17
Número: 39 - Ano: V- Febreiro 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] O BNG pide a amplia- ción dos horarios da ITV de Xinzo BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de MARZO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 COMARCA Páx.6 COMARCA Páx.7 COMARCA Páx.6 XINZO Páx.7 Traballo ve infracción na paralización do forno da vidrieira Chegou o Entroido [páx 8 Especial Inorde e páx.10-11] PSOE denuncia que a Xunta apraza o plan de xestión da ZEPA Respaldo unánime do Parlamento para facer fronte á crise da pataca

Febreiro 2010 - BXV

Embed Size (px)

DESCRIPTION

PSOE denuncia que a Xunta apraza o plan de xestión da ZEPA Respaldo unánime do Parlamento para facer fronte á crise da pataca BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de MARZO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] [páx 8 Especial Inorde e páx.10-11] Número: 39 - Ano: V- Febreiro 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

Citation preview

Page 1: Febreiro 2010 - BXV

Número: 39 - Ano: V- Febreiro 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

O BNG pide a amplia-ción dos horarios da ITV de Xinzo

BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de MARZO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

COMARCA Páx.6 COMARCA Páx.7COMARCA Páx.6 XINZO Páx.7

Traballo ve infracción na paralización do forno da vidrieira

Chegou o Entroido [páx 8 Especial Inorde e páx.10-11]

PSOE denuncia que a Xunta apraza o plan de xestión da ZEPA

Respaldo unánime do Parlamento para facer fronte á crise da pataca

Page 2: Febreiro 2010 - BXV

2 BARRIOSFebreiro de 2010

4A Eurocidade, presente en “Sa-bores e Saberes”

A Eurocidade Chaves-Verín participou, por ter-ceiro ano consecutivo, na mostra ‘Sabores e Saberes’, celebrada os días 29, 30 e 31 de xaneiro en Chaves.

O obxectivo desta par-ticipación foi presentar aos visitantes información sobre este proxecto de co-operación entre os dous municipios fronteirizos. O stand contou cunha ex-posición de artesanía e gastronomía da comarca de Verín-Monterrei, para dar a coñecer as principais tradicións desta zona, así como coa figura do ‘ci-garrón’, a personaxe máis emblemática do Entroido de Verín.

4Plan provincial de obras

A corporación de Verín acordou por unanimida-de no pleno de xaneiro as obras que se presentan ao Plan Provincial de Coope-ración ás Obras e Servizos Municipais en 2010.

Son a mellora da rede de abastecemento na es-trada de Vences, cun im-porte de 42.367 euros, e, no Plan Adicional, a obra de renovación de infraes-truturas nas rúas Marbana, Eduardo Ponda e Silvio Santiago, por un importe de 72.000 euros.

Tamén se aprobou o proxecto de implantación dun software denominado “Xestión electrónica dun catálogo de procedemen-tos básicos’. Neste punto o voceiro do PSOE solicitou que se estude a posibili-dade de solicitar permisos para ocupar a vía pública e o pago de multas a través deste sistema.

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

Redacción

O Consello da Xunta aprobou a modificación puntual do plan sectorial do parque empresarial de Pazos, en Verín, así como os seus proxectos secto-rial e de obras públicas. Este paso dá cumprimento ao compromiso anunciado polo conselleiro de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, nunha recente visita a Verín.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas investirá máis de 9,3 millóns de euros na ampliación do polígono industrial de Pazos, cuxo obxecto fundamental é o desprazamento de parte da superficie do leste do parque cara ao oeste, re-ducindo a afección ao río Támega, pertencente á Rede Natura 2000.

A aprobación definitiva da modificación puntual leva emparellada a decla-ración de utilidade pública e interese social da execu-ción do proxecto sectorial así como a modificación do planeamento urbanísti-co municipal.

Ampliación de infraes-truturas

As obras de urbaniza-ción do parque engadirán 152.088 metros cadrados á actual superficie desta infraestrutura industrial, dos cales máis de 100.000 corresponden a superficie lucrativa.

O departamento que di-rixe Agustín Hernández

A Xunta inviste máis de 9,3 millóns na ampliación do polígono de Pazos4 Medio Ambiente anuncia que as expropiacións levaranse a cabo neste semestre e que as obras se licitarán despois do verán.

prevé un cronograma de actuación que contempla a tramitación do proceso expropiatorio e as actas de pagamento e ocupación e rexistro de terreos ao lon-go do primeiro semestre do presente ano. Durante o terceiro trimestre, é dicir, despois do verán, licitaran-se as obras de urbanización e daráselles inicio.

Con este proxecto, a Xunta de Galicia cumpre o seu compromiso co alcalde e cos empresarios da zona, tentando impulsar os inves-timentos en solo industrial, elemento de que Verín ca-rece. Neste senso, cómpre sinalar a relevancia desta infraestrutura, xa que se si-túa preto do norte de Portu-gal, motivo polo que servirá para potenciar as empresas de toda a comarca de Verín e captar investimentos tras-pasando a fronteira.

Esta área queda enca-drada do seguinte xeito: ao norte, a estrada N-525 que

conecta Verín; ao leste, o río Támega e a N-532, que une Verín e a autovía das Rías Baixas; ao sur, o río Búbal e a autovía das Rías Baixas; ao oeste, termo municipal de Monterrei, concretamente o núcleo de Vilaza.

O Goberno galego con-sidera prioritaria esta ac-tuación, posto que o des-envolvemento económico desta comarca ourensá de-pende da actividade que o polígono xera. Así, Medio Ambiente está a traballar para axilizar estas infraes-truturas.

Visita a VerínNo referente ao polígono

de Tamagos, o conselleiro de Medio Ambiente infor-mara na súa recente visita a

Verín que o futuro polígono empresarial está en fase de información pública do im-pacto ambiental da totali-dad do polígono. O segundo parque empresarial de Verín contará con máis de 1’2 mi-llóns de metros cadrados de solo industrial, nos que será preciso investir 43 millóns de euros. Polo momento, a Xunta está a desenvolver a primeira fase, de 200.000 metros cadrados.

Ambos os dous polígo-nos empresariais son, para a Xunta, de gran importancia estratéxica, xa que se ato-pan ubicados moi preto do norte de Portugal, polo que servirán para dar un gran-de impulso ás empresas de toda a comarca de Verín e para captar investimentos máis aló da fronteira.

O conselleiro de Medio Ambiente, entre o delegado da Xunta en Ourense e o alcalde de Verín, nunha recente visita institucional á vila do Támega.

Vilardevós-SoutochaoNesta comarca a admi-

nistración autonómica ta-mén ten en marcha outras actuacións, como o acon-dicionamento da estrada OU-310, no treito Vilarde-vós-Soutochao, de 8,8 qui-lómetros. As obras inclúen a mellora das condicións de seguridade e de tránsito así como de trazado. A actua-ción está adxudicada e en breves datas procederase a sinatura do contrato para iniciar os traballos de exe-cución. Nela investiranse 1,8 millóns de euros.

Ademais, a Xunta está a realizar nesta comarca obras en materia de sanea-mento e abastecemento, por un importe de máis de 1,4 millóns de euros. Concre-tamente, estanse a execu-tar actuacións na Estación de Tratamento de Augas Pluviais (ETAP) de Verín e obras de mellora na Es-tación Depuradora de Au-gas Residuais (EDAR) e no saneamento desta mes-ma localidade.Así mesmo, as distintas actuacións na ETAP teñen previsto o seu remate no vindeiro mes de abril e nelas invístense 1,2 millóns de euros.

Servizo regular Verín-Chaves

Por último, Agustín Her-nández informou sobre o estudo para o establecemen-to dunha liña de autobús re-gular entre as localidades de Verín e Chaves, dentro do proxecto da Eurocidade. Este estudo presentarase nos vindeiros meses nunha reunión dos responsables da Consellería e dos conce-llos de Chaves e Verín.

As obras de urbanización do parque engadirán 152.088 metros cadrados á actual superficie do polígono de PazosO parque empresarial de Tamagos está en fase de información pública do impacto ambiental

Page 3: Febreiro 2010 - BXV

BARRIOSFebreiro de 2010

3VERÍN E COMARCA

47 días é agora a espera media para unha intervención cirúrxica

Redacción

Segundo os datos rexis-trados polo Servizo Galego de Saúde a 31 de decembro de 2009 e feitos públicos pla xerente do hospital de Verín, Pilar Fraga Gallego, este centro hospitalario di-minuíu o tempo de espera media para unha interven-ción cirúrxica de 60 a 47 días, con respecto ao ano anterior. A espérase re-báixouse nun 22%, grazas a unha mellor xestión das listas que permitíu unha priorización máis axeitada, explicou a xerente.

Verín consigue así re-baixar en 13 días a espera media, feito que a xerente, atribuíu a labor de xestión das listas levada a cabo por parte do Servizo de Admi-sión e da propia dirección, pese a que, parte do ano, o cadro de persoal facultati-vo da área cirúrxica, viuse reducido debido a baixas laborais de dificil substitu-ción.

Redacción

Verín presenta unha du-cia de proxectos ao Fondo Estatal de Inversión Local 2010, que suman un in-vestimento que supera os 1,3 millóns de euros.

Unha das actuacións que se financiarán con estes fondos estatais é a construción do Centro So-cial en Feces de Abaixo, cun orzamento de 175.919 euros. Unha obra “deman-dada pola poboación, e que se axusta aos parámetros de obras de carácter social esixidos polo Goberno de España”, recoñece o rexe-dor. Tamén se rehabilitará e ampliará o Centro Social en Queizás (cun orzamen-to de 164.244 euros) e o de Mandín (por un importe de 71.698 euros), que “permi-tirá adecuar a parte supe-rior do actual centro social para actividades deporti-vas e culturais por parte da asociación de mulleres”,

asegura Jiménez Morán.O maior investimento é

para unha área recreativa-deportiva na avenida de Laza. Gastaranse 212.541 euros co fin de adecuar un área situada ao lado do hos-pital de Verín, na que se es-tablecerá o futuro Centro de Día, e na que se construirán zonas axardinadas e unha pista de fútbol-sala.

A instalación de calefac-ción e auga quente (17.700 euros), o peche da área de-portiva (84.066 euros) e a construción de aseos públi-cos (40.666 euros) comple-tarán este ano as actuacións de renovación da zona de-portiva de A Granxa.

Dos fondos FEIL tamén se destinará unha partida para a implanta ción de administración electrónica do Concello de Verín, cun orzamento de 27.000 euros.

Esta medida “permitirá que os veciños realicen trámites on-line desde a súa casa”, explica o rexedor.

Ademais, o Concello de Verín presentou para a súa financiación a través do FEIL catro actuacións de saneamento e abastacemen-to: abastecemento e sanea-mento do Camiño Vello de Fontenova (107.644 euros), abastecemento e sanea-mento do Camiño Vello de Sousas (153.224 euros), mellora da rede de abaste-cemento dende o cuartel ata Pazos (176.760) e mellora da rede de abastecemento en Pazos (55.842 euros).

Por último, haberá unha partida para instalar isletas de colectores soterrados na avenida Luis Espada e nas rúas Galicia e Constitución, cun orzamento de 83.917 euros cada unha.

Asemade, o hospital de referenza para a comarca de Monterrei dá cumprimento criterio de garantía legal de menos de 30 días de espera media en pacientes de prio-ridade 1, acadando 20 días de espera media para estes pacientes, que son aqueles nos que está indicada unha intervención cirúrxica por cáncer, cardiopatías, en-fermidades neurolóxicas, respiratorias ou dixestivas, entre outras, que compro-meten a súa vida ou calida-de de vida futura.

Mellor xestión dos tem-pos tamén en consultas

En 2009 realizáronse no hospital de Verín un total de 1.257 intervencións cirúrxi-cas en xornada ordinaria, e neste mesmo tramo horario, realizáronse 47.915 consul-tas, en total, 837 máis que o ano anterior.

Neste eido, o hospital ta-

O hospital de Verín rebaixou en trece días a espera media para unha intervención 4 O tempo de espera para unha consulta redu-cíuse en dous días.

Pilar Fraga, xerente do hospital de Verín./ARQUIVO.

mén conseguíu rebaixar os resultados de espera media para primeiras con-sultas con respecto a 2008, pasando de 38 a 36 días, dous días de espera me-nos, ou o que é o mesmo, unha reducción superior ao 5%. En total no centro realizáronse 16.070 pri-meiras consultas e 31.845 sucesivas, ou revisións a criterio facultativo, e polo tanto no tempo e cadencia que este determine.

Verín presenta proxectos por importe de 1,3 millóns de euros aos fondos FEIL4 A maior inversión é para unha área recreativa na avenida de Laza, 212.541 euros.

Verín resrva preto de 500.000 euros dos fondos FEIL para obras de mellora do saneamento e do abastecemento

Page 4: Febreiro 2010 - BXV

4 BARRIOSFebreiro de 2010

4 Clases de matemáticas

O departamento de Educación Familiar de Verín e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organizan un obradoiro de matemá-ticas para nenos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO.

Esta actividade gratuí-ta será impartida por un profesor de matemáticas a dous grupos dun máximo de 15 alumnos: os martes e xoves de 17 a 18 horas -1º e 2º de ESO- e 18 a 19 ho-ras - 5º e 6º de Primaria-.

[Inscricións na oficina de Educación Familiar ou no

988 414 776]

4 Boletín men-sual do Banco do Tempo

O Banco do Tempo de Verín edita un boletín informativo de carácter mensual, grazas a colabo-ración dos seus socios.

Os 33 socios integran-tes deste servizo, promo-vido desde o Concello de Verín, a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, elaboran un bo-letín que recolle artigos de opinión, receitas, trucos de beleza ou experiencias de intercambios entre os membros.

Outras actividades pro-postas e desenvolvida po-los integrantes do Banco do Tempo nos últimos meses foron obradoiros creativos e saídas cultu-rais, co obxectivo de dina-mizar as persoas integran-tes do grupo.

[Inscricións na oficina do Banco do Tempo do Conce-llo de Verín, 988 414 776 e [email protected]]

VERIN E COMARCA

EN BREVE VILARdEVóS

A CHd constrúe en Arzádegos unha depuradora experimental4 Depurará as augas de 200 habitantes.Redacción

A Confederación Hidro-gráfica do Douro (CHD) inviste 4,1 millóns de euros na construcción de 14 depuradoras experi-mentais, unha dela na lo-calidade de Arzádegos, no municipio de Vilardevós. Se trata de depuradoras de baixo custo para evitar que, como ocurríu noutras ocasións, indican desde a CHD, as infraestruturas terminen abandonadas ao non poder ser costeadas polos cidadáns. A princi-pal diferenza cunha de-puradora convencional é que o gasto enerxético é

nulo ou moi baixo e o man-temento é sinxelo, o que, a priori, convirte este siste-ma de depuración no máis aconsellado para as loca-lidades de menos de 2.000 habitantes equivalentes.

Cada unha das 14 depu-radoras contará cun siste-ma de depuración diferente para atender as necesidades específicas de cada locali-dade. En Arzádegos vaise pór en marcha o tratamento de pozos clasificadores, que depurará as augas de 200 ha-bitantes. Consiste nun tra-tamento primario de augas residuais mediante procesos físicos como a sedimenta-ción e a fermentación.

O delegado da Xunta en Ourense e o alcalde de Riós, entre outros, observan a urbani-zación dun espazo público en Castrelo de Cima.

Redacción

Dous espazos públicos no concello de Riós, con-cretamente nos núcleos de Pena do Souto e de Castre-lo de Cima, veñen de ser reurbanizados pola Xunta de Galicia. O custo das obras, un total de 522.956 euros, foi asumido pola Consellería de Medio-ambiente a través do de-partamento territorial. As obras foron visitadas polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martí-nez, o xefe territorial da Consellería de Medioam-biente, César Losada, e o alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga.

A actuación en Pena de Souto consistíu no arranxo do cruce de camiños na entrada do núcleo dende a

OU-103. Acondicionouse o pavimento creando sendas peonís e rodadas, zonas de repouso e encontro e zonas de esparcemento ou de paso. Instalouse alumeado públi-co con tres luminarias so-bre poste, e elimináronse os postes eléctricos soterrando as instalacións de telefonía e electricidade. Ademais ins-talouse mobiliario urbano con papeleiras e bancos.

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martí-nez, asegurou que con esta actuación mellorarase a ca-lidade de vida destes veci-ños e o núcleo farase máis atractivo. A zona conta cunha capela que tamén se recuperou.

En Castrelo de Cima, pe-

Riós estrea dous espazos públicos recén urbanizados4 A Consellería de Medio Ambiente asumíu o custo das obras, máis de 500.000 euros

chouse un amplo espazo para ocio, pavimentouse a praza e melloráronse as instalacións de telefonía electricidade e alumea-do público, soterrando as liñas. Delimitáronse as zonas de circulación, creouse unha praza con senda peonil, escaleiras que conectan coa igrexa parroquial, restaurouse un mirador e repúxose o mo-biliario urbano con pape-leiras, bancos e luminarias e a plantación de árbores. A idea do proxecto é res-postar ás necesidades da parroquia, creando un am-plo espazo para o ocio de cara tamén aos visitantes e oas que pasan as súas va-cacións na zona.

Foron reurbanizados espazos públicos en Castrelo de Cima e Pena do Souto

Verín creará un protocolo para os casos de violencia de xéneroRedacción

O Concello de Verín acolleu unha nova reunión da Comisión da Xunta Local de Seguridade para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero na que se acordou crear un Protocolo de Ac-tuacións en Violencia de Xénero, co obxectivo de mellorar a coordinación entre as diferentes entida-des e definir as medidas a realizar por cada unha delas; así como reforzar a coordinación entre a Poli-cía Local e a Garda Civil.

Por outra banda, amosá-

ronse as actuacións levadas a cabo en 2009, e presentá-ronse as novas propostas de actuacións conxuntas para o 2010. Os presentes valo-raron a situación en materia de violencia de xénero na localidade, con 26 casos o ano pasado, 19 deles con medidas de protección.

A Comisión esta presi-dida pola concelleira de Igualdade, María Corona Meixeira, a representante da Subdelegación do Gober-no, Purificación Álvarez, e a responsable do Centro de Información ás Mulleres, Carmen Serrano Fernández e nela participan membros dos Corpos e Forzas de Se-guridade do Estado, Educa-ción, Mancomunidade de Municipios, Xulgados de Verín, Hospital Comarcal e Centro de Saúde.

Page 5: Febreiro 2010 - BXV

BARRIOSFebreiro de 2010

5

descenden un 15% os delitos en VerinRedacción

A Xunta Local de Segu-ridade de Verín constatou unha redución do 15% no número de ilícitos penais (delitos e faltas) no muni-cipio durante 2009. Foron 316 casos, e o porcentaxe de esclarecemento de delcitos sitúase en torno ao 70%, as-cendendo a 80% nos delitos relacionados con persoas. Con todo, incrementouse o número de roubos con intimidación, “aínda que o esclarecemento destes ca-sos é case total, o que reve-la unha total coordinación entre a Garda Civil, Policía Local e Policía Nacional”, puntualizou o subdelegado do Goberno, Camilo Ocam-po, quen presidíu a xuntan-za. En materia de violencia de xénero, rexistráronse 26 casos, 19 deles con medidas de protección.

Tamén se analizou o Plan Director do Ministerio de Interior e de Educación

para centros educativos, que naceu de modo expe-rimental fai dous anos para que os alumnos recibisen información en materia de seguridade cidadá. “Sería interesante que o Conce-llo de Verín impulsará a realización de cursos neste ámbito”, indicou Camilo Ocampo.

Ampliación de horario de bares e pubs

Ademais, a Xunta de Se-guridade analizou a solici-tude do Concello de Verín á Consellería de Presidencia dun permiso para ampliar o horario de todos os pubs e bares da localidade durante o Entroido. Esta ampliación sería de dúas horas máis con

respecto a súa hora de pe-che habitual.

O subdelegado do Go-berno aproveitou a súa presenza en Verín para vi-sitar as futuras dependen-cias de Tráfico en Verín, que estarán listas antes do verán, tras máis dun ano en obras. O custo da nueva sede é de 900.000 euros.

Visita do subdelegado do Goberno ás obras nas dependencias de Tráfico da Garda Civil en Verín. /BORYS INTERFILM

Protesta dos axentes da Policía Local de Verín diante da Deputación Provincial en Ourense. /IÑAKI OSORIO.

A Policía Local de Verín esixe que se negocie o convenio colectivo4Axentes concentráronse en Ourense para denunciar a súa situación.Redacción

A Policía Local de Ve-rín quere que o alcalde se sente a negociar o seu convenio colectivo, que caducou en 2007. A últi-ma forma de denunciar a súa situación foi median-te unha concentración de protesta diante da Deputa-ción, en Ourense.

Anxo García, responsa-ble de CIG-Verín, informou que o feito de estar sen con-venio colectivo afecta de xeito particular aos axentes de Policía Local porque «están mal clasificados e polo tanto non cobran os complementos de traballo que lles corresponden, nin se lles pagan as horas ex-traordinarias.

VERÍN E COMARCA

Page 6: Febreiro 2010 - BXV

6 BARRIOSFebreiro de 2010

4 Reabre a es-trada Xinzo-Vi-lar de Barrio

A estrada que une Xin-zo e Vilar de Barrio re-abríu esta semana tras un parcheo de urxencia por parte de operarios da De-putación.

O tramo estivo cortado máis de 15 días debido a que a acumulación de baches provocara danos en varios vehículos. O arranxo da estrada a Vilar de Barrio xa foi adxudica-do pola Xunta. Investiran-se 1,1 millóns de euros.

4 Calvos terá que repetir a mo-ción de censura

Os firmantes da mo-ción de censura de Cal-vos de Randín pedirán a súa inmediata execución, tras desestimar o Tribu-nal Superior de Xustiza de Galicia a apelación do alcalde socialista contra outro fallo xudicial que lle obrigaba a repetir o pleno da moción de censura, ce-lebrado o 10 de xuño de 2008.

A sentenza do TSXG entende como feitos pro-bados que esa moción se votou sen que puideran asistir os concelleiros que a firmaban (catro ex populares e un ex socia-lista) porque llo impedíu a multitude concentrada, situación que coñecían o rexedor e os concelleiros asistentes.

4A feira Xan-tar, presente en Facebook

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, acaba de crear unha páxi-na no Facebook, unha das redes sociais con maior número de usuarios, co obxectivo de manter un contacto máis directo co seu público para que poi-da consultar a través desta nova ferramenta todas as novidades do salón ofre-céndolles ó mesmo tempo a posibilidade de enviar comentarios ou suxeren-cias,

O Salón terá lugar en Expourense entre o 3 e o 7 de marzo nunha edición especial adicada ao Xaco-beo

XINZO E COMARCA

EN BREVE

Redacción

O responsábel comar-cal do BNG na Limia, Xosé Manuel Pérez Bou-za, esixe que a estación de ITV de Xinzo amplíe o seu horario de apertura durante os días de sema-na, e abra tamén en sá-bado, para facilitarlle aos usuarios a realización das inspeccións dos seus vehí-culos.

Pérez Bouza denuncia que “o horario actual, no que a estación non abre os sábados e pecha pola semana ás seis da tarde, non se axusta para nada ao horario laboral de moitos veciños da comarca, que ao igual que antes de con-tar coa estación da ITV en Xinzo, téñense que des-prazar ate as de Verín e de Ourense, que si ten un horario máis razoábel”.

Isto cáusalle un impor-tante prexuízo veciños da

comarca, en forma de perda de tempo e de aumento dos custes económicos, do que o responsábel comarcal do BNG acusa directamente á Xunta, polo “desleixo e falta de sensibilidade que demostra cara os veciños e veciñas da Limia”.

Neste sentido, o respon-sábel comarcal do BNG, advirte de que “se a Xunta e a empresa non toman de in-mediato a decisión de am-pliar o horario de atención ao público tanto durante os días de semana como os sábados, o BNG iniciará na comarca de A Limia, unha campaña de mobilizacións para que, ao igual que ti-vemos que facer para que se abrira, se amplíe o hora-rio”.

O BNG tamén actuará no campo institucional, pre-sentando mocións en apoio desta reivindicación, en to-dos os concellos da comar-ca.

Piden que se amplíe o horario da ITV4 A estación de Xinzo non abre os sábados e pecha ás 18 horas pola semana.

Visita institucional do voceiro nacional do BNG a Vilar de Santos

O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, acompañado do senador Xosé Manuel Pé-rez Bouza, realizou unha visita institucional aos concellos de Vilar de Santos, Allariz e Maceda. En declaracións aos medios logo de coñecer o centro de servizos sociais comunitarios-fogar dos maiores de Allariz, sinalou que “o BNG defende os servizos públicos como garantía de calidade, igualdade e cobertura total do territorio fronte á política privatizadora do PP”.

Guillerme Vázquez principia así unha actividade como portavoz nacional do BNG que se vai desenvolver nos vindeiros meses para coñecer de primeira man o labor do nacionalismo como forza de goberno nos concellos. En Vilar de Santos, foi recibido polo alcalde, Xan Jardón, quen salientou que este foi o primeiro concello con rexedor nacionalista da provincia ourensá. A seguir, visitaron o polígono industrial de Vilar de Santos, no que están instaladas 22 empresas que dan emprego a 135 persoas de forma directa, con destacada presenza de actividades relacionadas co sector agrario. Ademais, visitou o Museo etnográfico da Limia, un espazo recuperado que é un atractivo tanto para os veciños da comarca como para os visitantes que desexan coñecer os labores tradicionais ou a historia da Lagoa de Antela, ademais da arquitectura típica das casas de labranza.

O voceiro nacional do BNG entre os alcaldes de Vilar de Santos e Allariz, xunto a outros cargos do Bloque.

Os socialistas denuncian que a Xunta apraza o plan de xestión da ZEPA de A Limia4 Reclaman diálogo con sindicatos, organiza-cións ambientais e representantes da comarca.Redacción

A portavoz de Medio Ambiente do PSOE, Car-men Gallego, denunciou na Comisión 8º do Par-lamento que a Xunta de Galicia segue aprazando o Plan de Xestión da ZEPA de A Limia. Gallego inter-veu na comisión para re-clamar explicacións pola situación na que se atopa a declaración da ZEPA.

A deputada socialista dixo que o partido de Fei-joo mudou radicalmente a súa posición sobre este asunto en reiteradas oca-sións. E lembrou que na pasada lexislatura o propio

Feijoo proclamaba o “non á ZEPA”, e incluso prometeu nun mitin que con el no go-berno de Galicia habería un non rotundo á ZEPA. Galle-go advertíu que agora o PP di que van tardar 2 anos en aprobar o plan de xestión. Denuncia que o Goberno de Feijoo non se quere compro-meter a manter unha canle de dialogo aberta con organiza-cións ambientais, sindicatos agrarios e representantes ins-titucionais de A Limia.

Os socialistas esixen que o plan de xestión se leve a cabo como máximo en seis meses, e que se faga a través do diálogo con concellos, sindicatos agrarios e orga-

nizacións ecoloxistas. A deputada socialista tamén reclama que se arranxen to-dos os atrancos para o agro na Lei do Solo. Asegura a parlamentaria que a modi-ficación da lei que propón o PP “segue sen resolver os problemas, por canto mantén graves restricións nas alturas de 3.5 metros para montar ou arranxar granxas, naves, almacéns, serradoiros, etc”.

Gallego emprazou á Xunta a facelas cousas ben “ porque a Declaración da ZEPA é unha oportunida-de para a Limia, por iso o PP ten que cambiar de rumbo”, dixo.

Curso no telecentro de XinzoO telecentro de comunicación de Xinzo de Limia aco-

lleu un curso de edición dixital de audio dirixido aos in-teresados na edición profesional de son que buscasen un punto dende o que comezar.

Este curso forma parte das iniciativas que dende o Cen-tro Multimedia de Galicia (http://ww.cmg.xunta.es) se realizan para contribuír na formación de futuros profe-sionais e potenciar, deste xeito, o sector audiovisual e multimedia galegos.

Estación da ITV de Xinzo./ARQUIVO.

Telecentro de Xinzo.

Page 7: Febreiro 2010 - BXV

BARRIOSFebreiro de 2010

7

Redacción

O BNG conseguíu o respaldo de todos os grupos para instar ao go-berno da Xunta a facer fronte á situación de cri-se que atravesa o sector da pataca da Limia. Os parlamentarios aprobaron unha proposición non de lei dos nacionalistas, tran-saccionada cunha emenda popular, que pide ao Go-berno galego que impul-se a sinatura de contratos homolagos e convoque a Mesa da Pataca, para con-tinuar a intelocución e lo-grar a concertación entre produtores e almacenistas para establecer relacións estabeis e transparentes

que permitan facer fronte á crise e eviten que os produ-tores teñan que cargar con perdas inasumibeis.

A deputada nacionalista Tereixa Paz valorou poder ter chegado a este acordo unánime, pois grazas ao mesmo se poderá garantir a recollida de produción e a percepción de prezos dig-nos aos productores.

A parlamentar recoñeceu que o sector da pataca tra-dicionalmente sofre crises cíclicas mais os problemas que xurdiron coa campaña de 2009, durante a que os produtores se viron obri-gados a vender a prezos de entre 5 e 6 céntimos o quilogramo, eran prevísi-bles, “dende maio se podía

Respaldo unánime do Parlamento para facer fronte á crise do sector da pataca4 Apróbase unha moción do BNG que insta á Xunta a impulsar os contratos homologados.

estimar que a produción chegaría aos 10 millóns de quilos e sen embargo non se adiantou ningunha medi-da por parte da Xunta”.

Neste sentido, Tereixa Paz recordou o traballo realizado polo anterior go-berno, que en Setembro de 2008 asinou na Mesa da Pataca o contrato homolo-gado para regular os pre-zos, que tería que ter tido continuidade no 2009, mais nin se convocou nin siquera houbo posicionamentos de membros de Goberno a prol do sector.

XINZO E COMARCA

Redacción

A Inspección de Traballo formulou acta de infracción á empresa Vidriera del At-lántico por unha infracción grave en materia de preven-ción de riscos laborais no valeirado do forno de fusión para paralizar o proceso productivo na vidrieira. Ins-pección entende tamén que a dirección non cumplíu as súas obrigas de información e consulta cos representan-tes dos traballadores.

Os expedientes sancio-nadores abertos pola Ins-pección de Traballo foron entregados no Xulgado do Mercantil de Ourense por representantes do comité de empresa para pedirlle a este organo xudicial que anule o ERE aberto polo

PECHE dA VIdRIEIRA dE XINZO

Traballo ve infracción grave na paralización do forno4 Estúdase un plan para facilitar a recolocación dos 150 traballadores.

O acordo pide ao Goberno galego que convoque a Mesa da Pataca

Estado do interior das instalacións da vidrieira, coas ca-deas paradas./ARQUIVO.

concurso de acredores pre-sentado pola empresa e de-clare ilegal este concurso.

Reinserción laboralPor outra banda, altos car-

gos da Consellería de Traba-llo, o comité de empresa da vidrieira e osalcaldes de Xin-zo e Baltar acordaron elabo-

rar un plan para facilitar a reinserción laboral dos 150 empleados da fábrica, ante o previsible peche. Axudas públicas para a contrata-ción dos traballadores, for-mación ou incentivos para obradoiros de emprego na comarca son algunhas das ideas baralladas.

Page 8: Febreiro 2010 - BXV

8 BARRIOSFebreiro de 2010

FITUR acolle a presentación do paquete turístico “Entroidos de Ourense: Puro Carnaval”Acompañada da guía ‘Escápate aos entroidos de Ourense’, a iniciativa invita aos visitantes aparticipar de maneira activa nos cinco entroidos ourensáns declarados de interese turístico.

INORdE especial

FITUR, a Feira Inter-nacional de Turismo de Madrid, acolleu a presen-tación do paquete turístico ‘Entroidos de Ourense:Puro Carnaval’, unha ini-ciativa para que os visi-tantes poidan participar de maneira activa nos cinco entroidos da provincia de Ourense declarados de in-terese turístico: Xinzo de Limia, Laza, Verín, Viana do Bolo e Manzaneda.

No acto de presentación deste paquete turístico, a secretaria xeral de Turis-mo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, deu a co-ñecer aos asistentes unha práctica guía, denominada “Escápate aos entroidos de Ourense”, que permitirá disfrutar dos cinco entroi-dos de maneira conxunta.

Os entroidos de Xin-zo de Limia, Laza, Verín, Viana do Bolo e Manza-neda destacan pola súa ri-queza cultural, a súa visto-sidade e a súa capacidade de convocatoria. Ano tras ano congregan a milleiros de visitantes ao redor dos personaxes específicos de cada carnaval, como as pantallas de Xinzo, os peliqueiros de Laza, os cigarróns de Verín, os bo-teiros de Viana do Bolo e as mázcaras de Manza-neda; e de ritos que os fan únicos, como Os folións, O testamento do burro, a Liturxia dos borrachos, a Queimada do engado, o Domingo oleiro ou o Luns borralleiro, por poñer al-gúns exemplos.

A guía “Escápate aos entroidos de Ourense” inclúe información sobre o significado cultural e o valor turístico das festas e numerosos datos prácticos para disfrutar delas, que inclúen dende informa-ción gastronómica, aloxa-mentos de catro estrelas, casas de turismo rural ata os medios de transporte existentes.

A secretaria xeral de

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, xunto á secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Car-men Pardo, na presentación dos Entroidos ourensáns na feira FITUR.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, xunto a unha re-presentación das máscaras típicas dos Entroidos ourensáns, como cigarróns e pantallas.

Turismo recordou que o visitante que se achegue ata a zona “poderá dis-frutar ademais dunha ex-traordinaria gastronomía e outros importantes recur-sos turísticos do interior de Galicia”. O obxectivo final desta iniciativa é o de desestacionalizar e impul-sar o turismo de interior galego como destino tu-rístico, de maneira que o sector turístico contribúa ao reequilibrio territorial entre costa e interior.

A guía-catálogo estará a disposición en 420 puntos de Ourense e do norte de Portugal, concretamente nas cidades de Chaves e Montealegre, compren-dendo oficinas de turismo e establecementos turísti-cos.

“Entroidobús”Unha das iniciativas

estrelas deste paquete tu-rístico para o Entroido é o “Entroidobús”, un sistema de nove liñas diferentes de autobús que percorre-rán gran parte do territo-rio ourensán con horarios flexibles e axustados ás actividades principais dos entroidos. “Trátase dun sistema gratuíto, seguro e responsable para que o viaxeiro que se encon-tre aloxado nas localida-des do Entroido se poida desprazar desde calquera punto, sen necesidade de utilizar vehículo propio”, informou a secretaria xe-ral para o Turismo.

As liñas conectarán Ourense con Allariz, Xin-zo, Verín e Viana; Ouren-se con Allariz e Xinzo; Ourense con Castro Cal-delas, Trives e Manzane-da; Ourense con Allariz, Xinzo e Verín; Bande con Porqueira e Xinzo; Xin-zo con Vilar de Barrio, Sarreaus e Laza; Vilar de Barrio e Xinzo; Laza con Castrelo do Val e Verín; e por último, Soutelo con Laza e Verín.

A guía “Escápate aos entroidos de Ourense” inclúe información sobre o signi-ficado cultural e o valor turístico dos entroidos ourensáns e numerosos datos

prácticos para disfrutar deles

Nove liñas do “Entroidobús” percorrerán gran parte do territorio ourensán con horarios flexibles e axustados ás actividades principais dos entroidos

Page 9: Febreiro 2010 - BXV

BARRIOSFebreiro de 2010

9INORdE especial

O Padroado lanzou unha liña de cosmética a base de auga termal da provincia e ouro, baixo a marca “Aqua Auriensis”, que servirá de ferramenta de

promoción de Ourense

A auga empregada para a elaboración da crema facial “Crema de Ouro” e do spray “Auga Termal” brota a 77,1 graos de temperatura nas faldas do parque

natural do Xurés

As mulleres son o público obxectivo destes dous produtos cosméticos, dos que en breve será adxudicada a súa comercialización

O obxectivo de márketing é conseguir que cada vez que alguén utilice estes produtos, reciba continuos impactos de Ourense “e como consecuencia lle fa-gan pensar que ten que coñecer a súa orixe”, apuntaba José Luis Baltar duran-

te a súa presentación

Cosméticos elaborados con auga termal, nova ferramenta de promocion da provinciaO Inorde presentou en FITUR unha auga termal e unha crema facial coa marca “Aqua Aurien-sis”.

Polo momento o Inorde presentou só dous productos cosméticos baixo a marca “Aqua Auriensis”: unha “Auga Termal” en formato spray e unha crema facial “Crema de Ouro”.

Presentación en FITUR dos productos cosméticos da marca “Aqua Auriensis”, coa presenz ado presidente da Deputa-ción, da secretaria xeral de Turismo e do presidente e xerente do Inorde, entre outros.

O Inorde aproveitou a Feira Internacional de Tu-rismo, FITUR, celebra-da en Madrid en xaneiro, para presentar as liñas estratéxicas da campaña do Padroado Provincial de Turismo para 2010. Unha das novidades foi o lanzamento dunha liña de cosmética a base de auga termal da provincia e ouro, coa marca ‘Aqua Aurien-sis’, da que se presenta-ron dous produtos: unha “Auga Termal” en formato spray e unha crema facial “Crema de Ouro”.

Fabricados integramen-te en Ourense, os cos-méticos teñen como base auga termal que xorde espontaneamente a 77,1º de temperatura nas faldas do parque natural do Xu-rés, Reserva da Biosfera, e que están elaborados por unha empresa ourensá especializada no coidado persoal e en produtos ter-mais, Laboratorios IUVE-NOR.

O proxecto do Inorde non é espontáneo nin im-provisado. A idea xurdíu en 2007 e recolle o legado dos romanos, que, ao seu paso por Ourense, atopa-ron innumerables manan-tiais termales e, remontan-do o cauce do río Sil e dos seus afluentes, explotaban xacementos de ouro. Na provincia, desde as súas orixes, está presente a auga e o ouro, e como resaltou o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Bal-tar, na presentación públi-ca dos cosméticos, “neste século XXI, non podemos deixar pasar a oportuni-dade de promocionala a través destes recursos na-turais.

Nestes tres últimos anos foise desenvolvendo o proxecto: rexistro de mar-ca e epígrafes, selección de manantiais, estudo, testado de produto, análi-se de demanda, rematando co diseño e elaboración.

Agora, estes dous no-vos produtos ven a luz e veñen completar a a ofer-ta de marcas da iniciativa privada como De Bal-neis, do grupo Caldaria, e Sybaria, de inmediato lanzamento, con base de viño tinto Mencía da Ri-beira Sacra, Rectoral de Amandi e auga mineral natural Sousas.

Con “Aqua Auriensis”, o obxectivo do Padroado de Turismo é que a provin-cia de Ourense se convirta nun referente no mundo da estética. En breve adxudi-carán a comercialización para que a crema ourensá chegue ás consumidoras, público obxectivo destes produtos.

Como destacaba José Luis Baltar durante a súa presentación, “o noso obxectivo de márketing é conseguir que cada vez que utilice estes produtos, reciba continuos impactos de Ourense e como conse-cuencia lle fagan pensar que ten que coñecer a súa orixe e así conseguiremos que nalgún momento da súa vida, goce coa súa fa-milia da nosa provincia”.

Liñas estratéxicasA liña de cosmética

“Aqua Auriensis” é, sen dúbida, un dos elementos máis novedosos da pro-moción de Ourense por parte do Padroado Provin-cial de Turismo, pero non o único. Liña estratéxica para este ano é a realiza-ción dunha campaña en mercados de proximidade para captar viaxeiros de escapada aproveitando o Xacobeo, co slogan “Qué-date en Ourense. Visita Santiago. Xacobeo”. En síntese, o proxecto do Padroado Provincial de Turismo para o 2010 es-pera conseguir un maior número de impactos que redunden en visitantes e que sitúen a Ourense nos circuítos turísticos.

Page 10: Febreiro 2010 - BXV

10 BARRIOSFebreiro de 2010

OCIO E CULTURA

As pantallas saíron á rúa en Xinzo no Domingo Corredoiro. /IÑAKI OSORIO.

EN BREVE

4Outras citas carnavaleiras

Outros concellos da co-marca con tradicións de Entroido propias son os de Oímbra, coa celebración do Luns de Adegas, ou Sarreaus, que conta cunha máscara diferente, os ver-galleiros.

Redacción

O de Xinzo de Limia é o ciclo do Entroido máis lon-go da península: comezou o 24 de xaneiro e non remata-rá ata o 21 de febreiro, case un mes de diversión.

A xornada do venres 12 de febreiro os cativos terán un protagonismo especial,

Xinzo, o Entroido máis longo4 A cita principal chega co desfile do Martes de Carnaval, pero do 12 ao 16 de febreiro, todos os días son festa na capital de A Limia.

4 EntroidobúsA Xunta de Galicia en marcha o Entroidobús durante

os días 13, 14, 15 e 16 de febreiro, coincidindo cos días fortes do entroido na provincia ourensá. En total son 9 liñas diferentes que percorren gran parte de Ourense, con horarios flexibles e axustados ás actividades principais dos entroidos. O prezo do billete para os usuarios será de 2 euros (ida e volta), importe moi accesible co que se pretende evitar os desprazamentos en vehículo particular como medida para reducir a sinistralidade viaria.

Redacción

Laza tamén celebra o Xo-ves de Comadres, de mañá co folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro e de noite coa cea das Mulleres, e verbena coa actuación da orquestra Aramio.

O venres de Folión ten tres citas: pola tarde, degus-tación de bica branca, xastré e licro café por bares e chi-ringuitos; ás 21.30 horas, a III Festa Gastronómica da-Cachucha, a Bica Branca, o Xastré e o Licor Café, no pavillón de Deportes; e ao remate da cea, gran folión, con chocos, viño e fachóns, percorrendo Laza.

Na xornada do Sábado das cabritadas, a tarde é a da Ruta do Xastré, de souteliño ata Laza; na Picota haberá

fariña a rachar e pola noi-te, troulada e cabritadas dos mozos, con verbena ameni-zada polo grupo Troya.

O día 14 é o Domingo de Estrea, a primeira saída dos peluqueiros á saída da misa, haberá reparto da bica dos peliqueiros na praza da Picota. Pola tarde, toca desfile de carrozas típicas, animado por charangas, se-guido de baile coa orques-tra Compostela e o grupo Troco.

O Luns Borralleiro é a data máis concurrida do En-troido de Laza, un dos máis ancestrais, con tradicións como a farrapada, a xitana-da dos burros e maragatos (pola mañá) e a baixada da Morena desde Cimadevila, acompañada de formigas, toxos e cobelleiros (pola

Peliqueiros na praza da Picota de Laza./ARQUIVO.

Laza, as tradicións máis ancestrais4 A baixada da Morena, o Luns Borralleiro, é un dos rituais máis agardados.

tarde). Ao remate, reparto de cachucha, pan e viño para repór forzas, e verbena coa orquestra Los Españo-les e o grupo Ilusión.

O Martes de Entroido saen os peliqueiros vete-ráns, e pola tarde, desfilan

as carrozas. A partir das 19 horas o testamento do burro, o enterro do Entroi-do e o loito dos peliqueiros despedirán o carnaval, que remata co baile a cargo da orquestra Superfama e o grupo Ritmo Joven.

grazas ao desfile infantil dos colexios da vila pola mañá e ao concurso infantil de disfraces e xogos na pra-za Maior pola tarde. Varias charangas animarán prazas e rúas de Xinzo ao longo da tarde, igual que o farán o resto do longo fin de se-mana.

O Sábado de Entroido a

cita máis salientable é a 28ª edición do Festival da Can-ción Humorística do En-trido, a partir das 19 horas na Casa da Cultura. Neste acto entregarase o premio do Concurso do Cartel do Entroido deste ano. Varias charangas e a orquestra Ne-vada na praza Maior porán a ambientación musical.

O Domingo de Entroi-do as charangas animarán as rúas de Xinzo desde a mañá á noite, e toca-rá a orquestra Jerusalén na praza Maior. O luns, gaiteiros e charangas am-bientarán musicalmente as rúas e prazas da vila, igual que o farán o mar-tes. Nesta xornada, a cita imprescindible é o desfile, con saída ás 17 horas des-de o Polígono e percorrido polas avenidas de Madrid e Ourense ata o parque do Pombal. A orquestra Fo-liada será a encargada da verbena.

Xinzo ofrece dous días máis de festa: co Enterro da Sardiña o mércores 17 a partir das 20 horas na praza Maior, e co Domin-go de Piñata o día 21 co xogo da piñata na praza Xoán XXIII ás 17 horas.

Page 11: Febreiro 2010 - BXV

BARRIOSFebreiro de 2010

11OCIO E CULTURA

4 Tenda do Entroido

O Concello de Verín abre, un ano máis, unha tenda na rúa Lisa desti-nada á venda de produtos e artigos relacionados co Entroido da localidade.

Esta tenda estará aberta ata o Martes de Entroido, de luns a domingo, de 11 a 13.30 horas e de 17 a 20 horas.

4Rúas pechadas ao tráfico

Un bando municipal en Verín informa que con motivo das festas do entroido, entre o 11 e o 16 de febreiro, estará pe-chado ao tráfico rodado o casco antigo da vila e tamén as rúas Alameda, Muralla e Praza Alameda, coa finalidade de garantir a seguridade peonil e o bo desenvolvemento das festas. Nestes días estará prohibido a circulación e o estacionamento agás, excepcionalmente, os re-sidentes para gardar os seus automóbiles. Tamén poderán circular vehículos de reparto o sábado, luns e martes pola mañá.

4 Contos na Biblioteca

Os días 11 e 13 de fe-breiro, a biblioteca de Ve-rín organiza un obradoiro de ‘Contos de Entroido e Maquillaxe Infantil’.

Contacontos, manua-lidades ou xogos serán algunhas das actuacións programadas en ambas xornadas e destinadas a vinte nenos, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e que se desen-volverán de 18 a 19.30 ho-ras, o xoves 11, e de 11.30 a 13 horas, o sábado 13.

Redacción

Este 11 de febreiro é Xo-ves de Comadres en Verín, unha das datas máis impor-tantes no calendario dun dos Entroidos máis ances-trais, orixinais e participa-tivos de Galicia.

A mañá comeza co Gran Desfile Infantil, coa parti-cipación do alumnado dos centros educativos da co-marca e de Chaves. Pero é á noite cando sairán as comadres e encherán todos os restaurantes da vila, ani-madas por varias charangas. A media noite, no barrio de San Lázaro, a Raíña do En-troido recibirá a comitiva de Don Carnal, procedente do Camiño Real. Mareas e mareas de mulleres, e outros tantos homes disfrazados de damas, desfilarán ata a praza García Barbón. Alí, despois do saúdo da Raíña e Don Carnal, arrincará a lectura do pregón a cargo do escri-tor Xosé Carlos Caneiro e a actuación das Cantareiras de Ardebullo. A orquestra Pas-sarela porá o broche á noite máis “feminina” do entroido verinés.

O día 12, Venres de Compadreo, ás 18 horas, saen os Escuadróns de Ca-puchóns e Mascaritas -uni-forme oficial dos entroidei-ros este día-. Percorrerán diversas rúas e prazas da vila, con paradas estratéxi-cas para mollar a gorxa e encher o bandullo. Irán acompañadas do Carro do Compadreo e de charanga; o percorrido rematarase na praza de Edesio Fuentes cunha sesión de “tapeo” e queimada para os partici-pantes. Pola noite, haberá verbena popular na praza

EN BREVEA diversión está en Verín 4 O Xoves de Comadres dá o pistoletazo ao carnaval verinés.

García Barbón coa orques-tra Ritmo Joven.

O Sábado de Entroido terá lugar o Bautizo do Ci-garrón, a partir das 17 ho-ras, un acto solemne no que os novos cigarróns serán vestidos, con todas as hon-ras, acompañados da Raína do Entroido e Don Carnal. Charangas durante a tarde e a noite, e as orquestras Los Trovadores e América en Concerto porán a ambienta-ción musical da xornada.

O Domingo de Entroi-do arrinca cunha descarga de foguetes e segue coa concentración de carrozas, comparsas, máscaras e ciga-rróns ás 12 horas no barrio de San Roque, para iniciarse o desfile polas rúas de Verín ás 12:30 horas.

Na sesión vespertina e nocturna, continua a anima-ción musical con charangas e, na praza García Barbón, as orquestras Solara e Los Españoles calmarán as an-

sias de baile dos presentes.O Luns 15 é o Día da Fa-

relada. A partir das 16.30 horas, haberá xogos infan-tís e inchábeis no Pavillón dos Deportes, co único re-quisito de ir disfrazados. A partir das 19 horas, haberá merenda con degustación de empanadas e viño e ver-bena popular na praza Gar-cía Barbón, coa orquestra Compostela e o grupo Al-cotan.

O Martes de Entroido re-pítese o desfile do domingo ás 16:30 horas. Charangas, a xente da Escola de Músi-ca Tradicional do Concello de Verín, e as orquestras Trébol e América S.L. acompañarán aos entroidei-ros neste remate de festa.

Os integrantes de com-parsas e carrozas volverán reunirse o Domingo de Pi-ñata, día 21, para un almor-zo, e desde ás 17:30 haberá baile popular na praza Gar-cía Barbón.

Un grupo de mulleres disfrazadas na celebración do xoves de Comadres do ano pasado. /BORYS INTERFILM

Tralo saúdo da Raíña e don Carnal, a medianoite do Xoves de Comadres, a lectura do pregón dá inicio ao Entroido

Page 12: Febreiro 2010 - BXV

12 BARRIOSFebreiro de 2010

dEPORTES

4EN FORMA

Como ben vos dixeron no número anterior só temos unha forma sauda-ble e eficaz de eliminar a masa graxa: co exercicio físico e control nas comi-das (saber comer). Nunca por separado.

Debo aclararvos unha cuestión interesante e moi importante. O 95% das miñas alumnas e amigas que me preguntaron por tipos de exercicios abdo-minais foron cun único obxectivo: perder masa graxa na cintura. E isto é un grave erro de base moi xeneralizado na socieda-de actual, afeita a retocar directamente todo aquilo que non nos gusta: pesta-nas, pelo, beizos, etc. Non hai ningún exercicio concreto para eliminar masa graxa dunha zona específica, se a graxa se che almacena no abdome a solución non pasa só por facer exercicios abdo-minais; cando fas deporte eliminas masa graxa do teu corpo en xeral. Pensa-de á inversa cando come-des que credes que o pri-meiro prato vaivos para a perna, o segundo prato para o glúteo e o postre para os brazos? Non, ver-dade, distribúensenos os nutrintes por todo o cor-po; pois o mesmo cando queremos eliminala.

Así que, se queimamos máis calorías das que inxerimos ao longo do día estamos a baleirar os tan-ques de graxa (as mozas adóitanos ter en cadeiras, glúteos e/ou pernas e os mozos no abdome).

Así, o noso mellor e máis efectivo ataque sería unha combinación dunha dieta baixa en calorías máis unha hora de exer-

Como soltar lastre

cicio físico, só unha mise-rable hora ao día. Que vén saíndo: roubarlle 10 minu-tos á túa parella, aos teus amigos, ao teu tempo de le-cer, aos teus pensamentos impuros, o tempo que nos absorbe as intervencións da Belén Esteban ou aos teus soños de futuros.

Se logo cando elimines eses quiliños de máis que che sobran: vas querer ver menos á túa parella e máis ao teu amante, faraslles máis graza aos noivos das túas amigas que ás túas propias amigas, confundi-rás lecer con pracer, terás realidades no canto de pen-samentos, darasche conta que vales máis que ningun-ha e no canto de soños im-posibles atoparás descan-sos pracenteiros.

Antes de seguir tede ben claro, que como estades agora non vén dunha sema-na nin dun mes; pois entón non pretendades tamén que imos eliminala con goma de borrar, ninguén dixo que ía ser fácil. A fama custa e para chegar a ela hai que suar. Necesito a vosa aten-ción e por Obama non vos saltedes as miñas formula-cións, paciencia e boa letra como dicía o meu profe ou a miña amante, xa non me acordo.

Nesta hora, debemos de dedicarlle un tempo ao exercicio aeróbico (todo tipo de exercicio constante que pase de 30 minutos: andar, trotar, bicicleta, nadar, todo tipo de clases colectivas) e outro pouqui-ño de exercicio anaeróbico ou tonificación muscular: exercicios localizados en brazos, pernas, glúteo, ab-dome, peito e espalda.

Fran Baladrón Saudeter

Cita coa natación de base en Verín4 O sábado 27 de febreiro.Redacción

O sábado 27 de febrei-ro, celebrarase na piscina climatizada de Verín, en xornada única, a primeira fase do torneo de natación na que poden participar os nadadores benxamín e ale-vín de ambos sexos, sen licencia federativa en vigor -a excepción da Licenza da Escola de Natación-. As probas que se disputarán son: 25 metros bolboreta benxamín, 50 metros bol-boreta alevín, 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín, 25 metros braza benxamín, 50 metros braza alevín, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín, 4x25 metros estilos benxamín e 4x50 metros estilos alevín. Cada nada-dor poderá nadar dúas pro-

bas individuais e unha de relevos.

O horario das competi-cións está aínda por deci-dir. No caso de que sexa en xornada de mañá, co-mezará ás 10:30 horas; se é de tarde, as probas ini-ciaranse ás 17 horas.

Fase intercomarcalOs que acaden os mello-

res resultados nesta xor-nada participarán na fase intercomarcal na segunda quincena de marzo, pro-vincial na segunda quin-cena de abril e rexional (só na categoría alevín) no mes de maio de 2010.

Este evento está organi-zado polo Servizo Provin-cial de Deportes e o Con-cello de Verín, a través de Xogade (Xogos Galegos Deportivos).

Chega o segundo torneo de fútbol sala interparroquial4 Disputarase entre os meses de marzo a xuño en Verín e Chaves.Redacción

Xa está todo preparado para que durante os meses de marzo a xuño se cele-bre o 2º torneo de fútbol sala interparroquial Euro-cidade Chaves-Verín.

Os partidos terán lu-gar nos polideportivos de Chaves e de Verín na fase de grupos. Unha vez rematada, as eliminatorias xogaranse no pavillón mu-nicipal de Chaves, inclui-da a final que terá lugar o 20 de xuño, e que estará integrada dentro das acti-vidades da 7ª semana do deporte flaviense.

Os equipos de Chaves e

Verín interesados en parti-cipar na competición debe-rán inscribirse ata o 12 de marzo no Pavillón de Verín ou no de Chaves. O torneo está dirixido a todas as pa-rroquias dos municipios de Chaves e Verín, que po-derán participar cun único equipo, constituído por in-dividuos de ambos sexos.

O principal obxectivo deste evento é o de ocupar o tempo libre dos euroci-dadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva entre as diferentes parro-quias dos dous concellos, e dinamizar as instalacións deportivas existentes.

O verinés José Manuel Ferreira, campión de España de Wushu4 Nas modalidades de forma de sable (Nandao) e pau (Nangun).Ramsés Torres

Das 25 medallas que aca-dou a expedición galega no Campionato de España de Wushu celebrado en Ma-drid, o verinés José Manuel Ferreira obtivo tres. En forma de sable (Nandao) e

pau (Nangun) alzouse co campionato de España col-gándose o ouro nas dúas modalidades. A este éxito hai que engadirlle un máis, o subcampionato na moda-lidade de forma de puño.

Neste campionato, Ouren-se mostrou unha vez máis o

seu potencial e trouxo para a nosa terra oito medallas.

Campionato de EuropaAgora o deportista ouren-

sán está a preparar o Cam-pionato de Europa de Wus-hu que se celebrará do 7 ao ao 14 de marzo en Antalya,

Turquía, xunto con el acu-dirá outra ourensá, Rocío Salgado que fora bronce no pasado europeo.

Despois de participar no Campionato do Mundo, Ferreira ten a oportunida-de neste europeo de seguir medrando neste deporte.

Ferreira no campionato de España de Wushu celebrado en Madrid.

Page 13: Febreiro 2010 - BXV

BARRIOSFebreiro de 2010

13PUBLICIdAdE

Observou algunha das seguintes manifestacións na súa vivenda? Salitre, manchas negras na roupa, paredes descascadas, olor a fungos...É o momento de actuar!

Calquera problema de humidade que xurda na súa casa debe ser tomado moi en serio, por iso a mellor opción é acudir a un profe-sional, xa que con frecuen-cia os propietarios caen no erro de intentar resolver o problema por si mesmos, sendo numerosos os fraca-sos, ocasionándolles nu-merosos gastos sen poder librarse do problema.

O profesional localiza a orixe do problema e trátao para eliminar os seus efec-tos negativos. Agora ben, as causas dun problema de

NOticiAs dE EMpREsA

Acuasec, a solución para as humidades en casaEsta empresa identifica as causas da humidade e elimínaas de raíz.

Parede con humidade por condensación.

Parede con humidade po capilaridade.

Imaxe dos laboratorios de Acuasec.

humidade poden ser com-plexas: subas capilares, filtracións de orixe pluvial, condensación, fuga nun-ha canalización que non se percibiu, ... A presenza de humidade nunha casa pode realmente converterse nun problema de saúde; así pois, recorrer a un profesio-nal é unha necesidade, non un luxo.

A humidade ameaza tan-to á estrutura do edificio coma ao seu contido e aos seus ocupantes: pudrimen-to da carpintaría, deterioro dos mobles, etc. Expóñense simplemente a atopar unha casa insalubre.

A solución: AcuasecMiles de persoas solucio-

naron os seus problemas de humidade grazas á inter-

vención dos especialistas de Acuasec. Cada ano, esta empre-sa executa i n n u m e r a -bles obras con éxito e sanea casas que, noutro caso, seguirían sendo no-civas para a saúde dos seus ocupantes.

Acuasec é unha empre-sa galega especializada en eliminar definitivamente a humidade en construcións e vivendas. Todos os seus ensaios en laboratorios es-tán canalizados a identifi-car as diferentes causas de humidade, e están dirixidos a eliminar os problemas de raíz.

Acuasec ten un tratamen-to axeitado a cada tipo de humidade, sexa cal sexa a súa orixe: capilaridade, condensación ou filtración.

Un responsable de obras validará o tratamento re-comendado polo técnico, tomando mostras das pare-des in situ, para analizalas logo en laboratorio, e así proporcionar unha solución á medida para o problema detectado.

Máis información no 902 922 352 ou en www.acuasec.com

Page 14: Febreiro 2010 - BXV

14 BARRIOSFebreiro de 2010

ARTIGOS

4dEsdE O OUtRO LAdO dA RAiA

Este ano vai ser unha auténtica “odisea” para a maioria das familias; ben como para a maioría das pequenas e medianas em-presas. Vai ser marcante a respecto do que iremos ser nos próximos anos. Somos um Estado formado hai case 900 anos e atravesa-mos uma das peores crises da nosa existencia.

Os problemas graves con que o noso país se confron-ta, dos que son exemplo a pobreza extrema que nos debe avergonzar como so-ciedade, o desemprego, a débeda externa, o malfun-cionamento da xustiza, etc.non poden nen deben ser atribuídos exclusivamente á crise global que afecta o noso planeta.

Unha das cousas que nos leva a ver todo isto moi complicado é o facto de ollar para os varios axen-tes políticos e ver que con-tinúan máis preocupados

Tras declarar a súa paixón polo xénero bio-gráfico, non só como autor senón tamén como lector, Carlos Casares, nun dos seus derradeiros artigos de prensa, botaba en falta a biografía dun ferrolán de quen aseguraba que era un perfecto descoñe-cido. Referíase a Manuel Fernández Varela, un cura que chegou a ser unha das persoas máis influentes da España de Fernando VII, na chamada «década ominosa». A min picoume a curiosidade e houben de rastrexar a súa vida.

Este eclesiástico, que manexou cantidades inxen-tes de diñeiro, tivo rela-ción coa Limia porque foi quen sufragou os intentos de desecación da lagoa de Antela que por aquel entón

4tRiBUNA ABERtA

acometeu o noso correxidor Toubes. Tamén custeou o mausoleo do cardeal Que-vedo en Ourense e as obras de ampliación do hospital do seu Ferrol natal. En Ma-drid, levantou a igrexa de San Filipe, o Real, e a es-tatua de Cervantes na pra-za das Cortes, concedendo ademais, entre outros moi-tos dispendios, cuantiosas dádivas a mosteiros, como o Escorial.

De onde sacaba este crego os cartos? Fernando VII, de quen conseguiu ser amigo e que o apreciaba polo seu verbo florido —chegou Va-rela a brindarlle un sermón, festexando o restablecemen-to do absolutista no trono—, tíñao designado Comisario Xeral da Bula da Cruzada, cargo no que había fondos dabondo para dar e tomar.

Varela o magníficoA miña vida cegaA miña vida cega a cegas

se quedara… martirizada, sen sequera con ganas de vinganza… só se pregun-taba de vez en cando o por que? Por que, por que?

Porque cando as miñas sospeitas me espertaban na noite ao non estar a miña beira non comproba-ba a verdade nelas? Por-que intentaba conxelalas? Porque cría nas túas ver-bas admitindo que só eran simples paranoias dunha namorada empedernida? Porque admitía o meu celo-so estado en vez de buscar a súa doente causa? Porque deixei esperar tanto a que a ilusión ilusa se fixera reali-dade no real da miña amar-ga vida? Porque non fixen nada para buscarlle unha solución ao teu adeus en vez de encarcerarme na infinita culpa dos teus actos?

Mirei pola fiestra, todo seguía igual, seguía a cho-ver, o ceo gris, as cores do outono nin sequera destaca-ban, o silencio insoportábel, a soidade, a escuridade… e a lembranza perseguíndo-me, hoxe cada vez máis, cada vez máis insistente…

Chegou a noite e somer-xinme no seu claro, esvae-céndome co seu esplendor, entre os pensamentos da

4RELAtO

En tal situación, deu Varela renda solta ós seus delirios de grandeza, facéndose re-tratar por Vicente López, célebre pintor da casa real, e encargando un «Stabat Mater» nada menos que ó mismísimo Rossini, o autor de «El barbero de Sevilla».

Pérez Galdós, que o cita no seu libro «Los apostóli-cos», corrobora a pompa con que este home se quixo arrodear, cando nos di que vestía con tal ostentación, adornando a roupa talar con peles e rasos, que máis parecía figura do medievo. Narra tamén o novelista os grandes banquetes que na súa casa se daban, sendo xa arcediago de Madrid, o cume dunha fulgurante carreira, e a súa teima por exercer de mecenas. En tor-no a súa mesa mendigaron

miña alma murcha pola dor. Vaguei en silencio pola melodía dos latexos do meu corazón que inda latexaban polo teu recor-do e nese momento sentin-me aire, cabalgando entre as estrelas e evadíndome por completo, sentinme leda, no meu mundo irreal, creado pola imaxinación da miña mente que só precisaba un momento de silencio, unha sinfonía de notas dolorosas para des-prenderse do meu corpo e elevarse cara o infinito…

Pero esa sensación de control dos meus pasos, voltouse de súpeto nun des-afogo, faltábame o alento, desvanecía a miña ledi-cía, morría… cada paso era máis difícil, a cima do meu mundo cada vez máis lonxana… sentía medo, volvía cara a min a soi-dade… o tic tac do reloxo, a brancura das paredes, ningunha voz, ningunha risa, ningún alento preto de min, nada…nada…nada…nada…nada… ESPERTEI!

Empapada en suor de novo a negra sombra abrúante me envolveu, a dor no costado esper-tou en min, o Non forte e espantado rexurdiu dos meus beizos…

[continuará]Bea Losada

com eles mesmos e coas suas efímeras carreiras. Ollamos para o país en xeral e está triste e amar-gado, ningún pobo pode progresar estando triste e case sen esperanza no fu-turo. Cada un por si tamén é responsábel do estado a que isto chegou, uns por acción directa e outros por falta de acción. Os po-líticos teñen que ollar mais para Portugal e para os portugueses en detrimento de ideoloxías, xogos polí-ticos, ambicións persoais, votos e intereses materiais, É preciso soñar e é este o meu soño e xulgo que non é tán difícil de realizar. É seguir o exemplo de J. Kenedy no seu discurso de toma de posesión: “non preguntedes o que o voso país pode facer por vós, preguntade o que vós po-dedes facer por el”.

Joao damiao([email protected])

Portugal e a crise

Os visitantes e veciños da Limia poden cada ano de intensas chuvias e neva-das, como oó deste inver-no, imaxinarse como era a antiga lagoa de Antela ó asolagarse grandes zo-nas de parcelas dedicadas á producción de patacas e cereais, parcelas que son producto do desecamen-to da mesma. Así mesmo sofren as consecuencias do asolagamento ademais nas parcelas (a situa-ción da vindeira colleita de trigo é preocupante

4tRiBUNA ABERtA

se seguen as chuvias), nas granxas, camiños, pistas, etc., cos problemas que isto conleva, xa que, por exem-plo, unha das pistas que une Xinzo de Limia con Vilar de Barrio atópase cortada.

A Lagoa de Antela foi unha das lagoas máis im-portantes da Península Ibérica ata o inicio das obras de desecamento para o aproveitamento agrícola no inverno de 1958. Tiña 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho,

aínda que dependendo da época do ano variaban es-tas dimensións, así como a súa profundidade, que nor-malmente tiña unha media de 0,60 metros chegando nalgúns ¨pozos¨ a acadar os 3 metros .

Para coñecer como era a antiga lagoa é necesario falar da Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela), si-tuada na vila de Sandiás, centro que tenta transmiti-la relevancia da lagoa de Antela, así como a historia

A Lagoa de Antela retornae formas de vida dos habi-tantes das súas ribeiras, e cuxo obxectivo é “trans-mitir dunha forma amena e comprensible os valores culturais e naturais da zona da antiga lagoa de Antela e fomentar nos visitantes un desexo de conservación”.

As visitas son concerta-das, calquera pode visitar o centro, chamando ao Con-cello de Sandiás (teléfono 988 465 001 ou en www.sandias.es.

Xavier F.Asociación Cultural Ami-

gos da Casa da Lagoa

artistas e escritores, Es-pronceda e Larra entre eles, que o adulaban co apelativo de «O Magnífico». Este úl-timo, nun poema ridículo, chega a chamarlle ademais «novo brasón de España».

Sábese que, tras a desapa-rición do rei, Varela morreu en completo abandono, víti-ma do cólera.

Como se poderá compro-bar a estampa deste galego acredita o fino olfato de Casares para atinar con persoeiros sen desperdicio. Sen embargo, confeso o meu chasco ó non poder confir-mar unha das cousas que máis lle interesaba saber a Carlos: se «O Magnífico» contaba cun criado só para que lle acendese os puros habanos.

Xosé A. Carrera

Vista da zona da lagoa de Antela, en A Limia, no mes de xaneiro.

Page 15: Febreiro 2010 - BXV

BARRIOSFebreiro de 2010

15

4tELÉFONOs dE iNtEREsEComarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 002 Concello de Oimbra 988 426 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 425 032Concello de Castrelo de Val 988 419 002Concello de Laza 988 422 002Concello de Cualedro 988 424 004Comisaría de Policía Verín 988 414 123Policía Local Verín 988 411 612Guardia Civil 988 410 005Protección Civil 988 412 121Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 812Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 212IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 425CEIP Princesa de España 988 410 128Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmirás 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 002 Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Guardia Civil 988 462 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada 988 460 258Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Sergio Mascareñas 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024ITV 902 309 000Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: J.M.Paredes, Fran Baladrón, Beatriz Losada, Joao Damiao, Xosé A.Carrera, Borys Martínez

Nº39 - Ano: V - Febreiro 2010 - Difusión: 10.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.500, Ed. Verín: 5.500) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

SERVIZOS

4 EstAciÓN dE AUtOBUsEs dE VERÍN

Verín - Xinzo - OurenseLaborables: 06:15 - 08:00 - 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sá-bados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00

Ourense - Xinzo - VerínLaborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 - 20:15 (aut.) - Domingos e festi-vos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.)

Videferre - VerínSaídas: 09:00 - 12:30 - Regre-sos: 11:45 - 13:45 - 18:30

Campos - VerínSaídas: 07:45 - Regreso: 13:00

Viana - Gudiña - VerínSaída: 09:30 - Regreso: 13:00

Feces de Abaixo - VerínSaídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00

Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30

Verín - Videferre (feiras)Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 - 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e ven-res ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xo-ves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 EstAciÓN dE AUtOBUsEs dE XiNZOA Madrid (Auto Res): Diario: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

4cLAsiFicAdOs[Deixe os seus anuncios no

988 239 634 ou en [email protected].

Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante

dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese

prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

tRABALLO

MOtOR

[Chame a Teleemprego Cimo - 988 39 15 25, o teléfo-

no das ofertas de traballo, de luns a venres de 8 a 14 horas. Para máis información visite

www.cimoemprego.com, o portal galego do emprego]

4EMpREGO

4tRiBUNA ABERtA

O arquivo do Couto esta-ba gardado nunha arca de madeira pechada con tres pechaduras, e depositada na sacristía da igrexa de Santiago de Rubiás. Nela gardábanse os documentos máis importantes, coma os privilexios ou as doazóns. As chaves das pechadu-ras estaban en mans do xuíz, que gardaba a que lle pertencía ó seu pobo, e as outras dúas nos repre-sentantes dos outros dous pobos. A apertura da arca facíase nunha ceremonia, cun contido case relixioso, no que se daban cita nume-rosos veciños.

No que atingue o marco relixioso os pobos que com-poñen o Couto pertencían o bispado de Ourense, que tamén tiña competencia no pobo de Tourem, xa en te-rras portuguesas, situación esta última que se mantivo ata finais do século dezano-ve. Esta curiosidade non era única, xa que o Priorato de Pitôes das Junias, tamén en territorio luso, e próximo ó Couto, estaba vinculado a Ourense, xa que dependía do Mosteiro de Oseira. Os pobos de Meaus, Santia-go e Rubias conformaban unha parroquia.

As tropas do mariscal Soult

Durante o tempo no que se mantivo esta situación,

que podemos chamar de rareza xeográfica, foron moitas as ciscunstancias relevantes que sufriron os habitantes do Couto, as pelexas entre as distintas casas dos señoríos que dominaban a zona eran constantes, e os perxudi-cados eran os residentes, que buscaban protección nalgún dos señoríos. Os documentos refiren en concreto á que tivo lugar a principios do século deza-seis, cando os habitantes do Couto manifestaron ter represalias por parte da Casa de Bragança, bus-cando logo a protección do Conde de Monterrei.

Pero sen dúbida o que poido ser o suceso máis importante que viviron os habitantes do Couto Mix-to non foi outro que o paso pola zona das tropas do Mariscal Soult, que fuxían do Porto no mes de Maio de 1809, perseguidos polo exército portugués e a ca-balería inglesa.

En definitiva, chegamos a o que pode ser a razón da falta de información sobre as orixes do Couto, xa que neste relato pode estar a causa da queima do arquivo, que previsi-blemente se encontraba gardado na arca que esta-ba na sacristía da igrexa de Santiago de Rubiás.

Xavier Martiñá(continúa no próximo número)

O Couto Mixto (VII): Unha arca con tres chaves

pisOs

Vendo radiocassette 20 euros sen usar; colchón Flex antiá-caros de 135 cm, novo, 190 euros; vaporeta sen usar, 190 euros; mesa tresillo madeira e mármore, 100 euros; botellas brandi etiqueta negra, 40 anos, 70 euros; outras de whisky ta-mén de 40 anos, 70 euros. Tel. 655 64 12 49.Vendo teclado-piano Casio CTK-651 NUEVO sen uso por 240 euros. Tel. 680 568 378

VENdAs

Véndese piso céntrico en Ourense. Todo exterior, 3 dormitorios, salón-comedor, cociña amoblada, baño e aseo, praza de garaxe e trasteiro, ca-lefacción individual, parquet e porta blindada. 150.000 euros. Tf. 655 177 889.Vendese casa con finca (Reza, Ourense) Tel. 679 925 834.

Véndese moto Kawasaki Z 750, xullo 2008, 6.900 Km, Impecable. Regálase casco. Tlf: 619 449 801.

Límpanse fincas. Tel: 630 521 448.

Page 16: Febreiro 2010 - BXV

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOSFebreiro de 2010

Page 17: Febreiro 2010 - BXV

BARRIOS - VERÍN volve estar no seu buzón a mediados de MARZO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Número: 39 - Ano: V- Febreiro 2010 - Depósito Legal: 0U 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

VERÍN Páx.2 COMARCA Páx.4VERÍN Páx.3 COMARCA Páx.4Verín presenta ao FEIL proxectos por valor de 1,3 millóns

Riós estrea dous espazos públicos que foron reurbanizados

A Xunta inviste máis de 9,3 millóns na ampliación de Pazos

Arzádegos, en Vilardevós, terá unha EdAR experimental

4 sUMARiODescenden un 15% os de-litos en Verín____ [páx.5]

O BNG pide que se amplíe o horario da ITV de Xin-zo_____________ [páx.6]

Traballo ve infracciñon na paralización do forno da vidrieira__ [páx.7]

Especial Inorde_ [páx.8-9]

Deportes______ [páx. 12]

Artigos_____ [páx. 14-15]

Chega o Entroido [páx.9 Especial Inorde e páx. 10-11]

Domingo Corredoiro en Verín.( BORYS INTERFILM.