86 euros (15%).

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 31

Consello de Contas de Galicia

a) Obxecto do Convenio e concorrencia de competencias e interese común

O obxecto do Convenio é o establecemento das condicións básicas para a colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello, para a execución do proxecto de clausura do vertedoiro da parroquia de Vemil.

Existe concorrencia de competencias e de intereses comúns polo que resulta viable a articulación desta colaboración a través da figura do Convenio.

b) Contraprestacións das partes

A Consellería obrígase a convocar e resolver o concurso para a realización das obras, dirixir, executar e coordinar as actuacións necesarias para a execución do proxecto e recepcionar as obras unha vez concluídas, así como asumir as obrigas económicas derivadas do Convenio (945.091,53 euros). Pola súa parte as obrigas do Concello concrétanse en poñer á disposición da Consellería os terreos necesarios para a execución das obras, cofinanciar a execución da obra nun importe de 166.780,86 euros, renunciar expresamente a reter da achega do Concello calquera tipo de tributo con motivo das obras e a explotar, manter e conservar as mesmas. A obra, pois, cofinánciase por parte da Consellería (85%) e o Concello (15%).

c) Cumprimento de requisitos previstos na LALG e LRXAP e PAC

As cláusulas do Convenio axústanse ós extremos previstos nos artigos 199 de a LALG e 6 da LRXAP e PAC. Porén, non se acompaña a memoria esixida polo artigo 199,h) da LALG, onde consten os antecedentes, razóns de oportunidade e obxectivos perseguidos.

d) Publicidade do Convenio

Non consta a publicidade oficial do Convenio, incumpríndose o previsto no artigo 8 da LRXAP e PAC .

e) Execución do Convenio e acto de entrega

Detectáronse as seguintes incidencias:

− Non figura no expediente a posta a disposición da Consellería dos terreos libres de cargas e gravames.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 32

Consello de Contas de Galicia

− O Concello comprometíase a satisfacer a súa achega mediante dúas cotas, a primeira (601,01 euros) con cargo ós orzamentos de 2002 e a segunda (166.179 euros) con cargo ós do exercicio 2003. Verificouse o pago da primeira das contías indicadas con cargo ós créditos do orzamento de 2003, sen que á data de terminación das actuacións de fiscalización e, pese ós requirimentos efectuados pola Xunta de Galicia, conste o pago da contía restante.

− Non existe constancia documental nin contable da entrega da obra, momento a partir do cal o Concello faise cargo da explotación, mantemento e conservación daquela.

2) Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e o Concello para a realización de obras de infraestrutura rural

Data do convenio: 3 de outubro do 2002 Obxecto: Obras de infraestrutura rural Achega Consellería: 87.266,01 euros

a) Obxecto do Convenio

O obxecto do convenio é a execución por parte da Consellería das obras de infraestrutura rural denominadas Construción do camiño CR-9 (1º e 2º tramo) Avandeira-Ameal e Construción do camiño CR-11 “Ribocias”.

Non existe constancia do cumprimento por parte da Administración Autonómica do principio de publicidade que garante a concorrencia en condicións de igualdade daquelas entidades que, estando na mesma situación, puidesen resultar beneficiarias da dita cooperación.

A utilización do convenio como instrumento a través do cal se canalizan as subvencións outorgadas a unha entidade local por parte doutra Administración Pública, non exime do cumprimento das esixencias de publicidade e libre concorrencia derivadas da aplicación dos principios constitucionais de igualdade e solidariedade interterritorial. Ditos principios determinan a obriga de que as entidades locais que pretendan obter a cooperación económica articulada a través do instrumento do convenio poidan concorrer en condicións de igualdade con outras que se atopen na súa mesma situación, concorrencia que só cabería excepcionar, previa xustificación razoada, naqueles supostos en que polas especificidades da entidade ou dos

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 33

Consello de Contas de Galicia

intereses perseguidos non existise unha pluralidade de administracións que puidesen ser destinatarias da dita axuda financeira.

b) Contraprestacións das partes

A Consellería asume a realización, con cargo os seus orzamentos, das obras sinaladas, correspondéndolle a súa licitación ou encargo, dirección e tramitación. Pola súa parte, o Concello de Caldas de Reis asume as obrigas de poñer a disposición da Consellería tódolos terreos necesarios, con usos urbanísticos, para a normal execución das obras, así como os correspondentes permisos e autorizacións para levalas a cabo. Así mesmo, comprométese a asumir, unha vez recepcionadas as obras a explotación, mantemento e conservación das mesmas. As cláusulas do convenio axústanse á legalidade vixente.

c) Publicidade

Non consta a publicación do convenio, o que suporía incumprir o artigo 8 da LRXAP e PAC.

d) Acto de entrega

Non consta no expediente ningún documento que acredite a formalización da acta de entrega da obra, tal e como esixe a cláusula quinta do convenio.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 34

Consello de Contas de Galicia

4. SUBVENCIONES OUTORGADAS

4.1. Bases reguladoras da execución do Orzamento e bases específicas reguladoras das subvencións

O réxime de concesión de subvencións do Concello atópase regulado nas Bases de execución do orzamento para os exercicios 2001 e 2002 así como no Regulamento de concesión de subvencións ás asociacións, persoas xurídico-privadas e persoas físicas sen ánimo de lucro para o fomento de actividades de utilidade pública e interese social (BOP 29 de xullo de 2002). A continuación expóñense as incidencias derivadas da análise de legalidade dos anteriores instrumentos normativos:

Bases de execución do orzamento do exercicio 2001 (Base nº 13)

− Non se regula a esixencia de aprobación de bases para convocatorias específicas, afectando ó cumprimento dos principios de publicidade, obxectividade e concorrencia na concesión de subvencións, consagrados na CE e recollidos no artigo 81.6 do TRLXP, así como no 294.1 da LALG, que ademais recolle o de igualdade.

− Non se regulan os medios concretos de xustificación das cantidades subvencionadas, infrinxindo o artigo 81.6 a) 3 do TRLXP.

− Permítese, con carácter excepcional, o outorgamento de subvencións ás agrupacións non inscritas no rexistro municipal de asociacións. Este feito incumpre o artigo 236 ROF, que condiciona a percepción de subvencións polas asociacións de veciños a que estas deban estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, ademais de no Rexistro Xeral de Asociacións. O Concello non constituíu este Rexistro Público dependente da Secretaría Xeral (artigo 236.4 ROF).

− Cífrase unha contía mínima de subvención, revisable á alza polo órgano competente, de 40.000 pesetas por día de festa e de 75.000 pesetas para as Comisións de festas do Rural e da Xuventude, respectivamente. Non se verifica o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade na súa concesión. Tampouco consta a composición das Comisións de Festas e Xuventude, ós efectos do artigo 236 ROF, nin se

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 35

Consello de Contas de Galicia

verifica a esixencia da declaración de concorrencia de axudas doutras administracións e criterios de selección das actividades subvencionables.

Son subvencións nominativas as seguintes:

Beneficiario Descrición Importe concedido en

bases de execución 2001

Caldas Club de Fútbol Gastos xerais segundo convenio 2.500.000

Náutico Umia Gastos xerais segundo convenio 440.000

Barbatana Gastos xerais segundo convenio 270.000

Escola de Atletismo Gastos xerais segundo convenio 360.000

Agrupación de protección civil Gastos xerais 500.000

Comisión festas patronais Gastos Festas San Roque 5.000.000

Fundación Cultura Quente Gastos xerais 6.000.000

TOTAL 15.070.000

Se ben dáse cumprimento ó requisito de publicidade, este feito non exime da necesidade de xustificar ó interese xeral, dentro da competencia local, o que non ocorre, así como o carácter finalista da actividade, gasto ou proxecto que se subvenciona (artigo 294.3 LALG). Non se esixe a acreditación contemplada no artigo 81.6 TRLXO.

Nos catro primeiros beneficiarios do cadro anterior, non se xuntou documentación do convenio subscrito co Caldas, C.F. Os tres convenios restantes califícanse de financiamento, presentando características similares.

− Maniféstase financiar a impartición de clases teórico-prácticas a xóvenes de entre 8 e 19 años, así como ás competicións que se organicen nas asociacións. Non consta o orzamento de gastos no que se concrete o programa, a duración, horario, número de beneficiarios dos cursos ou información referida ás competicións.

− Como obriga de xustificación esíxese unicamente a presentación dunha memoria das actividades desenvolvidas, que non inclúe a presentación de facturas ou xustificantes acreditativos dos gastos efectuados. Pese ós requirimentos efectuados, non se xuntou memoria xustificativa algunha das actividades realizadas. Atopámonos, pois, ante subvencións xenéricas que infrinxen o artigo 294.3 LALG.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 36

Consello de Contas de Galicia

En canto á subvención nominativa concedida á Fundación Cultura Quente, non se verificou a constitución da citada entidade nin existen movementos na conta corrente aberta á Fundación, segundo certificación de Caixa Galicia.

Bases de execución do orzamento do exercicio 2002 (Base nº 13)

Agás do expresado para as subvencións nominativas, que xa non figuran nas bases de execución do orzamento de 2002, reitérase o exposto en relación coas Bases do exercicio 2001.

Regulamento de concesión de subvencións ás asociacións, persoas xurídico-privadas e persoas físicas sen ánimo de lucro, para o fomento de actividades de utilidade pública e interese social (BOP 29/7/2002)

Este regulamento apróbase inicialmente no Pleno o 26 de abril de 2002, converténdose en definitivo unha vez transcorrido o prazo para reclamacións. A continuación expóñense as incidencias derivadas da análise de legalidade deste instrumento regulador:

Se ben se verificou a existencia do preceptivo informe xurídico favorable ó que se refire o artigo 81.6 TRLXO, non consta a fiscalización previa da Intervención municipal, polo que se infrinxe o artigo 195 LRFL.

O artigo 2 permite a solicitude de subvencións por parte de agrupacións de veciños e comités organizadores sen que se estableza a obrigatoriedade de inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais ó que se refire o artigo 236 do ROF, así como a previa inscrición no Rexistro Xeral de Asociacións da Consellería de Xustiza. O Concello de Caldas non procedeu á creación do citado Rexistro. Esta ausencia impide valorar a representatividade das asociacións ós efectos da distribución de axudas, tal e como indica o artigo 255 LALG e o 236.2 ROF.

O artigo 4 establece os criterios de valoración dos proxectos, sen que se pondere de forma explícita a importancia relativa dos mesmos, afectando ó principio de obxectividade.

O artigo 6.5 non contempla un réxime sancionador e de responsabilidades (artigo 40 LRFL). Non establece multa ou sanción pecuniaria algunha para os beneficiarios que incorreran nos supostos de reintegro, resultando unicamente

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 37

Consello de Contas de Galicia

obrigados a devolver as cantidades percibidas, adicionadas ós xuros de demora devengados dende o momento do cobro da axuda.

4.2. Análise de expedientes

De acordo coas certificacións emitidas polos responsables municipais, o Concello concedeu subvencións en 2001 e 2002 polo importe total expresado no seguinte cadro, cuxo desglose individualizado contense no Anexo IV.

Exercicio 2001

(pesetas) Exercicio 2002

(euros)

Subvencións concedidas por Decreto de Alcaldía 3.511.000 21.580,66

Subvencións concedidas por acordo da Comisión de Goberno 16.814.432 94.546,56

TOTAL 20.325.432 116.127,22

Do exame dos maiores contables de transferencias correntes correspondentes ós exercicios 2001 e 2002, con importe de 47.450.280 pesetas e 274.349,50 euros, respectivamente, puxéronse de manifesto as seguintes diferenzas:

− No exercicio 2001 figuraban subvencións concedidas e certificadas por un importe superior en 4.392.211 pesetas. Das mesmas, 2.400.000 pesetas correspondían ás asociacións coas que se manteñen convenios (Caldas C.F, Náutico Umia); 500.000 pesetas correspondían á agrupación de protección civil; 1.234.211 pesetas á Entidade Local Arcos da Condesa e o resto, 258.000 pesetas, á Asociación de Amigos do Sahara.

− Non se incluíron entre as subvencións certificadas polos responsables municipais do exercicio 2002 as dos cinco convenios vixentes, con importe de 21.696 euros, así como as outorgadas ás asociacións Arroutada e a Angel Dios Caldelas polos importes de 2.550 euros e 1.562,63 euros, respectivamente.

− Catro das subvencións concedidas na Comisión de Goberno do 28 de novembro de 2001 (625.000 pesetas), foron imputadas e satisfeitas con cargo ós créditos do Orzamento de 2002, polo que se incumpre o principio de anualidade orzamentaria. Non consta a existencia de reparo pola Intervención municipal.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 38

Consello de Contas de Galicia

Como resultado do traballo efectuado sobre a mostraxe que se indica a continuación, detectáronse as seguintes incidencias:

Beneficiario da subvención Descrición Exercicio Importe recoñecido

Mariano Calvo Rodríguez en representación de Mobles Calvar

Subvención complementaria para a 4ª edición das ciclomotoras culturais

2001 50.000 ptas.

Sociedade Mercantil Recreativa Caldense

Mensualidade segundo Convenio 2001 45.000 ptas.

Náutico Umia Mensualidade segundo Convenio 2001 40.000 ptas. Barbatana Servizos Deportivos Mensualidade segundo Convenio 2001 30.000 ptas. Escola Municipal de Atletismo Mensualidade segundo Convenio 2001 40.000 ptas. Escola Municipal de Atletismo Subvención para material e

equiparación 2001 300.000 ptas.

Asociación de Mulleres Aquis Celenis Subvención para “o enterro da sardiña”

2001 175.000 ptas.

Caldas CF Subvención para a tempada 2000-2001

2001 100.000 ptas.

José Caldelas Parrado Subvención para traída de auga de Fieitoso

2001 1.000.000 ptas.

Comunidade de Montes Carracedo Subvención para obras do Centro Cultural de Carracedo

2001 2.000.000 ptas.

Comerciantes afectados por temporais Subvención cotas municipais e provinciais I.A.E.

2001 803.820 ptas.

Asociación de Comerciantes de Caldas Subvención para el lanzamento do Boletín informativo de tirada mensual

2001 1.000.000 ptas.

Parroquia de Santo Tomás de Becket Subvención para restauración do templo parroquial

2001 1.391.500 ptas.

Comisión de festas patronais Subvención para gastos de festas patronais

2001 5.000.000 ptas.

Comunidade de Montes San Clemente Subvención para construción de muro no campo da Festa

2002 6.000,00 euros

Comisión de festas patronais Subvención para gastos de festas patronais

2002 30.060,60 euros

1) Subvención complementaria para a 4ª edición das ciclomarchas culturais

A solicitude efectúase sen que exista convocatoria e bases aprobadas, incumprindo os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade (artigo 81. 6 TRLXP).

Por acordo da Comisión de Goberno do 22 de febreiro de 2000 concédese unha subvención de 400.000 pesetas a Mariano Calvo Rodríguez, en representación de Mobles Calvar, para a organización da 4ª edición de ciclomarchas culturais.

Segundo o Concelleiro de Cultura, o importe subvencionado considerase insuficiente para sufragar os gastos, polo que o Alcalde resolve subvencionar con 50.000 pesetas adicionais ó beneficiario con data 8 de febreiro de 2001, pese a que o órgano competente para resolver a solicitude é a Comisión de Goberno e pese ó informe desfavorable da Intervención municipal.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 39

Consello de Contas de Galicia

En canto á xustificación (realizada fóra de prazo), unicamente se presenta unha factura por importe de 450.080 pesetas, expedida o 14 de febreiro de 2001 pola empresa Mobles Calvar, indicando “por gastos efectuados na elaboración e execución da IV Ciclomarcha Cultural de Caldas de Reis”. Esta xustificación non permite a acreditación dos gastos realizados, que de acordo co orzamento da actividade desglosábanse en 9 capítulos individualmente cuantificados. Este feito podería dar lugar ó reintegro da subvención.

2. Mensualidade segundo convenio da Sociedade Mercantil Recreativa Caldense, Náutico Úmia, Barbatana Servizos Deportivos e Escola Municipal de Atletismo

Como se indica no apartado 4.2 do informe, estas achegas configúranse como subvencións xenéricas, prohibidas polo ordenamento xurídico, o que podería dar lugar a reintegros diversos.

3. Subvencións á Escola Municipal de Atletismo (300.000 pesetas, para material e equiparación), Asociación de Mulleres Aquis Celenis (175.000 pesetas para o enterro da sardiña 2001) e Caldas C.F: (100.000 pesetas, para a tempada 2000-1).

Pese a requirilos, non se facilitaron os expedientes destas subvencións. Na certificación xuntada polos responsables municipais, consta a formulación de reparo de legalidade a estes acordos, sen que se achegase documentación sobre actividades ou gastos efectuados polos beneficiarios. Este feito podería dar lugar ó reintegro das contías outorgadas.

4. Subvencións nominativas: José Caldelas Parrado (1.000.000 pesetas para traída de auga de Fieitoso) e Comunidade de Montes de Carracedo (2.000.000 pesetas, para obras en centro cultural de Carracedo).

En ámbolos dous casos estímase insuficiente a documentación xuntada polos beneficiarios, non podendo ser calificadas de facturas ós efectos do artigo 3 RD 2402/1985. En caso de non subsanar estas deficiencias, poderíase esixir o reintegro das cantidades percibidas.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 40

Consello de Contas de Galicia

5. Comisión de Goberno do 1 de xuño de 2001: subvención das cotas municipal e provincial do IAE.

O Pleno municipal acorda con data do 26 de xaneiro de 2001, entre outras cuestións, solicitar á Dirección Xeral de Tributos (DXT) a rebaixa no coeficiente de módulos para os comerciantes afectados polos temporais ocorridos nos meses precedentes, así como á exención do pago do IAE para exercicio 2001. No caso de non acceder a DXT a estas pretensións, acórdase conceder subvencións por importe da cota municipal do IAE e pola taxa por consumo de auga necesaria para a limpeza dos establecementos afectados. Tamén se acorda solicitar á Deputación, exención fiscal do recargo provincial do IAE para os comerciantes afectados.

Non consta a tramitación das citadas solicitudes de exención á DXT e Deputación de Pontevedra. Non consta así mesmo a convocatoria pública da referida subvención municipal, figurando no expediente as solicitudes efectuadas polos interesados nun modelo de instancia con membrete do Concello de Caldas, que nalgún caso incorpora un oficio subscrito e remitido ós comerciantes pola Alcaldía. Como único requisito para esta percepción, ademais da instancia e a presentación antes do 12 de maio de 2001 de fotocopia do recibo do IAE de 2000, precisando que unicamente se efectuará o abono da cota municipal. A maior parte dos escritos de solicitude revisados presentan defectos de forma, tales como non figurar data de solicitude, cantidade, ou ben estar tachada ou corrixida.

Á petición da Alcaldía, o Interventor municipal evacúa un informe con data 15 de maio de 2001, facendo constar as cantidades que procedería abonar ós solicitantes, así como as continxencias e débedas de natureza tributarias ou doutra índole en que estean incursos.

Do exposto pódese deducir a configuración ilegal dunha exención tributaria como subvención, feito que vulnera os principios de reserva de Lei tributaria (artigos 31.3 e 133.3 CE), así como os de publicidade, concorrencia e obxectividade (artigo 81.6 TRLXP).

Non se esixe ós beneficiarios a xustificación efectiva da existencia e contía dos danos padecidos nos seus establecementos. Procédese ó pago de subvencións sen que os perceptores acrediten a circunstancia determinante da percepción.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 41

Consello de Contas de Galicia

As contías satisfeitas estendéronse finalmente ó recargo provincial do IAE do exercicio 2000, ascendendo a 803.828 pesetas. Desta forma, efectuáronse pagos por contías para as que non existía cobertura segundo ós acordos do Pleno, Comisión de Goberno e das propias solicitudes. O acordo plenario referíase ós tributos do exercicio 2001, mentres que as cantidades satisfeitas, superiores ás que figuraban no acordo da Comisión de Goberno e nas propias solicitudes, eran as referidas á tributación do exercicio 2000.

Pese a comunicar ós beneficiarios a data máxima para a presentación de solicitudes (12 de maio de 2001), procedeuse ó pago de axudas a quen efectuaron solicitudes extemporáneas.

O contribuínte 17085814B recibe, mediante transferencia bancaria, a cantidade resultante de detraer á suma das cotas municipal e provincial do IAE satisfeitas o importe dunha sanción de tráfico, compensando de forma ilegal o importe da débeda mais o recargo do 10%. Non consta a licenza de apertura do establecemento subvencionado, pese a que se manifesta proceder ó seu requirimento.

O contribuínte X2060005X recibe a cantidade resultante de detraer á suma das cotas municipal e provincial do IAE o importe dunha débeda recargada correspondente a 1997 por licenza de obras. Non se acredita a existencia de licenza de apertura do establecemento.

Os contribuíntes 35344239R e 76750736N reciben as contías íntegras correspondentes ás cotas municipal e provincial do IAE sen que consten as licenzas de apertura dos seus establecementos.

Os feitos escritos poderían dar lugar ó reintegro das cantidades percibidas, sen prexuízo das responsabilidades correspondentes.

6. Asociación de comerciantes de Caldas (1.000.000 pesetas para lanzamento de boletín informativo de tirada mensual)

A Comisión de Goberno acorda a concesión desta subvención pese ó informe desfavorable da Intervención municipal de 26 de xullo de 2001, fundado na inexistencia de inscrición no Rexistro municipal de asociacións e na falta de acreditación dos principios de publicidade e concorrencia. Esta axuda non se xustifica polo beneficiario, o que podería motivar a esixencia do reintegro.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 42

Consello de Contas de Galicia

7. Colaboración económica do Concello nas obras de restauración do templo parroquial de Santo Tomás de Becket (1.391.500 pesetas)

Non se verificou o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade no outorgamento da axuda nin se xunta factura acreditativa do gasto efectuado, constando como única xustificación un albará –carente da conformidade do beneficiario- expedido pola empresa prestataria do servizo. Este feito podería dar lugar ó reintegro da subvención.

8. Subvención para a Comisión de Festas Patronais, exercicio 2001 (5.000.000 pesetas)

Esta subvención, que figura de forma nominativa no orzamento de 2001, outórgase a proposta da Alcaldía, dispoñendo un abono do 50% a conta da liquidación total que se practique con posterioridade á xustificación da axuda. Pese a mencionar o acordo de concesión a existencia dun informe da Intervención municipal, non se xuntou o mesmo.

A Comisión de Festas Patronais non consta como asociación inscrita nos rexistros públicos da Consellería de Xustiza e do Concello de Caldas, o que dificulta o outorgamento destas subvencións.

De acordo coa información obrante nos expedientes dos exercicios 2001 e 2002 e a xuntada polos responsables municipais, verificouse a existencia de unha conta aberta en Caixanova a nome da citada Comisión o 20 de xullo de 1995 na que figuraban como titulares tres membros da corporación municipal, entre eles o Alcalde.

Examinado o expediente de xustificación de gastos, puxéronse de manifesto as seguintes incidencias:

− Non consta a presentación de conta xustificativa no prazo establecido polas Bases do Orzamento (tres meses seguintes á finalización da actividade).

− Por toda xustificación de gastos achegáronse 25 recibís por importe total de 3.951.000 pesetas e un orzamento de gastos por importe de 195.000 pesetas. Sen prexuízo do valor probatorio destes documentos como acreditativos da percepción por terceiros das cantidades expresadas, que ascenden a 4.146.000 pesetas, non quedan acreditadas as actividades

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 43

Consello de Contas de Galicia

realizadas, por canto non consta a existencia de facturas xustificativas do gasto esixidas na propia resolución de concesión.

− Pese a todo isto, ordenáronse dúas transferencias de idéntico importe na conta bancaria mencionada que ascendían ó total da axuda concedida.

Estes feitos poderían dar lugar á esixencia do reintegro da cantidade total subvencionada, ó amparo do artigo 81.9,a) do TRLXP, sen prexuízo das responsabilidades a que houbera lugar.

9. Subvención para a comisión de festas patronais, exercicio 2002 (30.060,60 euros)

No exercicio 2002 a subvención á Comisión de Festas patronais non se configura de forma nominativa nas bases de execución, pero concorren substancialmente os mesmos feitos detectados no expediente do exercicio 2001. Prescindindo de reiterar o exposto en relación á viabilidade de outorgar a esta asociación de feito, puxéronse de manifesto as seguintes incidencias:

− Non consta a convocatoria da referida subvención nin a solicitude polo beneficiario. A subvención outórgase a proposta da Alcaldía á Comisión de Goberno (sesión do 30 de xullo de 2002), un de cuxos membros é, xunto ó Alcalde, o Concelleiro de Cultura.

− Figura no expediente un informe do Interventor accidental, de data 29 de xullo de 2002, no cal unicamente se observa a inexistencia de memoria explicativa das actividades a desenvolver, sen que efectúe reparo de legalidade. O anticipo inicial, correspondente ó 50% do importe da subvención (15.025,30 euros), é transferido á conta xa citada o 13 de agosto de 2002.

− Porén ó anterior, a Interventora municipal formula, con data 18 de xuño de 2003, reparo suspensivo da tramitación do expediente, fundado na insuficiente xustificación achegada pola Comisión de Festas Patronais. Esta documentación, que obraba no departamento de cultura, foi obxecto de comprobación polo equipo auditor. Verificouse a presentación de orzamentos por importe de 38.341.36 euros; recibís de idénticas características ás anteriormente expresadas por contía de 15.913.13 euros e notas de gasto por importe de 88,00 euros. En catro dos recibís, por

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 44

Consello de Contas de Galicia

importe global de 650,00 euros, figuraban como perceptores catro traballadores municipais (dous funcionarios e dous laborais) en concepto de gratificacións por servizos prestados e gasolina, o que carece de viabilidade legal ó amparo da normativa reguladora da función pública municipal (Lei 30/1984 MRFP e RD 861/1986).

De forma análoga ó exposto no expediente do exercicio 2001, procedería ó reintegro das subvencións se non se xustifica debidamente o gasto.

10. Subvencións concedidas mediante convocatoria pública 2002

Ó amparo do Regulamento de concesión de subvencións (RCS) (BOP do 29 de xullo de 2002) ó que se fixo referencia no apartado 4.1 do presente informe, efectúase a convocatoria pública de subvencións municipais para o exercicio 2002 (BOP do 23 de agosto de 2002), ascendendo a contía global das axudas adxudicadas a 15.355,00 euros.

Fiscalizada a totalidade do expediente, puxéronse de manifesto as seguintes incidencias:

− A totalidade das solicitudes correspondentes ás entidades que resultaron beneficiarias incumpren algún(s) dos requirimentos documentais que esixe o artigo 2º.2 RCS, tal e como se desprende do informe da Intervención accidental do 15 de outubro de 2002. Pese a que o punto 4 do mesmo artigo sanciona o incumprimento deste requisito coa inadmisión a trámite da solicitude, adxudicáronse as axudas con carácter definitivo.

− O artigo 5.1 RCS preceptúa que o informe e proposta das axudas a conceder será efectuado pola Comisión de Educación e Cultura, correspondendo á Comisión de Goberno a súa aprobación. O informe-proposta foi realizado polo concelleiro delegado de cultura (14 de outubro de 2002), que o someteu ó ditame da Comisión o 24 de outubro de 2002. No referido documento o concelleiro informante fai unha relación de asociacións peticionarias (24) e proposta de aprobación de axudas a favor de 11, sen motivación, tanto en relación ás asociacións seleccionadas como en relación ás contías individuais que resultaron aprobadas pola Comisión de Goberno.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 45

Consello de Contas de Galicia

Propuxéronse e concedéronse subvencións por importe dobre do solicitado (Campionato de Fútbol Sala Caldas, beneficiario de 1.800,00 euros), ou a favor de asociacións que non prefixaran cantidade algunha (Tecor societario Monte Xiabre, que se adxudican 965,00 euros). Así mesmo, non figura no expediente a documentación presentada por 12 das entidades que fixeron a solicitude en prazo. O informe da Intervención relativo ó cumprimento dos requisitos legais esixibles ás solicitudes efectuouse sobre os beneficiados, non tendo constancia da tramitación das outras solicitudes. Incúmprese así o artigo 54 da lei 30/1992, non quedando acreditado o cumprimento do principio de obxectividade (artigo 81.6 TRLXP).

− Revisada a documentación xustificativa, observouse o incumprimento dos requisitos establecidos no artigo 6 RCS. En catro supostos fiscalizados non constaba documentación algunha xustificativa de gasto. Este feito podería dar lugar ó reintegro da subvención.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 46

Consello de Contas de Galicia

5. CONCLUSIÓNS

O Concello de Caldas de Reis non rendeu as contas xerais dos años 2000 e 2001, incumprindo os artigos 193 e 204 da LRFL. Con respecto á conta xeral de 2002 apreciáronse deficiencias na contabilización dos dereitos recoñecidos polas subvencións recibidas, así como o incumprimento do principio de non compensación de ingresos e gastos no asentamento da participación nos ingresos do Estado e Fondo de cooperación local, que figura incorrectamente no capítulo VII de ingresos. Así mesmo, non se puido verificar a razoabilidade dos cálculos efectuados para a cuantificación das desviacións de financiamento consignadas no Estado de Remanente de Tesourería do exercicio 2002.

Nos exercicios 2001 e 2002 o volume das transferencias recibidas representou, respectivamente, o 55% e 51% do importe total dos dereitos recoñecidos do orzamento, porcentaxes que superan, en termos por habitante, ós que se derivan da presión fiscal.

A organización dos expedientes analizados incumpre o disposto nos artigos 164 e 179 ROF, ó atoparse desordenados e incompletos, carecendo da documentación esencial para verificar a correcta xustificación e percepción das subvencións fiscalizadas.

5.1. Transferencias recibidas

Non existe un servizo que centralice a tramitación das subvencións. A Secretaría municipal non certificou a totalidade das percibidas nos exercicios 2001 e 2002, verificándose a xestión das mesmas por persoal municipal, sen que conste a atribución ou delegación expresa das ditas funcións, o que podería infrinxir os artigos 192.2 e 204 do ROF.

5.2. Subvencións correntes

A Alcaldía adoptou acordos de solicitude de subvencións pese a que o Decreto de delegación de atribucións (7 de xullo de 1999) atribúe esa competencia á Comisión de Goberno.

Nos expedientes de subvención para o fomento de actividades dirixidas á xuventude (900.000 pesetas) e promoción da información xuvenil (4.200,00

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 47

Consello de Contas de Galicia

euros), correspondentes ós exercicios 2001 e 2002, respectivamente, achégase como xustificación á Consellería de Familia un informe evacuado por quen carece das competencias para a emisión de certificacións (artigo 204 ROF), que así mesmo non acredita os extremos esixidos polas ordes da convocatoria. Non consta a existencia de facturas e xustificantes das actividades subvencionadas, o que podería dar lugar ós reintegros correspondentes.

Con respecto á axuda para a programación dos cursos FIP (68.332,30 euros), non consta a correcta xustificación dos gastos efectuados, o que podería dar lugar a un reintegro parcial da subvención por importe de 4.001,04 euros. Non consta cumprimento dos principios constitucionais de acceso ó emprego público na contratación do monitor para a impartición dos cursos. O técnico local de emprego, cuxo contrato temporal finánciase con outra subvención da mesma Consellería, percibe (sen que conste o seu nomeamento) remuneracións fixas polo desempeño das funcións de coordinación.

En relación coa subvención ó Festival da Cultura Quente (3.186,00 euros), detectouse a aprobación mediante Decreto de Alcaldía dunha factura que debería ser autorizada, por razón de contía (78.800,00 euros), pola Comisión de Goberno. A práctica de someter á posterior ratificación acordos que poderían afectar ós artigos 62 e 63 Lei 30/1992, non se axusta ós principios xerais regulados no capítulo primeiro do Título segundo da citada Lei.

Non se facilitou, pese ó seu requirimento, a totalidade da documentación xustificativa das accións financiadas polas subvencións para a promoción de actividades da muller (3.500,00 euros) e programa de atención especializada a mulleres (28.257,00 euros), o que podería dar lugar ó reintegro total e parcial, respectivamente, das subvencións outorgadas. Non existe evidencia da contratación para prestar servizos profesionais con que conta o Centro de Información da Muller, o que podería dar lugar a un suposto de nulidade de pleno dereito, sen prexuízo, no seu caso, da responsabilidade correspondente.

5.3. Subvencións de capital

1. En relación coa subvención para a pavimentación do Camiño da Lomba e outros (111.437,89 euros), procédese á contratación da obra pese á inexistencia de crédito, o que podería determinar a nulidade de pleno dereito das actuacións. Así mesmo, a Comisión de Goberno apártase da proposta de adxudicación efectuada pola Mesa de contratación,

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 48

Consello de Contas de Galicia

incumprindo o artigo 81.3 do TRLCAP, o que podería dar lugar a responsabilidades.

2. No expediente Acondicionamento Zona Recreativa de Paradela (6.000,00 euros), a remisión da documentación xustificativa efectuouse superado o prazo límite establecido na Orde de convocatoria, incumpríndose o artigo 78.4 do Decreto Lexislativo 1/1999.

3. A documentación xustificativa da subvención concedida pola Deputación para Mobiliario Urbano na Carballeira de Caldas de Reis (4.500,00 euros) non se axusta ás condicións requiridas polas bases da subvención, incumprindo o disposto no artigo 81.4 do TRLXP.

4. No expediente relativo á subvención concedida pola Deputación para Saneamento no núcleo rural de Segade de Arriba (18.030,00 euros) non consta o expediente de contratación da obra subvencionada nin se xustifica a actuación para a que foi concedida a subvención.

5. No expediente da subvención concedida pola Deputación para a Compra casa Albergue Portugués (60.102,00 euros), onde se pediu un cambio de destino que foi denegado polo órgano concedente, non consta a renuncia da asignación e a realización da obra subvencionada. Tampouco se puido verificar o ingreso da axuda concedida.

5.4. Convenios

1. A utilización do convenio como instrumento a través do cal se canalizan as subvencións outorgadas a unha entidade local por parte doutra Administración Pública, non exime do cumprimento das esixencias de publicidade e libre concorrencia, derivados dos principios constitucionais de igualdade e solidariedade interterritorial. Ditos principios determinan a obriga de que as entidades locais que pretendan obter a cooperación económica articulada a través do convenio, podan concorrer en condicións de igualdade con outras entidades que se atopan na súa mesma situación, concorrencia que só cabería excepcionar, previa xustificación razoada, naqueles supostos en que por circunstancias especiais, non existise unha pluralidade de administracións que puidesen ser destinatarias desa axuda.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 49

Consello de Contas de Galicia

2. Ningún dos convenios analizados foi obxecto de publicación, incumprindo o artigo 8 da LRXAP e PAC, de aplicación supletoria ás administracións locais.

3. As obras realizadas pola Xunta de Galicia non remataron cun acto de entrega que formalice o traspaso das mesmas ó Patrimonio municipal. Estas obras non figuran no inventario de bens municipais nin se rexistran no Balance de Situación. A contabilidade do Concello non reflicte, así, a imaxe fiel do patrimonio da entidade.

4. En relación ó Convenio subscrito coa Consellería do Medio Ambiente para a recuperación do vertedoiro municipal, non se verificou a posta a disposición do departamento autonómico dos terreos libres de cargas e gravames. Non existe constancia do pago da achega municipal, pese a figurar no expediente requirimentos da antedita Consellería.

5.5. Subvencións outorgadas

1. As bases de execución do Orzamento nos exercicios 2001 e 2002 non contemplan a aprobación de bases para convocatoria específicas de subvencións, así como os medios para xustificar as contías outorgadas. Permiten, así mesmo, a concesión de axudas ás agrupacións non de feito (non inscritas no Rexistro municipal de Asociacións), o que incumpre o artigo 236 do ROF. O Concello non constituíu o mencionado Rexistro de carácter obrigatorio (artigo 236.4 ROF).

2. No exercicio 2001 atribúese a condición de nominativas a pluralidade de axudas destinadas a sufragar gastos xerais de asociacións de carácter privado (subvencións incondicionadas), o que infrinxe o artigo 294.3 LALG.

3. No se cumpriron os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade (artigo 81.6 TRLXP) en tódalas axudas fiscalizadas correspondentes a 2001, o que á vista das xustificacións obrantes nos expedientes podería dar lugar á esixencia de reintegros.

4. Detectáronse ademais os seguintes feitos que puideran dar lugar a responsabilidades:

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 50

Consello de Contas de Galicia

• Configúrase unha exención fiscal (IAE) como subvención, incumprindo o principio de reserva de Lei tributaria (artigos 31.3 e 133.3 CE), sen convocatoria pública e sen que os beneficiarios acrediten as circunstancias da percepción. Nalgúns supostos procedeuse á compensación de débedas correspondentes ós beneficiarios que se atopaban en vía de prema.

• Outórgase unha subvención por importe de 5.000.000 pesetas a un ente ficticio, a Comisión de Festas Patronais, que é obxecto de ingreso nunha conta cuxa titularidade correspondía a tres membros da Corporación, sen que se xustifiquen as actividades desenvolvidas. Estes feitos reiteráronse no exercicio 2002.

5. No exercicio 2002 apróbase un Regulamento de concesión de subvencións, sen suxeitarse ó preceptivo informe de fiscalización previa (artigo 195 LRFL). Este regulamento mantén incorrectamente a condición de beneficiario ás agrupacións de feito, falla na concreción dos criterios de valoración das solicitudes e carece de réxime sancionador. Pese a ser un esforzo normalizador, non se creou o Rexistro Municipal de Asociacións.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 51

Consello de Contas de Galicia

6. RECOMENDACIÓNS

O Concello deberá considerar as seguintes recomendacións:

1. Contabilizar as transferencias e subvencións recibidas de conformidade coa ICAL, con adecuado seguimento dos gastos de financiamento afectado.

2. Manter completos, actualizados e arquivados os expedientes de subvencións e contratación administrativa, establecendo de forma expresa as atribucións dos servizos e funcionarios implicados na tramitación e respectando ás preceptuadas polo ROF.

3. Xuntar, dentro do prazo regulado nas convocatorias, a documentación xustificativa necesaria para o cobro das subvencións, evitando o reintegro das cantidades percibidas de acordo co artigo 89.1,a) do TRLXO.

4. Xuntar os procedementos de contratación das obras subvencionadas ás disposicións do TRLCAP e RXCL, dando cumprimento ós principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

5. Sen prexuízo do establecido polo artigo 11 da Lei 38/2003, Xeral de subvencións, crear o Rexistro Municipal de Asociacións a que se refire o artigo 236 ROF, valorando a representatividade das mesmas.

6. Regular a concesión de subvencións establecendo de forma explícita a ponderación dos criterios de adxudicación, a metodoloxía para a súa valoración e xustificación, así como o réxime sancionador.

7. Outorgar as subvencións, sen prexuízo das excepcións legalmente contempladas, atendendo ós principios establecidos non artigos 81.6 TRLXP e 294 LALG e motivando sempre os acordos de concesión.

8. Xustificar debidamente na Memoria do Orzamento ou documento análogo o interese xeral, dentro da competencia municipal, para a asignación das axudas con carácter nominativo.

9. Xustificar a aplicación das cantidades outorgadas ós fins previstos e reintegrar as cantidades indebidamente percibidas.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 52

Consello de Contas de Galicia

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 53

Consello de Contas de Galicia

ANEXO I

Os estados de gastos e ingresos da liquidación do orzamento do exercicio 2002 presentan as magnitudes que a continuación se detallan:

Estado de gastos

Capítulo Créditos iniciais Modifica-

cións Créditos

definitivos Obrigas

recoñecidas Grado

execución Pagos

ordenados Pagos

realizados P.R/O.R.

%

1. Gastos persoal 1.399.300,98 471.061,23 1.870.362,21 1.869.234,22 99,93 1.869.057,92 1.869.057,22 99,99

2. Gastos bens e servizos 1.033.619,17 354.423,93 1.388.043,01 1.230.888,01 88,67 1.156.062,32 1.155.540,87 93,87

3. Gastos financeiros 229.231,88 0,00 229.231,88 52.562,22 22,92 52.562,22 52.562,22 100

4. Transferencias correntes

219.588,27 69.859,53 289.447,80 274.349,50 94,78 253.481,30 253.290,30 92,32

6. Investimentos reais 1.712.845,22 5.380.652,43 7.093.497,65 2.743.141,77 38,67 1.725.525,18 1.725.525,18 62,90

7. Transferencias de capital

36.060,00 0,00 36.060,00 25.202,02 69,88 19.202,02 19.202,02 76,19

8. Activos financeiros 9.379,39 0,00 9.379,39 700,50 7,46 700,50 700,50 100

9. Pasivos financeiros 130.800,00 0,00 130.811,00 117.157,11 89,56 117.157,11 117.157,11 100

TOTAL 4.770.835,91 6.275.997,12 11.046.833,03 6.313.235,35 57,14 5.193.748,57 5.193.036,12 82,25

Estado de ingresos

Capítulo Previsión inicial

Modifica-cións

Previsión definitiva

Dereitos recoñecidos

Grado execución

Recadación Grado

recadación Dereitos

pendentes

1. Impostos directos 1.026.235,50 0,00 1.026.235,50 951.488,97 92,71 951.488,97 100 0,00

2. Impostos indirectos 228.888,00 0,00 228.888,80 232.663,35 101,64 232.650,85 99,99 12,50

3. Taxas e outros ingresos 427.037,95 215.805,55 642.843,50 519.769,58 80,85 441.454,49 84,93 78.315,09

4. Transferencias correntes 1.480.463,01 621.404,95 2.101.867,96 2.031.454,37 96,64 1.730.879,10 85,20 300.575,27

5. Ingresos patrimoniais 11.791,09 0,00 11.791,09 10.073,88 85,43 10.073,88 100 0,00

6. Alleamento invest. reais 750.510,86 1.030.957,14 1.781.468,00 510,86 0,02 510,86 100 0,00

7. Transferencias de capital 631.586,54 413.821,06 1.045.407,60 682.460,81 65,28 658.312,81 96,46 24.148,00

8. Activos financeiros 9.379,39 184.465,88 193.845,27 2.276,48 1,17 2.276,48 100 0,00

9. Pasivos financeiros 204.942,77 3.809.542,54 4.014.485,31 912.188,56 22,72 912.188,56 100 0,00

TOTAL 4.770.835,91 6.275.997,12 11.046.833,03 5.342.886,86 48,36 4.939.836,00 92,45 403.050,86

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 54

Consello de Contas de Galicia

ANEXO II: Transferencias e subvencións monetarias correntes

Órgano concedente Descrición Importe exercicio

2001 (ptas) Importe exercicio

2002 (euros)

Estado Participación ingresos do Estado 176.386.962 1.106.459,73

Serv.galego Pr.Iguald.M Busca de Emprego. Curso inform. 550.000

Deputación Campaña reciclaxe e recollida selectiva 200.000 1.202,20

Consellería Familia Escola obradoiro “As Burgas” 90.681.640 545.007,62

Serv.Galego de Igualdade Programa de atención especializada 3.142.000 28.257,00

Cons. Medio Ambiente Campñ. Medioambientais do Concello 254.510

CPAM. Deputación Provin. Festival Cultural Quente 530.000 3.186,00

CPAM Deputación Provin Axuda Deporte na Rúa 35.000 214,00

CPAM Deputación Provin Marchas Cicloturísticas 150.000

CPAM Deputación Provin Escola deportivas municipais 150.000

Deputación Provincial Beca estudios Oficina Mpal. de Turismo 375.000 2.253,81

Deputación Provincial Ciclomarchas Culturais 1.000,00

Deputación Pronvincial Escolas Deportivas Municipais 800,00

Consellería Familia Programa de educación familiar 1.600.000

Consellería Familia Axudas de escolarización 200.000

Consellería de Sanidade Mantemento de centros de saúde 602.546

Caixa Galicia Actuación musical nas festas 12.000,00

Deputación Provincial Material turístico 226,20

Serv. Galego Igualdade Atención enfermos de Alzheimer 9.109,39

Deputación Provincial Subv. para libros de texto 2.128,57

Serv. Galego de Igualdade Act. Promoción da muller 3.500,00

Deputación Provincial Axuda de Emerxencia Social 4.928,56

Consellería Familia Axuda para Escolarización 1.202,00

Consellería Servizos S. Realización de programas e investimentos 1.100,00

Consellería de Sanidade Mantem. Puntos atención continuada 1.520,86

Consellería de Industria e Comercio

Estudio-Proxecto de remodelación da Praza de Abastos

1.392.000

Consellería de Industria e Comercio

Promoción de Mercados Retallistas-Zonas Peonís-Comerciais e outros equipamentos

1.392.000

TOTAL 277.641.658 1.724.095,94

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 55

Consello de Contas de Galicia

ANEXO III: Transferencias e subvencións monetarias de capital

Órgano concedente Descrición Importe exercicio

2001 (ptas) Importe exercicio

2002 (euros)

Xunta de Galicia Fondo de cooperación local(*) 14.187.900 142.305,51

FEGAMP Concesión de anticipo reintegrable 14.826.120 Deputación Provincial Programa de Acción Municipal 18.500.000

Deputación Provincial Instalación xogos en parques infantís 600.000 3.005,00

Consellería de Xustiza Recuperación do Salón de Plenos 5.500.000

Deputación Provincial Saneamento de residuais e auga 13.683.049 Deputación Provincial Sumidoiro en Outeiro, parroq. Vemil 34.866,20 Deputación Provincial Programa CPAM 2001 e 2002 1.047,70 Deputación Provincial Pavimentación camiño Lomba e outros 110.390,19 Consellería de Xustiza Acondic. zona recreativa de Paradela 6.000,00 Deputación Provincial Saneamento núcleo rural Segade de Arriba 18.030,00 Deputación Provincial Paviment. camiño Igrexa, Calcote e outros 78.006,52 Deputación Provincial Mobiliario urbano na Carballeira de Caldas 4.500,00 Deputación Provincial Compra casa Albergue Camiño Portugués 60.102,00

TOTAL 67.297.069 458.253,12

* Este fondo contabilízase incorrectamente no capítulo VII de ingresos no exercicio 2002, dado que se trata dun fondo incondicionado que debe figurar no capítulo IV de ingresos.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 56

Consello de Contas de Galicia

ANEXO IV: Subvencións concedidas por decreto

Nos seguintes cadros reflíctense as subvencións outorgadas polo Concello nos exercicios 2001 e 2002:

SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POR DECRETO

Beneficiario Importe concedido Exercicio 2001 (ptas.) Concepto

Mª do Carmen Bustelo Roel 60.000 Festa San Blas en San Clemente

Mª Dolores Barreira Ocampo 30.000 Cabalgata de Reis

Mariano Calvo Rodríguez 50.000 4ª edición ciclomarchas cult.

Fernando Núñez Pombo 45.000 Excursión alumnos 4º ESO

Miguel A. González Rosende 45.000 Excursión alumnos 4º ESO

José González Duarte 40.000 Festa S.Eleuterio, Carracedo

Alfonso Afuente Rego 75.000 Actividades Semana Santa

Manuel Fojo Castro 80.000 Festa S. Roque e S. Ramón

IES Padrón “Macias ó namorado” 25.000 Proxecto “OIN-2001”

Comdad Parroquial S.Tomás e Sta. María 50.000 Romaría popular nas Ermidas

Manuel Cobas Ares 40.000 Festa Sta. Rita

Sociedade Recreativa Mercantíl 30.000 Exhibición tenis de mesa

José Manuel Fariña Varela 40.000 Festa S.Antonio en S. Clemente

Ana María Busto Díaz 45.000 Excursión colexio S. Fermín

Marcelino Mosteiro Aboi 40.000 Festa S.Antonio en S.Andrés

Francisco Iglesias Jomardo 40.000 Festa S.Antonio en Carracedo

Caldas Club de Fútbol 500.000 Convenio aprobado C.Goberno

José Raña Portas 80.000 Festa Santísimo Sacramento

José Luis Rodríguez Fuentes 80.000 Festa S.Xoán de Caldas

Asociación Perpetuo Socorro de Saiar 40.000 Festa Perpetuo Socorro

Soc. Mercantil Recreativa Caldense 45.000 Mensualidade s/ convenio

Náutico Umia 40.000 Mensualidade s/ convenio

Barbatana servizos deportivos 30.000 Mensualidade s/ convenio

Escola Mpal. de Atletismo 40.000 Mensualidade s/ convenio

Nemesio Portas Mella 40.000 Festa Santísimo Sacram. Aboi

Asoc. deportivo cultural S.Roque 40.000 Festas patronais S. Roque

José Castro Bolo 40.000 Festa Virxe da Pena de auga

Patricia Caldas Suárez 75.000 Festa de Xuventude de Saiar

Asoc. amigos do Cabalo 300.000 Festa do Cabalo

Hipólito Taibo Fojo 40.000 Festa S. Benito. Carracedo

José Angel Caldelas Parrado 40.000 Festa do Carme, Carracedo

Manuel Gontad Afuente 40.000 Festa S. Roque, Carracedo

Asoc.Mulleres Rurais Sta. Mariña 80.000 Festa Sta. Mariña de Carracedo

Mª Dolores Barreiro Ocampo 160.000 Festa patronais Arcos Condesa

Mª Dolores Barreiro Ocampo 40.000 Festa dos maiores, Ar. Condesa

José García Fresco 120.000 Festas patronais de Godos

segue

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 57

Consello de Contas de Galicia

SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POR DECRETO

Beneficiario Importe concedido Exercicio 2001 (ptas.) Concepto

Juán Jesús Díz Pérez 110.000 Reparación imaxe Virxe da Saleta

Eloy Bouzas Touriño 40.000 Festas do Dolores, Bemil

Club baloncesto Caldas 150.000 Anticipo subv. temporada

Nemesio Portas Mella 40.000 Festa dos Dolores en Aboí

Juán Jesús Díz Pérez 40.000 Festa da Saleta en Tibo

Luís Betanzos Mondragón 40.000 Festa da Fátima, Godos

José Lemos Rey 40.000 Festa da Fátima, Saiar

Manuel Lourido González 100.000 Subv. por danos de temporal

Antonio Guillán González 26.000 Subv. por danos de temporal

Ramón Rey González 40.000 Festa Virxe de Fátima, Ribocias

José García Fresco 80.000 Festa patronal de Godos

Ramón Rey Rodríguez 40.000 Festa da xuventude, Ribocias

Manuel Rajoy Iglesias 40.000 Festa dos Dolores, S. Clemente

M.Mercedes Cascallar Castro 40.000 Festa Sta. Lucía

Manuel Casal Ferrín 40.000 Festa de Casaldrago

Manuel Couselo Riveiro 40.000 Festa do Carme, S. Clemente

TOTAL 3.511.000

SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POR DECRETO

Beneficiario Importe concedido

Exercicio 2002 (euros)

Concepto

Mª Dolores Barreiro Ocampo 240,40 Subv.festa Sta. Lucía

José Manuel Domínguez Castro 751,27 Subv. Club fútbol Sala Carracedo

José Ignacio Álvarez Martínez 360,61 Subv. Festa San Blas

M. Jesús Fresco Ballesteros 408,69 Subv. ó párroco de S. Andrés

María Sánchez Ameijeiras 270,00 Subv. exc. Alumn. IES Aquis Celenis

Manuel Torres Monteagudo 819.88 Subv. bancos festa 3ª idade

Amparo Sánchez Fariña 270,00 Subv. exc. alumnos 4º ESO

Fernando Núñez Pombo 270,00 Subv. Exc. Alum. CPI Alfonso VII

Rosario Forjan 300,00 Exc. de Común. Sto.Tomás e Sta. María

Ana María Temes Otero 270,00 Exc. Alumnos colexio S.Fermín

Manuel Fresco Eirea 240,00 Subv. Festa Corpus Cristhi

José González Duarte 240,00 Subv. Festa S. Eleuterio

Marcelino Mosteiro Aboi 240,00 Subv. Festa S. Antonio

José Ramón Calvo Ruibal 240,00 Subv. Festa S. Antonio, Cesariños

Marcelino Mosteiro Aboi 240,00 Subv. Festa Stmo. Sacramento

José Luís Rajoy Iglesias 240,00 Subv. Noite San Xoán da Igrexa

Rosario Auente Ocampo e outros 900,00 Subv. Festa S.Xoán de Caldas

Segue

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 58

Consello de Contas de Galicia

SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POR DECRETO

Beneficiario Importe concedido Exercicio 2002(euros) Concepto

Comisión de Festas Perpetuo Socorro 240,00 Subv. Festas Perpetuo Socorro

Comisión de Festa Perpetuo Socorro 240,00 Subv. festa Perpet. Socorro, Saiar

Asc. cultural S.Roque de Paradivas 480,00 Subv. festas patronais

Javier Arca Casal 240,00 Subv. festa da Penadeagua

José Luís Bello García 240,00 Subv. festas S. Benito, Carracedo

M. Luísa Castro Ferro 240,00 Subv. S. Roque, Carracedo

José Angel Caldelas Parrado 240,00 Subv. festa Virxe do Carme

Amigos da festa Arcos da Condesa 720,00 Subv. festas patronais

Amigos da festa Arcos da Condesa 300,00 Subv. actividades deportivas

Jesús Leal Abollo 577,00 Axuda social pago de billete avión

M. Luz Jomardo Rey 480,00 Subv. festa das Neves e S. Ramón

Asoc. Cultural Ruliñas 1.202,00 Subv, día do Neno en Godos

Delia Cascallar Barros 240,00 Subv. festa S. Lorenzo, Bemil

Eliseo González Figueiras 240,00 Subv. festa de S. Xusto

Ramón Magariños Santay 240,00 Subv. festas do Sacramento

Lino Bello Cascallar 480,81 Subv. festas S. Ramón e S. Roque

Elias Muiños García 240,00 Subv. festa Sta. Rita

Nemesio Portas Mella 240,00 Subv. festa dos Dolores, Aboi

Amigos festas de Arcos da Condesa 240,00 Subv, festa dos maiores

Enrique González Crespo 240,00 Subv. festa do Santo Cristo

Eloy Bouzas Touriño 240,00 Subv. festa dos Dolores

Juan Jesús Diz Pérez 960,00 Subv. festa da Saleta

Ramón Rey Rodríguez 480,00 Subv. festa da Xuventude

M. Isabel Gómez Campos 240,00 Subv. festa do Rosario

José Acha Rodríguez 240,00 Subv. festa Virxe do Rosario

Cdad. Montes de S. Clemente 6.000,00 Subv. muro no campo da festa

TOTAL 21.580,66

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 59

Consello de Contas de Galicia

SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POR ACORDO COMISIÓN DE GOBERNO

Beneficiario Importe concedido Exercicio 2001 (ptas.) Concepto

Escola Municipal de Atletismo 40.000 Convenio

Escola Municipal de Atletismo 300.000 Material e equipación

Asoc. Mulleres Aquis Celenis 175.000 Enterro da Sardina, 2001

S.D. Caldas F.S. 100.000 Subv. para a temporada

José Angel Caldelas Parrado 1.000.000 Subv. nominativa: Prox. Traída Fieitoso

Antonio Torres Vázquez 2.000.000 Subv. nominativa: Prox. Centro cultural

Club español de Schnauzer 39.000 Exposición canina

Asoc. Cultural “A Unión » 200.00 Acondicionamento do local

Asoc. Xuvenil “Arroutada” 400.00 Actividades 2001

Coral Polifónica de Caldas 500.000 Actividades 2001

Club Náutico Umia 750.000 Actividades 2001

Asoc. Mulleres Aquis Celenis 350.000 Actividades 2001

Amalia Aguirre García 4.844 Cota municipal IAE

José Álvarez Paz 17.167 Cota municipal IAE

Susana Bretal Martínez 50.615 Cota municipal IAE

M. Pilar Campos Fariña 6.380 Cota municipal IAE

Benedicta Cortés Caeiro 13.064 Cota municipal IAE

José Antonio Fariña Devesa 36.730 Cota municipal IAE

José Manuel Fariña Esperón 6.427 Cota municipal IAE

M. Carmen Fariña Fariña 4.844 Cota municipal IAE

M. Luísa Fernández Bayón 6.260 Cota municipal IAE

M. Pilar Ferreiro López 12.593 Cota municipal IAE

Santiago Filgueira Buceta 22.080 Cota municipal IAE

M. José Fontán Rodríguez 4.844 Cota municipal IAE

Manuel Frierio Silva 11.609 Cota municipal IAE

Carmelo Goldar Güimil 44.388 Cota municipal IAE

M. Pilar Gómez Díos 10.618 Cota municipal IAE

M. Jesús González Piñeiro 5.801 Cota municipal IAE

Amalia Hervés Parada 7.074 Cota municipal IAE

Louzao S.L. 7.577 Cota municipal IAE

Manuel Monteagudo Touriño 6.253 Cota municipal IAE

Mobles Piñeiro S.L. 28.898 Cota municipal IAE

Emilia Núñez Torres 9.688 Cota municipal IAE

Miguel A. Nuño-Váquez García 9.914 Cota municipal IAE

Susana Peña Rozalén 7.805 Cota municipal IAE

Herminia Pérez Vázquez 9.968 Cota municipal IAE

Cesar Piñeiro de a Cruz 17.860 Cota municipal IAE

Enrique Piñeiro de a Cruz 12.340 Cota municipal IAE

Rosa M. Piñeiro de a Cruz 9.835 Cota municipal IAE

Roberto Quintela García 7.498 Cota municipal IAE

Susimar S.L. 36.292 Cota municipal IAE

Segue

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 60

Consello de Contas de Galicia

SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POR ACORDO COMISIÓN DE GOBERNO

Beneficiario Importe concedido Exercicio 2001 (ptas.) Concepto

Alsira Veiga Ferreiro 1.577 Cota municipal IAE

Asoc. Comerciantes de Caldas 360.000 Boletín informativo Prom. Comercio

Parroquia Sto. Tomás Becket 1.391.500 Restauración exterior do templo

José Figueiras Miguéns 200.000 Construción local veciñal

Comisión de festas patronais 5.000.000 Gastos de festas

Asoc. Mulleres rurais Carracedo 300.000 Colaboración formación da asoc.

Andrés de a Cruz González 125.000 Campionato mpal. fútbol sala

José Manuel Acha Rodríguez 200.000 Homenaxe gaiteiros de Godos

Asoc. Cinexética Ulla-Umia 50.000 Repoboación de corzos

Asoc. Cultual recreativa Ruliñas 300.000 Carrozas cabalgata de Reis

Club natación Umia 200.000 Promoción do deporte

Escola Mpal. de danza e gaitas 250.000 Gastos de viaxe a Marbella

Club Racing Os Pistóns 150.000 Gastos da temporada

Club baloncesto El Doce 125.000 Gastos da temporada

Grupo Danza Edovio de Caldas 750.000 Gastos do ano

Soc. de Caza de Caldas 75.000 Poboación, seguro do coto, taxas e cota

Asoc. Mulleres rurais “A Carballeira” 150.000 Actividades recreativas

Asoc. Cultural Saefes 200.000 Actividades culturais

Club balonmán Caldas 200.000 Gastos fichas, departam., material

M. Carmen Mosquera Ares 6.210 Cota municipal IAE

Juan Manuel Puente Domínguez 296.879 Forno de cerámica para clases

Unha familia residente en Caldas 100.000 Billete de avión para viaxe ó seu país

Manuel Villadeamigo Álvarez 50.000 Instalación GPS en taxi

José Poceiro Castro 50.000 Instalación GPS en taxi

TOTAL 16.814.432

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 61

Consello de Contas de Galicia

SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POR ACORDO COMISIÓN DE GOBERNO

Beneficiario Importe concedido Exercicio 2002 (euros) Concepto

Asoc.Arroutada e A.M. “Aquis Celenis 1.200,00 Subv. Enterro Sardiña e Exaltación gastronómica

Ent. Menor Arcos da Condesa 8.039,43 Subv, gastos iluminado públ. e escola

Asc. Mulleres Rural “A Carballeira” 1.800,00 Subv. clases de aeróbic

Asoc. Cultural “Ruliñas” 70,24 Subv. arranxo carroza cabalgata de Reis

Caldas Club de Fútbol 3.000,00 Recollida de fondos para ós xogadores

Asoc. Mercantil Recr. Caldense 721,21 Convenio de colaboración

Carmen Torres Iglesias 7.803,00 Subv. festas parroquiais

Fund. Galega contra o Narcotráfico 300,00 Subv. actividades 2002

Comisión festa de Caldas 30.050,60 Subv. actividades das festas

Comunidade Augas de Aboi 1.202,00 Subv. conexión traída de augas

Com. Usuar. Augas Casalderrique 6.000,00 Subv. para nave de depósito de auga

Ramón Rey Rodríguez 6.000,00 Subv. construc. muro no Campo da Feira

Com. Augas de Requeijón 12.000,00 Subv. reparación tellado de depósito

Gustabo Adolfo Sabarís Escudero 3.005,06 Subv. Protección Civil de Caldas

Escola Mpal. de Atletismo 2.000,00 Subv. para activid. culturais e deportivas

Club Náutico Umia 1.620,00 Subv. para activid. culturais e deportivas

Club Baloncesto El Doce 1.050,00 Subv. para activid. culturais e deportivas

Campionato fútbol sala Caldas 1.800,00 Subv. para activid. culturais e deportivas

Club natación Umia 1.500,00 Subv. para activid. culturais e deportivas

Asoc. Mulleres Rurais Sta. María 1.800,00 Subv. para activid. culturais e deportivas

Asoc. Folclórica “As Burgas” 1.500,00 Subv. para activid. culturais e deportivas

Tecor Societario Monte Xiabre 965,00 Subv. para activid. culturais e deportivas

Asoc. Cultural Virxe de Fátima 240,00 Subv. para activid. culturais e deportivas

Club Balonmán Caldas de Reis 2.000,00 Subv. para activid. culturais e deportivas

Club de Cata Envero 880,00 Subv. para activid. culturais e deportivas

Julia Pereira Agruña 2.000,00 Obras no seu domicilio

Agustín Acha Torres 2.000,00 Subv. reparación campás da Igrexa

TOTAL 94.546,56

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 62

Consello de Contas de Galicia

SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POR CONVOCATORIA PÚBLICA

Beneficiario Importe concedido Exercicio 2002 (euros)

Escola Municipal de Atletismo 2.000

Club Náutico Umia 1.620

Club Baloncesto El Doce 1.050

Campionato De Fútbol Sala Concello de Caldas 1.800

Club Natación Umia 1.500

Asociación De Mulleres Rurais Santa Mariña 1.800

Asociación Folclórica “As Burgas” 1.500

Tecor Societario Monte Xiabre 965

Asociación Cultural Virxe de Fátima 240

Club Balonmán Caldas 2.000

Club De Cata Envero 880

TOTAL 15.355

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 63

Consello de Contas de Galicia

ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO DE CALDAS DE REIS

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 64

Consello de Contas de Galicia

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 65

Consello de Contas de Galicia

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 66

Consello de Contas de Galicia

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 67

Consello de Contas de Galicia

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 68

Consello de Contas de Galicia

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 69

Consello de Contas de Galicia

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 70

Consello de Contas de Galicia

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 71

Consello de Contas de Galicia

RÉPLICAS ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO DE CALDAS DE REIS

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 72

Consello de Contas de Galicia

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 73

Consello de Contas de Galicia

REPLICA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO DE CALDAS DE REIS

En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento do Consello de Contas de Galicia, os resultados das actuacións realizadas foron remitidas ó Alcalde do Concello de Caldas de Reis en escrito do 30 de novembro de 2004, concedéndolle un prazo ata o 29 de decembro de 2004, para que presentara as alegacións, documentación e xustificantes que estimara oportunos.

O 23 de decembro de 2004 presentáronse as alegacións que se xuntan ó presente informe. En relación ó contido e con independencia das aclaracións e puntualizacións que en cada caso figuran na réplica, é preciso sinalar con carácter xeral o seguinte:

a) Se como consecuencia das alegacións se modificara total ou parcialmente o contido do informe, esta modificación sinalaríase en nota a pé de páxina.

b) Agás en casos concretos que así o requiran, o Consello de Contas de Galicia non valorará as alegacións que:

− Confirman deficiencias ou irregularidades sinaladas no anteproxecto do informe.

− Ofrecen criterios ou opinións sen soporte documental ou normativo.

− Non rebaten o contido do anteproxecto de informe, proporcionando só explicacións ou xustificacións da actividade municipal.

1. Alegacións estimadas : ningunha

2. Alegacións non estimadas pero consideradas

a) Limitacións

En el apartado 1.2 del anteproyecto se hace referencia a una serie de limitaciones que condicionaron los trabajos de fiscalización del Consello de Contas(...) Al respecto, el Consello de Contas, para evitar causar indefensión a este Ayuntamiento, y concretamente, al personal a su servicio de los diferentes departamentos encargados de la tramitación de los expedientes, debería especificar a qué expedientes y documentos en concreto se refiere, evitando afirmaciones genéricas e indeterminadas que pongan en cuestión el ejercicio de las funciones del personal de este Ayuntamiento en la tramitación y colaboración en los diferentes expedientes administrativos.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 74

Consello de Contas de Galicia

Sen prexuízo das limitacións ó alcance da fiscalización das subvencións en especie, padecidas como consecuencia de non obter as certificacións ás que alude o propio punto 1.2, no seu parágrafo 4º, e que foran requiridas ó inicio das actuacións de fiscalización (escrito remitido o 30 de xuño de 2004), a documentación reiteradamente solicitada e non achegada menciónase en cada un dos expedientes analizados nos apartados 3 e 4 do anteproxecto, o que fai innecesaria a súa reprodución, tanto no apartado 1.2 como neste trámite.

b) Certificacións expedidas pola Secretaría e tramitación dos expedientes de subvencións

Respecto, al aptdo. 3º se hace referencia a la falta, en la certificación expedida por la Secretaria del Ayuntamiento, de la totalidad de las subvenciones recibidas u otorgadas por el Ayuntamiento, verificándose la tramitación de subvenciones por personal municipal sin que constase su nombramiento. Respecto a lo primero, cabe alegar que por la Secretaria se certificaron, según el tenor literal de las certificaciones expedidas, las subvenciones concedidas y recibidas “ (...) según documentación obrante en Secretaría (...)” tanto la tramitada desde su dependencia como la tramitada por otras dependencias pero con constancia documental en Secretaría, por lo tanto lo que no certificó ni figura en Secretaría, ni tiene constancia de su existencia en otras dependencias y por tanto no puede certificarlo. Respecto a la tramitación de subvenciones por otras dependencias, cabe alegar que pese a la existencia de una Instrucción de orden interno de esta Alcaldía de 20/09/02, de la que se acompaña copia autenticada, dónde se distribuyen las funciones entre el personal vinculado al Dpto. de Secretaría y Régimen Interior, atribuyendo a Dña Balbina Fernández Gándara, Administrativa adscrita a este Departamento la “(...) tramitación y custodia de expedientes relativos a solicitudes de subvenciones(...)”... la tramitación efectiva de las subvenciones solicitadas fue encomendada a los diversos departamentos de este Concello (...) Esta distribución puede constatarse documentalmente en los oficios enviados con motivo de la comunicación del inicio de los trabajos de fiscalización por el Consello de Contas, remitidos desde esta Alcaldía a los diferentes departamentos (...) Conforme a las deficiencias apreciadas, el Consello de Contas debería suprimir las carencias apreciadas en los certificados expedidos por ajustarse los mismos al mandato contenido en los arts. 204 del RD 2568/86, de acuerdo con el ejercicio de la función de fe pública reconocida en el artículo 2.e) el RD 1174/87 cuyo contenido prohíbe certificar documentación de la que el fedatario público no dispone y desconoce su existencia documental, a lo que hacen referencia los aptdos. 1.2 y 5.1 del anteproyecto, de lo contrario podría interpretarse que la Secretaría ha emitido una

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 75

Consello de Contas de Galicia

certificación falseada por omisión de datos o documentación. Así mismo, debería eliminar la recomendación contenida en el 6.3 relativo al establecimiento de forma expresa de las atribuciones de los servicios y funcionarios implicados en la tramitación de los expedientes puesto que, con las pruebas documentales aportadas, queda demostrada su existencia.

Pese ó requirimento expreso, ó longo das actuacións fiscalizadoras, da regulamentación interna vixente en relación coas axudas concedidas e recibidas, non se xunta a mencionada Orde ata o trámite de alegacións. Porén, as funcións atribuídas pola mesma ó persoal administrativo dependente da Secretaría municipal determinan a competencia exclusiva deste órgano ó efecto de cumprimentar as certificacións solicitadas polo Consello de Contas, debendo ter procedido, de non dispoñer da documentación, a solicitala do departamento correspondente.

Sen prexuízo da existencia desta Orde, cuxo incumprimento dedúcese das actuacións practicadas e probas documentais xuntadas, non consta a atribución expresa de funcións ós departamentos e funcionarios implicados na tramitación das axudas.

c) Regulamento municipal de concesión de subvencións

El aptdo. 5.5.1. del anteproyecto establece que el Reglamento municipal de concesión de subvenciones aprobado en el año 2002 “ (...) mantén incorrectamente a condición de beneficiario a las agrupaciones de hecho, falla en la concreción de los criterios de valoración de las solicitudes y carece de régimen sancionador “. Respecto a la manifestación hecha sobre el reconocimiento como beneficiario de subvenciones a las agrupaciones de hecho carece de fundamento jurídico toda vez que del tenor literal del art. 2 del citado Reglamento municipal se constata la exigencia de ser beneficiario de que las personas jurídicas que concurran estén válidamente constituidas y registradas en el registro municipal de asociaciones, exigiendo en el aptdo. 2º del citado precepto, entre otros documentos, el nº de inscripción en el citado registro. Bien es cierto que no existe formalmente constituido un Registro municipal de asociaciones lo que tendría que haber generado, en aplicación del art. 2.3 del reglamento municipal de subvenciones, la inadmisión a trámite de las solicitudes formuladas por incumplir los requisitos documentales antedichos pero ello no supone que desde el Reglamento se reconozca como beneficiarias a agrupaciones de hecho.

Informe de Fiscalización do Concello de Caldas de Reis. Exercicios 2001-2002

______________________________________________________________________________________________________ 76

Consello de Contas de Galicia

O artigo 2.1 do citado Regulamento dispón literalmente que (...) poderán solicitar as subvencións as persoas xurídicas, agrupacións veciñais, comités organizadores ou persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos (...), polo que se admite de forma explícita a posibilidade de que as agrupacións de feito poidan ser beneficiarias de subvencións municipais. Unicamente baixo esta premisa se podería admitir a configuración do Campionato de Fútbol Sala de Caldas, agrupación da que non consta personalidade xurídica ningunha, como perceptor das axudas públicas convocadas en desenvolvemento do Regulamento aprobado no exercicio 2002.

En calquera caso, ós efectos de corrixir as deficiencias postas de manifesto na Regulamentación municipal de subvencións outorgadas, o Concello deberá ter en conta os cambios normativos operados pola Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.