15
DOSSIER DE PRENSA UNHA CURTAMETRAXE DIRIXIDA POR VIRGINIA CURIÁ e TOMÁS CONDE

DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

DOSSIER DE PRENSA

UNHA CURTAMETRAXE DIRIXIDA POR VIRGINIA CURIÁ e TOMÁS CONDE

Page 2: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

PRESENTACIÓN

O SOLDADIÑO DE CHUMBO é un conto infantil escrito por H. C. Andersen, autor recoñecido e amado por nenos e adultos de todo o mundo. Nárrase nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos en curtametraxe de animación cinematográfica é unha forma de achegar ao público de todo o mundo, a literatura e a música sinfónica dende unha perspectiva galega.

No SOLDADIÑO DE CHUMBO fixemos unha revisión da trama, das personaxes e da sociedade que reflicte o texto, para personalizalo no ambiente e na sociedade galega, situando esta aventura no corazón de Galicia. Cando comezamos a documentación das obras xa realizadas en torno a este tema universal, puidemos comprobar como cada cultura integra os seus propios valores culturais dentro da historia de Andersen, de xeito que para un espectador calquera, O SOLDADIÑO DE CHUMBO podería ser unha historia xaponesa, rusa, guineana, brasileira,… e nós preguntámonos ¿é por que non unha visión galega deste conto?

As versións que existen deste conto desenvólvense polo xeral a mediados do século XIX, pero nós quixemos facer esta historia máis próxima ós nenos de hoxe sen perder a maxia do protagonista de chumbo, razón pola que ambientamos o conto nun contexto actual e no lugar que actualmente ocupan este tipo de xoguetes: nun museo.

Page 3: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

No concello de Allariz atópase O MUSEO GALEGO DO XOGUETE. Este orixinal museo, instalado nun edificio do S. XVII, é o único no seu xénero en toda Galicia. Creado a partires de doazóns e cesións de particulares, permite un percorrido pola historia do xoguete do século XX. Nel podemos admirar bonecas, coches, xogos de mesa, mobiliario en miniatura e incluso primitivos proxectores de cine.

Neste precioso museo ten lugar a nosa historia, á que engadimos xoguetes representativos da imaxinería popular galega, como castañeiras, cigarróns, mariñeiros, peladoras de patacas, etc.

O resultado é unha conxunción artística gracias ao traballo literario de H.C Andersen, a dirección de Virxinia Cúria e Tomás Conde, a composición musical de Emilio Aragón e o deseño de personaxes do artista Alfonso Costa.

Page 4: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

sinopse

Teñen vixencia os contos clásicos nos nosos días? é posible reinventar a Andersen? Na nosa adaptación de ‘O soldadiño de chumbo’ trasladamos o relato a escenarios máis próximos aos nosos xoves espectadores, de xeito que poidan sentirse identificados e lles axude a reflexionar, pero sobre todo, a gozar cunha das historias de amor máis fermosas que permaneceu ao longo do tempo...

Un paquete chega ao Museo Galego do Xoguete de Allariz. Trátase dunha doazón anónima. O encargado do museo ao abrir o paquete atópase cun pequeno soldadiño de chumbo sen unha perna. Colleo con moita delicadeza e o leva até unha acolledora sala do museo, onde se pode observar unha cheminea de ferro no centro. A sala está chea de andeis repletos de xoguetes. O encargado faille sitio e colócao xunto a outras figuritas de chumbo.

Pola noite, cando xa non hai ninguén no interior do museo, os xoguetes cobran vida e saúdan ao recentemente chegado. O Soldadiño responde amablemente e observa todo o que ten ao redor, chamando de súpeto a súa atención un brillo cegador ao lonxe: é unha bailarina situada noutro andel máis alto para evitar ser tocada polos nenos, pola súa extrema delicadeza. O brillo provócao un brillante que colga do seu pescozo.

O soldadiño namórase inmediatamente da bailarina e a súa única meta será a de atopar a fórmula para chegar até ela, o que resultará unha tarefa complicada xa que conta cun claro opositor: o Cigarrón, outro personaxe do Museo que ten as mesmas intencións e que tratará por todos os medios de desfacerse do seu adversario.

Page 5: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

os personaXes

soldadiño luis piedrahita

cigarrón manuel manquiña

Page 6: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

outros personaxes

CASTAÑEIRA Xermana Carballido

MARIÑEIRO Matías Brea

NENO XORNAIS Jesús Ángel Rosado (Gelos)

SOLDADO 1 Antón Rey

SOLDADO 2 Antonio Rubal

Page 7: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

virginia curiá e tomás condedirectoresVirginia Curiá e Tomás Conde se coñecen ao cursar estudios na Escola

de Imaxe e Son de A Coruña en 1993, e dende entón traballan xuntos

con plastilina e animación stpo-motion como medio de expresión artística

audiovisual.

Comezan a súa produción co video-clip “Alegrías de Puerta Tierra” en

1994 que foi seleccionada polo Ministerio de Cultura español como peza

fundamental da historia do cine de animación en España; dende entón

realizaron diversas campañas de publicidade, cortinillas de continuidade e

cabeceiras para televisión, entre as que destaca a cabeceira de “Las noticias del

Guiñol de Canal +” galardoada co premio Mestre Mateo á mellor produción

de publicidade do ano 2007.

Na súa faceta como cortometraxistas, destacan as sete curtametraxes de

animación que crearon e dirixiron, da serie inspirada na obra de autores

homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Entre os seus proxectos máis recentes, destaca a serie de animación ¿E POR

QUÉ? que foi a única serie española seleccionada no máis importante festival

de animación europeo, o Festival de Annecy. Actualmente están a producir a

segunda parte da serie PASEA.

Page 8: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

O artista nace en Noia o 9 de Agosto de 1943. Estudia na Escola de Artes

e Oficios Artísticos. “Llotja” de Barcelona e é membro da Fundación do

Gravado e a Estampa de Artes (A Coruña) e conta con numerosas exposicións

en diferentes lugares como Madrid, Barcelona, A Coruña, Ibiza, Suiza, Italia,

Alemania, Cuba, Miami, México, Buenos Aires, Portugal, Francia, etc...

A súa diversidade creativa como artista queda patente nos numerosos traballos

que realizou; dende unha serie de fotografías e debuxos sobre a forma de vida

no continente africano en 2006 até unha colección de traxes de noiva e sen

esquecernos do deseño de personaxes e fondos de O Soldadiño de Chumbo

e numerosas ilustracións en libros; isto entre outros moitos traballos fan que

Alfonso Costa reciba numerosos becas, premios e recoñecementos ao longo

da súa carreira.

Realiza numerosas pinturas murais e expón diversas coleccións públicas.

Actualmente continúa realizando escultura, decorados para teatro e televisión,

ilustracións de libros e carteis. Tamén dirixe dende 1995 o Taller de Gravado

na Sociedade Liceo de Noia (A Coruña).

alfonso costadeseñador de personaxes

Page 9: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

emilio aragónmúsicoEmilio Aragón é un dos profesionais da comunicación máis versátiles de

España, sendo recoñecido en diferentes facetas; como guionista, actor,

presentador de tv e radio; director de Tv; fixo teatro, cine; creou xunto ao

seu pai El Circo del Arte,etc. Pero entre as súas numerosas facetas destaca

a de músico; titulado en piano polo real Conservatorio de Madrid e en

Composición polo New England Conservatory de Boston, creou numerosas

composicións musicais entre as que destacamos os contos sinfónicos. En

2002 estreou o conto sinfónico O SOLDADIÑO DE CHUMBO ; dous anos

despois estreou o seu segundo conto sinfónico basado no conto infantil do

Premio Nobel, José Saramago A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO e en

2007 dirixiu a Orquestra de Câmara Magistralia no Teatro Jofre de ferrol na

estrea da curtametraxe de Juan Pablo Etcheverry do mesmo nome; participou

na produción da ópera infantil de Mozart Bastián y Bastiana...

Ademais de compoñer para distintos artistas nacionais e internacionais,

como Celia Cruz, Mocedades, Raimundo Amador, Miguel Bose, etc...tamén

compuxo temas para series e Tv movies Médico de Família, Periodistas, Siete

Vidas, Javier ya no vive solo...cabeceiras para series de Tv e um gran número

de Jingles para publicidade.

Actualmente destaca a súa actividade como empresario; é presidente de La

Sexta e Arbol Producciones (a segunda produtora audiovisual máis grande

de España).

Page 10: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

Unha Produción De Continental Producciones

Algarabía

Coa Axuda De Consellería De Cultura e Deporte.

Xunta De Galicia

Co Apoio De ICAA

Concello De Allariz

Produtor Pancho Casal

Produtora Executiva Chelo Loureiro

Obra Orixinal H. C. Andersen

Dirección E Adaptación Virginia Curiá

Tomás Conde

Deseño Personaxes Alfonso Costa

Música Orixinal Emilio Aragón

Construcción de

Personaxes e Atrezzo Virginia Curiá

Tomás Conde

Pablo Suárez

Animación e Fotografía Virginia Curiá

Postprodución Tomás Conde

Dirección de Dobraxe Charo Pena

Deseñador de Son Carlos García

FICHA TÉCNICA

Page 11: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

as productoras

CONTINENTAL é unha compañía con sedes en A Coruña e Madrid adicada á produción audiovisual dende 1982. Na actualidade desenvolve a súa actividade nas líñas de produción dos seus seis departamentos: cine, spot, televisión, animación, comunicación corporativa comercializada baixo o selo de Impulso TV e agora tamén Continental Games, o proxecto máis recente e ambicioso de Continental no que se introduce no mundo dos videoxogos.

Tras máis de vinte anos de actividade, CONTINENTAL CINE ten obtido numerosos premios e galardóns en diferentes festivais e certámenes (entre os que se contan 6 Goya, 1 Concha de Ouro no Festival de San Sebastián, 29 nominacións aos Goya, 47 premios do audiovisual gallego, e presencias e premios en festivais como os de Berlín, San Sebastián, Valladolid, Sitges, Nova York, A Habana, Miami, Toronto, Montreal, etcétera).

CONTINENTAL TV e CONTINENTAL SPOT ocupan un importante lugar no sector audiovisual español coa produción de series de televisión, programas, tv-movies, documentales e spots para as máis importantes cadeas e institucións. CONTINENTAL ANIMACIÓN ten iniciado a súa andadura coa longametraxe De Profundis -obra do debuxante Miguelanxo Prado e o músico Nani García- e a curtametraxe A flor máis grande ol mundo, baseada nun conto de José Saramago.

Ademáis, CONTINENTAL acaba de lanzar IMPULSO TV (www.impulsotv.es), unha produtora de videos e canales corporativos especializada en novas tecnoloxías de comunicación.

CONTINENTAL PRODUCCIONES

Page 12: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

Na actualidade, CONTINENTAL participa como socio fundador na distribuidora de vídeo e DVD CAMEO (www.cameo.es), así como no consorcio de exportación de cine español e latinoamericano LATIDO (www.latidofilms.com), o que lle permite participar activamente nas distintas ventás de explotación.

Filmografía

2008 O Soldadiño de chumbo, dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde (curtamentraxe de animación) A crise carnívora, dirixida por Pedro Rivero (longametraxe en animación flash) Abrígate, dirixida por Ramón Costafreda2007 Unha muller invisible, dirixida por Gerardo Herrero Concursante, dirixida por Rodrigo Cortés A flor máis grande do mundo, dirixida por Juan Pablo Etcheverry (curtametraxe de animación) De Profundis, dirixida por Miguelanxo Prado, con música de Nani García (animación)2006 Días azuis, dirigida por Miguel Santesmases Os aires difíciles, dirixida por Gerardo Herrero2005 Un rey na Habana, dirixida por Alexis Valdés Heroína, dirixida por Gerardo Herrero Para que non me esquezas, dirixida por Patricia Ferreira2004 A vida que che espera, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón2003 El misterio Galíndez, dirixida por Gerardo Herrero Trece badaladas, dirixida por Xavier Villaverde2002 O alquimista impaciente, dirixida por Patricia Ferreira Os luns o sol, dirixida por Fernando León de Aranoa2000 Sei quen es, dirixida por Patricia Ferreira1999 Fisterra, dirixida por Xavier Villaverde Cando volvas ó meu lado, dirixida por Gracia Querejeta1998 Fronteira Sur, dirixida por Gerardo Herrero1997 Inés de Portugal, dirixida por Juan Carlos de Oliveira1989 Continental, dirixida por Xavier Villaverde

Page 13: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

Tanto Virginia Curiá como Tomás Conde cursaron estudos na Escola de Imaxe e Son da Coruña, nas especialidades de imaxe, realización e produción.

Dende entón non cesaron á súa actividade laboral, centrada na animación con personaxes modelados con plastilina, para o que crearon a productora cinematográfica ALGARABÍA ANIMACIÓN. Desde esta pequena productora realizaron publicidade, video clips, cortinillas de continuidade, curtamentraxes, programas piloto, miniseries e o desenvolvemento do longametraxe de animación "PICA PICA CIRCUS", dirixido por Miguelanxo Prado.

Gran parte destes traballos foron coproducidos por Lúa Films e Televisión de Galicia, e todos eles participaron en multitude de certámenes nacionais e internacionais, onde recibiron un alto número de premios e menciones.

Dentro do mundo do cómic traballaron para a publicación infantil "GOLFIÑO".

Filmografía "PICA PICA CIRCUS", longametraxe. "ALEGRÍAS DE PORTA TERRA", Videoclip. Primeiro Premio Festival de cine e vídeo do Casino de Villagarcía de Arosa. Premio ó Mellor Curtamentraxe andaluz. EUROVIDEO Unicaja, Málaga. "CADERNO DE BITÁCORA", curtamentraxe. Primeiro Premio no concurso de guiones de animación de Studio XXI. Mención Especial do Xurado no certamen Eurovideo de Unicaja, Málaga. Cuarto Premio no Certamen Audiovisual Casino de Villagarcía.

algarabía animación

Page 14: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

"NOITE MEIGA", curtametraxe. Premio Galicia no Certamen Audiovisual Casino de Villagarcía. "SANOTE", miniserie 4 x 30". Premio AGAPI á Mellor Produción de animación. "ADIVIÑA ADIVIÑA", piloto miniserie. Premio AGAPI á Mellor Produción de Animación "IGNOTUS", curtametraxe. Premio Galicia no Certamen Audiovisual do Casino de Villagarcía. Mención Especial do Xurado no Festival Internacional de Cine Inédito de Islantilla. Premio AGAPI á Mellor Curtamentraxe de Animación. "VOS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO", curtamentraxe. Premio GALICIA no Certamen Audiovisual do Casino de Villagarcía. Mención de Honor no Festival Internacional de Cine Inédito de Islantilla. Premio Chano Piñeiro á Mellor Produción de Animación. Premio Chano Piñeiro á Mellor Son. Mención Especial á Animación no Festival A Fila de Cortometrajes de Valladolid. "MEIGALLOS, SOMBRAS E PAPAS DE ARROZ", curtametraxe. "A ESCOLA DÁS AREAS", curtametraxe. Premio Galicia no Certamen Audiovisual do Casino de Villagarcía. Premio Mestre Mateo á Mellor Animación. "GOOD NIGHT MON AMI", curtametraxe. Primeiro Premio da Federación de Cineclubs de Galicia-Portugal. Premio Galicia no Certamen audiovisual do Casino de Villagarcía. "A XAGUARANA", curtametraxe. "ALISTAN, Ou DEMO OVEIRO", curtametraxe. Premio do Público no Certamen Nacional de Curtametraxes do Entrego 2004.

Page 15: DOSSIER DE PRENSA · nel unha historia inmersa no romanticismo propio de mediados do século XIX, na que un soldadito loita por estar a carón da súa amada. Este conto que convertemos

CONTACTO