118
Número 63 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 1. Textos lexislativos 1.1 Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 1ª, Insti- tucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, da Proposición de lei do Consello Consultivo de Galicia (doc. núm. 16735, PPL- 000016). Publicación da iniciativa, BOPG nº 219, do 02.01.2014 Publicación da toma en consideración, BOPG nº 236, do 12.02.2014 Publicación da asignación a Comisión e apertura de emendas, BOPG nº 237, do 13.02.2014 Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG nº 246, do 27.02.2014 Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG nº 252, do 12.03.2014 Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG nº 256, do 19.03.2014 Publicación de emendas ao articulado, BOPG nº 262, do 27.03.2014 Publicación da designación da Ponencia, BOPG nº 270, do 10.04.2014 Publicación do informe da Ponencia, BOPG nº 270, do 10.04.2014 Publicación do ditame da Comisión, BOPG nº 273, do 15.04.2014 1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local (doc. núm. 21335, 09/PL-000017). Publicación do acordo, BOPG nº 260, do 25.03.2014 Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG nº 265, do 02.04.2014 Publicación e asignación á Comisión, BOPG nº 266, do 03.04.2014 Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG nº 269, do 09.04.2014 1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei formu- lada polo G.P. Mixto, de modificación da Lei 5/2010, do 23 de xuño, Sesión plenaria 22 de abril de 2014 Presidencia da Excma. Sra. Dª Pilar Rojo Noguera

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Número 63 IX lexislatura Serie Pleno

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

ORDE DO DÍA

Punto 1. Textos lexislativos

1.1 Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 1ª, Insti-

tucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, da Proposición

de lei do Consello Consultivo de Galicia (doc. núm. 16735, PPL-

000016).

Publicación da iniciativa, BOPG nº 219, do 02.01.2014

Publicación da toma en consideración, BOPG nº 236, do 12.02.2014

Publicación da asignación a Comisión e apertura de emendas, BOPG nº 237,

do 13.02.2014

Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG nº

246, do 27.02.2014

Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG nº

252, do 12.03.2014

Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG nº

256, do 19.03.2014

Publicación de emendas ao articulado, BOPG nº 262, do 27.03.2014

Publicación da designación da Ponencia, BOPG nº 270, do 10.04.2014

Publicación do informe da Ponencia, BOPG nº 270, do 10.04.2014

Publicación do ditame da Comisión, BOPG nº 273, do 15.04.2014

1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas urxentes

derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro,

de racionalización e sustentabilidade da Administración local (doc.

núm. 21335, 09/PL-000017).

Publicación do acordo, BOPG nº 260, do 25.03.2014

Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG nº

265, do 02.04.2014

Publicación e asignación á Comisión, BOPG nº 266, do 03.04.2014

Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG nº

269, do 09.04.2014

1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei formu-

lada polo G.P. Mixto, de modificación da Lei 5/2010, do 23 de xuño,

Sesión plenaria22 de abril de 2014

Presidencia da Excma. Sra. Dª Pilar Rojo Noguera

Page 2: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

pola que se regula unha rede de apoio á muller embarazada (doc.

núm. 19052, 09/PPL-000021).

Publicación da iniciativa, BOPG nº 241, do 20.02.2014

Punto 2. Comparecencias en pleno

19411 (09/CPP-000149)

Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Da Sra. conselleira de Sanidade, por petición propia, para informar

sobre a Estratexia galega contra a obesidade infantil. Plan Xermola

Publicación da iniciativa, BOPG nº 240, do 19.02.2014

Punto 3. Mocións

3.1 22095 (09/MOC-000068)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio

Sobre o sistema de préstamo universal dos libros de texto. (Moción

a consecuencia da Interpelación núm. 19518, publicada no BOPG

núm. 245, do 26.02.2014, e debatida na sesión plenaria do

08.04.2014)

Publicación da iniciativa, BOPG nº 273, do 15.04.2014

3.2 22154 (09/MOC-000069)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Martínez García, María Consuelo

Sobre o sector da construción naval. (Moción a consecuencia da

Interpelación núm. 12585, publicada no BOPG núm. 166, do

25.09.2013, e debatida na sesión plenaria do 08.04.2014)

Publicación da iniciativa, BOPG nº 273, do 15.04.2014

3.3 22160 (09/MOC-000070)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Gallego Calvar, María Carmen

Sobre a nova carteira de servizos en materia de inclusión social.

(Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 15514, publicada no

BOPG núm. 204, do 28.11.2013, e debatida na sesión plenaria do

08.04.2014)

Publicación da iniciativa, BOPG nº 273, do 15.04.2014

Punto 4. Proposicións non de lei en Pleno

4.1 17194 (09/PNP-001236)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Baamonde Díaz, Agustín e 6 máis

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego con

motivo da conmemoración no ano 2014 do trixésimo quinto aniver-

sario do pasamento de Eduardo Blanco Amor

Publicación da iniciativa, BOPG nº 230, do 04.02.2014

4.2 20180 (09/PNP-001399)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén, e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre a creación dunha comisión parlamentaria de investigación sobre

as causas e a determinación de responsabilidades no accidente de

Angrois e sobre o estado das infraestruturas ferroviarias de Galicia

Publicación da iniciativa, BOPG nº 250, do 06.03.2014

4.3 20429 (09/PNP-001408)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Martínez García, María Consuelo, e Beiras Torrado, Xosé Manuel

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin

de recuperar os salarios e loitar contra a precariedade laboral da

mocidade, así como sobre a presentación no Parlamento de Galicia

dun plan de incentivación para a creación de traballo cualificado

Publicación da iniciativa, BOPG nº 252, do 12.03.2014

4.4 21151 (09/PNP-001449)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda, e Sánchez García, Antón

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en

relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da

empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei

5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e a recuperación

da xestión dos parques de bombeiros privatizados

Publicación da iniciativa, BOPG nº 261, do 26.03.2014

4.5 21221 (09/PNP-001453)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sánchez Bugallo, José Antonio, e dous deputados/as máis

Sobre a presentación polo Goberno galego no Parlamento de Gali-

cia dun plan de xestión do solo industrial, así como a elaboración

dun programa de incentivos e axudas para as empresas e os

emprendedores que se instalen neses polígonos

Publicación da iniciativa, BOPG nº 261, do 26.03.2014

4.6 21511 (09/PNP-001478)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme, e Jorquera Caselas, Francisco

Xesús

ORDE DO DÍA

Page 3: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Sobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego na Lei

2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas

consumidoras e usuarias, co fin de definir a figura de persoa consu-

midora vulnerable

Publicación da iniciativa, BOPG nº 269, do 09.04.2014

4.7 21785 (09/PNP-001504)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

González Santín, Juan Carlos, e dous deputados/as máis

Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia das actuacións

necesarias para incorporar cláusulas de carácter social nos pregos

das súas contratacións públicas

Publicación da iniciativa, BOPG nº 269, do 09.04.2014

4.8 21814 (09/PNP-001505)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez González, Román, e sete deputados/as máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para

facilitar o acceso das familias galegas aos libros de texto

Publicación da iniciativa, BOPG nº 269, do 09.04.2014

Punto 5. Interpelacións

5.1 15216 (09/INT-000518)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sestayo Doce, Beatriz e 2 máis

Sobre a reforma da Administración de Xustiza

Publicación da iniciativa, BOPG nº 199, do 20.11.2013

5.2 16162 (09/INT-000568)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Acuña do Campo, María Carmen, e dous deputados/as máis

Sobre implantación en Galicia das unidades de xestión clínica

Publicación da iniciativa, BOPG nº 215, do 16.12.2013

5.3 21000 (09/INT-000727)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre as consecuencias da posible sobreprodución de leite na cam-

paña 2013-2014

Publicación da iniciativa, BOPG nº 261, do 26.03.2014

Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta

6.1 (22185) 09/POPX-000071

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Méndez Romeu, José Luis

Sobre a valoración da xestión do Goberno galego nos últimos cinco

anos

Publicación da iniciativa, BOPG nº 273, do 15.04.2014

6.2 (22234) 09/POPX-000072

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre a evolución do nivel de vida da poboación galega

Publicación da iniciativa, BOPG nº 273, do 15.04.2014

6.3 (22235) 09/POPX-000073

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda

Sobre a rectificación da política económica e social

Publicación da iniciativa, BOPG nº 273, do 15.04.2014

Punto 7. Preguntas ao Goberno

7.1 22111 (09/PUP-000105)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para evitar o

impacto en Galicia da redacción que presenta o Anteproxecto de lei

orgánica do poder xudicial

Publicación da iniciativa, BOPG nº 273, do 15.04.2014

7.2 22131 (09/PUP-000106)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula, e sete deputados/as máis

Sobre a valoración do Goberno galego do informe do Ministerio

de Xustiza respecto do Anteproxecto de lei orgánica do poder

xudicial

Publicación da iniciativa, BOPG nº 273, do 15.04.2014

7.3 21645 (09/POP-001915)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Gallego Calvar, María Carmen, e dous deputados/as máis

Sobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego para o

cumprimento do acordo parlamentario referido á tributación das per-

soas con pensións da emigración

Publicación da iniciativa, BOPG nº 269, do 09.04.2014

7.4 21462 (09/POP-001898)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Barreira, María Julia, e Camino Copa, Ángel

ORDE DO DÍA

Page 4: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Sobre a valoración da Xunta de Galicia das medidas necesarias

para a mellora do sistema de saneamento e depuración de augas

residuais do concello de Monforte de Lemos

Publicación da iniciativa, BOPG nº 266, do 03.04.2014

7.5 21646 (09/POP-001916)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Quintas Álvarez, María Remedios, e catro deputados/as máis

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para solucionar

o problema de saúde pública que presenta o abastecemento de

auga do concello ourensán de Punxín

Publicación da iniciativa, BOPG nº 269, do 09.04.2014

7.6 21539 (09/POP-001903)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat

Sobre a opinión do Goberno galego respecto da existencia de

demanda comercial para o establecemento doutra gran superficie

comercial en Vilagarcía de Arousa

Publicación da iniciativa, BOPG nº 269, do 09.04.2014

7.7 22161 (09/PUP-000107)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Beiras Torrado, Xosé Manuel, e sete deputados/as máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da rectificación da

política de recortes e privatizacións que está levar a cabo a Conse-

llería de Sanidade

Publicación da iniciativa, BOPG nº 273, do 15.04.2014

7.8 20320 (09/POP-001796)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda, e Solla Fernández, Eva

Sobre a política do Goberno galego en materia de dereito á saúde

sexual e reprodutiva

Publicación da iniciativa, BOPG nº 250, do 06.03.2014

ORDE DO DÍA

Page 5: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Ábrese a sesión ás dez da mañá.

Debate e votación do Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, sobre

a Proposición de lei do Consello Consultivo de Galicia. (Punto primeiro da orde do día)

A señora presidenta comunica as emendas presentadas a este ditame e que se manteñen para o seu debate en pleno. (Páx. .10)

Presentación do ditame da comisión: Sr. presidente da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

(Baamonde Díaz). (Páx. 10.)

Rolda dos grupos parlamentarios para fixar a súa posición sobre o ditame e, se é o caso, defender as emendas mantidas: Sra.

Paz Franco (BNG) (Páx. 11.), Sra. Díaz Pérez (AGE) (Páx. 13.), Sra. Sestayo Doce (S) (Páx. 16.) e Sra. Prado del Río (P). (Páx. 19.)

Rolda dos grupos parlamentarios para fixar posicións sobre as emendas mantidas polos demais grupos: Sra. Paz Franco (BNG)

(Páx. 22.), Sra. Díaz Pérez (AGE) (Páx. 23.), Sra. Sestayo Doce (S) (Páx. 24.) e Sra. Prado del Río (P). (Páx. 25.)

Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de

decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local. (Punto primeiro da orde do día)

Presentación do proxecto de lei: Sr. vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Rueda

Valenzuela). (Páx. 28.)

Rolda de defensa das emendas á totalidade de devolución: Sra. Paz Franco (BNG) (Páx. 31.) e Sra. Sestayo Doce (S). (Páx. 34.)

Rolda dos grupos parlamentarios non emendantes para fixar a súa posición: Sra. Díaz Pérez (AGE) (Páx. 37.) e Sra. Prado del Río

(P). (Páx. 40.)

Rolda de réplica dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Paz Franco (BNG) (Páx. 43.) e Sra. Sestayo Doce (S). (Páx. 44.)

Nova intervención do Sr. vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Rueda Valenzuela).

(Páx. 45.)

SUMARIO

Page 6: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. Mixto, de modificación da Lei 5/2010, do 23 de xuño,

pola que se regula unha rede de apoio á muller embarazada. (Punto primeiro da orde do día)

Presentación da proposición de lei: Sra. Iglesias Sueiro (M). (Páx. 46.)

Intervención dos grupos parlamentarios para fixar posicións: Sra. Adán Villamarín (BNG) (Páx. 47.), Sra. Solla Fernández (AGE)

(Páx. 49.), Sra. Acuña do Campo (S) (Páx. 51.) e Sra. Oubiña Solla (P) (Páx. 53.)

Rolda de réplica: Sra. Iglesias Sueiro (M). (Páx. 54.)

Votación dos textos lexislativos

Votación do texto transaccionado da emenda número 5, presentada polo G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, ao punto 2 do

artigo 24 do Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, sobre a Proposición

non de lei do Consello Consultivo de Galicia: aprobado por 72 votos a favor, ningún en contra e 1 abstención. (Páx. 55.)

Votación das emendas do G.P. do Bloque Nacionalista Galego ao Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Admi-

nistración Local, Xustiza e Interior, sobre a Proposición de lei do Consello Consultivo de Galicia: rexeitadas por 32 votos a favor,

40 en contra e ningunha abstención. (Páx. 55.)

Votación das emendas do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda ao Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Admi-

nistración Local, Xustiza e Interior, sobre a Proposición de lei do Consello Consultivo de Galicia, agás a número 5: rexeitadas

por 33 votos a favor, 40 en contra e ningunha abstención. (Páx. 56.)

Votación das emendas do G.P. dos Socialistas de Galicia ao Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración

Local, Xustiza e Interior, sobre a Proposición de lei do Consello Consultivo de Galicia: rexeitadas por 33 votos a favor, 40 en con-

tra e ningunha abstención. (Páx. 56.)

Votación do Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Local, Xustiza e Interior, sobre a Proposición

de lei do Consello Consultivo de Galicia, coa incorporación da transacción da emenda número 5: aprobado por 57 votos a favor,

8 en contra e 8 abstencións. (Páx. 56.)

Votación da emenda á totalidade de devolución, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, ao Proxecto de lei de medidas urxentes

derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local:

rexeitada por 32 votos a favor, 40 en contra e ningunha abstención. (Páx. 56.)

Votación da emenda á totalidade de devolución, do G.P. dos Socialistas de Galicia, ao Proxecto de lei de medidas urxentes deri-

vadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local:

rexeitada por 33 votos a favor, 40 en contra e ningunha abstención. (Páx. 57.)

Votación da toma en consideración da Proposición de lei do G.P. Mixto, de modificación da Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que

se regula unha rede de apoio á muller embarazada: rexeitada por 33 votos a favor, 40 en contra e ningunha abstención. (Páx. 57.)

Alteración da orde do día

A señora presidenta comunica unha alteración da orde do día, segundo o acordado polos portavoces dos grupos parlamentarios.(Páx. 57.)

SUMARIO

Page 7: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Moción do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de D. Cosme Eladio Pombo Rodríguez, sobre o sistema de

préstamo universal dos libros de texto. (Punto terceiro da orde do día)

Intervención do grupo autor da moción: Sr. Pombo Rodríguez (BNG). (Páx. 57.)

Intervención dos grupos parlamentarios: Sr. Vázquez Díaz (AGE) (Páx. 59.), Sr. Docasar Docasar (S) (Páx. 60.) e Sr. Rodríguez Gon-

zález (P). (Páx. 61.)

Nova intervención do señor Pombo Rodríguez (BNG). (Páx. 62.)

Suspéndese a sesión ás dúas e trinta e seis minutos da tarde e retómase ás catro.

Comparecencia da Sra. conselleira de Sanidade, por petición propia, para informar sobre a Estratexia galega contra a

obesidade infantil. Plan Xermola. (Punto segundo da orde do día)

Intervención do Goberno: Sra. conselleira de Sanidade (Mosquera Álvarez). (Páx. 63.)

Rolda dos grupos parlamentarios: Sra. Prado Cores (BNG) (Páx. 68.), Sr. Vázquez Díaz (AGE) (Páx. 70.), Sra. Acuña do Campo (S)

(Páx. 72.) e Sr. Santalices Vieira (P). (Páx. 75.)

Réplica do Goberno: Sra. conselleira de Sanidade (Mosquera Álvarez). (Páx. 76.)

A señora presidenta abre unha rolda especial de aclaracións, con dúplica do Goberno. (Páx. 77.)

Nesta rolda interveñen a Sra. Prado Cores (BNG) (Páx. 78.), o Sr. Vázquez Díaz (AGE) (Páx. 79.), a Sra. Acuña do Campo (S) (Páx.

80.) e o Sr. Santalices Vieira (P). (Páx. 81.) e a Sra. conselleira de Sanidade (Mosquera Álvarez). (Páx. 82.)

Moción do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciativa de Dª María Consuelo Martínez García, sobre o sector

da construción naval. (Punto terceiro da orde do día)

A señora presidenta comunica as emendas presentadas a esta moción. (Páx. 83.)

Intervención do grupo autor da moción: Sra. Martínez García (AGE). (Páx. 83.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Adán Villamarín (BNG). (Páx. 85.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sr. Losada Álvarez (S) (Páx. 86.) e Sr. Tellado Filgueira (P). (Páx. 87.)

A señora. Martínez García (AGE) intervén para posicionarse respecto da emenda. (Páx. 89.)

Moción do G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de Dª María Carmen Gallego Calvar, sobre a nova carteira de

servizos en materia de inclusión social. (Punto terceiro da orde do día)

Intervención do grupo autor da moción: Sra. Gallego Calvar (S). (Páx. 90.)

SUMARIO

Page 8: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Intervención dos grupos parlamentarios: Sra. Adán Villamarín (BNG) (Páx. 92.), Sr. Fajardo Recouso (AGE) (Páx. .93) e Sra. Rodrí-

guez Arias (P). (Páx. 94.)

Nova intervención da señora Gallego Calvar (S). (Páx. 95.)

Votación das mocións

Votación da Moción do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de D. Cosme Eladio Pombo Rodríguez, sobre o siste-

ma de préstamo universal dos libros de texto: rexeitada por 32 votos a favor, 39 en contra e ningunha abstención. (Páx. 96.)

Votación do texto transaccionado da Moción do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciativa de Dª María Consuelo Mar-

tínez García, sobre o sector da construción naval: rexeitada por 32 votos a favor, 39 en contra e ningunha abstención. (Páx. 96.)

Votación da Moción do G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de Dª María Carmen Gallego Calvar, sobre a nova carteira

de servizos en materia de inclusión social: rexeitada por 32 votos a favor, 39 en contra e ningunha abstención. (Páx. 96.)

Alteración da orde do día

A señora presidenta comunica que, por acordo dos portavoces dos grupos parlamentarios, se vai debater en primeiro lugar a

Proposición non de lei do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de Dª Ana Belén Pontón Mondelo e de D. Francisco

Xesús Jorquera Caselas. (Páx. 96.)

Proposición non de lei do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de Dª Ana Belén Pontón Mondelo e D. Fran-

cisco Xesús Jorquera Caselas, sobre a creación dunha comisión parlamentaria de investigación sobre as causas e a

determinación de responsabilidades no accidente de Angrois e sobre o estado das infraestruturas ferroviarias de Gali-

cia. (Punto cuarto da orde do día)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sr. Jorquera Caselas (BNG). (Páx. 96.)

Intervención dos grupos parlamentarios: Sr. Sánchez García (AGE) (Páx. 98.), Sr. Fernández Fernández (S). (Páx. 100.) e Sr. Gómez

Alonso (P). (Páx. 101.)

Nova intervención do señor Jorquera Caselas (BNG). (Páx. 101.)

Proposición non de lei do G.P. Popular de Galicia, por iniciativa de D. Agustín Baamonde Díaz e seis deputados máis,

sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego con motivo da conmemoración no ano 2014 do trixésimo

quinto aniversario do pasamento de Eduardo Blanco Amor. (Punto cuarto da orde do día)

A señora presidenta comunica as emendas presentadas a esta proposición non de lei. (Páx. 102.)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sr. Santalices Vieira (P). (Páx. 103.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Pontón Mondelo (BNG) (Páx. 105.), Sr. Ron Fernández (AGE) (Páx. 106.)

e Sr. Caamaño Domínguez (S). (Páx. 107.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sra. Iglesias Sueiro (M). (Páx. 109.)

O señor Santalices Vieira (P) intervén para posicionarse respecto da emenda e pechar o debate. (Páx. 109.)

SUMARIO

Page 9: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Proposición non de lei do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciativa de Dª María Consuelo Martínez García

e D. Xosé Manuel Beiras Torrado, sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de recuperar os sala-

rios e loitar contra a precariedade laboral da mocidade, así como sobre a presentación no Parlamento de Galicia dun

plan de incentivación para a creación de traballo cualificado. (Punto cuarto da orde do día)

A señora presidenta comunica as emendas presentadas a esta proposición non de lei. (Páx. 109.)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sra. Martínez García (AGE). (Páx. 110.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Prado Cores (BNG). (Páx. 111.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sr. Quintas Álvarez (S) (Páx. 112.) e Sr. Dorado Soto (P). (Páx. 113.)

A señora Martínez García (AGE) intervén para posicionarse respecto da emenda e pechar o debate. (Páx. 115.)

Suspéndese a sesión ás oito e vinte e catro minutos do serán.

SUMARIO

Page 10: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Ábrese a sesión ás dez da mañá.

A señora PRESIDENTA: Bo día, señorías. Por favor, vaianocupando os seus escanos.

Bo día de novo. Ábrese a sesión.

A orde do día está publicada no Boletín Oficial do Parla-mento de Galicia, polo que non se procede á súa lectura.Non se xustificaron inasistencias e, polo tanto, señorías,entramos na orde do día, comezando polo punto 1, de textoslexislativos.

Debate e votación do Ditame elaborado pola Comisión 1ª,Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior,sobre a Proposición de lei do Consello Consultivo deGalicia

A señora PRESIDENTA: Mantéñense para o Pleno emendaspor parte do Grupo Parlamentario do Bloque NacionalistaGalego, da Alternativa Galega de Esquerda e do Grupo Par-lamentario Socialista.

Para a presentación do ditame da comisión ten a palabra donAgustín Baamonde Díaz.

O señor PRESIDENTE DA COMISIÓN 1ª, INSTITUCIONAL, DE

ADMINISTRACIÓN XERAL, XUSTIZA E INTERIOR (Baamonde

Díaz): Moitas grazas, señora presidenta.

Moi bos días, señoras deputadas, señores deputados.

A Proposición de lei do Consello Consultivo de Galicia, tra-mitada a instancia do Grupo Parlamentario Popular, tivoentrada no Rexistro do Parlamento o día 23 de decembro de2013, co número de asentamento 16735.

A Mesa do Parlamento, na reunión do día 30 de decembro de2013, dispuxo a súa publicación no Boletín Oficial do Par-lamento de Galicia. Posteriormente, na sesión plenaria destaCámara do día 11 de febreiro de 2014, aprobouse a toma enconsideración da presente proposición de lei.

A Mesa do Parlamento, na reunión do día 12 de febreiro de2014, e oída a Xunta de Portavoces, acordou a súa tramita-ción pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración

Xeral, Xustiza e Interior, e a apertura do prazo de presenta-ción de emendas ao articulado.

As emendas ao articulado presentadas, cualificadas polamesa da comisión na sesión do día 26 de marzo de 2014,foron 85: 1 do Grupo Parlamentario Mixto, 30 do GrupoParlamentario da Alternativa Galega de Esquerda, 22 doGrupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, 1 doGrupo Parlamentario Popular de Galicia e 31 do Grupo Par-lamentario dos Socialistas de Galicia.

A Comisión 1ª, na sesión do día 1 de abril de 2014, designouos seguintes ponentes: polo Grupo Parlamentario Popular deGalicia: dona Paula Prado del Río, como titular, e don PedroPuy Fraga, como suplente; polo Grupo Parlamentario dosSocialistas de Galicia: don José Luis Méndez Romeu, comotitular, e dona Beatriz Sestayo Doce, como suplente; poloGrupo da Alternativa Galega de Esquerda: dona YolandaDíaz Pérez, como titular, e don José Javier Ron Fernández,como suplente; e polo Grupo Parlamentario do BloqueNacionalista Galego: dona María Tereixa Paz Franco, comotitular, e dona Ana Belén Pontón Mondelo, como suplente.

A sesión constitutiva da ponencia tivo lugar o 4 de abril, e,logo dos traballos pertinentes, a ponencia concluíu o seuinforme, informe que foi sometido a debate e votación nasesión da Comisión 1ª do día 14 do corrente mes, aprobán-dose o citado ditame coas recomendacións feitas pola propiaponencia.

O texto articulado está estruturado en seis grandes partes,que constitúen respectivamente cada un dos seis títulos dalei. A parte final está integrada por tres disposicións transi-torias, unha derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.

Ata aquí o itinerario lexislativo percorrido. Cómpre, pois,rematar o procedemento lexislativo, e con esta intervenciónconclúe tamén o traballo lexislativo da Comisión 1ª, que eupresido, e someto o seu ditame á consideración plenaria.

Máis nada e moitas grazas, señora presidenta.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Rolda dos grupos parlamentarios para fixar a súa posiciónsobre o ditame e se é o caso defender as emendas mantidas.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

10

Número 6322 de abril de 2014

Page 11: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Polo Bloque Nacionalista Galego ten a palabra dona TereixaPaz Franco.

A señora PAZ FRANCO: Bos días, señoras e señores deputa-dos. Grazas, señora presidenta.

O primeiro que quixera dicir, en nome do Grupo Parlamenta-rio do Bloque Nacionalista Galego, en relación coa tramita-ción desta proposición de lei, que, como todas e todos voste-des recordarán, foi rexeitada a súa toma en consideraciónpolo Bloque Nacionalista Galego naquel momento procesual,pois o primeiro que queriamos salientar foi o gran esforzofeito na ponencia polos distintos grupos parlamentarios paraintentar achegar posicións en relación coas emendas formu-ladas polos grupos parlamentarios, tanto o grupo autor daproposición de lei como o resto dos grupos, que cremos quemellorou substancialmente o articulado desta proposición delei, e que, desde logo, case poderiamos dicir que é unha situa-ción que conta con poucos precedentes nesta Cámara decapacidade por parte do grupo autor desta iniciativa de incor-porar propostas do resto dos grupos da oposición.

Permítanme que poña de manifesto algunha das cuestiónsmáis relevantes desde o punto de vista do Bloque Naciona-lista Galego que melloraron no texto articulado desta propo-sición de lei como consecuencia da aceptación de emendas,neste caso formuladas polo grupo ao que aquí represento.

Partiamos na súa toma en consideración dunha afirmaciónpor parte do grupo propoñente de que con esta proposición delei se promovía unha maior democratización no nomeamen-to e na designación do Consello Consultivo de Galiza, todavez que se daba participación ao Parlamento de Galiza nadesignación ou no nomeamento dunha parte dos seus inte-grantes. Nós manifestabamos que este carácter máis demo-crático se vía, non obstante, mermado pola redacción que selle daba na iniciativa tal e como foi presentada inicialmente áelección do seu presidente ou presidenta, que desde o nosopunto de vista resultaba contraditorio que esa elección sefixese directamente polo presidente da Xunta de Galiza, que,polo tanto, resultaba contraditorio cun dos avances quesupostamente representaba esta proposición de lei.

Por iso, congratulámonos da aceptación das emendas 14 e15 das presentadas polo Grupo Parlamentario do BloqueNacionalista Galego –que foron transaccionadas máis que

aceptadas– ao artigo 16 da proposición non de lei e en virtu-de das cales se establece que a Presidencia do Consello Con-sultivo será froito da elección dos propios membros, daspropias persoas integrantes do Consello Consultivo, que deentre si mesmas deberán elixir unha persoa para que presidaeste organismo.

Tamén nos parece que se produciu algún avance –aínda quenon todos os que nós quixeramos– en relación cos cometidosdo Consello Consultivo, que era outra das eivas que motiva-ron o noso voto en contra da toma en consideración destaproposición non de lei, en relación con cales deberían ser osditames preceptivos e cales os facultativos do Consello Con-sultivo. Nese sentido, dicir que varias das emendas que nósformulamos se manteñen vivas, porque non foron aceptadas.Non obstante, vemos tamén positivamente que se tiveseaceptado a referida ao artigo 12, concretamente a número 7,referida aos convenios de colaboración da Administracióngalega con outras comunidades autónomas; e nós propoñia-mos que este fose un ditame preceptivo e non facultativo.

Tamén había outra lagoa no texto inicial que tiña que vercunha certa confusión á que podía inducir a literalidade doartigo 22 en relación con cal era o papel da Secretaría Xeraldo Consello Consultivo en relación tanto coa constitución dequórum para a toma de acordos por parte da propio Conse-llo como a súa eventual participación nas votacións para aadopción deses acordos, que non quedaba ao noso xuízosuficientemente clara na redacción, e que a aceptación daemenda número 18 formulada por este grupo precisamente aese artigo 22 cremos que despexa definitivamente calquerasombra de dúbida que puidese existir en relación con que apresenza da Secretaría Xeral é imprescindíbel nas reuniónspara a adopción dos acordos, pero que non forma parte parao cómputo do quórum, para que se considere legalmenteconstituído o dito órgano, e que por suposto non participa coseu voto na adopción dos acordos do Consello Consultivo.

E, finalmente, tamén manifestabamos por parte do GrupoParlamentario do Bloque Nacionalista Galego no debate detotalidade que nos parecía que era unha eiva relevante daproposición inicialmente formulada polo Grupo Parlamenta-rio Popular que, para efectos de integrar o corpo de letradose de persoal do Consello Consultivo, se permitía a entrada defuncionarios provenientes doutros consellos consultivosdoutras comunidades autónomas, pero que, non obstante, tal

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

11

Page 12: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

e como estaba redactada, permanecía –digamos– pechadaesa posibilidade, por exemplo, ao persoal letrado deste Par-lamento, que desde logo non é que con esta emenda nósqueiramos que ningún deles nos abandone, pero desde logosi que queremos que teñan ese dereito en caso de que quixe-ran exercelo. E por iso consideramos tamén positivo que seaceptase a emenda 20, ao artigo 28.

Porén, tamén queremos manifestar cales son aquelas cues-tións que tamén pretendiamos a través de emendas do GrupoParlamentario do Bloque Nacionalista Galego mellorarnesta proposición de lei e que non foron aceptadas nin naponencia nin no debate en comisión, e que, polo tanto, nósmantemos vivas, porque cremos que son importantes.

Quixera, en primeiro lugar, referirme á emenda número 4,que se formula ao artigo 33, no que se establece que os expresidentes da Xunta, na súa condición de membros natos doConsello Consultivo, poderán incorporarse a ese ConselloConsultivo en calquera momento despois do seu cesamentoá fronte da Presidencia da Xunta de Galiza. Desde o BloqueNacionalista Galego presentabamos unha emenda para queesa incorporación tivese que circunscribirse a un ano desdeo cesamento á fronte da Xunta de Galiza.

Para o Bloque Nacionalista Galego esta emenda non é bala-dí, non é unha simple cuestión temporal, senón que conside-ramos que a virtualidade da pertenza dun presidente daXunta de Galiza a este órgano ten –digamos– razón de ser encanto á experiencia acumulada na súa condición de presi-dente da Xunta de Galiza e o que nese sentido poida aportar.E o que nos parece, desde logo, inxustificábel é que se deixea porta aberta a que poida haber un permanente transvaseentre ex altos cargos, neste caso a máis alta representaciónda Comunidade Autónoma galega que é a Presidencia daXunta de Galiza, que poida, por exemplo, pasar por unhaempresa privada, polo sector privado, e logo incorporarse aoConsello Consultivo, que en moitas ocasións pode ter queincluso dirimir cuestións vinculadas con esa actividade pri-vada pasada do ex presidente da Xunta de Galiza. Cremosque sería unha medida relevante e exemplar para pór fin aesa porta xiratoria que tanto abomina e que tanto mal causanas distintas institucións públicas.

Tamén a emenda número 6, referida ao artigo 9, nos parecerealmente importante e que cremos que a súa aceptación

sería exemplar, dada a situación de crise na que estamosinmersos actualmente. O artigo 9 desta proposición de leirefírese ás retribucións ás que teñen dereito os membros doConsello Consultivo. Todos e todas sabemos que actualmen-te esas retribucións se fixan anualmente a través da Lei deorzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza,mais nós, desde o Grupo Parlamentario do Bloque Naciona-lista Galego, seriamos partidarios de que na propia lei queregula o Consello Consultivo se establecese unha limitaciónmáxima, pero tamén mínima, de cales son as retribuciónsque deben percibir os membros do Consello Consultivo. E,nese sentido, a emenda número 6 do Bloque NacionalistaGalego establecía que por lei se limite o máximo que podenpercibir os membros do Consello Consultivo ao salarioinmediatamente inferior ao fixado polos orzamentos xeraisda Xunta de Galiza para os conselleiros do Goberno, é dicir,o salario correspondente a secretarios ou secretarias xerais,garantindo ademais na propia emenda que por parte do Con-sello sexan dotados dos medios necesarios no caso porexemplo daqueles que vivan fóra de Santiago, que é a cida-de que se establece como sede do Consello Consultivo, parao seu desprazamento.

Nós cremos que esta sería non só desde o punto de vista daxestualización, senón tamén desde o punto de vista dunhamellor organización e ordenación das retribucións públicasno noso país, unha emenda realmente importante.

Tamén a emenda número 11, referida ao artigo 12, que,como xa dixen anteriormente, é no que se establecen calesteñen que ser os informes preceptivos que teña que emitir oConsello Consultivo, nós desde logo cremos que un ditamepreceptivo non se pode establecer no caso das reclamaciónsde responsabilidade patrimonial un límite mínimo de 30.000euros para que o Consello Consultivo teña que establecer,que realizar ese ditame preceptivo. No texto orixinal apare-cían 30.000 euros con carácter xeral. É certo que, como con-secuencia dunha transacción co Grupo Socialista, se estable-ceron 30.000 para as cuestións relacionadas coa Administra-ción autonómica e 15.000 para aquelas relacionadas coaAdministración local, pero desde o Bloque NacionalistaGalego seguimos mantendo que nos parece excesivo.

Hai que ter en conta que actualmente non existía ningúnlímite, que posteriormente o Consello Consultivo decidiuestablecer un límite de 1.500 euros para intentar limitar o

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

12

Número 6322 de abril de 2014

Page 13: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

excesivo volume de ditames que isto orixinaba, e que,segundo os datos que nos proporciona o propio Consello,isto xa alixeirou rotundamente a carga de traballo nese ámbi-to. E dicir que establecer ese límite nos 30.000 euros vaisupoñer que practicamente as tres cuartas partes dos ditamesque por esta razón se viñan realizando por parte do ConselloConsultivo desaparecerían. E dicir que, a xuízo do GrupoParlamentario do Bloque Nacionalista Galego, establecereste límite podería afectar e debilitar os dereitos e a situaciónxurídica dos cidadáns afectados por esta norma, porquedesde o noso punto de vista o límite non se debería estable-cer unicamente en función da contía da reclamación patri-monial da que estamos falando, porque esta non vai necesa-riamente ligada sempre nin á problemática xurídica ou socialque se suscita a través desa reclamación patrimonial. Por isonós seguimos mantendo que un umbral razoábel poderíanser os 5.000 euros.

Tamén a emenda número 8, referida ao mesmo artigo 12,cremos que é importante que se recolla o conflito de atribu-cións entre consellerías ou entre a Comunidade Autónoma eoutros entes da Administración pública galega como obxec-to de informe por parte do Consello Consultivo.

Ou unha cuestión tan relevante como é a modificación dosinstrumentos de planeamento, cando estes teñan por obxec-to a zonificación do uso urbanístico en solo rústico en espa-zos libres ou zonas verdes destinadas ao dominio público.Cremos que non estamos falando de calquera tipo de modi-ficación de instrumentos urbanísticos, senón que estamosprecisamente falando de modificacións de instrumentosurbanísticos que se refiren, na maioría dos casos, a espazosespecialmente protexidos nos planeamentos e que esa pro-tección se ve alterada como consecuencia desa modifica-ción. Cremos que é unha materia o suficientemente sensíbelcomo para que este ditame teña carácter preceptivo.

E tamén a emenda 10, que é que a normativa que afecte ofuncionamento e organización do propio Consello Consulti-vo tamén deba ser sometida ao ditame do Consello.

Nós, desde o Grupo Parlamentario do Bloque NacionalistaGalego, seguimos mantendo estas emendas. Esperamos queo mesmo espírito que durante todo o trámite provocou unalto grao de consenso nun número moi importante de emen-das que foron aceptadas ou transaccionadas permita tamén

que poidamos chegar aínda a algún tipo de acordo nestacuestión.

E cremos que esta lei, desde o noso punto de vista, deberíaobedecer a tres obxectivos fundamentais. Un, que como oConsello Consultivo, como máximo órgano de control pre-vio da legalidade e consultivo da Administración públicagalega, teña as menos restricións posibles...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señora Paz.

A señora PAZ FRANCO: ...tanto na súa composición como nassúas facultades, e tamén que cumpra –digamos– o seu come-tido nas mellores condicións posíbeis, e por iso cremos queas emendas que aquí lles acabo de explicar contribuiríandunha forma relevante a mellorar esta proposición de lei.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda.Ten a palabra dona Yolanda Díaz Pérez.

A señora DÍAZ PÉREZ: Bos días, presidenta.

Bos días a todos e a todas.

En primeiro lugar, señora presidenta, salientar o traballo quese ten feito dende o Consello Consultivo. Pensamos queaínda que semella non ser este un debate interesante, nós sique consideramos que estamos a falar dun dos órganos demáximo asesoramento do noso país, que está recollido, porunha banda, no que reflicte ao Consello do Estado, no artigo107 do texto constitucional pero, sobre todo, que está trasla-dado ás nosas normas autonómicas e que quizais por iso foia razón pola que non foi practicado ese ánimo demoledorque tiña o informe Cora de evitar as duplicidades na subco-misión de duplicidades e pular pola supresión do ConselloConsultivo e do Consello de Contas do noso país. Sen lugara dúbidas, esa foi a razón fonda pola que o Partido Popularnon se atreveu a tanto, liquidando estes organismos, comopretendía o señor Montoro –insisto– nese informe Cora.

Con todo e con iso, si que queremos pór en valor o traballoque se está a facer por parte do Consello Consultivo, que,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

13

Page 14: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

segundo os datos que temos da memoria rendida conta nesteexercicio, pois superaron con creces os traballos de asesora-mento desenvoltos ata o de agora, e mesmo por enriba dos781 expedientes, 623 deles derivados só de cuestións queatinxen a materias da Administración autonómica.

Quero salientar tamén o esforzo fondo, a pesar de que comona propia comparecencia puña en valor a propia presidentado Consello Consultivo as restricións orzamentarias emesmo sinalaba que non dispuñan nin sequera de recursosou non chegaba a partida para poder dispor de material delibros para poder ilustrar os seus estudos. É dicir, isto pare-ce que no século XXI non é moi correcto. Con todo e coniso, como estamos vendo nas estatísticas, a pesar dos recor-tes, sempre se incrementan os traballos, os expedientes queson resoltos polo propio Consello Consultivo.

Pero dicía que non se atreveu o Partido Popular a eliminareste organismo, pero si que se atreveu a incorporar unhamudanza substancial, unha transmutación. Para nós así éneste órgano de asesoramento do noso país, un órgano que éde máximo asesoramento e que debe traballar coa máximaindependencia e que ademais debe garantir que estamosdiante dunha administración que ten que ser moderna e queademais debe de salientar ou debe depurar os problemascada vez máis complexos en termos xurídicos que xordendas propias administracións públicas.

Pero, certo e verdade, como estaba dicindo, nós entendemosque na proposta do grupo maioritario hai unha transmuta-ción deste propio órgano.

En primeiro lugar, como é coñecido, foron aceptadas aemenda número 16 deste grupo, que coincidía con outrasemendas formuladas polos grupos da oposición, e mesmotamén a emenda 1 a 15, a 20, a 16 e a 25, que –insisto– coin-ciden tamén con outras pretensións que facían dende os gru-pos da oposición. Entre elas, a coincidencia de que é nece-sario que para recoñecer o prestixio nun xurista sería sufi-ciente, como xa estaba na nosa normativa e mesmo comoestá en practicamente todas as normativas dos consellos con-sultivos do resto do Estado, pois unha bagaxe de dez anos deexperiencia. Nese sentido, congratularnos de que fora admi-tida esa emenda, a reservas desa pretensión do Partido Popu-lar de igualar este órgano ao propio órgano do Consello deContas. Por tanto, benvida esa recolleita.

E tamén benvida ese sesgo ou esa contaminación políticaque tiña na proposta inicial, pois efectivamente dúas cues-tións. A primeira, as dúbidas, máis que razoables, respectoda redacción que se daba no precepto da posibilidade de quea Secretaría Xeral puidera ter voto pola redacción que tiñana proposta, que de facto invadiría ou contaminaría politica-mente ese órgano; foi corrixida, emendada e transaccionada–parécenos correcto–. E tamén esa eliminación da contami-nación política que supuña que o presidente da Xunta deGalicia puidera elixir el a dedo as persoas que compoñen oConsello Consultivo. Foron admitidas esas emendas e, nesesentido, no que atinxe a ese rasgo de independencia políticada Presidencia da Xunta de Galicia e do propio grupo maio-ritario, cremos que é correcta.

Pero si que nós insistimos en manter as nosas emendas, por-que hai unha transmutación neste órgano. A transmutacióndeste órgano vén da man fundamentalmente de quen vaicompoñer a partir de agora o propio Consello Consultivo.Había certo consenso en que os consellos consultivos –nogalego ata o de agora e nos consellos consultivos do resto doEstado– deberían de estar compostos por xuristas de presti-xio recoñecido.

Ben, a proposta iniciática do Partido Popular era sesgar acomposición do Consello Consultivo, de xeito para nósdende logo non compartido, e mesmo para os profesionaisconsultados tampouco compartido, sesgalo cara ás áreas dodereito público. Na proposta iniciática do Partido Popularfalaba de especialistas en Dereito Constitucional, Tributario–cando saben que son moi poucas as reclamacións que seachegan ao Consultivo especificamente nesta cuestión– emesmo tamén Dereito Administrativo.

Ben, nós non compartimos esta composición do ConselloConsultivo. É certo que foi transaccionada co Grupo do Par-tido Socialista para facer unha engádega no sentido de atin-xir ou sesgar o Consello cara ás áreas do dereito público, enós insistimos en que iso non é correcto. Hai maxistrados emaxistradas civilistas que polo seu prestixio e pola súa pro-fesionalidade poden e deben formar parte do propio Conse-llo Consultivo; non entendemos por que queremos especia-lizar ou levar ou guiar ese sesgo que –insisto–, repasandotodas as normativas –e de verdade que todas comprobadas–,ningún órgano está xustamente sesgado cara ás áreas dodereito internacional público.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

14

Número 6322 de abril de 2014

Page 15: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Nós non compartimos esa composición e non compartimosademais esa transacción á que se chegou co Grupo do Parti-do Socialista.

Pero é certo que tampouco compartimos algunhas das cues-tións que se están formulando por parte do grupo maiorita-rio da Cámara. Entre outras, dende logo esta cuestión, quesexa da área do dereito público; semella que queremos quenese órgano forme parte alguén particular; se non, non tensentido, señor conselleiro. É dicir –insisto–, eu puxen unexemplo na ponencia e é que o catedrático señor Bello Janei-ro, que é civilista, pero que é un dos expertos especialistasen materias de reclamación de expedientes da Administra-ción sanitaria, que son o groso do que se trata no ConselloConsultivo, e non podo entender por que o catedrático BelloJaneiro, civilista, non pode formar parte no seu día do Con-sultivo por ese sesgo que se está dando nese órgano.

Pero dicía, ademais, que hai certos sesgos que dende logo sonpolémicos, son moi polémicos. Non se poña nervioso, señorvicepresidente, que en todo caso son opinións contrastadas.

Dicía que hai un sesgo importante no propio Consello, e é oque ten que ver co deber de segredo. Primeiramente, nós sique compartimos que se muda o título. Pasa de ser “deber desixilo” a “deber de segredo”, pero non compartimos en abso-luto que dende logo quede a redacción tal e como está napropia proposta que hoxe se debate aquí. E ¿por que non ocompartimos? Porque vostedes están incorporando a estaproposta a censura.

Efectivamente, é inaudito e non está recollido tampouco enningunha normativa do resto dos consellos consultivos doEstado e por suposto non estaba así recollido na propia nor-mativa actual, pois efectivamente, non é comprensible que odeber de segredo se estenda máis aló do tempo da delibera-ción na que está suxeita a debate a propia reclamación, pero,ademais, e vou ler literalmente, porque causa estupor, dendelogo en moitos profesores universitarios e en moitos profe-sionais da xustiza, como queda o informe da ponencia: “Aspersoas que integran o Consello teñen a obriga de gardarsegredo sobre o contido das deliberacións deste e non pode-rán facer sen a súa previa autorización declaracións ou mani-festacións públicas valorativas orais ou escritas ou formulardo mesmo modo” –e aquí está a clave, é algo inaudito– “opi-nións científicas sobre temas ou materias concretas que este-

an directamente relacionados con asuntos sometidos ou quedebe coñecer o Consello”.

Isto non aparece, señor vicepresidente da Xunta, en ningunhanormativa dos restantes consellos consultivos e dende logo éinaudito no século XXI, porque é tanto como que calqueramembro do Consello Consultivo vai impartir docencia nuncurso, por exemplo, da universidade de verán e non poida,nesta redacción que vostedes fan, opinar doutrinalmente, cien-tificamente, sobre os asuntos dos que teñen coñecido.

Nós supoñemos que isto ten que ver bastante con esas posi-cións que para vostedes son moi polémicas. Algunhas veñendas mans dos consellos consultivos –aínda pois aquilo senresolver–: a desviación do gasto público, do déficit, que que-dou oculto no propio Consello Consultivo; ou por exemploinformes polémicos que proveñen do propio Consello Con-sultivo, como o recente que expediron pois declarando airregularidade, a ilegalidade das áreas de xestión clínica.Supoñemos que é ese o motivo polo que vostedes se empe-ñan tanto en aquietar as propias opinións que xuristas degrande e recoñecido prestixio poidan expedir, emitir respec-to do seu traballo.

Alternativa presentaba unha emenda, e era ben sinxelo. Enprimeiro lugar, por suposto, retirar todo o que ten que vercon esas manifestacións de carácter doutrinal, científico edemais, e ademais puñamos unha coletilla que está recollidaen todas as lexislacións existentes, que ese deber de segredosoamente se aquiete temporalmente á cuestión mentres estesasuntos non sexan resoltos. A verdade, non somos capacesde comprender por que vostedes non aceptaron esta emenda.Insisto: supoño que ten que ver con esa capacidade de cen-sura ou mesmo de control da información que vostedes estánincorporando.

Tamén incorporamos emendas, unha longa –creo que é bas-tante extensa–, a emenda 15, que, por suposto, foi rexeitadapor parte do grupo maioritario, que ten que ver coa distintadistribución que nós facemos ou o que deben ser asuntossuxeitos a ditames preceptivos e mesmo tamén coa distintaconfiguración cos ditames facultativos.

É certo que a todos os grupos da oposición nos foi aceptadaunha engádega que ten que ver pois coa mudanza do aparta-do b) do artigo 13, dos convenios e acordos de cooperación

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

15

Page 16: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

con outras comunidades autónomas, que pasa para os dita-mes preceptivos. Pero Alternativa Galega de Esquerda facíaunha extensa incorporación de asuntos que deben ser suxei-tos ao ditame preceptivo, pois, por exemplo, todo o que tenque ver con transaccións xudiciais ou extraxudiciais sobredereitos de contido económico da Administración –que estaé a realidade das nosas administracións actuais–, e puñamosunha contía, é dicir, sempre que esta contía supere os200.000 euros.

Ou mesmo tamén todo o que ten que ver coa modificacióndas figuras de planeamento urbanístico, con carácter precep-tivo, ou tamén fixabamos un límite cuantitativo de reclama-cións de responsabilidade patrimonial de contía superior a1.500 euros.

Nós non compartimos tampouco a transacción que se produ-ce respecto de fixar a contía en 30.000 euros para os expe-dientes de responsabilidade patrimonial da Administraciónna materia autonómica e 15.000 euros para a Administraciónlocal, porque é tanto como alonxar este órgano xustamenteda posibilidade de intervención dos poderes públicos. Defacto, situar ese mínimo pois, dende logo, fará difícil queincorporemos ese sesgo principal de legalidade e de seguri-dade xurídica que debemos de ter no propio órgano.

E tamén cuestións que son importantes e que transmutan opropio órgano. E é que este órgano, tal e como xorde ou sairáde aquí, agora vai deixar de ser un órgano de asesoramentopara poder ser un órgano que inste que por parte do Conselloda Xunta ou a Presidencia da Xunta de Galicia poida instar-lle para que redacte textos lexislativos. Nós non compartimoseste criterio, sobre todo porque, como o seu propio nome di,é un órgano de asesoramento e non é un órgano de propostalexislativa, tal e como queda agora mesmo recollido.

E tamén cuestións en que é certo que tamén coincidimos coBloque Nacionalista. É dicir, está ben no que atinxe ásemendas que foron aceptadas de que os propios letrados eletradas do Parlamento de Galicia poidan formar parte dopropio Consello Consultivo, está ben que se admita, perotamén é certo que hai cuestións que dende logo foron trans-acionadas co Partido Socialista –e vou rematar xa– como era–nós tamén a propuñamos– a emenda 21 respecto deseesquecemento que tiña a proposta inicial de non incorporara memoria que rendera contas ao Parlamento das actividades

do Consello. Pero nós tiñamos unha emenda, a 22, que eraque, xustamente como viña sendo habitual, a Presidencia doConsello Consultivo comparecera antes do 30 de xuño pararender conta na Comisión 1ª do traballo realizado, e dendelogo sorprende que esta emenda non fora aceptada.

En definitiva, non compartimos a transmutación que se pro-duce deste órgano e dende logo o que si que tampouco pode-mos compartir é que había unha emenda de AlternativaGalega de Esquerda que do mesmo xeito que entendiamosque a Administración, os entes autonómicos, as universida-des ou as administracións locais poden pedir asesoramentoao Consello Consultivo, pois non podemos entender por que,como sucede noutros consellos consultivos, a Mesa do Par-lamento, ante debates importantes ou temáticas de asesora-mento importantes, pois a Mesa deste Parlamento...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, por favor.

A señora DÍAZ PÉREZ: ...non pode tamén instar o asesora-mento ao Consello Consultivo.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira):Grazas, señora Díaz.

Grupo Parlamentario Socialista. Señora Sestayo.

A señora SESTAYO DOCE: Señor presidente, señorías, señorconselleiro.

Bueno, hoxe, efectivamente, estamos no debate no pleno doConsello Consultivo, do órgano do Consello Consultivo, domáximo órgano consultivo para o Goberno e a Administraciónautonómica galega. E sen dúbida estamos a debater un textoque pouco ten que ver co que entrou no seu día na Cámara ainiciativa do Grupo Parlamentario Popular. E, neste senso, nonnos doen prendas en felicitar a capacidade de consenso excep-cional que ten tido o Grupo Parlamentario Popular, maiorita-rio, neste trámite de lei e que ten suavizado moitísimos dosaspectos dun texto legal que efectivamente se apartaba do quedebera ser en moitos preceptos un Consello Consultivo no quese debe buscar o máximo consenso institucional.

Pregaríalles que tomaran nota desta excepcionalidade na tra-mitación da lei e do Consello Consultivo para aplicala a

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

16

Número 6322 de abril de 2014

Page 17: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

outras leis que teñen unha importancia fundamental para odesenvolvemento da Comunidade Autónoma galega e danosa Autonomía, como a Lei de reforma da Administraciónlocal, que virá a continuación.

En todo caso, o Grupo Parlamentario Socialista quere man-ter vivas neste momento, á espera da posible tramitación ouda posible aceptación, simplemente cinco emendas. Existeno meu poder un informe, seguramente non atribuíble a nin-guén en especial e propio do noso grupo, que non consta noinforme o mantemento da emenda 26, na que temos especialinterese en ser aceptada, pero, en todo caso, quedan só vivascinco emendas do Grupo Parlamentario Socialista, porque écerto que se admitiron ou que aceptaron máis ou a metadedas emendas deste Grupo Parlamentario Socialista.

Dentro da importancia das emendas que ten mantido oGrupo Parlamentario Socialista –en liña, por certo, dalgun-has que se manteñen e que queremos deixar vivas duranteeste pleno, e que motivou a abstención deste Grupo Parla-mentario Socialista no debate da comisión–, ten que ver, pre-cisamente, con esa transparencia e con esa posibilidade dedotar o Consello Consultivo de máis e mellores atribuciónse de máis e mellores medios para realizar a súa función.

Neste senso, a emenda número 26, rexeitada polo GrupoParlamentario Popular, polo razoamento de crer que se tratadunha cuestión regulamentaria e non legal, entendemos quepodemos rexeitar ese argumento e xustificalo.

Entenderán que se damos atribucións ao Consello Consulti-vo e a emenda 26 o único que pide é que cada informe quese someta ao Consello Consultivo poida este órgano recabaros informes, medios, probas que considere necesarios para odesenvolvemento das súas funcións e para emitir os infor-mes de xeito completo, parece que é unha petición bastantelóxica de transparencia e de dotar o Consello Consultivo dosmedios axeitados para que poida desenvolver a súa función.É máis, non conseguimos que se poida pedir informes aoConsello Consultivo e despois vetarlle os medios para quepoida facelo efectivo. Polo tanto, insistimos e cremos que éunha emenda facilmente aceptable, que melloraría o consen-so dun órgano que deberiamos protexer entre todas e todos.

Efectivamente, ademais, saben que existen numerosas leisautonómicas que conteñen este precepto, leis incluso de

autonomías gobernadas polo Partido Popular, e polo tantocremos que non existen ningunha razón ideolóxica pola súabanda que impida a aceptación desta emenda.

Ademais, bueno, esta emenda vai no senso da transparenciae da democracia e da participación que intentamos dar dendeo Grupo Parlamentario Socialista a este texto coa modifica-ción e coa aceptación de emendas que consideramos funda-mentais para o órgano e que foron aceptadas –como dicia-mos– polo grupo maioritario.

Efectivamente, facía referencia agora a portavoz de AGE res-pecto das funcións ou das especialidades ou da titulación quedeben ter os membros do Consello Consultivo para ser elixi-dos e para o desenvolvemento da súa función. Eu quero insis-tir –díxeno e xa informamos na ponencia e na comisión– encomo quedou, grazas á emenda do Grupo ParlamentarioSocialista, esta cuestión, que di que “as conselleiras” –permí-tanme a lectura– “e conselleiros electivos, en número decinco, deberán ser xuristas de recoñecida competencia queconten cunha experiencia e desempeñe efectivo durante polomenos dez anos” –que efectivamente había consenso en redu-cir dos quince aos dez anos– “en cargo, función” –función–“ou actividade profesional”. Nin sequera a diferenza doutrostextos lexislativos que recollen exactamente a titulación aca-démica, neste caso recóllese “cargo, función ou actividadeprofesional relacionado especificamente”. Polo tanto, é dife-rente a titulación e –creo que é evidente– pon “co que estearelacionado, especificamente con aquelas especialidades dedereito público” –que quixemos facer constar expresamente–“relacionadas coas actividades do Consello Consultivo”.

Efectivamente, considerabamos que cinguir ás tres áreas quedeixaba o grupo parlamentario maioritario da Cámara poisdeixaba o Consello Consultivo verdadeiramente restrinxidorespecto a posibles aportacións de expertos ou expertas enmaterias que van ser sometidas ao Consello Consultivo, todavez, ademais, nuns momentos de evolución da política, deevolución das competencias, nun momento de rebumbiocompetencial, en que é fundamental dotar de flexibilidade,non facer leis que aten, leis que restrinxan, senón leis queposibiliten o desenvolvemento das funcións do ConselloConsultivo.

Neste sentido, cremos sinceramente que está moi melloradoo texto e, ademais, dende o Grupo Parlamentario Socialista

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

17

Page 18: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

considerabamos fundamental, en aras a como pode ocorrerno desenvolvemento das funcións do Consello Consultivo,que non se restrinxira nin se vetara en ningún caso o accesoa persoas relacionadas, tituladas ou especializadas no eidopenal.

Efectivamente, dentro da comisión anticorrupción –quedende o Grupo Parlamentario Socialista volvemos solicitarque se dinamice e que se reúna, señorías do Partido Popu-lar–, bueno, efectivamente, dentro desas áreas e dentro dascomparecencias, saben que das posibilidades de atribuciónsno eido de control da legalidade, de control e de prevenciónda corrupción, efectivamente algúns dos comparecentes,algúns dos expertos nomeaban a posibilidade dun control delegalidade previo que evitara irregularidades posterioressusceptibles de ser tipificadas dentro dos diferentes tipospenais de prevaricación, precisamente ao órgano consultivo,ao Consello Consultivo.

Polo tanto, cremos que era fundamental que esa titulación dedereito público fose incardinada dentro do mesmo órgano,porque aínda que a señora Paula Prado dicía na comisiónque o Dereito Penal é a última ratio, que se trata dun derei-to sancionador, certo, é certo, é a última ratio no eido san-cionador, pero é certo que para previr hai que coñecer, e polotanto é tamén moi importante ás veces ter un coñecementodo Dereito Penal, un coñecemento exacto das complexida-des ás veces dos tipos do Dereito Penal, para previr precisa-mente que non existan na contratación ou en todas aquelascontratacións, subvencións, en todas aquelas áreas de Derei-to Administrativo susceptibles de ser tipificadas como deli-tos penais, bueno, pois que exista coñecemento dos mesmos.

Asemade, dentro do Grupo Parlamentario Socialista consi-derabamos fundamental que se queriamos dotar de indepen-dencia o órgano que vai velar polo control de legalidade pre-vio, por ser o órgano consultivo, o órgano superior do nosopaís, da nosa Autonomía, considerabamos fundamental quenon podía ser elixido a dedo polo presidente da Xunta deGalicia. Parecía unha obviedade, que, bueno, pois foi afor-tunadamente aceptada que a elección fose, bueno, primeiro,a proposta do presidente do Consello da Xunta; tres, polarepresentación do Parlamento de Galicia, en atención preci-samente á súa representatividade; e, ademais, entre elespoderán elixir quen teña que ser o seu presidente ou a súapresidenta.

Parece obvio que a independencia se garante deste xeitomoitísimo mellor respecto dos órganos controlados e que unórgano controlado non pode propoñer e non pode impoñerao órgano que o controla; se non, a independencia, señorías,é evidente que quedaría duramente danada.

Ademais, dentro das incompatibilidades, a aceptación deresultar condenado por delito doloso no exercicio do cargo,que tamén, como saben, consta na maioría, na meirandeparte dos textos legais que regulan estes órganos, foi taménaceptada –polo tanto, emenda non mantida por este grupoparlamentario–.

E o deber de segredo, ao que se facía agora referencia, bueno,nós temos unha; non é o texto, como saben, froito dunhatransacción co Grupo Parlamentario Socialista; non é o textoliteral que este grupo presentaría, pero si é certo que cremosque está mellorado, toda vez que o segredo se limita exclusi-vamente a materias concretas que estean directamente rela-cionadas con asuntos sometidos ou que debe coñecer o Con-sello. Seguramente a transacción dun ámbito temporal oudun tempo en que debería manterse ese segredo completaría–e niso estamos de acordo– e melloraría esta cuestión, todavez que o segredo non se pode manter indefinidamente.

En todo caso, é certo tamén que o segredo respecto de deli-beracións de determinadas institucións está tamén reguladonoutra normativa, e polo tanto, se ben é certo que poderíaincorporarse aquí, bueno, é lóxico que esta lei non derrogaos mesmos.

Dentro das funcións, bueno, consideramos importante aaceptación, dentro do artigo 13, dos ditames facultativos, aintrodución da modificación de instrumentos de planeamen-to urbanístico regulados por lei cando tivesen por obxectounha diferente zonificación no uso urbanístico do solo rústi-co especial. Foi ademais así solicitado no seu día na exposi-ción por parte da presidenta do Consello Consultivo.

De feito, dentro do Grupo Parlamentario Socialista o que seten escoitado, especialmente ás persoas relacionadas coConsello Consultivo, que están no devir diario do ConselloConsultivo, do funcionamento de asesoramento, para tentarque ese control de legalidade, que ese control previo de lega-lidade, sexa verdadeiramente efectivo para os fins que pre-tende a lei e que pretende a Autonomía.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

18

Número 6322 de abril de 2014

Page 19: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Polo tanto, tamén nese senso, mantemos a nosa emenda, quesometemos á consideración do grupo maioritario, crendoque tamén mellora substancialmente o texto respecto –xa odiciamos– de dotalo dunhas atribucións para os conflitos decompetencias ou atribucións entre diferentes consellerías eorganismos da Xunta de Galicia, toda vez que, bueno, se bena razón que esgrimía o grupo maioritario –a voceira, señoraPrado– era que, en xeral, non se producen conflitos de atri-bucións entre diferentes consellerías, o certo é que, sendo omáximo órgano consultivo de Galicia, existindo a posibili-dade de que iso se produza, porque de certo está regulado oposible conflito de atribucións, por certo non suficientemen-te ben solucionados na nosa Autonomía e noutras. Existe,ademais, a posibilidade, existen textos legais noutras comu-nidades autónomas en que se ten atribuído isto aos corres-pondentes consellos consultivos, e ademais nos poucoscasos –certo– que se teñen producido ten funcionado ben.Bueno, cremos que dotar dunha mellora a este órgano hoxelexislado e debatido melloraría tamén o texto e melloraríaeste consenso.

Entendemos –non compartimos, podemos entender– efecti-vamente as súas dúbidas respecto ao sometemento de cues-tións que someta o Parlamento ao Consello Consultivo, todavez que se considera como órgano superior consultivo, tantodo Goberno como da Administración autonómica. Certo queno do Parlamento, se ben é certo que se podería suxerir unhatransacción sobre a posibilidade de que fora sometido porparte dalgunha Administración autonómica, mesmo doGoberno, primeiro, un informe previo do Parlamento, comoexiste en diferentes países europeos, en que primeiro se pasaun control previo do Parlamento, que á súa vez somete adeliberación ao máximo órgano consultivo da Autonomía,para pasalo posteriormente ao Goberno.

Bueno, en todo caso, podemos entender a formalidade, perogustaríanos sinceramente para mellorar este consenso –que,insisto, se ten traballado neste debate– que consideraranespecialmente esas dúas emendas nas que este grupo parla-mentario ten especial interese, que cremos sinceramente quemelloran substancialmente este texto legal.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señora Ses-tayo.

Grupo Parlamentario Popular. Señora Prado.

A señora PRADO DEL RÍO: Moitas grazas, señor presidente.

Señorías, bos días.

Ben, hoxe damos o derradeiro paso na tramitación da Pro-posición de lei do Consello Consultivo, presentada poloGrupo Parlamentario Popular no seu día. Estamos ante unhalei que, tras dezaoito anos, actualiza e axusta ao sistemaxurídico actual tanto as funcións deste órgano como a súacomposición, ao tempo que estende as súas funcións a enti-dades locais, a universidades públicas, e mesmo introducecomo novidade o nomeamento de tres dos seus membrospolo Parlamento de Galicia.

Por tanto, a actualización do Consello Consultivo non podeser máis oportuna, xa que foron moitos os cambios quehoubo na normativa xeral, coa finalidade de satisfacer osintereses públicos e os principios de economía e eficienciano funcionamento das institucións.

Como xa avanzara no debate á totalidade, era vontade destegrupo parlamentario conseguir un consenso co resto dos gru-pos políticos para acadar unha ampla maioría na aprobacióndesta norma, co fin de reafirmar as nosas institucións auto-nómicas, así como a capacidade para exercer o autogobernode Galicia.

E, despois de escoitar as voceiras dos grupos da oposición,eu quero agradecer o recoñecemento público que teñen feitonesta tribuna, tanto a voceira do Bloque Nacionalista Gale-go, a señora Paz Franco, como a señora Sestayo, sobre ogran esforzo que ten feito o Grupo Parlamentario Popularpor acadar un consenso, por introducir e por achegar postu-ras e mesmo aprobar moitísimas das emendas que teñen pre-sentadas os grupos, porque cremos que ese é o papel quedebemos de xogar os políticos neste momento.

Debemos de xogar un papel institucional importantísimo, acidadanía así o está a pedir, está pedindo que deixemos a unlado as nosas liortas partidistas, que deixemos a un lado todoaquilo que poida favorecer ou que creamos que favorece osnosos intereses electorais, en aras de conseguir acordos parafavorecer os intereses xerais dos galegos e das galegas, queá fin e ao cabo é para o que estamos aquí, e á fin e ao cabo

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

19

Page 20: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

é a quen representamos, e á fin e ao cabo eles son os quequeren que lles resolvamos os problemas. E resolver os pro-blemas é iso, é intentar chegar a puntos de encontro onde aomellor nun principio non había. E por iso –insisto– queroagradecer ese recoñecemento público que teñen feito as dúasvoceiras de cara a conseguir un consenso.

Pero non só intentamos chegar a un consenso nesta norma,dicíase aquí que case sen precedentes nesta Cámara. Bueno,eu quero dicir que non é certo. O Grupo Parlamentario Popu-lar sempre ten a man tendida ao consenso, o Grupo Popularsempre será o último en levantarse dunha mesa de negocia-ción e o Grupo Parlamentario Popular sempre ten a inten-ción e o interese de chegar a acordos. Temos a maioría abso-luta da Cámara, poderiamos tela aplicado para aprobar estanorma tal cal a presentamos, pero non, o noso interese eraque todos os grupos fixeramos, foramos partícipes desta lei,ao igual que doutras lexislacións e doutras materias quedebatemos no día a día do Parlamento: proposicións non delei en materia de turismo, de cultura, de educación, de sani-dade, en definitiva, as cousas que preocupan aos galegos eás galegas.

Ben, pois chegamos a importantes acordos ao longo da tra-mitación parlamentaria, fundamentalmente co Partido Socia-lista, xa que entre as emendas que aceptamos e as que forontransaccionadas pois chegamos a acordos en case o 50 % daspropostas socialistas, nunha proposición de lei que pretendeun texto lexislativo de vinte e oito artigos, dos que mudamoso texto en trece, é dicir, case a metade, nunha das tres dispo-sicións transitorias e nunha das dúas disposicións derradeiras.

Como dicía, unha vocación de diálogo que se iniciou coalexislatura do presidente Feijóo, pero que tamén el nos pediua todos os grupos no derradeiro debate do estado da Auto-nomía. E insisto: nós seguiremos facendo esforzos impor-tantes para chegar a acordos en todas as materias que preo-cupan aos galegos, e será unha constante no día a día do Par-tido Popular.

Incorporamos propostas que, por outra banda, non son cues-tións menores, que nalgúns casos pois ás veces se di que,bueno, pois que se aceptan cuestións que non son de espe-cial importancia, que queremos facer un guiño á oposición,pero que en realidade non entramos nos temas importantes.Neste caso, non.

En primeiro lugar, pasamos de exixir unha experiencia pro-fesional para os membros do Consello Consultivo en doceanos a dez anos. Tiña unha lóxica, e era que nós intentaba-mos harmonizar coa lexislación vixente para os membros doConsello de Contas, que estaba establecida en doce anos deexperiencia; pero ben, chegamos ao acordo de deixalo endez anos.

E, ademais, pois introducir que non só a experiencia foserelacionada co Dereito Tributario, Constitucional e Admi-nistrativo, que en realidade son as cuestións que máis sedebaten no Consello Consultivo, son as cuestións do día adía do Consello Consultivo. Pasamos por consensuar co Par-tido Socialista unha emenda na que incluïamos dereitopúblico en xeral.

E aquí si que lle quero facer unha precisión á señora Díaz,porque xa fixo o mesmo na comisión. Ela insiste en quepoñemos “dereito internacional público”, e non é así, señoraDíaz. No ditame da ponencia non se fala de “dereito inter-nacional público”, aínda que é unha cuestión importante,porque os ditames do Consello Consultivo fanse sobre lexis-lación autonómica; evidentemente, a lexislación europea nosafecta, e moitísimo. Por tanto, tampouco sería unha expe-riencia a desbotar para unha persoa, un conselleiro ou con-selleira, do Consello Consultivo. Pero, en calquera caso,abrimos a posibilidade de que non só fosen estas tres disci-plinas de dereito público, senón calquera outra disciplina dedereito público.

Tamén fala vostede da responsabilidade patrimonial, e amaioría... (A señora Díaz Pérez pronuncia palabras que nonse perciben.) –gustaríame que non me interrompera porqueeu non a interrompín, señora Díaz–. A responsabilidadepatrimonial da Administración é unha cuestión de DereitoAdministrativo; se ben é certo que na responsabilidade patri-monial se vostede quere pedirlle a responsabilidade patri-monial a un médico terá que ir pola vía civil, pero se voste-de quere pedir a responsabilidade patrimonial da Adminis-tración terá que ir polo Dereito Administrativo. E iso, endefinitiva, é o que se está a falar nos ditames, e por iso inclu-ímos unha restrición, que eran os 30.000 euros. E iso tenunha lóxica, e a lóxica é que para acudir ao Tribunal Supe-rior de Xustiza a lexislación vixente require ese tope, esemínimo de contía, que son 30.000 euros. Pero –insisto–seguimos consensuando e seguimos chegando a acordos e

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

20

Número 6322 de abril de 2014

Page 21: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

introducimos tamén a posibilidade de reclamar ás entidadeslocais por un importe de 15.000 euros. Unha cuestión quenon estaba na lei e que creo que satisfixo a todos os grupos.

Tamén acordamos o proceso de nomeamento dos consellei-ros e conselleiras electas polo Parlamento cunha compare-cencia na comisión correspondente, que analizara a idonei-dade do candidato ou candidata, previa proposta proporcio-nal ao Pleno e ao seu nomeamento pola Presidencia daXunta. Así mesmo, tamén consensuamos a elección da Pre-sidencia do Consello Consultivo de entre os seus membrosou pola Presidencia da Xunta en caso de non acadar a maio-ría absoluta no prazo dun mes. Introducimos a posibilidadede remoción do cargo por resultar condenado por delitodoloso, seguindo a estela das leis que se están aprobando nosúltimos tempos. Concretamos o que afectaba o deber desegredo e aqueles temas ou materias concretas que esteandirectamente relacionadas con asuntos sometidos ou quedebe coñecer o Consello. E neste sentido, señora Sestayo,recollemos exactamente o texto da súa emenda; non é quetransaccionaramos, é que recollemos exactamente o texto dasúa emenda.

E cando aquí se fala de censura hai que explicar que non éasí, o que se pretende co deber de segredo é algo incuestio-nable en moitísimos órganos colexiados, como son o Conse-llo da Xunta, o Consejo de Ministros, as xuntas de gobernolocais e mesmo os profesionais do dereito, da medicina e demoitísimas disciplinas, que están obrigados a gardar o deberde segredo. E o que se pide na Lei do Consello Consultivo éque as cuestións que se estean debatendo no Consello debande ser debatidas no Consello e teña que manterse o segredodentro do Consello. E que sexan os membros do Consello osque decidan se ese debate ou se esa ponencia ou conferencia–que vostede di– pois se é oportuno que se faga nesemomento ou non, porque o Consello é un órgano colexiadoe non pode un membro do Consello Consultivo ir por librefalar de cuestións que se están a debater dentro do Consello.Porque para iso ten a posibilidade de formular un voto par-ticular no mesmo seo do Consello e no mesmo ditame doórgano colexiado.

O artigo 12, sobre ditames preceptivos, tamén sufriu impor-tantes modificacións froito do consenso, tales como o relati-vo ás responsabilidades patrimoniais. Como lles dicía, os15.000 euros nas entidades locais.

Introdúcese tamén como facultativo o ditame sobre a modi-ficación dos instrumentos de planeamento urbanístico regu-lados por lei cando tivesen por obxecto unha diferente zoni-ficación no uso urbanístico do solo rústico especial, dosespazos libres e nas zonas verdes destinados como dominiopúblico do plan.

Tamén acordamos a elaboración dunha memoria anual, quese elevará ao Consello da Xunta, e dela darase conta a esteParlamento. Unha demanda que faciamos ao longo destesúltimos anos todos os grupos cada vez que comparecía naCámara a presidenta do Consello Consultivo a presentar osorzamentos. E en moitos casos sempre todas as voceiras–neste caso eramos mulleres– falabamos da necesidade dapresentación desa memoria anual, e agora incorporámolapor lei.

Tamén precisamos o papel da Secretaría Xeral do Consello,xa que non quedaba o suficientemente claro se tiña ou non odereito ao voto, aceptando unha emenda do Bloque Nacio-nalista Galego, que creo que quedou suficientemente claro.Ou integrar no corpo de letrados a posibilidade de que for-masen parte del os letrados do Parlamento de Galicia.

E mesmo transaccionamos co Grupo Mixto –ao que eutamén lle quero agradecer esa transacción– unha emendaque facía referencia á incorporación de criterios de paridade.E digo que transaccionamos a emenda porque, se ben é certoque o Partido Popular considera importante e necesario quese introduzan criterios de paridade, cando a extracción dosmembros do Consello Consultivo é de diferentes órganos–dous nomeados polo presidente da Xunta e tres polo Parla-mento de Galicia, e deses tres na proporción dos grupos aquírepresentados na Cámara– é de difícil cumprimento a nor-mativa en materia de igualdade de 40-60. Pero o que si cre-mos importante é que se procurará atender a criterios deparidade, e agradezo –insisto– ao Grupo Mixto esa xenero-sidade de transaccionar esta cuestión.

Tamén nos gustaría, señora Sestayo, poder chegar a algúnacordo na emenda 26, xa que é máis un tema formal queoutra cousa. Porque se ben é certo que no día de hoxe estáregulado no Regulamento do Consello Consultivo, non éunha cuestión –como dicía vostede– de falta de transparen-cia, porque, ao contrario, no regulamento especifícase quetodos os ditames poderán contar e poderán recadar todos os

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

21

Page 22: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

informes necesarios para a súa elaboración. Agora mesmoresúltanos de imposible aceptación xa que vostedes non amantiveron viva para o pleno. Vostedes mantiveron vivas asemendas 12, 13, 18 e 31, pero a 26 –á que vostede lle deutanta importancia– non quedou viva para este debate. Portanto, –insisto– aínda que era unha cuestión puramente for-mal e na que –créame que a estudamos con interese despoisdo debate que tivemos en comisión– resulta agora difícilpoder aceptala.

Ben, creo que entre todos conseguimos facer unha lei quepretende un órgano especialista de alto nivel xurídico e paradepurar a calidade técnica nos actos nos que interveña aComunidade Autónoma, e quedou afastada a fantasma doInforme Cora do que aquí no debate á totalidade se falou.Creo que quedou absolutamente claro que a intención daComunidade Autónoma non só era facer o que o InformeCora mandaba, senón todo o contrario: reforzar a institucióne reforzar o autogoberno, se podiamos. E creo que chegamosa unha lei que o fai, que fai un Consello Consultivo máis efi-caz, máis eficiente, que reforza a institución e con ela todossaímos ganando. Por iso espero que todos os grupos voten afavor desta lei porque non facelo sería darlle a razón a eseInforme Cora, porque noutras comunidades autónomas si seestán a suprimir consellos consultivos.

Eu –insisto unha vez máis– agradezo as palabras das vocei-ras, que recoñeceron o grande esforzo que fixo o PartidoPopular por chegar a un consenso e por chegar a puntos deencontro.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraPrado.

Rolda para definirse sobre as emendas.

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, seño-ra Paz.

A señora PAZ FRANCO: Grazas, señor presidente.

Quixera empezar esta segunda intervención manifestandoque o Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego,froito dese esforzo feito polo Grupo Parlamentario Popular

pero tamén polo resto dos grupos parlamentarios para aca-darmos os máximos consensos posíbeis para mellorar estafutura Lei do Consello Consultivo de Galiza no máximoposíbel, e tendo en conta tamén que un dos principais ele-mentos en contra que tiñamos nós da toma en consideracióndeste texto no seu momento inicial, que era que puidésemosestar detrás dunha conivencia, dunha colaboración con esaproposta do Informe Cora de eliminar órganos de controldas distintas comunidades autónomas, e que se esconxuradefinitivamente con esta iniciativa –do cal nós, desde logo,nos congratulamos–, dicir que, froito dese esforzo, o Blo-que Nacionalista Galego –que como xa dixen anteriormen-te votou en contra da toma en consideración desta iniciati-va– anuncia que nos imos abster na parte final desta vota-ción, na votación ao texto articulado, por tres razónsfundamentais, que intentei explicar con anterioridade, quexa explicamos na Comisión e que resumirei moi brevemen-te a continuación.

Non sen antes dicir que, efectivamente, tamén na primeiraintervención non me deu tempo de poñer en valor a transac-ción feita coa emenda do Grupo Mixto. Se ben nós cremosque en relación coa paridade, sendo difícil establecer a obri-ga de cumprir os criterios de paridade nos tres membros queson elixidos polo Parlamento a proposta dos distintos gruposparlamentarios, si que se podía ter sido máis estrito en rela-ción cos dous membros que son propostos polo presidenteda Xunta de Galiza, onde aí si que podiamos ter posto taxa-tivamente no texto que eses dous deberían cumprir cos cri-terios de paridade. Pero aínda así agradecemos que final-mente esta emenda puidera ter sido transaccionada e que undos criterios que se establece na lei para o nomeamento dasdistintas persoas que han de integrar o Consello Consultivosexa o da paridade de xénero.

As tres cuestións que impiden que o Grupo Parlamentario doBloque Nacionalista Galego vote afirmativamente este textoteñen, por un lado, que ver coa redacción definitiva dos arti-gos 12 e 13, que se ben, efectivamente, houbo algún avancesi que non me atrevería a dicir que houbo unha modificaciónsubstancial deses artigos. E dígoo especialmente en relacióncon tres cuestións: unha, a cuestión xa antes sinalada dasreclamacións patrimoniais, que nós seguimos defendendoque ese límite de 30.000 e 15.000, respectivamente, para aAdministración autonómica e a Administración local, éexcesivamente restritivo no que se refire ao exercicio dese

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

22

Número 6322 de abril de 2014

Page 23: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

dereito xurídico por parte dos cidadáns. En relación con queo ditame referido a modificacións urbanísticas, que teñennada máis e nada menos que ver con cambios relativos asolos especialmente protexidos para outros usos urbanísti-cos, o ditame sexa –como dixen anteriormente– preceptivo enon facultativo. Estas cuestións –digamos– en relación cosartigos 12 e 13 serían os principais escollos que nos separandese voto favorábel.

Outra cuestión que nos afasta desa posibilidade é a que tenque ver –e xa a dixen con anterioridade– co establece-mento, con limitar por lei as retribucións máximas ás queteñen dereito os membros do Consello Consultivo. Cre-mos que non é compatíbel con ese esforzo que estamospedíndolle reiteradamente, exixíndolle –diría máis ben–ao conxunto da sociedade de recortes salariais, de recortesde dereitos, de recortes de servizos públicos, que, senembargo, non aproveitemos esta lei para fixar no seu pro-pio articulado un tope máximo das retribucións dos mem-bros do Consello Consultivo, e que, en todo caso, cremosque nunca deben superar as de secretarios xerais da Xuntade Galiza.

E a terceira cuestión que cremos que sería moi relevanteintroducir nesta lei é a que xa manifestamos con anteriorida-de referida a ese xesto que podería exteriorizar que desdeGaliza lle empezamos a poñer freo a esa porta xiratoria quepermite que os altos cargos e os ex altos cargos circulenindistintamente entre a defensa...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, por favor.

A señora PAZ FRANCO: ...de intereses privados e públicos,que circulen indistintamente entre a defensa dos seus pro-pios intereses e o que debera ser o interese público. Nós cre-mos que, desde logo, se debe limitar a posibilidade de acce-so dos membros natos dos ex presidentes da Xunta de Gali-za a este órgano a un ano desde a expiración do seu mandato.Eu, desde logo, non sei que lles parecería ás señoras e seño-res deputados se o señor Felipe González despois de estar noconsello de administración dunha grande empresa eléctricapuidera volver ao Consello de Estado –e así o fixera– emitirditames que en moitos casos igual poden ter que ver cosintereses desa mesma empresa eléctrica.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señora Paz.

A señora PAZ FRANCO: Nós, desde logo, cremos que en Gali-za debemos preservar para que iso non ocorra.Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señora Paz.

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda,señora Díaz.

A señora DÍAZ PÉREZ: Ben, o problema coido que non está,señora Paz, en que o señor Felipe González e Aznar, entreoutros, estean no Consello de Estado, senón que estean enconsellos de administración nos que non deben de estar.

Ben, a verdade é que hai que facer algunhas reflexións.Primeira cuestión: eu, francamente, é que non sei que ren-dibilidade partidista en termos electorais pode ter defen-der un determinado modelo do que debe ser o máximoórgano de asesoramento do noso país, non o sei; se tenalgunha rendibilidade partidista electoral que ma expli-quen porque igual estou confundida. Pero, dende logo, aífóra na rúa están falando dos salarios e do paro, non estánfalando da reforma do Consello Consultivo, que é certoque incorporou como un debate no debate do estado danación o señor Feijóo, pero coido que aí fóra –insisto–non lle preocupa a ninguén. Por tanto, non sei cal é oobxecto deste debate.

Si facer unha pequena reflexión despois das laudatios queaquí se fixeron. Eu vou citar amablemente ao profesor JosepFontana, e el di que, efectivamente, opera o consenso comounha estratexia de dominación. ¡Coidado cos consensos!,porque ao final probablemente o profesor Fontana teñarazón e acabemos no que hoxe aquí ten acontecido.

E, en terceiro lugar, xa que se falou aquí de consensos e deautogoberno, creo que vai ser un bo motivo o seguintedebate. Pois imos ver aí se defendemos o autogoberno oudefendemos as institucións do noso país, ou estamos aoutras, que seguramente veremos como estamos a outras enon exactamente a defender o autogoberno e as nosas insti-tucións.

No que atinxe a algunhas das cuestións que se teñen aquídebatido, dende logo, a Alternativa Galega de Esquerda vaiamosar a súa discrepancia respecto delas. E a primeira delas

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

23

Page 24: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

é que non imos compartir –como xa dixen– algunhas dasemendas que se teñen transaccionado.

E vou falar particularmente da primeira delas, do artigo 1 doGrupo Mixto, esa fórmula, señor vicepresidente, de que pro-curará acadar a paridade. Insisto: as lexislacións de practica-mente os consellos consultivos, pero vou falar dun, Andalu-cía, exixe a paridade nos órganos consultivos. Non serve eserazoamento que se está dando habilmente por parte do Par-tido Popular de que non se pode cumprir por mor da extrac-ción da que proveñen; é dicir, os que veñen de fóra e os queveñen do Parlamento. Como sabe vostede, señor vicepresi-dente, mellor ca min, hai elementos correctores ex post paragarantir a paridade no órgano se é que estamos ou se esta-mos de acordo en garantir a paridade. Por tanto, era tan sin-xelo como exixir a paridade nese órgano. Aí nós tiñamos aemenda nese sentido exactamente igual que está recollido noConsello Consultivo de Andalucía, e ex post incorporar ele-mentos de corrección cando as persoas que proveñen defóra, efectivamente, non acaden esa paridade.

Pero, en segundo lugar, eu volvo ler o texto da ponenciada redacción do artigo 4 no que atinxe ao deber de segre-do. O único que se ten mudado é xustamente unha frasefinal que foi transaccionada co PSdG, que antes dicía:“sobre temas ou materias concretas que estean directa-mente relacionados coa súa función institucional”, e agoradi: “sobre temas ou materias concretas que estean directa-mente relacionados con asuntos sometidos ou que debecoñecer o Consello”. Insisto en que nesta redacción semantén o que ten que ver con manifestacións públicas,valorativas, orais ou escritas, ou formular do mesmo modoopinións científicas sobre temas ou materias concretas queestean directamente relacionados con... Isto, señoras eseñores do Partido Popular, é censura; señor Pedro Puy, écensura. Foi consultado, de verdade, con moitísimos pro-fesores compañeiros seus, e profesoras, e están asombra-dos. Isto é censura. E se non é así, asuman a nosa emenda12, efectivamente, da Alternativa Galega de Esquerda:haberá deber de segredo mentres non sexan resoltos estesasuntos. Por outra banda, non estamos nun tribunal, esta-mos nun órgano de asesoramento. Por tanto, se non haiproblema nesta redacción, asuman a emenda da Alternati-va Galega de Esquerda e eliminen esa parte convulsa queten que ver con non poder formular aspectos científicos oudoutrinais. Tan sinxelo como iso.

Por outra banda, efectivamente, falabamos de que o grosodas materias que van ao Consultivo teñen que ver xusta-mente coas reclamacións de expedientes de responsabilida-de patrimonial da Administración, pero con coletilla...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, por favor.

A señora DÍAZ PÉREZ: ...–e remato, presidente– “por recla-macións sanitarias”. E eu aquí foi cando falei dun civilista,co que probablemente eu non concorde ideoloxicamente conel, pero que non discutiremos que é un dos mellores espe-cialistas do Estado en materias de reclamacións sanitarias, evén do mundo civil, Bello Janeiro. Eu non sei por que estexurista non pode formar parte dun órgano e ten que ser nes-gado ao dereito público. Non compartimos, non pasa nada;se somos minoría, non sucede nada, de verdade, non pasanada. ¿Vostedes queren que sexa un órgano nesgado cara aodereito público? Fagan ese órgano, xa o van facer, non haiproblema; é dicir, non teñan inconveniente.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, por favor.

A señora DÍAZ PÉREZ:Agora, nós non o compartimos, e seráa única lexislación de todo o Estado que, efectivamente, xireou pegue esta viraxe.

E remato xa. Dende logo, nós non imos compartir este texto,pediremos a votación dalgunhas emendas transaccionadaspor separado e seguramente despois falaremos de autogo-berno. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señora Díaz.

Grupo Parlamentario Socialista, señora Sestayo.

A señora SESTAYO DOCE: Ben, insistir –grazas, presidente–na cuestión do artigo da emenda número 26, que como dicia-mos ao principio é cuestión dun erro no mantemento, un errohumano, e que, polo tanto, parece que si existe vontade polí-tica de transaccionar unha cuestión que non entorpece paranada, senón que mellora –e estamos de acordo en que mello-ra– o texto da lei e favorece que o Consello Consultivo teñaas súas atribucións mellor garantidas ou o desenvolvementoda súa función. Pois a ver se acadamos unha fórmula paraque precisamente o debate parlamentario non sexa un límitepara mellorar os textos, senón todo o contrario.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

24

Número 6322 de abril de 2014

Page 25: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Efectivamente, acábanse de sinalar algunhas cuestións sobreas que o Grupo Parlamentario Socialista quere pronunciarse.Insistimos: respecto da actividade que se falaba, eu non voufalar especialmente do señor Bello Janeiro, pois non teñoespecial interese –non por nada, tampouco, quero que quedeclaro–. En todo caso, tal e como queda a redacción, querodicir que o texto nin sequera, como antes se falaba, non falade titulación específica, senón que fala de que tivera dezanos cargo, función, ou actividade profesional relacionadaespecificamente con aquelas especialidades. Cremos, deverdade, que esta redacción é ampla, interpretativa no senti-do das funcións, que parece lóxico que estean relacionadasco Consello Consultivo, o que non pode ser é que a titula-ción poida ter cuestións que nada teñan que ver coa funciónpara a que están chamados ao Consello Consultivo. Iso pare-ce que non estaría dentro da racionalidade do espírito que sepretende cando queremos que se informe con rigor ou que sefaga con rigor un control previo da legalidade.

Respecto da cuestión da paridade, sobre a que obviamente oGrupo Parlamentario Socialista está fondamente preocupa-do, cremos que non cabe esquecer unha cuestión: a Lei deigualdade segue vixente, e calquera cuestión, calquera leique se aprobe non derroga, nin podería –xa non o intenta–, aLei de igualdade. Polo tanto, a Lei de igualdade ten quecumprirse tamén nesta lei, como a Lei de igualdade no tra-ballo ten que cumprirse toda vez que non está derrogada.Polo tanto, na cuestión da paridade está aceptada a transac-ción co Grupo Mixto, e tamén nós votamos a favor respectoda potenciación da paridade para que conste especificamen-te, pero que ademais é un mandato legal por mor da vixen-cia da Lei de igualdade.

Respecto das emendas dos outros grupos, entendemos que oGrupo Parlamentario Socialista non vai obstaculizar que sepoida aceptar calquera das emendas que establece o GrupoParlamentario do BNG, nin o Grupo Parlamentario de AGE,toda vez que ademais na inmensa maioría dos casos coincidi-mos na formulación, ben sexa con matices que fan referenciaao desenvolvemento do Consello Consultivo, ben sexa ásveces en períodos ou en prazos, ou ben sexa respecto de dife-rentes redaccións que en nada entorpecen o conxunto e onúcleo do texto. Polo tanto, votaremos a favor desas emendas.

En todo caso, xa anunciamos ao Grupo Parlamentario Popu-lar que o Grupo Parlamentario Socialista votará a favor do

texto consultivo, insistindo en que en busca dese consensoque si que lle vou dicir, señora Prado, é certo que agradece-mos o consenso, o intento de consenso, o esforzo polo con-senso mantido polo Grupo Parlamentario Popular respectodesta lei, da aceptación da metade ou xa máis da metade aomellor das emendas do Grupo Parlamentario Socialista, peroespero que tamén vostede recoñeza o esforzo dos outros gru-pos para faceren un texto dunha institución da que deberia-mos estar á altura. É a responsabilidade que nos pedían nascomparecencias o propio Consello Consultivo, porque é unórgano de Galicia, é un órgano para a autonomía de Galicia,non é un órgano de ningún partido en xeral. E deberiamosfomentar máis este diálogo, estes debates, non de présa ecorrendo, senón vendo o que é mellor para os intereses deGalicia e para os intereses das galegas e dos galegos.

E, polo tanto, este Grupo Parlamentario Socialista unha vezque se ten aprobado por parte do grupo maioritario todos ecada un dos aspectos que considerabamos fundamentais paraa vixencia desta lei, para a aprobación desta lei, anunciamoso noso voto favorable. Iso si, solicitando, se é posible, aaceptación da emenda número 26.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señora Ses-tayo.

Grupo Parlamentario Popular, señora Prado.

A señora PRADO DEL RÍO: Moitas grazas, señor presidente.

Ben, á vista do debate é evidente que son moitos os puntosnos que nos encontramos e moi poucos nos que non puide-mos aproximar posturas. A verdade é que me sorprende moi-tísimo a actitude do Bloque Nacionalista Galego, pois, seño-ra Paz, tivo que facer vostede un exercicio de malabarismopolítico para xustificar a abstención, porque di vostede quehai tres cuestións importantes que lles impiden votar a favora lei.

Unha é a das reclamacións patrimoniais. Creo que todos osgrupos, e a min non me custa recoñecer que o esforzo non sófoi por parte do grupo maioritario, senón que todos os gru-pos cederon, pero, efectivamente, cedemos nunha cuestiónimportante. Vostede sabe que o Consello do Estado ten fixa-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

25

Page 26: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

da a limitación en 50.000 euros, creo que 30.000 era unhacuestión razoable, e ademais incorporamos os 15.000 eurospara as entidades locais. Por tanto, creo que non se sosténesa solicitude súa.

En canto á retribución dos membros, esta está fixada polaLei de orzamentos. A Lei de orzamentos fixa a retribucióndos membros do Consello Consultivo. Por tanto, a transpa-rencia é absoluta, e a fixación aí está.

Vostede di que tamén hai que poñer un freo á porta xiratoria.Mire, a experiencia dun presidente da Comunidade Autóno-ma non caduca. E porque vostedes digan que ten que entrarno Consello Consultivo como máximo un ano despois de tersido presidente da Xunta e non pasar pola empresa privada,a nós parécenos que calquera outra experiencia a maioresenriquece as persoas. E, por tanto, non iriamos á proposta daAlternativa Galega de Esquerda, que propón que sexa vitali-cio, pero tamén a súa proposta restritiva dun ano nos pareceexcesiva. Porque –insisto– a experiencia do presidente daXunta non caduca en ningún caso e, ademais, se durante esetempo está sexa na empresa privada, sexa na función públi-ca, en calquera caso, calquera desas experiencias son enri-quecedoras para o posto. Polo tanto, non entendo o seu votoe sinto moitísimo que non voten a favor, porque creo que sechegaron a moitísimos puntos de encontro, sobre todo coBloque Nacionalista Galego.

Tamén co Partido Socialista. Ben, nós insisto en que a von-tade de consenso, incluso na emenda 26, segue aberta, esta-remos pendentes do que nos digan os Servizos Xurídicos daCámara.

Ao que si me gustaría facer referencia é a algunhas cuestiónsque planteou a voceira da Alternativa Galega de Esquerda.Dicía ela ao principio do seu discurso que semella que nonera un debate interesante, pero que para eles si o era. Pois,mire, para o Partido Popular non só é un debate interesante,senón que é un debate importante, porque así o temos reco-llido nas nosas propostas electorais. Pero é que ademaisresulta chamativo que a un grupo nacionalista e soberanistalle importe moi pouco o mantemento das institucións deautogoberno. Dixo vostede aquí que isto non lle importa aninguén. Mire, introducimos cuestións en materia de urba-nismo, que si lle importan á xente; introducimos cuestiónsen materia de responsabilidade patrimonial, sobre todo

reclamacións aos médicos, que tanto lle preocupa a vostede,preocúpalle á cidadanía. Por tanto, eu quixera saber se aosmembros de Anova non lles preocupa o mantemento das ins-titucións de autogoberno. A nós, a verdade, é que nos resul-tan sorprendentes as súas manifestacións nesta tribuna.

En canto a se teñen que ser civilistas ou administrativistas.Ben, a min gustaríame saber, señora Díaz, que lle pareceríaa vostede un Consello Consultivo formado por cinco civilis-tas, aínda que todos foran... (Pronúncianse palabras que nonse perciben.)

Señor Beiras, eu agradecería que me deixara falar porquevostede non está no debate...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Silencio, por favor.

A señora PRADO DEL RÍO:Vén constantemente aquí interrom-per e vén vostede constantemente aquí rebentar o debate.

(O señor Beiras Torrado pronuncia palabras que non seperciben.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Silencio, por favor.Silencio, por favor.

Señor Beiras, señor Beiras... (O señor Beiras Torrado pro-nuncia palabras que non se perciben.) Señor Beiras, nonestá no uso da palabra.

A señora PRADO DEL RÍO: Dicía, dicía, dicía que que lleparecería con cinco civilistas, incluso da talla do señor BelloJaneiro, destacado militante do Partido Popular.

Pero si me gustaría dicir algo sobre o segredo. Que vostedefale de censura no artigo do segredo, mire, non. Lea o artigoe o artigo di que é o órgano, que son os membros do Conse-llo Consultivo os que deciden se un membro pode pronun-ciarse externamente sobre unha cuestión que se está a deba-ter dentro do propio órgano. Non é o Goberno o que decidese ese membro do órgano do Consello Consultivo pode ounon falar dunha cuestión; son os membros do propio órganodo Consello Consultivo.

Ben, eu podería dicirlle moitas máis cousas, señora Díaz,como ten falado o señor Xabier Toba en recentes declara-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

26

Número 6322 de abril de 2014

Page 27: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

cións de que non quere estar nunha organización sectaria epouco democrática. (Pronúncianse palabras que non se per-ciben.) E nós censura ningunha, nós falamos do deber desegredo...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, por favor.Remate.

A señora PRADO DEL RÍO: ...do deber de segredo que imperaen todos... (O señor Beiras Torrado pronuncia palabras quenon se perciben.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Señor Beiras, porfavor.

A señora PRADO DEL RÍO: ...os órganos colexiados emesmo...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Señor Beiras, nonestá no uso da palabra.

(O señor Beiras Torrado pronuncia palabras que non seperciben.)

A señora PRADO DEL RÍO: ...en profesións como dicía antes...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Pídolle, por favor,que deixe a quen está no uso da palabra.

(O señor Beiras Torrado pronuncia palabras que non seperciben.)

A señora PRADO DEL RÍO: Remato.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Non, está rematandoxa a súa cuestión e estaba na cuestión.

Remate, señora Prado.

A señora PRADO DEL RÍO: Remato, remato... (Murmurios.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Señor Fajardo, comode costume, ten unha chamada á orde.

(O señor Fajardo Recouso pronuncia palabras que non seperciben.)

¡Home!, non faltaba máis, unha chamada á orde.

A señora PRADO DEL RÍO: Podo falar do que vostede queira.

Remato como empecei...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Só fastidiaría quenon a tivera. Unha chamada á orde.

A señora PRADO DEL RÍO: ...remato como empecei e non vouconsentir...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, señoraPrado.

A señora PRADO DEL RÍO: ...–si– non vou consentir quenunha cuestión como esta na que houbo un consenso impor-tantísimo por parte de todos os grupos que un grupo en con-creto, que nunca está de acordo con nada, que sempre tenunha opinión destrutiva e apocalíptica, (Pronúncianse pala-bras que non se perciben.) rebente neste momento unhacuestión na que estamos...,

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, por favor.Remate.

A señora PRADO DEL RÍO: ...na que chegamos...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraPrado.

A señora PRADO DEL RÍO: ...a importantes consensos na tra-mitación parlamentaria. E agradezo a todos os grupos...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraPrado. Terminou o seu tempo.

A señora PRADO DEL RÍO: ...o seu apoio e as súas verbas...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Terminou o seutempo, señora Prado.

(A señora Prado del Río pronuncia palabras que non se per-ciben.) (Aplausos.)

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

27

Page 28: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas urxen-tes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 dedecembro, de racionalización e sustentabilidade da Admi-nistración local

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Para presentar o pro-xecto de lei ten a palabra o vicepresidente e conselleiro dePresidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O señor VICEPRESIDENTE E CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA,

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA (Rueda Valenzuela):

Moitas grazas, señor presidente.

Señorías, inicia hoxe o Pleno desta Cámara o debate dunhalei que é certo que é concisa e concreta e mesmo breve encomparación con outras; ten once artigos, cinco disposiciónsadicionais e tres disposicións derradeiras. E tamén, dendelogo, é unha lei singular, pois é a primeira lei en abordar noámbito dun Parlamento autonómico o que consideramos queé algo necesario e inaprazable, que é a adaptación da refor-ma local imposta pola Lei 27/2013 ás peculiaridades da nosacomunidade autónoma. E como pensamos que as temos cre-mos que é obrigado facer esta adaptación.

É un feito que dende o pasado 31 de decembro está vixentea Lei 27/2013, de racionalización e sostibilidade da Admi-nistración local, chamada así. É certo tamén que esta vixen-cia abre un novo escenario que implica cambios substantivosen moitos eidos da Administración local e, especialmente,no da distribución de competencias entre as diferentes admi-nistracións que actúan en cada comunidade autónoma e,polo tanto, en Galicia.

É verdade tamén que existen previsións nesta Lei 27/2013que son de aplicación diferida ou condicionada e, polo tanto,aínda non son efectivas. Pero tamén é certo que esta lei con-templa mandatos, contempla previsións que son e estánsendo xa de directa aplicación dende que entrou en vigor alei e, polo tanto, están afectando no día a día as entidadeslocais e as súas relacións coas outras administracións, espe-cialmente da Xunta de Galicia. E, polo tanto, cremos que épertinente e, sobre todo, responsable traer hoxe aquí estanorma.

Polo tanto, señorías, esta lei de medidas urxentes nace, tráe-se aquí cunha clara vocación práctica, cunha clara vocación

explicativa e cunha clara vocación aclaratoria para resolvertodas as dúbidas e todas as cuestións que teñen xurdidodende a entrada en vigor da lei básica estatal. Xorde, polotanto, en resposta ás demandas de criterios interpretativos,de criterios certos e de criterios homoxéneos. Polo tanto,buscamos garantir a normal continuidade dos servizos muni-cipais e, en definitiva, queremos que surta efectos inmedia-tos e, sobre todo, con plena seguridade xurídica. Este é o pri-meiro obxectivo desta norma, pero non é único.

Creo que esta lei tamén achega unha segunda lectura que tenseguramente un alcance máis fondo. Con esta norma preten-demos plasmar os principios que van orientar tanto os conti-dos da nova Lei de Administración local de Galicia como dalexislación sectorial que de aquí en adiante vaia aprobando aComunidade Autónoma e que sexa de aplicación ás entidadeslocais. Estes principios, que cremos ademais que quedanplasmados xa neste proxecto que hoxe se trae aquí, son os deabsoluta reafirmación da vixencia da autonomía municipal, ecremos ademais que esta autonomía debe partir dun abano decompetencias propias, relevantes en ámbitos de intereselocal. Tamén manter o principio de que a xestión compartidade servizos entre a Comunidade Autónoma, a Xunta de Gali-cia, e os concellos, debe seguir; é un modelo contrastado demoitos anos de dilixencia e que ten sen dúbida achegadonumerosos beneficios aos veciños e ás veciñas de Galicia. Etamén defender o principio de que é necesario defender asparticularidades do noso tecido local –particularidades xeo-gráficas, administrativas, socioeconómicas, de dispersiónpoboacional–, que existen e que, polo tanto, non deben serignoradas, senón antes ben ao contrario aproveitadas.

E, polo tanto, con estas premisas e con estes principios osServizos Xurídicos da Xunta de Galicia en diálogo coaFederación Galega de Municipios e Provincias tentaron –epenso que o conseguiron– traballar coa máxima axilidadepara elaborar un texto que ten que ser necesariamente, por-que é obrigado, respectuoso coa lexislación básica, perotamén ten que ser –e isto é o máis importante– un texto queresponda ao necesario exercicio activo e responsable dascompetencias que sobre o exercicio de moitos servizospúblicos lles corresponden á Xunta de Galicia e ás propiasentidades locais.

Señorías, esta norma nace coa vocación de comprometersecoa eliminación de duplicidades e coa sostibilidade finan-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

28

Número 6322 de abril de 2014

Page 29: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

ceira non só dos concellos, senón tamén da Administraciónautonómica. Polo tanto, pretendemos garantir a continuida-de na prestación de servizos públicos que ata este momentoviñan sendo asumidos polas entidades locais, ao abeiro doque prevía a lexislación autonómica. Polo tanto, en virtudedesta lei que hoxe traemos aquí, as leis galegas que na actua-lidade están atribuíndo competencias aos concellos conti-nuarán a ser plenamente aplicables, e esta é unha aclaraciónque se nos pedía dende a Administración local. E todo elo,por suposto, sen prexuízo de que as novas leis autonómicasque asignen servizos aos entes locais deben contar cun estu-do claro, un estudo do impacto que teñan sobre as facendaslocais, e coa garantía de que non se produce unha duplicida-de na atribución desta mesma competencia a outra Adminis-tración. E, polo tanto, coa garantía de que debe preverse adotación dos recursos necesarios para levar a cabo este novoexercicio competencial.

Regulamos tamén nesta norma o exercicio por parte dasentidades locais galegas de novas competencias distintas dasque lles veñen atribuídas pola lexislación do Estado ou polalexislación da Comunidade Autónoma, e das atribuídas pordelegación. Polo tanto, abordamos con carácter exhaustivo,ademais para deixalo todo claro, a delimitación de que sedebe entender por novas competencias, e iso tamén se nossolicitaba dende o eido local. Intentamos con isto evitar cal-quera clase de dúbida e dotar da necesaria seguridade xurí-dica. E establecemos tamén os procedementos polos que apartir de agora se terá que acreditar a inexistencia de dupli-cidades e a sostibilidade financeira antes de prestar un novoservizo.

Xa digo que o texto achega neste senso unha regulación quepensamos que é precisa, cales son os órganos competentes,cal é o prazo e os efectos da emisión dos informes requiridos,cal debe ser o contido da documentación a presentar e calesson os criterios para a percepción de duplicidades, se é que ashai ou non, e a sostibilidade financeira dos servizos locais.

O proxecto de lei detalla igualmente cal debe ser o procede-mento de delegación de competencias dende a Xunta deGalicia aos municipios, blindando o correspondente finan-ciamento como antes dicía e recollendo todas as garantíaspara o cumprimento das obrigas financeiras que teña queasumir a Administración que se responsabiliza do financia-mento; a Administración delegante á Xunta de Galicia.

Incluímos tamén disposicións especiais sobre a creación deconsorcios e a formalización de convenios –tamén era algoque se nos pedía dende as entidades locais–, precisando oalcance e o contido da cooperación económica, da coopera-ción técnica e da cooperación administrativa entre a Xuntade Galicia e os entes locais galegos. E tamén a adaptacióndos convenios e acordos que xa están formalizados, que xaestán vixentes –xa estaban vixentes cando entrou en vigor alei estatal– aos requirimentos desta reforma que se establecena lei. Esta era unha cuestión importante porque se recibironmoitas consultas e moitas dúbidas sobre este particular.

E, por último, o texto que hoxe presentamos concreta a asun-ción pola Xunta de Galicia das competencias en sanidade, eneducación e en servizos sociais. E aquí interveñen, porsuposto, os requisitos e prazos que se establecen na propialei estatal, na Lei 27/2013, particularmente no que se refireá necesaria e condicionante aprobación dun novo modelo definanciamento autonómico das facendas locais antes de queestas competencias sexan asumidas pola Xunta de Galicia.

Pero tamén se recollen neste texto compromisos que xaestán asumidos no Pacto local, ao que se lles segue dandoconcreción. Por exemplo, axilízase nesta norma o traspaso áXunta dos centros municipais de atención á saúde, estable-céndose unha ratio dun 20 % anual, e comezando xa estaasunción neste ano 2014, e súmanse aos que xa se foron asu-mindo durante estes anos ata completar o 100 % do prazoque establece o texto.

Polo tanto, señorías, pensamos sinceramente que era precisocontar canto antes cunha norma deste tipo. Por iso cremosque era necesario e aplaudimos a súa tramitación pola vía deurxencia, porque cremos que é preciso deixar claro que osconcellos galegos están plenamente habilitados para seguirexercendo competencias como ata o de agora viñan facendoen áreas tan importantes como as políticas de igualdade, deconsumo, de xuventude ou escolas infantís, por citar algun-has. E tamén cremos que era preciso deixar claro que, sennecesidade de ter que arbitrar informes ad hoc en cada caso,nin establecer maiores garantías que as que xa prevé a pro-pia normativa autonómica vixente e as leis de estabilidadeorzamentaria, se poden seguir exercendo estas competen-cias, e ademais no marco dun financiamento compartidoentre as comunidades autónomas e os municipios como oque está vixente actualmente.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

29

Page 30: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Tamén pensabamos que era necesario despexar na maiorbrevidade posible as dúbidas xurdidas respecto a que debeentenderse por novas competencias, e o texto déixao claro.Dicir que son aqueles servizos de nova planta, os que seestablecen con características de nova planta, ou cando seproduce unha modificación substancial –e tamén dicimos oque é modificación substancial– dos que xa se veñen pres-tando.

Tamén se facía necesario, e facémolo nesta lei, regular pro-cedementos e garantías en todos aqueles procesos onde teñalugar unha reubicación competencial en todos aqueles pro-cesos que se produzan a partir deste momento.

Por todo elo –como xa digo– cumpría axilizar esta normacon carácter previo ademais á xa anunciada aprobación,necesaria ademais, da nova Lei de Administración local deGalicia, que xa vén dende o ano 1997. Tamén queda blinda-do este compromiso de facer esta reforma en profundidadeda Lei de Administración local de Galicia, queda blindadonesta lei e vaise materializar inmediatamente despois daaprobación do novo sistema, do novo modelo de financia-mento autonómico local comprometido polo Goberno doEstado, absolutamente imprescindible e sen o cal non teríasentido abordar con seguridade esta reforma en profundida-de do réxime local de Galicia.

Señorías, é coñecido que durante o proceso de elaboración etramitación da reforma local a Xunta de Galicia defendeudiante do Goberno do Estado unha serie de propostas, unhaserie de liñas que ademais coincidían en gran parte na prác-tica totalidade co que defendía o municipalismo galego noseu conxunto. Tamén é certo que algunhas destas propostas,como a eliminación do concepto de custo estándar, a intro-dución de mecanismos para incentivar a cooperación entremunicipios ou a necesidade de condicionar os traspasos aunha lei de financiamento, foron contemplados no texto.Pero igual de certo que isto tamén é verdade que houbooutras consideracións que realizou tanto a Xunta de Galiciacomo o municipalismo galego que non foron tidas en conta.Polo tanto, seguimos pensando que a lei estatal ten aspectosque poden e deben ser mellorados.

Pero tamén é verdade que estamos ante unha normativa bási-ca e, polo tanto, de obrigada aplicación, de obrigado desen-volvemento das normativas autonómicas dentro do marco

que define, e ante isto cabían dúas opcións, as dúas no exer-cicio do autogoberno que lexitimamente nos corresponde:

A primeira era ir a unha postura de conflito. Algúns podíanpensar que era a única saída: interpoñer un recurso deinconstitucionalidade, cruzarse de brazos e esperar a ver sese daba ou non se daba a razón, e mentres os problemas queesta lei que hoxe traemos aquí intenta arreglar se seguiríanproducindo sen ningunha dúbida.

E pensamos, tamén no exercicio do autogoberno, que habíaoutra alternativa, que é a que decidimos exercer: traballarpara articular un encaixe entre unha norma básica –insisto–de obrigado cumprimento e as capacidades que esa propianorma básica e, por suposto, a Constitución española lle atri-búen á Xunta de Galicia en materia de desenvolvemento eadaptación do noso propio réxime local. Cremos que esta eraa vía máis útil, había que garantir mellor o mantemento dunréxime local que siga prestando servizos públicos aos veci-ños. Polo tanto, decidimos dar este primeiro paso, que con-siste –como xa digo– en establecer uns criterios interpretati-vos que actúen con carácter transitorio, con carácter urxen-te, inmediato, de maneira previa á reforma en profundidadeá que antes me referín da normativa autonómica galega. Endefinitiva, o que pretendemos é facilitar a transición ao novomodelo que se deseña na lei básica, pero facilitando algo tanimportante como é o día a día dos concellos.

Escollemos esta folla de ruta. Non somos a única Comuni-dade Autónoma que o ten feito. Castela e León vai aprobartamén a súa propia lei –moi similar á que hoxe presentamosaquí– tras iniciar o proceso; é certo que eles teñen a capaci-dade de elaborar decretos leis e agora chegouse ao acordo coPartido Socialista en Castela e León de tramitala con rangolegal vía parlamentaria como facemos aquí. Tamén o PaísVasco vén de emitir unha circular interpretativa. Nós cremosque por seguridade xurídica é mellor elaborar unha lei, pero,dende logo, busca, coñecido o seu contido, o mesmo obxec-tivo de cualificación e de facilitar seguridade xurídica e o díaa día dos concellos que buscamos dende a Xunta de Galicia.

Pensamos que é unha boa oportunidade para que a través datramitación parlamentaria todos os grupos políticos faganaportacións, se chegue a puntos de encontro e contribuamosa enriquecer un texto legal que en si é moi importante e–como dicía antes– contén os principios do que debe ser a

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

30

Número 6322 de abril de 2014

Page 31: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

reforma da Administración local de Galicia e da lei do ano1997. Eu agardo que poidamos facelo sen perder de vista oprincipal obxectivo –insisto–: garantir o normal desenvolve-mento, o normal día a día das competencias municipais dosconcellos e, polo tanto, o normal desenvolvemento e agarantía da autonomía local.

Insisto en que temos un exemplo cercano no acordo alcan-zado en Castela e León para a tramitación parlamentaria. Aíentenderon por riba das diferenzas que é necesario impulsarunha norma que evite os baleiros e as dilacións interpretati-vas que –como dicía– se veñen producindo dende o primei-ro día, unha norma que clarifique as competencias dos enteslocais e que garanta, en definitiva, os servizos públicos deproximidade.

Cremos que esa é a vía intelixente, a vía realmente constru-tiva: utilizar a capacidade de autogoberno que ten Galiciapara adaptar a normativa básica estatal naquilo que cremosque debe ser adaptado e, dende logo, cremos que debe seloen aspectos substanciais. Ao final, trátase de aunar os intere-ses da Xunta de Galicia cos intereses dos concellos, que enmoitísimas cousas no fundamental penso que son coinciden-tes e, polo tanto, ao final servir mellor aos cidadáns.

Eu agardo sinceramente que aquí sexamos capaces no Parla-mento de Galicia de facelo, agardo sinceramente que porriba de diferenzas políticas nos deamos conta de que é nece-sario dar seguridade xurídica dende o primeiro momento,que neste momento non se estaba producindo, e que a víaintelixente fronte á vía do puro recurso e non facer nadamáis era facer esta norma, en primeiro lugar, e a partir de aítraballar, se pode ser todos xuntos, que agardo que si, enfacer un réxime local adaptado a Galicia, porque Galicia tenas súas diferenzas e teñen que quedar reflectidas na lei queaquí se faga.

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señor vice-presidente.

Rolda de defensa das emendas á totalidade.

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, seño-ra Paz.

A señora PAZ FRANCO: Grazas, señor presidente.

Señor vicepresidente, hai só unha cousa certa ao meu xuízoda súa intervención. Dixo vostede ao comezo que se tratabadun proxecto de lei singular. Desde logo, teño que dicirrotundamente que é singular pola renuncia que fai a Xuntade Galiza ao exercicio das súas competencias, concretamen-te das contempladas no artigo 27.2 do Estatuto de autonomíade Galiza. E tamén que é singular a complicidade da Xuntade Galiza na degradación e espolio que por parte do PartidoPopular desde o Goberno do Estado se está facendo da nosaxa pequena, cativa, magra capacidade de autogoberno. Ésingular, desde logo, o colaboracionismo e a compracenciada Xunta de Galiza con ese espolio que se está facendomesmo de competencias que temos atribuídas como exclusi-vas no noso Estatuto de autonomía. Señor Rueda, aí remataa singularidade.

Mire, esta lei vostede dixo que era para eliminar, creo quedixo literalmente, dúbidas interpretativas e para dar seguri-dade xurídica. Pero ¿quen quebrou a seguridade xurídicaque tiña a Administración local? O Goberno do Estado,señor Rueda. E vostede traendo aquí este proxecto de lei estásendo cómplice do Goberno do Estado. Vostedes son cóm-plices e con este proxecto de lei o que pretenden é botarlleun cabo ao Goberno do Estado para que se poida aplicar esalei infame, a 27/2013, en Galiza plenamente.

E digo que é unha lei infame por catro razóns fundamentaisque xa debatemos aquí en varias ocasións: porque é centra-lizadora, porque é centralista, porque fai un deseño do mapaterritorial e municipal sen ter en conta as nosas característi-cas, e de aí o caos que xera a aplicación da lei. E por iso vos-tedes agora teñen que traer aquí esta chapuza que non é máisque un parche para que o señor Montoro poida quedar tran-quilo e aplicar a lei tranquilamente.

Unha lei infame porque ademais é antidemocrática, porquelles dá todas as capacidades ás institucións máis antidemo-cráticas que existen no Estado español, que son as deputa-cións provinciais, que son ademais –aquí en Galiza temossingulares experiencias– un niño de corrupción e de caci-quismo.

E, finalmente, é unha lei infame porque é unha lei privatiza-dora dos servizos públicos e que intenta uniformizar e con-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

31

Page 32: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

trolar a través do Estado e tamén, utilizando como instru-mento a Xunta de Galiza, establecer un control non econó-mico. Coa escusa do control económico o que pretendenvostedes é establecer un control político sobre os concellospara que desde os concellos non se poidan implementar polí-ticas orientadas a cubrir as necesidades da cidadanía e quequede como única vía posíbel esa submisión aos intereses docapital, aos intereses financeiros, que se consagrou con esamodificación exprés da Constitución.

E o Partido Popular á fronte da Xunta de Galiza, señorRueda, vostede en lugar de presentar un recurso de incons-titucionalidade como se clamaba non só desde os grupos daoposición, senón desde o municipalismo galego, porqueinvade claramente as competencias que temos atribuídas noartigo 27.2 e porque tamén invade un precepto constitucio-nal como é o da autonomía local, vostedes, que tanto defen-den a sacrosanta Constitución, en lugar de presentaren eserecurso de inconstitucionalidade véñennos agora aquí coneste proxecto de lei para intentar resolver ese caos quecreou o Goberno do Estado e ese desaguisado. E, efectiva-mente, a aplicación desta lei ía provocar que en moitos con-cellos non se puidese nin sequera continuar prestando ser-vizos básicos que os concellos actualmente están prestán-dolle á cidadanía.

Por iso, a primeira reflexión que queremos facer desde oGrupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego é que aXunta con esta iniciativa adopta unha postura absolutamen-te compracente coa Lei 27/2013 aprobada polo Goberno doEstado e denota un non exercicio de autogoberno. Perdóemeque llo diga, perdóeme que llo diga con total rotundidade:vostede con isto non está exercendo ningún autogoberno,vostede con isto está deixando que nos rouben o autogober-no. E isto o que implica é unha total e absoluta subordina-ción da Xunta de Galiza á normativa estatal, aceptando xacomo punto de partida que a norma do Estado é unha normade carácter básico e que como tal debe ser asumido polaXunta de Galiza como marco de referencia.

Mire vostede: ¿quéreme explicar que lei de Administraciónlocal di vostede que imos facer unha vez que se aprobe onovo sistema de financiamento?, ¿un corta e pega do que xanos dixo o señor Montoro a través desta lei e do que temosque facer en Galiza? Porque o Estado acaba de birlarnos lite-ralmente o artigo 27.2 do Estatuto de autonomía, e vostedes

veñen aquí pedirnos que desde a oposición aplaudamos ereferendemos que nos quiten as competencias que xa temosatribuídas. Desde logo, por moito que vostedes se esforcentanto na exposición de motivos desta iniciativa como na súaintervención aquí de intentar dicirnos que isto é un exerciciode autogoberno, nós dicimos que isto é un exercicio de sub-misión, un exercicio de submisión ao Estado, ao PartidoPopular, pero tamén un exercicio de submisión a esa vacasagrada da débeda e do déficit cero ao que vostedes teñenhipotecadas todas as políticas do Estado.

Mire, señor Rueda, isto non é máis que unha simple normaaclaratoria ou de aplicación dunha norma aprobada poloEstado. Polo tanto, non pode vostede vir aquí intentar ven-dernos que isto é un exercicio de autogoberno.

A anulación da autonomía local mantense con esta norma. Apesar dos esforzos argumentativos que fixo tanto vostede nasúa intervención como os que fai a propia exposición demotivos para soster que se garante a autonomía local, oúnico certo é que hai e que a través da lei se estableceu unmodelo pechado de competencias. Unha vez que se elimina,ademais derrógase e mantense a derrogación, porque estetexto ata onde eu vexo mantén a derrogación do artigo 28 deLei de bases de réxime local, que era o que permitía que osconcellos asumisen competencias complementarias paraprestaren servizos e para atenderen necesidades dos seuscidadáns. E esta lei impídeo e a que a aprobou o señor Mon-toro, pero tamén a que vostede nos trae aquí asume perfec-tamente esa cuestión.

E a pesar do que vostede dixo aquí, a min gustaríame saberse vostede tivo en conta dúas consideracións, porque estacompracencia e esa submisión da Xunta de Galiza ao Gober-no do Estado, ao que lle din en Madrid no Partido Popularque teñen que facer aquí, non son correspondidas polo señorMontoro. Porque o señor Montoro, primeiro, supoño quevostede coñece as normas interpretativas estas que fixo oMinisterio de Facenda en relación coa Lei de racionaliza-ción, e que contradín o que ten que ver coas competenciasimpropias que teñen asumidas os concellos ou que vostedespretenden facer a través da aprobación desta lei. A min paré-ceme ben que vostedes contradigan neste proxecto de lei aoGoberno do Estado, pero é que o señor Montoro, que émenos leal con vostede do que vostede está sendo co señorMontoro, xa dixo que ía revisar con lupa este proxecto de

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

32

Número 6322 de abril de 2014

Page 33: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

lei, e a el si que non lle vai tremar o pulso en presentar unrecurso ante o Tribunal Constitucional, non para defender assúas competencias, senón para seguir perpetrando o roubodas competencias de Galiza coa súa complicidade, señorRueda, coa súa complicidade. (Aplausos.)

E neste caso non é unha complicidade por omisión, é unhacomplicidade por acción, porque vostedes non só non pre-sentaron o recurso contra a lei do Estado, senón que nostraen aquí este chao chao de lei facéndonos crer que é unexercicio do autogoberno, para darlle todos os plácets aoGoberno do Estado e para permitir e favorecer a plena apli-cación da lei estatal en Galiza, que, desde logo, sen esta leisería de imposíbel aplicación como están dicindo, por certo,alcaldes de todas as cores políticas.

Desde o Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Gale-go cremos que se debe retirar esta lei polas razóns que xadixemos pero, sobre todo, porque nin sequera no contidoconcreto da lei se consolidan avances significativos nin enrelación coas competencias propias atribuídas pola lexisla-ción autonómica. Porque na propia lei establécese un incisoque inviabiliza totalmente a expansión dos servizos e activi-dades por parte dos concellos, xa que a prestación de novosservizos impide que se poida superar o teito de gasto aíndanaqueles casos nos que os concellos prevexan ingresos parapoder asumir ese gasto.

E isto, ¿di vostede que é para garantir a autonomía local?Non, isto é para controlar politicamente os concellos. Nonvaia ser que a algún concello se lle ocorra prestarlle servizosá cidadanía que o Partido Popular lle está roubando desde aXunta. Non vaia ser que por casualidade a algún concello selle ocorra intervir na economía para crear emprego para oscidadáns que están en desemprego e que están sendo aban-donados polas políticas do Partido Popular.

Iso e no fondo tamén o colaboracionismo que vostede ten através desta lei co señor Montoro e co Goberno do Estado,para establecer a través dese férreo control do teito de gasto,de exercer realmente na práctica un control político sobre aspolíticas municipais, eliminando totalmente, non só poladerrogación do artigo 28 da Lei de bases de réxime local,senón polas propias disposicións que establece no articuladodesta lei, calquera posibilidade de que os concellos polosimple feito de apreciaren unha necesidade ou algún intere-

se na súa cidadanía ou interese local no seu territorio poidanasumir actividades ou servizos complementarios.

En fin, señor Rueda, desde o Grupo Parlamentario do Blo-que Nacionalista Galego cremos que con este proxecto de leivostedes se pregan totalmente á filosofía da reforma localaprobada a través da Lei 27/2013 no seu aspecto máis bási-co, que é o control da actividade e das competencias dosconcellos a través da aplicación dese principio de estabilida-de financeira, que se lle poñemos un contador de palabras aeste proxecto de lei asegúrolles que é a que máis se repite.Non hai artigo nin subparágrafo de artigo, nin disposiciónneste proxecto de lei que nos presenta hoxe o señor Ruedanos que non se sometan absolutamente todas as políticasmunicipais e todas as consideracións ao cumprimento doprincipio da estabilidade financeira, e xa sabemos o que isoquere dicir. En ningún sitio do texto do proxecto se di que ofin teña que ser o cumprimento dos servizos públicos, a pres-tación de servizos públicos, nin a cobertura das necesidadesda cidadanía; non, iso non é obxecto desta lei, o que é obxec-to desta lei é garantir que se poida cumprir a reforma impos-ta polo señor Montoro e, por suposto, que se poida cumprirco principio de estabilidade financeira para seguir engordan-do a banca e para seguir engordando os intereses financeirose non a cidadanía. E, desde logo, ese será un filtro para con-trol da actividade dos concellos. E –como xa dixemos conanterioridade– non é unicamente un filtro económico-admi-nistrativo, senón un auténtico control político desde a Admi-nistración central do Estado, que busca evitar que se ensaienpolíticas alternativas desde os concellos.

Polo tanto, mantén o cuestionamento da autonomía local aoaplicar os mecanismos externos para avaliar a capacidade deorganizar novos servizos locais ou de intervir en actividadeseconómicas por parte dos concellos, que –como xa dixemosanteriormente– máis que procurar a racionalidade e a efica-cia, en realidade é unha clara limitación antidemocráticapara impor unha política homoxénea, igual, idéntica, senalternativas en todos os concellos, co que ao tempo se impi-de que se ensaien unhas alternativas diferentes nos gobernoslocais e se exteriorice que si que hai outras políticas posíbeispara afrontar este roubo que vostedes deron en chamar “criseeconómica”.

Máis alá diso, consideramos desde o Grupo Parlamentariodo Bloque Nacionalista Galego –e tamén por iso pedimos a

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

33

Page 34: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

retirada deste proxecto de lei– que as medidas urxentes quese contemplan no mesmo son absolutamente insuficientes,porque nin sequera son suficientes para facer fronte a esecaos organizativo que no día a día do funcionamento dosconcellos xerou o señor Montoro e a esa inseguridade xurí-dica que tamén provocou o señor Montoro, xa que só afron-ta problemas parciais ou cuestións parciais...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Vaia rematando, porfavor.

A señora PAZ FRANCO: ...referidas á clarificación das com-petencias, pero non ao verdadeiro problema, que é o some-temento dos concellos ao cumprimento dos principios e nor-mas de estabilidade financeira.

En definitiva, desde o Grupo Parlamentario do BloqueNacionalista Galego, por máis apelacións que desde oGoberno e desde o Grupo Popular nos fagan ao consensoneste proxecto de lei, énos imposible sermos nós taméncómplices e colaboracionistas en deixar que desde o Gober-no do Estado non só pretendan roubarnos a carteira, senóntamén as competencias e o noso autogoberno.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señora Paz.

Grupo Parlamentario Socialista, señora Sestayo.

A señora SESTAYO DOCE: Grazas, presidente.

Bueno, efectivamente, diciamos antes no debate da Lei doConsello Consultivo que era unha excepción e que reco-mendabamos ao Goberno, ao grupo maioritario da Cámara,que tomara exemplo do que son as buscas de consenso nascuestións importantes. Pero aquí está a regra xeral do Parti-do Popular. A regra xeral dunha lei –que vostede o dicía,señor Rueda– para intentar desdicirse despois, dicía que eraunha lei imposta, que era consecuencia –collín literalmen-te–, unha lei imposta polo Goberno central, que non llequeda máis remedio que aceptar. Isto recollino literalmente.

Primeiro, a lei imposta é a lei do seu Goberno, é a lei doseñor Mariano Rajoy, é a lei dese presidente galego co quesupoño que vostede e o señor Feijóo terán unha boa rela-

ción, e que certamente pode vostede seguramente faceralgunha xestión para impedir que esa barbaridade que seaprobaba no Consello de Ministros do señor Rajoy entrara.Pero é que é certo que vostede adoptou outra actitude, foi ada complicidade silente. Vostede foi cómplice silente dungrande ataque, dunha grande agresión a este país, e quedouimpasible, mentres vía como se atropelaba todo o munici-palismo galego, vía como perdiamos pouco a pouco a nosaidentidade, como vía cando se recortaban e se suprimíantodos aqueles servizos que fan dos concellos, esas entidadespróximas que levan sostendo o equilibrio social, sobre todoo equilibrio social, o equilibrio económico-social na nosaarquitectura institucional, señor Rueda, vostede mudabacalado.

Dicíanos cando preguntabamos xa hai moitos meses dende oGrupo Parlamentario Socialista sobre esta reforma, candodiciamos que se ía producir unha reforma no ámbito local–proposta polo señor Montoro, aprobada polo Consello deMinistros do señor Rajoy–, diciamos que se ía facer unhareforma que agredira o municipalismo, vostede dicía: “Vos-tedes falan de rumores, nós de realidades.” Esta é a realida-de, señor Rueda, aquí ten a realidade. A realidade é que,fronte a esa imposición do seu Goberno, fronte a esa impo-sición do seu compañeiro do partido, fronte a esa imposicióndo Partido Popular, vostede cala.

Pero aquí no debate, no debate parlamentario, no que aoposición se esforza en falar deste país, se esforza en falarde Galicia, porque os galegos e as galegas son os que nosteñen elixido para defendermos os seus intereses o mellorque saibamos e o mellor que poidamos, vostedes levandesviando unha e outra vez a atención intentando que aquíse fale de Andalucía. Falemos de Andalucía, ¿sabe quefixo o Goberno con esa lei que vostede di, esa lei impos-ta? Un recurso de inconstitucionalidade, señor Rueda, unrecurso de inconstitucionalidade. E iso é o que deberíafacer o Goberno galego. Cando non se está de acordocunha lei, preséntase recurso. Cando non se está de acor-do cunha lei, atácase. Cando se cre que se destrúen oscimentos dun país e se está no Goberno, señor Rueda, nonse actúa con complicidade, deféndese a Galicia. Vostedesestán aquí para defender a Galicia, non para defender aRajoy; vostedes están aquí para defender a todos os veci-ños e veciñas de Galicia, non están para defender a Maria-no Rajoy.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

34

Número 6322 de abril de 2014

Page 35: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Pero vostedes teñen optado por converter o Goberno deGalicia nun coro de esbirros –e permítame dicilo, créameque con respecto– ao servizo dos intereses do Partido Popu-lar. Retiro o de “esbirros”, de colaboracionistas –non medoen prendas, señor Rueda, créame, retíroo–. Pero o certo éque vostedes están colaborando coa destrución de todo o quesomos, de toda a arquitectura institucional que somos.

O Grupo Parlamentario Socialista, evidentemente, ten unhaprimeira e coherente razón para rexeitar e para presentarunha emenda á totalidade respecto desta lei, que, desde logo,non imos apoiar. O Grupo Parlamentario Socialista foi undos promotores do recurso de inconstitucionalidade contra aLei de Administración local, a Lei de racionalización –quelle chaman– e sustentabilidade de Administración local quevostedes aprobaron. Precisamente esa é a actitude, señorRueda: non hai imposicións posibles nunha democracia. Oque se fai cando non se está de acordo é presentar recurso, éatacar, é buscar a defensa propia, que é o que fixemos ossocialistas en todas as instancias. Polo tanto, esta lei é con-secuencia dunha lei recorrida ante o Tribunal Constitucional.Obviamente, non imos apoiar unha lei que é consecuenciadirecta desa lei á que nós presentamos recurso xunto a outrasforzas políticas no Tribunal Constitucional.

Pero é que ademais, señor Rueda, nunca entenderemos esadobre linguaxe cando vostedes intentan facerse os donos dasbandeiras, das patrias, da Constitución, e logo inmediatamen-te despois dese gran discurso, deses discursos grandilocuentesde país, de patria, de bandeiras, pasan inmediatamente amachucar todo aquilo que supón a nosa identidade, señorRueda. Porque o principio de autonomía local e o principio deautonomía financeira para os concellos de Galicia son princi-pios constitucionais; están na norma magna, están nesa Cons-titución, que vostedes se empecinan en ser os únicos e magní-ficos defensores dese texto constitucional, para a continuacióncon cada unha das accións dun texto que dende logo hai quereformar, pero que está vixente, pasan a machucar os dereitossociais, pasan a machucar incluso as previsións económicas,pasan a machucar a arquitectura institucional, pasan a machu-car a autonomía dos espazos que convivimos no conxunto doEstado, señor Rueda. Porque teñen un dobre discurso ou teñenun discurso que non está consonte cos feitos.

Mire, o certo é que vostedes converten o principio de auto-nomía local e o principio de suficiencia financeira en subor-

dinación e caciquismo. Esta lei é propia dunha ideoloxía queleva practicando a subordinación e o caciquismo durantetoda a lexislatura, señor Rueda. E créame que os socialistasestamos asistindo a este debate con profunda dor, porquesabemos que ademais a conciencia, a opinión pública toda-vía non ten conciencia suficiente do que esta lei, tanto estacomo en desenvolvemento da anterior –da estatal–, supónpara Galicia. Isto supón para Galicia a destrución de servi-zos públicos básicos; isto supón para Galicia a privatizaciónde servizos; isto supón para Galicia a perda de identidade;isto supón para Galicia a recentralización do poder.

¿Como fala vostede de autogoberno? ¿En que consiste eseautogoberno, señor Rueda? Para vostede o autogoberno noné máis que o autoconvencemento de que o seu Goberno estásometido ao Goberno de Mariano Rajoy.

Eu entendo que compartan a ideoloxía, eu entendo que veñaaquí dicir a súa ideoloxía. Parten dun réxime profundamen-te centralizador, vostedes non cren na autonomía dos muni-cipios, non cren nos servizos públicos, non cren nos servizossociais, non cren nas políticas de igualdade, non cren naspolíticas activas de emprego, non hai máis que ver todas ecada unha destas cuestións como se reflicten nas súas políti-cas de orzamentos na Xunta de Galicia, no desenvolvemen-to da execución das partidas de Galicia. Pero entón entende-riamos, non o compartiriamos, pero polo menos sería cohe-rente coa súa liña ideolóxica, coa liña dunha dereita–insisto– recentralizadora que quere maniatar a todos os res-tos dos poderes do Estado: ás autonomías, ás administra-cións locais, aos municipios, para converter a alcaldesas ealcaldes en conserxes administrativos de quen lle ditaminealgo en virtude da súa cor política.

Esta lei, tal e como está redactada –e asistiremos despois aodebate artigo por artigo–, significa que dende a Xunta deGalicia ou dende o Estado –sobre todo ademais dende oEstado, polo tanto vulnerando todo o réxime competencialestablecido no noso Estatuto de autonomía e na nosa Cons-titución– se poderá castigar ou discriminar os veciños e veci-ñas segundo a cor política que teñen elixida nos seus gober-nos municipais. Iso é o que fan vostedes con esta lei. Istosupón unha subordinación dos concellos e a subordinacióndos gobernos municipais, a subordinación do outorgamentoou non dos servizos en función dos favores. Isto é o queestán facendo. Pero é que, ademais, destrúen, señor Rueda,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

35

Page 36: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

a identidade de Galicia, destrúen o municipalismo galegonun territorio como Galicia en que un dos nosos sinais deidentidade é precisamente a distribución territorial, en queun dos sinais de identidade de Galicia é precisamente comose configura o espazo territorial e como se configuran deter-minadas unidades que teñen a súa historia, e queda esnaqui-zada por completo, señor Rueda, pola súa submisión a esaque vostede chama imposición do Goberno central.

Pois nós non estamos dispostos a subordinarnos, señorRueda, o Grupo Parlamentario Socialista non está disposto aser cómplice nin colaboracionista dese complexo de país quevostedes teñen para defender a única administración na quecren: a Administración estatal. Non conte co Grupo Parla-mentario Socialista.

Pero, ademais, é que fixeron unha lei en catro días –¿queseriedade se pode ver na tramitación dunha lei en catrodías?– para a que non dubidaron en non preservar ou enobviar determinados informes preceptivos. Vostedes, en arasa esa rapidez coa que querían empezar a aplicar esa leidemonizadora dos municipios, obviaron a obrigatoriedadede pasar por determinados organismos –que non me dátempo, por cuestión de tempo, a enumerar, pero que constanna emenda á totalidade–. Señor Rueda, simplemente por iso,xa como vicepresidente da Xunta, debería devolver esta leie aceptar unha emenda á totalidade. ¡Se non se respectanvostedes mesmos como Goberno da Xunta de Galicia, senon se respectan vostedes mesmos como xestores dunhaautonomía con identidade propia, se vostedes non respectanos órganos que nos temos dado entre todos e entre todas parainformar as nosas leis! E acabamos de acudir á Lei do Con-sello Consultivo. ¿Que facemos se despois vostedes vulne-ran todos os acordos deste mesmo Parlamento? SeñorRueda, isto non é serio e isto é profundamente daniño para aAutonomía.

Pero, ademais, neste proceso, as competencias ás que voste-de facía referencia agora na delimitación de competencias,fíxese en que as competencias quedan como forma residual.Non existe a liberdade para o ámbito municipal para asumiraquelas competencias das que contaba antes da lei de racio-nacionalización do famoso señor Montoro e do señor Rajoy,senón que agora aos concellos non lles quedará máis reme-dio que estar á espera de ver cales esas administraciónssuperiores que van tutelalos van poder outorgar ou non. Crea

unha profunda inseguridade xurídica, unha profunda insegu-ridade no entorno institucional, señor Rueda. A partir deagora os concellos non poderán saber cales son as súas com-petencias. E creo que, nun desgranamento de artigo por arti-go, verán que quedan exclusivamente subordinados a aquiloque graciosamente dende os poderes que vostedes conside-ran superiores decidan outorgarlles ou non. Volvemos aocaciquismo, señor Rueda, volvemos aos tempos do caciquis-mo. E o Grupo Parlamentario Socialista non vai ser cómpli-ce diso, teñen que retirar esta lei.

Ademais, vostede falaba da Fegamp. ¡Señor Rueda, pero senin a Fegamp apoia esta lei! Pero se ata a Fegamp –é certoque coa boca pequena coa que se pronuncia o presidente daFegamp, porque non sabe facer ningunha oposición nindefender sequera os municipios, sendo el alcalde–, señorRueda, non está de acordo coa reforma local. Polo tanto, sea Fegamp non está de acordo coa reforma local, se a FEMPnon está de acordo coa reforma local, se existen recursos deinconstitucionalidade propostos pola maioría das políticasda oposición, se existe apoio ao recurso de inconstituciona-lidade por parte das forzas sindicais, se a cidadanía deman-da servizos sociais, se a cidadanía demanda servizos públi-cos, se demandamos a existencia dun mantemento dun siste-ma público próximo xestionado polo municipalismo, se ainmensa maioría dos veciños e veciñas de Galicia, señorRueda –saia á rúa–, quere a existencia dos seus concellos...¿A onde acode un veciño ou unha veciña de calquera puntode Galicia cando ten un problema inmediato que resolver?¿Acode ao Estado?, ¿vai pedirlle o consello a Montoro?,¿vai acudir a vostede, señor Rueda? Non, vai acudir ao seumunicipio, que é a onde acoden centos e centos de persoasdiariamente en Galicia, señor Rueda. Se agora puideramosfacer un cómputo neste momento de cantas persoas...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Vaia rematando, porfavor.

A señora SESTAYO DOCE: ...–xa remato, señor presidente–están acudindo aos concellos de Galicia para resolver cues-tións como política social, políticas de emprego, como polí-ticas de transporte, que tamén quedan suprimidas, comocuestións de consumo, como cuestións medioambientais, unmontón de cuestións polas que están neste momento moití-simos veciños e veciñas de Galicia acudindo aos seus con-cellos, sabendo que mañá van quedar destruídas ou van que-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

36

Número 6322 de abril de 2014

Page 37: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

dar subordinadas ao que vostedes digan en función da corpolítica ou en función da arbitrariedade que impón esta lei,señor Rueda, quedarían alarmados.

Reflexione, faga caso do profundo clamor contra esta refor-ma da Administración local, déase conta de que está someti-da á lei da que vén, a un recurso de inconstitucionalidade.Señor Rueda, póñase do lado do país, póñase do lado deGalicia e deixe a Rajoy, que se defende ben solito.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señora Ses-tayo.

Polo Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquer-da, a señora Díaz.

A señora DÍAZ PÉREZ: Señor Rueda, non sei se lle gusta ocine. En todo caso, Luis Buñuel nas súas memorias, Mi últi-mo suspiro, dicía que ante tamaña provocación non lle que-dou máis remedio que agredilos. E eu creo que diante do queacaba de facer o Goberno central, e o señor Montoro, en par-ticular, vostede tiña que reivindicar os nosos dereitos comopobo e defender o frontispicio autonómico que temos conse-guido. Faga como dicía Luis Buñuel, que, ante tamaña pro-vocación, non quedou máis remedio, efectivamente, queagredilo.

E, mire, vostede tiña dúas alternativas. Unha é defender onoso pobo e o noso país, efectivamente, materializando orecurso de inconstitucionalidade, por razóns obvias das quedespois vou falar. Pero, en segundo lugar, podía facer outracousa, ou debería de estar facendo outra cousa, que é, se foraun gobernante que non confunde a Xunta de Galicia, é dicir,o Goberno autonómico, coa casa do Partido Popular, quedebería de estar pedindo, cando menos, unha moratoria naaplicación desta norma namentres non se resolvan os recur-sos inconstitucionais que están interpostos. Isto é o que faríaun gobernante de seu deste país. E ¿por que? Porque, mire,un gobernante de seu... E non mesture, vostede falou aquí doPaís Vasco e Navarra, e, como sabe ben, a aplicación destanorma no País Vasco e en Navarra, porque ous seus gober-nos non son como os nosos, efectivamente, non será ou seráparcialmente. Por tanto, non xogue á confusión respecto daaplicación desta norma. Pero o que fan os gobernantes de

seu que defenden o seu pobo, alén das camisetas que cada-quén leve, é que, efectivamente, diante de tamaña provoca-ción, como é invadir o artigo 27 do Estatuto de autonomíagalego, pero tamén o artigo 40 do mesmo, o que tería quefacer, non por partidismos senón por pura legalidade, édefender as nosas competencias.

E, efectivamente, esta norma é moi grosa, porque se cargaliteralmente o noso xeito territorial de organizarnos. Isto éfalar de socioloxía, do noso pobo, da nosa xente, señorRueda. E o problema –como ben sabe vostede– é que estanorma está dicindo en distintos preceptos que desaparecenas comarcas e as parroquias con personalidade xurídica pro-pia. E como ben sabe vostede, no noso Estatuto –insisto–, noartigo 40, di claramente e literalmente que “as parroquias eas comarcas gozarán de personalidade xurídica de seu” –ecito literalmente–. Por tanto, dende logo, ante tamaña pro-vocación non quedaría máis remedio que agredilos, e, portanto, a agresión legal que vostede tiña era defender a inva-sión de competencias, insisto. E se non quere a invasión decompetencias, efectivamente, pois acadar a moratoria apro-veitándose de que outras autonomías moi rebeldes –terrible-mente rebeldes– están presentando recursos de inconstitu-cionalidade.

Pero, mire, claro que amosamos o noso desacordo co fondoda cuestión, sobre todo, señor Rueda, porque estamos nunhanorma que vén directamente ditada dende Europa. E é que sequeren cargar absolutamente todo, e é que queren vostedes,os señores e señoras do Partido Popular, facer negocio contodo. En primeiro lugar, imos falar dos informes que acom-pañan a esta norma. Primeiro, a Alternativa Galega deEsquerda non concorda con ese informe expedido polo CESno que di que non hai que emitir informe porque –segundodi– non atinxe a unha materia socioeconómica. SeñorRueda, cando estamos a falar dun impacto económico, deque o informe que sae da súa consellería fala duns númerosque, dende logo, poden condicionar substancialmente o nosoorzamento, que o CES nos diga que non ten impacto socioe-conómico é cando menos aberrante. É mellor que se cargueno CES porque, total, para o que serve..., pois, efectivamente,as cousas están fatal. Pero, en segundo lugar, que o CES digaque non ten impacto socioeconómico unha norma que vaisupoñer un auténtico ERE na Administración local –unauténtico ERE, señor Rueda–, que vai ter un impacto realnas economías dos municipios, home, cando menos é, dende

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

37

Page 38: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

logo, alucinante –por dicilo amablemente–. Por tanto, pri-meira cuestión, non compartimos o que se ten dito por partedo CES respecto da innecesariedade deste informe.

Pero, en segundo lugar, señor Rueda –despois falaremos dosimpactos económicos–, nós cremos que o informe que saeda Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia da Xunta deGalicia claro que está dicindo a verdade. Claro que di a ver-dade cando fala dos obxectivos da norma de Montoro, que,por certo, vostede comparte completamente. Fala vostede decatro obxectivos. O primeiro deles é clarificar competencias.Mire, como lle está dicindo a Fegamp no seu informe, candonon hai claridade ningunha é agora mesmo. Os concelleiros,as concelleiras, os alcaldes e as alcaldesas non saben o quepoden facer. O principio administrativo de competencia per-deu o seu sentido, non teñen competencias, xa non saben quefacer. É agora con esta norma cando non hai claridade com-petencial, por tanto, ese primeiro obxectivo que vostedeenmarca no seu informe na Secretaría Xeral Técnica, dendelogo, é tamén, cando menos, desconcertante. Agora é candonon sabemos o que podemos facer. En segundo lugar, falavostede de racionalizar gastos. Claro, a dereita, cando falade racionalizar gastos –como a esquerda é manirrota, é gas-tadora e demais–, xa sabemos de que fala. Falan vostedes deretalladas, de recortes, pero recortes para os de abaixo; paraos de arriba, non. Falan de retalladas. En terceiro lugar, falavostede de garantir o control financeiro e económico. E, encuarto lugar, e aquí está a verdade desta norma –a min gús-tame porque a súa consellería polo menos é clara, entón dei-xemos de xogar–, que di literalmente –vouno ler, páxina 9,apartado d)–: “Esta norma o que quere é favorecer a inicia-tiva económica privada evitando intervencións administrati-vas” –di vostede– “desproporcionadas”. Aquí está a cues-tión, señor Rueda, esta é a verdade da norma de Montoro.Claro que o debate é que lles molesta a Administraciónpública porque vostedes queren facer negocio. Eu agradézo-lle que estea o señor Pazos aquí, porque tamén del xordeefectivamente ese informe. Pero esta é a verdade da normado señor Montoro e do Partido Popular de Galicia. Por isovostedes non recorren contra a norma, porque lles dá exac-tamente igual e porque queren seguir facendo negocios.

Pero, fíxese, sigo co seu informe, que é moi interesante. Por-que, polo menos, cando un defende unha idea ten que serclaro. Páxina 9 –e cito literalmente–: “A política orzamentariade todos os poderes públicos, incluídos os locais, deberá ade-

cuarse aos principios reitores da Lei orgánica 2/2012, do 27 deabril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade finan-ceira, ditada no desenvolvemento do artigo 135 da Constitu-ción española” –ese precepto da inmutable Constitución espa-ñola que foi rapidamente modificado nunha noite de inverno;rapidamente foron capaces de poñerse de acordo para dicirque a prioridade da cidadanía diante dunha situación tremen-da de crise é xustamente pagarlles aos bancos e non prestarservizos públicos–. E nese apartado, no artigo 135.3, di clara-mente: “No caso de que as administracións públicas mesmogozasen de superávit...” Hai concellos no noso país, no seupaís, señor Rueda, que teñen superávit nas súas contas, non seise o sabe pero hainos. Pois di este precepto: “Aínda que hou-bera superávit ten que ser directamente dirixido cara a pagaresa débeda”, que non foi contraída nin polos concellos donoso país nin pola xente de ben deste país. Por tanto, vostedesson uns auténticos vasalos dos banqueiros e dos que mandan,por iso vostede non recorre contra esta norma, señor Rueda. Epor iso eu certamente lle agradezo a claridade no seu informe.Porque ás veces a xente pensa que cando falamos do artigo135 da Constitución estamos falando da lúa. Pero non falamosda rúa, señor Rueda, falamos das cousas de comer, das cousasde verdade, falamos de fame, falamos de servizos públicos,falamos dos servizos da muller, dos CIM, falamos da creaciónde emprego, falamos da posibilidade de crear empresas públi-cas municipais. Que, por certo, agora a norma Montoro –eseque din que é catedrático de Facenda Pública– resulta que esanorma nos di que non se poden crear empresas públicas senestar suxeito a unha serie de requisitos que, dende logo, impe-dirían de facto poder facelo.

Por tanto, vostede está facendo o que ten que facer, efecti-vamente, defender os intereses doutros. Pero falo máis: estanorma é un ataque ao Estado do benestar, ao Estado social eao benestar, en definitiva, da nosa xente. E é un ataque direc-to á democracia, elemento substancial. Porque, fíxese, nesanorma de Montoro, catedrático de Facenda Pública, resultaque agora, de pronto, hai un alonxamento entre o que era ocerne do debate político, e por tanto democrático, que eranos plenos dos nosos concellos, un alonxamento real co quevai pasar despois. ¿Que vai pasar despois? Que en asuntossubstanciais importantísimos, os máis importantes segura-mente do debate municipal, como son os orzamentos muni-cipais, os plans económico-financeiros, os plans de sanea-mento, os plans de contracción de débeda e outro suma esegue, agora aínda que non academos a maioría necesaria

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

38

Número 6322 de abril de 2014

Page 39: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

non pasa nada, porque pola porta de atrás, señor Rueda –dia norma do señor Montoro– resulta que a xunta de gobernolocal vai poder aprobalos por si mesma. Se isto é democra-cia, está claro que vostedes e nós estamos en planetas dife-rentes. Pero isto, señor Rueda, non é, en absoluto, democrá-tico, en absoluto é democrático. Isto é aprobar pola porta deatrás, e facer o que queren realmente os gobernos na xuntade goberno local.

Pero sigamos con algunhas das cuestións, porque eu creoque hai outro informe moi interesante que acompaña anorma, que é o informe expedido pola Fegamp. A Fegamp,é certo que cunha extrema elegancia, di que polo exposto,sen prexuízo de considerar as suxestións salientadas, infor-ma favorable esta norma. Pero, claro, señor Rueda, hai dezconsiderandos e hai once preceptos na norma. E imos falardalgún dos que vostede falou. E hai que ler, porque, se non,non sabemos do que falamos. Eu polo menos lino.

Vostede falou, por exemplo, do artigo 10, das modificaciónssubstanciais. Puxo moito empeño no seu debate neste artigo,eu vou ler o que di a Fegamp, sobre todo, nese precepto. Edi a Fegamp –e non lle minto, ¿eh?– páxinas 8 e 9: “En cantoás modificacións substanciais –artigo 10 do anteproxecto–consideramos que de atribuír aos informes a posibilidade deestablecer as condicións e límites dentro dos que deben dedesenvolverse as actividades das entidades locais, os mes-mos estarían limitando a capacidade de autoorganizaciónlocal, indo” –di a Fegamp– “máis alá da propia funcionali-dade que a lei de Montoro lles outorga. A modificación”–dia Fegamp a maior abundamento– “no financiamento daprestación dun servizo non ten por que supoñer unha modi-ficación, e moito menos substancial, no exercicio da compe-tencia no que se apoia a dita prestación”.

Señor Rueda, nós esperamos que sen ser unha grande cousa,as dez consideracións –que algunhas son importantes– quefai a Fegamp nos 11 artigos que vostede presenta destanorma sexan atendidas. Pero imos a máis cuestións, porquecomo vostedes saben, efectivamente é unha norma que deixasen capacidade de acción aos municipios en materias subs-tanciais; xa se dixeron algunhas: benestar social, é dicir, ser-vizos sociais, competencias que teñen que ver coa muller–somos a metade da poboación, algo pintaremos, digo eu,sobre todo porque os servizos próximos, CIM e demais,están radicados nas administracións locais–, as materias que

teñen que ver co transporte, cos consumidores, usuarios edemais. Dende logo, está claro que semella que lle estorbana esa administración dirixida polo señor Guindos e Monto-ro, e pola Troika dende Europa, que lle molesta ao PartidoPopular.

Sobre todo, señor Rueda, porque esta norma trae unha gran-dísima mentira. A grandísima mentira que nos di o señorMontoro é que coa aplicación desta norma temos que evitarduplicidades. Por certo, fala tamén a Fegamp, nunha consi-deración, de que non entende de qué duplicidades lle están afalar, e que en todo caso é a propia norma a que está xeran-do escuridade no canto de dicir qué entendemos por unhaduplicidade –a Fegamp, non Alternativa Galega de Esquer-da, que somos malos e perigosos–. Pero dicía que, no cantodese aforro de máis de 8.000 millóns de euros dos que fala oseñor Montoro, vostede sabe que son absolutamente falsos.Primeiro, porque o informe Montoro –do que trae causa, quetanto se falou esta mañá aquí– di que o déficit das adminis-tracións locais é de 0,4 %. É dicir, case nada, señor Rueda;por tanto, os concellos do noso país non son os causantes dacrise, son os que nos roubaron, os bancos, non os concellosda nosa Administración. Por tanto, non ten sentido que osfagamos responsables sobre isto.

Pero, en segundo lugar, se fora certo que o señor Montoroquere aforrar, se fora certo, o primeiro que tiña que facer...Porque, segundo a súa memoria –eu tamén lin a memoria,son de letras puras, latín e grego, señor Rueda–, di o señorMontoro que o custo das deputacións provinciais son 22.000millóns de euros, fíxese vostede, 22.000 millóns de euros.Pois estando diante de institucións absolutamente antidemo-cráticas, corruptas, caciquís e clientelares, na lóxica do señorMontoro o primeiro que debería facer é cargarse as deputa-cións provinciais se ese fose o obxectivo da norma de Mon-toro, que, como xa dixen, e subscribo as súas palabras en sen-tido adverso, a realidade é que queren privatizar os servizospara seguir tendo un niño de negocio. E, por suposto, istodestes chicos marxistas que molestan, a intervención públicana economía, está moi mal visto. O artigo 128 da Constitu-ción tamén existe polo de agora, señor Rueda, polo de agora.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Vaia rematando.

A señora DÍAZ PÉREZ: Eu xa sei que a interpretación do 135leva efectos colaterais. E os efectos colaterais é que todos os

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

39

Page 40: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

principios reitores da política económica e social, entre eleso artigo 128, decaen. Por iso vostedes deron un golpe deEstado pola porta de atrás á Constitución. E por iso ese deba-te do 135 é moi importante. Si, señor Rueda, non se alpori-ce, que esta é a realidade, esta é a realidade. E, se non, o quetiñan que facer é someter a referendo esa modificación. Seera todo tan correcto e tan perfecto, luz e taquígrafos e avotar, eses referendos que tanto lles molestan.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, por favor.

A señora DÍAZ PÉREZ: Por tanto, efectivamente, esta normaé, como diría Luis Buñuel, unha auténtica provocación, evostedes deberían agredir o señor Montoro e o Goberno cen-tral defendéndonos. E ¿como? Coa legalidade, co recurso deinconstitucionalidade e, en segundo lugar, coa petición demoratoria.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señora Díaz.

A señora DÍAZ PÉREZ: Por este camiño queda claro a quendefenden: aos de arriba. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señora Díaz.

Polo Grupo Parlamentario Popular, a señora Prado.

A señora PRADO DEL RÍO: Moitas grazas, señor presidente.

Señorías, hai escasamente dous meses que, fronte ao Ante-proxecto de lei de racionalización e sustentabilidade daAdministración local, eu analizaba a realidade administrati-va actual, e describía concellos, deputacións, administra-cións autonómicas, Administración do Estado, entes inter-medios, entes paralelos, estruturas periféricas, etc., todo unfenómeno de polución administrativa ineficiente e financei-ramente insostible. O presidente Feijóo e o seu Gobernoforon unha referencia en España dende o ano 2009, candoabordaron a racionalización da Administración autonómica,pero resulta evidente que o obxectivo da sustentabilidade doconxunto da Administración pública non pode acadarse sócoas reformas acometidas polas administracións autonómi-cas. Tal obxectivo sería inviable sen a participación dos con-cellos. Neste sentido fixo un importante labor a Lei de racio-nalización e sustentabilidade da Administración local, cunhaincuestionable razón de ser, e que nós compartimos. Certa-

mente, a sustentabilidade da nosa Administración localexixe, ademais dunha redución da planta municipal, unhaclarificación das competencias; sobre todo, o sistema de dis-tribución competencial e o principio de competencia xeralda Lei de bases de réxime local, que ten levado á duplicida-de na prestación de servizos ou á prestación dos mesmos senmaior título e sen maiores recursos.

Dende o Partido Popular consideramos que é no exerciciodas competencias municipais onde a actividade políticapode atopar unha oportunidade para recobrar a confianzacoa cidadanía e volver estar en sintonía cos nosos veciños eveciñas. É por iso, señorías, que dende o Grupo Parlamen-tario Popular queremos, ante todo, agradecer á Xunta deGalicia a presentación dun texto legal de tanta importanciapara o desenvolvemento normal das funcións dos nososconcellos, xa que, como consecuencia da aplicación dareforma local, se están a xerar numerosas incertezas nomunicipalismo galego, sobre todo por unha delimitación untanto borrosa das competencias e servizos.

E ante esta realidade hai dous xeitos de actuar, con inacción,inmobilismo e crítica destrutiva ou propoñendo medidas quecontribúan a clarificar esta situación e dar unha resposta áxile inmediata aos problemas dos concellos. A oposición estáoptando polo primeiro, e antepón os seus intereses pura-mente electorais ás necesidades dos cidadáns. Partido Socia-lista, Bloque Nacionalista Galego e Alternativa Galega deEsquerda prefiren que as cousas vaian mal porque elesentenden que así a eles lles irá mellor.

O recurso de inconstitucionalidade á reforma local, que pidentanto o Partido Socialista como o Bloque Nacionalista Gale-go –e mesmo se apelou aquí ao presentado pola Junta deAndalucía–, non só non ten garantía ningunha de éxito, senónque pode demorarse anos, e os servizos municipais nonpoden esperar tanto. Por iso, señor vicepresidente, dende oGrupo Popular felicitamos o Goberno galego por adoptar adecisión, co apoio e consenso da Fegamp, de presentar unhalei de medidas urxentes para disipar todas estas incertezas eblindar a carteira de servizos dos concellos. A Xunta está aactuar por e para os concellos, en resposta a unha demandacolectiva de alcaldes de todo signo político, incorporando,ademais, todas as propostas da Federación Galega de Muni-cipios e Provincias, como xa se tiña feito no seu día coas ale-gacións que unanimemente se remitiran dende a Fegamp para

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

40

Número 6322 de abril de 2014

Page 41: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

a súa incorporación ao texto da vixente Lei estatal de Admi-nistración local, e moitas delas foron xa incorporadas.

O certo, señora Sestayo, é que hai informe favorable daFederación Galega de Municipios e Provincias a esta lei.Señorías, esta lei incorporou todas e cada unha das suxeren-cias feitas por todos os grupos representados na Fegamp, oscales amosaron a súa satisfacción así como unha posición deconsenso, que mudaron sorprendentemente na votación. E,señorías, isto xa se coñece como “a estratexia Sogama”. Haiunha serie de grupos que piden respecto para a autonomíalocal do que veña de Madrid ou do que veña de Santiago,pero non do que veña de Lugo. E así hai moitos alcaldes deesquerdas e nacionalistas que publicamente manteñen unhapostura pero en privado manifestan a súa satisfacción polanova normativa e están desexando que entre en vigor cantoantes e resolva moitas incertezas e outras cuestións, como,por exemplo, as dúbidas que interventores e secretariosxeraran en torno a diferentes competencias, como por exem-plo os CIM, os axentes de desenvolvemento local ou osobradoiros de emprego.

Entendo que ás veces á oposición lle custe traballo facerunha loa pública dunha lei que valoran positivamente en pri-vado, pero tampouco deberían pasarse ao extremo contrarioe intentar torpedeala, xa que esta lei parte dunha premisacentral: garantir a prestación de todos os servizos públicos eatender as necesidades dos cidadáns. Eu non vou entrar tanpormenorizadamente no contido da lei, porque xa o fixo ovicepresidente de xeito moi polo miúdo, pero si me gustaríafacer fincapé nalgunhas cuestións.

En primeiro lugar, a lei aclara a todos os concellos que ascompetencias que teñen atribuídas pola lexislación autonó-mica deben seguirse prestando, sen necesidade de ser some-tidas a un procedemento de avaliación, co cal se estableceque en ningún caso poderán os concellos, amparándose nalei, deixar de prestalos.

E, en segundo lugar, a lei establece que todas as novas atri-bucións legais ou delegacións de competencias que a Xuntafaga sobre os concellos deberán garantir a suficiencia finan-ceira das entidades locais para a prestación destes servizos.

Por tanto, estamos falando de medidas urxentes que garan-ten a continuidade na prestación de todos os servizos públi-

cos existentes, e estamos falando de que a isto presentandúas emendas á totalidade o Bloque Nacionalista Galego e oPartido Socialista. E isto non deixa de ser sorprendente, por-que entre as súas principais críticas á reforma local do Esta-do vostedes sinalaban que deixaba en dúbida a continuidadede servizos municipais en materia de emprego, igualdade oude xuventude. E agora que a Xunta de Galicia presenta unproxecto de lei para disipar esas dúbidas, vostedes tamén fanunha emenda á totalidade. ¿Quen é o que cre na igualdade?¿Quen é o que cre na prestación dos servizos sociais dendeas entidades locais? ¿Quen é o que cre nas políticas deemprego dende o municipalismo? Agora esa pregunta fágoaeu, e espero que a señora Sestayo a responda. (Aplausos.)

O Goberno galego trae a este Parlamento un texto que dáresposta ás inquedanzas de alcaldes, concelleiros e técnicosda Administración local. A oposición prefire que non se lledea resposta a estas inquedanzas. Francamente incomprensi-ble, se non fora porque xa coñecemos a súa estratexia: cantopeor, mellor. O que está a facer o Partido Socialista coa súaemenda á totalidade é amosar que está en contra desta lei portres motivos: un, que desenvolve unha lei estatal inacepta-ble; dous, que non clarifica adecuadamente os ámbitosmunicipais; e, tres, que reduce a autonomía municipal aosupeditala a informes.

Non deixa de ser curioso, como ten manifestado o señorvicepresidente, que en Castela-León, onde a Junta ditou undecreto lei para desenvolver a lei estatal, tratando de xeitoidéntico que este texto a distribución de competencias e aregulación de informes, vostedes, o Partido Socialista, vota-sen a favor da convalidación do decreto lei. Parece quequeda algo de sentido común no Partido Socialista, o quepasa é que ao repartilo dende Ferraz quedou ben pouco paraa federación galega.

En canto ao BNG, apenas falan vostedes, na súa emenda átotalidade, deste texto. Dedícanse máis ben a atacar a lei esta-tal. Só finalmente introducen un pequeno parágrafo no quecritican este proxecto de lei por ser parcial –algo que é con-substancial a un proxecto de lei de medidas urxentes–, porsometer os concellos ao principio de estabilidade orzamenta-ria –algo que consideran vostedes a vaca sagrada, algo quenon fai esta lei, senón a propia Constitución española, señoraPaz–, e por introducir un control directo na súa actividade decompetencias e minguar a autonomía local. Isto é absoluta-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

41

Page 42: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

mente falso. Esta lei non entra nin en como nin en cantas com-petencias ten que prestar un concello. Unicamente aseguraque aquelas competencias que cada concello decida prestar sepresten sen duplicidades e asegurando a estabilidade nas con-tas. Isto non é un control directo da actividade dos concellos,senón unha garantía do bo uso dos recursos públicos. Non sexulga qué é o que fai o concello, senón que o faga ben.

¿Sabe, señora Paz, o que si era un control directo da activi-dade dos concellos? Pois, cando vostedes gobernaban, no ano2008, obrigar os concellos a destinar un 7 % do seu orza-mento a asistencia social. Iso si que era minguar a autonomíalocal. ¿Sabe canto destinan hoxe? Pois o que queren, o 8 %,o 7 %, o 15 % ou o 20 %, porque non hai inxerencia políticainterna en cada concello, só nos resultados externos da súapolítica, como o control dos obxectivos do déficit, que afec-tan ao conxunto do Estado, e que non é unha cuestión só dedereitas. Estes días asistimos a informacións que veñen deFrancia, onde goberna un goberno socialista que acaba deanunciar que vai reducir o gasto en 50.000 millóns de euros,afectando nin máis nin menos á conxelación das pensións, áconxelación dos salarios públicos, a menos prestacións sani-tarias, a baixarlles os impostos ás empresas e a subirllos ásfamilias. E non porque llo diga a troika, e non porque llo digaa señora Merkel, senón por iniciativa propia, un gobernosocialista. Eu agardo que nos seus discursos, que tanto falandas cuestións europeas, pois tamén fagan algunha alusión aesta cuestión que se está a debater agora en Francia. E creoque é un debate interesante no que tamén todos poderiamosentrar. Porque –insisto- o control do déficit e a estabilidadeorzamentaria non é unha cuestión de dereitas nin de esquer-das. É que se non hai estabilidade orzamentaria, se non hai uncontrol do déficit, dificilmente poderemos manter eses servi-zos públicos sobre os que vostedes sempre están apelando ásúa defensa. Os mellores defensores deses servizos son osgobernantes do Partido Popular, que foron os garantes de quehoxe España non entrase en quebra. (Aplausos.) Os maioresgarantes de que hoxe teñamos unha sanidade pública gratuí-ta e universal, unha educación gratuíta, pública e universal eque poidamos manter os servizos públicos esenciais nestepaís é o Partido Popular, que foi o que evitou o rescate deEuropa. ¿E quen rescatou a España? O Partido Popular coasúa boa xestión. (Murmurios.)

Vostedes non falen, que a xestión de vostedes deixa moitoque desexar, pola xestión desa axuda e apoio aos concellos.

Recordamos todos o famoso Plan E. (Pronúncianse pala-bras que non se perciben.) Digan vostedes ese apoio aosconcellos en qué reverteu finalmente. En máis complica-cións, así que diso non imos falar agora.

Falan vostedes de autonomía local. Miren, a lei estatal falade asignar unhas competencias propias aos concellos, unhascompetencias básicas que esta lei permite que se comple-menten coas que se lle atribúen dende a lexislación autonó-mica. Pero os únicos límites que se lle poñen ao concello sonque se estea a cubrir axeitadamente as competencias que xaten, e que o exercicio desas competencias non incorra enduplicidade con outras administracións. Consideramos quedelimitar e definir esas competencias non reduce en ningúncaso a autonomía local.

Din vostedes que hai un vaciado de competencias dos con-cellos. A lei estatal delimita perfectamente cales son as com-petencias dos concellos, e esta lei permite incorporarlles senningunha dúbida xurídica aquelas que lle foron atribuídaspola lei autonómica. De todos os xeitos, non deixa de sersorprendente que o Partido Socialista e o Bloque se preocu-pen tanto polo vaciado das competencias dos concelloscando non queren asumir, por exemplo, o custo dunha dassúas competencias esenciais tanto na vella lei coma nesta,que é a do servizo do tratamento de residuos.

En canto ás deputacións, señora Paz, eu non sei se son niñosde caciquismo ou non. Dende logo, vostedes participan nogoberno dunha delas. ¿E sabe que lle digo? Que tampoucocreo que sexan tan inútiles, posto que en moitos concellosgobernados polo Bloque Nacionalista Galego e por Anovarecorren a elas. E só nestes dous últimos anos teñen delega-do nas deputacións competencias en materia tributaria osconcellos de Teo, Zas, Carballo, Cariño ou Poio. Supoño quenon será por participar neses niños de caciquismo e corrup-ción. (Aplausos.)

Miren, en canto ás privatizacións, non se sabe moi ben deonde sacan vostedes que a lei estatal promove as privatiza-cións de servizos, cando só establece dúas cousas: que osconcellos poderán prestar servizos de forma directa ou indi-recta. A elección é de cada concello. Nos que vostedesgobernen, se lles gusta máis a directa, elixan a directa. ¡Ah!,o que si pasa é que agora se vai transparentar qué é máis cus-toso, se a directa ou a indirecta. Pero, en calquera caso, xa

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

42

Número 6322 de abril de 2014

Page 43: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

vimos, cando vostedes tiveron oportunidade de gobernar,como fixeron moita, moita, xestión indirecta de moitos ser-vizos. E non imos recordalos aquí porque, se non, estaria-mos sempre falando do mesmo: do “Comedor sobre rodas”e doutras cuestións que xa temos falado en innumerablesocasións.

Para pechar xa, o Grupo Popular agradece á Xunta de Gali-cia que presente este proxecto de lei, amosando sensibilida-de co que demandan os concellos. E non nos sorprende queesta sensibilidade non exista nos grupos da oposición, por-que cando gobernaron o bipartito xa vimos cal era a sensibi-lidade que tiñan cos concellos, e xa o teñen eles manifesta-do a través, por exemplo, da Fegamp, que vostedes agoratanto poñen de exemplo.

Para vostedes os concellos eran incómodos colaboradores daXunta. E con nós, o Partido Popular, a Xunta é unha cómo-da colaboradora cos concellos. E hoxe amósao unha vezmáis traendo a este Parlamento un texto que é reclamadopolos concellos. Vostedes coa súa emenda á totalidade amo-san de novo de qué lado están. E, insisto, hai alcaldes detodos os signos políticos...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, por favor.

A señora PRADO DEL RÍO: ...que están a dicir en privado queestán desexando que entre en vigor esta norma porque llesvai servir de moito. Alá vostedes se queren seguir instaladosnese discurso catastrofista, apocalíptico e destrutivo.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraPrado.

Réplica dos grupos emendantes.

Polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, aseñora Paz.

A señora PAZ FRANCO: Grazas, señor presidente.

Señora Prado, iso de “canto peor mellor” terallo vostede quedicir ao tándem señor Montoro e señor Rueda, porque desdelogo foi un por acción –coa colaboración, por suposto, do

Partido Popular, que aprobou a Lei 27/2013– e outro poromisión, que no seu momento non fixo os seus deberes paralograr que esa lei non se aprobara; e que, despois, poracción, primeiro, non a impugnou e agora trae ao Parlamen-to galego o instrumento para que se poida aplicar plenamen-te en Galiza.

Porque mire, señora Prado, eu creo que hai que facer algun-has matizacións a respecto de afirmacións que fixo vostedeaquí con moita rotundidade e que non se corresponden coarealidade.

Primeiro, dixo vostede que este proxecto de lei se traía coapoio e consenso da Fegamp. Non é certo. Na definición queaparece no dicionario da Real Academia Galega, “consenso”non significa ter o voto favorábel do Partido Popular, con-senso significa ter o voto e o apoio do resto. E ata onde eusei, na Fegamp aprobouse cos votos unicamente do PartidoPopular. Polo tanto, consenso non.

E todos e todas sabemos tamén o facilmente que calan, quecalan os alcaldes do Partido Popular cando desde a superio-ridade lles mandan calar. Igual que o señor Rueda cala moifacilmente ante os que mandan en Madrid, cando desde asuperioridade lle mandan calar. Porque vostede dixo aquíque a Xunta no seu día asumiu as alegacións que fixo aFegamp á Lei 27/2013 cando esta aínda era un proxecto eque as defendeu en Madrid. Eu o que recordo do señorRueda en Madrid foi, na Comisión de Comunidades Autó-nomas do Senado, dicir “si, bwuana” ao Goberno do Estadoen relación coa lei que se ía aprobar, e non defendendo asemendas formuladas pola Fegamp. Iso é o que eu recordo eo que recordamos os galegos e as galegas. Polo tanto, nadade asunción das reivindicacións dos concellos galegos, quenon están nin na lei do Estado nin neste proxecto de lei quenos traen hoxe aquí.

Blindar os servizos. Desde logo, señora Prado, oír a expresión“blindar os servizos” de boca de calquera do Partido Populare tamén da súa non deixa de ser pintoresco. Porque que vos-tede veña aquí a dicirnos que grazas ao Partido Popular segui-mos tendo unha sanidade pública, universal e gratuíta, hai queamarrarse para dicir isto desde a tribuna do Parlamento dunhanación na que as infraestruturas sanitarias que estamos cons-truíndo se están construíndo pola vía do financiamento públi-co-privado, na que a lexislación que se está aprobando é pre-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

43

Page 44: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

cisamente para derivar pacientes cara á sanidade pública, naque hai cidadáns que cada vez se queixan máis –e que apare-ce mesmo en informes oficiais– aos que se lles priva do derei-to á prestación sanitaria. Polo tanto, o de universal, polomenos o concepto que aparece recollido no dicionario, tam-pouco se corresponde con iso. E respecto do de gratuíto, oúnico que debe de quedar gratuíto na sanidade pública é bas-tante pouco, é ir a que te atendan, porque os medicamentos, osservizos complementarios, etc., en todos se estableceron repa-gos. Polo tanto, blindar os servizos públicos, en boca do Par-tido Popular, xa sabemos o que quere dicir.

E, finalmente, que esta lei vén a despexar ou a clarificardúbidas que se tiñan plantexado desde os servizos de inter-vención e secretarías municipais, mire, eu a este respecto oque lle quero dicir...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

A señora PAZ FRANCO: ...é que hai moitos secretarios, secre-tarias, interventores e interventoras que o que están mani-festando é que este proxecto de lei aínda introduce moitasmáis dúbidas das que tiñan inicialmente, sobre todo en rela-ción co informe do señor Montoro. Que, por certo, recórdo-lle unha vez máis que o señor Montoro si que dixo que el vaifacer valer o seu informe e que non lle vai tremer o pulsopara impugnar esta lei ante o Tribunal Constitucional.

Polo tanto, señores e señoras do Partido Popular, vostedes através desta lei o que están facendo é impoñerlles aos con-cellos un modelo que para nada se corresponde co que nece-sita o noso país, nin desde o punto de vista territorial nindesde o punto de vista da articulación das competencias. E,sobre todo, o que están facendo é impoñerlles un controlpolítico das súas políticas a través dunha escusa económico-administrativa. Porque non é que esta lei sexa para garantir...

A señora PRESIDENTA: Remate, señora Paz, por favor.

A señora PAZ FRANCO: ...a sustentabilidade das administra-cións. Esta lei é para controlar politicamente os concellos,para privatizar os servizos públicos, para que non poida haberintervención pública na economía e, en definitiva, para quese impoña tamén desde os concellos o pensamento único.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Paz.

Polo Grupo Socialista, a señora Sestayo Doce.

A señora SESTAYO DOCE: Grazas.

O certo, señor Rueda, señora Prado, é que a Lei de reformalocal, a famosa Lei de racionalización da Administraciónlocal, despois de todos os datos económicos que se coñe-cen e mesmo co recente informe de Funcas, que aparecíapublicado este mes pasado, quedou ben claro que, cosdatos e o déficit, obedecía exclusivamente a unha coartadaeconómica para aplicar unha folla de ruta de dereitas,dunha política de dereitas. É evidente, respecto dos resul-tados económicos, que os municipios non son os causantesnin da crise nin do déficit nin de todos eses parámetros queos obsesionan, fronte aos que os deberían obsesionar, queson a prestación de servizos públicos para que a cidadaníase atope en condicións máis dignas de vida precisamentenuns tempos en que a cidadanía está acudindo aos bancosde alimentos para obter o máis elemental para vivir condignidade.

Mire, o certo é que o señor Montoro, o señor Rajoy, fixounha lei a medida, unha lei ad hoc para resolver os proble-mas de Madrid e Valencia. E con iso, con esa escusa, pre-tenden impoñernos a todo o conxunto do Estado, pretendenimpoñernos aos galegos, por esa imposición da que falaba ovicepresidente –e collino literalmente, falaba dunha leiimposta–, e pretenden destruír todos os servizos públicos.

Dicían que non desaparecen, señorías, servizos públicosmunicipais co Partido Popular, e din que somos nós, curio-samente, os que non se nos ocorreu reformar esta lei –pare-ce que a trae o Goberno do Partido Popular, que a trae oGoberno de Mariano Rajoy–, que somos nós os que nos opo-ñemos. Mire, o colaboracionismo é o seu “amén”, é o seu“así sea” a todo o que pode destruír, con tal de estar nesacomparsa política de destrución de todo aquilo que signifi-que identidades propias que poidan discernir ou que poidanter criterios propios, criterios democráticos propios, que seafasten do gran mandato autoritario dese poder central quevostedes ansían recontrolar, que ansían de novo liderar e,bueno, evitar todas aquelas especificidades, todas aquelasproximidades na democracia, todos aqueles poderes cerca-nos que poidan distorsionar esa folla de ruta.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

44

Número 6322 de abril de 2014

Page 45: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

O certo é que lle vou poñer un exemplo –permítame– deFerrol, cidade do presidente da Fegamp, que dixo amén–como vostede din amén á súa vez ao señor Montoro e aoseñor Rajoy– respecto de servizos municipais destruídos coPartido Popular, que se dá ademais, como sabe, noutras cida-des: Oficina de Inclusión Social, Unidade de Dependencia,Unidade de Inmigración, Unidade de Voluntariado e Coope-ración, equipo de menores, familia e infancia, plans e pro-gramas sen teito, etc. Isto desapareceu co Partido Popular.Para recuperar todos estes servizos –un exemplo contrasta-do, documentado, poden vir aos servizos municipais e ver sepoden con esta lei–, terían que pedir autorización ás admi-nistracións superiores, para ver se considera o presidente daXunta ou se considera o señor Montoro que debe ser valora-do positivamente que unha persoa teña teito ou non, queunha persoa teña atención ou teña unha persoa coidadora ounon. Terá que ser avaliado por parte da Xunta de Galicia oupolo señor Montoro, ou quen estea no seu día, e terá quedecidir se é bo ou non que existan programas de atención aosservizos de inclusión social. Isto, señora Paula Prado, coaLei de Administración local. Vostedes suprimen servizospúblicos esenciais.

Fala de delimitación competencial. A delimitación compe-tencial dos municipios está perfectamente...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

A señora SESTAYO DOCE: ...discernida no ámbito estatutario.Está perfectamente discernida no marco normativo actual.Está perfectamente discernida no plan concertado. Está per-fectamente diferenciada incluso no ámbito constitucional.Precisamente o que se intenta con esta reforma legal, conse-cuencia desa lei imposta da que fala o señor Rueda... Impos-ta por disciplina de partido exclusivamente, imposta por dis-ciplina de partido, porque vostedes teñen que dicir que si aunha lei que vota o Partido Popular pero vostedes non se danconta de que gobernamos desde o Parlamento de Galicia,non é o parlamento do conxunto do Estado. Pois esa leiimposta o que fai é suprimir servizos públicos básicos paraos cidadáns e que, a partir de agora, a partir da entrada envigor, teñan que ser avaliados por entes superiores na escalada proximidade.Miren, esta lei é perniciosa, señor Rueda, é perniciosa paraos intereses de Galicia. Créame que para o Grupo Parlamen-tario Socialista esta lei, xunto a outras reformas como as da

xustiza, constitúe un dos retrocesos e dos perigos máisimportantes que cremos que se están producindo na demo-cracia.

Vostede ten un papel fundamental, xunto ao señor Feijóo,para a defensa dos intereses dos galegos e das galegas. Vos-tede ten unha responsabilidade inmediata sobre os servizospúblicos que se van prestar, sobre como se van prestar equen ten a capacidade de decidilo –que non son máis que osveciños e as veciñas cada vez que votan aos seus gobernospróximos– para o seu futuro.

Vostedes con esta lei, coa aplicación desta lei, van suprimir...

A señora PRESIDENTA: Remate, señora Sestayo, por favor.

A señora SESTAYO DOCE: ...elementos e servizos públicosesenciais cunha coartada –insistimos– económica que ampa-ra unha folla de ruta. De veras pedimos, con responsabilida-de, que reflexionen sobre este texto, que reflexionen sobrequé supón para Galicia, reflexionen sobre...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Sestayo.

A señora SESTAYO DOCE: Xa remato, señora presidenta.

Reflexionen de verdade, señor Rueda, se vostede ou o señorFeijóo queren pasar recordados á historia...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Sestayo.

A señora SESTAYO DOCE: ...como os autores dunha lei que,por suposto, se vai derrogar e que suprime toda a capaci-dade de autonomía local dos concellos de Galicia. Refle-xionen.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Ten a palabra o vicepresidente e conselleiro da Presidencia,Administracións Públicas e Xustiza.

O señor VICEPRESIDENTE E CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA,

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA (Rueda Valenzuela):

Moitas grazas, señora presidenta.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

45

Page 46: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Eu lamento que non foran capaces de entender cal era e calé o obxectivo desta lei. Probablemente non falan dabondocos seus alcaldes e alcaldesas e non saben os problemas quese están dando no día a día dos concellos, que son os quepretende resolver esta lei.

Di que eu, señora Sestayo, falei dunha lei imposta. Bueno,xa o dixen, houbo cousas que pedimos que se introduciran.Así se fixo e valorámolo positivamente. Houbo cousas quepedimos que se introduciran e ao final non aparecen, e taménhoubo cousas que pedimos que se sacaran e non o sacaron.Así o dixen tamén no Senado, e, nese sentido, cousas quenon nos gustan aparecen na lei, veñen impostas pola lei e,polo tanto, hai que cumprilas. Pero, efectivamente, veñenimpostas.

Faime moita graza como falan dos ditames dos órganos con-sultivos. Cando non lles gusta, señoría Díaz, descualifican oórgano consultivo: non me gusta o que di e, polo tanto, eseórgano consultivo para este caso non vale. Para outro si vale-rá, pero como non lle vale para isto, hai que descualificalo.Igual que é curioso tamén como algúns parágrafos do que dio informe da Fegamp lle parecen moi ben pero no mesmoinforme, cando se di que se valora positivamente o proxectono seu conxunto, iso non vale de nada e nesa parte a Fegampnon ten nin idea do que está dicindo.

Curiosamente o informe que máis lle gusta é o meu. Pois,mire, absolutamente sincero, é o que vin defender aquí; polotanto, non entendo o que me di respecto do que veño defen-der. Se o que está no informe, e precisamente o que susten-ta o que vimos facer aquí dende o Goberno, merece despoistodo o que vostede dixo, é unha absoluta contradición, etéñoo que dicir aquí.

Vostedes falaron do que falan sempre, de sometemento aosbanqueiros, de golpes de Estado, de tiranía, de caciquismo...Ao final, do que non falaron é precisamente do que llesimporta a todos os que están nos concellos e do que quere-mos solucionar con esta lei. Aquí nos concellos pregúntan-nos todos os días e queren saber o que se pode facer e o quenon desde que estea en vigor esta lei. Queren saber quen tenque pagar as competencias, que servizos se poden seguirprestando, como hai que facer para saber se son sustentables,e como hai que facer, en definitiva, para responderlles aosveciños que, efectivamente, van todos os días a plantexarlles

cuestións. Iso, polo tanto, é o que queremos resolver, e poriso traemos esta lei.

Outra alternativa xa dixen que era confrontar, quedar de bra-zos cruzados e, dentro duns anos, a ver que decide o Tribu-nal Constitucional. Nós non quixemos facer iso, quixemosresolver os problemas que están agora mesmo no día a díados concellos. E mire, se o Goberno central –equivocaríase,dende logo, pero está no seu dereito– plantexa calquera tipode iniciativa anticonstitucional sobre esta lei –xa digo, estáno seu dereito–, dende logo estaríase equivocando. Perotamén o que teño claro é que nós estariamos defendendo anosa capacidade de autogoberno e defendendo o que cremosque lle convén a Galicia. E iso imos seguir facéndoo con estalei.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Debate de toma en consideración da Proposición de lei,do G.P. Mixto, de modificación da Lei 5/2010, do 23 dexuño, pola que se regula unha rede de apoio á mullerembarazada

A señora PRESIDENTA: Para a presentación desta proposiciónde lei ten a palabra, polo Grupo Mixto, dona Carmen Igle-sias Sueiro.

A señora IGLESIAS SUEIRO: Bos días e moitas grazas, señorapresidenta.

Esta proposición de lei pretende a igualdade de trato e con-sideración de todas as mulleres galegas en estado de xesta-ción. O título da lei que se pretende ampliar é: Lei pola quese establece e regula unha rede de apoio á muller embaraza-da. E aínda que o seu desenvolvemento só contempla asmulleres que deciden levar a termo o seu embarazo, estadeputada pretende que a decisión que tome a muller sobre sedecide ou non continuar coa xestación, e polo tanto realizara IVE, non exclúa, non quede excluída, do apoio e a infor-mación necesaria que desenvolve a devandita lei.

Unha das trabas coas que se atopan as mulleres é a obxec-ción de conciencia do persoal sanitario da sanidade pública,que é un dereito recollido na Constitución, iso é sabido. Pero

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

46

Número 6322 de abril de 2014

Page 47: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

é un limbo que se presta a un uso abusivo da obxección quepon en menoscabo a calidade asistencial das pacientes. ¿Porque? Porque non se lles ofrece información, aténtase contraa súa confidencialidade, e mesmo son derivadas a centrosprivados onde o mesmo facultativo que obxectou na públicaagora si está disposto.

Isto ten un custo notable para a muller, non só polo peregri-nar que inicia cando acode por primeira vez a un centropúblico demandando a práctica dunha IVE, senón taménpolo custo que á súa situación persoal lle supón a tardanzaque en ocasións sofre ata que efectivamente se chega á súarealización. De tal xeito que chegou a ocorrer que algunhamuller se atopou no momento en que está a piques de ven-cer o prazo legal ao que se acollía para a práctica deste pro-cedemento sanitario. ¿Como é posible que unha muller sexaobrigada a viaxar acudindo a un centro privado noutra pro-vincia ou fóra de Galicia porque profesionais dun centropúblico do seu entorno se negan a practicar abortos acollén-dose a un dubidosamente xusto exercicio da obxección deconciencia cando o seu posto de traballo está adscrito aodesenvolvemento dun servizo público?

Parece que na colisión entre o dereito á obxección dunhapersoa traballadora dun servizo público e o dereito dasmulleres á práctica dun aborto prima, sen lugar a dúbidas, odereito á obxección da ou do profesional sobre o dereito dasmulleres.

O exercicio do dereito á IVE debería estar garantido coainmediatez e a normalidade que unha práctica médica cal-quera exixe nun Estado de dereito. O Estado debería ser res-ponsable de que a obxección de conciencia se use de manei-ra xuizosa e razoable, co obxecto de evitar que se transfor-me nun mero boicot moral ou nunha práctica obstrutiva einteresada. Cabería considerar cales son as formalidades exi-xibles para manifestarse obxector de conciencia, co obxectode dar transparencia ao proceso e garantir a prestación áscidadás, sempre respectando o dereito á confidencialidadedunhas e doutros.

O Comité de Bioética de España, o 13 de outubro do ano2011, xa daquela, emitía a súa opinión sobre tan controver-tido tema, e no apartado 4 establece a necesidade da regula-ción da obxección de conciencia no ámbito sanitario públi-co para, primeiro, garantir os dereitos das usuarias e pacien-

tes do sistema sanitario público; segundo, para aportar segu-ridade xurídica aos obxectores e aos centros sanitarios; e,terceiro, para establecer cándo e de qué maneira a obxecciónresponde realmente a ese exercicio de liberdade relixiosa eideolóxica que a constitución ampara.

O que pretende esta deputada do Grupo Mixto non é modi-ficar a lei, senón ampliala –a Lei 5/2010–, para dar solucióna un problema que existe e que afecta a moitas mulleresgalegas. A día de hoxe non existe no Estado nin en Galicianingún protocolo para obxectores na función pública, agásno exército, que incorpore as recomendacións do Comité deBioética ou resolva os problemas explicados anteriormente.

Esperamos deste Parlamento que tome en consideración estaproposta de lei que vai cara á igualdade de todas as mulleresxestantes, así como á regulación da obxección de concienciano Sistema sanitario público galego.

Por iso, resumindo, os puntos que quere engadir o GrupoMixto son: modificar o título da lei: “pola que se estableceunha rede de apoio á muller embarazada na decisión de levaradiante o embarazo ou a interrupción do mesmo”; e dous,engádese un novo punto ás disposicións adicionais: “AXunta de Galicia regulará a obxección de conciencia do per-soal sanitario na sanidade pública perante os dereitos das edos pacientes”.

Máis nada, queda dito todo, e espero que se tome en consi-deración esta proposta de lei.

Moitas grazas.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Rolda dos grupos parlamentarios.

Polo Bloque Nacionalista Galego ten a palabra a señoraAdán Villamarín.

A señora ADÁN VILLAMARÍN: Grazas, presidenta.

Bos días, señoras deputadas, señores deputados.

O Bloque Nacionalista Galego foi moi claro a respecto –noseu momento– da iniciativa lexislativa popular, e posterior-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

47

Page 48: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

mente lei, aprobada por este Parlamento soamente cos votosdo Partido Popular, que leva por título Lei 5/2010, pola quese regula unha rede de apoio á muller embarazada. Non soa-mente no momento da toma en consideración votamos encontra desta iniciativa lexislativa popular, senón tamén des-pois do trámite de ponencia, no cal o Bloque NacionalistaGalego presentou trece emendas.

Fomos moi claros a respecto deste texto. Quero recordar aargumentación porque é importante para o tema que hoxedebatemos. É un texto de lei no que realmente os seus con-tidos significan un forte retroceso nos dereitos das mullerese que pon en cuestión moitos dos dereitos básicos acadadosnas últimas décadas.

O segundo argumento que utilizamos e que seguimos man-tendo é que este texto reproduce un estereotipo a respecto damaternidade como unicamente un problema das mulleres,deixando a paternidade sen tratar. Cremos que esa carga ide-olóxica, ese cuestionamento que se fai dos dereitos dasmulleres, eliminando a súa capacidade para ser suxeitossociais, suxeitos políticos de libre decisión, xa está nestetexto, que é como unha especie de preámbulo ao que despoisvai ser o anteproxecto de lei de Gallardón.

Tamén diciamos moi claro nese momento –e seguímolomantendo agora– que esta lei é unha lei que criminaliza aIVE, a interrupción voluntaria do embarazo. Introduce con-ceptos como os que despois Gallardón utilizaría tres anosdespois, como é o concepto do concibido, que claramenteaparece recollido no artigo 1 desta Lei de rede de apoio ámuller xestante.

E, por último, a finalidade da lei –diciamos dende o BloqueNacionalista Galego–, tanto na súa toma en consideracióncomo no debate de ponencia como posteriormente na súaaprobación final, era crear unha rede para poñela en mans deentidades privadas, como a Red madre, que eran realmenteas que promovían a iniciativa lexislativa popular, e financia-la con cartos públicos.

Anos despois, efectivamente, existe esa rede, está financia-da con cartos públicos, está establecida e non houbo real-mente unha ampliación de dereitos para as mulleres noámbito laboral, no ámbito social e no ámbito da súa saúdesexual e reprodutiva.

¿Que podemos dicir catro anos despois da aprobación destalei? Pois que as mulleres galegas teñen unha fenda salarialmáis ampla, que trinta mulleres galegas cada día o ano pasa-do perderon o seu emprego, que 58.000 mozas dende o 2009emigraron de Galiza... É dicir, que esta lei, dende logo, nonserviu para ampliar ningún dereito das mulleres, nin moitomenos das mulleres embarazadas.

O que si conseguiu esta lei, efectivamente, foi financiar unharede privada a través de cartos públicos, servir para emitirfolletos, un plan de apoio á maternidade que non conta conningunha medida nova realmente de creación de dereitospara as mulleres xestantes ou as mulleres embarazadas...Bueno, de feito, se simplemente vemos a Guía de recursos deapoio á asistencia á maternidade, que foi publicada despoisda publicación do plan con respecto a esta rede, pois, claro,atopámonos con que tanto nos permisos como nas presta-cións de axudas, beneficios, servizos e recursos non hai ninun só que fora novo despois da aprobación desta lei, soa-mente un: entidades sen ánimo de lucro con programas deapoio ás mulleres xestantes de Galicia, que era realmente oobxectivo desta lei. Iso si, podemos ver que para apoiar amaternidade se inclúen na guía servizos como a Rede galegade acollemento para mulleres maltratadas. ¡Home!, hai queter un pouco, creo que, polo menos, de corrección e de hones-tidade intelectual cos recursos; é dicir, isto pode ser un recur-so de violencia, pero non é un recurso de apoio á maternida-de. Bueno, supoño que había que enchelo, o mesmo que nasprestacións de apoio á maternidade se inclúen, por exemplo,as axudas económicas ás vítimas de violencia de xénero. Éoutro tipo de recurso, non o que tería que estar nunha guía deapoio, en todo caso, á maternidade e á paternidade.

Polo tanto, diante desa proposición de lei que hoxe presentao Grupo Mixto, nós seguimos mantendo que o mellor quepode ocorrer con esta lei é que sexa derrogada; que sexaderrogada a lei pola que se crea unha rede de apoio á mullerxestante, porque claramente non ampliou ningún dereitopara as mulleres embarazadas; non o fixo, senón que real-mente contribuía ao que se estaba buscando.

Nós consideramos que as mulleres embarazadas non debenser apoiadas, senón que se deben establecer os recursos e ascondicións necesarias para que poidan exercer os seus derei-tos a levar a termo o seu embarazo, ou, de non desexalo, anon levalo a termo.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

48

Número 6322 de abril de 2014

Page 49: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Polo tanto, como coincidimos co espírito do que se presentanesta modificación da norma, que é que as mulleres poidanter a posibilidade de interromper voluntariamente o seuembarazo na sanidade pública –é algo que o Bloque Nacio-nalista Galego defendeu desde hai xa décadas–, nós imosapoiar a toma en consideración deste proxecto de lei. Maisvolvo reiterar que si que non considero que sexa o marco–con todo o respecto así llo teño que dicir, señora Iglesias–máis adecuado a modificación dunha lei que nós entende-mos que é unha lei absolutamente ideolóxica e que significafortes retrocesos para as mulleres.

Mais hoxe vivimos unha situación a respecto do debatesobre a interrupción voluntaria do embarazado que nos tenque levar a pensar moito. Nos últimos datos que coñecemos,por exemplo os últimos datos publicados, vemos como coaLei vixente de saúde sexual e reprodutiva das mullereshoubo un descenso no número de interrupcións voluntariasdo embarazado. Tamén coñecemos polos últimos informesque, desas interrupcións voluntarias do embarazo, o 62 %foron por causas que non tiñan que ver nin con problemaseconómicos nin con problemas laborais nin con problemasafectivos, senón pola decisión libre e voluntaria dunhamuller de non ter un fillo ou unha filla, algo que se deberíade respectar.

Pero o que é curioso é que existan diarios de sesións, a ver-dade, e que se relean os diarios de sesións... Bueno, poragora, aínda non se fixo como en 1984, onde o protagonistatraballaba no Ministerio da Verdade e ía modificando asnoticias para que se foran adaptando á realidade. Bueno, éunha idea, por se acaso se quere tomar en consideración porparte do Partido Popular para o Diario de Sesións, xa que asúa deputada Paula Prado, no último debate a respecto daLei de apoio á rede de apoio ás mulleres xestantes, dicía lite-ralmente:“Como ten dito algunha compañeira miña noutroparlamento autonómico: cando a maternidade non se des-exa, pois non se desexa, e aí non se pode entrar”. É curiosoque o Partido Popular poucos anos despois –isto era exacta-mente no ano 2009, na toma en consideración– decide quesi, que coa muller que non queira levar a termo o seu emba-razo debe intervir a ideoloxía concreta dun grupo e decidirpor esa muller.

Por iso nós coincidimos en que é necesario regular a obxec-ción de conciencia, mais o que temos claro é que se debe de

facer dende unha óptica de que estea garantida a interrup-ción voluntaria do embarazado na sanidade pública. Esedebe de ser o compromiso da sanidade pública galega,garantila. Neste momento –segundo os últimos datos publi-cados– escasamente o 3 % das mulleres galegas puideronrealizar unha interrupción voluntaria do embarazo na sani-dade pública. Iso debe facernos pensar. ¿Que ocorre?, ¿quea conciencia ten capacidade de ser comprada na sanidadeprivada?, ¿que os médicos e as médicas que non poden rea-lizar as interrupcións voluntarias do embarazo na sanidadepública si que o realizan na privada? Non vou entrar na con-ciencia desas persoas e na súa actividade profesional, porqueo que lle compete ao Executivo é garantir...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

A señora ADÁN VILLAMARÍN: ...que todas as mulleres galegasteñan a posibilidade de levar a termo unha interrupciónvoluntaria do embarazo na sanidade pública galega.

Por ese espírito –como dicía antes– que se nos propón nestedebate, imos votar favorablemente esta modificación de lei.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda.Ten a palabra dona Eva Solla.

A señora SOLLA FERNÁNDEZ: Grazas.

Quero dicir, primeiro, que nos sorprendeu que a Mesa acep-tase tal cal está esta proposta do Grupo Mixto porque é unhaproposta coa que coincidimos, pero non ten forma de propo-sición de lei, non ten texto articulado, nin se concretan real-mente as cousas que solicita. A min gustaríame que talvez apropoñente o aclarase na súa quenda de réplica, porque nonqueda claro quen vai desenrolar esa modificación da Lei5/2010 nin hai ningún artigo explicitado nesta proposta.

De todos os xeitos, aínda que non entendemos a forma enque está disposta, imos votar a favor da súa toma en consi-deración porque coincidimos no exposto na exposición demotivos e na necesidade dunha regulación efectiva daobxección de conciencia a que se refire este texto.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

49

Page 50: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Coincidimos e compartimos a preocupación, porque ade-mais sabemos que este texto da exposición de motivos estásacado na maioría dun traballo realizado pola organizaciónfeminista Falando Nós, no que temos compañeiras taménnós, e que xa se lles trasladou aos distintos partidos políticosalá polo 2011, incluso ao Valedor do Pobo.

Efectivamente, por desgraza, a situación segue sen mudar,porque non hai ningunha garantía de que o dereito se faga enigualdade para todas as mulleres nin no conxunto do Estadonin no noso país, e non a hai porque, a pesar dese artigo 4 daLei de saúde sexual e reprodutiva, a 2/2010 –que non é exac-tamente da que trata esta iniciativa vixente–, que di: “OEstado velará por que se garanta a igualdade no acceso atodas as prestacións e servizos establecidos polo Sistemanacional de saúde que inciden no ámbito de aplicacióndesta lei”, isto non se chegou a cumprir nunca; desde un ini-cio houbo diferenzas territoriais no acceso a este dereito.

Pero é que, ademais, no noso propio país, en Galicia, que tenas competencias sanitarias transferidas, tampouco hai igual-dade no acceso, e menos aínda se falamos ademais de sani-dade pública, porque, por desgraza, a lei non incluía unhaobriga de garantir o acceso ás IVE na sanidade pública paratodas. Si a incluía nos anticonceptivos, si a incluía para aplanificación, pero non a incluía para os abortos, exceptuan-do o caso de risco para a vida da nai, que iso si que incluíaque tiña que ser na sanidade pública, pero non no resto. Vénno artigo 19 da lei, que di que se poderán dar os abortos napública ou en centros vinculados á mesma.

Isto, por desgraza, fixo que a propia Xunta de Galicia se aco-llese a este precepto para non proporcionar o dereito aoaborto de maneira igualitaria na sanidade pública. Eu teñodereito a abortar, pero ese dereito non ten por que ser efecti-vo e dentro da nosa sanidade, senón que, como está a acon-tecer na maioría dos casos, está a ser derivado.

¿O resultado cal é? O resultado é unha aplicación desigual:centros nos que se fai, outros non, pacientes derivadas aoutras provincias, pacientes derivadas a privados ou a con-certados, etc.

E a todo isto hai que sumarlle –como se expón na iniciativa–que a obxección de conciencia limita en moitos casos exer-cer o dereito con todas as garantías, porque tampouco que-

dou regulado na Lei de saúde sexual a maneira en que odereito da muller prevaleza sobre ese dereito á obxección deconciencia.

Ao final, ¿que está a suceder en moitos casos? Que prevale-ce o dereito individual sobre un dereito que é colectivo, por-que imaxinemos un suposto dun servizo no que todos e todasas profesionais decidan acollerse a esa obxección de con-ciencia. Realmente non se podería realizar esa IVE, e polotanto ese dereito individual de cada persoa estaría a prevale-cer sobre un dereito colectivo, que neste caso é o dereito dasmulleres, ás que se lles obrigaría –a elas– a ser as que se des-pracen a outro centro, a outra provincia, ou incluso a fóra deGalicia, como xa está a acontecer.

Tampouco existe regulación sobre as atribucións profesio-nais daqueles e aquelas sanitarios e sanitarias que practicanesta IVE. A min cónstame –comentabámolo antes fóra conalgunha compañeira– que hai profesionais que no seumomento se acolleron á obxección de conciencia non pormotivos morais nin éticos nin relixiosos, senón porque, se noseu servizo había poucos profesionais que realizaran a IVE,o que sucedía era que eles ou elas ían ser os que tiveran queencargarse de realizar todas as IVE dese servizo, e, polotanto, como os profesionais querían facer outras técnicas dasúa profesión, acollíanse a esa obxección de conciencia. Istocontribúe á inseguridade que teñen os profesionais, que ade-mais agora mesmo está alentada tamén por esa posible con-trarreforma de Gallardón, que aínda por riba lles vai botarenriba máis responsabilidade e máis inseguridade. O quepasa é que aquí non hai interese, porque se a Consellería deSanidade fora responsable neste tema averiguaría o motivodesas obxeccións de conciencia e intentaría solventar estetema.

En calquera caso, todo isto o único que fai é recortar o acce-so das mulleres ao dereito ao aborto, ao dereito a decidirsobre a súa vida, ao dereito a decidir sobre os seus corpos.E, polo tanto, resulta razoable que, igual que se regula apoiaras mulleres que deciden ser nais nesta lei tan contestada deapoio á muller embarazada, se regule tamén para apoiar asmulleres que deciden non ser nais.

Polo tanto, neste sentido, cómpre regular esa obxección deconciencia para que non sexa un impedimento, regular paraque o acceso na nosa sanidade pública non estea coartado e

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

50

Número 6322 de abril de 2014

Page 51: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

regulala para que poder practicar as IVE non sexa tampoucopara os profesionais un condicionamento no seu desenroloprofesional, favorecendo que se faga como unha técnicamáis dentro da xinecoloxía e da obstetricia; como, por certo,xa está a acontecer nalgúns dos nosos servizos públicos –porsorte, non hai en todos problemas– e reiterando que, pormoita obxección de conciencia que se queira contemplar, undereito individual nunca pode ser superior a un dereitocolectivo. Na sanidade pública os seus traballadores e assúas traballadoras deben traballar conforme os dereitoscolectivos e, evidentemente, non en canto a decisións perso-ais. Os abortos deben ser atendidos na pública, independen-temente das crenzas persoais que cadaquén, cada traballadorou cada traballadora, poidan ter–, o mesmo que se aplican oresto de técnicas, de intervencións e de coidados que se apli-can na pública. Eu non podo decidir ou non atender unhapersoa porque non pense igual ca min, porque me caia mal,porque sexa un maltratador..., non podo decidilo. O benefi-cio colectivo, polo tanto, nestes casos sempre se presupónsuperior ao beneficio ou aos dereitos individuais dos indivi-duos.

Polo tanto, consideramos que temos magníficas e magnífi-cos profesionais sanitarios, moi preparadas e moi preparadospara realizar as IVE e moitas outras técnicas; profesionaisque ademais respectan a deontoloxía e, polo tanto, estánobrigados e obrigadas a axudar as pacientes. O aborto deberealizarse na sanidade pública e a obxección de concienciadebe de estar francamente regulada adecuadamente para quese poida dar como dixemos.

Nestes termos, por estes motivos, imos apoiar a toma enconsideración desta iniciativa.

Eu simplemente quero facer a consideración de que eu,como sanitaria, sei, dende logo, que hai moitos profesionaisque están dispostos a axudar as mulleres e que se pode rea-lizar o aborto na sanidade pública, e de que, como muller,seguiremos exixindo, obviamente, que isto sexa así.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Polo Grupo Parlamentario Socialista ten a palabra donaCarme Acuña do Campo.

A señora ACUÑA DO CAMPO: Grazas, presidenta.

Bo día, señorías.

Pois ben, de novo estamos a debater sobre o dereito dasmulleres a decidir sobre a maternidade, nesta ocasión a tra-vés dunha proposta de lei impulsada polo Grupo Mixto. Averdade é que teño que empezar dicindo que nos chamou aatención a redacción do texto e que incluso a forma destaproposta nos sorprendeu. Pero se os Servizos Xurídicos daCámara a admitiron así pois nós non imos ser os que llepoñamos trabas, xa que coincidimos na intención, no espíri-to da mesma.

Efectivamente, a Lei galega para a igualdade de mulleres ehomes recolle a maternidade como un dereito e un beninsubstituíble, e ademais precisa que todas as cargas e coi-dados que supón o embarazo, o parto, a crianza e a sociali-zación dos fillos e fillas deberán recibir axuda directa dasinstitucións públicas galegas. Pero o señor Feijóo nada máischegar ao Goberno da Xunta considerou oportuno impulsar,para logo aprobar –só cos votos do Partido Popular–, unhainiciativa lexislativa promovida pola Rede Madre que resul-tou ser a lei máis retrógrada que se aprobou nesta Cámara.En realidade, tratábase dun aperitivo do que están a faceragora Rajoy e Gallardón dende o Estado.

Con esta iniciativa lexislativa a Rede Madre non buscabarevalorizar a maternidade senón impola, antepondo o derei-to á vida en formación dende o mesmo momento da concep-ción sobre o dereito á vida xa formada, o dereito da muller adecidir, exactamente coa mesma liña do proxecto de lei coque o Goberno popular pretende agora reformar a Lei desaúde sexual e reprodutiva para impedir a IVE –a interrup-ción voluntaria do embarazo–. E nesa lei da Rede Madredestaca, entre outras medidas, o dereito á información; infor-mación que, curiosamente, está a prestar a propia rede, aimpulsora da lei. Ou sexa, que coa desculpa de facer unha leipara velar polos dereitos da muller embarazada a RedeMadre asegurouse de ser ela mesma a que facilita esa infor-mación, e ademais financiada pola Xunta. No artigo 6, seño-rías, dise textualmente que a Xunta poderá concertar o des-enrolo dos labores de información e asistencia previstos nalei con entidades privadas sen ánimo de lucro que teñan osfins de asistir, apoiar e informar as mulleres xestantes; sólles faltaba pór “como, por exemplo, a Rede Madre”.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

51

Page 52: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Ademais, teño que dicir que iso é o único da lei que está acumprir o Goberno Feijóo, e ademais parece que moi ben,pois leva gastado xa 900.000 euros en achegas. Por iso ossocialistas pretendemos e queremos apoiar esta proposta quenos permitiría modificar unha lei que só serve para xustifi-car e manter a Rede Madre e outras asociacións provida.

Señorías, seguro que algúns de vostedes recordan a voceirado Partido Popular no debate desta lei; os demais pódeno ler,poden recordar os seus argumentos no Diario de Sesións.Esa voceira, coa humildade, co rigor e coa honradez que acaracteriza –sinto moito que non estea nesta sala– (Pronún-cianse palabras que non se perciben.), xustificaba –grazas–a necesidade da lei poñéndose na pel dunha muller de 24anos que se encontrara traballando e que, unha vez que que-dara embarazada, pois quedara tamén sen traballo e sen nin-gunha axuda. Pois ben, señorías, eu pregúntome –coa leiaprobada, coa lei vixente–, ¿cal sería a diferenza para esamuller? Ningunha, salvo que agora co PP non perdería o tra-ballo porque xa non o tería. Pero a voceira do PP tamén sepuña na pel dunha muller inmigrante que non levara nin unano de residencia en Galicia e que quedara embarazada,lonxe da súa familia e sen recursos. Pois ben, señoría, fagá-monos a mesma pregunta: ¿que vantaxes tería hoxe esamuller con esta lei vixente? Ningunha; só que agora co Par-tido Popular no Goberno autonómico e do Estado non teríarecursos e nin sequera tería dereito á asistencia sanitaria,como, por certo, están a denunciar hoxe Médicos do Mundocando se cumpren dous anos do decreto do PP que acaboucoa sanidade universal.

E daquela a voceira do Partido Popular –tan empática ela–tamén nos falou doutro caso: dunha muller nova, estudante,que, ao quedar embarazada, pois tería que renunciar á súaformación. Pois ben, agora coa lei, temo que tamén. Pero,claro, co PP no Goberno, pois xa non estaría estudando, poisnon tería nin becas. Pero a deputada do PP –sempre tanhumilde, tan rigorosa e tan honrada– non dubidou en rema-tar o seu discurso afirmando que a intención do PartidoPopular apoiando esa lei non era outra que respectar a deci-sión da muller. E tampouco tivo reparos para acusar ossocialistas e os nacionalistas de non respectar a vontade dasmulleres, “obrigándoas a abortar”. Isto foi dito aquí nestaCámara pola voceira do Grupo do Partido Popular. Pois ben,señorías, o tempo pon a cada un no seu sitio, no seu lugar,así que xulguen vostedes. É unha pena que á deputada á que

me estou a referir isto, claro, non lle interese nada, non vaiaser que lle remorda a conciencia.

Mais o artigo 3, do dereito á información, concretamente nopunto 5, letra g), é a esencia desa lei, porque neste puntoavógase abertamente polo modelo sor María; ou sexa, polapromoción da acollida e da adopción como alternativas efi-caces para que a muller xestante siga adiante co seu emba-razo. Señorías, iso non é apoiar a maternidade, iso é que asmulleres pobres teñan fillos para dárllelos ás mulleres ricas–insisto, modelo sor María–. E precisamente ese modeloqueda definitivamente claro na lei cando se detallan no arti-go 5 “as mulleres beneficiarias da mesma: mulleres xestan-tes en especial situación de risco por idade, por cultura, porsituación socioeconómica ou en exclusión social; exemplos,menores de idade, mulleres con discapacidade ou inmigran-tes”. ¡Menudo cinismo propor como dereito á maternidadeparir para logo ter que dar ese fillo ou esa filla!

Na proposta de lei que estamos hoxe a debater tamén se falada necesidade de regular a obxección de conciencia do per-soal sanitario no sistema sanitario público. Non é a primeiravez que eu afirmo que existen dous misterios inalcanzables:o da Santísima Trindade e o dos e das obxectores de con-ciencia. Dende o Grupo Parlamentario Socialista temos pre-sentado múltiples iniciativas nestes anos solicitando da Con-sellería de Sanidade o dato que reflicta o número de obxec-tores e obxectoras en relación coa realización das IVE dentrodo sistema público, así como a súa distribución nos diferen-tes centros hospitalarios galegos. Pero o Goberno Feijóo–saltando coma sempre as regras da democracia– leva un lus-tro –exactamente un lustro– ocultando esa información. Porsuposto que non se trata de saber o nome de cada obxector,senón de comprobar se o número é tan abondoso como parapór en perigo a prestación dese servizo no sistema público. Etalvez ese sexa o motivo polo cal se están derivando as mulle-res de forma habitual a centros concertados.

Señorías –remato xa–, os socialistas imos votar a favor destaproposta de lei porque serviría para habilitar unha ponenciaonde revisar unha lei que temos claro que non está a funcio-nar adecuadamente e que ademais –insisto e repito– é a leimáis retrógrada de todas as que se levan aprobado nestaCámara.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

52

Número 6322 de abril de 2014

Page 53: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

A señora PRESIDENTA: Polo Grupo Popular de Galicia ten apalabra dona Rosa Oubiña.

A señora OUBIÑA SOLLA: Moitas grazas, señora presidenta.

Hoxe, señora Iglesias, trae aquí vostede para o seu debate etoma en consideración a modificación da Lei 5/2010, deapoio á muller embarazada. A verdade é que moito se levafalado aquí doutras cousas e menos en relación a esta lei quevostede pretende modificar; esta lei que non presenta ningúnconflito de conciencia e que, ademais, tamén xa existe outralei que regula a IVE.

Non sei cal é o motivo do ataque a unha lei na que o seu únicoobxectivo é garantir e preservar os dereitos das mulleres, osdereitos das que libremente decidan ser nais; unha lei que dáresposta a unha demanda social e unha lei que é respectuosacos dereitos das xestantes e que é respectuosa cos nenos enenas, especialmente con aqueles que teñen menos recursos.

A Lei 2004, da igualdade de homes e mulleres, establece noseu artigo 3 o dereito á maternidade e considera que son asinstitucións públicas galegas as que deben prestar axuda cofin de que a maternidade non constitúa unha situación gra-vosa para as mulleres.

Neste sentido, o Parlamento de Galicia aprobou cos votos afavor do Partido Popular a Lei de apoio á muller embaraza-da, que naceu, como xa se dixo aquí, como resultado dunhainiciativa lexislativa popular e que contou co aval de 22.000firmas de galegos e galegas; unha lei que ten como finalida-de facilitar ás mulleres que así libremente o desexen seguiradiante co seu embarazo sen ningún tipo de coacción.

Porque apoiar á muller embarazada, señora Iglesias, non éunha iniciativa ideolóxica, senón que é unha iniciativa desentido común para os que cremos na solidariedade e nosdereitos das mulleres que libremente decidan ou non sernais. É un texto lexislativo, señora deputada, que pon enmarcha recursos e que pon unha rede de apoio a mulleresxestantes, especialmente a aquelas con máis dificultades;unha iniciativa que supuxo unha chamada de atención sobreo difícil que lles pode resultar a determinadas mulleres levaradiante o seu embarazo sen axuda, e de maneira especial–como ben tamén se dixo aquí– ás que se atopan en risco deexclusión social.

É máis, eu podía dicir: ¿a quen se dirixe esta rede de apoioá muller embarazada? A toda muller que desexe continuar oseu embarazo, a pesar de non ter recursos, ás que son xóve-nes ou están estudando, a quen non ten apoio familiar outampouco ten apoio da parella, ás que non teñen emprego, ásmáis desfavorecidas en situación de abandono, de marxina-ción, de discapacidade, e un largo etcétera, a todas as naiscon fillos e fillas menores de tres anos, e non só iso, a todamuller que sufra como consecuencia de ter sufrido un abor-to, sexa espontáneo ou sexa provocado.

Neste sentido, esta lei apoiada polo Partido Popular garantepara as mulleres xestantes que se atopen en situación derisco de exclusión social programas de apoio, de apoio enactuacións de emprego, de formación, de acceso a rendas deinserción social ou de residencia, tendentes a garantir a súaautonomía familiar e persoal. Saben vostedes que a falta deapoios fai que moitas mulleres se vexan condicionadas ainterromper o seu embarazo aínda en contra da súa vontade.Polo tanto, esta lei o que favorece é a liberdade de elecciónpara decidir se son nais ou non, sen que se cuestione nin-gunha outra forma, ningunha outra opción alternativa, e quea muller libremente elixa. Unha norma que incide, en todocaso, na información, porque a falta de información sobre aexistencia de recursos é moitas veces a que impide ás mulle-res que poidan acceder a eles.

Por iso, no seu articulado establécese que a muller xestanteten dereito a ser informada, a través das distintas adminis-tracións públicas galegas, das axudas e tamén dos apoiosestablecidos pola lei para que poidan levar a cabo libremen-te o seu embarazo. Neste caso a Xunta de Galicia –ao que xase fixo aquí referencia– elabora unha guía de recursos e deapoios de asistencia.

Tamén establece no seu articulado que a Xunta de Galiciaestablecerá programas de actuación encamiñados á protec-ción das mulleres xestantes, pero tamén dos seus fillos, enespecial daqueles que estean en situación de risco de exclu-sión social, a través de convenios con entidades de interesexeral que leven a cabo este tipo de apoio e asesoramento ámuller xestante que está previsto na lei. Proba diso –e ao quexa se fixo referencia– son as axudas a subvencións ás entida-des de iniciativa social que convocou a Secretaría Xeral daIgualdade e que no ano 2013 contaron con máis de 887.000euros, o mesmo que no ano 2012, o que permitiu atender no

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

53

Page 54: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

ano pasado máis de 2.000 mulleres. Eu preguntaríalle por quevostedes queren deixar sen atención a todas estas mulleres,sen apoio desta rede; por que queren negarlles o apoio a estasmulleres que o demandan e que o precisan.

A obriga tamén de elaborar un plan integral de apoio ámuller embarazada, co obxecto tamén de artellar, non sórecursos, senón as medidas e as axudas que aseguren a pro-tección ás futuras nais e tamén –como dixen antes– aos seusfillos menores de 3 anos; un plan integral que está en vixen-cia, que conta coa vixencia do ano 12 ao ano 14. É máis, cre-mos que neste contexto económico no que nos atopamos,señora Iglesias, estaría incluso máis xustificado que seampliara esta cobertura e non que se reducira, como pareceser que vostedes queren.

Neste sentido, o Partido Popular apoiou esta iniciativa lexis-lativa popular no ano 2010, e séguea apoiando neste ano2014, porque garante os dereitos das mulleres a seguiradiante co seu embarazo, cando voluntariamente queiranoptar pola maternidade. Non sabemos, desde o noso puntode vista, que perigo ven vostedes nesta lei, señora Iglesias.¿Por que queren vostedes coartar os dereitos das mulleresque desexen optar libremente pola maternidade? Non impo-ñan condutas, non pretendan quitar dereitos que as mulleresnecesitan. As mulleres creo que xa son maduras para saberque camiño teñen que elixir. (Murmurios.)As mulleres o quequeren, señora Iglesias, é oportunidades; oportunidades paraelixir libremente sobre a súa vida. Polo tanto, neste sentido,o Partido Popular vai seguir poñendo ao servizo das mulle-res, así como tamén dos seus fillos e fillas, todas aquelasmedidas que garantan a liberdade de decidir sobre a súamaternidade. Xa hai outra lei que regula outras cousas.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Rolda de réplica.

Grupo autor da proposición de lei, señora Iglesias.

Déanlle voz á señora Iglesias desde o escano, por favor.

A señora IGLESIAS SUEIRO: Antes de nada, señora Solla, vos-tede citou o foro Falando nós. É un foro feminista de Ouren-se fundado por min, que tivo esta iniciativa para levala ásinstitucións cando saíu a lei. Non fomos quen de logralo

–¿óeseme así?–. Polo tanto, as compañeiras deste foroFalando nós, elaboradoras deste texto, pedíronme que, xaque viña ao Parlamento, trouxera esta iniciativa, por iso aestou traendo. Non sei se lle queda aclarado; se non, sígolloaclarando máis tarde.

Despois, en canto á formulación da iniciativa, bueno, eu sonunha novata parlamentaria, e sobre todo no trámite burocrá-tico, pero a idea creo que queda ben clara, que é do que setrata. Aquí non estamos xulgando nin a redacción nin aforma do texto, senón o contido, digo eu.

Contestándolle á parlamentaria do PP, vamos ver, nós nonobrigamos a ninguén a abortar. Ninguén aborta por gusto.Abortar é traumático, abortar é moi traumático; é unha deci-sión que se toma libremente pero baixo unha presión persoal.Esa angustia que pasa unha muller embarazada que non podeou non quere levar adiante o seu embarazo ten que tamén estarincluída nesta lei. Eu non sei que forma se lle pode dar, perosi que lle hai que dar forma. Se é unha rede para protexer asmulleres embarazadas, as que non queren levar a cabo eseembarazo a termo teñen o mesmo dereito para, en liberdade,como vostede dixo, escoller, decidir sobre o seu corpo e sobrea súa vida. Despois, é un concepto moral o de que o feto ou ocigoto é un ser humano. Para nós, para min en concreto, nono é. Teño todo o dereito do mundo a dicir isto, e pode que teñarazón ou non, pero dígoo sustentada e informada na cuestión.

Non pretendemos –non pretendo– eliminar esta lei, simple-mente pretendo que se amplíe esa protección ás mulleresxestantes que atopan montóns de trabas, porque, ademais, nalei que aínda está en vixencia, do 2 do 2010, do 3 de marzo,di: “O desenvolvemento da sexualidade e a capacidade deprocreación están directamente vinculadas á dignidade daspersoas e ao libre desenvolvemento da personalidade, queson obxecto de protección a través de distintos dereitos fun-damentais, sinaladamente daqueles que garanten a integrida-de física e moral e a intimidade persoal e familiar. A decisiónde ter fillas e fillos e cando telos constitúe un dos asuntosmáis íntimos e persoais que as persoas afrontan ao longo dassúas vidas, que integra un ámbito esencial de autodetermi-nación individual. Os poderes públicos están obrigados anon interferir nese tipo de decisión, mais tamén deben esta-blecer as condicións para que se adopten de forma libre eresponsable, pondo ao alcance de quen o precise servizos deatención sanitaria, asesoramento e información”.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

54

Número 6322 de abril de 2014

Page 55: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Isto, hoxe por hoxe, non existe, nin coa lei vixente aínda, eseino porque o vivín persoalmente en persoas moi próximasa min. Sei as trabas –pese a que hai unha lei– coas que seatopa a muller que, dentro dos prazos legais, quere facer usoda liberdade de practicar unha IVE.

Máis nada. Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Votación dos textos lexislativos

A señora PRESIDENTA: Pasamos, pois, á votación dos textoslexislativos. Pechamos as portas.

Comezamos co Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institu-cional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, sobre aProposición de lei do Consello Consultivo de Galicia.

Fixéronme chegar os grupos unha transacción sobre a emen-da número 5 do Grupo Parlamentario da Alternativa Galegade Esquerda ao artigo 24.2 in fine.

Se quere, dou lectura ao texto que me fixeron chegar. Atransacción sería: “Neste caso, interromperase o prazo pre-visto no artigo 23 polo tempo que regulamentariamente seestableza”

Entón, se lles parece, votamos en primeiro lugar esta transac-ción.

Votación do texto transaccionado da emenda número 5, pre-sentada polo G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, aopunto 2 do artigo 24 do Ditame elaborado pola Comisión 1ª,Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior,sobre a Proposición non de lei do Consello Consultivo deGalicia.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 72; abstencións, 1.

O resultado da votación é positivo.

En consecuencia, queda aprobada esta transacción por una-nimidade.

A señora PRESIDENTA: Votamos a continuación as emendasdo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galegocontempladas no documento número 22227.

(A señora Díaz Pérez pide a palabra.)

¿Si, perdón, señora Díaz?

A señora DÍAZ PEREZ: Pedimos a votación por separado de trestransaccións do PSdeG e unha do Bloque. Perdón, si, asemendas 2, 11, 17 do PSdeG e a emenda 12 do Bloque Nacio-nalista Galego, para despois votar en bloque as restantes.

A señora PRESIDENTA: ¿Quererían vostedes unha votaciónseparada das emendas 2, 11 e 17 do Grupo Socialista...? (Aseñora Díaz Pérez pronuncia palabras que non se perciben.)Non, pero transaccionadas...

A señora DÍAZ PÉREZ: Como está no informe da Ponencia.Pedimos a votación destas separadas.

A señora PRESIDENTA: Son a 2, 11 e 17 do Grupo Socialis-ta...

A señora DÍAZ PÉREZ: E 12 do Bloque.

A señora PRESIDENTA: E 12 do BNG. Pero son as emendasque están presentadas, que votamos por separado.

Entón, se lles parece, votamos en primeiro lugar a emenda12 do BNG... (Pronúncianse palabras que non se perciben.)Claro, señora Díaz, é que pensei que eran emendas que esta-ban aquí e que me pedía vostede a votación por separado.Son emendas que xa están incorporadas ao ditame. Polotanto, non hai que votalas.

A señora DÍAZ PEREZ: Nada, perdoe, perdoe. Xa está.

A señora PRESIDENTA: Perdón, é que eu pensaba que pedía avotación por separado de emendas, pero non é así.

Ben, entón, se lles parece, imos votar as emendas presenta-das polo Bloque Nacionalista Galego, documento número22227.

Votamos.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

55

Page 56: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Votación das emendas do G.P. do Bloque Nacionalista Gale-go ao Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, deAdministración Local, Xustiza e Interior, sobre a Proposi-ción de lei do Consello Consultivo de Galicia.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 32; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, quedan rexeitadas estas emendas.

A señora PRESIDENTA: Votamos a continuación as emendasdo Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda,documento 22226, exceptuando a número 5, que foi transac-cionada, e que xa votamos con anterioridade.

Votamos.

Votación das emendas do G.P. da Alternativa Galega deEsquerda ao Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institu-cional, de Administración Local, Xustiza e Interior, sobre aProposición de lei do Consello Consultivo de Galicia, agása número 5.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 33; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, quedan rexeitadas estas emendas.

A señora PRESIDENTA:Votamos as emendas do Grupo Parla-mentario dos Socialistas de Galicia contempladas no docu-mento 22220.

Votamos.

Votación das emendas do G.P. dos Socialistas de Galicia aoDitame elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Admi-nistración Local, Xustiza e Interior, sobre a Proposición delei do Consello Consultivo de Galicia.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 33; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, quedan rexeitadas estas emendas.

A señora PRESIDENTA: E votamos a continuación o ditameda comisión coa transacción incorporada.

Votámolo.

Votación do Ditame elaborado pola Comisión 1ª, Institucio-nal, de Administración Local, Xustiza e Interior, sobre aProposición de lei do Consello Consultivo de Galicia, coaincorporación da transacción da emenda número 5.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 57; votos en contra, 8; abstencións, 8.

O resultado da votación é positivo.

En consecuencia, queda aprobado o Ditame elaborado polaComisión 1ª, Institucional, de Administración Local, Xusti-za e Interior, sobre a Proposición de lei do Consello Con-sultivo de Galicia.

A señora PRESIDENTA: Votamos a continuación as emendasá totalidade de devolución presentadas polo Bloque Nacio-nalista Galego e polo Grupo Socialista en relación co Pro-xecto de lei de medidas urxentes derivadas da entrada envigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalizacióne sustentabilidade da Administración local.

Votamos, en primeiro lugar, a emenda do Bloque Naciona-lista Galego, documento número 21820.

Votamos.

Votación da emenda á totalidade de devolución, do G.P. doBloque Nacionalista Galego, ao Proxecto de lei de medidasurxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade daAdministración local.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 33; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

56

Número 6322 de abril de 2014

Page 57: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

En consecuencia, queda rexeitada esta emenda.

A señora PRESIDENTA: E votamos a emenda do Grupo Par-lamentario dos Socialistas de Galicia, documento número21821.

Votamos.

Votación da emenda á totalidade de devolución, do G.P. dosSocialistas de Galicia, ao Proxecto de lei de medidas urxen-tes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 dedecembro, de racionalización e sustentabilidade da Admi-nistración local.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 32; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta emenda.

A señora PRESIDENTA: Polo tanto, o proxecto de lei continúaa súa tramitación parlamentaria.

E votamos, por último, a toma en consideración da proposi-ción de lei formulada polo Grupo Mixto.

Votamos.

Votación da toma en consideración da Proposición de lei doG.P. Mixto, de modificación da Lei 5/2010, do 23 de xuño,pola que se regula unha rede de apoio á muller embaraza-da.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 33; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada a toma en consideracióndesta proposición de lei.

Alteración da orde do día

A señora PRESIDENTA: Tal e como foi comentado polos por-tavoces imos substanciar a continuación a seguinte moción.

Moción do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por inicia-tiva de D. Cosme Eladio Pombo Rodríguez, sobre o siste-ma de préstamo universal dos libros de texto

A señora PRESIDENTA: A esta moción non se presentaronemendas e para formulala ten a palabra o señor PomboRodríguez.

O señor POMBO RODRÍGUEZ: Grazas, señora presidenta.

Bo día, señoras e señores deputados.

Señor conselleiro, en nome do Grupo Parlamentar do BNGpresento esta moción para substanciar a interpelación deba-tida na sesión plenaria do 8 de abril referente ao tema sobreo sistema de préstamo universal de libros de texto.

Naquela interpelación o Bloque puxo de manifesto máisunha vez que sempre defendeu un sistema de ensino básicoobrigatorio galego, con carácter público e gratuíto, de cara afavorecer o dereito do alumnado galego á igualdade de opor-tunidades. O BNG sempre defendeu un ensino obrigatoriogalego, planificado en función dos intereses do noso país,potenciador da nosa identidade propia, co galego como lin-gua vehicular, e dirixido e controlado polas institucións edu-cativas galegas.

No BNG, desde logo, cremos que o ensino é un dereito fun-damental que arrinca alá pola época da Revolución France-sa, cando se falaba de que todos os seres humanos nacenlibres e iguais en dignidade e mais en dereitos; un dereitofundamental gratuíto, recoñecido hai máis de 65 anos naAsemblea Xeral das Nacións Unidas; e un dereito funda-mental gratuíto recoñecido hoxe en día por toda a lexislaciónvixente nacional e internacional.

Señoras e señores deputados, o Grupo Parlamentar do BNGdefendeu a gratuidade total do ensino básico na interpela-ción ao señor conselleiro que hoxe estamos a substanciar,porque, en primeiro lugar, a lexislación educativa actualnacional e internacional recoñece a gratuidade e obrigatorie-dade do ensino básico. Mais, a pesar deste recoñecemento,na Galiza, lamentabelmente, milleiros de familias vénse naobriga de adicar cantidades importantes de diñeiro a pagarun ensino que en teoría debe ser obrigatorio e gratuíto.Lamentabelmente, o señor conselleiro, cando foi interpelado

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

57

Page 58: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

polo BNG, nin garantiu o dereito á educación básica gratuí-ta da totalidade de galegos e galegas nin garantiu o orza-mento económico para establecer tal dereito.

Tampouco manifestou a súa disposición a compartir as reco-mendacións formuladas polo Valedor do Pobo no informe xado ano pasado, para non seguir a recortar os orzamentos noservizo fundamental da educación, nomeadamente na árearural e na montaña galega. Tampouco manifestou a súa dis-posición a compartir as recomendacións formuladas poladefensora del pueblo de cara a garantir o carácter gratuíto daensinanza nos niveis obrigatorios como único xeito degarantir o acceso de todos a estes estudos; gratuidade quedebería facerse, segundo ela, extensiva aos libros de texto ematerial didáctico utilizado para cursar os referidos niveis.

Nada dixo o señor conselleiro se a Xunta dispón dun estudosobre o impacto que a aplicación da Lei Wert supoñerá paraas familias galegas no vindeiro curso. Nada sobre a reco-mendación de aplicar preferentemente o sistema de présta-mo universal e a reutilización do libro de texto pola súamaior eficiencia e menor custo, e para favorecer esta utiliza-ción no ensino obrigatorio pola súa indubidábel contribuciónao proceso educativo do alumnado e á adquisición de hábi-tos cívicos e de convivencia.

Señoras e señores deputados, o Grupo Parlamentar do BNGdefendeu, defende e defenderá a gratuidade total do ensinobásico obrigatorio. O BNG por suposto que seguirá a denun-ciar tamén o continuo recorte orzamentario na educacióngalega –e xa van cinco anos–, recorte que provoca perda dodereito á igualdade de oportunidades do alumnado galego.Triste logro educativo o do Goberno do señor Feijóo candose reflexa en menos profesorado, en máis ratio de alumnospor aula, en menos axudas para pago de libros, en menosaxudas para bolsas, en menos axudas para comedores, etc.

O BNG entende, desde logo, que o Goberno galego debegarantir a gratuidade do ensino obrigatorio porque, en pri-meiro lugar, a lexislación así o recoñece, aínda que a Xuntacontinúa coa súa política educativa de recorta e paga.

O Goberno galego para nós debe garantir, no contextosocioeconómico no que estamos a vivir: máis de 280.000desempregados, 650.000 persoas galegas no límite da exclu-sión social... Por certo, nesta fin de semana moito se falou de

que o 30 % da poboación en idade escolar obrigatoria taménforma parte destas 650.000 persoas en risco de exclusiónsocial; 60.000 persoas galegas que non teñen nin para librosnin para comer, non hai ingresos nesas familias. Polo tanto,nós entendemos que nesta situación moitas familias nonpoden asumir máis gastos en educación. Moitas familias, deter que pagar libros, chegarían a formar parte tamén destaexclusión social.

Por último, o Goberno galego para nós debe garantir, porqueé posíbel, aceptar a lexislación educativa actual e garantir odereito ao ensino obrigatorio e ao ensino gratuíto, medianteun sistema que non é novidoso, que xa funcionou na épocado bipartito, que se chamaba sistema de préstamo universal;un sistema socialmente moito máis xusto, porque trata atodos por igual, moito máis eficiente economicamente, por-que cos mesmos cartos que, segundo o PP inviste para pagaros libros do 25 %, como daquela só se pagaba cada catroanos, o 25 por 4 é o 100 %. Ou sexa, co mesmo diñeiro paga-riamos o de todos. E o dereito do ensino para nós por supos-to que é o primeiro e non seguir o pago a multimillonarios ebanqueiros, que, efectivamente, son os causantes da criseactual.

O Grupo Parlamentar do BNG considera que recuperar o sis-tema de préstamos para garantir a gratuidade do ensino bási-co obrigatorio é o modelo. Esta mesma consideración xa aten manifestado, á parte do BNG, a práctica totalidade dasANPA, o Sindicato de Ensino e moitos partidos políticos–PP á parte, por suposto–.

Tamén a defensora do pobo fixo recomendacións de cara agarantir o carácter gratuíto que, segundo ela –leo palabrastextuais–, “debería facerse extensivo aos libros de texto ematerial didáctico utilizado para cursar os referidos niveis, oque exixe medidas que fagan posíbel o acceso de todos osalumnos e alumnas aos mesmos sen custo ningún”.

Señoras e señores deputados, o BNG considera que paragarantir a gratuidade do ensino básico obrigatorio dendelogo este Parlamento galego debe instar a Xunta de Galiza a,en primeiro lugar, garantir o dereito á gratuidade do ensinopúblico obrigatorio na Galiza, incluíndo nese dereito a gra-tuidade do material escolar e didáctico que o alumno preci-se para o mesmo. E, en segundo lugar, establecer a gratuida-de de libros de texto mediante o sistema de préstamo uni-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

58

Número 6322 de abril de 2014

Page 59: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

versal para o alumnado do ensino público durante a educa-ción obrigatoria.

Señoras e señores deputados, agardo, desde logo, o apoio detodos os grupos parlamentares para facer posíbel o cumpri-mento da lexislación educativa, porque xa o dixen, a lexisla-ción educativa actual...,

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando.

O señor POMBO RODRÍGUEZ: ...tanto nacional como interna-cional, recoñece este dereito, para garantir o dereito ao ensi-no básico de todos os galegos e de todas as galegas de xeitogratuíto.

Polo de agora máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Pombo.

Intervención dos grupos parlamentarios.

Polo Grupo da Alternativa Galega de Esquerda ten a palabrao señor Vázquez Díaz.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: Bo día, bo mediodía xa, a todos e atodas.

A verdade é que cando abordamos a cuestión da gratuidadedos libros de texto atopámonos diante dun claro exemplo,dun exemplo paradigmático, de como aos señores do PartidoPopular a Constitución lles vai grande, mentres que a nós senos fai pequena. Un claro exemplo é o artigo 27 da Constitu-ción, cando di: a educación básica é obrigatoria e gratuíta.Ese punto concreto para nós era un punto de partida óptimopara garantir o dereito a unha educación universal e gratuíta,de carácter inclusivo, que permitira o crecemento en igualda-de de todos os nenos e nenas; un punto de partida para mello-rar. Pero para vostedes, para o Partido Popular, era demasia-do, por iso o incumpren sistematicamente. Porque cando unneno ten que pagar os libros de texto ou o material escolarnon accede a unha educación gratuíta e a unha educaciónbásica e universal; ou cando un neno transportado é obrigadoa pagar o comedor, non accede a unha educación básica egratuíta. Polo tanto, nun contexto en que o dereito á educa-ción básica, universal e gratuíta estaba en vías de ser conse-guido, o Partido Popular introduce medidas que van precisa-

mente na dirección contraria ao cumprimento dese dereito dasúa sacrosanta Constitución. Por iso tamén acomete toda asúa batería lexislativa de contrarreforma educativa: aLOMCE no Estado e os sucesivos decretos, como o decretode comedores, en Galicia.

A realidade constatada demostra que o sistema de préstamode libros de texto era un sistema óptimo, válido e que cum-pría ademais unha triple función. Primeiro, aforro, ese afo-rro ao que vostedes someten en teoría todas as súas políticas.Un exemplo claro. No seu último ano de aplicación en Gali-cia, antes de ser derrogado polo Partido Popular, o orzamen-to para libros de texto era de 14,4 millóns de euros e permi-tía que todos, absolutamente todos, os nenos e as nenas deGalicia escolarizados en ensino obrigatorio tiveran librosgratuítos. Este ano, o 2014, o orzamento para libros é de 9,5millóns de euros, pero as familias téñenos que pagar, polotanto, non hai unha proporción entre o servizo que se prestae o aforro, sendo este último un aforro mínimo.

Cumpría un segundo obxectivo. O sistema de préstamo delibros de texto permitía un acceso ao material escolar, aoslibros, aos manuais, de xeito igualitario e sen diferenzas paratodos os nenos e para todas as nenas; era un acceso univer-salizado, non establecía diferenzas.

E, en terceiro lugar, tiña un compoñente claramente pedagó-xico e educativo, de xeito que se lles inculcaba aos rapacese ás rapazas a necesidade de coidar o material e a solidarie-dade entre compañeiros, sabendo que ese material que elestiñan ao ano seguinte ía ser para un compañeiro ou unhacompañeira.

Cumpría pois unha triple función, pero tiña un pequeno incon-vinte, iso si, reducía a compra de materiais e, polo tanto, aganancia das grandes editoriais; esa é a única e exclusiva ver-dade. Nun contexto ademais de caída en picado da lectura, dalectura en xeral, a venda dos manuais escolares constitúe, sendúbida, o maior cupo de ingreso das grandes editoriais, por isoo Partido Popular non o podía permitir, e por iso na LOMCE,durante o seu proceso de elaboración, mantivo reunións coseditores, que quixeron blindar precisamente a súa parte deganancia neste proceso de contrarreforma educativa.

Pero eu –e xa para rematar– non quixera deixar de escaparhoxe a oportunidade de cuestionar certo librocentrismo do

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

59

Page 60: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

que adolece o noso sistema educativo, de xeito que na maio-ría dos casos son os libros de texto –refírome en exclusivaaos libros de texto– os manuais de referencia, as guías dopropio sistema educativo, os soportes dos contidos, e son aseditoriais as que conducen e guían os propios procesos deaprendizaxe. Neste sentido, calquera proposta de gratuidadede libros de texto ten que contemplar tamén a gratuidade detodo o material pedagóxico complementario, todo o materialeducativo que se empregue na escola, non só os libros detexto.

A Administración debe potenciar a creación de materiaispedagóxicos propios nos propios centros, de xeito que estespoidan crear os seus propios soportes de aprendizaxe, aítamén radica a calidade do ensino. Hai profesores que defeito xa se deciden por non empregar manuais de texto paracompra obrigatoria do seu alumnado, senón que crean,empregan, diferentes manuais, diferentes editoriais, e, polotanto, enriquecen...

A señora PRESIDENTA: Remate señor Vázquez.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: ...a aportación e os contidos. Polotanto, iso debe ser promocionado de xeito obrigado polaXunta de Galicia.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Grupo Socialista, ten a palabra don Ricardo Vicente DocasarDocasar.

O señor DOCASAR DOCASAR: Moi ben, señora presidenta.Señorías, bo día a todos e a todas.

Quero empezar a miña intervención dicindo que estamos entotal sintonía coa proposta que hoxe presenta nesta Cámarao BNG. Esa sintonía está baseada en tres argumentos. Pri-meiro argumento. Fomos os socialistas, na época do presi-dente Touriño, os que puxemos en marcha en Galicia o sis-tema de préstamo de libros de texto, e entendo que o fixe-mos coa idea de que estabamos a poñer en marcha unsistema socialmente xusto, economicamente eficiente e sos-tible e que chegaba ao cen por cento dos estudantes do ensi-no obrigatorio.

Un segundo argumento. No mes de xaneiro o Grupo Socia-lista rexistrou nesta Cámara unha serie de iniciativas parla-mentarias solicitando a substitución do sistema de gratuida-de solidaria posto en marcha polo Goberno do señor Feijóoe a recuperación do sistema de préstamo, precisamente a raízda publicación do informe PISA.

Terceiro argumento. O pasado día 3 de abril, este deputadoque lles fala pediu precisamente na Comisión de Educacióndeste Parlamento a recuperación do sistema de préstamo delibros de texto. E agora, precisamente agora, nestas datas,as huestes populares están a celebrar con grande algarabíao quinto aniversario da chegada do señor Feijóo á Presi-dencia da Xunta de Galicia, unha etapa gloriosa que tenproducido que 118.000 mozos e mozas galegas tiveran queemigrar do país por falta de traballo ou que a nosa comu-nidade autónoma conte a día de hoxe con 114.000 paradosmáis que hai cinco anos. Unha etapa gloriosa que ten leva-do a miles de familias galegas a sufrir importantes penuriaseconómicas para poder afrontar os pagos máis comúns dasúa vida cotiá, entre eles o pago dos libros ou dos comedo-res escolares.

Ademais, no informe PISA, publicado a finais do 2013,aparecía un dato certamente moi preocupante para o GrupoSocialista. A equidade, que nos últimos anos fora unha dasgrandes fortalezas do sistema educativo español, poderíaestar –e digo podería, señor conselleiro– en perigo por mordas políticas austericidas postas en marcha polo PP nosúltimos cinco anos, e, de seguir por ese camiño, poderia-mos pasar de ter unha fortaleza no sistema a contar cunhapreocupante debilidade no informe PISA do ano 2015.Nunca está de máis lembrar que o PP leva recortado osorzamentos de educación nuns 400 millóns de euros nosúltimos cinco anos da fantástica etapa de Feijóo, unha dataque a cidadanía galega, como todos saben, está a conme-morar con enorme entusiasmo e algarabía polas rúas donoso país.

Quero agora pararme moi brevemente no estudo publicadorecentemente polo Defensor del Pueblo, por certo, nada sos-peitoso de ser unha perigosa izquierdista ou socialista. Neseestudo, señorías, dise que o sistema de préstamo de libros émáis xusto que o actual que temos de gratuidade solidaria,que é máis eficiente economicamente que o actual sistema eque é máis solidario.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

60

Número 6322 de abril de 2014

Page 61: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Catro anos de modelo de préstamo de libros na etapa do señorTouriño custaban en total 80 millóns de euros, catro anos –80millóns de euros, si, entre o que poñen as familias e o que pona Xunta de Galicia– de modelo máxico de gratuidade solida-ria na etapa do señor Feijóo custan 200 millóns de euros; 120millóns de euros que poñen as familias –si, si son os datos–e o resto que pon a Xunta de Galicia. Polo tanto, as pregun-tas, señor conselleiro, son sinxelas: ¿que sistema lle parecemáis xusto e máis equitativo?, ¿que sistema lle parece máiseficiente?, ¿que sistema favorece máis ás familias galegas?,¿quen gaña e quen perde con todo isto, señorías?

O Partido Popular fala con demasiada frecuencia da defensadas familias, pero nada mellor para defendelas que ser leaiscon elas cando se goberna. Non se defende ás familias facén-dolles pagar cada ano os libros de texto ou os comedoresescolares. Tampouco se defende ás familias facendo lexisla-cións laborais que raian na escravitude, nin se defende ásfamilias quitándolles as becas para que os seus fillos e fillaspoidan estudar, nin dándolles maletiñas para que emigrenpor falta de traballo.

A educación é, ou debe ser, unha ferramenta fundamentalpara construír o futuro dun país, e agora máis, se cabe. Cadaeuro investido –que non gastado– en educación, será un euroinvestido en futuro. O PP ten unha sólida maioría parlamen-taria. Escoitar, en todo caso, non é malo. Donas e cabaleirosdo PP, pídolles que escoiten o profesorado, pídolles queescoiten o alumnado e as familias, pídolles que escoiten ossindicatos do ensino e pídolles, finalmente, que escoitentamén o resto de forzas políticas representadas neste Parla-mento; hoxe teñen unha boa oportunidade. Escoitar non émalo, o malo é pensar que algúns en solitario están en pose-sión de toda a verdade.

A comunidade educativa galega quere claridade. O GrupoSocialista aposta claramente polo sistema de préstamo, maisnon nos negamos a ir introducindo os libros dixitais de caraao futuro, sempre que iso se faga, claro está, respectando aliberdade de cátedra do profesorado e respectando o con-xunto do sector editorial, e non só uns poucos amigos. Paraimprovisacións, para prexudicar ás familias e aos estudantes,ou para que algunha empresa amiga faga negocio, para isonon poderán contar con nós.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Grupo Popular. Ten a palabra don Román Rodríguez Gonzá-lez.

O señor RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: Moitas grazas, señora pre-sidenta.

Señor conselleiro, señorías.

Señor Docasar, nós escoitamos, e escoitámoslle a vostededicir que quen puxo en marcha o sistema de préstamo delibros de texto foi o señor Touriño. Ese é un argumento quefalla porque non é certo. Quen puxo en marcha o sistema depréstamos neste país foi o señor Fraga. O señor Touriño con-tinuouno, pero non foi un invento dos socialistas. Nós des-pois vimos que fallaba nalgunhas cuestións e corrixímolo,porque temos capacidade de autocrítica, non somos nesesentido cerrados, e temos unha visión que nos permite poñeren marcha sistemas que poidan mellorar o que teñamos pre-existente.

E claro, vostede fala de escoitar e eu tamén lle digo: escoitee abra os ollos. Dicía vostede unha etapa gloriosa. Eu creoque en educación, sen utilizar eses adxectivos tan altisonan-tes, podería dicirse que houbo unha etapa que melloroumoito a etapa precedente, e aí están todos os resultados edu-cativos acadados polo sistema educativo galego nos últimosanos: menos fracaso escolar, maiores resultados académicos,máis equidade, e poderiamos seguir co informe PISA quevostede cita. Co cal, señor Docasar, ao traer discursos deserie, ao final córrese o risco de non escoitar.

Entrando xa en materia, eu quixera deixar moi claro, porqueaquí se puxo en dúbida polos anteriores portavoces que meprecederon na palabra, que o carácter gratuíto do ensinoobrigatorio en Galicia e en España está absolutamentegarantido. Está garantido o ensino gratuíto nos niveis bási-cos en toda a rede sostida con fondos públicos, tanto na redepuramente pública como na rede concertada. Ningún nenodeste país e ningunha nena deste país ten que pagar por reci-bir ensino básico na rede educativa deste país. Hai un por-centaxe moi cativo de centros privados aos que as familiaslibremente deciden ir, pero dubidar de que o ensino básico égratuíto e obrigatorio neste país é unha auténtica falsidade.(Aplausos.)

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

61

Page 62: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Outra cuestión, señorías, que vostedes confunden de xeitoabsolutamente deliberado son os servizos complementarios:comedor, transporte, libros, material deportivo incluso. Narede concertada, que ten en torno ao 30 % do alumnado gale-go –o vinte e oito e pico por cento– o cen por cento desesservizos complementarios son asumidos libremente, porqueasí o desexan, polas familias. E no sistema público, ¿quesucede no sistema público para os servizos complementa-rios? Que hai diferentes fórmulas para afrontar economica-mente o pago destes servizos complementarios. Por exem-plo, o transporte é asumido ao cen por cento pola Adminis-tración pública. Outros son cofinanciados polas familias. Porexemplo, os libros de texto que aquí se traen, ou por exem-plo o comedor, en función da renda, plantexando sempre unprincipio reitor: que pague máis quen máis teña e que seaxude a aquelas familias que máis o precisan, plantexandoservizos de renda. E tamén hai algúns servizos complemen-tarios, ou algúns materiais complementarios, pensemos noschándals para facer educación deportiva nos centros, que éasumido ao cen por cento polas familias, co cal estamos anteuns servizos complementarios, pero en ningún momento ocarácter obrigatorio e gratuíto do ensino en Galicia ou enEspaña está en risco.

Segundo asunto. Falan vostedes do préstamo universal.Bueno, é un debate que entendemos obsoleto, que xa estásuperado. Na pasada lexislatura falouse moito disto, e aofinal había un plantexamento de principio: café para todosou xustiza social. Café para todos é o seu modelo; nós plan-texamos un aporte de servizos públicos con base no nivel derenda das familias e con base tamén nas necesidades daspropias familias.

No fondo estamos ante un debate de fondo calado, un deba-te de fondo calado político. É dicir, o papel da Administra-ción, o papel do sector público, como elemento de redistri-bución de rendas. É dicir, se para acceder a un servizo ofacemos gratuíto para todos, ou se accedemos a ese servizocon base nas diferenzas económicas das familias. Nós enten-demos que a verdadeira equidade e a verdadeira promociónda xustiza social e da igualdade non é tratar a todos porigual, porque iso non corrixe as diferenzas sociais e familia-res de base. Non, non é tratar a todos igual, senón que a ver-dadeira equidade e a verdadeira xustiza social...

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Rodríguez, por favor.

O señor RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: ...é priorizar as familias queteñen menos recursos. A Administración debe de apoiar asfamilias con menos recursos e non o café para todos, quetrata a todos por igual e non fai ningunha discriminaciónbaseándose nos niveis familiares de renda...,

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Rodríguez.

O señor RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: ...co cal, nós entendemosque socialmente é moito máis xusto o noso.

Xa remato, señora presidenta, só un minuto, dicindo queestamos ante un tema de gran importancia. É dicir, estamosfalando dos libros de texto, dos materiais, e nós imos terdentro de escasas horas un debate, con base nunha iniciativado Partido Popular, onde se plantexa de xeito moi claro anosa postura política...

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Rodríguez, por favor.

O señor RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: ...respecto deste asunto; édicir, unha evolución lóxica do sistema actual, unha apostapolos bancos de libros e, por suposto, unha aposta polos librosdixitais, sen ningún tipo de fantasmas que ven vostedes.

Nada máis e moitas grazas, señora presidenta. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Ten a palabra, polo Grupo Parlamentario autor da moción, oseñor Pombo Rodríguez. Déanlle voz dende ao escano, porfavor.

O señor POMBO RODRÍGUEZ: Grazas, señora presidenta.

En primeiro lugar, agradecer o apoio dos grupos parlamen-tares da AGE e do PSOE por manifestar o seu apoio á ini-ciativa do BNG, que pretende –señor Rodríguez– garantir odereito á gratuidade do ensino público obrigatorio na Gali-za, incluíndo nese dereito a gratuidade do material escolar edidáctico que o alumnado precise para o mesmo, e estable-cer a gratuidade dos libros de texto mediante o sistema depréstamo universal para o alumnado do ensino públicodurante a educación obrigatoria. Agradezo o apoio dos gru-pos para defender o carácter público e gratuíto dun dereitofundamental.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

62

Número 6322 de abril de 2014

Page 63: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Non sei, señor Román, se terán que chamarlle falso a quendi que: “A única maneira de garantir o acceso de todos aosestudos básicos comeza por garantir a gratuidade dos librosde texto e o material didáctico utilizado para cursar os refe-ridos niveis educativos, e exixe medidas que fagan posíbel oacceso do alumnado aos mesmos sen custo ningún”. ADefensora del Pueblo. Entón, non sei se vai para ela o quevostede quería dicir.

Eu o único que quero dicir é que o BNG defende a gratuidadetotal do ensino básico obrigatorio, polo tanto, hai un deberpúblico das administracións públicas de proporcionar todos osmedios imprescindíbeis para que poida ser cumprido estedereito. Hai un informe do Observatorio de Cultura –díxeno ooutro día– que afirma que moitas familias galegas se sitúan aoborde da exclusión social tamén porque se ven obrigadas apagar, a repagar, servizos educativos como o ensino. Polo tantoestamos, señoras e señores, contribuíndo á exclusión social.Nós entendemos que non se trata de pedir esmola nin solida-riedade, senón de exixir un dereito a un sistema de préstamoque resulta máis eficiente, máis xusto para todos. A ninguén selle ocorrería, falando, por exemplo, doutro servizo públicocomo é a sanidade, que á hora de ter que facer unha operaciónse mirase se era deputada, xuíz ou panadeiro aquel que se vaioperar para saber se ten que pagar o sangue que precisa ou oosíxeno. Polo tanto, estamos falando tamén dun dereito funda-mental, obrigatorio e gratuíto, e o BNG así o entende.

Vou rematando e dicindo que porque estamos por falar dunservizo público obrigatorio, porque ademais a LOMCEtamén recoñece que o préstamo gratuíto dos libros de textoe doutros materiais educativos curriculares para a educaciónbásica debe ser mantido nos centros públicos, nós mantemosa nosa posición e así defendemos a moción que acabamos depresentar.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Pombo.

Suspendemos a sesión ata esta tarde ás dezaseis horas.

Moitas grazas.

Suspéndese a sesión ás dúas e trinta e seis minutos da tardee retómase ás catro.

A señora PRESIDENTA: Vaian ocupando os seus escanos, porfavor.

Reiniciamos a sesión co punto dous, de comparecencias.

Comparecencia da Sra. conselleira de Sanidade, por petición

propia, para informar sobre a Estratexia galega contra a obesi-

dade infantil. Plan Xermola

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra para a súa primeiraintervención a conselleira de Sanidade, dona Rocío Mos-quera.

A señora CONSELLEIRA DE SANIDADE (Mosquera Álvarez):

Grazas, señora presidenta. Señorías, boa tarde.

Hoxe veño informar sobre a iniciativa da que xa temos fala-do nesta Cámara e que consideramos de gran interese paratoda a sociedade: o Plan Xermola, de prevención da obesi-dade infantil.

Como recordarán, en abril de 2013 este Parlamento instou aXunta de Galicia, a través dunha proposición non de lei, aque se elaborase e puxese en marcha un plan de loita contraa obesidade infantil aliñado coa estratexia da OrganizaciónMundial da Saúde, a Unión Europea e o Goberno do Estado,que, liderado pola Consellería de Sanidade e coa colabora-ción de todos os departamentos da Xunta de Galicia quesexa preciso, permita garantir o mellor nivel de saúde pre-sente e futura dos nosos nenos e nenas.

Respondendo a este requirimento, e baixo o liderado daConsellería de Sanidade, puxémonos a traballar. De feito, noverán do ano 2013 tiñamos xa elaborado o documento“Bases para a elaboración dun plan para a prevención daobesidade infantil”, no que se recollía unha profunda refle-xión sobre a situación e o seu impacto actual e futuro, medi-do en termos de morte, enfermidade, incapacidade e custos.

Dada a transcendencia social do tema, gustaríame facer unhareflexión sobre as súas causas e as súas repercusións, porqueasí nolo propuxemos na elaboración do contido do plan e asúa estratexia.

É coñecido que as enfermidades crónicas non transmisiblesconstitúen hoxe en día o principal desafío en materia de

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

63

Page 64: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

saúde pública. Non obstante, a pesar do rápido crecemento ea súa desigual distribución, a maior parte do impacto huma-no e social ocasionado é evitable.

Estas enfermidades comparten factores de risco que estánasociados a condutas modificables e a características dunestilo de vida que se afasta cada vez máis do ideal en saúde.A dieta non saudable, o sedentarismo, o consumo de tabaco,o consumo excesivo de alcohol e outros factores culturais epsicosociais son os seus principais determinantes. Estescomportamentos propician cambios metabólicos e fisiolóxi-cos claves, que aumentan o risco de enfermidades crónicasnon transmisibles e que a todos nos resultan coñecidos,como son a hipertensión arterial, o sobrepeso e a obesidade,a hiperglicemia e a hiperlipidemia. Se falamos en termos demortes atribuíbles, o principal factor de risco da enfermida-de crónica non transmisible a nivel mundial é o aumento dapresión arterial, á que se atribúe o 16,5 % das defuncións anivel mundial, seguido polo consumo do tabaco, o aumentoda glicosa sanguínea e a inactividade física e a obesidade.

Dada a magnitude e as consecuencias destas patoloxías paraas persoas e para a sociedade no seu conxunto, mellorar axestión das enfermidades crónicas converteuse nunha priori-dade da política sanitaria en todos os países. En Galiciasabemos que no ano 2012 máis de 450.000 persoas adultaseran hipertensas; preto de 400.000 tiñan dislipidemias, ehabía arredor de 176.000 diabéticos. O estudo de carga deenfermidade global do ano 2010, que analizou e cuantificouas causas de anos de vida perdidos debido á morte prematu-ra en 187 países, en 20 grupos de idade e en ambos sexos entres períodos distintos –1990, 2005 e 2010–, sinalou quemáis da metade dos factores causais teñen relación coa dieta,o sedentarismo e a obesidade.

Particularmente en España, destácase que o principal factorde risco é de orixe dietética. Estamos a falar da obesidade,que é unha enfermidade crónica cunha elevada prevalenciano noso medio. A súa orixe é complexa, multifactorial e estádeterminada pola interacción de factores xenéticos, biolóxi-cos, socioeconómicos, condutuais e ambientais, actuando através de factores e de mediadores fisiolóxicos de inxesta egasto de enerxía.

Como dicía, o exceso de peso é hoxe o terceiro factor derisco para todas as causas de morte e discapacidade, despois

do tabaco e a hipertensión arterial. Ademais, é un factor derisco para o desenvolvemento doutras enfermidades cróni-cas. De feito, o 44 % dos casos mundiais de diabetes, o 23 %de cardiopatía isquémica e unha proporción variable –entreo 7 e o 41 %– de determinados cancros son atribuíbles aosobrepeso e á obesidade. En consecuencia, hoxe en día –edada a súa prevalencia– é indiscutible que constitúe un pro-blema de saúde pública de alcance mundial.

Con respecto á poboación infantil, non cabe dúbida de que aexpectativa de vida foi mellorando notoriamente durante oséculo XX, e as posibilidades de chegar a idade avanzadamultiplicáronse durante o último século. Sen embargo, apa-recen cambios globais no que se refire á prevalencia dos fac-tores de risco das enfermidades transmisibles, que diminúen,cara aos factores de risco para as enfermidades non transmi-sibles.

Se en 1990 o baixo peso ao nacer era o factor de risco máisimportante para a mala saúde na infancia, en 2010 o índicede masa corporal elevado é o principal factor como causa demorte prematura e de discapacidade. Polo tanto, temos queafrontar o feito de que a obesidade na infancia é o trastornonutricional e metabólico máis frecuente e constitúe un dosproblemas de saúde pública máis graves deste século, tantopolas súas consecuencias inmediatas na idade infantil comopolas súas repercusións futuras na idade adulta. De feito, haiautores que estiman que os escolares de hoxe terán unhavida máis curta que a dos seus pais. Os escolares con sobre-peso teñen moitas probabilidades de converterse en adultosobesos, e, en comparación cos seus pais, en normopeso,teñen máis probabilidades de sufrir a idades máis temperásdiabetes e enfermidades cardiovasculares, que, pola súa vez,se asocian con máis probabilidades de morte prematura ediscapacidade. Ademais, os custos sociais e psicolóxicosderivados da obesidade na poboación infantil son elevados,dadas as súas repercusións actuais e futuras.

Na Unión Europea o Proxecto IDEFICS, identificación eprevención dos efectos inducidos pola dieta e o estilo devida na saúde dos nenos europeos de 2 a 10 anos, da Comi-sión Europea, e realizado a partir do 2006, evidencia que 1de cada 5 nenos ten sobrepeso ou é obeso; que a prevalenciaé maior no sur de Europa e España é un dos países coa taxamáis alta. E hai que sinalar que en Europa a obesidade infan-til tamén aparece vinculada ao baixo nivel socioeconómico

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

64

Número 6322 de abril de 2014

Page 65: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

do país. O grao de desigualdade na renda ou o índice depobreza relativa tamén están relacionados coa dita prevalen-cia. No Estado español a tendencia na prevalencia da obesi-dade e o sobrepeso infantil aumentou de forma continua nastres últimas décadas, aínda que actualmente parece existir uncerto grao de estabilidade. Afecta a todas as idades, sexos oucondicións sociais, pero principalmente á poboación denivel socioeconómico e de educación máis baixo.

Algúns autores cifran o impacto da inacción en que practi-camente o exceso de peso afectará ao 50 % dos escolares napróxima década. Polo tanto, esta situación demanda unharesposta pública na cal se preste especial atención e axudaaos colectivos de clases sociais máis desfavorecidas por pre-sentar maior vulnerabilidade ante esta enfermidade.

En canto á situación en Galicia, ata o de agora non dispuña-mos de estudos representativos que nos desen informaciónprecisa sobre a prevalencia da obesidade na nosa comunida-de. Os datos que se usaban eran estimacións de estudos nonorientados a este fin, por iso nos últimos meses do ano 2013realizamos un estudo de prevalencia cunha mostra represen-tativa de case 7.500 rapaces e rapazas residentes en Galiciacon idades comprendidas entre 6 e 15 anos.

Categorizando o índice de masa corporal en función dospuntos de corte propostos por TJ Cole e colaboradores, osresultados amosados pola enquisa móstrannos os seguintesresultados. A taxa de prevalencia global de sobrepeso é de24,8 % e a da obesidade de 8,2 %, polo que a taxa de preva-lencia de sobrepeso e obesidade ascende ao 33 %. A taxa deprevalencia de sobrepeso e obesidade é lixeiramente supe-rior nos rapaces, un 33,3 %, fronte ás rapazas, un 32,7 %. Ataxa de prevalencia de sobrepeso e obesidade é superior nosescolares de educación primaria, 34,9 %, fronte aos de edu-cación secundaria obrigatoria, 30 %. Para facilitar compara-cións con poboacións estudadas con outros criterios, a basede datos de estudo está á disposición dos investigadores queo desexen en formato aberto.

Unha vez comprobado que estamos ante un problema real, aprimeira pregunta que nos formulamos para afrontar o pro-blema de maneira adecuada foi ¿que causa a obesidade? E aresposta está clara: é froito da interacción entre o xenotipo–as características xenéticas de cada persoa– e o ambiente.Aínda tendo claro o papel da xenética, é evidente que a cre-

cente prevalencia da obesidade non pode ser atribuída acambios xenéticos. Posiblemente variantes xenéticas quepermaneceron silenciosas se manifestan agora debido a cam-bios negativos no estilo de vida da sociedade actual. Se bense segue defendendo que a orixe da obesidade a nivel indi-vidual é o resultado dun balance enerxético positivo, a nivelcolectivo, e cun enfoque de saúde pública, é evidente que haimoitos máis factores en xogo. De tal maneira que na actua-lidade a expresión máis utilizada para definir a orixe da obe-sidade é a de contorno obeso xénico. Isto significa aceptarque as orixes da actual –por así dicilo– epidemia de obesi-dade son fundamentalmente sociais.

O contorno alimentario actual é moi diferente do que coñe-ceron as xeracións anteriores. A nivel mundial, a maioría dosmercados ofrecen unha ampla variedade de alimentos ebebidas que permiten combinar sabor, comodidade e novi-dade. Pero, ao mesmo tempo, a intensa e xeneralizada pro-moción de moitos deses produtos –e especialmente dos ricosen graxas, azucre ou sal– desbaratan os esforzos que se fanpara comer de forma saudable e manter un peso adecuado. Apublicidade inflúe nas preferencias alimentarias, as solicitu-des de compra e as pautas de consumo dos nenos. A televi-sión vénse complementando cunha combinación cada vezmáis polifacética de mensaxes publicitarias que se centranna identificación dunha marca e o establecemento de rela-cións cos consumidores. Este amplo abano de técnicas demercadotecnia inclúe a publicidade, os patrocinios, a inser-ción de anuncios dos produtos, a promoción por medio depersoas famosas, mascotas ou outras personaxes que repre-sentan unha marca ou son populares entre os nenos, os sitiosweb ou os anuncios despregados nos puntos de venda.

Ao mesmo tempo, asistimos a cambios en ámbitos de acti-vidade física. As máquinas substituíron en gran medida otraballo máis duro das persoas. E os medios de locomociónpúblicos e privados favorecen, xunto coas TIC, un descensoda actividade física e un aumento da inactividade, coa con-seguinte diminución do gasto enerxético. Esta situación, ácal non son alleos os nenos, favorece a aparición e desen-volvemento en idades cada vez máis temperás deste tipo deenfermidade. Con todo, está claro que a alimentación sauda-ble e a actividade física regular desempeñan un papel pro-tector importante para a prevención da obesidade e as enfer-midades crónicas. Non obstante, á hora de analizar os facto-res implicados na obesidade infantil debemos ter en conta

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

65

Page 66: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

que os factores descritos non actúan de maneira indepen-dente, senón interrelacionados.

Os factores individuais –como a constitución xenética, ainteracción familiar, o estilo de vida ou as condutas especí-ficas relacionadas coa alimentación e a actividade física–están profundamente influenciados polo nivel socioeconó-mico. O contorno local infantil inclúe a escola, o barrio e acidade en que se vive, os cales dependen de políticas secto-riais que afectan á ordenación do sistema educativo, dotransporte local, o mercado da alimentación e a agricultura eas condicións sociosanitarias locais. A poboación infantil exuvenil recibe mensaxes sobre a alimentación e saúde tantodesde os sistemas formais –contidos curriculares, medios decomunicación– como informais –bares, publicidade–. Anivel local e nacional inflúen factores como a rede de comu-nicación e transporte, o deseño urbanístico, o sistema esco-lar, o modelo sanitario, as condicións de saúde pública, alexislación, as políticas de produción de alimentos, osmedios de comunicación e a publicidade.

No nivel macroeconómico, todos estes aspectos venseinfluenciados pola globalización do mercado, as tendenciasdo desenvolvemento económico e o impacto dos medios decomunicación.

Estes factores e contextos fan necesaria unha abordaxe daobesidade infantil con perspectivas de saúde pública, paraimplicar as institucións políticas e económicas e a sociedadeno seu conxunto na procura de solucións. Así mesmo, exixea posta en marcha de diferentes estratexias que se apliquenen multitude de ámbitos e a participación do conxunto dasociedade. Diversas estratexias de institucións sanitarias epolíticas, tanto de carácter internacional: a OMS, a ONU, oConsello Europeo; como do Estado: o Ministerio de Sanida-de e Servizos Sociais e Igualdade, coinciden en que as estra-texias e promoción da saúde, prevención da enfermidade,educación sanitaria e fomento de estilos de vida saudable,deben empezar na etapa infantoxuvenil, para favorecer osprocesos de adquisición de hábitos e asegurar a súa perma-nencia ao longo da idade adulta e avanzada.

A Organización Mundial da Saúde, na súa estratexia mun-dial sobre réxime alimentario, actividade física e saúde,recomenda que no réxime alimentario se debe lograr unequilibrio enerxético e peso normal; limitar a inxesta ener-

xética procedente de graxas saturadas, substituír o seu con-sumo polas graxas insaturadas e tratar de eliminar os ácidosgraxos trans; aumentar o consumo de froita, verdura, legu-mes, cereais integrais e froitos secos; limitar a inxesta deazucres libres; limitar a inxesta de sal de toda procedencia econsumir sal iodado.

Así pois, dada a complexidade do problema, para producircambios saudables consideramos necesario deseñar inter-vencións integradas, que aborden os determinantes ambien-tais e condutuais e que sexan sustentables e sostidas notempo. Neste sentido, a análise de Cochrane Collaborationrecomenda que no deseño de novas intervencións de saúdepública se potencien os aspectos relacionados con: contor-nos que apoien e faciliten os cambios de conduta relaciona-dos coa elección de dietas máis saudables, o aumento daactividade física e a diminución do sedentarismo; a mellorana oferta de alimentos nos centros escolares e na posibilida-de de acceder a zonas de xogo seguras involucrando todas aspartes interesadas; a importancia de ofrecer soporte ás fami-lias que as capacite para modificar as súas complexas cir-cunstancias de vida e traballo; a necesidade de realizar estu-dos de seguimento a longo prazo que midan resultados rele-vantes e que inclúan a valoración económica.

Froito destas análises e requirimentos, iniciouse o deseño doplan que hoxe se presenta e que da resposta á proposición doParlamento. Para a identificación das principais actuaciónsformáronse cinco grupos de traballo en función do ámbitoou espazo de influenza: sanitario, escolar, empresarial, aca-démico-científico e familiar-comunitario, considerando queo desenvolvemento do plan e, en definitiva, o seu éxitodependería das decisións e accións doutros sectores. A travésdestes grupos puidemos articular as distintas propostas sec-toriais en función dun obxectivo común, outorgando unharesposta máis integral ás necesidades da poboación e poten-ciando un mellor uso dos recursos. Os grupos foron lidera-dos por persoas de recoñecido prestixio en cada un dos seusámbitos. No ámbito científico e académico: Felipe Casanue-va Freixo, xefe do Servizo de Endocrinoloxía do ComplexoHospitalario Universitario de Santiago e director científicodo Ciberobn. No ámbito empresarial: Ángeles RomeroRodríguez, catedrática da área de Tecnoloxía de Alimentosda Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago deCompostela. No ámbito escolar: Ana Hornilla Guillamón, daConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universita-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

66

Número 6322 de abril de 2014

Page 67: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

ria. No ámbito familiar e comunitario: Pilar López Carrón,médico de atención primaria e concelleira de Sanidade noConcello de Lalín. No ámbito sanitario: Mercedes LanzaGándara, nese momento subdirectora xeral de Planificacióne Programación Asistencial da Consellería de Sanidade.

Nos grupos colaboraron preto de 50 persoas relevantes noámbito da empresa, da Administración local, da sanidade, dauniversidade, da investigación, de diversos organismos daAdministración autonómica, como a Secretaría Xeral para oDeporte, a Consellería de Cultura, Educación e OrdenaciónUniversitaria, a Dirección Xeral de Comercio ou a Secreta-ría Xeral do Mar, entre outros.

O obxectivo do plan definiuse así: diminuír a prevalencia daobesidade na poboación infantil e xuvenil de Galicia nosmenores de 18 anos nun prazo de 8 anos, mellorando opatrón alimentario da actividade física da poboación infan-til e xuvenil, como principais determinantes actuais destapatoloxía, e actuando sobre outros que vaia identificando aevidencia científica. Ademais deste obxectivo xeral, delimi-táronse 11 obxectivos específicos, sobre os que deberíabasearse o plan. Estes son: obter un protocolo de interven-ción no ámbito sanitario; obter un protocolo de intervenciónno ámbito escolar; obter un protocolo de intervención noámbito municipal e comunitario; integrar o plan na estrate-xia galega de atención integral á cronicidade; crear ungrupo de traballo nos cinco ámbitos principais de influenzapara desenvolver o plan baixo o principio de intersectoria-lidade e elaborar as liñas estratéxicas iniciais; fomentar ainvestigación en obesidade infantil abordando a súa com-plexidade desde unha perspectiva de saúde pública; deseñare poñer en marcha un observatorio para a avaliación eseguimento do estilo de vida dos galegos e galegas que esta-bleza as directrices das intervencións futuras; coñecer a pre-valencia da obesidade e sobrepeso na poboación menor de18 anos de Galicia; coñecer o patrón da actividade física ealimentaria na poboación menor de 18 anos de Galicia;capacitar os profesionais responsables das intervencións encada un dos ámbitos de actuación; formar as familias einformar a sociedade no seu conxunto para acadar un estilode vida saudable.

A partir deste marco, o Plan Xermola concrétase en 34 inter-vencións agrupadas en 13 liñas de acción dentro de 5 estra-texias. Estas estratexias son as seguintes:

Estratexia normativa, cunha liña de acción que inclúe o con-xunto de intervencións dirixidas ao ámbito escolar, outracoas intervencións dirixidas ao ámbito sanitario e unha ter-ceira coas dirixidas ao ámbito comunitario e municipal.

Estratexia participativa, que contén as intervencións parapromover a participación activa da cidadanía e tamén parapromover a intersectorialidade.

Estratexia de innovación e investigación, que ten comoobxectivo obter modelos eficaces de actuación, consolidarun tecido de investigación en obesidade e fomentar a inno-vación tecnolóxica na saúde.

Estratexia de vixilancia, fundamental para proporcionarinformación e dotar de coñecemento os responsables do des-envolvemento do plan.

Por último, unha estratexia de información e formación, através das que queremos formar a comunidade en materia desaúde, formar o persoal sanitario e profesionais da comuni-dade educativa; tamén inclúe intervencións encamiñadas áformación de colectivos específicos.

Todas as contribucións foron moi significativas, pero permí-tanme destacar dous actores que pensamos que xogan unpapel moi importante neste proceso. Falo, por unha parte,dos consumidores, pois son eles quen teñen na súa man acapacidade de tomar decisións saudables. Neste sentido, aformación do cidadán como consumidor soberano é clavepara poder forzar a que a oferta, tanto alimentaria como deactividade física, sexa adecuada para o obxectivo de saúdeque nos propuxemos. Por outro, o mundo empresarial. Hoxeen día, a saúde convértese nun valor cultural de primeiraorde e alcanza todos os sectores da sociedade, tamén o agro-alimentario, ao que se lle exixe unha innovación constante,non só no alimento en si, senón tamén no seu deseño, con-servación ou no que se refire ao tempo de preparación dosalimentos.

O Plan Xermola contén tamén a planificación da súa avalia-ción en todos os seus niveis, incluíndo, por suposto, a ava-liación do seu impacto final medida en termos de prevalen-cia de sobrepeso e obesidade infantil e en patróns alimenta-rios e de actividade física. Pretendemos así coñecer, ademaisdos resultados do impacto en saúde, o proceso seguido para

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

67

Page 68: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

a implantación do programa, os recursos utilizados, asinfraestruturas necesarias e outros aspectos que condicionano éxito para alcanzar os obxectivos.

Ademais, o plan nace coa previsión de ser dinámico, asu-mindo que a evidencia na que se basea hoxe pode cambiar,máis aínda nun plan con obxectivos a longo prazo coma este.Por iso está previsto que calquera asociación ou instituciónpública ou privada, profesional ou de carácter comunitario,poida presentar iniciativas para a súa inclusión no Plan Xer-mola, sempre e cando estean aliñadas cos seus obxectivos.Todas estas propostas serán avaliadas por un grupo de exper-tos designados sobre a base da súa experiencia no campo daproposta.

Resumindo. Os factores de risco para as enfermidades máisprevalentes na nosa poboación son parte dunha prácticasocial vinculada cos nosos valores, a nosa forma de traballar,de alimentarnos, é dicir, dun modo de vida da sociedade enon dun estilo de vida persoal. Faise necesario, polo tanto,desenvolver intervencións válidas e efectivas que dean solu-ción aos problemas de saúde da nosa poboación. O aumentodo sobrepeso e da obesidade é un dos principais desafíos.Persoas de todas as idades e condicións enfróntanse a estetipo de malnutrición, a consecuencia da cal están a aumentarvertixinosamente as taxas de diabetes e doutras enfermida-des crónicas. Particularmente vulnerables son os máisnovos, e neles, no seu futuro, é onde debemos investir. Unmozo san hoxe será un adulto san. A saúde infantil é, sendúbida, unha aposta gañadora.

É tempo de enfrontar a epidemia da obesidade e as enfermi-dades crónicas cunha resposta de saúde pública clara e inte-gral, facilitando interaccións entre a comunidade científica ea académica, o sector privado e a sociedade. Isto supón unreto que exixirá, sen dúbida, maior coñecemento e novasestratexias para poder tomar decisións racionais fronte aouso dos nosos limitados recursos públicos.

Remato trasladando de novo o noso agradecemento a todasas persoas, institucións e empresas polas súas contribuciónsao Plan Xermola, ao tempo que solicito un esforzo colectivopara conseguir desenvolver as iniciativas que contén e queentre todos consigamos os obxectivos propostos.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Rolda dos grupos parlamentarios. Polo Bloque NacionalistaGalego ten a palabra dona Montserrat Prado Cores.

A señora PRADO CORES: Moi boa tarde a todos e a todas.

Unha vez máis, señora Mosquera, en nome do BNG voullerecriminar a súa falta de respecto a este Parlamento, que oconsidere a súa –como lle teño dito noutras ocasións– leiraparticular, que veña aquí case exclusivamente a facer exer-cicios de autocompracencia e de propaganda e non o fagapara, realmente, dar conta dos auténticos e gravísimos pro-blemas que ten a sanidade do noso país.

Vostede non acudiu a este Parlamento cando llelo teñendemandado os grupos con representación aquí nesta Cámarapara dar contas de cuestións moi graves, como o caso de nepo-tismo que vostede practicou colocando o seu home nun postode responsabilidade, e volve reincidir na mesma cuestión.Supoño que lle parecerá pouco grave a percepción que ten asociedade galega da política e dos políticos en xeral, do usoparticular que están a facer vostedes das institucións, que,lonxe de rectificar e de tomar nota, volven reincidir na mesmacuestión e volven, unha vez máis, darlle a praza ao seu home.

Non compareceu vostede aquí, señora conselleira, por peti-ción propia, aínda que si ten a obrigación de vir cando llelopedimos, cando presentamos iniciativas os grupos da oposi-ción, pero vostede por vontade propia non compareceu aquípara explicar a situación das listas de espera. Tampoucocompareceu para explicar a conflitividade laboral, a gravísi-ma conflitividade laboral que xa ten convocada unha folgaxeral e moitísimas mobilizacións. Non ten comparecido vos-tede aquí para explicar o colapso dos servizos de urxencias.Non ten comparecido vostede aquí para explicar o peche decamas, e xa estamos de novo asistindo, a medida que seacerca o verán, a esa nova intención de vostede e da súa con-sellería de volver pechar camas. Non ten comparecido porvontade propia para explicar as innumerables privatizacións,que están causando a alarma de todos os profesionais e dasociedade galega, nin a problemática da xestión clínica. Vos-tede non comparece aquí por vontade propia para explicar osgravísimos problemas que ten a sanidade pública deste país,e vén comparecer hoxe aquí para dar conta do Plan Xermo-la contra a obesidade infantil.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

68

Número 6322 de abril de 2014

Page 69: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Bueno, pois xa temos un plan, xa temos un plan. E non vaiser o BNG quen minusvalore a problemática da obesidadeen xeral, e no caso da poboación infantil en particular, o quesi lle recriminamos é que vostede só veña para estas cues-tións que detrás non traen absolutamente nada, que son plansde propaganda, e tamén lle recriminamos que o faga despoisde telo presentado xa por terra, mar e aire, que sexa o Parla-mento galego ao último sitio onde vén vostede presentar unplan onde teoricamente se contempla que os grupos parla-mentarios imos poder formar parte de non sei que comisiónde avaliación ou de seguimento, cando, dende logo o GrupoParlamentario do BNG, que eu represento, non temos coñe-cemento de absolutamente nada desa información. Co cal,dende logo, a xuízo do BNG o Parlamento galego non mere-ce o trato que vostedes lle están a dispensar.

E permítame que tamén dubide da vontade que ten vostede,o Goberno do que forma parte, nin o Partido Popular, de ver-dade, de actuar nas auténticas causas da obesidade infantil.Permítame que dubide de que este plan teña algunha outravontade que non sexa a de parecer que fan algo nalgún tema.

Porque en realidade a obesidade infantil, evidentemente, éun problema, é un problema de gravidade. A obesidade e osobrepeso están a acadar características case de epidemia anivel mundial, con aumentos moi significativos nos últimosanos, fundamentalmente desde os anos noventa. A inciden-cia duplicouse, pasou dun 5 % a un 16 %, e os datos da obe-sidade infantil a nivel de Galiza, os que vostede hoxe deuaquí nesta tribuna, realmente deben ser motivo de preocupa-ción para quen ten a responsabilidade de gobernar, como é oseu caso.

Pero dígolle que dubido de que teñan auténtica vontade deactuar sobre as causas porque esa obesidade non se producepor xeración espontánea, nin é por causa exclusivamente dadecisión individual das persoas de comer mal, nin exclusi-vamente dunha vida sedentaria. É obvio que si afecta á cali-dade de vida e á esperanza de vida, e con iso ten uns custos,pero non só para o individuo, senón para o conxunto dasociedade e para un sistema sanitario, evidentemente. Perotamén, dito isto, parece evidente que é precisa a divulgación,a promoción de hábitos de alimentación e saudábeis, nonpoñemos en dúbida para nada esa cuestión, mais, como lledicía, as cousas non pasan por xeración espontánea. Esemedre exponencial da obesidade non é froito da casualidade

nin desas decisións individuais, senón, polo contrario, froitode cambios moito máis profundos que teñen que ver conhábitos e condutas en moitos casos fomentados directamen-te por estruturas potentísimas económicas e de poder. E vou-lle poñer varios casos.

As grandes empresas agrícola reciben cartos para producirprodutos a grande escala, e a calidade ou que sexan produ-tos saudábeis é o de menos, parece que é o de menos, non éprecisamente que iso sexa o elemento que teñan en conta,senón que o elemento fundamental é o de ter beneficios.

Os grandes procesadores de alimentos reciben tamén cartospara engadir toneladas de produtos químicos. Vostede aquífacía referencia a que hai que baixar a inxesta de sal e ainxesta de azucres, pero entre tanto hai lexislacións nas quese pode actuar para impedirlles á industria agroalimentaria eá de transformación a inclusión dese tipo de condimentos,que o único que fan é facelos máis atractivos e facer á pobo-ación especialmente adicta a determinados produtos.

Por iso digo que o BNG temos moitas dúbidas de que quei-ran incidir realmente nas causas da obesidade. Non vemosque haxa ningunha intención en modificar esa lexislaciónnin tampouco en que os científicos reciban cartos por atoparesas mesturas tremendamente agradables ao paladar parafacer á poboación adicta, especialmente cando estamos afalar de nenos e nenas, especialmente sensíbeis a esa cues-tión. Podemos seguir polos anunciantes, que reciben cartos epromocionan con campañas millonarias vinculando a rela-ción social, o éxito, o benestar, a satisfacción, co consumodestes produtos. E podemos chegar á demagoxia de grandesempresas, e podía poñerlle o exemplo dunha gran multina-cional que vende –sobre todo destinados ás crianzas– cere-ais para o almorzo que teñen uns grandes suplementos deazucres, tremendamente dañinos para a saúde, pero que logoforman parte deses programas –como ao que vostede aquínos acaba de convidar– de loita contra a obesidade. É dicir,forman parte logo de programas de gobernos –como o quevostede plantexa aquí– de loita contra a obesidade, candoson os grandes responsables de moita desa obesidade.

Por iso lle dicía que teño moitas dúbidas de que realmentequeiran actuar sobre as causas desa obesidade. E teño moi-tas dúbidas porque vostede supoño que é sabedora de quenestes momentos obesidade e situación económica precaria

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

69

Page 70: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

van da man. Que nestes momentos moitos dos nenos e nenasque teñen problemas de obesidade son nenos e nenas condificultades económicas, nenos e nenas que viven en fami-lias con moitísima vulnerabilidade, nunha situación de pre-cariedade e que non precisamente obesidade está vinculadacon poder adquisitivo e cunha boa situación económica,senón moi ao contrario. E teño moitas dúbidas porque asituación na que teñen a Galiza vostedes...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

A señora PRADO CORES: ...de case 300.000 persoas noparo, 600.000 persoas en risco de pobreza, 90.000 fogaresonde non entran salarios... Bueno, non lle vou repetir osdatos, que xa foron dados unha e outra vez neste Parla-mento, e resulta que niso é realmente onde habería queactuar.

Vostede fixo aquí unha proposta do seu plan consistente encinco estratexias, e unha normativa, por exemplo, referida ásanidade. E eu pregúntolle, ¿como pensa facelo, señoraconselleira? ¿Con 1.200 millóns de euros menos no orza-mento acumulado desde o 2009 ata hoxe en sanidade, vos-tede cre que é o xeito de implementar medidas de control daobesidade infantil? ¿Con case 300 millóns menos en aten-ción primaria, que se supón que son os que terían que actuardun xeito prioritario nese control de obesidade, cre que sepode facer? ¿Con 3.000 profesionais menos desde o ano2010 pola súa taxa de reposición, é como teñen pensadofacelo?

A señora PRESIDENTA: Remate, señora Prado, por favor.

A señora PRADO CORES: Remato, señora presidenta. ¿Noámbito do ensino, cun recorte orzamentario impresionante,con miles tamén de profesionais menos no ensino, cren queé o xeito de implementar estas medidas no ámbito escolar?¿Cun decreto da Consellería de Sanidade onde...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

A señora PRADO CORES: ...implementa toda unha serie depagos a maiores nos comedores escolares, un 40 % máiscaros, e onde teñen que pagar moitas miles de persoas máisnos comedores escolares, cre vostede que ese é o xeito deactuar contra a obesidade infantil?

Logo, na parte de réplica, falareille tamén do tema de I+D.É dicir, toda unha estratexia transversal en non sei cantoscampos, en cada un dos cales teñen máis recortes...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Prado.

A señora PRADO CORES: ...que no anterior, señora consellei-ra. Co cal, unha vez máis, un plan de propaganda...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, moitas grazas. (Aseñora Prado Cores pronuncia palabras que non se perci-ben.) (Aplausos.)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda.Don Ramón Vázquez Díaz.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: Boas tardes a todos e a todas.

Señora conselleira, voullo dicir sen ningún tipo de rodeos:as carencias nutricionais en poboación infantil son xa unproblema de saúde pública en Galicia. Esa é a realidade. Eo seu Goberno está a retrasar de xeito absolutamente irres-ponsable a toma de medidas para afrontar os problemas demalnutrición na poboación infantil galega. Esa é a realida-de. E non é que llo diga eu soamente. Recentemente, arevista médica The Lancet constataba a existencia dun claroproblema de negación dos efectos sanitarios da crise a pesarde ser moi evidentes. E este é o caso galego, este é o seucaso.

Vostede fixo hoxe unha intervención, unha análise, candomenos parcial e sesgada desta problemática. O problema damalnutrición ten a faciana da pobreza, así de claro e así desimple. E nós vivimos no segundo país de Europa, por detrássó de Romanía, con maior pobreza infantil. Esa é a situaciónna que estamos. E ademais somos tamén o segundo país deEuropa con maiores recortes en axudas sociais xusto candomáis se necesitan. Iso é unha auténtica política criminal, nonten outro nome.

Nunha visita recente que fixo o comisario europeo deEmprego, Asuntos Sociais e Inclusión, László Andor, cons-tatou o importante aumento da pobreza infantil en todo oEstado e a necesidade de priorizar a loita contra a pobrezainfantil. ¿Onde están estas políticas no Goberno galego?¿Onde están?

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

70

Número 6322 de abril de 2014

Page 71: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

A realidade é que, diante da ausencia de informes oficiais ediante de traballos serios e rigorosos sobre como está a afec-tar a pobreza infantil en Galicia, temos que acudir a informesrealizados polos colectivos que traballan a pé de obra conesta realidade, e por riba ao presidente moléstalle.

¿Como é posible que despois de cinco anos de goberno, edentro dunha das maiores crises económicas que se recor-dan, non teñan realizado vostedes estudos sobre as carenciasnutricionais na infancia e sobre a incidencia da pobrezainfantil no noso país? ¿É vostede capaz de asumir esa res-ponsabilidade á fronte da Consellería de Sanidade, ou ninsequera vai facer ese mínimo exercicio de autocrítica, tal ecomo fixo no asunto do enchufe do seu marido?

Voulle poñer un exemplo. Observatorio da infancia e da ado-lescencia do País Vasco. Presentou a semana pasada precisa-mente un informe onde recoñecía que 16.000 menores noPaís Vasco, ¡16.000 menores!, sufrían malnutrición. E isonunha comunidade que ten 100.000 parados menos, que tenunha economía e un tecido industrial moitísimo máis poten-te que nós, cun PIB moitísimo máis alto e cunha renda percápita moito máis alta; ¡16.000 casos de malnutrición! Iso si,pero con datos oficiais do Goberno do País Vasco, non pre-cisamente de esquerda.

Suponse que para presentar un plan de loita contra a obesi-dade infantil hai que partir da realidade da poboación a quenvai dirixida. ¿E cal é a radiografía da infancia galega? ¿Queé o que nos din os datos e os informes que vostedes se esfor-zan en negar? Pois os datos din que hai 30.000 familias conmenores a cargo sen ningún ingreso procedente do traballo.Di que hai un 26 % dos fogares con nenos a cargo que estánen risco de exclusión social, e di que hai 74.000 menores de18 anos que son pobres. Esa é a realidade. Pobreza, señoraconselleira. Pero a pobreza é a palabra tabú deste goberno, apalabra que estropea os seus slogans de crecemento e recu-peración. Pero a pobreza é a causa da maior parte dos pro-blemas de malnutrición, incluída a obesidade, señora conse-lleira. Esa é a realidade.

Falamos de mala alimentación, de carencias nutricionais, doque os estudosos na materia van chamar subalimentación,porque cando un é pobre subaliméntase. Esa é a realidade.Prodúcese subalimentación non cando non se pode comer osuficiente, senón tamén cando un non pode conseguir os

nutrientes necesarios. Non é só un criterio cuantitativo,senón tamén cualitativo. Neste caso o problema da malnu-trición é de cantidade e de calidade.

Cando dicimos que en Galicia hai un 20 % de nenos pobres,o que estamos a dicir é que moitos non poden facer todas ascomidas do día, como constatan a comunidade educativa eas asociacións de nais e pais de alumnos. Pero tamén esta-mos a dicir que hai nenos que non poden comer peixe fres-co, non poden comer carne de calidade, carne fresca, carnemagra, nin poden tomar froita e verdura fresca polo menoscerto número de días á semana. Esa é a realidade, señoraconselleira. A xente pobre non é só que se alimente menos,senón tamén é que se alimenta peor. Compare vostede, sequere, o prezo de 700 calorías de comida basura co prezo de700 calorías de peixe fresco, carne fresca ou verdura, ¡com-pare os prezos! Unha pizza familiar, coa que pode cear unhafamilia de catro membros, vale menos de 3 euros nunhamarca branca no supermercado, señora conselleira. E garan-te un aporte rápido de calorías, unha preparación rápida eunha capacidade saciante inmediata. E iso é o que ten quefacer moitas veces un traballador cando bota todo o día fórada casa traballando cun salario de menos de 800 euros.

E se falamos de conciliación da vida familiar e laboral,¿como se lle pode pedir a un pai ou a unha nai que traballacomo mínimo 8 horas, que gana 700 ou 800 euros ao mes,que compre produtos frescos no mercado, que coma enfamilia cos seus fillos, que garanta unha nutrición ondeabunde o peixe e cinco racións de froita e verdura, quegaranta que os seus fillos non gasten tempo de máis vendo atelevisión, que practique actividades ao aire libre con eles?Iso é todo o que se lle pide, iso é todo o que se lles está apedir ás familias traballadoras, e iso éncheas de frustraciónporque non o poden facer.

A realidade é que comer comida industrial precociñada,envasada, é doado, é barato e é saciante. E esa é a decisiónque ten que tomar un traballador todos os días. Comer bennon é só unha cuestión de vontade, tamén é unha cuestión derecursos económicos e tempo. Por iso, cando falamos decarencias nutricionais, falamos de persoas que non fan unnúmero de comidas suficientes, pero tamén de persoas que,inxerindo un número insuficiente de calorías, carecen deaportes nutricionais básicos de vitaminas, de minerais esen-ciais, de micro e macronutrientes; falamos dun consumo

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

71

Page 72: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

excesivo de azucres refinados e de sal, e iso afecta en maiormedida a xente en condicións socioeconómicas máis difíci-les. E as consecuencias son claras, por exemplo, a diabetetipo 2. É máis frecuente xa en persoas pobres dos países des-envolvidos que nas persoas das clases medias e altas, unexemplo claro e definitorio. Eu non sei que di o grupo deexpertos que vostedes din que consultaron, e o concelleirode Lalín non sei o que opina, pero a Organización Mundialda Saúde fala da necesidade de abordar de maneira urxenteos denominados determinantes sociais da saúde, que sontres: en primeiro lugar, mellorar as condicións de vida doscidadáns; en segundo lugar, loitar contra a distribución des-igual do poder do diñeiro e dos recursos; e, en terceiro lugar,realizar unha medición rigorosa e unha análise seria do pro-blema. Ningunha desas tres cousas fixo vostede e nada disoaparece no seu Plan Xermola, señora conselleira.

En definitiva, a Organización Mundial da Saúde fala defacer un enfoque interdisciplinar, un enfoque integrador, quepermita trallar un problema cunha orixe multicausal perocun marcado carácter e compoñente social, que foi o quevostede obviou hoxe.

Mais, chegado este punto e despois de cinco anos de Gober-no do Partido Popular, é necesario tomar medidas urxentes;non abonda con plans, estratexias de futuro. A súa obrigacomo conselleira de Sanidade é garantir traballar para quetodos os nenos e nenas de Galicia fagan tres comidas ao díacon nutrientes necesarios para a súa idade. Esa é a súa obri-ga como conselleira, porque, mentres estamos aquí a falarhoxe, hai centos de nenos que un día máis van á escola senter almorzado e sen a merenda de media mañá, tal e como sedenuncia nos propios centros educativos, mentres falamosde plans Xermola. Por iso, dende Alternativa Galega deEsquerda, levamos máis dun ano facendo propostas que vos-tedes rexeitan unha e outra vez...,

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: ...como o plan para a detección decarencias alimentarias da poboación en idade escolar, quelevamos a comisión e vostedes votaron en contra, cando oúnico que pretendía era establecer canais de colaboraciónentre os concellos, os servizos sociais, a comunidade educa-tiva, os centros de ensino e a sanidade. Propuxemos a aper-tura dos comedores escolares en período vacacional, porque

é aí onde se pode controlar a alimentación dos menores quepasan máis dificultades; tamén votaron en contra. Propuxe-mos a creación de comedores para que se garanta a presen-za de alimentos producidos en Galicia, alimentos con canaiscurtos de comercialización e produtos frescos, pero vostedesapostan polos cáterings e a comida envasada e precociñada.Propuxemos medidas fiscais, como a creación dun impostosobre as bebidas azucradas que xa existe nun montón de paí-ses de Europa e que permite incrementar o estado de ingre-sos da Xunta e ademais favorece estilos de vida saudable,pero vostedes son o partido do non.

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Vázquez, por favor.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: Señora conselleira, os plans estánmoi ben e Os Bolechas tamén, pero a xente precisa pan, teitoe traballo. A xente o que necesita é que se melloren as súascondicións de vida e, polo tanto, a súa obriga é poñerse a tra-ballar de maneira seria dunha santa vez. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Polo Grupo socialista ten a palabra aseñora Acuña do Campo.

A señora ACUÑA DO CAMPO: Grazas, presidenta.

Boa tarde, señorías.

Señora Mosquera, ¿pero que pretende vostede con estaextemporánea comparecencia? Debera ter moi claro que niné o tema nin é o momento; dende logo, non é o tema. Si tiñaque estar vostede hoxe aquí comparecendo neste Pleno, e asío solicitamos os socialistas, pero non para falarnos da obesi-dade infantil, señora Mosquera, senón para dar conta do queten conmocionado o mundo sanitario, para explicar nestaCámara soberana a todos e a todas nós, aos desa bancadatamén... Porque nin aí nin nese lado se entende, señora Mos-quera, a súa desfachatez –si, desfachatez– e a súa impunida-de, só atribuíble á complicidade do señor Feijóo para volverregalarlle a xefatura de servizo de cirurxía ao seu marido,contravindo o dito mandatado polo Tribunal Superior deXustiza de Galicia. E tampouco é o momento.

¿Como se lle ocorre falar agora de obesidade infantil candodo que hai que falar, señora Mosquera, é de que hai nenos enenas que están pasando fame, cando tres de cada dez meno-res en España están en risco de pobreza, cando un de cada

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

72

Número 6322 de abril de 2014

Page 73: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

tres xa está tendo problemas. Mire, parecera unha desafortu-nada e ata tráxica burla, así llo digo.

Eu pregúntome, señorías, ¿para quen goberna o PartidoPopular? ¿Para quen miran vostedes? Feijóo nega a pobrezainfantil aquí nesta Cámara e queda tan tranquilo, e vostedenon dubida en utilizar a Cámara e os problemas de malnu-trición infantil como manobra de distracción para ocultar oseu reincidente nepotismo. Mire, é intolerable, saian damoqueta, baixen á realidade, miren e verán como a xenteestá pasando fame, mentres, por certo, o presidente Feijóoanda por aí presumindo de gran xestor.

¿De verdade cre oportuno falarnos de obesidade infantil nomomento en que Europa, Cáritas, Cruz Roxa, o Valedor, apropia rúa están sumamente preocupados pola malnutricióninfantil, insisto, aínda que o presidente Feijóo o negue todo?

Señor Mosquera, nenos e nenas malnutridos en Galicia, epor iso neste momento moitos deses obesos dos que vostedenos fala non son por exceso de chuches, non, baixe á reali-dade, son porque, desgraciadamente, resulta máis doadotomar un prato de patacas e de pasta que un filete, e tanto nacasa como nos bancos de alimentos.

Señora Mosquera, escoite, vaia e cóntello a Feijóo. As fami-lias non poden mercar carne nin pescado nin froita para ali-mentar correctamente os máis pequenos, porque non teñencon que facelo, señora Mosquera; non teñen cartos, entére-se. Mire, hai un chiste xa vello no que contan que un Papacalquera foi a un país –desgraciadamente, tamén calquera–do centro de África e, ante un abondoso grupo de nenos enenas caquécticos pola fame crónica e despiadada quesofren alí, non dubidou en acercarse a un deses nenos e, dán-dolle unha cariñosa palmada na meixela, díxolle: hai quecomer. Pois, mire, vostede hoxe está facendo aquí o mesmo.Así que eu vou insistir en que Eurostat no 2013 colocou aEspaña na cabeza dos países europeos en pobreza infantil, sódetrás de Rumanía –xa se dixo aquí–. Vou insistir en que o25 % dos nenos e das nenas menores de 16 anos en Españasofren malnutrición por mor da crise e da xestión que delaestá a facer o Partido Popular; que na Galicia do señor Fei-jóo –o ilustrísimo e marabilloso xestor que non se entera– entorno o 20 % da poboación está baixo o umbral da pobreza;que na Galicia de Feijóo temos 650.000 persoas en situaciónde exclusión social e que delas 120.000 padecen xa pobreza

severa; que 13.000 nenos e nenas viven na Galicia de Feijóoen fogares onde ningún membro ten traballo remunerado;que ser pobre en Galicia, señora Mosquera, supón non tantoter fame, que tamén, senón e sobre todo ter mala calidade naalimentación.

Mire, circula un dato que eu lle recomendo que comprobe.Ese dato di que o 17 % dos nenos e nenas que viven baixo oumbral da pobreza sofre obesidade infantil, o dobre que osque non teñen dificultades económicas, co cal, imos ter enGalicia case tanta obesidade por falta de recursos económi-cos como por exceso de chuches, señora Mosquera. Claroque estas cousas xa sabemos que Feijóo non só non as vesenón que ata as nega, pero aínda que el mire para outro ladoestán aí. Vostede, nese país fantástico no que vive, calqueradía decide facer un decreto exixíndolles ás cociñas econó-micas e aos bancos de alimentos que utilicen só alimentoslight, baixos en caloría.

Mire, nós non imos deixar de insistir nunha idea, na idea deque, ao falar de obesidade infantil neste momento de crisetremenda, se debe ter moi en conta que agora hai nenos enenas obesos por necesidade, porque é más fácil e máis bara-to comer pan e patacas que carne e pescado, e que, aínda queos expertos recomenden tomar a diario froita e verduras, nal-gunhas casas, señora Mosquera, iso agora resulta un luxoimposible, e que, aínda que os expertos recomenden cincocomidas ao día, resulta que hai menores que só poden facerunha, e iso con sorte, a que fan no comedor escolar. Porque,ademais, teño que dicirlle que nestas circunstancias o señorFeijóo, sempre tan social, tan solidario, decidiu –para axu-dar, por suposto– incrementar as tarifas do comedor escolarnun 40 %. Así que moitos menores agora en Galicia xa ninsequera poden acceder ao comedor, e teñen que levar á esco-la unha fiambreira ou unha barra de pan, un bocadillo, paramatar a fame. E a eses, señora Mosquera, vostede e os seusexpertos non lles poden falar de que o ideal é facer unhadieta equilibrada e saudable, porque para eses nenos e nenas,señora Mosquera, o ideal –a ver se vostedes se enteran– écomer, comer, señora Mosquera.

Mire, se queren facer un estudo veraz sobre a alimentacióninfantil neste momento en Galicia, van ter que unir a esescinco grupos de traballo alguén que lles fale da calle, quelles fale da realidade, pois parece que esta concelleira deLalín non o fixo tampouco.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

73

Page 74: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Mire, paréceme estupendo que a dieta nos comedores sexasaudable, pero tamén sería desexable que, ademais de sau-dable, fose suficiente e fose accesible a todos eses nenos enenas que nin sequera teñen para comer nas dúas casas. Euaconséllolles que esperen, que esperen a que o Valedor fina-lice esa investigación que ten iniciada sobre malnutricióninfantil en Galicia, e logo, unha vez finalizada, analicenvostedes os resultados e o Goberno tome as medidas nece-sarias para combatela adecuadamente. E, mentres, vostedepode vir aquí a esta Cámara falarnos do seu marido, dosrecortes, dos repagos, das privatizacións, das demoras e dosrecortes no novo hospital privado e pequeno de Vigo, dasfolgas no CHUS, das desaparecidas listas de espera, daperda da universalidade nun día como hoxe, señora conse-lleira –que sabe vostede moi ben que hai dous anos do tre-mendo decreto que anulou a universalidade–, da calidadeperdida, da gratuidade perdida, do perdido carácter públicoda nosa sanidade...

Mire, veña aquí e fálenos da realidade.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Polo Grupo Parlamentario Popular ten a palabra don MiguelSantalices Vieira.

O señor SANTALICES VIEIRA: Grazas, señora presidenta.

Boas tardes a todos e a todas.

En primeiro lugar, señora conselleira, eu quérolle agradecerque vostede cumprira co mandato que este Parlamentopediu, que é presentar no mesmo un plan contra a obesidadeinfantil. Vostede acaba de facelo, é un tema certamenteimportante, diso imos falar agora.

Pero antes non podo deixar pasar por alto, señora consellei-ra e señorías, o desprezo que algúns membros deste Parla-mento teñen cara aos tribunais, cara aos profesionais que seintegran nos tribunais para evaluar e dar paso a que se cubraunha oposición. (Aplausos.) É algo que non podo aceptar,nin no tribunal anterior nin no tribunal que agora acaba dexulgar a praza de xefe de servizo, cumprindo, efectivamen-te, un mandato do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

É ben certo, e aquí xa estamos acostumados a oír o respectoque se ten polos profesionais, non en van chegouse a diciraquí que había profesionais que cobraran por dar altas, seño-ra conselleira. ¿Como non imos agora nós ter que rechazaras afirmacións que se acaban de facer desde estas bancadas?

Tamén me pregunto eu: ¿non provocou ningunha sorpresaque esa praza estivera sen cubrir cinco anos, cando o decre-to era do 2006? ¿Por que non se cubriu esa praza? Indaguen,indaguen por aí e toparán vostedes a resposta, pero os datosque tiña naquel momento o hospital eran un auténtico desas-tre a nivel do que era a cirurxía. (Aplausos.)

E para pechar este tema, son práctico e ademais eu teño certaexperiencia para poder dicilo. Aquí hai moito ruído mediáti-co, provocado por políticos, pero onde tiña que haber ruído,que é no hospital, silencio absoluto. (Pronúncianse palabrasque non se perciben.) No hospital hai silencio, porque o hos-pital respalda o profesional que acaban de pór para a xefatu-ra de servizo. Respáldase o profesional... ¿Oíron vostedesalgo do hospital? Ni una palabra, (Pronúncianse palabrasque non se perciben.) ¡ni una palabra!... Pero vostedessaben máis diso.

Polo tanto, este tema zanxémolo definitivamente: absolutorespecto polos profesionais..., (Murmurios.) absoluto –xasei que lles molesta–, absoluto respecto polos tribunais eabsoluto respecto por todas as persoas que concorreron a esaoposición. Afortunadamente, agora hai unha praza cuberta,(Pronúncianse palabras que non se perciben.) o que nonpode estar é unha praza dun servizo sen cubrir. (Pronún-cianse palabras que non se perciben.) (Murmurios.)

Miren, eu o que non vou é, señora..., señora... (Pronúncian-se palabras que non se perciben.) Non, señora conselleira,eu non desprezaría ningunha das aportacións que podenfacer profesionais, científicos, educadores, sexan de ondesexan, concelleiros de Lalín (Murmurios.) ou concelleirosde Chandrexa de Queixa; eu, en todo caso, respectarei sem-pre os profesionais e as xentes que poden dar unha informa-ción sobre este asunto.

Vostede –xa o dixo aquí–... Estamos falando dun tema certa-mente complexo. A obesidade constitúe a enfermidade nontransmisible que hoxe ten a maior prevalencia na nosacomunidade, sobre todo na idade pediátrica.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

74

Número 6322 de abril de 2014

Page 75: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

No mundo hai moitas persoas con sobrepeso, e hai moitasmáis persoas con sobrepeso que con desnutrición, e os datossuxiren que isto vai cunha prevalencia que posiblemente sedobre nos próximos trinta anos.

Tamén é ben certo –e véñennos alentando disto– que esta epi-demia da obesidade empeza cada vez en idades moito máistemperás. Dous, cinco anos, é a idade á que agora nos estándicindo que pode empezar a obesidade. Inflúen nisto moitosfactores –xa foron aquí enunciados e non imos repetilos–,pero tamén interveñen as redes de interconexión social, quefavorecen a súa extensión rápida, aumentando o risco depadecela cando un familiar ou un amigo se converte en obeso.

Todo isto favorece unha permisividade para que os nenospoidan ter o que os médicos coñecen como unha adipose,que son depósitos de graxa, non percibindo o aumento distocomo tal. Non perciben o aumento de graxa corporal, co cal,é un problema.

Tamén é certo que hai certa cultura –non digo que moita,pero hai certa cultura– na que os pais dos nenos con obesi-dade os perciben como grandes, fortes e con óso forte.(Risos.) ¡Isto é certo! (Murmurios.) Forma parte... Xa digoque non é exaxerado, pero, señorías, se vostedes din queandan por todos os lados, esta certa cultura... Non o digo eu,dío dona Rosaura Leis, que é unha das profesionais máisimportantes que traballa no Departamento de Pediatría doComplexo Hospitalario de Santiago e que acaba de facer unestudo sobre isto. Polo tanto, non o digo eu. Agora, se vos-tedes queren rebater tamén o profesor Tojo e a profesoraRosaura, teñen vostedes coñecementos para rebatelos. Rebá-tanllelos, (Aplausos.) rebátanllelos, sen máis; rebatan senmáis. (Aplausos.)

Un estudo feito pola Universidade de Santiago, no HospitalClínico, dirixido –insisto– por Rosaura Leis e Rafael Tojo,que foi catedrático de Pediatría... (Pronúncianse palabrasque non se perciben.) –bueno, vostedes saben máis ca eses,pero eu vou dicir, pese a todo, os que fixeron o estudo e oque dixeron; xa sei que o seu coñecemento é superior, pero,perdoen, vouno dicir–. Fixeron un estudo entre os anos 1979e 2009, e este estudo pon de manifesto un aumento progre-sivo da prevalencia de sobrepeso e obesidade, triplicándoseneste período. Isto é o que din eles. Vostedes, como sabenmáis, digan outra cousa.

Tamén pon de manifesto este estudo que a media de pesonun neno de 10 anos se incrementa –neste período, no queeles estudaron– nuns 7 quilogramos, e o índice de masa cor-poral –relación peso-talla– increméntase dous puntos. Xa seique vostedes saben máis, pero poñan aquí outros datos.Estes señores estudaron iso –insisto– desde o ano 1979 ata oano 2009. ¡Pouco tempo, eh!, hai que recoñecer que é poucotempo de estudo, e presentan uns datos, que, xa insisto, vos-tedes terán outros que van...

No curso escolar 2010-2011, un estudo tamén feito en San-tiago –non valorado por vostedes, polo que se ve aquí–, quetomou como referencia –como dixo a conselleira– case8.000 nenos, demostrou que os nenos galegos son os queteñen máis sobrepeso de toda España, en concreto, un31,3 % e un 18 % teñen obesidade... (Pronúncianse palabrasque non se perciben.) Estamos falando de nenos de entre 6 e10 anos. Insisto, este é un estudo feito por catedráticos daUniversidade de Santiago de Compostela. Eu xa sei que, enfin, aquí hai moita ilustración, ¡demasiada diría eu, dema-siada!, (Risos.) (Aplausos.) demasiada como para non ter enconta estes estudos.

E, por ir rematando, porque moitas cousas xa se dixeron,miren, un estudo moi recente –e isto é o máis serio, porqueaquí xa se falou das comorbilidades que pode haber cos nenoscon sobrepeso– evidencia que, de seguir esta prevalencia deobesidade na idade pediátrica, a calidade e continuidade dosservizos de saúde están ameazadas. (Pronúncianse palabrasque non se perciben.)¡Este é un problema, eh! Claro que haique facer algo, hai que actuar, como vai facer o Goberno gale-go cun plan contra a obesidade infantil. (Aplausos.) (A señoraGallego Calvar pronuncia palabras que non se perciben.)¡Claro que hai que facer algo! –Benvida, señora Gallego, aosentido común.– ¡Claro que hai que facer algo!, porque aíndaque só sexa polo interese de todos, e dos que veñen detrás denós, hai que preservar os sistemas de saúde...,

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor SANTALICES VIEIRA: ...e este dato de profesores,científicos –insisto– documentados alértanos deste proble-ma: que está en perigo o Sistema nacional de saúde, porquenon se van poder atender as comorbilidades que xera a obe-sidade dos nenos, e, cando sexan maiores, serán igualmenteobesos, e isto é un problema.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

75

Page 76: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Polo tanto, menos ilustración, ou menos invención, diría eu,e máis sensatez á hora de evaluar un problema serio como oque se acaba de poñer enriba da mesa, que é o da obesidadeinfantil.

Nada máis, señora presidenta, moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Réplica da conselleira de Sanidade.

A señora CONSELLEIRA DE SANIDADE (Mosquera Álvarez):

Moitas grazas, señora presidenta.

A verdade é que é certo que os grupos de traballo –os cincogrupos de traballo que constituímos– todos estaban de acor-do en que a obesidade infantil é un problema, e é un proble-ma que se vén arrastrando desde hai máis de tres décadas. Etamén eles nos alertaban moi claramente de que hai que dife-renciar entre o que é a desnutrición como un déficit denutrientes –que pode ser por unha falta de inxesta ou porunha falta de absorción– e a malnutrición, é dicir, a alimen-tación desequilibrada, que pode ser por exceso e por defecto.

E é verdade que no ano 1990 –no estudo ao que me referíaeu antes– o baixo peso ao nacer era o factor de risco máisimportante para a mala saúde da infancia. Sen embargo, naactualidade, o índice de masa corporal elevado –e, na actua-lidade, non falo dos últimos cinco anos só, senón que falodas dúas últimas décadas fundamentalmente– é o principalfactor como causa de morte prematura e de discapacidade,sobre todo na infancia. E non é un problema só de España, éun problema que vimos arrastrando en todo o mundo occi-dental, porque é certo que en Galicia é dun 33 %, é dicir, unde cada tres nenos, no estudo realizado nos últimos meses doano 2013 –non estamos falando dun estudo realizado hai dezanos, que xa nos viña alertando, como dixo o doutor Santa-lices de que isto ía sendo un problema–, (Murmurios.) enidade de 6 a 15 anos, padece sobrepeso ou obesidade na nosacomunidade autónoma.

E, como digo, tampouco é un problema só noso, xa que oEstudo Aladino realizado no 2012 para toda España cifra aobesidade infantil nun 32 % e, en Estados Unidos, estamosfalando de sobrepeso nun 36 % dos casos, e en Grecia, porexemplo, supera xa o 40 %. Como digo, é un problema quevimos detectando, e por iso nos puxemos a traballar. Por iso,e tamén polo requirimento desta Cámara e polos profesio-

nais que estaban moi preocupados, nos puxemos a traballardesde a Dirección Xeral de Saúde Pública, desde SaúdePública, para coordinar este plan, para traballar no plan quenos permita controlar esta epidemia, que nos permita con-trolar ese problema grave nos nenos e nas nenas, porque,evidentemente, un neno obeso será un adulto obeso, e tenunhas posibilidades moi altas de ser tamén diabético e hiper-tenso e, polo tanto, de ter unha morte moito máis prematuraou de ser máis discapacitado.

Para facer outra evaluación, saben que o Servizo Galego deSaúde ten o denominado “Programa do neno san”, que é uncatálogo protocolizado de actividades preventivas en pedia-tría que garante un minucioso seguimento de todos nenos eos adolescentes galegos, desde o nacemento ata os 14 anos.Está formado por 327 pediatras en atención primaria, cunharatio de 1.001 nenos por pediatra. Tamén os pediatras e aSociedade de Pediatría de Galicia afirman –e estano afirma-do así– que non detectan un incremento de desnutricióninfantil. E, como lle dicía, na enquisa que se fixo o ano pasa-do, o baixo peso nos nenos –nos 7.000 nenos– non chegabaao 3 %.

Polo tanto, cando estamos a falar de desnutrición, non esta-mos a falar dunha situación real en Galicia, por moito que seempeñen vostedes; polo menos non é a realidade que detec-tan os profesionais sanitarios, e isto é así.

A estratexia de abordaxe da cronicidade ten unha parte moiimportante na prevención e na promoción da saúde, da dietasa e do exercicio. Dentro deste plan, levamos traballandodesde Saúde Pública para coordinar moitas actuacións quexa están en marcha e que temos xa realizado. Levamostempo traballando coa Consellería de Cultura, Educación eOrdenación Universitaria para regular a oferta alimentariana escola e para facer educación sanitaria na mesma.

Fixemos un estudo para avaliar os menús escolares e detec-tamos bastantes campos de mellora. Estamos formando osresponsables dos menús escolares e os traballadores dascociñas dos centros educativos, non só en aspectos relacio-nados coa seguridade alimentaria, senón tamén en como ela-borar menús saudables e variados, actividade que completa-remos en breve coa publicación dunha nova guía de menúsescolares. Colaboramos, así mesmo, con achegas aos pregospara a adxudicación dos concursos para as empresas que

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

76

Número 6322 de abril de 2014

Page 77: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

subministran as comidas nos centros onde non hai cociñapropia. Como ve, estamos traballando coa consellería endúas liñas.

No ámbito sanitario –que dicían antes que non sabían o queestabamos a facer–, estamos a traballar na homoxeneizaciónde criterios diagnósticos para detectar a obesidade e o sobre-peso en atención primaria.

O novo módulo de pediatría de Ianus –da historia clínicaelectrónica– levará unha ferramenta para o rexistro e omanexo da obesidade e o sobrepeso. Este rexistro permitiráfacer un seguimento tamén dos resultados deste plan, doPlan Xermola.

Ademais, estanse incluíndo tarefas neste campo nos acordosde xestión que se firman coas estruturas de xestión integra-da, e que estas, á súa vez –as xerencias de xestión integra-da–, firman cos profesionais da atención primaria, como adespistaxe do nivel de actividade física e do comportamentosedentario mediante o cuestionario internacional de activi-dade física.

Tamén estamos deseñando programas de formación para opersoal sanitario, tanto no campo de aplicación de modelosde intervención como no de avaliación de determinantes desaúde, onde o papel da enfermería de atención primariaxogará un papel clave.

No ámbito comunitario, temos xa iniciativas en marchatamén, como o Proxecto de xente con vida, enfocado á pro-moción dun estilo de vida saudable e, en particular, á ali-mentación sa e á actividade física, cunha especial dedicacióná nutrición infantil. Ten xa máis de 17.000 seguidores nasredes sociais e máis de 26 millóns de páxinas vistas en Face-book. Para que se fagan unha idea do que significa isto, osseguidores de Facebook do perfil da Xunta de Galicia sonpouco máis de 13.000 e os do Ministerio de Sanidade, Ser-vizos Sociais e Igualdade non chegan aos 10.000.

Ademais, colaboramos con outras institucións na procura deactividades formativas para familias no eido de estilos devida saudables. Por exemplo, recentemente, colaboramos noHealth Lab Kids, iniciativa do Colexio Oficial de Médicosda Coruña, para a promoción dunha alimentación saudablenos rapaces. E tamén damos cobertura e apoio na procura de

estilos de vida saudable ás familias dos rapaces que acodenás escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo eBenestar.

Tamén estamos buscando aliados nos entornos dos consu-midores e das empresas –aínda que vostedes non o crean–.Hai poucos meses asinamos un convenio coa Unión deConsumidores de Galicia e co Foro Interalimentario paraa promoción dunha alimentación sa na infancia e que xaten resultados con publicacións específicas dirixidas apromover unha nutrición adecuada nos máis cativos. Si, etamén cos colexios estamos a traballar para sensibilizar osnenos máis pequenos en facer unha vida sa e saudable.Este libro, o de Os Bolechas educan a Pepiño Chispa, estáen todos os centros escolares e en todos os centros desaúde.

E, no campo da investigación, tamén estamos colaborandoestreitamente co clúster da saúde e co clúster da alimenta-ción, co ánimo de promover a priorización de iniciativasorientadas ao desenvolvemento de alimentos saudables eseguros, e ao mesmo tempo máis adaptados aos nenos entexturas e en sabores. E tamén colaboramos con outros plansda Xunta de Galicia cos que compartimos obxectivos nestaárea, como poden ser Galicia Saudable, da Secretaría Xeralpara o Deporte, ou o Plan de mobilidade alternativa, promo-vido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio eInfraestruturas.

En resumo, podemos dicir con claridade que os obxectivos eestratexias xa están en marcha. Neste ano 2014 imos poñeren marcha ou pilotar alomenos 26 das 34 intervencións querecolle o plan. E si tivemos en conta, á hora de traballar,tanto as estratexias que define a Organización Mundial daSaúde como os textos que están neste momento a terse enconta por todos os profesionais. A min o que me doe é quevostedes non teñan en conta ou poñan en dúbida os profe-sionais que están a colaborar e pensen que viven noutromundo que non sexa Galicia. Eu, unha vez máis, só lles pododar as grazas aos máis de 50 profesionais de todos os ámbi-tos que estiveron a colaborar coa Consellería de Sanidadepara a elaboración deste plan.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Rolda especial de aclaracións.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

77

Page 78: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Polo Bloque Nacionalista Galego ten a palabra a señoraPrado Cores.

A señora PRADO CORES: Eu, en nome do BNG –vou dicilocreo que máis alto; podo intentar dicilo máis claro–, digoque por moito que se empeñe o Partido Popular en que cadavez que poñemos en cuestión as súas políticas intente deri-valo a que estamos cuestionando o labor dos profesionais dasanidade pública deste país non o van conseguir. Eu teñodito nesta tribuna –e hoxe volvo repetilo– que se a sanidadepública de Galiza segue tendo uns estándares de calidademoi bos é grazas ao voluntarismo e á entrega dos seus e dassúas profesionais, non polas súas políticas. Entón, cando osabio sinala a lúa, o necio mira para o dedo, e iso é o que fansistematicamente vostedes: mirar para o dedo que sinala alúa, e a lúa son as súas políticas sanitarias.

¡Ai!, señor Santalices, vou emular aquí unha conselleira noanterior pleno cando dixo: ¡Ai, señor Santalices, se o queestá facendo a conselleira de Sanidade co seu home o tive-ran feito outros! ¡Ai!, ¿que estarían vostedes dicindo nestatribuna?, ¿que estarían dicindo? Porque, á parte de ser hon-rados, hai que parecelo. E, dende logo, quen lle emendou aplana ao Partido Popular, á consellería e á conselleira naquelmomento xerente do Sergas foi o Tribunal Superior de Xus-tiza de Galiza, non foi este grupo parlamentario. Entón,bueno, se ten algo que dicir, señor Santalices, atrévase, vaiaao hospital e de paso vaia ao Tribunal Superior de Xustizade Galiza, vaia aos dous sitios e alí cóntellelo, porque foi otribunal quen o fixo. E volve haber recurso, a ver en quequeda. Entón, non miren para o dedo, miren para a lúa; sefan o favor, miren para a lúa.

E, efectivamente, hai que facer un plan. Entón, ¿orzamento?Eu non lle escoitei á conselleira falar de orzamento. ¡Ah!, oplan perfecto. ¿Recursos humanos en materia de sanidade?¡Ah!, 3.000 profesionais menos desde o 2010, e baixando aunha velocidade de vértigo. ¿Persoal en ensino –que é undeses elementos transversais fundamentais para este plan–?Miles de profesionais menos. ¿Comedores escolares? A súainmensa maioría cáterings. ¿Produtos de proximidade, ver-duras e demais? Bueno, só hai que ir mirar cal é a súa cartadiaria.

E nós –eu díxenllo ao principio, señora conselleira– noncuestionamos o problema da obesidade infantil, dixemos

que é un problema; o que cuestionamos é que vostede veñaaquí traelo como plan estrela cando ten a sanidade públicagalega manga por ombro, e no único traballo no que seesmera é en privatizala día tras día. E o que cuestionamos eresulta ridículo é que precisamente veña aquí presentalocomo un plan estrela cando non ten orzamentos, cando nonsabe como se van efectivizar nin en que vai consistir nin-gunha desas estratexias que quedan tan bonitas no plan. Enós non cuestionamos os profesionais que fixeron a diagno-se da situación, cuestionamos o uso que vostedes fan desetraballo; iso é o que cuestiona o Bloque Nacionalista Gale-go. E cuestionamos que estean máis preocupados pola obe-sidade infantil que polas necesidades alimentarias dos nenose nenas deste país; dende logo, resulta, cando menos, unpouquiño escandaloso.

E é moi ilustrativo como goberna o Partido Popular porque,efectivamente, hai nenos que pasan fame. Hai estatísticas,tamén podían encargar estudos de moitos nenos que van áescola sen almorzar. E hai moitos nenos que a única comidadecente que comen ao día é a que comen nos comedoresescolares; eses comedores escolares que vostedes aumenta-ron de prezo...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando.

A señora PRADO CORES: ...e fixeron con eles o que fixeron.Entón, parece que para o Partido Popular a fame pode espe-rar, pero a obesidade infantil non pode esperar. Iso é o quelle critica o Bloque Nacionalista Galego.

E permítame tamén, señor Santalices –aínda que a que com-parece é a señora conselleira–, eu non creo que os pais e naisgalegos se volveran tarumbas e de repente tomaran comocanon de beleza os anxelotes do Barroco, eses anxelotesrollizos e coloradiños de cara que están por aí en moitasigrexas do noso país; non foi iso, evidentemente. O que pasaé que, efectivamente, hai miles de fogares onde se pasafame, hai miles de fogares onde non poden escoller esemenú equilibrado e san. Hai miles de fogares onde esa cues-tión que se chama conciliación...

A señora PRESIDENTA: Remate, señora Prado, por favor.

A señora PRADO CORES: ...de vida laboral e familiar nonexiste porque vostedes dinamitaron calquera tipo de posibi-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

78

Número 6322 de abril de 2014

Page 79: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

lidade de que a haxa coas súas reformas laborais e con outrotipo de medidas. Esa é a realidade, e iso é o que lle critica-mos hoxe aquí, que en vez de empezar por onde hai queempezar e por ir ás causas de por que se produce esa obesi-dade infantil vostedes queiran presentar unhas medidas paracombatelas que non son reais...,

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Prado.

A señora PRADO CORES: ...que non teñen orzamento, quenon teñen recursos humanos e que non teñen nada detrás quenon sexa pura e dura propaganda, señora conselleira.(Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Polo Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquer-da ten a palabra don Ramón Vázquez Díaz.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: Bueno, a verdade é que aforrariamoseste lamentable inicio de sesión vespertina simplementelendo as conclusións da Enquisa nacional de nutrición dosEstados Unidos. Digo “lamentable sesión vespertina” inclu-índo esa invocación do señor Santalices de “morra a Ilustra-ción”.

¿Que din as conclusións da Enquisa nacional de nutricióndos Estados Unidos? Vouno ler textualmente porque con eseparágrafo aforrariamos todo este tempo. Di así: “As familiasque viven en condicións de pobreza, aínda por períodos cur-tos de tempo, tenden a compensar a súa alimentación conalimentos de alto contido enerxético –refrescos, frituras,doces–, que son usualmente máis accesibles e menos custo-sos que as froitas, as verduras e o peixe. E isto aumenta orisco de obesidade e diabete nas poboacións que experimen-tan fame ou viven en condicións de pobreza”. Se vostedepon iso na introdución do seu plan, aforraría a súa longaintervención.

E unha cousa, señor Santalices, vamos ver, ¿pero vostedenon se dá conta de que cos datos que vostede mencionou,cos estudos que vostede citou, subscribe exactamente a nosaintervención? Cando vostede di que nos últimos anos se estáincrementando a obesidade, xusto cando coincide coa maiorcrise económica que se ten padecido ao longo da historia–polo menos da historia recente–, precisamente está vostede

caendo no argumento que nós dicimos de que a crise agudi-za os problemas da obesidade. Iso é o que vostede fixo dicin-do os argumentos que manexou.

Polo tanto, se estamos de acordo finalmente en que a criseestá agudizando os problemas de malnutrición, ben no casode persoas que non poden acceder a unha alimentación equi-librada, ben no caso de persoas que non poden acceder aonúmero de comidas suficientes, o que se precisa non é unplan no que se fale de cuestións vagas senón de políticasserias; políticas de fiscalidade e de prezos onde se penalicenaqueles alimentos que son menos sans –dígame vostede se ovan facer–; políticas serias na comercialización, publicidadee patrocinio da alimentación industrial. ¿Van traballar nesamateria? Políticas serias en materia de etiquetado, progra-mas alimenticios serios como o que lles propuxemos dedetección de carencias alimentarias e con comedores; unhapolítica agraria onde se potencien os circuítos curtos decomercialización, a agricultura ecolóxica, o deporte de basena escola, etc. ¿Que deporte de base hai no ensino secunda-rio, na idade fundamental para a fidelización da prácticadeportiva? ¿Hai deporte escolar nos institutos de ensinanzasecundaria? Ningún deporte escolar. É aí onde se perde.Apoio á lactancia, é dicir, baixas de maternidade. ¿Que faci-lidade ten unha muller hoxe en día para criar o seu fillo coaaxuda do seu compañeiro para poder facilitar unha lactanciae un apoio á maternidade san? De todas esas cuestións falaxa a Extratexia mundial sobre o réxime alimentario, activi-dade física e saúde, non estamos descubrindo a pólvora.

Vostedes falan nese discurso líquido de promoción de hábi-tos de vida saudables; si, de promoción de hábitos de vidasaudables. ¿A vostedes parécenlles saudable os 220.000fogares que non poden manter unha temperatura adecuadano seu fogar porque non poden facer fronte aos gastos daelectricidade e da enerxía? Fogares que viven en insegurida-de alimentaria permanente porque teñen que pagar a luz, avivenda, a hipoteca...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: Hai 44.000 fogares que non podenpermitirse unha comida de carne, peixe ou polo polo menoscada dous días. Por iso criticamos o seu plan, porque carecedun diagnóstico, resulta demagóxico e carece de medidasserias.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

79

Page 80: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Pero vostede está moi tranquila porque, está claro, candovostede deixe o seu posto –cousa que espero que sucedamáis pronto que tarde– regresará ao seu posto como directi-va no grupo Nosa Terra, que é o propietario de Povisa, ou aascenderán –como se fixo con Pilar Farjas– ao ministerio; oseu marido seguramente seguirá sendo xefe do CHUS; a súafilla ascenderá seguramente en Price Waterhouse and Coo-pers e aquí paz e despois gloria, e, para o resto, a caridade.Iso é o que vostedes reservan para o resto da cidadanía.(Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Polo Grupo Parlamentario Socialistaten a palabra a señora Acuña do Campo.

A señora ACUÑA DO CAMPO: Grazas, presidenta.

Señorías.

Mire, señora Mosquera, se quere comparecer vostede, com-pareza, pero con respecto, con respecto por esta Cámara, conrespecto polas regras da democracia e con respecto a todoseses nenos e nenas galegas que están a pasar necesidades. Sequere explicar, explique, pero explíquenos primeiro a súafalta de respecto polos profesionais e mais polo TribunalSuperior de Xustiza de Galicia, que condenou ese regalodesa xefatura ao seu marido, e vostede volveu incorrer nomesmo delito, porque vostede está a xestionar o sistemasanitario coma se fora a súa finca particular. E, postos aexplicar, explíquenos tamén por que razón o señor Feijóo lloestá a permitir.

En canto ao señor Santalices, non sei se pensa que talvez oTribunal Superior de Xustiza de Galicia non respecta os pro-fesionais, porque nós, señor Santalices, nesta Cámara, repe-timos o mesmo que dixo o Tribunal Superior de Xustiza. Ossocialistas, respecto polos profesionais, todo o do mundo,pero tamén, señor Santalices, por eses profesionais que seestán preguntando se talvez o tribunal lle volveu dar a prazaao marido da conselleira para devolver o favor dese transva-samento de doentes de Vigo e Pontevedra aos seu servizos.Iso, señor Santalices, é o que se fala nos hospitais.

Se quere facer algo vostede, señora Mosquera, realmentepola malnutrición infantil fágao, pero fágao cos datosactuais, non cos datos do 2009. E para facer algo pola mal-nutrición infantil, o primeiro que debería facer é aproveitar

todo o que xa se estaba a facer e non tirar con todo para viragora, cinco anos despois, cun plan.

Mire, se queren facer campañas divulgativas no CorteInglés, en V Televisión, como contempla o seu plan, fága-nas, pero para concienciar os axentes económicos e sociaisde que a crise está agudizando a pobreza entre os colectivosmáis fráxiles. Claro que o problema é que quen non se con-ciencia é precisamente o presidente de Galicia, o señor Fei-jóo. Eu pregúntome cando se vai enterar o presidente de quecada día en Galicia viven peor os colectivos máis vulnera-bles, e que, por suposto, a infancia, é un deses colectivos.

Mire, aconséllolle algo moi fácil: vostede e o señor Feijóo daman, póñanse, lean os xornais, porque estes días están publi-cando que cada día hai máis nenos e nenas en Galicia quenin almorzan nin levan a merenda ao colexio. Estaría benque o señor Feijóo soubera dunha vez o que está a pasar enGalicia despois dese lustro baixo a súa xestión; sobre todo,eu aconséllolle que non se limite a buscar vostede remediopara a obesidade dos nenos e das nenas ricas, porque, seño-ra Mosquera, non sería xusto, pero tampouco sería eficaz ninaxustado ás necesidades reais.

Rebaixen vostedes o prezo dos comedores escolares, facili-ten o acceso aos mesmos, mantéñanos abertos fóra do cursoescolar, para que todos aqueles nenos e nenas que o necesi-ten poidan seguir comendo. Por certo, tamén axudaría moitoa estas familias, señora Mosquera, non ter que facerlles fron-te a copagos imposibles nas farmacias e nas ortopedias.

E, mire, remato xa como empecei...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando.

A señora ACUÑA DO CAMPO: Os socialistas non a imos acom-pañar nesta burla tráxica e desafortunada, porque, despois deescoitala a vostede e ao señor Santalices, só topamos dúasrazóns para esta inapropiada comparecencia: unha, que bus-que vostede enganarse a si mesma, fuxindo da realidade; edúas, que pretenda enganar a Cámara e a sociedade galegautilizando precisamente a malnutrición dos nosos nenos enenas.

En todo caso, equivócase, señora Mosquera, todo isto resul-ta penoso, completamente absurdo, tanto para vostede como

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

80

Número 6322 de abril de 2014

Page 81: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

para o señor Feijóo, o seu cómplice necesario e responsableúltimo desta desfeita.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Grupo Parlamentario Popular, señor Santalices Vieira.

O señor SANTALICES VIEIRA: Grazas, señora presidenta.

Xa dixen o meu absoluto respecto polos integrantes dos doustribunais, do anterior e do actual. Vostede mesmo hoxe acabade facer aquí unha afirmación que pon unha vez máis en evi-dencia a falta de respecto que ten vostede polos profesionais.Textualmente dixo que se estaba pagando un favor do desvíode pacientes de Pontevedra ao Complexo Hospitalario deSantiago. ¿Que quere vostede dicir con iso? (A señoraAcuña do Campo: Nada.) ¿Como que nada? Sexa vostedevalente. (Risos.) Sexa vostede valente, diga que quere insi-nuar con iso, ¿que se compraron membros do tribunal?¿Quere vostede dicir iso? (Pronúncianse palabras que nonse perciben.) Hai que ser valentes, non me vale con botar asíunha pedra... Hai que ser valentes, diga vostede... (Pronún-cianse palabras que non se perciben.) (Murmurios.) o queten que dicir. (Aplausos.)

Mire, eu xa lle dixen moitas veces que no Parlamento non sepode ter mandíbula de cristal, hai que saber recoller e haique saber dar. Polo tanto, vostede ten que acostumarse a isotamén, (Pronúncianse palabras que non se perciben.) (Mur-murios.) ten que acostumarse a iso.

Señor Vázquez, eu manexo os argumentos dos técnicos. Secoinciden cos seus, encantado. E os técnicos veñen dicir queo aumento do sobrepeso en Galicia nas últimas décadas sedebe fundamentalmente aos profundos cambios socioeconó-micos que están provocando cambios nos estilos de vida:maior consumo de alimentos calóricos –máis baratos, écerto–, diminución da actividade física –estamos todos deacordo–, demasiada televisión e demasiada internet. Istodino os técnicos, e aí coincidimos.

Tamén teño que dicir, e non caiamos nós en confundirnosnoutro concepto: obesidade non é un aumento de peso; non,non, obesidade é un aumento de graxa corporal, que é unha

cousa completamente distinta. É o resultado dun balancecrónico positivo de enerxía e inxesta con respecto ao gastoque facemos. Polo tanto, estes dous conceptos temos quedeixalos claros.

Hoxe máis que nunca segue dicindo este estudo dos técnicosque se necesita a colaboración de catro apartados fundamen-tais, catro estamentos fundamentais: pais, profesores, pedia-tras e poderes políticos. O que acaba de facer a conselleira épór encima da mesa un plan que contempla todos estes apar-tados. Os poderes públicos deben atender a información pro-porcionada por estes grupos, sen desprezar ningunha; insis-to no que dixen antes, sen desprezar ningunha, non se debedesprezar ningunha información. Familia e escola indubida-blemente que xogan un papel importante no seo de compar-tir hábitos saudables, actividade física, non comer diante datelevisión –tamén o din os técnicos, non o estou inventandoeu– e converter o desayuno como principal comida. A esco-la é de vital importancia, segue sendo fundamental tamén aescola na educación sanitaria para proporcionar a oportuni-dade dunha mellor educación nutricional, e tamén en rela-ción coa actividade física.

Señora conselleira, moi importante o que vostede apuntouaquí con respecto á xestión integrada entre a coordinación deatención primaria e a atención especializada, porque nesteeido é fundamental que exista unha complementariedade. Oseu plan, o plan que presentou hoxe aquí vostede, nos cincoámbitos, familiar, educativo, comunitario, sanitario e cientí-fico, académico e empresarial, parécenos moi importante.

Tamén valoramos a creación dese observatorio da obesidadeinfantil, na que se evaluarán, mediante indicadores obxecti-vos, os resultados das distintas intervencións. A prevencióndo sobrepeso e a obesidade na idade infantil debe ser unhaprioridade dos poderes públicos.

Remato, señora presidenta, como comecei. A miña interven-ción está baseada nun informe técnico, nun informe feito porprofesionais aos que vostedes, principalmente un grupo, oGrupo Parlamentario Socialista, cuestionou. Non me valenagora moito esas desculpas, non me valen moito as descul-pas; non me valen, non, non me valen, porque este é ungrupo de profesionais que fixo un esforzo moi grande, e nondebería de ser tan malo este grupo cando un ilustre membrodas súas bancadas, ex alcalde de Santiago, o señor Sánchez

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

81

Page 82: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Bugallo, no ano 2008 firmou co Hospital Clínico e con estegrupo de traballo un convenio de colaboración dirixido nestesentido para a prevención da obesidade infantil. Demostrouo señor Sánchez Bugallo ser un home sensato...

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Santalices.

O señor SANTALICES VIEIRA: ...porque estaba buscando acolaboración dos que máis saben deste tema, aos que voste-des hoxe aquí quixeron pór en entredito.

Nada máis, señora presidenta, e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra, para pechar o debate,a conselleira de Sanidade, dona Rocío Mosquera Álvarez.

A señora CONSELLEIRA DE SANIDADE (Mosquera Álvarez):

Grazas, señora presidenta.

Bueno, pois quero, en primeiro lugar, agradecerlle á señoraPrado a defensa dos profesionais, pero téñolle que dicir quenon fixeron a análise previa para o plan, fixeron o plan, elesforon os que elaboraron este plan; un plan que está baseadona experiencia, no coñecemento e na colaboración de profe-sionais de distintos ámbitos. Foron moitos os que colabora-ron neste plan.

Evidentemente, é un plan transversal, é un plan que está arecoller e coordinar todas as actuacións que se van facer entoda a Xunta de Galicia, pero tamén en institucións públicase privadas –como xa lle dixen– para poder levar a cabo ecumprir os obxectivos.

Evidentemente, é un plan que aborda un dos problemas máisgraves que temos en saúde pública hoxe en día, que é osobrepeso e a obesidade, porque é un plan de futuro. É unproblema que afecta os novos de hoxe, pero que vai afectara calidade de vida das persoas individuais, pero taménsocialmente da sociedade e do seu conxunto e que vai facerdificilmente sostible o sistema sanitario. É verdade que osdatos de Estados Unidos son moito máis graves que os datosespañois. Os datos de Estados Unidos neste momento supe-ran en case dez puntos os datos de Galicia. Pero os datos deGalicia son datos de finais do ano 2013, non estamos a falarde datos do ano 2009. A enquisa que se fixo, precisamentepara ter datos reais, realizouse a 7.400 nenos –nenos e

nenas–, como dixen antes, e desde logo, os datos que damosson os datos reais, que son os datos que utilizaron os profe-sionais para facer o plan.

É verdade que non é un problema deste ano nin dos últimoscatro anos. Como xa dixen tamén, no ano 2006 a UniónEuropea xa puña en evidencia que España, sobre todo Espa-ña, tiña un problema moi grave de obesidade infantil. Fala-ba de que un de cada cinco nenos ten sobrepeso. Cos últi-mos datos, cos datos de finais de 2013, é un de cada 3nenos; co cal, non podemos esperar para poñer en marchaaccións de prevención e promoción desta patoloxía, nonpodemos esperar.

E, desde logo, claro que é unha patoloxía complexa, multi-factorial, e que está determinada pola interacción de moitosfactores, xa o dixen tamén: xenéticos, biolóxicos, socioeco-nómicos, condutuais, ambientais... Desde logo que temosque facer tamén investigación para saber que é o que está aocorrer. Esta é a abordaxe que propoñen estes grupos de tra-ballo, que, como digo, foron quen de poñer en marcha ou depoñer en papel este plan que hoxe presentamos.

Desde logo, os factores de risco para esta enfermidade–tamén o dixen antes– non son un modo de vida individual,senón un estilo de vida, un modo de vida, da sociedade, eeste é o gran problema que temos.

Para conseguir os obxectivos que nos marcamos no plan,para conseguir o obxectivo xeral, que é diminuír a prevalen-cia da obesidade na poboación infantil e xuvenil de Galicia,nun prazo de oito anos, mellorando o patrón alimentario e deactividade física da poboación infantil e xuvenil, temos quexuntar vontades, temos que xuntar esforzos, traballar desdedistintos ámbitos e traballar por este obxectivo común, quenon é outro, como digo, que mellorar a saúde dos máisnovos; os máis novos, que son o noso futuro. Invitámolos acolaborar connosco, invitámolos a colaborar cos profesio-nais que detectaron o problema e que elaboraron este plan.

Como xa lle dixen tamén, hai unha sistemática recollida nomesmo plan para avaliar todas as achegas que vostedes quei-ran facer. O plan estará colgado na páxina web da Conselle-ría de Sanidade para que o coñezan e para que vexan sepoden ou queren facer algunhas achegas. E, desde logo,estaremos encantados de avalialo. Porque eu creo que este é

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

82

Número 6322 de abril de 2014

Page 83: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

o noso futuro, é o futuro de toda a sociedade galega. Se que-ren colaborar, benvidos serán.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Continuamos coa orde do día.

Moción do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, poriniciativa de Dª María Consuelo Martínez García, sobre osector da construción naval

A señora PRESIDENTA: A esta moción presentouse unhaemenda do Bloque Nacionalista Galego.

(O G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa dasúa deputada María do Carme Adán Villamarín, ao abeirodo disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguin-te emenda a esta moción.

Emenda de substitución.

Substituír o último punto polo seguinte:

“Presentar, no prazo máximo de seis meses, un plan indus-trial para a comarca de Ferrolterra que diversifique a acti-vidade económica da comarca.”

Emenda de adición.

Engadir un novo punto:

“Desenvolvemento da Lei5/2010, do 23 de xuño, de fomen-to do sector naval de Galicia.”)

A señora PRESIDENTA: Para formular a moción, ten a palabraa señora Martínez García.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: Boa tarde a todas e a todos.

Presentamos esta moción sustentando a interpelación dopasado pleno sobre a situación do sector naval galego. Osector da construción e reparación naval en Galicia rexistrouen decembro de 2013 as peores cifras de emprego dende oano 2005, con só 5.539 afiliados en alta laboral, cando no

ano 2009 superaba os 11.000 traballadores. Un informe deAsime di que hai 342 empresas, dun total de 3.625 do sectormetalúrxico en Galicia, que se dedican á construción e repa-ración de produtos navais. En canto aos datos do comercioexterior do naval pasaron de representar o 11 % das expor-tacións metalúrxicas en 2011 a ser apenas o 3 % en novem-bro de 2013.

Baixo a marca de Pemex, Barreras ten asegurada ou contra-tada a construción de dous barcos, un flotel e un atuneiro, ecomprometidos catro. A empresa aspira a ter o maior con-trato da súa historia. José García Costas, o seu presidente,anunciaba un gran contrato do que non vai dar ningún tipode información ata que estea asinado.

Estamos acostumados no naval, vai sendo a norma e a moda,ás promesas de traballo, de carga de traballo, promesas decontratos, que non se chegan a materializar ou que se mate-rializan moi por debaixo do realmente prometido. A istoxoga tamén agora a dirección de Barreras.

Barreras é o estaleiro insignia do naval de Vigo, o de maiorcapacidade produtiva. E foi regalado practicamente a Pemexa cambio da creación a curto prazo de algo de carga de tra-ballo, tampouco dun exceso de carga de traballo, posto queestamos falando de, en realidade, soamente dous barcos: unflotel e un atuneiro, que é o que hai ata o momento. E ata omomento non se empezou a cortar chapa, por moito que nopleno anterior o señor conselleiro insistira en que Barrerasestaba cortando chapa. Falei cos traballadores de Barreras, ea única chapa que se cortou foi para sacar a foto de Feijóoao lado da chapa, e non hai máis chapa que esa da foto. Odemais son todo promesas que non van máis alá de prome-sas, e que veremos se se cumpren. Un supply, tres buquestanque, un ferry para Argelia... promesas, promesas e pro-mesas. Pero a realidade é que o naval segue parado, a reali-dade é que a maioría dos traballadores do naval están en des-emprego e a realidade é que estes traballadores están senpercibir prestación por desemprego.

E a realidade é que estes traballadores do naval en paro, dendehai moitos anos sen prestacións por desemprego, seguramen-te teñan nenos obesos porque non poden darlles de comer demaneira sa. Polo tanto, todo é a engrenaxe das mesmas políti-cas do Partido Popular, que se dedican exclusivamente aempobrecer os máis pobres e a enriquecer os máis ricos.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

83

Page 84: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Así, todo este boom de promesas de contratos xerou en Vigounha especie de marea de que vai vir o traballo e empezou asaír agora, ademais, xa a usura rematada. Entón agora xa nonvale só cun convenio do sector naval, que non é ningunhamarabilla –soldos de 1.000 euros–. Todos os que somos dezonas de mar onde se traballa no naval sabemos que os sala-rios do naval sempre se subiron a conta de facer moitísimashoras extra, e así seguirán. Pero como non chegan, agoratamén o que se pretende é contratar os traballos das subcon-tratas a través de empresas de traballo temporal, cousa quenunca se fixo no naval vigués. O único que se busca é con-dicións indecentes de traballo e niveis de precariedade labo-ral alarmantes.

Na ría de Vigo existen realmente catro, os estaleiros máisimportantes: Barreras, Freire, Vulcano, Metalships, Armón eCardama. Metalships, Armón e Cardama a base de investiren I+D+i, a base de tecnoloxía, conseguiron ir capeando otemporal. Barreras, vendida a México. Quédannos Freire eVulcano, nunha situación difícil, que van capeando o tem-poral a base de pequenos contratos. Aínda que, por exemplo,Freire tivo que ampliar o ERE que tiña cos seus traballado-res por outros seis meses, e Vulcano segue buscando unarmador para o buque que trouxo de Sevilla.

En tres anos pecharon, ademais, máis de 100 empresas auxi-liares do naval na comarca de Vigo. Un 95 % das que exis-ten aínda están paradas e sen traballo. A creación ou a con-tratación por ETT, sen embargo, non impide que, ademais,aparezan empresas pirata que intentan conseguir traballado-res aínda por debaixo das condicións do convenio e aíndapor debaixo das condicións das ETT. Así denunciaban ossindicatos que os traballadores teñen que subir á grúa cunhabotella para poder mexar porque non lles deixan baixar dagrúa nin sequera para ouriñar. Esas son as condicións que seestán impoñendo no noso naval.

Do novo tax lease o propio presidente de Pymar di que nonlle consta que ningunha factoría galega estea contratando através do novo tax lease, aínda que si o están facendo Astu-rias e o País Vasco.

Polo tanto, vivimos en Vigo unha destrución total do sectornaval que se vai saldar cunha forte perda salarial e unha forteperda de dereitos sociais dos traballadores. Segue sen fluír ocrédito, outra das cousas que Asime denuncia. Pide á Xunta

de Galicia Asime que empece a traballar coas entidadesfinanceiras para que abran a man.

Pero non soamente en Vigo existen problemas, temos taménproblemas en Navantia, en Ferrol, sabémolo. Ferrol seguemorrendo, Ferrol está quedando sen xente, Ferrol desapare-ce ante a pasividade da Xunta, que simplemente di que aculpa é de Navantia, da dirección de Navantia. A direcciónde Navantia é unha inepta pero, polo tanto, e como conse-cuencia da lóxica esa que estudabamos en matemáticas, seNavantia é unha inepta, o Goberno do Estado é un inepto,que é o que está dicindo realmente o Goberno galego. OGoberno do Estado non vale para defender os intereses daría de Ferrol nin para defender os intereses galegos.

Ferrol perdeu máis de 2.500 empregados, fronte aos 2.000empregos que prometía Feijóo na campaña do 2009. Nacampaña do 2011, no ano 2011, Feijóo anunciaba que se oGoberno do Estado non facía nada, a Xunta actuaría e reac-tivaría as instalacións de Navantia con proxectos industriais.Prometeu un plan estratéxico para reactivar proxectos indus-triais en Navantia. Nada de nada, nunca chegou nada aFerrol, só promesas e falsas manifestacións para quedar bencoa poboación, cando despois, tanto no Parlamento do Esta-do coma no Parlamento galego, vótase en contra de iniciar aconstrución do dique flotante en Ferrol, que será o que lledea solución para o ano 2015 cando se levante o veto.

¿Están esperando a que? Chegará o ano 2015, chegará senveto, e Ferrol non terá un dique flotante para poder traballarna reparación de buques. Vostedes serán os responsables.Como son os responsables de non facer ante Europa a con-sulta formal sobre o dique flotante. Vostedes non fixeronnada, publicidade e propaganda, Partido Popular. Non haimáis ca iso.

Ademais, os propios técnicos da Comisión Europea din queo dique flotante se pode construír con fondos de cohesión oucon fondos estruturais, posto que Ferrol cumpre os requisi-tos que se exixen, que son que se beneficie máis dunhaempresa e que se desenrole nunha zona con dificultades eco-nómicas, cuestións que Ferrol cumpre de forma sobrada.

Serían 150 millóns de euros para o dique flotante, o que cus-taría; pero, aínda así, por 150 millóns de euros prefirenpechar Ferrol. Realmente parece que o Partido Popular ten

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

84

Número 6322 de abril de 2014

Page 85: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

intención de que Ferrol desapareza como cidade. Igual aqueren dedicar a montar unha mina alí, ou non sei a que.Pero, desde logo, non hai ningún plan para Ferrol, Ferrolesmorece e o Goberno galego mira para outro lado, ninsequera ten unha iniciativa de buscar alternativas a unhaindustria que está pasando por un momento tremendo. Entodos estes anos, a Xunta de Galicia non deu nin un só pasopara salvar Ferrol desta tremenda quebra na que vive.

Máis de dous anos perdidos pola falla de interese da Xuntade Galicia co dique flotante, promesas, viaxes, fotos, cortede chapa que non existe, publicidade, publicidade e propa-ganda. Mentres tanto, as rías de Ferrol e de Vigo esmorecen.O naval, que foi insignia deste país, o naval galego, estanodeixando morrer dunha maneira vergoñenta, mentres as lis-tas de paro aumentan, non deixan de medrar, e a emigracióndo noso país segue como nos anos sesenta: os galegos emi-grados a dar o mellor da súa formación, a dar todo o seucoñecemento para empresas foráneas.

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Remate, señora Martí-nez, por favor.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: Remato

Polo tanto, nós o que pedimos na nosa iniciativa son diver-sas medidas, entre elas un plan industrial galego. Porque senegan a facer un plan industrial galego...

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Xa esgotou o tempo.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: Teño 33 segundos.

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Non, iso é o que levade máis.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: ¡Perdón, perdón! Vale, de acor-do. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Grazas.

Para a defensa da súa emenda, a señora Adán Villamarín.

A señora ADÁN VILLAMARÍN: Boa tarde.

Grazas, señora presidenta.

Hoxe debatemos dúas mocións de xeito consecutivo que sonmostra da situación na que está este país. Por unha banda, unsector produtivo que foi, como xa se expuxo por parte daseñora Martínez, buque insignia da economía galega, o sec-tor naval, esmorecendo ante a pasividade, o pasotismo–podemos dicir o que queiramos- do Goberno galego. E acontinuación as medidas necesarias para atallar a pobrezacada vez maior e crecente en Galiza. É dicir, esta é a dicoto-mía na que estamos xogando constantemente, vendo como oExecutivo non ten medidas nin actuacións claras para reac-tivar a economía e, por outra banda, como tamén recortadiante da pobreza ou simplemente intenta dicir que non exis-te e vir falarnos hoxe, por exemplo, de obesidade infantil,cando realmente o problema que hai que atallar é esa pobre-za infantil que causa esa obesidade.

Por iso, e comezando pola primeira das iniciativas que esta-mos debatendo, xa foron expostos os datos. Eu creo que,ademais, señoras deputadas e señores deputados, os coñece-mos todos e todas. Porque en reiteradas ocasións, no quelevamos de lexislatura, tanto en pleno coma en comisión,levamos debatido a respecto da situación do naval en Gali-za, tanto da situación do naval na ría de Ferrol coma na ríade Vigo, ese naval sacrificado no altar da Unión Europea contodo o beneplácito, dende logo, do Partido Popular.

Recordar os datos é bo, é bo porque, efectivamente, a perdade traballo é alarmante, completamente alarmante. Antesfalábase no 2009 na ría de Vigo de 11.000 operarios no sec-tor naval, hoxe de pouco máis de 1.000.

Temos as promesas e, é verdade, todo ese –imos dicir- apa-rello mediático de propaganda do señor Feijóo, que, efecti-vamente, imos recoñecerlle que para as fotos non ten prezo,que as busca ben. Pero ¿cal é a realidade? Recordemos quexa no 2012 a respecto do sector naval o naquel momentoconselleiro Guerra, segundo o Diario de Sesións, dicía, o 27de xuño, que ese acordo marco con Pemex significaría –eleo– “2.500 persoas que teñen posibilidades de contrata-ción”. Dous anos despois, ¿cantas, exactamente?, ¿cantashai? Polo de agora non existen, outra vez seguimos agar-dando.

O 95 % na ría de Vigo das empresas auxiliares pechadas,imaxinen o que significa iso na comarca de Vigo, a situa-ción á que se conduce esa comarca. E xa se explicaron aquí,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

85

Page 86: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

ademais, as consecuencias claras, como no resto dos secto-res produtivos, das rebaixas salariais, da perda dos dereitossociais, e claramente tamén un efecto que incluso podelevar a desmobilización sindical en moitos aspectos, algoque dende logo se propicia claramente dende o PartidoPopular.

Na ría de Ferrol tamén xa foi exposto, e eu creo que ademaisé un tema en moitas ocasións debatido, cun índice de parosuperior ao 30 %, superior ao 30 %, que é completamentealarmante; unha cidade da que poderiamos traer aquí asfotos dos comercios pechados, en aluguer ou venda. Iso sig-nifica realmente o peche dunha cidade, xa non unha reestru-turación constante senón un peche claro ou unha vontade depeche do sector público dos estaleiros. Eu lía unhas declara-cións dun dirixente sindical que falaba de diezmar os esta-leiros. Efectivamente, esa foi a política clara que se desen-volveu.

Entón, claro, temos unha lei do sector naval aprobada nesteParlamento. Non recordo agora mesmo, porque teriamos quefacer reconto, pero eran exactamente seis proposicións de leiaprobadas –e isto foi hai dous meses– de fomento ou postaen desenvolvemento da lei do sector naval, e inacción com-pleta. Soamente por poñerlles un exemplo, a día de hoxe estásen aplicar pois un dos aspectos importantes, como era oartigo 4.1, de participación da Xunta de Galiza no Consellode Administración de Navantia. A Xunta non sabe, non con-testa, non coñecemos se moveu ficha, se non, se simple-mente pasa... Esta era unha lei que chegou ao Parlamentocomo unha iniciativa lexislativa popular logo, realmente,dun traballo importante na comarca de Ferrolterra. ¿Por queestá sen desenvolver?

Nós plantexamos dúas emendas: unha coa idea de melloraro texto onde se di “minimizar” cremos que queda como máisclaro “diversificar”, non dar por perdido o sector naval,seguir loitando polo sector naval, aínda que haxa que diver-sificar a situación industrial nun plan industrial; e, unhasegunda, volver dicir: desenvolvamos a lei do sector navalou, se non, teñan valentía e derróguena xa dunha vez.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Polo Grupo Parlamen-tario Socialista, o señor Losada.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Moitas grazas, señora presidenta.

Señorías, boas tardes.

Lamento moito que non estea o conselleiro de Economía eIndustria, especialmente despois de ter lido con calma a súaintervención da interpelación do pleno pasado. Porque enrealidade vou seguir na miña intervención precisamente oesquema ilustrado da súa intervención. Vou falar primeiro dedatos, vou falar despois do naval privado de Vigo e vou falardo naval público de Ferrol. E quero falar tamén de Pemex,si, quero falar de Pemex.

E quero empezar con dúas frases textuais do conselleiro–textuais do último pleno–. A primeira é: “A chegada do Par-tido Popular ao Goberno na Xunta de Galicia e ao Gobernocentral supuxo un cambio absoluto no sector naval”. Sencomentarios. Unha segunda: “Apoiamos, dende a Xunta deGalicia, sen precedentes, os estaleiros en risco e, por exten-sión, a toda a industria auxiliar, con aportacións de máis de80 millóns de euros”. Eu creo que debeu de ser nalgún con-cello do interior, porque, dende logo, en Vigo e en Ferrol nonfoi. Entón estamos nese mundo..., non sei se dicir de Yupi;en fin, non sei moi ben como chamarlle.

Porque os datos cuantitativos están aí. As voceiras da Alter-nativa Galega de Esquerda e do BNG falaron dalgúns deles,pero eu quero repetilos, porque, efectivamente, as perdas deemprego en termos porcentuais son absolutamente dramáti-cas. Dicimos que se perdeu en Galicia un de cada catroempregos industriais. O problema é que, cando falamos dosector naval, estamos falando de perdas do 80 % do empre-go, é dicir, que de cada dez persoas que traballaban no sec-tor naval quedan dúas, en termos xerais. E no caso de Ferrolaínda este impacto laboral é maior.

E quero que pensemos que estamos falando dun sector quechegou a ter 17.000 empregos en Galicia, o 5 % do produtointerior bruto, e sen dúbida, xunto coa automoción, os doussectores buques insignia desa industrialización galega quelamentablemente esmorece sen que o Partido Popular faganada máis que publicidade e propaganda.

Porque no ano 2008 había 80 buques ou ben contratados ouben nas gradas dos estaleiros galegos. No 2013 había 11,diminuíndo; e agora non hai absolutamente ningún nos gran-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

86

Número 6322 de abril de 2014

Page 87: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

des estaleiros galegos. Efectivamente, os pequenos estalei-ros da ría de Vigo manteñen algunha carga de traballo. E nono dicimos os socialistas, dío a Asociación de IndustriaisMetalúrxicos de Galicia, Asime, que desde logo non é sos-peitosa de conivencia co marxismo-leninismo internacional,en absoluto.

Pero, certamente, as cifras de afiliados á Seguridade Socialnos sectores vinculados á industria metalúrxica son as máisbaixas da historia económica de Galicia. Nunca na historiaeconómica de Galicia, nin na reconversión dos anos 80,houbo cifras tan baixas de afiliación.

E logo vén o señor conselleiro e fálanos de internacionaliza-ción, fálanos da capacidade de competir internacionalmente,desta Comunidade Autónoma. Pura e simplemente, retórica;porque non hai ningunha realidade económica no sectornaval detrás, nin desde a vía da innovación, nin desde a víada promoción comercial, nin desde ningún aspecto que xus-tifique esta especie de optimismo teórico fundamentado nanada.

E no caso de Vigo, no sector privado, efectivamente, porunha parte está a perda de emprego; por outra parte –case tangrave, atreveríame a dicir–, a perda de capital humano nosentido de perder un liderado en innovación, fundamental-mente en enxeñería naval, que a comarca de Vigo, no ámbi-to privado, tiña en toda España e que lamentablemente emi-gran. E cando emigran, non volven, cando emigran os traba-lladores cualificados non volven aos seus lugares de orixe,está evidenciado empiricamente. Polo tanto, en Vigo temosese problema, temos o problema do que xa falou a autora damoción, dunhas condicións laborais á baixa, absolutamenteinsoportables en termos de dereitos laborais minimamentehomologables internacionalmente. E, lamentablemente, aXunta non di absolutamente nada disto.

E no caso de Ferrol, do sector público, aquí si que as deci-sións políticas son absolutamente relevantes. Porque se sonrelevantes en Vigo, desde logo son absolutamente relevantesen Navantia. E goberna o Partido Popular en Galicia e enMadrid. Gobernou o Partido Socialista en Galicia e enMadrid, pero hoxe hai dous anos en España e hai cinco anosen Galicia que goberna o Partido Popular, e ten toda a res-ponsabilidade de que os estaleiros líder en construción navalen España estean literalmente baleiros, baleiros en termos

físicos e, o que é peor, baleiros en expectativas de negociopara o futuro, por moitos anuncios que faga o señor conse-lleiro aquí do buque Monforte de Lemos, o portahelicópterosturco e non sei cantos gaseiros.

E quero dicir unha cousa nada máis sobre Pemex, porqueindudablemente se falou moito de Pemex. Dixo o consellei-ro tamén no último pleno que se desenvolvera –e cito tex-tualmente– “un intenso traballo de diplomacia económica aomáis alto nivel”. Unha inmoralidade, porque a diplomaciaeconómica ao máis alto nivel non se dá en prime time natelevisión pública de ningún país. (Aplausos.) O único quehoubo foi publicidade e propaganda.

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Ten que ir rematando,señor Losada.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Remato, señora presidenta.

E teño que dicir, unha vez máis, dúas cousas: a primeira, queos socialistas nunca nos manifestamos en contra dos contac-tos con Pemex nin, por suposto, da construción dos buquesde Pemex. Manifestámonos en contra do teatro, en contra dapublicidade e, sobre todo, en contra da inmoralidade que sig-nifica xogar coa necesidade laboral de miles de desempre-gados do naval de Galicia.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Para fixar a posicióndo Grupo Popular, o señor Tellado Filgueira.

O señor TELLADO FILGUEIRA: Grazas, señora presidenta.

Señor Losada, o que lle acontece ao Partido Socialista conrespecto ao sector naval está perfectamente diagnosticado,chámase amnesia política postraumática. É un mecanismode protección, un mecanismo de negación, do dano causadoao sector naval galego e o dano causado a Galicia. Porqueson vostedes os responsables da situación na que se atopa osector naval, por moito que queiran negalo. (Aplausos.) Sonvostedes os responsables.

E vostedes carecen de credibilidade á hora de falar do sectornaval, carecen de credibilidade porque foron vostedes os quemantiveron esa estratexia de poñer en dúbida permanente-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

87

Page 88: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

mente os contratos de Pemex que van dar traballo ao nososector naval, un investimento de 600 millóns de euros. Care-cen de credibilidade porque foi o seu partido quen materia-lizou a reconversión naval do 2005 e a que materializou aprolongación do veto á antiga Astano ata o 31 de decembrode 2014. Esa foi unha decisión do seu partido no ano 2005,son vostedes os responsables desa decisión. Carecen de cre-dibilidade para falar vostedes do sector naval porque foronos gobernos socialistas os que de forma reiterada castigarono noso sector naval. Fixérono nos 80, fixérono tamén no2005 e fixérono tamén a través do señor Almunia con eseproblema do tax lease –que foi o responsable máximo–, e foitamén o Goberno socialista quen non foi capaz de buscarunha solución a ese problema.

En definitiva, o Partido Socialista, señor Losada, carece decredibilidade para falar cun mínimo rigor do sector navalgalego, porque foron vostedes os inimigos dos nosos esta-leiros, os que traizoaron un sector naval fundamental para anosa economía.

Señora Martínez, do tax lease pídalle explicacións ao Parti-do Socialista, co que cogoberna nalgúns sitios. A min gusta-ríame que no seu discurso incorporara algunha palabra, queé a competitividade, unha palabra que nunca está no seuvocabulario e que, dende logo, é clave para un sector estra-téxico como o noso.

Señora Adán, respecto do Bloque Nacionalista Galego,quero dicirlle que o sector naval sufriu o lastre do GobernoSocialista e que, mentres o Goberno Socialista aplicaba esareconversión no 2005, vostedes lle aprobaban ao señorRodríguez Zapatero os orzamentos xerais do Estado. Polotanto, non lle aceptamos esas leccións que pretenden darnos.

Señora Martínez, o seu partido é inimigo de Ferrol. Demós-trao estando en contra de todos os proxectos fundamentais.Vostedes piden o peche da planta de gas, unha planta de gasque supón a entrada de doce gaseiros a reparar nos nososestaleiros. E vostedes queren que peche. (Aplausos.) Polotanto, señora Martínez, máis coherencia, máis coherencia noseu discurso.

Mire, o Partido Popular ten un compromiso firme co sectornaval. É unha preocupación diaria para o noso grupo parla-mentario e motivo de reivindicación permanente ante o

Goberno central e ante a Unión Europea, preocupado polostraballadores que ao longo dos últimos anos se teñen enfron-tado á incerteza na que se atopa un sector maltratado polosgobernos socialistas. É verdade que se atopa o sector navalna peor das situacións posibles, unha perda do 80 % dos con-tratos, e que desa situación só hai un responsable –e están aoseu carón–.

Respecto dos estaleiros privados, quedaron sen carga de tra-ballo por mor da nefasta xestión do tax lease, responsabili-dade do señor Almunia, do Partido Socialista, e responsabi-lidade do Goberno socialista, que non foi quen de negociarun novo sistema de financiamento ao longo de todo un ano.

E os estaleiros públicos quedaron tamén sen carga de traba-llo, porque temos que recordarlle ao Goberno socialista osseus últimos cinco anos: nin un só contrato para os estalei-ros da ría de Ferrol. Diso é do que poden sentirse ben orgu-llosos. E ante esta situación a postura da Xunta de Galicia foisempre a mesma: reclamar un cambio da política do Gober-no respecto do sector naval. A postura da Xunta e a do Par-tido Popular é coñecida por todo o mundo: reclamar carga detraballo para os estaleiros da ría de Ferrol, reclamala emesmo ir buscala a México, iso que a vostedes tanto llesmolestou, nunha responsabilidade comercial que non llecompete á Xunta de Galicia nin ao seu presidente, pero quese fixo para buscar solucións a unha situación responsabili-dade do seu partido.

Respecto do anuncio efectuado polo ministro de Facenda, oseñor Cristóbal Montoro, nós agardamos que se concrete omáis pronto posible ese anuncio do Goberno, que se com-prometeu a construír un buque militar en Ferrol e outro nosur, contra almacén, para facer fronte á situación da caída dacarga de traballo e da carteira de pedidos para os nosos esta-leiros. Unha decisión que non sería precisa, señora Díaz, seo Goberno Zapatero non tivera a Ferrol sen un só contratonos últimos cinco anos.

A Xunta de Galicia e o Partido Popular mantén unha pos-tura firme en defensa do proxecto do dique flotante. Seño-ra Martínez, na súa proposta fala vostede dun novo plan dereindustrialización para Ferrol. Xa o hai, hai catro mesesesta Cámara aprobaba un acordo unánime en defensa dosector naval, un acordo de cinco puntos que, na nosa opi-nión...,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

88

Número 6322 de abril de 2014

Page 89: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Vaia rematando, señorTellado.

O señor TELLADO FILGUEIRA: ...continúa plenamente vixen-te: exixir carga de traballo para Navantia, opoñerse a cal-quera posible reconversión, exixir ao Goberno de España aeliminación das limitacións e exixir do Goberno de Españaa dotación de persoal suficiente para a antiga Astano.

Pois ben, nós cremos que este acordo segue plenamentevixente e que aglutina as demandas unánimes dos gruposdesta Cámara, e por iso non cremos necesario unha novaresolución que só pretende confundir a cidadanía.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Para posicionarsesobre a emenda á iniciativa, a señora Martínez.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: Ben, primeiro, quero agradecero apoio tanto do Partido Socialista como do BNG. Acepta-mos a emenda do BNG –a de modificación e a de engáde-ga–. E dende logo eu vou darlle a razón ao Partido Popularen que o PSOE é responsable de moitas cousas que pasaron,pero todo o responsable que é o Partido Socialista é irres-ponsable o Partido Popular. Vostedes son irresponsables por-que pasan do problema, non actúan, son vostedes autentica-mente irresponsables. E a súa irresponsabilidade, incompe-tencia, incapacidade para actuar, o non saber gobernar, a súafalta de decisión, o seu medo a enfrontarse a Madrid, estáncondenando a este país á morte e á fame, e ao sector naval ásúa desaparición.

Está claro que Almunia tiña aí o problema do tax lease, eben... Almunia, moi mal. Pero o novo tax lease ¿por quenon funciona? Iso é responsabilidade, única e exclusiva-mente, do Partido Popular. ¿Por que Asturias e País Vascosi que conseguen contratacións co novo tax lease e Galicianon?

Almunia non será que teña un problema con Galicia, a ver seé que Almunia vai ter un problema con Galicia especial.Máis ben parece que hai un goberno incompetente e ineptoen Galicia, que é incapaz de buscar carga de traballo para osnosos estaleiros. A non ser que os venda a prezo de saldo,

que é o único que sabe facer, e despois, aínda por riba, véna que lle deamos as grazas.

Mire, non falamos de competitividade, como non falamos deflexibilidade, porque hai palabras que é mellor non pronun-cialas diante do Partido Popular. Nós, cando falamos decompetititividade, é competitividade por ser os mellores, porter máis calidade, non por ter esas condicións laborais dasque falaba antes, de miseria. Vostedes seguen pensandocomo hai sesenta anos: que os galegos emigren porque sonpobres e que emigren coa cabeza gacha. Iso é o que voste-des buscan, un país de pobres e de incultos, así veñen osrecortes tamén no ensino.

Hai que diversificar, non hai un plan. Di que hai un plan.¿Onde hai un plan? En Ferrol non coñecen ningún plan.

E, mire, pode que Alternativa Galega trate moi mal a Ferrole non nos preocupemos de Ferrol. Pero imos por Ferrol e nin-guén nos mira mal, imos ás manifestacións cos traballadoresdo naval e estamos con eles. E somos ben recibidos. Vostedesteñen que escapar dos traballadores do naval, vostedes oúnico que fan cos traballadores do naval é mandarlles a poli-cía, os antidisturbios, para que carguen contra eles candoveñen ao Parlamento a reclamar carga de traballo, e a recla-mar que este goberno lles preste atención. Vostedes respon-den como responderon sempre, con represión, non con razón.

Por iso é tan difícil falar con vostedes, porque menten, nonrazoan, e o único que fan é reprimir a aqueles que querenreclamar mellores dereitos.

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Vaia rematando, seño-ra Martínez.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: Remato xa.

A súa postura firme co dique queda sempre patente nas vota-cións onde sempre votan en contra da construción do diquede Ferrol. Pero, bueno, eu espero que a sociedade lles pase afactura que lles corresponde.

Nada máis. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Grazas.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

89

Page 90: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Moción do G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativade Dª María Carmen Gallego Calvar, sobre a nova carteirade servizos en materia de inclusión social

A señora PRESIDENTA (Soneira Tajes): Ten a palabra a señoraGallego.

A señora GALLEGO CALVAR: Moitas grazas, señora presiden-ta.

Boa tarde, señoras deputadas, señores deputados.

Imos ver se somos capaces de volver á realidade despoisdesta actuación do señor Tellado, co teatro –diría eu– e ilu-sionismo que nos fixo aquí, porque só lle faltou citar a Feli-pe González e o malfadado Goberno bipartito, que non opuido citar. E imos falar de algo do que o Goberno non querefalar, que é de pobreza, de pobreza e de desigualdade, e decomo as políticas que o Partido Popular está aplicando enGalicia e en España o que están facendo é cada vez afon-dando máis nesa fenda de desigualdade, onde os que menosteñen cada vez teñen menos e os que máis teñen cada vezteñen máis; e como cada unha das decisións que adopta oGoberno do señor Feijóo neste cinco anos o que están facen-do é poñer a Galicia con máis dun 23 % da súa poboación enrisco de pobreza ou exclusión social.

E imos falar de poñerlle remedio, porque, primeiro, cos pro-blemas hai que asumir que se teñen, como país, e despois haique intentar facer algo para remedialos. E imos falar depoñerlles remedio non como nos dicía hoxe a conselleira deSanidade nesa estratexia contra a obesidade infantil, que,despois dun estudo que rematou no 2009, tardaron cincoanos en pensar en que había que facer algo, e polo mediodesmantelaron todas as medidas que había de loita contra aobesidade infantil. Imos falar, pois, da realidade. Imos inten-tar poñerlle deberes ao Goberno de Galicia, e a ver se dunhavez por todas asumen algún compromiso para loitar contra oque está pasando no país, contra a realidade, e non contra ascifras máxicas que cada pleno nos veñen contar aquí osrepresentantes do Partido Popular, e o señor Feijóo especial-mente.

E imos empezar por falar da carteira de servizos de inclu-sión, carteira de servizos de inclusión que o Goberno galegovai poñer en marcha, e que, de ser como a que acaban de

poñer en marcha na carteira de servizos de dependencia, oque vai facer vai ser mercantilizar a pobreza. E como nósnon queremos que iso sexa así, e eu espero e agardo que nin-gún dos grupos parlamentarios tampouco queiran, queremosque esa carteira de servizos se faga consultando, primeiro,coa Rede Galega contra a Pobreza –que algo sabe–, coasentidades do terceiro sector de iniciativa social –que algosaben–, e cos concellos galegos, entre outros. ¿Para que?Para coñecer de cerca a realidade, a realidade que se está avivir nos bancos de alimentos, a realidade que se está a vivirnos albergues, a realidade que están a vivir os servizossociais dos concellos, que se ven desbordados polas axudasde emerxencia e polas solicitudes da risga que reciben día adía. Entonces, para coñecer a realidade, o mellor é que oGoberno faga esa carteira de servizos consultando con quena coñece.

E, logo, o Goberno debería comprometerse neste momento,no momento no que están azoutando dunha maneira máiscruel a crise económica e as medidas que leva adoptadotanto o Goberno central como o Goberno autonómico, a quea posta en marcha desta carteira de servizos non teñan nin-gún custo a maiores tanto para as persoas usuarias comopara os gobernos locais ou as entidades de iniciativa social.

¿E por que dicimos isto? Porque coñecemos o que acaba depasar coa carteira de servizos en materia de dependencia. Ea carteira de servizos en materia de dependencia acaba deincrementar os custos para as persoas usuarias; polo tanto,esperamos que non sexa o mesmo en materia de inclusión.

E o terceiro punto da nosa iniciativa –só ten tres estamoción– é unha reivindicación que vimos facendo dende haitempo, que a fixemos nos debates do estado da Autonomía,nas propostas de emendas parciais no debate da Lei de inclu-sión –e, por suposto, non se aceptou–, e que a fixemos nou-tra iniciativa que presentamos hai xa case dous anos nesteParlamento precisamente para loitar contra a pobreza, e éque o Goberno de Galicia se ten que comprometer na loitacontra a pobreza e a exclusión social e ten que crear unfondo de emerxencia. E ese fondo de emerxencia debe estardotado economicamente para que non pase o que está pasan-do agora coa risga e que explicarei. E ese fondo de emer-xencia ten que ser xestionado conxuntamente entre conce-llos, entidades socias e a Xunta de Galicia. E ese fondo deemerxencia ten que estar dotado, cando menos, cun orza-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

90

Número 6322 de abril de 2014

Page 91: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

mento anual do 0,1 % do PIB da nosa comunidade autóno-ma. Ese fondo de emerxencia ten que contar con medidas,priorizando aquelas específicas de atención á infancia, áspersoas maiores, ás mulleres e ás persoas sen fogar. E candofalo destas catro características estou falando daquelas per-soas que teñen máis dificultades diante da pobreza e daexclusión social.

E ese fondo debe tamén contemplar a creación dun progra-ma de solidariedade alimentaria, para que todos os nenos enenas que están en risco de pobreza ou exclusión socialteñan garantidas ao menos tres comidas ao día a través, pois,da rede que xa existe –entre comedores escolares, ONG, cen-tros de día...– de toda a rede que xa existe. Hai que aprovei-tar esa rede que existe para garantir a alimentación equili-brada e sa dos nenos e nenas galegas que están pasando pormoitas dificultades. E é que medrou moitísimo a pobrezainfantil na nosa comunidade autónoma a pesar de que oGoberno galego siga renunciando a estudar e investigar quéé o que está pasando coa pobreza infantil.

E toda esta petición que facemos desde o Partido Socialistafacémola porque coñecemos a realidade. Nós non vivimosnese mundo de fantasía no que vive o señor Feijóo, e todosos días chegan a nós denuncias e reivindicacións de persoasque o están pasando mal. Como chegaba a nós no debatedesta interpelación, no pleno pasado, que unha muller deVilagarcía se acababa de poñer en folga de fame porquehabía nada menos que dez meses que solicitara unha risga–unha renda de integración social de Galicia– e non a tiñaconcedida. E daquela foi a conselleira de Traballo incapazde darnos resposta. E hoxe seguimos exixindo resposta, por-que están tardando as risgas entre oito, nove e dez meses enconcedelas. E son axudas imprescindibles para poder comer,para poder subsistir, e non pode unha administración tardardez meses en concedelas.

E por moito que nos veña a dicir aquí o Partido Popular quenos últimos anos incrementaron a partida orzamentaria darisga, xa lle anticipo, señora Rodríguez –supoño que vai servostede a que interveña–, que presumir de incrementar aspartidas da risga é tanto como presumir de incrementar apobreza no noso país.

Nós cremos que un goberno serio que se prece, non pode,por unha banda, quitarlles aos orzamentos da Consellería de

Traballo e Benestar para políticas sociais 535 millóns deeuros en cinco anos e, ao mesmo tempo, ter que ir incre-mentando gradualmente a renda de integración social deGalicia. Porque precisamente o resultado de recortarlle eses535 millóns de euros ás políticas de promoción social é oque leva a que teñamos xa un 23,08 % da poboación galegaen risco de pobreza ou exclusión social; ou, dicíndoo doutroxeito, incrementouse a pobreza en Galicia en vinte puntosdende que goberna o señor Feijóo, como queiran vostedesaceptalo, é o mesmo.

Entón, a risga non pode tardar ese tempo. Na risga non podeacabarse a partida orzamentaria todos os veráns, e despois,namentres tramitan incorporacións de crédito orzamentariopara unha partida que se lles esgota xa no verán, prodúcen-se eses retardos en solucionar os problemas da xente.

Pero é máis. Este ano no mes de xaneiro –e teño aquí atransferencia de crédito– xa se produciron transferencias decrédito entre outras partidas da Consellería de Traballo e apartida da risga, neste caso por 2.200.000 euros. ¿Sabenvostedes de onde saca a Consellería de Traballo os recursospara incrementalos na partida da risga? Das axudas deemerxencia social e das pensións non contributivas. É dicir,desvestimos un santo para vestir outro, sacamos das parti-das que loitan contra a pobreza para poñer nas partidas queloitan contra a pobreza. Iso é o que están facendo vostedescoa súa política de recortes, coa súa política de incrementode taxas en comedores escolares, en escolas infantís, entodo o que ten que ver coa educación e en todo o que tenque ver coa sanidade, en todos os incrementos de copagospara as persoas usuarias dos servizos sociais e en todasaquelas prestacións que van sacando, desde o desmantela-mento –pola caladiña, iso si, pero desmantelamento– da Leida dependencia, pasando polo desmantelamento da Lei deservizos sociais de Galicia, ou por ter nada menos que18.000 persoas sen atender en materia de dependencia nonoso país e que agora estean reavaliándoas para acabar pordiminuírlles o financiamento das prestacións que teñen –oueconómicas ou prestacións de servizos–.

Iso é o que está pasando, o froito de que o Goberno do señorFeijóo dedique 4.016 millóns de euros menos a políticas depromoción social é que teñamos vinte puntos máis de pobre-za no noso país dende que goberna o señor Feijóo. E o froi-to destas políticas estámolo vendo pois neses bancos de ali-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

91

Page 92: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

mentos, neses albergues, nesas colas nas portas dos super-mercados para coller os alimentos que están caducados, neseremexer dos contedores do lixo nas cidades, neses pais e naisque xa non poden mandar os nenos e nenas aos comedoresescolares porque non teñen cartos para facer o copagocorrespondente.

Señores do Partido Popular, reaccionen, reaccionen, o quelles estamos pedindo aquí desde o Partido Socialista non énada novidoso, é sinxelamente atallar un problema que cadavez é máis importante no noso país. E ese problema só sepode atallar se o Goberno se compromete politicamente e seo Goberno compromete o financiamento para facelo.

Con boas palabras e con que veña aquí a conselleira unha eoutra vez dicirnos que loita contra a pobreza, e sabendo, ade-mais, que cada ano se incrementan máis as persoas que nonoso país están en risco de pobreza ou exclusión social, nonse resolven os problemas da xente. Poderalle durar un tempomáis a propaganda pero, á fin e ao cabo, as persoas sabenque hoxe viven moito peor que hai cinco anos, cando o señorFeijóo entrou a gobernar na Xunta de Galicia.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraGallego.

Polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, aseñora Adán.

A señora ADÁN VILLAMARÍN: Grazas, presidente.

¿Por que a pobreza é incómoda? ¿Por que é incómoda parao Partido Popular? O famoso informe do 11 de marzo de2014 –ese informe de Cáritas que sinalaba a situación dunpanorama completamente desolador, sobre todo en Galiza–tivo digamos que unha repercusión informativa e mediáticaque nos debería facer pensar. Por unha banda, foi recollidona prensa escrita; mais, se accedemos aos telexornais, nonatopamos ningunha referencia, nin un segundo sequera natelevisión pública deste país a respecto da situación dapobreza en Galiza. E iso debería facer pensar. ¿Que ocorreque o Partido Popular quere ocultar, agochar, desviar a aten-ción a respecto da pobreza en Galiza, da pobreza infantil enGaliza e tamén, despois de meses de falar dese tema, da

pobreza enerxética? Xusto nun momento no cal vemos comose disparan as cifras de venda de automóbiles de luxo, dosprodutos máis caros, por outra banda vemos como en Gali-za hai un incremento importantísimo –xa o citou a señoraGallego, pero os datos son realmente para deternos a pensarun momento– da pobreza. A pobreza infantil aumenta dendeun 16,7 % a un 22,2 % no 2012, e isto significa que sonnenos e nenas que están nunha situación de pobreza, nunmomento histórico onde existen bens materiais suficientespara que a poboación viva en condicións dignas e o que exis-te é unha repartición desigual por uns intereses desiguais e,dende logo, por unhas políticas practicadas para que nonexista redistribución, para que non exista un equilibrio narepartición dos bens e servizos.

Fronte a iso, a Xunta de Galiza o que repite constantementeé unha especie de mantra de que 3 de cada 4 euros se dedi-can a servizos sociais. Non, non é certo, existiu unha redu-ción importante nos servizos sociais –importante, e vostedessábeno–, saben a situación na que se atopan traballadoras etraballadores sociais, saben que neste momento –por moitoque a conselleira viñera aquí na interpelación do anteriorpleno que lle facía a señora Gallego a dicir que non hai pro-blema– non son capaces de poñer en funcionamento a Lei deinclusión recentemente aprobada, non son capaces de darsolución aos meses de retraso na risga –e coñecen esa situa-ción–. E, claro, a realidade é que se aproba unha lei, que aconselleira anunciou esa carteira de servizos de inclusióncando presentaba a nefasta carteira de servizos da depen-dencia, e a probreza segue aumentando. Como xa dixen namiña anterior intervención, mentres na economía non se fainingún tipo de intervención e se deixan esmorecer os secto-res produtivos –antes falamos do naval pero podemos facerreferencia a moitos dos que estamos vendo esmorecer–, poroutro lado, a respecto da pobreza, o que hai é a propagandacando se aprobaban os orzamentos ou da conselleira dicindoque non hai problema.

Nós imos apoiar esta iniciativa que plantexa hoxe o PartidoSocialista, mais tamén –e coñecen moito mellor os informes,dende logo, o Goberno, pero seguramente o Partido Popu-lar– instalos a que lean os propios informes que lles presen-tan os equipos de inclusión que aínda traballan para o Con-sorcio Galego –proximamente para a Axencia, dado que des-mantelaron os equipos de inclusión nas cidades–. Nesesinformes recóllese perfectamente como o aumento da pobre-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

92

Número 6322 de abril de 2014

Page 93: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

za está cambiando de perfil, porque son fundamentalmenteparados e paradas de longa duración. Vostedes teñen osinformes, coñecen os datos, queren agochar a pobreza; peroo triste é que a pobreza é o que vive cada persoa, cada neno,cada nena, cada familia, e non se pode agochar. E é a reali-dade todos os días neste país polas súas políticas, por unhaspolíticas económicas absolutamente erradas.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Polo Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquer-da, ten a palabra o señor Fajardo Recouso.

O señor FAJARDO RECOUSO: Boas tardes a todos e a todas.

O noso grupo vai apoiar a proposta que plantexa o PartidoSocialista, pero cunha matización sobre algunhas cousas quese dixeron aquí. A primeira é que a risga non é unha políticaque loita contra a pobreza, porque as persoas que reciben arisga, por desgraza, non saen da pobreza. As cantidades darisga son cantidades de pobreza. E, polo tanto, nós cremosque a política de inclusión social ten que ir máis alá dunharisga que é pura beneficencia e que non serve na actualida-de para sacar a estas persoas da situación na que se encon-tran.

Pero a verdade é que, para facer unha carteira de servizos deinclusión acaída ás necesidades dun país, primeiro hai querecoñecer a realidade dese país. E o problema deste gobernoé que non recoñece a realidade deste país, o mesmo presi-dente nega a existencia de desnutrición e de pobreza infan-til. Nun país onde 1 de cada 4 nenos está en situación deexclusión e de pobreza non é de recibo que o Goberno des-coñeza esta realidade e mire cara a outro lado. É tanto asíque en setembro do ano pasado a consellería anunciou a ela-boración dun plan para identificar a situación real dos nenose nenas deste país ao respecto da pobreza. Seguimos espe-rando. ¿Ou non se fixo porque non hai intención de atallalaou, se se fixo, os resultados deixan en evidencia a política doPartido Popular, que condena á miseria a decenas de milesde nenos e nenas deste país?

Por iso está claro que non é unha visión apocalíptica dosgrupos da oposición, é a visión da realidade deste país, unha

visión onde as políticas de exclusión están pensadas simple-mente para manter un grao de pobreza que lles permita uti-lizar aquilo da beneficencia. E nós cremos noutro modelo decarteira de servizos, porque ¿cal debe ser a carteira de servi-zos?, ¿igual que fixeron coa Lei de dependencia, na que acarteira de servizos significa varias cuestións: a primeira,poñer en mans privadas a utilización destes servizos e, outra,introducir novos elementos que dificultan o acceso a estesservizos? Vou dar un exemplo: na carteira de servizos deinclusión inclúese un requisito que non existía ata o deagora, que é aquel de estar polo menos durante dous anosempadroado en Galicia para ter acceso a eses servizos. ¿Quequeren dicir vostedes? Que agora calquera persoa que quei-ra, por exemplo, ter acceso aos servizos de inclusión, seintroducen unha cláusula como esta, estará fóra se resultaque non leva dous anos empadroado no mesmo concello.Son realidades que existen neste país e que vostedes van uti-lizar para reducir o número de persoas ás que van dar cabi-da coa carteira de servizos.

E nós temos claro cal debe de ser a solución e a política paratratar de paliar esta situación. A primeira é unha política deemprego. Pero nós seguimos defendendo a necesidadedunha renda básica universal, sen condicións, persoal, por-que esa é a única forma de atender a realidade deste país.Calquera persoa, polo feito de ser persoa e residir neste país,necesita ter os seus mínimos garantidos. Con esa renda bási-ca universal estaremos garantindo o acceso a aquelas cousasque son fundamentais e que dignifican a vida. Non podemoscondenar a nosa xente a sobrevivir, temos que darlle unhavida de calidade.

E cando se fala de servizos de inclusión, ¿por que se obvianservizos tan fundamentais como o acceso á cultura? ¿Porque se obvian servizos tan fundamentais como o acceso aoocio? O que lle estamos dicindo á nosa xente que ten difi-cultades é que, con moito, terá sorte se poden comer de vezen cando. Pero estámoslle quitando o acceso á cultura, oacceso ao ocio, incluso á vivenda. Cabe recordar que oactual Goberno ten eliminado programas de axuda para avivenda, tan importantes como o Programa de eliminaciónda infravivenda no rural e no conxunto do país. Esas son asactitudes do Partido Popular.

É tanto así que vostedes son capaces de deixar sen executar 2,5millóns en axudas de emerxencia. ¿É que non son necesarios

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

93

Page 94: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

eses 2,5 millóns en axudas de emerxencia? É tanto así que vos-tedes, desde que unha persoa se dirixe no primeiro momentoaos servizos sociais para acadar a risga, tardan como mínimonove meses en darlle a risga. Xa se comentou aquí, pero haiunha compañeira, María Carrera, na porta do Concello de Vila-garcía de Arousa –porque o Partido Popular lle impide un lugaradecuado para ter esa folga de fame– reivindicando que se axi-licen as axudas de emerxencia e os accesos á risga. Porqueunha persoa que está nunha situación tremenda e necesite unharisga non pode esperar nove meses a que se faga o primeiropago. Non só iso é inaceptable, é que, ademais, se ten a posi-bilidade de acudir a unha axuda de emerxencia para paliar eseperíodo, resulta que esa axuda de emerxencia tamén tarda tresmeses. Polo tanto, estamos dicíndolle á xente que durante ostres primeiros meses terá que vivir do que poida; terá que, polotanto, acudir aos colectores e ser multado polo Concello daCoruña, do Partido Popular, por acudir aos colectores. Esa é arealidade este país que vostedes non queren ver.

E fronte a isto, ¿cal é a situación? Bueno, pois nós plantexa-mos que é necesario poñer encima da mesa o orzamentosuficiente para paliar esta situación. A proposta do PartidoSocialista plantexa unha cantidade, 55 millóns de euros. Nóscremos que é insuficiente pero, evidentemente, é máisimportante que a que pon encima da mesa o Partido Popular.

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Fajardo, por favor.

O señor FAJARDO RECOUSO: Non só porque a que pon o Par-tido Popular é insuficiente, senón porque, ademais, non aexecuta. E cando ten que incrementala quítaa doutras parti-das de atención social. Polo tanto, o Partido Popular é unpartido que fomenta a pobreza e que convive ben coa pobre-za, porque cre nese mecanismo de xustiza que nós non pode-mos compartir.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Fajardo.

O señor FAJARDO RECOUSO: Nós queremos acabar coapobreza porque é unha inxustiza provocada por gobernoscomo os de vostedes, que miran para outro lado ante estasituación. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Polo Grupo Popular, dona Marta Rodríguez Arias.

A señora RODRÍGUEZ ARIAS: Grazas, señora presidenta.

Boa tarde a todos.

A verdade é que, despois de escoitar que o Goberno daXunta non quere falar de pobreza, que o Goberno da Xuntaquere agachar as persoas pobres, a min gustaríame recordarque hai un estudo, un informe –do que vostedes, dende logo,non poden negar os seus resultados– que publica Eurostat,onde podemos dicir aquí que a quen lle importa a pobreza éa quen loita contra ela, non a quen deixa en plena bonanzaeconómica uns índices de pobreza en Galicia que agora sique quere agochar cando fai este debate no Parlamento deGalicia. E iso é o que quere a Xunta de Galicia. (Aplausos.)

Están vostedes criticando unha carteira de servizos de inclu-sión que nin sequera ten redactada a Xunta de Galicia, emesmo están explicando aos deputados e ás deputadas enqué vai consistir esa carteira de servizos da inclusión candoaínda non existe un borrador. A verdade é que é curioso, por-que é unha nova fórmula dos grupos da oposición a de criti-car unha actuación da Xunta de Galicia, unha carteira de ser-vizos da inclusión, cando aínda non se coñece en que vaiconsistir. E ademais critican que a Xunta de Galicia non vaidialogar e non vai redactar da man das entidades, dos profe-sionais ou dos concellos esa carteira de servizos, cando nainterpelación, señora Gallego, xa a conselleira lle asegurouque a Xunta de Galicia, tan pronto teña o borrador, o pri-meiro que vai facer é remitírllelo ás entidades, remitírlleloaos concellos e aos profesionais que traballan no ámbito dainclusión. ¿Por que? Porque ¿quen mellor ca eles para poderredactar esa carteira de servizos da inclusión? Polo tanto,pode estar segura de que a Xunta de Galicia vai traballarcoas entidades, cos concellos e cos profesionais en materiade inclusión.

E estamos a falar dun novo modelo social –que vostedesdesprezan– baseado en catro carteiras de servizos: depen-dencia, maiores, infancia e inclusión. E é un modelo que tenun obxectivo moi claro, que é ofrecer máis servizos e servi-zos de máis calidade. E, en concreto, a carteira de inclusiónsocial vostedes estana a confundir coa carteira de servizos dadependencia. E a min paréceme que algún deputado que nonleva a portavocía de servizos sociais pode ter dúbidas sobreo que é a carteira de servizos da dependencia e o que é a car-teira de servizos da inclusión. Pero, dende logo, as deputa-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

94

Número 6322 de abril de 2014

Page 95: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

das e os deputados que teñen a portavocía de benestar quenon saiban que a carteira da Lei de inclusión social o que vairegular son os albergues, os centros de acollida, os comedo-res sociais e os centros de inclusión social, confunden os ser-vizos, porque non teñen nada que ver cos servizos da cartei-ra da dependencia. En ningún momento, en ningún momen-to –por moito que vostedes se empeñen en repetilo–, se estáfalando de copago cando se fala da carteira de servizos dainclusión, en ningún momento, señora Gallego, en ningúnmomento. Do que se está a falar é de definir servizos, servi-zos que neste momento non teñen absolutamente nada quever coa carteira da dependencia, que é o que está vostedefacendo: comparar a carteira dos servizos da dependenciacoa carteira dos servizos de inclusión social.

Por certo, o Grupo Parlamentario dos Socialistas quere quese destine para inclusión un 0,1 % do PIB da nosa comuni-dade; iso aproximadamente serían 56 millóns de euros. Poisben, se queren falar de financiamento e se queren falar decifras, fronte aos seus 56 millóns de euros, a Lei de inclusiónsocial de Galicia conta cunha memoria económica de 100millóns de euros ampliable. Os orzamentos da Xunta deGalicia para este ano contan cunha partida específica parainclusión de 59,2 millóns de euros. E tamén temos que ter enconta o Plan nacional de inclusión social, do que vostedesnon tiñan coñecemento no pleno pasado, que aprobou oGoberno estatal a finais do ano 2013 e que vai contar cuninvestimento de 93 millóns ao día entre os anos 2013 e 2016,136.000 millóns de euros. É un fondo extraordinario por pri-meira vez para loitar contra a pobreza infantil.

Por outra banda, vostedes falan de que a Xunta de Galicianon quere falar de pobreza, cando saben que está facendopor primeira vez un estudo sobre a pobreza infantil en Gali-cia, porque non había ningún estudo oficial dos datos dapobreza infantil en Galicia, e estase elaborando un estudo,¿para que?...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señora Rodríguez.

A señora RODRÍGUEZ ARIAS: Para ter unha diagnose real dasituación da pobreza infantil en Galicia, con datos non sócuantitativos, senón cualificativos. Porque vostedes podencoller os datos que queiran, pero non poden criticar que aXunta de Galicia faga un estudo, porque loitar contra apobreza e a pobreza infantil...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

A señora RODRÍGUEZ ARIAS: ...e a exclusión social é unhaprioridade e unha obriga, e así o entende o Goberno daXunta de Galicia.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Grupo autor da moción, ten a palabra a señora Gallego Cal-var.

A señora GALLEGO CALVAR: Moitas grazas ao Grupo Parla-mentario do Bloque Nacionalista Galego e da AlternativaGalega de Esquerda polo seu apoio a esta moción.

En canto á portavoz do Grupo Popular, que entendo que nonvan aceptar esta iniciativa, quérolle dicir algunhas cousas,señora Rodríguez. Vostedes na Lei de inclusión social nonquixeron comprometer orzamento, porque nós presentamosunha emenda para comprometer orzamento, non nos serveque poñan cando haxa dispoñibilidade orzamentaria. Claro,porque a dispoñibilidade orzamentaria pode habela ou podenon habela, e cando se compromete orzamento, compromé-tese orzamento, que son dúas cousas distintas.

Mire, nós non lle falamos de estudos que fixera o PartidoSocialista, estámoslle falando dos informes do Valedor doPobo, de Cáritas, de Save the Children, de UNICEF e do Ins-tituto Nacional de Estatística, (Pronúncianse palabras quenon se perciben.) que son os que din que desde que gobernao señor Feijóo a pobreza en Galicia se incrementou en 20puntos. Non sei de que datos fala vostede, señora RodríguezArias; eu fálolle da Estratexia europea 2020, e fálolle de quea taxa de risco de pobreza ou exclusión social no ano 2008estaba no 13,88 % en Galicia e agora incrementouse un18,52 %, diso é do que lle falo, deses datos.

Miren, ¿como non imos estar preocupados polo que vaipasar coa carteira de servizos de inclusión tendo en conta osantecedentes da carteira de servizos de dependencia, que nosdixeron aquí que ía mellorar a vida das persoas dependentese o resultado é: un, que teñen que pagar máis, e dous, quelles están reavaliando para quitarlles prestacións? ¿Comonon imos estar preocupados pola carteira de servizos de

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

95

Page 96: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

inclusión cando a conselleira no debate do pleno pasado che-gou a afirmar aquí no fragor do debate que esa carteira deservizos de inclusión ía incluír servizos para itinerariossociolaborais? Oian: están vostedes desmantelando o Servi-zo Público de Emprego, despediron a 212 persoas paraorientación laboral. Se vostedes queren facer inclusión labo-ral teñen que ter profesionais no Servizo Público de Empre-go, non encargarlles aos albergues que fagan o traballo queteñen que facer dende a función pública.

Señora Rodríguez Arias, coñecemos os antecedentes do Par-tido Popular, e por iso presentamos esta iniciativa. Se a vos-tedes lles parece que os recursos que nós dedicamos a estainiciativa son escasos, podemos transaccionar e incrementa-los. ¿Vostedes queren loitar contra a pobreza e a exclusiónsocial ou queren seguir facendo publicidade e propaganda?Está nas súas mans.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Pasamos á votación das mocións. Pechamos as portas.

Votación das mocións

Comezamos pola moción do Bloque Nacionalista Galego,por iniciativa do señor Pombo Rodríguez; moción á que nonse presentaron emendas.

Votación da Moción do G.P. do Bloque Nacionalista Galego,por iniciativa de D. Cosme Eladio Pombo Rodríguez, sobreo sistema de préstamo universal dos libros de texto.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 32; votos en contra, 39.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta moción.

A señora PRESIDENTA: Votamos a moción do Grupo Parla-mentario da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciativada señora Martínez García, que dixo que aceptaba a emendado Bloque Nacionalista Galego.

Votación do texto transaccionado da Moción do G.P. daAlternativa Galega de Esquerda, por iniciativa de Dª MaríaConsuelo Martínez García, sobre o sector da construciónnaval.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 32; votos en contra, 39.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta moción.

A señora PRESIDENTA: Votación da moción do Grupo Parla-mentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da señoraGallego Calvar, á que non se presentaron emendas.

Votación da Moción do G.P. dos Socialistas de Galicia, poriniciativa de Dª María Carmen Gallego Calvar, sobre anova carteira de servizos en materia de inclusión social.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 32; votos en contra, 39.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta moción.

Alteración da orde do día

A señora PRESIDENTA: Continuamos coa orde do día e deacordo cos grupos parlamentarios que fixeron a propostasubstanciamos, en primeiro lugar, a proposición do GrupoParlamentario do Bloque Nacionalista Galego.

Proposición non de lei do G.P. do Bloque NacionalistaGalego, por iniciativa de Dª Ana Belén Pontón Mondelo eD. Francisco Xesús Jorquera Caselas, sobre a creacióndunha comisión parlamentaria de investigación sobre ascausas e a determinación de responsabilidades no acci-dente de Angrois e sobre o estado das infraestruturasferroviarias de Galicia

A señora PRESIDENTA: A esta proposición non de lei non sepresentaron emendas e para formulala ten a palabra o señorJorquera.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

96

Número 6322 de abril de 2014

Page 97: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

O señor JORQUERA CASELAS: Grazas, señora presidenta.

Deputadas, deputados: “O Parlamento de Galiza acordacomo resolución a constitución dunha comisión de investi-gación sobre as causas do accidente de Angrois e a determi-nación das responsabilidades”. Isto é o que propón a parteresolutiva desta iniciativa. Traemos, por tanto, por terceiravez a este pleno a proposta de crearmos unha comisión deinvestigación, esta vez en forma de proposición non de leiante o veto do Partido Popular a que se debatese de novo asolicitude de creación desta comisión como un punto espe-cífico na orde do día do Pleno do Parlamento galego. Oargumento do Partido Popular foi que o Parlamento xa se tenpronunciado dúas veces sobre esta cuestión.

Permítanme, por tanto, que comece relatando feitos novos,os feitos que aínda non coñeciamos a última vez que sedebateu a creación desta comisión de investigación. En pri-meiro lugar. “Un maquinista jefe alertó a Renfe del peligrode Angrois antes del accidente”. “O freado na curva deAngrois debe realizarse de xeito brusco sen un aviso previopor sinalización na vía. Ocorre esta transacción de velocida-de nunha zona de máxima atención e de risco pola citadatransición de sistemas e pola sinalización lateral que hai querespectar. Unicamente existe un sinal de velocidade descen-dente á altura do punto quilométrico 84,230, pero de poucovale, posto que de non ter reducido previamente a velocida-de nada se pode facer xa”. Isto é o que dicía o informe doxefe de maquinistas de Ourense. Polo tanto, agora sabemosque non era certo que non houbese ningunha advertenciaprevia sobre a perigosidade do trazado e os seus déficits deseguridade, agora sabemos que este aviso chegou a novecargos de Renfe e agora sabemos que non se fixo nada anteesta advertencia.

Pero sigamos: “Un informe alertó ya en el 2002 del riesgode curvas como la de Angrois. El documento reclamababalizas para reconducir eventuales despistes de los maqui-nistas a la entrada de Puertollano, con una reducción de200 a 80 por hora como la de Santiago”. Leo textualmen-te: “En estas condiciones la seguridad descansa exclusiva-mente en la observación directa de la señal de anuncio develocidad limitada por el maquinista jefe del tren, no exis-tiendo ningún outro elemento de seguridad”. Por certo, enAngrois nin sequera existía este anuncio de velocidadelimitada.

Pero sigo lendo: “En caso de fallo humano se produciríauna situación de grave riesgo, con posibilidad de que el trenentre a una velocidad de 200 quilómetros/hora en la curvacon limitación a 80”. ¿Sóalles isto? Pois é un informe de2002, once anos antes do accidente de Angrois.

Pero sigo lendo, señorías: “El juez acusa al Adif de arries-gar la vida de miles de personas en Angrois por razonescomerciales”. No auto o xuíz acusa ao Adif dun importanteaumento do risco para a vida das persoas tras a decisión dereducir as prestacións de alta velocidade na zona na que seproduciría o accidente, quebrantando o seu deber primordialde velar pola seguridade dos usuarios da liña para primarintereses puramente comerciais.

Sigo lendo, señorías: “El fabricante aconsejó que el Alviafuera más lento y no anular el sistema más seguro. Bombar-dier concluyó que circulando a menos de 75 quilómetros porhora por dos puntos críticos se evitaban los errores delERTMS”. En cambio, como saben, Renfe optou por desco-nectar con autorización do Adif o ERTMS embarcado.

Sigo: “La curva de Angrois estaba mal señalizada según uninforme pericial. La singularidad de la curva de Angroisdebería haber conllevado una mayor protección de la exis-tente, por el frenado brusco que requería. La señalizaciónque allí había era además incoherente, y el control constan-te de la velocidad, el sistema ERTMS, que iba desconectadoa bordo del Alvia porque daba fallos, habría frenado auto-máticamente el tren 4 quilómetros antes si el conductor quecirculara despistado no lo hubiese pulsado cuando debía”.

Pero sigamos: “Fomento insto en 2011 al Adif a corregir losfallos de Angrois. El Ministerio de Fomento autorizó endiciembre de 2011 la puesta en servizo de la línea Ourense-Santiago, aunque condicionó la validez de dicho visto buenoa que Adif subsanase defectos y realizase pruebas pendien-tes”.

En definitiva, os informes presentados no xulgado poñen enevidencia que se puxo en funcionamento a liña cando tiñafallos no dispositivo de seguridade, sen condicionar a postaen servizo á previa subsanación deses fallos.

Señorías, podería seguir comentando a actitude incualificábeldalgúns altos cargos que se pasan a pelota para eludiren as

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

97

Page 98: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

responsabilidades, que incluso no colmo do descaro e dacovardía intentan descargar as responsabilidades sobre as quesi advertiran dos déficits de seguridade, como é o caso doxefe de maquinistas de Ourense; podería seguir comentandoos intentos de obstruír a investigación xudicial en curso. Perotodas as informacións que citei falan ás claras de que houbodecisións tamén no ámbito político que provocaron unhaimportante merma de seguridade; decisións que deben de serinvestigadas, responsabilidades que deben de ser depuradas,tamén no ámbito dunha investigación parlamentaria.

Miren, argumentaron en anteriores debates sobre esta cues-tión que Galiza non ten competencias en materia de seguri-dade ferroviaria. ¿Acaso Galiza ten competencias en materiade salvamento marítimo? Mais iso non impediu que nesteParlamento se crease unha comisión de investigación sobreo Prestige. ¿Acaso as competencias máis relevantes enmateria de seguridade vial non as ten o Estado? Mais iso nonimpediu que neste Parlamento se crease unha comisión deestudos sobre a seguridade vial.

O Regulamento establece que o Parlamento galego poderáacordar a creación de calquera comisión de investigaciónsobre calquera asunto de interese público, non establece nin-gunha outra limitación. Pero vostedes seguen empeñados enrestar competencias a este Parlamento.

Argumentaron tamén que xa hai unha investigación xudicialen marcha. ¿Acaso non a había tamén a respecto do Presti-ge? ¿Acaso non a hai sobre as prácticas dos altos directivosdas caixas, e iso non impediu que se crease unha comisiónde investigación neste Parlamento? A investigación de res-ponsabilidades penais non exime da investigación e a asun-ción de responsabilidades políticas. Son ámbitos total eabsolutamente complementarios.

Argumentaron que o Ministerio de Fomento xa ten unhacomisión de investigación de accidentes ferroviarios. Miren,con franqueza: non nos fagan rir, non se pode ser xuíz e parteao mesmo tempo.

Argumentaron que o Congreso creou xa unha subcomisión.Insisto: non nos fagan rir, unha subcomisión para falar detodo...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor JORQUERA CASELAS: ...menos para falar do acci-dente de Angrois.

Por tanto, non busquen desculpas de mal pagador. O Parla-mento galego non pode lavarse as mans á hora de investigaras causas do maior accidente ferroviario da nosa historia.Este Parlamento, se de verdade quere comprometerse co ver-dadeiro espírito de Angrois, ten que contribuír a que se sai-ban as causas da traxedia. Esa é a mellor homenaxe quepodemos facerlles ás vítimas. Porque as familias dos faleci-dos e as amizades das persoas falecidas, as persoas feridas, opersoal de emerxencias, o persoal sanitario, as psicólogas eos psicólogos, os veciños e as veciñas de Angrois, o conxun-to dos galegos e das galegas teñen dereito a coñecer a verda-de, señorías. Por iso solicitamos o apoio a esta proposición.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Intervención dos grupos parlamentarios.

Polo Grupo da Alternativa Galega de Esquerda ten a palabradon Antón Sánchez.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: Boa tarde.

Estamos falando de 81 mortes por un accidente debido afallos na seguridade, e ningunha dimisión. Estamos falandodun accidente que non se tería producido se a infraestruturacontase coas medidas de seguridade inicialmente proxecta-das. Alguén decidiu dentro dun plan de aforro elaboradoentre o 2010 e 2011 eliminar o sistema ERTMS, sistema queen tramos como o da curva da Grandeira frean automatica-mente o tren, incluso se hai unha desatención ou un erro dofactor humano.

O cambio do proxecto inicial significou que neste tramo encaso de acontecer un erro humano se produciría un acciden-te coas consecuencias tráxicas que todos coñecemos. Oúnico sistema de seguridade era o factor humano, e como dio xuíz Aláez, como din os expertos: que aconteza un errohumano é cuestión de tempo. E, polo tanto, por lóxica, nacurva da Grandeira que houbese unha traxedia desta magni-tude era cuestión de tempo.

Para maior abondamento, houbo informes –como aquí sedixo– escritos que o advertiron e que o denunciaron en

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

98

Número 6322 de abril de 2014

Page 99: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

tempo. Aínda así houbo cambio de goberno e mantívose osistema de seguridade igual, sen implementar sinxelas medi-das que agora despois do accidente se tomaron: colocarunhas balizas cun custo inferior a 6.000 euros que reducenautomaticamente a velocidade. Tamén no resto da vía estabainstalado o sistema ERTMS, pero resulta que non funciona-ba porque non era compatible cos trens que por alí circula-ban. Unha neglixencia que afortunadamente esta non custouvidas.

O cambio do proxecto perpetrado e non corrixido causou oaccidente, pero tamén evidencia o engano á cidadanía candose nos vendeu aos galegos e ás galegas unha infraestruturade primeira, un tren de alta velocidade vendido a bombo eplatillo, cando en realidade era un sucedáneo de tren de altavelocidade sen as condicións de seguridade da alta velocida-de e sen o ancho de vía da alta velocidade.

Despois do accidente houbo actos solemnes, grandes frasesque como nos temiamos eran cara á galería. Houbo tempotamén para a infamia, declaracións dos máximos responsa-bles de Adif, do Ministerio do Interior, do señor Feijóo blin-dando os contratos no estranxeiro da alta velocidade espa-ñola e poñendo no punto de mira única e exclusivamente aomaquinista. Declaracións que se preocupaban de blindar–como dicía– os contratos de alta velocidade, pouco llesimportaba o sentimento das persoas e das vítimas, inclusodos familiares dun maquinista.

Rapidamente vimos o contraste entre a sobreactuación dosdías posteriores e a inactividade á hora de investigar e depu-rar responsabilidades, cargar as tintas no maquinista e prote-xer os altos cargos de Adif e de Fomento. Disque estes altoscargos de Adif e do Ministerio non se ocupan desas minu-cias, ocúpanse seica de cobrar e facer negocios. Custa crersen embargo que os responsables do cambiazo, cambiazoque propiciou o accidente ao eliminar os sistemas de seguri-dade de respaldo, só fosen técnicos rasos de Fomento. Xaque como di o xuíz Aláez nun auto emitido o 18 de outubrode 2013: “En el suceso que se investiga además se debetener en consideración que la modificación del proyecto ori-ginal parece tener su origen en la política de inversión delAdif, puesto que a la vista del segundo informe sobre la pro-puesta de modificado del proyecto de junio de 2010, elmodificado se inserta en un plan de redución de costes deobra y mantenimiento. Asimismo resulta del mismo que esa

propuesta fue objeto de estudio durante varios meses,durante los cuales puede presumirse racionalmente que losresponsables de la toma de decisión del Adif tuvieron oca-sión de analizar, preguntar, requerir y debatir la proceden-cia o no de estos modificados, y que el documento finalmen-te tuvo que estar a disposición de todos los miembros delconsejo, que sin duda podían rechazar la propuesta”. Poisaínda así, aínda que neguen isto, se os altos cargos de Adif ede Fomento autorizaron isto teñen que responder. E se nonautorizaron e deixaron facer ou non se enteraron taménteñen que responder.

A principal reivindicación das vítimas e dos seus familiaresé o esclarecemento da verdade, a depuración de responsabi-lidades dos verdadeiros responsables e, por último, que setomen medidas para que non volva suceder no futuro. Perovostedes bloquean as comisións de investigación...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: ...aquí e no Congreso. Dixéron-nos, primeiro, que o Parlamento galego non era competente,e resulta que chegaron á petición da comisión de investiga-ción no Congreso en Madrid e tampouco se constituíu comi-sión de investigación.

Nós cremos que o Parlamento galego ten que constituír estacomisión de investigación por respecto ás vítimas, perotamén pola dignidade desta Cámara. ¿Acaso o Parlamentode Galicia non ten nada que dicir e ten que mirar para outrolado diante do accidente máis grave da historia do ferrocarrilgalego? É unha cuestión de decencia e de dignidade...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: E ademais non é óbice para quese depuren as responsabilidades penais, xurídicas e adminis-trativas, pero as políticas tamén, se non estamos mandandounha mensaxe moi mala á sociedade: colocamos responsa-bles, cobran soldos millonarios, fan negocios e resulta que áhora de asumir as responsabilidades os únicos que as asu-men son os curritos.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

99

Page 100: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Grupo Parlamentario Socialista, ten a palabra don Raúl Fer-nández.

O señor FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ: Grazas, señora presiden-ta.

Señoras deputadas, señores deputados, boas tardes a todas ea todos.

A traxedia de Angrois –pasadomañá cúmprense nove mesesdo accidente– segue viva e vixente no conxunto da socieda-de. O debate nesta Cámara por repetitivo do accidente deAngrois non vai causar o menor malestar ou inquedanzas noGrupo Socialista. Os socialistas dixemos e hoxe repetimos ereiteramos que nós queremos saber a verdade sobre o acci-dente de Angrois e non renunciamos a nada, unha vez coñe-cidos os resultados da investigación.

Señorías, as vítimas fixeron un chamamento que sempredeberá ter presente esta Cámara: “Que non se nos olvide,que non se nos abandone”. Esta Cámara debe ter perma-nentemente presente ese desexo das vítimas. Vítimas que épreciso lembrar para non esquecer: as persoas que perderona vida, as persoas feridas, os familiares, as amigas e ami-gos, o persoal de emerxencias, o persoal sanitario, as psi-cólogas e psicólogos, as veciñas e veciños de Angrois, asociedade. A estas vítimas debémoslles que as investiga-cións e os debates que conlevan non se convertan en sobre-actuacións partidarias que os volvan converter en vítimas,nin se convertan en silencios eternos que os humillen. Asvítimas esperan conclusións, os usuarios esperan conclu-sións, a sociedade espera conclusións. Conclusións paraidentificar os erros que provocaron o accidente, conclu-sións para corrixir eses erros, conclusións para depurar res-ponsabilidades.

“Que non se nos olvide, que non se nos abandone”, o espíri-to das vítimas exixía nin sobreactuacións partidarias ninsilencios eternos que os humille e volva converter en víti-mas. E coido que se está a cumprir. Por un lado, as forzaspolíticas, con evidentes diferenzas, tal e como se está apoñer de manifesto no debate desta iniciativa do BloqueNacionalista Galego e na votación posterior, mantemos anecesaria prudencia e evitamos manifestacións que poidancausar nas vítimas o sentimento da utilización partidaria. Poroutra banda, a subcomisión creada a raíz do accidente de

Angrois e a xustiza están activas. Así, a Subcomisión deEstudo e Análise do Sistema Ferroviario Español constituí-do no Ministerio de Fomento continúa coas comparecenciaspara elaborar un documento final.

A xustiza prosegue no seu labor de esclarecemento das cau-sas do accidente de Angrois con relevantes avances segun-do estamos a coñecer. Avances que me gustaría explicitarpara valorar as diferenzas dende o punto de partida ata asituación actual. Lembremos que as primeiras maquina-cións interesadas ante a falla dun desastre natural que xus-tificara o accidente se unidireccionaban por algún ousado etemerario político hacia a figura do maquinista como pre-sunto culpable en exclusiva. Este portavoz do Grupo Socia-lista que lles fala dicía nas súas intervencións do 10 desetembro e do 29 de outubro nesta mesma Cámara o seguin-te: Non está explicado que unha máquina sen vida propia,deseñada, construída e conducida por persoas, que circula-ba por unha vía deseñada e construída por persoas, consinalización e automatismos decididos por persoas, con nor-mas e regulamentos elaborados por persoas...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ: ...puidese contradicir ofeito polas persoas de xeito tan grave.

Hoxe o abano de sospeitosos é moito máis amplo. O puntode partida tiña cara nun presunto culpable, a situación actualcomo consecuencia das pesquisas xudiciais desbota a posi-bilidade da casualidade e apunta a causalidades nas tomas dedecisións. –Xa vou terminando, señora presidenta–.

A señora PRESIDENTA: Si remate, por favor.

O señor FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ: Dende o Grupo Parla-mentario Socialista cremos que o proceso xudicial de escla-recemento do accidente de Angrois é complexo e, polotanto, lento. Valoramos positivamente a evolución dende opunto de partida ata a situación actual. Cremos que a rigo-rosidade e a xustiza forman parte do chamamento das víti-mas: “Que non se nos olvide, que non se nos abandone”.Cremos que o coñecemento dos resultados das investiga-cións en marcha...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

100

Número 6322 de abril de 2014

Page 101: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

O señor FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ: ...suficientes ou insufi-cientes, son os que deben conlevar á concreción ou non con-creción dunha comisión de investigación para depurar res-ponsabilidades políticas. En ausencia deses resultados imosvotar abstención.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Grupo Popular, ten a palabra o señor Gómez Alonso.

Si, déanlle voz ao escano do señor Gómez Alonso, por favor.

O señor GÓMEZ ALONSO: Grazas, señora presidenta.

Señorías.

Señor Jorquera, vostede non mencionou que no encabezadoda súa iniciativa, para xustificar por terceira vez a creaciónda comisión de investigación, di textualmente que temos queconstituír esta “para honrar as vítimas de Angrois”. Mire,señor Jorquera, a mellor forma de honrar e respectar as víti-mas de Angrois é precisamente respectar e relembrar os fale-cidos, respectar as súas familias. ¿Sabe como non respecta-mos nin honramos as vítimas de Angrois, señor Jorquera?Facendo unha burda manipulación política como vostedes,por terceira vez, están a facer aquí neste Parlamento. Porquea busca da verdade quérea toda a sociedade galega, incluídoo Partido Popular, e incluso ata o Partido Socialista, quecuriosamente se abstén.

Vostede o único que fixo hoxe foi ler titulares de prensa, defiltracións que se están a facer nos medios de comunicacióne vostede sobre iso quere facer de xuíz e de parte neste Par-lamento. Señor Jorquera, se vostede cre que está capacitadopara valorar cuestións técnicas pois preséntese no caso, perose vostede non está capacitado para valorar cuestións técni-cas deixe que o xuíz, que está en fase de instrución no seuproceso, remate cos seus traballos; xa se xulgará, xa deter-minará responsabilidades penais se as hai.

Unha comisión de investigación de accidentes ferroviarios,señor Jorquera, evidentemente, non vai determinar respon-sabilidades, vai determinar as causas técnicas do accidente,e a Subcomisión creada polo Congreso dos Deputados vai

determinar e vai propor medidas para mellorar a seguridadeferroviaria. Pero se vostede quere entrar en especulaciónstécnicas, supoño que vostede tamén saberá que a meirandeparte das liñas de alta velocidade que hai en España teñensistemas de seguridade ASFA e non ERTMS. E ¿por iso émenos seguro ASFA que o ERTMS? Non, señor Jorquera, evostede sábeo. Cidades tan importantes como Frankfurt ouLión teñen sistemas de entrada nesas importantes metrópo-les de seguridade ASFA. Polo tanto, señorías, non especule-mos, non especulen vostedes con cuestións técnicas que seestán a investigar xudicialmente, que se están a investigarpor expertos.

E se o que vostedes realmente o que queren é facer unhacacería política para obter réditos políticos, porque insinuouque se tomaran decisións políticas, poña as probas enriba damesa, poña os documentos enriba da mesa, diga que minis-tro ou que ministros dos responsables da construción da liñada posta en servizo da liña firmaron documentos, contratosou tomaron decisións políticas sobre decisións que toman ostécnicos. E se ten eses papeis, vostede e AGE o que teñenque facer é levalos a un xulgado e personarse, señor Jorque-ra, e non vir aquí especular e intentar ampararse na inmuni-dade parlamentaria para intentar acadar réditos políticos.

Polo tanto, señor Jorquera, a nosa posición é ben clara: esta-se a investigar en todos os ámbitos, nós non imos entrar noxogo da súa burda manipulación política, nin en especula-cións absurdas. Polo tanto, se vostede ten probas de que seadoptaron decisións políticas por parte dos ex ministros,vostede o que ten que facer é ir aos tribunais, e se non o faivostede e AGE o que teñen que facer é respectar as vítimasporque, sen dúbida ningunha, Angrois vai pasar desgracia-damente sempre á historia negra do noso país.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Grupo autor da proposición non delei, ten a palabra o señor Jorquera.

Déanlle voz ao escano do señor Jorquera, por favor.

O señor JORQUERA CASELAS: Si, o señor Gómez Alonsosegue confundindo o ámbito penal co ámbito político. Peroen calquera caso dado que fala de manipulación, do uso polí-tico, referiuse o portavoz do Grupo Socialista á maquinación

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

101

Page 102: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

dun político que desde o primeiro momento intentou facerdo maquinista un chibo expiatorio. Permítame que o corrixa,eu creo que se confunde na carencia, o que vostede di é certopero houbo unha maquinación previa: correr o bulo por partedun alto cargo político de que estabamos ante un presuntoatentado terrorista cometido por un grupo nacionalista gale-go. (Aplausos.) E ¿vostede vén aquí falar de manipulaciónpolítica? (Murmurios.) Repasen as hemerotecas, señores doPartido Popular.

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor JORQUERA CASELAS: Miren, a cousa é enormemen-te sinxela...

A señora PRESIDENTA: Señora Piñeiro, tranquilícese.

O señor JORQUERA CASELAS: ...quen non quere que seinvestigue é que ten algo que tapar, así de sinxelo.

E, efectivamente, o Bloque Nacionalista Galego ten extraí-das xa conclusións, non definitivas, pero xa conclusiónssobre o que pasou en Angrois. Como dixo o señor AntónSánchez –que tivo que ausentarse– primeira conclusión: quea Galiza se lle vendeu un sucedáneo de alta velocidade.Como dixo un veciño de Angrois: criamos que era unha Har-ley e resultou ser un vespino.

Segunda conclusión: que despois de investir 2.000 millónsde euros na liña Ourense-Santiago se regateou en medidasde seguridade básicas.

E aínda teñen que explicarnos unha cousa: ¿como é posíbelque Galicia sexa competente para que o señor Núñez Feijóoasine a bombo a platillo o pomposo Pacto do Obradoiropero, en cambio, non sexa competente para que este Parla-mento poida investigar o maior accidente ferroviario da nosahistoria e das causas que a produciron? (Aplausos.) Estanseretratando.

Agradezo por suposto o apoio do Grupo Parlamentario daAlternativa Galega de Esquerda, que subscribiu xunto coBloque Nacionalista Galego as dúas solicitudes formais decreación dunha comisión de investigación que se debateronneste Pleno. Agradezo, polo tanto, o apoio e creo sinxela-mente, señores do Partido Popular, que se retratan.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Proposición non de lei do G.P. Popular de Galicia, por ini-ciativa de D. Agustín Baamonde Díaz e seis deputadosmáis, sobre a actuación que debe levar a cabo o Gobernogalego con motivo da conmemoración no ano 2014 do tri-xésimo quinto aniversario do pasamento de EduardoBlanco Amor

A señora PRESIDENTA:A esta proposición non de lei presen-táronse emendas do Grupo Parlamentario da AlternativaGalega de Esquerda, do Grupo Parlamentario Socialista e doGrupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego.

(O G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciativado seu deputado e portavoz suplente Xabier Ron Fernándeze ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento daCámara, presenta ante a Mesa a seguinte emenda a estaproposición non de lei.

Emenda de adición.

Débese engadir, despois da parte resolutiva da proposiciónnon de lei, un novo punto:

“2. O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

2.1. Poñer en marcha os recursos pertinentes para a elabo-ración de unidades didácticas destinadas aos centros deensino público de Galicia, adaptadas ás distintas etapaseducativas e que poñan de relevo a importancia da figura,da vida e da obra de Eduardo Blanco Amor para o sistemaliterario e cultural galego.

2.2. Impulsar e apoiar a elaboración de documentos audio-visuais para actualizar aos tempos actuais a figura de Blan-co Amor e a súa importancia na defensa da democracia, daigualdade de dereitos para todas as persoas, e en concreto,da súa reivindicación do respecto pola condición afectivo-sexual das persoas.

2.3. Realizar os convenios necesarios para que a figura deEduardo Blanco Amor sexa coñecida e recoñecida nos cen-tros de estudo de galego presentes no estranxeiro a través de

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

102

Número 6322 de abril de 2014

Page 103: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

xornadas, encontros, simposios e canto procedemento seconsidere necesario. Compostela, 21 de abril de 2014.”)

(O G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seudeputado Francisco Caamaño Domínguez, a través do por-tavoz e ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regula-mento da Cámara, presenta ante a Mesa a seguinte emendaa esta proposición non de lei.

Emenda de adición.

Débese engadir in fine na parte resolutiva da proposiciónnon de lei o seguinte texto:

“..., máis concretamente, o Parlamento de Galicia insta aXunta a financiar unha escolma das obras máis significati-vas de Eduardo Blanco Amor, especialmente aquela parte dasúa obra menos coñecida, editándoa tanto en papel como ensoporte dixital e, así mesmo, a aprobar unha liña especificade subvención para cofinanciar convenios de colaboracióncon entidades integrantes do tecido cultural de Galicia.” )

(O G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa dasúa deputada e portavoz Ana Belén Pontón Mondelo e aoabeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento daCámara, presenta ante a Mesa a seguinte emenda a estaproposición non de lei.

Emenda de adición.

Débese engadir na parte resolutiva da proposición non delei o seguinte texto:

“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a realizar unha pro-gramación propia que contribúa a divulgar e popularizar aobra de Eduardo Blanco Amor e que inclúa:

— A programación de actividades masivas, ao longo de todoo ano e territorio galego.

— A edición masiva dunha escolma da súa obra, en coordi-nación co sector editorial galego.

— A realización de actividades nos centros educativos quecontribúan a un maior coñecemento da súa obra no ámbitoescolar.

— O fomento da realización de estudos e congresos queactualicen e afonden no estudo do significado da súa bio-grafía, pensamento e obra.

— A divulgación a través dos medios de titularidade públi-ca.

Esta programación contará cunha partida nos orzamentosde 2014 con suficiente dotación para o desenvolvementodestas actividades.”)

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra, para formular a propo-sición non de lei, o señor Santalices.

O señor SANTALICES VIEIRA: Grazas, señora presidenta.

Boas tardes a todas outra vez, señorías.

Hei de empezar por confesarlles que despois de cinco lexis-laturas neste Parlamento me invade hoxe unha responsabili-dade, por non dicir un certo medo escénico –hei de confesa-lo así–, á hora de defender esta proposición non de lei enhonor de don Eduardo Blanco Amor. Coñecín a don Eduar-do Blanco Amor, era un bo amigo da miña familia e, polotanto, espero estar hoxe á altura das circunstancias paradefender esta proposición non de lei, e solicito, por suposto,a colaboración das súas señorías tamén neste tema.

O ano 1979 foi un ano tráxico para a ourensanía e taménpara Galicia. En apenas catro meses deste fatídico anomorren dous dos máis grandes da nosa provincia e dous dosmáis grandes tamén da nosa terra, de Galicia, e da nosa his-toria. Morre Celso Emilio e morre Blanco Amor, toda unhareferencia da nosa identidade. E morren –como digo– nunintervalo de catro meses, no ano 1979: o 30 de agosto de1979 morre Celso Emilio e o 1/12/1979 morre don EduardoBlanco Amor.

Teñen algunhas similitudes os dous, algunhas coincidencias,que eu tamén quero destacar aquí: ambos son ourensáns,ambos morren en Vigo, ambos emigraron e ambos –coinci-dencias– tiveron unha morte brusca, unha morte repentina:Celso Emilio morre dunha hemorraxia cerebral e don Eduar-do Blanco Amor morre dun infarto de miocardio. A morte dedon Eduardo foi tamén brusca e ademais está acompañadadunha situación límite que se produce á porta do Hospital

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

103

Page 104: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Toscano, do Hospital Doctor Toscano, na calle do Cristo.Posiblemente don Eduardo tería morto no taxi que o condu-cía ao hospital, pero logo tiven oportunidade de falar condon Ernesto Toscano e díxome que a morte se produciu noseu hospital. Vaia aquí tamén o meu recoñecemento a donEduardo Toscano, un médico de moito prestixio, que fixotodo o posible por reanimar o corazón ferido de don Eduar-do Blanco Amor.

Don Eduardo constitúe un dos grandes fitos da renovaciónda narrativa galega, foi tamén unha figura fundamental noteatro e no xornalismo. Na exposición de motivos desta pro-posición non de lei, que eu agradezo ao meu grupo que madeixara presentar, expóñense dun xeito abreviado algunhasdas pasaxes máis importantes da vida de don Eduardo. Nonquero polo tanto ir no senso de glosar a súa biografía, seríamoi pouco tempo, senón buscar a través desta proposiciónnon de lei o apoio dos grupos para recoñecer a Blanco Amorno trinta e cinco ano do seu pasamento.

Mañá celébrase –día que imos votar esta proposición non delei– o Día Internacional do Libro, como saben en honor aonacemento de Miguel de Cervantes e de Shakespeare. Euañado que tamén é mañá un bo día para que todos votemosunanimemente en favor de honrar e nomear a don EduardoBlanco Amor, e sería cun acordo unánime deste Parlamento.

Ninguén dubida hoxe de que a mellor novela escrita en gale-go é A esmorga, no ano 1959, novela que xa foi traducida aoinglés e ao francés non hai moito, e isto ademais fíxose epresentouse en Ourense por iniciativa do Pen Clube e encolaboración coa deputación e coa Consellería de Educacióne Cultura. Un magnífico e moi sinxelo acto que se fixo dian-te da estatua de don Eduardo Blanco Amor, feita tamén poroutro ourensán de moito prestixio como é don Xosé Cid.

Celebro que esta magnífica novela sexa agora levada aocine. Outro galego, Ignacio Vilar, está coa gravación e coacolaboración da Consellería de Cultura. Tamén celebro quea Televisión de Galicia teña anunciado que vai facer undocumental importante que recolle os testemuños e as pasa-xes máis importantes da vida de don Eduardo.

Nós, moitos, moitísimos, todos os anos, o día 1 de decem-bro, imos ao cemiterio de San Francisco onde está enterra-do don Eduardo para honrar a súa memoria. Alumnos do

instituto que hoxe leva o seu nome, xente e persoal do con-cello, da deputación, da consellería, membros da Real Aca-demia Galega, representantes do mundo da cultura partici-pan nesa sentida homenaxe. E este ano foi especialmentesentida, porque alí anunciáronse certas cousas, que logocomentarei. Entre outras cousas, falouse de que este anosería importante porque tanto a Consellería de Culturacomo a deputación, como a Real Academia anunciaron quefarían actos conmemorativos do trinta e cinco pasamentode don Eduardo.

Como ben dixo o presidente da Real Academia Galega, oprofesor Alonso Montero –e isto é algo que desde aquí imosinstarlle–, nada impediría ou debería de impedir a decisiónde que o Pleno da Real Academia Galega puidera celebrarun plenario extraordinario na cidade de Ourense en torno áfecha do falecemento de don Eduardo, que sería en torno ao1 de decembro. Actos da Real Academia están cargados dunsentimento extraordinario –eu puiden asistir a varios, o últi-mo foi en Celanova–, hai testemuños moi importantes quefan os membros da Real Academia e a min, particularmente,gustaríame. E por iso pido e impulso que se poida facer esteacto na cidade de Ourense.

Tampouco trata esta proposición non de lei de analizar agrandeza da obra de don Eduardo, sería imposible, porquetéñeno que facer os que entenden máis, e isto ademais habe-rá que seguir ampliándoo co tempo. A Esmorga marcou unantes e un despois na literatura en lingua galega. Esta pro-posición non de lei o que pretende é buscar a coordinaciónentre os distintos estamentos e institucións galegas parafacer e render o mellor recoñecemento a don Eduardo Blan-co Amor. Penso que ninguén debe de ir en contra diso.

Temos coñecemento de varias iniciativas que eu penso quesería bo que as coordinásemos. Todos os anos se celebrano mes de xullo a Festa da Palabra no concello do Carba-lliño, limitando case co Irixo; coordina esta festa o PenClube de Galicia. Nós instamos o Pen Clube de Galicia aque este ano poida dedicar a don Eduardo Blanco Amor aFesta da Palabra, que é como se coñece na Insua dos Poe-tas. E sería bo que aproveitando esta festa quedase para orecordo e para a historia un testemuño, un recoñecementoda obra e grandeza de don Eduardo. Pivotar sobre estafesta-homenaxe a don Eduardo parécenos que sería unhacousa interesante.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

104

Número 6322 de abril de 2014

Page 105: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Tamén sería bo, e por iso o instamos, que se poida recuperaro prestixio do Premio Novela Longa Eduardo Blanco Amor,un premio que non está nos seus mellores momentos e quese iniciou –como ben se sabe– no Concello de Redondela haibastantes anos, e que nestes momentos o interesante seríapois poder mantelo, porque consideramos que un premio dedon Eduardo Blanco Amor é un premio de prestixio. Polotanto, nós desde aquí tamén pedimos que se poida manter oPremio Novela Longa Eduardo Blanco Amor.

Non estaría mal tampouco –e por iso o instamos– que sefixera unha exposición bibliográfica que recollera os librosde Blanco Amor. Algo que forzosamente pido: tería que serinaugurada en Ourense. E importante tamén –e é algo quepedimos nesta proposición– sería musicar algún dos seuspoemas. Neste senso, eu manteño un especial interese poloPoema en catro tempos.

Esta iniciativa pretende dar forza a un dos escritores ourensánsque, sen dúbida, máis engrandeceu as letras galegas. Moitasinstitucións teñen anunciado a súa intención de conmemorarao longo deste ano esta efeméride de gran relevancia para asnosas letras e para a lingua galega. Señorías, estamos a falardun persoeiro destacado, non só pola súa inestimable colabo-ración da súa obra á nosa narrativa, senón que falamos taméndo papel que, sen dúbida, exerceu como un dos impulsores edefensores da cultura galega, da universalidade da nosa lingua.

Por todo elo, recollemos na nosa proposición non de lei ins-tar a Xunta de Galicia a colaborar co tecido cultural e insti-tucional galego, co fin de favorecer o desenvolvemento deiniciativas que contribúan a promover activamente a divul-gación e o coñecemento da vida e obra de don EduardoBlanco Amor entre a nosa cidadanía co gallo da conmemo-ración do aniversario do seu pasamento no 2014.

Nada máis, señora presidenta, moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Intervención dos grupos parlamenta-rios.

Polo Bloque Nacionalista Galego ten a palabra a señora Pon-tón Mondelo.

A señora PONTÓN MONDELO: Moitas grazas, señora presi-denta.

Señorías.

Señor Santalices, efectivamente, hai unha parte na que imoscoincidir, porque estamos falando de que Eduardo BlancoAmor é un dos escritores máis relevantes da nosa literatura.Isto non é nin unha posición técnica, nin política, nin xudi-cial, é unha evidencia, supoño que o podemos dicir e afir-mar. E así tamén nós desde o noso grupo e eu particular-mente son unha persoa que me considero entusiasta de Blan-co Amor, a quen considero que era provocador e irreverente,e que, por exemplo, ao mellor algunha das súas frases eranborradas deste Diario de Sesións, como “até A esmorga osseñores non tiñan bragueta nin as señoras tetas” e “o galegoliterario era asexuado”. Segundo as normas que rexen ulti-mamente, seguramente algunhas destas cuestións non sepoderían dicir nesta Cámara.

E, desde logo, coido que os galegos e as galegas merecíande coñecer e que se merecía divulgar máis a súa obra, o seupensamento e as súas afirmacións, e que moitas delas segu-ramente hoxe o seguirían situando fóra da oficialidade emesmo marxinando desde esa cultura oficial como llepasou no seu tempo. Eu, desde logo, admiro a un home quenaquel momento era capaz de dicir que el sairía en mani-festación contra os retrocesos na democratización do país,contras as centrais nucleares, polos dereitos das persoasmarxinadas, e poñía como exemplo a Lei de perigosidadesocial que se lles aplicaba aos homosexuais durante o fran-quismo. Coido que é unha persoa ben merecente de sercoñecida e divulgada.

Como eu non son estudosa da súa obra, mais si me gustabadeixar testemuña do seu significado para este país, poisrecorrín a algunhas das persoas que si teñen esa categoría eque teñen estudado a obra de Eduardo Blanco Amor. Eucollín a dúas nas que tiña coñecemento ou algún libro namiña casa. Unha é Pilar Rus, que escribiu un libro que ésobre a imaxe do mundo en Blanco Amor: as mulleres, oconflito social e os marxinados, que coido que define moiben tres aspectos que están moi ben reflectidos na literaturade Blanco Amor. E Pilar Rus dinos que a obra conxunta deEduardo Blanco Amor dá conta da causa que provocou adesintegración da tradición, isto é, o proceso de colonizaciónpolo que Galiza perdeu as súas posibilidades autodetermina-tivas. En toda a narrativa está presente este desmembramen-to da sociedade e da economía autóctonas, mercé á estrate-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

105

Page 106: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

xia dos que viron nesta terra riquezas que explotaren e xen-tes nas que mandaren. Parece que niso seguen.

Tamén outra referencia no estudo de Eduardo Blanco Amorcoido que é un ex deputado desta Cámara como é FranciscoRodríguez, que nun artigo que publicaba no ano 2009 narevista Terra e Tempo dicía: “A súa persoa e a súa obraexpresan, con todas as súas contradicións, a maneira na quea Galiza viviu o século XX. A novelística de Blanco Amorresulta especialmente senlleira pola súa grande coherenciacomo imaxe do mundo e pola súa veracidade profunda enrelación co devir histórico do noso país e as súas perspecti-vas de futuro.”

E Francisco Rodríguez sinala fundamentalmente unha dassúas obras máis importantes como é A esmorga, que di queé crucial no contexto da obra de Blanco Amor, na historia daliteratura galega, e que foi o produto da súa decisión de seenfrontar a unha realidade opresiva, violenta, represiva edestrutiva, da que el fuxira aos 22 anos, e resulta da catarsedo autor para obxectivar un sistema colonial que aniquila osmarxinados a través da violencia institucional, representadapola Garda Civil e a xustiza. Son os marxinados producidospola presión económica, cultural e lingüística, nunha socie-dade rexida pola alienación e pola desintegración e atomiza-ción sociais en clases dirixentes.

Polo tanto, vixencia da obra de Eduardo Blanco Amor,necesidade de divulgación. De feito, no ano 2009 perdeu oPartido Popular unha ocasión de ouro de honrar a esta obra,como é a obra d’A esmorga, ao conmemorar os cincuentaanos da súa publicación. E hai, efectivamente, un nexocomún, que este é un país que temos unha Consellería deCultura que vive de costas á cultura e aos creadores destepaís, e moi singularmente dos nosos clásicos, que deberíande ser divulgados e que necesitan tamén de lecturas con-temporáneas neste momento que non existen, porque seapoiaramos a divulgación da nosa literatura pois caeríanmoitos dos principios sobre os que se está asentando a polí-tica cultural deste país.

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señora Pontón.

A señora PONTÓN MONDELO: Nós, en todo caso, cremos quea súa iniciativa é cativa en relación coas necesidades. A súainiciativa fala de que a Xunta simplemente colabore co que

outros fan; nós o que queremos é que a Xunta faga algo parahonrar a memoria de Eduardo Blanco Amor.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Grazas.

Polo Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquer-da ten a palabra don José Javier Ron Fernández.

O señor RON FERNÁNDEZ: Boa tarde a todos e a todas.

Realmente pensaba que ía ser Agustín Baamonde o quedefendera esta iniciativa, porque me recorda bastante as quenos presenta acotío na Comisión de Educación. Iniciativasque en certo modo son ás veces simple lóxica do que debe-ra facer xa a Xunta de Galicia a través da Consellería deEducación e Cultura de por si, sen necesidade de que nóstivésemos que recordarlle cales son as súa obrigas. E ade-mais son curiosos casos ás veces de vampirización e apro-piación, xa que a Real Academia Galega, por exemplo, xaten decidido dedicarse a relanzar, a traballar para a figura deEduardo Blanco Amor desde un punto de vista da interna-cionalización da súa figura, ou en Ourense, por exemplo, xateñen decidido nomear o ano 2014 como o Ano BlancoAmor.

Pero se ademais hai que facer algo e dese quefacer públicoda Consellería de Educación e Cultura se debera falar, poissería, por exemplo, en axudar a que o Premio de NovelaBlanco Amor, que organizan cincuenta e dous concellosdesde 1981, pois non estea sempre no fío do arame, penden-te de se hai ou non recursos para evitar a súa suspensión.Vostede, señor Santalices, falou de prestixio. O prestixio xao ten porque leva o nome de Blanco Amor, o que necesitason recursos.

Tamén sería de agardar nesta iniciativa máis fondura nunhaexposición de motivos que non se afasta moito do que podefigurar na divulgación dixital, por exemplo, en Wikipedia. Epor iso quedan fóra da argumentación escrita da iniciativaaspectos como a súa ideoloxía de esquerdas –palabra quevostede evitou mencionar, loxicamente– e a súa firme defen-sa dos dereitos das persoas de condición homosexual.Eduardo Blanco Amor foi un autor de pensamento fonda-mente heterodoxo, non era un intelectual orgánico no senso

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

106

Número 6322 de abril de 2014

Page 107: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

que lle daría Gramcsi, era un axitador e practicaba xornalis-mo de combate.

Non se pode desvencellar a Blanco Amor da experienciada emigración, nin da evolución non sempre positiva quese deu na colectividade galega presente en América dosur. De aí a súa relación dialéctica co galeguismo e corepublicanismo, pero sempre dentro desa dialéctica pesa-ba a súa esencia de galego. Como el dicía en 1952: “amiña alma é insobornablemente implacablemente galega,pero o meu espírito hónrase con esta impregnación áaprendizaxe de América”. Ser galego era sinónimo para oautor de vocación de cultura e universalidade. E era firmeo seu compromiso cara ás clases máis humildes e traba-lladoras.

O outro feito que semella ignorar –se non o sabemos é por-que un dos artífices foi o ministro de Franco chamadoFraga– é que Eduardo Blanco Amor foi un dos autores máiscensurados polo franquismo. É este un fenómeno –o da cen-sura literaria durante o franquismo– que aínda comeza aestudarse agora, practicamente desde o 2008, da exposiciónda Fundación Penzol, ou cos traballos do estudoso galegoXosé Manuel Dasilva. E no entanto é fundamental estudarcomo se aplicou a censura nos textos orixinais que autoresgalegos redixían para a súa publicación. De feito, hai quelamentar que mesmo a súa divulgación posterior á morte doditador pois se fixo incluso con partes amputadas pola cen-sura.

Como dicía, imos ler o que dicía un censor sobre a novelaXente ao lonxe: “Novelita de bastante pobreza literaria enla que se nos narran los acaeceres diarios de una aldeagallega vistos a través de los ojos de un niño. En un estiloque pretende ser imitativo de Camilo José Cela, está basa-da toda la obra. La realidad es que generalmente se con-vierte no solo en grosera, sino también en obscena. Apare-cen distintas descripciones realmente impublicables encualquier país. Además tenemos que añadir blasfemias,ofensas a la moral... Denegable”. O propio Blanco Amorenviaba unha carta ao artista Luís Seoane, o 10 de novembrodo 1971, en que sospeitaba a concorrencia doutro factor paraimpedir a publicación da obra. El dicía: “Será a máis longanovela saída ata o presente en lingua galega, 300 páxinas.Este é un dos grandes inconvenientes segredos que lle atopaa censura.” E cita: “Demasiado importante, si aflojamos la

mano pronto tendremos otra Cataluña”. Palabras textuaisdun mandamáis a quen lle falaron para que interviñese.

Estas circunstancias son as que non se poden ignorar nunretrato que pretenda ser o máis realista posible.

Nunha entrevista no 1979, antes de morrer, cando se lle pre-guntaban cales serían as causas que o farían saír á rúa, res-pondeu co seguinte...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

O señor RON FERNÁNDEZ: …“Polo Estatuto se se producealgún retroceso na democratización do país, contras as cen-trais nucleares, polos dereitos dos marxinados e contra a Leide perigosidade que se lles aplicaba ás persoas homose-xuais”.

Polo tanto, por iso nós presentamos unha emenda, que sontres en realidade, que pretenden concretar a inconcreciónda iniciativa na parte resolutiva da iniciativa do PartidoPopular:

A necesidade de editar materiais didácticos e pedagóxicospara todas as etapas de ensino público en Galicia.

Impulsar e apoiar a realización de materiais audiovisuais queactualicen sen censuras, sen eufemismos, o que significouBlanco Amor para o sistema literario e cultural galego, querelate o seu firme compromiso ideolóxico cos máis febles ecoa defensa dos dereitos das persoas homosexuais.

E realizar os convenios necesarios para axudar no seu pro-ceso de internacionalización.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Grupo Socialista, ten a palabra o señor Caamaño Domín-guez.

O señor CAAMAÑO DOMÍNGUEZ: Presidenta, señorías.

É o momento, imos dedicarlle apenas vinte e cinco-trintaminutos a falar do fillo da florista Aurora Amor e o fillo dun

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

107

Page 108: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

hospiciano que veu de Astorga, Víctor Blanco. Un ourensánerrante polo mundo, persoa herdeira desa Galicia, que nonten límites porque sabe perfectamente que o Atlántico non émáis que unha pequena lagoa entre un territorio sempre porconquistar.

E digo que só imos dedicarlle vinte minutos, que non épouco no tempo dun Parlamento, pero a min o que máismágoa me dá é o que lle imos dedicar. Vou ler literalmenteo contido da proposición non de lei que hoxe nos presentaaquí o Grupo Parlamentario Popular:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a colabo-rar co tecido cultural e institucional galego co fin de favore-cer o desenvolvemento de iniciativas que contribúan a pro-mover activamente a divulgación e o coñecemento da vida eda obra de Eduardo Blanco Amor entre a nosa cidadanía cogallo da conmemoración do aniversario do seu pasamentono ano 2014”.

Eu pensaba que un Goberno colaboraba sempre co tecidocultural, é a súa obriga por lei colaborar co tecido cultural;non creo que un Parlamento teña que instar a facer quecumpra a lei. Agardaba que dende este Parlamento e porhonrar a persoa que hoxe nos convoca –que ben merecido oten– o contido desta proposición de lei unise a eses trintaminutos un contido verdadeiramente representativo do quedesta Cámara pode agardar quen realmente estima e valoraa obra e a persoa de Eduardo Blanco Amor: pedirlle á Xuntaque nos presente un conxunto de accións, de planificacións,co financiamento correspondente para poñer en valor a per-soa de Eduardo Blanco Amor. Iso si que honraría a estaCámara e honraría a súa persoa. Pero non pedirlle á Xuntaque cumpra co seu deber de colaborar co tecido cultural eque sexa o tecido cultural quen teña que sacar a adiante esasiniciativas.

Dicía o señor Santalices que el era probablemente a primei-ra vez que sentía certo medo escénico por ter que falar destapersoa. E eu enténdoo, porque dá verdadeiramente medoescénico vir aquí cunha iniciativa practicamente baleira decontido, si que dá certo medo escénico. E cando el dende aboa vontade nos dicía: “insto o Pen Clube a que faga...”, éque este Parlamento non insta o Pen Clube, insta o Gobernode Galicia, que para iso está. (Aplausos.) Cando dicía: “agar-do que se poida musicar un poema e insto...”, este Parla-

mento non insta a ninguén para que musique un poema, instaa Xunta para que o faga cos convenios pertinentes co tecidocultural ao que vostede fai referencia. Iso é o que moitosgalegos agardamos no día e na hora de honrar a EduardoBlanco Amor.

Unha persoa que, efectivamente, era impertinente, que eracrítica, pero que era imprescindible; esa impertinencia cons-tante da intelixencia que consegue finalmente cambiar ascousas. Ese era Eduardo Blanco Amor. E por iso é bo lem-bralo e é lembralo coa mesma enerxía coa que el o faría nunmomento coma este.

Escribiu nun dos seus derradeiros artigos no diario El País;chamábase, nin máis nin menos –con toda ironía–, no ano1979, “Reformar la reforma”, o seguinte texto: “Devolver sunombre a los topónimos y callejeros, machacados conurgente saña por los ‘salvadores’ en cuanto pusieron lapezuña en ciudades y lugares. (…) Si se procediese con másrespeto al pueblo se aprobaría una disposición o ley nacio-nal ordenando retirar perentoriamente los letreros, icono-grafías y símbolos, que nos recuerdan a cada paso los ‘cua-renta años indignos’, devolviéndoles a las calles y lugareslos nombres que tuvieron hasta el 18 de julio de 1936; o sise quiere ser más democrático, hasta el 14 de abril de1931”, Eduardo Blanco Amor. Memoria sobre la memoria:esa ley llegó treinta años después, se aprobó en el Congresode los Diputados por todas las fuerzas políticas menos por elPartido Popular. También es bueno recordarlo.

Porque, efectivamente, estamos ante un literato...

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Caamaño, por favor.

O señor CAAMAÑO DOMÍNGUEZ: ...e ante un intelectual quesupera motísimo a media habitual e que é parte e referenteimprescindible da cultura de Galicia.

E remato xa, señora presidenta, cunha brevísima cita, unbrevísimo recordatorio feito por un amigo del, por PacoUmbral, marabilloso en relación co día da súa morte. Di lite-ralmente así –e conclúo–: “Muerto solo en un taxi, comoésas que en un taxi dan a luz. Se dio a luz a sí mismo, parasiempre, mientras el taxi, por el Finisterre, perdido entre clí-nicas y cementerios, se tornaba mortuorio e irreal. Escritortan viajero ha de tener un taxi por ataúd”.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

108

Número 6322 de abril de 2014

Page 109: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Moitas grazas e máis nada. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Grupo Mixto, ten a palabra a señoraIglesias Sueiro.

Déanlle voz, por favor, no escano á señora Iglesias Sueiro.

A señora IGLESIAS SUEIRO: Detrás dunha biografía ou,mellor dito, detrás duns datos biográficos agóchase o que opoliticamente correcto quere ocultar: Blanco Amor, o escri-tor aldraxado pola súa homosexualidade –que nunca ocul-tou–, o amigo de García Lorca –a obra en galego deste poetaandaluz deriva desa amizade–, o abandono final agás dunspoucos. Blanco Amor só, pobre, abandonado pola culturaoficial, morre en Vigo. O home que dende Bos Aires defen-deu a legalidade republicana e o Estatuto de autonomía.Blanco Amor, sempre tan elegante e de tan mal humor nastardes do Ateneo ourensán. Blanco Amor, cuxo personaxeMilhomes deu nome a un dos primeiros colectivos gaysgalegos. Autor tremendo e censurado da tremendista Galicia,húmida, marxinal, noctámbula.

A Esmorga, a súa obra cumio, censurada no seu primeirointento de publicación no ano 1956 pola Editorial Galaxia,debido a que o falanxista Miguel Pierna Vieja del Pozoditaminou que usaba unha “linguaxe impropia”, e así foipublicada por primeira vez en Bos Aires no ano 1959. Nosanos setenta Galaxia pon á venda a obra pero faltan aíndapasaxes consideradas polos censores franquistas comoofensivas para a Garda Civil. Da última peripecia editorialdesta maltratada novela non teño datos. O que si sei é quepara máis aldraxe se filmou unha película titulada Laparranda –baseada na novela pero ambientada na concamineira asturiana– que desvirtúa aínda máis o carácter dehistoria galega ambientada en Ourense.

As homenaxes sempre chegan tarde, cando o homenaxeadoxa finou. Aínda así, esta que propón o Grupo Popular éimprescindible para a dignificación e recoñecemento dunautor galego e universal maltratado en vida pola censura, amoral e a hipocrisía do seu tempo. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Grupo autor da proposición non de lei, ten a palabra, señorSantalices Vieira.

O señor SANTALICES VIEIRA: Grazas, señora presidenta.

Hoxe non vai haber réplica, concordo con parte das inter-vencións que aquí se fixeron. Pero, o máis importante: oespírito de Blanco Amor voou sobre a Cámara, con iso ché-game, con iso a min xa me chega.

Nada máis, señora presidenta, moitas grazas. (Aplausos.)

Proposición non de lei do G.P. da Alternativa Galega deEsquerda, por iniciativa de Dª María Consuelo MartínezGarcía e D. Xosé Manuel Beiras Torrado, sobre a actuaciónque debe levar a cabo o Goberno galego co fin de recu-perar os salarios e loitar contra a precariedade laboral damocidade, así como sobre a presentación no Parlamentode Galicia dun plan de incentivación para a creación detraballo cualificado

A señora PRESIDENTA:A esta proposición non de lei presen-touse unha emenda do Bloque Nacionalista Galego.

(O G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa dasúa deputada Montserrat Prado Cores, a través do seu por-tavoz e ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regula-mento da Cámara, presenta ante a Mesa a seguinte emendaa esta proposición non de lei.

Emenda de modificación.

Débese substituír o texto da parte resolutiva da proposiciónnon de lei polo seguinte:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a:

— Esixir do Goberno español a derrogación do Real Decre-to-lei 3/2012 de 10 de febreiro, de medidas urxentes para areforma do mercado laboral e as posteriores medidas lexis-lativas derivadas do mesmo.

— Retirar o Plan de emprego xuvenil aprobado polo Conse-llo da Xunta de Galiza o 20 de febreiro de 2014, e a elabo-rar un Plan galego de emprego xuvenil que contemple medi-das para a inserción laboral da xente nova coa creación deemprego digno e estábel, vinculado ao desenvolvemento eapoio aos sectores produtivos e estratéxicos de Galiza e ao

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

109

Page 110: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

investimento en I+D+i con dotación orzamentaria suficien-te.”)

A señora PRESIDENTA: Para formular a proposición non delei ten a palabra dona Consuelo Martínez García.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: Ben, imos tratar sobre un pro-blema fundamental do país, un problema que compromete ofuturo de Galiza. Imos falar do desemprego da mocidadegalega.

O 71,3 % da poboación moza desempregada galega menorde 30 anos ten experiencia laboral previa, o 28,7 % das per-soas mozas están buscando o seu primeiro emprego, o 93 %dos contratos que se lle fai á mocidade galega son de carác-ter temporal e o salario medio dos menores de 25 anos é só2.000 euros superior ao salario mínimo interprofesional,independentemente da súa cualificación profesional; é dicir,hai salarios ex profeso de miseria para a xente moza. Se ossalarios galegos son dos máis baixos do Estado e os salariosda xente moza galega son moito máis baixos que o salario depersoas que superen os 30 anos, estamos ante unha situaciónde extrema pobreza e extrema precarización das condiciónsde traballo das persoas mozas.

Como se isto fora pouco, tivemos que escoitar a CEOE facera proposta de crear un salario mínimo para xoves, moitomáis baixo que o salario, xa baixo, do salario mínimo paratodos; é a usura levada ao extremo.

O 39 % das persoas de menos de 30 anos xa non partici-pan no mercado laboral, xa non van ao Inem, xa non estánapuntados no paro, xa saben que do Goberno non podenesperar nada. ¿Que quere dicir isto? Que ese 39-40 %practicamente son persoas que acaban na emigración bus-cando traballo fóra de Galiza e a maioría tamén fora doEstado.

O 44 % dos mozos que non teñen formación, que teñen estu-dos primarios, está desempregado.

O 54,2 % das persoas asalariadas de menos de 30 anos estánrealizando un traballo dunha cualificación inferior, pero estenivel aumenta ata o 55,9 % se se fala de mulleres. É dicir,máis do 50 %, o 55,9 % –practicamente o 56 %–, das mulle-res que están traballando están traballando en postos de tra-

ballo que requiren menos cualificación da que elas teñen.Estamos falando de discriminación por cuestión de xénero.

O desemprego das persoas mozas con estudos superiores tenaumentado tamén nos dous últimos anos nun 4,17 %.

Galiza soporta ademais a baixada de soldos maior do Esta-do, o dobre que a media de todas as comunidades do Estado.O salario medio en Galiza era de 17.737 euros no ano 2012,577 euros menos que no ano 2010 e 864 euros menos que amedia do Estado.

Con estes datos o que temos claro é que a mocidade galegaestá fundamentalmente precarizada, explotada, aprovéitansedunha mocidade con formación para facer traballos demenos cualificación, exixíndolle cando interesa e en deter-minados momentos da produción que realicen traballos quese corresponden coa súa formación, pero que, desde logo,non se lles vai remunerar pola súa formación, senón comotraballos de moita máis baixa cualificación.

Entre os 26 e os 35 anos –un 27 % dos asalariados galegosteñen esta idade– a caída dos salarios foi do 7,8 %, 1.048euros menos en dous anos, fronte á baixada do Estado,media que foi do 6,4. Se pasamos á media de idade de entreos 36 e os 45 anos, perdéronse 800 euros ao ano e o soldomedio quedou en 18.000 euros. A partir dos 55 anos baixa oque se perde de salario, o que se perdeu nos últimos anos; édicir, un Goberno galego, preocupadísimo polo empregoxuvenil, preocupadísimo pola natalidade deste país, preocu-padísimo polo envellecemento da poboación, dedícase a per-mitir baixadas de máis do 8 %, baixadas de máis de 1.000euros en dous anos para a xente moza, e baixan menos ossalarios das persoas maiores de 55 anos.

Isto implica que uns 100.000 mozos galegos de entre 15 e 35anos emigraron dende o ano 2010, 100.000 mozos menos naGaliza. 100.000 mozos e mozas menos. Iso quere dicir: nonhai futuro neste país. O Goberno galego está condenando aGaliza a ter unha poboación envellecida, a non ter futuro, anon ter nenos. Uns 100.000 mozos menos desde o ano 2010é un auténtico atentado contra o futuro da mocidade no nosopaís.

A destrución de emprego en 2013 chegou a acadar os 115 pos-tos de traballo perdidos por día, 115 postos perdidos por día.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

110

Número 6322 de abril de 2014

Page 111: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Se unimos estes datos de perdas de postos de traballo aosdatos dos 100.000 mozos e mozas galegos que emigrarondesde o ano 2010 atopariámonos, desde logo, con niveis dedesemprego alarmantes, que superarían o 50 % nos casos deadultos e superarían, desde logo, o 75 % nos casos da pobo-ación moza.

Uns 30.000 activos menos en Galiza no ano 2013 de entre20 e 34 anos. A poboación abandona o mercado de traballoe marcha. O padrón municipal do ano 2012 indica unhacaída da poboación de 83.048 persoas mozas de entre 15 e34 anos menos en Galiza en soamente dous anos, entre o2010 e o 2012. E seguramente, se tiveramos datos actualiza-dos no 31 de decembro de 2013, veriamos que se perdeuaínda máis poboación, seguramente cerca das 100.000 per-soas entre 15 e 34 anos.

Pero o único que se lle ocorre á Xunta de Galicia é sacar unPlan de emprego xuvenil que se dedica a precarizar máis aosxa precarizados mozos e mozas galegos. Falan de forma-ción, de contratos en formación. Isto xa o vivimos. A moci-dade galega leva sufrindo desde hai anos discriminaciónsalarial, discriminación nas condicións de traballo. Os con-tratos de formación serviron para utilizar man de obra nova,xente moza con cualificación para traballos que non requi-ren cualificación ou para pagarlles menos, cando a forma-ción –e todos os sabemos, denunciado polos sindicatos– asempresas nunca a deron, cobraban a subvención e xustificá-base, pero nunca se deron os cursos de formación. E iso estácomprobado pola propia Inspección de Traballo.

Fálanos a Xunta de que vai promover a creación de autóno-mos menores. Aquí parece que o noso país vai funcionartodo con autónomos; Galiza vai ser cada galego un autóno-mo. É o único plan que ten a Xunta.

Cooperativas xuvenís. ¿Cooperativas de que, se non hai unplan industrial, un plan de futuro, se a propia Xunta deGalicia non deseña un plan de futuro, un plan industrial, senon se apoia o investimento en investigación e desenvol-vemento?

A única forma é acompañar a formación de salarios reais,dignos, formación regrada, non a cargo das empresas, quesabemos o que pasa, e unha vez que a Xunta, que o Gober-no faga investimento en investigación e desenvolvemento e

innovación contratarase persoal cualificado, mozos e mozascualificados, e ao mesmo tempo créase formación produtivacon menos cualificación. Aí é onde tiña que estar dirixida aformación en Galiza...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: ...a eses postos de traballo queun Goberno sensato e con visión de futuro tería xa que terestudado, e non a precarizar máis a unha mocidade, xa depor si precarizada, e apoiando desde logo que siga emigran-do a outros países onde teñan futuro, porque o Goberno gale-go non lles ofrece ese futuro. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Intervención dos grupos parlamentarios.

Polo Bloque Nacionalista Galego ten a palabra a señoraPrado Cores.

A señora PRADO CORES: Moita boa tarde noite.

Os datos que se contemplan na iniciativa presentada polaAlternativa Galega de Esquerda reflicten moi claramente calé a situación do panorama laboral no noso país, e moi espe-cialmente no caso da mocidade. As cifras de desemprego,evidentemente, son alarmantes en xeral, mais no caso damocidade son escalofriantes. Malia estarmos –aínda quepareza un tópico é así– diante da xeración mellor preparadada historia de Galiza, encontrámonos con que tendo un paíscon enormes potencialidades e posibilidades o único queestán a ofertar as políticas que está a desenvolver o PartidoPopular á nosa xente nova é emigración, precariedade emobilidade xeográfica, tal como adoitan describila.

Desde o ano 2009, efectivamente, arredor de 100.000 mozose mozas abandonaron Galiza. Parecen cifras, datos fríos,pero detrás deses números hai traxedias persoais, traxediaspersoais das propias persoas que teñen que volver emigrar,que teñen que volver repetir o que fixeron seus pais e súasnais, seus avós e avoas, e a traxedia dun país que inviste enformar as súas xeracións máis novas e que logo esa forma-ción non reverte no desenvolvemento do noso país, senónque unha vez máis o único que serve é para desenvolveroutros territorios e tirar por outras economías.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

111

Page 112: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Uns 30.000 mozos e mozas que abandonaron Galiza no ano2013. Ben, pode que ao Partido Popular, aos deputados edeputadas que hoxe aquí se encontren pode parecerllesunhas cifra máis ou menos avultada, pero insisto que nondeixa de ser un auténtico drama. Unha vez máis quéreseaproveitar a crise para precarizar o emprego da xente nova esubstituír un mercado laboral xa de por si nunca demasiadobo no noso país por unhas condicións realmente peores.

Por iso, parécenos ben a parte expositiva da iniciativa, maispresentamos unha emenda con dous puntos. O primeiro é exi-xir a derrogación da infame reforma laboral do ano 2012,porque as cousas que están a pasar, a precarización do mer-cado laboral, non é unha maldición bíblica nin pasa porquesi, pasa porque se toman decisións que permiten que esasituación sexa así. E a reforma laboral do 2012, que se vénsumar xa a anteriores, que foron igual de lesivas, foi desdelogo unha auténtica volta de torca nesa precarización. Unhareforma laboral que nos venderon como necesaria paramellorar as condicións laborais, pero que o único que signi-ficou foi un despedimento moito máis barato e moito máisdoado de realizar, contratación moito máis precaria, instala-ción da disciplina do medo no ámbito laboral, a dinamitaciónda negociación colectiva; supuxo unha centralización dasdecisións, unha vez máis maior poder para o Estado e menorpoder para o ámbito galego; significou, en suma, o que deronen chamar “flexibilidade”, que non é outra cousa que aceptarcalquera condición laboral a calquera prezo e por calquerasalario. Por iso parécenos que o primeiro paso para cambiarde rumbo é esa derrogación da reforma laboral.

E logo presentamos unha outra emenda no sentido de com-plementar a proposta que fai a iniciativa presentada porAGE, que é retirar o Plan de emprego xuvenil aprobado poloConsello da Xunta o 20 de febreiro deste ano 2014 e que porparte do Goberno galego se elabore un auténtico Plan gale-go de emprego que contemple medidas para a inserciónlaboral da xente nova e a creación de emprego digno e esta-ble vinculado...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

A señora PRADO CORES: ...ao desenvolvemento dos sectoresprodutivos estratéxicos de Galiza, e evidentemente queaposte polo I+D+i, pero con orzamentos, non unha meradeclaración de intencións.

Consideramos fundamental facer iniciativas reais que real-mente aposten por emprego baseado na realidade do nosopaís. E a realidade do noso país é que temos sectores produ-tivos: mar, agro, naval e outros moitos que poderiamos citar,que é imprescindible apostar por eles, e non dobregarse ásdecisións que toman outros, sexa en Madrid, sexa en Bruxe-las ou sexan os que non se presentan ás eleccións e que sonauténtica ruína do noso país.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Grupo Parlamentario Socialista, ten apalabra a señora Quintas.

A señora QUINTAS ÁLVAREZ: Grazas, señora presidenta.

Boas tardes, señoras e señores deputados.

Ben, imos falar de emprego, de desemprego; a verdade é queiso se vai converter como esas noticias terribles da televisión,que como non as queremos ver pasamos de canal. É dicir, esta-mos falando en cada pleno, pero as solucións non chegan, oGoberno non está nin se lle espera; non se lle espera ao Gober-no de Galicia e non se lle espera ao Goberno de España.

Esta iniciativa, presentada polo Grupo da AGE, trata funda-mentalmente dun informe que publicou o Banco de Españae que evidencia claramente a perda de poder adquisitivo, quese cifra no dobre do que reflicten as estatísticas oficiais. Oinforme –que ten toda a credibilidade ou polo menos dáse-lle– explica que moitos organismos distorsionan os resulta-dos, pasando por riba dos empregos peor pagados, mentresque os que aguantan traballo e ingresos disfrazan os núme-ros e disfrazan as estatísticas. Lamentablemente estamosxogando coa miseria disfrazando estatísticas e querendo dartitulares. Francamente, é terrible pensar en que pode termi-nar isto. É certo que repetimos, e que parece unha cantinela,que estamos volvendo corenta anos atrás, pero o que é terri-ble é que iso unha realidade.

As persoas mozas, ademais, soportan o maior desemprego econcentran unha grande emigración. Galicia baixa os soldoscase o 8 %, o dobre que a media nacional, por máis quetodos os mércores o señor presidente da Xunta veña aquí cuntitular feito, aprendido, e diga unha cousa, como pode dicira contraria, pero a realidade é a que é.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

112

Número 6322 de abril de 2014

Page 113: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Nas medias, o salario nacional é 864 euros máis elevado queo galego. A realidade cruel é que, entre os 26 e os 35 anos,para un 27 % dos nosos asalariados galegos caeu a súa cali-dade nun 7,8 %, 1.048 euros menos en dous anos. Entre os 36e os 45 anos, practicamente un terzo dos galegos, o recorte éde 800 euros. Os de 55 anos, que representan o 22,4 % domercado laboral, un 4,7 % menos. E neste panorama intenta-mos falar de que hai reactivación, que vai haber consumo...En fin, practicamente parece unha falta de respecto a toda estaxente. Nos xoves entre os 18 e os 25 anos, a caída respecto de2010 –xa non falamos de 2009, de 2010– é do 19,7 %.

O Partido Popular, as políticas do Partido Popular en Galiciae en España non dan tregua aos traballadores e ás clasesmedias, pero tampouco dan tregua á xuventude. Realmenteestamos xerando un futuro sen esperanza. Incluso poderia-mos falar aquí do salario mínimo interprofesional, que adefinición do salario mínimo interprofesional é sobre daque-las persoas que teñen uns ingresos por baixo do 60 % damedia. Sen embargo, o salario mínimo interprofesional, quenoutros momentos non sería tan importante, pero que nestemomento é moi importante, porque é o que marca os conve-nios colectivos –ben, alá onde se poidan negociar convenioscolectivos, porque esta reforma laboral deixounos inclusosen ese dereito–, é un salario que non tivo en conta para nadatodos os parámetros que é importante ter en conta. Por tanto,é un dos máis baixos da Unión Europea, incumpre a Cartasocial europea, porque está no 40 % cando diciamos queestaba nun 60 %.

Realmente esta crise, esta crise cruel, pero sobre de todo asmedidas crueis sobre da crise, están baleirando Galicia doque debería ser o motor da economía, dos xoves. Neste esce-nario tamén...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

A señora QUINTAS ÁLVAREZ: ...se fala da demografía, doenvellecida que está a poboación galega. Señores do PartidoPopular, ¿saben cal é o mellor plan demográfico? O mellorplan demográfico é xerar emprego, xerar emprego feminino,conservar os dereitos, xerar dignidade e cobertura social.Desgrazadamente isto, as políticas que se están levando acabo non se garanten nin para os asalariados...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Quintas.

A señora QUINTAS ÁLVAREZ: ...nin para os que están espe-rando ser asalariados, e moitísimo menos para o futuro destepaís, que son os xoves. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitísimas grazas.

Grupo Popular, señor Dorado.

O señor DORADO SOTO: Grazas, presidenta.

Moi boas tardes, señorías.

Hoxe o Grupo Parlamentario de AGE trae aquí unha propo-sición de lei que pretende en esencia dúas cousas, que émellorar o salario da mocidade e acabar coa precariedadelaboral, neste caso tamén na mocidade. Dende logo, isocomo declaración de intencións está moi ben, porque nóscompartimos que os mozos teñan canto maior salario mellore que os mozos teñan canto menos precariedade mellor. Otema é cando hai que converter esa declaración de intenciónsen feitos, e cando a un lle toca gobernar é cando un ten quelevar a cabo todas estas actuacións.

Por iso eu, como declaración de intencións, comparto estaproposición de lei; o problema é cando entramos a valorarque é o que propón AGE nesta proposición non de lei. Pro-pón dúas cousas: en primeiro lugar, que os salarios se equi-paren á media, a mocidade, e, en segundo lugar, un plan deemprego xuvenil. Sobre o primeiro direille que, evidente-mente, é certo, non só os mozos, senón que o conxunto dostraballadores galegos teñen un salario menor que a medidanacional. Pero tamén é certo que durante os últimos cinco-seis anos o salario que se negocia por convenio colectivono caso de Galicia medrou por riba da media nacional. Édicir, que levamos (Murmurios.) seis anos converxendo–si, si– en salario medio, seis anos no que respecta ao con-venio colectivo, é dicir, a todos aqueles que leven negocia-ción colectiva. (Pronúncianse palabras que non se perci-ben.) Iso é unha realidade, pódeno ver, sen ningún tipo deproblema...

A señora PRESIDENTA: Fagan o favor.

O señor DORADO SOTO: ...é unha realidade. (Aplausos.) Éunha realidade. (Pronúncianse palabras que non se perci-ben.)

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

113

Page 114: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Fai o Bloque Nacionalista Galego, o grupo nacionalistagalego, unha emenda, unha emenda moi curiosa e que pre-tende dúas cousas en esencia, que é retirar a reforma laborale que é retirar o Plan de emprego xuvenil. Como vemos,unha emenda chea de propostas: retirar e retirar, destruír edestruír. (Murmurios.) Curioso que esta emenda veña dungrupo parlamentario que foi cómplice do Goberno de Espa-ña que máis emprego destruíu na historia recente do nosopaís. E é curioso que esta emenda veña dun grupo parla-mentario que protagonizou, protagonista secundario, peroque protagonizou o Goberno de Galicia que máis empregodestruíu tamén neste país.

Polo tanto, nós estamos a levar –e é certo– (Pronúnciansepalabras que non se perciben.) unha reforma laboral a nivelnacional e nós estamos a levar e é certo un Plan de empregoxuvenil. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Pare-ce que lles parece mal que se poñan solucións...

A señora PRESIDENTA: Señora Acuña, faga o favor.

O señor DORADO SOTO: ...e que se poñan emendas. É certoque chegamos ata aquí non por inercia, chegamos ata aquípor mala xestión, chegamos ata aquí por malas políticas echegamos ata aquí por deixadez de funcións por uns gober-nos que nunca se preocuparon pola mocidade, nin galega ninespañola. (Aplausos.) Esa é a realidade.

A conselleira de Traballo estivo recentemente neste plenoexplicando un Plan de emprego xuvenil. E é certo que nin ogrupo propoñente nin o grupo emendante estaban aquí paravelo, estaban a outras cuestións. E eu voulles explicar, por senon o saben, polo miúdo (Murmurios.) de que trata o Plan deemprego xuvenil. Voulles dicir que son 100 millóns deeuros, un Plan de emprego xuvenil de 100 millóns de euros,que vai beneficiar a 45.000 mozos. Un plan de empregoxuvenil (Pronúncianse palabras que non se perciben.) queten unhas medidas moi importantes, señora Prado. Voulleexplicar cal é o Plan de emprego xuvenil, porque xa que oquere eliminar, polo menos que saiba que é o que quere eli-minar. Pois ben, fala nesta proposición non de lei de mello-rar a empregabilidade de persoas cualificadas. Pois ben,neste Plan de emprego xuvenil que quere eliminar o BloqueNacionalista Galego hai unha partida de máis de 7 millónsde euros para que 1.800 persoas xoves, mozos titulados cua-lificados poidan ter a súa primeira oportunidade laboral.

¿Queremos entón eliminarlles a 1.800 mozos a súa primeiraoportunidade laboral, señora Prado? ¿Iso é o que querenvostedes? (Murmurios.) ¿Esa é a vosa solución...

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor DORADO SOTO: ...para acabar co desemprego xuve-nil? Eu creo que esa non é a solución. (Pronúncianse pala-bras que non se perciben.)

Voulles explicar...

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor DORADO SOTO: ...máis medidas. Teñen... (Pronún-cianse palabras que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Perdoe un momento, señor Dorado.

¿O señor Dorado non ten dereito a falar neste Parlamento?

O señor DORADO SOTO: Non, non, non, segundo eles non.(Pronúncianse palabras que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Entón el é o que ten a palabra. Fagano favor.

O señor DORADO SOTO: Parece ser que o ataque ao antico-munismo que ten Esquerda Unida no seu programa electoralás europeas se está poñendo en práctica xa neste Parlamen-to, pero nós imos seguir falando. (Murmurios.) E vou seguirfalando do que lle interesa á mocidade, que é atención pre-ferente a aqueles que non traballan nin estudan, incentivosde contratación para aqueles que non traballan nin estudan,formación para mozos desempregados de baixa cualifica-ción: 4,6 millóns de euros, 2.500 alumnos beneficiados.

Poderiamos falar tamén da Estratexia xuventude 2016, undocumento transversal que contempla cuestións formativas.Porque non sei se saben vostedes que 6 de cada 10 paradosxoves de Galicia non teñen cualificación suficiente para terun traballo, teñen como moito a EXB. Polo tanto, hai quemellorar esa formación para que teñen unha maior emprega-bilidade. E esta Estratrexia de xuventude e o Plan de empre-go xuvenil traen isto a colación; traen 345 millóns de eurospara solventar problemas da mocidade.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

114

Número 6322 de abril de 2014

Page 115: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

Eu, dende logo, se sumamos todo isto que xa está en marcha,se sumamos isto ás taxas máis baixas do Estado, se sumamosisto á formación profesional, á formación dual, ao contratode formación e aprendizaxe, etc...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

O señor DORADO SOTO: ...creo que estamos a falar dunhapolítica destinada claramente e centrada claramente en ata-llar o problema de raíz, que é o Plan de emprego xuvenil. Euvoulle dar un consello á oposición: creo que é moito máisinteresante ter unha oposición construtiva, unha oposiciónde propostas, unha oposición que complemente, que cons-trúa...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

O señor DORADO SOTO: ...unha política contra o desempregoxuvenil e non unha proposición non de lei e non unha emen-da que só fale de tirar abaixo aquelas medidas que están pos-tas en marcha...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Dorado.

O señor DORADO SOTO: ...para acabar coa lacra do desem-prego xuvenil en Galicia.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Dorado.

O señor DORADO SOTO: Nada máis e moitas grazas. (Aplau-sos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Grupo autor da proposición non de lei, ten a palabra a seño-ra Martínez.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: Ben, despois desta intervencióné que xa non sei se facer como Santalices e dicir que xa nonhai nada que dicir, porque isto é tremendo. (Pronúnciansepalabras que non se perciben.)

Vamos ver, vamos ver... (Murmurios.) (Pronúncianse pala-bras que non se perciben.) Si, el espírito flota. Si, está claro.Os mozos e as mozas son o futuro deste país; os mozos e asmozas son os que teñen fillos, os maiores e a partir dunha

idade xa non se teñen fillos, ¡eh!; os mozos e as mozas sono progreso, ¿e que é o que lles ofrece a Xunta de Galiza neseplan marabilloso que nos acaba de vender? Salarios de mise-ria, formación pagada ao empresario, ao empresario, que é oque se vai poñer as botas. Formación que despois non dácomo ocorreu con toda a formación dos contratos de forma-ción, (Murmurios.) cursos que despois...

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: ...cursos que despois a propiaXunta non recoñece. ¿Sabían vostedes que os cursos que danos empresarios con fondos públicos despois a Xunta nonadmite esas titulacións para traballar en cargos públicos,para entrar como funcionario na Xunta? ¿Que lles estánofrecendo á mocidade? Máis publicidade e propaganda, queé o único que fan vostedes.

Miren, está pasando o que pasou nos anos cincuenta e sesen-ta: emigración. ¿Canta xente volveu desa emigración? Viñe-ron morrer a Galiza. Veñen de maiores porque teñen osfillos, os negocios, e os netos acábanos tendo no país ondeemigraron. E están mandando 100.000 mozos galegos,100.000 mozos e mozas xa marcharon de Galiza, xa non vanvolver. E a min paréceme incrible que quen ten un soldo dedeputado fale aquí do salario marabilloso da mocidade gale-ga. A ver se vostede é capaz de alimentar unha familia con400 euros que lle ofrece agora o Partido Popular. Pero ¿quese cren? A dependencia dos pais sempre. Se 400 euros xavale o piso de aluguer, xa non falamos de comprar. ¿Quefuturo lle están ofrecendo á xente? ¿Cantos nenos galegoshabería en Galiza neste momento? ¿Que futuro habería demozos e mozas con eses 100.000 persoas que emigraron econ toda a emigración, que van ser nenos alemáns, france-ses, ingleses e que deberían de ser nenos e nenas galegos?Porque vostedes condenan a mocidade á emigración.

E negar a realidade non é a solución, porque a realidade éterca e está aí, e vai volver aparecer. E os datos do desem-prego en Galiza, os datos dos salarios en Galiza non osinventa AGE, díos Facenda, recoñéceos Facenda, o ConselloGalego de Relacións Laborais, o Banco de España. Calque-ra informe que vostede colla dille que os salarios galegosson os segundos máis baixos do Estado e, polo tanto, temosas pensións máis baixas do Estado, ¿vale? Entón, ¿de que sevangloria? ¿Que fixeron en cinco anos? Déixese de biparti-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6322 de abril de 2014

115

Page 116: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

to e déixese del PSOE y del Gobierno. ¿Que fixeron voste-des en cinco anos de goberno aquí...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Martínez.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: ...e toda a vida gobernando enGaliza?

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Martínez.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: A todo isto... (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Suspendemos a sesión ata mañá ásdez horas.

Boas noites e moitas grazas.

Suspéndese a sesión ás oito e vinte e catro minutos do serán.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

116

Número 6322 de abril de 2014

Page 117: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

RELACIÓN DE DEPUTADAS E DEPUTADOS PROCLAMADOS ELECTOS POR ORDE ALFABÉTICA

1.- Acuña do Campo, Carmen (PSdeG-PSOE)2.- Adán Villamarín, María do Carme (BNG)3.- Arias Veira, Pedro (PP)4.- Baamonde Díaz, Agustín (PP)5.- Balseiro Orol, José Manuel (PP)6.- Beiras Torrado, Xosé Manuel (AGE)7.- Blanco Paradelo, Moisés (PP)8.- Burgo López, Concepción (PSdeG-PSOE)9.- Caamaño Domínguez, Francisco (PSdeG-PSOE)10.- Camino Copa, Ángel (PP)11.- Castiñeira Broz, Jaime (PP)12.- Díaz Pérez, Yolanda (AGE)13.- Docasar Docasar, Vicente (PSdeG-PSOE)14- Dorado Soto, Javier (PP)15.- Fajardo Recouso, Juan Manuel (AGE)16.- Faraldo Botana, María Dolores (PP)17.- Fariñas Sobrino, Hipólito (PP)18.- Fernández Fernández, Raúl (PSdeG-PSOE)19- Freire Abeijón, Santiago (PP)20.- Gallego Calvar, Carmen (PSdeG-PSOE)21.- Gallego Lomba, José Manuel (PSdeG-PSOE)22.- García García, Pablo (PSdeG-PSOE)23.- García Pacín, Isabel (PP)24.- Gómez Alonso, Alejandro (PP)25.- González Santín, Juan Carlos (PSdeG-PSOE)26.- Guerra Fernández, Javier (PP)27.- Hernández Fernández de Rojas, Agustín (PP)28.- Iglesias Sueiro, Carme (AGE)29.- Íñiguez Martínez, Jaime (PP)30.- Jorquera Caselas, Francisco (BNG)31.- Losada Álvarez, Abel (PSdeG-PSOE)32.- Martínez García, María Consuelo (AGE)33.- Martínez-Sierra López, Vidal (PP)34.- Méndez Romeu, José Luis (PSdeGPSOE)35 - Mouriño Villar, Antonio (PP)36.- Nóvoa López, Enrique (PP)37.- Núñez Centeno, Aurelio (PP)38.- Núñez Feijóo, Alberto (PP)39.- Oubiña Solla, Rosa (PP)40.- Pardo López, Carmen (PP)41.- Paz Franco, María Tereixa (BNG)42.- Pérez Hernández, Berta (PP)43.- Piñeiro Martínez, Marisol (PP)44.- Pombo Rodríguez, Cosme Eladio (BNG)45.- Pontón Mondelo, Ana Belén (BNG)46.- Pouso Maneiro, Herminia (PP)47.- Prado Cores, María Montserrat (BNG)48.- Prado del Río, Paula (PP)49.- Prado Patiño, Miguel (PP)50.- Puy Fraga, Pedro (PP)51.- Quintas Álvarez, María (PSdeG-PSOE)52.- Rodas Chapela, Daniel (BNG)53.- Rodríguez Arias, Marta (PP)54.- Rodríguez Barreira, Julia (PP)55.- Rodríguez González, Román (PP)56.- Rodríguez-Vispo Rodríguez, Marta (PP)57.- Rojo Noguera, Pilar (PP)58.- Romero Fernández, Cristina (PP)59.- Ron Fernández, José Javier (AGE)60.- Rueda Valenzuela, Alfonso (PP)61.- Sánchez Bugallo, José Antonio (PSdeG-PSOE)62.- Sánchez García, Antón (AGE)63.- Santalices Vieira, Miguel (PP)64.- Santos Regueiro Francisco (PP)65.- Sestayo Doce, Beatriz (PSdeG-PSOE)66.- Solla Fernández, Eva (AGE)67.- Soneira Tajes, María Soledad (PSdeG-PSOE)68.- Tellado Filgueira, Miguel (PP)69.- Trenor López, Gonzálo (PP)70.- Val Alonso, José Ramón (PSdeG-PSOE)71.- Varela Suanzes-Carpegna, Daniel Luis (PP)72.- Vázquez Abad, Jesús (PP)73.- Vázquez Díaz, Ramón (AGE)74.- Vázquez Fernández, Manuel (PSdeG-PSOE)75.- Vilán Lorenzo, Patricia (PSdeG-PSOE)

Page 118: DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA · relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIAEdición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.

Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25