28
DINÁMICA HÍDRICA OCEÁNICA Antía Picallo As correntes mariñas As mareas As ondas Os tsunamis

Dinamica Hidrica Oceanica

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Describese a dinamica dos oceanos do mundo

Citation preview

Page 1: Dinamica Hidrica Oceanica

DINÁMICA HÍDRICA OCEÁNICAAntía Picallo As correntes mariñas As mareas As ondas Os tsunamis

Page 2: Dinamica Hidrica Oceanica

A auga dos océanos está en contínuo movemento que se produce pola acción de diversos factores dos

cales o principal é o vento, aínda que tamén interveñen a diferencia de densidade entre as masas

de auga, a rotación da Terra e a atracción gravitacional do Sol e da Lúa.

Así distinguimos tres tipos de movementos: as correntes mariñas, as mareas e máis as ondas.

Eu centrareime en explicar o funcionamento das mareas e dun tipo de correntes mariñas.

Page 3: Dinamica Hidrica Oceanica

1. AS CORRENTES MARIÑAS

As correntes mariñas son movementos de masas de auga de mar nunha dirección determinada. Existen tres tipos de correntes:

- Correntes dos grandes océanos.- Correntes nas cuncas secundarias.- Movementos estacionais.

Page 4: Dinamica Hidrica Oceanica

1.1 CORRENTES DOS GRANDES OCÉANOS

Nas grandes masas de auga é obvio que se producen movementos, tanto das augas profundas coma das superficiais. Estes movementos débense á diferencia de densidade da auga, ao efecto Coriolis e á forza do vento.

As diferencias de densidade da auga levan a un movemento convectivo de auga, á chamada cinta transportadora oceánica

Page 5: Dinamica Hidrica Oceanica

CINTA TRANSPORTADORA OCEÁNICA- Iníaciase nas augas de Groenlandia donde a auga

afunde por ser fría e salgada.- Percorre o fondo do Atlántico norte e sur.- Parte desta auga ascende no océano Antártico e

retorna á orixe.- Outra parte continúa deica o Índico onde se bifurca

(parte ascende e a outra chega ata o pacífico onde ascende e onde se quenta)

- Posteriormente realiza o traxecto inverso pola superficie.

Page 6: Dinamica Hidrica Oceanica

CINTA TRANSPORTADORA

Page 7: Dinamica Hidrica Oceanica

CONSECUENCIAS E VANTAXES DA CINTA TRANSPORTADORA

Consecuencias:A auga superficial provinte do ecuador chega aos

polos e afunde, para circular en profundidade ata o ecuador.

Vantaxes: Compensa o desequilibrio salino e térmico entre o

Atlántico e o Pacífico, regula a cantidade de CO2 atmosférico debido a que a auga fría arrastra este gas ao afundirse e libérase miles de anos despois nos afloramentos.

Page 8: Dinamica Hidrica Oceanica

Este fenómeno é especialmente significativo no Atlántico Norte porque este océano é bastante máis cálido e salgado que o Pacífico Norte. O primeiro ten unha temperatura media superficial de 10ºC e unha salinidade de 34,9‰, mentres que o segundo ten unha temperatura de 6,7ºC e unha salinidade de

32,8 ‰.Gran parte do exceso de calor que é recibida nos trópicos é transportada para as zonas de escaseza. Grazas ás correntes mariñas, o aire seco e frío que

sae do continente americano impulsado polos ventos de oeste cárgase de humidade e calor ao seu paso a

través do Atlántico Norte e chega templado e húmido as terras de Europa. A este efecto

convectivo úneselle o efecto Coriolis.

Page 9: Dinamica Hidrica Oceanica

EFECTO CORIOLISA forza Coriolis é a forza ficticia que parece actuar sobre un corpo cando se observa dende un

sistema de referencia en rotación. Así un obxecto que se move sobre a Terra a velocidade constante cunha compoñente Norte-Sur vaise desviando en

relación coa forza de rotación da Terra. No hemisferio norte desviarase no sentido das

agullas do reloxo e no sur no sentido contrario.A forza do vento actúa sobre a superficie dos océanos e provoca un movemento das masas de auga. Neste movememnto non actúa soamente o vento senón que tamén ten importancia o efecto

Coriolis describiendo a chamada espiral de Ekman.

Page 10: Dinamica Hidrica Oceanica

ESPIRAL DE EKMAN

O vento actúa sobre a capa superior do mar e provoca o movemento dunha lámina que se despraza no mesmo sentido que o vento, esta lámina arrastra á lámina inferior, debido ao rozamento que se produce entre as capas de auga. Así cada capa arrastra a unha inferior cun ángulo de 45º, debido ao efecto Coriolis, hacia o lado dereito o esqerdo dependendo do hemisferio.

Finalmente a unha proximidade próxima aos 100m, a corrente desprázase en sentido perpendicular ao vento, cara á dereita no hemisferio norte e cara a esquerda no sur.

Page 11: Dinamica Hidrica Oceanica

CONSECUENCIA DOS FACTORES ANTERIORESComo consecuencia de todos estes factores prodúcese a circulación

oceánica e formánse as principias correntes que circulan de xeito permanente:

- Correntes en forma de xiros, tanto no norte coma no sur. Están situados en zonas onde os ventos describen unha traxectoria circular.

- Correntes da deriva dos ventos do oeste. Procede do leste. Comprende unha rexión máis ampla no hemisferio sur xa que a parte de ser máis grande que o norte non queda interrumpido polas masas continentais. Porén algunhas destas correntes desvíanse cara ao norte, como a de Humboldt e a de Benguela que transportan augas frías. Cara o sur desvíanse a de California e a das Canarias, son augas frías que suavizan as temperaturas calurosas destas costas.

Page 12: Dinamica Hidrica Oceanica

- Correntes frías das zonas árticas diríxense desde os mares polaraes ata o ecuador.

- Corrente circumpolar antártica

- Dúas correntes ecuatoriais provintes do leste, seguindo o curso dos ventos alisios. Están separadas por unha corrente ecuatorial.

En latitudes próximas ao ecuador, as correntes ecuatoriais xiran cara aos polos e forman correntes cálidas paralelas á costa. Ditas correntes contribúen ao clima das rexións de latitudes superiores. Por exemplo a corrente do Golfo, a de Kuro Shivo e a do Brasil.

Page 13: Dinamica Hidrica Oceanica

CORRENTE DE “EL NIÑO”

Ademais existe unha corrente bastante peculiar chamada El Niño que é unha corrente cíclica que se da irregularmente en intervalos de 2 a 7

anos, cunha media de 3-4 anos, que consiste nas alteracións significativas de curta duración (12 a 18 meses) na distribución da

temperatura da superficie da auga do océano Pacífico, con profundos efectos no clima. O seu papel no quentamento e enfriamento global

é unha área de intensa investigación, aínda sen un consenso.El Niño foi orixinalmente recoñecido por pescadores da costa oeste da

América do Sur, observando as baixas capturas, asociadas á presencia de temperaturas máis altas do normal no mar,

normalmente na fin do ano. De aí a designación, referíndose ao “Neno Xesús”, de El Niño.

Page 14: Dinamica Hidrica Oceanica

CONSECUENCIAS DE “EL NIÑO”

1.Cando acontece un El Niño, , os ventos sopran con menos forza en todo o centro do Océano Pacífico, diminuíndo a emanación de augas profundas e na acumulación de auga máis quente do normal na costa

oeste da América do Sur e, consecuentemente, na diminución da productividade primaria e das poboacións de peixe.

2.Outra consecuencia deste fenómeno é a alteración do clima en todo o Pacífico ecuatorial: as masas de aire quentes e húmidas

acompañan a auga máis quente, provocando chuvias excepcionais na costa oeste da América do Sur e secas na Indonesia e Australia.

Page 15: Dinamica Hidrica Oceanica

Poderíase dicir que as correntes oceánicas son uns mecanismos reguladores do clima, as correntes cálidas

suvizan as temperaturas e as correntes frías levan o frescor ata zonas de elevado calor.

Con todo existen zonas de afloramento, os chamados upwelling, que se dan cando o vento sopla paralelamente a costa producindo unha subida das augas frías e profundas, ricas en nutrientes o que favorece a proliferación de seres

vivos, por iso estas zonas son puntos clave da pesca.

En Galicia estes afloramentos prodúcense cando o vento sopla do Nordés que favorece a proliferación da sardiña por

exemplo, tamén son coñecidos os afloramentos do Perú, que axudan á proliferación de ancholeta, e California.

Page 16: Dinamica Hidrica Oceanica

O océano Mediterráneo ten maior contido en sales que o océano Atlántico, pola chegada de auga de

ríos, polo tanto tamén ten maior densidade, e como o Atlántico e o Mediterráneo están en contacto poo

estreito de Xibraltar prodúcense así unha circulación de auga de modo que a procedente do Atlántico entra. Esta auga que é menos salina e

menos densa queda no nivel superficial e a auga do mar Mediterráneo sae, é dicir a auga máis salina,

máis densa que circula, polo tanto pola profundidade.

2. CORRENTES NAS CUNCAS MARIÑAS SECUNDARIAS

Page 17: Dinamica Hidrica Oceanica

3. MOVEMENTOS ESTACIONAIS

A temperatura da auga varía tanto na horizontal, é dicir coa latitude, coma na vertical, é dicir segundo a súa profundidade. Na superficie a temperatura da

auga océanica é un reflexo da temperatura atmosférica. As variacións en vertical débense as

radiaciónns solares que son absorbidas polas augas superficiais polo que a temperatura diminúe coa

profundidade.

Page 18: Dinamica Hidrica Oceanica

Nos océanos con latitudes medias ou baixas podemos distinguir tres capas superpostas:

Capa superficial: é a afectada pola temperatura atmosférica e é a que recibe radiacións solares máis fortes.

Termoclina: é a capa situada inmediatamente debaixo da capa cálida, na que o descenso da temperatura coa profundidade é

moi abrupto. Os seus limítes son moi variables dependendo da latitude e da estación do ano.

Auga profunda: trátase dunha zona fría onde a temperatura segue descendendo coa profundidade.

Pero esta distribución de capas non é así todo o ano xa que no

outono a capa superficial arrefría, aumenta a súa densidade e vai cara o fondo. Este movemento vertical provoca a mestura de

todas as capas, polo tanto leva á desaparición da termoclina e os nutrientes tamén se mesturan.

Page 19: Dinamica Hidrica Oceanica

As mareas son movimentos regulares e periódicos de auga causados por unha forza de atracción que o Sol e a Lúa exercen sobre os nosos

mares, e que provoca os ascensos e descensos do nivel da auga.

Cando o océano crece falamos de marea alta ou pleamar, momento no que as augas cobren as orillas das costas. A marea entrante

denomínase "fluxo".

Cando a Lúa está no outro lado da Tierra, temos marea baixa ou baixmar. A marea saliente chámase "refluxo".

O Sol como está máis lonxe, a súa influencia é menor.As respectivas posicións da lúa e do sol en relación á Terra orixina un

ciclo de variacións mensuais: aliñados, aumenta a súa influencia, en ángulos rectos son atenuadas, levando a marea máis ou menos forte.

3. AS MAREAS

Page 20: Dinamica Hidrica Oceanica

Así vemos como nesta imaxe as zonas representadas polas frechas negras son as correspondentes con mareas altas e as zonas maís achatadas son as correspondentes con mareas baixas. Tamén vemos como esas mareas altas e baixas son máis pronunciadas cando o Sol e a Lúa están aliñados que cando non, como é no caso da Lúa nova, no 1º caso e coa Lúa chea no 3º caso.

Page 21: Dinamica Hidrica Oceanica

Por ese motivo existen mareas vivas e mareas mortas.As mareas vivas prodúcense cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra. Ademais súmase as forzas gravitacionais da Lúa e do

Sol, e danse os cambios máis importantes no nivel do Mar. Nas imaxes obsevamos que isto se produce en semanas alternas,

con lúa chea e lúa nova.Este fenómeno é especialmente importante para os pescadores.

Por outro lado temos as mareas mortas que se orixinan cando a Lúa e o Sol forman ese ángulo recto. Estas mareas non se notan

tanto como as mareas vivas, porque as forzas de atracción do Sol e da Lúa réstanse.

As mareas mortas fórmanse cada dúas semanas cando a lúa está en cuarto crecente (imaxe 2ª da páxina anterior) ou en cuarto

minguante (imaxe 4ªda páxina anterior).

Page 22: Dinamica Hidrica Oceanica

Porén as mareas non afectan igualmente a todos os mares do globo terrestre. Por exemplo no mar

Mediterráneo apenas son apreciables os cambios de marea, mentres que no Cantábrico os efectos das

mareas son impactantes.

De media as mareas oscilan nun período de 12 horas e 25 minutos, as doce horas son debidas á rotación

da Terra e os 25 minutos debido ao movemento orbital lunar.

Page 23: Dinamica Hidrica Oceanica

O cálculo das mareas, polo tanto, require o coñecemento da atracción da Lúa e do Sol e os seus respectivos cargos. O relevo do fondo do mar e a forma das costas tamén afectan á marea e pode amplificar o fenómeno ata preto de quince metros entre a marea maías alta e a máis baixa, como nas baías do Mont Saint-Michel (Francia) e imaxe adxunta, ou de Fundy (Canadá).

Page 24: Dinamica Hidrica Oceanica

CÁLCULO DE MAREAS

O cálculo das mareas debería de ser consultado por pescadores e mergulladores porque en determinados lugares poden quedar

rodeados pola marea alta e nunha situación de perigo, e non sería a primeira vez que pasara. No caso dos mergulladores é importante a

claridade da auga que soe ser mellor na marea alta. Tamén é importante saber que a marea baixa atrae aos animais mariños máis

preto da praia. Existe, por outra parte, un intervalo de tempo, chamado o “repunte”(subida) de marea, entre o cambio de marea, onde o fluxo de auga detense. Nalguns lugares só é seguro bucear nese intervalo.Pero non só é importante o efecto das mareas para

pescadores e buceadores, senón que todos os ciudadáns debemos ter especial cuidado á hora de bañarnos nas praias, sobre todo se son

praias que non coñecemos, xa que o mar é moi traicioeiro.

Page 25: Dinamica Hidrica Oceanica

GRÁFICA DE CÁLCULO DE MAREAS

Page 26: Dinamica Hidrica Oceanica

4. AS ONDAS

Son movementos ondulatorios da auga, inducidos polo vento. Inícianse na superficie dos mares e dos océanos, propagándose ata chegar á costa.

Page 27: Dinamica Hidrica Oceanica

OS TSUNAMIS

Son ondas xigantes que se producen por causa de erupcións volcánicas ou de terremotos submarinos.

Prodúcense sobre todo no océano Pacífico e máis especialmente na zona de Hawai.

Page 28: Dinamica Hidrica Oceanica

BIBLIOGRAFÍA

Libro de texto de ciencias da terrahttp://somosestudiantes.net/otras-asignaturas-160/

(ctm)-tema-9-la-hidrosferahttp://marenostrum.org/curiosidades/mareas/index.htmhttp://es.wikipedia.org/wiki/Efecto_Coriolishttp://gl.wikipedia.org/wiki/Mareahttp://www.familia.cl/ciencia/efecto_coriolis/coriolis2.htm