8
Nº 145 Boletín gratuito para os socios de Cofer Febreiro 2016 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: comunica- Séguenos Corte de Arbitraje del Noroeste XORNADA 3D PARA O NAVAL Aclunaga, GAIN e AIMEN organi- zan no CIS da Cabana unha xornada sobre as tecnoloxías 3D e Realidade Aumentada, dirixida a empresas do sector naval. A Axencia Galega de Innovación lidera e coordina esta iniciativa . Páx. 5 AXENDA Eventos e feiras mono- gráficas profesionais máis interesantes para o empre- sario, programados para as vindeiras datas en Es- paña e Europa. Páx.7 SERVIZO DE DIAGNÓSTICO E INTERNACIONALIZACIÓN Cofer pon a disposición dos seus asociados un servizo gratuito de diagnóstico de internacionalización para aquelas empresas que de- sexen abrirse mercados fora das nosas fronteiras. Un xestor avala- do polo IGAPE estará ao seu ser- vizo para actuar de guía. Páx. ENCONTRO EMPRESARIAL A Fundación Mapfre, xunto coa Asociación Down Ferrol Teima exporán ás empresas da nosa comarca os detalles do seu pro- grama de inserción laboral de discapacitados intelectuais ―Juntos somos capaces‖. O acto celébrase o vindeiro 10 de mar- zo na nosa sede. Páx. 3 LEXISLACIÓN As últimas novidades lexislati- vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, e entidades empresariais pu- blicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es- tatais Páx. 6 @COFERferrol @COFERferrol NOVO PRESIDENTE DE AJE O empresario Luis González Rey ven de ser elixido presiden- te de AJE Ferrolterra, en sustitu- ción de José Rilo González- Vallés. A continuidade do traballo do seu antecesor, e a aposta polo fomento do emprendemento, marcarán o seu mandato.Páx. 4

Febreiro 2016 · 2016-03-02 · Febreiro 2016 Programa de actualización e desenvolvemento directivo Sesión sobre Realidade Virtual e Aumentada para o naval AIMEN, xunto coa Axencia

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Febreiro 2016 · 2016-03-02 · Febreiro 2016 Programa de actualización e desenvolvemento directivo Sesión sobre Realidade Virtual e Aumentada para o naval AIMEN, xunto coa Axencia

Nº 145

Boletín gratuito para os socios de Cofer

Febreiro 2016

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: comunica- Séguenos

Corte de Arbitraje del Noroeste

XORNADA 3D PARA O NAVAL Aclunaga, GAIN e AIMEN organi-zan no CIS da Cabana unha xornada sobre as tecnoloxías 3D e Realidade Aumentada, dirixida a empresas do sector naval. A Axencia Galega de Innovación lidera e coordina esta iniciativa . Páx. 5

AXENDA

Eventos e feiras mono-gráficas profesionais máis interesantes para o empre-sario, programados para as vindeiras datas en Es-paña e Europa. Páx.7

SERVIZO DE DIAGNÓSTICO E INTERNACIONALIZACIÓN Cofer pon a disposición dos seus asociados un servizo gratuito de diagnóstico de internacionalización para aquelas empresas que de-sexen abrirse mercados fora das nosas fronteiras. Un xestor avala-do polo IGAPE estará ao seu ser-vizo para actuar de guía. Páx.

S

U

M

A

R

I

O

S

U

M

A

R

I

O

ENCONTRO EMPRESARIAL A Fundación Mapfre, xunto coa Asociación Down Ferrol Teima exporán ás empresas da nosa comarca os detalles do seu pro-grama de inserción laboral de discapacitados intelectuais ―Juntos somos capaces‖. O acto celébrase o vindeiro 10 de mar-zo na nosa sede. Páx. 3

LEXISLACIÓN

As últimas novidades lexislati-vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, e entidades empresariais pu-blicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es-tatais Páx. 6

@COFERferrol

@COFERferrol

NOVO PRESIDENTE DE AJE O empresario Luis González Rey ven de ser elixido presiden-te de AJE Ferrolterra, en sustitu-ción de José Rilo González-Vallés. A continuidade do traballo do seu antecesor, e a aposta polo fomento do emprendemento, marcarán o seu mandato.Páx. 4

Page 2: Febreiro 2016 · 2016-03-02 · Febreiro 2016 Programa de actualización e desenvolvemento directivo Sesión sobre Realidade Virtual e Aumentada para o naval AIMEN, xunto coa Axencia

2

Febreiro 2016

COFER ten en marcha un novo servizo para aquelas empresas interesadas en abrirse a merca-dos exteriores. Trátase dun ser-vizo de diagnóstico de interna-cionalización, que ofrecerá un asistencia de balde para aqueles asociados que desexen iniciar o proceso de internacionalización das súas firmas. Para elo, un xestor especialista neste asunto, avalado polo IGA-PE, realizará unha análise inter-na da firma, estudando as súas vantaxes competitivas, a súa capacidade comercial, marca e recursos disponibles. Así mes-mo, analizaranse os mercados potenciais dende diferentes pris-mas: socioeconómico, legal ou tecnolóxico. Nunha terceira fase do proceso, o xestor en internacionalización deseñará unha analise DAFO a

fin de resumir as características máis relevantes da empresa e detectar oportunidades e amea-zas. Con toda a información reco-pilada, elaborarase un informe no que se proporán accións de me-llora, adaptación ou potenciación

da empresa. Todo isto, unido ao seguimento e control das accións a executar. Para un mellor servizo aos inte-resados é imprescindible a inscripción. Poden informarse no teléfono 981 33 33 22.

COFER pon en marcha o seu novo servizo de diagnóstico de internacionalización para empresas

Convenio para a op-timización enerxética

A CEC e a entidade Exon Solu-tions, S.L. especialista en consul-toría técnica, desenvolvemento e xestión de proxectos de optimiza-ción enerxética, asinaron no pasa-do mes de febreiro un convenio de colaboración co que se preten-de promocionar o aforro enerxéti-co, e favorecer o respecto polo medio ambiente, entre as empre-sas da provincia. Os técnicos de EXON proporán ás empresas a utilización das mello-res solucións en iluminación e gas, e buscarán a mellor solución nos servizos de suministro.

A Asociación de Empresarios Fe-rrolterra, xunto con FEGAPE, pro-grama para os meses de xullo a outubro talleres de formación e implantación do estandar OHSAS 18001:2007, co obxectivo de me-llorar a prevención de riscos labo-rais nas empresas galegas. OHSAS é un medio para potenciar a prevención de riscos laborais, mellorando de xeito continuo as condicións e a saúde dos traballa-dores. O proxecto é totalmente gratuito e os asistentes obterán un diploma acreditativo.

O sistema OSHAS permite me-llorar os niveis de productivida-de, evita sancións causadas polo incumprimento da lexislación en materia de prevención e aporta unha mellora continua na xestión, integrando a prevención en todos os niveis xerarquicos e organizativos, a través de meto-doloxías, ferramentas e activida-des de mellora. Os interesados en inscribirse poderán facelo contactando con AEF no mail [email protected].

Talleres para implantación do estandar OSHAS 18001:2007

Page 3: Febreiro 2016 · 2016-03-02 · Febreiro 2016 Programa de actualización e desenvolvemento directivo Sesión sobre Realidade Virtual e Aumentada para o naval AIMEN, xunto coa Axencia

Febreiro 2016

Aberta a matrícula nos centros de Afesín

O prazo de matriculación de alumnos para o curso 2016/17 nas Escolas Infantís queda aber-to dende o primeiro día do mes de marzo e ata o día 15, segun-do informan dende a Asociación de Escolas Infantís de Ferrol. O periodo de consulta de lista de admitidos será dende o 16 ata o 31 de marzo.

En Ferrol: E.I. ABC– 981 372000 E.I. ALOHA– 981 316663 E.I. BELÉN—981 312176 E.I. CHIP-CHOP—981 359285 E.I. LA SALLE—981 318111 E.I. LUDY—981 311272 E.I. OS MENIÑOS—981 315161 E.I. OS PEQUERRECHOS– 981 945836

Fundación Mapfre presenta ás empre-sas o programa ―Juntos somos capaces‖

Os asistentes poderán coñecer a experiencia de empresas como Pull & Bear, participante neste progra-ma, e recibir asesoramento da res-ponsable da área de Formación e Emprendemento de Teima Down Ferrol, Marta Álvarez Fernández.

Participarán tamén neste encontro empresarial o presidente de CO-FER, Cristóbal Dobarro Gómez, o director de Mapfre Ferrol, Manuel Francisco Piñeiro Fernández, e Raúl Pardo Silva, responsable do programa.

A Fundación Mapfre, en colabo-ración con Down Galicia e CO-FER, presentará o vindeiro día 10 de marzo o seu programa ―Juntos somos capaces‖ , no transcurso dun encontro empre-sarial ao que están convidadas as empresas de Ferrolterra, Eume e Ortegal e que terá lugar a partires das 9:30 horas na sede da Confederación (Cantón de Molíns, 8-9, entrechán). Responsables da Fundación exporán aos asistentes os deta-lles deste programa que, ata o momento, fixo xa posible que 2.000 persoas con discapacida-de intelectual e enfermidade mental teñan un posto de traba-llo e poidan desempeñalo con total autonomía.

CENTROS ASOCIADOS A AFESIN

En Narón E.I. EDAI—881 952662 E.I. FANY—981 931591

3

Imaxe: www.fundacionmapfre.org

En Fene E.I . As Medras— 981 360903 E.I. Jorge Juan—981 34 0109

Page 4: Febreiro 2016 · 2016-03-02 · Febreiro 2016 Programa de actualización e desenvolvemento directivo Sesión sobre Realidade Virtual e Aumentada para o naval AIMEN, xunto coa Axencia

4

Luis González Rey, novo presidente de AJE

Febreiro 2016

O propietario da empresa Error Ferrol, Luís González Rey, é, dende o pasado 11 de febreiro, o novo presidente de AJE Fe-rrolterra. Sustitúe no cargo a José M. Rilo González-Vallés. Acompañan a González Rey na xunta directiva da Asociación de Jóvenes Em-presarios de Ferrolterra: Xoel Rodríguez Sanjurjo, Patricia Trillo Pérez, Irma Otero Louzán, Pablo Rivera Somorrostro, Patri-cia Filgueira Vázquez e Jaime Domínguez Paz. Trala súa elección, o novo presi-dente expuxo en detalle o que será o seu programa de traballo para os vindeiros catro anos, centrado en traballar a prol da defensa dos intereses dos aso-ciados á entidade e dar continui-

Emprendedores aprendendo dos veteráns

AJE Ferrolterra celebrou en febreiro a primeira das sesións do seu Foro ―Voces con expe-riencia‖, que tivo lugar no Para-dor de Turismo e co que se pre-tende trasladar aos novos em-prendedores, as experiencias de empresarios consolidados da comarca. A primeira destas sesións tivo como protagonistas a Juan Mei-zoso Rodríguez, da empresa Teimper e a José Rilo, do grupo Rilo. Ambos dous contaron aos asistentes as súas vicisitudes no comezo dos seus proxectos em-presariais e respostaron as in-quedanzas que lles fixeron che-gar os asistentes ao encontro.

Un momento do Foro, no que participaron José Rilo, de Grupo Rilo, e Juan Meizoso Rodríguez, da empresa Teimper. Foto Aje

dade ás iniciativas postas en marcha polo seu antecesor. Asi mesmo, Luis González Rey fixo unha clara aposta por avanzar e profundizar nos pro-gramas de fomento de emprendemento dirixidos a escolares.

Page 5: Febreiro 2016 · 2016-03-02 · Febreiro 2016 Programa de actualización e desenvolvemento directivo Sesión sobre Realidade Virtual e Aumentada para o naval AIMEN, xunto coa Axencia

5

Febreiro 2016

Programa de actualización e desenvolvemento directivo

Sesión sobre Realidade Virtual e Aumentada para o naval

AIMEN, xunto coa Axencia Ga-lega de Innovación, a través do CIS Galicia, e o Clúster do Na-val (ACLUNAGA), organizan para os dias 2 e 3 de marzo as Xornadas sobre Realidade Vir-tual e Aumentada e Software de Xestión e Big Data, no CIS de Ferrol (A Cabana). O obxectivo destas sesións é dinamizar a capacidade innova-dora da industria naval galega mediante o desenvolvemento de tecnoloxías de fabricación avanzadas, que faciliten a tecni-ficación e evolución tecnolóxica do sector naval galego. A iniciativa nace do pulo que a Xunta de Galicia quere dar aos sectores estratéxicos e da cola-boración permanente cos axen-tes máis representativos de ditos sectores. En colaboración co Clúster do Naval Galego—Aclunaga, GAIN, lidera e coordina hoxe en día unha iniciativa que veu a luz a través do convenio asinado entre a axencia, o IGAPE e AIMEN, Centro Tecnolóxcio.

A Xornada sobre Realidade Vir-tual e Aumentada terá lugar o día 2 de marzo entre as 10:30 e as 18:00 e vai dirixida a empresas do sector naval e metalmecánico e a asteleiros de España e Portugal. Pola súa parte, a sesión sobre Software de Xestión e Big Data para o sector naval terá lugar o día 3 de marzo de 10:00 a 18:00

O Clúster do Naval, GAIN e AIMEN organizan tamén unha xornada

sobre Software de Xestión e Big Data para as firmas do sector

e vai dirixida a firmas dos sectores antes mencionados. A inscripción en ambos dous ca-sos é gratuita e poderá formularse a través do correo electrónico [email protected]., adxuntando o formulario de inscrición dispoñi-ble na nosa web, onde tamén se pode consultar o programa com-pleto de cada un dos encontros.

Actualización e Desenvolvemento Directivo dará aos participantes novas perspectivas da man de expertos en cada materia que axu-darán aos asistentes a repensar os seus equipos e empresas. Servirá tamén para compartir no-vas experiencias e analizar casos referentes, fortalecer o liderazgo como profesionais de equipos e seguir aprendendo.

A Confederación de Empresa-rios da Coruña coa compañía GALICIA BUSINESS SCHOOL, para a formación profesional e directiva, programan para o vindeiro mes de abril un progra-ma de actualización e desenvol-vemento directivo baixo o nome "Remasterízate", dirixido a di-rectivos con experiencia e en formato "club de dirección".

As empresas asociadas á Confe-deración de Empresarios da Coru-ña, disfrutarán dun 20% de des-conto sobre o prezo total do pro-grama, para o que deben inscribir-se no formulario dispoñible na nosa páxina web., onde tamén poderán consultar o programa completo. Según aseguran os promotores desta iniciativa, o Programa de

Page 6: Febreiro 2016 · 2016-03-02 · Febreiro 2016 Programa de actualización e desenvolvemento directivo Sesión sobre Realidade Virtual e Aumentada para o naval AIMEN, xunto coa Axencia

6

Lexislación

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL ORDE do 18 de febreiro de 2016 pola que se convoca e se establece o procedemento de adxudicación de pra-zas nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada con prazas concertadas para o curso 2016/17. DOG Nº37 de 24 de febreiro CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2016/17 DOG Nº37 de 24 de febreiro INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas implícitas nos préstamos Jeremie-Igape concedidos durante os anos 2014 e 2015. DOG Nº 35 de 22 de febreiro Resolución de 2 de febrero de 2016 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais. (DOG Nº 29 de 12 de febreiro de 2016) Corrección de erros. Resolución de 28 de decembro de 2015 pola que se da publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionaliza-ción, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concurrencia competitiva (DOG Nº 28 de 11 de febreiro de 2016) Corrección de erros. Resolución de 28 de decembro de 2015 pola que se lle da publicidade ao acordo do Con-sello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a execución de accións de pro-moción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria en réxime de concurrencia competitiva. (DOG Nº 27 de 10 de febreiro de 2016) Resolución de 26 de xaneiro de 2016, da Secretaría General de Empleo, pola que se da publicidad das axudas concedidas ao amparo da Orde de 7 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras dos pro-gramas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de perso-as traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades aso-ciativas de empresas de inserción laboral, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia número 134, de 17 de julio de 2015). DOG Nº26 de 9 de febreiro

Resolución de 1 de febreiro de 2016, da Secretaría de Estado de Energía, pola que se modifica a de 13 de novembro de 2015, pola que se convocan axudas en 2016 destinadas á prevención de riscos e seguridade mineira, no ámbito dunha minería sostible, das actividades mineiras non enerxéticas. BOE Nº42 de 18 de fe-breiro Resolución de 21 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Innovación e Competitividade, pola que se publica a segunda Adenda ao Convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para o desenvolso da Estrategia Espa-ñola de Innovación na Comunidade Autónoma de Galicia BOE Nº 31 de 5 de febreiro. Corrección de erratas da Resolución de 30 de setembro de 2015, da Dirección General de Empleo, pola que se rexistran e publican as tablas salariais para os anos 2015 e 2016 do XIV Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade BOE Nº 31 de 5 de febreiro. Resolución de 22 de xaneiro de 2016, da Secretaría General Técnica, pola que se publica o Convenio de cola-boración coa Xunta de Galicia para a loita contra o emprego non declarado BOE Nº 31 de 5 de febreiro.

Febreiro 2016

Page 7: Febreiro 2016 · 2016-03-02 · Febreiro 2016 Programa de actualización e desenvolvemento directivo Sesión sobre Realidade Virtual e Aumentada para o naval AIMEN, xunto coa Axencia

Febreiro 2016

Axenda GALICIA

IFEMA. Feria de Madrid

RESTO DE ESPAÑA

FIRA DE BARCELONA

INTERDIDAC– Salón Internacional de Material Educativo 3 ao 6 de marzo MOMAD SHOES. 1er SALÓN INTERNACINAL DO CALZADO E OS COMPLEMENTOS 4 ao 6 de marzo WORLD ATM CONGRESS

E-SHOW– EFINTECH SHOW 16 e 17 de marzo

OTROS EVENTOS

EXPOOURENSE

23ª MOSTRA DA OPORTUNIDADE Do 4 ao 6 de marzo

MISION COMERCIAL DIRECTA A AUSTRALIA Y NUEVA ZELANDA

14 ao 22 de marzo Asociación Española de Fabricantes Exportadores de Maquinaria de Construción, Obras Públicas y Minería, co apoio do ICEX, organiza unha misión comercial directa a Australia e Nueva Zelanda. Máis información.

HANNOVER MESSE 2016

25 ao 29 de abril Asociación Española de Fabricantes y Exportadores de Material Eléctrico y Electrónico, co apoio do ICEX organizan una misión comercial agrupada na Hannover Messe 2016 para empresas do sector de material eléctrico de baixa e media tensión. Máis información

IFEVI

GALIEXPO MOTOR SHOW Do 11 ao 13 de marzo

PAZO DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE LUGO

SALÓN DO AUTOMÓBIL NOVO Do 11 ao 13 de marzo SALÓN DO VEHÍCULO DE OCASIÓN Do 18 ao 20 de marzo

FIWARE FINODEX. OPEN DATA FOR EUROPEAN ENTREPRENEURS Pamplona 2 de marzo

7

Page 8: Febreiro 2016 · 2016-03-02 · Febreiro 2016 Programa de actualización e desenvolvemento directivo Sesión sobre Realidade Virtual e Aumentada para o naval AIMEN, xunto coa Axencia

Integran Cofer:

8

Sección de Empresas Independientes

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Síguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

Febreiro 2016

Asociación de Campings do Noroeste

Asociación de Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas

Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal

Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas

Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil

Asociación de Comerciantes Novo Ferrol Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra

Asociación Profesional de Ximnasios e Activida-des Físicas de Ferrolterra

Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste

Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra

Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de As Pontes

Asociación de Empresarios de As Somozas

Asociación de Empresarios, Comercian-tes y Hosteleros de Catabois

Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol

Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña