Entra na nosa biblioteca!
Velaquí tes un plano de distribución. Explicámosche agora cada recuncho:
Temos dúas portas:
unha interior no corredor do instituto:
outra exterior na entrada ou aparcadoiro:
Unha vez dentro encontrarás unha zona de lectura informal:
Hai varias mesas onde podes ler, utilizar o ordenador, xogar ao xadrez...
Nos diferentes andeis temos colocados os libros:
E todo o material está colocado seguindo o Código Decimal Universal (CDU)
Neste recuncho podes pousar o material que esteas consultando:
E se precisas un ordenador, podes pedir un:
Detrás desta porta hai un aseo e un almacén:
Nestas mesas realízase o préstamo e traballa o equipo da biblioteca:
E detrás delas gárdase o material audiovisual, os xogos e os cómics:
Podes vir cando queiras!
Esperámoste no IES de Pastoriza!