Upload
manuel-lago
View
234
Download
7
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Especial The MurosTimes dedicado a Marcelino García Lariño
Citation preview
1
REVISTA DIXITAL
DE ARTE E CULTURA
MONOGRÁFICO ADICADO AO
ILUSTRE MURADÁN
DON MARCELINO GARCÍA LARIÑO
The Muros Times -Revista Dixital Muradana de Arte e Cultura-
Nº 23
XUÑO-XULLO—2015
"Muros: eu son de ti un pequeniño anaco, un membro mais do teu con-cello, un namorado de ti que quero ollarme nas augas da túa ría, belido espello“
(Marcelino García Lariño).
2
The Muros Times
XUÑO - XULLO—2015
Director: Jorge Lago Rama - Editor: Manuel Lago Álvarez
Difusión da Cultura—
Depósito legal : C2437-2013
Indice: Carta do director Páx. 3
In Memoriam páx. 4
Lembranzas de neno con Marcelo (p/ Manuel M. Caamaño) páx. 5
Prólogo do Muradán José Mª García Rodríguez ao libro “Anaquiños da Vila” páx. 6-8
Conversa con Marcelo (Domingo A. Guerra París) páx. 9
Marcelo en Youtube páx. 10
A un home conóceselle polos seus frutos (José Manuel Martínez) páx. 11
Marcelo, transmisor da memoria (p/ Fran J. Lestón.) páx. 12
Hai persoas especiais que deixan pegadas especiais (p/ María Xosé Afonso) páx. 13
Marcelo, a memoria da Vila. (p/ Manu García) páx. 14
Carta de Marcelo, do ano 1985 páx. 14
Artigo de Marcelo no xornal La Voz de Galicia, de xuño de 1993 páx. 15
Adiós amigo Marcelo ( p/ Juan J. Gestal) páx. 16
O home, a Vila (p/ Inés Monteagudo Romero) páx. 17
Entrevista a Marcelino García Lariño (p./Jorge Lago de Pexejo) páx. 18-20
Ao Reiseñor do Varadoiro (Manuel M. Caamaño) páx. 20
Cómo conocín a Marcelo (p/ Cristina Cabodevila Ros) páx. 21
Crónica da entrega da Medalla da Vila de Muros (p/ Marita Guerra) páx. 22-24
En recordo dun muradán exemplar (p/ José Manuel Bermúdez) páx. 25
Ao abeiro dos soportais. (p/ Manuel María Pena Silva) páx. 26-29
Recordando a un amigo entrañable (p/ Bartolomé Beiro Fernández) páx. 30
Loa a un home bó (p/ Santiago LLovo Taboada) páx. 31
Marcelo e Finucho (p/ Serafín Barreiros Formoso) páx. 32
In Memoriam (p/ Cristina Cabodevila Ros) páx. 32
O Ramiriño (do libro de Marcelo: Parolas do Adro) páx. 33
Marcelo da Rabela: In memoriam (p/ Santiago Fernández) páx. 34
Tío Marselo (p/ Mario Martínez Lago) páx. 35
A Vella da Axesta páx. 36
Os títulos outorgados polo Cónsul do Varadoiro (p/ Manuel Lago Álvarez) páx. 37
Galería fotográfica páx. 38-39
“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions
verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
3
Carta do Director:
Hoxe “The Muros Times” dedica este número especial a Marcelino García Lariño, e o
fai, non para lamentar a súa ausencia, senón para celebrar o seu frutífero labor como persoa,
cidadán, poeta e narrador muradano, porque Marcelo coa súa obra seguirá sempre entre
nós.
Marcelo foi un home que nunca presumiu de ter viaxado moito porque segundo él, as
ausencias aínda que fosen curtas se lle facían insoportables posto que en Muros e as súas
xentes xa o encontrara todo, e a Muros adicou toda a súa vida; unha vida entregada a canta
manifestación cultural se desenrolase na Vila.
Non vou facer eco dos eloxios daqueles que o coñeceron máis ca min, só quero agra-
decer o entusiasmo que sempre tivo para colaborar con esta publicación, que humildemente
só pretende por en valor a Muros e as súas xentes.
Así, sen máis, Marcelo,
coa humildade propia dos xene-
rosos, tan pronto soubo de-
TMT, puxo á nosa disposición
toda a súa obra, sen preámbu-
los nin condicións. Ante as no-
sas mostras de agradecemento,
só se lle ocurreu dicir:
"Non, non darme as grazas, as
grazas son para aque-
les muradanos que queren facer
relevante as grandezas deste
pobo que tanto quero."
Grazas e D.E.P. Marcelino.
4
In Memoriam. Marcelino García Lariño, naceu en Muros, o 17 de marzo de 1930. Fillo
dunha humilde familia, coma todas as da vila, os seus parentes foron emigrantes. Por liña paterna, aos
Estados Unidos de Norteamérica; pola materna, a Arxentina e concretamente a Tucumán. Marcelino foi o
mais xoven de tres irmás, un varón e unha muller, falecidos nos Estados Unidos. Foi o único da súa fa-
milia que non emigrou. Nunca quixo facelo.
Marcelo adicou toda a súa vida a louvar a Muros e a súas xentes. Como escritor e poeta, supo acercar-
nos o mais entrañable das xentes de Muros. Sempre aberto a participar en tódalas iniciativas lúdicas e
culturais, na súa xuventude foi secretario de Acción Católica Muradana; secretario da refundada Adora-
ción Nocturna de Muros; membro fundador da Comisión da Cabalgada de Reises; Festa da Flor; Festival
Mister Feo; Teatro Muradán. Articulista en Xornais galegos, foi tamén un gran colaborador da Folla Parro-
quial de Muros, na que foi autor de moitos artigos e de sentidos versos, nos que refrexou con sinxela plu-
ma os seus mais íntimos sentimentos de amor á Igrexa.
Autodidacta, todo o seu anhelo era traballar en pro da exaltación da súa vila natal de Muros, da que esta-
ba totalmente namorado, non habendo acto cultural en Muros no que non participase. Foi autor de varios
libros de contos en galego, escritos nunha linguaxe fermosa, abundante e rica en modismos propios da
bisbarra de Muros. Neles os personaxes, todos froito da súa imaxinación, están pintados tan ao vivo, que
ó lector parécelle que os coñece, que sabe quen son e ata os pode tocar coa man. Tamén escribiu poe-
sía e colaborou asiduamente con varios xornais galegos.
O 28 de maio de 2011, o Salón de plenos do Concello de Muros visteuse de gala para acoller o acto de
entrega da Medalla da Vila de Muros o noso benquerido Marcelino García Lariño. Neste acto, acompaña-
do dos seus familiares, Alcalde, Corporación municipal, e un gran número de amigos, Marcelo, visible-
mente emocionado, recibiu a distinción, entre una salva de aplausos, recibía así, a merecida homenaxe
do seu Muros, por toda unha vida adicada a Vila que o veu nacer.
Dende estas páxinas de “The Muros Times”, non podemos menos que sentir a perda deste muradán
egrexio, bo e xeneroso, e desexar que o seu amor a Vila e a súas xentes perdure, e que a súa figura siga
alentando en todos, eses valores dos que él fixo bandeira sempre, que non outros que os de ser, por en-
cima de todo, un “Queredor de Muros”. Marcelo deixounos un 29 de maio de 2015, pero o seu recordo
perdurará por sempre entre nos, e será un modelo a seguir por xeracións futuras.
Descansa en paz, amigo Marcelo. Sit terra levis.
5
Lembranzas de neno
con Marcelo.
p/ Manuel M. Caamaño
Dende o TMT pedíronme unha colaboración
para este especial sobre a persoa e a figura de
don Marcelino García Lariño, e por suposto que
aceptei encantado o convite. Mais á hora de po-
ñerme a escribir, á hora de sentarme diante da
pantalla do ordenador e ter que falar en pasado do
meu benquerido amigo comezaron a asaltarme as
dúbidas e os dedos resistíanseme a poñer negro
sobre branco.
Non, non me resulta nada doado ter que re-
ferirme a Marcelo en pasado, pero coido que a súa
lembranza ben merece que eu trate de superar
este trauma e lle dedique estas palabras a xeito de
panexírico.
A miña memoria garda as primeiras lem-
branzas del sendo eu apenas un neno que ía a
bañarse no verán á rampla de Sel e vía a Marcelo
que traballaba de contable nas oficinas da fabrica.
Eu axexaba polas fiestras do acristalado obradoiro,
e alí estaba aquel home detrás dun escritorio e
rodeado de moreas de papeis, tinteiros, plumillas,
arquivadores e todos os “cachibaches” que vos
poidades imaxinar para levar a cabo a súa labor.
No meu maxín de neno todo aquilo parecíame un
paraíso, e aquel home un autentico deus que go-
bernaba aquel edén de papel dende o seu trono
celestial na cadeira de madeira que ocupaba de-
trás dunha mesa.
Un día, ao percatarse el de que eu pasaba gran-
des ratos axexando, fíxome unha sinal para que
entrase. Mamaiña querida! Alí estaba eu, fran-
queando as portas do Ceo en traxe de baño, pin-
gandiño e achegándome ante o mesmísimo deus
daquel lugar.
- Rapás, ti de quen es?
- Sonlle fillo de Pepa de Brecha e de Felipe de
Chuvasco.
- E por qué me axexas tanto dende detrás da fies-
tra? - Porque eu cando sexa grhande quero ser
coma vostede e traballar nunha oficina coma esta.
A gargallada que saíu da súa gorxa logo de escoi-
tarme descolocoume un pouco, e supoño que a
miña faciana se puxo vermella de vergoña, pero el
decatouse rápido de que ferira as miñas aspira-
cións de emulalo, e collendo unha grampadora e
un feixe de papeis, deumos e díxome: “Para ser un
bo oficinista cando sexas maior tes que comezar
grampando estes papeis.” E alí me vedes. ou me-
llor dito, me imaxinades a min, no meu “valhalla”
desexado, estragando grampas co beneplácito
daquel Odín da contabilidade!
Pasados moitos anos, cando a organización
de Muros Mira ao Mar tivo a enorme deferencia de
organizar unha mostra retrospectiva da figura de
Marcelo, e estando el xa moi enfermo; Eu, aprovei-
tando que nos atopabamos nas remozadas instala-
cións de Sel, recordeille a Marcelo aquela miña
primeira lembranza del. Por suposto que non se
lembraba do caso, pero esbozando un sorriso pí-
caro, díxome: “ Xa sei que sempre me quixeches
“ben”, e xa de neno queríasme enviar para o paraí-
so. Pero antes déixame que pase polo xuízo de
San Pedro, non vaia ser que...” Eu, que tampouco
ando mal de retranca, respondinlle: “ Non teñas
medo oh! Que os pescos temos enchufe con San
Pedro, e malo será.”
...................................
Agora San Pedro e mais el, dous pescos rabudos
de marca maior, están a montar unha oficina no
ceo, cunha delegación no inferno para o caso que
eu me decida dar “o paso.”
6
Prólogo do Muradán José Mª García Rodríguez ao libro
“Anaquiños da Vila”
VERBAS LIMIEIRAS
¡Viva Galiza, irmanciños!
Fartaréime de vivala
Acoubillada na súa ría, protexida de lonxe polo Monte Louro, bermello nos refreixos da poentia --noso
Xibraltar: monte ergueito aos ceos, e terra chan—, chamámosille a
Vila. A nosa vila de Muros, beirada polas ondas do mar, que se
remexen coas mansas ondiñas do Tambre, no seu esteiro. Eu diría
que o arroás é seu peixe totémico e inda que nos seus campos, fincas
e leiras, cantan pardales e pintaos xílgaros, os gaiosos melros e os
miudos carrizos, valentes sempre para defendelo niño, elixiria por ave
nosa, a gueivota. Unha poética gueivota que a radeira dos barcos fai
ronseles no mar; que voia, moi outa, na piringüela do vento; ou baixa a
rentiño, coidando cecenas ou papoulas as ondas.
A vila é moi longa, apeitugada antre mar e monte. Aos menceres
dunha beleza nunca soñada. As catro da tarde váise o sol, e Muros
envólvese nunha soidade e nostalxia, que arroupa na beleza das súas
mulleres, a sona de cantadoras ou as boas bailadoras do Viñal. Vila de
rúas estreitas, de poucas prazas, de casas recollidas, fonda de intimidade, nai de toda cozura…¿Vos
lembrades do malviz, que nas Cantigas do rei don Alfonso de Castela, coas axuda de Ayras Nunnes, o noso
maior poeta, pro pouco doado en tratar e falar ben dos galegos; cuio canto, do malviz, fixo ao frade dormir
trescentos anos?. Diríades tamén que Muros durmeú trescentos anos un longo sono, que hoxe é ledicia dos
ollos, encanto gostoso e pracer... ¡As veces abrín os meus brazos, en cruz, pra chicalas dúas paredes dunha
corredoira! Outras arranquei
carrizas dos buracos dunha
parede, pra sentí no seu dozor a
morriña da vila! íSaudade vella
que vái pola vila adiante, coas
carreiriñas do vento, remozada
nuns nenos qué brincan i
enredan, xa non séi a qué, nun
porta!
Pra mín, a vila tén unha
identidade crara. Arrodeada
dunha bisbarra donde cáseque
7
tódolos meniños son louros. As mozas
de foras belidas, levan nos ollos dúas
gotas azúes, pingadas do ceo. Pro, en
Muros, os máis de nos éramos morenos.
E até falábamos de xente loura coma
xente vida de fora. As nosas mulleres —
Rosalía ao dixo— semellaban estatuas
gregas; non mulleres de vikingos nin
louras walkirias. No seu porte había unha
maxestuosidade de matronas, de
grandes damas, que brilaba máis que
seus ricos adovíos, correntes e perillas.
E os homes miraban ao mar do que
viñan, no que nadaban e navegaban.
Coma aturuxo salía das súas bocas
aquil, "iPra mariñeiros, nós!", inda hoxe
retumbante. A vila conservaba unha
galeguidade de maravela, que gardaba é
ouxetivo
cobizado que quénes somos cernes e
nos sentimos muradáns.
Agora me perguntaredes si é que
tudo iso non ten súa ialma?. Pois tén. Só
que —véde a contrariedade— é máis
léneme, lingaira e voandeira. Coma as ondas do Tambre. Sempre vos semellan as mesmas, pro non son.
A ialma da vila e a súa xente. E súa xente, día a día, noite e día, vái tocando o zoco, ao queiras non
queiras, pra Sampedro. A ponte da pasadela non está lonxe da vila. Non tendes máis que ir a Romaxe, a
onde está cada un oferecido, e atopádela na metá do camiño. Si agardades a noite, escoitaredes os pasos:
fortes, da xente que tén moitos pecados, dobregados polo seu peso; suaviños, os dos nenos, que non
tiveron tempo a coñecer as doenzas moraes dista vida.
A valía do libro, ao que lle estóu poñendo estas verbas limieiras, carta-proemio ao meu querido
paisán e irmán, Marcelino García Lariño, é recollela ialma do noso pobo, xente variopinta da nosa vila. Co
aquila solenidade, co aquila gracia e nobreza, co aquila sabiduría que non deixa lugar aos iñorantes. Van
empezando a desfiarse páxina a páxina, as madeixas de mil enredos, situacións novas, resoluciós non
previdas, cadros imaxes da vida, e vida en anacos, aos pouquiños, coma debe ser, vasiño de caña que se
bebe amodiño, na parva. Pois e eisí como García Lariño fai. Mesmo cinematográficamente. Cada capíduo,
cada conto, cada anécdota, é coma unha «toma». Que se fan independentes e afastadas ou arredadas,
unhas das outras, pra logo facelo filmo, baixo as ordes do direitor. Cunha novidade, logo de lido o libro, o
realizador e o mesmo leitor. E il, quen, ao repasalo o lido, coa gorentia, gabexo, vota ao millor. E súa
laboura e ficala ideia —a ialma da vila, na súa propia ialma—.
8
O mérito literario dos «Anaquiños da vila» é duplo. De conxunto, pola largueza con que vá amontoando, uns
tras outros, aos persoaxes, coas suas caraiterísticas sicolóxicas, defindas, ouxetivas, craras. Coma se vái
desenrolando a trama esterior aos
aconteceres, —o fío de Ariadne que non se
vé— armónica ou .contrapunteada, as
veces fonda, coma os chas—carraschás
das cunchas; as veces, coma sons de gaita
melosiño; outras coa brincadeira dun
pandeiro. As contas, rinme en moitas
ocasións, coma si vise pola rúa, un home
en cirolas; que non é cousa de senvergoña,
máis ben de doído. E isto dálle ao libro de
García Lariño, un humor que somentes é
galego. E unha soidade —saudade— que
somentes os portugueses e nós, sabemos deseñar. «Anaquiños da vila» léense de lixeiro e polo
aperfeizoados, invitan a novas leituras. Ún, anceia coñecer millor os tipos, e destoncias tómaselle cariño.
Libro antolóxico, na verdade; unha amostra súa deberá aparecer en calquer coletánea de prosa galega, no
adiante. Prosa galega que ha de ser clásica pola súa limpeza, espresividade, riqueza do vocabulario; pola
axilidade da sintásis, conxugación atinada dunhas verbas cas outras, craridade do parolar e pola relevancia
que ista lingua galega, de García Lariño, empresta as cousas e a xente. E un galego cun forte arrecendo
murdán, mariñán, petizado. Con pinos, mais sin queixumes; con forza pro sin quixoterías; con retranca, pro
sin maá fe. Fora daquiles que sempre a
levan o lombro vaia dicir, os caciques~-
corna o sapocuncho a cuncha.
¡Coitadiños!.
E vóu findar. García Lariño, meu
benquerido Marcelino, vostede é un
principe, no millor senso da palabra.
Vostede comenza cun libro de prosa, que
calquera envexa --inda eu. Vostede fica
moito obrigado, con Muros, coa nosa Terra
e coa galeguidade, a seguir polo camiño
ernprendido. Sin importarlle que os cans lle
boubeen. Sin importarlle que tendan un lenzo de silencio riba do seu libro. Lérnbrese de que Don Juan
Valera fixo unha Antoloxía de Poesía --e coma il outros--- na que metéu a canto can e gato atopóu polos
carniños de Castela; e non se lembrou de Rosalía. Muros tén no seu escudo un barquiño de ilusión, métase
nil, bogue e adiante. Como boga a gueivota no ár. Vostede achará cecenas e papoulas, nas ondas. Non tén
mais que nilas ollar.
Un día, os nosos rapaces: xílgaros, carrizos ou melros, mozos de mañán, quererán saber coma foron
os muradáns de onte. Trementes de encanto e de emocións, terán «Anaquiños da Vila» nas mans. E alleos
as pequenas baixezas, distes mares tumultuados das Letras, verán xurdir nas súas almas a nosa
galeguidade, nun berro, bruante coma un aturuxo: ¡Pra mariñeiros, nós! Nós, nós, e nós. -
Xosé María García Rodríguez, Poeta Galego
9
Conversa con Marcelo
p/ Domingo Guerra París.
Marselo, teño un problema: os directores da revista «TMT» pedíronme unha colaboración
sobre ti. Supoño que para falar ben, porque senón buscarían a outro. Pero, agora que aceptei,
a verdade é que non sei moi ben qué dicir.
Tes razón, perfecto! Contarei algo relacionado contigo e «Papá Mimitiños». Non, iso non
Marselo! Ja, ja, ja!, esas vivencias non se poden contar!
Non, iso tampouco Marselo! Non me tolees! Cómo vou a falar de economía municipal! Teño
que falar de ti! Xa sei: qué che
parece si afirmo que o teu anhelo foi
traballar na exaltación da túa vila,
da que, por certo, segues
profundamente namorado? Pois xa
está! Deixaremos que sexan outros
os que enumeren as múltiples
cualidades que fan de ti un ser
excepcional; que mencionen a túa
faceta de escritor, e que conten a túa
boa predisposición a participar en
calquera tipo de iniciativa cultural
do noso municipio, etcétera,
etcétera, etcétera.
Por certo, dixéronme que tes
asinados os títulos de «Economista Oficial da Vila» e o de «Calmante Vitaminado», así que,
calquera día paso por casa e pídollos a Concha. Claro que si, Marselo! Por suposto que seguirei
indo, de cando en vez, a visitar a Carmen. Estes días atopeina un pouco triste. É normal!
Díxome que se sorprendera de que me recoñeceras o outro día. Ja, ja, ja!, tes razón, esta muller
ten cada cousa...! Pero tamén é certo que detrás dun gran home...! Non te preocupes, entre as
dúas fanse compañía e estarán ben, seguro! Si, Marselo tamén está ben. A elas non lles
importou chorar no funeral, pero Marselo escondeuse detrás das gafas de sol; eu chorei un
pouquiño, despois de comulgar, era lóxico... Tamén a min me encantou o Orfeón. Qué lle
pareceu o acto a Don Casimiro? Este home, non cambia!
Por suposto que botarei de menos o teu agasallo de Reis, eses poemas que gardo como
auténticos tesouros... Non fagas caso! Pero, home, si son os mesmos que cuestionaban a
Medalla. Bo! deixa que nos critiquen, que máis da! Seguirei publicando nos medios, é un
compromiso de responsabilidade cívica ao que, o fillo de Tomasa da Florera, non está disposto
a renunciar. Por certo, daríaslle un bico, non?
Bueno, teño que deixarche. Manolo de América e Jorge de Pexejo din que se acabou o espazo. Tes
razón, ja, ja, ja!, sei que dispós de todo o tempo do mundo! Seguimos charlando entón. Si, fai
uns días que elixiron alcaldesa...
10
Marcelo en Youtube. Non hai moito material audiovisual referente a Marcelo, pero o que hai pómolo a disposición dos lectores. Dous videos corres-
pondese ao acto de entrega da Medalla da Vila, e os outros foron gravados no despacho da súa casa da Virxe do Camiño.
Neles vese a Marcelo recitando as súas poesías.
Estos videos foron gravados por Manuel María Pena Silva no ano 2011. Copiando e pegando os enlaces no navegador, pó-
dese acceder a visionalos na plataforma Youtube.
https://www.youtube.com/watch?v=bG9ICWjPMh4
https://www.youtube.com/watch?v=Wqtkts9slJc
https://www.youtube.com/watch?v=u5ycTJFAyOc
https://www.youtube.com/watch?v=rPlPnv5IIAU
https://www.youtube.com/watch?v=de6ER24aHrY
https://www.youtube.com/watch?v=JrE6tRFuVTc
11
A un home conóceselle
polos seus frutos
p/ José Manuel Martínez
-Sacerdote muradano-
De Marcelo da Rabela solo podo decir cousas
boas. As malas saberáas o demo, pero como cando
Dios perdona tamén olvida, de pouco lle vai servir ó
demo saber tanto. En cambio Marcelo sabía das
cousas de Dios, esa sabiduría que entenden os
sencillos.
A un home conóceselle polos seus frutos, coma ó
árbol. Como pai, Conchita é un bolo de pan así que
non o debeu de facer mal. Como padriño non o
debeu de facer mal tampouco, que xa o esperaba
alá arriba o hermano Pepe de Muros. Como
feligrés, recibeu e dou do seu ben estar, falar, calar
e escribir, a don Casimiro. Si se salva o pastor
hanse de salvar tamén as ovellas, e Marcelo foi das
fieles na parroquia de Muros de San Pedro. Foi
para don Casimiro deses que prometera Cristo ós
apóstoles: "cien veces más casas y hermanos y
hermanas y madres e hijos y tierras" (Mc 10, 30).
Fillo do seu tempo, a Marcelo custoulle facer a
digestión do cambio de párroco. É algo que lle
custa a calquera, non se lle pode contar como falta.
Os tempos cambian tan rápido que a Iglesia ten
que vigilar para que se entenda o mensaje que
transmite. A Iglesia Compostelana -que está en
Sínodo-, querendo vivir a fe e pasar o testigo ós
novos a pesar das nosas miserias, ten que renovar
a presentación do tesouro escondido mentres se
mantén fiel á millor de tódalas noticias, que ó
mismo tempo que é nova por boa tamén é vella
coma a estatua do paseo marítimo. Presentar o
evangelio ó público de hoxe con toda a súa belleza
e a súa exigencia pode rechamar tanto polos
métodos que ós vellos lles pareza que nos acaban
ca fe. ¡Dios nos libre! O mismo don Casimiro,
profeta como era, se sentía descolocado co
inevitable relevo, pero mantúvose fiel e activo hasta
o final mentres aceptou o retiro como san Juan
Bautista. Un servidor fixo o que pudo por axudarlles
a ver ó lonxe, pensando non solo no futuro que
Dios nos prepara alá arriba -realidad xa para eles-
senón no da Iglesia nesta terra, que necesita facer
ver ó mundo que os mandamientos son unha carga
lixeira e liberadora, e que si teñen algo de plomada
é pa que non nos leven os vendavales. Para chegar
ós novos ca boa nova, entre outras cousas haise
que reorganizar. Dios dirá sempre o mismo con
renglóns tortos, expresións actuales, caligrafía rubio
ou a que sea pero que se entenda. Tamén debe
seguir igual que hai que oír ós vellos, que chegaron
á fe antes ca nós.
Cando un home se emociona, por ejemplo si se
enamora, é capaz de poñerse a escribir versos, e
atrévese por mal que lle salgan. Extrañaríame que
os namorados non sintan o impulso de escribir algo
a man, anque solo sean uns rascóns no tronco dun
pino, algo que perdure máis que os mensajes nas
pantallas dos móviles. Ademais, mentres se escribe
letra a letra a man tárdase máis, disfrútase máis,
ponse máis atención e apréndese millor que si se
teclea. Os poemas de Marcelo se cadra non os
poñen nos libros da escuela. Pero Marcelo non
buscaba estilo senón expresar un sentimento de fe,
ou unha emoción, fe se cadra non tan de arrautos
explosivos como a de santa Teresa pero igual de
auténtica. Por eso compuxo tantos versos sacros e
se alegraba cando salían na folla parroquial, non
por el senón porque iban na honra de alguén.
"Y vio Dios que era bueno" (Gn 1, 10)
12
Marcelo,
transmisor da
memoria
p/ Fran J. Lestón.
Dun tempo a esta parte vou viaxando polo mundo.
Dedícome a coñecer lugares e xentes. En ocasións
ó chegar a un novo pobo ou aldea decido quedarme
alí algúns días. Ao
chegar busco
albergue e una vez
acomodado salo a
dar una volta para
coñecer o entorno.
É entón cando as
mismas rúas me
din que debo
quedarme aló máis
tempo para
adentrarme polas
arterias que transitan os autóctonos e cuia función é
dar vida ó pobo ou aldea da que se trate.
Góstame empregar tempo en rondar polas rúas.
Atopo un extraño pracer en camiñar polas rúas sin
dirección sin unha dirección precisa e sin rumbo.
Para mín é un entreteñemento que me aporta unha
suma satisfacción, deambular por deambular. O
feito de perderme polos distintos callexóns que
atopo, sin saber con certeza a donde me irán a
conducir ou si polo menos teñen saída, para mín é
algo que me abstrae por completo.
É máxico atoparme de súpeto no medio dun
laberinto formado por rúas que se cruzan, subindo
ou baixando, sin saber cal de elas é a arteria
principal. Descoñezo si existe unha plaza céntrica
na cal desemboca algunha delas e conduce á
saída. Atópome perdido pero sin preocupación.
Como vos digo é un pracer do máis gratificante.
A verdade é que non me causa ningún trastorno o
feito de non saber ónde me atopo. Ó contrario
divirteme intentar atopar unha saída. E namentres o
fago entretéñome observando os edificios que dan
forma ás rúas, as súas fachadas e as inscripción e
emblemas que están gravados nelas. Xamáis tiven
formación algunha sobre esta cuestión, pero
góstame deleitarme cos arcoa, as columnas e os
dinteis. Qué clase de ventás serán, qué nome
recibirán ese tipo de portas…
Góstame sentarme nalgunha escaleira e
imaxinarme cómo sería a vida naquelas rúas noutro
tempo. Qué xentes pasaron por alí e qué tipo de
vivencias tiveron. En ocasións as rúas nas que me
atopo aparentan estar mortas, pero de seguro que
noutros tempos houberon de ser o escenario que
acolleu múltiples acontecementos.
Aparece en mín un apetito voraz por descubrir, por
coñecer, por saber máis do lugar no que me atopo.
Incomódame non poder coñecer máis a fondo as
historias que se esconden nas pedras. É entón
cando me dou conta que de nada serve enoxarme
coas pedras, pois elas non falan por moitos
segredos que garden. Pero existe un lugar no cal se
gardan todos eses segredos que unha vez
aconteceron nas aldeas. Os nomes das familias
que alí viviron, o por qué dos topónimos dos
lugares, a explicación de lendas e disques que se
poden seguir escoitando por veces… A maxia das
páxinas impresas e cosidas con maior ou menor
destreza son un engadido que xamáis debería ser
esquecida no día a día das vidas cotidiás de pobos
e de aldeas. Como tampouco deberían ser
esquecidas as mans do artesán ou artista que foi
quen de dar forma con palabras, formando imaxes
nas mentes de quen as lee, a esas lendas e contos
de vellos. Marcelo foi artífice e creador de moitas
delas. Foi contacontos e dador de vida a seres
ficticios. Marcelo foi transmisor da memoria que se
soamente se garda nas mentes acaba por
desaparecer, pero ao permanecer escrita perdurará
por sempre, ao igual que él.
—-0—-
13
p/ María Xosé Afonso Torres.
As primeiras veces que escoitei falar de Marcelo
da Rabela foi a meu pai, si , a Peleador. Naquel
tempo Peleador traballaba nunha baca de Muros e
Marcelo encargábase do papeleo desta baca e,
como consecuencia disto, encargábase de certos
asuntos concernentes a meu pai.
Así que, un día, dime meu pai se o podo levar á
casa de Marcelo para arranxar uns papeis con el,
e así foi como coñecín a Marcelo, na súa casa da
Virxe.
Tardei moito tempo en volver a ter contacto
con el, pero tanto a enorme estima que meu pai lle
tiña e que facía que me falara moito del, como a
impresión que el mesmo me causou, fixeron que
nunca o esquecera e ata fixera certo seguemento
das súas “andanzas culturais”.
Anos despois, en maio de 2011, xurde a
iniciativa de honrar a Marcelino García Lariño coa
Medalla da Vila de Muros. Nese momento, eu for-
maba parte da corporación municipal e foi unha
enorme honra poder estar ao lado deste gran ho-
me nun día tan sinalado para el e para todo o
Concello de Muros.
E foi a partir de entón cando comezamos a
falar máis a miúdo. En principio, el non se lembra-
ba daquela moza que tiña levado nalgunha oca-
sión a Peleador á súa casa a arranxar papeis, pe-
ro unha vez que se deu conta “ordenoume” que
nunca pasara por el sen falarlle. E así o fixen, a
partir de entón nunca pasaba por el sen saudalo
chea de orgullo e emoción de poder falar distendi-
damente cunha boa persoa que tanto e tan bo la-
bor ten feito pola Vila de Muros e moitos dos seus
habitantes.
Hai persoas especiais que deixan
pegadas especiais, e Marcelo da Rabela
é, sen dúbida, unha desas persoas. Lem-
brarémolo con admiración e cariño , es-
tea onde estea pode estar ben orgulloso
do seu paso pola vida. Descanse en paz.
Hai persoas especiais que deixan pegadas especiais
14
Carta de Marcelo, do ano 1985, invitando ao muradán Santiago
Fernández para que fora o pregoeiro de XX Cabalgada de Reises.
Marcelo, a memoria da Vila.
p/ Manu García
Veño de me informar de que Marcelo da Rabela (Marcelino García Lariño) era, desde ben neno, grande coleccionista de retallos do
acontecer do Muros natal e da súa contorna, que atesouraba por devoción
aos feitos e por divertimento. É, pois, o caso dun rapaz previsor que andaba
sempre armado de lápiz e papel para non deixar fuxir as novidades do pre-
sente continuo. Así foi Marcelo, de curiosidade en curiosidade, ata esgotar o
capital completo dos seus día na terra.
Nada do salientabale se lle escapou; de todo canto el escoitou, observou ou
soubo de maneira indirecta, ao logo de máis de sete décadas, deixou memo-
ria escrita. Ignoro o número exacto de Diarios (desde logo, bastante por enriba da cifra devandita) que a familia conserva no arquivo
familiar e dan conta detallada de historias singulares, anécdotas, chistes, notas necrolóxicas e conversas con amigos e coa veciñan-
za. Sei de moi boa tinta do seu talento natural para transformar unha anécdota nun relato completo, nun poema humorístico ou lírico.
Sen embargo, non me corresponde a min afondar nun terreo tan tendador e propio do mundo literario. Outros saberán facelo con
rigor, dunha forma axeitada.
Quero, por último, desde o meu compromiso partidario, como Reponsable Local e Concelleiro do BNG de Muros, recordar con orgu-
llo que foi durante o goberno do Bloque, en vida do finado do Alcalde Domingos Dosil, cando, a petición expresa dalgúns amigos
comúns nacionalistas, se lle outorgou a Marcelo a máxima condecoración do noso Concello. Unha acto de xustiza, sen dúbida.
Hoxe, neste especial de The Muros Thimes, tamén lle tributamos idéntica admiración e recoñecemento pola obra ben feita.
15
Artigo de Marcelo no xornal La Voz de Galicia, de xuño
de 1993, co gallo das Festas Patronais de Muros.
16
Adiós amigo Marcelo Juan J. Gestal
Un viernes de madrugada, sin hacer ruido apenas, se nos fue Marcelo. Nos dejó tristes y perplejos. Su
muerte nos pilló de sorpresa. Tantas veces a sus puertas consiguiendo salir a delante, superando en ocasio-
nes situaciones muy difíciles, nos tenía mal acostumbrados. Aunque, analizado fríamente, su agravamiento
podríamos haberlo visto, y lo vimos. Venía decayendo de modo im-
portante en los últimos tiempos, pero nos parecía que él podía ser
quien de superarlo en cualquier momento. No nos creíamos que ya
estuviese llegando el día del adiós definitivo. Algo así nos ocurre a
todos con nuestra propia muerte que, aunque sabemos que inevita-
blemente ocurrirá, no nos lo creemos del todo y, en cualquier caso,
siempre nos parece muy lejana.
Hace tantos, tantos años que conozco a Marcelo que podría decirse
que le conozco desde siempre, pues los recuerdos vienen de tan
atrás, que se pierden en la nebulosa de la memoria.
Le recuerdo cuando trabajaba en las oficinas de Sel, y me parece
estar viéndole yendo y viniendo de Correos, parándose con unos y
con otros. Tomándose su tiempo. Conversando y observando. Cap-
tando las esencias del ser y del sentir de la gente que luego plasma-
ba en el papel con esa agudeza, maestría, gracia y bien hacer que
le caracterizaban. Siempre tenía alguna historia nueva que leernos,
y siempre simpática.
Mas tarde, en el Banco del Noroeste aprovechaba también todas las
oportunidades para salir a la calle y relacionarse con los demás. Necesitaba de ese contacto continuo con
otras personas como del oxigeno para mantenerse vivo y lo ha continuado hasta el final.
Le gustaba participar en las actividades comunitarias. Colaboró con nosotros en muchas de ellas: el teatro,
la cabalgata de reyes; la Copa Ría de Muros, las fiestas de San Pedro del 69,…. Estaba siempre disponible
para echar una mano, y le daba a todo. También le recuerdo como una persona enferma de siempre, pero
un enfermo muy especial. Primero hipocondríaco, as enfermedades de Marselo,… que diría Carmen, y mas
tarde realmente enfermo. No he conocido persona con mayor número de enfermedades. Algunas de ellas
graves. “Un auténtico tratado de patología” como él me comentaba muchas veces, riéndose de si mismo.
Sorprendentemente, a pesar de ello llegó a los 84 años, contradiciendo, eso sí, todos los pronósticos médi-
cos. Enfermo sí, pero siempre y en todo momento alegre y complaciente con los demás, sobrellevando sus
múltiples dolencias con dignidad y mucho humor. Una de ellas le obligaba a pasear, lo que le venía perfecta-
mente con su carácter. La enfermedad ideal para él.
Como escritor fue un autodidacta, muy próximo en su modo de expresarse a como lo hace el común de la
gente del pueblo, con una agudeza y gracejo especial, ya fuese en prosa o verso, y especialmente en la
descripción de personas, de las que captaba sus esencias con humor. Su gallego no era el normativizado,
pero seguro que de sus escritos se podrán recuperar muchas palabras interesantes. Pero sobre esto van a
escribir otros. Sobrevivimos a nuestra muerte mientras haya alguien que se acuerde de nosotros. En tu ca-
so Marcelo, te auguro una sobrevida muy larga, perdurando tu recuerdo mucho más allá de la vida de los
que te conocimos.
Amigo Marcelo, tú como persona de fe y buena, estarás ya en el cielo, en donde te habrás encontrado con
tu sobrino Pepe, otro gran muradano. Os imagino a los dos riéndoos ya de lo divino y de lo humano. Dale un
abrazo de mi parte y otro muy fuerte para ti,
17
O Home, a Vila p/ Inés Monteagudo Romero
Aínda que non tiven a honra de ter con Marcelo o
trato directo que outros veciños da Vila tiveron, si
tiven con el algunhas conversas das que fago me-
moria e que me deixaron un grato recordo.
Atoparse con Marcelo paseando polo peirao ou
polas rúas da Vila e saúdalo, era un non quedarse
tan só co saúdo. As primeiras preguntas sempre
ían dirixidas a preguntarme pola miña familia. Mar-
celo tiña unha conversa sempre interesante e di-
dáctica, e sempre contando anécdotas da Vila e
das súas xentes; da historia pasada e da recente.
A súa memoria prodixiosa non esquecía ningún
detalle, ata o mais nimio. Tenme contado moitas
anécdotas acerca do meu sogro Domingo Fabeiro
co que sempre mantivo unha grande relación de
amizade. Os dous, grandes apasionados do fút-
bol, e sempre, co seu equipo da alma, o Real Ma-
drid. As discusións eran moi frecuentes. Que si o
entrenador, que si o presidente, que si o arbitro...
Pero en algo acababan sempre de acordo: o Real
Madrid, aunque perdera, era o mellor equipo do
mundo.
Co pasamento de Marcelo, Muros perde a un ho-
me único, case irrepetible. Muros, que ten dado a
historia de Galicia e de España, grandes homes, e
entre eles a Marcelo, notará e sentirá a súa perda,
case como unha nai pode sentir a perda dun fillo.
Vamos a sentirnos orfos dun home feito a si mes-
mo, que foi quen de por en valor a Muros. Amor
infinito ao seu Muros e amor polas súas xentes,
dúas características que non o abandonaron nun-
ca.
Teño lido moitas poesías de Marcelo. Todas pre-
ciosas e cargadas de un sentimento sublime pola
terra; de un sentimento saído do seu ser mais pro-
fundo. Todas me gustaron, pero a que mais, unha
que fago miña e quero que sexa guía dos meus
pasos na vida pública:
Quérote, Muros, de día,
Quérote, Muros, de noite,
Na tristura, na alegría,
Na mala e na boa sorte.
Quérote con tolería,
E hoxe un pouco máis que onte;
Quererte a ti é teimosía
Porque te quixen decote.
Querereite mentres viva,
E aínda... despois da morte.»
No andar da historia de Muros quedará para sem-
pre a presenza deste home singular; amigo de to-
dos, memoria vivinte da Vila, grande escritor e no-
table poeta. Que a súa obra e figura non se perda,
é un reto no que todos temos a obriga de traballar.
Gustaríame que concello organizase actos cultu-
rais na súa memoria. No que eu poda propoñer ou
facer, que se conte comigo.
18
Entrevista a
Marcelino García
Lariño
(Marcelo da Rabela)
p./Jorge Lago de Pexejo, vía Skype.
¿Qué se pode dicir que non se saiba dun dos perso-
naxes máis coñecidos da bisbarra?
Aínda moito, e séntome honrado de ter conducido
esta entrevista en directo vía Skype da cal só podo
escribir unha pequena síntese dun-
ha agradabilísima conversación que se prolongou
por varios días e que me serviu para coñecer máis
de preto a alguén que a pesar de certos achaques
relacionados coa idade, non deixou de marabillarme
pola súa lucidez, viveza e gran sentido do humor.
Non me é doado expoñer como quixese a esencia
do diálogo que mantivemos, abonda dicir que a cada
pregunta saía unha morea de anécdotas, pequenas
viñetas, recordos e explosións de risa incontibles
polas ocorrencias que saían a cada paso.
J.L._¿Me escoitas e oes ben Marcelo?
Marcelo: _Si, perfectamente, vostede ten a palabra.
J.L._ Grazas. ¿Ti naciches no ano 30?
Marcelo: _
O 17 de Marzo de 1930
J.L._ Xa levas navegando pola vida uns poucos
anos e embarcado en moitos e diversos mesteres.
¿Como xurdiu a túa afección polas letras?
Marcelo: _Pois dende neno, era un sentir que me
levaba a gardar todos os libros de texto e libre-
tas que aínda hoxe conservo. Eu tiña a afección
de cantar, pero como cantaba mal, compensábao
escribindo a letra das cancións que oía.
J.L._ ¿Quen foi o teu primeiro mestre?
Marcelo: _Cando me mandaron por primeira vez
á escola cun silabario debaixo do brazo, foi á es-
cola da señora Dolores da Trilla. Co silabario e o
Rayas Primero, a señora Dolores impartiu a máis
de catro xeracións os primeiros pasos en dele-
trear e esborranchar as primeiras letras.
Despois, mandáronme a unha escola de paga-
mento, a de D. Antonio Lojo, na que estiven ata
os 14 anos e me botaron da escola.
J.L._ Por traveso?
Marcelo: _!Non, non! Bueno, traveso un pouco, o
habitual: Ir para casa cun ollo hinchado, romper
algún cristal con aquelas pelotas de trapo con
que xogabamos. Pero non, como sabes, naquel
entón íase escola cun só libro de texto no que
estaban condensadas todas as materias ata que
foses a facer o bacharelato e a min como ó me-
moricei de cabo a rabo, D. Antonio falou coa mi-
ña nai e díxolle que ou me daba estudos, ou dei-
xaba de ir á escola, porque el xa non tiña máis
que ensinarme.
J.L._ Despues desa saída honorable da escola e
con 14 anos... A que te dedicaches?
Marcelo: _Despois da escola funme a traballar
unha tempada como revisor de Jacobito, un pri-
mo irmán da miña nai que era taxista ata que me
decatei de que necesitaban un axudante no xul-
gado e como D.Antonio Lojo o mestre era procu-
rador, suxeriu que eu era o mellor opoñente para
a praza e alí estiven, teño que dicir que con bas-
tante poder tácito exercendo ese labor ata que
me fun para o servizo militar.
19
J.L._ ¿ E despois do servizo militar?
Marcelo: _Entón xa empecei a traballar no
concello como escribente pois xa traballara por
anos no xulgado. Pero a miña vocación era ser
obreiro como o era o meu pai.
J.L._ O teu pai quedárase en EUA cun irmán seu e
alí desempeñou varios traballos ata a súa xubilación
na que volveu a Muros definitivamente.
Mentres tanto, despois do concello, e de cumplires
o servicio militar, ti empezaches a traballar na fábri-
ca de Sel alá polo 77 nin máis nin menos que por 25
anos.
Marcelo: Si, 25 anos xustos e despois apetecía-
me tomar unha tempada de descanso, pero xa
non me dou tempo, chamáronme para traballar
no Banco do Noroeste e así seguín ata que un
infarto me obrigou a retirarme.
J.L. _ E sempre seguiches escribindo.
Marcelo: _ Sempre, xa antes de ir para a fábrica
de Sel, dende que era un rapaz. Unhas veces es-
cribía máis e outras menos e cando xa empecei
a escribir máis en serio levaba todo o escrito
para o fallado coa idea de ir corrixindo e orde-
nando despois, pero nunca tiven tempo de sobra
así que case toda a miña obra está alí a esperar.
J.L. _ O de falta de tempo enténdese ben. Ti sem-
pre estiveches involucrado en toda clase de activi-
dades xa fosen de carácter relixioso ou mundano.
Marcelo: _A verdade é que si, que eu recorde
nunca fun presidente de nada, pero fun secreta-
rio de todo, ser secretario converteuse no meu
modus vivendi. A partir do concello xa seguín de
secretario de Acción Católica, Adoración Noctur-
na, Cabalgata de Reis, a Coral Polifónica, Teatro
Muradán, non sei de cantos equipos de futbol,
certame de Mister Feo...
Sempre me sentín moi a gusto cooperando no
que pensaba que era ben para o pobo.
J.L. _ E é indubidable que no pobo pensabas. Como
fillo de emigrantes; o teu pai en EUA e a túa nai que
aprendeu a falar castelán nunha provincia arxentina,
¿Nunca sentiches inquietude por largarte de Muros?
Marcelo: _ !Nunca! Nin sequera se me pasou po-
la cabeza a pesar de como ti ben dis, tiña fami-
lia desperdigada en todas as américas, nunca se
me pasou pola cabeza esa tentación.
Percorrín toda España por esixencias do traba-
llo, pero se cadraba que a miña ausencia
de Muros coincidía co día de S. Pedro ou o Car-
men, xa non estaba máis que pensando en vol-
ver. E tamén fixen turismo, Portugal, Francia,
Italia, pero ausentarme de Muros por máis tempo
que o estrictamente necesario nunca estivo nos
meus plans.
J.L. _ Pregunta así de súpeto: Es un fervente católi-
co?
Marcelo: _ !Si! Pero non fanático.
J.L._ ¿Qué queres dicir?
Marcelo: _ Quero dicir que as miñas crenzas
son miñas e que non afectan o meu concepto da
xente que non coincide con elas. Relixión e polí-
tica son cousas persoais e nunca enturbaron a
miña relación con ninguén. A miña filosofía per-
soal é vivir e deixar vivir e esa filosofía levoume
a ter amigos de todas as tendencias.
J.L. _ Non cabe dúbida de que practicas o que pre-
dicas.
20
Marcelo: _ Mira, os meus estudos universitarios
foron aprendidos debaixo dos soportais
de Muros. Escoitando e analizando o que discu-
tían os maiores, recollendo certas perlas de sa-
bedoría que emanaba da experiencia da vida.
Aprendín a valorar a xente non polo moito que
falaban se non polo ben que o decían.
J.L._ Falando de valores, ¿Pensas
que Muros valora axeitadamente a xente que ten, a
que sobresae, á que alcanza metas?
Marcelo: _ Penso que non, penso que se lle dá
máis valor ao que é noso fóra do pobo que o
que lle damos nós e aínda que llo damos algu-
nas veces, temos certa tendencia a non abusar
de ser demasiado efusivos.
Pero teño que agregar que esa tendencia está a
cambiar. Agora as novas xeracións saben ver e
recoñecer talento onde o hai e o que máis me
gusta é que ultimamente de Muros sae xente
moi, pero que moi preparada. O saber domocra-
tizouse e de calquera familia rica ou pobre po-
den saír eminencias.
J.L._ Tes fe na xuventude actual?
Marcelo: _ Moito máis que o que a tiña na miña
xuventú. Mira de onde vimos nós e mira os me-
dios dos que eles posúen. Que os saiban apro-
veitar, iso xa é outra cousa, pero no que non
podemos caer é culpalos a eles nin os facer
vítimas dos nosos erros.
J.L._ Marcelo: Falamos de todo un pouco e fixé-
chesme pasar un anaco de tempo agradabilísi-
mo con esta entrevista. Nos temos reido a gargalla-
das e fixéchesme sentir moito máis próximo ao po-
bo que deixei hai máis de medio século. Os de cer-
ta xeración alimentámonos coa nostalxia e ás veces
ata nos empachamos dela. A través da túa longa e
frutífera vida ¿Cales foron os cambios máis noto-
rios ou sorprendentes que viviches no pobo
de Muros?
Marcelo: _Os cambios foron sorprendentes,
dende levar o conde á dársena a empezar a fa-
cer cuartos de baño nas casas. A emigración foi
sen dúbida o grande artífice de incrementar a
riqueza local. As casas foron cambiando de as-
pecto, os pescadores a comprar novas e mello-
res embarcacións e en xeral a concienciarnos
de que a educación non era un privilexio duns
cantos. O Muros de hoxe pouco ten que ver con
aquel Muros que me viu nacer, progresouse en
todos os aspectos, pero hai un aspecto negativo
que me preocupa; seguimos coa pauta de ter
que deixar que a emigración sexa a máxima be-
neficiaria do que Muros produce.
Ao Reiseñor do
Varadoiro
p/ Manuel M. Caamaño
A ti
porque és poeta
e que acadastes a meta
que poucos seguen aquí.
A ti
que sementas noites de lúa,
e que amarras unha a unha
as flores do pensamento.
Dígoche en todo momento.
que non che importe perder,
que non che importe loitar,
porque na vida, vencer
é seguir, é tropezar.
A ti
que desbaldes fantasía,
por que venche curto o día
para aprender a vivir.
E alimentas o presente
co maxín da túa fronte
que vai procura do abrente.
A ti
que inventas horas de calma,
das ledicia as nosas almas
ensinándoas a vivir...
Quéroche dar unha aperta.
Unha sentida homenaxe
deste, que é o teu paxe
e sen galóns, inspector.
E nomearche Doutor
“Honoris causa, Cum laude”,
Magno Cónsul que sen fraude
és da Musa, sedutor.
Para ti, honra e honor.
Coroa de metal Louro;
fillo fiel do varadoiro
e das verbas, reiseñor.
21
Cómo conocín a
Marcelo
Por Cristina Cabodevila Ros (restauradora da
capela da Virxe do Camiño)
Chegar a un pobo novo e abrir a porta da súa igrexa
é para os fieis todo un acontecemento. Non te coñe-
cen, es nova para a media de idade que se move
por eses ambientes, entras e saes cando queres...
Un día, entran pola porta a ver que estás facendo e
alí estás, subida ó andamio, ante o altar maior, coa
mascarilla posta, os focos alumándote e, de paso,
recocéndote, morta de calor ou de frío, segundo a
época, comendo cos ollos unha pequena escultura...
"Ai! estades pintando!". Así empezan todos. E a to-
dos intentas explicarlles que non pintas, que restau-
ras, que non é o mesmo.
E moitos collen o costume de visitarte unha vez á
semana, para ir controlando os traballos.
Logo empezan a vir día sí, día non.
Un día cóntanche unha historia pequena, sin impor-
tancia. Ó seguinte traen á súa muller para que a
coñezas. E, de pronto, un día, caes na conta de que
a visita xa é diaria y de que a esperas con moitas
ganas. Así coñecín a Marselo da Rabela.
Marcelino Garcia Lariño é un poeta. Dos que quedan
poucos. Ós seus oitenta anos ten unhas enormes
ganas de vivir, e unha gracia infinita contando contos
e chistes.
Viñanos ver todos os días á pequena igrexa da
"Virxe do Camiño", en Muros, onde botamos dous
anos sacándolle brillo e "pintando" esculturas e reta-
blos. Son moitas visitas diarias... e foi unha das me-
llores épocas da miña vida.
Tiña un andar pausado e tranquilo. O corazón non
lle permitía moitos esforzos, así que tomaba a vida
con tranquilidade, sobre todo os días de calor do
verán.
O que maís lle gusta nesta vida é falar, e contar his-
torias. E deixounas por escrito, nun fermoso libro
que se chama Anaquiños da Vila, que gardo cunha
fermosa dedicatoria na miña estantería coma se fose
un tesouro.
E a vila de Muros, que tanto quere, decidiu outor-
garlle a Medalla da Vila en recoñecemento á súa
persoa, ó seu amor polo pobo, porque o merece e
porque coa súa honra engrandecemos ao Concello,
que desta maneira queda tamén honrado. E mañán
vanlla entregar.
Últimamente a saúde estalle xogando malas pasa-
das, o seu corpo está cansadiño e as visitas ó hospi-
tal son cada vez máis frecuentes. Pero mañá quere
falar, cómo non! e seguro que o fará tan ben coma el
sabe facer. Seguro que contará algunha historia... e
eu penso estar alí para velo.
22
Crónica da entrega
da Medalla da Vila
de Muros a
Marcelino García
Lariño.
p/ Marita Guerra.
O regulamento de honras e galardóns do Con-
cello de Muros, instituíu a «Medalla da Vila de Mu-
ros» coa finalidade de premiar a aquelas persoas
que, polos seus méritos, acadasen un prestixio
social relevante, contribuíndo a mellorar a imaxe
de Muros e a divulgar o seu coñecemento.
En base ao anterior, o Pleno do Concello de Mu-
ros, en sesión celebrada o día 28 de abril de 2011,
por unanimidade, considerou que eses méritos se
conxugan na figura de D. Marcelino García Lari-
ño, entre outros, polos seguintes motivos:
- Por ter impulsado e participado de
maneira brillante en canta actividade
cultural fora desenrolada a prol do
noso municipio.
- Pola súa labor desinteresada e in-
condicional de animador, cronista e
albacea do acervo común.
- Polas súas aportacións etnolóxicas
e etnográficas revitalizadoras da no-
sa toponimia.
- Por ser memoria viva do anecdota-
rio vilego con máis de oitenta anos ás
costas.
- Pola súa meritoria obra lírica, humo-
rística e narrativa coñecida a través
dos títulos publicados e de unha
abondosa obra aínda inédita que to-
ca sempre a fibra máis sensible da
muradanía coa variña máxica da pa-
labra precisa.
- Por ser unha persoa de acervo
transversal a quen uns e outros res-
pectamos, apreciamos, escoitamos e
queremos.
- Por ter acreditado ao longo da súa
vida adulta un indiscutible e acendra-
do amor a Muros e ao seu entorno.
- Porque certamente o merece.
- E porque coa súa honra engrande-
cemos ao Concello, que desta ma-
neira queda tamén honrado.
Xusto un mes máis tarde, o sábado día 28 de ma-
io de 2011, no Salón de Plenos da Casa do Con-
cello de Muros, celebrouse a entrega da Medalla.
O emotivo acto estivo dirixido por Domingo Gue-
rra, quen compartiu mesa presidencial co homena-
xeado, co Sr. Alcalde D. Domingos Dosil Cubelo
23
(á esquerda de Marselo) e coa Concelleira de cul-
tura Dona Laura Eiras Rivadeneira.
Como estaba previsto, ás 12:35 horas
(aproximadamente), chegou D. Marcelino García
Lariño, acompañado dos seus familiares máis próxi-
mos ao Curro da Praza. Foi recibido polo Mestre de
Cerimonia (Domingo Guerra), que o estaba espe-
rando nas inmediacións da Casa do Concello xunto
con un bo número de amigos do homenaxeado, en-
tre os que se atopaba, o tamén poeta e escritor mu-
radán, D. Manuel María Pena Silva.
Despois de que Marselo recibira os parabéns dos
veciños, Domingo Guerra levouno xunto do Sr. Al-
calde para asinar o acta e comezar a celebración.
Unha vez formalizada a correspondente acta, Do-
mingo Guerra, leu o seu discurso de benvida e de
presentación do homenaxeado, onde relatou os mé-
ritos que figuran na proposta de outorgamento da
Medalla, e aproveitou para resaltar o seguinte:
«Como poden facilmente comprender,
asumo con enorme satisfacción a res-
ponsabilidade de dirixirme a todos vos-
tedes neste acto de outorgamento da
Medalla da Vila de Muros a un amigo, a
un mestre, a un referente, a un mura-
dán exemplar: a Marselo da Rabela, a
D. Marcelino García Lariño, a un home,
en definitiva, bo e xeneroso, ao que to-
dos admiramos e queremos.../...»
Despois desta intervención, tomou a palabra o Sr.
Alcalde-Presidente do Concello de Muros, D. Do-
mingos Dosil Cubelo, quen lembrou os paseos
con Marselo pola Vila, conversando sobre as distin-
tas cuestións que afectan ás xentes do Concello.
Ao finalizar, axudado pola Concelleira de Cultura,
Dona Laura Eiras Rivadeneira, lle impuxeron a
distinción.
Pola súa parte, visiblemente emocionado, D. Mar-
celino García Lariño, leu o seu discurso que repro-
ducimos a continuación:
«Vaia para todos o meu máis espontá-
neo, auténtico, leal e verdadeiro agra-
decemento. Para os que hoxe aquí
asistides, e tamén para os moitos que
me chamaron para dicirme que a súas
obrigas, os seus traballos, impedíanlle
facelo.
Pero dun xeito moi especial e moi supe-
rior, para os señores ediles, que todos
eles, sen excepción, dignáronse outor-
24
gáronme este recoñecemento, este ga-
lardón, este premio que é, nada máis e
nada menos, que A MEDALLA DE MU-
ROS.
Como non podo expresarme, como qui-
xera, debido á canseira que teño por
mor da doenza que padezo, do que
vostedes xa se estarán decatando, rei-
térolles, miñas donas e meus señores,
unha vez máis e de corazón, a miña
total e profunda gratitude por este inme-
recido agasallo, maiormente a don Min-
gos Dosil Cubelo, rexedor deste Conce-
llo, sen outro motivo especial que non
sexa o de “nobreza obriga” por ser o
promotor de que se me concedera a
MEDALLA DA VILA DE MUROS. Para
el o meu máis profundo e sempiterno
agradecemento.
E para Muros dicirlle o que outrora lle
dixen:
Quérote, Muros, de día,
Quérote, Muros, de noite,
Na tristura, na alegría,
Na mala e na boa sorte.
Quérote con tolería,
E hoxe un pouco máis que onte;
Quererte a ti é teimosía
Porque te quixen decote.
Querereite mentres viva,
E aínda... despois da morte.»
Por último, correspondeulle pechar o acto a Domin-
go Guerra cunhas palabras de agradecemento ao
numeroso público asistente e coa lectura dun breve
poema do autor.
Quixo o destino que, curiosamente, Marselo nos
abandonase xusto catro anos máis tarde da imposi-
ción da Medalla da súa Vila, cando tan só supera-
ban tres horas do pasado 28 de maio de 2015.
Algúns asistentes ao acto:
25
Anaquiños da vila e da súa historia.
Amores do seu mar, do seu pasado.
Froito da súa existencia, namorado
dun pobo, das súas xentes, da súa gloria.
Versos acurrunchados na memoria,
de ventos refrescantes e salgados.
Con pluma firme e desinteresada,
dotou de vida as follas da lembranza,
quedando no recordo a súa añoranza.
Non esquecendo xamáis a súa gloriada,
coa vila ,sempre, de eloxios insuflada,
deixounos a máis sólida esperanza
Foise, máis non nos abandona.
Permanece presente coa súa obra,
na que se impón o amor ante a zozobra.
Calidade de aquel que reflexiona,
e ningunha doutrina lle obsesiona,
convencido de que ninguén lle sobra.
Por enriba de fobias e de enconos,
sempre atento e disposto ante a valía,
xamais se interesou por tonterías
nin dividiu entre homes e patronos.
Da vila, contando os seus embonos,
tan só quixo plasmar a simpatía
Escritores se deron en Galicia,
Castelao, Rosalía, Inclán ou Cela.
Todos eles formaron parte dela,
e escribiron da terra mil delicias.
Máis a Muros ninguén fixo xustiza
como fixo Marcelo da Rabela.
En recordo dun muradán exemplar p/ José Manuel Bermúdez
26
AO ABEIRO DOS
SOPORTAIS
p/ Manuel María Pena Silva
Non temos por que dubidar da palabra de Marceli-
no García Lariño cando ten deixado por escrito que
foi na Universidade dos Soportais da vila de Muros
onde el, da fonte limpa, bebera os fundamentos do
arte narrativo. A nosa acotación toma esa lección
ao pé da letra, pero engadindo o significativo deta-
lle de que a literatura oral, como é ben sabido, só
dá ese froito abondoso nunha terra que é fértil. A
voz tonante no deserto absoluto non a recollen as
almas beduínas. AO ABEIRO DOS SOPORTAIS,
estes 52 bocados de saborosísima prosa, se me
apurades, podémolos tomar por separado ou mes-
mo engarzar un tras outro e prestarlles a unicidade
da coherencia máxica dos contacontos, ata com-
pletarmos ese puzle culminante de obra aberta á
fantasía. Pero aínda así, a cobiza do lector non
conforma e solicita unha continuidade, neste caso,
imposible; pois a adicción causada por manxar ex-
quisito non sempre ha ser caprichosa ou debida-
mente atendida. O autor, Marcelino García Lariño,
cuia obra inédita é inmensa e miscelánea, por máis
que estea (e está) predisposto a servirnos un bo
palto incluso a domicilio, non é dono da chave do
mundo editorial, non se prostitúe mediaticamente
nin fai proselitismo profano na praza. Sen embargo,
non coñezo a ninguén con maior capacidade de
servizo verbal para abrazarte co seu verbo envol-
vente ao instante. Dito por un prologuista ocasio-
nal, informal e bisoño, o devandito ofrece a credibi-
lidade de quen tampouco a busca e só anda a xun-
tar algunas ideas para salientalar o libro obxecto da
súa devota admiración “rabeliana”, pois avais e ba-
gaxes que lle presten autoride suficiente para lle
facer a xustiza debida a Marcelo, en por si, non os
ten. Aquí deixo a miña advertencia. Cando Marceli-
no García Lariño se acordou de min e me impuxo
esta obriga de presentador propoguista de AO
ABEIRO DOS SOPORTAIS, paréceme que non
sabía moi ben as consecuencias do xogo ao que
xogaba, se este servidor (que son eu) andase polo
medio. O asunto de basear a confianza máis alá
dos afectos é un risco tremendo con vistas a ampa-
rar ou a desamparar a maioría de idade dos 52 re-
latos, e mesmo pór na picota a súa propia credibili-
dade como escritor con obra xa publicada; pois,
canto a min, eu, que nada teño, nada significaticvo
acreditado, de momento, ao respecto. Por iso lle
agradezo a confianza na mesma medida na que lle
recrimino a imprudencia sobre a incertidume de-
sencadeada sobre os seus intereses de escribidor
razonable. Sirva, xa que logo, esta advertencia de
aviso. O mal, como veño de dicir, queda feito, a
palabra comprometida e o Prólogo segue a divagar
e a procurar camiño que leve onda as virtudes fa-
buladoras “rabelianas” son, en por si, quen de se
abriren canle sen mediación alguhna. Por esa ban-
da hei quedar máis tranquilo. Hai persoas que po-
súen unha graza, un carisma, unhas cualidades
innatas balsámicas no compracer, no subsanar ne-
cesidades de escoita e de acompañamento. Son
seres, polo tanto, dunha fondura humana pouco
común, un regalo, unha riqueza veciñal, unha tá-
boa de salvación no naufraxio de quen foi esquen-
cido. En AO ABEIRO DOS SOPORTAIS, Marcelo
obsérvaos, outórgalles protagonismo, respéctaos e
dignifícaos. Son, daquela, coma personaxes recu-
perados dun recuncho do tempo, devoltos ao pre-
sente continuo; porque os fai auténticos, de carne e
óso, e, consecuentemente, inmorrentes. A vida es-
27
tá a pasar por eles como auga no río. Falo do Mar-
celo García persoa. A personalidade polivalente e
transversal de Marcelo da Rabela ofrece ese perfil
de home sen aristas, de fino observador dos deta-
lles, de quen trae consigo, decote, a memoria co-
mún do alfoz, levado dunha forza e dun oficio voca-
cionais ao servizo da xente, da terra, da humanida-
de teocéntrica completa. A súa relixiosidade cristián
informa, impregna e penetra, sen concesións, todo
o seu imaxinario narrativo. ¿Quen somos nós para
reprochar, no seu traballo, un certo conservaduris-
mo moral e de atacar o seu credo por falta de con-
sistencia intelectual e libresca ou de fondura teolóxi-
ca acomodada á nosa época? Os vecinos de Mu-
ros, a Marcelo García vémolo así, e así é el de pés
á cabeza e viceversa. En santo ou en solto, chova
ou vente, ten unha soa cara. Os personaxes, nunca
mellor dito, corren a mesma sorte. Ás veces, anda-
mos distraídos pola vida e non nos decatamos de
quen temos á beira. Alguén, como inspirado polo
vento, de sócato, recibe un inspiración e dase présa
en presentala onde poida ser recibir boa acollida e o
preceptivo “pasavante” regulamentario. O Concello
de Muros, en fin, non por pura inercia nin por mila-
gre senón polo impulso recibido desde fóra do apa-
rato corporativo, toma en consideración aquela pro-
posta en forma de moción que, no literal, reza desta
maneira:
“OUTORGAMENTO DO GALARDÓN “MEDALLA
DA VILA DE MUROS” A D. MARCELINO GARCIA
LARIÑO.
O regulamento de honras e galardóns deste Conce-
llo instituiu o galardón “Medalla da Vila de Muros”
coa finalidade de premiar a aquelas persoas ou en-
tidades que polos seus méritos acadasen un presti-
xio social excepcional no eido en que desenvolven
as súas actividades e que polo especial vencella-
mento que os une co noso municipio contribuíron a
mellora-la súa imaxe e a divulga-lo seu coñecemen-
to.
Estes méritos conxúganse na figura de D.Marcelino
García Lariño. E, entre outros, polos seguintes moti-
vos:
28
- Por ter impulsado e participado de maneira brillan-
te en canta actividade cultural fora desenrolada a
prol do noso municipio. - Pola súa laboura desinte-
resada e incondicional de animador, cronista e alba-
cea do acervo común. Polas súas aportacións etno-
lóxicas e etnográficas revitalizadoras da nosa topo-
nimia. - Por ser memoria viva do anecdotario vilego
con máis de oitenta anos ás costas. - Pola súa meri-
toria obra lírica, humorística e narrativa coñecida a
través dos títulos publicados e de unha abondosa
obra aínda inédita. Que toca sempre a fibra máis
sensible da muradanía coa variña máxica da pala-
bra precisa. - Por ser unha persoa de acervo trans-
versal a quen uns e outros respetamos, apreciamos,
escoitamos e queremos. - Por ter acreditado ao lon-
go da súa vida adulta un indiscutible e acendrado
amor a Muros e ao seu entorno. Porque certamente
o merece. - E porque coa súa honra engrandece-
mos ao Concello, que desta maneira queda tamén
honrado,
Polo EXPOSTO, propoño outorgarlle a D.Marcelino
García Lariño a concesión do galardón “Medalla da
vila de Muros”. Asinado: Domingos Dosil Cubelo
(Alcalde da vila de Muros)
Día memorable aquel certamente, festa grande e
magnífica, discursos e louvanzas que son para figu-
rar con letras de ouro na crónica municipal e na his-
toria dos “bos e xenerosos” bisbarra. Alí estaban os
seus familiares e vecinos acompañando e aplaudin-
do ao noso común amigo Marcelo da Rabela, coa
MEDALLA DA VILA DE MUROS ao peito coma un
escapulario.
Afondar cunha ristra maior de detalles na valía de
Marcelo resulta innecesario, pero conveniente e con
carácter a preventivo, pensando nas xeracións futu-
ras e nas fraxilidades da memoria, conveña, se ca-
dra, deixar sobre a terra fértil a semente que lles
sirva de exemplo. Voume deixar ir un chisco pola
inercia do corazón ata onde me leve, volvendo ao
punto de partida, de discurso en excurso. A prol de
Marcelo da Rabela, nada afeito a frivolidades e fra-
quezas da crónica social, todo canto lle convén e
mesmo lle chega e lle importar é, desde logo, a ve-
racidade ou verosimilitude do acontecido contado.
As súas palabras foxen dos artificios e corren lim-
pas e naturais polo íntimo dos seres e moi polo miú-
do dos aconteceres diversos. Os homes e as mulle-
res, AO ABEIRO DOS SOPORTAIS, dialogan direc-
tamente coa alma de cada un de nós desde o sol e
da sombra. Semellan mesmamente a carón do mar
fitando para ría. A néboa dunha fantasía é brétema
das almas, sobrancea por enriba do dato e mais da
data. A reiteración e o descoido estilísticos forman
parte do xogo improvisativo de quen, máis que es-
cribir, conta de forma oral para ser escoitado pase-
29
niñamente, en plan peripatético (“Cónsul do Vara-
doiro”), con todas as facultades da expresión en ac-
tivo; porque o da Rabela describe, narra, mellor dito,
fala coa participación plena do corpo. E nos cadros
narrativos de Marcelo da Rabela, como consecuen-
cia, hai vida, hai alento poético, hai unha humanida-
de sufrinte e unha galería completísima de
“protagonistas / antagonistas” curtidos nas batallas
do mar, estoicos dotados dun humor que devén en
sarcasmo fronte ao definitivo. As salas de espera
dos hospitais, as ambulancias que deixan enfermos
espallados por cunetas ou estradas, navegantes de
soños, idosos a faceren chistes sobre a enfirmidade,
médicos que se trabucan de enfermo, velorios ilus-
trados de costumismo, moinantes, bromistas sarcás-
ticos, tolos simpáticos, delirantes profundos, exper-
tos en xeografía deportiva donos do saber e da fór-
mula científica que remata triunfante “co pase
(futbolístico) da morte”… Pensaba darlle a voz can-
tante ao “Señor Bernardo” e “Ao señor Chinchete” e
tamén cancha libre ao apetito sexual do seu gato no
frigorífico”, ´”á leira de percebes de Pepe de Tes-
tán”, a “Tono de Tuca”, “Ao porco roedor”… Dema-
siado para un home só: A ferramenta escápaseme
das mans e dá para unha novela grande, por entre-
gas e capítulos por ferrado. Tampouco quero rou-
barlle protagonismo ao autor, aproveitando a amiza-
de; que arestora precisamente xa está en activo no
uso da palabra. Déixovos con el na mellor compa-
ñía. ¡Bon proveito!
Baixei pola Canavala
lucindo os zoquiños novos
que ese domingo mercara.
Co ruído que eu metía,
toda a xente me miraba;
e canto máis o facían,
máis cos zoquiños petaba.
Ata que unha rapaciña,
por certo, moi agraciada,
díxome: "¡Que presumido!"
E a coitada ía descalza.
(Marcelino García Lariño:
Marcelo da Rabela)
30
Recordando a un amigo
entrañable p/ Bartolomé Beiro Fernández
Atendiendo la peti-
ción que se me hace de
escribir un artículo para el
número monográfico de la
revista The Muros Times
dedicado a mi amigo Mar-
celino García Lariño,
redacto unas líneas como
un tributo y un deber de amistad. Lo hago con senti-
miento pero a la vez complacido de lo que fue nues-
tra común y sincera relación de amistad. Por ello
quiero que mis palabras sean de recuerdo y oración
Su fallecimiento, aunque esperado, siempre
impacta, más aún, cuando por una circunstancia
familiar me hallaba ausente y a cierta distancia de
Muros lo que me impidió asistir a sus exequias y
acompañar a su familia, aunque estuve cercano a
todos en la oración
Marcelino vivió con coherencia su condición
de cristiano y supo buscar apoyos para fortalecer su
amistad con Cristo y testimoniar su fe. Encontraba
en su relación con Dios la fuerza necesaria para
llevar con serenidad y lleno de esperanza las dificul-
tades de su larga enfermedad
Podemos afirmar que fue una persona de fe,
con una religiosidad discreta pero profunda. El año
1995 cuando se restaura en la parroquia de Muros
la Adoración Nocturna –Asociación fundada en Mu-
ros el año 1918- fue uno de sus promotores y
miembro destacado de su Consejo Directivo.
Marcelo tenía un espíritu poético, creativo, no
exento de cierto humor, siendo joven se había asig-
nado el título de “Cónsul del Varadero”, tal vez por
la proximidad de este lugar a su domicilio. Nos deja
una importante obra poética para su publicación y
a través de ella podremos conservar viva su memo-
ria tan vital y tan alentadora. Persona entrañable
deja en todos nosotros un vacío, pero también mu-
chos recuerdos llenos de afecto y gratitud. En nues-
tras conversaciones veraniegas por los muelles de
nuestra ría, acariciados por la brisa marina, había
una sintonía que resultaba siempre grata y aleccio-
nadora, una conexión de mutua simpatía. Por su
carácter afable, sencillez y cercanía ha sabido lle-
gar al corazón de todos nosotros con humildad y
servicio, virtudes que el Señor habrá valorado para
acogerlo en su Reino de paz y alegría eterna.
Felicito a la Redacción de The Muros Times
por esta iniciativa de editar un número monográfico
dedicado a su persona y me uno a la petición de
instituir un certamen anual de poesía que lleve su
nombre. Este será nuestro mejor homenaje a su
figura y a todo lo que ha representado en su vida y
en la cultura de nuestra Villa.
31
“LOA A UN HOME BÓ”
Querido amigo “Marselo”, ¡qué grande honra supuxo para min coñecerte! Parece que foi onte cando aquela
mañansiña dun sábado de decembro de 2013 presentounos o noso co-
mún amigo “Domin”. Quen o ía dicir, eu que
andaba na procura de datos para un traballi-
ño que estaba a comezar, fun topar cunha
inesgotable fonte de información pero, aínda
máis importante, cun ser excepcional que me
obsequiou coa súa amizade.
Quero agradecer aos amigos de “The Muros
Times” que me deran a oportunidade de ex-
presar publicamente o que sinto trala túa de-
rradeira viaxe. Mestre “Marselo”, é difícil ex-
presar con palabras, esas que non tiñan se-
gredos para ti, a admiración que te teño.
Aínda que eras a persoa que máis sabía da
historia da túa querida vila, o que realmente te fai único é a maneira de
contala. Non había cousa que non souberas e sempre había unha anéc-
dota ben traída para aderezar o teu relato. Daba igual o tema, iso era o
de menos. Eu que te coñecín coa túa cabeciña ben asentada (aínda que
dicías que non eras o que foras), pero co teu corpo cheo das cicatrices
que o tempo e a enfermidade te estaban a marcar, pasei contigo uns momentos inesquecibles. Qué tardes
máis especiais, era un conto tras outro, todos orixinais e contados coas palabras precisas e na súa orde.
Sempre terei un espazo no meu recordo para as nosas particulares regueifas: que si os de Esteiro sodes uns
non sei qué que se os de Muros uns nin che conto…. Canto tería que aprender a nosa sociedade da túa sim-
patía, honestidade e tolerancia. Mágoa non dar coa túa fórmula para poder “contaminar” no berce aos nosos
meniños, antes de que se malogren.
Da inabarcable lista de amigos que deixas, posiblemente eu teña a honra de ser o último, pero iso non me
impide loubarte tanto como calquera outro. A túa familia, amigos e veciños da vila ben podemos estar orgullo-
sos por contar coa túa memoria e eternamente agradecidos por dispor do teu legado.
Estas son unhas palabras que en parte escribiches ti para un que non as merecía, pero que son plenamente
aplicables no teu caso.
Este Consello de Muros
Tente moito afecto
E debera nomearche
FILLO PREDILECTO.
Grazas Marcelino García Lariño, “Marselo da Rabela”, home bó e escritor con maiúsculas.
Esteiro, a 10 de xuño de 2015, Santi Llovo
32
Marcelo e Finucho
p/ Serafín Barreiros Formoso.
No relato “A caída”, páx. 135 de “Anaquiños da Vila”, Marcelo presenta o seu amigo Serafín coma un bo
samaritano que non dubida en ofrecer o seu coche como ambulancia para trasladar o Rabelo ó Centro
Médico local, logo de que o infortunado se espaparruchara nunha tenda de xoguetes.
Fun testemuña da boa amizade que Marcelo e Serafín (Finucho) se profesaban mutuamente. O que co-
mezou como un vínculo profesional, foise transformando paseniñamente nunha relación afectuosa e
converteuse nunha verdadeira amizade.
Quero honrar a memoria desta amizade reescribindo o relato “O enterramortos” -páx. 24- de “Anaquiños
da Vila” ó que, a modo de lipograma, lle suprimín en todo o texto o M de Marcelo e o S de Serafín.
O ENTERRADOR:
Din que o dito “Que o Creador dea pan no oficio de cada quen” foi inventado por un enterrador. Ignoro a
autoría de tal enunciado; pero abofé que é ben doado concederlle vera-
cidade.
Na vila non había enterrador. A verdade é que para o oficio non vale
calquera, hai que ter callo abondo. Co gallo de arranxar tan grande tra-
ba aparecida, houbera no concello, liderada polo rexedor, unha xuntan-
za da forza viva da localidade -que ignoro porque a xente viva quere
arranxar a atribución da defunta-, e logo de rifar de abondo e berrar cantidade, chegaron ao acordo de
que, ben ollado, o idóneo para o pobo era non finar, e entón o arranxo era ben doado: non expirando xa
non había a quen enterrar.
O alcalde, varón tido por cabal, cabreado pola fatal traza que adoitaba a porfía (ata houbera de haber
lea), liquidou a xuntanza cun atinado parrafeo: “Total para vivir de tal xeito...vale a pena non fenecer nun-
ca”.
In Memoriam p/ Cristina Cabodevila Ros
Formaba parte xa irremediable do imaxinario do meu mundo laboral. E gañou un oco nesa outra face-
ta da miña vida que é o meu mundo personal. Como? Sendo irrepetible.
Falei hai uns anos aquí del, con motivo dun homenaxe que o seu pobo lle facía por ser.... iso... irrepetible. E
porque merecía aparecer nestas páxinas como artista, poeta, home curioso e vello admirable. Porque hai
xente que só colecciona anos co tempo, pero el coleccionaba historias e arte para contalas.
Era Marselo da Rabela. Inconfundible.
Hoxe a vila de Muros estará triste a pesar deste sol de principios de xuño, porque el xa non está. Ó
final marchou, e non me puden nin despedir. Porque a distancia non é fácil, e as vidas complícanse... e as
últimas visitas quizáis non foron tantas como quixera. E non pudo coñecer a Mateo, nin Mateo coñecelo a
el...
Imaxino que historieta lle contaría ó que lle esperaba na porta do máis alá para recibilo. Seguro que aínda
están rindo! Vai por ti, Marselo!
33
O RAMIRIÑO
(Do libro de Marcelo: Parolas do Adro)
Que hai xente máis esperta que outra todos o sabemos, pois sempre houbo espelidos e intelixentes o mesmo
que papáns e ignorantes. Houbo e hainos, e polo que se barrunta, esta diferenza entre apampados e
axuizados, haberaos per ómnia saécula saeculórum semper et ubiqque (por tódolos séculos dos séculos
sempre e en toda a parte).
Pois un coitadiño destes é O Ramiriño que a xente ten por parvo e que eu non digo que o sexa ou que non o
sexa. Eu abonda xa co que teño e non quero, nin me considero competente
para emitir un diagnóstico veraz e fidedigno de asuntos que non son da miña
competencia nin da miña incumbencia. Eu pódovos dicir e digo o que me
pasou con el, e vós xulgaredes en conciencia o que coidedes máis atinado ó
respecto, se o é ou se non o é, e tamén, se queredes e tedes tempo, de
cómo son eu; pois moitas veces dicimos é así e é andando, e ó mellor, xa se
deron moitos casos, nós somos peores que os que criticamos.
Isto pasoume o día dos Santos Reis Magos, que non é un día calquera,
cando viña para casa para xantar. Detrás de min viña o Ramiriño, que traía
un paso máis longo, para algo tamén é máis novo, e ó chegar ó meu carón
saudoume moi atentamente, que iso si, será parviño, pero tamén é moi
pulido, moi educado. Eu tamén lle correspondín con moita pulcritude, porque
en canto a xentileza, e non o digo por xactancia que o fillo de miña nai nunca
foi gabancioso, haberá, se hai, poucos tan educado e tan ben criado. Iniciei eu a conversa preguntándolle:
–¿E que? ¿Seica ves de pasear?
–Non. Veño de traballar –contestoume. E eu díxenlle:
–Pero hoxe é día de festa.
–Si; pero foron os barcos ó mar.
–Tes razón que veño da ribeira e non había barco ningún en terra. –O Ramiriño traballa na Lonxa do
Peixe. E proseguimos a parola ata que cheguei mesmo ó fronte da miña casa, e para despedirme, faleille:
–Como ves, eu xa estou chegando.
E o Ramiriño, miroume cunha cara moi compunxida e con moito sentimento, notábaselle a sensibilidade e a
mágoa que por min sentía e que lle saía moi de dentro, apesarado e triste, contestoume:
–Está, señor, está. E ben que se lle nota na faciana, non fai falta que o xure. Pero uns antes e outros
despois, tarde ou cedo, aí habemos de chegar todos.
Nunca tal cousa dixera. Entrei na casa mortiño de medo, todo asustado e á primeira persoa que vin cando
ía atemorizado a mirarme ó espello, que foi a miña muller, espeteille:
–¡Carme! ¿Teño moi mala cara?
–Nunca a tiveches boa, sempre fuches moi feo.
–Déixate de lerias –berreille; e ela véndome acovardado e aterrado díxome:
–¿Pero a ti que che pasa? ¿Quen che dixo que tiñas mala cara?
–¡Díxomo o Ramiriño! –e conteille toda a conversa. E aínda por riba, ela, mirando para min e barrenado a
sen co dedo (xa sabedes o que significa, non fai falta que volo diga), ceibou unha gargallada ó tempo que
afirmaba:
Dime con quen andas, e ... (o resto xa vós o sabes).
E aí rematou todo.
34
Marcelo da Rabela
In memoriam
p/ Santiago Fernández.
A igrexa de Muros estaba chea. Era o 30 de maio,
sábado, e acudira, como fago as fins de semana
nas que o tempo mo permi-
te, á miña Itaca persoal; á
casa onde nacín.
Non tiven tempo de
desfacer os petates e xa me
informara a miña veciña, So-
corro, que Marcelo nos dei-
xara. Andaba, hai tempo,
moi fráxil de saúde.
Achegueime ao templo para dedicarlle o meu recor-
do. A inmortalidade consiste niso, en permanecer
na memoria dos demáis,en non ser esquecido.
O acto impresionoume. Podíase escoitar o
silenzo. Homes e mulleres de todas as idades. Oito
en cada bancada. No adro moitos que non poideron
entrar. E un son viril, rouco, serio…enchía de ma-
xestade o acto. A Coral Muradana musicaba tonali-
dades de traxedia grega. O silenzo faciase sonoro,
trasladábanos.
E pensaba en Marcelo… e en meu pai. Nas
veces que camiñaban e falaban xuntos. Nos temas
que os xunguían…como facían una arañeira de re-
cordos e de costumes, de alcumes e de anécdotas.
Unha oralidade antropolóxica, etnográfica, que
quedou plasmada nas publicacións coas que Mar-
celino nos agasallou.
Gardo con agarimo una carta que recibín del.
Era o xaneiro de 1985. Exercía, el, de Secretario da
Comisión de Cabalgata de Reyes e pedíame que
lles fixese o pregón do ano seguinte. Aquilo encheu-
me de honor; lembroo como un dos actos do que
máis orgulloso me sinto.
Non podía nen sabía dicirlle que non, Marce-
lino era xa naqueles tempos o dinamizador da cultu-
ra viva da vila. Pero sempre humilde, na sombra.
Non quería glorias nin fastos.
Representaba a memoria e a historia de Mu-
ros, unha memoria que el desexaba perpetuar nos
demáis, contando historias que só el sabía por furo-
near onde ninguén chegaba.
Pero máis ca iso era un home bo. Estou certo
de que no relatorio das virtudes da humanidade, a
bondade resulta a máis forte. E Marcelo era o máis
forte das persoas que tratei en Muros.
Nunca lle escoitei unha crítica negativa para
os próximos; suaba felicidade contando, comuni-
cando ditos e historias, fantasías e curiosidades.
Sabía de todos e de todo, coñecía a árbore xe-
nealóxica de cada casa, de cada saga… e quería
saber máis. Amaba como ninguén á súa vila. O
amor non é máis ca iso; prestar atención aos de-
máis. E el apuntou toda a súa atención, a súa con-
centración, na vila que o viu nacer e morrer. O seu
mundo nacía e morria aquí, en Muros. Niso consis-
tía todo o seu universo. Cunqueiro creou o seu Sim-
bad en Mondoñedo, sen sair do seu Elsinor particu-
lar, onde todo estaba pechado por mor do vento…
pero a súa fantasía percorreu mundos de realismo
máxico moito antes de que as soedades centena-
rias de García Márquez asombrasen ao mundo. O
noso Marcelino, tamén.
Contaba, falaba, escoitaba, camiñando… Eu
dicíalle peripatético, como os alumnos da Escola
fundada por Aristóteles, que aprendíalle aos seus
discípulos paseando polo xardín do templo dedica-
do a Apolo Licio. Mais aquí, no seu Muros, o paseo
non tiña laranxos preñados de azahares como en
Atenas. O máis, algunha adelfa mal florida ou bu-
ganvillas que queren e non poden…
Pero houbera vendaval ou nordés , el sempre
paseaba…e saudaba, e comentaba, e falaba piano
para non molestar…e escoitaba. Como todos os
homes bos que tamén queren ser sabios.
Ao saír da igrexa, a miña veciña , Socorro,
comentoume:” Unha misa preciosa, os homes can-
taron como se cantaba antes nos funerais”. Serios.
Impoñían.
35
Tío Marselo
Por Mario Martínez Lago
Señor do verso, amo da palabra, dux da conversa envolvente e sutil. Non sabería moi ben como defini
-lo, intrépido lugartenente da Virxe do Camiño, na que acabou en verbas del “nunha vida de exiliado involun-
tario” así se adoitaba queixar con moito rintintín. Era un home con historia en el mesmo, pero aquí esta o con-
to, imaxinabas e creabas para o resto dos mortais.
Mestre da retranca e iro-
nía, como non, lonxe do seu Mu-
ros natural, céntrico, onde naceu
nunha casa que ágora, come a
humidade e na que as perigosas
fendas que chaman por derribar-
se. Constitúen a dia de hoxe a
súa imaxe estrutural, que pouco
relativa é a vida.
Foise, para deixarnos, or-
fos e orfas de inspiración, da que
constantemente eu bebía, na que
eu me criei e vivín dende o mo-
mento de ver case a primeira luz
da miña vida. E tamén as primei-
ras conversas, animadas, fluídas e impregnadas de un sentido de humor que nunca pasa de moda, Marselo
chamáballe retranca.
As bagoas, invádanme, e tristemente non sei como traducilas a palabras. Síntoo a ausencia e intento
asentarme nunha nova realidade, na que a casa da miña avoa esta incompleta, encontrámonos nela, un silen-
cio e unha falta de actividade non desexada. E que xa nada será igual, que serán das conversas e centos de
contos, fábulas e historias que xamais se oirán no número oitenta e tres da nosa rampla. Por que somos ou
pelexamos por chegar a ser é o que rodeamos, na casa, no barrio, na vila, por o mundo… Miles de historias,
fazañas e aventuras que meu tío Marselo me narrou son unha herdanza social e cultural que enmarco en un
ouro simbólico de pureza infinita.
Todo muda, dende a falta dun boas ao entrar, ata esa guerra na que dende a tribuna dirixiamos con
quendas de palabra. Pelexastes, moito, comigo tamén, eu sabía que pelexar che daba a vida.
A brevidade dos catros pasos, saltos, que teño que dar para estar ao seu carón, fará que nas futuras
ocasións mesture con alta preocupación moitos dos sentimentos dos que intento hoxe, aquí illarme. O recor-
do nunca será escaso, será lúcido por sempre.
Non é unha despedida, no volta, regresaras a nós grazas a todo o que deixas. Mais son sabedor de
que nunca abandonaras a vila, como ben dicías; “Muros é un ghustaso”. Mentres tanto, neste abur, dignificar-
che si é posible. Pero sobre todo agradecerche os patrón e exemplo que significastes para min, e todo o ver-
bo e palabra que aprendín contigo.
36
A Vella da Axesta
A Vella da Axesta é unha das mais fermosas poesías
que compuxo Marcelo. O facer do gran poeta mura-
dano veuse correspondido polo interés do compositor
muradano D. Domingo Juan Barreiros Lago.
Que Muros tivo e ten bos poetas, xunto con unha
tradición musical que se remonta a séculos, foi i é,
unha realidade palpable. Pero o que case nunca se
conxuntou foi o facer dos poetas coa habilidade dos
músicos muradáns para ordenar en armónica compo-
sición letra e música saída da alma, feita con sentido
querer, para por en valor a mais entrañable das no-
sas saudades.
Sempre ten que haber unha primeira ocasión, e tivé-
mola. Os sentidos versos dun poema do moi querido
Marcelino García Lariño foron musicados polo Mestre
Domingo Juan Barreiros Lago, quen con notable fa-
cer, compuxo unha fermosa canción a tres voces so-
bre o poema de Marcelo <A Vella da Axesta>. Esta
peza musical, interpretada polo Orfeón Ría de Mu-
ros, que dirixe o mestre Barreiros, foi estreada en
Muros, o domingo 13 de xullo de 2014, durante un
acto público organizado pola Asociación de Náufra-
gos de la Mar e a Asociación Muradana Xubimar, en
memoria dos náufragos do Bonifaz e o Castillo de
Montjuit.
37
Os títulos outorgados
polo Cónsul do Varadoiro (unha hestoria diferente á que foi)
p/ Manuel Lago Álvarez
Marcelo era un gran coñecedor da Vila e das súas xentes. Cos seus relatos, soubo mellor que nin-
guén ensinarnos como eran e como somos os muradanos e mu-
radanas. Con unha retranca única (moi muradana), e línea a lí-
nea, acercounos ao ser i estar do máis íntimo das xentes.
Non é que il pensara que as xentes de Muros foran atoladas nin
arroutadas, pero si un pouco diferentes nas súas cousas a ou-
tras xentes de vilas coma a nosa. Co paso de tempo chegou a
conclusión de que este “ser diferente” era un signo de distinción,
e que non todos poderían acceder a il. Por elo, e consultadas
“as musas”, e como cousa necesaria para preservar a especie,
na súa condición de Cónsul do Varadoiro, otorgoúlle o titulo de
“INSPECTOR de TOLOS da VILA”, a un dos seus mellores ami-
gos, o muradán Manolo de Chuvasco, a quen lle confiou a mi-
sión de preservar a “especie”, facéndolle a grave observación de
que fixera ben o seu traballo, porque en Muros “para tolo non vale calquera”.
Pasados os meses souben eu de tal nomeamento, e sentíndome un pouco agraviado fun a estar
con íl, e argumenteille que na Vila había moito “cantante”, e que
para “cantante” non valía calquera, e que por iso había que no-
mear un “Inspector de Cantantes”. Quedóuseme mirando e dí-
xome todo serio: Home, para cantante dos malos xa estás tí.
Non quererás que aumente a dotación de cantantes malos na
Vila?. Respondinlle que non, que non me refería a eso. El en-
tendeume, e pasados os meses tivo a ben outorgarme o título
de “CANTANTE BEATO”. Non era precisamente o que eu que-
ría, pero a falta de pan....
E nestes días entereime de que tiña xa asinados, tamén para un
fillo da Vila, dous títulos mais. Os títulos son os de «Economista
Oficial da Vila» e o de «Calmante Vitaminado». Quen isto lea,
xa sabe a quen van dirixidos, e que os ten moi merecidos, todos
o sabemos.
38
Galería fotográfica:
39
40
COLABORA:
CONCELLO DE MUROS