20
ANO 5 | Edición nº 51 | Marzo de 2019 | Prezo 2 euros Unidade pública de Alzhéimer para Mondoñedo Páxina 4 Páxina 11 Páxina 12 Páxina 16 38 novas hortas urbanas en Santa Marta, Compostela Monforte contará cunha estación meteorolóxica O PSdeG acusa a Baltar de incumprir o pacto anti transfuguismo Entrevista Miguel Mosqueira e Mark Wiersma “Todos temos présa en aprender a falar, pero escoitando é cando máis se aprende” Páxina 7 Páxina 19 Luís Pedro Martins presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal Feira do Viño de Chantada

Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

ANO 5 | Edición nº 51 | Marzo de 2019 | Prezo 2 euros

Unidadepública deAlzhéimerparaMondoñedo

Páxina 4

Páxina 11

Páxina 12

Páxina 16

38 novashortas urbanasen SantaMarta,Compostela

Monfortecontará cunhaestaciónmeteorolóxica

O PSdeG acusaa Baltar deincumprir opacto antitransfuguismo

Entr

evi

sta Miguel Mosqueira e Mark Wiersma

“Todos temos présa enaprender a falar, pero

escoitando é cando máis se aprende”

Páxina 7Páxina 19

Luís PedroMartinspresidente deTurismo Portoe Norte dePortugal

Feira do Viño de Chantada

Page 2: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

2 NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 2019

Galicia

Colaboradores: GALIZA: Rocio Rodríguez – Montserrat Rodríguez – Porto Ucha – Raquel Vázquez – C. Méixome

– M. Xiraldez – M. Rguez. Alonso – X. Maure – Uxío Breogán – Pérez Lema – X. Glez. Mtnez. – M. Bragado – B. Iglesias (Mero) – Nemesio Barxa – Andrea Goro – Anxo Mena – I. Otero Varela –Susi Rodríguez – Jesús Témez Fernández – Isidoro Gracia – Roberto Carlos Mirás – Rafael José Ada-lid – Laura de Cáceres – Kiko Neves – Ramón Mariño – Manuel Estévez.

PORTUGAL: Viale Moutinho – Manso Preto – Isabel Varela – João Martinho.MADRID: –Juan Louzán – BARCELONA: Fdez. Valdeorra – PAIS BASCO: Nicolás Xamardo.CANARIAS: Fco. Puñal.NOVA IORQUE: Fco. Alvarez (Koki)Fotografía: Hernández – A. Gutiérrez – M. Preto – Dpto. Propio.Humor: Tokio, Martirena – Pepe Carreiro – X. Marín – Xosé Manuel Fernández Montes (Her-

manager Producións) – Ignacio Hortas – Francisco Puñal –Felix Ronda – Fuco Prado – Sex.

Depósito legal: VG-138-2015

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L.Publicidade: Departamento propio e axencias [email protected]ía: Hernández e departamento propioDeseño e maquetación: Fran Eiró

Director: Guillermo Rodríguez Fdez. T.658 58 50 49

[email protected]: Editorial NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO S.L. Avda. Sarmiento Rivera, 4-4ºD

(36860 PONTEAREAS - GALIZA) - T. 986 64 12 69 [email protected]

Que a situación do ga-lego non é perfecta ében sabido polos

asistentes á II Gala dos Me-dios en Galego celebrada estamañán en Pontevedra. Senembargo, o espíritu doevento resumiuno o humo-rista Xosé Antonio Touriñán,que animou aos medios alíreunidos e á sociedade “asacar peito” da nosa lingua.A mensaxe final da gala es-tivo cargada de optimismodos xornalistas que non en-tenden outra forma de infor-mar aos galegos que non sexana súa propia lingua. E se benfixeron balance dos logrosconseguidos nos últimos tem-pos, e que se traducirán porexemplo en que en breve ha-berá en papel un xornal engalego, lembraron as contaspendentes. Entre estas estánun maior respaldo das admi-nistracións e a reclamacióndunha lei de publicidade ins-titucional. E é que queixánsede estar en clara desvantaxecos grandes da comunicaciónen galicia, o que consideranque é unha “discriminación”.

A súa reclamación chegouben alta e clara a responsables

das administracións, porquealí estaban presentes XoséLeal, responsable de Culturana Deputación de Pontevedra,o concelleiro de NormalizaciónLingüística do Concello dePontevedra, Alberto Oubiña eValentín García, secretario xe-ral de Política Lingüística daXunta de Galicia. Precisamenteeste último envioulles unhamensaxe clara de apoio aosmedios en galego, para osque dixo que a Consellería deCultura terá sempre as portasabertas. García recoñeceu queestes medios, na Asociaciónde Medios en Galego son máisde sesenta, non son os máisfortes pero tamén sinalou quecada vez son máis e cre quese están consolidando, espe-cialmente na rede.

Foron nove persoas as queinterviron nesta gala para fa-cer unha radiografía da si-tuación do galego nos dife-rentes eidos e especialmentenos medios. O debuxante KikoDa Silva escenificiou a “in-certeza” na que se atopa abanda deseñada galega e re-clamou apoio económico paraeste tipo de iniciativas. LuisÁlvarez Pousa, de Tempos No-

vos, indicou que é necesariaunha maior profesionalizacióndos medios e avanzar na ca-lidade da información e opi-nión, pero reclamou o esforzoque os medios en galego fanporque, dixo, ofrecen infor-mación “con independenciae calidade”. Concluiu que asociedade “ten que tomarconciencias duns medios sennovas falsas e que non estáncondicionados”. Pousa indicoutamén que é preciso “dar avoz de alarma ás administra-

cións para que deixen de dis-criminar no reparto da publi-cidade”.

Anxos Sobriño, en repre-sentación de Cotenol, os téc-nicos de Normalización Lin-güística, Xaime Iglesias, daasociación Cedofeita, e EvaMejuto, organizadora do Salóndo Libro, completaron o even-to, xunto con Ubaldo Cer-queiro, vicepresidente da Aso-ciación de Medios en Galego.

Todo isto e moito máis endefensa do galego como unha

lingua preparada para informaren calquera eido nunha galaque contou coa voz e músicade Ugía Pedreira e co humorde Touriñán, que, como indi-cou, segue vivo a pesares das“moitas homenaxes” que re-cibiu na última semana pordespedirse do Land Rober.

En definitiva, o espíritu dagala resúmese en que aíndaqueda moito por facer e pordemostrar ao mundo sempreen galego. Iso sí, ganas nonfaltan.

Touriñán anima aos medios en galego e á sociedade “a sacar peito” coa nosa lingua nunha gala na quereclamaron unha lei de publicidade institucional

O seu humor e a música de Ugía Pedreira foron o fío condutor dun evento que deixou claro que o idioma galego é tan válido comooutro para informar e que a situación é “preocupante pero non irreversible”, polo que solicitan máis apoio das administracións

Page 3: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

3NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 2019

EditorialPor: Guillermo Rodríguez Director

Baleirando o meu piorno

FUCO PRADO

Levamos un ano 2019 contandotamen co anterior, que todos osdias nos deixa de pedra; as noti-

cias son de todo tipo. Imos referirnosa unha cantas que nos pareceron “máiscuriosas”, por chamarlle dalgún xeito.

O nº 3 do Vaticano, cardenal GeorgePell, foi condenado por violar a unneno de 13 anos e abusar doutro. Eraconselleiro directo do papa Franciscoe Superminitro de Finanzas.

Diante de noticias coma esta quepodemos pensar da Igrexa Santa Apos-tólica e Romana? Con que cara podenos representantes de Cristo, menudosrespresentantes!! Aconsellar aos frei-gueses que deben ser puros e castosporque así o esixe a conducto moralda Igrexa de Deus?

Celia Villalobos, unha antigualla po-lítica dos tempos de Matusalén, de-clárase indignada polas declaración doseu Xefe Casado sobre o aborto e o di-vorcio. Ela que foi ministra de Sanidadeno seu dia di que se lle abren ascarnes cando escoita as declaraciónsdos representantes de VOX. Fará cam-paña en contra destes energúmenos edo seu partido? Veremos en que quedaa cousa.

Estamos rodeados de sinais eléctricas.En 2018 habia un total de 5.100 cida-dáns que posuían un teléfono mobil;un terzo da poboación mundial. Peroanunciannos que nos vindeiros seteanos outros 700 millóns van dispor deteléfonos móbiles intelixentes (smartp-hones). O número de tarxetas xa estános 7.900 millóns.

O curiosos destas cifras é que os ci-dadáns están cada vez máis sós. Podencomunicar coa NASA pero non falanco veciño do 5º. Como lle chamarán a

estes avances científicos?O Goberno di estar disposto a sacar

a Concurso antes de que remate efec-tivamente a lexislatura un mogollónde postos de traballo. Ten que aprobardecretos lei e logo levalos ao parla-mento ou a ese míni parlamento quese constitue ata que se forme un novogoberno, que ten os mesmos poderesque o actual Parlamento.

Cidadáns e PP botan as máns a ca-beza porque din que iso é facer trampa;o goberno nos levou eses acordos aoactual Parlamento e agora quere sacalosadiante de presa e correndo. Claroque poden votarlle en contra e aca-bouse o asunto, pero temen que vo-tando en contra de medidas sociais(becas para alumnado, axuda paragarderias, etc.) os votantes se cabreene lles pasen factura. Veremos en quequeda a cousa.

Españoles, Franco resucitou; arribaEspaña!! Lémbranse da cara do presi-dente do goberno, Arias Navarro, candomorreu Franco e saiu na televisiónpara anunciar a ”boa nova”?. Poisagora alguén estáo emulando. Francoestá presente nas tertulias, nas discu-sións políticas, nas campañas electorais.Habrá resucitado?

O Goberno de Pedro Sánchez pre-tendia exhumar os restos do Dictadorda Basílica do Valle de los Caidos peroas cousas estánselle torcendo. Depronto un abogado franquista presentaducias de recursos contra a autorizacióndo concello para que se poida exhumar.Alegan que hai perigo de derrubamentono intento de sacar a momia da sepul-tura onde está enterrado. Todo paratorpedear a accuión do Goberno eatrasar e dificultar a exhumación.

O goberno di que antes de rematar,definitivamente, a lexislatura vainoconseguir. Nós temos as nosas dúbidas.Se os franquistas se erguen “en armaslegais” contra o intento do Gobernovano ter difícil.

O máis curioso é que os partidoschamados constitucionalistas (deberanchamarse franquistas reconvertidos)PP e Cidadáns non se preocuparan dedotar a Lei de Memoria Histórica unsó céntimo de euro para que se poidanlimpar as gabias de todo o Estado Es-pañol onde seguen sepultados miles emiles de españois/las que cometerono enorme erro de ser honrados/as so-

cialistas ou comunistas; nalgún casosnin sequera iso, con que o caciquefranquista da vila o tivera debaixo doollo era suficiente para “ser paseado”.Franco, coma o Cid Campeador, seguecabalgando polsd vidas dos españoisdespois de morto.

Hoxe declararon no procés Rajoy eMontoro. As declaracións de cada quentiveron unha linea argumental, pordicir algo, totalmente diferente; eudiria oposta.

No caso de Rajoy insistiu unha eoutrra vez que el fixera o que calquerapresidente dun goberno dun pais civi-

lizado coma este debe facer: non per-mitir que ninguén rompa o pais.Asillo fixo saber a cantos cataláns tentaronnegociar con el, ainda que tivo impor-tantes lagoas mentais para acordarsede feitos importantes que a defensados cataláns tentou levar ao seu rego.Unha comparecencia moi floxiña; im-propia dun exPresidente do Goberno.Cando lle preguntaron pola violenciada policía, se tiña aberto algún expe-diente por ese comportamento nonsoubo por onde sair. Desviou os tirosaos seus subalternos. Resultado, deupor feito que a violencia foi a dapolicia sobre os cidadáns que pretendíanvotar.E engadíu que se houbo violenciaos culpabeis foron os que a provocaron.Veremos en que queda a cousa.

No caso de Montoro o panoramacambiou sustancialmente, de tal ma-neira que nalgúns momentos se podiapensar se aquel home era propostopola defensa e non pola acusación.Asi resultou. Eu creo que a obsesiónde Montoro tentando demostrar queos dispositivos postos en marcha ̀ poloseu departamento exerceron un controlférreo sobre os órganos da Generalitatpara que non puideran dispoñer doscartos que lle chegaban dende Madridnon podían gastalos alegremente. Oadvogado, obviamente, insistia preci-samente nese control, deste xeitoqueria chegar a que Montoro confesase,como así fixo, que aos catalán erallesmoi dificil gastar un euro sen que Ma-drid se decatara. Isto, levado ás últimasconsecuencias, dinos que lles vai re-sultar dificil acusalos de malversaciónde fondo públicos porque, segundoMontoro el tiña o control dos recursospúblicos.

Page 4: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 20194

GaliciaSANTIAGO

Compostela suma xa240 hortas urbanas adisposición da veci-

ñanza, tras o acondiciona-mento de 38 novas parcelasno barrio de Santa Marta.

O acondicionamento de hor-tas urbanas en Santa Martafoi unha das propostas selec-cionadas no proceso dos Or-zamentos Participativos Com-postela Decide de 2018. As38 hortas, cunha superficieaproximada de 60 metros ca-drados cada unha, ocupanalgo máis de 6.700 metroscadrados sobre dúas parcelasde titularidade municipal.

Para o acondicionamentodas hortas foi preciso rozaros terreos, instalar un sistemade rego, pavimentar e dotarde zahorra as zonas que divi-den cada parcela. Ademais,colocouse mobiliario e casetasde almacenaxe, e axardinousea contorna das hortas.

Coas de Santa Marta sonxa 240 as hortas urbanas adisposición da veciñanza, dasque 145 foron acondicionadasnos últimos tres anos. Foron,en concreto, as 32 parcelas

da Almáciga, as 21 da Cara-moniña e as 54 de Brañas doSar. As primeiras hortas ur-banas de Compostela foronas creadas no ano 2008 enBelvís de Arriba, con 30 par-celas, ás que lle seguiron en2010 as 26 hortas de Belvísde Abaixo. Posteriormenteacondicionáronse as 29 hortasde Fontiñas.

Á lista de hortas urbanassumaranse en breve as deCampo das Hortas, onde haberá53 parcelas que ocuparán4.100 metros cadrados de su-perficie, neste caso en terreoscedidos pola veciñanza.

Ao longo das próximas se-manas abrirase o prazo deinscrición para poder utilizaras hortas. Tal e como se esta-blece no regulamento, teránpreferencia na adxudicaciónas persoas xubiladas ou pre-xubiladas do barrio. Se haimáis espazos que demanda,poderán ser adxudicatarias,por esta orde, as persoas ve-ciñas do barrio e da contorna,e as persoas veciñas de cal-quera outro barrio de Santiago.A concesión faise por un prazode dous anos, que pode serprorrogado ata un máximo decatro anos.

Compostela suma 38 hortas urbanas adisposición da veciñanza en Santa Marta

Visitando o novo espazo de hortas

Oviario Clara Campoa-mor terá finalmentetres carrís, un en

cada sentido de circulación eun central que terá un dobreuso: carril de incorporación esaída dos autobuses no ám-bito da futura estación, e ca-rril adicional de circulaciónnos accesos ás rotondas doRestollal e de Sar. A regula-ción dos accesos e saídas áestación farase mediante se-máforos, como recomendanos informes técnicos, e o via-rio terá carril bici nas dúasmarxes.

O obxectivo do Goberno éiniciar a licitación no prazodun mes, para que as obraspoidan comezar no próximoverán. Deste xeito cumpri-ranse os prazos previstos,porque a plataforma de ac-ceso á estación de autobusesnon estará rematada ataagosto de 2020. As obrasdos accesos terán un prazode execución de 5 meses e oinvestimento previsto é de1,6 millóns de euros, finan-ciado con fondos europeosvinculados ao programa Re-Vive-Edusi Santiago.

O viario Clara Campoamorterá tres carrís

Mulleres mudando abalanza", encontrocon empresarias e

emprendedoras profesionaisgalegas, contará coa pre-senza da activista e expertaen xénero Aurélie Salvaire.Será o vindeiro mércores 6 demarzo, a partir das 19:00horas, no Auditorio Abanca.A entrada é de balde ata

completar aforo.Trátase de visibilizar e po-

ñer o foco en mulleres em-prendedoras que se fixeronun oco en mundos masculi-nizados, de aí que participena chef con Estrela MichelínLucía Freitas, a deseñadorade moda Elena Ferro e a en-xeñeira e doutora en infor-mática Luz Castro.

Encontro de emprendedoras“Mulleres mudando a balanza”

Como é tradición, o Mecoserá quen abra o En-troido de Santiago, o

sábado 2 de marzo, co seu des-file dende a praza de Cervantesata a praza do Toural acompa-ñado polas comparsas Os Con-formistas de Conxo e A Ruliñade Laraño. A figura subirá aobalcón do Prazo de Bendañapara vixiar desde alí o desen-volvemento das festas, quearrancarán co pregón a cargode Manuel Jabois. Despois dodiscurso do xornalista, haberáun espectáculo de patinaxesobre zancos a cargo do grupocolombiano Tchyminigagua,que percorrerá a rúa Nova, a

praza de Praterías, a rúa doVilar e a praza do Toural.

O domingo 3 de marzo haberáanimación de rúa e tamén estáprogramado, no Teatro Principal,un concerto da Banda Municipalde Música de Santiago en co-laboración coa asociación Ami-gos da Ópera de Santiago. Orecital dirixido por Casiano Mou-riño estará protagonizado porLucía Tavira, soprano cordobesagañadora do I Certame Com-postela Lírica.

A cita central da xornadaserá o Festival Infantil de Dis-fraces que se celebrará na SalaCapitol para nenos menores de14 anos. A festa estará animada

por A Run Run, co seu espec-táculo Déixalle ao Dillei, e ha-berá baile, sorteo de agasallose concurso de disfraces en trescategorías: individual, parellaou grupo.

O luns 4 de marzo, no Pazode Bendaña haberá obradoirosde máscaras surrealistas entreas 12:00 e as 14:00 horas epola tarde, de 18:00 a 20:00horas, Pesdelán dirixirá un obra-doiro de danzas de Entroido,tamén no Pazo de Bendaña.Para esta actividade é precisoinscribirse previamente no co-rreo electrónico [email protected] tarde tamén haberá pasa-

rrúas coa charanga EstradensBand, dende a praza Roxa ataa rúa de San Pedro.

O día grande, o martes 5,arrincará co obradoiro de xe-nerais da Ulla que se celebraráno Pazo de Bendaña de 12:00a 14:00 horas.

Xa pola tarde, terá lugar oagardado desfile de Entroido,que partirá da avenida de Ferrolás 17:30 horas e rematará naSala Capitol, onde ás 20:00horas terá lugar a presentacióndo espectáculo Antroidanzas,con Pesdelán, e a entrega dospremios do desfile con case14.000 euros entre seis cate-gorías: carrozas, comparsas,

grupos, mellor parella, mellordisfrace individual e mellorcomparsa de parroquias ou ba-rrios do Concello de Santiago.

O mércores 6, a Queima doMeco na praza Roxa, despoisdo seu desfile dende a prazado Toural acompañado de ARuliña de Laraño e da charangaEstradens Band.

A programación do Entroidocomplétase coas actividades naRede de Centros Cívicos, e coEntroido tradicional dos Xeneraisda Ulla. Os atranques xa se ce-lebraron no Castiñeiriño, Ma-rrozos e Angrois, e escoitaranseaínda o 2 de marzo en Aríns eo 3 de marzo no Eixo.

Desfiles de disfraces e Xenerais da Ulla para celebrar o Entroido

Page 5: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

5NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 2019

Page 6: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 20196

A CORUÑAGalicia

Aconcelleira de MedioAmbiente, María Gar-cía, presentou a nova

fase de expansión de arbo-rado na cidade, a través doque o Concello se marca oobxectivo de incrementar atao 25% o número de exempla-res do municipio antes de2022, con 4.000 máis. Antesde iniciar esta etapa no2019, o departamento muni-cipal aborda nos vindeirosmeses as últimas plantaciónsde árbores que veñen a com-pletar a primeira das metasque se marcou o executivolocal a inicios de mandato: ade aumentar nun 10% o ar-borado preexistente na ci-dade, estimado en 15.000exemplares, e que, comolembrou a edil, non abondanpara cumprir coa ratio querecomenda a OMS de tres ár-bores por habitante. “A Co-ruña parte cun déficit dearborado moi importante, enon é un espazo fácil paraplantar porque é unha cidadedensa.

Pero precisamente por iso,as árbores son máis necesa-rias”, explicou a edil. Así, aConcellería de Medio Am-biente abordar nestes meses

as últimas plantacións paraacadar o obxectivo do 10%de incremento. “Este logro émoi importante porque a ex-pansión do arborado é unhadas primeiras medidas na mi-tigación e na adaptación dascidades ao cambio climático.E non é o único beneficioque as árbores traen á cidade,xa que son un elemento fun-damental na mellora da bio-diversidade e contribúen amanter a calidade do aire ea acústica, xa que filtranpartículas contaminantes aotempo que fan de barreirapara o ruído”, contextualizoua edil.

A Coruña plantará 4000árbores máis ata 2022

A concelleira de Medio Ambiente,María García, en rolda de prensa

AConcellería de MedioAmbiente avanza naposta en marcha das di-

ferentes medidas previstas noplan integral para actuar con-tra as pintadas vandálicas nacidade, que están a ser aborda-das non só dende a limpezasenón outros ámbitos como oeducativo, a prevención, asmedidas didácticas e o desen-volvemento normativo. O mér-cores 27 de febreiro comezaronunha serie de obradoiros nosinstitutos sobre arte urbana,denominados Coida da túa ci-dade e dirixidos á mocidadeentre os 13 e os 16 anos. Osinstitutos de Monelos e Zapa-teira serán os primeiros enacoller este curso, que podensolicitar os centros a través docorreo [email protected].

A execución do plan integralcontra as pintadas vandálicascontinúa tamén noutros ám-bitos, como o de identificacióndas persoas autoras das pin-tadas vandálicas que desenvolve

o Goberno local coa colabora-ción da Patrulla verde da PolicíaLocal e especialistas en grafo-loxía. Estas pesquisas permi-tiron localizar e citar xa a seispersoas autoras de máis de3.000 pintadas vandálicas ásque se lle propuxo "participaren medidas correctoras parareverter o dano causado". Me-diante este acordo, algunhasdelas realizarán traballos enbeneficio da comunidade paraa limpeza de pintadas. No mar-co deste proceso, a Concelleríade Medio Ambiente continúacoas investigacións. "Estamossatisfeitas ata o momento conesta medida, xa que non sónos permitiu neutralizar ásprincipais persoas causantesdestes danos no espazo público,senón que restauramos o danoe desincentivamos a outraspersoas, sobre todo menores,a que sigan ese camiño".

Dentro deste paquete demedidas sitúase tamén a ini-ciativa Ruarte, que actúa pararecuperar sete zonas degradadas

da cidade a través de muraisrealizados por ilustradores eilustradoras. O seguinte en serpintado será o que cubrirá asinstalacións do parque de Eirís,nas que se fará un realzamentodo espazo a través da pinturae unha plasmación de especiesautóctonas para buscar a in-tegración co medio. "Estamosa actuar de maneira activa ecoordinada contra as pintadasvandálicas dende diversas fron-tes, tamén na da limpeza. Aretirada das pintadas na zonaPepri comezará de maneira in-minente, en canto conclúa afase de revisión da documen-tación presentada polas persoaspropietarias e a subsanaciónde erros da documentaciónpresentada, e o plan de limpezaen edificios públicos está prac-ticamente rematado, a faltados que están en mans deconcesionarias ou os que pre-cisan un permiso de Patrimoniopara realizar a intervención,como pode ser o caso do edi-ficio dos sindicatos", indica.

O plan integral contra as pintadas noespazo público avanza con obradoiros

nos institutos da cidade

Oalcalde da Coruña,Xulio Ferreiro, reivin-dicou a necesidade de

que a conexión ferroviaria conPunta Langosteira figure ga-rantida expresamente tanto noPlan Director do Corredor At-lántico, presentado de formapública esta semana, como noplan de investimentos dePuertos del Estado. "O portoexterior é clave para A Coruñae para a súa área metropoli-tana que son, ao cabo, o pul-món económico de Galicia. Un

pulmón, por certo, que ade-mais de producir riqueza e em-prego, debería tamén serescoitado á hora de planificareste tipo de infraestruturas,que tamén son necesarias paraa mellora do corredor cantá-brico entre A Coruña, Ferrol,Xixón, Euskadi e Francia",dixo.

O rexedor manifestou queos anuncios realizados estasemana polo ministro de Fo-mento a respecto do CorredorAtlántico "aínda presentan dis-

tintas dúbidas que será nece-sario que se resolvan". "Efec-tivamente, é positivo no queatinxe ao recoñecemento daimportancia do eixo A Coru-ña-Vigo, pero dende logo, émellorable en moitos aspectos.Ademais da conexión ferroviariaa Punta Langosteira, destacatamén o feito de que a liñaVigo-Porto non estea incluídana rede básica, tal e comopropuxo o Parlamento europeo,tendo en conta que se tratadunha conexión moi necesaria

para que Galicia gañe peso ecompetitividade no contextoda futura macrorrexión urbanaatlántica", apuntou o primeiroedil en rolda de prensa.

Ferreiro reiterou que, "a díade hoxe, non existe nin previ-sión nin dotación orzamentariapara o tren a Langosteira; nonsabemos cal é a previsión dogoberno do Estado ao respectoe se xa ten algo avanzado conADIF e tamén descoñecemosse o executivo estatal ten pre-visto solicitar financiamentoá UE". "Até que non se des-pexen estas incógnitas, non

podemos cualificar como po-sitivo o Plan Director do Co-rredor Atlántico", indicou. "Ga-licia e A Coruña non podenvolver perder. O Corredor At-lántico é un asunto esencialpara a conectividade e para odesenvolvemento das cidade.Non ten sentido construír unporto exterior que non esteacomunicado por ferrocarril,como tampouco ten sentidodeixar sen infraestruturas uneixe portuario como o noso,con dous portos de interesexeral na Coruña e Ferrol a moipouca distancia", evidenciou.

O alcalde reivindica que a conexiónferroviaria a Punta Langosteira no plan do

Corredor Atlántico quede garantida

Page 7: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

7NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 2019

Por Moncho Mariño

Entrevista

-O primeiro que vos queropreguntar é, como clasifica-riades Sira e O Robot?

Depende con que interlocu-tamos, pero unha estas tresdefinicións poden servir. Unproxecto artístico que procurafusionar música, linguaxe, au-dioteatro, ilustración con humore narrativa, a intertextualidadee a ironía, creando así un mundono que unha nena de 10 anosten aventuras co seu robot per-soal, William. Tamén unha formabonita de contribuir a aumentara intelixencia verbal e emocionaldunha xeración de nenos, em-pregando a música, poesía eteatro xunto coa tecnoloxía e aciencia. E por último, un métodode aprendizaxe de idiomas moiinnovador basado en metodo-loxías como Assimil, Linguap-hone ou Berlitz. Pero máis eficaze mneumotécnico.-Como e por que nace a ideade Sira e o Robot? Había unelemento especial que vosanimase a crear este con-xunto de libros?

Escribimos a varias editoriaisunha especie de manifesto ar-tístico. Eran como vinte páxinasou así, xunto cuns audios ca-seiros. Manuel Bragado, de Xe-rais, foi o único en responder.Grazas a ese interese inicialconseguimos traballar algunhasideas e publicar con eles aofinal. Diriamos que o elementoespecial de todo proxecto ar-tístico bo é unha amizade. Apartir diso o resto vai indo. -Quen formabades o primeirogrupo de persoas que estaba-des detrás desta idea?

Miguel e Mark e logo lle pe-dímos a Iván Sende que ilustraseo libro. El xa traballara con

Xerais antes. Houbo outras per-soas boísimas por suposto, peroo “núcleo duro” como diría Iváné ese. Agora comezamos a tra-ballar con outra persoa impor-tante na industria cultural, peroela prefire manterse máis noanonimato.-A intención é facer ver quegalego e inglés poden apren-der un do outro e que se podefalar perfectamente nas dúaslinguas. Como podes conven-cer a unha persoa que é posi-ble?

Máis que falar perfectamentediriamos entender perfectamen-te. Todos temos moita présacando queremos aprender defalar, cando é escoitando, e enmoitos contextos, onde máisse aprende. Pero si, é un dosbeneficios que acontecen áspersoas que escoitan os discose tentan aprender as cancións.A idea é crear algo que incite amoitas escoitas. A arte non éfacer un listening, que é unhatáctica idiota de Cambridge ouOxford ou que sexa para trau-matizar os alumnos. A arte épara escoitar moitas veces, desaborear. Gustaríanos considerarque a nosa arte é para acom-pañar a unha época dentro davida dunha persoa, non paraconsumir unha vez para logodescartar en busca da consu-mición seguinte. Non é paralistening é para sharing, oucanda menos shadowing, mé-todo infinitamente máis eficazpara aprender a falar ou ter unacento. “Listening” non deberíaser difícil. Se o é, córrese orisco de crear affective filtersno alumno. Sira e o robot reduceestes chamados filtros afectivoscoa creación dun mundo diver-

tido e de moita riqueza semi-otica, un mundo de imaxinacióne do insólito.-Nun primeiro momentoforon aparecendo voces demoitas persoas, diferentesacentos para as dúas linguas,como conseguistes atraer atanta xente para participarneste proxecto e cantas per-soas de diferentes linguas es-tiveron participando?

As persoas que participaronnos primeiros libros, sobre todoo primeiro, que ía un poucosobre o plurilingüísmo, o fixeroncon moita ilusion. Mesmo tive-mos algunhas solicitudes paraparticipar (risas). Estructuramoso argumento ao redor dalgúnsdeses actores. Nalgún momentoqueríamos usar o suahili, perocomo non coñecíamos ningunhapersoa que o falase optamospor outro idioma. Agora redu-cimos un pouco o elenco porrazóns loxísticas, e tentamospagar algo ás persoas que teñanmáis compromiso.-Houbo algunha clase de di-rección artística para estetraballo?

En Sira e o robot III: Trial byFire botamos man do directorRoi Vidal que nos levou a unnovo nivel.-Quen foi perfilando, ideandoe dándolle forma aos perso-naxes? En que tipos de per-soas pensabades cando oscreabades?

Todos. A creación dun mundoficcional pode ser un procesointeractivo, e como un xogotamén, que se enriquece dasposibilidades que ofrecen a mú-sica, o teatro radiofónico e ailustración. Reaccionamos ásnecesidades das ideas que van

xurdindo. Neste libro novo haiun xogo interesante cun palín-dromo, por exemplo.-Un palíndromo?

That’s right! Outro exemplodos Easter Eggs que nos gustatanto despositar nos libros paraos lectores que teñen curiosi-dade.-O mundo de Sira e o robotestá ambientado nun futuroonde hai viaxes intergalácti-cas, naves espaciais etc, que-riades transmitir algoespecial creando ese mundofuturista?

Os seres humanos non pen-samos ben a longo prazo. Estábastante investigado. Non en-tanto, hai asuntos no porvirque son dunha importancia so-brecolledora, como a chegadada Intelixencia Artificial, o quese coñece como the Singularity.Non hai debate xa sobre sepode existir nun futuro ou non.A cuestión é cando acontecerá.Pero con calma, ho! Escribirdesde o futuro ofrécenos moitasposibilidades, crear heterotopias,hipotetizar, inventar, achegarnosa debates éticos importantes,pero sempre dende o cariño e ohumor, a aventura e o xogo li-bre.Quen compuxo e arranxou ascancións? Quen fai que cou-

sas?As cancións e os textos son

productos dun esforzo colectivode varias persoas, con todasesas características, semente,crecimento, modificación, adap-tación e produto final. Igualque Lennon/McCartney, poisWiersma/Mosqueira-Xa ides pola terceira entregade Sira, que se está prepa-rando aínda, haberá sorpresaspara esta nova entrega?

Hai moitas sorpresas e crea-ción de mundo. A ver se conse-guimos sacar unha edición Re-mastered para o público xeral,que en principio a totalidadedesta edición, que sae en xaneirocomo parte da inciativa Galiciacrea ambiente, vai para mil co-lexios de Galicia. Mentres tantoxa imos avanzando varias en-tregas. Imos só por unha terceiraparte da serie, así que quedanmoitas aventuras aínda por des-velarvos. En Trial by Fire, de-senvolvemos a personaxe deWinston por exemplo, que apa-rece en Adventures on Titan ehai outros cameos interesantestamén.

Pódese estar ao tanto visi-tando a páxina web de Sira e orobot, ou mediante as novastecnolóxicas e disparates distó-picos en Twitter @SiraEORobot

Mark Wiersma e Miguel Mosqueira son dous músicos que tiveron a idea de lanzar o proxectoSira e o Robot. Un audio libro e libro ilustrado onde inglés e galego se conxugan paraque os nenos e nenas teñan unha ferramenta para aprenderen dos dous idiomas. Co seu

terceiro volume xa editado Sira e o Robot. Trial by Fire, a aventura promete momentos moi espe-ciais para os máis pequenos e para os máis grandes tamén. Falamos con eles sobre este novo libro.

“Todos temos présa en aprender a falar, pero escoitando é cando máis se aprende”

Miguel Mosqueira e Mark Wiersma

Page 8: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

Vai facer agora dez anos dunhamanifestación na Quintana com-postelá deseñada dende o na-

cionalismo español contra da nosalingua, cultura e identidade. Unha ma-nifestación baseada na mentira deque o Goberno galego de coaliciónBNG-PSOE quería impór o galego,cando simplesmente determinaba unmínimo do 50% de uso da nosa linguaa medio dun Decreto que de primeirasaprobou o PPdeG. Un PPdeG que des-pois refugou del para sumar moi pou-cos milleiros de votos que, porén,foron esenciais para acadaren os defi-

nitivos deputados nas circunscriciónsd´A Coruña e Pontevedra nas elecciónsnacionais do 01.03.2009.

Rechamante foi a participación nesamanifestación da antecedente directado nacionalismo extremista españolde Vox e Cs (Rosa Díez, líder da UPD).Unha Rosa Díez que moi axiña faríadesprezo da nacionalidade galega pormor da nosa capacidade para non nosdefinir, sen advertir que as persoasgalegas non xogamos ás definiciónscando non nos interesa o marco con-ceptual que se nos quere impór coasmesmas.

A organización daquela protesta,que dícía ser bilingüe, hoxe esixe fa-larmos español, na liña daquel fran-quista “Hable bien. Sea patriota” dosanos 50 do século pasado. E, logo dedez anos, algún dos líderes dese na-cionalismo español (Ortega Smith polosextremistas, Toni Cantó polos falsosliberais) minten conscientemente de-nunciando a falsísima discriminación,cando non risco de persecución docastelán na Galicia.

Estes ataques á nosa lingua, culturae identidade non son ningunha brin-cadeira. Fronte ao carácter cívico e deafirmación do galeguismo o naciona-lismo español é ofensivo e supremacistae baséase no “a por ellos” e no “lotoma o lo toma”. Canda este extremismo

político vogan os empresarios españoisinteresados na recentralización eco-nómica, para obter da nosa economíao rédito que lle habería de cumprir ásempresas galegas e voga ese freakismocosmopailanista, moi minoritario, máiscon voceiros abondo, presente nas no-sas cidades e vilas.

Fronte este supremacismo habemosopór as cualidades da democracia: ainclusión e cohesión social que só sedan nas sociedades xustas que partillanun mesmo sistema educativo, as liber-dades que esixen non sermos discri-minados no noso País por falarmos evivirmos na nosa lingua e o sentidiñode non substituir o noso pola voracidadeextractiva dos que queren empobrecere someter este País.

Ademostración deste domingo enMadrid, organizada polo tripar-tito da Santa Alianza das derei-

tas, xuntou ben menos xente daprevista polos seus organizadores,moita menos ca a acadada polo PPcontra a lei do aborto ou o matrimoniohomosexual no 2004-2006. A Delega-ción do Goberno falou de 45.000.Moita xente, mais moita menos da pre-cisa para deslexitimar un Goberno ouunha política.

Moitas máis persoas, en comparanza(Galicia achega só un 5% da poboaciónestatal) xuntaron as organizacións en

defensa da sanidade pública galegana demostración que á mesma horadecorreu as rúas compostelás co apoiodas forzas parlamentarias da oposicióngalega: En Marea, PsdeG e BNG. O pre-sidente Feijoo amosou o seu absolutodesnortamento modificando a súa axen-da para ir quitar a Madrid unha fotocos da Falanxe e Vox no canto de en-frontar á emenda á totalidade que aGalicia do progreso e da cohesiónsocial lle estaba a facer entre a Alamedae a Quintana da capital do noso país.

O que vimos en Madrid foi a Españareaccionaria, a que quere voltar á idea

dunha nación única, dun único matri-monio heterosexual, das mulleres so-metidas e dos homosexuais perseguidos.Axenda á que se lle incorpora á perse-cución dos migrantes e da cidadaníaque cuestione esa España da nación,lingua e cultura únicas, a España do“a por ellos”. Unha España que reaxiuco discurso parcial e desaquelado doXefe do Estado do 3-Ou de 2017.

Porén, faría mal a Galicia plural daalternativa en desprezar os efectos dademostración madrileña por mor do seulimitado apoio popular. Porque ésta éunha enxurrada con moitos apoios me-diáticos e de sectores ben abastadoseconómicamente, que fai parte dunhaondada reaccionaria xurdida en Hungría,Polonia, USA e, agora, Brasil e Italia e

que tenta que olle-mos máis ao dedoda inmigración, dosoberanismo ou dosdiferentes ca á lúadas desigualdadessociais e dos recurtes.

Pedro Sánchez amosou estes díasque a esquerda española sempre llemerca o relato territorial da Españaunha, grande e libre á dereita. Maisagora, poucos días antes do debate detotalidade dos Orzamentos estatais, xasabe da limitada forza da dereita extrematripartita e do reactivamento que estaenxurrada reaccionaria da España doNODO xerou nas nacionalidades e terri-torios periféricos e está a xerar nalgúnssectores da esquerda española.

NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 20198

Opinión

“Este Xornal non se identifica coas opinións dos seus Colaboradores”

A España do NODO

Por Xoán Antón Pérez-LemaCadernos da viaxe

Democrácia fronte a supremacismo

Amesma Sala do Tribunal Su-premo que rectificou a súa dou-trina para impedir que os

Bancos pagasen o Imposto de ActosXurídicos das escrituras notariais vende fixar xurisprudencia a respecto douso do galego nas Administracións lo-cais declarando a ilegalidade de deter-minados contidos da Ordenanzalingüística que o Concello de Lugoaprobara no 2012 por unanimidade detodos os seus concelleiros (entón doBNG, PSdeG e BNG).

A sentenza consolida unha inter-pretación restritiva da oficialidade danosa lingua, consagrada no Estatuto ena Lei de Normalizacion Lingüística,

segundo a que os usos oficiais dogalego haberán ir sempre acompañadosdo uso da lingua castelá, mentres queo uso desta por si mesmo non requiriríao da nosa lingua. Un rol absolutamentesubordinado que minoriza o galego,vulnera o dereito a vivirmos na nosalingua e afástase da interpretaciónconstitucional correcta consonte aosTratados internacionais asinados poloEstado español, nomeadamente a CartaEuropea das Linguas Rexionais ou Mi-noritarias.

Velaí que, malia as dificultades quedeterminan o exercicio desta caste deacción xudiciais, o Concello de Lugohabería recorrer en amparo esta sen-

tenza perante o Tribunal Constitucionale habería esgotar o preito, se cómpre,até o Tribunal Europeo de DereitosHumanos, na percura dunha doutrinaxurisprudencial europea dos dereitosfundamentais que integre os dereitoslingüísticos.

Verdadeiramente grave, dende osparámetros xurídico e político, é aconfusión xudicial entre o dereito aolibre uso do castelán da cidadanía edas limitacións deste dereito nas rela-cións xurídicas de suxeición especial arespecto das persoas empregadas pú-blicas e das empresas contratistas econcesionarias, que haberían ser gra-vadas cunha obriga de uso que agorase anula. Teñen os empregados públicose os xestores dos servizos públicos undereito a non usar o galego no prexuizodos usuarios? É unha conclusión ab-

solutamente desaquelada e regresiva.Existe no noso País unha minoría

supremacista (na que sobrancea a ra-dicalizada organización que recorreuesta Ordenanza luguesa) que quereimpedir o uso normalizado e oficial danosa lingua. Unha minoría moi cativa,mais que inflúe de xeito substancialen determinados ámbitos da opinión,da política e da xudicatura e que co-necta cunha importante corrente donacionalismo españolista que querereverter as moi tímidas melloras legaise sociais que acadou a lingua, a culturae o autogoberno galegos nos últimoscorenta anos.

Son momentos, pois, de reaxir eacadar amplos consensos para garantirmáis galego e , sobre todo, pleno res-pecto aos nosos dereitos como falantese utentes da nosa lingua propia.

Sentenza ideolóxica contra o galego

Page 9: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

Ogoberno español sentese enga-nado por Europa no referenteao problema migratorio; Eu-

ropa planea unha repartición e dis-tribución dos mesmos só nomediterráneo central, é dicir, en Italiae Malta. Enésimo gol de Europa a Es-paña tras os coqueteos de certas ins-titucións e países europeos cosmuñidores do Procé; isto é Europa,señores, un conglomerado de paísesonde cada un arrima o ascua a súasardiña e onde cando iso non pasa

faise o que marca o Dikta alemán. Nonse trata dun problema monetario,económico ou fiscal como nos querensuxerir, vai máis aló. Trátase dunhahistoria de centos de anos balizada porcontinúa rivalidade que acabou sendosomatizada por todos os gobernos queaínda por riba das súas desdichas nonlogran atopar a apócema da uniónpolítica; Venezuela é un claro botónde mostra do devandito.

Macron enfádase co goberno italianopolo seu indisimulado apoio aos cha-

lecos amarelos; o petit Napoleóncon ínfulas de resucitar a Grandeurna súa persoa patalexa por inxerenciasdoutros países nos seus asuntos.Onde as dan tómanas Macron, así éa política internacional. Dá a sensa-ción que a ti non che vai dar tempode asimilar moitas máis leccións damesma, aure voir.

Trump retira as tropas de Iraq eSiria, pacifica as relacións con Coreasetentrional e chega a un entende-mento cos talibán en Afganistan. Oxinete da apocalipse segundo toda aprensa mundial levando a políticamáis pacífica e menos intervencionista

que xamais unpresidente ameri-cano haxa podidolevar. Choca por elcontrario presen-ciar determinadasdeclaracións da convencional republi-cana poñendo matices e reservassobre o proxecto de Trump advertindosobre a súa posible radicalidad candoeles foron, no seu momento, os ins-tigadores das inxustificadas e malplanificadas invasións de Iraq e Afga-nistán. En fin, ver para crer. Peroeste mundo da posverdade nos novelarelatos canto menos curiosos.

9NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 2019

Opinión

“Este Xornal non se identifica coas opinións dos seus Colaboradores”

Reflexións internacionais

Por Jesús Témez Fernández

A celebre frase emitíaa don Grouchopara reclamar dos seus irmáns pitolasde leña para mover a locomotora naque facían asneiradas polo Oeste. É aguerra, traede máis madeira! berrabaco xaruto entre os dentes, mentresHarpo e Chico esnaquizaban asentos,paredes e teitos de vagóns. Un neo-marxista de pro como Pedro Sáncheznon ten empacho algún en seguir asenda dos seus ideólogos e alimentar,mentres fique madeira, o queimadorda estartelada locomotora.

O que ninguén lle pode cuestionaré a súa capacidade de supervivencia.Xa resucitou en dúas ocasións. Primeirono partido. Despois no goberno. Agorapretende o máis difícil, facelo unhaterceira vez. Será único, non xa nahistoria humana senón mesmo na di-vina.

Podía rematar a lexislatura. Os or-zamentos prorróganse. Ante os quequeren queimalo na propia casa, osque reparten leña no Tribunal Supremoe os pirómanos da Praza de Colón,don Pedro non se arredou e veña,mais madeira!. Eleccións o 28 de abril.

Os superviventes sono por medo-rentos. Don Pedro éo, non se atreveu apoñelas o 14 con toda a súa forza em-blemática, o cal non quere dicir que acelebración deste 88 aniversario daproclamación da II República non vaiater unha potencia simbólica e mobili-zadora de dimensións impredicibeisante a ameaza da dereita trifálica.

Como tampouco tivo a afouteza parafacer outra cousa que subliñar a bondadedo diálogo cos idependentistas cataláns,cando todo o mundo sabía que só erapara falar por non estar calado. Medrosocomo é nin ousou convocar o superdo-mingo, porque os seus, os baróns,como lle din, non lle deixaron. O señor

de Abelgrado o primeiro. Pero púxollasantes para comprometelos. Ou eu, oua Triple Alianza, argumentará.

Así que máis madeira. A votar, des-pois de 15 días de campaña electoral,o 28 de abril. A votar, despois doutros15 días de orneante publicidade, o 26de maio e con tripla papeleta, algúns:europea, autonómica e local. Ata se-tembro as institucións paradas, senninguén que tome decisións, coa amea-za de fatiga cidadá nun ambiente queos patriotas españois tensan de forma

perigosamente irresponsábel.Neste caótico remexido, don Pedro

xoga a ser o máis votado,recuncandona presidencia e permitindo a terceiraresurrección. Daquela ninguén lle poderátusir. Agás os independentistas catalánsque o teñen claro, e os nacionalistasvascos que tamén. Estes na súa pou-quidade numérica. Aqueles cun Jun-queras convertido en único líder inde-pendentista, disposto a pasar anos na

cadea ata que Es-trasburgo condeneo estado español ea pacífica derrotaxurídica e políticao obrigue a procurarun acordo a medioprazo que supoña orecoñecemento xu-rídico de Cataluñacomo nación.

Os dirixidos dendeMadrid teñen taméno seu xogo. A hipo-tética emerxencia deVox arrastrou o PP

cara á dereita máis extrema e deixoulleun espectro máis moderado a Cidadáns,agás no seu extremismo pola cuestióncatalá, pero en disputa electoral cosanchismo, en especial despois do granerro de Rivera admitindo a foto deColón e a súa negativa ao pacto coPSOE arrástrano tamén cara a dereitaextrema. Moitos competidores para unespazo, como todos, limitado. A desfeitade Podemos, arrastrado pola impericiados seus dirixentes, o seu patriotismoespañol, os xestos sociais do sanchismo

e os medios que an-tes os elevaron,orientan os seus vo-tantes cara ao utili-tarismo ou o desen-canto.

E nós que? Pois máis madeira!. Éevidente que o noso sistema de repre-sentación segue sendo propio. Semellaque a versión feijoniana do fraguismopode coutar a emerxencia de Vox comofixo ata o de agora con Ciudadanos.Haberá que velo. O resto a repartirseentre tres ou catro. O sanchismo limi-tado, o BNG incapaz e Podemos que-rendo apropiarse dun espazo no quese baten con castrexa resistencia osirmandiños. As mostras de sentido co-mún son ben escasas e o fracciona-mento do xa de por si reducido espazopode deixar moitos cadáveres políticosantes do verán.

Nas locais, candidaturas a eito,como os choupíns no outono. Cada unao seu.

No Senado, serían quen os partidosde abrir unha raioliña de esperanza econcertar unha candidatura democráticae galeguista para facerlle fronte aunha hipotética alianza da dereita tri-fálica? Aínda que só sexa para unhadefensa resistente do actual estadoautonómico e impedir a redución deGalicia a “una región mas”e impedirque o 155 e a súa xeralización. Alguéndebería abrir esa xanela e que PSOE,BNG, Podemos e En Marea respondesen.Seguro que persoas de probada tra-xectoria democrática e capacidade nonse negaban a botar unha man.

Máis madeira

Por Carlos Méixome

Page 10: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 201910

Redacción LUGOGalicia

AXunta de Galicia inves-tirá un total de165.000 euros nos tra-

ballos de mellora da eficien-cia enerxética nos edificiosdos xulgados de Chantada. Odirector xeral de Xustiza,Juan José Martín, e dele-gado da Xunta en Lugo, JoséManuel Balseiro, achegá-ronse ata as instalacións xu-diciais para explicar osnovos traballos que se aco-meterán e que permitiránacadar no seu conxuntounha porcentaxe de reducióndo consumo enerxético dun20 por cento en relación coasituación actual.

A Xunta acomete esta in-tervención para mellorar oconfort das instalacións paraos traballadores e usuarios, ereducir o consumo enerxético,evitando así emisións conta-minantes para o medio am-biente. A Administración au-tonómica xa dotara no seu

momento a estes xulgadosdunha caldeira de biomasa,grazas a un investimento depreto de 52.000 euros, o quepermite uns aforros anuais encombustible de 4.000 euros.

A partir de agora, proce-derase tamén á substitucióndas fiestras por outras dePVC, que melloran sensible-mente os coeficientes detransmisión térmica das an-

teriores. Igualmente, substi-tuiranse as lámpadas e lumi-narias por outras de tecnoloxíaLED, de forma que a ilumina-ción proporcione o confortvisual necesario para o de-senvolvemento das actividadesprevistas no edificio asegu-rando un consumo eficientede enerxía. Ambas actuaciónsdisporán dun orzamento duns112.000 euros.

Mellora da eficiencia enerxética dosxulgados de Chantada

No edificio substituiranse 116 fiestras.

AConsellería de Educación,Universidade e Forma-ción Profesional progra-

mou novas actuacións demellora en 21 centros educati-vos da área da Mariña quesuman un orzamento aproxi-mado de 343.000 euros. En Vi-veiro está previsto reformar osbaños da primeira planta doCEP Lois Tobío; cambiar portasno CEIP de Celeiro e realizar re-formas na carpintería interior eexterior da EEI San Roque. Asímesmo, proxéctase substituírventás no IES Vilar Ponte e ins-talar unha escaleira de emer-xencia no IES María Sarmiento.

Polo que respecta aos demaismunicipios da zona, as acciónsprogramadas inclúen o acon-dicionamento do chan dasaulas de infantil do CEIP doVicedo; reformas no patio doCEIP Pedro Caselles Rollán deXove; cambios na instalación

de fontanería do CEIP SantaMaría do Valadouro; ampliaciónda biblioteca do CEIP VistaAlegre de Burela; cambio decaldeira do CEIP nº 1 de Foz edos canlóns da cuberta doCEIP O Cantel (Foz); cambiode caldeira no CEIP Juan Reyde Lourenzá e traballos parasubstituír ventás nos CEIP Ál-varo Cunqueiro de Mondoñedo,CEIP plurilingüe da Pontenovae CEIP de Riotorto. Tamén estáprevista a mellora dos aseosinfantís da planta baixa doCEIP Gregorio Sanz de Ribadeoe a revisión da instalacióneléctrica dos CEIP San Miguelde Reinante e San Cosme, enBarreiros.

Igualmente, no IES MonteCastelo de Burela actuarase nainstalación de calefacción docentro e no IES plurilingüe SanRosendo de Mondoñedo estáprevisto substituír ventás.

A Xunta actuará en 21colexios da Mariña

Colexio Público de Viveiro.

Oalcalde de Monforte, JoséTomé, e o presidente daAudiencia Provincial de

Lugo, José Antonio Varela Agrelo,reuníronse para abordar distintostemas de interese para a cidade eprantexar futuras liñas de colabo-ración entre ambas entidades.

Visitainstitucional

Page 11: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

11NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 2019

Redacción LUGO

Galicia

Odelegado da Xunta enLugo, José ManuelBalseiro, mantivo un

encontro cos representantesda Asociación de Nais e Pais edo equipo directivo e expli-carlles a intervención previstae os prazos que se manexan.As obras servirán para ampliare mellorar as dependenciasdos ciclos formativos de graosuperior de formación profe-sional dual.

En concreto, construiransedúas novas aulas cun núcleode aseos, cunha superficieaproximada de 130 metros ca-drados útiles próxima aos ta-lleres existentes. Estase tra-

ballando na elaboración doproxecto coa previsión de li-citar as obras este mesmo anopara que se executen no vin-deiro curso.

O delegado lembrou que aConsellería de Educación des-tinou nos últimos meses máisde 112.000 euros a obras demellora dos catro centros edu-cativos de Chantada, o propioVal do Asma, coa distribuciónde espazos para a FP básica,así como o IES Lama dasQuendas, e os colexio Xoánde Requeixo e Eloísa Rivadulla,onde se acondicionará próxi-mamente unha soleira paraparque infantil.

Educación inviste da IESVal do Asma de Chantada

O delegado da Xunta visitou o IES Val do Asma en Chantada.

AConsellería de MedioRural –a través daAxencia Galega de De-

senvolvemento Rural (Aga-der)– destinou para operíodo 2013-2020 preto de30 millóns de euros en axu-das dirixidas aos concellos daprovincia de Lugo para a me-llora de estradas, pistas e ca-miños de titularidademunicipal.

En concreto, a administra-

ción autonómica destinou 24,1millóns de euros repartidosentre os 67 concellos lucensescon cargo aos correspondentesplans de mellora de camiñosrurais executados entre 2013e 2019 e, neste momento,está en prazo de solicitudeunha nova convocatoria desteprograma, correspondente ásanualidades 2019-2020, porvalor de 4,1 millóns de eurosadicionais.

Medio Rural mellorarácamiños

Aconselleira de PolíticaSocial, Fabiola García,trasladoulle á alcaldesa

de Mondoñedo, Elena Candia,que este departamento auto-nómico estudaría a propostada rexedora de poñer en mar-cha unha unidade de Alzhéi-mer con prazas públicas nesteconcello lucense.

Fíxoo durante un encontrode traballo con Candia co ob-xectivo de repasar os recursosde índole social que hai ádisposición das veciñas e ve-ciños mindonienses. FabiolaGarcía reiterou o compromisodo Goberno galego coas per-soas de máis idade e, en con-creto, coas que padecen estadoenza. A conselleira destacou

o apoio da Administraciónautonómica, que no últimoano aumentou nun 10% ashoras de Servizo de Axuda noFogar (SAF) postas á disposi-ción do concello, ata superaras 21.000 horas. Xa que nesta

vila se está a empregar apráctica totalidade das horasasignadas, a día de hoxe nonhai lista de agarda e dispoñende coidados profesionais nosseus domicilios 56 persoasdependentes.

Unidade pública de Alzhéimer paraMondoñedo

A alcaldesa, Elena Candia, no centro da foto.

Os conselleiros de Edu-cación, Universidade eFormación Profesio-

nal, Carmen Pomar; e de Eco-nomía, Emprego e Industria,Francisco Conde, visitaron oIES Plurilingüe San Rosendo,en Mondoñedo, onde compro-baron o funcionamento do si-mulador forestal co que estesdepartamentos veñen de dotaro centro. Este equipamento,dirixido ás ensinanzas de FPda familia profesional de Agra-ria, contribúe a mellorar acualificación do alumnado, detal forma que os tituladosconten cunha cualificaciónque responda ás necesidadesdo sector agroforestal.

Carmen Pomar explicou queeste simulador terá unha es-pecial aplicación no ciclo su-perior de Xestión forestal edo medio natural e na titula-ción de FP Dual deste IES, ade grao medio en Aproveita-mento e conservación do me-

dio natural. Neste sentido sa-lientou que este ciclo se de-senvolve en colaboración con13 pequenas e medianas em-presas da zona. Polo tanto, osimulador non é só importantepara a formación dos futurostitulados, senón para a cuali-ficación que lles vai achegare coa que van poder ofrecerunha preparación moito máiscompleta a estas empresaslocais que no seu momentodecidiron implicarse no pro-

xecto estratéxico para Galiciaque é a FP e, en concreto, asúa modalidade Dual.

O conselleiro de Economíasubliñou que este proxecto per-mitirá á industria forestal contarcon persoal cualificado e gañaren competitividade: “Con estesimulador seguimos facendounha aposta pola industria fo-restal que ten que pasar polacolaboración entre administra-cións, tecido industrial e centrosde coñecemento”.

O IES de Mondoñedo terá simuladorforestal

Page 12: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 201912

Redacción LUGOGalicia

Monforte contará contodos os elementosnecesarios para que

os seus cidadáns poidan coñe-cer os aspectos relacionadoscoa meteoroloxía da cidade. Oalcalde, José Tomé Roca, deu acoñecer aos medios o proxectometeorolóxico levado a caboentre o Concello e Meteogali-cia. Deste xeito, en verbas doalcalde, “conseguimos que Me-teogalicia instale en Monfortetres dispositivos de informa-ción meteorolóxica, que vanpermitir que a nosa cidade sesitúe ó mesmo nivel que oresto das cidades de Galicia.”

Así, as instalacións que seubicarán en distintos puntosda cidade de Monforte son asseguintes: Unha Estación Me-teorolóxica na Pinguela, situadana zona de céspede, xunto áspistas de tenis. Unha Pantallade Información Meteorolóxicae de Calidade do Aire xunto óConcello. Unha Cámara Webna muralla xunto á porta deacceso á Torre da Homenaxe.

Estación MeteorolóxicaEsta nova instalación que

se ubica na Pinguela, entra aformar parte da rede de esta-cións meteorolóxicas de Me-

teogalicia e vai permitir co-ñecer os datos climáticos reaisde Monforte, que son empre-gados diariamente por moitosusuarios para as diversas acti-vidades, para informes ou paraxustificar danos nas propieda-des ou nos cultivos por causasmeteorolóxicas. As mediciónsque rexistrará a estación me-teorolóxica serán as seguintes:Velocidade e dirección do ventoademais do refacho. Tempera-tura e humidade do aire.Presiónatmosférica. Temperatura dochan. Temperatura da herba.Radiación solar e choiva ouprecipitación.

Unha vez que estea a esta-ción meteorolóxica operativa,os datos poderanse consultara través da web de Meteogaliciawww.meteogalicia.gal ou nasua APP. Para a instalación daestación meteorolóxica mon-tarase un mástil de aceiro ino-xidable de 10 metros de alturaonde se colocarán os sensoresde vento, de temperatura, dehumidade, de radiación solare o armario cos equipos dealimentación, procesado e en-vío de datos. Ademais, insta-laranse dous soportes para ospluviómetros.

A estación non require dealimentación eléctrica externa,xa que esta é subministradapor un pequeno panel solar,que se instalará xunto cos de-mais equipos. A comunicacióné por telefonía móbil medianteo sistema de 3G. Para protexeros equipos da estación reali-zarase un peche do perímetroadaptándose á forma do em-prazamento de aproximada-mente 30 m2 (6x5 m.). Aaltura da valla será de 2 metros,cunha porta de acceso, seme-llante à que figura na foto ad-xunta. Respecto da instalacióndesta Estación Meteorolóxica,o alcalde salientou que “em-pezarán de inmediato.”Cámara WebMeteogalicia tamén instalará

unha Cámara Web en Monforte,ampliando a rede de CámarasWeb que xa ten instaladas,para poder ver en tempo realas condicións meteorolóxicasde calquera punto da xeografíagalega, neste caso en Monforte.Esto vai permitir obter imaxesen tempo real e poñelas a dis-posición do público na APPou na páxina web, de maneiragratuíta e para que calquerapersoa poida planificar as súas

actividades persoais ou profe-sionais. A ubicación escollidapara esta cámara é na cima domuro que rodea a Torre da Ho-menaxe, orientada cara os Es-colapios.

O terceiro elemento que sevai instalar en Monforte vaiser unha Pantalla de informaciónpública de Meteoroloxía e Cali-dade do aire, e tamén vai per-mitir facer públicos outros temasde interese e seguridade paraos cidadáns, como os avisosdiante de Fenómenos meteo-rolóxicos extremos ou posibleseventos da mala calidade doaire por contaminación.

A ubicación da Pantalla vaiser na esquina dereita do Con-cello, orientada cara a rúa e aPraza do Campo de San Anto-nio, onde remata a rampla deacceso lateral.

As características da pantallason as seguintes: Irá instalada

en sentido horizontal, as di-mensións son de 2 metros delonga por 1 metro de alta, es-tará colocada sobre un postemetálico de 2,20 metros dealto. Para poder realizar os la-bores de mantemento, estaráseparada da parede do edificioentre 0,5 e 1 metro, estaráconectada á rede de alumeadomunicipal.

O motivo de ubicala nestepunto é para que dea infor-mación ós veciños en xeral,pero tamén ós peregrinos doCamiño de Inverno, dado quea ruta de peregrinación a San-tiago pasa polo Campo de SanAntonio na parte frontal doConcello. Finalmente, o alcaldevalorou moi positivamente esteproxecto: “Creo que estas novasinstalacións son un logro im-portante e colocamos as Mon-forte no mesmo ranking que oresto das cidades galegas”.

Monforte contará, por primeira vez,cunha estación meteorolóxica

José Tomé en rolda de prensa.

Oalcalde do Concello deMonforte recibiu ao at-leta monfortino Saúl

López Álvarez en recoñece-mento pola medalla de ouroconseguida no Campionato deEspaña de Ciclocross celebradoen Pontevedra entre o 11 e o13 de xaneiro de 2019. Nestaocasión Saúl conseguiu a me-dalla de ouro na proba de Ci-

clocross por relevos formandoparte de Selección Galega.

Saúl é un dos deportistasmáis destacados do Concellode Monforte que actualmentecompite co Club Ciclista Maceda.Outros resultados recentes edestacados de Saúl son: Cam-pionato Galego que conseguiuno ano 2018 na modalidadeBTT XCO (Cross Country Olím-

pico). O 3º posto no Campio-nato de España de BTT XCO(Cross Country Olímpico) namodalidade de relevos por equi-pos (Team Relay). Deste xeito,o alcalde, en nome de todosos monfortinos, trasladoulle anoraboa por todos os éxitosacadados e obsequiouno cunhafigura conmemorativa da Torredo Homenaxe da cidade. Saúl López con José Tomé.

Saúl López medalla de ouro deCiclocross 2019

Page 13: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

13NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 2019

Redacción LUGO

OConcello de Monfortesegue adiante coa execu-ción novos proxectos para

continuar avanzando na mellora deiluminación pública da cidade.Nesta liña, o goberno municipalven de iniciar os traballos de ins-talación do novo sistema de alu-meado público no aparcamento doParque dos Condes. Deste xeito, asobras foron visitadas por JoséTomé Roca, alcalde da cidade, queestivo acompañado por José LuísLosada, concelleiro de Servizos, atécnico de servizos do Concello, asícomo o responsable da empresamonfortina Raúl e Hijos, adxudica-taria da obra.

Espérase, desde o Concello, quea instalación das luminarias do Par-que dos Condes remate nun mes.Houbo un pequeno retraso no iniciodas obras, debido á recepción dosmateriais, pois a empresa fabricantesó os realiza baixo demanda. Perose non xorden outro tipo de impre-vistos, agárdase que a iluminaciónestea en funcionamento antes doAntroido.

A obra de mellora lumínica doParque dos Condes ven a substituirá actual instalación unilateral arre-dor da zona de aparcamento, queconta con luminarias tipo proxec-tores en mal estado sobre postesde formigón e madeira, de alta po-

tencia de 400 W en vapor de sodiode alta presión. A obra consistirána instalación dun novo cadro demando, na substitución das lumi-narias e dos apoios que se atopanen mal estado, e na instalación de16 columnas metálicas de 12 metros.Para elo, tamén se levará a cabo acanalización e cableado xeral dainstalación.

Na iluminación do aparcadoiro,utilizaranse luminarias de Clase asícomo sistema multinivel mediantereductor estabilizado que favoreceránconsiderablemente o aforro econó-mico, enerxético e de emisións degases de efecto invernadeiro (CO2).Así, o Concello solventará as defi-ciencias de iluminación dun dosprincipais aparcadoiros da cidade,

moi utilizado polos veciños de Mon-forte pola súa boa ubicación.

Desde o Concello, búscase, coneste e outros traballos xa levadosa cabo en moitas zonas da cidadee tamén das parroquias, aumentaro rendemento lumínico das dife-rentes instalacións pero sen quehaxa un incremento no consumo.Xa que unha das prioridades desteGoberno municipal está sendo re-cuperar e mellorar a iluminaciónde Monforte. De feito, na zonarural entre a instalación de novospuntos de luz e o encendido de fa-rolas que estaban apagadas, a díade hoxe hai máis de 200 puntos deluz. E na cidade, o Concello melloroua iluminación de máis dunha trin-tena de rúas.

Monforte mellora a iluminación do Parquedos Condes

OConcello de Monforte de Lemosven de iniciar a campaña de podade árbores en diferentes zonas da

cidade. Dita campaña está coordinadapolo técnico de Medio Ambiente e sondez operarios do Concello os que se en-cargan do seu desenvolvemento, en con-creto, catro xardineiros e seistraballadores de apoio.

O obxectivo destes traballos é mellorara imaxe da cidade e contribuír tamén ómantemento das zonas verdes. Vaise em-pregar unha maquinaria específica pararozar as árbores, eliminar toda esa vexe-tación e ramas que xa non serven e queestá impedindo o bo crecemento dasmesmas.

Os traballos abarcarán tres tipos depodas específicas. Dunha banda, podabaixa, que se levará a cabo en rosais,buxos, Ligustrum e hortensias. Esta podaabarcará os parques da Compañía, daPinguela, o de López Suárez, o de RíoSeco, o da Florida, o Centro de Drogode-pendencia, así como as rúas Rosalía deCastro, Santo Domingo, Irmáns Dapena,Abelardo Baanante, e as prazas Do Piñeiroe San Antonio. Doutra banda, a poda ámedia altura levarase a cabo nas especiesarbóreas Ligustrum, Magnolia, Robinia,Prunus, Quercus, Acer, Photinia, Lagers-troemia, Cercis, Hibiscus e Neriun. Fi-nalmente, tamén se efectuarán podas enaltura nas especies Platanus, Tilo, Populus,Magnolio, Betula, Catalpa e Quercus.

Monforte podacatro mil árbores

O alcalde cos técnicos no aparcadorio.

AConsellería do MedioRural traballará xunto aoconcello de Vilalba para

poñer a producir terras do con-cello actualmente en desuso.Así o decidiron o conselleiroJosé González e o alcalde,Agustín Baamonde, nunha reu-nión celebrada no concello.Ambos coinciden na necesi-dade de poñer en valor aquelasparcelas que estean abandona-das ou simplemente que a díade hoxe non teñan actividadeprodutiva. Deste xeito, mello-

raría a economía dos veciños edo municipio, así como a pro-tección contra os posibles in-cendios forestais.

Respecto á revalorización deterras, o conselleiro tamén in-teresouse polas novas reestru-turacións parcelarias que os ve-ciños queren abrir no municipio,como son as de Goiríz, Lanzós,Román e San Xurxo de Rioaveso,todas elas actualmente en es-tudio para valorar se cumprencos requisitos esixibles. No casodas tres primeiras xa se están

elaborando os documentos am-bientais e, unha vez se teñanas conclusións, estudarase amellor forma para poñer estesterreos a producir.

En relación coas infraestru-turas do concello, José Gonzálezdestacou que este ano o go-berno local disporá de 111.746euros da Consellería do MedioRural para mellorar os camiñosmunicipais, a mesma contíaque recibiu en 2018 e coa quearranxou os accesos aos núcleosde Vilapedre, Ínsua e Noite.

No 2017, con este orzamentodo Plan de mellora de camiños

municipais acondicionou a víade Nete a Oleiros.

O alcalde Agustín Baamonde co conselleiro de Medio Rural, no centro.

Medio Rural porá a producir a terra agraria de Vilalba

Page 14: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 201914

Redacción OURENSEGalicia

OMinisterio de Xustizado Goberno de Es-paña, a través da Di-

rección Xeral para a MemoriaHistórica, ven de requerirllepersoalmente ó alcalde fran-quista de Beade (PP), SenénPousa Soto, que cumpra a le-xislación vixente e a xurispru-dencia do Tribunal Supremo,no referente á obrigada reti-rada de escudos, insignias,placas e outros obxectos oumencións conmemorativas deexaltación da sublevación mi-litar e da represión da dita-dura de Francisco Franco. Orexedor leva máis dunha dé-cada incumprindo a lei a pro-pósito, co consentimento eaplauso do Partido Popular e,ademais, gabándose da súaactitude.

Nun requerimento asinadoen Madrid o 13 de febreiro de2018, Fernando Martínez, di-rector xeral para a MemoriaHistórica, reclámalle ó rexedorque acredite “la no existenciade simbología de exaltaciónen su municipio, y para elcaso de que la hubiera, proceda

a dar cumplimiento a la Ley52/2007, elaborando el catá-logo de vestigios municipal,con su inmediata retirada delos escudos, insignias, placasy otros objetos o mencionesconmemorativas de exaltaciónde la sublevación militar y re-presión de la dictadura”. Ca-sualmente o escrito está diri-xido á rúa do Caudillo, xa quea casa do concello deste mu-nicipio ourensá está ubicadanesa dirección.

O Ministerio, ademais, re-corda o carácter indubidable-mente preceptivo da norma quese empeña en incumprir: “laLey 52/2007, de 26 de diciem-bre, por la que se reconocen yamplían derechos y se estable-cen medidas en favor de quienespadecieron persecución o vio-lencia durante la guerra civily la dictadura, regula en suartículo 15.1, respecto de lossímbolos y monumentos públi-cos, que /as Administracionespúblicas, en el ejercicio de suscompetencias, tomarán las me-didas oportunas para la retiradade escudos, insignias, placas y

otros objetos o mencionesconmemorativas de exaltación,personal o colectiva, de lasublevación militar, de la Gue-rra Civil y de la represión dela Dictadura. Entre estas me-didas podrá incluirse la reti-rada de subvenciones o ayudaspúblicas.”ConsecuenciasDesta forma, este órgano

que depende directamente daSubsecretaría de Estado de Xus-tiza, indícalle ó alcalde insu-rrecto do Partido Popular quedebe cumprir a lexislación vi-xente de inmediato, e taménlle aclara que a xurisprudenciadictada polo Tribunal Supremoxa aclarou os pormenores destaobriga que se “impón” a todasas Administracións Públicas deEspaña, e tamén as consecuen-cias do seu incumprimento.

“Conforme a la sentenciade 7 de junio de 2013, dictadapor el Tribunal Supremo, Salade lo Contencioso-Administra-tivo, recurso n° 2016/2009,el artículo 15 de la Ley deMemoria Histórica impone atodas las Administraciones Pú-

blicas adoptar las medidasoportunas para que se procedaa la retirada de aquellos mo-numentos conmemorativos quesupongan una exaltación dela Guerra Civil, con el objetode dar cumplimiento al espíritude reconciliación y concordiaque permitió el alumbramientode la Constitución de 1978, yevitar la permanencia de cual-quier vestigio que pueda sercausa de enfrentamiento, agra-vio u ofensa al modelo cons-titucional de convivencia”,concluíu o máis alto tribunal.

O Ministerio de Xustiza require ó alcalde de Beade para que retire símbolos franquistas

Senén Pousa Soto alcalde de Beade.

A Consistorial de Beade está na rúa Caudillo s/n.

OPP da Deputacióntombou o debate damoción socialista que

reclama retirar obxectos, sím-bolos e nomes que honran acargos públicos condenadospor sentenza firme, cunha es-cusa burocrática coa que limi-tou o libre traballo daoposición. Durante a sesión dacomisión provincial informa-tiva de Transparencia e Admi-nistración, os conservadoresalegaron que a moción foi re-xistrada fóra de prazo. A datalímite para rexistrar mociónspara o pleno ordinario de fe-

breiro era o venres día 8 e ainiciativa foi rexistrada a unhae media da tarde do día 8, entempo e forma. “Logo destaescusa burocrática, o PPtamén negou a súa inclusiónna orde do día pola vía da ur-xencia e, polo tanto, non po-derá ser debatida no plenoordinario”, sotén o PSdeG.

O deputado do PSdeG-PSOE,Ignacio Gómez, denunciou que“non pode ser que se coarteasí a liberdade dun grupo po-lítico para realizar o seu tra-ballo de oposición e a liberdadede expresión”. “A este paso

imos ter que rexistrar as mo-cións o día 1 de cada mes”,ironizou antes de asegurar queo Partido Popular “está acos-tumado a facer o que lle da agana nos concellos coa súamaioría absolutísima pero nós,que somos realmente demó-cratas, estamos encantados dedebater isto ou calquera outracousa que propoñan con todosvostedes”.

Gómez sinalou que a inicia-tiva que o PP nega “é unhamoción que nos dignifica a to-dos”, e destacou que “non po-derán negar a liberdade do Par-

tido Socialista”, polo que, dixo,“como non podemos toleraresta actitude, teremos que to-mar outras medidas”. “Acabaránpor prohibirnos entrar no ple-no”, ironizou novamente.José Luís BaltarAnte as mentiras do porta-

voz do grupo do Partido Po-pular, Plácido Álvarez, quealegou que a moción realmentesó busca atacar ó expresidentedo PP da Deputación, JoséLuis Baltar, o deputado Gómezrecordou que o texto da ini-ciativa socialista, que non po-derá ser debatida na sesión

ordinaria, en ningún momentofai referencia a persoas con-cretas, polo que afectaría acalquera cargo público de cal-quera partido ou formaciónpolítica. “O fondo é oportu-nista” chegaron a afirmar ospopulares ós que, segundoesta conclusión, polo visto,lles parece fantástico que per-soas condenadas pola xustizae que atentaron contra a ho-norabilidade das administra-cións, institucións e cargospúblicos, sexan honradas convítores e loas por toda a pro-vincia.

O PP tomba o debate para retirar símbolos que honran a cargos públicoscondenados por sentenza firme

Page 15: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

15NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 2019

Redacción OURENSE

Galicia

Os socialistas dos muni-cipios de Leiro, Cen-lle, Arnoia, Cortegada

e Beade, pertencentes á co-marca ourensá do Ribeiro, de-nuncian as burdas mentiras emanipulacións do presidenteda Mancomunidade do Ribeiroe alcalde de Leiro, FranciscoJosé Fernández, sobre mello-ras fantasiosas na recollida dolixo e rebaixas nas taxas quebenefician ás familias. Ante osanuncios do goberno galegodunha nova rebaixa durante oano 2019 do 10 %, no canonque se paga a Sogama, afir-man que “realmente o maiorinterese do presidente daMancomunidade é manter opoder político que lle confiremanexar eses recursos públi-cos cos que comprar á cidada-nía” xa que, segundo explican,“esa rebaixa é só unha pro-posta que está sen aprobar ecando sí rebaixaron a taxa aMancomunidade quedou coscartos de todos”.

Así pois negan que, tal ecomo afirma propagandística-mente, cada rexedor é libre deaplicar ou non a rebaixa dese

canon. “Xa sabemos que esediñeiro vai quedar na Manco-munidade, en detrimento daveciñanza, porque para o PP éprioritario manter o poder po-lítico fronte ó benestar dos ve-ciños e veciñas”, salientan antesde recalcar unha vez máis asformas caciquís do presidenteda entidade e alcalde de Leiro,que “tenta amedrentar ós ve-ciños con menos investimentospor non ter diñeiro se lles re-baixa o recibo do lixo”.

“Os socialistas de Leiro aca-bamos de descubrir que se osparques e as obras non se fa-cían, era porque o alcaldementía descaradamente, aoasegurar que Sogama incre-mentara o canon, cando a ver-dade era que o rebaixara un10% e o señor alcalde de Leiro,do mesmo xeito que os seuscolegas de Cenlle, Arnoia, Cor-tegada e Beade, preferiron in-cautar o diñeiro na mancomu-nidade e non rebaixarllo norecibo dos veciños”, aseveran.

Tamén recordan que a bai-xada en 12.000 euros do custoda recollida de lixo para os ve-ciños en 2018 “foi froito da

presión que os portavoces so-cialistas fixemos, solicitandoque se contratase o servizo derecollida da Deputación por sermáis económico e sen privilexiarna repartición de custos a unsconcellos en detrimento de ou-tros”. Os portavoces do PSdeG-PSOE matizan ademais que ocanon de Sogama “aínda nonse puido reverter en beneficiodos veciños porque aínda nonse empezou a cobrar en 2019”e recordan que o presidentegalego minte vergoñentamentecando di que o custo do servizo“sempre baixa”, xa que en 2015e 2017 subiu.

Os socialistas denuncian unhavez máis os “escuros texema-nexes económicos do PP nunhamancomunidade que é de todose todas, pero que teñen se-cuestrada exclusivamente paraos seus usos partidistas”. “Arebaixa de taxas que aseguranvai recaer nos contribuíntes,realmente queda bloqueada namancomunidade e non cheganunca aos veciños e veciñas,exclusivamente porque así odeciden os alcaldes popularesde Leiro, Cortegada, Cenlle, Ar-noia e Beade”, insisten.Desviación no custeOs socialistas destes muni-

cipios tamén se preguntan“como é posible que a Manco-munidade do Ribeiro, que levadécadas funcionando e quepreside na actualidade, Fran-cisco José Fernández, non écapaz de determinar con exac-titude o custo real do servizode lixo que presta, precisandounha desviación no cálculodun 29 %, cando os portavocesdo PSOE podemos calcular, senerro, o custo de cada municipiocon só seguir os parámetrosda Deputación de Ourense,para o servizo de recollida dolixo que presta noutros muni-cipios da provincia”.

Os líderes do PSdeG-PSOEconclúen asegurando que ossobrecustes do servizo aplau-didos ano tras ano polo PP“impiden que a nosa veciñanzadesfrute, por exemplo, de me-llores e máis amplos servizossociais para os que durante acrise, segundo eles afirmaban,non había diñeiro, pero sí houbocartos sempre para manter unhaMancomunidade xestionada deforma absolutamente ineficaze ineficiente que realmente échiringuito clientelar do PP”.

Socialistas do Ribeiro denuncian manipulacións na Mancomunidade

Hai catro anos a Xuntade Galicia investíu 17millóns de euros na

construcción do novo edificioxudicial de Ourense, situadono barrio do Couto. Logo deque se sucederán dúcias dequeixas dos traballadores polafalta de ventilación natural, aXunta acetou realizar reformaspara emendar un erro estrutu-ral que incluso foi xa obxectode reclamacións ante as máisaltas instancias xudiciais.

O inmoble, de seis plantas,só ten tres fiestras, todas feitasdespois da inauguración naprimavera do 2015. A do xul-

gado contencioso número 1,está operativa despois de queo servizo de prevención deriscos do Consello Xeral doPoder Xudicial fixese públicoun informe no que se reco-mendaba a ventilación natural.Ademais, abriuse outra no xul-gado de garda e unha máispara os forenses.

“Estou convencido de queantes do verán comezarán asobras para a apertura de fies-tras”, asegurou Leonardo Ál-varez, xusto despois de serreelixido para o posto de decanodos xuíces do partido xudicialde Ourense durante os próximos

catro anos. O maxistrado deixouentrever que existe xa o vistoe prace do executivo galegopara acometer unha reformaque considera necesaria e quepermitirá mellorar as condiciónsde traballo non só de xuíces,fiscais e letrados da adminis-tración de xustiza, senón taménde todos os funcionarios queprestan servizo nas instalacións.“Humano é errar e máis humanoé emendar”, recoñeceu Álvarez,que espera que o proxecto paraeses traballos estea listo antesdo verán. O decano explicouque entre as súas prioridadespara este novo mandato está

mellorar a situación dos xul-gados con máis carga de tra-ballo, como os penais ou o defamilia.

Leonardo Álvarez facía estasdeclaracións despois dunhavotación que non puido estarmáis rifada. De feito, a anti-güidade no escalafón fronte a

Branca Díez pesou ao seu favortras saldarse con empates asdúas votacións realizadas. Naprimeira cada candidato reci-biu oito votos, sumándoseademais dous en branco. Nasegunda volta repetiuse o em-pate, esta vez con nove votospara cada un.

O edificio dos Xulgados terá máisfiestras no verán

O edificio dos Xulgados de seis pisos só ten tres fiestras.

Page 16: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 201916

GaliciaRedacción OURENSE

“Manuel Baltar inventou un “erro bu-rocrático” para non comparecer encomisión, co fin de explicar a com-

pra de alcaldes e alcaldesas doutrospartidos con fondos da Deputación deOurense”, din os socialistas. O PSdeGreclamou en tempo e forma a compa-recencia do presidente da Deputaciónna comisión informativa de Transpa-rencia e Administración, pero primeiroo PP aludiu a un suposto erro dos fun-cionarios, e logo tombou a compare-cencia coa sua maioría absoluta por ser“unha mera especulación carente defundamento”.

Os populares alegaron nun informeque “debido a un erro burocrático, oescrito non foi remitido dende a Oficinado Rexistro ao Negociado de SecretaríaXeral ata o día 8 de febreiro, ás 14horas e 3 minutos, cando a sesión or-dinaria da comisión informativa deTransparencia e Administración Provincialcorrespondente ao mes de febreiro xafora convocada”. A solicitude foi rexis-trada dous días antes, en tempo eforma. Este ‘erro’, casualmente, impediuque a comparecencia fose incluída naorde do día polo que tivo que sertratado pola vía da urxencia.

Nese informe, o PP xa argumentabaque “non é certo que se estean utili-zando recursos públicos da Deputaciónpara a captación de candidatos para oPartido Popular nas vindeiras elecciónsmunicipais (sendo as afirmacións daportavoz do Grupo do PSdeG–PSOE

unha mera especulación carente defundamento, e que nin sequera se mo-tiva no seu escrito)”, unha conclusióncoa que procederon á desestimaciónda petición.Suprimir a comisiónDurante a sesión da comisión, os

conservadores afirmaron “negar a maior”sobre esta evidente práctica. Pola súabanda, o deputado socialista, IgnacioGómez, replicou que “nós non podemosseguir tolerando esta situación e imoster que pedir que esta comisión desa-pareza porque non ten sentido que es-teamos aquí todos os meses para quelogo o presidente non veña nunca”.“Isto é unha comisión de transparenciaque non é transparente”, dixo.

“Non entendemos este comporta-mento do PP, pero iso de negar amaior cando vostedes mesmos anuncianas fichaxes de alcaldes e alcaldesasantes de celebrar as eleccións... poisnós negamos a maior desa negación”,aseverou Gómez antes de insistir que“estamos ante unha evidencia”. Os so-cialistas recordaron que “estes com-portamentos atentan contra os prin-cipios democráticos máis básicos econtra códigos de ética como é oPacto Antitransfuguismo” do que o PPforma parte, e destacan que estas“operacións de captación de alcaldese alcaldesas teñen lugar de cara aunhas eleccións municipais que deci-dirán quen será o próximo presidenteda Deputación”.

Baltar non comparece paraexplicar a compra de alcaldes

doutros partidos

Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense. OPSdeG-PSOE de Ourenseacusa a Manuel Baltar, pre-sidente da Deputación, de

empregar millóns de euros públicosda institución para fichar a alcaldese alcaldesas doutras formacións, in-cumprindo escandalosamente opacto anti transfuguismo do que oPP forma parte. Os socialistas sa-lientan que o presidente practica o"despotismo absolutista afogandoeconómicamente ós municipios quenon son da súa corda" durante todaa lexislatura, e meses antes daseleccións locais adícase a "mercarrexedores a golpe de talonario pú-blico con promesas de investimen-tos decididos unilateralmente comase fose o Rei Sol".

“No que vai de mandato Baltarconcedeulle, por exemplo, só óalcalde de Cortegada un plus de fi-chaxe que suma 1,5 millóns de eurosextraordinarios que non levaron ou-tros municipios, e foi pola únicarazón de pasarse ó PP nos anteriorescomicios”, relatan. “O propio rexedor,Avelino de Francisco, recoñeceu noano 2014 que marchaba ó PP polasaxudas da Xunta de Galicia e da De-putación”, recordan. Durante os úl-timos anos este vergoñento “merca-deo” serviu para mercar con eurosde todos e todas os ourensáns, a al-caldes e alcaldesas de municipioscomo Cortegada, A Bola, Rairiz deVeiga, Os Blancos, A Mezquita eGomensende, e tamén ó mandatariode Trives, co rexeitamento expresoda formación independente da queforma parte este rexedor.

O PSdeG-PSOE asegura que Baltar“pretende dopar ó Partido Popularde Ourense mediante unha comprasistemática de votos e vontades,usando os orzamentos da Deputacióne incumprindo as normas pactadasque regulan a decencia política”.Partidismo“Baltar unta ós alcaldes e alcal-

desas con fondos públicos para oseu único beneficio persoal co finde manter os votos do PP no ruralda provincia e non perder a Depu-tación que herdou do seu pai”, ase-veran antes de reclamar que o pre-sidente do PP de Galicia deberíapoñer orde ante esta “evidente pa-tada ás normas da democracia coasque incauta millóns públicos parausos partidistas”. “O presidente daDeputación incumpre sistemática-mente o pacto antitransfuguismono que o PP se comprometeu ex-presamente a impedir a utilizaciónde tránsfugas para constituír, manterou cambiar as maiorías das institu-cións, e faino co total beneplácitode Alberto Núñez Feijóo que cala ebendice estas fichaxes sufragadascon millóns de euros públicos”.

Así pois, os socialistas reclaman,unha vez máis, que o presidente daDeputación ourensá “poña fin deinmediato ó sistema caciquil e de-cimonónico co que reparte os fondospúblicos, xa que é un evidenteagravio para os veciños e veciñasde concellos onde non gobernan osamigos do presidente e os conce-lleiros e concelleiras que se vendenó mellor postor”.

O PSdeG acusa a Baltar deincumprir o pacto anti

transfuguismo

O “independente” alcalde de Trives pasase ao PP.

Page 17: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

17NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 2019

Redacción OURENSE

Galicia

OConcello ourensándo Pereiro de Aguiarrecibiu da Conselle-

ría de Economía, Emprego eIndustria unha achega decase 45.000 euros para in-vestir en obras de mellora dopolígono industrial empra-zado no seu termo munici-pal. A delegada territorial daXunta en Ourense, MarisolDíaz Mouteira, acompañadade responsables municipais edo presidente da Asociaciónde empresarios desta zona,Eduardo Cid Fernández, visi-tou este recinto industrialpara coñecer as actuaciónsexecutadas ao abeiro da ordede axudas para os parquesempresariais do pasado ano.Díaz Mouteira comprobou asobras de reparación das in-fraestruturas viarias, tantode acceso como interiores,que contaban con tramos

moi deteriorados. A Xuntaasume o pagamento do 80%do seu custo cunha achegasuperior aos 6.500 euros.Ademais, ampliouse e mello-rouse o sistema de seguri-dade control e televixilanciadeste parque empresarial,actuación que contou cunhaaxuda de 38.000 euros.

Díaz Mouteira indicou queestes investimentos “poñende manifesto que a Xuntasegue mantendo o seu com-promiso cos gobernos locaise o desenvolvemento dassúas infraestruturas, co for-talecemento do tecido em-presarial e industrial e coapoio ao emprendemento”,liñas que encaixan coas me-didas promovidas pola Leide implantación empresarialpara favorecer a captaciónde novos investimentos paraGalicia.

A Xunta mellora opolígono industrial do

Pereiro de Aguiar

A Xunta achega 45.000 euros para o polígono industrial do Pereiro.

Adeputada do BNG Noapresas e Luís Seara,candidato do BNG á Al-

caldía de Ourense, participa-ron dun acto reivindicativo noencoro de Velle. Acompañadosdun grupo de militantes des-pregaron dúas pancartas nasque se podía ler “Tarifa eléc-trica galega” e “Galiza pro-duce, Madrid consume”.

Con esta acción, o BNGquixo amosar que é posíbelactuar desde as instituciónspara regular o mercado eléc-trico permitindo que as gale-gas e galegos se poidan be-neficiar da condición de pro-dutora enerxética de Galicia.

Noa Presas afirmou que“unha tarifa eléctrica galegaé a alternativa que precisaOurense para dar o impulsoeconómico e social para dei-xar atrás a preocupante si-tuación en termos de empregoe demografía que nos deixanas políticas do PP”. Clarifi-cando que “unha reducióndo 30% nas peaxes permitiríareducir en 200 euros anuaisa factura dos particulares eun abaratamento en todo otecido industrial.”

“Esiximos que o noso papelde productores de enerxía, quefai que Galiza exporte máis do35% da enerxia que producimosse converta nunha oportuni-dade para rematar coa pobreza

enerxética e co peche de em-presas”, declarou Presas.

Neste sentido Luis Searasinalou “que unha tarifa eléc-trica galega suporía o aba-ratamento do recibo da luzpara as empresas da provincia,para o comercio local e deproximidade que está nunhasituación límite e dando sinaisde alerta dende hai tempo.Abaratamento que taménafectaría á veciñanza da pro-vincia, coas pensións máisbaixas do Estado”. Noa Presasengadiu que “as comarcas deOurense son as máis castiga-das polas políticas do PP ePSOE na Xunta e no Estado,pois temos os peores índicesde emprego, maior media deidade e pensións máis baixas,non só de Galiza senon taméndo Estado”.

Para exemplificar o nulobeneficio que teñen as po-

boacións que acollen o im-pacto da producción, Noa Pre-sas recordou que “mentresOurense ten o 50% da grandehidráulica de todo Galiza haiveciños ao lado de presascomo esta de Velle, que nonpoden pagar a factura todosos meses”.

Diante desta situación eco-nómica e social esixiron a PP,PSOE e demais forzas do Estadoque abandonen o seu centra-lismo e deixen de roubarnoso futuro. Con unha tarifa eléc-trica galega que permita aba-ratar a factura que pagan osgalegos e galegas será unhaporta de estímulo para construirun futuro con traballo e conpoboación con capacidade demedrar. “En definitiva, candofalamos de soberanía falamosde sermos donos dos nosos re-cursos, falamos das cousas decomer”, concluíu Luis Seara.

O BNG esixe unha tarifa eléctrica galega

Luis Seara e Noa Presas no encoro de Velle, en Ourense.

AXunta de Galicia parali-zou os obradoiros dealbañilería e xardinería

que o Concello de Ourenseestaba a desenvolver no Xar-dín do Posío, segundo de-nunciou Democracia Ourensá.Os integrantes destes obra-doiros levaban nestes traba-llos uns trinta días, segundo

asegura a formación de Gon-zalo Pérez Jácome. Este cua-lifica o ocurrido como "aenésima inepcia do alcalde edo Concello de Ourense".

Segundo Democracia Ou-rensá, a paralización dos tra-ballos produciuse por nonter o Concello a correspon-dente documentación en re-

gra. Jácome conclúe que"estaban a operar ilegalmen-te". Situación na que veuoperando o Concello de Ou-rense durante o último mes.Pérez Jácome culpa diso aJesús Vázquez e a "o seumermado equipo", e opinaque é "imposible saír do pozocun dirixente así”. As obras paralizadas no xardín do Posío.

A Xunta paraliza obradoiros

Page 18: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 201918

Redacción OURENSEGalicia

AConfederación Hidro-gráfica do Miño-Sil(CHMS), organismo au-

tónomo dependente do Minis-terio para a TransiciónEcolóxica, iniciou os traballosde limpeza do río Arnoia aoseu paso pola zona urbana deAllariz. Estas actuacións estánincluídas no contrato de con-servación do Dominio PúblicoHidráulico (DPH) dos ríos daDemarcación Miño-Sil nas pro-vincias de Ourense, Ponteve-dra e Zamora nas que oorganismo de conca investirámáis de 765.000 euros.

Programáronse actuacións

en dous tramos de río, unhaprimeira zona que comprendedesde as inmediacións do cen-tro escolar de Allariz ata aPonte de Vilanova e a contornadas piscinas municipais, e unhasegunda zona que comeza áaltura do complexo deportivodo Seixo e que finaliza augasabaixo do “Muiño do Briñal”.

Da inspección previa á zonadetectouse que ambos os tra-mos presentan abundante ve-xetación arbórea e arbustivae un importante número deárbores afectadas polo fungo“Phytophthora alni” con riscode caída sobre o carreiro fluvial

e o propio leito.Para solucionar a proble-

mática existente, procederaseá roza selectiva de matogueiraperimetral, poda e clareo deramas baixas e á curta sanitariade pés secos para evitar tapónsen infraestruturas de paso,así como, ao apeo e retiradade todos os exemplares afec-tados polo fungo, atendendoao “Protocolo de actuaciónpara alisos enfermos polaPhythophthora alni”.

“O Arnoia en Allariz atópasenun aceptable estado de con-servación, aínda que, unha vezvisualizada a presenza de máis

de 125 alisos enfermos e conrisco de caída sobre o paseo,programamos a curta e o apeourxente dos mesmos para evitarrisco para as persoas e os seusbens”, explicou José AntonioQuiroga, presidente da CHMS.

“Estes traballos son reali-zados por unha brigada com-posta por catro operarios es-

pecializados que terán que se-guir o protocolo de actuaciónpara evitar que a praga sepropague”, matizou Quiroga.O prazo de execución estímaseen 5 semanas que discorreránao longo dos meses de febreiroe marzo e que supoñerán uninvestimento próximo aos18.000 euros.

A Confederación mellora as marxesdo río Arnoia

O río Arnoia ao seu paso pola vila de Allariz.

OPSdeG PSOE de Ou-rense confirma a súasegunda candidata de

cara ás eleccións municipaisdo próximo mes de maio. Aagrupación municipal socia-lista de Allariz elexiu a ZaidaRodríguez Campo como a súacandidata a alcaldía da loca-lidade. A actual voceira dossocialistas no Concello repitecandidatura, tras presentarsetamén hai catro anos. ZaidaRodríguez explica que se pre-senta as eleccións porquequere que “as potencialidadesda nosa vila, no tocante á ri-queza histórica, artística,cultural e paisaxística, reper-cutan directamente na cali-dade de vida das nosasveciñas e veciños”.

A actual voceira socialistaremarcou que “a candidaturasocialista pretende superar

as políticas continuistas efaltas de ilusión dun pasadodemasiado longo porque ostempos do cambio son che-gados”. A candidata socialistaexplicou a importancia daspolíticas sociais en terrasalaricanas. “Quero facer fin-capé nas políticas sociais, xaque Allariz ten unha gran ri-queza en moitos campos,pero as políticas sociais estánmoi abandoadas”.

O PSdeG xa ten candidata aAlcaldía de Allariz

Zaida Rodríguez Campo é a voceiramunicipal dos socialistas.

Aconselleira de MedioAmbiente, Territorio eVivenda, Ángeles Váz-

quez, mantivo unha reuniónde traballo co alcalde doCarballiño, Francisco JoséFumega, quen lle trasladouvarios asuntos e actuaciónsde interese para o seu con-cello en materia urbanísticae medioambiental. Concre-tamente, o rexedor expli-coulle á conselleira que oseu equipo está traballandopara levar adiante un pro-xecto de humanización derúas co obxectivo de dina-mizar a zona de actuación efacilitar a súa integraciónurbana, para o que solicitoua colaboración da Conselle-ría de Medio Ambiente.

Ángeles Vázquez compro-meteuse a estudar posiblesvías de cooperación co Concello

do Carballiño e explicoulle aorexedor que a Consellería deMedio Ambiente conta conprogramas de axudas para darresposta ás necesidades dehumanización das vilas de Ga-licia. Neste sentido, lembrouque a semana pasada saíu

publicada no DOG a convoca-toria dunha nova orde de axu-das, dotada con case 2,5 mi-llóns de euros e destinada,precisamente, á creación oumellora de infraestruturas ur-banas en concellos de menos50.000 habitantes.

Proxecto para humanización de rúasno Carballiño

Ánxeles Vázquez e Francisco Fumega.

www.novasdoeixoatlantico.com

Page 19: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

19NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Marzo de 2019

Novas da RaiaRedacción

En nome da cohesión re-xional e da importanciado sector do Turismo

para a economía da rexiónnorte, as dúas candidaturasás eleccións da Entidade deTurismo do Porto e Norte dePortugal chegaron a unacordo Pedro Luís Martins foio único demandante á presi-dencia da TPNP.

Así, esta lista, liderada porLuis Pedro Martins, mantén,como demandante a vicepre-sidente, Inácio Ribeiro e,como vogal á Comisión Exe-cutiva, Vítor Paulo Pereira,alcalde de Paredes de Coura.João Manuel Esteves, alcaldede Arcos de Valdevez, é odemandante a presidente daMesa da Asemblea Xeral engelo Manuel Moura, alcalde

de Lamego, é o demandantea Secretario da Mesa da Asem-blea Xeral. Para o Consellode Marketing están propostoa AETUR, Municipio de Ma-cedo de Cabaleiros, Termasde Vizela, HT Douro, InvestBraga, Taipas Turitermas eAsociación de Comerciantesdo Porto.

Do entendemento alcan-zado entre as dúas candida-turas, e que contou coa par-ticipación de Eduardo VítorRodrígues, presidente da Mesada Asemblea Xeral da TPNP,resultou a concordancia decooptar para a comisión exe-cutiva, tras o acto electoral,a AHRESP, unha das entida-des privadas que integra aTPNP.

Nun futuro próximo, será

creado un Consello Consultivo,para o cal xa están convidadasdiversas personalidades da re-xión, contando Luis PedroMartins coa dispoñibilidadede Júlio Meirinhos para inte-grar este órgano.

Están así creadas as con-dicións para defender os su-periores intereses da TPNP,entidade vital para a prospe-ridade económica da rexióne do País e queda probado,unha vez máis, que os axentesenvolvidos neste proceso co-locan a defensa do Turismodo Porto e Norte de Portugalpor enriba de calquera outrosintereses.

A presentación en socie-dade do novo presidente dePorto e Norte celebrouse nasede da Entidade, Viana do

Castelo, á que acudiu a se-cretaria xeral de Turismo dePortugal, alcaldes e outrasautoridades portuguesas e enrepresentación de Galicia Ale-jandro Rubín Carballo, xerentede Expourense. Luis Pedro Martins.

Asistentes á toma de posesión en Viana do Castelo.

Luís Pedro Martins presidente de Turismo Portoe Norte de Portugal

Conhecer o Ca-minho Portu-guês da Costa

de uma forma autên-tica, através do olharde um verdadeiro pe-regrino. Este é o ob-jetivo da exposiçãofotográfica itinerante“Em Cada Passo, UmSentido”.

A exposição senso-rial apresenta a ex-periência do CaminhoPortuguês da Costa peloolhar de António Luís Cam-pos, fotógrafo profissionalque colabora com publica-ções como a National Geo-graphic, entre outras, e que,paralelamente, exerce a ati-vidade de líder de viagens,o que o preparou para per-correr esta rota histórica

tornando-o uma descobertapartilhável.

Sendo um dos 10 con-celhos do litoral portuguêsatravessado pelo CaminhoPortuguês da Costa, a ex-posição chega, este sábado,a Vila Nova de Cerveira po-dendo ser visitada até 12de março na Biblioteca Mu-

nicipal.Registando um crescente

interesse e cada vez maisvisitantes, do Porto a San-tiago de Compostela, per-correndo o Caminho Portu-guês da Costa, são aproxi-madamente 258 quilóme-tros, com horizontes e his-tórias diferentes.

Exposição ‘Caminho Português daCosta – Em Cada Passo, Um Sentido’

Page 20: Feira do Viño de Chantada · 2019. 2. 28. · mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas. García

Editorial NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO S.L.Avda. Sarmiento Rivera, 4-4ºD (36860 PONTEAREAS - GALIZA) T. 986 64 12 [email protected]