8
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 42 - 1.ª quiNceNa de xuño de 2013 A pesar da chuvia, unha marea de paraugas congregouse ao pé da catedral de Santiago de Compostela para rexeitar as pretensións do PP, en coali- ción coa xerarquía elesiás- tica, de reformar a lexisla- ción sobre o aborto para consideralo de novo un de- lito. Contra este retroceso en dereitos, CCOO sumouse o 16 de xuño a varias ducias de organizacións na mani- festación convocada para este efecto. / PÁXS. 3 E 8 Fronte á crise, máis democracia, emprego e protección social n Milleiros de persoas participaron en toda Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT, ao abeiro dunha xornada de loita da CES, para esixir máis democracia, emprego e protección social SUMARIO 3 3 6 6 7 7 7 O paro continúa a ser o principal problema de Galicia, a pesar do descenso do mes de maio Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, CCOO reafirma o seu compromiso contra a minaría salvaxe Renfe suprime 104 trens de media distancia á semana, o 21 % do total CCOO pide un pacto pola sanidade pública e rexeita as fórmulas fracasadas de xestión privada Éxito da folga xeral convocada na comarca de Ferrol o día 12 O día 20 de xuño haberá folga no sector naval privado CCOO non avalou o ERE de T-Solar, en Ourense, e critica as eivas documentais da empresa Milleiros de persoas partici- paron en toda Galicia nas mo- bilizacións convocadas o día 16 por CCOO e UGT en defensa do emprego, a protección social e por unha Europa máis demo- crática. Estas accións enmarcá- ronse nunha xornada de mobilizacións organizada pola Confederación Europea de Sin- dicatos (CES), da que forman parte as dúas organizacións. Europa precisa unha forte di- mensión social e España e Ga- licia, un gran consenso polo emprego. As manifestacións e concen- tracións realizáronse para esi- xir solucións á situación que padecen as 300.000 persoas sen emprego en Galicia –máis de seis millóns no Estado– e os 100.000 fogares galegos con todos os membros no paro, e para combater o aumento do desemprego ata o 27 % ou a insostible taxa de paro xuve- nil do 60 %. / PÁXS. 4-5

Fronte á crise, máis democracia, emprego e protección social1... · Compostela para rexeitar as pretensións do PP, en coali-ción coa xerarquía elesiás-tica, de reformar a lexisla-ción

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Fronte á crise, máis democracia, emprego e protección social1... · Compostela para rexeitar as pretensións do PP, en coali-ción coa xerarquía elesiás-tica, de reformar a lexisla-ción

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 42 - 1.ª quiNceNa de xuño de 2013

Apesar da chuvia, unhamarea de paraugascongregouse ao pé da

catedral de Santiago deCompostela para rexeitar aspretensións do PP, en coali-ción coa xerarquía elesiás-

tica, de reformar a lexisla-ción sobre o aborto para

consideralo de novo un de-lito. Contra este retroceso endereitos, CCOO sumouse o16 de xuño a varias duciasde organizacións na mani-festación convocada paraeste efecto. / PÁXS. 3 E 8

Fronte á crise, máisdemocracia, empregoe protección socialn Milleiros de persoas participaron en toda Galicia nas manifestacións convocadas por CCOO e UGT, aoabeiro dunha xornada de loita da CES, para esixir máis democracia, emprego e protección social

SUMARIO

3

3

6

677

7

O paro continúa a ser o principal problema de Galicia, apesar do descenso do mes de maioCon motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, CCOO

reafirma o seu compromiso contra a minaría salvaxeRenfe suprime 104 trens de media distancia á semana, o

21% do totalCCOO pide un pacto pola sanidade pública e rexeita as

fórmulas fracasadas de xestión privadaÉxito da folga xeral convocada na comarca de Ferrol o día 12O día 20 de xuño haberá folga no sector naval privadoCCOO non avalou o ERE de T-Solar, en Ourense, e critica as

eivas documentais da empresa

Milleiros de persoas partici-paron en toda Galicia nas mo-bilizacións convocadas o día 16por CCOO e UGT en defensa doemprego, a protección social epor unha Europa máis demo-crática. Estas accións enmarcá-ronse nunha xornada demobilizacións organizada polaConfederación Europea de Sin-dicatos (CES), da que formanparte as dúas organizacións.Europa precisa unha forte di-

mensión social e España e Ga-

licia, un gran consenso poloemprego.As manifestacións e concen-

tracións realizáronse para esi-xir solucións á situación quepadecen as 300.000 persoassen emprego en Galicia –máisde seis millóns no Estado– e os100.000 fogares galegos contodos os membros no paro, epara combater o aumento dodesemprego ata o 27 % ou ainsostible taxa de paro xuve-nil do 60 %. / PÁXS. 4-5

Page 2: Fronte á crise, máis democracia, emprego e protección social1... · Compostela para rexeitar as pretensións do PP, en coali-ción coa xerarquía elesiás-tica, de reformar a lexisla-ción

GaLicia SiNdicaL Número 42 - xuño 2013 (1.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

Por responsabilidade, oSindicato Nacional deCCOO de Galicia re-

xeita o chamado «informedos expertos» sobre a re-forma do sistema público depensións. O noso afán é de-fender os dereitos sociais elaborais que tanto custouconseguir, e o sistema depensións é fundamental.Neste senso, as reformas dosistema hanse facer sen es-quecer que son froito doacordo político e do diálogosocial.Por isto, o Pacto de Toledo

e a mesa de diálogo socialentre sindicatos, patronal eGoberno son os instrumentospara definir as reformas es-truturais do sistema de pen-sións.

Vinculados aos acordosacadados no 2011Por idéntica razón, sentí-

monos vinculados aos acor-dos subscritos en febreiro de2011 polo crecemento, o em-prego e a garantía das pen-sións, que xa prevía, entre

outras medidas, acometer ofactor de sustentabilidade doano 2027.

CCOO gañou o dereito a servoz autorizada na materiaCCOO é o único sindicato

do Estado que gañou o de-reito a ser considerado vozautorizada na materia; polotanto, calquera postura súa-terá maior repercusión ca ade calquera outra organiza-ción. Isto obríganos a falarcon claridade e firmeza: de-nunciamos que se pretendautilizar a crise como escusapara recortar dereitos so-ciais; rexeitamos as propos-tas para garantir a sostibi-lidade do sistema que unica-mente se centren en reduciro gasto en pensións, senincidir no incremento dos in-gresos.Por último, é imprescin-

dible falar de creación deemprego, da mellora dossalarios e da loita contra afraude como alternativaspara asegurar o futuro daspensións.

EDITORIAL

Claridade e firmeza

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: B. Rocha (O Retrovisor), X. Rodríguez (opinión), R. Otero, R. L. Expósito, B. Vences, Ó. Sánchez, V. Pazos,M.ª I. Gómez, I. G.ª Vila, Y. Quintiá, B. Rocha, F. Gil e J. Martínez (foto) / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 18/6/2013

SINDICATO NACIONAL DE CCOORúa Miguel Ferro Caaveiro n.º 8(Santiago de Compostela)981.551.800

A Coruña (sede comarcal)Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª981.145.197

Local sindical de CeeRúa Campo do Sacramento, 69981.746.930

Ferrol (sede comarcal)Rúa María, 42-44981.369.300

Local sindical das Pontes de G.ª R.Rúa da Capela, 2981.440.321

Santiago de Compostela (sede comarcal)Vía Edison 1-C, Polígono do Tambre981.958.200

Local sindical de RibeiraRúa de Correos, n.º 5,baixo dereito981.872.413

Viveiro (sede comarcal)Rúa García Doriga, s/n982.561.001

Local sindical de BurelaRúa de Emilia Pardo Bazán, 5(Entrechán; Edificio Porches 2)982.585.732Local sindical de RibadeoAvda. de Galicia, s/n, 3.º982.130.506

Lugo (sede comarcal)Rolda da Muralla, 58982.231.975

Local sindical de Monforte de LemosRúa de Roberto Baamonde, s/n982.401.518

Ourense (sede comarcal)Rúa do Parque de San Lázaro, 12-3.º988.391.727

Local sindical do Barco de ValdeorrasPraza de España, 2 - Baixo esquerdo988.322.034Local sindical de VerínAvda. de Portugal, 3-5988.410.641Local sindical de Xinzo de LimiaRúa Toural s/n988.462.510Local sindical do CarballiñoRúa de Martínez Avellanosa, 14 - 1.º988.275.360

Pontevedra (sede comarcal)Rúa Pasantería, 1-2.º986.866.276

Local sindical de LalínR/ de Xaquín Loriga, 29 - Entrechán986.782.437

Vilagarcía de Arousa (sede comarcal)Rúa de Alexandre Bóveda, 2-2.º986.502.000

Local sindical do GroveRúa do Dr. Luís Casais, s/n - 2.º esq.986.732.618

Vigo (sede comarcal)As Teixugueiras, 11 entreplanta (Navia)986.246.800

Local sindical da GuardaRúa Concepción Arenal, 44986.611.186Local sindical de PonteareasRúa Esperanza 13 entreplanta 36860 986.661.043Local sindical do PorriñoRúa Atarela, 2. Casa Sindical986.331.962

Argumentos rancios

ABeatriz prohibíronlle abor-tar. Segundo os informesmédicos, a muller salvado-

reña, enferma de lupus e insufi-ciencia renal, corría un graveperigo se continuaba adiante coembarazo. Ademais, o feto care-cía de cerebro e non tiña posibi-lidades de sobrevivir. Alegando odereito á vida, a Corte Suprema,a xerarquía eclesiástica e os co-lectivos provida, desoíndo osmédicos, desencadearon unhafuribunda campaña para impe-dir que Beatriz abortase. Comano caso dunha enferma de can-cro á que se lle prohibiu radiarsepara preservar a vida do feto. Naie fillo morreron antes do parto.Que estraño e rancio argumen-

tario xustificar a morte alegandoa defensa da vida! Aquí andamos ás voltas cunha

nova lei do aborto e cos mesmosprotagonistas de sempre a favor

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

e en contra: a sombra da Inquisi-ción, abolida hai douscentosanos, é moi alongada. Semella como unha sorte de

magma que discorre a través dosséculos e que impregna todos osintersticios do mundo racionalata o punto de que é imposibleseparar o divino do humano. Sir-va como exemplo desta últimareflexión o caso de Juan, fillo dosReis Católicos, mozo algo enfer-mizo quen, despois de casar, viucomo empeoraba a súa fráxilsaúde. Conta Fernando Díaz--Plaja en El español y los siete pe-cados capitales que os médicoslle recomendaron á raíña que oseu fillo debía separarse por untempo da súa esposa para se re-cuperar fisicamente; mais ela, aRaíña Católica, respondeu: «Oque Deus uniu, non o separe ohome»: o rapaz morreu aos pou-cos meses!

Page 3: Fronte á crise, máis democracia, emprego e protección social1... · Compostela para rexeitar as pretensións do PP, en coali-ción coa xerarquía elesiás-tica, de reformar a lexisla-ción

3

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 42 - xuño 2013 (1.ª quincena)

Os datos do paro rexistra-do de maio indican que en Ga-licia hai 283.886 persoas para-das, 6.573 menos ca o mesanterior, o que supón un des-censo do 2,26 %. Porén, a afi-liación á seguridade social sóse incrementou nun 0,36 %,mentres que no Estado esaporcentaxe foi do 0,83 %.A secretaria de Emprego de

CCOO, Maica Bouza, conside-ra que os datos revelan que,

«cada vez con maior crueza»,a reforma laboral volve máisprecario o emprego, pois ogroso do descenso do paro foimediante contratos eventuais.

Cambiar as políticasNa súa opinión, non se crea-

rá emprego mentres non cam-bien as políticas económicas,que «son as que contribúen aestimular a actividade», e nonflúa o crédito para as empresas

O paro continúa a ser o gran problemade Galicia, malia o descenso de maionManiféstanse cada vez con máis crueza os efectos da reforma laboral, xa que a maior parte do descensodo paro se debe aos contratos eventuais

e as familias. Segundo MaicaBouza, «as políticas deben cen-trarse nas persoas, que son asque están padecendo as conse-cuencias da crise».Por esta razón, segue a esixir

que se convoque de maneira«extraordinaria e urxente» oConsello Autonómico de Em-prego para analizar a situacióndo mercado de traballo e o im-pacto das políticas activas deemprego.

CCOO esixe aconvocatoriaurxente do Con-sello Autonómicode Empregopara analizar asituación

CCOO participou namanifestación contra areforma da lei do aborto

O 16 de xuño tivo lugar enSantiago de Compostela unhamanifestación nacional convo-cada pola Plataforma Galegapolo Dereito ao Aborto, da queforma parte CCOO.A reforma da Lei orgánica

2/2010, de saúde sexual e re-produtiva e da interrupción vo-luntaria do embarazo, supónun retroceso a tempos prede-mocráticos así como a volta ápersecución, ao escurantismo

e á clandestinidade das mulle-res que deciden abortar, un re-torno á consideración do abortocomo delito, que elimina o de-reito e volve a penalizar as mulle-res e os profesionais da saúde,xerando inseguridade xurídica esanitaria.CCOO ratifica a súa posición

de respecto á capacidade dasmulleres de decidiren sobre ainterrupción voluntaria do em-barazo. / ARTIGO NA PÁX. 9

Non haifuturo sen ainvestigaciónO colectivo Carta Aberta pola

Ciencia, do que forman parteCCOO e outras organizacións,concentrouse o pasado 14 dexuño en Santiago de Compostelapara denunciar os recortes orza-mentarios en I+D+i, que superano 30% no que vai de lexislatura,abocando universidades e orga-nismos públicos de investigacióna unha «crise irreparable».CCOO únese ás críticas pola si-

tuación do Plan Nacional de In-vestigación, con meses de atra-sos nas convocatorias de 2013,ao tempo que os fondos de 2012aínda non foron librados. A Axen-cia Estatal de Investigación seguesen se crear. O Programa Nacio-nal de Reformas 2020 prevé al-canzar o 2% do PIB en I+D+i neseano, no canto do 3% fixado polaUE. Por estes e outros moti-vos, CCOO pide respostas, xaque «sen a investigación, non haifuturo».

Día Mundialdo MedioAmbienteCo gallo do Día Mundial do

Medio Ambiente, o día 5 dexuño, o Sindicato Nacional deComisións Obreiras de Galicia(CCOO) reiterou a súa apostapor un desenvolvemento terri-torial sostible. Nesta liña, re-xeita os proxectos mineirosespeculativos e daniños, comoo que se pretende pór en mar-cha en Corcoesto (Cabana deBergantiños). Este tipo de ex-plotacións ten un impacto ne-gativo, principalmente polométodo de extracción mediantegrandes detonacións e tecnolo-xías de lixiviación que usansubstancias nocivas como cia-nuro e arsénico, entre outras.No caso concreto de Corcoes-to, calcúlase que os residuosque xeraría anualmente a minaexcederían os dous millóns detoneladas, das que cen mil se-rían de lixiviación altamentecontaminada.

A secretaria da Muller de CCOO, Mabel Pérez, estivo na pancarta da cabeceira

Page 4: Fronte á crise, máis democracia, emprego e protección social1... · Compostela para rexeitar as pretensións do PP, en coali-ción coa xerarquía elesiás-tica, de reformar a lexisla-ción

GaLicia SiNdicaL Número 42 - xuño 2013 (1.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

Milleiros de persoas a prol demáis democracia, empregoe protección social Milleiros de persoas participa-

ron en toda Galicia nas mobiliza-cións convocadas o día 16 porCCOO e UGT en defensa do em-prego, a protección social e porunha Europa máis democrática.Estas accións enmarcáronsenunha xornada de mobilizaciónsorganizada pola ConfederaciónEuropea de Sindicatos (CES), daque forman parte as dúas orga-nizacións.Os secretarios xerais de CCOO

e UGT en Galicia, Xosé ManuelSánchez Aguión e José AntonioGómez, lembran que Europa pre-cisa «unha forte dimensión so-cial» e España e Galicia «un granconsenso polo emprego». As300.000 persoas paradas en Ga-licia –máis de seis millóns no Es-tado–, os 100.000 fogares gale-gos con todos os membros noparo, o aumento do desempregoata o 27% e a insostible taxa deparo xuvenil do 60% son «moti-vos máis ca suficientes» para amobilización social, sinalan. Nasituación actual, os servizos pú-blicos, que están a ser recorta-dos, desmantelados e privati-zados, son «máis necesarios canunca», aseguran. Sen eles,«non baixará o déficit, senón queaumentará a exclusión social»,advirten.Así as cousas, a xornada de

mobilización amosou a oposiciónda cidadanía ás políticas de re-corte emanadas desde Europa,que o único que lograron foi em-peorar os efectos da crise. En Es-paña e Galicia traducíronse enmáis recesión, máis destruciónde emprego, máis desigualdadee máis tensión social. Por estarazón, CCOO e UGT esíxenlle aMariano Rajoy que no cumio eu-ropeo dos días 27 e 28 defenda

políticas alternativas, como unprograma de recuperación de al-cance europeo que teña comoobxectivo central o pleno em-prego e o progreso económico esocial. Para isto cómpre taménpór fin aos recortes no gasto pú-blico, a protección social e ossalarios, porque son inxustos,aumentan o desemprego, as de-

sigualdades e a pobreza, e agra-van a recesión.Tamén é necesario un cambio

de modelo produtivo, desbo-tando a idea de que a competiti-vidade se basee nos baixos sa-larios e nas condicións laboraisprecarias. Ligado con isto, esixenpoñer o acento nos investimen-tos, para un crecemento sostible,

e promover o diálogo social e anegociación colectiva. Para esesinvestimentos, cómpre incre-mentar os ingresos, o que esixiráadoptar unha fiscalidade graduale redistributiva sobre os ingresose a riqueza, así como acabar cosparaísos fiscais, a evasión de im-postos, a fraude fiscal, a corrup-ción e o traballo non declarado.

1

2 3

Page 5: Fronte á crise, máis democracia, emprego e protección social1... · Compostela para rexeitar as pretensións do PP, en coali-ción coa xerarquía elesiás-tica, de reformar a lexisla-ción

5

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 42 - xuño 2013 (1.ª quincena)

1-3. Os secretarios xerais de CCOO e UGT de Galicia participaron na manifestación de Ourense / 4. En Burela tivo lugar unha concentración na praza da Mariña / 5. Instan-tánea da multitudinaria manifestación de Vigo / 6-7. As reivindicacións do sector naval e do ensino estiveron moi presentes en Vigo / 8. En Ferrol houbo unha concentra-

ción na praza do Inferniño / 9. Manifestación da Coruña / 10. Imaxe da marcha que percorreu Santiago de Compostela

4 5

6

7 8

9 10

Page 6: Fronte á crise, máis democracia, emprego e protección social1... · Compostela para rexeitar as pretensións do PP, en coali-ción coa xerarquía elesiás-tica, de reformar a lexisla-ción

GaLicia SiNdicaL Número 42 - xuño 2013 (1.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

Renfe suprime 104 trens de mediadistancia á semana, o 21% do totalCCOO denuncia que, coa en-

trada en vigor o pasado día 2dos novos horarios de Renfe,suprimíronse en Galicia 104trens de media distancia con-vencional á semana, o quesupón un recorte do 21,77%das circulacións. Igualmente,desapareceron 1.176 paradas epecharon vinte estacións, men-tres que noutras 24 só se faiunha parada.O coordinador do sector ferro-

viario de FSC-CCOO de Galicia,Severino Rodríguez, explica quenestes cálculos, reflectidos nuninforme do sindicato, inclúen os14 trens semanais entre Ourensee Puebla de Sanabria e o pechede dez estacións desta liña, queprevisiblemente se concretará opróximo día 23 de xuño.

CCOO desmente a RenfeDeste xeito, CCOO desmente a

Renfe, que cifra en só 36 o nú-mero de frecuencias de media

distancia que se eliminan no país(7,4% menos de servizos á se-mana). Para o sindicato, a infor-mación que facilitan tanto aempresa como o Ministerio deFomento é «parcial» e «trata deconfundir a opinión pública mes-turando datos dos trens suprimi-dos de media distancia con-

A Federación de Sanidade deCCOO de Galicia fai un chama-mento a todas as forzas políticase sociais a prol dun pacto polasaúde que dea resposta aos«graves problemas» existentesno ámbito. Cómpren cambios nofinanciamento e nos orzamentosdo sistema sanitario, pois nunhaépoca de profunda crise econó-mica non se pode apostar por«ruinosas» fórmulas de xestiónprivada que xa fracasaron nou-tras comunidades autónomas een países de todo o mundo.O responsable da federación,

Ángel Cameselle, critica que os

modelos de iniciativa de financia-mento privado, así como a priva-tización «pura e dura», parali-zaron o desenvolvemento dos re-cursos sanitarios hospitalarios enVigo, Ourense, Pontevedra ou Vi-lagarcía, ademais de prexudicaroutros centros de saúde.O recorte orzamentario impide

contratar profesionais, nin se-quera para cubrir xubilacións,polo que cada vez hai menos per-soal. Desde a Federación de Sa-nidade de CCOO instan a Xunta aaclarar se o que pretende é queprime o negocio privado ou, polacontra, aposta por poñer a sani-

CCOO pide un pactopola sanidade pública

vencional cos trens de longa dis-tancia, que cumpren outra fun-ción ben distinta e ten diferentestarifas e paradas».

Menos liñas e paradasNo seu estudo, CCOO detalla

os servizos suprimidos en cadaliña ferroviaria da rede conven-

dade ao servizo da cidadanía.Ángel Cameselle lembra que nosúltimos trinta anos, malia conta-ren cun orzamento moi por baixoda media dos países veciños, Ga-licia e España ofreceron unha

sanidade de calidade, pública,universal e gratuíta, polo queconsidera «inxustificado» o em-peño en procurar fórmulas dexestión privada ou de completaprivatización.

cional de Galicia. Así, na liña ACoruña-Ferrol, suprímense 31servizos por semana, o quesupon un total de 292 paradasmenos. Na liña A Coruña-Lugo--Monforte de Lemos, os servizosreducidos á semana ascenden a14, e as paradas a 191 menos ásemana. No percorrido Santiagode Compostela-Ourense hai 27servizos menos, co que a redu-ción é de 202 paradas semanais.Pola súa banda, entre Vigo e Ou-rense, os servizos que se recor-tan son 14, con 167 paradasmenos semanais.Canto a Ourense-Monforte de

Lemos, os servizos que se redu-cirán son catro, con 31 paradasmenos á semana, mentres quena liña Ourense-Puebla de Sana-bria desaparecen 14 servizos,con 168 paradas á semana.As estacións que máis paradas

perden son as de Cambre (56),Franza (45), Cecebre (42) e Ce-santes (35).

CCOO denuncia o desmantelamento do servizo público ferroviario en Galicia

Page 7: Fronte á crise, máis democracia, emprego e protección social1... · Compostela para rexeitar as pretensións do PP, en coali-ción coa xerarquía elesiás-tica, de reformar a lexisla-ción

7

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 42 - xuño 2013 (1.ª quincena)

Éxito da folga comarcal de Ferrolcun seguimento case totaln O 32% de paro da bisbarra, especialmente pola crise do naval, foi a principal razón da convocatoria

O Sindicato Nacional de Co-misións Obreiras considera un«éxito rotundo» a folga xeralque tivo lugar na comarca deFerrol o 12 de xuño. Convo-cada por CCOO xunto á CIG,UGT e USTG, tivo como puntoculminante unha manifestaciónde 70.000 persoas que partiuda praza do Inferniño, ateigouas rúas da cidade e finalizou napraza de Armas, diante do Con-cello.O secretario xeral de CCOO

de Galicia, Xosé Manuel Sán-chez Aguión, destaca a implica-ción da cidadanía cos motivosda convocatoria así como ofeito de que non houbera inci-dentes, pero critica o «esaxe-

rado» dispositivo policial, es-pecialmente ás portas dun co-ñecido centro comercial. Cantoao seguimento, salienta que«non houbo actividade en Na-vantia nin nos principais polí-gonos industriais nin noscomercios. Un éxito», subliñao sindicalista.Pola súa banda, a secretaria

xeral comarcal de CCOO de Fe-rrol, Auri Vázquez, lembra quea taxa de paro do 32%, a maiorde toda Galicia, era un «motivomáis ca suficiente» para acudirá folga, e instou o Partido Po-pular a que cumpra os compro-misos adquiridos co sectornaval. «Non queremos prome-sas, queremos feitos», recalca.

Folga no sector navalprivado de Galicia o próximodía 20 de xuñoO sector naval privado está

chamado a unha xornada defolga o día 20 de xuño.CCOO lembra que o sector

naval é un dos piares da eco-nomía galega. Polo seu altocontido tecnolóxico e man deobra cualificada, forma partedos ámbitos que cómpre po-tenciar para cambiar o modeloprodutivo do noso país, actual-mente baseado na baixa cuali-ficación, en produción conpouco valor engadido e baixossalarios.Porén, a crise económica,

sumada ao expediente abertosobre o anterior sistema dearrendamento fiscal (tax lease)

provocou a destrución de máisde 8.000 empregos directos,varios milleiros máis indirectose a desaparición de ducias deauxiliares.CCOO esixe compromisos

firmes para solucionar de veza problemática e que permitanque o naval sexa un dos eixesda recuperación económica.

CCOO nonasinou o EREde T-Solar

CCOO non asinou o acordofinal do ERE de T-Solar por enten-der a súa representación na em-presa ourensá que non conco-rren as razóns alegadas para aextinción colectiva de todos oscontratos.O sindicato tamén«lamenta as

eivas documentais» nun expe-diente desta magnitude: 170 des-pedimentos.

Calendariode acciónscontra a LOMCEA Plataforma en Defensa do

Ensino Público, da que formaparte CCOO, mantén en xuñoaccións contra o proxecto delei de mellora da calidade edu-cativa (LOMCE).Durante todo o mes leva ha-

bendo asembleas informativase mesas redondas. Tamén selles pediu aos claustros, conse-llos escolares e ANPA o asina-mento de resolucións contra aLOMCE.O día 19 haberá unha con-

centración diante da Consella-ría de Educación, en Santiagode Compostela e o 27 concen-tracións nas cidades e grandesvilas do país.

1. Saída da manifestación / 2. Multitudinario piquete ante un centro comercial // 3. A praza de Armas, ateigada / 4. A pancarta principal, diante do Concello

1 2

3 4

CCOO esixe com-promisos firmespara solucionar aproblemática

Page 8: Fronte á crise, máis democracia, emprego e protección social1... · Compostela para rexeitar as pretensións do PP, en coali-ción coa xerarquía elesiás-tica, de reformar a lexisla-ción

Número 42 - 1.ª quiNceNa de xuño de 2013

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Nos últimos tempos, envarias mobilizacións es-colleuse, atinadamente,

o lema «queren acabar contodo». Vistos os últimos desva-ríos, ocórreseme completalocoa sentenza «non respec-tan nada».José de la Cavada, respon-

sable de relacións laborais daCEOE, a patronal estatal, criticaque o Estatuto dos Traballado-res –norma básica que regulao ámbito de actuación desteseñor– sinale que hai dereito a,como mínimo, catro días pordefunción dun familiar de pri-meiro grao cando sexa nece-sario efectuar un despraza-mento. Segundo a análise doexperto, as viaxes «non se rea-lizan mediante dilixencia» nostempos actuais, razón pola quepide que se reduza o númerode días.Por se alguén non se deca-

tou, un familiar de primeirograo son, por exemplo, a pare-lla, nai, fillo ou irmá. Non deixade ser sintomático que o res-ponsable de relacións laboraisda patronal española penseque catro días de licenza polamorte dunha persoa tan ache-gada corresponden a unha«mentalidade que non é con-forme co desenvolvementoque existe hoxe en día cos des-prazamentos por autovía outren», afirmou literalmente.Sintomático? Si, dunha ca-

beciña que debe pensar quetodo o mundo pode viaxar enAVE ou avión, e dun corazónduro que chora un ser queridonun luscofusco. Non me queropór sentimental, pero o feito deque xa non respecten nada, nina morte dos seres queridos, faique me pregunte ata ondequeren chegar. Ao final, tantareforma faranos retroceder unscantos... séculos.

Non respectannada

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

Volver penalizar o aborto recortadereitos das mulleres

REFORMA DA LEXISLACIÓN SOBRE O ABORTO

Os inicios da democracia en España viñeron acompañados detodas as reivindicacións imprescindibles para a consecución daigualdade entre homes e mulleres. Desde o feminismo, desde aesquerda, desenvolvemos unha intensa actividade en defensados dereitos de cidadanía: o divorcio, o aborto, a non violencia, aigualdade no traballo... Avances que foron conformando unhaconciencia social a prol da igualdade real.

Os dereitos sexuais e reprodu-tivos, a información sobre sexua-lidade, o coñecemento e uso demedios anticonceptivos e o de-reito a decidir sobre a súa mater-nidade, supuxeron unha autén-tica revolución para a igualdadedas mulleres e un avance cara aunha sexualidade plena.No 1985 aprobouse a lei de

despenalización do aborto, queestablecía un sistema de supos-tos baixo os que se permitíaabortar. Foi un primeiro avance,aínda que insuficiente.O dereito ao aborto con garan-

tía sanitaria e legal foi recollido naLei 2/2010, de saúde sexual e re-produtiva e da interrupción vo-luntaria do embarazo, a mesmaque neste momento a Conferen-

cia Episcopal e o Goberno do PPqueren modificar. O mesmo PPque rexeita o dereito das mulleresa decidir sobre a propia mater-nidade, o mesmo que aplica unhapolítica de recortes de presta-cións sociais e de dereitos deconciliación laboral e familiar.Ser nai é un dereito; non selo,

tamén. CCOO esixe que se poñana dispor das mulleres que quei-ran ser nais as posibilidades deselo –escolas infantís, vivenda,comedores escolares, traballosdignos e horarios compatibles.Porén, tamén reivindicamos o

dereito ao aborto libre, gratuíto ena carteira de servizos da sani-dade pública, como garantía deigualdade de todas as mulleres,independentemente da súa situa-ción económica. Esta reforma é clasista: as mu-

lleres que non teñan recursosson as máis prexudicadas polareforma, co que só as mulleres

con recursos poderán interrom-pir o seu embarazo, se ben en clí-nicas privadas dentro e fóra doEstado –como se facía antes deexistir a lexislación actual–. Asque non os teñan, veranse con-denadas a asumir embarazos condificultades ou non desexados,ou a someterse a abortos clan-destinos.Vivimos nunha sociedade plu-

ral, polo que os ditados moraisduns non se poden converter enleis para o conxunto. Nun estadoaconfesional non se pode cam-biar a lei para converter en delitoo que as conviccións relixiosascualifican de pecado.A involución normativa supón

un retroceso a tempos prede-mocráticos: a volta á persecu-ción, ao escurantismo e á clan-destinidade das mulleres quedeciden abortar.CCOO ratifica a súa posición de

respecto á capacidade de deci-sión das mulleres sobre a inte-rrupción voluntaria do embarazo.Consideramos que a obxecciónde conciencia se debe regular eavogamos por unha boa atenciónsanitaria –e na rede pública!–para aquelas mulleres que quei-ran exercer o seu dereito a deci-dir. Apoiamos sindicalmente aspersoas profesionais da sani-dade, tanto pública como concer-tada ou privada, que atendenacotío as mulleres que decidenabortar, e promovemos a postaen marcha de programas de for-mación en educación afectivo--sexual no ensino medio e de for-mación profesional para evitarembarazos non desexados.Por último, defendemos o

principio ético de respecto á au-tonomía e capacidade moral dasmulleres para emitiren os seuspropios xuízos, dilucidaren osseus propios dilemas e tomarenas súas decisións.

Mabel Pérez SimalResponsablede Muller de CCOO