25
XINZO Páx.10 XINZO Páx.14 XINZO Páx.11 XINZO Páx.11 O PP desminte a caída de usuarios da piscina climatizada Executadas nun 75% as obras da estrada de Baltar Número: 61 - Ano:VI - Decembro 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 OCIO Páx.18 Música e actividades infantís, no programa de Nadal de Xinzo O parque naútico non é unha prioridade para Portos de Galicia Desencontro PP- PSdeG polo custo das beirarrúas do Toural Veciños e concelleiros de Alternativa Popular Galega aplauden a elección de Castro como rexedor./P.LODEIRO Xosé Manuel Castro, de APGa, xa é alcalde dos Blancos [páx. 14] Entrevista a Juan Manuel Jiménez Morán, senador por designación autonómica [páx.2]

Decembro 2011 - BXV

Embed Size (px)

DESCRIPTION

As programacións de Nadal, no Barrios Xinzo-Verín de decembro. O Nadal e as súas implicacións ten un papel protagonista no número de decembro do periódico Barrios. Actividade cultural, ocio para os máis cativos e propostas dos comerciantes son algunhas das novas que incluimos neste número, no que tamén hai espazo para outras noticias de corte máis político. Así, entrevistamos ao novo senador por designación autonómica, o alcalde de Verín, e acudimos ao pleno de constitución do concello dos Blancos, que conta con alcalde, Xosé Manuel Castro, de APGa, seis meses despois que o resto de municipios.

Citation preview

Page 1: Decembro 2011 - BXV

XINZO Páx.10 XINZO Páx.14XINZO Páx.11 XINZO Páx.11O PP desminte a caída de usuarios da piscina climatizada

Executadas nun 75% as obras da estrada de Baltar

Número: 61 - Ano:VI - Decembro 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

OCIO Páx.18Música e actividades infantís, no programa de Nadal de Xinzo

O parque naútico non é unha prioridade para Portos de Galicia

Desencontro PP-PSdeG polo custo das beirarrúas do Toural

Veciños e concelleiros de Alternativa Popular Galega aplauden a elección de Castro como rexedor./P.LODEIRO

Xosé Manuel Castro, de APGa, xa é alcalde dos Blancos [páx. 14]

Entrevista a Juan Manuel Jiménez Morán, senador por designación

autonómica [páx.2]

Page 2: Decembro 2011 - BXV

� BARRIOSDecembro de �011

VERÍN E COMARCA

Jiménez Morán, senador por designación autonómica4 O alcalde de Verín promete afrontar con ilusión e seriedade no seu novo cargo.

Redacción

O Concello recurriu a un prestamo ICO para poder pagar facturas a proveedores atrasadas. Na última sesión plenaria o grupo de goberno do PP aprobou en solitario -coa abstención de PSdeG e BNG- un recoñecemento extraxudicial de créditos dunha contía de 69�.37� euros en facturas penden-tes de pago a proveedores e a solicitude do préstamo para sufragalas.

Segundo recoñeceu o alcalde, Juan Manuel Ji-ménez Morán, “esta si-tuación de recoñecemento produciuse pola situación de crise que vivimos, e que o noso goberno so-luciona cunha política de austeridade e recorte do gasto tal e como sinala Intervención”. O rexedor resaltou, ademais, que a situación económica do Concello se complica por mor da diminución recadatoria dun 88.71% no ICIO, do �1.18% na participación nos ingresos do Estado, do 14.6�% na participación dos ingre-sos da Xunta de Galicia, “que suma un total de 893.074,�0 euros ao ano, sen esquecer a devolución da liquidación dos orza-mentos �008-�009 que supón máis de 500.000 euros”. Jiménez recordou que “se segue a realizar un

control exhaustivo do gasto, con medidas de aforro como as aplicadas no alumeado público, a redución de gas-tos no capítulo de persoal de 47 a 4�%, revisión de contratos de mantementos para subscribilos á baixa ou eliminación de dedicacións exclusivas”. “Coa aproba-ción deste recoñecemento se pagará aos pequenos proveedores, para que non sufran a crise, e seguiremos traballando para xerar os re-cursos suficientes e cumprir con todos os acreedores”, insistiu o alcalde.

MociónsNo apartado de mocións,

o PP presentou unha, que recibiu o apoio unánime de toda a corporación, para solicitar o pago das expro-piacións realizadas aos ve-ciños de Tamagos, Moura-zos, Tamaguelos, Mandín, Feces de Abaixo, Queizás e Cabreiroá polas obras da autovía A-75 (Verín-Fron-teira Portuguesa), e que ca-tro anos despois aínda non foron cobradas.

Pola contra, a moción do BNG sobre políticas de prevención e tratamento da violencia de xénero foi rexeitada polo PP.

PLENO EN VERíN

O Concello pide un crédito ao ICO para pagar facturas4 Recoñeceu 69�.37� euros en facturas pendentes de pago a proveedores.

Unha moción aprobada pide o pago das expropiacións da autovía A-75

Redacción

Estreando o cargo de se-nador polo Partido Popu-lar, Juan Manuel Jiménez Morán, alcade de Verín, enfróntase a este novo reto con ilusión e seriedade.

Como afronta esta nova etapa como senador?

Juan Manuel Jiménez Morán: “Con moita ilu-sión. Para min é un cargo novo dentro da dilatada vida política que teño ac-tualmente. Ademais, é un cargo importante e agardo exercelo de maneira axei-tada para satisfacer a todos os que apostaron por min”.

Como vai a combinar as súas obrigas como alcalde coas de senador?

J.M.: “Eu creo que a combinación é posible por-que como todo o mundo sabe eu ata agora tiña que acudir ao Consello de Ra-dio Televisión de Galicia unha ou dúas veces á sema-na, e o ritmo de reunións no Senado nin sequera é tan intenso, polo que se ata agora dei compatibilizado o cargo de conselleiro de RTVG coa alcaldía supoño que agora o poderei seguir facendo. Ademais, nunha situación como a actual, na que o Partido Popular vai gobernar España, é impor-tante estar preto da toma de decisións para pór en valor aqueles proxectos que per-mitan o desenvolvemento non só de Verín, senón da comarca, de Ourense e de Galicia”.

Ten sentido a existencia do Senado?

J.M.: “Eu creo que sí. É

unha cámara de segunda lectura das leis, para revi-salas e melloralas. Aínda que todos cremos que se converteu nunha cámara de decisión territorial e coin-cidimos en que debe pasar a ser unha cámara de pri-meira lectura de todo o que teña que ver coas comuni-dades autónomas. Pero para iso haberá que facer unha reforma, coa que creo que está todo o mundo dacordo, e agardo que durante esta lexislatura se vaian dando pasos cara este modelo”.

Que tema lle gustaría que se tratase na cámara alta en relación á súa co-marca?

J.M.: “Na Cámara Alta poderían tratarse numero-sas iniciativas, pero creo que é preciso abordar todas aquelas que melloren a ca-lidade de vida dos veciños de Verín, de Ourense e de Galicia. Agardaremos a que o día 19, cando teña lugar a investidura do novo gober-no, o noso presidente nos informe sobre o programa que levará a cabo e será o turno de que todos arrime-mos o ombreiro”.

Logo da manifestación dos comerciantes, vai repensar o tema do alu-meado de Nadal?

J.M.: “Non, en absolu-to. Esta decisión non foi tomada de xeito aleato-rio, senón que se deriva da situación aconómica que vivimos. E cando un concello precisa facer re-cortes o primeiro que se plantexa é reducir aquelas cousas menos traumáticas e unha delas é o alumeado de Nadal. Neste intre os in-gresos do concello caeron de xeito descomunal, hai que apretarse ben o cinto. Por iso decidimos que nas rúas máis grandes e con maior alumeado debiamos apagar unha luz de cada dúas, porque a día de hoxe a nosa débeda con Fenosa acada os 800.000 euros e corremos o risco de que se nos corte a luz de todo o concello se non solventa-mos o pago.

Falando como consumi-dor, no que menos me fixo cando salgo a mercar por Verín é se hai alumeado de nadal diante dun comer-cio. Pola contra fíxome no seu escaparate, en que o comerciante me trate ben, que teña boas ofertas... E creo que así pensa o 99,9% dos veciños. Ademais, eu creo que nunha época de consumo como o nadal as ganancias non van dimi-nuir por que non haxa alu-meado navideño”.

O Concello reclamará a Portugal que suprima a peaxe da autovía A-24 ao seu paso pola Euroci-dade?

J.M.: “O que temos pen-sado facer, tanto o alcalde de Chaves coma min can-do se inaugure a sede da Eurocidade, é falar co po-lítico que veña á inaugura-ción e explicarlle que non ten sentido pagar peaxe dentro dunha cidade”.

Jiménez, no seu despacho da alcaldía de Verín./M.REJO.

“Nunha época de consumo como o Nadal as ganancias non van diminuir

por que non haxa alumeado”

Page 3: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

3VERÍN E COMARCA

Redacción

O Ministerio de Fomen-to e a Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas impulsan á rehabilitación de �0 viven-das da zona antiga e barrio de San Lázaro en Verín, a través dun convenio no que participa tamén o Concello da localidade.

Estes acordos, que for-man parte do programa �011 do Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación, están destinados a facilitar o acceso a unha vivenda ou rehabilitación da que po-súen as familias de Verín e son xestionados dende a Oficina de Rehabilitación do casco antigo do muni-cipio.

As axudas de áreas de re-habilitación para propieta-rios de vivendas consisten en subvencións a fondo per-dido de ata o 75% de presu-posto protexido, cun límite de 10.000 € por vivenda, en caso de áreas de rehabilita-ción integral como é o caso de Verín. Ademais, pódese acceder a un préstamo, sen subsidiación, a un prazo máximo de 15 anos, con tres de carencia.

As devanditas axudas pó-denas solicitar os propieta-rios de vivendas con máis de 10 anos de antigüidade, que despois da rehabilita-ción as destinen a residen-cia habitual ou aluguer du-rante un período mínimo de cinco anos.

Nos casos de áreas de

A Xunta e Fomento subvencionan a rehabilitación de 20 vivendas no casco antigo4 As axudas poden chegar a cubrir ata o 75% do presuposto, cun límite de 10.000 euros.

conxuntos como en Verín, as axudas son compatibles con axudas de rehabilitación en conxuntos históricos que fi-nancia en exclusiva a Xunta de Galicia. Estas axudas de rehabilitación en conxuntos históricos alcanzan o 50% do presuposto, cun límite de 6.600 ou 8.600 euros, segundo o tipo de obras rea-lizadas -sumadas as axudas da área de rehabilitación e de conxuntos históricos po-den alcanzar o 75% do pre-suposto como máximo-.

Por outra banda, o Con-cello de Verín pode acceder a subvencións para a reali-zación de obras de urbani-zación no ámbito da área de rehabilitación, que poden cubrir ata o 40% do presu-posto das obras, sempre que

o importe da subvención para urbanización non su-pere o 40% do importe total de subvencións destinadas a rehabilitación de edificios e vivendas.

A Oficina de Rehabili-tación

A Oficina de Rehabili-tación do casco antigo de Verín entrou en funciona-mento en outubro do �006, e a súa tarefa consiste tan-to en ofrecer asesoramento

4 Aberto prazo para ser adxudicatario

Ata o �3 de decembro amplíase o prazo de ins-crición para participar no proceso de selección de adxudicatarios de dúas vivendas de promoción pública cualificada, en réxime de aluguer, si-tuadas no Barrio de San Lázaro de Verín.

Estas residencias, de dúas plantas, de 3 e � dormitorios, contan cunha renda mensual aproximada de ��� e 16� euros, respectiva-mente (IBI e comunida-de aparte).

Para acceder ás mes-mas non existe límite de idade, e só se esixe que os ingresos familiares ponderados oscilen entre 1 e �,5 veces o IPREM e estar inscritos no Rexis-tro de Demandantes da Comunidade Autónoma antes do � de setembro.

O sorteo destas dúas vivendas terá lugar o �7 de decembro.

Vivenda do casco histórico de Verín.técnico, como na xestión de axudas para actuar na área de rehabilitación do casco antigo e o barrio de San Lázaro.

Co fin sempre de dina-mizar a zona antiga me-diante intervencións que respecten o legado do pasado cuns criterios que satisfagan os parámetros de habitabilidade de hoxe, mediante intervencións sostibles e actuacións de inclusión social.

Page 4: Decembro 2011 - BXV

4 BARRIOSDecembro de �011

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

4 “Este Nadal merca en Verín”

O Centro Comercial Urbano de Verín organiza a campaña ‘Este Nadal merca en Verín’, ata o �7 de decembro ás 14 horas, na se entregarán vales en-tre os compradores para entrar no sorteo de seis premios de 100 euros cada un.

A entrega de premios terá lugar o venres �9 de decembro, ás 17.30 horas, na gala de Animación In-fantil Aever (no Pavillón Municipal de Deportes), na que tamén colabora a Eurocidade Chaves-Verín e onde tamén se entrega-rán os premios do Con-curso de Escapartes da Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense.

4 Curso de orientación laboral

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Ofici-na Municipal de Informa-ción Xuvenil (OMIX) de Verín, promove a realiza-ción dun curso de orienta-ción laboral dirixido aos mozos da comarca.

A formación terá lugar o �0 de decembro, de 11 a 13 horas, na Casa da Xu-ventude de Verín e inclui-rá contidos como técnicas de busca de emprego, au-toavaliación do candidato, coñecemento do mercado laboral, medios para ato-par emprego, programa Emprende da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, modelos de currículo e carta de pre-sentación e a entrevista de traballo.

As inscricións realízan-se na OMIX, (Avda. Por-tugal, 11 bis).

O cocido, mellor con viño de Monterrei4 A Festa do Cocido de Lalín e a D.O. Monte-rrei asinaron un acordo de colaboración.Redacción

O Concello de Lalín e a D.O. Monterrei veñen de asinar un acordo de cola-boración para fomentar a promoción conxunta da Festa do Cocido e dos vi-ños desta denominación. Esta unión de forzas per-mitirá que tanto o próximo Mes do Cocido -do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro- como a Festa do Cocido de Lalín -que terá lugar a partir do 1� de febreiro-, teñan como viño recomen-dado o que se elabora na Denominación de Orixe Monterrei, tanto nos actos oficiais como nos restau-rantes da capital da comar-ca do Deza.

Esta actuación logrará que o prato estrela desta festa, o cocido, sexa ma-ridado por primeira vez polos caldos da D.O. máis nova de Galicia, logrando “unha maridaxe perfecta”, segundo asegurou o rexi-dor de Verín, Juan Manuel

Jiménez Morán durante a presentación desta colabora-ción na Casa do Escudo do seu concello, na que tamén estiveron presentes o conse-lleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a secretaria xeral para o Turismo, Car-men Pardo, o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Antonio Ángel Méndez, e o alcalde de La-lín, Xosé Crespo.

Devandita actuación per-mite, segundo subliñou este último, “o irmandamento de dúas poboacións, Verín e Lalín, e a simbiose de dous produtos, viño e cocido, que será o punto de partida dunha relación que poderá estenderse a outras celebra-cións realizadas en diversos países”.

Diversificación da oferta turística

Unha estratexia de des-estacionalización e diversi-ficación da oferta turística que, como recordou o conse-lleiro de Cultura e Turismo,

Roberto Varela, que neste caso a unión do cocido de Lalín e o viño de Monte-rrei “afonda nun camiño de cultura e de turismo común”, polo que lembrou que os dous municipios asinantes do acordo están unidos pola Vía da Prata, “unha das máis antigas ru-tas xacobeas”, e en ambos destaca a importancia do Entroido.

Ademais, Varela asegu-rou que este acordo supón “colaborar e unir esforzos na mesma dirección”, algo que definiu como “clave” para superar o momento de dificultades que se atra-vesa a nivel global, e que “exemplifica a procura de sinerxías e a rendabiliza-ción de esforzos que pro-poñemos dende a Xunta”.

As distintas autoridades durante a presentación do acordo./B.INTERFILMS

Redacción

O Plan de Competitivi-dade Portas de Galicia das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras xa ten pre-senza no espazo virtual e nas redes sociais. A través dunha páxina en Facebo-ok, perfil en Twitter, canle en YouTube, SlideShare, Flirck e ikiMap daranse a coñecer todas as accións desenvolvidas dentro des-de proxecto.

A primeira das activida-des de promoción consiste no lanzamento de sendos concursos nas redes so-ciais Facebook e Twitter, vixentes ata o venres 16 de decembro.

No caso da páxina de Facebook, os interesados teñen que facerse segui-

dores da páxina, contestar á pregunta “Cal é a túa ra-zón para descubrir Portas de Galicia?” e compartila no seu muro. O gañador dunha escapada romántica no Hotel&Spa Vilavella (A Mezquita) para dúas per-soas será aquel que consiga o maior número de “Gústa-me”.

En Twitter, os usuarios deben seguir a conta de Portas de Galicia nesta rede social @puertasgalicia e “tuitear” a razón pola que lles gustaría visitar a zona, sen esquecerse de engadir o “hashtag” #puertasdegali-cia. Rematado o prazo, rea-lizarase un sorteo dunha es-capada de inverno para dúas personas no Hotel Mesón de Erosa (A Gudiña) entre todos os participantes.

O plan Portas de Galicia xa está presente nas redes sociais4 Organiza dous concursos en Facebook e Twitter.

Os Entroidos lánzanse ao mercado turístico de interiorRedacción

Esta tempada os En-troidos transfórmanse en produto turístico da man dunha variada oferta de in-verno na que se inclúe gas-tronomía e ocio, nos doce concellos do oriente ouren-sán que integran o Plan de Competitividade Turística Portas de Galicia.

Os municipios da Gudi-ña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de

Conso, abren as súas portas ao turista e ofrécenlle un produto combinado no que se mestura gastronomía, enoturismo, turismo de saúde ou de natureza, e no que tamén se conta coa ani-mación dos eventos ligados aos Entroidos.

A tempada vai dende o 1 de xaneiro ata mediados de marzo, e durante ela a asociación de empresarios hostaleiros ligada ao Plan de Competitividade preten-de mostrar os seus mellores servizos e promocións de inverno organizadas nun produto que foi bautizado co nome de “Inverno de Entroido. Puro Carnaval”, con web propia: www.in-viernodeentroido.com.

Os viños de Mon-terrei serviranse nos actos oficiais e nos restauran-tes de Lalín

Page 5: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

5PUBLICIDADE

Page 6: Decembro 2011 - BXV

6 BARRIOSDecembro de �011

PUBLICIDADE

Page 7: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

7EUROCIDADE

Redacción

Vén de clausurarse en Verín o Curso de xestión de proxectos de participación xuvenil “A Xuventude Mó-vese”, organizado pola Di-rección Xeral de Xuventu-de e Voluntariado co apoio do Instituto Português da Juventude, en coordina-ción co Concello de Verín e a Cámara Municipal de

Chaves.Este curso tivo lugar du-

rante os dous últimos fines de semana, un en Chaves e outro en Verín, e estaba destinado a dotar aos �6 participantes -13 galegos e 13 lusos- de recursos, fe-rramentas e materiais para impulsar a aprendizaxe non formal dende as súas orga-nizacións, para que o traba-llo cos mozos e mozas sexa

áxil e eficaz. Os principais obxec-

tivos de “A Xuventude Móvese” foron fomentar o intercambio de expe-riencias entre colectivos e dinamizadores xuvenís da Eurocidade Chaves-Verín, favorecer a cooperación e o traballo en rede entre entidades de Galicia e o Norte de Portugal, facili-tar un espazo de encontro para a reflexión sobre a aprendizaxe non formal con mozos e mozas e pro-mover a participación xu-venil a través de proxectos no ámbito do programa “Xuventude en Acción”.

Asistentes ao curso “A xuventude móvese”, na última sesión en Verín.

Clausura do curso de xestión de proxectos ‘A Xuventude Móvese’

Redacción

Promover a educación e seguridade viaria dos dous lados da fronteira nunha iniciativa conxunta. Este foi o obxectivo prioritario da Semana da Educación e Seguridade Viaria, que a Eurocidade Chaves-Ve-rín organizou por terceiro ano consecutivo. Este ano esta iniciativa contou cun programa que contempla-ba varias accións de divul-gación de formas correctas de actuación sobre educa-ción e seguridade viaria, dirixidas á poboación das dúas localidades.

En Chaves foron máis de 750 nenos os que par-ticiparon nas exposicións de material didáctico, ex-hibición de medios, patru-llas infantís e un simulacro de incendio; e 160 os par-ticipantes no Seminario Internacional ‘Seguridade sen fronteiras’. Debido as

inclemencias meteorolóxi-cas en Verín, as actividades ao aire libre tivéronse que cancelar, mentres que nos dous relatorios realizados participaron máis de 150 persoas.

Ademais dos dous muni-cipios, na organización da Semana colaboraron a Xe-fatura Provincial de Tráfico, Agrupación da Garda Civil

de Tráfico de Verín, Policía Local e Garda Civil de Verín, Cruz Vermella Monterrei, Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, Protección Civil, Grumir, Guarda Nacional Republicana, Polícia de Se-gurança Pública, Bombeiros de Chaves, Protecção Civil, e Concellerías de Tráfico e Educación de Ourense.

Máis de mil persoas participaron na Semana da Educación Viaria

Exhibición de medios dos bombeiros, do 112 e dos diferen-tes corpos de seguridade.

Page 8: Decembro 2011 - BXV

8 BARRIOSDecembro de �011 VERÍN E COMARCA

Redacción

O PSdeG presenta emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia para aumentar nun total de 13 millóns de euros as parti-das que afectan á comar-ca de Monterrei. Segundo o deputado Juan Carlos Francisco Rivera, “cunha taxa de desemprego supe-rior ao �1%, e con máis de 3.000 parados na comar-ca, sería desexable que os investimentos da Xunta de Galicia contribuísen a dinamizar o tecido eco-nómico e non a paralizala aínda máis”. Neste senso, as emendas presentadas polo grupo socialista “ten-

tan mobilizar 13 millóns de euros para investilos tanto en obras públicas nos conce-llos como na dinamización e potenciación turística”.

As emendas contemplan un investimento de máis de dous millóns de euros na rehabilitación e posta en valor do Castelo e da Acró-pole de Monterrei, 300.000 euros para a creación dunha Axencia Supramunicipal de Promoción Turística, e 100.000 euros para o Cen-tro de Interpretación do In-vernadoiro.

Igualmente esixen mello-ras no abastecemento e o saneamento dos concellos da comarca por importe de oito millóns de euros,

destacando catro millóns de euros para a EDAR de Castrelo do Val, 500.000 para os núcleos de Cua-ledro ou os 300.000 euros para a nova rede de depu-ración de verquidos ao río Támega en Oímbra.

De igual modo se reco-llen medidas específicas de apoio á denominación de orixe Monterrei, �50.000 euro, e á promoción e co-mercialización da castaña, �50.000 euros.

Os socialistas reclaman 13 millóns máis para a comarca nos Orzamentos da Xunta

Redacción

O portavoz socialista en Vilardevós, José Luís Pérez García, vén de de-nunciar a adxudicación, segundo el “a dedo”, dun contrato para o mante-mento da depuradora e a lectura dos contadores de auga por valor de 500 euros ao mes, cando este traballo era antes asumido polo persoal laboral do Concello.

Como consecuencia, os socialistas sinalan a “mala xestión do Partido Popular deste servizo, que agora custa 6.000 euros ao ano máis ao Concello”. “Tendo en conta que a re-cadación do Concello por este concepto é de �.500 euros anuais, e esta reca-dación custa 6.000 euros, non compensa cobrar este servizo, polo que dada a situación de crise o al-calde podería facerlle un favor aos veciños e non cobrar pola auga, ao tem-po que recorta gastos mu-nicipais”, suxeriu Pérez García.

Ademais lembrou que a persoa contratada mes-mo foi candidata polo PP, “mantendo a liña das escollidas contratacións feitas polo Concello de Vilardevós dende o pasa-do mes de maio”.

EN BREVE

4 O TSXG de-sestima a solicitude de aclaración do Concello de Verín

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar a solicitu-de de aclaración por par-te do Concello de Verín da sentenza que anula o orzamento de �009, por resultar “motivada, exten-sa e precisa a mesma”. O TSXG indica que contra esta resolución non cabe recurso algún.

O Concello pedira ao alto tribunal galego que aclarase a vixencia ou non do orzamento do Conce-llo de Verín de �009, que fora anulado pola falta de negociación colectiva coa CIG.

4 Novos cursos de Alfabetización Dixital

A Aula CeMIT de Ve-rín programa cinco novos cursos de Alfabetización Dixital, que abordan te-máticas como as redes sociais, o procesador de textos writer, a presenta-ción de diapositivas co programa Impress, ou o correo electrónico.

Os cursos levaranse a cabo durante todo o ano, cunha duración de aproxi-madamente tres semanas cada un deles, en horarios de mañá, tarde, e horario especial para traballadores (de �0 a �� horas). Póde-se opter máis información sobre eles diríxindose á Biblioteca Pública, no te-léfono 988 414 776 e en [email protected].

Dende o comezo das ac-tividades da Aula CeMIT en maio, impartíronse �4 cursos a un total de 85 alumnos.

A resposta do PP Pola súa banda, o alcal-

de de Vilardevós, o popu-lar Manuel Cardoso, non tardou en puntualizar as “incorrectas” declaracións realizadas polo socialista. Segundo o popular “esta adxudicación non só é para esas dúas cuestións -mante-mento da depuradora e lec-tura dos contadores- senón tamén para levar o control das arquetas dos nacen-tes da auga”. “Esta persoa acude dúas veces ao día á planta depuradora, durante todos os días do ano, para comprobar o seu correcto funcionamento de consumo de auga coa que se abastece as localidades de Vilarde-vós, Dona Elvira, Moimen-ta e Santa María”.

Así mesmo, Cardoso ex-plicou que a adxudicataria deste servizo “nunca formou parte de ningunha lista do PP e en Vilardevós non se outor-gan os servizos por afiliación política”. “Unha vez máis o portavoz socialista amosa demagoxia e irresponsabili-dade nas súas verbas, sobre todo porque durante os seus mandatos unha soa empre-sa, con sede en Verín, reali-zou 40 obras no municipio de Vilardevós, por un total de 538.309,40 euros. Unha empresa con parentesco cun traballador do Concello”, si-nalou o alcalde.

PSdeG e PP de Vilardevós discrepan pola adxudicación dun servizo municipal4 Os socialistas critican que o concello invista 6.000 euros para recadar �.500 do abastece-mento.

Protesta en Verín pola falta de alumeado de NadalRedacción

Cunha manifestación á luz das candeas respon-deron os comerciantes de Verín a decisión do Con-cello de non instalar este ano alumeado de Nadal para reducir gastos.

Para o presidente de AEVER, José Ángel Ro-dicio, a marcha foi un modo de amosar a súa queixa porque o goberno local “non nos avisara con tempo” desa deci-sión, que considera que afectará negativamente ás vendas durante o período navideño. Doutro modo poderían ter intentado instalar un alumeado pro-pio, explicaba.

Máis dun cento de comerciantes e veciños percorreron o tramo entre a praza García Barbón e o Concello portan-do candeas en sinal de protesta./BORYS INTERFILM

Solicitan máis fondos para obras pública e dinamización turística

Page 9: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

9PUBLICIDADE

Page 10: Decembro 2011 - BXV

10 BARRIOSDecembro de �011 XINZO E COMARCA

Redacción

O presidente de Por-tos de Galicia, José Juan Durán, vén de aclarar no Parlamento galego que o proxecto de creación dun parque náutico no río Li-mia atópase unicamente en fase de estudo por par-te da entidade. Segundo aclarou Durán -en res-posta ás demandas do na-cionalista Bieito Lobeira, que lle esixía “claridade, rigurosidade e seriedade” en relación a este proxec-to- profesionais de Portos de Galicia “só están a rea-lizar un análise da viabili-

dade deste proxecto”, pero que en ningún caso “existe un acordo formal e asinado entre a nosa organización e o Concello de Xinzo”.

En canto á partida orza-mentaria que a Xunta tiña xa previsto dedicar a este proxecto, como recordou Lobeira, o presidente da ad-ministración portuaria ex-plicou que “ante a situación económica actual Portos de Galicia prestará maior atención a aquelas iniciati-vas vencelladas á activida-de marítima”. Polo tanto, o parque náutico de Xinzo “non é actualmente unha prioridade”, sentenciou.

O parque náutico de Xinzo non é unha prioridade para Portos de Galicia4 A entidade primará aqueles proxectos vencellados á activi-dade portuaria marítima.

O homenaxeado, Manuel Míguez, cos seus fillos e o alcalde de Vilar de Santos.

Homenaxe a toda unha vida100 anos non se cumpren todos os días e por iso o Concello de Vilar de Santos quixo

renderlle unha homenaxe a un dos seus veciños máis lonxevos, Manuel Míguez Quelle, “o Manuel Pequeno”, con motivo do seu 100º aniversario, nun acto na casa consistorial que reuniu a familiares, amigos e veciños o pasado 8 de decembro.

O recoñecemento consistiu nun relato da vida de Manuel, feita por Xose Antón Jar-dón Dacal, “a vida dun home sinxelo, tranquilo”, con tres fillos, Carmen, Concha e Manolo, e catro netos e máis bisnetos. Unha semblanza na que se citaron numerosas anécdotas e vivencias, recordando, por exemplo, que Manuel leva unha vida normal “na que non falta á súa partida cos veciños e numerosos paseos diarios polo pobo”.

A continuación o coro de mulleres de Vilar de Santos, cantou varias cancións. Pe-chou o acto o alcalde, Xan Jardón, que lle fixo entrega dunha reprodución facsimil da acta de nacemento aos seus fillos e despois unha placa a Manuel en nome de todos os veciños e veciñas. O acto rematou desexándolle todos os presentes ao señor Manuel que cumpra moitos máis.

Gadis inaugura o seu segundo supermercado en XinzoRedacción

GADISA inaugura este xoves 15 de decembro o seu segundo supermer-cado Gadis en Xinzo, co obxectivo de mellorar o servizo e proximidade aos clientes, aos que lles ofrece un amplo abano de produtos de marcas recoñecidas a prezos moi competitivos.

O novo punto de venda está ubicado na avenida de Ourense, na entrada de Xinzo, e conta cunhas modernas e funcionais instalacións de máis de 1.700 metros cadrados de superficie total, con 116 prazas de aparcamento gratuito, seguindo a liña das últimas aperturas da compañía.

GADISA suma xa �00 Supermercados Gadis en Galicia e Castela e León, 17 deles ubicados na pro-vincia de Ourense.

Page 11: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

11

ÚLTIMA HORA

A ampliación das pontes depende dos permisos da CHMS

XINZO E COMARCA

Redacción

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten execu-tado o 75% das obras que está a levar a cabo na es-trada OU-30� que une as localidades de Xinzo de Lima e Baltar, no treito de 1,6 quilómetros entre a N-5�5 e a estrada provincial de Cualedro.

Esta obra rematarase neste mesmo mes no que corresponde á sinaliza-ción vertical e ao baliza-mento. A execución das estruturas de ampliación das pontes depende dos permisos por parte da Confederación Hidrográ-fica Miño-Sil, os que se espera queden resoltos en breve prazo e, así, come-zar as obras das pontes a inicios do ano próximo, para que queden remata-das no primeiro trimestre. Posteriormente, procede-rase á extensión da capa de rodadura definitiva no inicio do segundo trimes-tre de �01�, rematando ademais a sinalización, cartelería e plantacións.

Datos técnicosA actuación, que conta

cun orzamento de máis de dous millóns de euros, supón a construción de dous carrís de tres metros en zona urbana e de 3,50 metros en zona interurba-na, xunto con beiravías de medio metro.

A estrada atópase xa asfaltada en toda a súa

lonxitude coa capa base e a intermedia, só queda pen-dente a capa de rodadura, que se levará a cabo unha vez feita a ampliación pre-vista nas pontes sobre o río Limia e o regato Nocelo.

Por outra banda, a roton-da da conexión coa estrada provincial de Cualedro xa ten o movemento de terras feito e pendente de afirmar. Así mesmo, na zona urbana de Xinzo, o vial conta con beirarrúas de plaqueta, xa executadas e en servizo.

Esta vía ten en toda a súa lonxitude dous camiños de servizo adicionais, xa as-faltados e utilizables e dun ancho de ata cinco metros, un a cada lado da estrada principal, que dan servizo ás fincas e casas, permitindo o desprazamento de vehículos e persoas sen necesidade de interferir na estrada.

As obras de drenaxe xa están resoltas coa coloca-ción nas dúas marxes, en-tre a estrada e os camiños de servizo, dun colector de

�.361 metros de lonxitu-de, con gabias e sumidoi-ros en superficie que con-ducen as augas da estrada e as do nivel freático cara dita tubaxe, que verte no regato Nocelo.

As infraestruturas de abastecemento atópánse xa case rematadas, cunha lonxitude total de �.56� metros, coas acometidas correspondentes, o co-lector de saneamento, así como o pozo de bombeo previsto nun dos ramais. Tamén se finalizou a rede de canalización eléctrica para o alumeado.

No referente á sinaliza-ción horizontal, vertical e balizamento, atópase pin-tado o eixe da estrada en color amarelo de obra.

Executadas nun 75% as obras da estrada a Baltar 4 A rotonda da conexión coa estrada provincial de Cualedro ten o movemento de terra feito e está pendente de afirmar.

Desencontro PP-PSOE polo custo das beirarrúas no Toural4 O goberno local de Xinzo facilita o orzamento das obras, que ascenden a �05.000 euros.Redacción

O grupo de goberno de Xinzo fixo público o orza-mento da obra de renova-ción de beirarrúas da rúa Toural, que é de �05.703 euros. Desta cantidade, 146.491 euros correspon-den á execución material, 19.043 a gastos xerais, 8.789 ao 6% de beneficio industrial, e 31.378 euros a IVE.

O goberno do PP aclara así as preguntas da voceira socialista, Elvira Lama, so-bre o custo destes traballos, recollendo “as inquedanzas dos propios veciños e resi-dentes na zona, que pregun-tan con estupor como unha obra tan pequena pode cus-tar tantos cartos, saíndo a 3.000 euros o metro lineal de beirarrúa”.

Segundo explica o grupo

de goberno nun comunica-do, o proxecto está co fi-nanciado pola Consellería de Industria, que asume o 75% do importe das obras (154.�77 euros), mentres que o Concello financia os 51.4�5 euros restantes. A financiación distribúese, ademais, en dúas anuali-dades, sendo a achega do Concello de 14.509 euros este ano e doutros 36.916 o ano vindeiro.

Segundo os datos dos que dispón o Concello a 30 de outubro as obras da anualidade de �011 están rematadas “segundo infor-me asinado polo técnico da obra”, corresponden-do ao tramo de beirarrúa da parte posterior da rúa Toural (rúa Alexandre Bóveda) e parcialmente ao cruce coa rúa de San Roque.

O primeiro tramo executado das beirarrúas corresponde á rúa Alexandro Bóveda.

O ensanchamento das pontes terá que agardar aos per-misos da Confederación Hidrográfica./M.REJO.

4 Xestur Ourense aproba a primeira fase da ampliación de Pazos

O Consello de Adminis-tración de Xestur Ouren-se foi informado sobre o proxecto de urbanización da primeira fase do par-que empresarial de Pazos, en Verín.

O Consello de Adminis-tración decidiu que dito proxecto se remita ao Ins-tituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a súa re-visión e aprobación. Unha vez que o proxecto reciba a aprobación por parte do IGVS, Xestur Ourense procederá a licitar as obras de urbanización.

A primeira fase da am-pliación do parque em-presarial de Pazos con-tará cunha superficie de 58.049 metros cadrados, dos que preto de 34.000 serán de uso industrial e o resto corresponderán a equipamento, espazos li-bres e zonas verdes e via-rio e aparcamento.

O investimento previsto nas obras de urbanización deste primeira fase do par-que empresarial supera os �,1 millóns de euros.

4 Seminario de emprendemento

O Centro de Desenvol-vemento Transfronteirizo Cooperativo de Verín orga-niza o 19 de decembro un Seminario de emprende-mento cooperativo. A acti-vidade formativa terá lugar durante a mañá -de 9 a 13 horas - e pretende ofrecer unha visión global sobre o cooperativismo e a econo-mía social como alternati-va viable de emprego.

O prazo de inscrición remata ás 15 horas do venres día 16.

Page 12: Decembro 2011 - BXV

1� BARRIOSDecembro de �011 PUBLICIDADE

Page 13: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

13PUBLICIDADE

Page 14: Decembro 2011 - BXV

14 BARRIOSDecembro de �011

XINZO E COMARCA

Xosé Manuel Castro, de APGa, xa é alcalde dos Blancos4 O novo rexedor deberá gobernar un concello cunha débeda de �,5 millóns de euros.Paula Lodeiro

Seis meses despois de que o fixeran o resto de concellos galegos, o mu-nicipio dos Blancos xa ten nova corporación e novo alcalde. A Xosé Manuel Castro, de Alternativa Popular Galega (APGa), tócalle unha difícil pape-leta para os vindeiros tres anos e medio: gobernar un concello que apenas chega aos mil habitantes e sobre o que recae unha pesada lousa en forma de débeda para as arcas muncipais de �,5 millóns de euros.

A sesión plenaria de constitución da nova cor-poración foi un mero trá-mite de cinco minutos. Tendo como testemuñas a medio cento de veciños, os sete edís dos Blancos prometeron (os catro de APGa) e xuraron (os tres do PP) os seus cargos, para logo elixir a man al-zada ao novo rexedor da localidade, Xosé Manuel Castro.

16.000 euros nas con-tas municipais

Nese momento a secre-taria municipal informou ao alcalde entrante da situación económica do

consistorio: nas sete con-tas en dúas caixas diferen-tes que posúe Os Blancos, a de maior saldo garda un total de 16.800 euros e dúas delas teñen saldo cero. Con estas cantidades o novo goberno local deberá fa-cer fronte a �,5 millóns de euros de débeda, un deles á Seguridade Social, 750.000 euros a proveedores e outros 750.000 euros ás entidades bancarias.

DiscursoLogo de ser felicitado

polo líder da oposición, o popular Juan Manuel An-drade, o novo alcalde púxo-se a disposición de todos os veciños e ofreceu “a man á oposición”, pedindo a todos os concelleiros “que deixe-mos as diferenzas políticas a un lado para traballar to-dos xuntos polo Concello”, un dos máis endebedados de España, recordou. Xosé Manuel Castro sinalou que a súa victoria nos comicios que tiveron que repetirse o pasado �0 de novembro, “é amarga, porque collo un concello en quebra” e pro-meteu para o seu mandato “traballo, honestidade, hon-radez e transparencia”.

A súa intervención fina-lizou, entre aplausos, cun-ha invitación aos presentes

4 Victoria con claridade o 20-N

Momento no que se produce a votación para a elección de Xosé Manuel Castro como alcalde dos Blancos./P.LODEIRO.

a “tomar uns pinchos no multiusos”. Entre os ve-ciños que se achegaron ata a casa consistorial dos Blancos para felicitar ao novo alcalde, atopábase o ex rexedor Xosé Antonio Rodríguez Ferreiro, que actualmente cumple en ter-ceiro grao unha condea por un delito de malversación de fondos públicos.

“É unha victoria amarga, porque collo un conce-llo en quebra”, afirmou Castro no seu discurso de investidura

Xunto cos seus candi-datos ao Congreso e ao Senado, os veciños censa-dos nunha das mesas elec-torais dos Blancos (a da casa consistorial) volveron votar o pasado �0 de no-vembro para elixir alcalde. Nesta segunda votación, a lista de APGa venceu á do PP por unha clara diferen-za de 50 votos: �41 votos para a Alternativa Popular Galega e 191 para o Parti-do Popular.

Os comicios tiveron que repetirse ao producirse un empate entre PP e APGa o �� de maio. Nun primeiro

momento un sorteo deu como vencedora a lista encabezada por Andra-de, pero APGa recorreu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deu por nulo o resultado obtido nunha das mesas electorais ao constatar que tiñan votado 4�� veciños e só se contabilizaran 4�1 votos, e obrigou a repetir as eleccións.

Dase a circunstancia de que nas xerais, a lista do PP foi a máis votada nos Blancos, recibindo un 64,0�% dos votos neste municipio (484 votos).

O PP desminte a caída de usuarios na piscina climatizadaRedacción

O concelleiro de Depor-tes de Xinzo, Luis Miguel Gil, desmentiu que se re-ducira á metade o número de socios da piscina clima-tizada desde que a xestión é municipal, tal e como denunciara o BNG. O edil cifrou en “máis de 1.000” o número de socios na actualidade, número que considera que aumentará cando estean instaladas as novas máquinas do xim-nasio (cuxa adquisición houbo de sacarse a concur-so); “antes de que remate o ano xa estarán listas” , asegurou. Serán un total de 16, entre as que destaca as cintas e bicis estáticas.

Gil explicou que a ante-rior empresa adxudicata-ria, Tras Galaica, levouse material das instalacións, motivo polo que desde o Concello interpuxeron unha demanda contra ela.

Ao rematar a explotación por parte de Tras Galaica e ante a falta de empresas que quixeran asumir a xes-tión do recinto deportivo, o Concello decidiu en-cargarse directamente do coidado desta instalación, o que supón un aforro de cen mil euros anuais ás ar-cas muncipais, en concep-tos de luz e gas, indicou o edil de Deportes.

O concelleiro anunciou tamén que para o �01� manteranse as cotas para os aboados.

Page 15: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

15XINZO E COMARCA

Un obradoiro conciencia das necesidades da poboación con discapacidade intelectual

A Casa de Cultura de Xinzo acolleu os días 17 e 18 de novembro un obradoiro de Discapacidade Intelectual coa intención de informar e concienciar á poboación das ca-racterísticas e necesidades deste colectivo.

Organizado pola Escola Galega de Saúde para os Cidadáns do Sergas coa colabora-ción da asociación LIMISI e dos Servizos Sociais do Concello de Xinzo, o obradoiro abordou aspectos como a necesidade de achegamento entre facultativos e pacientes, a inclusión social e laboral deste colectivo, ou a necesidade de financiación por parte das institucións públicas. Nunha das dúas sesións a psicóloga Patricia Lamas, coordinadora de LIMISI, expuxo aos asistentes a traxectoria e obradoiros que imparte esta asociación, que aglutina aos discapacitados psíquicos da comarca da Limia.

Ás xornadas asistiron como público profesores, traballadores, educadores sociais, es-tudantes de psicoloxía, auxiliares de axuda a domicilio, familias, coidadores e pacien-tes.

Sesión do obradoiro sobre discapacidade intelectual en Xinzo.

“É unha victoria amarga, porque collo un conce-llo en quebra”, afirmou Castro no seu discurso de investidura

Alumnos de centros educativos da Limia participan nun concurso de creación literaria e plástica4 Para conmemorar o 10º aniversario do falece-mento do escritor Carlos Casares.Redacción

Os alumnos dos doce centros educativos da co-marca da Limia partici-pan no concurso de crea-ción literaria e creación plástica que promoven conxuntamente o Centro de Cultura Popular do Li-mia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casa-res, con motivo dos actos programados para a con-memoración do 10º ani-versario do pasamento do autor limiao.

En coordinación coas entidades organizadoras, os profesores responsa-bles da dinamización de actividades culturais dos distintos centros escolares acordaron a distribución

das obras literarias de Car-los Casares a fin de que até o 31 de marzo de �01� os alumnos desenvolvan a súa actividade sobre as obras elixidas e presenten os seus traballos ao certame. Os es-tudantes, de maneira indi-vidual ou en grupo, deberán presentar traballos de crea-ción literaria ou plástica so-bre a vida e obra do escritor limiao.

As obras literarias que han de ser obxecto de estudo por parte dos escolares son doce; oito para os centros de Educación Infantil e Prima-ria, como “A galiña azul” ou “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas”, e catro obras para os institutos de Educación Secundaria, en-tre elas “Ilustrísima” ou “O

sol do verán”.

Catro categoríasAs bases do concurso pre-

vén catro categorías, en fun-ción dos diferentes niveis educativos, con sete pre-mios, consistentes en lotes de libros -doados pola Fun-dación Carlos Casares-, un diploma de recoñecemento e a publicación dos mellores traballos na revista Lhetes -editada polo Centro de Cul-tura Popular do Limia- .

O xurado do certame de-berá elixir entre os cinco traballos que fosen máis valorados polos visitantes a unha exposición que se fará con todos eles en abril e maio no Museo da Limia e na Casa da Cultura de Xinzo.

Page 16: Decembro 2011 - BXV

16 BARRIOSDecembro de �011 DEPORTES

A Escola de kick bóxing Body Fitness de Xinzo, en colaboración coa Funda-ción Cipri Gomes, estivo presente na 1�ª edición do Salón do Lecer e a Moci-dade, Megaxove �011 ce-lebrado en Expourense do 5 ao 8 de decembro.

Segundo a organización, o evento reuniu máis de 11.000 persoas, conver-téndose nun éxito sen pre-cedentes de participación. A Fundación Cipri Gomes foi a entidade deportiva máis representada, xa que congregou a máis de 1.000 alumnos pertencentes a es-colas deportivas, colexios, asociacións e delegacións provinciais.

A Escola deportiva Body Fitness de Xinzo contou

coa participación de 11 dos seus alumnos, conseguindo uns magníficos resultados deportivos, tanto no torneo de kick bóxing, como nos exames de cinto realizados. O seu adestrador, o ex cam-pión do Mundo Cipri Go-mes, mostrouse moi satis-feito cos resultados obtidos, “creo que os mozos tiveron un papel moi destacado, le-vamos tres meses preparán-donos para este obxectivo, e os resultados non puide-ron ser mellores”. Tamén se referiu ao futuro da es-cola, “hai seis meses fixen unha aposta decidida por abrir unha escola en Xin-zo, e resultados como os de hoxe fanme sentir orgullo-so da miña decisión. Quero agradecer o apoio recibido

desde o primeiro momen-to pola presidenta do club, Diana Jardón, que fixo po-sible este triunfo”.

Novas actividadesLogo de comezar no

mes de outubro a activida-de de spinning, para este mes de xaneiro o ximnasio Body Fitness promove un curso informativo sobre ximnasia hipopresiva, un método desenvolvido polo entrenador Piti Pinsach que aúna saúde e estética a través da práctica duns novedosos exercicios. En-tre os seus beneficios: evi-ta e trata problemas como a incontinencia, reduce a cintura de forma efectiva e mellora os problemas lumbares.

Compoñentes da Escola de Kick bóxing Body Fitness, en Megaxove.

O kick bóxing de Body Fitness, presente en MegaxoveO ximnasio de Xinzo anuncia un curso infor-mativo de ximnasia hipopresiva para xaneiro

Partido do Verín contra o Nigrán.

Remontando posicións4 O Verín sae do descenso.R. Torres

O Verín C.F., grazas ás cinco xornadas que leva puntuando (dúas vitorias e tres empate) acaba de saír da zona de descenso, agora ocupa a 16ª posi-ción con 16 puntos, a tres do descenso. A melloría no terreo de xogo estase reflectindo nos resultados, de aí a racha positiva nas últimas xornadas que es-peran continuar no vindei-ro partido, derradeirodo ano, que o enfrontará no José Arjiz ao Marín.

A día de hoxe Tonino conta con todos os seus efectivos para este impor-tante partido que servirá para refrendar a melloría e poder loitar por cotas máis altas que as de ata o de agora.

FichaxesO Verín, escoitando as

queixas do seu adestrador de que ten unha plantilla curta, tentará a contrata-ción de dous xogadores máis que terán que esperar ata a chegada do ano novo. O primeiro deles xa está feito, trátase dun central arxentino, Agustín García Mancini, procedente do Atlético Marbellí. Tamén se está en negociación con outro arxentino, o centro-campista Tano Vela.

AutonómicaNa Primeira Autonómi-

ca, o Monterrei acadou un empate en casa contra o Cortegada o que lle permi-te manter a sexta posición con �4 puntos, a catro da segundo posición, que é de ascenso.

Na Segunda Autonómi-ca, o Antela volveu golear como local, nesta ocasión a vítima foi o Bande a quen gañou por 4-1, este resulta-

do permite aos limiaos ser segundos en zona de as-censo con �9 puntos e a un punto do líder, o Allariz B.

A Terceira Autonómica deparou na última xornada as vitorias do Riós ante o Taboadela B (6-�), a do San Roque contra o Arnuide (6-0) e a derrota do Vilardevós fronte ao Rayo Ourensano (3-�); no partido máis des-tacado da xornada, o líder Espadana empatou contra o Porqueira a dous tantos. Es-tes resultados permiten ao Porqueira ser terceiro con 30 puntos e ao Riós cuarto con �5, ambos os dous en postos de ascenso, o Vilar-devós é sétimo con �� pun-tos e o San Roque décimo con 17. A competición no Grupo 13 da Terceira Auto-nómica reanudarase o 15 de xaneiro e os enfrontamen-tos máis atractivos serán o Vilardevós - Riós e o Espa-dana - San Roque.

Page 17: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

17PUBLICIDADE

Page 18: Decembro 2011 - BXV

18 BARRIOSDecembro de �011 OCIO E CULTURA

Instalacións da biblioteca

Novo premio para a Biblioteca de Verín Redacción

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín resultou premiada, por cuarto ano consecuti-vo, na ‘XIV Campaña de Animación á Lectura Ma-ría Moliner’, co proxecto ‘Eurobiblioteca e volun-tariado cultural para o fomento da lectura’, polo que recibirá un lote biblio-gráfico composto por 200 libros infantís e xuvenís, seleccionados entre as no-vidades de cada ano.

O proxecto de Verín re-collía todas as actividades realizadas entre os anos �009 e �011, un total de 14� actuacións culturais e lúdicas para fomentar a lectura entre os menores do municipio.

Redacción

Durante as tres semanas que dura o Nadal, peque-nos e maiores de Xinzo de Limia poderán gozar de tan sinaladas datas con numerosas actividades pensadas para toda a fa-milia, pero principalmen-te, para os grandes prota-gonistas desta festividade, os nenos.

Así na capital da Li-mia o Nadal arranca a golpe de música, o 18 de de-cembro, cun concerto de panxoliñas e o �1 coa actuación dos artistas do Conservatorio Municipal de Música. A continua-ción, un festival infantil (o ��), a actuación dun contacontos e unha folia-da benéfica (o 23) son o aperitivo para a chegada de Papá Noel (o �4), que

percorrerá as rúas do muni-cipio.

“Divírte-t con nós”De seguido porase en

marcha o programa “Divírt-t con nós”, que do �6 ao �9 de decembro e do � ao 5 de xaneiro, de 11 a 1�:30 ho-ras, ofrece a 15 nenos da lo-calidade (que terán dereito a participar seguindo a súa orde de inscrición a partir do día �0 na OMIX por un importe de 5 euros) clases de manualidades, xogos, obradoiros, etc.

Por último, outro festival (o �9) e unha gala de danza -con espectáculo dun coro, gaiteiros e pandereiteiras - (o 30) despiden o ano.

Xa na víspera de Reis, o 5 de xaneiro, terá lugar a par-tir das 17 horas a tradicional cabalgata que repartirá aos nenos de Xinzo caramelos e

agasallos.

PazolandiaComo cada Nadal, o

pazo de deportes Paco Paz convertirase nun auténti-co parque de atraccións e para que os máis peque-nos de Xinzo (con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos) teñan tamén a posibilidade de gozar del, o seu concello organiza o 30 de decembro unha viaxe a Pazolandia. Un to-tal de 48 rapaces, por un prezo de 3 euros cada un, poderán inscribirse nesta actividade a partir do �0 de decembro acudindo en persoa á OMIX.

Actividades para todos en Nadal4 Concertos, contacontos, manualidades ou atraccións son parte da oferta lúdica de Xinzo para estas datas.

Xinzo rexistra o traxe da súa “pantalla”4 Aberto o concurso do cartel do Entroido.Redacción

Estamos ás portas do Entroido de �01� e por iso desde o Concello de Xinzo prepáranse para festexalo. Como novidade, este ano o Concello decidiu rexistrar a marca da súa “pantalla”, a máscara típica do seu Entroido, para protexela fronte deturpacións. Deste modo, o traxe e careta que conforman a “pantalla” te-rán que elaborarse na vila e de xeito artesán.

Concurso do cartelComo en anos anteriores,

a Concellería de Cultura vén de publicar as bases do concurso para seleccio-nar o cartel anunciador do Entroido. Os traballos de-ben ser inéditos, de tamaño 50x70cm, incluir o lema “Entroido �01� - Xinzo de

Xuventude orga-niza a actividade “Divírte-t con nós”

Limia - De interese turís-tico nacional” e recoller o ciclo completo do Entroi-do. Presentaranse no Con-cello ata o 13 de xaneiro.

Cultura tamén convo-cou o XXX Festival da Canción Humorística do Entroido de Xinzo. O período de admisión das cancións pecharase o 15 de febreiro.

Traxe de “pantalla”.

Page 19: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

19OCIO E CULTURA

Redacción

Con motivo do Nadal, o Concello de Verín ten pre-parado un amplo e com-pleto programa de activi-dades para toda a familia, que van dende mediados de decembro ata o día de Reis, e que xa arrincou coa inauguración das ex-posicións de beléns e fila-telia natalicia na Casa do Escudo.

O sábado 17, será o tur-no de dous concertos de nadal a cargo do Conser-vatorio Elemental de Mú-sica de Verín, que terán lugar na Casa da Cultura (ás 1� h.)e na residencia de anciáns Santa María (ás 16 h.). Ese mesmo día ás 6 da tarde, a Casa da Cul-tura será tamén escenario dun festival de nadal que inclúe as representacións teatrais das obras ‘La nue-va Cenicienta y su lobo’,

Ocio de Nadal en Verín4 Beléns, concertos, animación e a tradicional cabalgata inunda-rán de actividade a vila ata o 6 de xaneiro.

‘La sustituta del Hada Madrina de Cenicienta’ e ‘Cuento de Navidad’.

Ao día seguinte, ás 10 da mañá, a Coral de Verín levará a cabo un recital de cantos sacros e vilancicos na residencia de anciáns Santa María.

Pola súa banda, o �� de decembro ás �0 horas terá lugar un concerto navideño das pandereiteiras de Femu-ro na Casa da Cultura, que irá acompañado da exposi-cións dos seus traballos ma-nuais. Co mesmo escenario e mesmo horario, o venres �3, terá lugar a Gala de Na-dal, organizada pola Escola de Música e Danza Tradi-cional da localidade. E xa o venres 30, ás �0.30 horas na Casa da Cultura será o tur-no dun concerto de panxoli-ñas tradicionais.

Protagonismo infantilDespois da celebración de

Noiteboa e Nadal, o Conce-llo de Verín ten preparadas numerosas actividades para os máis pequenos da casa mentres agardan a chegada dos Reis Magos. O mércores �8 de decembro, o carteiro real recollerá no pavillón municipal as peticións dos rapaces que se acheguen. O venres 30, ás 17.30 horas terá lugar tamén no pavillón municipal o espectáculo de animación infantil AEVER.

Campaña de recollida de xoguetesRedacción

Baixo o lema ‘Comparte sorrisos e ilusións’, o Cen-tro Comercial Urbano de Verín, en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, os municipios de de Verín e Chaves, Pro-Centro, Xun-ta de Galicia, Asociación de Empresarios de Verín e diversas entidades e es-tablecementos organizan a segunda edición da súa campaña de recollida de xo-guetes. Os xoguetes serán repartidos entre os nenos necesitados da Eurocidade, co efecto de concienciar as dúas poboacións da impor-tancia de axudar nestas da-tas de Nadal aos que menos teñen.

En Verín, os xoguetes, novos ou usados en bo es-tado, poden entregarse na sede de AEVER (R/ Pedro González nº 5, baixo), de luns a venres, 10 a 14 e de 16.30 a 19.30 horas, ata o 30 de decembro.

Economía achega os oficios artesa-nais ao Princesa de EspañaRedacción

Achegarlles os oficios artesanais aos máis novos é o obxectivo do proxecto piloto “Enredando, arte-sanía na escola”, posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria en colaboración coa Con-sellería de Educación e Ordenación Universitaria en �0 centros educativos galegos, entre eles o CEIP Princesa de España de Ve-rín.

Escolares do centro educativo verinés reci-birán en febreiro a visita dunha artesá que explica-rá de xeito práctico o pro-ceso de devanado da seda. Ademais, o centro acolle-rá unha exposición con paneis explicativos sobre a elaboración da seda. Na primeira fase do proxecto, xa rematada, coñeceron o ciclo vital dos vermes da seda.

E xa o 31, de 11 a 1�.�0 horas, os cativos celebrarán o seu particular cotillón de Noitevella no centro infan-til do Amaro Refojo.

Por último, a guinda do nadal será como sempre a cabalgata de Reis, que o 5 de xaneiro a partir das 17.30 horas percorrerá Ve-rín para que as súas maxes-tades entreguen a grandes e pequenos os seus corres-pondentes agasallos.

O alumnado de infantil do Amaro Refojo tivo unha vi-deoconferencia con Papá Noel desde a Biblioteca de Verín.

Page 20: Decembro 2011 - BXV

�0 BARRIOSDecembro de �011 OCIO E CULTURA

EN BREVE

Os comerciantes organizan tamén para os cativos un cotillón de Noitevella, na mañá do día 31

4 Beléns do Mundo, na Casa do Escudo

A exposición Beléns do Mundo e Filatelia Natali-cia, que acolle anualmente a Casa do Escudo de Verín, abriu xa as portas baixo a tónica da ampliación e da renovación.

Nesta terceira edición -que ampliou sensiblemen-te as creacións procedentes de África e Latinoaméri-ca- �4 beléns proceden da obra misional da Orde da Mercé, o que permite ade-mais que a mostra estenda o seu ámbito xeográfico por Canadá, Palestina e Xapón.

Unha mostra, aberta ao público ata o vindeiro 7 de xaneiro, que se com-plementa con coleccións de selos emitidos nos cin-co continentes co Belén como motivo, así como con pezas de artesanía e instrumentos de percusión procedentes de diversos rincóns do mundo.

4 Concurso de carteis do Entroido 2012

Co obxectivo de publici-tar as festas do Entroido, o Concello de Verín vén de por en marcha un concur-so para seleccionar o car-tel oficial desta tradicional celebración para o �01�.

A este concurso só po-den presentarse traballos inéditos, acompañados dun lema e a documenta-ción do autor. Así mesmo, a única restrición estética é que deben estar basea-dos exclusivamente nas características propias do Entroido en Verín.

As creacións poden ser presentadas ata o 19 de decembro en man ou por correo postal no Rexistro de Entrada do Concello de Verín (Praza do Concello, 1; C.P. 3�600. Verín).

A continuacion, do �0 ao �6 de decembro, os car-teis participantes estarán expostos na Casa do Es-cudo para que os veciños do municipio poidan votar por eles. Os tres mellor va-lorados quedarán en mans do xurado cualificado e, deles, o que reciba o maior apoio será o gañador, que, ademais de ser a imaxe do Entroido �01�, recibirá 400 euros de premio.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIANutrición e saúde

Soamente hai preto de cen anos se descubriu que nos alimentos existen sus-tancias capaces previr e/ou curar certas doenzas: os nutrintes.

A ciencia da nutrición estuda os procesos a tra-vés dos cales o organis-mo utiliza a comida para obter a enerxía, facer o seu mantemento e ase-gurar o crecemento. Un dos obxectivos é fomentar o desenvolvemento dun corpo equilibrado e, por tanto, resistente.

Por outro lado, fai posi-ble o acompañamento, en momentos tan especiais da nosa vida, como antes e durante o embarazo, como no período de alei-tamento.

A alimentación que practicamos influencia o noso día a día en múltiples aspetos: a nosa calidade de vida, a nosa aparencia e a forma como nos senti-mos son directamente in-fluenciados polos nutrien-

tes contidos nos alimentos que inxerimos. Estes, para alén de nutrir o organismo, serven para expresar gos-tos, sentimentos, cultura, establecer relacións etc.

Alén da alimentación, inxerir auga diariamente, sobre todo en xaxún per-mite unha vida saudábel, pois preto do 60% do peso corporal do adulto é cons-tituído por auga, de aí o ser humano necesitar de beber diariamente 1,5l de auga para compensar as perdas, en especial a auga utiliza-da para limpar impurezas a través dos riles, para respirar e arrefriar o noso organismo.

A auga é esencial para a saúde, axudando tamén no mantemento da beleza, pois é responsábel pola elasticidade da pel, calida-de do cabelo e uñas. Sendo a auga tan decisiva para a nosa saúde e benestar, vale a pena coñecela mellor porque a súa saúde é o seu ben máis precioso...!!

João Damião

Alcalde de Verín e membros de AEVER, na ratificación do convenio.

4HUMOR

Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/

Redacción O alcalde do Concello

de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o pre-sidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), José Ángel Ro-dicio Portela, asinaron por cuarto ano consecutivo o convenio de colaboración ‘Ludonadal’.

Esta iniciativa, dirixida a nenos con idades com-prendidas entre os 3 e 8 anos, busca promocionar o comercio tradicional na localidade, facilitar a con-ciliación dos pais e nais e proporcionar aos cativos un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

‘Ludonadal’ realizarase no centro infantil do Ama-ro Refojo, do día �� de de-

cembro ata o 5 de xaneiro, de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a �0 horas, e os sá-bados de 9 a 14 horas.

Para poder acceder a esta actividade será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspon-dente, xunto co ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecemen-tos integrados en AEVER -existindo un límite mínimo de �0 euros (nun só ticket ou en varios que sumen este total) e unha penalización de 10 euros no caso de non portar o ticket e vale-.

Outras actividadesNo marco de ‘Ludonadal’

tamén terán lugar outras actividades destinadas á in-

O Concello de Verín e AEVER ratifican o convenio ‘Ludonadal’4 Haberá actividades lúdicas no Amaro Refojo.

fancia da vila, como son Animación Infantil AE-VER (30 de decembro), o Cotillón Noitevella Infan-til (31 de decembro, pola mañá), o Carteiro Real (3 de xaneiro) e Cabalgata de Reis (5 de xaneiro). Os papeis para a escribir as cartas aos Reis Magos e as caixas de correos para depositalas están a dispo-sición de todos os rapaces nos establecementos do Centro Comercial Urbano de Verín.

Redacción

Dende comezos de de-cembro, a Comisión Or-ganizadora do Entroido de Verín está xa a perco-rrer os establecementos comerciais e hostaleiros do municipio co fin de so-licitar a colaboración dos mesmos na organización da edición �01� da cita festiva máis significativa da localidade.

Conscientes do mo-mento de crise económica actual, existente tamén para as institucións públi-cas, esta Comisión -cuxos integrantes van perfecta-mente identificados- esta-bleceu varios eixos de tra-ballo. O primeiro deles é a realización do tradicional libro do Entroido, que se reparte polos diferentes establecementos da vila, e no que os prezos dos anuncios para este ano serán oscilan entre os 50

euros do cuarto de páxina ata os 1.000 do faldón da portada.

Por outra banda, esta-blecementos comerciais e de hostalería que tamén colaboren cos importes su-periores, serán identifica-dos cun cartel coa seguinte lenda ‘Este establecemento colaborou co Entroido’, e segundo o importe o color será diferente: amarelo (50 euros), azul (de 50 a 100 ), verde (de 100 a �00 euros) e fuscia (máis de 300).

Colaboración dos veci-ños

Así mesmo, co obxecto de recadar fondos para este tradicional evento, promo-verase entre os veciños a venda de rifas (cun prezo de 5 euros) destinadas a parti-cipar no sorteo dunha más-cara de cigarrón, así como de camisetas, pañoletas ou sombreiros conmemorati-vos do Entroido de Verín.

A Comisión Organizadora do Entroido 2012 comeza a traballar

Page 21: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

�1PUBLICIDADE

Page 22: Decembro 2011 - BXV

�� BARRIOSDecembro de �011 OCIO E CULTURA

4AXENDAExposicións- Ata o 7 de xaneiro -

Beléns do mundo - Casa do Escudo de Verín

Cinema- 16 de decembro - Cur-

ta “Causa 10�1” - �0 h. - Casa da Cultura de Verín

-�� de decembro - “Cró-nica de Anna Magdalena Bach” - ��:45 h. - Casa da Cultura de Verín

Música e danza- 16 de decembro -

Certame de Panxoliñas - 19:30 h. - Igrexa nova de Xinzo

- 17 de decembro - Con-certo de Nadal -1� h. - Casa da Cultura de Verín

- �1 de decembro - Con-certo de Nadal - �0 h. - Casa da Cultura de Xinzo

- �� de decembro - Concerto Navideño pan-dereteiras Femuro - �0 h. - Casa da Cultura de Verín

- �3 de decembro - Gala de Nadal - �0 h. - Casa da Cultura de Verín

- �9 de decembro - Fes-tival de Nadal - �0 h. - Casa da Cultura de Xinzo

- 30 de decembro - Gala de danza - �0:30 h. - Pavi-llón Deportes de Xinzo

- 30 de decembro - Panxoliñas tradicionais - �0.30 h. - Casa da Cultura de VerínActividades infantís- 17 de decembro - Fes-

tival de Navidad - 18 h. - Casa da Cultura de Verín- �� de decembro - Festi-

val infantil - �0 h. - Casa da Cultura de Xinzo-�3 de decembro - Conta-

contos - 18 h. - Bibliteca antelana- 30 de decembro - Ani-

mación Infantil Aever - 17.30 h. - Pavillón de Deportes de Verín- 31 de decembro - Coti-

llón Infantil de Noitevella - 11 h. - Centro infantil do Amaro Refojo ww.mundourense.com

4TRIBUNA ABERTA

“Meno”, mestre e amigoO día primeiro de no-

vembro achegueime ata Verín para visitar e rezar polos avós e familiares falecidos coma é costu-me nesta data. Despois, pola tarde, fun ao estadio a ver o partido que dispu-taba o Verín C.F. contra C.D Barco, nun terreo de xogo magnífico, case que perfecto, e decateime nos primeiros intres que o paso dos anos cambia algunhas cousas, mais outras perdu-ran espetadas no tempo, perpetuas, sen cambios.

O “José Arjiz”, campo grande coma cando era un rapaz e xogaba nos xuve-nís do Verín, e imitabamos non só aos da tele, senón tamén a aqueles que esta-ban máis preto de nós, os Patolas, Xé, Canducho, Gallego, Raúl e compañía, que cada domingo partían a cara por unhas cores e por satisfacer unha afec-ción entregada.

Senteime na grada de tribuna cuberta, acompa-ñado de amigos, preto do “Palmero” e do “Paco-motorista” (socios ilus-tres, dos primeiriños, e tamén ex-futbolistas do Verín), na parede do pal-co vin “a placa brillante, de bronce”. En segundos lin os nomes grabados dos xogadores falecidos, en recordo para todos eles. Coñecínos a case todos, pero os olliños bailaron cara o nome de “Meno”. Os recordos sacáronme do partido que estaba a ver por uns intres e un sinfín de imaxes comenzaron a xurdir. Santiago Meno Méndez, de todos coñecido por “Meno”, era o por-teiro titular do Verin CF e tiña como segunda faena adestrar ao equipo xuve-nil, no cal me atopa eu, nunha época na que non

tiña claro se quería xogar de porteiro ou dianteiro.Meno, foi contundente: “ti serás porteiro! Se tivese eu ese corpachón que ti tes xo-garía en primeira división”, espetoume sen máis.

Ánxel Cabido, o fillo do mítico “Callao”, que facía as funcións de preparador físico, encolleu os ombrei-ros e mirando cara a min mandoume un guiño para que aceptara o envite sen rechistar. E así foi, dende aquela só andei polo chan embadurnado polo fango daquel maltratado terreo do José Arjiz. Eran outros tempos. “Meno” tiña moita fe en min, vía futuro naquel rapaz espigado. Era coma un pai para min, non paraba de darme consellos día tras día, entreno tras entreno, incluso ás veces os sába-dos viña á miña casa cedo a sacarme da cama para ir adestrar os dous sos, man a man, pero todo de forma natural, enxebre. “Arre-bola as pernas! cea para atrás!” eran expresións que saían do corazón, e que pe-netraban doado no proceso de aprendizaxe humilde e sinxelo dun rapaz de pobo, e que aínda están na miña cachola.

Daquela eramos unha piña, un grupo de amigos to-los polo fútbol, dirixidos por unha magnífica persoa como era “Meno2.Uniformados co chandal da marca fran-cesa “Le coq sportif“, que daquelas era “a bomba”, por ser a marca da Selección Francesa de Platini, que ga-ñaría a España na final da Eurocopa que poidemos ver en Xixón, nuha pantalla pa-norámica de luxo.

Moitos de nós ainda non ollaramos xamais un esta-dio de primeira e aqueles días fomos felices. “Meno”, cando chegamos ao estadio

de “El Molinón” en Xixón o primeiro que nos dixo foi: “hai que tocar a herba”.Baixamos todos ata o terreo de xogo, e sen darnos con-ta alí estaba, contando con pasos os metros do campo de portería a portería. Os coidadores do cespez que-daron memos ao velo facer aquilo. Achegouse a onde estabamos nós e soltou: “tranquilos, é tan grande coma o noso 105x70m”, e marchamos orgullosos.

Xa en Verín, en plena liga da rexional preferente, to-caba xogar en Gondomar contra o equipo da locali-dade. Aquel día viaxei como segundo porteiro do Verín, aínda que “Meno” me tiña reservada unha sorpresa, quería facerme debutar co Verín. Cando mo dixo, estabamos paseando polo centro do campo, aínda sen cambiarnos, os dous sos, cara a cara. Tiven medo, nervios, moitos nervios, e dixen que non, que era un partido importante para o clube e que sería mellor que xogara o outro. E así foi, o mestre fixo un gran partido, estivo sensacional, parou balóns incribles e dirixiu ao equipo dende atrás con

agallas. Gañamos tres a un. Ao final do partido, cando viña cara o vestiario, ache-couse a min, deume unha aperta e díxome na orella: “gustouche?”, “gustoume moito”, repliquei. Foi unha lección que non esquecín nunca. Logo voltamos a Verín. A xolda foi impresio-nante, na traseira do auto-bús iamos contando contos e rindo a esgalla, estabamos cheos de ledicia.

Ao luns seguinte recibi-mos a nova do maldito ac-cidente. O castelo de ledicia que fixeramos o día anterior desmoronouse de súpeto. Foi un golpe baixo, difícil de crer, “Meno2 e Gerar deixáronnos no mellor da vida, cando aínda tiñamos moitas cousas por facer.

A finais do verán do 85 xurdiu a miña fichaxe polo Cádiz CF e collín a male-ta para seguir polo camiño onde “Meno” me deixou só e dende aquela sempre viaxou preto de min, na memoria.

Seis tempadas loitando no filial dun clube de primei-ra, con tantos adestradores cheos de coñecementos téc-nicos e verbas infinitas, que tardei en asimilar, porque o meu era o enxebre, o de

“arrebolar as pernas e cear para atrás”, e así poder pa-rar os balóns como dicía o mestre.

O traballo foi dando re-sultados e pouco a pouco ía facéndome un porteiro, xoven, pero forte física e mentelmente, entrenos co primeiro equipo, moita adicación e sufrimento, e un día chegou a chamada. Estaba na lista de convoca-dos para viaxar a Barcelo-na, nin máis nin menos que para xogar contra o “Dream Team “de Johan Cruiff. Alí estaban todos, os da tele os nosos ídolos, Zubizarreta, Koeman, Stoichkov, Mágico González, Bakero,etc.

Pasaron as horas voando. Hotel de luxo, prensa, tele-visións e moita, moita xente. Estaba emocionado, máis á hora de saír ao campo entre tantas figuras subín apresu-rado as escaleiras do túnel dos vestiarios , e ao ver a in-mensidade do estadio Camp Nou, mirei cara o ceo, e alí o vin, sentado en primeira fila, coa cariña doce e cun sorri-so porque ao fin conseguí-molo, tamén nós estabamos alí, entre as estrelas. Xuntos, coma sempre.

Miguel A. Prieto Sotelo, “Chita”

Page 23: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

�3

4TELÉFONOS DE INTERESEComarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Guardia Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmirás 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Guardia Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024ITV 90� 309 000Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�006 e OU 186-�006. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo

Nº61 - Ano: VI - Decembro �011 - Difusión: 1�.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.900, Ed. Verín: 7.100) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

CLASIFICADOS / ARTIGOS/ SERVIZOS

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

Verín - Xinzo - OurenseLaborables: 06:15 - 08:00 - 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - ��:00 - Sá-bados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - ��:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - ��:00

Ourense - Xinzo - VerínLaborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 1�:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - �0:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 - �0:15 (aut.) - Domingos e festi-vos: 06:30 (aut.)- 1�:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - �0:15 (aut.)

Videferre - VerínSaídas: 09:00 - 1�:30 - Regre-sos: 11:45 - 13:45 - 18:30

Campos - VerínSaídas: 07:45 - Regreso: 13:00

Viana - Gudiña - VerínSaída: 09:30 - Regreso: 13:00

Feces de Abaixo - VerínSaídas: 09:50 - 1�:35 - 18:�0 - Regreso: 1�:15 - 18:00

Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 1�:00 - 14:30Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 1�:00 - 14:30

Verín - Videferre (feiras)Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 - 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:�0 A Andorra: Saídas martes e ven-res ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xo-ves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZOA Madrid (Auto Res): Dia-rio: 00.�5 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

4CLASIFICADOSPISOS

Vendo piso en Verín, estrada de Laza, 3 dormitorios, � ba-ños, salón, cociña amoblada, trasteiro, ascensor, gas cida-de. 76.000 euros. Tel. 691 904 846 e 637 090 51�Alugo piso céntrico en Verin, 3 dormitorios, � baños.salón, cociña, garaxe, ascensor, 350 euros comunidade incluida. Tel. .637 090 51� e 691 904 846. Vendo casa para restaurar en Pazos, Verín, 3 dormitorios, 1 baño, salón, cociña adega, garaxe, oportunidade, 35.000 euros. Tel. 637 090 51� e 691 904 846A 2 km de Castrelo do Val véndese casa, � dormitorios,1 baño, salón, cociña, adega, terreo de 1.�00 m�, 38.000 euros. Tel. 637 090 51� e 691 904 846.Vendo piso en praia América Tel 636 4�� 497. Alúgase habitación céntrica en Ourense con dereito a coci-ñas e salón. Tel. 687 13 43 87

VENDAS

4POESÍAIsto ven escrito dende a alma Morriña feitizo que me encantaSpree que pensas de Gali-cia? Desta terra preguiceira? Que pensas ou miras as estrelas? que pensas das xeadas? Desas historias ledas? Que pensas das mulleres riquiñas? Ledicia, Ledicia e gran morriña.Terra onde nacín Terra chamada o fin Terra onde me criei Terra onde isto escribín.No corazón a levo Cando penso no meu nace-mento Vivo esperto e ledo Entre fouces e sachos Entre cocidos e chourizos.Avoas e pobosLeitugas e mais grolos Grolos de aire fresco Aire dos prados Prados verdes e amplos Terra, terra galegaDende o sur ata o norte Dende Verín ata Monforte Terra galega, Ourense miña terraPena me dan Naciche en Madrid Perdícheste moito SerafínComer verzas Xogar a crear verbas Falar do campo Dos lindes E do ruxe das cancelas.Sempre no corazón Por que esta é a nosa nazón Esta é unha nova razón O rap díxome “En galego, por que non?”

Incrible o acento Galego Nun “ Despierta”, ese e o meu selo Como dicirlle a un madri-leño “ Elo ti de quen ves sen-do?” Ou un simple: “Bueno carallo bueno”O noso color e verde Verde na terra E azul na bandeira O branco demostra A nosa sinxeleza.Sinxelo pero cabezudos Porque somos moi brutos Para levar alto, o noso triunfoPorque ti intentaches bo-rrar isto Esta lingua chamada galego Pero aquí estamos Facendo máis do que queremos Por que Galicia e o galego Sempre é o primeiro.Antes os de Castela E agora os da miña terra. Moita xente o despreza Pregúntome, por que o fas? Por que prefires o galego o castelán?Elo ti tiras as túas herdanzas? Elo ti desprezas a xente verdadeira? Xente que loitou por estas verbas Así que déixate de lerias E únete a esta estratexia Á de deixar o galego Nun alto, como unha estrela.

“Para que cheges moi alto, porque sabemos que podes, unha forte aperta dos teus,

Aldara e Alex”Spree Clown/Aris Tj

Vendo Golf serie 3 1.9 TD teito solar, llantas, A.A., ro-das novas, ITV pasada, 1.180 euros. TEl. 687 911 891Vendo Seat Ibiza 1.9 TD Ano 94. DA-CC-EE. Bo estado. Económico. Tfno.654 745 947Vendo viño tinto de colleita da Ribeira Sacra. Tel: 647 404 4�8Vendo leña de carballo. Tel: 630 5�1 448Vendo Yamaha SR Special �50 ano 93 perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cambio aceite, alforxas, etc... Regalo cascos, candado, funda e seguro. 1.�00 euros. Tel. 680 568 378.Vendo móbil Sony Ericcson x10 mini pro e ordenador por-tatil, tel. 647 �7� 198.

Page 24: Decembro 2011 - BXV

BARRIOSDecembro de �011

Page 25: Decembro 2011 - BXV

Número: 61 - Ano:VI - Decembro 2011- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

VERíN Páx.3 DEPORTES Páx.16COMARCA Páx.4 COMARCA Páx.8 OCIO Páx.19-20

O Verín CF remonta posicións e sae do descenso

Beléns, concertos e animación infantil, este Nadal en Verín

Máis dun cento de comerciantes e veciños percorreron as rúas verinesas portando candeas en sinal de protesta./BORYS INTERFILM

Viños da D.O. Monterrei estarán na Festa do Cocido

Piden 13 millóns máis para a comarca nos Orzamentos da Xunta

Subvencións a reha-bilitación de 20 viven-das no casco histórico

Entrevista a Juan Manuel Jiménez Morán, senador por designación

autonómica [páx.2]

Protesta en Verín pola falta de alumeado de Nadal [páx. 8]