1

Click here to load reader

Convocatoria banco libros

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Banco de libros da ANPA do IES A Sangriña. Curso 2013-2014.

Citation preview

Page 1: Convocatoria banco libros

ANPA IES A SANGRIÑA Avda. De Portugal, s/nºe-mail: ANPAIESASANGRINA@gmail 36780 A Guarda

BANCO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2013/2014Estimadas/os nais/pais:

Como xa vos anunciamos na asemblea xeral de setembro de 2012, dende aANPA poñemos en marcha de cara ao próximo curso o programa de BANCO DE LIBROS, un servizo de préstamo de libros de texto dirixido a todos cursos

Os interesados en usar este servizo tendes que seguir os seguintes pasos:

1) Consultar as normas de funcionamento deste servizo, que aparecen recollidas noREGULAMENTO. Se non sodes socio da ANPA, teredes que pagar a cota de asociado (13 €) deste curso na conta de Banesto a nome da mesma.

2) Se estades interesados neste servizo e cumprides e aceptades as condicións fixadas no Regulamento, deberedes cubrir e asinar a FICHA DE INSCRICIÓN e o DOCUMENTO DE CESIÓN-PETICIÓN, e entregalos no local da ANPA NA ÚLTIMA SEMANA DE XUÑO en horario de: _____________11:00 a 13:00______________________________________________Unha vez teñamos esta documentación no noso poder, elaboraremos un informe cos libros cedidos e cos libros solicitados. Segundo o Regulamento, terán preferencia aqueles socios /as que entreguen libros de texto ao Banco, e no caso de haber máis solicitudes que libros no Banco, procederíase a un sorteo en asemblea ou outro método que decidan as nais/pais na mesma.

Os libros cedidos ao Banco serán entregados os últimos días de xuño / setembro deste curso (Os que queiran poderán xa ir entregando antes os libros que non utilicen).No momento da entrega dos libros, daráselle un resgardo acreditativo dos libros entregados.

A cada socio/a usuario/a do Banco de Libros asignaráselle un código. Na primeira quincena do mes de xullo ou en setembro entregaráselle o texto ou textos que lle correspondan, (Se a ANPA ten que comprar libros para o Banco, a entrega dos mesmos estará condicionada pola distribuidora).

Notas:

* O Regulamento, a Ficha de Inscrición e o Documento de Cesión-Petición descargaransedo noso blogue: http://anpaiesasangrina.blogspot.com.es/ (Banco de libros).

** A utilización deste servizo é compatible co cheque escolar, xa que este pode sergastado en material escolar.