70

©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades
Page 2: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades
Page 3: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

©Do texto: Manuel Rei Romeu©Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega

Consello Directivo da AELG

Presidencia Cesáreo Sánchez IglesiasVicepresidencia Antía OteroSecretaría Xeral Mercedes Queixas ZasTesouraría Marta DacostaVicetesouraría Eduardo EstévezVogalía de Lugo Isidro NovoVogalía de Pontevedra Elvira RiveiroVogalía de Santiago de Compostela Carlos NegroVogalía de Ourense Xerardo MéndezVogalía de Relacións coa Lusofonía Carlos QuirogaVogalía de Relacións Internacionais Xavier QueipoVogalía de Literatura de Tradición Oral Antonio Reigosa

Agradecementos A Nosa Terra

Deseño e maquetación Gráficas Mera

Imprime Gráficas Mera

Coedita Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) [email protected] de Galicia-Fundación Cidade da Cultura de GaliciaA Coruña, 2011

D. L. C-2447-2011

Calquera forma de distribución, reprodución, comunicación pública ou trans-formación de esta obra só pode ser realizada coa autorización dos/as titula-res, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO se necesita fotocopiarou escanear algún fragmento desta obra:www.conlicencia.com, 91 702 19 70/ 93 272 04 47.

Page 4: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

VOLVER A CASTELAO

Manuel Rei Romeu

Xunta de GaliciaAsociación de Escritores en Lingua Galega

A Coruña

Page 5: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-4-

Limiar. A singularidade de Castelao 7

Claves biográficas e evolución 9As Irmandades da Fala 13

Compromiso desde Nós 19

A obra literaria 25Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete 26Cousas 30Retrincos 32Os dous de sempre 34Os vellos non deben de namorarse 40

Castelao e o nacionalismo galego 45Sempre en Galiza 52

A lingua, razón de sermos e existirmos 57

Page 6: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-5-

A Asociación de Escritoras e Escritores enLingua Galega quere conmemorar con este libro-percorrido vital e bibliográfico, o 125 aniversariodo nacemento dunha das personalidades máissenlleiras de Galicia e na que están depositadostodos os valores que nos definen como pobo ga-lego, un dos pobos máis antigos e cultos da Eu-ropa, e que, ao tempo, achega e partilla coahumanidade.

A mellor homenaxe que se lle pode facer a uncreador e pensador é a divulgación da súa obra,para reivindicar socialmente a súa palabra e ache-gala á cidadanía en xeral e ás novas xeracións enparticular.

Na obra literaria de Castelao, escrita na súaintegridade en galego e para o lectorado galego,a súa narrativa e o seu teatro impreso levan a nosaliteratura a entraren na modernidade, ao paso dahistoria das literaturas pioneiras do século XX.

A respecto da súa obra gráfica e pictórica, émester recoñecérmola habitada pola omnipre-sente conciencia galeguizadora, polo pensamentoanalítico que nos explica a nós mesmos e que

LIMIAR

Page 7: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-6-

descobre perante nós, e ante os demais, a com-plexidade desde o noso estarmos no mundo, donoso pensármonos no mundo.

A súa escrita de reflexión política, como acri-solamento do seu pensamento, nace e medra daanálise da totalidade da problemática dos galegose da súa praxe na actividade política, na defensainsubornábel dos intereses do pobo galego, da súalingua, da súa economía, da concreción, en defi-nitiva, de todo aquilo que nos define como pobodiferenciado, que ten que construír como tal o seufuturo.

A AELG brinda á sociedade galega de hoxeesta homenaxe a Castelao, porque non é explicá-bel ser escritor e escritora en lingua galega e nonlembrarmos canto lle debemos como figura fun-dadora da nosa cultura e da defensa do nosoidioma, que é o que a nós tamén nos define eafirma 125 anos despois.

Cesáreo Sánchez Iglesias,Presidente da AELG

Mercedes Queixas Zas,Secretaria xeral da AELG

Page 8: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

Limiar. A singularidade de Castelao

A figura de Castelao representa un fito funda-mental na historia da literatura galega e, aotempo, constitúe peza clave tamén na concrecióne evolución do nacionalismo galego da primeirametade do século XX. Ambas as contribucións,a de artista e a de político, enténdense moito me-llor ligadas, nunha vertente de intercomunicaciónou, se quixermos, de decantación progresiva.

De tal xeito que a práctica artística ―primeirona súa faciana gráfica e moi logo literaria― foicamiño de experiencia e coñecemento para che-gar a unha consciente entrega política de fondocompromiso co futuro do pobo galego e cos seusdereitos colectivos. Como tal debe ser asumido,lonxe de toda manipulación, parcialización, sa-cralización ou da idea errada de que o seu pasopola política foi algo puramente accidental. Noné de recibo tampouco instrumentalizar o seu po-limorfismo para negar, desvalorizar ou ocultar al-gunha faceta súa, segundo o contexto ou segundoos intereses. Non é normal seguir escoitando nas

-7-

A OBRA LITERARIA E POLÍTICADE CASTELAO

Page 9: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-8-

aulas universitarias ou de ensino secundario quea súa contribución literaria é menor, atendendo aun simple criterio cuantitativo; non é normal sos-ter que como pintor non achegou nada orixinalou perseverar na tese de que a súa vocación polí-tica foi episódica e secundaria.

Sen menosprezo da súa entrega artística, écerto que a súa vertente política ―teoría e prác-tica― na etapa de madurez da súa vida, eclipsouen parte a primeira e proxectou unha potenteimaxe sobre a primeira. Mais interpretando a sin-tonía que existe entre ambas é como mellor sepode entender unha conxunción que é quizais dostrazos máis característicos do autor.

Page 10: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-9-

Alén da paréntese e depresión «entre dous sé-culos» ―nomeadamente para a cultura galega―,a evolución vital e ideolóxica de Castelao vaicoincidir con momentos históricos de grandetranscendencia para Galiza, para o Estado e paraa humanidade.

Estudosos do seu pensamento e biógrafoscoinciden en establecer as seguintes tres etapasna súa evolución:

− Pregaleguista (1908-1916)− Nacionalismo culturalista (1916-1929)− Nacionalismo político (1930-1950)

Resulta rechamante e non irrelevante que oneno Daniel viva en carne propia unha dupla ex-periencia da emigración: primeiro, ao non coñe-cer o seu pai, que se mudara ás Pampasarxentinas ao pouco de nacer o fillo en 1886, coaidea de facer fortuna; e segundo, pola estadía detres anos nas propias Pampas, onde se reencontraco pai. Curiosamente a experiencia da emigra-ción percorre toda a existencia de Castelao, mais

CLAVES BIOGRÁFICAS E EVOLUCIÓN

Page 11: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-10-

enmárcaa dun xeito nidio. Acabará sufrindo aemigración forzosa, a experiencia do exilio, nosúltimos anos da súa vida, o que lle permite coñe-cer tamén a vida de moitos galegos ‘desterrados’nos E.U.A., en Cuba, México, Arxentina ou Uru-guai. Estas experiencias serán no futuro motivode recreacións literarias en narracións recollidasen Cousas, Retrincos, Os dous de sempre e ob-xecto de análise na súa causalidade en Sempre enGaliza.

De regreso a Rianxo, xusto co inicio do sé-culo, Castelao vai cursar o bacharelato e, tresanos máis tarde, a carreira de Medicina, aíndaque pouco tempo despois renunciará a exercer aprofesión («fíxenme médico por amor ao meupai. Non exerzo a profesión por amor á humani-dade»), e só axudará circunstancialmente como

Page 12: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-11-

médico rural nas epidemias de gripe que se pro-ducen na segunda década do século.

Nos anos composteláns xorde a súa vocaciónpola pintura e pola caricatura na súa vertente hu-morística, desempeñando papeis en obras de tea-tro e participando na tuna universitaria. Se aascendencia paterna fora decisiva na elección dacarreira universitaria, tamén vai ser determinantena adhesión ao Partido Conservador de AntonioMaura en 1910. Castelao é un mozo de vinte ecatro anos e, durante unha pequena estadía enRianxo, vai tomar parte activa nas loitas locaiscomo director administrativo do voceiro satírico

Page 13: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

conservador El Barbero Municipal, fundado nesemesmo ano. Trátase de combater o caciquismopracticado polo bando liberal, que ten como má-ximo expoñente a Viturro, hixiénico labor ao quefai alusión a propia cabeceira do boletín. Mais aideoloxía de Castelao non está formada nin é paranada encadrábel nos presupostos típicos do con-servadorismo, forza que, por certo, segundo osesquemas da alternancia ao uso, era a única capazde disputarlle a hexemonía ao caciquismo libe-ral. Cómpre advertirmos por outro lado que oPartido Conservador se conceptuaba como forzarexeneracionista e que viña de asumir certos pos-tulados do rexionalismo. Algúns motivos reivin-dicativos do Castelao maduro, con lixeirasvariacións na forma enos contidos, xa apare-cen nas páxinas da pu-blicación local: a vacaesquelética muxidapolo cacique, que aca-bará simbolizando ápropia Galiza no cartelda campaña do Estatutode 1936.

Castelao casa en1912 coa moza estra-dense Virxinia Pereira,

-12-

Page 14: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-13-

compañeira da maior parte dos seus días, das súasviaxes e de case todos os seus avatares. O seuúnico fillo, Alfonso Xesús, que nace ao ano se-guinte, morrerá prematuramente en 1928, con sócatorce anos. Este feito dramático, unido á se-gunda crise de cegueira sufrida polas mesmasdatas (a primeira foi en 1914) son o preludio dasúa entrega á causa política do país.

As Irmandades da Fala

No crucial ano de 1916 oposita á praza de Au-xiliar de Estatística e fixa a súa residencia en Pon-tevedra, cidade da súa vida e da súa obra, tal ecomo confesa no folleto Meu Pontevedra!, feitopúblico anos despois no exilio:

Eu vivín longos anos de ledicia en Ponte-vedra, aferrado á fermosura dos seus arredo-res, coma quen non pode desprenderse dosbrazos mornos dunha noiva. E débolle a Pon-tevedra o mellor da miña vida e agora padezosaudades da súa paisaxe, tristura de a non veri-espranza de retornar a ela.

Son momentos cruciais tamén no proceso declarificación artística e ideolóxica de Castelao.Comeza por estes anos a publicar na prensa as es-tampas do álbum Nós, nas que se conxuga o amor

Page 15: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-14-

polas nosas clases populares e unha crecente pre-ocupación polos dereitos nacionais de Galiza.Case simultaneamente, en Ourense aparece LaCenturia (1917), breve experiencia neosófica eesotérica do que pouco máis tarde será o GrupoNós. Os intelectuais inadaptados, Vicente Risco,Otero Pedrayo e López Cuevillas acaban ingre-sando nas Irmandades da Fala en 1918 na pri-meira Asemblea Nacionalista.

Por estes anos, Castelao é dos que experi-mentan a revelación da nación oprimida e senteno temor ante a posibilidade da súa morte por asi-milación a unha cultura allea. O desacougo

Page 16: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-15-

exprésao así na lembranza que fará no artigo “Noretorno de Antón Vilar Ponte” (A Nosa Terra, 3de marzo de 1934):

Alfredo Brañas xa morrera e a nosa terradeixábase asimilar estupidamente, sen azospara revivir. Eu, daquela, tíñame polo derra-deiro supervivente dunha Patria suicida. E foinese intre cando chegou a min a voz de VilarPonte, voz que xuntou a uns cantos ‘bos e xe-nerosos’ que non nos coñeciamos pero quedende entón ficamos trabados por unha ir-mandade que ningún acontecimento poderomper xa. O nome de Vilar Ponte significapara min a orixe do galeguismo.

A biografía de Castelao, na etapa que vai da súamocidade até a súa morte en Buenos Aires en1950, non é allea aos acontecementos históricoscruciais e aos procesos políticos que se están adar na historia da humanidade, e cos que elmesmo será moi crítico. No escenario interna-cional encádrase o desencadeamento das dúasgrandes guerras que fan abalar a orde mundial. Aprimeira das cales dá como un dos seus resulta-dos a recomposición do panorama europeo coagromar de novas nacións e as loitas de pobosconsiderados irmáns como o irlandés. Ao

Page 17: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

respecto, ten afirmado Castelao no Sempre enGaliza: «O aviso que nos puxo en pé chegounoscamiño de Europa». Castelao non é alleo á glo-balización imperialista (Europa, E.U.A.) quesegue a marcar as primeiras décadas doséculo XX —con manifestacións de extremadavirulencia ou baixo aparencia de cruzada civili-zadora e a provocar reaccións contrarias—, nin ácrise capitalista do 29 nin ás tensións provocadaspolas grandes ideoloxías...

A nivel interno, como ten expresado nalgun-has ocasións, son aínda momentos de creación desentimentos e teorías, pois a posibilidade dunhaacción política organizada non se pode materiali-zar pola febleza e as contradicións internas dopropio movemento nacionalista. Castelao asume

-16-

Page 18: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-17-

daquela a encomenda de espertar as conciencias,de ser o ‘xenial artista da Raza’, un artistasingular que procura o compromiso coas verda-des do seu tempo, a través da simplificación ex-presiva para unha máis eficaz transmisión damensaxe e da estilización do popular.

No caso galego, Castelao vai reparar axiña nasfondas transformacións que se están a dar nonoso país, sumido secularmente na subordinacióne no atraso. Faise eco da historia dun pobo car-gado de sufrimentos. Son especialmente relevan-tes as mobilizacións agrarias das primeirasdécadas do século, a aspiración a conseguir a pro-piedade da terra librándoa dos foros e a moderni-zación das estruturas agrarias, con episodiosrepresivos que atraen a atención do Castelao ar-tista (Oseira, Nebra, Sofán, Guillarei...), tal ecomo testemuñan o álbum Nós e Un ollo devidro. Neste contexto de protagonismo das mo-bilizacións das masas populares, que expresan nasúa particularidade a solidariedade coas revoltasproletarias en países europeos e a Revolución deoutubro de 1917, Castelao albisca a especifici-dade da realidade galega e a necesidade dun pro-xecto político propio.

O compromiso con esta causa e a necesidadede intervención pública son notorios tanto nas re-flexións como nas manifestacións artísticas deCastelao por estas datas.

Page 19: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-18-

Na súa andadura inicial inclinado, como talmovemento, a un labor artístico comprometidocoa concienciación galeguizadora da nación for-mada por unhas clases populares, labregos e ma-riñeiros, cuxos intereses precisan voz para serendefendidos por unha forza autóctona.

Page 20: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

A asunción do nacionalismo faise inequívoca,canto menos no plano teórico, a partir da cele-bración da I Asemblea Nacionalista (Lugo, 18 denovembro de 1918), tal e como reza a declara-ción previa do seu manifesto programático feitopúblico:

Tendo Galiza tódal-as característicasesenciais de nazonalidade, nós nomeámonos,de hoxe para sempre, nazonalistas galegos,xa que a verba ‘rexionalismo’ non recolletodal-as aspiracións nin encerra toda a in-tensidade dos nosos problemas.

A ilustración máis nidia de vontade naciona-lista e compromiso coas clases populares recó-llese nas estampas de Nós, que se dan a coñecerna prensa entre os anos dezaseis e dezaoito,«cando Galiza se esperguizaba dun longo sono»,tal e como se recolle nas palabras do limiar doálbum que será publicado en 1931. Atopamosaquí xa unha declarada vocación de reflectir a to-talidade da problemática galega; en síntese, opobo e a nación. Cincuenta imaxes que confor-man unha radiografía completa das «tremendas

-19-

COMPROMISO DESDE NÓS

Page 21: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-20-

angurias do decotío labrego e mariñeiro» da Ga-liza de comezos do século XX. A intencionali-dade declarada é provocar desacougos, chamar arebeldías, amosar inconformismo cara ás vellasinxustizas; non hai «vocación de estupefaciente»,como el mesmo declara.

Debe considerarse fito inaugural da súa arte eda súa traxectoria ideolóxica, dentro dese macro-texto que forma toda a súa produción. Así o ex-presou, de xeito ben gráfico, o propio Castelao,cando presenta en Buenos Aires o seu Sempre enGaliza:

Y después de treinta años, treinta años demeditación y de experiencia, me atreví a pu-blicar un libro en el que trato de elevar a lacategoría de idea lo que en el álbum “Nós”era puro sentimiento, y al ver que mis razo-nes conmueven la conciencia gallega, enton-ces se exalta mi personalidad artística,exagerándola, con el piadoso fin de desvalo-rizar mi ideología política. Claro está que yono he sido nunca un político profesional. Lapolítica no ha sido nunca mi profesión: perosí mi vocación, la vocación de toda mi vida.Comparad el sentimiento gallego de mis pri-meros dibujos con la idea galleguista de mireciente libro y veréis que son una mismacosa, y veréis que yo he sabido conservarme

Page 22: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

idéntico a mi mismo y que mi vida moral y po-lítica es una línea recta como la franja azulde vuestra bandera. (Aplausos)

Yo no he cultivado jamás el arte por elarte. El arte para mí no ha sido más que unelemento, un recurso, un medio de expresióny con el lápiz o la pluma sólo he querido serun intérprete fiel de mi pueblo, de sus doloresy de sus esperanzas. Dibujé siempre en ga-llego; escribí siempre en gallego; y si sacáislo que hay de gallego y de humano en mi obrano quedaría nada de ella…

Ninguén pode dubidar da confesión naciona-lista de Castelao e da súa imperiosa necesidadede intervir publicamente para modificar o estatusvixente, para cambiar a realidade dun pobo que,para empezar, necesita recoñecerse a si mesmo.Como indica o seu criador, os debuxos foron ex-postos en vilas e cidades e serviron para o «ac-tual rexurdir da galeguidade». Desde logo,podemos ver perfectamente reflectidos os princi-pais referentes definitorios do nacionalismo ga-lego do momento. Sirva de exemplo a tríadeseguinte:

a) Negación da asimilación: Lástema de bois!,exclama un labrego amosando ‘incomprensión’ante o cartel anunciador dunha tourada en Com-postela.

-21-

Page 23: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

b) Analoxía ou afinidade con outras loitasexemplares de liberación nacional: ―Érguete pe-lengrín, que o paxaro da morte está enriba de ti.«Como en Irlanda, érguete e anda». Peregrinotan singular, co voitre chantado enriba, e camiñoa andar non son outros que os que tiña progra-mados e deseñados o nacionalismo galego.

c) Reintegración: Na beira do Miño. E os dabanda de alá son máis estranxeiros que os deMadrí?. Estampa que fai clara alusión a estreitara irmandade galego-portuguesa, o que hai querectificar da historia e o que hai que recuperar.

A idea de superación dunha etapa inicial deaprendizaxe, chea de contradicións, anódina e in-substancial nos contidos, é expresada sen deixarlugar a ambigüidades:

Na miña primeira mocedade dina da Casada Troya, cando a miña ialma sofría de xa-rampón e non pensaba máis que en saír detuno tocando a guitarra polas rúas, fixen osprimeiros debuxos humorísticos nunha revistapra americanos. Acúsome de ser eu quen douempezo a isas carantoñas porcas, a ises mo-nicreques noxentos, a ise humorismo de ta-berna que aínda hoxe campa na mesmarevista pra regalía dos Licenciados da Uni-versidade. Abafado de vergonza confésome

-22-

Page 24: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

culpable e renego da miña primeira moce-dade.

A referencia vai dirixida aos promotores darevista Vida Gallega, que acabarían desabafandonos seus editoriais contra este ataque co argu-mento de que Castelao optou por unha filiaciónnacionalista.

No mesmo Castelao ―de xeito poliédrico―sintetízase, desde un primeiro momento, o amploabano de tarefas culturais que cómpre acometerde inmediato sobre Galiza, como descubrimento,como posta en valor, como innovación, e comoesencia e permanencia: a pintura, o debuxo hu-morístico, os valores etnográficos, a caricatura, ogravado, o cartelismo, as cruces de pedra, o re-franeiro popular, a ilustración de libros, xornais,revistas, o teatro de Arte, etc. Exemplos destascontribucións fanse patentes na revista Nós(1920), que tiña como principal obxectivo res-taurar e universalizar a cultura galega e na queCastelao exerceu como director artístico. Non enbalde a cabeceira da revista toma o nome que opropio Castelao utilizara para o folletín literariode El Noroeste en 1918 e 1919. Ademais da sin-gularidade e variedade das colaboracións, o pro-duto salienta pola marcada diferenciacióngráfica: portadas cargadas de motivos románicos,cabeceira, miniaturas, letras capitulares, floróns,

-23-

Page 25: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

debuxos para anuncios, pequenas estampas emoitos outros motivos.

En 1920 tamén, dous anos despois do seu in-greso nas Irmandades da Fala, Vicente Risco pu-blica a súa Teoría do nacionalismo galego,converténdose na autoridade espiritual do mo-mento e influíndo decisivamente nos designiosdo movemento nacionalista. Pouco despois, en1921, Ramón Vilar Ponte publica a Doutrina na-zonalista que, en certos aspectos, complementaou mesmo serve de contrapunto á anterior (an-tiimperialismo, internacionalismo, pacifismo, an-ticolonialismo, etc.).

-24-

Page 26: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

Analizando as diferentes versións e motivosdos seus textos artísticos, non é difícil supormosque a xénese da obra narrativa de Castelaoarranca dos pés literarios dos seus debuxos e es-tampas, que van ocupando cada vez maior exten-sión.

A obra narrativa de Castelao é orixinal porunha serie de características senlleiras, entre asque convén salientarmos as seguintes:

a) é unha obra que traduce conscientemente ocompromiso político do autor, mais sen ser ma-niquea ou panfletaria;

b) a súa escrita oscila, nun medido sincre-tismo, entre o popular e o culto, entre o tradicio-nal, a estilización e a innovación;

c) percíbese unha constante asociación entre aobra gráfica e a literaria, tanto nos motivos e nastemáticas como nos recursos (depuración e sín-tese, expresión simbólica...), constatándosemesmo unha evolución ―como xa dixemos―interrelacionada desde a obra gráfica á literaria. Oautor recréase nese afán de superar as fronteirasque separan unhas artes das outras;

-25-

A OBRA LITERARIA

Page 27: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

d) como expresión da singularidade galegapara chegar á universalidade, toda ela está perco-rrida por valores dun fondo humanismo. A clavesegue estando na idea da realización (concien-ciación) como galegos e como persoas;

e) o procedemento máis característico é a«simplificación», a selección dun «intre de má-xima intensidade» que pode definir toda unhavida, propio da caricatura.

Un ollo de vidro.Memorias dunesquelete (1922)

É a primeira obraque publica a editorialCéltiga de Ferrol,dentro dunha colec-ción que pretendíacontribuír á divulga-ción da literatura en

lingua galega entre as clases populares cun xé-nero doado de ler e atractivo polos asuntos trata-dos. Curiosamente leva esta ilustrativa citaintrodutoria do escritor e xornalista Mark Twain:«Debaixo do humorismo hai sempre unha grandedoor; por iso no ceo non hai humoristas». Chamaa atención a cita do escritor, xornalista e coñecidomundialmente máis como humorista que como

-26-

Page 28: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-27-

membro da Liga Antiimperialista americana nosseus últimos anos. A primeira contribución deCastelao á narrativa galega non quere ficar tan sónun puro divertimento, como se ten dito nalgu-res. É, desde logo, unha trama simplificada, di-námica, lúdica en certa medida e, como non,humorística. Mais o humorismo de Castelao noné fútil, é un xeito de humanismo liberador, acti-tude que o leva a preocuparse e a amosar ―igualque fai noutras obras súas― situacións de sufri-mento das clases traballadoras, das persoas mar-xinadas, das mulleres, de vellos e vellas, dosnenos, dos cegos e dos que sofren outras minus-valías.

É unha obra que traduce os desacougos polí-ticos do autor e que semella concibida para a in-tervención pública; foi inserida previamente naconferencia «Humorismo. Debuxo humorístico.Caricatura», 1920. Unha boa mostra dese des-asosego a que aludimos, pola súa calidade dis-cursiva e referencial, é a crítica aos republicanosoitocentistas e ao seu desleixo polo galego:

Oíndolles decir que o progreso vai cara áunidade tomei a parola para aclarar que oprogreso iña cara a harmonía e que se o pro-greso fose cara isa unidade antipática, an-tiestética, antinatural e criminal, por riba do

Page 29: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-28-

progreso está a perfeución e que nós, osgalegos, por un desexo de perfeución e porunha dinidade que xa vai sendo dinidade per-soal, non debíamos consentir que na fala dosnosos avós se espresase somentes a inculturaque lle debemos ó centralismo.

Malia a ese optimismo aparente, propio dunhome novo que ten todo por facer na vida polí-tica, non deixa de manifestarse en termos de an-gustia pola morte da patria. A preocupación deCastelao, tomando como referencia simbólica alingua e a asimilación lingüística, segue a ser aposíbel desaparición de Galiza como pobo dife-renciado.

Cunha intertextualidade abraiante coas es-tampas do álbum Nós, a esta breve novela, co-rrespóndelle o non pequeno mérito de ser unhadas pezas pioneiras na renovación da narrativagalega, polo seu ritmo narrativo dinámico, polasúa estrutura de guión cinematográfico, pola súaambientación urbana... O protagonista, un esque-leto sen nome propio, que goza da vantaxe de dis-por dun ollo de vidro para ver o que os demaisesqueletos non ven, refírenos diferentes episodiosda vida dun cemiterio de cidade que simboliza osvicios do mundo urbano galego de principios doséculo XX. Iso si, coa posta en escena dosproblemas dos vivos que preocupaban a

Page 30: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-29-

Castelao: a emigración, o caciquismo, a solida-riedade cos labregos e labregas vítimas da repre-sión das mobilizacións agrarias, o futuro dalingua galega, a explotación feminina, a necesi-dade de que o galeguismo teña acción, etc.

Non é unha visión global da realidade galega,é a visión da alienación colectiva, da negacióndesde o mundo das cidades progresivamente es-pañolizadas desde o aparello estatal. Mais a in-tención é procurar as verdades e chamar a actuarno conxunto da realidade galega. Non doutroxeito se entende a entrega do ollo de vidro aofinal da obra a un esquelete de cemiterio de aldea,xunto con papel e lapis para escribir:

―Querido Pedro: velaí che deixo un ollode vidro para que vexas, papel e lapiz paraque escribas. Serás o rei niste cimeterio; maiseu prégoche que non te fagas cacique. Pasa-dos algúns meses virei recoller canto ti escri-bas. Perdóame, amantiño, que non che dea unbico. Adeus e deica logo.

Se canto escriba o meu amigo é dino de in-trés asegúroche que será publicado para quecompares e vexas que non é o mesmo ser so-terrado no adro dunha eirexa que nun cime-terio de cibdade.

Page 31: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

Alegoría, pois, do home de acción e da nece-sidade de intervir na galeguización do país e natransformación da realidade galega.

Cousas

Son breves relatos quese publican primeiro en di-ferentes xornais e revistasda época, e logo en dousvolumes sucesivos datadosen 1926 e 1929 (como tra-ballos ligados ao Seminariode Estudos Galegos), cunhaedición conxunta en 1934. Para calquera lectoratento non pasará inadvertida a súa singularidade,sendo considerado un ‘subxénero autóctono’ eunha das máis orixinais creacións da literaturagalega contemporánea. De xeito semellante aoque sucede nos personaxes do seu álbum Cin-cuenta homes por dez reás, onde se encontranverdadeiros personaxes de novela nunha soa liña:nestes extractos podemos atopar unha interpreta-ción fonda e esencial da humanidade galega enbreves biografías de personaxes arquetípicos, si-tuacións ou condutas paradigmáticas da colecti-vidade. Desde esta perspectiva, podenconsiderarse verdadeiras epifanías, manifesta-cións primeiras do pobo galego que chaman a

-30-

Page 32: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-31-

desenvolverse. É a vocación de totalidade, de ex-presar artisticamente o pobo e a nación.

No limiar, “A carón da Natureza”, reflexionasobre a insatisfacción e as limitacións da pinturaá hora de expresar o humanamente expresábel;por iso decide ser «un ventureiro das letras». Asimbiose de imaxe (motivo de presentación) e‘desenvolvemento narrativo’, xunto coa con-fluencia de xéneros literarios, van estar presentesnos corenta e catro textos.

O protagonismo vai recaer, de xeito ben no-torio, nas clases populares, nas xentes de traballodo agro e do mar, máis concretamente nas mulle-res e nos nenos. Estes son os que fan máis paten-tes co seu ollar sorprendido as vellas inxustizasdo presente e queren albiscar un futuro mellor;son os que sofren as inquedanzas dun progresoque provoca desigualdades; os que logransobrepoñerse, a forza de vontade, ás determina-cións de condicións sociais miserentas; os queafrontan os dramas derivados do fracaso na emi-gración; os que interiorizan e viven con intensi-dade os medos que transmiten os maiores; os queson vítimas de formas de educar absorbentes, etc.

Hai moita tenrura galega e moita apelación áautoestima, a recoñecérmonos como pobo. Cas-telao segue fiel nos seus desenvolvementos na-rrativos ao principio de mínima extensión e

Page 33: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

máxima intensidade, ao que chamamos ‘simpli-ficación’, propia da caricatura. Podería aplicarsecase á perfección á fórmula que el mesmo nosofrece no prólogo de Cincuenta homes por dezreás:

Eu non sei se vos decataredes do vali-mento dos meus homes. Son abreviaturas, es-tractos, esencias, resumos. Son homes quepodedes trocar en personaxes de novela. E sevos peta darlle máis aquel ó voso xogo que ómeu talento, aínda podedes dicir que os in-ventades.

Para calificar ós homes abonda un intreda súa vida, e eu collo intres da vida doshomes e non os califico, porque na califica-ción dos meus homes está o voso xogo.

Retrincos

Trátase dun libro de cinco relatos deformato e desenvolvemento máis clásicos que asnarrativas de Un ollo de vidro e Cousas. Algúnsdeles poden considerarse modélicos no subxé-nero narrativo conto. No Limiar, datado en Pon-tevedra en 1934 (data tamén da publicación daobra) Castelao apela á autenticidade duns «re-trincos en carne viva que poden amostrarse talcomo se conservan na memoria», pregándonos

-32-

Page 34: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-33-

que os tomemos por certos e verdadeiros. Porén,sabedor de que a verosimilitude é clave na obrade arte literaria, remata matizando non sen certaironía: «se coidades que son mentiras eu perdó-novos por adiantado».

Preséntasenos, pois, enconxunto, unha panorámicaaparentemente autobiográ-fica desde as vivencias daemigración nas Pampas aoCastelao deputado das Cor-tes Constituíntes, tecidoscon pasaxes entrañábeis echeas de emotividade.

“O segredo” e “O inglés” recrean os medosdun neno nun lugar hostil, por un lado, e a fe cega(«patriotismo españolista») dun protagonistatamén infantil na España imperial, que libra aguerra de Cuba e sofre unha grande derrota cosE.U.A., nun espazo estraño como é o das Pam-pas arxentinas.

“Peito de lobo” sitúanos xa no ambiente po-pular da vila mariñeira nun momento en que seestán a celebrar as súas festas. O protagonista, unmozo estudante con mañas artísticas, confeccionaun cabezudo que pretende caricaturizar os defec-tos dun mariñeiro temíbel pola súa bravura, Peitode lobo. Tras unha primeira reacción de agresivi-dade, Peito de lobo acaba identificándose co seu

Page 35: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

retrato. A arte vai servir, pois, como posibilidadede humanización (recoñecérmonos tal comosomos). Ao tempo, o aventureiro protagonistaasume e faise cargo tamén dos sufrimentos e ava-tares da xente traballadora.

En “O retrato”, óptase, sen embargo, pola arteidealista, toda vez que serve como forma de con-solación nunha situación de máximo sufrimento,que lembra mesmo un episodio autobiográfico: amorte dun fillo.

“Sabela”, o quinto e último relato, de fonda esentida emotividade, preséntanos un Castelaoplenamente identificado co pobo traballador coque se criou. Con relación á pescantina Sabela,moza pola que sente especial atracción e coa queo protagonista aprende a bailar, xógase co dis-tanciamento (estudo da carreira, inmersión na po-lítica, deputado das Constituíntes) e coaaproximación (identificación e comuñón coacausa popular). Sabela acaba sendo unha mullerdesfigurada, maltratada pola vida e polos traba-llos que ten que afrontar. Castelao recoñéceocunha intensidade que chega ao lirismo.

Os dous de sempre

Esta novela, publicada pola editorial Nós en1934, leva dedicatoria cun epígrafe dirixido «Ósmozos galegos». Seguramente un Castelao xa

-34-

Page 36: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-35-

inmerso na loita política pola dignificación deGaliza e consciente das dificultades da mesma,vía no campo da mocidade un grande potencialpara o nacionalismo e para o futuro de Galiza. Notexto desta dedicatoria alude a unha función queás veces tamén cumpre a obra de arte literaria, afunción lúdica e catártica, neste caso para quenescribe: «Prestoume horas de vida feliz e xa medaría por satisfeito co que me divertín ó escre-bila; pero foi maxinada con tanta ledicia e com-posta con tanto amor que algo terá de bo.» Aomesmo tempo, pon de manifesto un certo auto-biografismo na liña da súa anterior obra narra-tiva: «é tan humán e tan miña que non poderíaofrecervos nada mellor». É a primeira novela deCastelao e a derradeira entrega na traxectoria dasúa narrativa.

Como sucede con moitos autores e obras daliteratura galega, esta novela non foi tratada rec-tamente pola crítica literaria. Negóuselle a cate-goría de novela, englobouse no xénero picaresco,supeditouse, como se réplica for, a El Quijote,mesmo para concluír que era a proba de quehabía en Castelao un gran prosista, mais un no-velista fallido.

Malia a súa aparente sinxeleza argumental ea súa simplificación expresiva, propias unha vezmáis dos esquemas da caricatura, posúe unhaenorme complexidade e un sentido filosófico que

Page 37: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

pasan inadvertidos se falta o mínimo rigor analí-tico. Alén da aparentemente sinxela peripeciavital de Pedriño e Rañolas desde a súa infancia ásúa madurez e decadencia, apreciamos un subs-trato filosófico e un sentido humano ―do que xaavisaba o seu autor na dedicatoria― e transcen-dente. Aínda que inicialmente non semelle así,sobre todo no caso de Rañolas, neles van predo-minar as tendencias impostas pola sociedade designo egocéntrico e individualista, que rematanen consecuencias (auto)destrutivas nun caso e deacomodación burguesa no outro. Castelao ben secoida de fuxir dun resultado maniqueo tras a apa-rente e tópica contraposición dualista dos copro-tagonistas: o que posúe a forza proxectiva que dáo pensamento, as arelas de liberdade, o sentidocreador de realización humana, vangardista e per-sonalizador / o que se caracteriza polo compo-ñente gravitacional, polos instintos primarios eterreais, pola tendencia freante, até chegar ao in-mobilismo e inacción propios do pousafoles.

Desde logo resulta reconfortante que, desde aóptica da filosofía aplicada a analizar a obra deCastelao, se teña chegado recentemente a lecturase conclusións afastadas das lecturas reducionistascriticadas ao comezo deste apartado, coincidentescoas anticipadas hai anos en monografías de crí-tica literaria, partindo de enfoques e metodolo-xías integrais.

-36-

Page 38: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-37-

Pedriño críase ao amparo da educación pro-tectora da tía Ádega, ás veces talmente como unanimal doméstico. Podemos dicir que o único queo motiva son instintos básicos ou primarios(comer, beber, durmir), sen vontade para o pen-samento e para rexer o propio destino de xeito au-tónomo. Por iso, carecendo de proxecto na vida,mantense infantilizado (o mesmo diminutivo donome, conservado ao longo da obra, así o indica)para o resto da súa vida: non casa, cásano; nonprocura nin atopa emprego, enchúfano.

Apélase ao tópico popular da sogra epreséntasenos en todo momento oprimido porela, sometido aos seus desig-nios. Finalmente, despois deprocurarlle por todos os me-dios un acomodo profesional,envíano á emigración, ondefracasa na dura experienciadas Pampas arxentinas.

Pola súa banda, a Rañolas,eivado fisicamente (anano conpernas tortas), de extracciónsocial misérrima, orfo e desamparado, coa honrasocial por parte de pai e nai cuestionada, vánse-lle fechando todas as portas na propia Galiza.Consegue sobrepoñerse a forza de vontade, fu-xindo da súa terra a onde ninguén o coñeza parafacer fortuna e darse a valer. Mais axiña, sen

Page 39: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

decatarse, vai sendo escravizado e degradado es-piritualmente polo poder do diñeiro no mundoburgués (mesmo envelena unha viúva en Paríspara facerse cos seus bens) e polo valor das apa-rencias (corta as pernas tortas e pon unhas orto-pédicas). As circunstancias educacionaisprepararon a Rañolas para afrontar os traballos eas máis duras dificultades. Será por medio do tra-ballo como irá superándose e gañando respectoaos ollos da sociedade. O reloxo comeza a ser asúa teima (vixía atenta do tempo no mundo daprodución capitalista) e aspira a ser reloxeiro nasúa patria, logo de ficar seducido polo salón dereloxos antigos e facer un curso de reloxaría enParís. Mais a entrada na engrenaxe do sistemasupón a renuncia á súa espiritualidade e á súa li-berdade, perdendo «o ledo engado dos moinan-tes». Rañolas é un home alienado, que actúaseguindo esquemas impostos, por máis que elcoide manter a súa personalidade e a súa liber-dade: «Os tortos consellos da miseria fórano em-purrando cara a escravitude ¡Malia o día queconquireu o “dereito ao traballo” para trocarsede home ceibe en escravo do fisco i en azacándos “burgueses” que lle levaban relós de ouropara compoñer!» O produto final é un amargadofilósofo que pon a súa cabeza no centro domundo e que, consciente da alienación e do fra-caso propios, non atopa outra saída que adestrución e o suicidio. Simbolicamente, o

-38-

Page 40: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-39-

modelo de sociedade así concibido conduce aofracaso humano e aboca os individuos á súa ani-quilación.

A interpretación da novela apunta, pois, a uncuestionamento radical do mito da liberdade in-dividual (o Rañolas representado polo paxaro daestampa da portada), evidenciando todas as limi-tacións impostas polas circunstancias: determi-nismos sociais, educacionais e fisiolóxicos.Desde logo tamén pon de manifesto o desacougo,a insatisfacción e a infelicidade de quen teña in-quedanzas ‘espirituais’ ou ‘filosóficas’, alén daspuras preocupacións materiais. Son motivos re-correntes nas vidas dalgúns picariños que apare-cen nos textos de Cousas. Varias pasaxes danovela recréanse na tensión necesidade/liberdade,na arela de realización humana que se vai aca-dando gradualmente. Castelao parece querertransmitirnos que a verdadeira realización e feli-cidade humanas só se conseguirán superando oindividualismo e dotando os individuos de con-ciencia social e altruísta, dentro dun modelo desociedade alternativo ao capitalista. As tenden-cias dominantes tanto en Pedriño como en Raño-las son diferentes, mais son basicamenteegocéntricas, individualistas e autodestrutivas.Unha sociedade que asenta no individuo estes va-lores ten un substrato antihumanista que vai con-tra a realización da persoa.

Page 41: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

Os vellos non deben de namorarse(1941)

Aínda que esbozada enparte anos antes, a posta enescena desta peza teatral, di-rixida polo mesmo Castelao,vai constituír un importanteevento ao comezo da súaetapa de exilio bonaerense. Aestrea correu a cargo daCompañía de Maruxa Villa-nueva, encargándose tamén Castelao de toda aparte plástica (escenografía, figurinos, máscaras).Xa desde os anos vinte viña matinando na ideade innovar na produción teatral galega, seguindoas orientacións das Irmandades, cun proxectopróximo ao Teatro de Arte no que primase un dis-curso interartístico con confluencias músico-vo-cais, elementos pictóricos, danza, folclore, etc.Castelao volve a botar man da súa formacióncomo artista plástico (obra maxinada por un pin-tor máis que por un literato) e, de novo, volvedarlle resultado a fórmula da caricatura para ela-borar esta peza dramática, que cualifica como«síntesis artística ou máis ben artimaña esceno-gráfica». Efectivamente, o procedemento confi-gurador, xa analizado nas obras precedentes, tal ecomo se produce na caricatura, fai dela unha sín-tese. Por riba de todo, tal e como indicamos ao

-40-

Page 42: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-41-

tratar algúns dos seus álbums, a caricatura é unhasimplificación de trazos significativos e caracte-rizadores (síntese) dun personaxe ou dunha si-tuación pola vía da abstracción.

Insistindo unha vez máis nas lecturas interar-tísticas ―e por suposto tamén na súa rendibili-dade― existe unha manchea de caricaturas,nomeadamente en Cincuenta homes por dez reás,que reflicten o motivo central da peza dramáticaque analizamos, aínda que desde diferentes pers-pectivas e que volven a reproducirse nesta oca-sión.

Ao redactar (1933) o que no futuro había deser o Lance III, o de Pimpinela, decátase de queestá a abundar nun drama universal xa moi coñe-cido: o da moza forzada polos pais a renunciar aoamor por un mozo que quere, para casar cun velloacomodado que non quere (o casamento de co-menencia). Entón engádelle dous novos lances,os de Lela e Micaela, que acentúan os aspectossatíricos e burlescos, trasladando os degaros fríose calculadores a estes personaxes e aos seus ‘opo-ñentes’ masculinos, Mozos e Vellos).

O tratamento ‘dispensado’ a estes personaxespode cualificarse de cruel, mais non existe outracrueldade que a ‘merecida’ e esixida pola maneirade se comportaren. Non é unha obra moraliza-dora, tendenciosa ou de tese existencialista, tal ecomo pode desprenderse da simple aparencia acomezarmos polo propio título. Hai un claro

Page 43: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

predominio dun simbolismo (colorido, carácte-res, animais…) materializante e realista, levado adeformación expresionista, mais sen perder unalento popular vívido e enérxico. Curiosamenteos personaxes máis importantes, coprotagonistas,pertencen ao mundo dos máis débiles e marxina-dos, conforme os esquemas da sociedade patriar-cal e machista: as mulleres e os vellos. O fíoargumental dos tres lances en que se estrutura rei-tera a teima dun vello rico (un fidalgo, un bur-gués e un labrego acomodado) por namorar unhamoza pobre e necesitada, facendo valer, por ribade todo, o engado do diñeiro. O importante á horade analizarmos o contido verbal da obra é non‘descarnar’ os personaxes, non abstraelos do queson e representan: a condición de vellos polaidade biolóxica, mais tamén o seu estatus sociale o poder engaiolante do diñeiro; a condición po-pular das mozas e a súa situación de desamparoante unha sociedade censuradora. Unha vez máis,cómpre insistirmos na necesidade de fuxirmosdas lecturas lineais e repararmos nos matices quepresenta o lance III, o que pode ofrecer o sentido‘máis profundo’ da obra. Nin o señor Fuco, maliausar o poder do seu estatus para ‘mercar’ a Pim-pinela, é un hipócrita malicioso carcamán, á al-tura dos seus precedentes masculinos. NinPimpinela renuncia de principio ao sentimento eá humanidade que lle son propias, malia a súa de-bilidade (comprensíbel) polos panos rameados e

-42-

Page 44: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-43-

ao respecto e amor que sente polo pai e a nai, quesi resultan máis grotescos e calculadores. Desdeeste punto de vista, Pimpinela, xunto co seu mozoen certa medida, aparece como vítima da socie-dade, dos pais e do vellos.

En relación aos valores que imperan na socie-dade, Os vellos pode ser interpretada como unhasíntese alegórica sobre a anulación/triunfo doamor e dos sentimentos nunhas coordenadas do-minadas polo diñeiro, polas aparencias, pola ins-trumentalización das persoas, polo egoísmocalculador, polas debilidades carnais…, sendocomo foi desde sempre o amor un espectáculopúblico, un fenómeno obxecto de rexa normati-vización por parte da sociedade na que nos tocouvivir. Isto é o que fai que unha peza tan galegapola súa singularidade e especificidade sexa, aotempo, tan universal e transcendente. A súa in-terpretación e o seu sentido, se non quixermoscaer en simplificacións ou deformacións flagran-tes, teñen que ser procurados nas fondas preocu-pacións galegas e humanas que caracterizaron opensamento do seu autor.

En 1942 levaríase a cabo a representación nacidade de Montevideo. O texto desta obra seríapublicado pola editorial Galaxia en 1953, maishabería que agardar para ollala representada, enon sen poucas deficiencias, até 1961.

Page 45: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades
Page 46: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

No contexto do Estado español imos asistir,coa instauración da segunda República en 1931,á apertura dun novo e efémero réxime de liber-dades formais, que posibilita a formulación dasreivindicacións nacionais galegas con meridianaclaridade, mais non permite aínda asentar unhaestrutura de Estado de carácter plurinacional nino mínimo recoñecemento para linguas como ogalego.

A comezos dos anos trinta, o compromiso conGaliza de Castelao, canalizado por vía artística

CASTELAO E O NACIONALISMOGALEGO

-45-

Page 47: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

até o de agora, vaise converter en acción políticaincesante ata a súa morte. Como persoa de reco-ñecida popularidade, Castelao é dos artistas oudos intelectuais que renuncian a acabar a súa obrapor asumir un lugar na política, por necesidade epor imperativo moral, porque ―como el dirá,consciente das dificultades da realidade galega―«para modelar un povo de barro é forzoso luxaras mans». Facendo glosa sintética dun labor queconsideramos clave para unha serie de procesosque se desenvolven nestes anos, cómpre salien-tarmos:

1) A fundación do Partido Galeguista de Pon-tevedra. Deputado nas Cortes da República.

No intre en que se instaura a Segunda Repú-blica e se inicia un réxime de liberdades formais,Castelao vai saír elixido deputado por Ponteve-dra para as Cortes Constituíntes (1931-1933),concorrendo pola sección de minorías na candi-datura republicana. O seu labor como deputadoten como obxectivo tratar de situar a Galiza naspreocupacións e na axenda cotiá do Estado, sa-cándoa do abandono: o Estatuto de autonomía, oferrocarril, os problemas agrarios e pesqueiros, ofuturo da lingua galega e a súa oficialidade.

2) A unificación do nacionalismo politica-mente actuante.

-46-

Page 48: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

Vai desempeñar tamén un papel de primeiramagnitude na fundación do Partido Galeguista, afins de 1931, do que será secretario políticopouco despois. É elixido o termo ‘Galeguista’ porser de uso máis xeral e englobar diferentes ten-dencias, mais sen implicar en ningún momento«abdicación no esforzo ou na doutrina nazona-lista», segundo rezan as glosas ao Programa doPartido feitas públicas no voceiro A Nosa Terra.Asemade, dadas as circunstancias dos anos trinta,trátase de evitar concomitancias e confusión coasformulacións fascistas.

3) O Estatuto de Autonomía de Galiza.Da mesma maneira, vai ter un papel de pri-

meira orde na redacción, plebiscito epromulgación do Estatuto de Autonomía, conci-bido como instrumento indispensábel para avan-zar no recoñecemento da autodeterminación deGaliza. Tanto Castelao como o Partido Galeguistadefenderon o obxectivo de lograr a «Autodeter-minación política de Galiza dentro da forma degoberno republicana». Este obxectivo estratéxicotivo que se rebaixar para conquistar os amplosconsensos necesarios coas forzas republicanas epara salvar os atrancos fixados polo Goberno daRepública. Castelao confiaba en que este era unprimeiro paso cara ao recoñecemento mínimo docarácter plurinacional do Estado na vía de lograr

-47-

Page 49: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

unha unión pactadaentre as diferentes na-cións que o confor-man e mesmo aconfederación conPortugal, idea na queinsistiu até o final dasúa vida. Mesmo nosmomentos de antifas-cismo militante, queabsorberon boa partedo seu labor, Castelaonon abdicou dos seusprincipios e, tras nonpoucos avatares e es-torbos, conseguiu que o texto do Estatuto tomaseestado parlamentar. Á súa firmeza e perseveranzaneste acto, e en transos tan difíciles, debemoshoxe os galegos o feito de que Galiza sexa con-siderada nacionalidade histórica ao igual queEuskadi e Cataluña.

4) Radicalización durante o Bienio Negro(1934-1935) de Lerroux.

Trátase dun goberno de forzas involucionis-tas que hostilizan o nacionalismo. Castelao sofreun desterro de dez meses, ao igual que o secreta-rio de organización do Partido Galeguista, Ale-xandre Bóveda. Reavívase a tensión en torno á

-48-

Page 50: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

cuestión relixiosa con intentos de reforma daConstitución. A política de alianzas coas forzasrepublicanas de esquerdas para sacar adiante oEstatuto, fixada na III Asemblea do PG (xaneirode 1934) e a adopción de postulados máis revo-lucionarios, van precipitar a escisión da chamadaDereita Galeguista. Será neste intre, en Badaxoz,cando Castelao comece a redacción do Sempre enGaliza.

5) Compromiso antifascista durante a Guerracivil desde a especificidade galega.

Nun transo dos máis negros da historia de Es-paña, Castelao é quen de conxugar na práctica oseu compromiso democrático, republicano e an-tifascista coas súas conviccións de nacionalistagalego que aspira a que o seu pobo poida desen-volver o seu futuro en paz e liberdade. As

-49-

Page 51: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

atrocidades cometidas polos insurrectos fascistasen Galiza dan pé ás estarrecedoras imaxes dos ál-bums Atila en Galicia, Galicia mártir e Milicia-nos, coas que Castelao foi embaixador da causarepublicana ante o mundo (U.R.S.S., E.U.A.,Cuba, Arxentina...).

6) Exilio e loita pola continuidade da causagalega.

Unha vez que se ins-taura o réxime franquista,será precisamente na capi-tal deste último país, Bue-nos Aires, onde comece oseu exilio no que morreráen 1950. Xunto a moitosoutros galegos exiliadosou emigrados, vai tratar demanter a loita política endiversas frontes: contribu-índo á reflotación da

-50-

Page 52: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-51-

cultura galega con obras da magnitude de Os ve-llos non deben de namorarse, Sempre en Galizaou As cruces de pedra na Galiza (1949); man-tendo acesa a lexitimidade democrática da repre-sentación emanada das eleccións de 1936(Consello de Galiza); coordinando esforzos conoutras formacións nacionalistas do Estado de caraao recoñecemento plurinacional deste (Ga-leuzca); colaborando cos gobernos republicanosno exilio (ministro do Goberno Giral).

Page 53: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-52-

Sempre en Galiza

Edítase en 1944, grazas ao apoio económicodos emigrados galegos en Buenos Aires, verda-deira capital do labor cultural galego que nonpodía ter realización na Galiza.

A todas luces, aínda ten que ser considerado oensaio cumio do nacionalismo galego, o com-pendio de todas as teorizacións sobre o naciona-lismo da primeira metade do século XX ―paraalgúns biblia do galeguismo― e de difícil supe-ración aínda tanto por parte de teorizadores dou-tros contextos similares como do noso. É debedorfundamentalmente da experiencia e da prácticado seu autor, do diálogo coas doutrinas políticasen voga no momento (non de aplicacións mimé-ticas de teorías abstractas e alleas á realidade ga-lega). A densidade dunha obra como esta só écomprensíbel desde unha bagaxe política de

Page 54: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-53-

moitos anos e como re-sultado de situar a Galizacomo problema esencial,de preocupación polo es-tudo da súa historia e deconfianza no seu futuro.

Para Castelao a na-ción non é un ente pro-blemático, senón unharealidade palpábel aos cinco sentidos. Galiza éunha nación ―aínda que se lle negase e se llesiga a negar tal condición―, pois trátase dunhacomunidade estábel formada historicamente, conidioma propio, territorio diferenciado, vida eco-nómica peculiar e cultura e hábitos psicolóxicosautóctonos. Como nación, ten dereito á súa auto-determinación, é dicir, ten dereito a rexer o seupropio destino, a gobernar a súa vida conformeos seus intereses, sen inxerencias alleas. Este de-reito democrático básico pode exercerse, segundorazoa Castelao, no marco dun Estado plurinacio-nal como o español, sempre que adopte unha es-trutura federal, partindo do recoñecemento daspartes que o compoñen e cedendo estas da súasoberanía para constituíren a unidade superior.Castelao mantén a confianza no ideal federalistasobre todo nos anos previos e no decorrer da

Page 55: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

Guerra do 36, mais na súa etapa do exilio nondeixa de amosar fisuras, dúbidas e escepticismo,orientando máis o seu esforzo cara a que os gale-gos manteñamos unha posición nacionalista forteque nos facilite acordos á hora de negociar. Nondoutro xeito se poden interpretar manifestaciónscomo a seguinte recollida nesta obra, ao comezodo Libro segundo (p. 153): «Eu dígovos que osgalegos soio impoñeremos respeto cando se nosconsidere capaces de tronzar os vencellos quenos xunguen a Hespaña e cando nós mesmos de-prendamos a vivir con absoluta independenciados hespañoes».

Todo o fío condutor da teorización do Sempreen Galiza está tecido de ideas e pensamentos fon-damente democráticos e de signo antiimperia-lista. Para chegarmos á paz e ao equilibrio entreos países é preciso botar abaixo os Estados im-perialistas, que non poden ser, de ningunha ma-neira, a forma definitiva das sociedades humanas,pois formáronse coa asimilación de vellas comu-nidades nacionais, sistematicamente oprimidas etorturadas.

Consciente de estar intervindo no devir histó-rico do país, coidaba que este legado ideolóxicohabía de dar froito en vida súa ou na dos seus her-deiros políticos. Tiña en mente a continuación daobra, tal e como manifesta en carta a Irujo (1947):

-54--54--54-

Page 56: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-55-

Escribiré un segundo tomo de “Sempre enGaliza”, con la crónica exacta y documen-tada de todo cuanto ocurrió desde que mi tie-rra perdió su libertad, y si no llego a ver alpueblo gallego con los puños apretados es-pero que lo verán mis descendientes políticos.

Page 57: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades
Page 58: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

Sendo deputado das Cortes Constituíntes en1931 ―feito ben ilustrativo da súa preocupaciónpola lingua―, unha das primeiras iniciativas quepresentou tiña por obxectivo lograr avances norecoñecemento para o galego (as ‘linguas das na-cionalidades’), tal e como sucedera co catalán,que xa obtivera o recoñecemento de oficialidade.Viña así facerse patente a importancia do idiomapara o nacionalismo galego, na orientación queuns dez anos antes amosara xa a DoutrinaNazonalista de Ramón Vilar Ponte, quen o con-sideraba «fundamento primordial da nazonaliza-ción», tal e como ilustra o título do capítulo quededica á cuestión. Como lucidamente sinalabanos teóricos ―e tamén practicantes― do naciona-lismo galego das primeiras décadas do séculoXX, na lingua residénciase o corpo sensible danosa singularidade, da nosa diferenciación; o que,como tal nación, nos confire homoxeneidade, po-suíndo en todo momento o máis alto valor aglu-tinador. Na argumentación en defensa daquelainiciativa ―recollida a maior parte logo no Sem-pre en Galiza― Castelao deixa patente que o

A LINGUA, RAZÓN DE SERMOSE EXISTIRMOS

-57-

Page 59: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-58-

desprezo pola lingua propia significa unha re-nuncia aos dereitos que nos corresponden comopobo e provén dunha anestesia da dignidade co-lectiva.

Os tempos obrigaban xa a loitar contra as per-turbacións do bilingüismo e contra as políticasasimilistas propiciadas polo imperialismo, quehoxe aínda posúe armas e medios máis sofistica-dos que nos anos trinta do pasado século. Aosque, ao longo de séculos de férrea e escura do-minación, quixeron reducir o galego á categoríade dialecto de español, aos que intentaron con-vertelo nunha forma de expresión popular rústica,excluída de calquera ámbito institucional, daigrexa, da xustiza, do ensino…, Castelao non tenreparo en chamarlles imperialistas fracasadosporque, perseguindo un obxectivo exterminadorpara o galego e o esmorecemento do pobo galegodentro dunha unidade superior española, non ochegaron a conseguir. O pobo galego mantívoseimpermeábel á asimilación e o galego seguiuvivo e falándose de xeito espontáneo.

Castelao non podía idealizar a adhesión que opobo galego mantiña cara á propia lingua, mais simanter unhas grandes esperanzas nas potenciali-dades dunha lingua que era a falada maioritaria-mente, precisamente porque os mecanismos de

Page 60: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-59-

colonización do español non deran penetradoneste ámbito. Por esta mesma razón, compensa-toriamente, a lingua galega debía ser consideradadesde a perspectiva da bagaxe cultural e literariaacumulada, desde a óptica dos méritos contraí-dos e mesmo desde as súas posibilidades comu-nicativas, partindo das estreitas afinidades dotronco común galego-portugués: «Podemos co-municarnos con máis de sesenta millóns dealmas», dicía daquela. Resultaba incomprensíbelpara toda a tradición galeguista ―como segue re-sultando hoxe― vivirmos de costas a Portugal,ignorando a súa existencia e ocultándoa en todosos ámbitos da nosa vida a mantenta, especial-mente no ensino.

Porén, antes de nada, e á par de ser o principalatributo de diferenciación nacional, o galegoposúe un nidio contido social e de clase; é oidioma das clases populares, maioritario conmoito naquel intre, e polo tanto «…abondaríalleser a fala do povo traballador para estar dignifi-cado de por si, pois o galego é unha executoriaviva do traballo e unha cédula honrosa de cida-danía e democracia». A identificación da nacióncoas clases populares ten o valor engadido deseren estas as que permaneceron alleas á asimi-lación, sendo as verdadeiras depositarias do ga-lego ao longo dos séculos, fronte ás camadas

Page 61: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-60-

aristocráticas, á burguesía e á intelectualidade,que calaron e enmudeceron, producindo un dila-tado silencio literario e permitindo que o idiomafose confinado á categoría de lingua rústica. Orexurdir da lingua no século XIX está ligado ásreivindicacións democráticas das nosas elites cul-turais.

A preocupación de Castelao pola sorte dalingua é ben anterior ao seu discurso nas CortesConstituíntes e ás reflexións recollidas no Sem-pre en Galiza. Está presente en moitas viñetassúas de Cousas da vida, na súa primeira obra na-rrativa Un Ollo de vidro. Memorias dun esque-lete e en relatos de Cousas. Cunha boa dose deironía e un sintomático (ou expectante?)

Page 62: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-61-

distanciamento dos elementos populares que asis-ten ao espectáculo, non deixou de parodiar e cen-surar toda caste de comportamentos renegados arespecto do idioma, entre os que atopamos o dos«sabios mestres de Compostela», aos que xa res-ponsabilizaba no álbum Nós de seren «amas decría do caciquismo». A ocultación do galego nesemundo oficial chega a adquirir dimensións có-micas, cando á forza ten que aflorar en formascastrapizantes.

Para desgraza da lingua galega, os descaradosou sutís mecanismos de imposición do español,non tardaron moito en chegar ás clases popularese en invadilas de complexos, provocando actitu-des de autoodio e aparecendo comportamentoscomo os que aquí se parodian.

Page 63: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades
Page 64: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-63-

Nos últimos anos da súa vida, Castelao nontiña en mente ningunha postura liquidacionista arespecto da obra política que guiara o seu pensa-mento e a súa acción nos anos trinta e corenta. Oseu era un proxecto concibido, tanto na teoríacomo na práctica, para o país e para a existenciado mesmo. Seguía a pensar que o peor desterro éo que se sofre na propia terra privada de liber-dade, á que non estaba disposto a renunciar. Poriso, aínda que desde 1936 a 1950 non puido pisarterra galega, seguía tendo a Galiza no centro dopensamento. Deste xeito, era quen de recrear evivir o soño dunha Galiza luminosa e perdurábel,asentada no mellor da Tradición e con proxecciónde futuro, recollida na peza de oratoria Alba deGroria, chea de panteísmo, vibrante de emocióne saudade, propias dun exiliado e dun patriotaexemplar.

Un ano antes da súa morte en 1950,Castelao publicou aínda o traballo As cruces depedra na Galiza. A maiores das obras salientadasnas recensións anteriores, o lector ou lectora in-teresado en Castelao atopará aínda outras ―per-tencentes ás diferentes facetas do artista, pintor e

REMATE

Page 65: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

caricaturista― polas que aventurarse e descubrirreconfortantes sentimentos de galeguidade e in-ternacionalismo: Estampas de negros, os tres ál-bums da guerra, As cruces de pedra na Bretaña,Cousas da vida, Cincuenta homes por dez reás,Diario 1921…

Os restos de Daniel Castelao ―que foron re-patriados de xeito indigno, nunhas condicións deauténtico secuestro e non exentas de polémica,protestas e mobilizacións do nacionalismo galegocontra a manipulación da súa memoria― repou-san no Panteón de Galegos Ilustres en San Do-mingos de Bonaval desde 1984. Por medio dunhaespecie de florilexio eufemístico, Castelao quereser considerado patrimonio de todo o pobo

-64-

Page 66: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

galego, mais será máis patrimonio dos que seidentifican a diario con Galiza e coa súa lingua,dos que non silencian a súa obra e o seu exemplocívico e, en definitiva, dos lexítimos herdeiros econtinuadores do seu pensamento político.

A conmemoración do 125 aniversario do na-cemento de Castelao neste 2011 é ocasión propi-cia para reclamarmos, unha vez máis, adivulgación da súa obra, nomeadamente a de ca-rácter político, por medio de edicións axeitadas etamén ocasión de reiterarmos perante os poderespúblicos a necesidade de contarmos con centros(museos, pinacotecas, salas,…) onde poder ollar-mos o conxunto da obra gráfica e pictórica deCastelao e dispormos de reproducións para avenda masiva daquelas máis representativas. Nonhai outra maneira de popularizar o coñecementoda obra de Castelao, que é tamén o coñecementoda propia Galiza. Denunciamos a invisibilidadeá que se está a levar, por desidia premeditada, nonsó a obra política senón tamén a súa produciónartística, co obxectivo de lle restar proxección eincidencia a quen foi e segue sendo a todas lucesun verdadeiro símbolo nacional. Mentres tanto, amáis válida homenaxe que se lle pode tributarserá a dos que se esforzan en facelo visíbel e fun-cional nas aulas, con toda a súa potencialidade etoda a súa riqueza, nos foros e na actividade po-lítica cotiá e en calquera parte que sexa.

-65-

Page 67: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-66-

Hai agora exactamente vinte anos, en 1991,ao publicarmos a que daquela se considerou pri-meira monografía de análise e interpretaciónsobre o conxunto da obra literaria de Castelao (etamén da política), Arte e verdade. A obra litera-ria de Daniel Castelao, xa poñiamos de mani-festo estas mesmas prácticas de menosprezo eocultación, que aquí volvemos reiterar. Nesamesma liña reivindicativa e restauradora, co cin-cuenta aniversario da súa morte en medio (ano2000), cómpre mencionar os congresos que or-ganizou a Universidade da Coruña e mais o Con-cello de Pontevedra, así como a magníficaexposición da Deputación de Lugo, titulada Cas-telao: a derradeira lección do mestre, comisa-riada por Felipe Senén e Pilar García Negro.

Page 68: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades

-67-

Page 69: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades
Page 70: ©Do texto: Manuel Rei Romeu Vogalía de Lugo Isidro Novo Vogalía de … · 2018-03-05 · -4-Limiar. A singularidade de Castelao 7 Claves biográficas e evolución 9 As Irmandades