21
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA E A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS COMO ENTIDADE COLABORADORA NA XESTIÓN DE SUBVENCIÓN E PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE INCLUSIÓN DIXITAL NO EIDO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL Dunha parte, dona Mar Pereira Álvarez, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no uso das facultades que lle son atribuídas polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e o Decreto 91/2012, do 16 de marzo, polo que se nomea directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Doutra parte, Don Alfredo L. García Rodríguez, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), no uso das facultades que lle son atribuídas polo artigo 46, punto primeiro letra d) dos vixentes Estatutos da Fegamp (aprobados pola Asemblea Xeral ordinaria do 4 de decembro de 2003) e en virtude do seu nomeamento pola Asemblea Xeral do 30 de outubro de 2015. Todas as partes comparecen en nome e representación das súas respectivas institucións, recoñecéndose de modo recíproco capacidade xurídica, lexitimidade, suficiencia e vixencia das súas respectivas facultades para subscribir o presente convenio e na súa virtude, 1 CVE: NnVJ1MjOi4 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A

MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA E A FEDERACIÓN GALEGA

DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS COMO ENTIDADE COLABORADORA NA

XESTIÓN DE SUBVENCIÓN E PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE

INCLUSIÓN DIXITAL NO EIDO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

Dunha parte, dona Mar Pereira Álvarez, directora da Axencia para a

Modernización Tecnolóxica de Galicia, no uso das facultades que lle son

atribuídas polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia

para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e o

Decreto 91/2012, do 16 de marzo, polo que se nomea directora da Axencia para a

Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Doutra parte, Don Alfredo L. García Rodríguez, presidente da Federación Galega

de Municipios e Provincias (Fegamp), no uso das facultades que lle son atribuídas

polo artigo 46, punto primeiro letra d) dos vixentes Estatutos da Fegamp

(aprobados pola Asemblea Xeral ordinaria do 4 de decembro de 2003) e en virtude

do seu nomeamento pola Asemblea Xeral do 30 de outubro de 2015.

Todas as partes comparecen en nome e representación das súas respectivas

institucións, recoñecéndose de modo recíproco capacidade xurídica, lexitimidade,

suficiencia e vixencia das súas respectivas facultades para subscribir o presente

convenio e na súa virtude,

1

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 2: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

EXPOÑEN

Primeiro.- Que o Goberno galego a través da Axenda Dixital de Galicia 2020,

liderada pola Amtega e aprobada no Consello da Xunta de Galicia o 30 de abril de

2015, ten o obxectivo de impulsar un modelo de crecemento baseado na

economía dixital -solidaria e inclusiva- e na transparencia e participación cidadá,

para contribuír a dar resposta a desafíos aos que se enfronta Galicia en todas ás

áreas de desenvolvemento.

A Axenda Dixital de Galicia 2020 establece entre os seus obxectivos, aproveitar o

potencial das TIC para converter a Galicia nun lugar de progreso social avanzado

e onde as persoas poidan levar unha vida autónoma e participar activamente na

sociedade.

Segundo.- Que, segundo o artigo 6 do estatuto da Axencia para a Modernización

Tecnolóxica de Galicia aprobado polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo

que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban

os seus estatutos, a Amtega ten entre as súas competencias a dirección e xestión

de todas as actuacións da Xunta en materia de tecnoloxías da información e as

comunicacións e o deseño e liderado de iniciativas que contribúan a impulsar o

desenvolvemento da Sociedade da información en Galicia, garantindo os dereitos

dos cidadáns e eliminando as barreiras que se opoñan á expansión e ao uso das

novas tecnoloxías.

2

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 3: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

Terceiro.- Que a Federación Galega de Municipios e Provincias ten, entre os seus

fins, promover, representar e defender os intereses das Entidades Locais ante

outras Administracions Públicas, conforme o disposto no artigo 6.1, letra b) dos

seus Estatutos

Cuarto.- Que o Consello da Xunta de Galicia adoptou, con data 25 de febreiro de

2010, o Acordo para a posta en marcha da Rede de Centros para a Modernización

e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT).

En cumprimento das previsión recollidas no acordo mencionado, levouse a cabo a

fase consistente na posta en marcha da Rede de Centros para a Modernización e

Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) coa finalidade de coordinar as actuacións das

distintas aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade

Autónoma de Galicia dirixidas a acadar a alfabetización dixital da sociedade

galega e o desenvolvemento da Sociedade da Información, contando coa estreita

e permanente colaboración do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

(dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria) e que permitiu

que a Rede teña presenza en 92 concellos, pertencentes a 53 comarcas.

Quinto.- Que unha vez rematada a fase de posta en marcha da Rede CeMIT e

acadados a totalidade dos obxectivos perseguidos, desenvolveuse unha segunda

fase de evolución do modelo actual a través da definición e posta en marcha do

Plan de Inclusión Dixital de Galicia.

O Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, aprobado o día 21 de abril de 2016 en

Consello de Xunta, asume o desafío establecido na Axenda Dixital de Galicia 2020

de avanzar da “alfabetización á autonomía dixital” impulsando un novo modelo de

3

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 4: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

inclusión dixital, que integre as accións para a alfabetización dixital con outras que

permitan a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope,

avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC,

camiñando cara a innovación social dixital.

O Plan ciméntase na cooperación, consenso, implicación e participación de todos

os axentes do ecosistema dixital para o que imprementouse un modelo de relación

flexible e en rede sostido en “alianzas dixitais” entre a Xunta de Galicia e os

diferentes axentes do ecosistema dixital, a través da publicación no DOG da

resolución que regula a adhesión de aliados dixitais ao Plan de Inclusión Dixital de

Galicia 2020 o 29 de abril de 2016.

Coas medidas contidas no plan, destinadas a toda a sociedade galega, con

especial atención naqueles colectivos tradicionalmente en risco de exclusión dixital

por considerarse máis vulnerables á fenda dixital, lograrase:

- Fomentar a autonomía persoal, o envellecemento activo e a seguridade e

confianza na rede mediante o uso das TIC para vertebrar e cohesionar

socialmente os entornos locais, e en especial as zonas rurais respecto ás urbanas,

aumentar a accesibilidade a Internet, avanzar na alfabetización dixital, diminuír a

fenda dixital de xénero e mellorar a empregabilidade e aumentar a calidade de

vida da cidadanía.

- Promover os coñecementos e competencias dixitais para fomentar a

empregabilidade dos cidadáns, grazas ao uso das TIC e promocionar o

aprendizaxe permanente.

4

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 5: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

- Impulsar a promoción da innovación social dixital, a través da colaboración

e participación da cidadanía, innovadores e comunidades, para xerar emprego

local e novas oportunidades para emprendedores/as locais, vencelladas á

innovación social dixital onde resolveranse retos sociais que melloren o benestar

social.

Sexto.- Que tras a posta en marcha da Rede CeMIT e do Plan de Inclusión Dixital

de Galicia 2020, é preciso continuar traballando conxuntamente durante a vixencia

do Plan para acadar os obxectivos establecidos co horizonte a 2020.

Sétimo.- O 15 de xaneiro de 2014, asinouse o convenio de colaboración entre a

Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e

Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación

Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Plan de Inclusión

Dixital no eido da administración local. Con base neste Convenio, con vixencia ata

o 31/12/2018, concedeuse a condición de aula de referencia, mediante resolución

de data do 12 de decembro de 2018 a Dirección da Axencia para a Modernización

Tecnolóxica de Galicia, a un total de 64 aulas en 64 entidades locais.

Oitavo.- Na data do 27 de decembro de 2018 o Consello da Xunta de Galicia

autoriza, con base nos artigos 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións

de Galicia , e 36 e 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o

Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a

concesión dunha subvención, mediante resolución da directora da Axencia para a

Modernización Tecnolóxica de Galicia dita resolución a 45 entidades locais para o

desenvolvemento das actuacións que en materia de inclusión dixital realicen as

aulas de referencia da rede Cemit para o exercicio 2019. Asemade, no momento

5

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 6: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

en que as restantes 19 entidades locais cumpran coa súa obriga da rendición de

contas conforme ao artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, e coa previa

autorización do Consello da Xunta de Galicia, ditarase a correspondente

resolución complementaria pola que se concederá a subvención para o

desenvolvemento das actuacións que en materia de inclusión dixital realicen as

aulas de referencia da rede Cemit para o exercicio 2019.

Noveno.- O artigo 9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de galicia,

contempla que “Será entidade colaboradora aquela que, actuando en nome e por

conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención,

entregue e distribúa os fondos públicos aos beneficiarios cando así se estableza

nas bases reguladoras, ou colabore na xestión da subvención sen que se produza

a previa entrega e distribución dos fondos recibidos. Estes fondos en ningún caso

consideraranse integrantes do seu patrimonio”.

No apartado 3. disponse que a Administración xeral do Estado, outras

comunidades autónomas e as corporacións locais poderán actuar como entidades

colaboradoras das subvencións concedidas pola Comunidade Autónoma de

Galicia ou os seus organismos públicos e demais entes que teñan que axustar a

súa actividade ao dereito público. De igual forma, e nos mesmos termos, a

Comunidade Autónoma e os seus organismos públicos poderán actuar como

entidades colaboradoras respecto das subvencións concedidas pola

Administración xeral do Estado, outras comunidades autónomas e as

corporacións locais.

Neste contexto, a Federación Galega de Municipios e Provincias, dentro do seu

ámbito de competencias, está chamada a continuar desenvolvendo un papel

6

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 7: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

fundamental servindo de canle de comunicación entre as distintas entidades locais

de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, difundindo,

promocionando e potenciando o Plan de Inclusión Dixital e, en consecuencia, na

xestión da subvención concedida a 64 entidades locais para o desenvolvemento

das actuacións que en materia de inclusión dixital realicen as aulas de referencia

da rede Cemit para o exercicio 2019 mediante a Resolución da directora da

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Décimo.- Que con base nas consideracións anteriores a Axencia para a

Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e

Provincias acordan subscribir o presente Convenio que se rexerá polas seguintes

CLÁUSULAS

PRIMEIRA.- Obxecto

O presente Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización

Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ten por

obxecto regular a colaboración para o exercicio 2019 entre estas institucións para

a xestión da subvención concedida ás entidades locais que teñan aulas de

referencia da rede CeMIT, e para o desenvolvemento das actuacións do Plan de

Inclusión Dixital no eido da Administración Local.

7

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 8: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

SEGUNDA.- Obrigas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia asume as seguintes

obrigas:

• Realizar á FEGAMP a achega económica prevista na cláusula quinta do

presente convenio, coa finalidade de que se proceda ao seu reparto entre as

entidades locais que dispoñan dunha aula de referencia, conforme aos criterios

fixados neste convenio.

• Desenvolver o Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 para converter á

sociedade galega nunha “Comunidade Dixital” que comparta valores, fomente a

igualdade de oportunidades e sexa participativa e colaborativa, utilizando servizos

dixitais para a mellora do seu benestar e a súa calidade de vida.

• Impulsar e activar a participación plena dos aliados dixitais do Plan de

Inclusión Dixital 2020 (axentes sociais, empresarias e entidades públicas) para

realizar actuacións en materia de inclusión dixital, co fin de garantir a capilaridade

dos servizos en todo o territorio.

• Xestionar e coordinar as actividades enmarcadas no Plan de Inclusión

Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

cumprimento.

• Dotar de formación e contidos dixitais para axudar ás entidades locais nas

actividades de inclusión dixital.

8

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 9: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

• Impulsar espazos de participación (cidadanía, profesionais TIC,

asociacións, entidades de acción voluntaria, empresas sociais, etc.) para o

fomento de actividades en materia de inclusión dixital.

• Controlar e avaliar as actuacións realizadas no eido da inclusión e

capacitación dixital, coa información recibida a través das actividades de

seguimento levadas a cabo pola FEGAMP.

• Comprobar o cumprimento e efectividade das condicións ou requisitos

determinantes para o outorgamento das subvencións, así coma a revisión da

documentación xustificativa da realización das actividades e o cumprimento da

finalidade que determine o desfrute da subvención.

TERCEIRA.- Obrigas da Federación Galega de Municipios e Provincias

A Federación Galega de Municipios e Provincias colaborará activamente para a

consecución do obxecto do presente convenio e a tal fin asume como obrigas as

seguintes:

• Transferir a contía correspondente ás entidades locais que dispoñan

dunha aula de referencia e ás que se lle concedera unha subvención, previa

xustificación da actividade subvencionada e informe de conformidade da Área de

Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

previsto na cláusula sétima deste convenio, dos fondos recibidos por parte da

Fegamp, segundo resulte da aplicación dos criterios fixados neste convenio .

9

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 10: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

• Solicitar a documentación xustificativa da realización das actividades e o

cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da

subvención.

. Levar libros e rexistros contables para facilitar a axeitada xustificación da

subvención e a comprobación do cumprimento das condiciones establecidas. A

Fegamp levará un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable

axeitado para todas as transaccións relativas ás operacións relacionadas coas

actuacións do convenio.

• A Fegamp está obrigada ao reintegro dos fondos no suposto de

incumprimento dos requisitos e obrigas establecidas para a concesión da

subvención e, en todo caso, nos supostos regulados no artigo33 da presente lei

9/2007, do 13 de xuño.

• A someterse ás actuacións de comprobación e control previstas na

letra d) do artigo 12 da ei 9/2007, do 13 de xuño.

• Colaborar coa Amtega na definición, difusión e posta en marcha do

Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020.

• Desenvolver unha comunicación centralizada coas entidades locais

participantes nas actuacións de inclusión dixital.

• Manter a interlocución coa Amtega en todos os aspectos relacionados

coas actuacións de inclusión dixital levadas a cabo polas entidades locais .

• Colaborar coa Amtega na procura de aliados dixitais do Plan de Inclusión

Dixital 2020 (axentes sociais, empresarias e entidades públicas) no territorio para

10

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 11: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

realizar actuacións en materia de inclusión dixital, co fin de garantir a capilaridade

dos servizos.

CUARTA.- Orzamento

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia financiará, a través da

Federación Galega de Municipios e Provincias , as actuacións que en materia de

inclusión dixital realicen as entidades locais con aulas de referencia ata un importe

máximo de SETECENTOS OITENTA E NOVE MIL CINCOCENTOS VIENTE E

DOUS EUROS ( 789.522,00 €) con cargo á partida orzamentaria

04.A1.571A.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

para o ano 2019.

No exercicio 2019, a Amtega transferirá trimestralmente á Federación Galega de

Municipios e Provincias a cantidade que proporcionalmente corresponda a un

trimestre das subvencións anuais concedidas mediante resolución da directora da

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A transferencia desta

cantidade realizarase con relación ao primeiro trimestre do ano nos quince días

seguintes á sinatura deste Convenio e con relación aos seguintes trimestres do

ano dentro dos primeiros quince días de cada trimestre.

O financiamento por parte da Amtega ás entidades locais para o desenvolvemento

das actuacións que en materia de inclusión dixital realicen nas aulas de referencia

da rede Cemit será compatible con outras axudas establecidas por outra

Administración Pública, organismo ou ente público ou privado, nacional ou

internacional para o mesmo fin.

11

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 12: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

En todo caso a Fegamp actuará en nome e por conta da Amtega na xestión

destas subvencións, participando na entrega, distribución e xustificación dos

fondos públicos. Estes fondos en ningún caso se considerarán integrantes do seu

patrimonio. A súa achega será entregada en concepto de depósito e será

obxecto de contabilidade separada.

A FEGAMP está exenta da constitución de garantía para asegurar as cantidades

que se lle transfiran para a distribución de fondos entre as entidades locais.

QUINTA.- Gastos subvencionables

Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubitado respondan

á natureza da actividade subvencionada e se realicen no período comprendido

dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro 2019 . En ningún caso o custe de

adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Con carácter xeral, considerarase gasto realizado cando se teña contabilizado o

recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

As entidades locais poderán subcontratar a totalidade da actividade obxecto do

convenio.

Enténdese que unha entidade local subcontrata cando concerta con terceiros a

execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto desta subvención.

Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos nos que teña que

incorrer a entidade local para a realización por si mesmo da actividade

subvencionada.

12

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 13: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da

actividade subvencionada, non aporten valor engadido ao contido da mesma.

Sen prexuízo do anterior, deberase aplicar o disposto no artigo 27 da Lei 9/2007,

de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

SEXTA.- Importe máximo subvencionable para as aulas de referencia

O importe máximo subvencionable para cada unha das entidades locais que

conten con aula de referencia será o seguinte:

- Municipios de 5.000 ou máis habitantes: 15.000 €

- Municipios de menos de 5.000 habitantes: 7.251 €

SÉTIMA.- Pagamentos ás entidades locais con aula de referencia

Para proceder ao pagamento ás entidades locais con aula de referencia será

necesaria a execución polos mesmos da actividade subvencionada e a

presentación ante a Federación Galega de Municipios e Provincias, antes da

finalización de cada trimestre, da seguinte documentación xustificativa:

- Solicitude de pagamento.

- Memoria das actividades realizadas, resultados obtidos e os datos e

incidencias máis salientables habidos na súa execución.

- Conta xustificativa na que se conteña:

13

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 14: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

• Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, co

visto e prace do/a alcalde/sa ou presidente/a, en que se faga constar, como

mínimo, de forma detallada, o seguinte:

- O cumprimento da finalidade da subvención.

- Os distintos conceptos e contías

correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade

beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa

seguinte relación: identificación do/a acredor/a, número de

factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e

data de recoñecemento da obriga polo órgano competente.

• Declaración do conxunto de axudas solicitadas, tanto as

aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo

proxecto, das administracións públicas competentes ou das súas entidades

vinculadas ou dependentes así como dos entes privados. Nesta

declaración, se é o caso, deberá figurar unha relación detallada doutros

ingresos ou subvencións que houbesen financiado a actividade

subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

- Declaración responsable relativa á titularidade da conta onde se debe

realizar o pagamento, en que conste a razón social e NIF, así como o código de

banco, código de sucursal, díxito control e código de conta corrente.

14

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 15: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

- No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE),

documentación acreditativa da mencionada exención.

- Calquera outra documentación ou material que o beneficiario considere

necesario presentar para unha mellor xustificación das actuacións obxecto do

presente convenio.

A FEGAMP remitirá á Amtega, nos primeiros quince días do trimestre seguinte ao

vencido obxecto da xustificación, a documentación anterior para a súa revisión e

comprobación por parte da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a

Modernización Tecnolóxica de Galicia.

O pagamento da FEGAMP ás entidades locais realizarase previo informe de

conformidade da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización

Tecnolóxica de Galicia. A FEGAMP deberá de remitir á Amtega os xustificantes

bancarios coa acreditación efectiva do pagamento ás entidades locais.

En todo caso, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia resérvase o

dereito de solicitar ás entidades locais toda a documentación que se considere

precisa en relación coa realización das actuacións obxecto do presente convenio e

calquera outra que estime oportuna para a correcta xustificación do gasto e o seu

pagamento.

Será requisito para a obtención da subvención que as entidades locais cumpriran

có deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.

15

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 16: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

En todo caso, as entidades locais terán a obriga de reintegrar os fondos percibidos

en caso de inexecución da actividade subvencionada ou incumprimento das

condicións ou requisitos determinantes para o outorgamento das subvencións. Así

mesmo, terán a obriga de facilitar toda a información que se lles requira pola

Intervención Xeral da Comunidad Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de

Contas no exercicio das súas funcións fiscalización e control do destino das

subvencións.

OITAVA.- Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o

31 de decembro de 2019, sen prexuízo das posibles prórrogas ou addendas que,

no seu caso, poidan acordarse nas que necesariamente figurarán as actuacións a

desenvolver e o financiamento correspondente.

NOVENA.- Comisión de seguimento

Para velar polo cumprimento do estipulado, constituirase unha comisión de

seguimento da execución do convenio, formada por dous representantes da

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e dous representantes da

Federación Galega de Municipios e Provincias que actuará como órgano de

vixilancia, seguimento e control do establecido neste convenio, promovendo, se o

considera adecuado, outras actuacións que poidan enriquecer o seu

desenvolvemento. A composición da dita comisión será a seguinte:

16

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 17: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

- Pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a directora da

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ou persoa na que delegue,

e a titular da dirección da Área de Sociedade Dixital, ou persoa que a substitúa.

- Dous representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Esta comisión estará presidida pola directora da Axencia para a Modernización

Tecnolóxica de Galicia, que terá voto de calidade, e reunirase en tódalas ocasións

que se estimen oportunas. Exercerá como Secretario da Comisión de Seguimento

un dos representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias.

En todo caso corresponderán á Amtega as prerrogativas propias da normativa de

subvencións tanto con relación ás entidades locais como coa entidade

colaboradora.

DÉCIMA.- Publicidade

A Federación Galega de Municipios e Provincias consente expresamente a

inclusión dos datos relevantes deste convenio nos rexistros públicos que proceda,

de acordo coa Disposición Adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo

que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005,

do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este convenio será obxecto de inscrición en cumprimento do establecido no artigo

15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.

17

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 18: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

As partes asinantes autorizan/consinten na publicidade dos seus datos persoais e

demais especificacións recollidas no presente instrumento de colaboración no

Portal de Transparencia e Goberno Aberto.

Segundo o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, ademais da información que

debe facerse pública segundo a normativa básica en materia de transparencia, a

Administración autonómica publicará o texto íntegro do convenio.

DÉCIMO PRIMEIRA.- Resolución.

O presente convenio resolverase por incumprimento total ou parcial dalgunha das

cláusulas que o regulan ou polo transcurso do tempo estipulado.

Así mesmo, poderase resolver por denuncia unilateral de calquera das partes

previa comunicación á outra parte con tres meses de antelación.

DÉCIMO SEGUNDA-Desenvolvemento e modificación

O presente Convenio poderá ser obxecto de desenvolvemento a través das

correspondentes adendas ao mesmo.

De acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de

racionalización do sector público autonómico, o convenio poderá ser obxecto de

modificación cando teñan como finalidade o logro dos obxectivos de estabilidade

18

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 19: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

orzamentaria e sostenibilidade financeira. Ditas modificacións terán por obxecto a

redución do volume das obrigas ou a ampliación do seu prazo de execución.

DÉCIMO TERCEIRA.- Inexistencia de relación laboral.

A subscrición do presente convenio non implicará relación laboral, contractual ou

de calquera outro tipo entre os profesionais que realicen as actividades obxecto

deste convenio e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

DÉCIMO CUARTA.- Interpretación.

O presente convenio ten natureza administrativa, e como tal excluído do ámbito de

aplicación da Lei de contratos do sector público (artigo 6 do LCSP), se ben se

observarán os seus principios para a resolución das dúbidas e lagoas que se

puidesen presentar.

Rexerase polas súas propias cláusulas e supletoriamente, polas normas xerais do

dereito administrativo.

En todo caso corresponderán á Amtega as prerrogativas propias da normativa de

subvencións tanto con relación ás entidades locais como coa entidade

colaboradora.

DÉCIMO QUINTA.- Normativa aplicable

19

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 20: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

O presente convenio de colaboración rexerase por:

- A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto

11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

- Normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de

Subvencións e do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o

Regulamento da devandita lei.

- Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia

para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos.

- Acordo adoptado polo consello da Xunta de Galicia na súa reunión

do día 27 de marzo de 1991 e feito público mediante Resolución da Consellería de

Economía e Facenda de data 8 de abril de 1991, sobre convenios de cooperación

con outros entes públicos e de colaboración con particulares.

- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

- Decreto 193/2011, de 6 de outubro, polo que se regulan especialidades

nas subvencións ás entidades locais galegas

E, en proba de conformidade, asínase o presente convenio por duplicado no lugar

e data indicados no encabezamento.

20

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 21: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE ... · 2019. 2. 13. · Dixital de Galicia, e agregar, xunto coa FEGAMP os recursos para o seu axeitado

O presidente da Federación Galega

de Municipios e Provincias

Alfredo L. García Rodríguez

A directora da Axencia para a

Modernización Tecnolóxica de

Galicia

Mar Pereira Álvarez

21

CVE

: NnV

J1M

jOi4

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve