3
CONSUMO E AFORRO ENERXÉTICO Dende os máis remotos orixes rexistrouse un crecemento continuo do consumo mundial de enerxía. O consumo de enerxía por habitante representa un dos indicadores máis fiables do grado de desenrolo económico dunha sociedade, que está directamente relacionado co benestar material. A demanda enerxética asociase de forma xeneralizada co produto interior bruto dun país, ca súa potencia industrial e co nivel de vida dos seus habitantes. A correspondencia entre nivel de vida e consumo enerxético obsérvase dende unha perspectiva histórica pois poden examinarse as evidentes relacións entre crecemento económico e incremento da demanda de enerxía. A industrialización, o desenrolo dos transportes (sectores que necesitan grandes cantidades de enerxía) así como a crecente mecanización de todas as actividades económicas e o aumento do uso da enerxía na economías domésticas, repercuten todos en fortes incrementos do consumo de enerxía. Por zonas xeográficas, o consumo relativo de enerxía en América do Norte (EEUU e Canadá) é aprox. do 30%, en Europa Oriental en torno ó 20%, en Europa Occidental en torno ó 17%, similar ó continente asiático (India e China principalmente), Xapón consume cerca do 6% e en niveis inferiores está Iberoamérica e Oceanía. En canto a España, como país desenvolvido e industrializado ten un consumo relativamente elevado de enerxía, aínda que en termos absolutos quedamos lonxe dos países máis industrializados. Medida en termos de enerxía primaria, a evolución do consumo interior bruto español tivo nos últimos decenios unha clara traxectoria ascendente que se quebra como consecuencia da crise do petróleo, para nos últimos anos volver a acelerarse o seu crecemento. No balance enerxético correspondente ós últimos anos, existe unha gran diferenza entre a produción e o consumo a favor deste último, o que nos obriga a facer

Exame

Embed Size (px)

DESCRIPTION

exame de informatica

Citation preview

Page 1: Exame

CONSUMO E AFORRO ENERXÉTICODende os máis remotos orixes rexistrouse un crecemento continuo do consumo

mundial de enerxía. O consumo de enerxía por habitante representa un dos indicadores máis fiables do grado de desenrolo económico dunha sociedade, que está directamente relacionado co benestar material. A demanda enerxética asociase de forma xeneralizada co produto interior bruto dun país, ca súa potencia industrial e co nivel de vida dos seus habitantes.

A correspondencia entre nivel de vida e consumo enerxético obsérvase dende unha perspectiva histórica pois poden examinarse as evidentes relacións entre crecemento económico e incremento da demanda de enerxía. A industrialización, o desenrolo dos transportes (sectores que necesitan grandes cantidades de enerxía) así como a crecente mecanización de todas as actividades económicas e o aumento do uso da enerxía na economías domésticas, repercuten todos en fortes incrementos do consumo de enerxía.

Por zonas xeográficas, o consumo relativo de enerxía en América do Norte (EEUU e Canadá) é aprox. do 30%, en Europa Oriental en torno ó 20%, en Europa Occidental en torno ó 17%, similar ó continente asiático (India e China principalmente), Xapón consume cerca do 6% e en niveis inferiores está Iberoamérica e Oceanía.

En canto a España, como país desenvolvido e industrializado ten un consumo relativamente elevado de enerxía, aínda que en termos absolutos quedamos lonxe dos países máis industrializados. Medida en termos de enerxía primaria, a evolución do consumo interior bruto español tivo nos últimos decenios unha clara traxectoria ascendente que se quebra como consecuencia da crise do petróleo, para nos últimos anos volver a acelerarse o seu crecemento.

No balance enerxético correspondente ós últimos anos, existe unha gran diferenza entre a produción e o consumo a favor deste último, o que nos obriga a facer grandes importacións de enerxías fósiles para poder satisfacer as necesidades internas. En canto ós criterios e técnicas de aforro enerxético, fundamentalmente é a partir da crise do petróleo dos anos setenta cando xurde a necesidade por aforrar enerxía, motivada por:

A progresiva desaparición dos recursos enerxéticos primarios (carbón, petróleo e gas natural).

interese por paliar os efectos negativos medioambientales ocasionados pola produción, transporte e consumo de enerxía.

intento de diminuír os custos enerxéticos para mellorar a competividade entre as industrias.

Para aforrar enerxía hai que comezar por un uso racional. Isto implícanos a todos, dende o seu propio entorno ata as grandes empresas nos seus procesos de

Page 2: Exame

produción. E non só é importante o aforro enerxético, senón que tamén aparece outro termo de especial importancia: a eficiencia enerxética. Defínese como a obtención de enerxía con maior calidade, menor contaminación e inferior prezo para así posibilitar unha maior duración dos recursos.

Entre as técnicas de aforro enerxético cabe destacar:

A enerxía na vivenda: o factor humano é fundamental para aforrar no sector residencial e de servizos. Nas casas a cantidade de enerxía consumida é considerablemente alta e moitas veces mal aproveitada. Así debemos evitar malos hábitos na utilización da enerxía, illar o recinto da casa para evitar fugas de calor en inverno e refrixeración no verán, dispoñer de termóstatos nos sistemas de calefacción, utilizar adecuadamente os electrodomésticos e ó substituílos facelo por outros de baixo consumo, empregar a electricidade naquelas actividades nas que resulta insubstituíble, empregar luz solar sempre que sexa posible e substituír as lámpadas por outras de baixo consumo cando debamos empregar luz artificial.O transporte: o consumo enerxético no transporte supera ó do sector industrial. En España o 60% das importacións de petróleo van destinadas ó transporte. O maior malgasto prodúcese polo uso excesivo do vehículo privado. É preciso empregar máis o transporte público, que precisa menos enerxía para o mesmo fin e contamina menos.A industria: algunhas solucións de aforro enerxético son: mellor iluminación natural, maquinaria con equipamento para o aforro enerxético, aproveitar as horas de pouca demanda para os procesos que requiren maior enerxía, bo illamento térmico e posibilidade de aplicar a coxeneración.

Tarefas.

1. Xustifica o texto2. Fai que o título destaque sobre o resto3. Introduce algunha letra capital4. A parte do texto en cor morada pona en viñeta5. Introduce algunha imaxe que che pareza axeitada6. Na zona vermella pona a modo de lista7. O texto en verde pono en forma de columna8. Introduce un encabezado no título do texto9. Introduce un pé de páxina co teu nome10. Introduce un marco de páxina11. Fai que a primeira páxina apareza en vertical, e a segunda páxina do texto en

horizontal12. As palabras en cor marrón escribeas en versales13. Coloca un cadro de texto con letra xirada onde introduzas o teu nome, apelidos y

curso.14. Quítalle o borde o cadro de texto anterior15. Pon algunhas frases en negrita ( as de cor amarelo)16. Cambia a cor da letra do texto a negro.