Upload
others
View
5
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. ACTIVIDADES
DE 3º ESO.
SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL.
Ola a todos/as:
Ao longo das tres sesións de Xeografía e Historia que nos corresponden
segundo o horario ( martes, xoves e venres), notifícovos o que tedes que
facer.
O bloque que corresponde ao 3º trimestre trata sobre economía, un tema
de introdución e os tres sectores económicos( primario, secundario e
terciario).
Comezamos polo tema 2 do libro de texto: A organización económica
das sociedades.
Nestas 3 sesións , despois de facer unha lectura comprensiva, elaborade un
esquema/ mapa conceptual dos apartados 1,2,3 e 4 . Ademáis do propio
libro de texto, contades cun material complementario en PDF e uns enlaces
que vos poden axudar.
É importante que entendades o esquema, non deixedes de ir ao diccionario
se fose necesario para aclarar algún concepto .
Ademais do esquema/mapa conceptual, tedes que responder ás cuestión
que tedes nos PDF e que xunto co esquema debedes recoller no caderno de
aula.
ENLACES
https://leccionesdehistoria.com/3ESO/geografia/u-d-4-la-actividad-
economica/
https://www.youtube.com/watch?v=Hb8EPSMPyq0. A actividade
económica.
Para claquera aclaración, contactade no seguinte enderezo:
Ánimo e que pase pronto este pesadelo!!
B.- OS AXENTES ECONÓMICOS (páx. 116-7)
B.1.- Por que son necesarios os axentes económicos? Cales son eses axentes?
As necesidades humanas son ilimitadas (especialmente nos países máis desenvolvidos), pero os recursos naturais son escasos.
Por iso é necesario organizar a produción de bens e servizos e a súa distribución e decidir que, como e para quen producir.
Esas decisións as toman os axentes económicos que son:
Son unidades de produción
Son unidades de consumo
É unha unidade de produción e consumo
As relacións entre os axentes económicos establécense por medio do mercado, ou “lugar” no que se compran e venden bens e servizos.
B.2.- Cubre o esquema ou cadro dos axentes económicos seguindo o modelo.
OS AXENTES ECONÓMICOS
AS EMPRESAS AS FAMILIAS O ESTADO
QUE SON?
FUNCIÓN?
OBXECTIVO?
Outras características
Os ingresos que invisten en producir proceden de...
Os ingresos que utilizan para pagar o que consomen proceden de...
Os ingresos que invisten en asegurar o benestar social proceden de...
Factores de produción Que é a Enquisa de Orzamentos Familiares?
Como intervén na actividade económica?
- Son as unidades básicas de produción de bens e servizos.
- A súa función é
- Obxectivo
- Factores de produción para levar a cabo as súas actividades
- producir bens materiais e servizos- distribuilos- vendelos aos consumidores→ a cambio dun prezo!
- empresa privada: obtención de beneficios- empresa pública: búsqueda do benestar social
- recursos naturais
- recursos humanos
- traballadores ± cualificados (cobran salario)- capital: conxunto de bens, instalacións, maquinaria e diñeiro do que dispón a empresa.- tecnoloxía usada para producir: manual, mecánica, automatizada
- Os ingresos que invisten en producir proceden da venda no mercado dos produtos que fabrican.
- Son unidades básicas de consumo de bens e servizos. - A súa función é gastar na adquisición de bens e servizos.- Obxectivo: satisfacer as súas necesidades
básicas ou non básicas.
- Os ingresos que utilizan para pagar o que consomen proceden dos salarios obtidos polo seu traballo e do seu patrimonio, ou conxunto de bens familiares.
Un dos indicadores que miden o consumo das familias é a Enquisa do orzamento familiar, que mide o gasto familiar nunha selección de produtos básicos: alimentación e bebidas non alcohólicas, bebidas alcohólicas e tabaco, vivenda, vestido e calzado, mediciña, transporte…
- É unha unidade de produción e consumo.
- Función
- Obxectivo: conseguir o benestar social, só secundariamente os seus investimentos buscan a obtención de beneficios.
- Os ingresos que invisten en asegurar o benestar social proceden dos impostos que recadan ás empresas e ás familias.
- establecemento de leis reguladoras da economía, como o salario mínimo.- controla a política monetaria, regulando os tipos de xuro.- cede parte dos seus ingresos a certas empresas que teñen interese social e a algunhas familias, por medio de subsidios de desemprego, pensións de xubilación, subvención de medicamentos…
- producir, a través das súas empresas, bens materiais e servizos públicos, necesarios para toda a sociedade (educación, correos, sanidade, transporte ferroviario...).- consumir bens e servizos das empresas privadas (para a súa organización, administración ou incluso produción…).
- Políticas económicas coas que intervén na actividade económica.
B.3.- Indica se os bens e servizos que ofrecen as seguintes “empresas”son públicos ou privados.
C.- OS SISTEMAS ECONÓMICOS (páx. 118-9)
C.1.- Que son os sistemas económicos?C.2.- Cubre un esquema seguindo o modelo que sinale as diferenzas entre os sistemas económicos socialista e capitalista.
OS SISTEMAS ECONÓMICOS
SISTEMA SOCIALISTA
SISTEMA CAPITALISTA
Quen organiza a actividade económica?
Quen é o propietario dos medios de produción e das empresas?
Quen decide o que hai que producir, controla a distribución
dos bens, fixa os prezos e os salarios?
Tipo de economía?Obxectivo?
En que países é importante?
C.3.- Define os seguintes conceptos: mercado, oferta e demanda.
- O mercado é o conxunto de operacións de compravenda dun ben ou dun servizo e tamén pode ser o lugar onde se realizan esas operacións de compravenda. A forma de compravenda pode ser o troco, o diñeiro, os cheques…
- A oferta é a cantidade de produtos e servizos dispoñibles para ser consumidos e depende das empresas ou produtores, que os ofertan no mercado e compiten entre eles para ofrecelos ao mellor prezo.
- A demanda é a cantidade de bens e servizos que as familias teñen a intención de consumir. Os consumidores demandan no mercado os bens que necesitan e deciden o prezo que están dispostos a pagar por eles (dito prezo dependerá dos seus ingresos…)
C.4.- Explica como funciona a lei da oferta e a demanda no sistema capitalista.
Nunha situación de competencia ideal, os prezos establécense en función da lei da oferta e a demanda. Segundo esta lei, a produción e o prezo dun artigo increméntase cando un produto é escaso, e baixan cando xa hai produtos de sobra para cubrir as demandas dos consumidores.
C.5.- Explica os motivos de que o sistema capitalista non sexa perfecto.
- Desde o punto de vista económico: moitas veces a competencia é imperfecta, xa que non se cumpre a lei da oferta e a demanda. Isto sucede cando unha soa empresa (monopolio) ou unhas poucas empresas (oligopolio) controlan toda a oferta e deciden os prezos dos produtos ou dos servizos, o que prexudicará aos consumidores. Mercados tan importantes como o da enerxía, os automóbiles ou a telefonía móbil son oligopolios.
- Desde o punto de vista social: as empresas privadas non invisten na produción de bens e servizos que cobren necesidades sociais, pois non reportan beneficios, o que vai en prexuízo dos máis desfavorecidos...
C.6.- Que se entende por economía mixta?
Unha economía mixta é aquela na que se combinan as vantaxes da economía de mercado cunha maior participación do Estado, que pretende corrixir coa súa intervención os fallos do sistema capitalista.
- Intentando impedir a formación de monopolios, para facilitar así a libre competencia.- Creación de empresas públicas ou mixtas naqueles sectores que se consideran básicos: enerxía, transportes, comunicacións, armamento...- Subvención de produtos.- Protección dos dereitos dos traballadores e os consumidores, (regulación de contratos, prezos…).- Leis e axudas sociais, protección aos desempregados…
a.- Completa o gráfico do Circuíto económico situando sobre cada frecha o “concepto” que lle corresponde, escolle cada un deses “conceptos” do listado que figura ao pé do gráfico. Podes engadir ti algún enlance máis.
- Ofrece bens e servizos ás familias, - Reciben servizos públicos, - Pagan impostos- Pagan salarios, - Contratan traballadores, - Pagan os bens e servizos, - Obteñen ingresos - Obteñen ingresos, - Venden bens e servizos, - Pagan impostos, - Reciben infraestuturas e axudas, - Venden o seu traballo
C.7- O circuíto económicoA economía de calquera territorio funciona como un circuíto, no que os produtores e os consumidores se relacionan mediante o intercambio nos mercados. Esas relacións entre produtores e consumidores provocan a diario fluxos de bens e servizos, que se deprazan duns lugares a outros mediante o emprego de transportes. Como contrapartida, prodúcese unha corrente de fluxos monetarios.