1
Lingua e Literatura Galega ºeso DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS… O autor deste libro, a diferenza dos poetas da súa terra, tan humildosos devotos da Santa, do Bardo e do Rebelde, non por semellarse a ninguén, e moito menos ao consabido trío, fixo da súa independencia un sacro fanatismo, e veleiquí o tedes só, ergueito e orgulloso. Ten, ademais a súa arte, resonancias futuristas, creacionistas, dadaístas e non sei que máis, todas elas anarquicamente escolmadas...(...) Botouse ao traballo de facer un molde propio para o seu lirismo, sen reparar no celeiro de moldes feitos que nos deixaron os inesquecentes Precursores.(...) Nunca foi a Madrid nin escribiu en castelán. Nin quere triunfar nin claudicar nun idioma máis fácil e mercadeiro, pero alleo. Encol disto, pensa que someter a arte ás necesidades da vida, en troques de someter a vida ás necesidades da arte, é a forma máis clara de filisteísmo. O ritmo dos seus versos non se pode levar cos pés no piso nin cos cotelos encol da táboa; e el quixera facelos decote de tal xeito que non puideran ser declamados nin aprendidos de memoria. Isto só xa o leva dereito a perder a admiración das amables mociñas románticas... Teñen en troques estes poemas unha antiburguesa incomodidade. Inútiles como pasatempo, requiren certa colaboración auditiva... Esqueceu a gramática lóxica e a lóxica gramatical; os temas consagrados; as formas invioladas. A súa única páxina romántica é o suicidio do seu sentimentalismo. Entende a honradeza literaria escribindo só para si. E tería pola máis alta razón do seu aristocratismo (= elitismo) que ninquén fose quen de recoller por enteiro a súa espontánea expresión. Manuel Antonio, Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu. Xornal Galicia, 1924.

Declaración de principios

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Prologo para un libro de poemas que ninguén escribiu. Manuel Antonio, 1924.

Citation preview

Page 1: Declaración de principios

Lingua e Literatura Galega �ºeso

DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS…

O autor deste libro, a diferenza dos poetas da súa terra, tan humildosos devotos da Santa, do Bardo e do Rebelde, non por semellarse a ninguén, e moito menos ao consabido trío, fixo da súa independencia un sacro fanatismo, e veleiquí o tedes só, ergueito e orgulloso.

Ten, ademais a súa arte, resonancias futuristas, creacionistas, dadaístas e non sei que máis, todas elas anarquicamente escolmadas...(...)

Botouse ao traballo de facer un molde propio para o seu lirismo, sen reparar no celeiro de moldes feitos que nos deixaron os inesquecentes Precursores.(...)

Nunca foi a Madrid nin escribiu en castelán. Nin quere triunfar nin claudicar nun idioma máis fácil e mercadeiro, pero alleo. Encol disto, pensa que someter a arte ás necesidades da vida, en troques de someter a vida ás necesidades da arte, é a forma máis clara de filisteísmo.

O ritmo dos seus versos non se pode levar cos pés no piso nin cos cotelos encol da táboa; e el quixera facelos decote de tal xeito que non puideran ser declamados nin aprendidos de memoria. Isto só xa o leva dereito a perder a admiración das amables mociñas románticas...

Teñen en troques estes poemas unha antiburguesa incomodidade. Inútiles como pasatempo, requiren certa colaboración auditiva...

Esqueceu a gramática lóxica e a lóxica gramatical; os temas consagrados; as formas invioladas. A súa única páxina romántica é o suicidio do seu sentimentalismo.

Entende a honradeza literaria escribindo só para si. E tería pola máis alta razón do seu aristocratismo (= elitismo) que ninquén fose quen de recoller por enteiro a súa espontánea expresión.

Manuel Antonio,

Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu. Xornal Galicia, 1924.