24
En febreiro, ler o amor 2012

EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Embed Size (px)

DESCRIPTION

LIBRO DE POEMAS

Citation preview

Page 1: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

En febreiro, ler o amor

2012

Page 2: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Ameite tanto esta tarde,cando ti non estabas,e estaba o ceo como un atlas da ausenciaesvarando nas horas!

Que estraño é todo isto, este amor que se agolpae verte a súa furia por acima de unhasen piedade!

Non sei por que estes días en que temos tantoe tan fondo e tan duro e tan tristeiro,días en que quixera aniquilartede tanto amor como me tinxe o corpoe me lastima os dentes.

Esta tarde ameite como invasión de escumasen sartegos tenrísimos.

Non sei que estrañas aves aniñaron en minpara que así te ame,non sei que tortas rutas ou mans confabuladasme trouxeron a ti,non sei por que camiños navegou o meu sanguepara chegar a ti.

Non sei se faro ou torre ou terra prometidaforon marcando o norte dos meus sucos.

Só sei que aquí me tes, a ti ofrecida,sen culpa deste amor que caeu sobre minnon sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza.

Esta tarde ameite como nunca,Pero ti non estabas.

PILAR PALLARÉS, Sétima soidade

Page 3: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Teño algo importante que diciragora que vimos de despedirnospara sempre.Quérote.Crávame as unllas,pero has de saber que tamén fun sinceroas outras mil veces.

MANUEL RIVAS.Mil

Quérote como as chourizas ben feitas, docemente pero cun aquel de picante.

Quérote como o meu bisavó levaba a boina,altamentee sempre na cabeza

(....)Querote como a miña avoafacía as filloas,fariñosamentee co sangue da derrota.(...)Querote como o gato que durmíaa caron da lareiradespistadamentepero cun ollo no rato.

RAÚL GÓMEZ PATO, Choiva, vapor e velocidade.

Page 4: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Se me chegasen noticiasde que existes,de que as túas mans estalan de ternurae son xacintosalén destas ineludiblementecatro,sempre catro paredesanegadas de espanto.Se me chegasen sinais do teu sorrisoou da seriedade con que enfrentas a lúae pasas polos días,esa longa ferida sen cauterios.Se tivese a túa voz por un momentoconstatando sen máis a túa existencia,aínda que ti non soubesesque eu existoque eu espero e esperoe fago da túa vida a miña arte...

Por que escrebes na tardetantas caligrafías de silencio?

PILAR PALLARÉS

ALEGRÍA

Qué alegría, vivir, sintiéndose vivido.(Pedro Salinas)

Que alegría, saberte comigo debruzada,nunha mañá de nubes dun outono calqueraou no sol temesiño desoutra primavera,para acollermos xuntos a luz abrancazada.

Que alegría, mirarte nun sorriso abrazadano tempo impredicible de invernía e de esperaou na inoportunidade da calor máis severapara albiscar entrambos o brinde da luzada.

Que alegría, notar o rebento que nacedentro, como se fose medrándome no oídounha música morna que non dá interrompido.

Que alegría, dicir ben alto que me apraceser amado e amarte co corazón espido.Que alegría, vivir sentíndose vivido.

MIRO VILLAR Equinoccio de primavera

Page 5: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Aquela que máis querocomo se antano dicía nas luzadas harmónicas amada namorada dos homes que fun só quedou un amantee só a ti amei máis do que xa amara e só a ti amarei máis do que xa amei.E nunca fun máis eu que cando amei.

CLAUDIO RODRÍGUEZ FER

Toma esta chave. Abre os meus beizos pero non racheso meu silencio. Abre os meus labios,tes moito tempo. Ti ben coñecesa voz do vento. Faino con calma. Faino con xeito. Quero vivir nun beixo eterno.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.Palabras envoltas en cancións

Page 6: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Se subo ata o teu bercee me remonto polo anosson neno contigo en celestesmañás de balanzos e sinos,préndome ao voo da túa saiae esperto ao amornun mencer cheo de alas.

Mais, se envellecemos xuntos,se desandamos o vieiro da vidapaso a paso,mirarei nos teus olloso esvarar do temponorde como un barco.

Se envellecemos xuntose desfago a madeixa dos meus díasao teu ladofareime confidentedo teu camiño sen pegadasdo teu canto e do teu ánimo.

Compartirei o sal, o leitoe o abrazo,saberei escuramente que o noso pasopolo mundo non é en balde.

Se envellecemos xuntos,se te acompaño neste tránsito,deixarei bolboretas lenesnas túas pálpebras cansas,escoitarei o repenicar da chuvianas xanelas da nenez,sentirei a túa vozesmorecerse en calma.

Bastarame para entendelo todoo ollar confidente desa túa luz sen ansia.

XESÚS LÓPEZ VALCÁRCEL

Page 7: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Bendito sexa o ano, o mes. o día

que te encontrei no medio do camiño

e andabas escollendo a flor do espiño

sen te mancar na espiña que fería;

bendita sexa a hora en que eu prendía

no teu claro mirar de trigo e liño

e o instante en que probei o manseliño

mel da palabra túa de amavía:

bendito sexa o intre e o segundo

en que determinei ser teu amigo

e camiñar contigo polo mundo.

bendito sexa o porto e a cidade

onde embarquei pra navegar contigo

nun navío de amor e de saudade.

DARÍO XOHÁN CABANA

Page 8: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

SE NON SORRÍS COMIGO

SE NON SORRÍS CÓMIGO, amor, non vivo.Sen a túa beleza ¿quen me eleva?Sen a túa calor ¿quen me da brío?Sen a túa alegría o mundo enteiroé ancián engurrado, feo, irto.Sen o hálito teu reina invernía.Sen a túa palabra murcha o espirito.Sen ti non chouta o corazón no peito.Sen ti todo me sabe amargo, insípido;todo é estrafalario, sen sentido,sen luz, como gran túnel escurísimo.Sen a túa pel suave todo é toxo.Sen o soar do riso da túa bocaos paxaros non dan cantos nin chirlos.Sen as súbitas luces dos teus ollosxa nin lúa nin sol ofrecen brillos.Todo se volve fusco, mouro, bruto.O próximo é un muro empedernido;o mar, inmenso pranto sobre a praia.Xa nada ten valor e xa non queroerguerme na maná. Xa todo é frío.Se non te teño, amor, ¿para que vivo?

BERNARDINO GRAÑA. Sen sombra e sen amor

Así caladamente

agardar as palabras dos teus labios outonizos

merecer a mornura do teu corpo

tenro en primavera

as dóciles caricias dos teus dedos delicados

como o estío

como uvas saborosas e docísimas

no inverno

MODESTO FRAGA

Page 9: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Chamo á porta do amor na noite escuraE está o teu corazón coa luz prendida,A túa man socórreme a feridaE cúrame o teu labio a desventura.

A auga que me das tan fresca e pura É da fonte limpísima da vida:Mel da tua roseira florecida Entre as coxas, as sedas, a espesura...

E xa por sempre irei de ti cautivo Pois dasme a vida e dasme a sepultura ando me volvín para E cando mDun amor imposíbel e furtivo.

Como me doe a túa hermosuraDa que devezo e ando fuxitivo Pois sei que o mal que teño non ten cura!

A. AVILÉS DE TARAMANCOS.As torres no ar.

Cando setenta invernos na túa frente caven fondos agravios e regañas, cando leves escrita polas cañas a traxedia do tempo displicente;

cando o curso dos anos che amolente a preciosa dureza das entrañas, cando mesmo calvexen as marañas que son coroa ó monte máis ardente;

cando a morte se pouse nos teus ombros e todo sexa un resoar de escombros e ruína certísima da rosa,

se eu sigo por aquén, amarei tanto a túa decadencia, o teu quebranto, que has de morrer pensándote fermosa.

DARÍO XOHÁN CABANA

Page 10: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Onda un muro

De pedra

eu puxen un bico

para ti

Baixo un teito

de pedra

pintaches un bico

para min.

Un bico pintado.

Un bico pousado

na tea

na area.

Dous bicos calados

na pedra

na tebra.

Dous bicos

sen fin.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Voz sen verbas:

silencio.

mar sen auga:

deserto.

Sol sen raios:

misterio.

Luz sen brillo:

coitelo.

Man sen man:

un berro.

Dor sen laios:

o tempo.

Eu sen ti:

inferno.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Page 11: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Nas leves tardes de Outono tan serenas,

ateigadas de silencio e dozura

eu vou sentindo, amor, a túa tenrura

igual que lume queimándome nas veas.

O son das aves, o vento e as sereas,

a voz solemne do mar, rouca e escura,

é a voz do amor coa súa fondura,

co seu incansábel ritmo de mareas.

Eu quero vivir o outono na ribeira

para amistar coas gaivotas e embarcar

nunha dorna xentil, ben mariñeira.

O meu desexo máis fondo é naufragar,

¡ouh miña boa e sinxela compañeira!

no teu mar de tenrura. Só no teu mar.

MANUEL MARÍA

E cando me volvín para bicalo

escoiteille dicir

"facía tanto tempo".

Non lle pedín permiso.

Non sabía.

Do seu corazón lento

nunca puiden contar tódolos golpes.

MARÍA DO CEBREIRO

Page 12: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

MANCO O SOL QUE REGRESA DA XANELA

Manco o sol que regresa da xanela

e estou aquí a mor e estou contigo:

quixera vernos fundidos á terra,

á terra, á auga, ó mundo inmenso.

As túas mans que me andiveron son días,

días que marchan e esquecín hai anos,

moitos anos, esta forma de volta

pois cen anos hai ata agora mesmo,

se ti non me abrazaras.

E estou aquí amor e estou contigo,

teus ollos chuvia, túa voz quen me agocha,

quen me agocha, meu amigo querido.

É contigo que podo

cre-las mentiras do amor

crer nas mentiras do amor,

unha imbecilidade que é imposible.

XELA ARIAS

Page 13: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Yo no te pido

Yo no te pido que me bajesuna estrella azulsólo te pido que mi espaciollenes con tu luz.

Yo no te pido que me firmesdiez papeles grises para amarsólo te pido que tú quieraslas palomas que suelo mirar.

De lo pasado no lo voy a negarel futuro algún día llegaráy del presentequé le importa a la gentesi es que siempre van a hablar.

Sigue llenando este minutode razones para respirarno me complazcas no te nieguesno hables por hablar.

Yo no te pido que me bajesuna estrella azulsólo te pido que mi espaciollenes con tu luz.

MARIO BENEDETTI

TODO AMOR ES EFÍMERO

Ninguna era tan bella como túdurante aquel fugaz momento en que te amaba:mi vida entera.

ANGEL GONZÁLEZ

Page 14: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Canción de otoño en primavera

Juventud, divino tesoro, ¡ya te vas para no volver! Cuando quiero llorar, no lloro... y a veces lloro sin querer...

Plural ha sido la celeste historia de mi corazón. Era una dulce niña, en este mundo de duelo y de aflicción.

Miraba como el alba pura; sonreía como una flor. Era su cabellera obscura hecha de noche y de dolor.

Yo era tímido como un niño. Ella, naturalmente, fue, para mi amor hecho de armiño, Herodías y Salomé...

Juventud, divino tesoro, ¡ya te vas para no volver! Cuando quiero llorar, no lloro... y a veces lloro sin querer...

Y más consoladora y más halagadora y expresiva, la otra fue más sensitiva cual no pensé encontrar jamás.

Pues a su continua ternura una pasión violenta unía. En un peplo de gasa pura una bacante se envolvía...

En sus brazos tomó mi ensueño y lo arrulló como a un bebé... Y te mató, triste y pequeño, falto de luz, falto de fe...

Juventud, divino tesoro, ¡te fuiste para no volver! Cuando quiero llorar, no lloro... y a veces lloro sin querer...

Otra juzgó que era mi boca el estuche de su pasión; y que me roería, loca, con sus dientes el corazón.

Poniendo en un amor de exceso la mira de su voluntad, mientras eran abrazo y beso síntesis de la eternidad;

y de nuestra carne ligera imaginar siempre un Edén, sin pensar que la Primavera y la carne acaban también...

Juventud, divino tesoro, ¡ya te vas para no volver! Cuando quiero llorar, no lloro... y a veces lloro sin querer.

¡Y las demás! En tantos climas, en tantas tierras siempre son, si no pretextos de mis rimas fantasmas de mi corazón.

En vano busqué a la princesa que estaba triste de esperar. La vida es dura. Amarga y pesa. ¡Ya no hay princesa que cantar!

Mas a pesar del tiempo terco, mi sed de amor no tiene fin; con el cabello gris, me acerco a los rosales del jardín...

Juventud, divino tesoro, ¡ya te vas para no volver! Cuando quiero llorar, no lloro... y a veces lloro sin querer... ¡Mas es mía el Alba de oro!

RUBÉN DARÍO

Page 15: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Amor mío, mi amor...

Amor mío, mi amor, amor hallado de pronto en la ostra de la muerte. Quiero comer contigo, estar, amar contigo, quiero tocarte, verte.

Me lo digo, lo dicen en mi cuerpo los hilos de mi sangre acostumbrada, lo dice este dolor y mis zapatos y mi boca y mi almohada.

Te quiero, amor, amor absurdamente, tontamente, perdido, iluminado, soñando rosas e inventando estrellas y diciéndote adiós yendo a tu lado.

Te quiero desde el poste de la esquina, desde la alfombra de ese cuarto a solas, en las sábanas tibias de tu cuerpo donde se duerme un agua de amapolas.

Cabellera del aire desvelado, río de noche, platanar oscuro, colmena ciega, amor desenterrado,

voy a seguir tus pasos hacia arriba, de tus pies a tu muslo y tu costado.

JAIME SABINES

Subes del mar, entras del mar ahora.Mis labios sueñan ya con tus sabores.Me beberé tus algas, los licoresde tu más escondida, ardiente flora.Conmigo no podrá la lenta aurora,pues me hallará prendido a tus alcores,resbalando por dulces corredoresa ese abismo sin fin que me devora.Ya estás del mar aquí, flor sacudida,estrella revolcada, descendidaespuma seminal de mis desvelos.Vuélcate, estírate, tiéndete, levanta,éntrate toda entera en mi garganta,y para siempre vuélame a tus cielos.

RAFAEL ALBERTI

Page 16: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

El amor empieza cuando se rompen los dedosy se dan vuelta las solapas del traje,cuando ya no hace falta pero tampocosobrala vejez de mirarse,cuando la torre de los recuerdos, baja oalta,se agacha hasta la sangre.

El amor empieza cuando Dios terminaY cuando el hombre cae,mientras las cosas, demasiado eternas,comienzan a gastarse,y los signos, las bocas y los signos,se muerden mutuamente en cualquierparte.

El amor empiezacuando la luz se agrieta como unmuerto disfrazadosobre la soledad irremediable.

Porque el amor es simplemente eso:la forma del comienzotercamente escondidadetrás de los finales.

ROBERTO JUARROZ

Si me quieres, quiéreme entera

Si me quieres, quiéreme entera,no por zonas de luz o sombra...Si me quieres, quiéreme negray blanca, Y gris, verde, y rubia,y morena...Quiéreme día,quiéreme noche...¡Y madrugada en la ventana abierta!...Si me quieres, no me recortes:¡Quiéreme toda... O no me quieras!

DULCE MARÍA LOYNAZ

Page 17: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Te quiero

Te lo he dicho con el viento,Jugueteando tal un animalito en la arenaO iracundo como órgano tempestuoso;Te lo he dicho con el sol,Que dora desnudos cuerpos juvenilesY sonríe en todas las cosas inocentes;Te lo he dicho con las nubes,Frentes melancólicas que sostienen el cielo,Tristezas fugitivas;Te lo he dicho con las plantas,Leves criaturas transparentesQue se cubren de rubor repentino;Te lo he dicho con el agua,Vida luminosa que vela un fondo de sombra;Te lo he dicho con el miedo,Te lo he dicho con la alegría,Con el hastío, con las terribles palabras.Pero así no me basta:Más allá de la vidaQuiero decírtelo con la muerte;Más allá del amorQuiero decírtelo con el olvido.

LUIS CERNUDA

NUNCA TERMINARÉ DE AMARTE

Y de lo que me alegro,es de que esta labor tan empezada,este trajín humano de quererte,no lo voy a acabar en esta vida;nunca terminaré de amarte.Guardo para el final las dos puntadas,,te-quiero, he de coser cuando me muera,e iré donde me lleven tan tranquila,me sentaré a la sombra con tus manos, y seguiré bordándote lo mismo.El asombro de Dios seré, su orgullo,de verme tan constante en mi trabajo.

GLORIA FUERTES

Page 18: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Te quiero a las diez de la mañana

Te quiero a las diez de la mañana, y a las once,y a las doce del día. Te quiero con toda mi alma ycon todo mi cuerpo, a veces, en las tardes de lluvia.Pero a las dos de la tarde, o a las tres, cuando mepongo a pensar en nosotros dos, y tú piensas en lacomida o en el trabajo diario, o en las diversionesque no tienes, me pongo a odiarte sordamente, conla mitad del odio que guardo para mí.Luego vuelvo a quererte, cuando nos acostamos ysiento que estás hecha para mí, que de algún modome lo dicen tu rodilla y tu vientre, que mis manosme convencen de ello, y que no hay otro lugar endonde yo me venga, a donde yo vaya, mejor que tucuerpo. Tu vienes toda entera a mi encuentro, ylos dos desaparecemos un instante, nos metemosen la boca de Dios, hasta que yo te digo que tengohambre o sueño.Todos los días te quiero y te odio irremediablemente.Y hay días también, hay horas, en que note conozco, en que me eres ajena como la mujerde otro, Me preocupan los hombres, me preocupoyo, me distraen mis penas. Es probable que no pienseen ti durante mucho tiempo. Ya ves ¿Quiénpodría quererte menos que yo amor mío?

JAIME SABINES

Page 19: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Contigo (fragmento)

Cuando te tengo y me tienes,somos la eterna pareja,somos la forma indivisa,somos isla en las tinieblas.Cuando navego fundidopor tu espesada indolencia,cuando, abrazándose, encuentrola redondez del planeta,somos a muerte la vidaque en mí tiembla, que tú encierras.Allá fuera queda el mundocon sus relojes a vueltas,sus faroles alienados,sus timbres siempre de urgencia.Aquí dentro, tú y yo juntoscompletamos la conciencia.

GABRIEL CELAYA

Desde nunca te quiero y para siempre,desde todo y quizá y para siempre,desde el rotundo rayo que sube por la acequia de las horasal látigo crecido en mis pupilas ponientes,veloz mi voz, mi viento:vértigo de desembocaduray el más ingrato delta para acabar el viaje.

Hasta la nada espero,hasta lo lejos de la memoria inútil y el cráter sin crepúsculo,hasta la duda embriagada de rótulos celestes,en la fiebre y la luna imantada de agosto.

AMALIA IGLESIAS

Page 20: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Te esperaré apoyada en la curva del cielo

y todas las estrellas abrirán para vertesus ojos conmovidos.Te esperaré desnuda.Seis túnicas de luz resbalando ante tideshojarán el ámbar moreno de mis hombros.

Nadie podrá mirarme sin que azote sus párpadosun látigo de niebla.Sólo tú lograrás ceñir en tus pupilasmi sien alucinaday mis manos que ofrecen su cáliz entreabiertoa todo lo inasible.

Te esperaré encendida.Mi antorcha despejando la noche de tus labioslibertará por fin tu esencia creadora.¡Ven a fundirte en mí!El agua de mis besos, ungiéndote, dirá tu verdadero nombre.

ERNESTINA DE CHAMPOURCIN

No estés lejos de mí un sólo día, porque cómo,porque, no sé decírtelo, es largo el día,y te estaré esperando como en las estacionescuando en alguna parte se durmieron los trenes.No te vayas por una hora porque entoncesen esa hora se juntan las gotas del desveloy tal vez todo el humo que anda buscando casavenga a matar aún mi corazón perdido.

Ay que no se quebrante tu silueta en la arena,ay que no vuelen tus párpados en la ausencia:no te vayas por un minuto, bienamada,

porque en ese minuto te habrás ido tan lejosque yo cruzaré toda la tierra preguntandosi volverás o si me dejarás muriendo.

PABLO NERUDA

Page 21: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Ás veces fáltannos palabrase ás veces sóbrannos.

Ás veces fáltanos o tempo de dicilase ás veces pásanos o tempo de calalas.

Ás veces precisamos o que xa temose ás veces desbotamos o alleo como se fora noso.

Ás veces mentimos inxustamente e ás veces facemos da lei unha verdade fedorenta.

Ás veces temos boca para selar un segredoe ás veces fáltannos oídos para aceptar a evidencia.

Ás veces un día ten 24 horase ás veces unha hora agocha 24 días.

Ás veces dígoche que te quero coa boca soterradae ás veces a terra ignora os adverbios que nos afastan.

Ás veces digo que si porque non son eue ás veces non son quen de negarcho.

Ás veces a choiva esvara polos meus versos ata dar cos teus ollose ás veces as bágoas encoradas na memoriaasulagan as terras ermas do que che escribo.

Ás veces chámote co meu nomee ás veces contestas dende o silencio que me reclama.

Ás veces es ti mesmae ás veces non sei quen son se ti me faltas.

BALDO RAMOS

Page 22: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Hymne A L'amour

Le ciel bleu sur nous peut s'effondrer

Et la terre peut bien s'écrouler

Peu m'importe si tu m'aimes

Je me fous du monde entier

Tant que l'amour inondera mes matins

Tant que mon corps frémira sous tes mains

Peu m'importe les problèmes

Mon amour puisque tu m'aimes

Edith Piaf

Le temps de vivre

Nous prendrons le temps de vivre

D'être libres, mon amour

Sans projets et sans habitudes

Nous pourrons rêver notre vie

Viens, je suis là, je n'attends que toi

Tout est possible, tout est permis

Viens, écoute ces mots qui vibrent

Sur les murs du mois de mai

Ils nous disent la certitude

Que tout peut changer un jour

Viens, je suis là, je n'attends que toi

Tout est possible, tout est permis

Nous prendrons le temps de vivre

D'être libres, mon amour

Sans projets et sans habitudes

Nous pourrons rêver notre vie

Georges Moustaki

Page 23: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

LA CHANSON DES VIEUX AMANTS

Bien sûr nous eûmes des orages

Vingt ans d'amour c'est l'amour fol

Mille fois tu pris ton bagage

Mille fois je pris mon envol

Et chaque meuble se souvient

Dans cette chambre sans berceau

Des éclats des vieilles tempêtes

Plus rien ne ressemblait à rien

Tu avais perdu le goût de l'eau

Et moi celui de la conquête

Mais mon amour

Mon doux mon tendre mon merveilleux amour

De l'aube claire jusqu'à la fin du jour

Je t'aime encore tu sais je t'aime

Jacques Brel

Je l'aime à mourir

Moi je n'étais rien et voilà qu'aujourd'huiJe suis le gardien du sommeil de ses nuitsJe l'aime à mourir

Vous pouvez détruire tout ce qu'il vous plairaElle n'a qu'à ouvrir l'espace de ses brasPour tout reconstruire, pour tout reconstruireJe l'aime à mourir

Francis Cabrel

Page 24: EN FEBREIRO, LER O AMOR 2012

Mourir d'aimer

Les parois de ma vie sont lissesJe m'y accroche mais je glisseLentement vers ma destinéeMourir d'aimer

Tandis que le monde me jugeJe ne vois pour moi qu'un refugeToute issue m'étant condamnéeMourir d'aimer

Mourir d'aimerDe plein gré s'enfoncer dans la nuitPayer l'amour au prix de sa viePécher contre le corps mais non contre l'esprit

Charles Aznavour

Ne me jugez pas

Ne me jugez pas si je l'aime autantC'est un amour, un feu brûlantNe me jugez pas si je l'aime autantC'est ma raison d'être, c'est mon tourment

Ne me jugez pas si je l'aime autantC'est un amour, un feu brûlantNe me jugez las si je l'aime autant

Ah! Vous mes amis, dites-moi comment faireJ'ai perdu mon amour, j'ai perdu ma lumièreElle était toute ma vie, c'était mon seul bonheurDepuis qu'elle est partie, plus rien n'a de saveur

Oh! vous mes amis, donnez-moi des nouvellesDites-moi où elle est, j'ai tellement besoin d'elleJe veux la retrouver, lui crier mon amourJ'ne peux pas l'oublier, je l'aime pour toujours

Je n'sais plus quoi faire, je n'sais plus où allerC'était mon univers, ma raison d'existerJe revois son image qui danse dans mes nuitsSon sourire, son visage, reviennent à l'infini

Oui, pour elle, j'attendrai le temps qu'il faudraPeut-être bien qu'un jour elle reviendraJe ne veux plus pleurer, je veux garder l'espoirCar je sais qu'en amour il n'est jamais trop tard

Sawt El Atlas