Upload
xouba-castelao
View
226
Download
5
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Conto de Cupide e Psique e comprensión e escritura. CEIP ADR Castelao Rianxo. Equipo de biblioteca e EDLG
Citation preview
Vivía na terra unha princesa chamada Psique. Era moi fermosa, pero non
conseguía atopar o amor.
A deusa Venus, celosa da súa beleza, pediulle a Cupido que fixera que se
namorase do home máis malvado e feo do mundo.
Cupido aceptou o encargo, pero, cando
estaba a piques de dispararlle unha das
súas frechas, pasou algo inesperado:
nada máis vela, namorouse.
Por arte de maxia, Cupido levou a
Psique a un afastado castelo. Psique, ao
oír a súa doce voz non sentiu temor e
tamén se namorou del. Ó fin casáronse.
Pero a deusa Venus, furiosa, impúxolles
unha condición: Psique non podería
mirar nunca a Cupido.
Durante un tempo, os dous foron moi felices, ata que un día, convencida
polas súas envexosas irmás, Psique incumpriu a condición e mirou a Cupido.
Traizoado, Cupido díxolle que o amor non pode vivir sen confianza e foise.
Arrepentida, a princesa recorreu o mundo buscando ao seu amado. A
deusa Venus púxolle moitos desafíos perigosos e difíciles para impedir que
atopara a Cupido.
Despois de moito tempo, Venus encargoulle unha tarefa a cambio de
levala ata Cupido: debía levar unha caixa ao Inframundo, pero non debía
mirar o que había dentro.
Psique emprendeu a viaxe, pero venceuna a curiosidade e mirou dentro
da misteriosa caixa. Nada máis abrila, caeu nun profundo sono.
Así foi como a atopou Cupido quen, cos seus poderes, sacoulle o sono
mortal e meteuno de novo na caixa.
Ó ver o moito que se querían, Venus perdoou a Psique e converteuna
nunha deusa.
Felizmente Cupido e Psique puideron estar xuntos para sempre.
CEIP A.D.R. Castelao Equipo de Biblioteca e EDLG
Que lle encargou Venus a Cupido?
…………………………………………………………………………………………………………….
Por que Cupido non cumpriu o encargo?
…………………………………………………………………………………………………………….
Cal era a condición que Psique debía cumprir para estar con Cupido?
…………………………………………………………………………………………………………….
Que lle dixo Cupido a Psique ao sentirse traizoado?
…………………………………………………………………………………………………………….
Que tarefa lle encomendou Venus a Psique a cambio de levala ata Cupido?
…………………………………………………………………………………………………………….
Busca na lectura tres substantivos propios.
…………………………… ………………………………… ………………………………..
Busca na lectura tres adxectivos.
………………………….... ………………………………… ………………………………….
Psique era unha princesa moi fermosa. Descríbea e debúxaa.
……………………………………………………………………………………………………………

ACTIVIDADES SOBRE A LECTURA
CEIP A.D.R. Castelao Equipo de Biblioteca e EDLG