15
Páxina 1 de 15 Formación profesional Adaptación na programación para a finalización do curso 2019-2020 Centro educativo Código Centro Curso académico 15006778 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol - Coruña (A)) 2019-2020 Ciclo formativo Código Nome CBIFC02 Informática de oficina Módulo profesional Código Nome MP3011 Comunicación e Sociedade I Alumnado Réxime Modalidade Grupo Diurno Presencial Docente (se procede, indicar o nome e os apelidos) Nome e apelidos Yolanda Rozados López Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020, nos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 1 de 15

Formación profesional

Adaptación na programación para a finalización do curso 2019-2020

Centro educativo

Código Centro Curso académico

15006778 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol - Coruña (A)) 2019-2020

Ciclo formativo

Código Nome

CBIFC02 Informática de oficina

Módulo profesional

Código Nome

MP3011 Comunicación e Sociedade I

Alumnado

Réxime Modalidade Grupo

Diurno Presencial 1º

Docente (se procede, indicar o nome e os apelidos)

Nome e apelidos

Yolanda Rozados López

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación

Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020, nos centros da Comunidade

Autónoma de Galicia.

Page 2: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 2 de 15

1. Criterios de avaliación do terceiro trimestre afectados (por cada unidade didáctica)

1.1 Identificación da unidade didáctica

Nº Unidade didáctica

2 Comunicación escrita en lingua galega e castelá

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible

(si, non)

Desenvolvera-se neste curso

(si, non)

Instrumento de avaliación

RA2. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comu-nicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, aplicando á composición autónoma de textos breves seleccio-nados, estratexias de lectura comprensiva e de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado e progresivo

CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa idoneidade para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade

CA2.2. Utilizáronse diversas ferramentas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos

CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, extraendo conclusións para a súa aplicación nas actividades de aprendizaxe e recoñecendo posibles usos discrimina-torios desde a perspectiva de xénero

CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, e revisáronse e reformulá-ronse as conclusións obtidas

CA2.5. Analizouse a estrutura de textos escritos de utilización diaria, recoñecendo usos e niveis da lingua, e pautas de elaboración

CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redacción de textos, de xeito que o texto final resulte claro e preciso

CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título

CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistemáticas na elaboración de textos escritos que permiten a valoración das aprendizaxes desenvolvidas e a reformulación das necesidades de aprendizaxe para mellorar a comuni-cación escrita

CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un voca-bulario adecuado ao contexto

CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estrutu-ras gramaticais e comprobouse a validez das inferencias realizadas

Si Non -

Page 3: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 3 de 15

Nº Unidade didáctica

4 Lectura textos literarios en galego anteriores ao século XX

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible

(si, non)

Desenvolvera-se neste curso

(si, non)

Instrumento de avaliación

RA2. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, aplicando á composición autónoma de textos bre-ves seleccionados, estratexias de lectura comprensiva e de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado e pro-gresivo

CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa idoneidade para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade

CA2.2. Utilizáronse diversas ferramentas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos

CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, extraendo conclusións para a súa aplicación nas actividades de aprendizaxe e recoñecendo posibles usos discriminatorios desde a perspectiva de xénero

CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, e revisáronse e reformuláronse as conclusións obtidas

CA2.5. Analizouse a estrutura de textos escritos de utilización diaria, recoñe-cendo usos e niveis da lingua, e pautas de elaboración

CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redac-ción de textos, de xeito que o texto final resulte claro e preciso

CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título

CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistemáticas na elaboración de textos escri-tos que permiten a valoración das aprendizaxes desenvolvidas e a reformula-ción das necesidades de aprendizaxe para mellorar a comunicación escrita

CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un vocabulario adecuado ao contexto

CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estruturas gramaticais e comprobouse a validez das inferencias realizadas

Si Non -

Page 4: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 4 de 15

Nº Unidade didáctica

5 Coñecemento formación lingua galega e castelá

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible

(si, non)

Desenvolvera-se neste curso

(si, non)

Instrumento de avaliación

RA5. Coñece a formación da lingua galega e da lingua castelá e as distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas, sendo consciente da necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo

CA5.1. Analizáronse as características de formación da lingua galega e da lingua castelá

CA5.2. Identificáronse as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega e da lingua castelá an-terior ao século XX

CA5.3. Analizáronse os fenómenos de contacto de linguas, atenden-do a situacións de bilingüismo, diglosia, interferencias e o conflito lingüístico

CA5.4. Valorouse a necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo, rexeitando os prexuízos lingüísticos

Si Non -

Page 5: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 5 de 15

Nº Unidade didáctica

7 Conversas en lingua inglesa

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible

(si, non)

Desenvolvera-se neste curso

(si, non)

Instrumento de avaliación

RA2. Participa en conversas en lingua inglesa utilizando unha lingua-xe sinxela e clara en situacións habituais frecuentes dos ámbitos persoal ou profesional, activando estratexias de comunicación bási-cas

CA2.1. Dialogouse, de xeito dirixido e seguindo un guión ben estru-turado, utilizando un repertorio memorizado de modelos de ora-cións e conversas breves e básicas, sobre situacións habituais fre-cuentes e de contido altamente predicible

CA2.2. Mantívose a interacción utilizando estratexias de comunica-ción sinxelas para amosar o interese e a comprensión

CA2.3. Utilizáronse estratexias básicas de compensación para suplir carencias na lingua estranxeira, como a observación da persoa inter-locutora e a procura da súa axuda para facilitar a bidirecionalidade da comunicación

CA2.4. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, segundo o propósito comunicativo do texto

CA2.5. Expresouse con certa claridade, utilizando unha entoación e unha pronuncia comprensibles, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes, nun rexistro formal ou neutro e sempre que as condi-cións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada

Si Non -

Page 6: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 6 de 15

Nº Unidade didáctica

10 Idade Media e Idade Moderna

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible

(si, non)

Desenvolvera-se neste curso

(si, non)

Instrumento de avaliación

RA2. Valora a construción do espazo europeo ata as primeiras trans-formacións industriais das sociedades agrarias, analizando as súas características principais, así como a súa persistencia na sociedade actual e no contorno inmediato

CA2.1. Analizouse a transformación do mundo antigo no medieval, recoñecendo a evolución do espazo europeo, as súas relacións co espazo extraeuropeo e as características máis significativas das so-ciedades medievais en Galicia e en España

CA2.2. Valoráronse as características das paisaxes agrarias medievais e a súa persistencia nas sociedades actuais galega e española, identi-ficando os seus elementos principais

CA2.3. Valoráronse as consecuencias da construción dos imperios coloniais en América nas culturas autóctonas e nas europeas

CA2.4. Analizouse o modelo político e social da monarquía absoluta durante a Idade Moderna nas principais potencias europeas, así co-mo as súas peculiaridades en Galicia e en España

CA2.5. Valoráronse os indicadores demográficos básicos das trans-formacións na poboación europea, española e galega durante o pe-ríodo analizado

CA2.6. Describíronse as principais características da análise das obras pictóricas a través do estudo de exemplos arquetípicos das es-colas e dos estilos que se suceden en Europa, en España e en Galicia desde o Renacemento ata a irrupción das vangardas históricas

CA2.7. Analizouse a evolución do sector ou dos sectores produtivos propios do perfil do título, analizando as súas transformacións e os principais fitos de evolución nos seus sistemas organizativos e tecno-lóxicos

CA2.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de informa-ción mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación

CA2.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolve-mento do propio esforzo e o traballo en equipo

Si Non -

Page 7: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 7 de 15

5. Mínimos exixibles para alcanzar a avaliación positiva e os criterios de cualificación

MÍNIMOS ESIXIBLES DA UF DE COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA E CASTELÁ I

- Aplicación das normas lingüísticas na comunicación oral. Organización da frase: estruturas gramaticais básicas en lingua castelá e galega.

- Estratexias básicas no proceso de composición escrita.

- Aplicación das normas gramaticais e ortográficas en lingua castelá e en lingua galega.

- Léxico específico da familia profesional do título.

- Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.

- A formación da lingua galega e da lingua castelá.

- Análise dos fenómenos de contacto de linguas (bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico e interferencias).

- Principais características da literatura galega e castelá, dende a Idade Media ata os séculos XIX e XVII, respectivamente.

MÍNIMOS ESIXIBLES DA UF DE COMUNICACIÓN EN LINGUA INGLESA I

I. Grammar: To be e Have got; Presente simple; Preposicións de tempo; There's, are; Pasado simple do verbo to b.

II. Listening and speaking: Participar en conversas utilizando unha linguaxe sinxela; Comprender e producir textos orais básicos. Ideas principais en chamadas, mensaxes, ordes e indicacións moi claras; Utilizar léxico, ex-presións e frases sinxelas frecuentes para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás dos ámbitos persoal ou profesional.

III. Writing: Interpretar e elaborar textos escritos moi breves; Usar recursos sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito; Amosar interese pola presentación dos textos escritos; Utilizar o léxico esencial axeitado para situacións frecuentes e para o contexto dos ámbitos persoal ou profesional.

MÍNIMOS ESIXIBLES DA UF DE SOCIEDADE I

- Paisaxes naturais: aspectos xerais e locais.

- Sociedades prehistóricas.

- Europa medieval

- Galicia na época medieval e moderna.

Page 8: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 8 de 15

6. Procedemento para a recuperación das partes non superadas

Criterios de avaliación imprescindibles (por cada unidade didáctica)

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

En aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, e de acordo coas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020, quedan modificados os criterios de cualificación correspondentes a esta programación nos seguintes termos: a) Alumnado que a 13 de marzo tiña unha puntuación igual ou superior a 4 como resultado de aplicar a media aritmética a todas as probas realizadas ata esa data e que non realizou ningunha actividade durante o perío-do de suspensión das clases: Este alumnado manterá esa media como cualificación final, unha vez redondeada a nota á cifra enteira máis próxima e a 5 no caso de alumnos que obtiveran unha media entre 4 e 4,5. b) Alumnado que a 13 de marzo tiña unha puntuación igual ou superior a 4 como resultado de aplicar a media aritmética a todas as probas realizadas ata esa data e realizou alomenos o 50 % das actividades propostas durante o período de suspensión das clases: Este alumnado poderá sumar á media referida anteriormente ata 1 punto. A cualificación das actividades voluntarias propostas será asignada en función da calidade das mes-mas, a súa adecuación ás instrucións de realización e a puntualidade nas entregas. A nota final resultante de este proceso será redondeada á cifra enteira máis próxima. O alumnado que non supere o módulo aplicando o sistema anteriormente descrito terá que seguir o procedemento que se explica no apartado 6.a.

Page 9: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 9 de 15

Nº Unidade didáctica

1 Comunicación oral en lingua galega e castelá

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA1. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar informa-ción oral en lingua galega e en lingua castelá, aplicando os principios da escoita activa, estratexias sinxelas de composición e as normas lingüísticas básicas

CA1.1. Analizouse a estrutura de textos orais procedentes dos medios de comunicación de actualidade e identificáronse as súas características principais

CA1.2. Aplicáronse as habilidades básicas para realizar unha escoita activa, identificando o sentido global e os contidos específicos dunha mensaxe oral

CA1.3. Realizouse un bo uso dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións

CA1.4. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, e revisáronse e elimináronse os usos discriminatorios, nomeadamente nas relacións de xénero

CA1.5. Utilizouse a terminoloxía gramatical axeitada na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución

Proba escrita

Page 10: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 10 de 15

Nº Unidade didáctica

8 Mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA3. Elabora textos escritos breves e sinxelos en lingua inglesa, en situacións de comunicacións habituais e frecuentes dos ámbitos persoal, público ou pro-fesional, desenvolvendo estratexias estruturadas de composición, e aplica es-tratexias de lectura comprensiva

CA3.1. Leuse o texto de xeito comprensivo, recoñecendo os seus trazos bási-cos, o seu contido global, e analizouse a súa intención e o seu contexto

CA3.2. Identificáronse as ideas fundamentais e a intención comunicativa básica do texto

CA3.3. Identificáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, en situacións habituais frecuentes, de contido moi predicible

CA3.4. Completáronse e reorganizáronse frases e oracións, atendendo ao propósito comunicativo e a normas gramaticais básicas

CA3.5. Elaboráronse textos breves e adecuados a un propósito comunicativo, seguindo modelos estruturados

CA3.6. Utilizouse o léxico esencial axeitado para situacións frecuentes e para o contexto dos ámbitos persoal ou profesional

CA3.7. Amosouse interese pola boa presentación dos textos escritos, respec-tando as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas, e seguindo sinxelas pautas de revisión

CA3.8. Utilizáronse dicionarios impresos e en liña e correctores ortográficos dos procesadores na composición dos textos

CA3.9. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación

Proba escrita

Page 11: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 11 de 15

Nº Unidade didáctica

9 Sociedades prehistóricas e antigas

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA1. Valora a evolución histórica das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga, así como as súas relacións coas paisaxes naturais, analizando os facto-res e os elementos implicados, e desenvolvendo actitudes e valores de aprecio do patrimonio natural e artístico

CA1.1. Describíronse mediante a análise de fontes gráficas as principais carac-terísticas dunha paisaxe natural, e recoñecéronse esas características no con-torno máis próximo

CA1.2. Explicáronse a localización, o desprazamento e a adaptación ao medio dos grupos humanos do período da hominización, ata o dominio técnico dos metais por parte das principais culturas que o exemplifican

CA1.3. Relacionáronse as características dos fitos artísticos máis significativos do período prehistórico coa organización social e co corpo de crenzas, e valo-ráronse as súas diferenzas coas sociedades actuais

CA1.4. Valorouse a persistencia destas sociedades nas actuais, en especial no territorio galego e peninsular, identificando e comparando as súas principais características

CA1.5. Discrimináronse as principais características que require a análise das obras arquitectónicas e escultóricas mediante exemplos arquetípicos, diferen-ciando estilos canónicos

CA1.6. Xulgouse o impacto das primeiras sociedades humanas na paisaxe natural, analizando as características das cidades antigas e a súa evolución na actualidade no territorio galego e peninsular

CA1.7. Analizouse a persistencia en Galicia, na Península Ibérica e nos territo-rios extrapeninsulares españois das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga

CA1.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información me-diante estratexias de composición protocolizadas, utilizando tecnoloxías da in-formación e da comunicación

CA1.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo colaborativo

Elaboración dun traballo en grupos

Page 12: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 12 de 15

Nº Unidade didáctica

3 Lectura textos literarios en castelán anteriores ao século XIX

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA3. Realiza a lectura de textos literarios representativos da literatura castelá anteriores ao século XIX, xerando criterios estéticos para a construción do gus-to persoal

CA3.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua castelá no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas

CA3.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumen-tos protocolizados de recollida de información

CA3.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais

CA3.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos

CA3.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da litera-tura en lingua castelá a partir de textos literarios

Elaboración dunha presentación dun texto representativo

Page 13: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 13 de 15

Nº Unidade didáctica

6 Textos orais básicos en lingua inglesa

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA1. Utiliza estratexias para interpretar e comunicar información oral en lingua inglesa, elaborando presentacións orais de pouca extensión, ben estru-turadas, relativas a situacións habituais de comunicación cotiá e frecuente de ámbito persoal, público ou profesional

CA1.1. Analizouse a estrutura de textos orais procedentes dos medios de comunicación de actualidade e identificáronse as súas características principais

CA1.2. Aplicáronse as habilidades básicas para realizar unha escoita activa, identificando o sentido global e os contidos específicos dunha mensaxe oral

CA1.3. Realizouse un bo uso dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións

CA1.4. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, e revisáronse e elimináronse os usos discriminatorios, nomeadamente nas relacións de xénero

CA1.5. Utilizouse a terminoloxía gramatical axeitada na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución

CA1.6. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas adaptadas a contextos diferentes (formal, non formal e situacións profesionais), e un repertorio esen-cial e restrinxido de expresións, frases e palabras de situacións habituais fre-cuentes e de contido altamente predicible segundo o propósito comunicativo do texto

CA1.7. Expresouse con certa claridade, usando unha entoación e unha pronun-cia comprensible, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes

CA1.8. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación

CA1.9. Identificáronse as normas de relacións sociais básicas e estandarizadas dos países onde se fale a lingua estranxeira

CA1.10. Identificáronse os costumes ou as actividades cotiás da comunidade onde se fale a lingua estranxeira

Análise dun texto oral en lingua inglesa

Page 14: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 14 de 15

6.a) Procedemento para definir as actividades de recuperación

a) Alumnado que a 13 de marzo tiña unha puntuación inferior a 4 nalgunha das UF traballadas ata esa data e non realizou ningunha actividade durante o período de suspensión das clases: Este alumnado realizará un traballo de investigación de cada unha das UF correspondentes.

b) Alumnado que a 13 de marzo tiña unha puntuación inferior a 4 nalgunha das UF traballadas ata esa data e realizou parcial ou totalmente as actividades propostas durante o período de suspensión das clases: Este alumnado realizará un traballo de investigación de cada unha das UF correspondentes. Asemade, este alumnado poderá sumar á nota obtida na proba final de recuperación a puntuación acadada polas actividades realizadas durante o período de suspensión das clases, segundo o explicado no apartado 5. A nota final resultante deste proceso será redondeada á cifra enteira máis próxima.

O alumnado referido neste apartado deberá realizar as actividades de recuperación propostas polo profesor. Estas actividades desenvolveranse no periodo entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final do módulo e estarán baseadas no informe de avaliación individualizado. A súa finalidade é axudar ao alumnado a repasar a materia vista ao longo do curso e a preparar a proba final de recuperación, pero non serán tidas en conta a efectos de cualifi-cación. O profesor resolverá as dúbidas sobre as actividades propostas e fará as pertinentes correccións e orientación.

6.b) Procedemento para definir a proba de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda de dereito á avaliación continua

O alumnado que a 13 de marzo, de acordo ao que estipula a normativa vixente e as propias NOF do centro, tivera aplicada unha perda do dereito á avaliación continua (PD) será avaliado nos seguintes termos:

a) Alumnado con PD que non realizou ningunha actividade durante o período de suspensión das clases: Este alumnado terá que realizar un traballo de investigación de cada un dos módulos traballados ata o 13 de marzo de 2020.

b) Alumnado con PD que realizou parcial ou totalmente as actividades propostas durante o período de suspensión das clases: Este alumnado terá que realizar un traballo de investigación de cada un dos módulos traballados ata o 13 de marzo de 2020. Asemade, este alumnado poderá sumar á nota obtida na proba final de recuperación, a puntuación acadada polas actividades realizadas durante o período de suspensión das clases, segundo no explicado no apartado 5.

Page 15: Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo,

Páxina 15 de 15

8. Medidas de atención á diversidade

8.b) Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados

Para o alumnado ao que se lle detecten necesidades de reforzo educativo adaptaranse aqueles aspectos do proceso de ensinanza aprendizaxe susceptibles de modificación (tarefas, recursos, tempos...) que permitan ao alumnado a adquisición dos obxectivos do módulo, requisito imprescindible para a súa superación.