Upload
others
View
8
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
1
CONTINUAMOS TRABALLANDO NO TEMA “A ALIMENTACIÓN E A NUTRICIÓN”.
O MESMO QUE OCORRÍA A SEMANA PASADA, OS APUNTAMENTOS QUE TEDES DE CLASE, ESTABAN PENSADOS PARA IR APOIADOS POR UNHA EXPLICACIÓN, COMO ESA NON PODE DARSE, ENVÍO NESTE DOCUMENTO OUTROS APUNTAMENTOSCON EXPLICACIÓNS MÁIS DETALLADAS, ESPERO QUE SEXAN SUFICIENTES, EN CASO CONTRARIO, XA SABES ONDE ESTOU.
• ESTA SEMANA ESTUDAREMOS ALGUNHAS ENFERMIDADES RELACIONADAS COA ALIMENTACIÓN, ALGUNHAS
DEBIDAS AO CONSUMO DUNHA DIETA NON SAUDABLE, E OUTRAS DEBIDAS A OUTROS FACTORES. POR SER
DEMASIADO EXTENSO, DEIXAREMOS PARA A PRÓXIMA SEMANA AS ENFERMIDADES DEBIDAS A CONTAMINACIÓN.
• TAMÉN CHE PROPORCIONO NA PÁXINA 12 ENLACES A VÍDEOS E ACTIVIDADES RELACIONADAS PARA AMPLIAR
O EXPLICADO
• POR ÚLTIMO DEBERÁS REALIZAR AS ACTIVIDADES DAS PÁXINAS 13 A 15 E ENVIALAS ANTES DAS 20 HORAS DO
VENRES 8 DE MAIO.
• TAMÉN SE INCLÚEN OS EXERCICIOS DA SEMANA 7 RESOLTOS, MÍRAOS CON ATENCIÓN E CORRÍXEOS.
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
2
LEMBRA: ENVÍA OS EXERCICIOS NUN ARQUIVO ÚNICO EN FORMATO PDF (HAI APLICACIÓNS PARA O MÓBIL QUE CHE PERMINTE
FACELO, POR EXEMPLO CAMSCANNER)
ANTES DAS 20 HORAS DO SÁBADO 8 DE MAIO
COMA SEMPRE, SIGO ESTANDO Á TÚA DISPOSICIÓN PARA RESOLVER CALQUERADÚBIDA QUE TEÑAS, RELACIONADA DIRECTAMENTE COAS TAREFAS SEMANAIS OU CON CALQUERA OUTRO ASPECTO DE CONTIDOS DA ASIGNATURA, NO CORREO [email protected]
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
3
TIPOS DE ENFERMIDADES
1. DEBIDAS Á MALNUTRICIÓN
Enfermidades debidas a carencias
Carencia dalgúnnutriente concreto
(vitaminas, proteínas…)
Carencia de todos os nutrientes:
DESNUTRICIÓN
Sobrenutrición
Obesidade e enfermidades metabólicas relacionadas
Diatetes
2. TRASTORNOS DE CONDUTAALIMENTARIA
Anorexia nerviosa
Bulimia
Vigorexia
3. DEBIDAS A CONTAMINACIÓN
Salmonelose, botulismo…
Clasificación das enfermidades
Verémolo a próxima semana
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
4
1. DEBIDAS Á MALNUTRICIÓN DEBIDAS A CARENCIAS
Hipovitaminose ou avitaminose
É o nome que se dá ás enfermidades orixinadas por carencia total ou parcial das vitaminas. Aparecen cando a dieta non é variada e nela quedan excluídoalimentos que conteñen certa vitamina, isto pode ser por falta de recursos, por algunha enfermidade que obrigue a excluir algún alimento, por descoñecemento ou por decisión persoal como o caso do vexetarianismo estrito. Tamén cando hai algún problema metabólico que impide a absorción dalgunha vitamina.Hai distintos tipos de enfermidades, segundo cal sexa a vitamina ou vitaminas que faltan na dieta, veremos un exemplo na páxina seguinte e outro nos exercicios.
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
5
1. DEBIDAS Á MALNUTRICIÓN DEBIDAS A CARENCIAS
Raquitismo
É debida á carencia de vitamina D durante a etapa de crecemento. A función destavitamina é a de fixar o calcio e o fósforo nos ósos. En ausencia de vitamina D, aindaque teñamos calcio e fósforo, non se poden fixar nos ósos e estes quédansebrandos e defórmanse, sobre todo as pernas, que son as que soportan o peso do corpo.
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
6
1. DEBIDAS Á MALNUTRICIÓN DEBIDAS A CARENCIAS
Desnutrición (marasmo)
É un estado de de desnutrición no que faltan todo tipo de nutrientes, incluídos os enerxéticos, o que conduce a un grado de delgadez extrema e falta de enerxía para realizar calquera actividade. Ocorrepor falta de acceso a alimentos en xeral.
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
7
1. DEBIDAS Á MALNUTRICIÓN SOBRENUTRICIÓN
Obesidade
Consiste nunha acumulación de graxa corporal que conduce a un aumento de peso. A súa orixe pode deberse a unha compoñente xenética, ou tamén a problemas nerviosos e endocrinos, pero case sempre ten relación co estilo de vida: sedentarismo e hábitos alimenticios inadecuados.Tanto é así que é o maior problema de saúde dos países desenvolvidos.A obesidade reduce a vida da persoa, pero ademáis está relacionada coa aparición doutras enfermidades como a diabetes tipo 2, a hipertensión, enfermidades cardiovalculares, dores de espalda e de articulacións,…
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
8
1. DEBIDAS Á MALNUTRICIÓN
Diabetes tipo 2
SOBRENUTRICIÓN
A diferenza da diabetes tipo 1 ou diabetes mellitus, a diabetes tipo 2 non é hereditaria e adoita aparecer en adultos. E a súa aparición está moi vencellada ao modo de vida: o sedentarismo e o consumo elevado de alimentos ricos en graxas e azucres pode conducir a un mal funcionamento do metabolismo: non é que non haxainsulina (como pasa na diabetes tipo 1), o que pasa é que esta “non funciona” correctamente, de tal maneira que non axuda que a glucosa entre nas células, que é a súafunción, e a glucosa acumúlase no sangue.
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
9
2. TRASTORNOS DE CONDUTA ALIMENTARIA
ANOREXIA NERVIOSA
É un trastorno caracterizado pou un medo intenso a gañar peso e por unha percepción distorsionada do propio corpo que fai que a persoasempre se vexa obesa aínda que teña unha delgadez extrema. Estas persoas exercen un control absoluto sobre o alimento inxerido, chegando a pasar un día enteiro inxerindo unha peza de froita ou un iogur.A parsoa anoréxica trata de reducir o seu peso como sexa, comendo o mínimo, facendo moito exercicio,… polo que pode chegar a ser unha enfermidade moi grave que pode chegar a causar a morte.
Inclúen varias enfermidade crónicas que, ainda que se manifestan pola conduta alimentaria, son enfermedades do sistema nervioso, caractarizadas pola distorsión da imaxe corporal e unha obsesión por controlar o peso.
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
10
2. TRASTORNOS DE CONDUTA ALIMENTARIA
É un trastorno caracterizado por unha preocupación excesiva polo peso e figura con falta de autocontrol na alimentación, o que fai que a persoa inxira grandes cantidades de alimento nun breve período de tempo (atracóns). Despois trata de compensalo vomitando outomando adelgazantes, laxantes ou diuréticos que lle axudena eliminar o que comeu.
BULIMIA
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
11
2. TRASTORNOS DE CONDUTA ALIMENTARIA
VIGOREXIA
Tamén chamada disformia muscular, é un trastorno que non é estritamente alimentario, pero no que tamén existe unha obsesión pola figura e unha distorsión do seu corpo. É máisfrecuente en homes novos, pero tamén afecta ás mulleres. Pode manifestarse de dúas formas: nunha actividade física extrema e pola inxestión compulsiva para subir de peso (masa muscular), por ter a percepción de estar demasiado delgado.
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
12
Practica para saber máis
Vídeo con consellos prácticos de come evitar enfermedades relacionadas coa
alimentación
Xogo sobre enfermedades relacionadas coa alimentación
https://www.youtube.com/watch?time_continue=4&v=olmX3w-jQyM&feature=emb_logo
https://www.cerebriti.com/juegos-de-ciencias/enfermedades-nutricionales-y-alimenticias#.UejygG37bZM
https://www.educaplay.com/learning-resources/877471-crucigrama_de_los_alimentos.html
Crucigrama de alimentos
Actividade interactiva alimentación humana
https://www.thatquiz.org/es/practicetest?2z7ohifztank
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
13
1. Busca información e fai un breve informe (dunhas 5 ou 6 liñas cada un)sobre as seguintes enfermidades, dicindo cal son as causas, como se poden previr e cales son as consecuencias manifestacións das mesmas:
a. A chamada enfermidade dos mariñeiros (está relacionada cunha vitamina)b. A aterosclerose.c. Ortorexia
2. É o mesmo malnutrición que desnutrición? Cal é a diferenza?3. Completa o seguinte cadro resumo das principais enfermidades estudadas nesta semana:
Tipo de enfermidade Nome Características
Carencia de nutrientes
Sobrenutrición
Trastorno de conduta
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA ACTIVIDADES SEMANA 8
14
ANOREXIA BULIMIA VIGOREXIA
Como se ven
Como son en realidade
Control sobre a súaalimentación
Como se alimentan
Consecuencias do trastorno para a saúde da persoa
4. Compara os tres tipos de enfermidades debidas a trastornos de conduta alimentaria.
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA SOLUCIÓNS ACTIVIDADES SEMANA 7
16
1. Busca e sinala as semellanzas diferenzas entre a dieta mediterránea e a dieta atlánlica. Son bastante parecidas e as dúas son equilibradas, pero na atlántica hai máis patacas, ademáis de peixe abonda o marisco, as hortlizas consumidas son distintas, pois na primeira hai máis tomate, pemento… e na atlántica máis verdura da familia das coles (repolo, grelos…). Na atlántica é maior o consumo de leite e lácteos.2. A fibra alimentaria. Busca información e escribe un informe de 5 ou 6 liñas explicando que é, en que alimentos podemos atopala por que é importante incluila na dieta.Con este nome inclúese unha serie de glícidos todos eles de orixe vexetal que somos incapaces de dixerir, polo que non nos aportan enerxía, pero son necesarios porque aumentan o volume do contido intestinal polo que facilitan a dixestión e absorción doutros nutrientes e polo tanto, melloran a saúde do aparato dixestivo. Existe en todos os alimentos de orixe vexetal non procesados, pero falta en alimentos procesados ou refinados como a fariña branca (e produtos obtidos dela como o pan, pasta, galletas…) e tamén é escasa no arroz non integral. É moi abundante na froita natura, verdura e hortalizas, graus integrais e derivados, legumes e froitos secos. Algúns estudos parecen relacionar o aumento do cancro de colon coa diminución de consumo de fibra e aumento de consumo de alimentos de oirxe animal.3. Nunha dieta saudable, canta enerxía debe de proceder de cada un dos distintos nutrientes? Por que non é aconsellableutilizar as proteínas como fonte de enerxía? Aproximadamente 55 – 60% dos glícidos, 30 – 35% dos lípidos e 10 – 15% das proteínas. As proteínas teñen función plástica, e para iso deben usarse, queimalas é un derroche e ademáis xera moitasmoléculas tóxicas que hai que eliminar polo ril, así que se queimamos moitas obrigamos ao ril a traballar en exceso.4. Explica que che parece mellor e por que: facer dúas comidas ao día abundantes ou repartir a mesma cantidade de alimentos en 5 inxestas. É mellor repartir a comida en 5 ou, polo menos, 4 inxestas porque así o corpo non sofre períodos prolongados de falta de nutrientes. Se o temos moitas horas sen comer, “acostúmase” a ser aforrador e gardar por se acaso está moito tempo sen recibir nada. Comer polo miúdo aumenta a TMB.
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA SOLUCIÓNS ACTIVIDADES SEMANA 7
17
5. Como se distribúen os distintos grupos de alimentos nun prato saudable ao xantar e á cea?A metade debe de ser verdura, hortalizas e froita, é dicir, alimentos dos grupos V e VI, cor verde. Da outra metadea partes iguais alimentos do grupo III (plásticos) e alimentos do grupo I (enerxéticos). Sen esquecer unha pequeñacantidade de lípidos preferiblemente de orixe vexetal ou de peixe.6. Para que tipo de persoas se recomenda unha dieta hipercalórica?, e unha dieta baixa en sal?Hipercalórica a persoas que, por algunha razón deban aumentar de peso. Baixa en sal (socio) a persoas que teñan problemas de hipertensión.7. Di en que lugar (base, media ou alta) da pirámide situarías:
a. Un refresco de cola enriba de todo f. A carne de polob. As patacas g. O viñoc. O chourizo h. Os pementosd. O aceite de oliva i. As lentellase. As laranxas k. O leite
Que significa que un alimento estea na base? E que significa que estea na parte alta?Na base están aqueles alimentos que deben ser consumidos a diario como mínimo unha vez ao día e en cantidades inportantes. Na parte media os alimentos que deben ser consumidos unha ou varias veces por semana, na parte alta aqueles alimentos de consumo ocasional. Na cúspide da pirámide están alimentos que non necesitamos, non pasaría nada ainda que non os comesemos nunca, teñen moitas calorías pero son pobres en variedade de nutrientes.
enriba de todoenriba de todo parte baixa
parte baixaparte baixa
parte baixa
parte media
parte mediaparte baixa /media
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA SOLUCIÓNS ACTIVIDADES SEMANA 7
18
8. Cal debe ser a orixe das graxas nunha dieta equilibrada?As graxas máis sudables son as de orixe vexetal (con algunha excepción como a palma ou o coco) e as de peixes. Son menos saudables as procedentes de mamíferos e aves (manteiga, touciño…)9. Busca información sobre as graxas saturadas e insaturadas e contesta: alimentos ricos en cada un dos tipos, cales son máis
saudables e por que.As insaturadas son as que aparecen nas graxas líquidas (aceites), son de orixe vexetal e de peixes. e as saturadas nas graxassólidas (sebos e manteigas), proceden de aves e mamíferos. As graxas insaturadas son máis saudables porque conteñen substancias que nós non podemos fabricar e polo tanto temos que inxerir (ácidos graxos esenciais, como o famoso omega 3) e ademáis axudan a metabolizar o colesterol e facer un bo uso do mesmo.As saturadas, pola contra, en exceso, favorecen que o colesterol se deposite nas arterias orixinando unha enfermidade chamada areteioesclerore.10. Xustifica a seguinte afirmación: “a maioría do sal que inxerimos non procede do saleiro”, de onde procederá logo?Todos os alimentos procesados, incluso os alimentos de sabor doce teñen moito sal engadido porque é un potenciador do sabor: salsas, galletas, bolería, precociñados, embutidos… Por iso, se queremos reducir o consumo de sal debemos de evitar ese tipo de alimentos, que teñen sal e azúcar engadidos e non nos damos conta de que o estamos consumindo sen querer.
ÁMBITO CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO 4º ESA IES ORTIGUEIRA SOLUCIÓNS ACTIVIDADES SEMANA 7
19
Proteínas Glícidos Lípidos Vitaminas e minerais
Fibra Auga Calcio
Pan integral
Repolo
Aguacate
Avelás
Xamón curado
Queixo curado
Leitedescremado
Sandía
11. Marca cunha cruz cales cres que son os nutrientes que abondan en cada un dos seguintes alimentos:Podes usar a seguinte páxina web para confirmar: http://www.ienva.org/CalcDieta/composicion_search.php#
X XX X X
XX X X X XX XX X
X
X
X X X
X X X