Upload
hakhanh
View
216
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
“Entre o Castelo e Muimenta”, de José Iglesias Fernández
Mª de los Ángeles Fariña Sueiro“Olladas sobre a literatura galega”1º Cuadrimestre, Curso 2014-2015
1. INTRODUCIÓN.
Con este traballo o que pretendo é dar a coñecer o bo facer do lalinense José Iglesias
Fernández, antigo compoñente do grupo Fuxan os Ventos, a prol da tradición oral. Na
súa bitácora “Entre o Castelo e a Muimenta”
(https://joseiglesiasfernandez.wordpress.com/, 04/02/2015) o autor difunde o noso
patrimonio convencido de que este é un medio poderoso, “unha taberna moderna” polo
tanto un lugar de intercambio e conversa, como di o autor na súa presentación, que
permite poñer en valor e prestixiar a nosa lingua e cultura galegas. Precisamente no eido
cultura e antropolóxico, o blog recolle, dentro da categoría “As cousas d’aldea”,
interesantes artigos de valor antropolóxico que describen o seu entorno próximo, a casa
familiar, e tamén o colectivo coa descrición de traballos cotiás (feitura do pan, os
zocos...) e as festividades dos lugares veciños á aldea de Castelo, na que naceu. Neste
traballo non me vou deter nestes contidos, senón que me centrarei en cuestións
relacionadas estrictamente cos cantares de cego e os romances. Tampouco vou tratar os
contos de tradición oral recollidos na categoría “Contos de tradición oral e outros
contos”.
Con esta pequena achega, desexo poñer de relevo a importancia que teñen traballos
coma este que, nun medio dixital, difunden e explican, cunha clara intención formativa
e educativa, o saber dos nosos sobranceiros transmitidos de xeración en xeración. Á vez,
como presentarei neste traballo, a tradición oral mesturase coa relevante capacidade
poética e creativa deste “trobador” que fai do vello e herdado unha vivencia nova da
man das súas creacións persoais e orixinais que tamén comparte e difunde no seu blog.
2.- OBRA
Como aclara xa o autor na presentación do seu blog, nel aparecen “algunhas
anécdotas, uns cuantos contos” coa intención de “facervos partícipes diles, así como
ensinarvos moitos dos meus traballos entre os que se atopan poesías e sobre todo
Cantares de Cego é Romances, música da que son un namorado”.
1
A seguir recollo tres romances compostos por José Iglesias. En moitos deles o autor
ao final aclara algunhas cuestións semánticas e anota as circunstancias nas que foron
compostos. Tal é o caso de “O furancho do Jacinto”.
A MOZA MAIS FERMOSA
Teño a moza mais fermosa,de toda a Comarca do Deza,non hai mozo na Comarca,que non poña os ollos nela.
Paseamos collidos da man,dende o Castelo a Cadrón,e éncholle a cara a bicos,en canto teño ocasión.
Ademais de boa dote,que lla xuntou a súa nai,ten un pucheiro de barro,que lle mercou o seu pai.
O pucheiro non val moito,pois fáltalle un anaquiño,que llo rillaron os ratos,pensando quera touciño.
E ademais ten unha horta,de tres ou catro ferrados,onde ó chegar o outono,non sementa mais ca nabos.
Unha leira de patacas,e un porco no cortello,ducia e media de galiñas,e entras pernas un coello.
Ó chegar as noites frías,cando xía no penedo,fai un caldo de nabizas,que sabe que mete medo.
E despois de ben mantidos,debaixo do cobertor,ún o cabalo doutro,logo entramos en calor.
O FURANCHO DO JACINTO
Eu non sei que raios tiña,o viño que tomei onte,que hoxe non saio da fonte,que hai no prado da Raíña*.
Funlle papar unhas latas*,ó furancho do Jacinto,e por darlle tanto ó tinto,
2
casi saio a catro patas.
Nada mais pasar a porta,fun petar contra un balado,e ó non darme levantado,pasei a noite na horta.
Alí botei catro horas,arrimado a un pexegueiro,e tendo por compañeiros,os tomates e as cebolas.
E chegaron os de Amado*,montados na bicicleta,e entre as herbas da cuneta,atopáronme tirado.
- Acábannos de contar,que dormiches, seica, ó raso*,non fagas mais o paiaso,que sonche horas de almorzar.
Si arrimaras ó palleiro,non farías tanto mal,e dos tomates do porralquedaría algún inteiro.
A qué andaría eu xogando,pra facer tal estropicio,debín perder o xuício,igual ca cabra do Fernando.
Funme agarrando a unha hedra,pra axudar a levantarme,e pra volver a deitarme,ó chegar a Pontevedra.
E o botar unha mexada,dinme conta de seguida,que tiña a cabeza ida,e a gorxa resecada*.
Menos mal que no camiño,tropecei con esta fonte,onde curo do mal d’onte,e mantéñome fresquiño.un-fermoso-dia-de-troitas.
“Papar unhas latas”- Pois iso, unha lata de xoubas ou patagullos, outra de mexilóns, bonito con cebola… Mais que nada para que o viño non caia en panza valeira.
“Prado da Raíña”- Un prado de Amadora, tía do Jacinto, a mitade de camiño entre o Furancho e Pontevedra e que ten unha fonte ao seu carón.
“Os de Amado”- Antonio e Daniel, pai e fillo que tal bailan, veciños do Jacinto.
“Que dormiches, seica, ao raso”- A retranca que ten Daniel.
3
“Non farías tanto ma”l- A ver, os tomates levaron algunha que outra patada e había algún esmagado…pero tampouco é pra tanto, que unha broma é unha broma.
“A cabra do Fernando”- Unha cabra que tiña un amigo de Lalín e que estaba tola dende que naceu. Nada mais sair da corte, o primeiro que facía era subirse ó balado e chimparse de cabeza ó prado.
“A gorxa resecada”- Efectos colaterais e secundarios, producidos polo viño, ao outro día de botalo na cunca, catalo, bebelo e mexalo.
(Cantar que lle dedico ao meu bó amigo Antón Silva Cancelas, o que non quere decir que sexa o actor principal do cantar)
Outras composición con vencellos na tradición oral son tamén o parrafeo que se
recolle a continuación e unha cantiga propia dos xantares e festas que Iglesias
Fernández recolleu nunha festa gastronómica das nosas.
A CARMIÑA DE MUIMENTA (Parrafeo)
De mañá estaba Carmiña,lavando a roupa no pilón,e achegueime ata onda ela,pra lle dar conversacion.
Das rapazas de Muimenta,é con moito, a mais fermosa,e ten a pel coloradiña,coma os pétalos da Rosa.
– Bos días teñas Carmiña,tés uns fermosos colores,Vés… que vou levar as vacas,alá pro Alto de Corres?
En canto escoitou aquelo,mirou pra min de seguida,e acoiteloume cos ollos,como matándome en vida.
– Vaite de eí condenado,non sei que facer contigo.Ti queres enamorarme,i eu non te quero conmigo.
– Ai por Dios miña Carmiña,vaia rabia que me tés,i eu de ti enamorado,dende a cabeza ata os pes.
– ¡Que non te quero ver diante,ben sabes o que che digo!¡Podes ir collendo o coche,e marchando cara a Vigo!
– Dime que foi o que fixen,que non foi do teu agrado,e que me viches facendo,pra ter semellante enfado.
– Andabas onte na festa,do San Lourenzo bailando,
4
viñeches roubarme o bico,polo que estabas rabeando.
– E que pecado cometín,nin que cousa parecida.Quería facerte, Carmiña,o amor da miña vida.
–Levaches chasco, Pepiñoe quedácheste coas ganas.Eu non son desas rapazas,que se fian das palabras.
– Pois si en vez do San Lourenzo,fose o día do San Brais,roubábache un par de abrazos,e algunha cousiña mais.
– ¡Arrenejado Pepiño!¡Xa podes ir pro Castelo!Pois seguro que ao meu niño,non lle vas tocar ni un pelo.
E alí a deixei rosmando,como si fose un cadelo.Metín as vacas na corte,e marcheime pro Castelo.
– Pois pralá me vou Carmiñavou collendo carretera,e xa que ti non me queres,buscarei outra calquera.
(Fai xa moitos anos fíxenlle este “romance” de desamor e desencontro a unha rapaza, inspirado nos parrafeos que se facían entre os namorados nas nosas aldeas, para contar as conversas entre eles. Relataban o encontro, a conversa e remataban na maioría das veces felizmente, anque moios deles tiñan un remate non moi ledo como neste caso. A tal Carmiña do romance, tanto pode ser que existira na realidade como que non, e de existir de verdade, pode que se chamase Carmiña como tamén pode ser que non, así como que fose de Muimenta ou que non fose…)
NA ALDEA DE CASTRO
Na aldea de Castro,no lughar da vila,paséase Méndez,con moita alegría.
Morreulle a muller,e foina enterrare,e díxolle ó crego;– Quérome casare.
Respondeulle o crego,todo enfadado,-Serás galopín…¡O pasar un ano!
Respondeulle Méndez,– Non lle teño xeito,pois a dormir solo,non estou afeito.
5
Respondeulle o crego,un pouco severo,– Trae as municións,lereinas no enterro.
E marchouse Méndez,cara Fontefría,ver unha rapaza,que por alí vivía.
O pai da rapaza,quera tabaqueiro,díxolle a Mendezpoñendo o sombreiro.
- Antes de xantar,o caldo do pote,bota no sombreiro,o papel da dote.
Contestoulle Mendez,todo enfurruñado,– A dote que teñoá ser de sobrado:
Unha cabra vella,un cabrito coxo,unha manta rota,cun remendo roxo.
Un caldeiro vello,e un pote sin asa,é todo o que teñopra rexir a casa.
E díxolle o pai,mirando ó través,– Para ser viudo,moito non tes.
E dixo a rapaza,– Que dote nin diaños,si aquí o que importa,non son os cartos.
Que antes de pasar,outra noite fría,prefiro andar quende,de noite e de día.
(Co meu agradecemento ao matrimonio: SERVANDO FERNANDEZ/LOURDES CARAMES e algun veciño mais do Concello de Rodeiro por cantarme esto alá polo outono do ano 1978 na feira do 18 en Lalín. Daquelas, xantábase o pulpo nos baixos das casas da feira, naquelas longas mesas onde se sentaban unhas vinte persoas e nas que se cantaba despois do xantar cando escomenzaban as quenturas do viño e a augardente)
Para rematar velaquí unha mostra dos romances de cego recollidos polo autor. O
primeiro é propio da tradición oral e o segundo foi composto por Iglesias Fernández
seguindo os patróns das cancións de cego por el ben coñecidos.
6
UNHA MOZA DE BENDOIRO
Estaba lavando roupa,nas augas dun lavadoiro,unha fermosa rapaza,da Parroquia de Bendoiro.
Vestía falda rabela,e como estaba algo cangada,enseñaba as pernas todas,si por detrás se miraba.
Había un mozo na aldea,tentando mirarlle o niño,e sin que a rapaza o soupese,achegouse caladiño.
- Mira ti que eres fermosa…¡Que pernas mais jordas tés!Por mirarte estou temblando,dende a cabeza ata os pes.
A rapaza o decatarse,de que a estaba mirando,botoulle a man a unha pedra,e foise trás del zumbando.
¡Lévete o demo rapaz!Que agora que o penso, seino,que si non foran as brajas,mirabas todo o meu reino.
E respondeulle o rapaz,que de vida era lei,que o non ser republicana,deixaría entrar ao Rei.
Non te me poñas nervioso,e trata de ir aguantando,pois tamén me aguanto eu,anque esteña rabeando.
Ti aguantas porque queres,que pra eso nos deu Dios,aparellos naturales,pra que os usaramos nós.
En eso vas ter razón,e non me contas mentira,pero o medo que che teño,é que me infles a barriga.
Perde coidado mociña,ti di que sí nada mais,que despois caso contigo,si é que queren os teus pais.
Pois vamonos indo logo,cara daquela xesteira.¡E empezaron entre as xestas,e acabaron na palleira!
7
E esto foi o que pasou,tal como a min mo contaron.Botaronlle as municións,e ó pouco tempo casaron.
(Fai algúns anos escoiteille a un cego durante a Semana Verde de Silleda, unha fermosa cantiga da que non gardo a copla. Como me lembro de algún anaco da letra, permitinme a licenza de completala a miña maneira para poder cantala)
CRIME HORRENDO EN LALIN
Poñan atención señores.¡¡Un momento, por favor!Que aquí estou pra lles contar,un suceso con dolor.
Foi nun lugar de Lalín,queste crime aconteceu,nunha pequeniña aldea,alá onde nacín eu.
Había alí un matrimonio,que tiña moi boas terras,gardado un montón de trigo,e aforrado unhas cadelas.
Tiñan sona de boa xente,traballadora e honrada,e asegún decía o cura,modelo de fé cristiana,
E ademais tiñan tres fillos:dúas femias e un varón,Asunción e mais Sofía,i o seu seu irmao José Antón. Entre ó home e a muller,tan diferente era a edade,que iba pra vello ó Anton,e pra moza Soledade. Tan cheos estaban del,-pois era moi amarrado-que unha noite decidiron,cometer un gran pecado. E botáronlle no viño,unhas cuantas porquerías,para ver si o probe vello,de un reventón se morría. Mais o ver que aquelas cousas,non lles daban resultado,cosérono a coitelazos,
8
e coma morto o deixaron. Antón o verse ferido,berrou como un porco bravo,e levando as mans o peito,espernexou de contado. E chegaron os civiles,e ambolos tres apresaron,puxéronlle-las esposas,e diante ó xuíz os levaron. E no carcere da Lama,van cumplindo a penitencia.esperando que o avogado,lles dé as novas da sentencia.
Un rapaz que está estudiando no Conservatorio de Música Tradicional de Lalín, pedíume que lle fixera un cantar de cego a modo dos de antes pra podelo cantar coa zanfoña. Pra facelo inspireime nos antigos cantres de cego e nun crime acontecido en Lalín xa fai moitos anos e na noticia dada no seu día polo Faro de Vigo. Anque os nomes non corresponden cos da realidade, os feitos son tal cual aconteceron.
3.- CONCLUSIÓNS
Empecei a seguir este blog xa hai algún tempo porque os romances sempre
chamaron a miña anteción. Tal vez tamén influiu o feito de que de nena puiden
escoitalos nos días de feira na localidade de A Estrada. As feiras eran os lugares onde
acudían os que intérpretes do romanceiro e ao seu redor reuníanse as persoas que
gustaban de oír estes cantares.
O traballo feito por José Iglesias paréceme dunha riqueza extraordinaria. A isto
súmase a súa xenerosidade pois nos ofrece abundantes interpretacións coa súa propia
música e voz. Aínda que, como sinalaba en liñas anteriores, o meu interese polos
romances e a literatura popular ten as súas raíces na infancia, as múltiples explicacións
sobre a orixe, as xentes e os lugares que ofrece o autor, fan que A Estrada e as aldeas de
Castelo, Muimenta e outras comarcas galegas sexan unha. Síntome veciña e parte dunha
tradición que afonda as súas raíces no xenio galego e o traballo etnográfico e musical de
José Iglesias non fixo máis que confirmarmo.
9
AGRADECEMENTOS.
Desexo manifestar o meu máis fondo agradecemento a José Iglesias Fernández por
permitirme empregar a súa magnífica bitácora para realizar este traballo. A súa axuda
estendeuse máis alá da simple autorización a cita e comentario do seu traballo, senón
que tamén se amosou moi receptivo ás miñas inquedanzas e ofreceuse sempre
amablemente para satisfacer calquera dúbida ou necesidade que puidera xurdir no
proceso de traballo.
Así mesmo tamén desexo agradecerlle a profesora Ana Acuña o seu ánimo,
entusiasmo e comprensión no desenvolvemento deste traballo.
10