Upload
others
View
4
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
0
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
Departamento de Servizos Sociais Comunitarios
PLAN LOCAL DE INTEGRACIÓN DA POBOACIÓN INMIGRANTE Un compromiso coa cidadanía
1
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
ÍNDICE:
1. INTRODUCIÓN
.........................................................................................................2
2. O PROCESO DE ELABORACIÓN DO PLAN ....................................................10
3. ANÁLISE E DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN ACTUAL .................................16
4. MARCO NORMATIVO ..........................................................................................21
5. ESTRUTURA DO PLAN .........................................................................................25
6. PRINCIPIOS DO PLAN ..........................................................................................26
7. ÁREAS E OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS .......................................................27
8. SISTEMA DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN 2012 – 2016 ........43
9. ANEXOS
....................................................................................................................48
2
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
1. INTRODUCIÓN.
En xaneiro do 2009, o Municipio de Riveira, a través do departamento de Servizos Sociais, puxeron en marcha unha reflexión estratéxica municipal. Con motivo da cal se iniciou o deseño e preparación dun estudo para poder identificar as características e necesidades da poboación inmigrante do Municipio e así, crear liñas básicas de actuación acordes coas necesidades do colectivo de intervención.
No 2010 asinouse un convenio de colaboración co departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para realizar conxuntamente o Diagnóstico sobre a Situación Inmigratoria de Riveira, estudo que marcou os pasos a seguir. Neste camiño, e aproveitando os resultados do estudo, viuse necesario crear unha Plan Local de Inmigración co fin de ter unha “folla de ruta” que promova a comunicación e coordinación entre os diferentes axentes sociais do Municipio.
Queremos agradecer a participación da poboación inmigrante e dos diferentes axentes sociais convocados quen coas súas achegas e experiencia de traballo coa poboación inmigrante do Riveira contribuíron ao desenvolvemento deste Plan.
1.1. A migración en España
En relación á migración en España contamos cos datos do Informe de persoas estranxeiras residentes en España, que dispoñen de certificado de rexistro ou tarxeta de residencia en vigor a 30 de xuño de 2011, publicado polo Observatorio Permanente da Inmigración e a Revisión do Padrón Municipal de Habitantes de 2009. Comentar que as persoas migradas no Estado español poden estar baixo o Réxime Comunitario, é dicir, nacionais de países membros da Unión Europea (UE‐27) e dos países da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC), EFTA nas súas siglas en inglés, constituída por Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza, así como os seus familiares e os familiares de españois e españolas que sexan nacionais de terceiros países. E o Réxime Xeral é o réxime xurídico que se aplica aos e ás nacionais de terceiros países, salvo que lles sexa de aplicación o Réxime Comunitario.
En canto ao Réxime Comunitario o número de persoas ascende a 2.476.334 o que representa o 48,14 % dos e as estranxeiras residentes en España; e en concreto en Galicia ascende a 53.729 residentes; fronte aos 2.667.935 do Réxime Xeral, o que
3
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
representa o 51,86 % do total de persoas estranxeiras residentes en España, e en Galicia 42.294 residentes.
En relación ao Réxime Comunitario destacar varias consideracións:
- As nacionalidades que agrupan maiores porcentaxes son Romanía, Reino Unido e Italia, que de forma conxunta case alcanzan o 52% do total de persoas estranxeiras neste réxime. Tan só os e as nacionais de Romanía corresponden a 883.238 persoas sendo o 35% do total.
- O 85% dos e as residentes deste Réxime é da Unión Europea, xa que o número de nacionais da UE‐27 se sitúa en 2.098.847, representando un 84,76 % do total deste réxime. E no outro extremo encóntranse os e as familiares de cidadáns e cidadás comunitarias, nacionais de países no comunitarios como Colombia, Arxentina, Marrocos ou Ecuador entre outros, alcanzando o valor de 377.487, o que supón o 15,24 % do total.
- Case o 50% dos residentes neste réxime viven en Madrid, Barcelona, Alacante, Valencia, Málaga e Illes Balears, en concreto 1.226.758 residentes; destaca Madrid con 395.632 seguida de Barcelona con 249.307. Cabe sinalar que en liñas xerais a distribución de residentes do Réxime Comunitario pola xeografía de España é máis homoxénea que no Réxime Xeral. En Galicia a distribución é a seguinte: 19.880 na Coruña, 17.122 en Pontevedra, 10.419 en Ourense e 6.308 en Lugo, facendo un total de 53.729 residentes.
- Neste réxime a porcentaxe concéntrase o 32 provincias españolas, alcanzando porcentaxes entorno ao 70% en Zamora (76,63%), Ourense (73,12%), Santa Cruz de Tenerife (69,32%) e Badaxoz (69,26%), mentres que en Xirona, Barcelona, Álava e Murcia estas porcentaxes están entre o 34,02% da primeira e 26,62% da última.
- En canto á proporción de homes e mulleres comentar no caso de cidadáns e cidadás da UE‐27 e países da AELC‐EFTA a porcentaxe de homes é maior 53,68%, e se observa as quince principais nacionalidades neste Réxime, en oito delas teñen maior peso as mulleres que os homes: Brasil (75,18%) ou Colombia (64,88%), mentres que Reino Unido (50,17%), Francia (50,24%) e Marrocos (50,27%), existe practicamente equilibrio, ao igual que en Galicia.
- O 61% ten idades comprendidas entre 20 e 44 anos, o que supón o 61,03% en termos absolutos un total de 1.522.203 de residentes. Os e as menores de 16 anos alcanzan o 8,98%, é dicir, 222.394 mentres que a porcentaxe de persoas
4
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
que teñen 65 anos ou máis é do 6,80% (168.460), algo que non se verá reflectido no Réxime Xeral. A idade media é de 36,6 anos, cinco anos superior que a do Réxime Xeral e por áreas xeográficas os e as cidadás de maior idade media son os e as nacionais dos países AELC‐EFTA, é o caso de Noruega (51,9 anos), e Suíza (53,5 anos)
En canto ao Réxime Xeral destacar, entre outras consideracións:
- O número de persoas residentes neste réxime é de 2.667.935, un 51,86% dos e as cales, 42.294, residen en Galicia, en concreto 15.916 na provincia de A Coruña, 15.768 na provincia de Pontevedra, 6.750 na provincia de Lugo e 3.830 na provincia de Ourense.
- O 44,25% dos e as residentes neste réxime proceden de América Central e do Sur (1.180.174), ou de África (1.022.704). Representando de forma conxunta o 82,60% do total, sendo o 44,25% para América Central e do Sur, e o 38,35% para África. O 12,07% le corresponde a Asia (321.995) e o 4,60% ao resto de Europa.
- Marrocos case alcanza o 30%, en concreto representa o 29,66% (791.118) e entre as nacionalidades de países asiáticos máis frecuentes destaca China (51,21%, 164.913) e Paquistán (17,87%, 57.528)
- Nas provincias de Barcelona, Madrid, Murcia, Valencia, Alacante e Xirona residen máis de cen mil; Barcelona aglutina a 532.111 persoas e en caso de Galicia entre as catro provincias residen 42.294 persoas do Réxime Xeral.
- En canto á distribución por sexos neste réxime o 46,24 % son mulleres, en concreto nas nacionalidades de Paraguai (68,84%), Brasil (61,31%) ou República Dominicana (60,56%), sucedendo o contrario en Senegal (78,09%) e Paquistán (72,58%) onde a proporción é maioritariamente de homes.
- E en canto ao rango de idades algo máis da metade teñen entre 25 e 44 anos, en idade produtiva; en relación aos e as menores de 16 anos as cifras son do 18,68% (498.342) e os e as maiores de 64 anos alcanzan unha porcentaxe baixa (1,30%) sendo a principal diferenza con respecto ao Réxime Comunitario.
1.2. A migración en Galicia
5
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
A comunidade autónoma de Galicia pasou de ser un territorio emisor de persoas emigrantes que saían en busca de maiores oportunidades de vida para si e para as súas familias a ser en poucos anos, en concreto a partir do 2.000 a ser receptora de persoas inmigrantes, co que o fenómeno da migración influíu, tanto no pasado coma no presente, configurando unha sociedade galega con gran diversidade cultural.
Segundo o Plan Galego de Convivencia e Cidadanía de 2008‐2011 da Xunta de Galicia e a Revisión do Padrón Municipal de Habitantes de 2009, as principais características da inmigración en Galicia son as seguintes:
- En comparación ao resto de comunidades autónomas en Galicia constátase un volume relativamente baixo de fluxos migratorios ocupando o posto número 18 (das 17 comunidades autónomas e das 2 cidades autónomas) cun total de 106.637 de habitantes (3,81 % da poboación total), dos cales 53.721 son homes e 52.916 son mulleres, sendo o total de habitantes en Galicia de 2.796.089.
- Das catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, á luz dos datos estatísticos referir que Pontevedra ocupa o primeiro lugar con 39.485, seguida da Coruña con 37.997, Ourense con 15.558 e Lugo con 13.597 persoas estranxeiras empadroadas.
- O fenómeno da migración adquire maior peso a partir do ano 2000 aínda que a diferenza con outras comunidades é menor, a nosa comunidade segue a ser en termos relativos a principal comunidade receptora de persoas emigrantes retornadas, e a chegada de persoas migradas de nacionalidades estranxeiras incrementouse desde 2001.
- A teor dos datos do Padrón indicar que a nacionalidade de persoas estranxeiras que ocupa o primeiro lugar por volume de habitantes é a de Portugal con 20.471 habitantes, dos e as cales 8.055 se encontran na provincia de Pontevedra, seguida de Ourense con 6.515, A Coruña con 3.742 e Lugo con 2.159.
- Tamén vai ganando en peso o número de persoas de nacionalidades estranxeiras non comunitarias (Réxime Xeral), con especial incidencia das nacionalidades de orixe latinoamericana; como comentábamos anteriormente das 106.637 persoas estranxeiras empadroadas en Galicia a Brasil le correspondían 11.892, sendo máis representativa na provincia da Coruña (4.607) e Pontevedra (4.395); a continuación, en volume de poboación está Colombia con 8.791 persoas censadas nas provincias da Coruña (3.295) e Pontevedra (2.960) respectivamente; e séguelle Arxentina con 4.951 habitantes
6
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
dos e as cales a referencia do padrón indican 2.228 na provincia de Pontevedra e 1.966 na Coruña. Comentar a afluencia de persoas de Marrocos, 5.767, das cales 2.164 se encontran empadroadas na provincia de Pontevedra, seguida da Coruña con 1.827 (directamente relacionadas coas actividades económicas que se desenvolven en concreto no sector marítimo). É mester indicar que o peso das nacionalidades latinoamericanas, está marcado polos vínculos creados a raíz da emigración galega, e da nacionalidade portuguesa, á súa vez, pola proximidade xeográfica entre ambos os países (transfronteiriza) conferíndolle certa singularidade ao fenómeno da migración en Galicia a diferenza do resto do estado.
- E en canto aos grupos de idade comentar que os máis voluminosos no caso dos homes son os que corresponden ás franxas de 30‐34 anos (8.024), 25‐29 anos (7.423) e de 35‐39 anos (6.788). E en relación ás mulleres o rango máis numeroso é o comprendido entre 25‐29 anos (8.034), seguido do de 30‐34 anos (7.756) e o de 35‐39 anos (6.119). Indicar que estes datos en ambos os dous sexos e rangos de idades poñen de manifesto que son idades que corresponden co traballo produtivo, e en caso das mulleres tamén o reprodutivo, sobre todo se temos en conta o avellentamento da poboación en Galicia.
1.3. O Caso de Riveira
Riveira é un dos principais municipios de Galicia, con preto de 30.000 habitantes, é unha cidade punteira que destaca pola industria conserveira, a pesca, o marisqueo e o sector turístico; intimamente ligada ao mar é un dos principais portos da UE coa maior flota de baixura do Estado Español. É a capital da Barbanza e dispón dunhas infraestruturas únicas na comarca: Hospital, Residencia, Conservatorio Profesional de Música, Delegación de Pesca e Facenda, Comisaría de Policía, Escola Náutica, entre outras.
A capital municipal é Riveira con 14.000 habitantes, o resto das parroquias son:
• Aguiño, • Artes, • Carreira, • Castiñeiras, • Corrubedo, • Oleiros, • Olveira
7
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
• Palmeira.
Desde hai uns anos está irmandada co municipio tinerfeño de Adeje, coa localidade estadounidense de Newark e coa cidade valenciana de Albaida. Ten máis de 800 anos de historia e un patrimonio, paisaxe e cultura de grande importancia, con Festas de Interese como a Dorna, o Percebe, San Xoán ou o Carme.
Riveira é unha cidade que pola súa historia de porto mariñeiro sempre estivo moi en contacto con outras culturas, moitos cidadáns de Riveira gañaron a vida na pesca do bacallao en Finlandia, no Gran Sol, nas Xeorxias… As súas xentes posúen, polo tanto, unha ampla experiencia en acolleren outros traballadores e mais ir e vir polo mundo, por isto hoxe existe índice moi importante de inmigrantes que se achegan a Riveira en busca dun espazo, que ademais de rico en recursos o é en traballo e calidade de vida, froito da súa situación xeográfica e a súa mestura de culturas e o gran número de relixións que hai na súa comunidade.
• Antecedentes :
Desde xaneiro de 2003 no municipio de Riveira produciuse un elevado incremento de poboación inmigrante, detectada no padrón municipal e nas demandas individuais nos diferentes servizos sociais (municipais, Cruz Vermella, Cáritas Parroquial, Plan Comunitario…).
Ante esta situación créase un Programa de Información, Orientación e Asesoramento e Busca de emprego no Plan Comunitario Municipal (ante a imposibilidade de asumir desde Servizos Sociais o programa por falta de recursos humanos).
En xuño de 2004, constitúese a Rede de Apoio ao Inmigrante, integrada por oito institucións: Plan Comunitario Municipal, UAD, Servizos Sociais, Centro de Saúde, IES nº 1, CIM, Cáritas Parroquial e Cruz Vermella, e se asina un convenio entre o Municipio e as institucións que integran a rede, destacar que neste ano se elabora un Estudo de necesidades Sociais da Poboación Inmigrante no Municipio de Riveira (Fase cuantitativa).
No ano 2005, tamén se realizan diferentes actividades destinadas á poboación inmigrantes como son, entre outras:
‐ Cursos de Técnicas de busca de emprego
8
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
‐Curso “Inmigración e Inclusión Social”, nos primeiros encontros internacionais de Xuventude “Mar de Arousa 2005”.
‐ Creación dunha base de datos de atención individualizada no Plan Comunitario Municipal.
Nos anos 2006/07, ademais dos servizos de asesoramento xurídico social, ponse en marcha un proxecto de Apoio e Seguimento da Escolaridade Infantil obrigatoria dos nenos e nenas inmigrantes, ademais da coordinación co IES nº1 de Riveira onde se imparten clases de Alfabetización de Adultos, e onde se levan a cabo talleres de iniciación á lingua galega e castelá.
Desdo ano 2008 ata a actualidade, os servizos con apoio da Secretaría Xeral de Inmigración e do Ministerio fóronse consolidando, aínda que queda moito por facer.
A razón principal do comezo do proxecto de intervención coa poboación inmigrante no Municipio de Riveira, foi o notable aumento de demandas requiridas polo colectivo no departamento de servizos sociais do municipio, que fixeron que se formulase un proxecto específico de intervención.
Os primeiros contactos cos inmigrantes residentes no Municipio de Riveira, foron aqueles que se dirixían ao Plan Comunitario Municipal solicitando, axuda para cubrir papeis, informes sobre situacións de vivendas, para tramitar reagrupamentos familiares, información sobre emprego, e sobre todo regularización da súa situación administrativa, xa que a meirande parte están en situación irregular.
Na Actualidade segundo o padrón municipal de 27 de maio de 2011, no municipio de Riveira conviven un total de 1.356 estranxeiros, dos cales 1.124 son estranxeiros extracomunitarios e 232 son comunitarios.
Analizando por nacionalidades diremos que dos 1.124 son cidadáns de Marrocos 304 persoas que corresponde ao 27, 04% do total, seguido por Perú que supón no total ao 16,28%, con 183 nacionais, o terceiro gran grupo é o formado polos habitantes de Chile con 122 persoas que corresponden ao 10,85% do total de inmigrantes empadroados no municipio de Riveira.
Destacan os nacionais de Mauritania como cuarto país con 73 membros que supón o 6,4% do total, seguido de República dominicana como quinto país con 65 persoas, o 5,7% do total, seguido por Brasil que representa o 4,9% do total (56 membros), Indonesia o 3,7% (42 membros), China co 3,02 % (34 membros), e por último, Colombia con 28 membros supón o 2,49%, seguido por Ecuador con 25 membros que representa o 2,2% e Ucraína con 19 membros representa o 1,6% do total.
9
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
Despois destes grandes grupos temos varias nacionalidades como Arxentina co 1,6% do total, Bulgaria co 1,2% do total e Bolivia co 0,8% do total.
Dos cidadáns comunitarios destacar que o forman 232 persoas dos cales o grupo máis numeroso constitúeno os portugueses co 60,7%, seguido de Romanía co 21,9%.
1.4. O perfil do emigrante de Riveira
O perfil do emigrante predominante no municipio, é dun africano (maioritariamente do Magreb) ou Americano (do cono sur), asentado na parroquia de Santa Uxía de Riveira.
Dos inmigrantes extracomunitarios 642 son homes o que supón o 57,1% do total e 482 son mulleres o que supón o 42,9% do total, é dicir, hai unha porcentaxe superior de homes con respecto ás mulleres. Cunha idade que oscila entre os 27 e 48 anos, polo que se pode afirmar que están na idade máis produtiva, está casado e cunha media de dous fillos. Chegou a España entre os anos 2005 e o 2007, alegando para desprazarse motivos fundamentalmente económicos e laborais, motivos polos que se asentou no concello de Riveira.
A maioría ten permiso de residencia, destacar que traballou no seu país de orixe, fundamentalmente de mariñeiro ou en postos de traballo que estaban relacionados co mar, e os que traballan fano por conta allea con contrato temporal por obra e servizo, no sector primario ou no sector servizos.
10
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
2. O PROCESO DE ELABORACIÓN DO PLAN
2.2 Metodoloxía:
Co obxectivo de promover un proceso o máis participativo posible foi necesaria a colaboración da poboación de Riveira, os seus representantes políticos e dos axentes sociais da comarca. Para isto, organizáronse varios grupos de traballo, que nos permitiron recoller as preocupacións e as propostas das persoas implicadas. Nestes grupos, participou o persoal técnico e político do concello, representantes de asociacións, axentes sociais e a cidadanía, a autóctona e quen acaban de chegar.
Fíxose un esforzo especial para ter a opinión e valoración das persoas inmigradas residentes no Municipio, xa que son os seus testemuños os que nos van permitir un coñecemento máis exhaustivo da realidade na que viven.
O proceso de elaboración do Plan Local dividiuse nas seguintes fases:
FASES:
• Fase 0. Reunións previas.
No ano 2010, desde o departamento de Servizos Sociais de Riveira formúlase a idea de realizar, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, un Estudo de Investigación, co obxectivo de coñecer as necesidades Sociolaborais dos Inmigrantes Extracomunitarios que residen no Concello de Riveira, e así desta forma axustar a estas necesidades os programas que se estaban levando a cabo desde o departamento de Servizos Sociais de Riveira.
Unha vez tomada a decisión de realizar o estudo, inícianse as reunións entre o Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e o equipo de Servizos Sociais do Concello de Riveira, co obxecto de establecer as necesidades e intereses informativos das diferentes partes involucradas, os límites e alcances do estudo.
11
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
• Fase 1. Análise e diagnóstico da situación actual
1. Deseño e elaboración de enquisa
A partir dos datos obtidos na primeira fase e co obxectivo de achegarnos ás preocupacións, demandas e necesidades da poboación inmigrante construímos un instrumento específico de recolleita da información, neste caso unha enquisa de 46 preguntas maioritariamente cerradas, e centradas en :
→ Na identificación das persoas e do colectivo ao que pertencen (Nacionalidade, sexo, idade, estado civil,….)
→ Motivación da súa emigración.
→ Vivenda.
→ Relacións familiares, sociais, educativas e de inserción sociolaboral.
→ E finalmente o cuestionario péchase cun grupo de preguntas para saber se coñecen, utilizan e cal é a súa impresión do trato recibido polas diferentes institucións ás que por diferentes motivos teñen que acudir, e en especial, con todo o relacionado cos cursos de formación profesional e ocupacional aos que asistiron ou demandan.
Este cuestionario, anónimo como non podería ser doutra maneira, foi cuberto por 402 inmigrantes que estaban residindo nese momento, no Concello de Riveira (Ver anexo. Modelo de Cuestionario).
2. Grupos de Traballo:
Como complemento á información obtida da enquisa, puxéronse en marcha varios grupos de traballo cos diferentes axentes sociais que traballaban, no Municipio de Riveira, coa poboación inmigrante.
As reunións con estes grupos leváronse a cabo os días 10 e 11 de novembro de 2011, e co fin de estruturar os contidos de traballo, distribuíronse da seguinte forma:
O día 10 de novembro acoden os grupos de Muller e de Acollida:
O grupo de Muller está constituído por:
12
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
- Representantes do CIM
- Representante do Banco do Tempo
- Representante da Asociación “Amas de Casa”
- Representante da Asociación “Alfaia”
O grupo de Acollida está constituído polos seguintes axentes:
- Representantes da Policía Nacional
- Representante do Padrón Municipal
- Representante do Centro de Saúde
- Representante do Hospital Comarcal do Barbanza
- Representante da Entidade Social “Cáritas Diocesana de Riveira”
- Representante da Entidade Social “Cruz Vermella Española”
O día 11 de novembro acoden os grupos formados polos axentes de Emprego e polos axentes educativos:
O grupo de Emprego está formado por:
- O ADL local
- Representantes da Mancomunidade Arousa Norte
- Representante da Asociación de Empresarios de Riveira
O grupo de Educación está formado por un representante de cada un dos centros tanto de Primaria como de Secundaria do Concello de Riveira en total de 15 persoas, concretamente:
- Representante Ceip Artes
- Representante Ceip Frións
13
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
- Representante Ceip Carreira
- Representante Colexio Galaxia
- Representante Ceip Palmeira
- Representante Ceip O Grupo
- Representante Ceip Aguiño
- Representante Ceip Olveira
- Representante Colexio Bayón
- Representante Colexio “A Milagrosa”
- Colexio “Sagrado Corazón”
- IES nº 1
- IES Leliadoura
- IES Coroso
Cada grupo de discusión constituíse seguindo as seguintes premisas:
Persoas que sexan responsables e/ou traballen directamente, a través de algún servizo, coa poboación inmigrante.
Cada participante ha de representar unha asociación/institución para evitar trazos de sobrerrepresentación
Tratarase de aglutinar a representantes de asociacións/institucións do Concello que prestan diferentes servizos á poboación inmigrante.
Han de estar representadas tanto as asociacións/institucións máis fortes como as que contan con menos medios ao seu alcance.
O número total de participantes nestes grupos foi de 28 persoas e o obxectivo presentado nestes, foi facer unha valoración conxunta das problemáticas máis relevantes na realidade da inmigración no municipio, a partir da cal definir as áreas nas que se vai a estruturar o Plan.
14
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
Os resultados concretos que se obtiveron destes grupos de traballo son:
1. O coñecemento por parte de todas as persoas participantes dos detalles de desenvolvemento da elaboración do Plan así como a recolleita das súas suxestións a este respecto.
2. O coñecemento das diferentes iniciativas que se están a levar a cabo desde os departamentos, institucións ou entidades sociais, facendo unha valoración inicial de todas elas.
3. Delimitación das áreas de traballo que van vertebrar o Plan.
A cada un dos representantes das entidades que acudiron ás reunións de traballo entregóuselle unha ficha para que cubrisen e sinalasen as diferentes accións que poderían mellorar os seu traballo en relación co Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante, en termos xerais cadraron nas seguintes premisas de traballo:
1ª Incidir na mellora na información e o asesoramento en materia de permisos, estrutura administrativa, homologación de estudos etc…
2º Crear guías de Recursos para a poboación tanto Inmigrante como Autóctona
3º Realizar máis actividades de sensibilización e participación cidadá
4ª Mellorar a formación tanto dos profesionais como dos diferentes axentes implicados
5º Creación dunha rede para mellorar a coordinación dos diferentes recursos existentes.
3. Análise DAFO.
Co fin de sistematizar a diagnose e confeccionar liñas operativas para o traballo das propostas de acción, é útil construír documentos sintéticos. Para isto utilizouse a análise DAFO unha das ferramentas esenciais que prové dos instrumentos necesarios ao proceso de planificación, proporcionando a información necesaria para a implantación de accións e medidas correctivas e a xeración de novos ou mellores accións de mellora, sendo especialmente válido para o establecemento de prioridades
15
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
e para a definición de obxectivos e esquemas de actuación en base ás capacidades e realidade na que se actúa.
• Fase 2 Determinación de obxectivos e estratexias
Sobre os resultados da fase anterior decidíronse as estratexias que ía seguir a organización. Traballouse sobre as alternativas identificadas e seleccionáronse as máis pertinentes.
• Fase 3 Redacción do Plan Local de Inmigración.
• Fase 4 Deseño e de Seguimento e avaliación
Cronograma:
Engadir outra columna 2012. : 5. Aprobación e posta en marcha.
ANO
2009 2010 2011 2012
Semestre 1 2 1 2 1 2 1 2
FASE
0. Reunións previas. Análise de documentación
1. Análise e diagnóstico da situación actual.
Análise Documental
Deseño e elaboración de enquisa
Grupos de Traballo
Análise DAFO
2. Determinación de obxectivos e estratexias
3. Redacción do Plan Local de Inmigración.
4. Deseño e de Seguimento e avaliación
5. Aprobación e posta en marcha.
16
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
3. ANÁLISE E DIAGNÓTICO DA SITUACIÓN ACTUAL
a. Análise DAFO – CAME
DAFO:
FORTALEZAS DEBILIDADES
→ 27‐48 anos é un colectivo que está en plena capacidade produtiva.
→ O colectivo feminino representa un 46,5%, tendo a maioría de elas entre 27 e 48 anos, estando polo tanto na idade máis produtiva.
→ Colectivo novo (xuventude, emprendedores) motivación, saúde.
→ Flexibilidade laboral (horaria, xeográfica, de postos de traballo)
→ Interese no Coidado de nenos e maiores que permite aumento no emprego mulleres, segmentación.
→ Gran diversidade nas orixes dos inmigrantes que elixen España, o que paseniño enriquece os procesos profesionais e o aproveitamento da diversidade na empresa galega.
→ Son un grupo inmigrante relativamente estabilizado e consolidado.
→ Coñecen e utilizan os diferentes servizos públicos e privados de apoio e axuda ao colectivo inmigrante.
→ As preferencias formativas son as que están moi relacionados coas posibilidades laborais que ofrece o concello de Riveira e o seu contorno, como son a hostalería, os coidados as persoas dependentes e a pesca
→ Solo un 53,9% ten permiso de residencia. → Un 16,4% están en situación irregular. → Un 47,8% manifestan ser analfabetos e un 5%
analfabetos funcionais. → Un 22?9% teñen estudos primarios e o 11?7%
secundarios e o 6,2% bacharelato, a formación profesional so é marcada polo 2,5% e os estudos universitarios no chega ao 1%.
→ 55% no traballa. → Un 11% no teñen permiso de traballo. → Dos que traballan o 42% teñen un réxime
laboral de traballo por conta allea con contrato temporal.
→ Unha alta porcentaxe traballa en economía somerxida.
→ Baixos ingresos familiares. → Síndrome do inmigrante (Síndrome de
Olieras). → Certas dificultades na comunicación, linguaxe,
cultura. → Descoñecemento dereitos, deberes e obrigas. → Descoñecemento do mercado de traballo. → Prexuízos socioculturais. → Baixa relación con outros cidadáns que non
sexan do seu país → Baixa participación no ámbito asociativo. → Dificultade acceso servizos. → Falla rede informal. → Presión empresarial para axilizar a
tramitación da burocracia que trae consigo a Lei de Estranxeiría.
→ Desaxustes entre a demanda empresarial de traballadores e a oferta destes.
→ Dificultade de conciliación familiar e asistencia a formación.
→ No homologación de estudos
17
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
OPORTUNIDADES AMEAZAS
→ Apoio da clase política. → Existencia de equipo de profesionais para
apoio ao colectivo (públicos, privados). → Necesidade de man de obra. → Falta xuventude en Europa (pirámide de
poboación). → Creación de novos nichos de negocio
para os cales antes no había demanda (alimentos de orixe, locutorios, ensino de español, envíos de remesas, etc.).
→ Barreiras legais/burocracia. → Crise económica: recorte nas axudas. → Incremento dos Prexuízos socioculturais cara
ao colectivo. → Discriminación por Xénero → Inmigración non regulada. → Falta de adaptación da Administración á
realidade migratoria.
CAME:
Centrándonos no DAFO realizado e coa perspectiva de establecer un Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante, aplicamos a ferramenta CAME que nos permite identificar as estratexias/liñas de intervención para o futuro Plan.
DAFO CAME
Debilidades Corrixir
Ameazas Afrontar
Fortalezas Manter
Oportunidades Explotar
18
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
CAME
FORTALEZAS
ESTRATEXIAS AFIANZAMENTO
Promover a formación ocupacional en novos nicho de emprego que promove a lei de dependencia
Fortalecer a busca activa de traballo
Manter os servizos de atención ao inmigrante existente no Concello Difundir e achegar á poboacióninmigrante (especialmente á mocidade) os servizos de axuda ao autoemprego
DEBILIDADES
ESTRATEXIAS DE REORDENACIÓN Incidir na importancia e facilitar o acceso á homologación de estudos Fortalecer a accións de alfabetización e de coñecemento da lingua (castelá e galega) Promoción do Asociacionismo entre a poboación inmigrante (especial incidencia na poboación xuvenil) Sensibilizar o colectivo de empresarios sobre as posibilidades de empregabilidade da poboación inmigrante Fortalecer os grupos activos de emprego Axustar a formación que se imparte ás posibilidades reais de emprego no municipio Sensibilización á poboación en xeral sobre as oportunidades e vantaxes da multiculturalidade Creación de foros de intercambio cultural Dar continuidade aos servizos de información sobre achegamento cultural e dereitos e deberes da poboación inmigrante Integrar a poboación inmigrante nos programas de Voluntariado locais
19
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
OPORTUNIDADES ESTRATEXIAS OFENSIVAS
Sensibilización dos grupos políticos sobre a necesidade do crecemento e desenvolvemento das políticas sociais en beneficio do colectivo Mellorar e actualizar a formación dos equipos profesionais que apoian ao colectivo Incrementar os recursos (humanos e materiais) dirixidos á intervención coa poboación inmigrante Promover a formación ocupacional en novos nichos de emprego que promove a lei de dependencia
Promover o autoemprego entre a poboación inmigrante
AMEAZAS
ESTRATEXIAS AFRONTAMIENTO
Sensibilización á poboación en xeral sobre as oportunidades e vantaxes da multiculturalidade Fortalecer o feed – back cara á administración sobre a realidade local da inmigración (foros, xornadas,..)
Busca de novas liñas de subvención e optimización dos recursos existentes
Sensibilización e información, á muller inmigrante, sobre os recursos existentes cara á muller
20
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
De cara á Elaboración do Plan Local e tendo en conta os resultados principais do diagnóstico establécense as seguintes recomendacións:
1. Deseñar un Plan Local de Integración que axude a mellorar a convivencia entre a poboación autóctona e a poboación inmigrante dentro do Municipio de Riveira
2. Deseñar liñas estratéxicas internas orientadas á mellora dos servizos e a coordinación do departamento de Servizos Sociais Municipais no traballo coa poboación tanto inmigrante como autóctona.
3. Establecer liñas de traballo externas orientadas a mellorar o traballo de todos os axentes implicados na elaboración do Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante.
4. Reorganizar o traballo e estrutura técnica, dos profesionais.
5. Deseñar e socializar con todos os membros unhas pautas comúns de actuación a favor da convivencia.
6. Promover a participación cidadá en accións que melloren a convivencia entre as diferentes culturas que conviven no Municipio de Riveira.
21
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
4. MARCO NORMATIVO
4.1 Marco Normativo Básico
No ámbito europeo, o Consello de Europa ten tamén abordado principios normativos e recomendacións xerais en torno a dereitos e liberdades públicas.
Polo que alcanza á Unión Europea, o Tratado de Amsterdam (1997) estableceu por primeira vez a competencia comunitaria en materia de inmigración e asilo. Así mesmo, a loita contra a discriminación pasou a ser tamén competencia comunitaria. Polo tanto, desde a súa entrada en vigor o 1 de maio de 1999 é xa xuridicamente posible adoptar normativa comunitaria vinculante para os Estados membros en ambas as materias, nas que se inclúe a dimensión relativa á integración social das persoas inmigrantes. A UE resérvase como competencia propia o establecemento dos criterios de acceso e control de fronteiras da UE e a xestión da libre circulación de persoas no coñecido como “Espazo Schengen”1
As ideas directrices desta normativa europea son:
→ As migracións implican enriquecemento para as sociedades europeas.
→ Loita contra a discriminación.
→ Equiparación de dereitos.
→ Políticas integrais.
→ Integración bidireccional.
→ Dereitos e deberes para a sociedade de acollida e os inmigrantes.
→ Participación no deseño de políticas.
No que toca ao dereito da Administración xeral do estado, un referente principal é a Constitución española, onde se establece que son as institucións centrais do Estado as encargadas de lexislar e administrar nos ámbitos da nacionalidade, inmigración, emigración, estranxeiría e dereito de asilo, fixando as condicións de acceso, a xestión dos continxentes e os procesos de regularización.
22
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
O “Dereito de estranxeiría” actualmente vixente en España está recollido fundamentalmente nas seguintes leis e regulamentos:
→ Lei 9/1994, de modificación da Lei 5/1984, reguladora do dereito de asilo e da condición de refuxiado e o seu regulamento de desenvolvemento.
→ Lei orgánica 11/2003, do 29 de setembro e a Lei orgánica 14/2003, do 20 de novembro de reforma da Lei orgánica 4/2000 de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.
→ Real decreto 2393/2004, do 30 de decembro polo que se aproba o regulamento da Lei orgánica 4/2000. de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.
→ Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os Servizos Sociais Comunitarios e o seu financiamento.
A normativa autonómica ten o seu asento no Estatuto de Autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril), onde se marcan as competencias da comunidade autónoma (exclusivas ou compartidas) nos ámbitos de educación, cultura, emprego e formación, sanidade, vivenda e benestar social, todos eles ámbitos de actuación para a integración social da poboación inmigrante.
O Decreto 44/2006, do 2 de marzo, establece a estrutura orgánica da Presidencia da Xunta de Galicia, regulando as competencias da Secretaría Xeral de Emigración, que depende funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Conta con cinco subdireccións xerais, das cales destacan, polas súas competencias en materia de inmigración, a Subdirección Xeral de Planificación das Políticas do Retorno e da Inmigración, e a Subdirección Xeral de Xestión das Políticas do Retorno e a Inmigración.
A Secretaría Xeral de Emigración desenvolveu o Plan galego de Cidadanía, Convivencia e Integración 2008‐2011, que foi aprobado o 7 de febreiro de 2008.
4.2 Competencias das entidades locais en materia de inmigración.
Son varios os niveis das Administracións públicas con incidente na acción pública referida á inmigración.
23
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
Dunha parte, existe unha crecente importancia das políticas comúns europeas na materia.
Doutra parte, de acordo co establecido na Constitución, o Estado ten a exclusividade competencial no relativo á nacionalidade, estranxeiría, emigración, inmigración e dereito de asilo. A acción normativa estatal diríxese á fixación das condicións de acceso, a xestión dos continxentes e dos procesos de regularización. A acción estatal non normativa marca as pautas que seguen as comunidades autónomas nas políticas de integración (un exemplo disto é o programa GRECO).
As comunidades autónomas están habilitadas, sempre en sentido positivo e complementario á acción do Estado, para lexislar e levar a cabo accións dirixidas a desenvolver a política de integración social das persoas inmigrantes. O concepto de integración social das persoas inmigrantes abarca unha serie de dimensións relacionadas co exercicio dun conxunto de dereitos civís, económicos, sociais e culturais. Estes dereitos afectan a diversos ámbitos competencias e sectoriais tales como educación, cultura, emprego e formación, sanidade, vivenda e benestar social, todos eles competencias, exclusivas ou compartidas, da Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido no Estatuto de Autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, de 6 de abril).
Configúrase así un reparto de competencias en materia de inmigración que pon de relevo a importancia da interrelación dos ámbitos internacional e europeo, estatal, rexional e local na xestión das políticas de inmigración.
Cal é o papel do Municipio de Riveira?
A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia establece como competencia básica das administracións locais servir aos intereses públicos de acordo cos principios de eficacia e servizo aos cidadáns. No seu artigo 57 establece os dereitos e deberes dos veciños e veciñas, entre os que figuran:
“A inscrición dos estranxeiros no padrón municipal non constituirá proba da súa residencia legal en España nin lles atribuirá ningún dereito que non lles confira a lexislación vixente, especialmente en materia de dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.
Os estranxeiros menores de idade emancipados ou xuridicamente habilitados terán os mesmos dereitos e deberes cós veciños, a excepción dos de carácter político.”
24
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
O municipio “poderá promover toda clase de actividades e prestar todos os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños”. Nas materias recollidas no Capítulo IV: Competencias, artigo 80, non se especifica unha política de integración, pero si multitude de ámbitos que cumpren un papel nesta:
→ A seguridade en lugares públicos.
→ Promoción e xestión de vivendas.
→ Abastos, matadoiros, feiras, mercados e a defensa de usuarios e consumidores.
→ Protección da salubridade pública.
→ A participación na xestión da atención primaria da saúde.
→ Os cemiterios e servizos funerarios.
→ A prestación dos servizos sociais e a promoción e reinserción sociais.
→ O transporte público de viaxeiros.
→ As actividades e instalacións culturais e deportivas, a ocupación do tempo de ocio.
→ A participación na programación da educación, a intervención nos órganos de xestión dos centros docentes e a participación na vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria.
→ A execución de programas propios destinados á infancia, xuventude, muller e terceira idade.
→ A participación na formación de activos e desempregados.
Concretamente, as competencias en materia de servizos sociais establécense nos artigos 80.2.k e 81.c da Lei de Administración Local de Galicia. Segundo esta norma, e polo que fai referencia ás persoas inmigrantes, xustifícase o deseño e desenvolvemento de programas locais de integración, de acordo co principio de descentralización, e en coordinación coas políticas sociais autonómica e estatal.
Así mesmo, na sección 3, artigo 86 sinálase que os municipios poden exercer actividades complementarias das propias doutras administracións e, “en particular, as relativas a educación, a cultura, a xuventude e ao deporte, a promoción da muller, a vivenda, a atención primaria á saúde, a ocupación e á loita contra o paro, os arquivos, museos, conservación de música e centros de belas artes, o fomento de estruturas agrarias e a prestación de servizos de interese público agrario, a protección do medio.”
25
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
5. ESTRUTURA DO PLAN
O plan está estruturado en torno 6 Áreas de Intervención, en cada unha destas áreas recóllense os Obxectivos Estratéxicos e Liñas, e estes á súa vez están conformados por Accións. O desenvolvemento, ao longo do tempo, das accións establecidas levarán ao desenvolvemento das liñas e estas ao alcance dos obxectivos de cada área e en conxunto contribuirían ao alcance do Obxectivo Xeral do Plan:
O desenvolvemento dunha política e acción municipal que permita a eficaz acollida e inclusión social das persoas inmigrantes en Riveira, a sensibilización da sociedade Riveirense nun modelo de convivencia intercultural, e unha organización áxil e transversal que permita executar de maneira eficiente a política local de inmigración.
OBXECTIVO XERAL PLAN LOCAL DE INMIGRACIÓN
Para o Seguimento e Avaliación do Plan, cada unha das accións vai acompañada de indicadores que permiten medir a súa consecución, constituíndo unha ferramenta sinxela e adaptada á realidade do Municipio
Ademais do citado ata o de agora, o plan consta de dous anexos, o primeiro deles recolle o estudo sobre a poboación inmigrante do Concello de Riveira realizado en colaboración co Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Universidade de Santiago de Compostela.
Aínda así, cabe recordar, que o plan no é un documento pechado, debido a que a realidade social está en continuo cambio, polo tanto o plan é unha ferramenta que marca o camiño, pero non deixa de ser unha ferramenta aberta e dinámica que facilita axustarse á realidade.
O segundo anexo recolle unha ficha dirixida aos axentes interesados, diferentes dos asistentes se poidan adherir ao Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante.
26
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
6. PRINCIPIOS DO PLAN
• Un plan desde o compromiso político
A vontade política é un requisito indispensable para facer efectivo o plan de convivencia. Esta vontade política concretouse nun compromiso orzamentario que garante a viabilidade das actuacións que se propuxeron no plan.
• Un plan realista
Este plan pretende ser realista. Contempla metas realistas, que van en concordancia coa situación do Concello de Riveira, os recursos que se van destinar e o nivel de implicación dos diferentes axentes sociais.
• Transversalidade
Unha das principais características do Plan é a posta en práctica dunha xestión na que participen dunha maneira activa os diferentes departamentos do Concello xunto á sociedade civil. Para logralo o método de deseño, traballo e coordinación das diferentes accións é de tipo flexible. Así, trátase de que o desenvolvemento e a execución dos proxectos vinculen as diferentes áreas implicadas para o cumprimento duns obxectivos comúns.
• Un plan avaliable
A avaliación é unha parte inseparable dos procesos de planificación e intervención. É imprescindible coñecer a eficacia e incidencia do plan ao final do seu termo, identificar aqueles aspectos que proporcionaron mellores resultados así como aqueles que non se puideron levar a cabo ou que no tiveron ningunha incidencia. A avaliación sérvenos así mesmo para poder elaborar un próximo plan baseado na situación de partida que propiciou o plan anterior e no coñecemento dos éxitos e os fracasos.
27
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
7. ÁREAS E OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS.
ÁREAS:
1. Acollida
2. Educación
3. Emprego
4. Participación cidadá
5. Muller
6. Sensibilización
• A1 ACOLLIDA.
A acollida é un elemento clave da integración social que marca profundamente e dunha maneira case irreversible nas persoas que chegan, o sentimento de ser copartícipe dun proxecto común na nova comunidade e debe desenvolverse, fundamentalmente, no ámbito local por ser o máis próximo ao cidadán.
Así como unha boa acollida facilita o proceso de integración favorablemente, unha acollida defectuosa retarda ou pode chegar a imposibilitar este de maneira definitiva, pola fractura que introduce na traxectoria vital da persoa que acaba de chegar. A acollida inicial debe proporcionar, dunha maneira clara e accesible, información, orientación e asesoramento de carácter xurídico por unha parte, e sobre os servizos públicos de carácter xeral aos que poden acceder todas as persoas que acaban de chegar por outra; así como, información sobre o municipio e o contorno no que viven.
Obxectivo Estratéxico
O1. Garantir o pleno acceso aos servizos de información, orientación sobre as normas e os recursos de integración existentes na cidade ás persoas que acaban de chegar e emigrantes retornados, facilitándolles asesoramento e axuda na tramitación
28
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
Liñas Estratéxicas
L1. Desenvolver unha acollida de carácter integral das persoas inmigradas e inmigrantes retornados do Municipio de Riveira.
L2. Garantir a información, orientación e asesoramento suficiente á poboación do Municipio de Riveira.
L3. Mellorar o dispositivo de acollida das persoas en situación de acollida das persoas inmigrantes e emigrantes retornados en situación de especial vulnerabilidade.
Accións
A1. Servizo de Asesoramento Xurídico‐Social: Accións de información xurídico‐ social adecuada aos destinatarios e relativa á organización e funcionamento da Administración pública así como referente aos seus dereitos nas súas relacións coa Administración.
A2. Servizo de información e orientación individualizada para facilitar a igualdade de oportunidades e o tratamento acomodado no exercicio dos dereitos sociais das persoas inmigrantes.
A3. Medidas de apoio á inserción socio familiar: Ofertar unha serie de medidas de apoio que van desde axudas económicas e de cobertura de necesidades básicas para paliar situacións de emerxencia social, como inclusión dentro de actividades municipais dando resposta a un proxecto de intervención e inserción social.
A4. Difusión das actividades e servizos que ofrece o Departamento de Servizos Sociais e outras entidades de carácter social do Concello de Riveira, dirixidas a facilitar a incorporación normalizada ao conxunto das prestacións existentes.
A5. Mellora e equipamento das infraestruturas municipais destinadas aos servizos de atención e apoio á poboación inmigrante e inmigrantes retornados de Riveira
Indicadores
Indicador 1 (I 1). O número total de atencións realizadas tanto individual como colectiva increméntanse un 10% anualmente.
I 2. A permanencia media do usuario no programa é de 1 ano.
29
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
I 3. O número de derivacións anuais a servizos públicos de carácter xeral increméntase un 10% ( 89,41%) con respecto ao ano anterior (79,41%).
I 4. (Grao de Satisfacción da poboación atendida). Cando menos o 90% da poboación atendida polo servizo valórao como bo.
A2. EDUCACIÓN
A educación, entendida como factor de transformación social, configúrase como un elemento fundamental de integración e de loita contra a exclusión social. Moitas actitudes ligadas a determinados comportamentos comezan a aprenderse desde a infancia, polo que a escola debe conformarse como un espazo de encontro na igualdade e respecto pola diferenza, no que se cruzan e se enriquecen diversos modelos culturais.
O intercambio, a comunicación e o respecto débense constituír en pezas fundamentais do proceso educativo da nosa sociedade. A escola actual ten que preparar os nenos e nenas para comprender, adaptarse e convivir adecuadamente nunha sociedade dinámica e plural, empregando a educación intercultural como resposta á diversidade. O tratamento desta diversidade esixe de formulacións integrais, de pautas de actuación concretas que comezan nas propias aulas, que deben erixirse en espazos xeradores de construción social, en lugar de unicamente reprodutores da cultura maioritaria.
Obxectivos Estratéxicos
Garantir o acceso e o dereito á educación como instrumento máis eficaz de socialización (en especial nos niveis de ensino obrigatorio).
Mellorar as altas cotas de fracaso escolar do alumnado inmigrante.
Liñas Estratéxicas
L1. Garantir a integración de alumnado inmigrante do Concello de Riveira no sistema escolar.
L2. Potenciar medidas de reforzo e acollida lingüística.
30
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
L3. Impulsar a convivencia intercultural nos centros de ensino do Concello de Riveira.
Accións
A1. Seguimento e apoio á escolaridade obrigatoria dos menores nos centros de primaria e secundaria do Concello de Riveira.
A2. Intermediación entre as familias, orientadores e titores, facilitando a súa adaptación e integración escolar.
A3. Elaboración da historia escolar e previsión de futuro para as entrevistas titor‐ familia.
A4. Acompañamento de sancionados/expulsados do centro escolar.
A5. Visitas aos domicilios e traballo de rúa.
A6. Medidas de reforzo educativo para o alumnado estranxeiro que o precise.
A7. Promover actividades de participación da comunidade escolar e multiculturalidade nos centros educativos de Riveira.
Indicadores
I1. Anualmente establécese e coordínase coas/os orientadoras/es dos centros educativos un sistema de reunións de seguimento dos casos atendidos.
I 2. A derivación e información dos casos aos servizos municipais, establécese seguindo os procedementos establecidos (en calidade e forma).
I 3. Cando menos, anualmente, realízase nun centro educativo algunha actividade conxunta (Concello e Centro Educativo) de participación e multiculralidade na escola.
31
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
• A3. EMPREGO
A filosofía de traballo neste eixo aposta por conseguir que as persoas tomen poder no seu proceso vital, no seu proceso de incorporación ao mundo laboral, baseándonos en tres principios básicos a concentración das nosas accións naquelas persoas que consideramos máis necesitadas de apoio, ben porque a súa situación persoal así o reflicte, ben porque existen diferentes dificultades para a aprendizaxe destes sistemas de busca de emprego, e por outro lado o enfoque integral, entendéndoo como o tratamento integral das problemáticas das persoas coas que estamos a traballar xa que a experiencia nos fixo ver que as problemáticas persoais nunca veñen soas.
O desemprego non debe ser traballado dentro dun compartimento estanco, o noso deber está en dar solucións integrais ás problemáticas que presentan as persoas que se achegan a nós. Isto traballando desde a complementariedade cos servizos que o propio Concello poda achegar e cos que poida apoiar este traballo. Trátase de apoiar as persoas beneficiarias no proceso de empoderamento que están a realizar, co fin de que cheguen a adquisición dos seus dereitos e deberes íntegros.
Obxectivo Estratéxico
Mellorar a empregabilidade e facilitar o acceso dos inmigrantes do Concello de Riveira ao mercado de traballo.
Liñas Estratéxicas
L1. Facilitar o coñecemento do contorno laboral galego desde a etapa inicial de acollida.
L2. Apoiar na adquisición de competencias e habilidades persoais a aquelas persoas que precisen de maior atención polas súas características (maiores dificultades de inserción).
L3. Facilitar a acollida laboral nas empresas, a través de labores de mediación con empresarios.
L4. Apoio á conciliación da vida familiar e laboral.
32
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
Accións
A1. Deseño de Itinerarios personalizados de inserción sociolaboral para persoas inmigrantes, mediante plans de acción individuais adaptados ás necesidades e características das persoas destinatarias.
A2. Orientación, formación lingüística, alfabetización, formación, cualificación, incluíndo medidas de acompañamento e, de ser o caso, de atención social.
A3. Información e asesoramento laboral ás persoas inmigrantes para facilitar o seu acceso ao mercado de traballo, no marco dos servizos de orientación laboral no Servizo Público de Emprego de Galicia.
A5. Visitas a empresas para a intermediación laboral e sensibilización do colectivo empresarial respecto ás necesidades de inserción da poboación inmigrante.
A6. Entrega de axudas materiais ou económicas a persoas ou grupos familiares para permitir a conciliación da vida laboral coa familiar.
Indicadores
I1. O número de insercións laborais, promovidas polo servizo, mantense estable (en referencia ao ano de inicio do plan) durante os próximos 2 anos.
I2. Os grupos activos de emprego manteñen o número de asistentes (10 participantes) durante os próximos anos de execución do servizo.
I3. Os/as participantes nas actividades do programa contan con accións paralelas que permiten combinar a vida laboral coa familiar.
33
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
• A4. PARTICIPACIÓN SOCIAL (en especial poboación inmigrante xuvenil)
Por xuventude adoita entenderse a idade que se sitúa entre a infancia e a idade adulta. É o período no que se produce a emancipación do fogar familiar e que normalmente se dá entre os 16 e os 30 anos.
Este sector da poboación emigrante perfílase coas mesmas características que o resto da xuventude, en xeral son mozos e mozas cunha escolarización efectiva, ou en situación de traballar ou buscar traballo, cun contorno afectivo acomodado e unha vida social similar á da calquera outro rapaz ou rapaza da súa idade, pero o fenómeno migratorio confírelle unhas peculiaridades que se deben ter en conta.
Por isto é preciso adoptar medidas que favorezan a súa acomodación na sociedade de acollida, reforzando a participación da xuventude inmigrante en actividades sociais, educativas e culturais, especialmente a través do fomento do asociacionismo e en permanente contacto coa xuventude autóctona, sen descoidar as actuacións xa contempladas noutras áreas, como vivenda, servizos sociais, educación ou inserción laboral, no Concello de Riveira queremos que esta acomodación se dea a través da formación e da inserción desta xuventude en programas municipais de participación que xa están en funcionamento, grupo de voluntariado, banco do tempo etc...
Obxectivo Estratéxico
Fomentar a presenza e participación da poboación inmigrante nos distintos espazos participativos do Concello de Riveira.
Liñas Estratéxicas
L1. Reforzar a incorporación de adolescentes e xente nova de orixe inmigrante a programas de xuventude das administracións públicas.
L2. Difundir da información de programas e recursos en materia de xuventude en asociacións de inmigrantes, organizacións sociais de apoio, servizos sociais e centros educativos.
L3. Formar profesionais e voluntarios/as en educación non formal e interculturalidade.
34
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
Accións
A1. Inclusión nas programacións culturais das administracións públicas as actividades de difusión das culturas dos países de orixe da poboación inmigrante.
A2. Difusión das actividades socioculturais convocadas polas administracións públicas e entidades de iniciativa social entre as persoas inmigrantes.
A3. Participación dos/as inmigrantes (en especial poboación xuvenil) como monitor/as e xestores de actividades e talleres das súas manifestacións culturais en centros cívicos, culturais, artísticos e entidades públicas e persoais do municipio.
A4. Desenvolver accións formativas para a intervención e dinamización do colectivo xuvenil inmigrante (fomento do asociacionismo).
Indicadores
I1. Número de participantes (entre a poboación inmigrante xuvenil) en actividades socioculturais promovidas por entidades públicas e de acción social municipais é de polo menos un 20%.
I2. Cando menos anualmente o colectivo, xuvenil inmigrante, desenvolva unha actividade cultural dos seus países de orixe.
I3. Número de asociacións de inmigrantes rexistradas no municipio incrementa un 20% ao finalizar o período de desenvolvemento do plan.
I4. Ao finalizar o período do plan, increméntase nun 15% o número de inmigrantes integrados no servizo de voluntariado municipal.
35
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
• A5. MULLER
En canto á situación das mulleres inmigrantes no noso concello, pódese observar que moitas delas, ademais de compartir os seus problemas económicos, sociais e culturais das sociedades receptoras, sofren unha dupla discriminación pola súa condición de muller e de inmigrante; xénero e inmigración son dúas variables que cando van xuntas poden aumentar o risco de discriminación e desigualdade.
A situación das mulleres inmigrantes é moi complexa e sen obviar toda a súa diversidade, pódese dicir que se encontran con dificultades comúns, o sexo como factor de discriminación, as restriccións no acceso ao mercado de traballo e a desigualdade no ámbito das relacións laborais, a súa responsabilidade no sustento e coidado familiar, a violencia de xénero son, entre outros, factores de exclusión que hai que ter en conta á hora de planificar a integración social das mulleres inmigrantes.
O xénero esixe dun enfoque transversal e pluridimensional a través de medidas e actuacións en todos os ámbitos; aínda que todas as políticas que se deseñan e poñen en funcionamento van dirixidas á sociedade no seu conxunto, é preciso ter en conta os aspectos diferenciais das mulleres e dos homes, de cara a proporcionar a unhas e a outros os recursos e instrumentos que precisan para desenvolver en igualdade de condicións os seus proxectos de vida.
Obxectivo Estratéxico
Mellorar a Integración das mulleres inmigrantes en situación de especial vulnerabilidade.
Resultados
L1. Favorecer o acceso, participación e implicación das mulleres inmigrantes en todos os ámbitos da vida social.
L2. Promover o acceso das mulleres inmigrantes ao mercado laboral en condicións de igualdade.
36
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
L3. Incidir na saúde dos nenos e das mulleres, así como no coñecemento (por parte da poboación feminina inmigrante) dos dereitos da muller en canto á súa saúde e integridade física.
Accións
A1. Información e formación sobre as entidades prestadoras de servizos sociais e os servizos locais de emprego entre a poboación feminina inmigrante.
A2. Información e formación sobre dereitos das mulleres nos distintos ámbitos: social, laboral, educativo, de saúde, asociativo etc.
A3. Formación e información sobre saúde e coidados infantís, e saúde afectivo – sexual ás mulleres inmigrantes.
A4. Formación e sensibilización a homes inmigrantes sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, na perspectiva de igualdade de xénero.
Indicadores
I1. Nivel de participación de mulleres nas accións formativas e informativas.
I2. Nivel de participación de home nas accións formativas e informativas
I3. Nivel de satisfacción das e os participantes coa formación e información recibida.
37
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
• A6. SENSIBILIZACIÓN
Moitas das barreiras que condicionan a igualdade de trato e a plena participación da poboación inmigrada en todos os ámbitos sociais, e que, por ende, supoñen un freo para a integración, derivan da existencia de estereotipos, prexuízos e estigmatizacións respecto dos cidadáns e cidadás inmigrantes. Por isto o labor permanente de sensibilización é un dos elementos imprescindibles das políticas públicas de integración.
Entendemos a sensibilización como o conxunto de accións que pretenden influír sobre as ideas, percepcións, estereotipos, conceptos das persoas e grupos para provocar un cambio de actitudes nas nosas prácticas sociais, individuais e colectivas.
No Municipio de Riveira, aínda que as prácticas xenófobas vinculadas ao racismo están amplamente rexeitadas, a discriminación pode manifestarse de formas moito máis sutís e complexas. Na actualidade encontrámonos ante un fenómeno cualificable como “novo racismo”, vinculado ás diferenzas culturais e á idea da incompatibilidade de certas especificidades culturais, nacionais, relixiosas, étnicas ou outras e nunha suposta ameaza para a cultura e o modo de vida occidental.
É por isto que existen diferentes ámbitos nos que se considera necesario despregar accións de sensibilización, hai que ter en conta que a inmigración é unha realidade presente en todos os aspectos da vida social e pública: nos centros de traballo, nos barrios, nas escolas, nos centros de saúde, etc. Estes espazos constitúen os puntos de contacto por excelencia entre persoas de diversas procedencias e culturas e son os ámbitos nos que é posible que se produzan máis procesos de discriminación, de prexuízos ou de estereotipos.
Obxectivo Estratéxico
Mellorar a imaxe pública da inmigración e promover os aspectos positivos dunha sociedade caracterizada pola diversidade.
Liñas Estratéxicas
L1. Fomento de espazos de encontro reflexión e coñecemento mutuo.
L2. Actuacións de sensibilización en sectores identificados como prioritarios.
38
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
L3. Mellora de tratamento da inmigración polos medios de comunicación.
Accións
A1. Fomento do establecemento de foros de encontro entre a poboación inmigrante e autóctona.
A2. Fomento e realización de actuacións de difusión dos elementos das culturas de orixe da poboación.
A3. Actuacións de sensibilización no ámbito empresarial e outros contextos específicos.
A4. Fomento da participación da poboación inmigrante nos medios de comunicación.
Indicadores
I1. Número de accións, campañas, realizadas.
I2. Nivel de participación da poboación autóctona e emigrante nas campañas.
I3. Impacto e difusión en medios de comunicación locais das accións de sensibilización.
Cadro: OBXECTIVOS E LIÑAS ESTRATÉXICAS DO PLAN DE LOCAL DE INTEGRACIÓN DA POBOACIÓN INMIGRANTE 2012 ‐ 2016. ÁREA DE
INTERVENCIÓN OBXECTIVOS CUATRIANUAIS
2012 – 2016 LIÑAS ESTRATÉXICAS
2012 – 2016 ACCIÓNS
ÁREA 1. ACOLLIDA
Garantir o pleno acceso aos servizos de información, orientación sobre as normas e os recursos de integración existentes na cidade ás persoas que acaban de chegar e mais aos emigrantes retornados, facilitándolles asesoramento e axuda na tramitación
L1. Desenvolver unha acollida de carácter integral das persoas inmigradas e inmigrantes retornados do Municipio de Riveira. L2. Garantir a información, orientación e asesoramento suficiente para a poboación do Municipio de Riveira. L3. Mellorar o dispositivo de acollida das persoas en situación de acollida das persoas inmigrantes e emigrantes retornados en situación de especial vulnerabilidade.
A1. Servizo de Asesoramento Xurídico‐Social: Accións de información xurídico‐ social adecuada aos destinatarios e relativa á organización e funcionamento da Administración pública así como referente aos seus dereitos nas súas relacións coa Administración. A2. Servizo de información e orientación individualizada para facilitar a igualdade de oportunidades e o tratamento acomodado no exercicio dos dereitos sociais das persoas inmigrantes. A3. Medidas de apoio á inserción socio familiar: Ofertar unha serie de medidas de apoio que van desde axudas económicas e de cobertura de necesidades básicas para paliar situacións de emerxencia social, como inclusión dentro de actividades municipais dando resposta a un proxecto de intervención e inserción social. A4. Difusión das actividades e servizos que ofrece o Departamento de Servizos Sociais e outras entidades de carácter social do Municipio de Riveira, dirixidas a facilitar a incorporación normalizada ao conxunto das prestacións existentes. A5. Mellora e equipamento das infraestruturas destinadas aos servizos de atención e apoio á poboación inmigrante e inmigrantes retornados do Concello de Riveira.
40
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
Cadro: OBXECTIVOS E LIÑAS ESTRATÉXICAS DO PLAN DE LOCAL DE INTEGRACIÓN DA POBOACIÓN INMIGRANTE 2012 ‐ 2016. ÁREA DE
INTERVENCIÓN OBXECTIVOS CUATRIANUAIS
2012 – 2016 LIÑAS ESTRATÉXICAS
2012 – 2016 ACCIÓNS
ÁREA 2. EDUCACIÓN
Garantir o acceso e o dereito á educación como instrumento máis eficaz de socialización (en especial nos niveis de ensino obrigatorio).
L1. Garantir a integración de alumnado inmigrante do Concello de Riveira no sistema escolar. L2. Potenciar medidas de reforzo e acollida lingüística. L3. Impulsar a convivencia intercultural nos centros de ensino do Concello de Riveira.
A1. Seguimento e apoio á escolaridade obrigatoria dos menores nos centros de primaria e secundaria do Concello de Riveira. A2. Intermediación entre as familias, orientadores e titores, facilitando a súa adaptación e integración escolar. A3. Elaboración da historia escolar e previsión de futuro para as entrevistas titor‐ familia. A4. Acompañamento de sancionados/expulsados do centro escolar. A5. Visitas aos domicilios e traballo de calle. A6. Medidas de reforzo educativo para ou alumnado estranxeiro que o precise. A7. Promover actividades de participación da comunidade escolar e multiculturalidade nos centro educativos de Riveira.
ÁREA 3. EMPREGO
Mellorar a empregabilidade e facilitar o acceso da poboación inmigrante do Concello de Riveira ao mercado de traballo.
L1. Facilitar o coñecemento do contorno laboral desde a etapa inicial de acollida. L2. Apoiar na adquisición de competencias e habilidades persoais a aquelas persoas que precisen de maior atención polas súas características (maiores dificultades de inserción). L3. Facilitar a acollida laboral nas empresas, a través de labores de mediación con empresarios.
A1. Deseño de Itinerarios personalizados de inserción sociolaboral para persoas inmigrantes, mediante plans de acción individuais adaptados ás necesidades e características das persoas destinatarias. A2. Orientación, formación lingüística, alfabetización, formación, cualificación, incluíndo medidas de acompañamento e, de ser o caso, de atención social. A3. Información e asesoramento laboral ás persoas inmigrantes para facilitar o seu acceso ao mercado de traballo, no marco dos servizos de orientación laboral no Servizo Público de Emprego de Galicia.
41
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
Cadro: OBXECTIVOS E LIÑAS ESTRATÉXICAS DO PLAN DE LOCAL DE INTEGRACIÓN DA POBOACIÓN INMIGRANTE 2012 ‐ 2016. ÁREA DE
INTERVENCIÓN OBXECTIVOS CUATRIANUAIS
2012 – 2016 LIÑAS ESTRATÉXICAS
2012 – 2016 ACCIÓNS
L4. Apoio á conciliación da vida familiar e laboral.
A5. Visitas a empresas para a intermediación laboral e sensibilización do colectivo empresarial respecto ás necesidades de inserción da poboación inmigrante. A6. Entrega de axudas materiais ou económicas a persoas ou grupos familiares para permitir a conciliación da vida laboral coa familiar.
ÁREA 4 PARTICIPACIÓN
SOCIAL
Fomentar a presenza e participación da poboación inmigrante nos distintos espazos participativos do Concello de Riveira.
A1. Inclusión nas programacións culturais das administracións públicas as actividades de difusión das culturas dos paísesde orixe da poboación inmigrante. A2. Difusión das actividades socioculturais convocadas polas administracións públicas e entidades de iniciativa social entre as persoas inmigrantes. A3. Participación dos/as inmigrantes (en especial poboación xuvenil) como monitor/ as e xestores de actividades e talleres das súas manifestacións culturais en centros cívicos, culturais, artísticos e entidades públicas e persoais do municipio. A4. Desenvolver accións formativas para a intervención e dinamización do colectivo xuvenil inmigrante (fomento do asociacionismo).
A1. Inclusión nas programacións culturais das administracións públicas as actividades de difusión das culturas dos países de orixe da poboación inmigrante. A2. Difusión das actividades socioculturais convocadas polas administracións públicas e entidades de iniciativa social entre as persoas inmigrantes. A3. Participación dos/as inmigrantes (en especial poboación xuvenil) como monitor/ as e xestores de actividades e talleres das súas manifestacións culturais en centros cívicos, culturais, artísticos e entidades públicas e persoais do municipio. A4. Desenvolver accións formativas para a intervención e dinamización do colectivo xuvenil inmigrante (fomento do asociacionismo).
42
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
Cadro: OBXECTIVOS E LIÑAS ESTRATÉXICAS DO PLAN DE LOCAL DE INTEGRACIÓN DA POBOACIÓN INMIGRANTE 2012 ‐ 2016. ÁREA DE
INTERVENCIÓN OBXECTIVOS CUATRIANUAIS
2012 – 2016 LIÑAS ESTRATÉXICAS
2012 – 2016 ACCIÓNS
ÁREA 5 MULLER
Mellorar a Integración das mulleres inmigrantes en situación de especial vulnerabilidade. L1. Favorecer o acceso, participación e
implicación das mulleres inmigrantes en todos os ámbitos da vida social. L2. Promover o acceso das mulleres inmigrantes ao mercado laboral en condicións de igualdade. L3. Incidir na saúde dos nenos e das mulleres, así como no coñecemento (por parte da poboación feminina inmigrante) dos dereitos da muller en canto á súa saúde e integridade física.
A1. Información e formación sobre as entidades prestadoras de servizos sociais e os servizos locais de emprego entre a poboación feminina inmigrante. A2. Información e formación sobre dereitos das mulleres nos distintos ámbitos: social, laboral, educativo, de saúde, asociativo, etc. A3. Formación e información sobre saúde e coidados infantís, e saúde afectivo – sexual ás mulleres inmigrantes. A4. Formación e sensibilización a homes inmigrantes sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, na perspectiva de igualdade de xénero.
ÁREA 6 SENSIBILIZACIÓN
Mellorar a imaxe pública da inmigración e promover os aspectos positivos dunha sociedade caracterizada pola diversidade.
L1. Fomento de espazos de encontro reflexión e coñecemento mutuo. L2. Actuacións de sensibilización en sectores identificados como prioritarios. L3. Mellora de tratamento da inmigración polos medios de comunicación.
A1. Fomento do establecemento de foros de encontro entre a poboación inmigrante e autóctona. A2. Fomento e realización de actuacións de difusión dos elementos das culturas de orixe da poboación. A3. Actuacións de sensibilización no ámbito empresarial e outros contextos específicos. A4. Fomento da participación da poboación inmigrante nos medios de comunicación.
8. SISTEMA DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN 2012 – 2016
• Establecemento de obxectivos e estándares.
• Medida e comparación de resultados cos estándares.
• Análise das desviacións.
• Corrección das desviacións ou acción correctora.
• A medición dos resultados da organización, de forma que poida observarse seu o comportamento en relación coa implantación da estratexia seguida.
• Definición de sistemas de control interno, que permitan asegurarse da correcta implantación da estratexia.
• Deseño dun sistema de información adecuado que permita medir os resultados e establecer un sistema de alerta.
Durante a vixencia do Plan realizarase un seguimento anual, onde se revisarán cos diferentes axentes os indicadores de avance e se valorarán a incorporación de axustes e de novos obxectivos e liñas de intervención.
RELACIÓN DE INDICADORES E FONTES DE VERIFICACIÓN INICIAIS PARA O SEGUIMENTO E A AVALIACIÓN DO PLAN LOCAL DE INTEGRACIÓN COA POBACIÓN INMIGRANTE 2012 ‐ 2016
ÁREA DE INTERVENCIÓN OBXECTIVOS CUATRIANUAIS 2012 – 2016
LINEAS ESTRATÉXICAS 2012 – 2016 INDICADORES FONTES DE VERIFICACIÓN
ÁREA 1. ACOLLIDA
Garantir o pleno acceso aos servizos de información, orientación sobre as normas e os recursos de integración existentes na cidade ás persoas que acaban de chagar e mais aos emigrantes retornados, facilitándolles asesoramento e axuda na tramitación.
L1. Desenvolver unha acollida de carácter integral das persoas inmigradas e inmigrantes retornados do Municipio de Riveira. L2. Garantir a información, orientación e asesoramento suficiente á poboación do Municipio de Riveira. L3. Mellorar o dispositivo de acollida das persoas en situación de acollida das persoas inmigrantes e emigrantes retornados en situación de especial vulnerabilidade.
I1. O número total de atencións realizadas tanto individual como colectiva increméntase un 10% anual. I2. A permanencia media do usuario no programa é de 1 ano. I 3. O número de derivacións anuais a servizos públicos de carácter xeral increméntase un 10% (89,41%) con respecto ao ano anterior (79,41%). I4. (Grao de Satisfacción da poboación atendida). Cando menos o 90% da poboación atendida polo servizo valórao como bo.
1. Rexistros do programa de
seguimento (SIUSS).
2. Expedientes de usuarios/as do servizo.
3. Memoria de actividade, follas de derivación.
4. Memoria de actividade, fichas de valoración de atención recibida.
ÁREA 2. EDUCACIÓN
Garantir o acceso e o dereito á educación como instrumento máis eficaz de socialización (en especial nos niveis de ensino obrigatorio).
L1. Garantir a integración de alumnado inmigrante do Concello de Riveira no sistema escolar. L2. Potenciar medidas de reforzo, acollida lingüística. L3. Impulsar a convivencia intercultural nos centros de ensino do Concello de Riveira
I1. Anualmente establécese e coordínase coas/os orientadoras/é dos centros educativos un sistema de reunións de seguimento dos casos atendidos. I 2. A derivación e información dos distintos casos aos servizos municipais, establécese seguindo os procedementos previstos (en calidade e forma). I 3. Cando menos, anualmente, realizarase nun centro educativo
1. Actas de reunións mantidas.
2. Memoria de actividade, follas de derivación.
3. Memoria de actividade, recortes de prensa.
45
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
RELACIÓN DE INDICADORES E FONTES DE VERIFICACIÓN INICIAIS PARA O SEGUIMENTO E A AVALIACIÓN DO PLAN LOCAL DE INTEGRACIÓN COA POBACIÓN INMIGRANTE 2012 ‐ 2016
ÁREA DE INTERVENCIÓN OBXECTIVOS CUATRIANUAIS 2012 – 2016
LINEAS ESTRATÉXICAS 2012 – 2016 INDICADORES FONTES DE VERIFICACIÓN
algunha actividade conxunta (Concello e Centro Educativo) de participación e de multiculralidade na escola.
ÁREA 3. EMPREGO
Mellorar a empregabilidade e facilitar o acceso dos inmigrantes do Concello de Riveira ao mercado de traballo.
L1. Facilitar o coñecemento do contorno laboral galego desde a etapa inicial de acollida. L2. Apoiar na adquisición de competencias e habilidades persoais a aquelas persoas que precisen de maior atención polas súas características (maiores dificultades de inserción). L3. Facilitar a acollida laboral nas empresas, a través de labores de mediación con empresarios. L4. Apoio á conciliación da vida familiar e laboral
I1. O número de insercións laborais, promovidas polo servizo, mantense estable (en referencia ao ano de inicio do plan) durante os próximos 2 anos. I2. Os grupos activos de emprego manteñen o número de asistentes (10 participantes) durante os próximos anos de execución do servizo. I3. Os/as participantes nas actividades do programa contan con accións paralelas que permiten combinar a vida laboral coa familiar.
1. Rexistros do programa de
seguimento (SIUSS).
2. Expedientes de usuarios/as do servizo.
3. Memoria de actividade.
ÁREA 4 PARTICIPACIÓN SOCIAL
Fomentar a presenza e participación da poboación inmigrante nos distintos espazos participativos do Concello de Riveira.
A1. Inclusión nas programacións culturais das administracións públicas as actividades de difusión das culturas dos
I1. Número de participantes (entre a poboación inmigrante xuvenil) en actividades socioculturais promovidas por entidades públicas e de acción social municipais é do 20%. I2. Cando menos anualmente o
1. Memoria de actividade.
46
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
RELACIÓN DE INDICADORES E FONTES DE VERIFICACIÓN INICIAIS PARA O SEGUIMENTO E A AVALIACIÓN DO PLAN LOCAL DE INTEGRACIÓN COA POBACIÓN INMIGRANTE 2012 ‐ 2016
ÁREA DE INTERVENCIÓN OBXECTIVOS CUATRIANUAIS 2012 – 2016
LINEAS ESTRATÉXICAS 2012 – 2016 INDICADORES FONTES DE VERIFICACIÓN
países de orixe da poboación inmigrante.
A2. Difusión das actividades socioculturais convocadas polas administracións públicas e entidades de iniciativa social entre as persoas inmigrantes.
A3. Participación dos/as inmigrantes (en especial poboación xuvenil) como monitor/ as e xestores de actividades e talleres das súas manifestacións culturais en centros cívicos, culturais, artísticos e entidades públicas e persoais do municipio.
A4. Desenvolver accións formativas para a intervención e dinamización do colectivo xuvenil inmigrante (fomento do asociacionismo).
colectivo, xuvenil inmigrante, desenvolve unha actividade cultural dos seus países de orixe. I3. Número de asociacións de inmigrantes rexistradas no municipio incrementa un 20% ao finalizar o período de desenvolvemento do plan. I4. Ao finalizar o período do plan, increméntese nun 15% o número de inmigrantes integrados no servizo de voluntariado municipal.
2. Rexistro de Asociacións Municipal.
3. Rexistro de Voluntariado Municipal.
47
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
RELACIÓN DE INDICADORES E FONTES DE VERIFICACIÓN INICIAIS PARA O SEGUIMENTO E A AVALIACIÓN DO PLAN LOCAL DE INTEGRACIÓN COA POBACIÓN INMIGRANTE 2012 ‐ 2016
ÁREA DE INTERVENCIÓN OBXECTIVOS CUATRIANUAIS 2012 – 2016
LINEAS ESTRATÉXICAS 2012 – 2016 INDICADORES FONTES DE VERIFICACIÓN
ÁREA 5 MULLER
Mellorar a Integración das mulleres inmigrantes en situación de especial vulnerabilidade.
L1. Favorecer o acceso, participación e implicación das mulleres inmigrantes en todos os ámbitos da vida social. L2. Promover o acceso das mulleres inmigrantes ao mercado laboral en condicións de igualdade. L3. Incidir na saúde dos nenos e das mulleres, así como no coñecemento (por parte da poboación feminina inmigrante) dos dereitos da muller en canto á súa saúde e integridade física.
I1. O número de mulleres participantes nas accións formativas e informativas increméntase nun 5% anualmente. I2. Nivel de participación do home nas accións formativas e informativas increméntase nun 3% anualmente. I3. Nivel de satisfacción das e os participantes coa formación e información recibida.
1. Rexistro SIUSS.
2. Actas de accións formativas
realizas.
3. Listados de participación en actividades formativas e informativas do programa.
ÁREA 6 SENSIBILIZACIÓN
Mellorar a imaxe pública da inmigración e promover os aspectos positivos dunha sociedade caracterizada pola diversidade.
L1. Fomento de espazos de encontro reflexión e coñecemento mutuo. L2. Actuacións de sensibilización en sectores identificados como prioritarios L3. Mellora de tratamento da inmigración polos medios de comunicación.
I1. Número de accións, campañas, realizadas. I2. Nivel de participación da poboación autóctona e emigrante nas accións. I3. Impacto e difusión en medios de comunicación locais das accións de sensibilización desenvolvida.
1. Memorias de actividade.
2. Listados de participación.
3. Memorias de prensa
48
Plan Local de Integración da Poboación Inmigrante
Concello de Riveira
9. ANEXOS.
1. Análise descritiva do colectivo Inmigrante no Municipio de Riveira.
2. Ficha compromiso de aceptación de Plan.
Documento redactado baixo a supervisión lingüística do Servizo Municipal de Normalización Lingüística.