Escolma Manuel María

Embed Size (px)

Citation preview

  • 8/17/2019 Escolma Manuel María

    1/3

    Reconciliádevos coa terra

    Escolma de textos de invocación aos diversos elementos dapaisaxe na obra de Manuel María

    Reconciliádevos coa terra,con pura espiritualidade

    da materia que sinte, amae odia: só ela fai os altos,fondos sentimentos humanos.Comprendede e amade.Dádevos, sen retesías, áforza que move ó mundo,á música acordada e visibledas esferas:

    conduciravosdo mesmo xeito que o ríovai do mar ate o misterio:

    único camiño quevos pode levar á eternidade.

    De Compendio de orballos e incertezas 

    Vento lene e rumoroso que marmulasas estrofas dun pomea de loita;xogos de luar nas carballeirasinventando medos e pantasmas;toxos de espiñas aguzadas,

    cóitelos ferindo a nos ador;abidueiras finas como anceios;robustos carballos destemidosdesafiando neves e tronadas;castiñeiros de mel que agarimades,con tenra dozura, os ollos meus;rítmico ondear das centeeirascon música de verso namorado;verde-tenro-aceso dos lameiros;verde-escuro-apagado das xesteiras;ouros incendiados dos solpores;

    bruídos potentes do mar alporecido;silencios inmensos como o mundo;berrade,

    erguédevos,loitade

    deica que, todos xuntos, academosa liberación-nacional da nosa Patria.

    De Poemas para construír una Patria.

    O carro

    Non canta na Chá ninguén,por éso, meu carro canta,canta o seu eixo tan benque a señardade me espanta.

    Non hai canto tan fermoso:fino coma un asubío,anque é, as vegadas, saudosofaise no ar rechouchío.

    O meu carro é cerna dura:

    sábese carballo e freixo.iQué fermosa e a sua feitura!iQué lixereza a do eixo!

    As cousas vanse aledandopor onde meu carro pasa.iCarrétame herba pro gando!iTraime a colleita pra casa!

    De Terra Cha 

    PoboVinte, trinta casas. Aí estáncunha feitura xusta e aldeán .A terra é moura. Dorme con desganasen a curva feminina da montana.Us prados, a mazaira e a cerdeira.Os palleiros ocupan media eira.Os cas, entre as casas, a folgar,ladrando por ladrar.

    De Terra Cha 

    Camiño de Felpás deica Aguiareu sei porque tes tantas soidás;

    estás deitado aí , ó sol da tarde ,sen ter a quen levar

    ¡Camiño de Felpás deica Aguiar!

    De Terra Cha 

    Dimensiós

    Ollada a Terra Cha dende as alturas

    é semellante a un mar en calma.

    Pra medila só valen dúas mensuras:

    ¡ferrados de corazón, fanegas de alma!

    De Terra Cha 

    Árbores da cidade

    As árbores da cidade

    esmorecidas, tristeiras:¡non cometeron delitoe téñenas prisioneiras!

    As árbores da cidadenon sei como dan medradoco barullo dos motorese co ar polucionado.

    As árbores da cidadeson seres artificiales:

    ¡naceron no invernadeirodos xardís municipales!

    As árbores da cidade:¡non viron cervos lixeiros,Nin paxaros voadores,nin regatos cantareiros!

    As árbores da cidadeNon teñen contentamento:¡respiran fume e non aire!

    ¡por terra teñen cemento!

    De As rúas do vento ceibe 

  • 8/17/2019 Escolma Manuel María

    2/3

     

    As origensUm volta sempre às suas origens,aos lugares nos que está enraizado,ao seguro torrom da própria tribo,ás sabidas conversas familiares,aos velhos caminos sem sorpresas,a escuitar a música do rio quecruzou lentamente a nossa infáncia,a sentir o som amigo das camapanas

    orvalhando soidades e lembranças.e á alta maravilha de poder falar,do jeito mais fondo e mais total,coa luz que um amou, ressuscitada.

    De A luz ressuscitada 

    Poema a un can de palleiro

    Ti, humilde can de palleiro, amigo meu:sabes benque toda quietude é perfección.

    ¿Que senso ten a túa nugalla?¿Cantas lúas docísimas morreronno fondo canso dos teus ollos?¡Que aldraxe tan fondo sintespolos cás de caza teus irmaus!

    Can de palleiro, que non daso máis pequeño esforzó para moverte;que, incluso ó ladrar, ladras deitado:dime como é a abulia,esa flor requintada,que, en ocasións, more en nós denantesde nacer.

    Tes o segredo supremo porque sabes

    que todo esforzó éunha inutilidade absurda e perfectísima.

    Esfaragúllase no aire a túa voz vella.o teu laio é un agoiro cara ninguénque se perde na noite coma nósnos perderemos, tristeiros, algún día.

    Amo, can de palleiro, a túa nugalla,a túa humildade,a túa tristeza.I o teu laio fondísimo

    na miña alma ecoa longamente.De Mar Maior  

    O mar é altamente subversivo,a súa lei é costume previsíbel,norma inmutábel e parabólicaesteada nos vellos piaresdunha rutina fatal proselitistaá que ningunha dinamitafoi aínda capaz de estabilizar.Hai que vixiar ao mar atentamentepra mantelo nos límites precisos.

    O mar é un paradoxo do revéspois quere pasar desapercibidodisfrazándose de escuma como rosasou lambendo rochedos: tal o canque percura somentes a comidae a indigna/confianza dpo seu amo.temos, pois, que rematar co mare sementar o seu lombo de carballos.

    De Catavento de neutrós domesticados 

    GandoO gando da Terra Chá é moi fermoso:ollos grandes, corna levantada;e pelo teixo, fino moi lustrosoe o paso lento cando fai a arada.

    En todo o país non o hai mellor:é manso, leiteiro e comedor.¡A San Antón heino de ofrecer

    pra que o conserve sempre de bon ver!

    De Terra Cha 

    Canción da flor do toxo

    Chorimas incendiadas, consumíndovos

    nun rabioso fulgor desesperado:sodes o amarelo puro e esencialpois non hai outro. Lóstregosde amor que vos abridesno corazón do cosmos pra ferirós nosos ollos co alto asombrodo ouro verdadeiro: única moedapra poder pagar o desasosegoque nos causa ese incertovivir cego e absurdoque se nos vai por tortos,indecisos, calados e inseguros

    camiños de tristura e desamparo.

    De As lúcidas lúas do Outono 

    Cántico sereo contra o mar

    O mar ten unha voz delgadacomo un trebón de invernocando o ceo é unha sorrisae o fume anda disfrazadode lebrato galán enardecido.O corpo do mar é case ar,un vidro tremelante e opaco

    escoando no silencio densosedes de infindo apaxarado.

    No mar un peixe é soio un serturbador estraño e estranxeiro,acaparador de sombras lúcidas,capitalista/monopolista de rotase lévanos a un perdido mundode estrelas e luceiros máxicosque os mariñeiros saben atoparna súa percura de horizontessen horas precisas ou ronseles.

    Oficio a un melro

    Eu comunícolle a vostede, Señor Melro,que anda a cantar tan ben no silveiral:a súa canción, souril e vella,pon unha arela de luz no meu sentir.

    É como se en min nacera algún milagreou unha roseira inefábel me apamparadeixándome estantío.É como se unha voz de anxo, tan acesa,puxera no corazón tal señardade.Pero eu comunícolle a vostede, Señor Melro,que non lle diga a ninguén o seu cantar.Vostede non ten licencia da Academiae non se pode cantar sen máis nin máis.

    De Documentos persoais 

  • 8/17/2019 Escolma Manuel María

    3/3

     Primavera

    No mundo é sempre Primavera.Sempre. Sempre.

    Por moitoque queiran e que intentenprohibila, afogala, asasinala

    rexurde xoven, pura, inmaculada,inocente, incontíbel, poderosa.

    O mundo azul, Venus, Primavera:a primeira luz que nos alumae lle dá ás cousas transparencia,reconciliando ao home couniverso.E que fai que o noso instintosexa un torrente caudaloso epuro.

    Natureza sensíbel

    As xestas teñen fala de valados,por iso o sangue das súas veasleva todo o amor do labrantío.

    A cinza do chao tamén ten

    ingratitudes churrusqueirase mata todos os grilosque atopa por entre as leiras.Esa xesteira amarelanon leva nubes, non leva.Tan só a trasmao dicía:“a vaca teixa non turra...”.

    E a vaca teixa nas cornaslevaba presas estrelasdas que se apropiou de noiteao beber auga na fonte.

    As nubes brancas bicabano lombo escuro das xestase as breixas, cos seus coitelos,ían cortando folerpas.A noite co seu misteriotremelaba de friaxe.E a xesteira reverquíaun sangue mouro nas laxes!

    De Muiñeiro de brétemas 

    O río

    O río pasa correndo,non se para con ninguén.O río canta prás cousase canta para min tamén.

    O río canta prás albrespaxareiras da ribeira!O río canta prós pradose prás nubes viaxeiras!

    A todos di seu cantarcon escuro e claro son.A todos di seu cantaranque llo escoiten ou non!

    Non lle preguntes ao ríoa ónde vai, de ónde ven.O río pasa correndo!O río non se entretén!

    O río pasa correndo,

    nunca deixa de pasar.Vai dicindo a súa cancióne non se pode parar!

    De Os soños na gaiola 

    Égloga da fraga ouridourada

    Hai que entrar na fraga humildemente,co corazón limpísimo e con estenoso corpo mortal purificado,pois sabemos que o Outonosó pode estar na fraga talcomo a imaxe habita no espello:posuíndo o seu fondo tebregoso

    de marabillada noite aluarada.A fraga é a residencia dos deuses:o seu espacio intocábel e sagro,non pode ser tripado impunemente:aquel que se atreva a profanalomaldito será entre os malditose a sombra arrepiante do non ser caerásobor del calada e implacábel.

    De As lúcidas lúas do outono 

    O mar

    -Ti nunca viches ao marcos seus berros bruadores,coas súas espumas de prata,cos barcos e os pescadores.

    -Ti nunca viches ao mara tecer e a destecerondas azuis que vaná praia mansa a morrer?

    -E ti non sabes que o maré unha inmensa planura,auga e ceo, ceo e auga,maxestade e fermosura?

    -Ti nunca viches o mar?

    E sabes que non repousa?-Si nunca viches o marnon viches ningunha cousa!

    De Os soños na gaiola 

    A Primavera é Venus.Florentina

    Flora, loira como o bo trigocandeal, o ouro e o lume do solnos seus cabelos fermosísimos

    que nos incendian totalmentecun lume que acabaconsumíndonos.

    A Primavera é azul: tal os ríosdo noso bon país.

    Como as veasnas que corre -seiva fecundante-o noso sangue abrasado esoerguidoque berra, canta, clama ao ceo

    e pide, sen máis, perpetuarse.

    De A Primavera de Venus