29
Boletín das Ciencias 12 EXPERIENCIAS DIDÁCTICAS ITINERARIO AMBIENTAL NO CAMIÑO FRANCÉS: «O CEBREIRO-PORTOMARÍN» GÓMEZ SEGADE, Pablo B AHILLO VARELA, Leopoldo MENDOZA RODRÍGUEZ , José Dptos Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química I.E.S.de Sar, S ANTIAGO DE COMPOSTELA NIVEL EDUCATIVO DA ACTIVIDADE Esta saída é especialmente apta para o nivel de segundo ciclo da E.S.O. e neste caso foi programada especificamente cara ó alumnado matriculado nas ma- terias de Bioloxía e Xeoloxía , C. Medioambientais e da Saúde, e Física e Quí- mica de 4º curso da E.S.O. 1. INTRODUCCIÓN A rota francesa do “Camiño de Santiago” é considerada o Primeiro Itinera- rio Cultural Europeo polo Consello de Europa, entrando en España por Roncesvalles (Camiño Navarro) ou por Somport (Camiño Aragonés). Despois de atravesa-las Comunidades Autónomas de Aragón, Navarra, A Rioxa e Castela e León, chega a Galicia onde percorre os municipios de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino, antes da súa chegada a Santiago de Compostela. No percorrido que imos facer en tres xornadas vaise dende O Cebreiro (1.320 m de altitude), miradoiro excepcional na xeografía galega, para baixar despois ata Portomarín (370 m). A silueta dentada das serras do norte constrasta co relevo redondeado das que se estenden cara ó sur. Se volvémo-la vista, deixamos atrás o fértil Bierzo e o val do Valcarce. Cara Poñente, unha crista ben definida indícano-la dirección pola que seguirémo-lo Camiño ata afronta-lo vertixinoso descenso a Sarria. A partir deste punto a sucesión de aldeas é constante, ata tal punto que o viaxeiro perde a referencia, resultándolle difícil saber con exactitude en cal delas se atopa. A paisaxe está dominada dende aquí ata Santiago por impresionantes bosques atlánticos nos que poden apreciarse carballos centenarios por enriba dun terreo humedecido constantentemente por incontables regatos que discorren ladeiras abaixo.

EXPERIENCIAS DIDÁCTICAS ITINERARIO AMBIENTAL NO … · na xeografía galega, para baixar despois ata Portomarín (370 m). ... a efixie de D. Benito Xermo Feijoo, considerado o home

  • Upload
    vanhanh

  • View
    238

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Boletín das Ciencias12

EXPERIENCIAS DIDÁCTICAS

ITINERARIO AMBIENTAL NO CAMIÑOFRANCÉS: «O CEBREIRO-PORTOMARÍN»

GÓMEZ SEGADE, PabloBAHILLO VARELA, LeopoldoMENDOZA RODRÍGUEZ, JoséDptos Bioloxía e Xeoloxía e Física e QuímicaI.E.S.de Sar, SANTIAGO DE COMPOSTELA

NIVEL EDUCATIVO DA ACTIVIDADE

Esta saída é especialmente apta para o nivel de segundo ciclo da E.S.O. eneste caso foi programada especificamente cara ó alumnado matriculado nas ma-terias de Bioloxía e Xeoloxía , C. Medioambientais e da Saúde, e Física e Quí-mica de 4º curso da E.S.O.

1. INTRODUCCIÓN

A rota francesa do “Camiño de Santiago” é considerada o Primeiro Itinera-rio Cultural Europeo polo Consello de Europa, entrando en España por Roncesvalles(Camiño Navarro) ou por Somport (Camiño Aragonés). Despois de atravesa-lasComunidades Autónomas de Aragón, Navarra, A Rioxa e Castela e León, chega aGalicia onde percorre os municipios de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos,Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino,antes da súa chegada a Santiago de Compostela. No percorrido que imos facer entres xornadas vaise dende O Cebreiro (1.320 m de altitude), miradoiro excepcionalna xeografía galega, para baixar despois ata Portomarín (370 m). A silueta dentadadas serras do norte constrasta co relevo redondeado das que se estenden cara ósur. Se volvémo-la vista, deixamos atrás o fértil Bierzo e o val do Valcarce. CaraPoñente, unha crista ben definida indícano-la dirección pola que seguirémo-lo Camiñoata afronta-lo vertixinoso descenso a Sarria. A partir deste punto a sucesión dealdeas é constante, ata tal punto que o viaxeiro perde a referencia, resultándolledifícil saber con exactitude en cal delas se atopa. A paisaxe está dominada dendeaquí ata Santiago por impresionantes bosques atlánticos nos que poden apreciarsecarballos centenarios por enriba dun terreo humedecido constantentemente porincontables regatos que discorren ladeiras abaixo.

Nº 38 (Xuño 1999) 13

2. PERCORRIDO HISTÓRICO-CULTURAL EASPECTOS NATURAIS MÁIS RELEVANTES

F A aldea do Cebreiro foi un dos máis importantesfitos do Camiño de Santiago, chamado Zeberrium emons Februarii nos documentos medievais. Hoxe éunha das poucas aldeas que aínda conserva as vivendasde orixe celta, as típicas pallozas que lle dan un aspectosemellante ó dos castros celtas.

tauración no Pobo do Cebreiro. Cebreiro. Impacto das obras da autovía

Foto 3.-Solo pouco evolucionado do Foto.4- Seto de xistos e bidos; detrás

tipo ranker, sobre substrato de xistos de cascallos dunha canteira de xistos, preto

debaixo dunha reboleira de Hospital

FNunha das pallozas (fot. 1) está instalado un museoetnográfico que pode visitarse gratuitamente; outra servede refuxio ós peregrinos de Santiago. No centro do poboestá o Santuario do Cebreiro e ó seu carón o Mesón deSan Xiraldo de Aurillac, construído sobre os restos do antigohospital de peregrinos.

F(a 5 Km dende O Cebreiro). Despois da aldeíña deLiñares, contemplando fermosos panoramas das monta-ñas do Courel, sae pola esquerda unha estradiña, co sinal

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias14

de Seoane de Courel, que atravesa toda a serra do Courelata Quiroga.

F (a 6 Km dende O Cebreiro). En Hospital fundara acondesa dona Exilo, muller do conde Gatón, un hospitalno s. IX, do que non queda resto ningún. O actual templo,de aspecto moi antigo, foi restaurado no 1963.

Foto 5.- Acibros destacando entre os bidos Foto 6.- Impacto dun incendio nun valaínda sen follas estes últimos no mes de fluvial na típica sección en V, preto dofebreiro, entre Hospital e o alto do Padornelo alto do Poio. Ó fondo a serra do Courel.

F(a 9 Km dende O Cebreiro). A estrada discorre polaliña divisoria das dúas vertentes, cantábrica e atlántica, eó pasar polo Padornelo, no alto do Poio (1337 m), acadaa meirande altura do Camiño Francés. A igresa de SanXoán é do S. XV. Unha fermosa vista panorámicaesténdese desde o alto.

Foto 7.- Rebolos, bidos e acibros en primei Foto 8.- Panorámica da serra do Courel ó Surro plano; detrás, unha canteira de caliza á o camiño na baixada a Triacastela, con sinaisdereita do descenso a Triacastela. o glaciarismo. Detrás dos bidos vese unha

masa o rebolos (Quercus pyrenaica).

F (a 19 Km dende O Cebreiro). En Fonfría existiu unhospital ata o ano 1830, onde os peregrinos recibían gra-tuitamente lume, sal e a auga da súa famosa fonte.

F (a 25 Km dende O Cebreiro). Triacastela era oremate da undécima etapa do Camiño, de Vilafranca aTriacastela, segundo o Códice Calixtino. O primitivo po-

Nº 38 (Xuño 1999) 15

boado medrou ás marxes da estrada, nun pequeno maisvizoso val preto do nacemento do río Oribio. É a cabezado concello (pouco máis de 1.000 habitantes; 25 hab./Km2). Sobre o nome de Triacastela téñense feito moitashipóteses.

Foto 9.- Nos arredores de Triacastela o camiño Foto10.- O río Oribio separa o albergue derodéase de carballos e castiñeiros centenarios Triacastela dunha fermosa carballeira

Foto 11.- Comezo da subida a San Xil dende Foto12.- Val de Oribio. Uso de chopos eTriacastela, no val de Oribio. bidos para parcelar cultivos, diante dunha

carballeira.

Foto 13.- Estratificación en altura de diferentes Foto14.- Explotación de xistos para placascomunidades vexetais na costa de San Xil: no alto de San Xil.carballeira, bidos e monte baixo de uces.

Hai quen o fai vir de “Tres Castros”, ou de “TiraCastela”, camiño cara a Castela. Pénsase tamén queprocede dos tres castelos que se erguían nas tres monta-ñas que o rodean: Oribio, Meda e Caldeirón. Estas tresfortalezas, consonte as lendas, foron destruídas polos nor-mandos, ós que derrotou o conde Galo Sánchez. Final-mente, hai que engadir que tres reis pararon aquí: os ReisCatólicos na noite do 15 de setembro do 1486, Carlos I o

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias16

22 de abril do 1520 e Felipe II o 16 de maio de 1554. Na torre da igrexa de SanVerísimo, igrexa de orixe románica con reformas do s. XVIII, pódese ver unhafornicela e os tres castelos nun relevo do 1790.

Saíndo xa de Triacastela cara a Samos, vese a rentes da estrada o Monu-mento ó Peregrino, seica o primeiro que se construíu. Dende Triacastela seguire-mos o antigo Camiño de Santiago ascendendo a costa de San Xil de Carballo parachegar ó alto de Riocabo (870 m), onde nos desviamos ó mosteiro de Samos.

Foto 15.- Diversificación de cultivo nunha panorá-mica dende o alto de Riocabo: sivicultura, pradería eunha colmea á dereita.

Foto 16.- Monte baixo, bidos e xistos plegados noalto de Riocabo. Á esquerda, un colmear en ringleira.

Foto 17.- Cultivo de bidos en ringleiras, no alto deRiocabo.

Foto 18.- Foxo do mosteiro de San Xulián de Samos,recordando o seu antigo carácter de fortaleza.

F (a 35 Km dende O Cebreiro). No pequeno pobo que se formou ó redor domosteiro de Samos, atópase a cabeza deste concello (máis de 3.000 habitantes;21,1 hab./Km2), ocupando as últimas estribacións da cordilleira Cantábrica, antesde chegar á veiga de Sarria. O nome de Samos aparece nos documentos latinosantigos coa forma de Samanos, de orixe incerta, anque hai quen sostén que poderíater relación coa illa grega deste nome.

O mosteiro de San Xulián de Samos fundouse no s. VI por San MartiñoDumiense, sendo reconstruído por San Fructuoso no ano 655 polo bispo de LugoErmefredo segundo di unha inscrición dese ano, incrustada nos muros do claustro

Nº 38 (Xuño 1999) 17

da portería. Alfonso II o Casto, o fundador de Compostela, antes de ser proclama-do rei, cando fuxía dos seus adversarios políticos, refuxiouse en Samos. Unha vezcoroado, concedeu ó mosteiro o territorio comprendido en media milla de radio. Noano 960 xa estaban os benedictinos, chegando a posuír duascentas vilas e cincocentoslugares con xurisdicción civil e militar sobre elas. No s. XVI foi reconstruído, incor-porándose a San Bieito O Real de Valladolid. Abandonado cando a desamortiza-ción, foi de novo ocupado polos benedictinos en 1880. Despois dun incendio no1951 rematouse a reconstrucción no 1960.

Foto 19.- Fachada barroca do mosteiro.

Foto20.- Mosteiro de Samos: Claustro Grande do s.XVII. con 54 m. de lado e tres de plantas considéraseo meirande claustro monástico de España. No centroa efixie de D. Benito Xermo Feijoo, considerado ohome máis culto da España do s. XVIII.

F (a 48 Km dende O Cebreiro). Sarria é unha vila histórica e monumental, cabe-za do concello e do Partido Xudicial (duns 13.000 habitantes; 68,2 hab./Km2).Identifícase territorialmente coa veiga de Sarria e as serras que a separan poloOeste da conca do Miño. Entre elas sobresaen os cumes do Páramo (876 m) eRebordelo (630 m). Anque a principal producción é a gandeira e os seus derivados,ten tamén unha puxante industrialización, cementos, mármores, mobles e augasminerais principalmente. A visita de Sarria pode comezar na parte máis alta da vila,onde se atopa o Campo da Feira. Érguense alí os restos da antiga fortaleza construídapolos señores de Sarria e Lemos na primeira metade do s. XIII. Destruída polosIrmandiños foi reconstruída no s. XV por Pedro Osorio e seguiu en poder das casasde Lemos e Sarria ata que, abandonada, foi mercada por un particular quen aadicou a casa de recreo conservando só un dos catro antigos torreóns (a actualtorre de 14 m de altura).

O Camiño de Santiago segue agora, a partir de Sarria, a estrada C-535 deBecerreá a Ventas de Narón, atravesando á saída o barrio de San Lázaro, ondeestaba o principal hospital de peregrinos da vila do que non queda outra lembranzaco nome do barrio e unha capeliña.

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias18

F Dende a medieval Ponte Aspera que salva o río Celeiro o Camiño diríxesecada a Portomarín, atravesando antes unha veintena de pequenas aldeas dispersasna Veiga do Sarria e no val do Miño, constituíndo un verdadeiro rompepernas noque as terras de cultivo, predominantemente pastizais, substitúen progresivamenteó bosque autóctono do tramo anterior. De Barbadelo destaca o seu templo románi-co do s. XII, Monumento Nacional adicado ó Apóstolo Santiago. Son de apreciartamén Rente, situada ó pé dunha frondosa carballeira, e Mercado da Serra, conrecordos dun antigo mercado medieval.

Á altura de Vilachá, moi preto de Portomarín, o Camiño deixa a un lado, acase 2 km de distancia, o mosteiro de Santa María de Loio, primitiva casa-nai dosCabaleiros da Orde de Santiago.

Xa no novo Portomarín, posto que o vello foi asulagado en 1962 baixo asaugas do encoro de Belesar, pode descubrirse en época de seca a antiga ponte depedra de catro arcos que cruzaba o río Miño e que fora reconstruído en 1120 porPedro Peregrino. No moderno pobo destaca a igrexa prioral dos Cabaleiros de SanXoan de Xerusalén do s. XII, trasladada pedra a pedra dende o seu anterioremprazamento. Trátase dun impresionante templo-fortaleza construído en sólidosbloques de granito e adicado a San Nicolás. Consérvase tamén na nova vila unhacasa-hospital do s. X con fortes dovelas rematadas nun escudo. Destaca tamén otemplo de San Pedro de 1182 que posúe unha portada con tres ornamentaisarquivoltas. Portomarín, rodeado de viñas, as primeiras desde o Bierzo, coñécesepola súa augardente á que se adica unha festa no mes de maio na que participan os“poteiros” coas súas respectivas “alquitaras”.

3. XEQUÍMICA E XEOMORFOLOXÍA

Na figura 1 obsérvanse os ríos e serras máis notables das terras que atravesao Camiño.

Na figura 2, apréciase o resultado combinado dos movementos tectónicosocorridos dende o Eoceno ata principios do Cuaternario a causa da apertura dogolfo de Vizcaia, que romperon os aplanamentos existentes previamente, para du-rante esta última era encaixarse moitos dos ríos creando profundas gorxas e canóns.O papel dos materiais no modelado das formas

Ó longo do Camiño existe unha sucesión de materiais de distinta naturezalitolóxica (figuras 3-4) dende o punto de vista mineralóxico. De leste a oesteatopámonos co dominio metamórfico, materiais do tipo lousa, xistos ricos en seixo,e tamén calizas; áreas sedimentarias, ben sedimentos terciarios, do tipo area, gra-vas e arxilas, ben aluvións e coluvións cuaternarios en fondo de val; granitos e gra-

Nº 38 (Xuño 1999) 19

nitos e rochas graníticas en xeral; rochas básicas e ultrabásicas, do tipo daserpentinita e anfibolita, e xistos e gneises de baixo contido en seixo da Serie deOrdes.

A diferenciación litolóxica está en relación coa maior ou menor intensidadede fracturación e co grao de meteorización, que vai condiciona-lo deseño dasvertentes. Así, nas áreas nas que dominan as cuarcitas ou as lousas moi ricas enfilóns de seixo as vertentes presentan un perfil quebrado con numerosos saíntesincluso naquelas áreas nas que a dinámica xeomorfolóxica foi máis intensa. Asabas das serras do Rañadoiro ou de Oribio son unha boa mostra do que dicimos.Pola contra naquelas áreas nas que dominan os xistos con baixo contido en seixo,que engloba amplos espacios do sector occidental do Camiño Francés, as vertentesson moito máis suaves e uniformes. Os granitos e granodioritas, pola súa parte,determinan vertentes nas que resaltan as formas redondeadas dos penedos ou “tors”.Moitos tramos do val do Miño entre Portomarín e Belesar ofrecen bos exemplosdisto último. No sector de Leboreiro-Melide, a presencia de rochas serpentiníticasxera paisaxes ruiniformes nos que resaltan as microformas acarcavadas e os solosavermellados pola abundancia en minerais de ferro. Unha incidencia menor teñenas bandas calizas que condicionan máis a presencia de certas especies vexetais oua circulación de auga en determinados lugares que a morfoloxía xeral do Camiño.

As rochas básicas, moi alterables debido á abundancia de auga, orixinantamén formas suaves tendentes ó achairamento. Ó longo do Camiño atopámolasprincipalmente no dominio da “Serie de Ordes”, nos concellos de Palas ó oeste, eMelide ó leste; dan os solos coa maior porcentaxe en arxilas, o que unido á topogra-fía achairada, motiva que aparezan vencelladas a áreas hidromorfas, como é ocaso da Gándara de Melide.

As rochas ígneas, neste caso granitos e granodioritas, aparecen no tramoentre Sarria e Paradela e no sector de Palas. Trátase de granitos de idade hercínicaou posthercínica. A intensa actividade tectónica orixinou a inxección de rochasfilonianas, principalmente seixo, moi resistente á erosión, o que dará lugar a formasen resalte onde aparecen. O modelado orixinado polas rochas ígneas é moi variado,sendo sometidas en xeral a un profundo proceso de alteración e posterior lavado.Propician áreas de formas onduladas non moi marcadas como por exemplo nosector de Palas de Rei.Xeoquímica

Para coñece-la distribución espacial dos elementos químicos, precísase demapas xeoquímicos, que requiren imnumerables mostras de campo e o seu poste-rior procesado (trituración e posterior análise por fluorescencia de raios X ou polométodo de absorción atómica). A Xunta de Galicia e a Fundación EmpresaUniversidade Galega en 1986 subvencionaron a realización do Atlas Xeoquímico

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias20

de Galicia que se realizou no Departamento de Edafoloxía da Facultade de Farma-cia da Universidade de Santiago. Aplicacións deste traballo son:

• O Atlas contribúe de maneira importante ó coñecemento do medio naturalgalego, servindo de base para explicar problemas de diferentes campos científicos.

• Aplicación nas prospeccións mineiras.• Aplicacións agrícolas. Moitos elementos xogan un papel importante na agri-

cultura e gandeiría. Así, a deficiencia en calcio, magnesio, potasio, molibdeno, cinc,ferro, manganeso, etc., pode producir enfermidades carenciais das plantas, mentresque outros, como o níquel, cromo, cadmio, cobre e chumbo poden orixinar, en can-tidades excesivas, trastornos no metabolismo de plantas, animais e, finalmente, nohome.

• Aplicacións botánicas e ecolóxicas. O Atlas pode explicar endemismos re-gulados pola presencia dalgún elemento tóxico, como ocorre co níquel na zona deMelide onde hai áreas infértiles nas que, sen embargo, predominan plantasacumuladoras deste elemento como Alissum serpillifolia que concentra ata máisde 13.000 ppm. de níquel nos seus tecidos ou como Plantago serpentina queconcentra este elemento ata 30 ppm.

Por outra banda, os enclaves de enciña (Quercus rotundifolia) das zonashúmidas galegas alíñanse exactamente polas áreas calizas constituídasfundamentalemente por carbonato cálcico, mentres que en zonas máis continentaisatópanse sobre outros minerais.

• Medio ambiente. O Atlas pode axudar moito a coñecer casos de contami-nación industrial, así como na elección de zonas de captación de augas para usourbano e gandeiro.

• Medicina e Saúde pública. Coñécense correlacións entre determinadasenfermidades (bocio, cardiovasculares, caries dental,…) e as característicasxeoquímicas das áreas nas que estas se presentan con maior incidencia.

A partir dos datos deste Atlas no que se estudian 32 elementos químicos,observamos que no tramo do Camiño que imos coñecer destacan as concentraciónsdos seguintes elementos: aluminio, arsénico, ferro, manganeso, calcio, cinc, estroncio,galio, hafnio e lantano.

A sucesión de procesos xeomorfolóxicos

Se os materiais e os movementos do terreo asociados á rede fluvial tiveronunha importancia fundamental na estructuración do relevo, os cambios climáticosque se produciron ó longo do Terciario e Cuarternario, sincrónicos nun primeiromomento cos citados movementos, foron decisivos no modelado das diferentespaisaxes. A análise dos sedimentos das concas terciarias galegas indícanos que no

Nº 38 (Xuño 1999) 21

Terciario dominaron condicións climáticas tropicais que favoreceron a pro-funda meteorización das rochas e a xénese de potentes capas de alteración que,xunto con outros depósitos posteriores, serviron de base a moitos dos solos queatopamos na actualidade. Sen embargo, dende o Cuaternario antigo as condiciónsclimáticas fixéronse moito máis secas co que gran parte daquelas capas de alteritasforon lixadas. Apareceron así moitas das formas características das paisaxesgraníticas do Camiño. Durante o último período glaciar, a acción do frío xogou unpapel de grande importancia. Sobre un relevo cuarteado e basculado pola tectónicacun grande número de vales abertos e cunha intensa meteorización das rochas,pese á exhumación sufrida, instaláronse os xeos permanentemente en distintas serrase actuou o xeo/desxeo noutras moitas áreas.Os procesos derivados da derradeira glaciación

E se os cambios climáticos ó longo do Terciaro e boa parte do Cuaternarioforon determinantes -xunto cos movementos tectónicos- da xénese das grandesliñas morfolóxicas do Camiño, as condicións climáticas frías do último episodioglaciar introduciron unha dinámica nova que resultou de vital importancia naremodelación da meirande parte de moitas vertentes. Hoxe comprobouse xa que,alomenos, durante o último período glaciar, tivéronse producido fenómenos glaciarese periglaciares en moitos lugares, non só do Camiño de Santiago senón tamén entoda Galicia. Durante este período frío, o coñecido na Europa Alpina como Würm,dun xeito especial entre os 25.000 e os 11.000 anos a. de C., formáronse importan-tes linguas de xeo que lixaron e ensancharon moitos dos vales preexistentes. OMacizo de Manzaneda, a Serra de Ancares, o macizo de Trevinca, as serras doCebreiro, O Courel ou a Serra do Xurés foron os lugares onde a glaciación foi máisevidente aínda que non os únicos (fot. 8). Aínda hoxe permanecen restos de pequenosglaciares ou nichos de xeo na Serra do Rañadoiro ou na Serra de Oribio que seerguen ata preto dos 1500 m, non se teñen analizado con profundidade os procesosperiglaciares que alí ocorreron. Os depósitos formados no periglaciarismo predomi-nan dende O Cebreiro ata a depresión de Sarria, influíndo na dinámica evolutivadas vertentes e condicionando a hidrografía e os solos. A causa do predominio dacirculación hipodérmica da auga, dado que o material periglaciar é moi permeable,ata chegar ó cauce do río Oribio/Sarria non aparecen correntes superficiais máisque en épocas de intensas choivas.

Pódese afirmar, polo tanto, que se trata dun fenómeno xeralizado e que actuouintensamente no modelado das formas do terreo e que, nas áreas máis afectadas,as ladeiras son moito máis suaves: así, nas vertentes orientadas cara o sur, quesofriron máis intensamente os ciclos de xeo/desxeo, están máis suavizadas, mentresque as ladeiras norte, máis expostas en principio ó frío, presentan formas máisabruptas. Un exemplo é o relevo suave de Pasantes que contrasta cos escarpes da

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias22

serra do Oribio, que presentan evidentes pegadas dos fríos cuaternarios. As for-mas principais de acumulación son:

• Os campos e as coladas de bloques, nos cumes e ladeiras das serras doRañadoiro, Oribio e do Piornal, asociadas a bandas de cuarcita ou areísca. Enocasións fosilizan derrubios estratificados ou coladas de xelifluxión. A potencia doscortes do solo pode chegar a acadar ata os 4 m, estando compostos por bloquesheterométricos que chegan ata os 0,5-1 m no eixo maior, o que indica un predominioda macroxelifracción. Bos exemplos témolos no Alto do Poio, en VilaverdeBusnullán, fronte o Alto de Padornelo, ou na marxe dereita da baixada de Biduedoa Lamas, antes de chegar a Triacastela.

• Os derrubios estratificadose materiais de deslizamento, abun-dantes nas áreas de xistos, filitas oupelitas, nos sectores de forte pendente.O seu aspecto é o dunha sucesión decapas alternantes de material, con pre-dominio de clastos pequenos, non su-periores a 10 cm no eixo maior,englobados nunha matriz fina limo-arxilosa, que fala dun predominio damicroxelifracción, asociado a veces amaterial de orixe feble ou a áreas in-tensamente diaclasadas (nova estradaPedrafita-Samos). Foto 21.- Movementos de ladeira en xistos no val de

Samos

• As coladas de xelifluxión, máis frecuentes nos bordos das concassedimentarias e nas áreas onde as rochas sofriron unha intensa meteorización.Caracterízanse pola presencia de cantos angulosos, heterométricos, de tamañovariable ata 1 m no eixo maior, englobados dentro dunha matriz limo-arxilosa, senestratificación clara. Non son anormais os cambios laterais de facies pasando dunpredominio de material fino a outro no que imperan os clastos de tamaño medianoou groso. Cortes representativos aparecen no bloque oriental do Camiño, na subidaa San Xil, na baixada a Sarria, no tramo entre Gonzar e Palas de Rei ou preto deSantiago, na área de Labacolla.A dinámica postglacial

Dende hai nove ou dez mil anos, momento en que as condicións climáticas sefixeron máis quentes, ata o momento actual, as vertentes seguiron a se transfor-mar. A parte da citada incisión dos regos de auga, non debe esquencerse que dendea instalación dos diferentes grupos sociais en Galicia apareceu unha nova variable

Nº 38 (Xuño 1999) 23

que xogou e xoga un papel fundamental na evolución das paisaxes. Na actualidadehai unha serie de procesos naturais que seguen a funcionar como por exemplo asdesprendementos que se producen con relativa frecuencia en paredes escarpadasonde practicamente non existe unha formación vexetal que free a rocha, comoocorre nas ladeiras cuarcíticas máis empinadas da serra do Oribio ou do Rañadoiro.Outro feito relativamente frecuente son os deslizamentos, ou sexa movementos enmasa que afecta a rochas duras e a materiais de alteración sen consolidar. Nasvertentes cunha potente capa de rocha alterada, así como nas que se depositaronsedimentos (por exemplo, de orixe periglaciar), ou naquelas modeladas sobre demateriais arxilosos, son frecuentes os fenómenos de reptación, fenómeno este moilento, en oposición á rapidez dos deslizamentos e desprendementos. Todos estesprocesos son numerosos nas serras e naquelas áreas do Camiño nas que se abrironnovas estradas, tanto no sector Pedrafita-Samos como no de Arzúa-Santiago.

Por outra parte moitas das vertentes do Camiño están a sofrir o efecto dasaugas superficiais que en moitas delas xera unha forte erosión cando se destruíu acuberta vexetal. A queima continuada dos montes favoreceu a posta en marchados procesos de arroiada (fot. 6). As medidas no campo ou a confrontación defotografías aéreas ou horizontais, con intervalos de varios anos, amosan as profun-das transformacións producidas en moitos lugares, fundamentalmente na área orientaldo Camiño e no val do Miño, onde se combinan varios factores inductores da ero-sión: unha topografía con fortes pendentes; a intensa fragmentación e alteracióndos materiais tanto nos granitos como nos xistos ou nas pizarras; ocasionalmente, aescasa cuberta vexetal; e a maior cantidade de chuvia e a súa torrenciabilidade nastormentas do verán. Ultimamente, a causa do descenso dos incendios forestais haiunha recuperación do bosque, ó mesmo tempo, unha estabilización das ladeiras;sen embargo, a apertura de pistas e estradas desencadea procesos erosivos nostaludes.

4. BIOCLIMATOLOXÍA E VEXETACIÓN

A complicada hidrografía galega é froito tanto da compartimentación do re-levo como das condicións climáticas, caracterizadas por abundantes precipitacións,o que orixina unha rede fluvial moi densa, aínda que a mesma compartimentaciónfai que proliferen as concas que, salvo a do Miño, son de curto percorrido, circulan-do en dirección NE-SW, entre as Serras Orientais, Septentrionais e a Dorsal Galega,e acada os 300 km de lonxitude. Podemos distinguir dous tipos de réximes para osríos galegos:

ªRéxime pluvio-nival: estes ríos teñen a súa cabeceira nas serras orientais,onde se concentran o maior número de precipitacións en forma de neve, o queorixina dous máximos, un no outono-inverno, máis marcado, relacionado co máxi-

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias24

mo de precipitacións líquidas, e outro na primavera, menos nidio, que ten a súa orixenas augas do desxeo.

ª Réxime pluvial: son ríos que algúns chaman “costeiros”, por nacer nasserras septentrionais e na Dorsal Galega, de réxime pluvial clásico, co máximo enoutono e inverno e mínimo no verán.

No tocante á paisaxe vexetal, o tramo galego do Camiño Francés atópaseintegramente dentro da rexión florística Eurosiberiana, sen que isto supoña auniformidade total. En xeral, amosa unha flora máis montana e de tipo cantábricocanto máis ó leste e máis colino, e máis de tipo atlántico cara ó oeste.

O contacto entre a provincia Atlántica da rexión Medioeuropea e a rexiónMediterránea dáse só en casos puntuais no trazado do Camiño, manifestándose enforma de contados rodais de enciñas (Quercus ilex subs. ballota) localizados enemprazamentos calizos soleados, como os existentes nos arredores de Hospital.Estes restos de vexetación mediterránea interprétanse como testemuñas de épo-cas climáticas máis favorables para o seu desenvolvemento. Por outra banda, aacción antrópica diminuíu as superficies ocupadas por masas arborizadas autóctonas,hoxe escasas, ó igual que no resto de Galicia. Ademais, o estado de conservacióndo bosque autóctono é bastante precario, sendo obxecto de cortas, rozas, queimase outros tratamentos silvopastorais de rendemento discutible, así como a aperturade pistas e camiños forestais, caso do faiedo de Liñares.

Segundo as cualidades bioindicadoras das distintas especies podemos situa-losbosques de faias nas elevacións montañosas máis orientais do Camiño constituíndose,xunto cos do Courel e os da cabeceira do río Eo, no límite occidental da súa distri-bución. Nas serras que atopamos a medida que baixamos cara a Triacastela, comoé o caso da Serra do Rañadoiro, Montes de Lóuzara ou a Serra do Oribio, funda-mentalmente en orientación norte, aparece o dominio da carba (Quercus petraea),mentres que nas orientacións de solaina e nos vales entre os 1200 m e os 600-700 m pódese considera-lo dominio do cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica).O resto do territorio debería estar ocupado polo carballo (Quercus robur), aíndaque se deben ter en conta as características florísticas diferenciais do val do Miñoasí como na riberia de Portomarín causadas pola penetración da influencia térmicae atlántica. Nas ribeiras dos ríos da montaña luguesa aparecen formacións arbóreas,formacións moi influenciadas pola acción humana nas que destacan o ameneiro(Alnus glutinosa) e o chopo (Populus nigra), que pola súa cativa extensión, nonse representan cartograficamente.

Seguindo a distribución corolóxica para Galicia (Izco, 1987), no tramo doCamiño do presente itinerario, pódense distinguir nidiamente as seguintes formaciónsvexetais desde os 1330 m de altitude do Cebreiro ata os 500 m do val de Samos áaltura do Mosteiro.

Nº 38 (Xuño 1999) 25

wBiduídos altimontanos orocantábricos (Luzulo cantabricae-Betuletumpubescentis). Habita por enriba dos 1.150 m, como remate da secuencia altitudinaldas formacións boscosas (abeledos, ameneirais e carballeiras) (fots. 7, 13). O bidoé unha árbore moi plástica, atopándose na maior parte do territorio galego incluíndoestas alturas da Galicia oriental, nas que despraza a outras formacións boscosascomo faiais en franco retroceso. wReboleiras ancarenses (Linario triornithophorae-Quercetum pyrenaicae).Esta formación correspóndese a comunidades climácicas de tipo montanoorocantábrico fundamentalmente en altitudes de 600 a 1.100 m (fots. 3, 7), domina-das polo rebolo ou cerquiño (Quercus pyrenaica), aunque pode atoparse carballoscon maior ou menor frecuencia. O cerquiño prefire lugares de pendente pequenaou media, buscando cara ó norte (Cervantes) as solainas e cara ó sur (Courel) asumbrías. Aséntase sobre solos de espesor variable dende ranker a terras pardasoligotrofas con pH entre 5 e 5,7, menos acedas cas das carballeiras, faiais ou biduídos.No estrato herbáceo destacan as especies carácter eurosiberiano Daboeciacantabrica e a endémica desta zona Lithodora diffusa. wCarballeiras montanas (Vaccinio myrtilli-Quercetum roboris). Trátrasedunha comunidade típica de lugares cunha maior continentalidade e ás veces coninfluencia do clima mediterráneo, sobre substratos preferentemente a base de gra-nitos e xistos. O humus do solo non é moi evolucionados, e, a pesar da elevadaprecipitación, nótase a influencia mediterránea, existindo un período de seca estivaduns dous meses. Topográficamente sitúase en laediras de pendente variable, enaltitudes que van desde os 700 ó 1.300 m. Regularmente son masas abertas nasque aínda se pode ve-lo cerquiño a causa dos contrastes do clima montano e ádureza invernal.

Foto 23.- Solo de tipo cambisol húmico contres horizontes ben desenvolvidos debaixodunha carballeira montana na costa de San Xil

Foto 24.-Xéneros característicos do val polo que ascende a costa de San Xil:Umbilicus, con especies rupícolas como o fieito, Asplenium trichomanes, e olique.

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias26

Foto 25.- Vaccinium myrtillus, especie característica decarballeira montana, preto do alto de Riocabo

Foto 24.- Xéneros frecuentes na flora da zona:Umbilicus, Asplenium, Geranium

O sistema agroforestal non ten nada que ver co do piso colino, non sendofrecuentes os cultivos forestais de piñeiros e eucaliptos así como os cultivos anuais(millo, pataca, grelo). En estados avanzados de degradación, ocasionados poloslumes frecuentes e á extensión progresiva das praderías e pastoreo, desembocanfrecuentemente en piornais.

wCarballeiras colinas (Rusco aculeati-Quercetum roboris). Teñen o seulímite altitudinal sobre os 700 nas áreas meridionais e sobre os 550-600 nasseptentrionais, quedan en ámbolos dous casos por debaixo da asociación anterior,da que se diferencia fundamentalmente pola presencia constante de loureiro (Laurusnobilis) no estrato arbóreo, e de xilbarbeira (Ruscus aculeatus) e noz negra (Tamuscommunis). Desenvólvese sobre rochas diversas como granitos, lousas, xistos egneises, nas que se formen solos de tipo cambisol máis ou menos evolucionadospero nunca podsolizados, con humus abundante e acedume baixa, (pH 4,5-5,5). w Bosques riparios. No piso colino do sector Galaico-Portugués, ó quepertence gran parte do Camiño no tramo do itinerario, o curso dos ríos adivíñasefacilmente pola presencia serpentente de bosques mixtos nos que son frecuentesespecies como o ameneiro (Alnus glutinosa), bido (Betula pubescens), salgueirocincento (Salix atrocinerea) e sanguiño (Frangula alnus) no estrato arbustivo, eSenecio nemorensis, Osmunda regalis e Carex broteriana no herbáceo.

Ademais das formacións citadas, no traxecto poden observarse pequenosrodais de enciñas (Quercus ilex) sobre caliza nos arredores de Hospital. Asimesmo

Nº 38 (Xuño 1999) 27

e só a máis de 1.000 m de altura na baixada a Triacastela, vense en orientaciónnorde masas de carbas (Quercus petraea) alternando cos cerquiños orientados ásolaina.

Foto 26.- Laurus nobilis, especiediferencial de carballeira colina, xana baixada ó val de Samos.

Foto 27.- Avelaira (Corylusavellana)

Foto 28.- Estripo albar en flor(Crataegus monogyna) , especietermófila, propia dunha carballeiracolina.

Foto 29.- Val de Samor, co río Oribio bordeado por unbosque galería a base de choupos, bidos e ameneiros.

Foto 30.- Monte baixo de uces e toxos en fase desubstitución do biduído no alto de San Xil.

wMatos. Nos pisos colino e montano inferior dos sectores Galaico-Asturianoe Galaico-Portugués, dentro do mundo eurosiberiano, domina unha gran asociación(Ulici europaei-Ericetum cinereae), formando o monte baixo que coroa por enribados 1.00-1.100 m as formacións arbóreas constituídos nas zonas máis altas polosbiduídos e a alturas algo menores polas reboleiras. A presencia destes comunida-des heliófilas débese xeralmente á actuación antrópica como talas de árbores, in-cendios, pastoreo abusivo, rozas, podas excesivas, etc., chegando a ocupar a terceiraparte do territorio galego (aproximadamente 1.000.000 ha). A paisaxe de cores

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias28

moradas das uces (Erica sp.) e amarelas dos toxos (Ulex sp.) sorprende pola súabeleza e riqueza en especies.

5. EVOLUCIÓN POBOACIONAL E ORGANIZACIÓN AGRARIA

A importancia da cultura dos megalitos, situada a finais do Neolítico, fálanosdun fenómeno estendido pola práctica totalidade de Galicia, onde os dolmens reci-ben nomes variados como: antas, mámoas, arcas, arquetas, medorras,… Por outrabanda, os túmulos chámanse mámoas, medoñas ou medorras. As distintas estruc-turas dos castros levou a pensar que non todos tiveron unha habitación permanente,adicándose a lugar de habitación os máis grandes e complexos na súa estructurainterna, e os máis pequenos a unha función de vixilancia ou refuxio. Para moitosinvestigadores na poboación galega actual perviven aínda certos elementos tribaisligados á cultura castrexa e á dinámica das formas de poboamento, establecendounha relación estreita coas parroquias. Neste senso a romanización non suporíaunha ruptura co modelo de poboamento xa implantado. Con respecto ó territorio doCamiño, na actualidade a maior densidade de poboación relaciónase coas áreasaltitudinalmente máis baixas, como por exemplo a depresión de Sarria. Analizandoas pirámides do presente século, compróbase un considerable envellecemento dapoboación, salvo nos casos de Sarria e Santiago de Compostela que presentan unhadinámica contraria. Facendo unha análise das cifras vese que os concellos luguesesda montaña, Pedrafita, Triacastela e incluso Samos, están moi pouco poboados,sendo os máis baixos do Camiño xunto cos de Paradela e Portomarín. Ó contrario,o núcleo urbano de Sarria representa a metade do total do concello. DendeMonterroso e Palas constátase un considerable incremento dos totais de poboacióno que poderiamos relacionar co feito de que, máis alá de Palas, temos un poboamentodisperso, que implicitamente denota un aumento da poboación, e un maior númerode núcleos con funcións urbanas: Palas, Melide, Arzúa e o mesmo Santiago. Á súavez, é reflexo dos fluxos de emigración entre os concellos, modificando a propiadinámica natural e potenciando o crecemento duns con respecto ós outros: Melidee Santiago acumulan o maior crecemento vexetativo e real, mentres que en Pedrafitae Palas de Rei dáse un crecemento vexetativo negativo xunto cos valores reaismáis baixos.

No tocante ás diferentes formas de organización agraria no Camiño, obsérvaseunha convivencia entre as estructuras vellas e as novas. En Galicia téñense defini-do catro grandes categorías: terras a “agras”, terras a terrazas ou terraciñas, cam-pos pechados, e grandes campos abertos. No contorno do Camiño, só atopamos asAgras e as Terrazas ou Terraciñas, orixinadas estas últimas pola destrucción dasAgras.

Nº 38 (Xuño 1999) 29

Os terreos a Agras están formados pola sucesión de conxuntos de camposcultivados provistos de peches xerais e divididos interiormente en parcelas abertas;cada aldea dispón de alomenos dúas “Agras”, e 6 ou 8 como máximo, excepcional-mente superando a ducia. Reciben diversos nomes segundo o lugar: agra, veiga,agro, barbeito, praza, chousa ou estivo,… É a forma de organización agraria máisextendida en Galicia e, polo tanto, do Camiño. A orixe das Agras podería estar nasestructuras agrarias detectadas ó redor dos castros, que poideran prefigurar estetipo de organización do espacio agrario. Menos antiga que a forma de campospechados, a forma de “Agra” progresaría, de sur a norte.

Ó longo da historia recente o espacio agrario ten sofrido o impacto de nume-rosas influencias. As formas agrarias comunais que xustificaban as agras teñenmudado a outras máis individualistas, o que levou á destrucción das parcelas dasagras. A adicación destas novas estructuras e a conseguinte aparición de “cortiñas”(espacios divididos por medio de aramados, sucalcos, muros,…) transformaron in-tensamente a paisaxe agraria. Apareceron as lindes, xeralmente empregando opeche con chantos de xistos aínda que tamén de materiais graníticos tallados, queforman as ringleiras características. Estas cortiñas diferéncianse das “hortas” enque estas últimas son os pequenos espacios situados preto da casa, nos que secultivan as berzas, allos, cebolas, frutais, chícharos, tomates, leitugas… Pola súabanda, as cortiñas, adicadas a este mesmo tipo de cultivos, sitúanse nas parcelasinteriores das agras, son moito máis extensas, e caracterízanse como as hortas poloseu cultivo intensivo.

6. BIBLIOGRAFÍA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA:Deseño curricular base de Ciencias Naturais da Educación Secunda-ria Obrigatoria . Consellería de Educación e Ordenación Universitaria daXunta de Galicia, 1992.

DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO: Elcamino de Santiago en bicicleta. Consellería de Cultura da Xunta de Galicia,1995. Os gráficos das páxinas 2 e 3 do texto tomáronse esta publicación.

DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO:Monasterios benedictinos de Galicia . Consellería de Cultura da Xunta deGalicia, 1994.

FARIÑA REBOREDO, P. et al: Rutas y ciudades de Galicia y Caminos deSantiago. Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e La Voz de Galicia, S.A., 1995.

GUITIÁN OJEA, F.: Atlas Geoquímico de Galicia. Consellería de Industria eComercio da Xunta de Galicia, 1992.

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias30

IZCO, J.: La vegetación de España (Galicia). Editores: M. Peinado e S. RivasMartínez, e a Secretaría General e Servicio de Publicaciones da Universidadede Alcalá de Henares, 1987.

JIMÉNEZ ALEIXANDRE, M. PILAR, F. M. LORENZO BARRAL e L. OTE-RO GUTIÉRREZ: Propuesta de secuencia en Ciencias da la Naturale-za. Ministerio de Educación y Ciencia y Editorial Escuela Española, 1993.

LA VOZ DE GALICIA: El Camino de Santiago. Subvencionado pola Conselleríade Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno da Xunta de Galicia, 1993.

LAREDO VERDEJO, X. L.: Lugo. Terra de Lemos. Os Ancares. O Courel. Dacolección Galicia enteira, vol. 10. Edicións Xerais de Galicia, S. A., 1987.

VALCÁRCEL DÍAZ, M., M. RODRÍGUEZ GUITIÁN, A. MARTÍNEZCORTIZAS e A. PÉREZ ALBERT: As paisaxes do Camiño Francés enGalicia. Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno daXunta de Galicia, 1993. As figuras 1-4 tomáronse desta obra.

7. OBXECTIVO XERAL

O obxectivo central da actividade é emprega-lo Camiño de Santiago comoitinerario natural, ecolóxico e de fomento da valoración e conservación do medio,asemade de achegamento e respecto polos costumes e tradicións da cultura galega.Enmárcase así de cheo nos contidos da Educación Ambiental que deben impregnarnon só a área de Ciencias da Natureza senón tamén a tódalas outras áreas dosistema educativo.Obxectivos Específicos da Área Ciencias da Natureza

Na táboa 1 represéntanse as capacidades a desenvolver en relación a cadaobxectivo a conseguir do currículo da área da natureza, no segundo ciclo da E.S.O.

vComprender e expresar mensaxes científicos en expresión oral eescrita, así como sistemas de notación e representación específicos,especialmente os relacionados coa área da natureza. w Realización de gráficas que expresen relacións máis complexas.

Ex.: enerxía das ondas sísmicas en relación á distancia ó epicentro;profundidade na codia terrestre e aumento da temperatura (gradientexeotérmico).

w Interpretación de gráficas máis complicadas. Ex.: pirámides depoboación, relacións entre datos de poboación, economía ou decalquera outro tipo e o tempo.

w Uso de nomenclatura científica. w Interpretación de información simbolizada. Ex.: mapas diversos, es-

pecialmente topográficos e xeolóxicos.

Nº 38 (Xuño 1999) 31

vEmprega-los conceptos básicos das Ciencias da Natureza paraelaborar interpretacións científicas dos principais fenómenos naturais,así como valorar algunhas aplicacións tecnolóxicas de especial rele-vancia.

w Explicacións por medio de modelos máis formais, que implican relaciónsindirectas coa realidade. Ex.: interpretación dos procesos xeolóxicosinternos por medio de teorías globais como a Tectónica de Placas.

w Comprender ideas básicas de interacción e cambio, fronte ás de materiae enerxía de niveis anteriores.

w Valora-las aplicacións tecnolóxicas no contexto social. Ex.: termóme-tros, altímetros, goniómetros, dinamómetros, aparatos todos eles impor-tantes no cálculo climatolóxico.

vAplicar estratexias persoais, coherentes cos procedementosda Ciencia na resolución de problemas: identificación do problema,formulación de hipóteses, planificación e realización de actividadespara contrastalas, sistematización e análise dos resultados e comuni-cación dos mesmos.

w Formular hipóteses para explicar unha situación ou resolver un proble-ma. Ex.: ¿como podería formarse un borde continental activo na costagalega? ¿que consecuencias tería isto para o noso territorio e para onoso modo de vida?

w Deseño máis completo de experiencias para a investigación dun proble-ma planteado, deducción de consecuencias, suxerencia de problemas.Ex.: ¿cal sería o sitio ideal para a construcción dun vertedoiro nunhazona montañosa como a comprendida entre o Cebreiro e Sarria? ¿Quedatos habería que aportar para dar coa solución máis idónea? Outroexemplo pode se-la investigación do emprazamento correcto da presadun encoro, tratando de evita-los problemas medioambientais que nor-malmente leva consigo tal actuación.vParticipar en la planificación e realización en equipo de activi-

dades científicas, valorando as aportacións propias e alleas.

w Asunción de papeis axeitados ás súas capacidades. Ex.: Formar equiposde traballo no que cada compoñente especializarase en tarefas especí-ficas, como por exemplo, manipulacións informáticas (base de datos efolla de cálculo, busca en internet,…), voceiro, secretario, busca demateriais, etc.

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias32

vElaborar criterios persoais e razoados sobre cuestións cientí-ficas e tecnolóxicas actuais mediante o contraste e avaliación deinformacións obtidas de distintas fontes.w Resumir informacións procedentes de diversas fontes, incluídas fontes

gráficas como por exemplo os mapas. Aprender a citar de forma ordeadaas fontes informativas empregadas.

w Discriminar entre información científica ben constrastada e a de divul-gación.vUtiliza-los seus coñecementos sobre o funcionamento do corpo

humano para desenvolver e afianzar hábitos de coidado e saúde cor-poral.w  Aproveita-lo exercicio propiciado pola excursión para desenvolver acti-

tudes cara a unha mellora nos hábitos alimenticios, especialmente antesituacións de esforzo físico.

w Estudiar conceptos como o mal da altura que poden sufri-los alpinistas.Valora-los cambios corporais, especialmente en relación coa presiónatmosférica e a concentración de osíxeno, que se producen coa altura.

w Valora-la importancia dos hábitos alimenticios dunha rexión, que nor-malmente teñen relación cos productos agrícolas propios dela, e que enocasión poden ocasionar disfuncións ou enfermidades. Ex.: o bocio naGalicia interior.v  Utiliza-los seus coñecementos sobre os elementos físicos e se-

res vivos para disfrutar do medio natural, así como propor, valorar e,se fose posible, participar en iniciativas encamiñadas a conservalo emelloralo.w Valora-la temporalidade de moitos procesos naturais ou provocados pola

actividade humana (acidificación e destrucción dos solos pola acciónhumana (cascallos de minas, ríos contaminados con metais pesados…),eutrofización das augas por refugallos de actividades agrícolas ouindustriais, destrucción de solos despois de incendios reiterados, altera-ción da composición atmosférica, sucesións ecolóxicas nos ecosistemasó longo do tempo (sustitución dos bosques por monte baixo e ó contra-rio).

w Comprende-la complexidade das problemáticas ambientais, relaciona-das con múltiples factores e variables.

w Busca dunha visión integradora que permita diferencia-las diferentesunidades paisaxísticas así como explica-la súa sucesión dependendo devariables como a altura ou/e a situación xeográfica.

Nº 38 (Xuño 1999) 33

v  Elaborar criterios persoais razoados sobre temas ambientais,e adoptar iniciativas para favorece-la conservación e mellora do medionatural.

vRecoñecer e valora-las aportacións da Ciencia para a melloradas condicións de vida dos seres humanos, aprecia-la importancia daformación científica, utilizar nas actividades cotiás os valores e actitu-des propios do pensamento científico, e adoptar unha actitude crítica efundamentada ante os grandes problemas que hoxe plantean as rela-cionadas entre Ciencia e sociedade.

vValora-lo coñecemento científico como un proceso de construc-ción ligado ás características e necesidades da sociedade en cada mo-mento histórico e sometido a evolución e revisión continuada.

Táboa 1

8. CONTIDOS RELACIONADOS CON OUTRAS ÁREAS

Área de Lingua

A linguaxe oral e escrita é o instrumento básica da expresión humana, poloque as destrezas adquiridas en calquera área lingüística favorecen notablemente acomprensión e comunicación das ideas científicas. Nesta actividade pode poten-ciarse tal relación co estudio das imnumerables toponimias de termos galegos perocon orixe celta (ex.: o nome do lugar de Biduedo é un topónimo que fai referenciaa palabra celta “betu” que significa árbore, sendo os bidos moi abundantes en todaEuropa), romano, grego, suevo (Samos ven de “Sámanos”, que significa lugarrecollido), árabe (non hai máis que observar termos como Calvor, Reiriz, etc.) oucastelán antigo.Área de Educación Plástica

A paisaxe observable na saída é unha das máis fermosas de Galicia, podendoservir de marco de referencia para todo tipo de procedementos como estudio dediferentes perspectivas na primeira parte do traxecto, e tonalidades de cores nasegunda parte, xa no val de Samos. Nalgún tramo a sucesión das cores pode indica-latransición dunha asociación vexetal a outra.

Área de Matemáticas

Esta área está presente en moitas actividades a realizar, como os estudiostopográficos nos que se analizan proporcións, escalas e quivalencias terreo-mapa,conceptos de trigonometría no estudio de pendentes e alturas topográficas, relaciónsde variables nos fórmulas das diferentes formas de enerxía citadas, parámetrosestadísticos para a comprensión táboas de datos, curvas de poboación, etc.

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias34

Área de Ciencias Sociais e Tecnoloxía

Ademais dos contidos máis propios desta área, como a historia e evoluciónsocioeconómica da zona, esta actividade é un importante medio para traballar contidosprocedimentais como:

• Destreza na interpretación e análise de mapas.• Tratamento crítico das diferentes fontes de información.• Interrelación entre a evolución da Ciencia e a Tecnoloxía e o devenir

socio-económico da comarca.

CADERNO PARA O ALUMNO

PRIMEIRA ACTIVIDADE (previa á excursión)

Constrúe o perfil topográfico entre O Cebreiro e Sarria, sinalando alomenos15 puntos intermedios.

Recoñece no mapa topográfico as formas do relevo máis representativas nocontorno do Camiño (depresións, vales, liñas de cumes, liñas divisorias de augas,portos de montaña, ombreiras, aristas,…).

SEGUNDA ACTIVIDADE (no propio terreo)

¿Cales son as especies químicas máis contaminantes so solo e nas augas deconsumo?

¿Cales son os oligoelementos fundamentais na vida das plantas dos animais?¿Cal deles se considera “o rei” na dieta humana, e por que?

¿En que zonas de Galicia está máis estendido o mal do bocio? ¿A que sedebe esta enfermidade?TERCEIRA ACTIVIDADE (no propio terreo)

Dende os sitios máis altos do tramo a percorrer (O Cebreiro e Alto de Poio),sitúa na panorámica e coa axuda do compás as principais serras e formas do relevoobservables.CUARTA ACTIVIDADE (no propio terreo)

Dende as zonas máis baixas (Triacastela e Samos) delimita a conca visualobservable, sinalando algún elemento distorsionador na paisaxe.

QUINTA ACTIVIDADE (posterior á excursión)

Recolle información sobre as posibles causas das series sísmicas dos últimosanos que teñen a súa localización na zona de Triacastela-Sarria.

Nº 38 (Xuño 1999) 35

A presa de Belesar é a de maior capacidade volumétrica (640 Hm3) enGalicia pero a cuarta no que se refire á potencia instalada con 225 Mw. Calcula asuperficie do encoro de Belesar empregando un mapa topográfico da rexión. Codato anterior e co volume máximo represado, calcula a súa profundidade media.SEXTA ACTIVIDADE (posterior á excursión)

Hoxe en día, as centrais hidráulicas e térmicas (convencionais e nucleares)son as únicas instalacións industriais de gran potencia para xerar electricidade.¿Que vantaxes e desvantaxes presentan as hidráulicas con respecto ás térmicas?

Un dos conceptos máis importantes que a ciencia aportou á sociedade é “aenerxía”. Esta é necesaria para falar de industria, progreso, ciencia, natureza, polí-tica e incluso de economía doméstica. En Portomarín atopamo-lo encoro de Belesarque almacena enerxía, doutro xeito diferente a como as pilas ou baterías almace-nan enerxía química, transformándose en ámbolos dous casos en enerxía eléctrica.

     • ¿Que tipo de enerxía se almacena nunha central hidroeléctrica?     • ¿Como se transporta esa enerxía eléctrica ós consumidores?     • ¿Podería mellorarse o transporte da enerxía eléctrica? ¿Este transporte

afecta ó medio natural?     • ¿Estas de acordo coa afirmación: “a enerxía hidroeléctrica non contami-

na”? Razoa a túa resposta.     • ¿Cal é a enerxía que produce ó ano este central? Supoñendo que a

enerxía solar que capta o planeta é de 4 Kwh/m2, que superficie é necesaria ó anopara recibi-la mesma enerxía que produce Belesar?

Se cada español consume de media 100.000 Kj/día, ¿a cantas persoas sumi-nistra enerxía o encoro?

SETIMA ACTIVIDADE (posterior á excursión)

Identifica as liñas de enerxía antigas e ségueas ata descubri-las presas desaépoca adicadas á producción de electricidade. ¿Que utilidade pode desprendersedesta investigación? ¿Porías algún tipo de freo á utilización sen control desta infor-mación?OITAVA ACTIVIDADE (posterior á excursión)

Sitúa unha folla de papel cebola de tamaño A4 sobre unha porción do Camiñoe debuxa as áreas ocupadas polos diferentes usos agrarios (labor, monte alto, mon-te baixo, pastos). Despois coloca o papel cebola sobre papel milimetrado e calculaa porcentaxe de superficie adicada a cada tipo de actividade. ¿Podes extraer algunhaconclusión dos resultados?

Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias36

RESUMO

Un posible programa para a saída, entre as moitas opcións posibles, é oseguinte.

– Día primeiro:     - Saída do Instituto ás 9,00 horas.     - Chegada ó Cebreiro, ás 12,00 horas.     - Despois da visita ó Santuario e pallozas restauradas, primeiro tramo do

camiño en Galicia (O Cebreiro-Triacastela), cun percorrido de 22 km.     - Visita ó contorno de Triacastela e ós seus arredores no atardecer.– Día segundo:     - Segundo tramo (Triacastela-Samos-Sarria), cun percorrido de 21 km,

saíndo ás 9,00 horas.     - Visita ó mosteiro de Samos e ó seu contorno, ás 13,00 horas.     - Percorrido ata Sarria e visita desta vila. A noite pode facerse en tres dos

albergues máis cercanos: o anterior a Sarria, no pobo de Calvor, para osmáis cansados; e os dous posteriores, en Barbadelo e en Ferreiros.

– Día terceiro: neste día diversifícase a actuación segundo dous grupos. Omáis adiantado, formado polos que fixeron noite en Barbadelo e Ferreiros,chega ata o encoro de Belesar do río Miño á altura de Portomarín, a 21km de Sarria, visitando este pobo. O segundo grupo que quedara enCalvor chega ata Sarria, adicando parte do día á visita desta vila. Ás17,00 horas da tarde, o autocar parte de Sarria para recoller ó grupo dePortomarín, voltando xuntos cara a Compostela.

Nº 38 (Xuño 1999) 37Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias38

Nº 38 (Xuño 1999) 39Experiencias Didácticas

Boletín das Ciencias40