5
Emmanuel Jal: A música dun neno da guerra Só direi que o meu nome é Emmanuel Jal e veño dende moi lonxe. Veño contando unha historia moi dolorosa para min. Foi para min unha xornada difícil, viaxar polo mundo, contando a miña historia en forma de libro. E tamén contándoa como agora. E tamén, a forma máis doada foi cando o facía en forma de música, así que me autodenominei neno da guerra. Fago isto por unha anciá da miña aldea agora, que perdeu aos seus fillos, non hai xornal que cubra a súa dor e o que ela quere é que esta sociedade cambie. Fago isto por un mozo que quere provocar un cambio e non ten forma de proxectar a súa voz porque non sabe escribir. Ou non hai Internet, Facebook, MySpace, YouTube, para que eles se expresen. Algo que tamén me mantén divulgando esta historia, estas dolorosas historias, son os sonos que teño. Ás veces é coma se as voces dos mortos que vin me dixesen: "Non te rendas. Continúa". Porque ás veces quero parar e non o facer, porque non sabía onde me estaba metendo. Nacín nunha época do máis difícil, cando o meu país estaba en guerra. Vin á miña aldea incendiarse, ese mundo que significaba tanto para min, vino desaparecer fronte aos meus ollos. Vin a miña tía ser violada cando eu só tiña cinco anos, a guerra reclamou á miña nai, os meus irmáns e irmás foron dispersados. E ata agora, o meu pai e eu deixamos as filas e eu aínda teño problemas con eles. Vendo cada día persoas morrendo, á miña nai chorando, é coma se tivese sido criado na violencia. E iso fíxome autodenominarme neno da guerra. E non só iso, cando tiña oito anos, volvinme un neno soldado. Non sabía para que era a guerra. Pero sabía unha cousa, unha imaxe que vin que se me gravou na mente. Cando fun ao campo de adestramento dixen, "Quero matar tantos musulmáns e tantos árabes como sexa posible. " O adestramento non era doado, pero iso era o que me impulsaba porque quería vingar a miña familia, quería vingar á miña aldea. Por sorte, agora as cousas cambiaron, porque cheguei a descubrir a verdade: O que nos estaba a matar non eran os musulmáns, non eran os árabes. Era alguén sentado nalgunha parte manipulando ao sistema, e utilizando á relixión para conseguir o que quería de nós. O petróleo, os diamantes, o ouro e a terra. Decatarme da verdade deume a posibilidade de elixir: Debía seguir odiando, ou perdoar? E eu acertei a perdoar. Agora canto música cos musulmáns, bailo con eles. Mesmo teño unha película chamada "Neno da guerra" financiada por musulmáns. Así que esa dor se extinguiu. Pero a miña historia é tremenda. Así que agora o farei doutro xeito. Unha máis doada para min. Vou darlles un poema chamado "Forzado a pecar", do meu álbum "Neno da guerra". Falo da miña historia, unha travesía que fixen cando fun tentado a comer o meu amigo porque non tiñamos comida e eramos como 400. E só 16 persoas sobreviviron a esa viaxe. Espero escoiten isto. Os meus sonos son como un tormento. E cada momento, voces na miña cabeza, de amigos asasinados.

Emmanuel Jal_

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Un neno da guerra

Citation preview

Page 1: Emmanuel Jal_

Emmanuel Jal:

A música dun neno da guerra

Só direi que o meu nome é Emmanuel Jal e veño dende moi lonxe. Veño contando unha historia moi dolorosa para min. Foi para min unha xornada difícil, viaxar polo mundo, contando a miña historia en forma de libro. E tamén contándoa como agora. E tamén, a forma máis doada foi cando o facía en forma de música, así que me autodenominei neno da guerra. Fago isto por unha anciá da miña aldea agora, que perdeu aos seus fillos, non hai xornal que cubra a súa dor e o que ela quere é que esta sociedade cambie. Fago isto por un mozo que quere provocar un cambio e non ten forma de proxectar a súa voz porque non sabe escribir. Ou non hai Internet, Facebook, MySpace, YouTube, para que eles se expresen.

Algo que tamén me mantén divulgando esta historia, estas dolorosas historias, son os sonos que teño. Ás veces é coma se as voces dos mortos que vin me dixesen: "Non te rendas. Continúa". Porque ás veces quero parar e non o facer, porque non sabía onde me estaba metendo.

Nacín nunha época do máis difícil, cando o meu país estaba en guerra. Vin á miña aldea incendiarse, ese mundo que significaba tanto para min, vino desaparecer fronte aos meus ollos. Vin a miña tía ser violada cando eu só tiña cinco anos, a guerra reclamou á miña nai, os meus irmáns e irmás foron dispersados. E ata agora, o meu pai e eu deixamos as filas e eu aínda teño problemas con eles. Vendo cada día persoas morrendo, á miña nai chorando, é coma se tivese sido criado na violencia. E iso fíxome autodenominarme neno da guerra.

E non só iso, cando tiña oito anos, volvinme un neno soldado.

Non sabía para que era a guerra. Pero sabía unha cousa, unha imaxe que vin que se me gravou na mente. Cando fun ao campo de adestramento dixen, "Quero matar tantos musulmáns e tantos árabes como sexa posible. " O adestramento non era doado, pero iso era o que me impulsaba porque quería vingar a miña familia, quería vingar á miña aldea.

Por sorte, agora as cousas cambiaron, porque cheguei a descubrir a verdade: O que nos estaba a matar non eran os musulmáns, non eran os árabes. Era alguén sentado nalgunha parte manipulando ao sistema, e utilizando á relixión para conseguir o que quería de nós. O petróleo, os diamantes, o ouro e a terra. Decatarme da verdade deume a posibilidade de elixir: Debía seguir odiando, ou perdoar?

E eu acertei a perdoar. Agora canto música cos musulmáns, bailo con eles. Mesmo teño unha película chamada "Neno da guerra" financiada por musulmáns. Así que esa dor se extinguiu. Pero a miña historia é tremenda. Así que agora o farei doutro xeito. Unha máis doada para min. Vou darlles un poema chamado "Forzado a pecar", do meu álbum "Neno da guerra". Falo da miña historia, unha travesía que fixen cando fun tentado a comer o meu amigo porque non tiñamos comida e eramos como 400. E só 16 persoas sobreviviron a esa viaxe. Espero escoiten isto.

Os meus sonos son como un tormento. E cada momento, voces na miña cabeza, de amigos asasinados.

Page 2: Emmanuel Jal_

Amigos como Lual quen morreu ao meu lado, de fame. Na xungla ardente, e na chaira deserta.

Eu era o seguinte, pero Xesús escoitou o meu choro ao ser tentado a comer a carne podre do meu compañeiro.

Deume consolo. Adoitabamos asaltar aldeas, roubando galiñas, cabras e ovellas.

O que fora que puidésemos comer. Sabía era groseiro, pero facía falta alimento.

E por iso era forzado a pecar, forzado a pecar para gañarme a vida. Forzado a pecar para gañarme a vida. Ás veces para gañar tes que perder.

Nunca renderse, nunca ceder. Saio de casa aos sete anos.

Un ano despois, vivo cunha AK-47 ao meu costado. Durmo cun ollo aberto.

Corro, agáchome, fágome o morto e escóndome. Vin a miña xente morrer como moscas.

Pero nunca a un inimigo morto, polo menos un que eu matase.

Pero aínda que me pregunto, aínda así non me afundo. Armas ladran como o raio e o trono.

Como neno tan novo e tenro, palabras que non podo esquecer recordo. Vin o sarxento comandante a man alzando,

non retirada, non rendición. Cargo a bandeira do trauma,

neno de guerra, neno sen mamá, aínda pelexando na saga.

Pero facendo esta nova guerra non estou só neste drama. Non se sentar ou deterse, mentres chego á punta totalmente entregado como un policía patriota.

Estou na loita, día e noite. Algunha vez fago mal para poder arranxar as cousas.

É como vivir nun sono. Por vez primeira séntome un ser humano.

Ah! Os nenos de Darfur. Os seus ventres baleiros na tele e son vostedes polos cales vou pelexando.

Deixo o meu fogar. Nin sequera sei o día que regresarei. O meu país está destruído pola guerra a música que oía eran bombas e armas.

Tantas persoas morren que nin sequera choro, pregúntolle a Deus para que aquí estou,

e por que é pobre o meu pobo, e por que, por que cando outros nenos aprendían a ler e a escribir

eu estaba a aprender a pelexar. Comín caracois, coellos, voitres, serpes e todo o que vivía

estaba disposto a comer. Sei que é unha vergoña pero a culpa de quen era?

Esa é a miña historia en forma de lección.

Grazas.

O que me dá enerxías e me fai seguir adiante é a música que fago. Nunca vin a ninguén para contarlle a miña historia para que me aconsellasen ou para facer terapia. Así que a música foi a terapia para min. Foi onde de verdade vin ao ceo, onde podo ser feliz, onde podo ser neno outra vez, bailando, coa música. Sei unha

Page 3: Emmanuel Jal_

cousa sobre a música: É o único que ten poder para entrar ás túas células, á túa mente, ao teu corazón, influír a túa alma e o teu espírito, e mesmo pode influenciar como vives sen que te decates. A música é o único que pode facer que queiras saírte da cama e poñerte en marcha, aínda que non queiras facelo. Así que o poder que a música ten o comparo normalmente co poder do amor cando o amor non te deixa ver nada. Ou sexa, se te namoras dun sapo, iso é todo.

Un testemuño de como descubrín que a música é poderosa é de cando era aínda un soldado, naquel entón. Eu odiaba a xente do norte, pero non sabía por que non odiaba á súa música. Faciamos festas e bailabamos coa súa música. E o que me conmocionou foi que un día, un músico árabe veu entreter aos soldados E case rompo unha perna bailando a súa música. Pero tiña esta dúbida. Así que agora que fago música sei cal é o poder da música.

Bo, que pasa aquí? Percorrín unha viaxe dolorosa. Hoxe é o día número 233 en que só ceo. Non almorzo, non xanto. E fixen unha campaña chamada Perder Para Gañar. Na cal perdo para poder gañar a batalla que agora loito. Así que o meu almorzo e o meu xantar os doo a unha organización de beneficencia que fundei porque quero construír unha escola en Sudán.

E fago isto tamén porque é algo normal no meu fogar, a xente come unha vez ao día. E eu que estou en occidente, escollo non o facer. Así que agora na miña aldea, os nenos aí escoitan normalmente á BBC, ou calquera estación, e están a esperar para saber o día que Emmanuel almorzará, o que significa que conseguiu o diñeiro para construír a nosa escola. Así que fixen un compromiso. Dixen: Non vou almorzar. " Crin que era tan famoso que xuntaría o diñeiro nun mes. Pero fun humillado.

Levoume 232 días. E dixen: "Non me deterei ata que o consigamos". E así se fixo en Facebook, en MySpace, as persoas dan tres dólares. A cantidade máis baixa que recibimos foron 20 centavos. Alguén doou 20 centavos por Internet. Non sei como o fixeron. Pero iso emocionoume.

A importancia que ten para min a educación é que é algo polo que estou disposto a morrer. Estou disposto a morrer por isto. Porque sei canto pode axudar á miña xente. A educación ilumínache a mente, dáche tantas posibilidades, e es capaz de sobrevivir. Fomos mutilados como nación. Por tantos anos dependemos de asistencia. Ven familias de 20 anos, de 30 anos en campos de refuxiados. Só teñen a comida que lles cae do ceo, das Nacións Unidas.

E así esas persoas, están a matar a toda unha xeración se só lles brindan axuda. Se alguén quere axudarnos isto é o que necesitamos: Déannos ferramentas, dean ferramentas aos campesiños, hai chuvia, África é fértil, poden facer crecer cultivos. Invirtan en educación. Educación de tal forma que teñamos unha institución forte que poida crear unha revolución que cambie todo. Porque temos a todos eses vellos que crean guerras en África. Eles morrerán pronto. Pero se vostedes invisten en educación entón poderemos cambiar África. Iso é o que pido.

Así que para lograr iso, creei unha carta constitutiva chamada Gua Africa, na que mandamos os nenos á escola, e agora temos a Universidade Kassala. Temos como 40 nenos, antigos nenos soldados mesturados con calquera a quen queiramos apoiar. E dixen: "Vou levar isto á práctica". E coas persoas que están a seguirme e me axudan a facer cousas, iso é o que quero facer para cambiar, para marcar unha diferenza no mundo.

Page 4: Emmanuel Jal_

Ben, o meu tempo remátase, así que quero cantar unha canción. Pero pídolles que se poñan de pé para que conmemoremos a vida dunha voluntaria británica chamada Emma McCune que fixo posible que eu estea aquí. Vou cantar esta canción só para inspiralos coa forma en que esta muller marcou a diferenza. Chegou ao meu país e viu a importancia da educación.

Dixo que a única forma de axudar a Sudán era investindo nas mulleres, educándoas, educando os nenos, para que eles puidesen chegar e crear unha revolución nesta complexa sociedade. Así que mesmo rematou casando cun comandante do SPLA. E rescatou máis de 150 nenos-soldado. Un deles resultei ser eu. Así que neste momento quero pedirlles conmemorar a Emma comigo. Están listos para conmemorar a Emma?

Audiencia: Si! Emmanuel Jal: De acordo.

Isto é para Emma McCune

anxo que ao rescate chegou unha tarde Estou aquí porque me rescataches a min

estou orgulloso de traer a túa herdanza aquí. Grazas. Bendita sexas. R-I-P Que sería de min? De min!

Se Emma nunca me tivese rescatado a min? Que sería de min? Que sería de min? De min! Outro refuxiado famento. Que sería de min?

Que sería de min? De min! Se Emma nunca me tivese rescatado a min? Yeah!

Yeah! Yeah! Terías visto a miña cara na tele

co inflado famento ventre con moscas nos meus ollos, cabeza enorme para o meu corpo

só outro neniño famento correndo por África, nacido para ser salvaxe.

Gaben a Deus, gaben o Todopoderoso por enviar un anxo a rescatarme

teño unha razón para estar nesta Terra porque sei mellor que moitos o que vale unha vida.

Agora que teño unha oportunidade de non ceder terreo correrei sobre montañas a pasos axigantados non son un anxo pero espero pronto ser un e se o son, quero ser como Emma McCune.

Que sería de min? De min! Se Emma nunca me tivese rescatado a min?

Que sería de min? Que sería de min? De min! Outro refuxiado famento.

Que sería de min? Que sería de min? De min!

Se Emma nunca me tivese rescatado a min?. sería un cadáver na chaira africana.

Se hai alguén aquí atrás, dean amor, todos un gran berro por Emma. Yeah! Agora voume poñer tolo.

Que sería de min?

Page 5: Emmanuel Jal_

Se Emma nunca me tivese rescatado a min? Que sería de min?

Outro refuxiado famento. Que sería de min?

Se Emma nunca me tivese rescatado a min? Yeah! Yeah!

Yeah, quizais tería morto de fame ou por algunha outra horrible enfermidade

tería crecido sen ningunha educación só sería outro refuxiado.

Grazas.

Salven a vida dun neno.