24
Do 1 ao 8 de xuño

Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

Do 1 ao 8 de xuño

Page 2: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 1 -

1. INFORMACIÓN EN MATERIA DE EMPREGO PÚBLICO: CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS

PARA PERSOAL LABORAL POR PROMOCIÓN INTERNA E OUTRAS MATERIAS

2. PROPOSTA (I) DE FUNCIÓN PÚBLICA SOBRE BAREMOS PARA CONCURSOS DE

TRASLADOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

3. A DERRADEIRA PROPOSTA SOBRE A SEGUNDA ACTIVIDADE NO SPDCIF SEGUE A

EXCLUÍR O PERSOAL TEMPORAL

4. FORMACIÓN EGAP: ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA EMPREGADOS PÚBLICOS

5. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA

6. O SÍNDROME DO PROFESIONAL QUEIMADO

7. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDA HABITUAL PARA PERSOAL DA DEPUTACIÓN

8. CSIF ACCIÓN SOCIAL: OFERTAS PARA AFILIADOS

9. CONVENIO AECC-CSIF GALICIA: ESTAR EN FORMA NON CUSTA TANTO

Page 3: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 2 -

1. INFORMACIÓN EN MATERIA DE EMPREGO PÚBLICO: CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS PARA

PERSOAL LABORAL POR PROMOCIÓN INTERNA E OUTRAS MATERIAS

Información en materia de empleo público de la reunión mantenida ayer con la dirección xeral de Función

Pública:

El próximo lunes o martes se remitirán las convocatorias de Oposición de Personal Laboral (7)

para que se efectúen alegaciones y que se corresponden con los procesos de Promoción Interna

de la OPE 2016.

Se pregunta al DXFP sobre el contenido de una disposición de los PPGGEE que excluye de la

condición de Empleado Púbico, entre otros, al personal de Consorcios. DXFP responde que ese

tema ha sido ya modificado a instancias de la Conselleria de Facenda y de la propia Presidencia

de la Xunta.

Igualmente, en referencia a los PPGGEE, desde CSIF se interpela sobre la disposición que introducía

un “termino” para el Cese del personal interino – en concreto 3 años-. DXFP contesta que el artículo

era demasiado indeterminado y que “cree” que ha sido modificado en el sentido de excluir dicho

termino general.

Finalmente el DXFP comunica que la mayoría de tomas de posesión, tanto Acceso Libre como

Promoción Interna, tendrán lugar a lo largo del mes de junio, siendo el A1, el que acumula mayor

retraso.

Preguntado sobre la posibilidad de ofertar niveles, señala que en PI, aquellos aspirantes que reúnan las

condiciones para permanecer en su plaza, así lo harán. A este respecto señala, que la intención es ofertar

tanto Puestos Base como Niveles que hayan quedado vacantes del Concurso. Que no obstante, si las

circunstancias y el número de plazas lo permiten, se intentará que las plazas de elección de destino

se limiten a plazas no ocupadas (ni en comisión, ni por interinos, ni por indefinidos). Que se está

estudiando esta situación.

Finalmente, se proponen reuniones para la próxima semana en temas de Veterinarios y Consorcio

I+B.

Page 4: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 3 -

2. PROPOSTA (I) DE FUNCIÓN PÚBLICA SOBRE BAREMOS PARA CONCURSOS DE TRASLADOS

DE PERSOAL FUNCIONARIO E PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

Primeira proposta de Función Pública de baremos para concursos de traslados de persoal

funcionario e persoal laboral

Tras trasladarnos na propia reunión celebrada o pasado luns (5 de xuño) o documento de traballo sobre

‘Baremo de Concurso para persoal funcionario e laboral’, por parte da DXFP manifestouse e que é un

documento de traballo e moi aberto en canto ás negociacións, sempre que se respecten os seguintes dous

principios:

Legalidade (conformado pola LEPG, Decreto de Provisión e V Convenio).

Simplicidade (tendo en canta as funcionalidades que permita a aplicación e o que informe o Servizo

de Informática da Consellería) co obxectivo de lograr unha redución dos tempos de Resolución.

Destácanse do documento facilitado as novidades máis destacables:

Todos os cursos son computables. As horas poderíanse baixar ata 12.

O límite temporal establécese en 2 anos, dado que se van a celebrar 2 concursos anuais, pero

ábrese a posibilidade de ampliar o devandito prazo.

Suprímense as diferenciacións por curso.

Por parte de CSIF e con carácter previo á vista de que os dous principios negociadores son simplicidade e

legalidade, maniféstase que está moi ben a simplicidade na tramitación, pero a “forma” non pode prevalecer

sobre o “fondo” no sentido de que queden aspectos sen baremar en aras a priorizar os prazos de resolución.

En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación

do Decreto 93/91, de Provisión, por un novo Decreto, nun prazo suponse que breve, reflexiónase sobre a

posibilidade de basear este documento nas previsións que conteña a nova norma regulamentaria, en lugar

de basearse (Grao Persoal, Titulacións..), nunha Norma con máis de 25 anos de vixencia e destinada a ser

derrogada este ano.

O DXFP responde que o contido do novo Decreto será moi pouco “intervencionista” deixando moi aberta a

posibilidade de negociar as Bases dos Concursos.

CONCURSOS DE TRASLADOS

DOCUMENTO DE TRABALLO SOBRE UNHA PROPOSTA DE BAREMO PARA PERSOAL FUNCIONARIO E

PERSOAL LABORAL

OBXECTIVOS

Simplificar os trámites e procesos propios da xestión dos concursos.

Reducir tempos de resolución.

Adxudicación de prazas máis xusta agrupando nun único proceso de asignación de postos as fases inicial

e de resultas.

Diminuír o número de reclamacións.

Potenciar a automatización dos procesos de cálculo.

Facilitar a emisión de certificados de experiencia.

Page 5: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 4 -

PERSOAL FUNCIONARIO

PROPOSTA DE BAREMO ADMINISTRACIÓN XERAL PARA POSTOS NON ADSCRITOS A ESCALAS

1. Antigüidade (servizos prestados nas Administracións públicas):

Por cada ano de servizos ou fracción superior a 6 meses como funcionario/a: 0,15 puntos.

A puntuación máxima da base XXX.1 será de 5 puntos.

Para estes efectos computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido

na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

2. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:

2.1 Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de experiencia que se especifique adquirida coa condición de funcionario/a en postos de traballo pertencentes á mesma área funcional ca do posto solicitado: 0,25 puntos.

2.2 Por estar en posesión da titulación académica que especificamente se mencione na RPT para o posto de traballo: 1 punto. No caso de que se mencione máis dunha titulación só se valorará unha.

2.3 Por estar en posesión do nivel de coñecementos da lingua estranxeira que se especifique para o posto de traballo, acreditado segundo o Marco Europeo Común de Referencia para as linguas (MECR): 1 punto. No caso de que se mencione máis dun idioma só se valorará un.

2.4 Por estar en posesión do permiso de conducir valorable para o desempeño do posto de traballo: 0,75 puntos.

Para o suposto de coñecementos de idiomas acreditados por medio de títulos expedidos por centros oficiais ou

homologados as equivalencias deberán ser aportadas polas persoas interesadas para os efectos de que este apartado sexa obxecto de valoración.

A puntuación máxima da base XXX.2 será de 3,5 puntos.

3. Grao persoal.

Polo nivel 10 de grao consolidado e formalizado recoñecido: 1 punto.

Por cada unidade de nivel que exceda de 10: 0,15 puntos

A puntuación máxima da base XXX.3 será de 4 puntos.

No suposto en que os/as funcionarios/as non teñan recoñecido ningún grao persoal ou este sexa inferior a 10 computarase, para os efectos de puntuación nesta epígrafe, o nivel mínimo correspondente ao intervalo de niveis do grupo ao que pertenza o funcionario.

4. Traballo desenvolvido, tempo transcorrido dende o último posto de traballo obtido con carácter definitivo e medidas de conciliación laboral e igualdade de xénero.

4.1. Traballo desenvolvido.

4.1.1. Só se computará o traballo desenvolvido coa condición de funcionario/a nos distintos grupos.

4.1.2. A determinación da puntuación realizarase a partir do cálculo do nivel de destino medio dos postos de traballo desempeñados como persoal funcionario durante a totalidade dos períodos de traballo desenvolvidos. Para os efectos de determinar o nivel de destino medio a contabilización dos períodos de traballo desempeñado realizarase en días.

Se o nivel medio de destino obtido consecuencia do cálculo tivese un valor decimal superior a 0,5 este redondearase ao alza.

Polo nivel 10 de destino medio: 1 punto.

Por cada unidade de nivel que exceda de 10: 0,10 puntos

Page 6: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 5 -

A puntuación do traballo desenvolvido realizarase atendendo ao posto ou postos de traballo efectivamente desempeñados, computándose, para estes efectos, o traballo desenvolvido na situación de comisión de servizos ou adscrición provisional.

4.2. Tempo transcorrido dende a última adxudicación dun posto con carácter definitivo:

Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de tempo transcorrido dende a última adxudicación dun posto con carácter definitivo do corpo ou escala dende o que participa: 0,15 puntos.

Exclúense da puntuación os dous anos de permanencia obrigatoria se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de concurso, e os dous primeiros anos se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de libre designación.

4.3. Medidas de conciliación e de igualdade de xénero

4.3.1. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o posto de traballo do cónxuxe ou parella de feito sempre que o solicitante non teña destino definitivo nesa mesma localidade. Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa solicitude de participación no concurso nos termos establecidos na base XXX.5

4.3.2. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o centro de estudos en que estea matriculado un/unha ou máis fillos/as menores de doce anos, sempre que o/a solicitante non teña destino definitivo nesa mesma localidade.

Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa solicitude de participación no concurso nos termos establecidos na base XXX.6.

A puntuación das alíneas 4.3.1 e 4.3.2 outorgarase con carácter alternativo e nunca acumulativo.

4.3.3. Outorgaranse 0,01 puntos por mes ou fracción de mes aos/ás funcionarios/as que estean gozando ou gozasen nos cinco anos anteriores ao remate do prazo de presentación de solicitudes unha excedencia para o coidado de fillos/as ou familiares. Esta circunstancia, de ser o/a participante

funcionario/a da Administración da Xunta de Galicia incluído no ámbito de competencias da Dirección

Xeral da Función Pública, apreciarase de oficio.

A puntuación da alínea 4.3.3 non poderá superar os 0,6 puntos

A puntuación máxima da base XXX.4 será de 5,5 puntos.

5. Cursos de formación e perfeccionamento.

Valorarase a asistencia durante os últimos dous anos a cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, escolas oficiais de formación do Estado e das restantes comunidades autónomas,

e cursos impartidos no marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (AFEDAP).

Para cada curso de duración igual ou superior a 20 horas lectivas valoraranse con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1 punto por curso.

Para os efectos de puntuación deste apartado estimaranse como valorables as probas de avaliación de carácter libre organizadas pola EGAP ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.

Non se valorará:

A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares. Os módulos ou partes integrantes dun curso.

A puntuación máxima da base XXX.5. será de 4 puntos.

6. Grao de coñecemento do idioma galego

a) Curso de CELGA 3 ou equivalente: 0,75 puntos.

b) Curso de CELGA 4 ou equivalente: 1,50 puntos.

Page 7: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 6 -

c) Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas ou CELGA 5: 2,25 puntos

d) Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 3 puntos

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lle concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, aos cursos, estudos ou titulacións homologadas polo órgano competente en materia de Política Lingüística.

O coñecemento do idioma galego só será obxecto de valoración nesta epígrafe.

A puntuación máxima da base XXX.6 será de 3 puntos.

7. Polo grupo á que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso outorgaranse os seguintes puntos:

- Subgrupo A1: 5 puntos

- Subgrupo A2: 4 puntos

- Subgrupo C1: 3 puntos

- Subgrupo C2: 2 punto

- Agrupación profesional de persoal subalterno: 1 punto.

8. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo anterior.

Todos os méritos recollidos na base III computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias.

En caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida nas diferentes epígrafes desta base.

De persistir o empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual polo segundo, a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día XXXX (DOG nº XX, do XXXX). En último lugar o empate dirimirase por sorteo entre os implicados.

9. A puntuación mínima para poder adxudicar os postos que se ofertan nesta convocatoria é a que para cada un deles se especifica no anexo I.

Méritos SUG. 1 2 3 4 6 7 8 TOTAL

PUNTOS

PUNTUACIÓNS

MÁXIMAS

A1

5 3,5 4 5,5 4 3

5 30

A2 4 29

C1 3 28

C2 2 27

AP 1 26

PORCENTAXE

DAS

PUNTUACIÓNS

SOBRE O TOTAL

A1 16,67 11,7 13,3 18,33 13,3 10,0 16,7

100%

A2 17,24 12,1 13,8 18,97 13,8 10,3 13,8

C1 17,86 12,5 14,3 19,64 14,3 10,7 10,7

C2 18,52 13,0 14,8 20,37 14,8 11,1 7,41

AP 19,23 13,5 15,4 21,15 15,4 11,5 3,85

Page 8: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 7 -

PERSOAL LABORAL

PROPOSTA DE BAREMO

1. Antigüidade (servizos prestados nas Administracións públicas):

Por cada ano de servizos ou fracción superior a 6 meses como persoal laboral: 0,15 puntos.

A puntuación máxima da base XX.1 será de 5 puntos.

Para estes efectos computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co

establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na

Administración pública.

2. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:

2.1 Por cada ano ou fracción superior a 6 meses da experiencia que se especifique na RPT como

mérito para desempeñar o posto de traballo: 0,20 puntos.

2.2 Por estar en posesión da titulación académica que especificamente se mencione na RPT para o

posto de traballo: 1 punto. No caso de que se mencione máis dunha titulación só se valorará unha.

2.3 Por posuír os coñecementos que se especifiquen, acreditados mediante a asistencia a cursos

durante os últimos 2 anos, por cada curso de duración igual ou superior a 20 horas lectivas

valoraranse con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1 punto por curso.

Para o suposto de coñecementos de idiomas acreditados por medio de títulos expedidos por centros

oficiais ou homologados as equivalencias deberán ser aportadas polas persoas interesadas para os

efectos de que este apartado sexa obxecto de valoración.

De non especificarse o curso en concreto no anexo I, só se terán en conta aqueles cursos organizados e

impartidos directamente polos organismos relacionados na base XX.4

Os coñecementos non se valorarán como mérito cando figuren no anexo I como requisito imprescindible

para acceder ao posto.

A puntuación máxima da base XX.2 será de 3,5 puntos

3. Traballo desenvolvido, tempo transcorrido dende o último posto de traballo obtido con

carácter definitivo e medidas de conciliación laboral e igualdade de xénero.

3.1 Traballo desenvolvido.

3.1.1 Por cada ano de servizos ou fracción superior a 6 meses como persoal laboral en idéntica

categoría profesional: 0,50 puntos.

3.1.2 Por cada ano de servizos ou fracción superior a 6 meses como persoal laboral en distinta

categoría profesional: 0,25 puntos.

A puntuación máxima da base XX.3.1 será de 15 puntos.

3.2 Tempo transcorrido dende a última adxudicación dun posto con carácter definitivo.

Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de tempo transcorrido dende a última adxudicación dun

posto con carácter definitivo no grupo e categoría dende o que participa: 0,20 puntos

Exclúense da puntuación os dous anos de permanencia obrigatoria se o último posto adxudicado con

carácter definitivo se obtivo polo sistema de concurso, e os dous primeiros anos se o último posto

adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de libre designación.

Page 9: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 8 -

A puntuación máxima da base XX.3.2 será de 5 puntos

3.3 Medidas de conciliación e de igualdade de xénero

3.3.1. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o

posto de traballo do cónxuxe ou parella de feito sempre que o solicitante non teña destino

definitivo nesa mesma localidade. Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa

solicitude de participación no concurso nos termos establecidos na base XX.5

3.3.2. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o

centro de estudos en que estea matriculado un/unha ou máis fillos/as menores de doce anos,

sempre que o/a solicitante non teña destino definitivo nesa mesma localidade.

Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa solicitude de participación no concurso

nos termos establecidos na base XX.6.

A puntuación das alíneas 3.3.1 e 3.3.2 outorgarase con carácter alternativo e nunca acumulativo.

3.3.3. Outorgaranse 0,01 puntos por mes ou fracción de mes persoal laboral que estea gozando

ou gozase nos cinco anos anteriores ao remate do prazo de presentación de solicitudes unha

excedencia para o coidado de fillos/as ou familiares. Esta circunstancia de ser o/a participante

persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia incluído no ámbito de competencias da

Dirección Xeral da Función Pública, apreciarase de oficio.

A puntuación da alínea 3.3.3 non poderá superar os 1,1 puntos

A puntuación máxima da base XX.3 será de 21,1 puntos.

4. Cursos de formación e perfeccionamento.

Valorarase a asistencia durante os últimos dous anos a cursos organizados e impartidos directamente

pola Escola Galega de Administración Pública, escolas oficiais de formación do Estado e das restantes

comunidades autónomas, e cursos impartidos no marco do Acordo de Formación para o Emprego das

Administracións Públicas (AFEDAP).

Para cada curso de duración igual ou superior a 20 horas lectivas valoraranse con 0,01 puntos cada hora

de formación, ata un máximo de 1 punto por curso.

Para os efectos de puntuación deste apartado estimaranse como valorables as probas de avaliación de

carácter libre organizadas pola EGAP ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas

previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.

Non se valorará:

A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

Os módulos ou partes integrantes dun curso.

Os cursos valorados na base XX.2. Se non fosen valorados por ter acadada a puntuación

máxima da dita base aumentarán a puntuación da base XX.4 sempre que reunisen os requisitos

ao efecto.

A puntuación máxima da base XX.4. será de 4 puntos.

5. Grao de coñecemento do idioma galego

a) Curso de CELGA 3 ou equivalente: 0,75 puntos.

b) Curso de CELGA 4 ou equivalente: 1,50 puntos.

c) Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe

administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das

escolas oficiais de idiomas ou CELGA 5: 2,25 puntos

Page 10: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 9 -

d) Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe

xurídica galega: 3 puntos

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lle concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, aos cursos,

estudos ou titulacións homologadas polo órgano competente en materia de Política Lingüística.

O coñecemento do idioma galego só será obxecto de valoración nesta epígrafe.

6. Xornada inferior á ordinaria en cómputo anual.

Pola ocupación dun posto a tempo parcial ou fixo descontinuo cando se opte a un posto con xornada

completa doce meses ao ano: 3 puntos

7. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida

de acordo co baremo anterior.

Todos os méritos recollidos na base XX computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación

de instancias.

En caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo

a orde establecida nas diferentes epígrafes desta base.

De persistir o empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual polo segundo,

a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día XXXX (DOG nº XX, do XXXX). En último lugar

o empate dirimirase por sorteo entre os implicados.

Nos concursos de traslados abertos a persoal laboral estes se resolverán mediante a aplicación aos

aspirantes do baremo de méritos e tendo en conta a preferencia ou preferencias establecidas no Convenio

colectivo.

O persoal laboral poderá concursar a todas as categorías do mesmo grupo sempre que o/a interesado/a

posúa a titulación e demais requisitos para poder participar

MÉRITOS ID.

GALEGO 1 2 3 4 5 6 TOTAL

PUNTUACIÓNS

MÁXIMAS

CELGA 1 5 3,50 21,1 4 0,75 3 37,35

CELGA2 5 3,50 21,1 4 1,50 3 38,10

NMLAG 5 3,50 21,1 4 2,25 3 38,85

NSLAG 5 3,50 21,1 4 3,00 3 39,60

PORCENTAXE

DAS

PUNTUACIÓNS

SOBRE O TOTAL

CELGA 1 13,39 9,37 56,5 10,7 2,01 8,03

100% CELGA2 13,12 9,19 55,4 13,1 3,94 7,87

NMLAG 12,87 9,01 54,3 12,9 5,79 7,72

NSLAG 12,63 8,84 53,3 12,6 7,58 7,58

Page 11: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 10 -

3. A DERRADEIRA PROPOSTA SOBRE A SEGUNDA ACTIVIDADE NO SPDCIF SEGUE A EXCLUÍR

O PERSOAL TEMPORAL

O xoves 8 de xuño é o día elixido pola administración para levar á votación do Comité Intercentros a

súa proposta de Acordo para aplicar a segunda actividade no SPDCIF.

Para CSIF, nesta proposta persisten grandes eivas:

NON TERÁ DEREITO A SEGUNDA ACTIVIDADE O PERSOAL INTERINO

Aínda que se lle fixo o “maquillaxe” de quitar o termo “fixo” no ámbito de aplicación, o certo é que tal e

como informou o Director da Función Pública, as posibles solicitudes do persoal temporal serán

denegadas.

Hai que chegar á cláusula Undécima do acordo para ler; “No prazo de seis meses da publicación do presente

acordo a Comisión valorará segundo os informes xurídicos pertinentes a proposta do pase a segunda

actividade, de ser o caso, do persoal laboral” …(se refiren os temporais)

CSIF manifestou nas diferentes reunións que a xurisprudencia determina a aplicación do principio de

igualdade de trato ao persoal temporal ó servizo das administracións públicas. E que neste caso

non existe ningunha razón obxectiva que impida o desfrute da segunda actividade ao interinos do SPDCIF.

USO DE PRAZAS VACANTES

CSIF xa manifestou o seu rexeitamento da pretensión de usar

para a segunda actividade prazas vacantes de RPT das

categorías de emisorista, vixilante e operador. E polos mesmos

motivos rexeitamos que se usen vacantes existentes de outras

categorías, inda que non sexan do SPDCIF. Asemade, neste última

caso, as súas función no serían as reflexadas no acordo.

NON SE INCLUEN OS “APTOS CON RESTRICCIÓNS” OU “NON APTOS”

Dende a CSIF consideramos que o acordo da segunda actividade debe regular ditas situacións. E

habilitarse a cobertura das prazas dos traballadores que no poidan actuar en tarefas de extinción

e establecer o seu pase temporal a unha actividade adaptada as súas condicións.

NON SE GARANTE A COBERTURA DO 100% DAS PRAZAS

A cláusula novena di literalmente; “O Posto deixado vacante polo empregado que pasa a segunda actividade

será obxecto de cobertura regulamentaria consonte o establecido no Convenio Colectivo Único do persoal

laboral da Xunta de Galicia”, o cal non significa que se chame por listas a tantos interinos coma persoal

acollido á segunda actividade.

Por todo elo, para a CSIF o acordo proposto non só non cumpre cós mínimos exixibles a unha norma

que debe regular a aplicación da segunda actividade a TODO o persoal do SPDCIF, se non que

ademais consideramos que vai en contra das recentes sentencias xudiciais dos tribunais europeos

ó discriminar o persoal interino pola súa condición de precariedade.

Acordo segunda actividade e Anexo I Catálogo de funcións

Anexo II. Postos vacantes

Anexo III. Solicitude de segunda actividade

MÁIS: La Xunta quiere impedir el acceso a la segunda actividad a los interinos del SPDCIF

Sin avance en las negociaciones de la segunda actividad en el SPDCIF

Page 12: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 11 -

4. FORMACIÓN EGAP: ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA EMPREGADOS PÚBLICOS

EGAP - DOG, 5 DE XUÑO

Resolución do 29 de maio de 2017 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal

ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas

instrumentais do sector público autonómico.

DESTINATARIOS:

Empregados públicos e as empregadas públicas destinados: Na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de

decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e

do sector público autonómico (…)

PRAZO DE INSCRICIÓN

Ata o 15 de xuño ás 14:00 horas no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula

(Só admitirá un máximo de cinco solicitudes en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa

coincidente)

AREAS FORMATIVAS

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

Unión Europea

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Presidencia da Xunta de Galicia: (Axencia Turismo de Galicia, Axencia para a Modernización

Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Secretaría Xeral para o Deporte)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: (Secretaría

Xeral de Igualdade. Asesoría Xurídica Xeral e Servizo de Prevención de Riscos Laborais)

Consellería de Facenda

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

Consellería de Economía, Emprego e Industria (Economía e Emprego e Industria)

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Educación e Cultura)

Consellería de Política Social

Consellería do Medio Rural

Consellería do Mar

Consellería de Sanidade

EGAP - DOG, 7 DE XUÑO

Resolución do 23 de maio de 2017 pola que se convoca o curso monográfico Responsabilidades

administrativas e penais de autoridades e funcionarios.

DESTINATARIOS

Persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia, estatal, autonómica ou local, persoal ao servizo

da Administración de xustiza, así como da Administración institucional e dos entes instrumentais do sector

público de Galicia, e interesados en xeral.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Ata o 20 de xuño ás 23:00 horas no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula

Page 13: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 12 -

5. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA

Concello Boletín Data Denominación dos

postos Nº

Sistema de

selección Prazo

Amoeiro BOPOU 7-X Auxiliar administrativo 1 Ver bases 5 días hábiles

Arteixo BOPAC 5-X Policía local 2 Oposición 20 días naturais

publ. no BOE

Arzúa DOG 1-X Técnico de normalización

lingüística – A1 1 Oposición 10 días hábiles

Arzúa DOG 1-X Operarios servizos varios 2 Oposición 10 días hábiles

Arzúa DOG 8-X Auxiliar da radio municipal 1 Oposición 10 días hábiles

Baltar BOPOU 5-X Chofer máquina rozadora

Auxiliar axuda no fogar

1

7 Concurso 5 días naturais

Bergondo BOPAC 7-X Socorristas 2 Concurso 5 días hábiles

Os Blancos BOPOU 2-X

Encargado bar piscina

Monitor de tempo libre

Xefe brigada contraincendio

Peón-condutor

Peón brigada

1

2

2

2

6

Ver bases 5 días hábiles

Bola BOPOU 2-X

Xefe brigada contraincendio

Peón-condutor

Peón brigada

1

1

3

Ver bases 5 días hábiles

Brión BOPAC 6-X

Oficial 3ª condutor

Peón de obras

Oficial 3ª albanel

2

5

2

Concurso 5 días naturais

Cabanas BOPAC 6-X Capataz limpeza

Peón limpeza de praias

2

8

Concurso-

oposición 5 días hábiles

Cabanas BOPAC 7-X Técnico de turismo 1 Concurso 5 días hábiles

Calvos de

Randín BOPOU 7-X

Condutor vehículo

Peón forestal

5

12 Concurso 10 días hábiles

Page 14: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 13 -

Auxiliar axuda a domicilio 5

Cangas BOPPO 7-X Director e motinor de tempo

libre Lista Ver bases

Cangas BOPPO 8-X

Socorrista

Patrón embarcacións

Limpador de Praia

25

3

25

Ver bases

A Capela BOPAC 1-X Técnico de turismo 1 Concurso 7 días naturais

Carballiño BOPOU 1-X Auxiliar policía local 4 Oposición 5 días

Castro de Rei BOPLU 2-X Arquitecto 1 Concurso-

oposición 10 días naturais

Cee BOPAC 7-X Capataz brigada incendios 1 Concurso-

oposición 10 días hábiles

Cee BOPAC 7-X Peón condutor

Peón brigada incendios

1

3

Concurso-

oposición 10 días hábiles

Cervo BOPLU 6-X Auxiliar de axuda no fogar Bolsa Ver bases 5 días naturais

Celanova BOPOU 8-X Animador turístico 1 Concurso-

oposición

O Corgo BOPLU 3-X Condutor vehículo

motoboba Bolsa Oposición 5 días hábiles

Cualedro BOPOU 6-X

Xefe de obra

Albanel

Tractorista

Albanel

1

2

1

2

Concurso-

oposición 5 días hábiles

Cuntis BOPPO 8-X Condutor recollida lixo 2 Concurso-

oposición 5 días naturais

Cuntis BOPPO 8-X

Capataz brigada incendios

Condutores motobomba

Peón

1

3

4

Concurso-

oposición 5 días hábiles

Entrimo BOPOU 2-X

Xefe de brigada

Peón condutor

Peón forestal

2

2

6

Concurso 5 días naturais

Page 15: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 14 -

Entrimo BOPOU 8-X Peon servizos varios 2 Concruso 5 días naturais

Friol BOPLU 7-X

Xefe de brigada

Peón condutor

Peóns

Condutor motobomba

1

1

3

3

Concurso-

oposición

6 días naturais

A Gudiña BOPOU 2-X

Xefe brigada contraincendio

Peón-condutor

Peón brigada

1

1

3

Ver bases 5 días hábiles

Irixoa BOPAC 6-X

Xefe brigada incendios

Peón condutor

Peón brigadistas

1

1

3

Ver bases 12 días naturais

Láncara BOPLU 7-X Auxilar de axuda a domicilio 1 Ver bases 10 días naturais

A Laracha BOPAC 2-X Peón limpeza de praias 10 Oposición 5 días hábiles

Laxe BOPAC 5-X Peón limpeza de praias 11 Concurso-

oposición 5 días hábiles

Lobeira BOPOU 6-X Auxiliar de animación socio-

cultural 1 Ver bases 5 días hábiles

Manzaneda BOPOU 8-X Socorrista piscina 1 Ver bases

Marín BOE 3-X

Oficial albanel

Capataz servizo de obras

Mestre xardineiro

Conserxe

1

1

1

1

Concurso-

oposición

(Promoción

interna)

20 días naturais

Meira BOPLU 1-X Diplomado traballo social Bolsa Concurso-

Oposición 10 días naturais

Mondoñedo BOPLU 8-X Operario de servizos

múltiples 1

Mondoñedo BOPLU 31-M Servizo atención domicilio Bolsa 5 días hábiles

Monfero BOPAC 1-X Socorristas acuáticos Bolsa Oposición 10 días naturais

Monfero BOPAC 1-X Técnico en animación

sociocultural Bolsa

Concurso-

Oposición 10 días naturais

Page 16: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 15 -

Monterroso BOPLU 5-X

Xefe brigada incendios

Peón condutor

Peón brigada

1

1

3

Ver bases 5 días naturais

Monterroso BOPLU 8-X Motobomba

Oímbra BOPOU 2-X

Monitor/a de o programa de

conciliación

da vida laboral e familiar

1 Concurso 5 días hábiles

Monterrei BOPOU 3-X Auxiliar de axuda no fogar Bolsa Ver bases 5 días hábiles

Mugardos BOPAC 2-X Arquitecto Bolsa Oposición 10 días naturais

Muiños BOPOU 7-X Socorrista piscina 1 Concurso-

oposición 5 días hábiles

Paradela BOPLU 31-M Operario condutor

motobomba 3

Concurso-

oposición 10 días naturais

O Páramo BOPLU 8-X Limpadores Bolsa

Pedrafita do

Cebreiro BOPLU 8-X

Informador turístico

Condutor motobomba

Xefe brigada municipal

1

1

1

A Pobra BOPAC 2-X Técnico de medio ambiente 1 Concurso-

Oposición 5 días naturais

A Pobra BOPAC 5-X

Operario de servizos varios

Operario de limpeza viaria e

espazos naturais

Operario de xardíns

Bolsa Concurso-

Oposición 10 días naturais

Poio (Bases

xerais)

Poio

(Convocatoria)

BOPPO 8-X Peón de servizos varios

Limpeza

5

5

Concurso-

oposición 15 días hábiles

Pontedeume BOPAC 1-X Salvamento e socorrismo

acuático 5

Concurso-

Oposición 7 días naturais

A Pontenova BOPLU 2-X Profesores de música 4 Concurso-

Oposición 7 días naturais

Porqueira BOPOU 6-X Socorrista 1 Concurso 5 días hábiles

Page 17: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 16 -

Riós BOPOU 6-X

Peón agrícola forestal

Xefe de brigada incendios

Peón condutor

Peón prevención incendios

Psicólogo

Monistor de ludoteca

Persoal apoio ludoteca

3

2

2

6

1

1

1

Concurso-

oposición

5 días hábiles

Concurso

SADA BOPAC 8-X Técnico en normalización

lingüística 1 Oposición 10 días naturais

San Amaro BOPOU 3-X

Peón de servizos varios

Peón de servizos

Xefe de brigada incendios

Peón condutor

Peóns

1

2

1

1

3

Concurso 5 días hábiles

Sandiás BOPOU 2-X Trabajador/a Social Bolsa Concurso 7 días hábiles

Santiago de

Compostela BOPAC 2-X

Inspector principal Pol. Loc.

Inspector policía local

Oficial policía local

Policía

Administrativo admón.xeral

Técnico de xestión

2

3

6

8

18

4

Bases da oferta de emprego dos

anos 2015-2016

Santiso BOPAC 7-X Técnico de turismo 1 Concurso-

Oposición 10 días naturais

Sober BOPLU 1-X

Auxiliar de deportes

Peón servizos múltiples

Auxiliar de protección civil

Socorrista

Bolsa Ver bases 10 días hábiles

Teo BOPAC 8-X Técnico de turismo 1 Oposición 10 días hábiles

Trasmiras BOPOU 6-X Socorrista piscina municipal 1 Concurso 5 días naturais

Trasmiras BOPOU 7-X Chofer de máquina mixta

Peón servizos varios

1

1 Concurso 5 días hábiles

Page 18: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 17 -

Trasmiras BOPOU 8-X

Xefe de brigada incendios

Peón condutor

Peón de brigada

2

2

6

Concurso 5 días naturais

Vilagarcía BOPPO 1-X Xefe da brigada incencdios 1 Concurso-

oposición 10 días naturais

Vilariño de

Conso BOPOU 8-X

Xefe de brigada

Peón condutor

Peón forestal

1

1

3

Concurso 5 días hábiles

Vilariño de

Conso BOPOU 8-X Condutor motobomba 3

Concurso-

oposicón 5 días hábiles

Viveiro BOPLU 2-X

Técnico superior en

información e

comercialización turística

1 Ver bases

Xermade BOPLU 31-M

Xefe de brigada

Peón condutor

Peón brigada

1

1

3

Ver bases 5 días naturais

Zas

Zas BOPAC 2-X Peón de obras e servizos

1

Ver bases 8 días naturais

1

Zas BOPAC 6-X

Xefe brigada incendios

Peón condutor

Peón brigada incendios

1

1

3

Ver bases 10 días naturais

Zas BOPAC 8-X Auxiliar administrativo 1 Concurso-

Oposición 10 días naturais

Deputación

Lugo BOPLU 31-M

Técnico Xestión

medioambiental – A2 1

Concurso-

Oposición

Mancomunidad

e Conso-

Frieiras

BOPOU 2-X

Xefe de brigada incendios

Peón condutor

Peón prevención incendios

3

3

9

Ver bases 5 DÍAS HÁBIES

Autoridade

Portuaria de

Vigo

DOG 6-X Oficial de mantemento 3 Concurso 20 días naturais

Page 19: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 18 -

6. O SÍNDROME DO PROFESIONAL QUEIMADO

QUE É O SÍNDROME DO PROFESIONAL QUEIMADO?

O síndrome do traballador queimado ou síndrome de “Burnout” é un transtorno emocionalo de creación

recente vinculado ao ámbito laboral, ao estrés causado polas condicións do traballo e ao estilo de vida do

empregado.

Os indicios máis comúns son a depresión e/ou ansiedade, chegando a afectar a vida social e familiar do

traballador. Soe darse con maior asiduidade en persoas que elixiron a súa profesión de maneira vocacional.

SÍNTOMAS

- Baixo rendemento

- Sentimento de afogamento, fracaso e impotencia

- Baixa autoestima

- Pouca realización persoal

- Estado permanente de nerviosismo

- Dificultade para concentrarse

- Comportamentos agresivos

- Dor de cabeza

- Taquicardia

- Insomnio

CAUSAS E FACTORES DE RISCO

Causas

Os principais detonantes do síndrome do profesional queimado son o contorno e as condicións laborais. Si

o traballador está exposto de maneira continua a:

- Altos niveis de estrés e/ou esixencia,

- Carga de traballo excesiva,

- Pouca autonomía,

- Malas relacións no traballo,

- Ausencia de apoio no seu contorno,

- Falta de formación para o desempeño de tarefas,

- Etc

Factores de risco

- Falta de organización no traballo

O exceso de burocratización sen apoio específico; a falta de tempo para organizar as tarefas (que levan

a que o traballador nunca salga a súa hora e teña que levar o traballo a casa) o non contemprar as

sustitucións por baixas temporais poden elevar os niveis de estrés e, a larga, propiciar o síndrome.

- Altas expectativas interpersoais

Moitas veces, as nosas expectativas non se axustan a realizade e poden xerar certo grao de frustación.

Si esas expectativas son moi altas e non se cumpren, o traballador pode desenvolver síntomas de

ansiedade, apatía ou tristeza.

Page 20: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 19 -

- Calidades persoais

Determinadas persoas son máis propensas a padecer o síndrome do traballador queimados que outras.

Ante unha situación estresante, as persoas conformistas, inseguras e dependentes teñen máis

posibilidades de sufrir depresión.

ESTRATEXIAS DE PREVENCIÓN

As estratexias relacionadas coa prevención ante unha situación ameazante teñen como finalidade, na

maioría dos casos, manexar a resposta ao estrés. Están clasificadas en tres categorías:

Individuais ou interpersoais

Este tipo de síndrome ten a súa orixe no deterioro das relacións interpersoais de carácter profesional que

se establecen no contorno laboral, por iso é moi importante saber coidalas.

Débese buscar o apoio social no traballo: contar con relacións interpersoais de calidade é unha das principais

necesidades do ser humano. Segundo Pines (1983) existen seis formas de ofrecer apoio social (escoita

activa, apoio técnico, crear retos, implicarse…). Pero tamén é importante adestrar as habilidades sociais:

debemos aprender a ofrecer e recibir apoio social no traballo, xa sexa de forma individual ou grupal.

Aprender en grupo pode conformar un importante marco de referencia para o individuo, de feito facilita que

os comportamentos aprendidos perduren. Ademais, pode constituír un escenario natural para avaliar as

habilidades sociais en un contexto onde ofrecer apoio e axuda mutua.

Organizacionais

A implicación da organización da empresa/administración en desenvolver

programas de prevencións dirixidos a mellorar o ambiente e o clima da

organización é moi importante pois o foco do síndrome do profesional

queimado sitúanse no contexto laboral.

Algunhas medidas a tomar en conta:

- Promover o traballo en equipo para mellorar o clima laboral

- Aumentar o grao de autonomía e control do traballo

- Dispor de análise e definición dos postos de traballo

- Establecer liñas claras de autoridade e responsabilidade

- Aumentar a recompensa aos traballadores

- Definir competencias e responsabilidades de forma precisa e

realista

- Mellorar as redes de comunicación e promover a participación

- Fomentar a colaboración na organización

- Fomentar a flexibilidade horaria

- Promover a seguridade no emprego

COÑECES CSIFAyuda?

O obxectivo do proxecto CSIFAyuda é asesorar, apoiar e axudar aos traballadores e/ou seus familiares

dende a perspectica sindical, xurídica e psicosocial en situacións de:

- Acoso laboral e acoso sexual

- Violencia no traballo

- Drogodependencias e outras adicións

- Acoso escolar ou bulling

- Outros riscos psicosociais: burnout, estrés laboral…

Page 21: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 20 -

Con CSIFAyuda realizamos unha actuación preventiva e informativa para evitar futuros casos de conflitos

psicosociais. Avanzamos para conseguir organizacións saudables e nas que exista a cultura do respecto.

CSIFAxuda colabora con asociacións e entidades especializada como ANAMIB, Asociación Proxecto Home,

PRIDICAM, Fundación Anar, etc. que aportan:

- Posibilidades de adquirir habilidades sociais e de convivencia, xunto con ferramentas útiles para

afrontar as situacións conflitivas a través da formación

- Especialización dos delegados de CSIF nas problemáticas asociadas e a súa xestión

- Ofrecer un apoio integral ao traballador con axuda psicolóxica, grupos de apoios, xornadas e

encontros…

Si sofres algunha destas situacións e coñeces a alguén que as estea sufrindo podes poñerte en contacto:

- Co teu delegado de prevención ou delegado sindical de CSIF

- Cumprimentando o formularios en www.csif.es/node/2019852

- Ou enviándonos un correo a [email protected]

-

7. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDA HABITUAL PARA PERSOAL DA DEPUTACIÓN

DEPUTACIÓN DA CORUÑA - BOPAC, 8 DE XUÑO

Aprobación das Bases de convocatoria das axudas para adquisición de

vivenda habitual do persoal desta Deputación Provincial, convocatoria 2016

FONDO DE ACCIÓN SOCIAL

EMPREGADOS PÚBLICOS

XUNTA DE GALICIA

Page 22: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 21 -

Ofertas en estudio de graos e postgrao

Temarios para oposicións na Administración de Xustiza

Descuentos en clases para preparación de oposicións

Entradas para cines, teatro e outras actividades de ocio e aventura

Descontos en servizos médicos, saúde, beleza e benestar

Escapadas de fin de semana

Restaurantes, hoteles, balnearios, spa…

Viaxes

Parques temáticos

Tarxetas para carburantes

Entidades bancarias

Para máis información: CSIF NACIONAL

Page 23: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 22 -

9

Page 24: Do 1 ao 8 de xuño - Boletín independiente de CSIF ... · En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación do Decreto 93/91,

- 23 -