6
1 PROPOSTA DE ACTIVIDADES 1.-Crear mapas con Google Maps e propostas para o seu uso educativo Categorías: Competencia dixital e tratamento da información. Emprego de tecnoloxía multimedia para obter, recuperar, avaliar, almacenar, producir, presentar e intercambiar información. A comunicación a través de videoconferencias. Internet: oportunidades para a comunicación. Uso das TIC para traballar de forma autónoma e en grupos. Sensibilidade ante un uso responsable e seguro de Internet. Interese por usar as TIC para relacionarse e ampliar horizontes culturais Competencia social e cidadá A linguaxe na educación para a paz e a convivencia: a escoita, a exposición, a argumentación. Empatía e simpatía cara aos outros. Asertividade* e expresión de ideas e emocións. O respecto a un mesmo e aos demais. Competencia cultural e artística Exposición de feitos, coñecementos, emocións e sentimentos sobre arte e cultura. O respecto polo uso correcto da linguaxe verbal. Aprender a aprender Autoconcepto e autoestima. Habilidades comunicativas e a súa importancia nas relacións. Habilidades sociais. O traballo en equipo. Cooperación e repartición de tarefas. Colaboración activa e disposición a axudar a outros en diferentes situacións de aprendizaxe. Autonomía e iniciativa persoal Autocoñecemento: imaxe física, social e moral, hábitos e valores, capacidades, nivel de formación. Desexos, medos, necesidades. As relacións cos outros: escoita activa, diálogo e cooperación. Coloquios e debates. Empatía e simpatía. Expresión adecuada de coñecementos, emocións, sentimentos, necesidades e proxectos. Plans de acción: obxectivos, prazos, recursos.

Exemplos de tarefas ámbito científico

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Desenvolvemento de CB a través de tarefas no ámbito científico e tecnolóxico.

Citation preview

Page 1: Exemplos de tarefas ámbito científico

1

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

1.-Crear mapas con Google Maps e propostas para o seu uso educativo

Categorías:

Competencia dixital e tratamento da información.

Emprego de tecnoloxía multimedia para obter, recuperar, avaliar, almacenar,

producir, presentar e intercambiar información. A comunicación a través de

videoconferencias.

Internet: oportunidades para a comunicación.

Uso das TIC para traballar de forma autónoma e en grupos.

Sensibilidade ante un uso responsable e seguro de Internet.

Interese por usar as TIC para relacionarse e ampliar horizontes culturais

Competencia social e cidadá

A linguaxe na educación para a paz e a convivencia: a escoita, a exposición, a

argumentación.

Empatía e simpatía cara aos outros. Asertividade* e expresión de ideas e

emocións. O respecto a un mesmo e aos demais.

Competencia cultural e artística

Exposición de feitos, coñecementos, emocións e sentimentos sobre arte e cultura.

O respecto polo uso correcto da linguaxe verbal.

Aprender a aprender

Autoconcepto e autoestima.

Habilidades comunicativas e a súa importancia nas relacións.

Habilidades sociais. O traballo en equipo. Cooperación e repartición de tarefas.

Colaboración activa e disposición a axudar a outros en diferentes situacións de

aprendizaxe.

Autonomía e iniciativa persoal

Autocoñecemento: imaxe física, social e moral, hábitos e valores, capacidades,

nivel de formación. Desexos, medos, necesidades.

As relacións cos outros: escoita activa, diálogo e cooperación. Coloquios e

debates.

Empatía e simpatía. Expresión adecuada de coñecementos, emocións,

sentimentos, necesidades e proxectos.

Plans de acción: obxectivos, prazos, recursos.

Page 2: Exemplos de tarefas ámbito científico

2

Mellora da convivencia na aula.

Actuacións e proxectos de participación no centro educativo e en actividades

sociais e familiares. Dereitos e deberes. Compromiso, esforzo e colaboración.

Terminoloxía propia relacionada co coñecemento dun mesmo.

Busca de situacións que impliquen e esixan escoitar.

Competencia lingüística

Intercambio comunicativo cos compañeiros e co profesorado no marco escolar

Configuración de mensaxes escritas apropiadas para diversas situacións con

diversos propósitos.

Coñecemento e respecto polas modalidades lingüísticas.

Busca e selección de información relevante de acordo con diferentes necesidades,

así como para a súa reutilización na produción de textos orais e escritos propios.

Utilización de TIC para a produción e tratamento da información.

Interese e curiosidade polas linguas e pola comunicación intercultural

Emprego da linguaxe como instrumento para favorecer a comunicación e o

intercambio de emocións e sentimentos.

Coidado na precisión dos termos utilizados.

Uso e soportes electrónicos na composición de textos. Ferramentas de axuda:

sinónimos, ortografía e gramática.

Descrición: con Google Maps poderemos xerar mapas propios e marcalos con

punteiros, colocar textos, fotos, vídeos e obter vistas diversas.

Relación con outros documentos de centro: Plan de Acollida. Elaboración dunha páxina

web ou un blog cun saúdo ou unha mensaxe na súa lingua materna e en galego ou

castelán, gravado en vídeo e subido a YouTube, xeolocalizando segundo o país de

orixe de cada alumna/o e incrustado nun mapa de Google.

*Habilidade para emitir conductas que afirman ou requiren a propia opinión, en situacións interpersoais en

que poden darse opinións contrapostas, sen empregar conducta aversiva para os demais, obtendo, polo

tanto, un autorreforzo. Asertividade responsable: modo de relación interpersoal que implica a expresión

relativamente directa de sentimentos dun xeito socialmente aceptable.

Page 3: Exemplos de tarefas ámbito científico

3

2.-Planificación e desenvolvemento dunha auditoría científica en torno

ó un bloque de contidos de ciencias: exemplo: diabete e células nai

O tema formúlase como un centro de interese.

Na fase inicial ou de preauditoría constitúese o equipo auditor procurando a máxima

participación e establécense as normas de traballo do grupo. Nesta primeira fase

considérase esencial atender á motivación do alumnado, delimitar o alcance da auditoría,

recoller información preliminar e establecer un calendario de actuacións.

Nunha segunda fase os estudantes, sempre coa colaboración do/a profesor/a, traballan

nas distintas actividades propostas no plan de acción.

-Recóllese información por parte de todos os membros do equipo auditor (alumnado,

profesorado, pais e nais, outros axentes externos) e realízanse as actividades inicialmente

propostas (debates, experiencias, visitas, etc.).

-Elabóranse, analizan e discuten os informes dos distintos grupos.

Na terceira e última fase, revísase o proceso seguido, ponse en marcha o plan de

mellora que debe traducirse en actuacións concretas do alumnado que xurdan como

consecuencia de aplicar os novos coñecementos.

-Iníciase a difusión e comunicación dos resultados da auditoría.

-Apúntanse novos plans de mellora derivados das conclusións obtidas e que darían lugar

a futuras auditorías.

Fase inicial ou de preauditoría

Formación do equipo auditor ou comisión científica

-Previamente, o/a profesor/a deberá coñecer se algún dos seus estudantes é diabético,

en cuxo caso deberá conseguir que se implique especialmente na constitución do equipo

auditor.

-Ademais do alumnado, o profesorado e as persoas do centro interesadas en participar, é

importante conseguir a participación dos pais e nais dos estudantes e de membros da

Asociación de Educadores en Diabete local e do Centro de Saúde de Atención Primaria

correspondentes á zona onde se atopa o instituto.

Motivación do alumnado

As empresas farmacéuticas responsables da súa distribución facilitan gratuitamente

medidores do nivel de glicosa en sangue capilar para programas educativos.

En torno aos aparatos formúlanse as seguintes cuestións: ¿saben os alumnos para que

se utiliza o glucómetro? ¿Coñecen persoas do seu contorno que utilicen habitualmente un

Page 4: Exemplos de tarefas ámbito científico

4

medidor de glicosa? ¿E a relación que hai entre o nivel de azucre en sangue e a diabete?

-Utilizando o medidor de glicosa, comprobar o nivel de azucre en sangue de toda a clase.

-Pedir aos estudantes que relacionen en cada caso os datos obtidos coa súa dieta

correspondente: tempo que transcorreu dende a última ingesta, tipo de alimentos

inxeridos, etcétera.

-Organizar todos os datos obtidos (nivel de glicosa, tempo de xaxún, tipo de alimento)

nunha táboa.

-Debate en torno aos resultados obtidos. ¿Cal é o problema? ¿Fáltanos

glicosa?¿Estamos ben? ¿Somos hiperglucémicos? ¿Como poderiamos modificar estes

resultados? ¿Que relación ten o nivel de azucre coa insulina? ¿E co páncreas? ¿E con

as células beta dos illotes de Langerhans? ¿E coas células nai?

Delimitación do alcance da auditoría

-As ideas xurdidas tras o debate deben agruparse en torno a algún dos tópicos que

figuran no bloque temático da proposta de contidos.

-Deseño e elaboración de instrumentos para a recollida de datos e información: enquisas,

entrevistas e fichas de observación.

-Selección e preparación do soporte teórico e práctico inicial: bibliografía, documentos,

informes, páxinas web, etc. Posibles recursos fóra do centro: ciclos de conferencias e

cursos afines dende unha perspectiva científica, visitas a institucións e organismos

relacionados coa promoción de saúde, participación en foros de debate, etcétera.

-Temporalización e secuenciación: elaboración dun calendario de actuacións

Fase de auditoría

Na fase de auditoría desenvolveranse as actuacións planificadas na fase anterior,

comprobarase o grao de cumprimento das distintas tarefas asignadas, os estudantes

traballan nas actividades do plan de acción coa colaboración do/a profesor/a. Discutiranse

os informes dos distintos grupos, examinarase o alcance das propostas e proporanse

as medidas correctoras dentro dun plan de viabilidade. Os grupos de traballo realizan as

actividades en torno aos tópicos seleccionados.

Fase de postauditoría

Posta en marcha a proposta dun plan de viabilidade mediante distintas formas de

actuación, buscando recursos dentro e fóra do centro. Como elemento fundamental do

programa deben promoverse actividades e accións de comunicación que difundan no

instituto, no barrio, na cidade, etc. os resultados do traballo realizado.

Page 5: Exemplos de tarefas ámbito científico

5

14.-Transferencia das aprendizaxes: role playing ou xogo de roles.

Incorporar o traballo de aula actividades non convencionais.

TEMA: ¿Crear vida no laboratorio?

Esta actividade parte dunha noticia científica aparecida nun xornal.

-Toma a forma dun xogo de roles, que é unha actividade que permite aos estudantes

asumir roles diferentes e argumentar, contribuíndo ao debate conxunto entre os

participantes, cos criterios propios e modos de razoar do personaxe ao que representan.

-A súa importancia radica en que asumir un rol obrígalles a estudar a fondo a temática

elixida e a formular a discusión asumindo modos de pensar moi diferentes sobre o tema.

Documentación: hemeroteca do diario El Mundo

http://www.elmundo.es/elmundo/2008/01/24/ciencia/1201194350.html

UN PASO CRUCIAL HACIA LA CREACION DE VIDA SINTÉTICA

El científico de EEUU Craig Venter crea el primer genoma artificial de la Historia

El padre del genoma humano ha sintetizado el ADN completo de una bacteria

El hallazgo puede servir para crear bacterias que 'limpian' el medio ambiente

En manos equivocadas, también podría servir para fabricar armas biológicas

http://www.elmundo.es/elmundo/2008/05/05/ciencia/1210010649.html

ENTREVISTA AL PADRE DEL GENOMA HUMANO

Craig Venter: 'Confiamos en crear la primera forma de vida artificial este año'

Roles a sumir polos estudantes

O propio Craig Venter: defende a ultranza as súas investigacións.

Representante do Comité Internacional de Ética Científica: mostra a súa preocupación

polos resultados e a súa transferencia aos seres humanos.

Ministro de Finanzas: pregúntase pola rendibilidade económica destas investigacións.

Un home ou muller da rúa: queren saber en que os afecta persoalmente. Mostran medo

cara ao descoñecido.

Page 6: Exemplos de tarefas ámbito científico

6

Bibliografía e webgrafía

Marco Stiefel, Berta. “Competencias Básicas. Hacia un nuevo paradigma

educativo”. Narcea, S.A. De Ediciones, Madrid, 2008

TIC-IDEAS para desenvolver a competencia dixital. Espazo do CEP de Toledo

para a información e intercambio de experiencias para a integración efectiva das

TIC nos Centros educativos: http://edu.jccm.es/cpr/toledo/blog/index.php/tic/

Ciencias para el mundo contemporáneo. Aproximaciones didácticas. Edita:

Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), 2008. Esta

publicación, complementada con fichas de actividades para desenvolver na aula,

está dispoñible gratuitamente, en formato pdf, no apartado de publicacións da

páxina web: http://www.fecyt.es, co fin de facilitar o seu acceso á comunidade

educativa.