16
Novas do Centro de Supercomputación de Galicia Decembro 2012

DIXITOS DICIEMBRE 2012

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Publicación periódica de la Fundación CESGA.

Citation preview

Page 1: DIXITOS DICIEMBRE 2012

Nov

as d

o Ce

ntro

de

Supe

rcom

puta

ción

de

Gal

icia

Dec

embr

o 20

12

Page 2: DIXITOS DICIEMBRE 2012

DIRECCIÓN

Javier García Tobío

COORDINACIÓN

Fernando Bouzas Sierra

REDACCIÓN

CESGA

COLABORACIÓN

Lazar Stricevicć

DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN

CESGA

FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN

Artes Gráficas LITONOR S.A.L.

DEPÓSITO LEGAL

C 1604-1998

ISSN

1139-563X

EDITA

FUNDACIÓN CESGA

Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida)

15705 Santiago de Compostela

Telf. 981 569 810

Fax. 981 594 616

[email protected]

........................................................

CONTIDOS

[ 2, 3 ] A supercomputación e a crise

[ 4, 5 ] MeteoSIX Mobile

[ 6, 7 ] BonFIRE

[ 8 ] Calculando bandas

[ 9 ] ICT-GO-Girls + MOVE IT

[ 10 ] CloudPYME

[ 11 ] Entrevista a Germán Rodríguez

[ 12 ] Entrevista a José Julián Martínez

[ 13 ] Rede GALNET

[ 14, 15 ] Novas

Fundación Centro Tecnolóxico deSupercomputación de Galicia

gran capacidade O CESGA ESTREA Novos SERVIDORES DE CÁLCULODentro do seu plan de renovación de infraestruturas para ampliar capacidade e pres-tacións con diminución de custos, o Centro de Supercomputación de Galicia adquiriu un sistema especialmente indicado para o procesado de datos en paralelo de moi altas prestacións. No plan inclúense tamén a renovación da rede de comunicacións Recetga, a actualización da plataforma de cálculo SVG, o sistema de almacenamento en rede, e melloras para a eficiencia de infraestruturas.

O CESGA pode así executar os procesos que requiran as capacidades de acceso e pro-cesado de datos máis elevadas, dependentes ata agora do sistema de almacenamento SFS e dalgúns nodos de cálculo de FinisTerrae, facéndoo máis eficiente debido á evoluci-ón tecnolóxica producida nos últimos anos. O importe total deste contrato foi de 49.915 euros (IVE non incluído) e foi adxudicado á empresa Hewlett Packard Española S.L.

O sistema está baseado nunha arquitectura hardware similar á dun cluster de computa-ción de tipo HPC, adecuada para a execución de cálculos distribuídos de tipo MPI, aínda que dispón de software como Hadoop que permiten a súa utilización en contornas Big Data, capaces de aproveitar a potencia agregada de todos os seus compoñentes. Está formado por 8 nodos de tipo HP Proliant SL230s Gen8, cada un incorporando dous procesadores Intel Sandy Bridge E5-2670 de 8 núcleos, con 64 GB de memoria e disco de 2 TB. Estes nodos están interconectados por unha rede de comunicacións de moi alta velocidade e moi baixa latencia, de tipo Infiniband FDR, o que permite que traballen como un todo con 128 núcleos de procesador da última tecnoloxía, 512 GB de memoria principal e 16 TB de datos en disco. O novo sistema funciona case exclusivamente con software libre e a potencia total en procesos de cálculo é de 2.66 Teraflops, o que equivale a case un 16% da potencia do antigo FinisTerrae, pero cun consumo eléctrico unhas 20 veces inferior (3.5 Kw fronte a 70 Kw). O sistema está incluído dentro da plataforma SVG do CESGA.

O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), por medio da axuda de referencia CESG08-1E-001 correspondente ó subpro-grama de proxectos de equipamento científico tecnolóxico, da Dirección Xeral de Investi-gación e Xestión do Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación (actual-mente dependente da Secretaría de Estado de I+D+i, do Ministerio de Economía e Competitividade) e pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación.

Contornos de memoria compartida

O CESGA adquiriu tamen dous servidores de cálculo destinados a dar resposta a aqueles procesos que requiran gran cantidade de memoria nunha única imaxe de memoria com-partida. A actualización busca ofrecer o mellor servizo posible para os usuarios tendo en conta as limitacións da situación económica actual, onde un dos obxectivos fundamentais é a redución de custos operativos. Os novos sistemas permitirán atender aqueles proce-sos que viñan executándose no superordenador FinisTerrae, fundamentalmente nos no-dos de tipo Superdome, que xa dispoñían desde o ano 2007 de capacidades de memoria de ata 1TB de datos nunha única imaxe. A evolución tecnolóxica fai que se poidan atopar hoxe no mercado solucións capaces de proporcionar esas capacidades a un custo moito máis reducido, tamén no mantemento e consumo eléctrico. Isto fai que os investimentos sexan amortizados moi rapidamente.

O importe total deste contrato foi de 27.711,86 euros (IVE non incluído) e foi adxudicado á empresa Hewlett Packard Española S.L. O sistema adquirido está constituído por dous nodos HP DL 560 GEN8, cada un dos cales dispón como características máis destaca-das de arquitectura de 4 sockets con 4 procesadores Intel Sandy Bridge E5-4620, de 8 núcleos de procesador cada un, 512 GB de memoria RAM, e 6 discos que facilitan unha capacidade total de 6TB. Cada un destes dous sistemas dispón xa que logo de 32 núcleos de procesador e 512 GB de memoria, e unha potencia pico de 532 GFLOPS.

Os sistemas dispoñen de interconexión de rede a 10 Gbps para conectarse cos sistemas de almacenamento do CESGA, e de Infiniband FDR para integrarse en contornas de baixa latencia co resto de nodos de cálculo do centro. Aínda que a potencia computacional total destes dous servidores é similar á do antigo Superdome incluído en FinisTerrae, o con-sumo eléctrico representa menos do 10% polo que esta actuación producirá importantes aforros para o CESGA. Para facilitar a utilización por parte dos usuarios, o sistema incluíuse na plataforma SVG do CESGA. Os usuarios poderán beneficiarse das prestacións sen case cambios. O sistema, que xa está operativo no CESGA, está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación e polo CSIC.

Page 3: DIXITOS DICIEMBRE 2012

INVESTIMENTO CLAVE: A SUPERCOMPUTACIÓN NOS TEMPOS DA CRISE

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

decembro 2012 díxitos 3

A pesar da complicada situación económica que vivimos, dispoñer de centros de cálculo avanzado con instalacións actualizadas cos máis modernos equipamentos continúa a ser imprescindible para apoiar a ciencia e evitar que se amplíe a fenda científica e tecnolóxica cos países punteiros nestes eidos. O Bar-celona Supercomputing Centre-Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS) foi o que recibiu maiores investimentos para a súa renovación no 2012, pero tamén melloraron as súas infraestruturas o centro de Castela e León e os das universidades de Cantabria, Autónoma de Madrid e Málaga, entre outros.

Igual que o Centro de Supercomputación de Galicia, o BSC é una Instalación Científico-Técnica Singular (ICTS), recoñecida como tal polo Ministerio de Economía e Competi-tividade. Por iso, para manterse na vangarda da ciencia, está a renovar completamente o supercomputador máis potente de España, o ‘MareNostrum’, para multiplicar por dez a súa capacidade.

A primeira fase da renovación, que supuxo a instalación dun 70% do novo equipamen-to, situou o ‘MareNostrum’ no posto 36 do mundo e no 12 de Europa na clasificación de novembro do 2012 do portal de referen-cia Top500.org, cando no ránking de xuño estaba no posto 177 mundial.

O novo supercomputador supón, de acordo co BSC, un investimento de 22,7 millóns de euros, financiados maioritariamente median-te achegas do Estado e de fondos FEDER da Unión Europea. Foi fabricado pola empre-sa IBM con tecnoloxía IDataPlex, que permi-te agrupar en moi pouco espazo (120 m2) os compoñentes necesarios. Contará con máis de 6.000 chips Intel SandyBridge de 2,6 GHz, cada un deles con 8 ‘cores’, unha memoria total de case 100 TB e unha rede de comunicación de alta velocidade entre os procesadores 10 veces máis potente que a actual.

Ademais, o renovado supercomputador co-nectarase a un sistema de ficheiros de alto rendemento, de dous Petabytes de capaci-dade, e a un sistema de arquivo activo de cinco Petabytes. O seu consumo será dun MW, só un 28% superior ó actual, mentres que a potencia de cálculo se multiplicará por 10,63 e os sistemas IDataPlex serán refri-xerados no rack, mellorando o rendemento enerxético.

De León a Málaga pasando por Valencia

A Fundación Centro de Supercomputa-ción de Castilla y León contará no 2013 con 3,1 millóns de euros, dos que 1,55 millóns serán para o desenvolvemento da

Rede de Ciencia e Tecnoloxía, a cal conec-tará universidades e centros de investigación. Este proxecto será acometido a través dunha subvención de capital ou achega á entidade.

O supercomputador ‘Altamira’ da Universida-de de Cantabria, renovado entre xullo e ou-tubro, rebaixa o consumo enerxético nun 50 por cento respecto do sistema substituído, a pesar de multiplicar por 20 a súa potencia de cálculo total, o que lle permitirá ademais com-patibilizar o uso dentro do sistema universitario de investigación coa utilización da súa capa-cidade por parte de empresas innovadoras. ‘Altamira’, instalado no Instituto de Física de Cantabria, é agora o segundo supercompu-tador máis potente de España de acordo cos seus xestores e pode realizar ata 74 billóns de operaciones de coma flotante por segundo. O sistema forma parte da Red Española de Supercomputación, canda outros sete nodos.

Pola súa parte, o Centro de Computación Científica da Autónoma de Madrid (UAM) presentou o 17 de maio as súas novas ad-quisicións de equipos e a mellora das súas infraestruturas, polo que xa conta con máis de 1.120 ‘cores’ dedicados exclusivamente a cálculo científico e aspira, a curto prazo, a quedar nunha posición destacada entre as infraestruturas europeas. A renovación puido realizarse a través dos proxectos de investi-gación concedidos polo Consello Europeo de Investigación (ERC), instalando dous super-computadores Fujitsu, equipados con proce-sadores Intel Xeon E5-2670 e unha capaci-dade de 27 teraflops, destinados a servir de base á investigación desenvolvida na UAM.

Mentres, a Universidade de Málaga, que conta cos supercomputadores ‘Picasso’ e ‘Pablo’, anunciaba o 12 de setembro a súa intención de incorporar novas instalacións no seu centro de cálculo, incluíndo o reforzamen-to da infraestrutura de almacenamento de da-tos en liña.

A Universidade Politécnica de Valencia recentemente adxudicoulle á empresa Fujitsu Technology Solutions S.A. un concurso públi-co para a adquisición de equipos de soporte para cálculo científico. O proxecto está dota-do con 950.000 euros e pretende dar soluci-ón a procesos de cálculo distribuido mediante un cluster cun mínimo de 54 nodos bipro-cesador, así como a contornas de memoria compartida e visualización, mediante 8 nodos tetraprocesador.

A visión da Comisión Europea

O pasado 12 de febreiro, a Comisión Euro-pea fixo pública unha comunicación titulada ‘Computación de altas prestacións: o lugar de Europa nunha carreira global’, sobre o seu Plan de Acción neste campo. Nela, as autori-dades europeas sinalaban que “a carreira para o liderado en sistemas de computación de al-tas prestacións (HPC) é promovida pola ne-cesidade de responder tanto a grandes retos científicos como sociais máis eficientemente, como a detección e o tratamento temperáns de enfermidades coma o Alzheimer, descifrar o cerebro humano, prognosticar a evolución do clima, ou evitar e xestionar catástrofes a grande escala, e polas necesidades de indus-tria para innovar en produtos e servizos”.

Así mesmo, para a CE, “a Industria ten unha función dual na computación avanzada: en primeiro lugar, fornecendo sistemas, tecnolox-ías e servizos de software para HPC; e segun-do, utilizando a HPC para innovar en produtos, procesos e servizos. Ambas son importantes para facer Europa máis competitiva. E espe-cialmente importante para manter a competiti-vidade das pequenas e medianas empresas, facilitarlles a estas o acceso á HPC, ó mode-lado, á simulación, e os servizos de deseño de prototipos de produto. Este Plan de Acción defende unha aproximación dual: fortalece-mento tanto da demanda industrial coma da subministración de HPC”.

Page 4: DIXITOS DICIEMBRE 2012

4 díxitos xullo 2012

Esta app naceu do proxecto do seu mesmo nome que comezou en decembro de 2009 co-ordinado por MeteoGalicia e coa participación do Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña (UDC), o Laboratorio de Sistemas da Universidade de Santiago de Com-postela (USC) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Os obxectivos son dotar MeteoGalicia dun Sistema de Información Xeo-gráfica (SIX) para o acceso a datos meteorolóxi-cos e achegar canles de acceso axeitadas para difundir eses datos entre o maior número posible de usuarios.

A aplicación difunde información meteorolóxica e oceanográfica de calquera punto de Galicia e a súa costa dun xeito moi sinxelo: amosa a predición para un lugar seleccionado no mapa ou empregando un buscador, estea este en terra ou no mar. Actualmente posibilita consultar a pre-dición horaria de: estado do ceo, temperatura, precipitacións, vento, cota de neve, humidade relativa, cobertura nubosa, presión, tempera-tura e salinidade da auga, e finalmente altura, período e dirección de onda. Está previsto que proximamente a cobertura se estenda a todo o litoral atlántico e mesmo ata o resto da Penínsu-la Ibérica, con novas melloras e servizos, como información relativa ás mareas ou ás horas de saída e posta do sol

Mais as apps son só unha parte do proxec-to: MeteoGalicia, organismo que depende da Consellería de Medio Ambiente, publicou xa en xaneiro na súa web un sistema de acceso xe- Un smartphone coa aplicación MeteoSIX Mobile instalada e en funcionamento

METEOSIX MOBILE, O TEMPO NO SMARTPHONEChámase MeteoSIX Mobile, é gratuíta e achega as previsións meteorolóxicas de tres días para máis de 29.500 locali-dades e 820 praias de Galicia. Falamos dunha aplicación que xa empregan milleiros de persoas -rexistráronse máis de 25.000 descargas- e que está dispoñible para os móbiles intelixentes dotados do Android de Google ou do iOS de Apple (os iPhone), mesmo é compatible cos tablets que incorporan tamén eses sistemas operativos.

REXISTRÁRONSE MÁIS DE 25.000 DESCARGAS DA APLICACIÓN NUN ANO

orreferenciado a datos de predición numérica, tanto meteorolóxica como oceanográfica, para o seu uso por particulares, empresas ou universi-dades. A idea é que cada quen adapte ás súas necesidades esa información, que se ofrece en varios formatos. Así, medios de comunicación, entidades do sector enerxético, administracións, grupos de investigación universitarios, desen-volvedores de software e webs sobre o tempo cóntanse entre os usuarios habituais.

E é que as necesidades de información mete-orolóxica varían dependendo do colectivo. O técnico do parque eólico Sotavento de Xermade (Lugo), Ángel Hermida, explica que para eles as

predicións máis importantes son as do vento “e ó prazo máis longo posible, para poder planificar o mantemento das instalacións”, e en concreto, o que máis lles interesa é “a densidade do vento, pois a maior densidade, maior produción”. As de chuvia e a temperatura son tamén de consulta continuada neste e noutros parques eólicos. Hermida considera que “con 96 horas de ante-

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

decembro 2012

Page 5: DIXITOS DICIEMBRE 2012

NOS VINDEIROS MESES A APLICACIÓN VAI ACHEGAR MÁIS NOVIDADES PARA DAR UN SERVIZO MELLOR E AÍNDA MÁIS AMPLO

decembro 2012 díxitos 5

EXITOSO WORKSHOP SOBRE APPS E METEOROLOXÍA Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

A Facultade de Química da Universida-de de Santiago acolleu o 25 de outubro un workshop sobre apps meteorolóxi-cas para móbiles e webs organizado por MeteoGalicia e o CESGA e ó que asistiu case un cento de persoas, entre elas especialistas no uso de servizos xeorre-ferenciados en meteoroloxía e oceano-grafía en Galicia, así como programado-res de apps e páxinas en Internet, que deron a coñecer os seus produtos. As presentacións están en www.cesga.es/es/ver_nova/idnoticia/5086/p/806 en formato PDF ou PPT. Concluíu a xorna-da cunha mesa redonda moderada por Jose Iglesias de Iniciador Galicia, cos programadores galegos Alberto Ruibal e Sergio Martínez abordaron as oportu-nidades de negocio e emprendemento.

lación xa dan unha estimación bastante fiable”, e que para eles son moi útiles as aplicacións para teléfonos móbiles.

O presidente da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur), Cesáreo González, explica que hoxe os clientes comproban antes da súa viaxe se nos días que estarán aloxados van ter chuvia “e de feito fan anulacións dun día para outro”, aínda que as predicións que consultan non sem-pre son as máis precisas: “fannos moito dano as cadeas de televisión de Madrid, xa que poñen o símbolo da chuvia en Galicia cando igual só hai chuvia nunha parte da comunidade”, polo que un servizo que achegue información máis detallada como o de MeteoGalicia é crucial. Saber que pasará con chuvia, sol e temperatura son as maiores demandas dos turistas unha vez aloxados, para poder preparar viaxes curtas e actividades como rutas de sendeirismo, visitas á praia ou á montaña, ou se o tempo é chuvioso, a museos ou a outros lugares onde poder estar resgardados.

Mentres, o presidente da Federación Aeronáutica Gallega, Víctor Maiztegui, indica que os deportes aéreos están “moi condicionados” polo tempo, e cada unha das dez especialidades nas que con-ta con practicantes a entidade ten requerimentos específicos. “Nuns casos interesa sobre todo a velocidade e a dirección dos ventos, noutros ten moita importancia saber se se espera chuvia intensa e as temperaturas”. Así, os practicantes das distintas especialidades aéreas acostuman

consultar webs coma a de MeteoGalicia e outras centradas nas súas necesidades.

As empresas que organizan concertos e activi-dades ó aire libre -tamén os concellos- teñen moi presente o tempo. Zósimo López, axudante de coordinación en empresas de organización de eventos, explica que a información máis útil son as predicións de chuvia, nubosidade, tempera-tura e vento. No caso do vento, se é moi forte “pode facer que caia un escenario, ou que se mova ou que rompa”. Por iso, se as previsións son malas pode “que se desprace a actividade de lugar ou que se cancele”, afirma. Outros da-tos clave son os históricos: “ver que tempo fixo varios anos nunha data determinada para plani-ficar un evento futuro”, procurando situalo nunha época na que sexa pouco habitual que chova.

No agro, o espallamento de pragas das viñas coma o mildiu, o oidium e a botrite obriga a que, para obter unha boa colleita, estas deban ser tra-tadas con certa frecuencia con produtos fitosa-nitarios. Mais estes son caros e poden afectar a calidade das uvas, polo que os cultivadores tra-tan de evitalos se poden. Para iso deben saber as condicións meteorolóxicas actuais e predici-óns con días de antelación. Manuel García, do Pazo Galegos de San Pedro de Vilanova (Vedra) conta no seu viñedo cunha estación agromete-orolóxica de MeteoGalicia, que lle facilita datos clave. “É moi cómodo -asegura-, porque nos permite contrastar información coas nosas pro-pias observacións, e así vemos se hai risco de

infección a partir da humidade e das tempera-turas rexistradas. E non habendo riscos, se ve-mos que a humidade é baixa e a temperatura é adecuada, reduces o número de tratamentos”. Menos produtos químicos significa “un viño de maior calidade e máis san”.

Navegar a vela, recoller percebes ou tomar o sol na praia teñen unha cousa en común: son actividades que dependen moito do tempo nun punto da costa e nun momento determinados. Modelos de presión, visibilidade, datos sobre as mareas, as ondas as correntes mariñas ou as temperaturas no aire e na auga, entre outros, serven para programar as actividades náuticas, di Juan Hermida, coordinador de vela do Club Náutico de Sanxenxo, e moita desta información xa pode obterse coas apps de MeteoSIX ou na web de MeteoGalicia -onde se publica unha pre-dición específica para os pescadores de cada confraría-. As persoas que van á praia contan con datos na aplicación MeteoSIX Mobile e nou-tras gratuítas que amosan os mesmos datos do servizo meteorolóxico galego pero que os com-binan con outros coma a existencia de bandeiras azuis ou os servizos que oferta cada areal.

As predicións que achega MeteoGalicia son ela-boradas con modelos que calculan os prognós-ticos empregando cantidades enormes de datos procedentes de diferentes fontes, e procesalos nun prazo curto require da capacidade de cálcu-lo do FinisTerrae, o ‘cerebro’ do Centro de Super-computación de Galicia.

Page 6: DIXITOS DICIEMBRE 2012

6 díxitos xullo 2012

As novas ferramentas de cálculo ou análise para enxeñería, ou para o apoio no diagnóstico e para o tratamento personalizado das en-fermidades, necesitan dunha ampla capacidade de cálculo que non sempre está dispoñible nos hospitais ou nas empresas que as nece-sitan. Frecuentemente, estas ferramentas ofrécense como servizos externos e necesitan dun software e unha infraestrutura fiable que dea resposta ás expectativas dos profesionais que as usan como enxeñeiros, médicos ou físicos.

O modelo dominante destas solucións está baseado no paradigma de Software-as-a-Service (SaaS ou Software como Servizo), onde o cliente pode demandar a execución de aplicacións utilizando un in-terface simple e intuitivo. Este permite que os usuarios se concentren na definición do problema que queren resolver, ocultando a comple-xidade da infraestrutura de cómputo. Cada solicitude pode requirir moitas horas de CPU dun cluster dedicado. Co incremento continuo do número de clientes e coa complexidade destas novas ferramen-tas, a infraestrutura dun único proveedor podería non ser suficiente para cubrir a demanda e achegar a solución nun tempo razoable. Nesta contorna, o CESGA dentro do proxecto BonFIRE desenvolveu un modelo de cluster virtual que se desprega nunha infraestrutura federada para cada unha das peticións dos usuarios, evitando os tempos de espera e mellorando a calidade do servizo.

Clusters virtuais tolerantes a erros en Clouds federados O CESGA deseñou unha Arquitectura de Cluster Virtual que se adap-ta por si mesma á calidade do servizo requirida. O Cluster Virtual componse de dous nodos principais (master e shadow) e un con-xunto de nodos de cálculo.

Os dous primeiros controlan a execución das aplicacións, serven a través de NFS un sistema de ficheiros compartido e replicado e mo-nitorizan a eficiencia das aplicacións a fin de tomar decisións sobre a elasticidade (incremento ou decremento de nodos) do cluster. Os nodos de cálculo simplemente executan a aplicación desexada.

Esta arquitectura permite tres configuracións diferentes que se deci-den no momento do despregamento de forma automática:

Single-site Virtual Cluster: Este é o caso máis simple. O Clúster desprégase nunha soa localización e inclúe só o master e os nodos de cálculo.

Distributed Virtual Cluster: Do mesmo xeito que no caso anterior, só se desprega o master máis nodos de cálculo. Pero estes últimos distribúense entre dúas localizacións diferentes (na figura denomina-dos como site1 e site 2).

Figura1: Proposta de Arquitectura de Cluster Virtual. Cada nodo (master, shadow e node) é unha máquina virtual que se autoconfigura en función de como se realice o despregamento. Os nodos master e shadow comparten un espazo de almacenamento replicado

Bonfire clusters tolerantes a erros en clouds federadOs

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

decembro 2012

Page 7: DIXITOS DICIEMBRE 2012

O PROCEDEMENTO ASEGURA A CALIDADE DO SERVIZO

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

decembro 2012 díxitos 7

Demostramos a viabilidade da solución sobre clusters virtuais nO cloud federadO de Bonfire

Fault Tolerant Virtual Cluster: O despregamento é completo neste caso. O master e o shadow despréganse cada un deles nun sitio diferente, mentres que os nodos de cálculo se distribúen equitativa-mente entre ambas localizacións físicas. Neste caso, o disco com-partido replícase automaticamente, configurado en dual-primary, é dicir, que se pode escribir en ambas localizacións simultaneamente. Así, cada nodo de cálculo monta o sistema de ficheiros exportado polo servidor despregado na súa mesma localización física. Nesta configuración, se non funciona unha das localizacións, o cluster pó-dese recuperar desa situación sen perda de información e, aplicando regras de elasticidade, incrementar o número de nodos de cálculo para garantir a resposta para o usuario final a tempo.

Un compoñente fundamental da Arquitectura é a monitorización da eficiencia da aplicación a executar. Esta monitorización obtén infor-mación sobre como se está executando a aplicación, xa que nas infraestructuras Cloud non sempre se obtén o mesmo rendemento, debido a que se comparten os recursos con outros usuarios, ou á utilización dun hardware diferente en cada despregamento (diferente modelo de CPU, memoria RAM, etc.). Para aplicacións que se com-poñen de moitas tarefas semellantes (como execucións Monte Carlo do mesmo problema), se o rendemento global é inferior ó esperado, o sistema de monitorización incrementa o número de nodos de cál-culo e engádeos ó Cluster Virtual de forma automática, subindo o número de tarefas que se poden executar simultáneamente.

Resultados en BonFIRE

Para probar esta arquitectura nunha contorna Cloud distribuída e fe-derada, o CESGA utilizou a infraestrutura de experimentación BonFI-RE. As probas realizadas demostraron que a aplicación de proba non se viu afectada na súa execución cando se utilizan configuracións distribuídas.

Ademais, simulouse o erro dun sitio Cloud utilizando a configuración tolerante a erros. Para iso, paráronse bruscamente todas as máqui-nas virtuais da localización física onde se despregou o nodo master. Despois duns minutos, o nodo shadow tomou o control do clúster

sen perder os resultados previos grazas á replicación do disco com-partido.

O sistema de monitorización detectou tamén o erro, recomputando o número de nodos de cálculo que se necesitaban para terminar o pro-ceso de simulación en marcha a tempo, e despregándoos na infra-estructura IaaS ata obter o rendemento global necesario. O proceso pódese visualizar na figura. A liña vermella representa o rendemento da aplicación (neste caso, o número de historias por segundo nunha simulación Monte Carlo realizada co software BEAMnrc). Cando se forzou o apagado da metade do Cluster Virtual (liña verde) descende bruscamente ese número. Logo duns segundos, a parte do Cluster supervivente medra en tamaño, incrementando o número de nodos de cálculo ata alcanzar un rendemento superior ó necesario (reflec-tido na liña azul).

Para o desenvolvemento e proba desta arquitectura utilizouse a in-fraestrutura federada Cloud do proxecto europeo BonFIRE (Building service testbeds for Future Internet Research and Experimentation). Este proxecto achega recursos virtualizados, almacenamento e rede de comunicacións (con posibilidade de controlar parámetros de rede como a latencia ou o ancho de banda dispoñible) para o desenvolve-mento e experimentación de novas aplicacións, servizos e sistemas.

Fronte a Clouds comerciais, esta plataforma de experimentación engade ferramentas adicionais como a posibilidade de monitorizar tanto a infraestrutura virtual como a física, detalles técnicos sobre as configuracións empregadas, etc. O acceso é tanto a través dunha interface web sinxela onde experimentar novos conceptos como a través dunha API para experimentos máis complexos. Para facilitar a súa utilización, o CESGA desenvolveu un kit de de-mostración que se pode utilizar para aprender a programar experi-mentos a través da API:http://forge.cesga.es/projects/bonfiredemokit

Para máis información sobre o proxecto, visite https://www.cesga.es/es/investigacion/proyectos/Proyecto?id=291

Figura 2: Resultado da emulación dun erro nun dos sitios Cloud. O sistema detecta a caída, reconfigúrase e o sistema de monitorización utiliza a elasticidade para recuperar o rendemento global do Monte Carlo en execución, engadindo máis máquinas virtuais

Acceda á web do proxecto

Acceda ao kit de demostración

Page 8: DIXITOS DICIEMBRE 2012

Na Universidade de Novi Sad está a desenvolverse un método novo de análise estrutural en enxeñería civil. É un método nu-mérico chamado Método de Axustamento Harmónico de Banda Finita (Harmonic-Coupled Finite Strip Method, HCFSM) e mello-ra a velocidade e a precisión dos cálculos.

En enxeñería civil, a análise estrutural emprégase para verificar a aptitude dunha estrutura para o seu uso, a miúdo aforrando probas físicas. Isto faise normalmente utilizando métodos nu-méricos para solucionar as ecuacións diferenciais xeradas por teorías de mecánica como a teoría da elasticidade e resistencia de materiais. Dependen moito da capacidade de procesamento dos computadores.

O Método de Banda Finita (Finite Strip Method, FSM) [1] é unha variante do máis común Método de Elemento Finito (Finite Ele-ment Method, FEM), significativamente máis eficiente en termos de potencia de computación. Conségueo por utilizar discretiza-ción de banda (Figura 1). Por tanto, é utilizado principalmente para deseño de pontes e de estruturas altas, así como no de-seño de elementos de construción como vigas de aceiro.

A eficacia do FSM é debida en parte á ortogonalidade da base exponencial complexa: o sistema lineal que resulta da formula-ción débil é descomposto en varios sistemas máis pequenos, cada un dos cales pode ser solucionado independentemente. Aínda así, nalgúns casos tal aproximación non é suficientemen-te precisa, por exemplo cando a estrutura experimenta unha grande deformación como o pandeo. HCFSM

Unha versión nova de FSM, chamada Método de Axustamento Harmónico de Banda Finita (Harmonic-Coupled Finite Strip Me-thod, HCFSM), está a ser desenvolvida na Universidade de Novi Sad, Serbia, polo profesor Milašinovic. Con todo, este método

novo aumenta a complexidade computacional, o cal pode sig-nificar un tempo de cálculo máis longo. Para aceleralo, poden ser utilizadas varias técnicas de paralelización.

Para os propósitos de investigación, unha aplicación prototipo foi desenvolvida na Facultade de Ciencias Técnicas da Univer-sidade de Novi Sad. A aplicación foi paralelizada utilizando MPI e OpenMP e o seu rendemento foi analizado a fondo nun nú-mero pequeno de nodos de computación [3] [4].

Varias probas adicionais están a ser feitas no CESGA: - Tests de escalabilidade do HCFSM están a ser realizados nun gran número de procesadores. - Está a ser comparada a execución do programa en procesa-dores diferentes (Itanium en FinisTerrae e x86 nas máquinas do Supercomputador Virtual Galego, SVG). - Os límites computacionais do algoritmo están a ser explora-dos con varridos de parámetro. Esta investigación deseñouse para levar a un uso comercial do método HCFSM en aplicacións de enxeñería civil.

Referencias

1. Cheung YK, Tham LG. Finite strip method. ISBN 0849374308; CRC Press LLC,

1997.

2. Milašinovic DD. The Finite Strip Method in Computational Mechanics. ISBN

8680297194; Subotica, Budapest, Belgrade; 1997.

3. Rakic PS, Milašinovic DD, Zivanov Z, Suvajdzin Z, Nikolic M. Hajdukovic M.; MPI-

CUDA parallelization of a finite-strip program for geometric nonlinear analysis: A hybrid

approach; Advances in Engineering Software 2011;42(5):273-285: doi:10.1016/j.

advengsoft.2010.10.008

4. Hajdukovic M., Milašinovic D.D., Nikolic M., Rakic P.S., Zivanov Z., Stricevic L.;

Scope of MPI/OpenMP/CUDA parallelization of harmonic coupled finite strip method

applied on large displacement stability analysis of prismatic shell structures; ComSIS

2012;9(2):741-761: doi:10.2298/CSIS110822011H

UN NOVO MÉTODO DE ANÁLISE ESTRUTURAL EN ENXEÑERÍA

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

8 díxitos decembro 2012

CALCULANDO BANDASLazar Stricevic, profesor na facultade de Ciencias Técnicas de Novi Sad

Á esquerda, foto da ponte Akashi en Kobe, tomada en decembro do 2005 por Kim Rötzel desde un avión (Wikipedia). O mé-todo FSM fai posible pontes coma esta

Á dereita, gráfico que amosa a discret-ización FSM fronte á discretización FEM

Page 9: DIXITOS DICIEMBRE 2012

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

decembro 2012 díxitos 9

Facilitarlles ás rapazas europeas que cursan secundaria o coñe-cemento, as habilidades e os valores para crear futuras oportu-nidades de innovación e de creación de emprego de calidade relacionado co uso das tecnoloxías, é a meta do proxecto eu-ropeo ICT-Go-Girls! que lidera o Centro de Supercomputación de Galicia.

Os días 12 e 13 de novembro celebrouse en Santiago a reunión de inicio deste proxecto que lidera o CESGA e no que se desen-volverá unha metodoloxía de aprendizaxe, as probas e a avalia-ción dun programa piloto, para mellorar as habilidades empren-dedoras das mozas que estudan educación secundaria a través das tecnoloxías da información e as comunicacións. A aplicación práctica correrá a cargo da Universidade de Santiago de Com-postela (USC), Die Berater (Austria), Spoleczna Akademia Nauk (Polonia), Instituto Fraunhoffer IAO-Stuttgart Uni (Alemaña), CVO Antwerpen-Zuid (Bélxica) e Donau-Universitat Krems (Austria).

A primeira fase do proxecto consiste en analizar outras iniciativas postas en marcha con anterioridade en Europa e fóra de Europa e orientar así ICT-Go-Girls! na dirección máis axeitada. A con-tinuación definiranse metodoloxía, ferramentas e recursos para levar o proxecto a dous centros educativos de secundaria en cada país, facendo uso da experiencia das entidades participan-tes nos eidos tecnolóxico, de negocios e educativo, para aplicar finalmente o programa piloto. O esforzo completarase creando, seleccionando e adaptando contidos educativos e de entrete-mento, que lles faciliten ás rapazas de secundaria a motivación

de achegarse ás TIC e, a través delas, acadar o obxectivo de promover a cultura emprendedora entre as mulleres. O proxecto construirase arredor de recursos e ferramentas de código aberto e accesible libremente, coma as destinadas á creación de e-portfolios, simuladores de xogos, actividades educativas e de entretemento virtuais, deseño dixital, creación de redes sociais entre as propias rapazas participantes, construción de contornos en 3D, escaparates virtuais de compañías, concursos e xogos entre os centros de ensino participantes, entre outros puntos.

Haberá ademais entrevistas en vídeo a mulleres de negocios em-prendedoras, actividades de titorización por mentoras, e mesmo unha rede social que servirá de marco de comunicación para as experiencias piloto entre os centros de ensino secundario partici-pantes e para integrar recursos, ferramentas e propostas.

O programa piloto probarase en dez institutos de secundaria dos países participantes, e unha vez que a metodoloxía e os recursos a usar sexan implementados, farase un esforzo para desenvolver un plan de explotación e tratar de manter en marcha a iniciativa, unha vez que remate o proxecto de investigación. En Galicia estes centros pilotos serán o CPI O Cruce, en Cerceda e o IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela. Unha vez probadas a plataforma e as ferramentas que se empregarán no proxecto, o CESGA transferiralle o coñecemento técnico e o software empregado a este consorcio de participantes, tal como xa fixo en proxectos similares anteriores, que culminaron con re-sultados exitosos.

ICT-GO-GIRLS! rapazas e emprendemento tic

Usar unha metodoloxía innovadora de e-learning, que incorpore as tecnoloxías móbiles para mellorar a formación de xoves estudan-tes e traballadores no eido rural, é o eixo do proxecto europeo MOVE IT (Mobilising Opportunities in Vocational Education with Innovative Technologies), que ten como destinatarios mo-zas e mozos de entre 16 e 24 anos. A plataforma tecnolóxica será deseñada desde o Centro de Supercomputación de Galicia, que ten case dúas décadas de experiencia no eido da teleformación.

O CESGA formará o profesorado do centro líder do proxecto, o Myerscough College (Reino Unido), así como o do Innovatie Prakti-jk Centrum Groene Ruimte BV (Holanda), Rural Institute of Central Ostrobothnia (Finlandia) e Asociatia pentru Educatie Permanenta (Romanía), para que aproveiten do mellor xeito posible a tecnoloxía.Este proxecto segue unha liña de investigación comezada no CESGA en 1998, sobre a aplicación das novas tecnoloxías para a mellora do ensino e a colaboración no eido rural, tanto na edu-cación formal -proxectos A Ponte (1999), proxecto Escola Rural e Educación na Nube (2010), Rede de Escolas na Nube (2012)-

como de formación para traballadores (Proxecto Metafor, 2001). No proxecto MoveIT, o CESGA participa como institución transferi-dora de tecnoloxía, debido á súa exitosa experiencia e achega de solucións de e-learning noutros proxectos europeos, coma o YES (Youth Employment Support, Apoio ó Emprego Xuvenil). O CESGA transferirá despois a tecnoloxía e as ferramentas tecnolóxicas axei-tadas para que a plataforma poida ser empregada en proxectos de e-learning desas institucións, mesmo despois de setembro de 2014, cando rematará o proxecto.

Doce representantes das distintas institucións involucradas en MOVE IT reuníronse en Santiago de Compostela os días 30 e 31 de outubro -na imaxe sobre estas liñas-, para comezar coa distri-bución de tarefas do proxecto e lanzalo así oficialmente. Durante dous anos analizarán como crear contido de calidade para o alum-nado que acceda a distintos cursos a través da teleformación, e buscarán os mellores xeitos de facilitar apoio do profesorado e a colaboración de estudantes entre si, para que o feito de que o ensino non sexa presencial non supoña ningún problema.

move it, aprendizaxe mobil no rural

Page 10: DIXITOS DICIEMBRE 2012

10 díxitos xullo 2012

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

O Centro de Supercomputación de Gali-cia, en colaboración co centro tecnolóxico galego AIMEN e cos portugueses CATIM e AIMMAP, abriu para as pequenas e medianas empresas de Galicia e o Norte de Portugal, a plataforma de computación científico-técnica de alta capacidade CloudPYME. Baseada en tecnoloxías de última xeración, está para sa-tisfacer as necesidades computacionais das firmas da Eurorrexión á hora de desenvolver os seus produtos.

A simulación numérica é unha ferramenta fundamental para a competitividade de moi-tas empresas, facilitando a xeración de no-vos produtos robustos e con gran calidade e reducindo os custos do seu desenvolvemen-to. Habitualmente, a empresa que xa utiliza a simulación, emprega a súa propia infraes-tructura informática, bloqueando a mesma para outras tarefas necesarias ou limitando o número de ensaios. A nova plataforma eli-mina estes inconvenientes, abrindo tamén a

posibilidade de utilizar simulación numérica a aquelas empresas que aínda non a utilizan nos seus procesos de innovación, incremen-tando a súa competitividade.

Probas sen custo

O proxecto dá a oportunidade de probar a plataforma de forma sinxela, por un tempo limitado, e sen ningún custo pola súa utili-zación. A plataforma permítelles ás empresas conectarse á infraestrutura tecnolóxica insta-lada no CESGA e ensaiar cos seus proto-tipos virtuais baixo demanda á medida das súas necesidades, de forma segura e fiable. Ofrece o acceso a software de código aberto para deseño e enxeñería asistidos por com-putador (CAD e CAE), que se adapta ás ne-cesidades das empresas que desenvolven novos produtos.

Con todo, permite a instalación doutro sof-tware de cálculo ou análise de datos que as

firmas necesiten para innovar. Xa pode solici-tarse o acceso a través de www.cloudpyme.eu.

CloudPYME ten o respaldo dunha infraes-trutura de computación estable, formada por máis de 1.200 procesadores e 31.000 GB de espazo en disco, de tal forma que a empresa usuaria poida facer aqueles en-saios virtuais que considere necesarios sen limitarse por falta de capacidade. O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), den-tro do Programa Operativo de Coope-ración Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP). Proxecto 0448_CLOUDPYME_1_E

A PLATAFORMA AXUDARALLES ÁS PEMES A SER COMPETITIVAS NUN MERCADO GLOBAL

decembro 2012

Empresas de Galicia e Portugal accederán a ‘clouds’ de supercomputación

Page 11: DIXITOS DICIEMBRE 2012

xullo 2012 díxitos 11

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

decembro 2012

A firma galega Texas Controls, implantada na Coruña desde 1995, é unha das que pro-barán a fondo a plataforma CloudPYME para aprender como aplicar as capacidades de supercomputación nas súas tarefas cotiás.O director de operacións en Texas Controls na Coruña, Germán Rodríguez, explica que “imos aproveitar esta oportunidade para en-tender e profundizar en problemas do día a día que se presentan con certos materiais e en aplicacións críticas, o que non poderia-mos facer se non fixeramos cálculo e simu-lación”.

Como exemplo concreto, Rodríguez cita o estudo das dificultades que aparecen can-do se utiliza un determinado tipo de unións bridadas nalgunhas instalacións industriais críticas coma os Hidrocracker de moitas re-finarías “e non se respectan as condicións preestablecidas ou previas de cargas sobre os materiais, pois o código de construción non recolle todas as posibilidades que po-den presentarse en casos coma este, xa que simplifica o comportamento dos materiais, e non permite, cando os materiais son levados ó seu límite, predicir erros baixo condicións non previstas nestes”.

A firma vai promover a formación do seu per-soal no uso deste tipo de ferramentas “para xustificar as decisións que tomamos á hora desenvolver o noso traballo de enxeñería, o porqué deses cálculos, e poder predicir o que pode pasar a partir de experiencias pa-

sadas, o cal é moi importante para nós”. En definitiva, explica Germán Rodríguez, trátase de “entender o fondo do problema e elevalo a un nivel científico, a un nivel superior, para logo ofertarlles estes cálculos ás empresas coas que traballamos, principalmente no sector enerxético e petroquímico”.

O directivo recoñece que para unha PEME “o día a día manda e resulta moi complicado investigar, pero para nós é moi importante poder utilizar ferramentas moi potentes de cálculo e poder ter acceso a elas co soporte técnico de AIMEN e de CESGA, e teremos que experimentar con estes procesos ata que os interioricemos e os dominemos, de forma que o que agora nos pode levar unha semana ou dúas o fagamos en dous días”.

Para Rodríguez, a participación de Texas Controls en CloudPYME ten unha vantaxe adicional, o uso de software de código aber-to, pois “o uso do software comercial enca-recería de máis estes cálculos”.

A FIRMA GALEGA FOI UNHA DAS PRIMEIRAS DO MUNDO EN FABRICAR EQUIPOS PARA A PROSPECCIÓN DO POTENCIAL EÓLICO DUNHA ZONA

Desde a súa fundación no ano 1995, a in-novadora empresa coruñesa dedícase a prestarlle servizos á industria desde as súas distintas divisións de instrumentación, aper-tado e selado e prospección eólica. Texas Controls pódese considerar hoxe en día a única enxeñería de apertado e selado do noso mercado.

Nese ámbito, a empresa ofrece solucións a medida para a resolución de problemas na consecución de unións mecánicas e de pro-ceso seguras e íntegras, ofrecendo “todo o necesario para que o sistema de producci-ón dos nosos clientes ou proxectos non se deteñan”.

Desde cálculos, deseño ou desenvolvemen-to de produtos de alta tecnoloxía, “a actitude de continuo desenvolvemento e melloras dos produtos e servizos, unida a unha atención especial ás necesidades dos mercados lo-cais, asegura o liderato da empresa no futu-ro”, indica Rodríguez.

A firma galega foi unha das primeiras do mun-do en fabricar equipos para a prospe cción do potencial eólico dunha zona, e resume a clave do seu éxito nesta filosofía: “Desenvol-ver os mellores e máis completos equipos para a prospección eólica”, pois pola súa ex-periencia as necesidades da industria actual só poden ser satisfeitas por fabricantes que estean preparados para investir en investiga-ción e desenvolvemento.

Germán Rodríguez: “Para nós CLOUDPYME é unha oportunidade para entender problemas complexos

que hai que abordar con simulacións”

TEXAS CONTROLS

Germán Rodríguez, director de operacións en Texas Controls, firma asentada na Coru-ña que participará nas probas do proxecto CloudPYME

Page 12: DIXITOS DICIEMBRE 2012

12 díxitos xullo 2012

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

O director de AYS considera que “ás pemes cústalles moito máis, e a solu-ción, o vehículo para chegar á capa-citación e a capacidade de decisión, pasa pola formación”. Neste sentido, estima que “é necesaria unha forma-ción mínima para saber cando e por que hai que aplicar unha ferramenta de software, é imprescindible para que achandemos o camiño, para que se saiba polo menos cando, a quen e como contratar os servizos”. En definitiva, sinala o directivo, “é importante traballar con xente expe-rimentada, e sabemos que a fórmula de formación funciona, aplicándoa tanto con xente das empresas como a recentemente licenciados ou diploma-dos, pois durante os cursos regulados de universidade con tantas disciplinas é imposible profundar en temas con-cretos”.

A formación de persoas acabadas de licenciar é clave “porque cando se incorporan ás empresas levan no-vas ideas e novas formas de facer as cousas, a formación e o coñecemento básico abre perspectivas de negocio, de como melloralo”.

Usar ferramentas de análises e simu-lación é hoxe, indica Martínez, algo tan básico como usar computadores “se as empresas non queren quedar estancadas, para achegarlles valor ós seus produtos ou ós produtos que fa-briquen para terceiros”.

O SOFTWARE DE ANÁLISE E SIMULACIÓN FACILITA QUE AS PEMES POIDAN SER MÁIS COMPETITIVAS

JOSÉ JULIÁN MARTÍNEZ, DIRECTOR DE AYS “a capacidade de decisión no ámbito da tecnoloxía pasa pola formación”Introducir ferramentas moi potentes de software para análises e simulación nas empresas españolas é aínda hoxe en día unha tarefa difícil, en opinión do director de Análisis y Simulación (AYS), José Julián Martínez. A firma, líder en implantación en España de tecnoloxías de simulación, acumula “unha grande experiencia á hora de implantar e transmitir coñecementos ás empresas”, e os seus profesionais atópanse a miúdo con que “non hai tradición, non hai cultura de utilización desas ferramentas, e é difícil introducila porque o software, a tecnoloxía, son algo intanxible”, apunta Martínez.

A tecnoloxía de Simulación por Ele-mentos Finitos permítelles ás empre-sas e ás persoas “incrementar nota-blemente o valor nos seus produtos, procesos ou servizos, sendo así com-petitivos no mercado”. A frase, que procede do convenio entre o Centro de Supercomputación de Galicia e a firma de Vitoria-Gasteiz Análisis y Si-mulación, ilustra claramente a finalida-de deste acordo: difundir esta tecno-loxía para o seu uso polas empresas galegas, achegando a formación ne-cesaria para o seu persoal actual e para estudantes que no futuro poidan traballar nos sectores nos que operan.

Para cumprir o obxectivo, as activida-des de formación que desenvolverán conxuntamente CESGA e AYS desen-volveranse tanto no ámbito académico coma no empresarial, e porase espe-cial interese en que poidan acceder a ela non só grandes empresas, senón tamén as firmas pequenas e media-nas. Con esa idea, o CESGA porá persoal para a organización e xestión

decembro 2012

das actividades de formación, soporte e divulgación, así como infraestrutu-ras de cómputo para a utilización das aplicacións achegadas por AYS para beneficio das persoas que participen nos eventos formativos.

AYS dedícase principalmente a de-señar e executar proxectos de I+D+i, de enxeñería e servizos de cálculo por Elementos Finitos, así como á compraventa e comercio de produ-tos de software de enxeñería asistida por computador (CAE), e en particu-lar é distribuidor de valor engadido de Autodesk, S.A., MSC Software, ESI, Craddle, e Siemens, firmas clave neste sector. Á súa vez, AYS dispón dun departamento de Formación que ademais de impartir cursos das apli-cacións a persoas que xa as empre-gan habitualmente, organiza cursos de capacitación e mais de transmisión de coñecemento e tecnoloxía a persoas que acaban de licenciarse nas disci-plinas de enxeñería, matemáticas e física.

Grazas a este convenio, AYS con-siderará o CESGA como o seu cen-tro de coordinación e referencia para gran parte das actividades formativas programadas pola firma no territorio galego e dentro da actividade de Si-mulación Numérica permitiralle utilizar as aplicacións e licenzas necesarias e pertinentes en cada caso, xunto con manuais ou material didáctico referen-tes a esas aplicacións ou tecnoloxías. Igualmente será posible estender eses servizos a outras comunidades como Castela e León ou Estremadura e ata o Norte de Portugal.

A oferta formativa contempla, entre ou-tras posibilidades, a realización de ac-tividades que resulten de interese para persoas que tomen parte en cursos académicos de licenciatura ou grao en enxeñería naval, industrial, de deseño e fabricación, ou cursos de posgrao en enxeñería, contando para iso coa colaboración das tres universidades galegas.

FORMACIÓN ESPECIALIZADA EN GALICIA

José Julián Martínez, director de Análisis y Simulación (AYS)

Page 13: DIXITOS DICIEMBRE 2012

xullo 2012 díxitos 13

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

datos de POSICIONAMENTO GNSS para a comunidade científica

A empresa Cartogalicia deseñou GALNET como unha rede complementaria do Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS), que cobre todo o territorio galego, “dando resposta a unha crecente demanda en servizos de posicionamiento por sa-télite”, tal como explica na súa web.

Agora, froito dun acordo entre a firma e o Centro de Supercom-putación de Galicia, este achégalle unha maior robustez ó servizo de datos e, como contrapartida, os membros da comunidade científica galega poderán acceder ás observacións dispoñibles grazas a esa rede.

A información obtida axuda a conseguir “unha maior precisión”, explican desde Cartogalicia, a partir das medicións das constela-cións de aparellos que manteñen en órbita os consorcios GPS ou GLONASS, que no seu conxunto constitúen o GNSS. GALNET “convértese así no primeiro servizo en Galicia de posicionamento de alta precisión con receptores con capacidades para procesar os datos das constelaciones GPS, GLONASS e a futura GALILEO”.

Os sistemas globais de navegación por satélite, foron deseñados para achegar por si mesmos datos con precisión da orde de entre dous e tres metros. Coa tecnoloxía existente hoxe, non é posible conseguir unhas medicións máis precisas desde un punto de vis-ta global, pero si no ámbito local: GALNET calcula os erros locais, permitindo corrixir o sinal procedente dos satélites e mellorar a precisión, ata que os erros sexan como máximo de centímetros. A rede dispón de receptores GNSS que constitúen estacións base repartidas por todo o territorio galego, cunha distancia entre

decembro 2012

elas de entre 60 e 70 quilómetros, e que monitorizan os sinais dos satélites dos sistemas GPS e GLONASS. Estes receptores atópanse en posicións coñecidas, de forma que cando se com-para a posición calculada en base á información dos satélites coa posición coñecida previamente, xa se despexan os erros que o sistema de navegación está cometendo en cada instante.

Os datos brutos para corrección diferencial producidos pola rede -tanto en ficheiros para postprocesamento como en tempo real- difundiranse a membros da comunidade científica en Galicia, e poderán ser incorporados para a execución de proxectos de in-vestigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i).

O marco de referencia usado é xeodésico en ETRS89, que como referencia oficial substitúe ou complementa as tradicionais redes xeodésicas. Para a difusión dos datos utilízase exclusivamente In-ternet, e poderase acceder a eles desde un computador de sobre-mesa ou cando se trate de medicións de campo, mediante teléfo-nos móbiles ou con dispositivos que operen con enlaces de radio.

A sinatura do acordo de colaboración entre o CESGA e Carto-galicia resolve unha carencia que sufría o colectivo científico de Galicia, pois esta comunidade, xunto con Castela A Mancha e Canarias, compoñía o grupo de autonomías que non dispoñía dunha rede deste tipo de titularidade pública.

Para maior información sobre a rede GALNET:http://www.cartogalicia.com

Mapa coa cobertura das antenas da rede GALNET e dous dos dis-positivos situados na costa galega pola firma Cartogalicia

Page 14: DIXITOS DICIEMBRE 2012

CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

14 díxitos decembro 2012

As infraestruturas de comunicacións científicas e tecnolóxicas en Galicia e o proxecto CloudPYME foron os eixes dos dous relatorios presentados polo CESGA na European Information Society Conference 2012 (EISCO 2012), que tivo lugar en Guimarães (Portugal) os días 12, 13 e 14 de novembro. Este foro está promovido pola Comisión Europea e o Centro de Supercomputación de Galicia participou convidado pola longa colaboración neste eido na súa historia. O director, Javier García Tobío, presentou nun relatorio “as importantes infraestruturas de I+D+i dispoñi-bles no CESGA, con especial mención á rede de comunicacións RECETGA, que se conecta directamente á rede portuguesa de investigación” e salientou, así mesmo, “a importancia do uso da simulación/ modelización na industria para a mellora da competitividade”. García Tobío tamén participou nunha mesa redonda sobre o uso das TIC aplicadas á mellora da competitividade das rexións europeas.

Na conferencia tamén participou o técnico de innovación Cesar Veiga, facendo unha presentación de CloudPYME, un proxecto europeo que “pretende levar a innovación ás pequenas e medianas empresas”. Tal como explica Veiga, para que moitas pemes poidan realizar actividades de investigación e desenvolvemento, “a solución é a nube”, pero aínda hai moito descoñecemento das vantaxes e desvantaxes da tecnoloxía cloud. “As persoas asistentes á conferencia interesáronse sobre todo polos aspectos prácticos e legais da cloud coma a confidencialidade, as posibili-dades comerciais ou os elementos máis técnicos”.

PRESENZA NO EISCO DE GUIMARÃES (PORTUGAL)

Novas do

CLUSTERS VIRTUAIS TOLERANTES A ERROS EN GANTE (BÉLXICA)

O CESGA estivo presente nas xornadas de Future Internet Research and Experimentation (FIRE) Engineering Workshop celebradas en Gante (Bélxica) este novembro. O coordinador de Aplicacións e Proxectos do CESGA, Andrés Gómez, presentou os resultados das experiencias sobre a creación de Cluster Virtuais Tolerantes a erros que se realizaron na infraestrutura de experimentación en Cloud BonFIRE. O CESGA demostrou como se pode utilizar unha infraestrutura federada e mais a elasticidade da Cloud para garantir a calidade de servizo das aplicacións técnicas e científicas que requiren moitas horas de CPU e a execución de moitas tarefas. Ademais, no mesmo evento, pasou satisfactoriamente a revisión da Comisión Europea da súa participación no proxecto BonFIRE. En setembro asistiu á asemblea do proxecto en Madrid.

VIAXE ÓS DATA CENTERS NA FUNDACIÓN DINTEL DE MADRIDO subdirector do CESGA, Ignacio López, asis-tiu o 21 de novembro en Madrid á xornada Data Centers. Eficiencia, disponibilidade e seguridade, da Fundación Dintel. O evento estaba orien-tado a xestores de grandes centros de datos e participaron representantes das empresas máis importantes do sector como Telefonica, Arsys, Intel, Cisco, Interxion ou Bankinter, así como das administracións. López pronunciou a conferencia inaugural, onde falou do CESGA e das aplicaci-óns científicas dos seus supercomputadores, e explicou a importancia da eficiencia enerxética nos centros de datos. Presentou tamén a relaci-ón de medidas de eficiencia enerxética realizadas no CESGA, e o impacto económico que tiveron.

Virginia Míguez, esquerda, Ignacio López, Jesús Rivero e Alfonso Robles, na xornada da Fundación Dintel

ASISTENCIA DO CESGA A ENCONTROS INTERNACIONAIS

Representantes do Centro de Supercomputación de Galicia asistiron no último semestre a relevantes encontros internacionais no eido da investiga-ción, onde deron a coñecer o traballo que se realiza desde a súa sede compostelá e estableceron contactos para o desenvolvemento de distintos proxectos. Así, houbo representación do CESGA nas reunións da European Grid Infraestructure (EGI) en Praga, Ámsterdam e Karlsruhe; na da European Middleware Initiative (EMI) en Budapest; no congreso Online Educa Berlin -o máis importante de Europa no ámbito do e-learning, con asistencia de máis de 2.000 persoas de 90 países-; na reunión de WikiSkills en Atenas, na de FIRE in Horizon 2020 en Bruxelas e no evento Interreg Larnaca en Chipre. No ámbito español, persoal do Centro estivo presente nas xornadas destinadas a usuarios do servizo MyOcean, nos eventos de JIIDE, IBI-MFC e Infoday ICT-2013, na conferencia de IberGrid e no encontro GGTT e nas Xornadas Técnicas de RedIRIS.

Page 15: DIXITOS DICIEMBRE 2012

Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

decembro 2012 díxitos 15

JULIO CEZAR NEVES CRE NOS DATOS ABERTOSOs datos en aberto que publican as administracións públicas poden converterse nunha fonte de xeración de riqueza, grazas ó seu aproveitamento por empresas e particulares. Así o considera o asesor da Presidencia do Serviço Federal de Processamento de Dados brasileiro, Julio Cezar Neves, quen acompañado de Roberto Brenlla, da firma galega Tegnix, visitou as instalacións do CESGA aproveitando a súa viaxe a Santiago para participar como relator na Libre Software World Conference que se desenvolveu na capital galega os días 18 e 19 de outubro.

Neves salientou, durante o encontro internacional, o enorme valor das comunidades asociadas a proxectos das administracións públicas con datos liberados, e asegurou que “aínda que se trate de proxectos públicos, é imprescindible apoialos en comunidades de desenvolvedores xa existentes ou creadas para esas aplicacións”. Tal como indicou, as persoas que utilizan o software introducen máis innovacións que as propias empresas, pois “unha comunidade de software libre, pola súa forma de funcionar, é o mellor xeito de aproveitar esas innovacións, mellorando e evolucionando o código, xerando ademais riqueza nas empresas de ámbito local, que coñecen o código e o poden aproveitar para os seus produtos, ou para dar servizos en torno a esas aplicacións liberadas”.

O Serviço Federal de Processamento de Dados brasileiro, dependente do Ministerio da Fazenda dese país, é a maior empresa pública de xestión de datos de toda Latinoamérica, de aí a importan-cia que lle concede a un uso amplo do software libre polas súas numerosas vantaxes, entre elas o aforro de custos con respecto do software propietario. Julio Cezar Neves na súa visita á sede do CESGA

AS GRANDES INFRAESTRUTURAS DE I+D+I SON CLAVE PARA EUROPA, AFIRMA DAVID SWEET

As grandes infraestruturas para investigación e innovación, son hoxe en día elemen-tos clave na promoción de colaboracións transfronteirizas estables entre científicos de entes públicos e innovadores de sectores industriais. Esta é a idea coa que traballa a Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, e que transmitiu na súa visita ó CESGA o pasado 10 de xullo o coordinador da mesma, David Swe-et. O representante da DG Regio visitou, por desexo expreso, o Centro de Super-computación de Galicia, no marco da súa viaxe para participar nos II Open Days da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que foron inaugurados polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, e que se desenvolveron baixo o lema “A cooperación transfronteiriza como oportunidade ante a crise” nas cidades de Santiago de Compostela e Guimarães -a esta última asistiu o director do CESGA, Javier García Tobío-. O obxectivo principal do evento foi presentar os proxectos e as actividades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a diversos actores da Unión Europea, para promover a investigación e a innovación, o turismo, a cultura e as industrias creativas, así como as iniciativas incluídas nestes ámbitos para promover o crecemento intelixente, sostible e integrador.

CESGA

CESGA, ENTRE OS PIONEIROS EN PROBAR O INTEL XEON PHI

Supermicro, con sede en San José (California), e Flytech (distribuidor en Es-paña) alcanzaron un acordo co CESGA para que os técnicos do Centro e os seus usuarios nas universidades galegas e no Consello Superior de Investiga-cións Científicas, proben un novo tipo de procesador de múltiples núcleos, o Intel Xeon Phi. O CESGA dispuxo dun dos primeiros prototipos para poder probalo desde antes da súa presentación pública, que foi o 15 de novembro na conferencia Supercomputing 2012 en Salt Lake City (Utah, Estados Unidos). O Intel Xeon Phi ten 60 núcleos de procesamento por tarxeta e presenta consu-mos enerxéticos moi baixos. Cada tarxeta ofrece capacidades superiores a un Teraflops: cunha manchea de tarxetas poderíase construír unha máquina coa capacidade dun supercomputador da década pasada.

David Sweet, esquerda, con Javier García Tobío na visita a CESGA

Page 16: DIXITOS DICIEMBRE 2012