5
Exercicios de repaso: gramática 1. Diferencia de significado nestas palabras homófonas: Baca Vaca Bario Vario Boga Voga Benia Venia Bago Vago Bacante Vacante Bocal Vocal Bou Vou Beta Veta Basto Vasto Barro Varro Bacía Vacía Beo Veo Barón Varón Botar Votar Rebelar Revelar 2. Indica a norma de porqué se acentúan (ou non se acentúan): Ademais Bíceps Paúis Hóckey Amable Clímax Cantei Soamente Contáronvola Posíbeis 3. Facer un ditado e poñer como exercicio aclarar as normas de acentuación dunha serie de palabras subliñadas.

Exercicios de repaso: gramática

  • Upload
    xenevra

  • View
    1.623

  • Download
    10

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Exercicios de repaso: gramática

 Exercicios de repaso: gramática

1. Diferencia de significado nestas palabras homófonas:

 

Baca   Vaca   Bario   Vario  

Boga   Voga   Benia   Venia  

Bago   Vago   Bacante   Vacante  

Bocal   Vocal   Bou   Vou  

Beta   Veta   Basto   Vasto  

Barro   Varro   Bacía   Vacía  

Beo   Veo   Barón   Varón  

Botar   Votar   Rebelar   Revelar  

2. Indica a norma de porqué se acentúan (ou non se acentúan):        

 

Ademais  

Bíceps  

Paúis  

Hóckey  

Amable  

Clímax  

Cantei  

Soamente  

Contáronvola  

Posíbeis  

 

3. Facer un ditado e poñer como exercicio aclarar as normas de acentuación dunha serie de palabras subliñadas.

 

4. Pon o til adecuadamente ás seguintes palabras, se deben levalo:

 

Textil Enfase Beisbol Climax Smoking

Amais Amabeis Constituiu Cantaroncho Bilingüismo

Hockey Prensil Automobil Rompeu Forceps

Page 2: Exercicios de repaso: gramática

Dolmens Xampu Rua Album Egoismo

Fieis Superavit Lambons Parkinson Habitat

Tandem Partiu Accesit Crater Misiles

Raiña Prexuizo Sain Requiem Deficit

Magoa Triceps Azuis Pauis Acentuo

Forcei Egoismo Arauxo Españois Telex

 

5. Indica cales destas parellas de palabras levan til diacrítico:

 

Ca (ca + a) Ca (conx. compar) Chas (planas) Chas (che + as)

Compre (fai falta) Compre (merque) Fora (adverbio) Fora (de ser ou ir)

No (“nudo”) No (en + o) Por (poñer) Por (preposición)

Te (infusión) Te (pron.; letra) Ven (verbo vir) Ven ( verbo ver)

Vos (pron. tónico) Vos (pron. átono) Ves (verbo vir) Ves (verbo ver)

Mais (adverbio) Mais (=pero) Mas (ruíns) Mas (me + as)

As (a + as; alas) As (artigo; pron.) E  (verbo ser) E (conxunción)

Cos (ca + os) Cos (con + os) Das (verbo dar) Das (de + as)

Do (compaixón) Do ( de + o) Os (a + os) Os (artigo; pron.)

Nos (pron. tónico) Nos (pron. Átono) Pe (do corpo) Pe (letra)

 

6. Pon en plural as seguintes palabras: 

Cantil   Xirasol   Stick  

Crómlech   Pénsil   Cruel  

Frac   Cantábel   Cadril  

Téxtil   Chuchamel   Mísil  

 

7. Xustifica teoricamente o plural das seguintes palabras:

Funil  

Prénsil  

Parasol  

Trusts  

8. Nesta lista de palabras pon M (Masculino) ou F (Feminino):

Azucre   legume   arte   Cuspe  

Pube   Garaxe   Trade   Marxe  

Ponte   Árbore   Dolor   Sifilis  

Personaxe   tise   tatuaxe   iota  

 

Page 3: Exercicios de repaso: gramática

9. Di o feminino das seguintes palabras:

Abade   León  

Formiga   Tsar  

Cirurxián   Lerchán  

Fisterrán   Heroe  

Electromotor   Aldeán  

Visconde   Poeta  

freire   Ladrón  

xudeu   cabalo  

 

10. Pon a partícula comparativa adecuada:

 

É tan fermosa                           parecía cando a vin

Respecto máis a Brais                        ao seu irmá

O neno está moito máis san                            ti Estou eu máis contigo                        a túa muller

Sempre se pon                               se lle fosen pegar

Gústame menos O Bolo                     A Limia

Está tan elegante                                     eu cría                 

Estou máis a gusto hoxe                     o outro día

Parece menos listo                                ti me dixeras

Xosé sempre fai                              quen non escoita              

Vai máis ao Grove                                    A Coruña

Traballo moito mellor                         el

 

12. Subliña todos os substantivos que atopes no seguinte texto:

Había unha vez un carballo vellísimo, tanto, que era a árbore máis vella do bosque, a máis alta e a que tiña a casca máis enrugada.

Ningunha árbore era tan sabia como el, por que vivindo tanto, coñecía todas as historias do ceo e da terra.

Pero o mellor da vella árbore era a súa alegría por vivir. Todos os días eran fermosos para ela. Amaba ós animais e nunca se laiaba, a pesar de que había moitísimos anos que nin unha soa folliña agromaba das súas pólas.

As outras árbores envexábana porque era tan grande que lles facía sombra. Porque os paxaros e esquíos buscaban o refuxio das súas ponlas e porque, por moito que soprase o máis forte dos vendavais, mantíñase ergueito.

Tamén lles daba unha raiba enorme que, sucedese o que sucedese, saudara cun "¡Bos días!" vibrante e doce.

17. Pon en femino e plural:

  Xa está san o seu irmán, o que é ferrolán.

Page 4: Exercicios de repaso: gramática

  O elemento civil sempre é importante para o artesán.

  Cando o aerosol se acabe pídelle ó alemán que che deu un que ten no cartel.

 

24. Cubre os espacios baleiros con B ou V:

  O ..ernizador díxolle que non podía ..rillar o piso porque antes de..erían ..arrer o chan.

  O a..ogado amigo da miña avoa ..iu ó co..arde de Xoán nun mara..illoso automó..il.

  _in un ra_año de o_ellas e un chi_o na ri_eira a carón dunha horta de _erzas.

  Aquela fá_ula que narra_a a _isa_oa trata_a so_re un es_elto ca_aleiro do tempo dos tro_adores.

  Nese museo _in moitos _echos: gai_otas, _oitres, a_estruces, ga_iáns e cor_os na sección das a_es. Na dos mamíferos, _acas, _ecerros, cer_os e _aleas; e escara_ellos, a_ellas e ta_áns na dos insectos.

  O meu automó_il ti_o unha a_aría o _erán pasado preto desa a_adía.

  Sa_ela le_a_a na _olsa moitas a_elás, lentellas, _erenxenas e gara_anzos.

25. Corrixe todos os erros que atopes nestas oracións:

  Os cartaxineses recorreron moitos kilómetros co obxecto de combatir contrra os románs.

  Esta é unha cuestión a debatir no mes vindeiro, agora cumpre rebatir os argumentos nos que se basan para a defensa da edificación dos amplios espacios urbáns.

  Convertiron os monasterios en hoteles de luxo, explotados polos propios monxes. Isto, sen duda, ha revertir no interés económico da orden relixiosa.

  Non me dou adormentado polo moito que tuses de noite. ¡Se colleses a receta e foses polo xarope que te recetou o doutor! ¡De seguires así, aínda te has de afogar!

  Quenes lle avisaron de que lle apodreceran as plantas, non lle dixeron tamén que a súa irmán se caera polas escaleiras abaixo e se partira unha perna.

  Luce un sol espléndido e, mentres a vella sube a costiña traballosamente, ti durmes a perna suelta.