2
ENTREVISTA A LANCY DODEM. Por Antonio González López Tras a charla que Lancy Dodem proferiu ós nosos compañeiros e compañeiras de Primaria, respostounos a unhas preguntas durante unha breve entrevista. P.: Que pensas sobre ti mesmo, ao ser primeiro neno apadriñado por Vicente Ferrer? R.: Considero que tiven moita sorte, todo cambiou dende entón. P.: Cando Vicente Ferrer e os seus colaboradores comezaron a traballar na túa zona, houbo algúns problemas coa veciñanza? Molestoulle a alguén a labor dese equipo? R.: Non, a verdade é que a xente acolleu moi ben a Vicente e tamén que lle gustou o traballo que desenvolveu. A xente colabora e ten fe en Vicente Ferrer e na Fundación. P.: Houbo algún problema de carácter institucional? R.: Nos anos setenta houbo algúns problemas con algúns políticos, mais hoxe en día xa non existen, o goberno, actualmente, colabora coa fundación nalgúns aspectos. P.: Principalmente, en que aspectos se notou máis a actividade da Fundación? R.: En todo, Anantapur é un distrito moi árido e, por exemplo, neste aspecto, facilitaron a chegada de auga ás vilas. P.: Arredor de cantas persoas traballan na Fundación? R.: Sobre dúas mil, con distintas delegacións noutros países. P.: Hai un alto número de voluntarios? R.: Si, hai bastantes voluntarios. P.: Como están organizados os traballadores da Fundación? R.: Podemos organizalos en varios sectores; un sector é o de comunicacións; outro é o de contratación de empresas, para obras e outros proxectos; noutro, levan os asuntos de apadriñamentos; noutro, administración, etc. P.: A Fundación Vicente Ferrer mantén contactos, ou traballa en conxunto con outras ONGs? R.: Inténtase traballar con outras ONGs e manter contactos con elas.

Entrevista a lancy dodem

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Entrevista a lancy dodem

ENTREVISTA A LANCY DODEM.Por Antonio González López

Tras a charla que Lancy Dodem proferiu ós nosos compañeiros e compañeiras de Primaria, respostounos a unhas preguntas durante unha breve entrevista.

P.: Que pensas sobre ti mesmo, ao ser primeiro neno apadriñado por Vicente Ferrer?R.: Considero que tiven moita sorte, todo cambiou dende entón.P.: Cando Vicente Ferrer e os seus colaboradores comezaron a traballar na túa zona, houbo algúns problemas coa veciñanza? Molestoulle a alguén a labor dese equipo?R.: Non, a verdade é que a xente acolleu moi ben a Vicente e tamén que lle gustou o traballo que desenvolveu. A xente colabora e ten fe en Vicente Ferrer e na Fundación.P.: Houbo algún problema de carácter institucional?R.: Nos anos setenta houbo algúns problemas con algúns políticos, mais hoxe en día xa non existen, o goberno, actualmente, colabora coa fundación nalgúns aspectos.P.: Principalmente, en que aspectos se notou máis a actividade da Fundación?R.: En todo, Anantapur é un distrito moi árido e, por exemplo, neste aspecto, facilitaron a chegada de auga ás vilas. P.: Arredor de cantas persoas traballan na Fundación?R.: Sobre dúas mil, con distintas delegacións noutros países.P.: Hai un alto número de voluntarios?R.: Si, hai bastantes voluntarios.P.: Como están organizados os traballadores da Fundación?R.: Podemos organizalos en varios sectores; un sector é o de comunicacións; outro é o de contratación de empresas, para obras e outros proxectos; noutro, levan os asuntos de apadriñamentos; noutro, administración, etc.P.: A Fundación Vicente Ferrer mantén contactos, ou traballa en conxunto con outras ONGs?R.: Inténtase traballar con outras ONGs e manter contactos con elas.P.: Finalmente, dámosche as grazas e preguntámosche se che gustou Galicia e, en concreto, o noso entorno, de Monfero e de Irixoa.R.: Si que me gustou, é todo moi bonito.

Agradecémoslle a Lancy que nos concedera esta entrevista e que nos viñera visitar, así como agardamos que volva.

*NOTA: Lancy respostounos en castelán, polo que as respostas están traducidas.