8

Excalibur

  • Upload
    xenevra

  • View
    266

  • Download
    6

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Excalibur
Page 2: Excalibur

Unha vez proclamado re¡ de Britania, Artur saíu a explorar o seu reino levando a Merlín como única compañía. Viaxaron por todas partes, e correron xuntos moitas perigosas aventuras. Nas súas viaxes Artur viuse envolto de mala maneira nun duelo cun cabaleiro chamado Pellinore, quen xurara desafiar a todo aquel que trepase a súa terra. Pellinore era violento e forte, e acabaría por matar a Artur se Merlín non lle botase un encantamento que o sumiu nun profundo sono.

«¿Que fixeches?", berrou Artur. "¡Acabas de matar un home coa túa maxia! "

Page 3: Excalibur

"Non te apures, está tan enteiro coma ti e espertará de aquí a unha hora", contestou Merlín. "Se non estivese eu aquí estarías morto por el, pero despois disto aínda che ha facer un bo servizo".

Entón Merlín levou a Artur onda un ermitán que era un habelencioso curandeiro, e en tres días as súas feridas, estiveron curadas. Ao marcharen, Artur decatouse de que perdera a espada.

“Iso non é problema", dixo Merlín, "Hai por aquí cerca unha que será para ti".

Page 4: Excalibur

Despois de certo tempo chegaron a un lago grande e cristalino, Xurdindo do medio das augas estaba un brazo vestido de branco que sostiña unha espada magnífica.

"Velaí", dixo Merlín, "está a espada que che prometera”. Cando deixou de falar, viron unha fermosa muller que emerxía do lago.

"Esta é a Dama do Lago", dixo Merlín. "No lago hai un gran penedo, e dentro del un precioso pazo debaixo da auga. Cando se achegue a ti, fálalle con cortesía e entregarache a espada".

Page 5: Excalibur

"Señora", dixo, "¿que espada é esa que sobrancea das augas? Desexaría que fose miña, porque non teño espada ningunha".

"Artur", respondeu ela, "é a espada Excalibur e é miña. Pero se me dás un agasallo, cando cho pida, daquela será túa".

"Miña señora", contestou Artur, “dareiche todo o que me pedires".

Page 6: Excalibur

" Logo vai no bote e voga ata a espada. Cóllea, xunto coa vaíña, e eu volverei no momento oportuno a pedirche o meu regalo".

Os dous homes ataron os cabalos a unha árbore e vogaron ata chegaren xunto a espada. Artur agarrouna pola empuñadura, e cando a man que a sostiña afrouxou o apertón, tanto a man coma o brazo desapareceron baixo a superficie das augas. Artur examinouna, impaciente, sorprendido polo elaborado traballo da espada.

Page 7: Excalibur

"¿Que prefires, a espada ou a vaíña?", preguntou Merlín.

"A espada, sen dúbida", contestou Artur.

"Entón es un imprudente", replicou Merlín, "porque a vaíña ten poderes máxicos. Mentres estea contigo, nunca poderás resultar mal ferido. Ao final alguén ha de arrebatarcha, pero deica aquela mantena sempre ao teu carón",

Armado con Excalibur, o rei Artur e mais Merlín internáronse cabalgando na fraga.

Page 8: Excalibur