26
XINZO Páx.8 PROVINCIA Páx.11 XINZO Páx.9 COMARCA Páx.10 Vilar de Santos estreará unha nova depuradora Entrega de diplomas dos cursos para desempregados Número: 63 - Ano:VII - Febreiro 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx.16 “Xogando ao atletismo”, nova xornada o 3 de marzo A Deputación aproba dúas mocións de apoio ao sector da pataca O Concello de Xinzo vai iniciar obras en dúas rúas da localidade Xuntanza de pantallas na praza Maior de Xinzo o pasado Domingo Corredoiro./MIGUEL REJO. Novos nomeamentos na provincia [páx.2] Todo listo para gozar do Entroido! [especial páx.17-22 ]

Febreiro 2012 - BXV

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Un especial Entroido, no número de febreiro de Barrios Xinzo-Verín. O mensual gratuíto tamén informa dos últimos nomeamentos acontecidos na provincia. O entroido, coas programacións de Xinzo, Verín, Laza e outras localidades da provincia, é tema central no número de febreiro de Barrios Xinzo-Verín. Neste exemplar tamén tratamos os nomeamentos que se teñen producido neste mes en diversas institucións: Manuel Baltar como novo presidente da Deputación, Monseñor Leonardo Lemos como novo bispo da diócese de Ourense e Roberto Castro como novo subdelegado do Goberno.

Citation preview

Page 1: Febreiro 2012 - BXV

XINZO Páx.8 PROVINCIA Páx.11XINZO Páx.9 COMARCA Páx.10Vilar de Santos estreará unha nova depuradora

Entrega de diplomas dos cursos para desempregados

Número: 63 - Ano:VII - Febreiro 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.16“Xogando ao atletismo”, nova xornada o 3 de marzo

A Deputación aproba dúas mocións de apoio ao sector da pataca

O Concello de Xinzo vai iniciar obras en dúas rúas da localidade

Xuntanza de pantallas na praza Maior de Xinzo o pasado Domingo Corredoiro./MIGUEL REJO.

Novos nomeamentos

na provincia [páx.2]

Todo listo para gozar do Entroido! [especial páx.17-22 ]

Page 2: Febreiro 2012 - BXV

� BARRIOSFebreiro de �01�

TEMA DO MES: NOVOS NOMEAMENTOS NA PROVINCIA

“É necesario intensificar a formación cristiá do noso pobo”, apuntou o bispo nas súas primeiras verbas

Paula Lodeiro

José Manuel Baltar Blanco foi elixido o 6 de febreiro novo presidente da Deputación de Ouren-se, cos votos dos 15 depu-tados populares, en subs-titución do seu pai, José Luis Baltar, que presidira a institución provincial durante os últimos �� anos.

Na súa primeira inter-vención como presidente, Manuel Baltar agradeceu o apoio recibido polo seu grupo e pola dirección do partido no que conside-ra “o maior reto da miña vida”. Comezou e rema-tou o seu discurso apelan-do ao seu ourensanismo –“Ourense é a miña razón de participar en política”, dixo-.

O novo presidente apostou polo diálogo e o consenso e por unha De-putación aberta á socie-dade, anunciando a súa intención de reunirse cos representantes das princi-pais institucións e orga-nizacións de Ourense e de Galicia, así como cos voceiros dos dous grupos da oposición, cos que xa se reuniu poucos días des-pois.

Defensa da DeputaciónBaltar Blanco defendeu

a necesidade das deputa-cións e avogou por unha “terceira transición” que descentralice servizos e recursos en concellos e institucións provinciais.

Non faltou unha refe-renza ao seu predecesor, José Luis Baltar, presen-te no acto, a quen definiu como “un dos moi bos e xenerosos”, afirmación que foi recibida polos aplausos do público que ateigaba a sala.

A expectación da súa toma de posesión foi máxima, cun salón de sesións repleto de autori-dades, alcaldes, cargos do PP e familiares do novo presidente.

Manuel Baltar asume a presidencia da Deputación 4 A súa primeira medida: repartir unha res-ponsabilidade específica a cada deputado baixo a súa supervisión.

Roberto Castro, novo subdelegado do GobernoRedacción

Roberto Castro García foi nomeado o pasado 3 de febreiro subdelegado do Goberno en Ourense, substituíndo a Camilo Ocampo, que ocupara este posto os últimos oito anos.

Tras xurar o seu car-go sobre a Constitución, o novo subdelegado do Goberno manifestou o seu respecto, admiración e agradecemento a José Manuel Baltar, como lí-der do PP na provincia, e ao conselleiro de Pre-sidencia, Alfonso Rue-da, tras traballar con el nestes dous últimos anos como director xeral de Relacións Institucionais. Do mesmo xeito, dirixiu unhas palabras ao seu an-tecesor para eloxiar o seu traballo á fronte da insti-tución.

Roberto Castro afronta esta nova etapa á cabe-za da Subdelegación do Goberno sen esquecer os seus raices, “veño do pobo e síntome do pobo”, e utilizando como máxi-ma “o dereito ao respecto alleo é a paz”.

Traxectoria Natural de Vilavella-A

Mezquita, Roberto Castro é doutor en Ciencias da Educación, licenciado en Filosofía e Letras e diplo-mado en Ciencias Huma-nas, así como funcionario de carreira do grupo A.

Na súa dilatada expe-riencia política destaca o seu paso polo Parlamento galego (1999-�009).

Toma de posesión do novo subdelegado./R.T.

Leonardo Lemos xa é bispo de Ourense

O novo bispo, co báculo, saudando a un fiel./P.L.

Manuel Baltar amosa o seu bastón de mando como presi-dente da Deputación.

P. Lodeiro

Monseñor Leonardo Le-mos Montanet converteuse este sábado 11 de febreiro no novo bispo de Ourense, dous anos despois da mar-cha do seu predecesor no cargo, Luis Quinteiro.

A súa Ordenación Epis-colpal e posterior toma de posesión celebrouse nun-ha abarrotada Catedral, na que se instalaron un mil cadeiras e dúas pantallas para que os fieis puidesen seguila de preto. Tratouse dunha solemne cerimonia de máis de dúas horas de duración, con interven-cións en castelán, galego e latín, e á que asistiron o nuncio do Papa en Espa-ña, unha vintena de bispos e arcebispos, o clero da diócese e numerosas auto-ridades civís.

A ordenación de Lemos Montanet como bispo se-guiu o protoclo estableci-do para estas ocasións: a comitiva fixo súa entrada na Catedral polas escalina-tas da praza de San Marti-ño, e baixo o Pórtico do Paraíso, o deán ofreceu ao novo bispo a cruz a bicar e o hisopo para bendicir, e sobre o libro das Sacras Escrituras, tomoulle xura-mento de gardar os estatu-tos e costumes loables da súa Igrexa. No momento central da cerimonia, o sa-cerdote Leonardo Lemos Montanet foi ordenado bispo mediante a imposi-

ción das mans e a pregaria de ordenación episcopal. A unción co crisma, a entrega dos Evanxeos, a imposición do anel e da mitra e a en-trega do báculo foron ritos complementarios desta or-denación. En canto á toma de posesión da diocese de Ourense, realizouse sim-bolicamente sentando na cátedra ou sede episcopal, momento acollido con aplausos polos fieis.

Primeiras palabrasNas súas primeiras pala-

bras como bispo, Monseñor Leonardo Lemos apuntou ao Seminario e as vocacións como un dos obxectivos pastorais do seu pontifica-do, así como a necesidade de “intensificar a formación cristiá do noso pobo, de modo que exista certa cohe-rencia entre o que se pensa e o que se vive”.

Ao remate da cerimonia, o novo bispo recibiu as fe-licitacións dos presentes, comezando polas da súa familia e os seus compa-ñeiros sacerdotes, no que foi un dos momentos máis distendidos do acto.

A diferenza do man-dato de José Luis Baltar, que se caracterizou por un marcado ton presidencia-lista, Manuel Baltar quere introducir o traballo en grupo na dinámica diaria da Deputación.

Así, cada un dos 14 de-putados do grupo de go-berno terá unha responsa-bilidade específica baixo a supervisión do presidente. O obxectivo deste reparto é, en palabras de Manuel Baltar, “facer un gober-no máis áxil, dinámico e achegado ao cidadáns, cunha planificación estra-téxica que permita que o goberno provincial sexa o instrumento máis potente de dinamización da pro-vincia de Ourense”.

Esta asignación de cometidos específicos responde ao papel que Manuel Baltar quere outorgarlle aos deputa-dos populares, “para que tomen protagonismo e se encarguen de funcións que responden aos inte-reses da provincia e da Deputación”. Segundo este reparto de áreas, por exemplo, o deputado e al-calde de Xinzo, Antonio Pérez, asume a área de In-

4 Dunha etapa presidencialista a outra de reparto de áreas

fraestruturas, mentres que os tamén deputados Lu-ciano Rivero (alcalde de Cualedro) xestionará De-portes, Emilio José Pazos (rexedor de Trasmiras), Agricultura, e José Anto-nio Feijoo (alcalde de Bal-tar), Turismo. Os deputa-dos serán os responsables de impulsar os proxectos que o goberno provincial estableza en cada una das áreas e de garantir a súa execución.

Pola súa banda, Ro-sendo Fernández seguirá sendo vicepresidente da Deputación e Plácido Ál-varez o voceiro.

Novos ConsellosOutros dos cambios

introducidos por Baltar Blanco son o Consello de Dirección da institución provincial, un consello de carácter técnico que o pre-sidente constitúe cos res-ponsables das unidades ad-ministrativas, e o Consello de Áreas, integrado polos responsables dos centros dependentes da Deputa-ción Provincial. En ambos casos, a intención é mello-rar a xestión nos servizos e a coordinación entre as diferentes áreas.

Page 3: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

3VERÍN E COMARCA

Os socialistas falan de paraliza-ción do PXOM e do polígono

O voceiro socialista en Verín, Emilio González Afonso, denunciou a in-capacidade do equipo de goberno municipal para aprobar o PXOM e poñer en marcha as obras no po-lígono de Tamagos,

González Afonso criti-cou que non se informou á oposición nin á Comi-sión de Seguimento do PXOM sobre o informe da Confederación Hidro-gráfica Miño Sil, polo que demanda que se re-distribúa en beneficio dos veciños as partes que por este informe queden fóra da zona de eficabilidade, como é o solo previsto para a Cidade Sanitaria.

Igualmente, o voceiro do PSOE explicou que cinco anos despois de que o anterior executivo puxe-ra en marcha a zona indus-trial de Tamagos, “segue parado e sen resolverse”, cando a día de hoxe debían estar comezadas as obras.

P. Lodeiro

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, mantivo o pasado luns 13 de febreiro unha reunión en Santiago co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e co conselleiro de Medio Ambiente, Infraes-truturas e Territorio, Agus-tín Hernández. Nese encon-tro os políticos abordaron o estado dos proxectos dos polígonos empresariais da localidade: Pazos e Tama-gos.

Licitación inmediata da ampliación de Pazos

En canto á ampliación do polígono empresarial de Pazos, o conselleiro confir-moulle ao alcalde de Verín que a 1ª fase da ampliación do parque empresarial vaise

Concello de Verín e Xunta buscan unha solución para iniciar o polígono de Tamagos4 Os técnicos da Consellería de Medio Ambiente analizarán a posibilidade de per-mutar terreos no ámbito para poder executar a primeira fase do parque empresarial.

licitar a semana próxima.

Posibilidade de permu-tar terreos

Con respecto ao polígono empresarial de Tamagos, as dificultades de iniciar a súa execución radica na falta de terreos suficientes para co-menzar a obrar unha fase. Segundo explica Jiménez Morán, o anterior goberno da Xunta expropiou “terreo espallado por todo o ámbi-to do polígono empresarial (de 1,3 millóns de metros cadrados), diseminado en-tre fincas sen expropiar” e deste terreo xa expropiado, hai �0.000 metros cadrados “que non se van usar”. Re-corda o alcalde que o custo das expropiacións penden-tes ronda os tres millóns de euros. Por iso, os técnicos da Consellería van estudar

as posibilidades que hai de permuta de parcelas cos propietarios aos que aínda non se lles expropiou.para poder iniciar a primeira das catro fases previstas.

Rotonda de accesoAdemais, segundo infor-

mou o rexedor verinés, na reunión falouse de modi-

ficar a rotonda de acceso a este polígono de Tamagos, “que era moi complicada, elevada; agora, como a in-tensidade media diaria da N-53� é menor, polo uso da autovía coa fronteira portuguesa, hai menos de 5.000 vehículos diarios, imos intentar que Fomento nos deixe facer a rotonda a

nivel da estrada, co que se aforraría unha importante cantidade de euros”, expli-cou Jiménez Morán.

Un dos carteis que anuncian en Verín o polígono de Tamagos e o de Pazos./ARQUIVO.

Queren simplifi-car a rotonda de acceso ao parque empresarial para aforrar custos

Page 4: Febreiro 2012 - BXV

4 BARRIOSFebreiro de �01�

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

4 As principais queixas na OMIC

Logo das reclamacións a servizos de telecomu-nicacións, os asuntos vinculados con seguros, suministración eléctrica, gas e bancos son os que concentran o maior núme-ro de queixas na Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Verín, á cal 607 persoas solicitaron os seus servizos ao longo do �011.

Na maioría destes ca-sos as telecomunicacións centralizaron as reclama-cións, sendo as operadoras de telefonía móbil o sector que centrou a maioría de queixas dos consumido-res, ata chegar a confor-mar a metade delas.

Os seguros pasan a ocu-par o segundo lugar con 65 reclamacións e o sector eléctrico o terceiro con 61, seguido de 31 no referente ao subministro de gas e �5 de entidades financeiras. O resto de queixas repártense entre numerosos sectores.

4 Modificación na normativa da D.O. Monterrei

A Consellería do Medio Rural e do Mar modifica a normativa de catro de-nominacións de orixe e de dúas indicacións xeo-gráficas vitivinícolas. No caso da Denominación de Orixe Monterrei, faise unha modificación pun-tual en relación coas ca-racterísticas analíticas dos viños sometidos a envelle-cemento en barrica.

Os cambios realízanse a petición dos sectores im-plicados para unha mellor adaptación das caracterís-ticas do produto ás esixen-cias actuais do mercado e dos consumidores.

Redacción

O rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, vén de facer pú-blicas as actuacións que se desenvolverán no mu-nicipio nas próximas da-tas, entre as que se atopan a pavimentación da rúa Canella de Pazos.

Esta infraestrutura, presentada ao Plan Pro-vincial de Cooperación ás Obras e Servizos Mu-nicipais e da Rede Viaria Provincial da Deputación de Ourense, ten un im-porte de 4�.000 euros, e a súa remodelación “débe-se a que pola construción de novas edificacións ao longo desta vía estaba o pavimento moi deteriora-do”, subliñou o alcalde.

Ademais, engadiu que “na mesma localidade existe outra vía, o Camiño do Río, que une a nacio-nal 5�5 coa área recrea-

Previstas varias remodelacións viarias 4 Pavimentarase a rúa Canella, arranxaranse beirarrúas e construiranse dúas glorietas.

tiva do río Támega, e na que intentaremos realizar unha aproximación cos ve-ciños para que cedan algún terreo co fin de ensanchar este viario e adecualo cun-ha rede de pluviais e nova pavimentación”.

Arranxo de beirarrúasPor outra banda, Morán

explicou a inclusión de novas partidas na aproba-ción definitiva do orza-mento para o arranxo de beirarrúas na localidade, superior a 60.000 euros, “xa que é unha inversión fundamental, reivindicada polos nosos veciños, e na que tamén se inclúe a colo-cación de bolardos ou xar-dineiras como protección das mesmas”, adiantou.

Dúas rotondasAdemais, o rexedor mu-

nicipal recordou que se está a redactar a memoria para a construción de dúas

O centro incor-pororou en 2011 protocolos de calidade e seguri-dade asistencial

O hospital de Verín reduce o tempo de espera dos pacientes4 As operacións cirúrxicas rea-lizaranse, de media, vinte días antes e as consultas, seis.Redacción

Segundo os datos rexis-trados polo Servizo Gale-go de Saúde a 31 de dec-embro de �011, o Hospital de Verín conseguíu redu-cir os tempos medios de consultas, intervencións e probas diagnósticas con respecto ao mesmo perio-do do ano anterior.

Esta redución foi de �0 días para unha interven-ción cirúrxica, 53 días no mesmo período do día an-terior a 3� días con data 31 de decembro de �011.

Asemade o centro hos-pitalario de Verín supe-rou o criterio, de garan-tía legal, de menos de 30 días de espera media en pacientes de prioridade 1 (que padecen cáncro, cardiopatías, enfermida-des neurolóxicas, respira-torias ou dixestivas, entre outras) pasando de 4 días en 2010 a 3 a finais de �011.

Na mesma liña, a dimi-nución do tempo medio para consultas acadou un dos seus mellores resul-tados cunha redución de 6 días respecto ao mesmo período de �010, e unha media de �6 días.

Pola súa bana, no que atangue ás probas diag-nósticas limitáronse os tempos medios para a rea-lización das probas diag-nósticas máis habituais, destacando a redución de días para as primeiras

probas de radioloxía con-vencional de 7 días a 3.

Mellora cuantitativa e cualitativa

Ademais destes resulta-dos de actividade, no centro potenciouse este ano a ins-titución de protocolos de calidade e seguridade asis-tencial como o Check List en quirófano, notificacións do SINASP, rexistro de avaliación da dor dos pa-cientes ingresados, progra-ma de lavado de mans, ou implantación de material de bioseguridade.

Así, na actualidade o Hos-pital de Verín ten unha im-plantación e utilización ao cen por cen da historia clíni-ca electrónica (IANUS) en hospitalización e consultas. E, ademais, incrementouse a prescrición electrónica, aumentándose a porcentaxe de xenéricos.

Ao longo de �011 o Hos-pital de Verín incrementou a súa carteira de servizos con novas consultas de En-docrinoloxía, Neuroloxía e Dixestivo, ademais de pro-bas de endoscopia, o que evitou numerosos traslados a Ourense dos pacientes da bisbarra de Monterrei e do resto dos seus concellos de referencia.

novas rotondas para re-gular o tráfico e mellorar a seguridade viaria do municipio. Unha delas estará na zona da urbani-zación do Ponte do Melo e acompañarase dunha beirarrúa polo marxe de-reito para unir devandita urbanización co barrio de San Lázaro. A outra situa-rase no cruce da nacional 53� cos camiños das Tue-las e Vello de Queizás, na zona do IES Castro de Baronceli, e permitirá a diminución da veloci-dade dos vehículos que circulan por esta estrada e unha mellora da segu-ridade no acceso á insta-lación educativa. “Estas actuacións, que xa foron presentadas ante o ante-rior ministro de Fomento e non escoitadas, conver-teranse en proxecto no momento que atopemos financiamento”, asegurou o rexedor.

Cruce da N-532 cos camiños das Tuelas e Vello de Queizás, na zona do IES Castro de Baronceli, onde está previsto que sexa construída unha rotonda./M.REJO

Page 5: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

5VERÍN E COMARCA

Redacción

O deputado ourensán do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera esixiu no Parlamento gale-go “solucións inmediatas, ante a situación dramática que vive o pequeno comer-cio na comarca de Verín” como consecuencia da im-plantación de telepeaxes en Portugal. Fíxoo o pasado 9 de febreiro, durante a súa intervención na Comisión �ª do Parlamento, onde ta-mén reclamou ao goberno de Feijóo e ao Ministerio de Fomento “datas e prazos concretos para atopar unha saída a este problema”.

Así, Francisco Rivera pe-diulle ao Goberno galego que “presente as medidas e os acordos que realizou co Ministerio de Fomento e o goberno portugués, e que prazos ten para executalo”.

O político socialista si-nalou, ademais, que esta realidade “é máis dramática no ámbito da Eurocidade Chaves – Verín, onde xa os axentes sociais, econó-micos e mesmamente po-líticos teñen apuntado datos francamente preocupantes no ámbito dos intercambios económicos e turísticos”.

A resposta da XuntaPola súa banda, o direc-

tor xeral de Mobilidade, Miguel Rodriguez Bugarín, respondeulle que “a Xunta segue a ofrecer ao goberno portugués a máxima colabo-ración para o establecemen-to de medidas que faciliten a mobilidade a ambos lados das fronteiras entre Galicia e Portugal”, e recordou que as xestións da goberno ga-lego co luso iniciáronse xa en xuño de �010.

Segundo Rodríguez Bur-garín, a Xunta requiriu in-formación sobre os siste-mas, prazos procedementos de pago e sistemas de exen-ción nas autovías lusas, co obxectivo de trasladalo á sociedade galega.

O director xeral de Mo-

bilidade destacou que froi-to dunha reunión bilateral goberno galego- portugués, plasmouse nun documento as medidas de pagamento das peaxes que se poñe-rían en vigor a curto plazo, como a adquisición dos dis-positivo Vía Verde a través do Banco Caixa Xeral, ou o aluguer do dispositivo na rede da Vía Verde e áreas de servizo.

Asemade, o Goberno portugués comprometeuse a desenvolver, a curto pra-zo, outras solucións máis flexibles, que posibiliten o pagamento vía internet ou en postos físicos existen-tes en aeroportos e áreas de servizo, co pagamento das

Autovía que enlaza Verín coa fronteira portuguesa. /ARQUIVO.

Esixen ao Goberno galego solucións “inmediatas” á telepeaxe lusa4 O director xeral de Mobilidade afirma que a Xunta amósase “comprometida” con esta problemática.

taxas de peaxe a través de cargo en conta bancaria ou en efectivo, e con de-volución do saldo non uti-lizado mediante solicitude dos usuarios; así como fa-cer converxer os sistemas electrónicos de cobro das taxas de peaxe, portugués e español, para asegurar a interoperabilidade entre eles.

En definitiva, Rodrí-guez Bugarín destacou a vontade da Xunta para que o goberno portugués priorice a adopción de medidas efectivas para fa-cilitar o pago polo uso das autovías, incluíndo a A�4 que comunica Verín con Chaves.

Redacción

Dende a segunda se-mana de febreiro voltou a Verín o programa ‘Prees-colar na Casa’, destinado a nenos con idades com-prendidas entre 0 e 3 anos, co obxecto de capacitar a pais e nais para que aca-den un mellor desenvol-vemento dos fillos para adquirir habilidades que lles permitan vivir consi-go mesmo e cos demais.

A iniciativa, impulsada dende o departamento de Servizos Sociais do Con-cello de Verín, constitúe un referente na creación dunha cultura da infancia e do papel educativo da fa-milia, asentada nos valores de compromiso coa edu-

Volta o programa “Preescolar na casa”

cación, defensa e reivindi-cación da importancia edu-cativa dos primeiros anos, respecto polo propio, solida-riedade cos sectores de po-boación máis desfavoreci-dos, cooperación con outros profesionais e organizacións relacionadas coa infancia e a familia; así como compro-miso coa mellora continua e a competencia profesional.

A FundaciónA Fundación Preescolar

na Casa é unha entidade sen ánimo de lucro, que opera en toda Galicia dende o ano 1977 con profesionais do ámbito educativo, ofre-cendo espazos para que os pais compartan un tempo de calidade cos fillos e con outras familias.

Concentración parcelaria en VilardevósRedacción

A xunta local da zona de concentración parcela-ria de San Bartolomeu de Berrande, no concello de Vilardevós, vén de apro-bar as Bases Provisionais relativas á información das parcelas que se ache-gan ao proceso.

Esta información fai re-ferencia á propiedade de cada unha das parcelas, a clasificación das terras en canto ás súas producións agrarias, ao seu rexistro e

ás servidumes e cargas xu-rídicas que poidan ter cada unha delas.

Ata o día 6 de marzo, os propietarios poderán recibir as explicacións que preci-sen, completar algún dato ou formular alegacións, tendo para isto aos técnicos á súa disposición en horario de 10 a 13horas e de 16 a 19:30 horas, no local social (antiga escola) de Berran-de.

Esta zona de concentra-ción parcelaria ten unha superficie total de 624 hec-táreas, que pertencen a �4� propietarios. O número de parcelas que se achegaron ao proceso foi de 3.443 fin-cas.

Page 6: Febreiro 2012 - BXV

6 BARRIOSFebreiro de �01�

VERÍN E COMARCA

O convenio de colaboración é anual, pero pode ser prorrogable indefinidamente

Redacción

O director do Centro Asociado de Ourense da UNED, Jesús de Juana López, e o alcalde de Ve-rín, Juan Manuel Jiménez Morán, veñen de asinar un convenio de cooperación educativa entre as dúas entidades que permitirá que os alumnos desta uni-versidade realicen prácti-cas no Concello de Verín.

Devandito convenio (que será anunal, prorro-gable tacitamente por un período indefinido) busca establecer un programa de cooperación educativa a través da que os estudantes da UNED, matriculados en ensinanzas oficiais de Grado (ou equivalentes de sistemas de ensinanza de anteriores ordenacións), ou conducentes á obten-ción dun título de máster universitario, poden com-pletar a formación teórica coa práctica que require o desenvolvemento de acti-vidades profesionais rea-lizando esta última parte

Cooperación educativa coa UNED por un ano4 Os alumnos desta universidade realizarán prác-ticas en Verín.

nas diferentes instalacións municipais de Verín.

A selección dos alumnos para realizar prácticas co-rresponderá á UNED, ten-do en conta o tipo de prazas ofertadas polo Concello de Verín.

Entrega de diplomasEsta sinatura deste con-

venio tivo lugar durante o acto da entrega de diplomas do curso “Mediación e re-solución de conflitos inter-xeneracionais”, organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o de-partamento de Educación Familiar do Concello de Verín, coa colaboración da Xunta de Galicia.

Este curso, que tivo lugar entre o 30 de setembro e � de decembro, estivo dirixi-do por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Gue-rra Rodríguez, e contou con máis de 160 alumnos procedentes de toda a xeo-grafía galega e o norte de Portugal. Os obxectivos do

mesmo, cunha duración de 40 horas, foron identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvol-vemento e resolución do conflito; coñecer e valorar estratexias, técnicas e pro-gramas para a solución do mesmo; así como, desen-volver as destrezas básicas necesarias para a aplicación de estratexias que faciliten o aprendizaxe de condutas positivas no entorno fami-liar, escolar e social.

Entre os ponentes que participaron no curso ato-pamos á psicóloga do pro-grama SOS Adolescentes de Cuatro, Isabel Saz Mar-tín; o Primeiro Defensor do Menor, Javier Urra Portillo; ou o psicólogo da Asocia-ción Española de Antro-zooloxía, Roberto Estévez, entre outros.

Participantes no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais” no acto de entrega dos seus diplomas, na Casa da Cultura de Verín.

Redacción

O presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar, e os alcaldes de Monterrei e Cualedro, José Luis Suárez e Luciano Ri-vero, mantiveron unha re-unión conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas, Agustín Her-nández, na que analizaron diversos proxectos medio-ambientais para estes dous municipios.

No que atinxe ao Mon-terrei, o rexedor, José Luis Suárez, expúxolle ao con-selleiro a necesidade de realización dunha obra de mellora que redundaría no beneficio do saneamento para unha poboación de máis de 1.�00 veciños da contorna de Monterrei e dos pobos de Villaza, Gui-marei, Albarellos, consis-tente na revisión de filtra-

cións do colector, para o cal sería necesario a utilización dun robot de detección que, introducido no colector, permitiría determinar os puntos onde se produce a filtración da auga do río.

Asemade, neste proxec-to inclúese a construción dun depósito de filtrado de residuos, que permitiría de-cantar o material sólido que chega a través do colector. José Luis Suárez tamén in-formou a Agustín Hernán-dez da necesidade de me-llorar o abastecemento de auga do pobo de Medeiros e solicitoulle da Consellería de Medio Ambiente cola-boración para a realización de obras de abastecemento e saneamento en Infesta.

Praza e parque empre-sarial en Cualedro

Pola súa banda Luciano Rivero, alcalde de Cualedro

trasladoulle ao conselleiro a necesidade de executar o proxecto de mellora da Praza das Xuntanzas, que ascende a 134.000 euros, e que incluiría, ademais do acondicionamento do entorno, a construción dun parque biosaudable para maiores e unha zona de xogos infantís.

Luciano Rivero tamén lle solicitou a Agustín Hernández colaboración para a construción da pri-meira fase do parque em-presarial de Cualedro, que tería unha extensión duns 50.000 metros cadrados, proxecto que se execu-taría a tres bandas entre as consellerías de Medio Ambiente e Industria e a Deputación de Ourense, e que comprendería as obras de urbanización, electrificación e rede de saneamento.

Os alcaldes de Cualedro e Monterrei, xunto ao presidente da Deputación de Ourense, reunironse co conselleiro de Medio Ambiente en Santiago.

Deputación, concellos e Xunta analizan proxectos medioambien-tais para Monterrei e Cualedro4 En Monterrei plantexan unha mellora no sa-neamento e en Cualedro a construción do parque empresarial e o arranxo dunha praza.

Page 7: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

7PUBLICIDADE

Page 8: Febreiro 2012 - BXV

� BARRIOSFebreiro de �01� XINZO E COMARCA

A Xunta ultima a mellora da estrada OU-304 en Xinzo4 As obras, que se prevé que rematen en verán, terán un custe de �,5 millóns de euros.Redacción

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas, Agustín Her-nández, vén de anunciar que as obras de mellora da OU-304, en Xinzo de Limia rematarán este verán logo dun investimento de máis de �,5 millóns de euros, dos cales algo máis do 90% corresponde co treito da N-5�5 na súa intersección coa estrada provincial de Xinzo a Cualedro, que ampliará o ancho para contar cunha forma homoxénea, xa que é especialmente estreita nas pontes sobre os ríos Li-mia e Nocelo.

Tamén se amplía a tubaxe de drenaxe e disponse dun-ha nova rede de saneamen-to e abastecemento pola marxe esquerda. Ademais, os treitos urbanos dota-ranse de beirarrúas, dentro dunha completa actuación que se executará ao longo de 1.600 metros.

Actualmente esta obra está moi avanzada, restan-do a ampliación das pontes

(pendente da autorización da Confederación Hidro-gráfica Miño-Sil), a capa de rodadura, sinalización vertical e horizontal e plan-tacións.

Actuacións en LaroáAs melloras nesta estra-

da compleméntanse coas actuacións levadas a cabo en Laroá, que rematarán durante o mes de febreiro.

Localidade na que, por unha banda, ampliouse a estrada –dentro dos lími-tes do dominio público- para construír unha senda peonil en formigón por unha das marxes, para o que se terá que cubrir a ga-bia existente. Actualmente está formigonada toda a senda peonil e colocada a metade da tubaxe de abas-tecemento.

Así mesmo, durante o pasado verán, entregouse a mellora da drenaxe entre os PK 5+940 e 6+�50.

En total, todas estas ac-tuacións supuxeron un investimento de preto de �50.000 euros.

A crítica do PSOEPero estas obras de me-

llora da OU-304 non se están a facer, segundo o grupo socialista, ao ritmo axeitado. De feito, logo de que os seus deputa-dos Pablo Xabier López e Juan Carlos Francisco, a deputada provincial e portavoz en Xinzo, Elvi-ra Lama, e a portavoz en Baltar, Esperanza García, visitaran a zona decidiron que van a pedir expli-cacións na Comisión de Obras Públicas do Parla-mento ao respecto porque consideran que a demo-ra “define a xestión dun Goberno atascado que é incapaz de rematar unha obra mediana nun prazo razoable”.

Ademais, esixirán res-ponsabilidades no caso de incumprimento dos prazos contractuais por parte das adxudicatarias, e demandarán tamén unha descrición ao detalle do investimento realizado, posto que “non cadran as contas”.

Tramo da OU-304 no que se están a realizar as obras./M.REJO

O Concello vai iniciar obras en dúas rúas da localidade4 Renovará as beirarrúas fronte ao colexio Ro-salía Castro e na rúa Alvaro Cunqueiro. Ademais, actuará no Museo do Entroido.Redacción

O Concello de Xinzo anuncia o próximo ini-cio de obras de mellora de infraestruturas viarias na vila. A primeira delas afectará a un tramo de bei-rarrúas xunto ao colexio Rosalía de Castro. “Me-lloraranse as beirarrúas e o aparcamento dos bu-ses”, explica a concellei-ra de Persoal, Relacións Institucionais e Comuni-cación, Monserrat Lamas, co obxectivo de aumentar a seguridade vial na zona. A obra ten un custo de ao redor de 40.000 euros que se financia cos Plans Pro-vinciais.

Ademais, tamén loce-rán nova cara nos vindei-ros meses as beirarrúas da rúa Álvaro Cunquei-ro. Enmarcada nos Plans

Provinciais e contando cun orzamento doutros 40.000 euros, a obra incluirá a reno-vación das tuberías de abas-tecemento e saneamento.

Por último, o Concello de Xinzo abordará unha obra no Museo do Entroido, grazas ao financiamento da

Xunta de Galicia e da De-putación de Ourense. Son 300.000 euros de investi-mento que se dedicarán a renovar a planta superior e a cuberta do edificio, así como mellorar os accesos, en especial a saída cara á rúa Ladeira.

Está previsto renovar a beirarrúa xunto ao colexio Rosalía de Castro, e crear unha zona para que aparquen os autobueses./M.REJO

A actuación no Museo do Entroido inclúe a mellora dos accesos desde a rúa Ladeira./M.REJO.

Page 9: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

9XINZO E COMARCA

Redacción O delegado territorial da

Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial da Conselle-ría de Traballo e Benestar, José Selas, foi o encargado de entregar os diplomas dos cursos AFD (Accións Formativas para Desem-pregados) que o ano pasado a Consellería de Traballo e Benestar outorgou a varias entidades dos concellos de Maceda, Allariz, Xinzo de Limia e Lobios, nos que se formaron 135 alumnos.

Na localidade de Xinzo realizáronse os cursos de condutor de camión pesa-do, servizos auxiliares de perruquería, administrador de redes e actividades de venda e operacións básicas de pisos e aloxamentos.

Obxectivo dos cursosComa sinalou Martínez

no transcurso do acto, o obxectivo prioritario deste programa é a inserción e reinserción laboral das tra-balladoras e traballadores desempregados naqueles sectores estratéxicos que require o sistema produtivo

e que requiren as empresas, tendo en conta ademais a importancia da formación, “aspecto clave”, como ma-tizou o delegado, “para conseguir o obxectivo final de reducir as taxas de des-emprego”. “As adminis-

tracións públicas debemos achegar a formación nece-saria e adaptala ás deman-das do mercado laboral”, engadiu o representante do Goberno galego en Ouren-se.

Estas accións formativas

son o instrumento da Xun-ta de Galicia para ofrecer, segundo indicou Martínez, “a persoas desempregadas unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo, capacitándoas para traballar en sectores laborais que presentan uns niveis de empregabilidade máis altos”.

Rogelio Martínez fe-licitou aos alumnos e alumnas pola consecución destes cursos formativos e esperou que o título que se lles entregou “sirva para conseguir o traballo que esperades”.

Nos vindeiros días o delegado territorial prose-guirá coas súas visitas aos demais concellos e entida-des beneficiarias. En total o longo do ano pasado a Xunta investiu 10 millóns de euros nestas accións formativas das que se be-neficiaron máis dun mi-lleiro de alumnos.

Entrega de diplomas dos cursos para desempregados4 En Xinzo a Xunta organizou catro accións formativas.

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial dde Traballo e Benestar, José Selas, nunha das entregas de diplomas de Xinzo.

4 Novo local do Sindicato Labrego Galego en Xinzo

O Sindicato Labrego Galego da Limia inaugu-rou o, 14 de febreiro, a súa nova sede comarcal na rúa San Sebastián, número 16 de Xinzo. Ao acto de in-auguración, ao que estive-ron invitados os afiliados, asistitu a secretaria xeral do SLG, Carme Freire.

4 Artesanía para escolares en Verín

O alumnado do CEIP Princesa de España co-ñecerá os oficios artesa-nais. O colexio de Verín participa no proxecto “Enredando, artesanía na escola”, da Consellería de Economía e Industria, que levará ao centro se-sións explicativas sobre a elaboración e a historia da seda.

As sesións divulgativas a cargo dunha artesá terán lugar o luns �7 de febrei-ro.

EN BREVE

Page 10: Febreiro 2012 - BXV

10 BARRIOSFebreiro de �01� XINZO E COMARCA

Redacción

O Concello de Vilar de Santos recepcionará nos próximos días a nova Es-tación Depuradora de Au-gas Residuais - EDAR de Vilar de Santos, logo do remate das obras a cargo da Confederación Hidro-gráfica do Miño-Sil cun investimento global de 57�.�44 euros.

O proxecto contemplou as actuacións necesarias para a construción de dous eixos de colectores de conexión á rede xeral de saneamento de Vilar de Santos, un primeiro ramal de 755 metros e outro de 577 metros subdividido á sua vez noutros tres, para unificar os verquidos, así como a construcción da nova depuradora, de tipo compacto por aeración prolongada, para unha poboación total de 1.000

habitantes. A EDAR sitúase nunha parcela municipal de 3.454 metros cadrados.

Este proxecto súmase a outras actuacións e investi-mentos realizados nos últi-mos anos polo Concello, no sistema de abastecemento e saneamento municipal, que alcanzan un total de dous millóns de euros.

Cómpre recordar que desde o ano �010 está total-mente operativa outra obra fundamental moi avanza-da tecnoloxicamente, unha Estación de Tratamento de Auga Potable- ETAP, que supuxo unha inversión de 55�.000 euros, para garan-tir a auga e a súa máxima calidade nos núcleos do municipio.

Pechado o ciclo da augaCo remate das obras o

Concello de Vilar de San-tos consegue a mellora e modernización do sistema

Rematou a construción da depuradora de Vilar de Santos4 Con esta infraestrutura complétase o abaste-cemento e saneamento do municipio.

Imaxe da nova EDAR de Vilar de Santos.

de abastecemento e sa-neamento á totalidade dos veciños pechando o ciclo integral da auga, asu-mindo a xestión desde a captación, o transporte, a potabilización e distribu-ción, así como a recollida e depuración. O obxecti-vo primordial é cumprir as condicións da Directi-va Marco Comunitaria e contribuir decididamente á mellora da calidade de vida dos veciños e á sos-tibilidade do medio coa conservación e preserva-ción da calidade da auga para o futuro.

A obra foi rea-lizada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, cun investimento de 578.244 euros

P.L.

O Concello dos Blan-cos non renunciará a res-ponsabilidade civil que lle adebeda o ex alcalde José Antonio Rodríguez Ferreiro, condenado por malversación de caudais públicos. O Concello xa deu resposta ao escrito da Audiencia Provincial de Ourense, remitido a instancias do Ministerio Fiscal, no que preguntaba ao ente local se renuncia-ba ou non “á responsabili-dade civil que adebeda o penado José Antonio Ro-dríguez Ferreiro no indi-cado procedemento”, isto é, 75.0�7 euros.

Explica o alcalde, José Manuel Castro, de APGa, que “desa sentenza non quero saber nada, non es-tou en contra nin a favor, pero non teñen que pasar-me a pataca quente”. En-gade Castro que se trata “dunha sentenza firme, e nós non podemos invali-dala nun pleno”.

Rodríguez Ferreiro cumple desde �009 unha condea de cinco anos e tres meses de prisión e nove de inhabilitación polos delitos de prevaricación, falsidade e malversación de caudais públicos, por ter desviado fondos das arcas do consistorio que gobernou ata 1999. A día de hoxe, o ex alcalde be-nefíciase do terceiro grao.

Subasta dos seus bensEn outubro de �011, a

Audiencia Provincial emi-

tiu un auto polo que esixía a Rodríguez Ferreiro que executase a parte civil da sentenza, é dicir, que devol-vese o diñeiro ao Concello. Como o ex rexedor se de-clarou insolvente, a xusti-za prevé subastar os bens que aínda ten ao seu nome: dúas fincas, dous tractores e dous semirremolques.

Alumnos do Cida-de de Antioquía, protagonistas no Día dos HumidaisRedacción

Alumnado do instituto Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia participou nos actos da 41ª edición do Día dos Humidais na provincia de Ourense, que neste ano se organizou baixo o lema “Humidais, recreación e turismo: unha bocanada de aire fresco”. Concretamente, os alum-nos do 1º ciclo superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos recibiron información sobre o hu-midal e o plan de recupe-ración desenvolvido nas areeiras da Limia.

Os actos de celebración, organizados pola Con-sellería de Medio Am-biente, incluiron a visita e inspección á ZEPA da Limia, que comprendeu a zona da restauración das charcas, a observación de niños de cegoña e a visita a distintos observatorios existentes.

Recuperación dos hu-midais

Desde fai 1� anos estase a levar a cabo un plan de recuperación de humidais no complexo húmido da Limia co obxectivo prin-cipal de recuperar os va-lores naturais de parte da desecada Lagoa de Antela. Para lograr estes fins, rea-lízanse unha serie de me-lloras e transformacións, nunha superficie de terreo próxima ás 350 hectáreas, encamiñadas a converter este espazo industrial nun espazo natural axeitado para que as especies fixen as súas poboacións. A zona é un importante lugar de invernada de moitas aves.

4 O futuro dos Blancos

En canto á situación económica actual do Concello dos Blancos, o rexedor José Manuel Cas-tro calcula que a débeda do consistorio ascende a 3,3 millóns de euros. Castro anunciou que está “sentando as bases para a medio prazo organizar o Concello” e apuntou a posibilidade de tomar al-gunha medida relacionada cos impostos. Iso si, pre-cisou, “non podemos pe-dir esforzo fiscal (aos ve-ciños) e ao mesmo tempo perdoar nada”, afirmou, en referenza aos 75.000 euros que debe restituir Rodríguez Ferreiro.

J. A. Rodríguez Ferreiro, ex alcalde dos Blancos./P.L.

Os Blancos non perdoará a Rodríguez Ferreiro os 75.000 euros que malversou

Page 11: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

11XINZO E COMARCA

A deputada ins-ta ao Goberno a manter os inves-timentos

A Deputación aproba por unanimidade dúas mocións de apoio ao sector pataqueiro4 A despedida de José Luis Baltar á fronte da institución provincial saldouse con acordos en defensa dos intereses da comarca da Limia.

Redacción

A deputada socialista ourensá e vogal na Comi-sión de Agricultura do Con-greso dos Deputados, Lau-ra Seara, insta ao Goberno central a “que o novo Plan de Regadíos asegure os in-vestimentos previstos na comarca da Limia, com-prometidas co catro comu-nidades de regadores da co-marca: Alta Limia, Corno do Monte, Lamas-Ganade e San Salvador de Sabuce-do”.

Así o manifestou Seara ao termo da comparecencia do Ministro de Agricultura no Congreso, na que Arias Ca-ñete anunciou o deseño dun novo Plan de Regadíos.

A deputada socialista lembra que “existe un com-promiso de investimento de �7 millóns de euros, recolli-do no Convenio para a mo-dernización de regadíos na comarca da Limia subscrito entre o Goberno e a Xunta de Galicia en xaneiro de �011, sendo aínda Ministra de Agricultura Rosa Agui-lar”.

A deputada socialis-ta apunta que, segundo o devandito convenio, ao Ministerio correspóndelle achegar un 40% do inves-timento, un ��% á UE, un ��% á Consellería de Me-dio Rural e un 10% aos

agricultores.“Este é un compromi-

so que espero que o novo Goberno respecte no novo Plan de Regadíos anun-ciado hoxe polo Ministro e que non se vexa afecta-do os recortes de fondos anunciados polo novo Go-berno”, sostén.

Neste sentido, Seara in-cide en que “Arias Cañete debería explicar de forma detallada que actuacións e programas veranse afecta-das o recorte anunciado de 400 millóns de euros”.

Por iso, a deputada so-cialista anuncia que pre-sentará iniciativas parla-mentarias sobre ambas as cuestións.

Laura Seara insta ao Goberno a cumplir a modernización dos regadíos da Limia4 A deputada socialista ourensá anuncia a presentación dunha iniciativa parlamentaria neste sentido.

Laura Seara, deputada so-cialista no Congreso./P.L.

Paula Lodeiro

A marcha de José Luis Baltar da Deputación pro-vincial, institución que presidiu durante �� anos, fixo que o pleno de xanei-ro transcurrira nun ton de cordialidade, chegando a aprobarse por unanimida-de as dúas mocións pre-sentadas pola oposición e referidas a temas da co-marca da Limia.

Así, a moción do BNG sobre a pataca da Limia re-cibiu o apoio dos socialis-tas e do grupo do goberno do PP -cunha emenda-, e de igual maneira foi apro-bada a moción do PSOE sobre a modernización dos regadíos da Limia.

Na primeira das mo-cións, o voceiro naciona-

lista Xan Jardón defendeu a necesidade de protexer o sector da pataca da Limia e propuxo, entre outras medi-das, que se apliquen os con-tratos homologados, que a Xunta poña en marcha un Plan Estratéxico da Pataca, que o Ministerio de Agri-cultura regule os prezos dos produtos agrogandeiros ou que a Deputación busque a instalación dunha gran empresa do alimentaria na comarca.

RegadíosNa moción socialista que

defendía a modernización dos regadíos da Limia, a de-putada Elvira Lama reclama-ba o cumplimento por parte da Xunta das condicións de financiamento acordadas no seu día e o compromiso

José Luis Baltar conversa con Xan Jardón momentos antes de comezar o seu último pleno como presidente da Deputación de Ourense. /P.LODEIRO.

da Deputación de apoio económico ao sector e aos agricultores.

O voceiro do PP, Plácido Álvarez, expresou o voto favorable do seu grupo a esta proposta “non sen cer-tos matices”. Argumento Álvarez que “na situación económica na que estamos hai que reprogramar moi-tos plans de inversións” e que o que plantexa agora a Xunta aos regantes é “exe-cutar as obras sen contar con Seaisa, redefinir os custos das actuacións, re-ducir o número de hectá-reas, e incrementar a ache-ga dos regantes, que terían que pagar un pouco máis ao principio, dado que non van ter que retornar o 41% do investimento (a Seia-sa)”.

A obra foi rea-lizada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, cun investimento de 578.244 euros

O PSOE de Xinzo considera “falso” o aforro enerxético anunciadoRedacción

O PSOE de Xinzo vén de solicitar o informe da empresa que avala o aforro enerxético en luminarias públicas, “para saber de que montante estamos a fa-lar e o que cobra a empresa polo mesmo”, aseguran.

A portavoz socialista, Elvira Lama, explicou nun comunicado que “baixo o pretexto de apagar as lu-minarias naqueles puntos onde non reside ningunha persoa, podemos chegar a suprimir tamén servizos como a recollida de lixo, de traída de saneamento ou abastecemento e de-puración onde tamén non vivan veciños de forma permanente”. “Unha idea absurda, porque os ve-ciños pagan as mesmas taxas e impostos, vivan de xeito permanente ou es-tacionalmente, para que agora se supriman servi-zos básicos”, sinala.

Regalando luzLama apunta que a situa-

ción actual é consecuencia do despilfarro dos alcaldes do PP en calquera cita elec-toral, “poñendo puntos de luz a esgalla a cambio dos votos das familias”. Así mesmo, a edil recorda que o o seu grupo de goberno xa tiña plantexadas medi-das de aforro en anos ante-riores “cando as arcas non estaban tan baleiras, pero daquela o PP non quixo escoitar nin aproveitar fon-dos estatais para implantar paneis solares en edificios públicos, que reducirían o consumo eléctrico e tamén a factura”.

Page 12: Febreiro 2012 - BXV

1� BARRIOSFebreiro de �01� PUBLICIDADE

Page 13: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

13PUBLICIDADE

Page 14: Febreiro 2012 - BXV

14 BARRIOSFebreiro de �01�

OURENSE PROVINCIA

Redacción

O Consello de Adminis-tración de Adif aprobou a adxudicación, por importe conxunto de 31�.711.��� euros, da construción de plataforma de catro novos tramos na Liña de Alta Ve-locidade (LAV) Madrid-Ga-licia, tres deles na provincia de Ourense: o Túnel do Ca-ñizo (vía esquerda), Cam-pobecerros-Portocamba e Portocamba-Cerdedelo.

A adxudicación destes contratos supón un novo e importante impulso á co-nexión de Alta Velocidade Madrid-Galicia, tras a posta en servizo do tramo Ouren-se-Santiago-A Coruña o pa-sado mes de decembro.

Descrición dos tramos ourensáns

O tramo Túnel do Cañizo (de 5,6 km) discorre polos termos municipais da Mez-quita e A Gudiña. O proxec-to contempla a construción da vía esquerda do túnel do Cañizo, de 5.370 m de lo-nxitude. O tramo, que conta cun prazo de execución de 3� meses, foi adxudicado á UTE composta por Assignia Infraestructuras, Copcisa e Velasco, e Obras y Servizos, por importe de 7�.1�0.�74 euros.

O tramo Campobecerros-Portocamba (4,� km) disco-rre polos termos municipais de Castrelo do Val e Laza. O proxecto contempla a construción dos tuneis de Portocamba (3.745 m de lo-nxitude) e un Posto de Bana-lización en Campobecerros.

O tramo foi adxudicado á UTE composta por Sacyr, Cavosa Obras y Proyectos, Río Valle Construcción y Obra Pública, Construcións Mariano López Navarro por un importe de �4.�50.715 euros, e conta cun prazo de execución de 30 meses.

Por último, o tramo Porto-camba-Cerdedelo (�,3 km) discorre polo termo muni-cipal de Laza. O proxecto contempla a construción dos tuneis de Cerdedelo (1.700 m) e do viaduto de Teixeira (5�9 m). O tramo foi adxu-dicado á UTE composta por Dragados, Tecsa Empresa Constructora, Sogeosa-So-ciedad General de Obras e Construcciones y Obras Llorente, por un importe de 93.663.�44 euros e conta cun prazo de execución de 35 meses.

Estes tres tramos e un cuarto adxudicado en Za-mora foron deseñados para dobre vía de alta velocida-de en ancho internacional e os proxectos conteñen as actuacións necesarias para a execución das obras de infraestrutura, tales como movementos de terra, obras de drenaxe, estruturas, tú-nel, reposición dos servizos e servidumes afectadas, in-cluíndo as conexións trans-versais que aseguran a per-meabilidade viaria da liña.

Tramo Zamora-OurenseOs catro tramos adxudi-

cados sitúanse no segmento comprendido entre Zamora e Ourense, con ��9 km de lonxitude total, nunha das zonas máis complexas tec-

nicamente da LAV Ma-drid-Galicia, o traxecto entre Puebla de Sanabria e Ourense, debido á acci-dentada orografía que atra-vesa.

A situación actual das obras de construción de plataforma do tramo é o se-guinte: 1� tramos atópan-se en construción, con 157 km de lonxitude conxunta, nas provincias de Zamora e Ourense; nestas mesmas provincias, 4 tramos están xa adxudicados (sumando 16 km): Requejo-Túnel de Padornelo,Túnel O Cañi-zo, Campobecerros-Porto-camba e Portocamba-Cer-dedelo, e outros 4 tramos están licitados (34,4 km): Túnel de Padornelo-Lu-bián, Túnel do Corno vía dereita, Cerdedelo-Prado e Prado-Porto, e a súa adxu-dicación está prevista nas próximas semanas.

Dentro deste treito des-taca a construción de dúas novas estacións, as de Pue-bla de Sanabria e A Gudi-ña-Porta de Galicia, ambas as en fase de proxecto, así como a adaptación á alta velocidade das estacións de Zamora e Ourense. Ademais, está adxudicada a redacción do proxecto da nova estación intermodal de Ourense.

Hai que destacar que en case 60 km entre Lubián e Porto, o trazado desen-vólvese mediante dúas vías con plataformas in-dependentes (vía dereita e esquerda), cunha sucesión continua de tuneis e via-dutos.

Adxudicados tres novos tramos do AVE galego4 Suman 1�,1 quilómetros e están situados na-Gudiña, A Mezquita, Castrelo de Val e Laza.

Un tramo da liña de alta velocidade galega. /ARQUIVO.

Despois de Xantar, chegan as compras4 A Mostra da Oportunida-de, en Expourense, do � ao 4 de marzo.

Redacción

Os diversos recortes que os diferentes gobernos es-tán a realizar no Servizo Nacional de Saúde (SNS) con motivo da crise eco-nómica actual veñen de provocar a reacción dos profesionais afectados. Así, dende o Colexio de Médi-cos de Ourense queren fa-cer consciente á cidadanía da “situación de dificultade sen precedentes que atrave-

samos e que fai difícil o fun-cionamento do sistema sani-tario”, como consecuencia das reiteradas modificacións que están a sufrir as súas condicións laborais e retribu-tivas “de forma permanente e irreversible”, recordan. E amósanse principalmente preocupados “por dous co-lectivos médicos especial-mente vulnerables por ser o futuro da sanidade española, como son os médicos en for-mación MIR e os adicados á

Na imaxe, o restaurante do Concello de Riós repleto de comensais na última xornada da feira Xantar, en Expourense. A organización calcula qued durante os cinco días que estivo aberto, o salón da gastronomía e o turismo recibiu máis de 20.000 visitas, 17.000 das cales probaron algúns dos 30 menús ofrecidos polos 18 restaurantes. Outras 6.000 persoas, na meirande parte profesionais do sector, participaron nalgunha das 200 acti-vidades do programa desta edición./RAMSÉS.

investigación”. Como consecuencia, es-

tes profesionais reclaman que os recortes “non deben afectar á profesión médica, xa que provoca pérdidas de calidade na asistencia aos pacientes”, e lembran que os máis afectados son os colectivos máis débiles (pobres, anciáns, desfavo-recidos e indefensos).

Proposta de acordoNeste senso, dende o Co-

lexio de Médicos ourensán propoñen “un gran acordo político que permita intro-ducir os cambios precisos para mellorar o funciona-mento do SNS no que de-ben participar profesionais e cidadáns”.

O Colexio de Médicos de Ourense rebélase contra os recortes

Redacción

Logo do éxito acadado pola recente cita coa feira gastronómica de Xantar, pola que pasaron en cin-co días unhas �0.000 per-soas, o recinto feiral de Expourense xa quenta mo-tores para o seu seguinte evento. Trátase da décimo novena Mostra da Oportu-nidade, que terá lugar en-tre o � e o 4 de marzo.

Esta mostra é o certame decano no calendario feiral ourensán, que convirte a este recinto nun gran cen-tro comercial, acollendo un cento de empresas que se reunirán para presentar ofertas especiais no mo-mento no que o mercado máis as demanda. Así, os que se acheguen neses tres días a Expourense poderán gozar de liquidación de stocks, saldos e promocións

de fin de tempada en produ-tos de 30 sectores diferen-tes, entre os que se atopan o textil, fogar, alimentación, automoción, informática, papelería, imaxe e son, e artesanía.

Serán un total de 100 os expositores que, represen-tando a máis de 400 firmas comerciais, achegarán du-rante a mostra da oportuni-dade as mellores ofertas aos máis de 17.000 visitantes que se prevé que acudan á cita; supondo, polo tanto, unha oportunidade de ne-gocio única.

Haberá liquidacións e saldos en produtos de 30 sectores

Page 15: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

15

O ano pasado producíronse 822 despidos individuais

OURENSE PROVINCIA

Cada día laborable de 2011 foron despedidos catro ourensáns4O sindicato CIG anuncia unha folga xeral contra a reforma labo-ral para finais de marzo.

O secretario xeral da CIG en Ourense, Etelvi-no Blanco, deu a coñecer o balance de expedientes de regulación de empre-go (EREs) na provincia o ano pasado. Durante �011 resolvéronse 6� expedien-tes, un �1% máis que o ano anterior, que afecta-ron a 1.070 empregados (un 6�% máis de traballa-dores que en �010). Deste número, 7 foron de extin-ción (�5 afectados), 34 de suspensión e �� de redu-ción de xornada. Nesta ci-fra non están incluidos os EREs que se resolveron por vía xudicial, corres-pondentes a empresas en concurso de acreedores.

O sindicalista da CIG tamén informou dos datos correspondentes á EPA

Etelvino Blanco. /P.l.

(enquisa de poboación ac-tiva), que cifran o número de ocupados na provincia en 111.600 a data de de-cembro de �011, “o nivel máis baixo que se recorda na provincia”. En canto ao desemprego, a EPA rexistra �6.300 parados na mesma data, mentres que os datos do INEM son aínda peores: ��.�17 inscritos nas listas de des-emprego.

Para Etelvino Blanco os datos son especialmente negativos se os compa-ramos co resto de pro-vincias galegas: “a taxa de paro é a segunda máis alta de Galicia (19,0�%) e a taxa de actividade a máis baixa de Galicia (o 4�% da poboación está en activo)”

Perez Bouza abandona o BNG4 O ex senador explica que non comparte o camiño esco-llido pola formación na última Asamblea Nacional.Redacción

O ex senador e respon-sable do BNG na comarca de Allariz-A Limia - Ma-ceda, Xosé Manuel Pérez Bouza, vén de solicitar a súa baixa como militante da formación frontista na que militou os últimos �0 anos.

Pérez Bouza detalla nunha carta os motivos da súa marcha, que conside-ra “unha decisión perso-nal, que responde a unhas razóns concretas, que non son persoais senón políti-cas, e que non dependen en absoluto da decisión que poidan tomar outros militantes a título indi-vidual, nin colectivos ou correntes organizadas”.

Considera que a última Asamblea Nacional “non foi de consenso, senon de clara confrontación”, e “vendo o camiño que co-lleu o BNG, moi distinto ao que eu considero que debería ter collido, para aspirar a ser unha forza maioritaria en Galicia preparada para desputar-lle a hexemonía electoral ao PP e ao PSOE, despois dunha profunda reflexión e de que o Portavoz Na-

Pérez Bouza encabezara a lista do BNG ao Congreso por Ourense. /ARQUIVO.

cional nos convidara, a aqueles que estábamos repensando o noso futuro na organización, a decidir-nos canto antes, cheguei á conclusión de que o mellor para o BNG é que solicite a miña baixa como afiliado desta organización, xa que por responsabilidade e por coherencia política, enten-do que tanto os órganos de dirección do BNG como os seus referentes públicos te-ñen todo o dereito a pór en marcha a líña política que se aprobou na Asemblea Na-cional, con absoluta lealta-de do conxunto dos militan-tes e sen estar sometidos a un cuestionamento e a unha crítica interna constantes que mermen as posibilida-des de éxito do proxecto político do BNG”.

Paula Lodeiro

O secretario xeral da CIG en Ourense, Etelvino Blanco, deu a coñecer os datos de despedimentos que pasaron pola Unidade de Mediación Arbitraxe e Conciliación (UMAC) en �011. En total foron ��� os traballadores que foron despedidos de maneira in-dividual, e que xunto aos que se viron afectados por EREs de extinción (outros �5) ou os que foron des-pedidos pola vía xudicial (concurso de acreedores, 31) ofrecen unha estatísti-ca de catro despedimentos ao día (laborable) durante o ano pasado na provincia de Ourense.

Segundo Blanco, a refor-ma laboral recén aprobada polo Goberno do PP, e que el considera “unha volta ao escravismo laboral”, afon-dará nesta situación. Con respecto ao futuro, o sindi-calista cre que veñen “anos fatídicos, con perdas de emprego e inestabilidade”. Por iso a CIG vai iniciar unha campaña de mobiliza-cións que desenvocará nun-ha folga xeral ao final de marzo, para a que aínda non hai data porque a central sindical nacionalista agar-da contar co apoio doutras organizacións sindicais.

Detallando os datos, o ano pasado houbo �0 despedi-mentos máis que en �010, un total de ���, dos que só 1�7 (un ��%) remataron con acordo, 3�� foron sen avinza e en ��6 o empresa-rio non se presentou ao acto de conciliación. Por iso, para o secretario xeral da CIG, “o UMAC é tomado polos empresarios en plan de pasoteo”, o que redunda nunha maior carga de traba-llo para os xulgados, ao non haber acordos traballadores-empresarios neste servizo previo á vía xudicial.

Perfil dos despedidosDo total de despedidos,

o líder sindical lamenta a alta porcentaxe de persoas afectadas na franxa de ida-de de 30 a 50 anos e con an-tigüidades laborais altas: os despedimentos en persoal con entre 5 e 10 anos de an-tigüidade e máis de 10 anos de antigüidade supoñen un 43% do total (356). De fei-to, o ano pasado os empre-sarios pagaron 3,3 millóns de euros en indemnizacións por despidos, fronte ao 1,9 millón de euros de �010, dato que demostra que “o que se pagou foi a persoas con maior antigüidade”.

Os datos da UMAC ta-mén reflexan 1.391 recla-macións de cantidades, 1�1

4 68 expedientes de regulación de em-prego afectaron a 1.070 traballadores

máis que en �010, e outras 551 englobadas baixo o epígrafe reclamacións va-rias, que, segundo Etelvino Blanco, corresponden en moitos casos a rescisión de contratos.

Haberá liquidacións e saldos en produtos de 30 sectores

Page 16: Febreiro 2012 - BXV

16 BARRIOSFebreiro de �01� DEPORTES

Unha rapaza facendo un exercicio nunha xornada anterior de “Xogando ao atletismo”.

O Club Natación Verín conta na actualidade con máis de 350 menores

Redacción

O vindeiro sábado día 3 de marzo, a Asociación Deportiva Limiactiva or-ganiza unha nova xornada de Xogando ao Atletismo. Como vén sendo habitual, celebrarase no Pavillón de Deportes de Xinzo, con probas de saltos de lonxi-tude, de altura, velocidade, resistencia e lanzamentos.

Poderán participar tó-dolos nenos e nenas que o desexen, pertencentes as categorías chupete (09-10), pitufo (07-0�),

Os nenos de Xinzo xogan ao atletismo4 Unha nova xornada de “Xogan-do ao atletismo” terá lugar no pavi-llón de deportes o 3 de marzo.

prenbenxamín (05-06), benxamín (03-04), alevín (01-0�), infantil (99-00) e cadete (97-9�).

DorsaisPara poder retirar o dorsal

será necesario colaborar cun quilo solidario, que a orga-nización entregará a Cáritas para a súa distribución entre os mais necesitados.

Nesta xornada atlética prevese unha participa-ción de más de �0 mozos deportistas que recibirán medallas e agasallos como premio ao seu esforzo.

R.T.

Unha nova tempada co-meza para os nadadores do Club Natación Verín, que participarán en varias competicións ao longo destes próximos meses. A presenza dalgún dos nada-dores verineses está con-firmada nas organizadas polos clubs de Chaves, Allariz, Xinzo de Limia e Barco de Valdeorras.

As categorías que par-ticipan nestes eventos son as de benxamín (�001-�00�-�003), alevín (1999-�000) e infantil (199� e anteriores); e as probas

Comezan as competicións para o Club Natación Verín4 Participará en numerosos campionatos da xeografía ourensá e en Portugal.

son as seguintes: �5 me-tros bolboreta benxamín, 50 metros bolboreta alevín e infantil, �5 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín e infantil, �5 metros braza benxamín e alevín, 50 metros braza infantil, �5 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín e infan-til, e 4 x �5 relevos.

Mellorando ano a anoO Club de Natación de

Verín segue a traballar na mellora do nivel dos seus integrantes. O ano pasado xa acadou medallas e tro-feos nas diferentes compe-ticións nas que participaron,

logrando o primeiro posto nalgunhas das mesmas, por enriba de clubs de na-tación federados.

A Concellaría de De-portes segue a traballar na consolidación do Club de Natación de Verín, creado na anterior lexislatura polo actual grupo de goberno. Na actualidade conta con máis de 350 menores.

O alcalde de Verín, Jiménez Morán, e o concelleiro de deportes, Víctor Baladrón, con nenos do Club de Natación de Verín na piscina climatizada.

EN BREVE

4Torneo de fútbol sala

A Eurocidade Chaves-Verín organiza, entre os meses de marzo e xuño, a cuarta edición do “Torneo de Fútbol Sala Inter-Fre-guesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín”.

Os equipos de Chaves e Verín, interesados en participar na competición, deberán inscribirse ata o vindeiro � de marzo no Centro Cultural de Chaves ou no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade si-tuado na casa consistorial de Verín.

4Charla sobre saúde

O venres, � de marzo, ás �0:30 horas na Casa da Cultura de Verín terá lu-gar unha charla-coloquio sobre saúde, organizada por Saudeter, que versará sobre a “Enfermidade car-diovascular, proceso da enfermidade e factores de risco”.

Antes da charla, ás 19.30 horas, no mesmo lugar, realizarase un obradoiro de medición dos factores de risco e demostrarase o rol que ten o deporte na prevención e tratamen-to da dolencia, ademais dunhas recomendacións nacionais sobre actividade física.

O Verín CF, na zona media da táboa4 Os de Tonino son undécimos.R.T.

O Verín CF marcha na undécima posición da

Rexonal Preferente Grupo Sur de Galicia.

Despois da súa derrota no campo do Pontellas, os

de Tonino levan �9 puntos, nove por enriba da zona de descenso, polo que aínda non poden respirar tranqui-los ao non ter a permanen-cia asegurada.

A vindeira fin de semana (domingo 19), o Verín reci-be no duelo provincial ao Sporting Celanova no José Arjiz.

Un xogador do Verín no partido contra o Barbadás.

Page 17: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

17ENTROIDO especial

Ourense presenta de ma-neira conxunta a súa oferta entroideira: Frei Canedo na Ponte, Paquita e Nica-nor en Seixalbo ou A Pita en Eiroás son algunhas das propostas festivas para a vindeira fin de semana, sen descoidar a que ofrece a Concellería de Cultura para ourensáns e visitantes, con actividades para todos os públicos e en diversos espazos e nas que a máxi-ma é “deixar que a espon-taneidade inunde as nosas rúas”, como apuntou a con-celleira de Cultura e tenen-te de alcalde de Ourense, Isabel Pérez. A concelleira convidou aos ourensáns a “disfrutar desta festa” e a que “experimenten outros Entroidos”, recordando que Ourense non compite con Laza, Xinzo e Verín, senón que existe acordo para que “non se simultaneen actos importantes en ningún con-cello da provincia”.

Cun pregón no que non deixarán “títere sen cabe-za” os entroideiros Paco Gallego e Manu Varela se-rán os encargados de dar o pistoletazo de saída ofi-cial ao Entroido na capital ourensá. Será o venres 17 ás �1 horas na praza Maior, e virá seguido dun desfile polas rúas do casco históri-

O Entroido pasa por OurenseA Concellería de Cultura convida aos ourensáns a gozar co carnaval da capital

Campaña turística“O Entroido pasa por

Ourense” é o lema da cam-paña de promoción que puxo en marcha a Con-cellería de Turismo co fin de presentar a cidade das Burgas como unha opción turística máis para os días desta tradicional celebra-ción. O lema está orien-tado a facer de Ourense a lanzadeira aos diferentes entroidos da provincia, xa que como explicou a edil de Turismo, Isabel Pérez, “Ourense está situada no centro dese triángulo máxico que conforman Laza, Xinzo e Verín e debe aproveitarse da súa situación estratéxica, por capacidade hoteleira e de servizos”.

Os folletos promocio-nais recollen ofertas de noites de hotel en seis es-tablecementos da cidade e provincia de diversas categorías, a oferta das instalacións termais e pro-postas de menús especiais de 1� restaurantes.

A concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Isabel Pérez, presentou o programa do Entroido 2012 acompañada de representantes dos distintos Entroidos que se organizan na cidade.

Cartel do Entroido na capital ourensá.

17 de Febreiro - Venres de Entroido

- �1.00h - Pregón do Entroido �01� - Lugar: Praza Maior

- 21.30h - Desfile polas rúas da cidade coa pre-senza dos nosos entroi-dos (Paquita e Nicanor de Seixalbo, Frei Canedo e As Romanas da Ponte, As Pitas d’as Eiroás) Os Perqtores de Seixalbo e a charanga Chunda chunda

- ��.00h - Cea de Ben-vida ao Entroido onde será obrigatorio vir disfrazado - Venda de Entradas: Au-ditorio (15 euros) - Lugar: paseo central da Alameda18 de Febreiro - Sábado de Entroido

- Animación de rúa: Charangas Dr Anchoa, Air Jalisia, Trópico de Grelos e Mekánika

- 17.30h - Entroido infantil “A danza da granxa” - Alameda

- 00.00h Baile coa or-questra Los satélites - Lu-gar: Praza Maior19 de Febreiro - Domin-go de Entroido

- Animación de rúa: Charangas Dr Anchoa, Os Centellas, Chunda chun-da, Trópico de Grelos, Os chispas e Santiago Apos-

tol- 1�.00h - Concerto do

Entroido da Banda Muni-cipal de Música de Ourense - Lugar: Alameda

- 18.00h - Desfile de Comparsas e Carrozas - Concentración das/os parti-cipantes: As Lagoas

- 19:30h - Baile coa or-questra Ledicia - Lugar: Praza Maior

- �1.00h - Concurso Rei/Raíña do Entroido �01� - Lugar: Praza Maior20 de Febreiro - Luns de Entroido

- Animación de rúa: Cha-rangas Aperta, Dr Anchoa, Air Jalisia e Mekánika

- 17.00h - Entroido infan-til “Un día na granxa” - Lu-gar: Alameda

- 19.00h -Actuación in-fantil: “Çe, orquesta pan-tasma” - Lugar: Alameda

- 00.00h Baile coa or-questra Capitol - Lugar: Praza Maior

- 00.00h Concerto - Los Muyayo Riff, Dios ke te crew e Dj Iván DZ - Lugar: Praza do Correxidor21 de Febreiro - Martes de Entroido

- Animación de rúa: Cha-rangas Mucha marcha e Chunda chunda

19.00h - Ambientación

4 O programa, en detalleco e dunha cea nunha carpa na Alameda á que hai que ir disfrazado.

Outro momento destaca-do dos festexos será o des-file de comparsas e carrozas e a seguinte coroación do rei ou raíña do Entroido, na tarde do domingo 19. As inscricións están abertas ata o xoves 16 e repartiranse 6.000 euros en premios.

musical - Lugar: Praza Maior22 de Febreiro - Enterro da Sardiña

�0.30h - Enterro da sar-diña. - Concentración na Praza Maior, as carpidei-ras acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido, o cortexo fúnebre irá ame-nizado polas charangas Os Centellas e Chunda chunda - Saída da Praza Maior, La-mas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto Domingo, Lepanto, Xoán de Austria, praza de Santa Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.

Outros EntroidosA Pita das Eiroás:

- 21 de febreiro - Martes de Entroido: Pola mañá.-Ruada con máscaras e mú-sicas. 13h00 - Voda da Pita. Xantar dos noivos, coa Cha-ranga Chunda chunda. Bai-le de disfraces coa orques-tra D´Momento. Concursos e pasarelas de disfraces. A partir das �1.00h.-Queima do meco.Paquita e Nicanor de Seixalbo:

- 21 de febreiro - Martes de Entroido - 16.00h Saída das diferentes comparsas

polas rúas de Seixalbo ata a Praza Maior. �0.00h Percorrido cos Entroidos Paquita e Nicanor, ritual da queima e entrega dos mecos para a súa custo-dia para o ano vindeiro. Animación musical coas charangas Mucha Marcha e Santiago Apostol

- 22 de febreiro - Ente-rro da Sardiña - �1.30h Procesión polas rúas de Seixalbo, para o regreso probar o viño con sardiñas.Frei Canedo da Ponte:

- 19 de febreiro - Do-mingo de Entroido - 1�.00h - Actuación grupo folk. 13.00h - Gran papa-toria con música de cha-rangas. �0.00h - Espec-táculos infantís. ��.30h - Baile popular con disco-teca móbil

- 20 de febreiro - Luns de Entroido. 1�.00h - Charanga para a xuntanza dos frades arredor da Ca-pela. 19.30h Comezo dos solemnes actos con purifi-cación do lugar co “Pote-fumeiro”, sermón, bendi-ción dos novos cofrades. �0.30h - Saída da solenme procesión polas rúas da Ponte. �3.00h - Comezo do baile de disfraces a car-go do grupo Futuro.

Page 18: Febreiro 2012 - BXV

1� BARRIOSFebreiro de �01� especial ENTROIDO

Celebra o Entroido coas pantallas de Xinzo...4 O primeiro “Batentroido”, un gran desfile de disfraces ou a actuación de numerosas orquestras son só un pequeno adianto do Entroido da Limia.Redacción

Logo dos tradicionais Domingos Fareleiro, Oleiro e Corredoiro, así como da noite das mu-lleres (celebrada o 11 de febreiro) chegan os pra-tos fortes do Entroido en Xinzo de Limia, onde dende o venres 17 a fes-ta, a música e os disfraces non deixarán un oco da vila sen encher de cor.

E precisamente ese día dará comezo co desfile infantil ás 1� da mañá, un espectáculo a cargo dos máis pequenos ás 5 da tarde e a celebración do primeiro “Batentroido” -un espectáculo de batu-cas, percusións, ritmos cariocas e caribeños-.

Xa o sábado, o gran protagonista será o 30º Festival da Canción Hu-

O frío en Xinzo non desanimou a moitos á sair á rúa o Domingo Corredoiro. Na imaxe un grupo de pantallas na praza Maior xunto ao Meco colgado. /MIGUEL REJO.

morística, que se celebra-rá ás 19 horas na Praza de Oriente.

O domingo será o turno das actuacións da Agru-pación Musical da Limia

(ás 1�.30 h) e a Banda de Gaitas (ás 13.30 h) na Pra-za Maior.

O gran desfilePola súa banda, o martes

As pantallas foron as protagonistas do Domingo Corredoiro en Xinzo./M. REJO.

�1 terá lugar, ás 17 horas, o Gran Desfile do Entroi-do con saída do Polígono e chegada no parque do Pombal, pasando pola rúa Rosalía de Castro e as ave-nidas de Madrid e Ouren-se, sempre seguindo o rit-mo que marcarán a Banda de Gaitas do Concello e as charangas Trompafós, Achicoria, TNT, Santia-guiño, Kilómetro Cero e a batuca Batuletes.

Xunto a todos estes es-pectáculos -de sábado a martes- distintas orques-tras e grupos musicais per-correrán as rúas da vila, dende as 11 da mañá ata

O Gran Desfile de Xinzo sairá o martes 21 ás 17 horas do polígono da vila

4 Principais actividades do Entroido 2012 - 17 de febreiro. �1 h. I Batentroido Xinzo de Limia.

- 1� de febreiro. 19 h. XXX Festival da Can-ción Humorística do Entroido.

- 19 de febreiro. 1�.30 h. Actuación Agrupa-ción Musical da Limia. Praza Maior.

- 19 de febreiro. 13.30 h. Actuación Banda de Gaitas. Praza Maior.

- �1 de febreiro. 17 h. Gran Desfile de Entroi-do. Saída do polígono.

- �� de febreiro. �0 h. Enterro da Sardiña. Pra-za Maior.

- �6 de febreiro. A par-tir das 17 h. Domingo de Piñata.

aproximadamente as 3 da madrugada do día seguin-te, para completar a cele-bración.

Enterro da sardiña e Domingo de Piñata

A continuación, o mér-cores �� celebrarase o tra-dicional enterro da sardiña a partir das �0 horas e, por último, o Domingo de Pi-ñata (o �6 de febreiro) xo-gos infantís e actuacións musicais porán a fin de festa a esta edición.

Cortes de tráficoComo xa vén sendo habi-

tual, durante os días de En-troido �01� a Praza Maior e varias rúas do Barrio Vello de Xinzo de Limia, permanecerán pechadas ao tráfico rodado a determi-dadas horas do día, e polo tanto, tampouco poderán pasár carrozas e outros ar-tefactos rodados por estas zonas.

Page 19: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

19ENTROIDO especial

O Gran Desfile de Xinzo sairá o martes 21 ás 17 horas do polígono da vila

... ou cos cigarróns de Verín4 Os principais festexos darán comezo o Xoves de Comadres. Redacción

Ao igual que fan moitas outras localidades ouren-sás, Verín foi quentando motores para os días gran-des do Entroido dende case un mes antes. Así, o Xoves de Compadres e o Domingo Corredoiro fo-ron o aperitivo desta gran celebración no municipio, que, como sempre, inau-gura oficialmente os prin-cipais festexos da man das féminas, xa que a noite do xoves 16 as Comadres en-cherán os restaurantes de Verín, ata que a medianoite, no Barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido reciba á comitiva de Don Carnal, xusto antes da lectura do pregón, o cal este ano co-rrerá a cargo do actor Ma-nuel Manquiña (coñecido

pola súa participación en filmes como “Airbag” ou “Torrente”, entre outros) quen con grandes doses de humor, ironía e risas apor-tará a súa particular visión da actualidade .

Nembargantes, esa mes-ma mañá serán os máis pequenos os que tomen as rúas da localidade durante o Desfile Infantil que rea-lizarán os rapaces do Punto de Atención á Infancia do Concello de Riós, CEIP Rodolfo Núñez de Vilar-devós, Gardería Pinocho, CEIP Amaro Refojo, CEIP Castrelo do Val, centros educativos de Chaves (Portugal) e Colexio María Inmaculada.

Xa o venres 17, o “com-padreo” farase a partir das 6 da tarde coa localidade, nunha festa á que é obriga-torio acudir, como manda a tradición, con capuchón ou mascarita.

O sábado os cigarróns se-rán os grandes protagonis-tas cando ás 17 horas teña lugar, na praza que leva o nome deste colectivo, un acto solemne no que as

novas xeracións serán ves-tidas ante a presencia da Raíña do Entroido.

O domingo, o gran díaSen dúbida, en Verín o día

grande do Entroido sempre foi o domingo e nesta oca-sión así o segue a ser. De feito, o 19 de febreiro pola mañá unha descarga de fo-guetes despertará a todos os entroideiros, seguida da concentración de carro-zas, comparsas, máscaras

e cigarróns ás 1� horas no Barrio de San Roque para anunciar o Gran Desfile que comezará media hora despois, o cal percorrerá ao ritmo da música as rúas Luis Espada, Alameda e as prazas da Alameda e Gar-cía Barbón.

Luns e martes Xa o luns, a partir das

16.30 horas, xogos infantís e inchábeis agardarán aos máis pequenos da casa no

Verín acollerá dous desfiles de Entroido, o domingo e o martes

Pavillón dos Deportes, os cales deben ir disfrazados. E ás 19 horas, merenda po-pular, baile e verbena com-pletarán o coñecido como Día da Farelada, a cal se conmemorará pola tarde.

Pola súa banda, a guinda do Entroido �01� porase en Verín o martes �1 de febreiro, cando ás 16 horas teña lugar outro Gran Des-file, similar en percorrido e forma ao do domingo. De seguido, a festa continua-rá, a modo de despedida, e ata que o corpo aguante, nas prazas Maior e García Barbón.

A música non faltaráE como en toda boa ce-

lebración de Entroido que se precie a de Verín sempre irán ben acompañada da mellor música, que corre-rá a cargo de numerosas orquestras e charangas, entre as que se atoparán París de Noia, o Grupo La Oca, Cinema, Garibaldi ou Triunfo.

O coñecido actor Manuel Manquiña será o pregoeiro do Xoves de Comadres

Saída dos cigarróns o pasado Domingo Corredoiro. /BORYS INTERFILM

Un grupo de cigarróns no Domingo Corredoiro de Verín. /BORYS INTERFILM

Page 20: Febreiro 2012 - BXV

�0 BARRIOSFebreiro de �01� especial ENTROIDO

Redacción

Xunto a Verín e Xinzo, Laza completa o triángu-lo máxico do Entroido na provincia de Ourense e para esta edición �01� a localida-de ten preparadas numerosas actividades que convidan á festa tanto a veciños como a visitantes.

Como vén sendo habi-tual os principais días de celebración darán comezo o xoves de Comadres (16 de febreiro), día no que ás 14.30 haberá un folión a cargo dos nenos do CEIP O Castiñeiro e xa pola noite a tradicional cea de mulleres.

O venres 17 será o turno da VI Festa Gastronómica da Cachucha, a Bica Bran-ca, o Xastre e o Licor Café, que se celebrará no pavillón de Deportes do municipio e que conta cun aforo limita-do de 700 persoas que de-ben abonar os 17 euros que custa a entrada (á venda en diversos locais da vila).

Xa o sábado, a fariña inundará Laza pola tarde antes de que a troulada e as cabritadas dos máis mozos fagan das súas pola noite.

Estrea e borrallaPola súa banda, o domin-

go 19 é o día da estrea dos novos peliqueiros, que rea-lizarán un saúdo ao remate da misa e un pasarrúas a

Laza, o terceiro do triángulo4 O seu Entroido inclúe unha festa gastronómica, desfiles de carrozas e a exhibicións dos peliqueiros.

continuación, mentras se repartirá a bica que leva o seu nome na Praza da Pi-cota. Xa pola tarde, o tra-dicional desfile de carro-zas de Entroido inundará as rúas do municipio.

O día seguinte, o luns borralleiro, comezará coa farrapada e a xitanada dos burros e maragatos pola mañá, e continuará pola tarde coa baixada da mo-rena dende cimadevila, acompañada das formigas, toxos e cobelleiros; para rematar repondo forzas a cargo da cachucha, pan e viño que se repartirá entre os asistentes.

Fin de festa, o martesPor último, o martes

rematará a celebración en Laza, coa saída dos Peliqueiros veteráns pola mañá e un desfile de ca-rrozas a partir das 19 ho-ras. A fin de festa correrá a cargo do enterro do En-troido e o loito dos peli-queiros.

Así mesmo, todas estas actividades sempre conta-rán coa mellor animación musical. De feito, os gru-pos Limón, Chicas Show, Costa Oeste, Monterrey, Triunfo ou La Oca son só algúns dos que porán a nota musical en Laza du-rante os días grandes do carnaval �01�.

Cartel do Entroido 2012 de Laza.

4TRIBUNA ABERTA

Verín & Xinzo, entroideando

Escomenzou a batalla, nas vilas máis Entroidei-ras da nosa terra, a con-ta atrás finou, e o delirio estallou en Verín e Xinzo. Desenfreo colectivo, dos entroideiros máis enxe-bres, o exceso permitido, exaltación do Cigarrón e da Pantalla, personaxes intocables, místicos, pro-fundos, nados da man do misterio. Pegadas dos antepasados afloran no ritual do Entroido máis puro. Fareleiro, Olei-ro, Comadres... grandes días!

Equivocadamente, esti-vemos moito tempo cun-ha rivalidade absurda, de presunción estéril, duns e outros desprestixiando unha festa tan íntima e apegada, coa tozudez de crerse millor cos demais, sen percatarnos do dano que facemos á tradición e ao sentimento. Agora so-mos máis conscientes da grandeza do noso Entroi-do. Non hai Entroido me-llor ou peor, simplemente cada pobo está ligado ao seu, e as súas xentes de-féndeno coma patrimonio esencial e único. Se por casualidade non poide-rades estar no voso En-troido, e a mesma situa-ción vos permite, visitar outros Entroidos, ainda que sexan os máis famo-sos do mundo, sentiredes que alí, no medio dun gran folclore, non pinta-redes nada. Todo é balei-ro, embullidos por tanto poderío, non corre o es-calofrio nas entrañas se deixamos de ollar por un momento unhas Panta-llas correndo e brincan-do, escollendo a víctima con cautela, con gusto, como fan os homes da familia “Manatas”, os irmáns “Gabachos” Ra-món e David, a pandilla do “Peludo”, o”Rafael Moka”, o Feliciano, o Segundo e o Luciano e outros moitos que adoran a Pantalla e respéctana sobre todas as cousas e

lévana con orgullo. Ou pola outra banda, o

lóstrego temido que deixan os cigarróns máis rápidos, trotando cun sorriso desa-fiante, altivos, supremos, elegantes, e sobre todo ceibes, pola rúa do Pozo, enfiando a praza do Pesca-dilla, alí é o seu sitio, no casco vello! Onde lucen coma soles, e seguindo a estela dos máis antigos como foron o “Pepe Lao”, “Luis Dasairas”, ”Neno Panocheiro”e o imponen-te “Luis de Cerdedelo”, valentes!, que noutra épo-ca arriscaron con gañar unha noite de calabozo por levar o Cigarrón, deixando a patente de que en temas de Entroido, Verín non do-bla o xeonllo ante a sen razón.

Un sen fin de sentimen-tos, os que forman a his-toria dos Entroidos máis visitados de Galicia, Verín e Xinzo, que por fin des-filan coa bandeira bran-ca erguida con orgullo en son de paz, igual que o fixo en Xinzo o “Sr Sardi-ña, “O Portela”, a “Irene Moka”, sempre levando a batuta da orquesta, “Ma-nolo Ojea” e o “Edesio” e como non o recordadado “Sr Manila” (avó da miña boa amiga Chus). En Ve-rín, na outra trincheira, fixeron entroido antano “O Tito”,“O Luis de Cerdede-lo”, “O Roscas pai”,“O Grolo”, “O Araujo”,”O Sarria e Sra”, e o inesque-cíbel Jesús Otero,“O Pes-cadilla”, personaxes que entre outros moitos, xa non están con nós, mais témo-los gravados con cariño na memoria.

Son Entroidos diferentes pero co mesmo espiritu de resistencia, onde ninguén foi quen de paralizar unha tradición da que as pro-pias autoridades formaban parte, e facíanse cómpli-ces por uns días, deixando as normas pechadas no caixón, ocultas, e os per-misos gubernativos asegu-rados, como fixo D. Edesio

Fuentes, alcalde de Verín, no seu tempo.

Na véspera dos “Com-padres”, andei por Verín cheirando nos baixos máis enxebres, onde collen for-ma as carrozas, prepá-ranse as parodias e traxes. Vin algúns personaxes en plena tarefa, perfilando a función. “O Fan-Fan”e “O Cesteiro”, vóltalle fer-ver o sangue entroideiro. “O Gilín” secando a pól-vora dos “Petardiños” e o incombustible Toni “Ta-rrio”, exhibindo o baúl máis completo de cousiñas de Carnaval e o “Gerardo Rollas”, museo andante do noso Entroido.“A Copita e compañia” tamén están a troula dende fai un mes, a “Merche Astorga” a “Ol-guita Rivera” a “Elvira Hervella” e a “Gran Lola Cesteira” veránse polas rúas de Verín co seu in-fatigable humor. Por uns intres viñeron o recordo os incribles “Cunino e Toño Prieto”, patrimonio exqui-sito dun entroido que con gran acerto os seus fillos encarganse de prolongar ano tras ano, que xunto co “Fan-Fan e Palmero” foron animadores inimi-tables dos Entroidos máis recordados, executando parodias que ainda están na retina dos da miña xe-ración, coma aquela can-tiga de cego relatando “O crimen do bar Tufín”.Im-presionante!

En Xinzo non faltarán“O Pucho”,“O Deus Nito”,“A charanga do Lelo”,”O Rato” o “Arias “, “ O Miguel” “O Oterino” e o gran“Toñito” sempre ao quite, e resoplando para que todo saia ben.

Habería que nomear a moita xente con todo me-recemento, mais non cabe duda de que todos os que amamos o Entroido tanto en Xinzo coma en Verín seremos protagonistas. Foi na taberna “O Secreto” de Verín, onde o mestre “Xe-rardo Dasairas” díxome un día que os de Verín, en-

tramos en “catarse” cando chega o Entroido, metémo-nos moito no “allo”, mais temos folgos para recibir os visitantes cos brazos abertos e demostrar que moitas das informacións de actitudes “bárbaras”que algúns empéñanse en es-petarnos, non correspon-den coa realidade e que as xentes de Verín son hos-pitalarias e respectuosas cos que tamén respectan as nosas tradicións. Coñe-cendo moito os amigos que teño en Xinzo, teño o per-miso para dicir, que fanse eco tamén da irmandade e cariño co que serán recibi-dos os seus visitantes. En fin, outro aniño máis, non poderei asistir o Entroido de Xinzo, por motivos que xa sabedes, a pesar da in-sistencia do meu bo ami-go Manolo “Meco”, que supoño, perdoarame esta falcatruada sen remorde-mentos.

Antes de rematar estas letras, quero mandarlle un bico moi grande, de parte de todas as persoas que formamos o fermoso xar-dín do Entroido a unha das flores máis frescas e coloridas da algarabía do Entroido verinés, a “Ma-rily Pescadilla”, que este ano non poderá intervir di-rectamente no seu querido Entroido, pero que sen dú-bida no vindeiro será peza indiscutible dun sentimen-to entroideiro, do que o seu pai,”O pescadilla”, nos deixou en herdanza, para seguir ENTROIDEANDO ao longo dos tempos, e transmitilo xeración tras xeración.

Un saudiño e que viva o Entroido!

Miguel A. P.S “Chita”

“Non hai Entroido mellor ou peor, simplemente cada pobo está ligado ao seu, e as súas xentes deféndeno coma patrimonio esencial e único”

Page 21: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

�1ENTROIDO especial

Redacción

Escapadas, gastronomía, rutas en automóbil e expe-riencias inesquecibles con-forman as catro propostas turísticas do ‘Inverno de Entroido’ de Portas de Ga-licia, baseadas todas elas nos produtos máis repre-sentantivos do oriente da provincia de Ourense para as datas de carnaval.

Unha festividade que xa comezou nesta rexión a finais de xaneiro. Dende entón cada fin de semana, ritos e personaxes ances-trais foron o anunciando a chegada do Entroido �01� nos doce municipios que forman parte do Plan de Competitividade Portas de Galicia (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monte-rrei, Oímbra, Riós, Verín,

O Entroido máis completo, en Portas de Galicia4 Estes doce municipios propoñen variadas op-cións para gozar da festa.

Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso).

O pistoletazo de saída dérono os folións de Laza, o �7 de xaneiro, e o de Vilariño de Conso, o � de febreiro.

Os días de Compadres e Comadres, a fariñada, a re-partición de bica ou a fes-ta da androlla conforman a longa lista doutras citas tradicionais desta gran fes-ta no oriente de Ourense que inclúe o programa tu-rístico “Inverno de Entroi-do”.

Experiencias únicasAta marzo son moitas

as oportunidades que se presentan para coñecer de preto o Entroido en Portas de Galicia e de paso a pro-pia provincia.

Pola súa banda, o sector hostaleiro de Verín e Viana uniuse para ofrecer ao visi-tante un paquete de ofertas a medida do usuario, que consisten en escapadas de fin de semana en hotel-spa de 4 estrelas, aloxamentos rurais e outros, con prezos que van dende os 65 euros por persoa.

GastronomíaPero o Entroido está,

como non, unido indis-cutiblemente á gastrono-mía, como demostran, por exemplo, as xa agardadas reparticións de bica, ca-chucha, pan e viño en Laza. Así mesmo, na proposta gastronómica de Portas de Galicia non faltan tenreira e cabrito da zona, androlla e botelo da bisbarra de Via-na, e de sobremesa, orellas,

4 Sorteo de 5 es-capadas a través de Facebook

Portas de Galicia abre un novo concurso en Fa-cebook, a través do que regalarán cinco premios para coñecer máis de pre-to a rexión Verín-Viana. Trátase dunha escapada enogastronómica pola bisbarra de Monterrei, unha fin de semana cultu-ral no Hotel Restaurante Lugano, unha cea e unha noite de aloxamento en O Marco Longo Hotel Res-taurante, outra escapa si-milar no Restaurante Dos Hermanas, e unha noite no Hostal Restaurante O Augueiro.

Os interesados só de-ben facerse fans da páxi-na nesta rede social, com-partir no muro da mesma unha foto súa disfrazados e tratar deconseguir o maior número posible de “Me gusta”, antes do 16 de febreiro ás 13 horas.

O nome dos cinco ga-ñadores darase a coñecer ao día seguinte.

Unha particular versión da Selección Española de fútbol visitou o Entroido de Verín en 2011./ARQUIVO

filloas, bica ou Torta do Ci-garrón.

Todo regado polos viños da D.O. de Monterrei, den-tro dos menús-degustación de Entroido que ofertarán os restaurantes da rexión por un prezo de entre �0 e 35 euros por comensal.

Rutas en automóbilPara completar a oferta,

Portas de Galicia deseñou dúas rutas en automóbil polas mellores zonas de Verín e Viana. Trátase da

“Non hai Entroido mellor ou peor, simplemente cada pobo está ligado ao seu, e as súas xentes deféndeno coma patrimonio esencial e único”

“Ruta do Val do Támega” (que chega ata a fronteira con Portugal) e da “Ruta das Terras Altas” (que tras-corre únicamente por es-tradas secundarias).

O programa “Inverno de Entroido” busca dar a coñecer esta tradicional festa ao mesmo tempo que a provincia

Page 22: Febreiro 2012 - BXV

�� BARRIOSFebreiro de �01�

4HUMOR

especial ENTROIDO /OCIO E CULTURA

Os días que corren, gra-zas ás Bibliotecas escola-res, rexístrase unha revolu-ción silenciosa nas escolas, na motivación gradual dos hábitos de lectura e con-secuente alfabetización de información.

Sabemos que a lectura, tal como andar de bici-cleta, necesita de moito adestramento, o que esixe tempo e persistencia. Des-pois, é necesario ter me-canismos para entender o que a miúdo, mesmo lendo con destreza, non enten-den, porque ler é inter-pretar. Moitos deses nenos están condenados a ser malos lectores, pronto ma-los alumnos e, en moitos casos, reproducindo ata a exclusión que transportan á entrada da escola.

Neste ámbito, as Biblio-tecas teñen contribuído nese traballo. Tendo en consideración que, cando

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Ninguén nace lector...

Para resolvelo, colo-ca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada colum-na e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.

Neste sudoku, as dúas liñas diagonais longas (marcadas en gris) de-ben tamén conter cada un dos números do 1 ao 9.

4SUDOKUS Nivel difícil

Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/

entra na escola, un neno dunha familia máis letrada está pronto condenado a ler mellor porque ten o triplo do vocabulario que outros nenos de familias menos instruídas. Enténdese, des-de pronto, a importancia primordial do traballo da escola e da Biblioteca.

Actualmente, como outro-ra, unha Biblioteca escolar é un lugar de procura e de saber. Mais, hoxe, o que se procura, o que se encontra, o modo como se opera para encontrar, as tecnoloxías que usamos, non son só a tecnoloxía do libro, temos recursos en soporte papel e en soporte dixital, poden-do, estes últimos funcionar como unha máis-valía de incentivo á lectura.

E, en época de crise, o papel das bibliotecas é aín-da máis importante porque estamos a falar de locais de inclusión, que polos

recursos que teñen, polo feito de quen as goberna (profesores, bibliotecarios) desempeña un traballo que, moitas veces, as familias non fan porque non saben ou porque non poden.

Ningún lector nace feito. Os lectores fanse con tra-ballo, con produción e con práctica de lectura conti-nuada. O problema está, eventualmente, en que non hai unha formación de lec-tores, ao non lles ter dado a competencia, ao non lles ter creado a necesidade.

De aí o imperativo que desenvolve cada vez máis, ou sexa, de traballar, des-de moi cedo, cos pequenos, crear neles tal necesidade, pois só así se formarán bos lectores e o libro subsisti-rá en canto necesidade de existir. E porque xa o di o vello ditado: “Quen non le, non sabe!”.

João Damião

EN BREVE

4 A tenda do Entroido

Por quinto ano consecu-tivo, a Comisión de Festas do Entroido de Verín deci-diu promocionar a súa an-cestral celebración a través da apertura dun establece-mento, sito na rúa Lisa, no que se venderán produtos desta festa, declarada de Interese Turístico Nacional no ano �009.

Entre os obxectos que se poderán adquirir nesta ten-da (que estará aberta ata o martes �1) atópanse suado-iros, camisetas, pañoletas ou chapas, entre outros. Así mesmo, no interior deste establecemento poderase gozar dunha pequena expo-sición de fotos antigas do Entroido de Verín.

4 O Entroido en forma de mostra

Ata o 17 de marzo a Casa do Escudo de Verín acolle-rá a exposición ‘O Noso Entroido’, de Narciso Co-rral Gómez.

A mostra está conforma-da por 47 obras de técnicas mixtas (pintura, acrílico e acuarela), nas que os de-buxos, figuras e cadros amosan imaxes referen-tes á temática do Entroido galego; en especial, do de Verín, recollendo numero-sas obras coa figura do ci-garrón.

4 Globoflexia e Maquillaxe Infantil na Biblioteca

O mércores 15 de febrei-ro, de 1� a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Muni-cipal do Concello de Verín promove un obradoiro de maquillaxe infantil e glo-boflexia.

A actividade está desti-nada a un máximo de 30 menores socios da insta-lación e será coordinada por voluntarios. Consis-tirá na realización destes obradoiros, globoflexia e maquillaxe infantil, dentro do ciclo das actividades organizadas pola Bibliote-ca de Verín con motivo do Entroido.

4 O Vergalleiro sairá en Sarreaus

Sarreaus celebra o día grande do seu Entroido o domingo 19. A mediodía sairá a charanga ÑBA ani-mando aos veciños a gozar da festa. A partir das 16:30 horas comezará o desfile con carrozas e comparsas, e coa máscara típica do mu-nicipio, o Vergalleiro, no que tamén estará presente un folión de Trives e ac-tuará a orquestra Jerusalén. Así mesmo, todos os asis-tentes poderán gozar de porco asado (prato típico da localidade) e viño.

4 Entroido na Xironda

A localidade da Xironda, no municipio de Cualedro súmase ao Entroido con ac-tividades organizadas pola comisión de festas e sub-vencionadas polo Concello.

A festa comeza o domin-go 19, con concentración de máscaras pola mañá, ao remate da misa. Pola tar-de, a partir das 19 horas, a animación trasládase á Aira dos Vintes, onde ha-berá orquestra, churrasca-da, queimada e chocolate. Na mesma localización, na xornada do luns, a tarde es-tará amenizada por un dj, e haberá lume para que cada veciño leve a súa propia co-mida para asar. Por último, o Martes de Entroido actua-rá un trío musical e a comi-sión organiza unha cea.

4 Os días gran-des do Entroido en Portas de Galicia

A semana grande de Entroido no territorio de Portas de Galicia comeza o mércores 15 a medianoi-te coa Colga da Lardeira (boneca de palla) na praza Maior de Viana do Bolo, onde permanecerá ata ser queimada o Martes de En-troido.

O día seguinte será o Xoves de Comadres na Gudiña, Laza, Verín, Viana do Bolo e Vilariño de Con-so, coas féminas como as grandes protagonistas. En Viana haberá un desfile de máscaras e fariñada.

O venres 17 será o Día da Madama en Cualedro, o Venres de Comadreo en Verín e Riós, e o Gran Fo-lión en Laza, onde a partir

das �1 horas dará comezo a “festa da cachucha, licor café, bica branca e o xastre” no polideportivo local.

O sábado de Entroido celebrarase na Gudiña, Verín e Vilariño de Con-so, con folións, charan-gas e a estrea dos novos cigarróns, mentres que en Laza recibe o nome de Sá-bado de Fariña e Cabrita-da, con festexos na honra de tal denominación. Xa o día 19, será o Domingo de Entroido en Cualedro e Verín, Domingo de Es-trea en Laza; e Domingo Gordo en Viana e Vilari-ño, municipios estos dous útimos onde tamén se ce-lebrará a Festa da Andro-lla e a Festa do Cabrito, respectivamente.

O calendario do Entroi-do en Portas de Galicia continuará o día �0 co Luns Borralleiro en Laza, o Luns de bodegas en Oí-mbra, o Luns Fareleiro en Verín, o Día dos Nenos en Viana do Bolo e a corrida da Lardeira en Vilariño. Xa o �1 será Martes de Entroido en Laza, Verín e Vilariño de Conso, Martes de Fachucos en Oímbra e Martes de Fariña en Via-na do Bolo. Por útimo, o mércores �� de febreiro Portas de Galicia despedi-rá esta festa co enterro da sardiña en Viana do Bolo.

4 Concurso de ‘Curtas no Móbil’

A aula CeMIT de Verín participará no concurso concurso “Curtas no Mó-bil” que promove a Xunta de Galicia para fomentar o traballo en equipo nos escolares, o uso da lingua galega nas novas tecno-loxías, e dar a coñecer a creatividade audiovisual na poboación estudantil.

Este concurso está destinado a persoas ma-triculadas na ESO ou Bacharelato cunha idade comprendida entre 14 e �0 anos. No mesmo po-derase participar tanto in-dividualmente como por grupos dun máximo de 5 persoas. Cámaras dixitais, ipods, ordenadores portá-tiles e videocámaras serán os premios aos que opten.

Os centros educativos de Verín interesados de-ben inscribirse antes do �9 de febreiro, nas insta-lacións da Biblioteca.

Page 23: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

�3

4TELÉFONOS DE INTERESEComarca de MonterreiConcello de Verín 9�� 410 001Concello de Monterrei 9�� 41� 00� Concello de Oimbra 9�� 4�6 160Concello de Vilardevós 9�� 417 004Concello de Riós 9�� 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 9�� 419 00�Concello de Laza 9�� 4�� 00�Concello de Cualedro 9�� 4�4 004Comisaría de Policía Verín 9�� 414 1�3Policía Local Verín 9�� 411 61�Guardia Civil 9�� 410 005Protección Civil 9�� 41� 1�1Estación de autobuses 9�� 413 516Taxis - Parada Hospital 9�� 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 9�� 411 �1�Taxis - Parada Praza Merced 9�� 410 3�5Taxis - Parada Praza do Concello 9�� 411 113Ambulatorio Urxencias 9�� 410 �00Ambulatorio Cita previa 9�� 413 460Hospital de Verín 9�� 413 636Cruz Vermella 9�� 411 600Correos e Telégrafos 9�� 411 03�Rexistro Civil de Verín 9�� 410 3�7Rexistro da Propiedade 9�� 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 9�� 414 776Cáritas Parroquial 9�� 410 679IES nº1 de Verín 9�� 411 �1�IES García Barbón 9�� 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 9�� 410 041CEIP Amaro Refoxo 9�� 411 4�5CEIP Princesa de España 9�� 410 1��Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 9�� 550 111Concello de Porqueira 9�� 466 10�Concello de Calvos de Randín 9�� 434 000Concello de Baltar 9�� 466 503Concello de Os Blancos 9�� 467 506 Concello de Trasmirás 9�� 445 000Concello de Sarreaus 9�� 454 00� Concello de Vilar de Barrio 9�� 449 001Concello de Sandiás 9�� 465 001Concello de Vilar de Santos 9�� 465 ��3Concello de Rairiz de Veiga 9�� 465 55�Policía Local Xinzo 9�� 46� 4�5Guardia Civil 9�� 46� 361Estación de autobuses 9�� 460 309Centro de saúde 9�� 46� �00Punto Atención Continuada 9�� 46� 456Rexistro civil de Xinzo 9�� 46 0 1��Rexistro da Propiedade 9�� 460 �09Taxis - Parada 9�� 460 �5�Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 9�� 46� 364Servizos Sociais Xinzo 9�� 550 111Cáritas Parroquial 9�� 460 ���IES Lagoa de Antela 9�� 46� 454IES Cidade de Antioquía 9�� 461 �71CEIP Rosalía de Castro 9�� 460 4�0CEIP Carlos Casares 9�� 460 507Gardería Municipal 9�� 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024ITV 90� 309 000Incendios forestais 0�5Fenosa (averías) 9�� ��� ���

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 1�5-�006 e OU 1�6-�006. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 9�� �39 634 - 9�� 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo

Nº63 - Ano: VII - Febreiro �01� - Difusión: 1�.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 9�� �39 634.

CLASIFICADOS / HUMOR/ SERVIZOS

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

Verín - Xinzo - OurenseLaborables: 06:15 - 0�:00 - 0�:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 1�:45 - ��:00 - Sá-bados: 0�:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - ��:00 - Domingos e festivos: 0�:00 - 15:00 - 17:30 - 1�:45 - ��:00

Ourense - Xinzo - VerínLaborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 1�:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 1�:00 - �0:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 - �0:15 (aut.) - Domingos e festi-vos: 06:30 (aut.)- 1�:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - �0:15 (aut.)

Videferre - VerínSaídas: 09:00 - 1�:30 - Regre-sos: 11:45 - 13:45 - 1�:30

Campos - VerínSaídas: 07:45 - Regreso: 13:00

Viana - Gudiña - VerínSaída: 09:30 - Regreso: 13:00

Feces de Abaixo - VerínSaídas: 09:50 - 1�:35 - 1�:�0 - Regreso: 1�:15 - 1�:00

Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 1�:00 - 14:30Magdalena - Verín: Saídas: 0�:00 - Regreso: 1�:00 - 14:30

Verín - Videferre (feiras)Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 - 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:�0 A Andorra: Saídas martes e ven-res ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xo-ves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZOA Madrid (Auto Res): Dia-rio: 00.�5 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

4AXENDAMúsica- �3 de febreiro - �1.30

h.- Teresa Ventura - Audi-torio do Centro Cultural de Chaves.

- 3 de marzo. �1.30 h. Concerto de Nacho Vegas. Teatro Principal Ourense.

Deportes- De marzo a xuño. 4º

Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín.

Cursos e charlas- 15 de febreiro. 1� h.

Obradoiro de maquillaxe infantil e globoflexia. Bi-blioteca de Verín.

- � de marzo - “Enfer-midade cardiovascular” - �0:30 h. - Casa da Cultura de Verín

Cine- �3 de febreiro. ��.45 h.

Curtametraxes 1957-1963 de Roman Polanski. Casa da Cultura de Verín.

Espectáculos- 19 de febreiro - “13

anos de maxia” co Mago Xacobe - 1� e 13 h - Audi-torio de Ourense

Feiras- 17 de febreiro - Tras-

miras.- 1� de febreiro - Cua-

ledro.- �3 de febreiro - Rairiz

de Veiga.- �3 de febreiro - Verín.- �7 de febreiro - Xinzo.- Primeiro domingo de

mes - Porqueira.- Primeiro luns de mes

- Sandiás.- � de marzo - Calvos de

Randín.- 5 de marzo - Cualedro.- � de marzo - Baltar.

www.mundourense.com[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@

ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares]

4CLASIFICADOSPISOS

Vendo piso en Verín, estrada de Laza, 3 dormitorios, � ba-ños, salón, cociña amoblada, trasteiro, ascensor, gas cidade. 76.000 euros. Tel. 691 904 �46 e 637 090 51�Vendo casa para restaurar en Pa-zos, Verín, 3 dormitorios, 1 baño, salón, cociña adega, garaxe, oportunidade, 35.000 euros. Tel. 637 090 51� e 691 904 �46A 2 km de Castrelo do Val vén-dese casa, � dormitorios,1 baño, salón, cociña, adega, terreo de 1.�00 m�, 3�.000 euros. Tel. 637 090 51� e 691 904 �46.Vendo casa con finca na estra-da de santiago, bo prezo. Tel. 637 00 59 10.Alugo oficina en Ourense, amoblada, �0 m�, con � postos de traballo. Prezo a convir. Tel. 6�7 �03 131.Vendo piso en Vigo. tel.636 4�� 497.Alúgase apartamento novo no Couto (Ourense), amoblado, exterior, con garaxe pechado e trasteiro. Tel 637 00 59 10.Alugo piso no Couto (Ouren-se), 4 habitacións, cociña, sa-lón amoblado, terraza, novo, 400 euros/mes máis 40 euros comunidade.Tel. 606 569 ���.

VENDASVendo por xubilación nego-cio en Ourense con local xa montado, confección e merce-ría, boa clientela. 55.000 euros todo incluido. Tel. 600 �3� �61 e 9�� �1 70 63. Vendo Yamaha SR Spe-cial �50 ano 93 en perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cambio aceite,alforxas, etc... Regalo cascos,candado,funda e segu-ro. 1.�00 euros, tel. 6�0 56� 37�Vendo mobles de perruquería de �ª man, �.000 euros. Tel. 9�� �5 59 63.Vendo quentador eléctrico. tel. 9�� �5 59 63Vendo caldeira de calefac-ción de gas cidade seminova, enfriador de botellas sen es-trear, escritorio e sofá 3+�, tel. 637 00 59 10.Vendo tocadiscos como novo con dous altavoces grandes, 300 euros. Tel. 69� 174 374Véndense tres lavadoras, � frigoríficos e 1 cociña de gas, seminovos, prezo moi econó-mico, tel. 6�9 56 13 90Vendo leña de carballo. Tel. 630 5�1 44�.Compraría remolque media-no. Tel. 649 673 49� e 9�� �1 67 55.Vendo Renault Scenic ano �000, 100.000 km, perfecto estado. Tel. 67� ��7 075.Vendo viño de colleita ecoló-xico. Tel: 647 404 4��.Véndese colección películas en DVD con estuche, 50 ou 60 películas. 30 euros. Tel. 649 157 0�5Vendo botas media caña go-retex con cremalleira, número 39-40, novas, 40 euros. TEl. 649 157 0�5

Ofrécese señor (45 anos) para seguridade persoal, vixilancia, acompañamento,e tc. (perten-cente FCSE) Tel. 66� 54 60 3�.Ofrécese señor para toda cla-se de traballos: limpeza de fin-cas, electricidade, fontanería, etc. Tel. 666 17 35 06.Desbrózanse fincas. Tel. 630 5�1 44�.Pintura, decoración, colo-cación de tarima a prezos de vértixe garantizado. Tel. 666 1�5 1�9

EMPREGO

Page 24: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�

Page 25: Febreiro 2012 - BXV

Número: 63 - Ano:VI - Febreiro 2012- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

VERÍN Páx.3 DEPORTES Páx.16VERÍN Páx.4 COMARCA Páx.6 PROVINCIA Páx.14Comezan as competicións para o Club Natación Verín

Adxudicados tres novos tramos da alta velocidade galega

Previstas varias remodelacións viarias na localidade

En estudo proxectos medioambientais para Cualedro e Monterrei

Concello e Xunta buscan unha solución para iniciar Tamagos

Os cigarróns percorreron as principais rúas de Verín á saída da misa, no Domingo Corredoiro./BORYS INTERFILM

Todo listo para gozar do Entroido! [especial páx.17-22 ]

Novos nomeamentos

na provincia [páx.2]

Page 26: Febreiro 2012 - BXV

BARRIOSFebreiro de �01�