2
EXPOSICIÓN DE ARTE E NATUREZA NO PAZO DE TOR www.museolugo.org Museo Pazo de Tor Tfno.: 982 165 534 / [email protected] Xerencia Rede Museística Tfno.: 699 836 883 / [email protected] Comunicación /Difusión da Rede Museística Tfno.: 982 242 112 / [email protected] / [email protected]

Diptico expo tor

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Diptico expo tor

EXPOSICIÓNDE ARTE E NATUREZANO PAZO DE TOR

www.museolugo.org

Museo Pazo de Tor Tfno.: 982 165 534 / [email protected]

Xerencia Rede Museística Tfno.: 699 836 883 / [email protected]

Comunicación /Difusión da Rede Museística Tfno.: 982 242 112 / [email protected] / [email protected]

Page 2: Diptico expo tor

EXPOSICIÓNDE ARTE E NATUREZA NO PAZO DE TOR>xullo>agosto>2013Pazo de Tor

Durante 5 días, 11 artistas traballaron en residencia no Pazo de Tor, seleccionados entre as 119 propostas presentadas á Convocatoria de Arte e Natureza realizada pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, dentro do Programa ENREDARTE.

Os artistas provenientes da comarca do Bierzo, de León, de Ávila, de Pontevedra, de Vigo, de Foz e de Lugo, desenvolveron os seus proxectos cuxo eixo non soamente é salientar o medio natural onde se empraza o museo, senón tamén o seu compoñente humano e cultural. Neste sentido, a implicación dos traballadores do Pazo resultou ser esencial para construír e reforzar estes traballos.

O resultado é unha exposición de doce obras que poderán visitarse a partir da súa inauguración, o MARTES 27 DE AGOSTO nun percorrido activo e emocional, diferente á exposición formal, convidando ao espectador ao xogo, á escoita atenta, ao descubrimento e á reflexión. Os traballos atópanse ao aire libre na contorna do museo, revelando ao visitante unha perspectiva diferente do Pazo. Para iso, entregarase un mapa co emprazamento das pezas e o seu seguimento.

AS 12 OBRAS

1 / CARLOS DE GREDOS / PoboUn ovo de vimbio érguese desde o chan. O espectador ao aproximarse pode estar fóra e ao mesmo tempo dentro del.

2 / CARLOS DE GREDOS / Todos somos UNO Desde unha escaleira podemos ler o texto POBO/OVO, xogo de palabras que alude á orixe da humanidade.

3 / NILO ARIAS / Doce ApoloInstalado no estanque, un lenzo forma unha illa sobre a que actuarán as ras presentes no entorno. Coa humidade e o contacto dos seus corpos, as ras irán borrando a capa de arxila facendo emerxer a imaxe do deus Apolo.

4 / JUAN LOMARTI / Asistida-Compartida. Fotosíntese dualAcción para a posterior instalación que relaciona o ser humano coa súa contorna natural. Neste caso relaciónase coa árbore e pon de manifesto a entrada dunha natureza noutra, como ciclo que se repite a un ritmo constante. O propio autor foi o protagonista activo, agora o espazo e a forma ocupada por el é recreado a modo de silueta por fariña, material branco e orgánico resultante da elaboración dun produto natural, o propio cereal.

5 / ISABEL ALONSO / Natureza artificialPequenas pezas de la tecidas con gancho mimetízanse coas árbores do pazo, como liques artificiais. Esta obra ofrece unha reflexión sobre a gran degradación da natureza e a necesidade de protección e coidado do medio ambiente. Ao igual que sucede cos liques, que sobreviven en simbiose coa árbore, é necesaria unha relación entre o home e a natureza que faga posible o crecemento e a conservación de ambos. Disto depende a nosa subsistencia.

6 / NOA PERSÁN / Contedores BaleirosO home afástase da súa orixe esgrimindo a palabra como a arma que xustifica a súa superioridade, sérvese desta para moverse no mundo da aparencia e manipular todo aquilo que o rodea, deixando á natureza desprovista da súa propia voz; baleira como un contedor que só serve para recoller o noso lixo…,que non é máis que a nosa esencia repudiada.

7 / COLECTIVO RA / Experiencias de Natureza en Pazo de Tor (Vídeo en aula didáctica)Existe un vínculo emocional entre o espazo e as persoas que o habitan, como é o caso do Pazo de Tor, onde os seus traballadores con afecto, transmiten a necesidade de coidado que se precisa para devolver o esplendor que foi e revivir o entorno e a súa paisaxe.A través destas accións poéticas ponse de manifesto que a Natureza está dentro de nós e é no encontro onde se manifesta.

8 / ALBERTO PENA / Pombal. Pazo de TorAs plumas escuras cravadas na parede de cal do muro exterior falan de que aínda queda moito na escuridade. As brancas do interior abren un espazo para a espiritualidade, para que a conciencia aclare as cousas.

9 / LEMUEL QUIROGA / Rerum Natura. Árbore sonoraPano sonoro de madeira que trata de dar voz á contorna e con iso busca illarnos do balbordo cotián que nos atorda, a prol de xerar, a través diso, un espazo de recollemento que motive a escoita íntima e a reflexión.

10 / EL ABRELATAS / Co-diceTraducimos á linguaxe do ser humano, para que poidamos comprender a mensaxe de auxilio e dor que a Pazo de Tor e, sobre todo, a súa contorna, está enviándonos de maneira constante.

11 / XOSÉ REIGOSA / Apis MelliferaAs abellas están desaparecendo. A causa principal é o uso de pesticidas. Calcúlase que en Galiza xa desapareceron máis dun 80% delas.O ser humano non podería vivir sen as abellas. Este traballo pretende ser unha homenaxe ao seu importantísimo labor o tempo que un toque de atención á sociedade.

12 / DAVID CRESPO / Tor LúdicoSolitaria Brisca (Versión Tor)Solitaria Escoba (Versión Tor)Existen múltiples accións e normas que nos envolven cando interactuamos coa nosa propia contorna, moitas das cales aceptamos sen cuestionalas.Nesta instalación preséntase un “happening” que parte da análise das estratexias seguidas na práctica de dous xogos populares da baralla española. Coa manipulación das súas regras convértense en dous xogos solitarios, onde novas estratexias de xogo invitan ao espectador a participar e seguir as novas ordes ou a crear as súas propias regras.

1 CARLOS DE GREDOS

2 CARLOS DE GREDOS

3 NILO ARIAS

4 JUAN LOMARTI

6 NOA PERSÁN

7 COLECTIVO RA

5 ISABEL ALONSO

8 ALBERTO PENA (Pombal)

9 LEMUEL QUIROGA

10 EL ABRELATAS

12 DAVID CRESPO

11 XOSÉ REIGOSA