3
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Poñemos nun recipiente fondo a medida dunha cunca de fariña, media de sal fino e imos engadindo media de auga tibia mesturando pouco a pouco ata obter unha masa, como se fora para facer pan. Moldeamos a masa con formas sinxelas de ósos: costela, fémur... Para facer a forma dun pé semellante ao dun dinosauro, faremos 3 ou 4 cilindros rematados en punta, 2 ou 3 de igual tamaño e outro máis curto (que serán os dedos do pé). Unímolos pola base traballando a masa. Na zona de unión, poñemos un anaco de masa e a imos pegando á base dos dedos. Cun coitelo sen punta, marcamos unhas raias horizontais polos dedos e marcamos as unllas. Deixamos secar as nosas figuras con forma de ósos: podemos deixalas ao aire onde lles dé o sol un par de días ou ben podemos metelas no forno a temperatura mínima (50ºC) durante 2-3 horas, aproximadamente. Apaga o forno e deixa arrefriar. Poñemos area ou terra nunha caixa ou bandexa e colocamos os nosos osos. Parece unha escavación de fósiles de dinosauro! E se colles o pé e pisas sobre a terra, poderás ver as pegadas do dinosauro! escavación con fósiles de dinosauro auga bandexa ou caixa fariña cunca sal fino recipiente coitelo de punta roma terra ou area

fósiles de dinosauro - USC · 2020. 7. 31. · Os dinosauros Os dinosauros viviron na Terra fai millóns de anos (251 Ma) nos períodos Triásico, Jurásico e Cretácico (era Mesozoica),

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: fósiles de dinosauro - USC · 2020. 7. 31. · Os dinosauros Os dinosauros viviron na Terra fai millóns de anos (251 Ma) nos períodos Triásico, Jurásico e Cretácico (era Mesozoica),

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

MATERIAIS

Poñemos nun recipiente fondo a medida dunha cunca de fariña, media de sal fino e imos engadindo media de auga tibia mesturando pouco a pouco ata obter unha masa, como se fora para facer pan.

Moldeamos a masa con formas sinxelas de ósos: costela, fémur... Para facer a forma dun pé semellante ao dun dinosauro, faremos 3 ou 4 cilindros rematados en punta, 2 ou 3 de igual tamaño e outro máis curto (que serán os dedos do pé). Unímolos pola base traballando a masa. Na zona de unión, poñemos un anaco de masa e a imos pegando á base dos dedos. Cun coitelo sen punta, marcamos unhas raias horizontais polos dedos e marcamos as unllas.

Deixamos secar as nosas figuras con forma de ósos: podemos deixalas ao aire onde lles dé o sol un par de días ou ben podemos metelas no forno a temperatura mínima (50ºC) durante 2-3 horas, aproximadamente. Apaga o forno e deixa arrefriar.

Poñemos area ou terra nunha caixa ou bandexa e colocamos os nosos osos. Parece unha escavación de fósiles de dinosauro! E se colles o pé e pisas sobre a terra, poderás ver as pegadas do dinosauro!

escavación confósiles de dinosauro

auga

bandexa ou caixa

fariña

cunca sal fino

recipiente

coitelo de punta roma

terra ou area

Page 2: fósiles de dinosauro - USC · 2020. 7. 31. · Os dinosauros Os dinosauros viviron na Terra fai millóns de anos (251 Ma) nos períodos Triásico, Jurásico e Cretácico (era Mesozoica),

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

Que son os fósiles e como se forman?Os fósiles son restos de organismos completos, fragmentos dos mesmos ou pegadas da súa actividade, que quedaron incluídos nas capas terrestres antes da época actual. Polo xeral, a fosilización afecta ás partes máis duras da estrutura dos seres vivos, como os esqueletos, cunchas e algunhas partes vexetais. Unha condición esencial para que os restos dos organismos se conserven é non permanecer moito tempo á intemperie, xa que descompoñeríanse e desaparecerían. Polo tanto, para que fosilicen, teñen que quedar soterrados rapidamente tras a súa morte. De feito, o soterramento nalgúns casos foi a causa da morte. Unha vez soterrados, os restos poden sufrir transformacións químicas ou físicas, e incluso desaparecer quedando só o seu molde externo ou interno. Un dos procesos de fosilización máis típico é a mineralización. Os restos orgánicos deben quedar incluídos nun material que os protexa da descomposición e da erosión. Neste estado, ocorren unha serie de transformacións químicas ao longo de moitísimo tempo no que van substituíndo os compostos orgánicos por minerais ata que os restos se mineralizan totalmente quedando petrificados. A ciencia dedicada ao estudo dos fósiles e procesos de fosilización chámase paleontoloxía.

Para que serven os fósiles?Os fósiles poden dar valiosísima información de diferentes aspectos de épocas pasadas: idade do terreo, clima, tipo de medio (por exemplo, moitos fósiles de organismos mariños atópanse en zonas moi lonxe do mar, incluso en montañas), cambios xeográficos, evolución das especies...

Os dinosaurosOs dinosauros viviron na Terra fai millóns de anos (251 Ma) nos períodos Triásico, Jurásico e Cretácico (era Mesozoica), e extinguíronse fai uns 66 Ma. O termo Dinosauria foi acuñado polo naturalista inglés Richard Owen en 1842, derivado do grego deinos, que significa "terriblemente grande", e sauros, que significa "lagarto". Existiron aproximadamente 700 especies diferentes. Algúns exemplos son: Tyrannosaurus rex, un carnívoro feroz de enorme cranio que viviu no que é actualmente Norte América e que medía de 10 a 14 m de longo e pesaba entre 4 e 7 toneladas; Velociraptor mongoliensis*, carnívoro moi veloz, como indica o seu nome, que viviu no que hoxe é Asia, cuns 1,8 m de longo e apenas 15 kg e que pertenceu ao grupo do que descenden, probablemente, as aves actuais, coas que comparte moitas características, coma a presenza de plumas; Iguanodon bernissartensis, herbívoro duns 12 m de longo que viviu en Europa, incluíndo España.

*Na sala de fósiles do MHN exponse a reprodución a escala real dun fósil atopado no Deserto do Gobi, Mongolia.

os fósiles:descubrindo formas de vida antigas

Page 3: fósiles de dinosauro - USC · 2020. 7. 31. · Os dinosauros Os dinosauros viviron na Terra fai millóns de anos (251 Ma) nos períodos Triásico, Jurásico e Cretácico (era Mesozoica),

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

Escolle a resposta correcta:

1) Cal destes tres restos de animais é un fósil? a) Caracol mariño b) Ammonite c) Cuncha interna de sepia

2) Sabes cal destes tres esqueletos de dinosauros está exposto neste museo? a) Velociraptor mongoliensis b) Tyrannosaurus rex c) Iguanodon bernissartensis

3) Como se chama a ciencia dedicada ao estudo dos fósiles? a) Palaloxía b) Fosiloloxía c) Paleontoloxía

4) Que condición é esencial para que os restos dos organismos se conserven e poidan dar lugar a fósiles? a) Permanecer moito tempo á intemperie b) Quedar soterrados rapidamente tras a súa morte c) Estar mergullados en auga