Upload
others
View
5
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
GALICIA SINDICAL N.º 17 - Marzo 2011
2
www.galicia.ccoo.es
«Emprego estable e con dereitos» é
o lema da iniciativa lexislativa popular
(ILP) que CCOO e UGT impulsamos no
ámbito estatal. O obxectivo, reverter
os aspectos máis lesivos da reforma
laboral.
Esta iniciativa presentámola en Gali-
cia o pasado 30 de marzo. Ábrese
agora un prazo de nove meses para
recollermos as 500.000 sinaturas ne-
cesarias para que o texto da ILP sexa
debatido e votado no Congreso. Esta
considerable cantidade é unha mostra
do importantísima que é a túa partici-
pación.
A iniciativa lexislativa popular de
CCOO e UGT é un texto articulado de
lei co que, ademais, lle demostramos
ao Goberno que nós si temos alterna-
tivas ao recorte de dereitos.
Nos meses transcorridos desde a
aprobación da reforma laboral, puide-
mos constatar que se cumpriron os no-
sos prognósticos. Isto é, que a reforma
non está a cumprir nin o primeiro dos
obxectivos polo que foi aprobada no
Congreso. Polo tanto, non só non con-
tribuíu á recuperación económica, se-
nón que está a provocar nos últimos
meses un brutal incremento dos des-
pedimentos, da redución da contrata-
ción indefinida e da substitución desta
pola temporal.
A ILP que impulsamos propón refor-
mas normativas dirixidas a combater
a segmentación e a precariedade do
mercado de traballo —favorecendo o
Xosé Manuel sánchez aguión
acceso e a permanencia a través de
empregos estables e de calidade—, re-
cuperar a causalidade do despedi-
mento e con garantías —sobre todo no
caso do despedimento obxectivo—, fa-
vorecer o emprego da mocidade e per-
soas en paro, obrigar a que as medidas
de flexibilidade interna das empresas
se negocien cos sindicatos, reformar
os elementos da negociación colectiva
conculcados pola reforma laboral e
avanzar cara á progresiva substitución
do actual modelo produtivo, xusto a
principal causa pola cal a crise econó-
mica é especialmente intensa no noso
país.
O Sindicato Nacional de CCOO fixo
pública hoxe unha resolución —dis-
poñible na web da organización—
na que reclama para o país un «sis-
tema ferroviario de calidade» e «pla-
nificado», baseado nas necesidades
actuais. Esixe o cumprimento íntegro
do Pacto do Obradoiro e que tanto as
licitacións como a execución dos pro-
xectos se axusten ás previsións orza-
mentarias para garantir o cumpri-
mento dos prazos. O sindicato tamén
insta o Goberno central para que re-
mate os estudos do AVE Vigo-Porto,
«de vital importancia» para o desen-
volvemento da eurorrexión.
CCOO lembra que as infraestruturas
de transporte contribúen á articulación
do territorio e ao seu desenvolve-
mento, e considera que o actual con-
texto económico «non pode ser es-
cusa» para que non se rematen os
eixes radiais que comunican os dife-
rentes puntos da península.
COMISIÓNS, EN DEFENSA DOTRANSPORTE FERROVIARIO
EMPREGO ESTABLE E CON DEREITOSn CARTA DO SECRETARIO XERAL
GALICIA SINDICALN.º 17 - Marzo 2011
3
www.galicia.ccoo.es
Acordo para garantir asfábricas no SalnésCCOO acolle con agrado o principio
de acordo ao que se chegou o pasado
día 29 de marzo e que garante o fu-
turo das plantas do grupo conserveiro
Alfageme na comarca do Salnés, que
retomará a actividade a mediados do
vindeiro mes de maio. O sindicato va-
lora como moi positivo o número de
postos de traballo que se van recupe-
rar e que se faga mediante contratos
indefinidos.
O acordo, avalado pola Xunta de Ga-
licia, queda condicionado a un acordo
laboral. Segundo CCOO, non haberá
ningún problema para chegar a ese
pacto «sempre que se cumpran os seus
principios reitores», que pasan por
manter o salario de convenio, conser-
var a antigüidade no posto, manter a
mesma categoría profesional e que se
trate de postos indefinidos.
O grupo cántabro Consorcio vai ad-
quirir as plantas que tiña Alfageme en
Vilaxoán e Ribadumia, ademais de re-
colocar o persoal da factoría do Grove.
Estas pasarán a operar baixo a deno-
minación Conservas Consorcio Ga-
llego. O compromiso de Consorcio é
crear 150 postos de traballo de aquí a
decembro e un cento máis en catro
anos, en total preto de 250, todos eles
con preferencia para o persoal que viña
prestando servizos no grupo conser-
veiro. O grupo tamén se compromete
a non vender en, como mínimo, cinco
anos as plantas e a manter a actividade
polo menos unha década.
CCOO estivo desde o primeiro mo-
mento á fronte das mobilizacións do
persoal e mediando coas institucións
para procurar unha solución á proble-
mática do grupo, chegando á conclu-
sión de que a «única posibilidade de
futuro» era un cambio de propietarios.
Así, Comisións defendeu ir a unha li-
quidación que non fose de activos, se-
nón só para xerar ingresos e resarcir
acredores, e adxudicarlle as plantas
produtivas e as marcas a un grupo sol-
vente do sector que puidese recolocar
o maior número posible de persoas.
n Futuro da conserveira ALFAGEME
CCOO apoia
o persoal
A Unión Comarcal de CCOO de Vigo de-
nuncia a pretensión da Xunta de precintar
os estudios de Televigo, que comezou a
emitir en 1994, xustificándose en que ca-
rece de licenza para emitir en TDT e que
está a ocupar o espazo das concesionarias
destas licenzas, espazo que foi concedido
polo anterior goberno do PP a grandes gru-
pos de telecomunicación en prexuízo das
televisións locais.
CCOO critica a actuación do Goberno ga-
lego e amosou o seu apoio ao persoal, co
que se concentrou a mediados de marzo
fronte ás instalacións da Xunta en Vigo.
Polo emprego e omodelo social europeo
Preto de trescentas persoas, convocadas por ccoo e ugT, concentráronse o 24 de marzo fronte áDelegación do goberno na coruña para rexeitaren a orientación das políticas económicas e sociais
europeas dende o comezo da crise, e especialmente as decisións en materia de gobernanza europea.
n TELEVIGO
GALICIA SINDICAL N.º 17 - Marzo 2011
4
www.galicia.ccoo.es
Máis de dúas mil persoasmobilizáronse con CCOONa manifestación do 10 de Marzo,
Día da Clase Obreira Galega, máis de
dúas mil persoas acudiron ao chama-
mento do Sindicato Nacional de Co-
misións Obreiras e manifestáronse po-
las rúas de Ferrol en defensa do
emprego e a garantía das pensións. A
mobilización foi o acto central dunha
xornada cuxa celebración comezou
pola mañá coa tradicional ofrenda flo-
ral perante o monumento Dez do Mar-
zal, que homenaxea os sindicalistas
Amador Rey e Daniel Niebla, asasina-
dos pola policía franquista o 10 de
marzo de 1972.
Ao remate da manifestación, o se-
cretario xeral de CCOO en Galicia,
Xosé Manuel Sánchez Aguión, lembrou
as máis de 250.000 galegas e galegos
que están actualmente no paro, e re-
clamou un cambio produtivo para xe-
rar emprego. Así, criticou a reforma
laboral, que se demostrou «inútil», e
criticou a «obsesión pola austeridade»
das diferentes administracións, porque
«se centran só en reducir o gasto, e
non en incrementar os ingresos».
Sánchez Aguión tamén reclamou
unha reforma fiscal e financeira. A pri-
meira, asentada na progresividade e
na equidade, «na que pague máis
quen máis ten», aumentando así os
recursos dispoñibles para o Estado. E
unha reforma financeira «que asegure
recursos ás administracións públicas,
penalice a especulación e favoreza o
fluxo de crédito ás empresas».
O secretario xeral do Sindicato Na-
cional de CCOO defendeu tamén os
servizos públicos de calidade e opú-
xose ás iniciativas privatizadoras, que,
amais de inxustificadas, «deterioran a
calidade da prestación e ao cabo lle
resultan máis caras á cidadanía».
Canto ás pensións, Sánchez Aguión
defendeu o pacto ao que se chegou
no ámbito estatal, «exemplo do triunfo
do noso modelo de acción sindical»
porque logrou garantir a viabilidade
do sistema público de repartición,
amais de reforzar a solidariedade en
todos os aspectos.
Máis de dúas mil persoas secundaron o chamamento do sindicato nacional de ccooe participaron na manifestación, acto central do Día da clase obreira galega
n Manifestación do Día da Clase Obreira Galega
Pancarta de cabeceira da manifestación, co lema«garantir as pensións, defender o emprego»
instantánea da tradicional ofrenda floral diantedo monumento Dez do Marzal
O pasado día 12 entregáronse os Pre-
mios 10 de Marzo, que anualmente ou-
torgan a fundación do mesmo nome e
o sindicato Nacional de CCOO. Este
ano a entrega dos galardóns tivo lugar
na Coruña.
Os premiados foron o xornalista An-
tón Luaces, que se caracterizou pola
paixón con que tratou temas vincula-
dos ao sector do mar; o avogado, coo-
perante e docente Rafael Sánchez-Fer-
nández; Loli Montero —á que non lle
foi posible asistir á entrega—, actual-
mente na sanidade pero protagonista
destacada nas loitas do sector téxtil
dos setenta; José Mato, responsable da
agrupación local de Pensionistas e Xu-
bilados de Pontevedra, que sufriu en
carne propia a represión e o exilio; e
Antonio Gutiérrez, ex-secretario xeral
da Confederación Sindical de CCOO, á
fronte da cal sucedeu ao histórico Mar-
celino Camacho.
GALICIA SINDICALN.º 17 - Marzo 2011
www.galicia.ccoo.es
5
PREMIOS10 DEMARZO
As pensións medias continuarán asubir en Galicia e en España
As pensións medias continuarán a su-
bir en Galicia e en España. Así de tallante
foi Carlos Bravo, secretario de Seguri-
dade Social da Confederación Sindical
de CCOO. O responsable estatal na ma-
teria participou o pasado 17 de marzo
nunha xornada sobre a reforma do sis-
tema público de pensións organizada
polo Sindicato Nacional de CCOO.
Bravo tamén explicou que o pacto
ao que se chegou acaba coa «discrimi-
nación histórica» do réxime especial
agrario, polo que máis de 800.000 per-
soas en todo o Estado pasarán ao ré-
xime xeral a partir do 1 de xaneiro de
2012. O mesmo acontecerá dentro de
pouco tempo coas empregadas de fo-
gar, preto dun millón. O responsable
estatal de CCOO en cuestións de Pen-
sións e Seguridade Social referiuse tamén
a logros como os recoñecementos de pe-
ríodos de cotización para pais e nais por
nacemento ou adopción, e ás mozas e
mozos por contratos formativos.
A reforma, en seis minutos
Na canle en Youtube do Sindicato Na-
cional (http://youtube.com/snccoo)
pódese consultar un vídeo de seis mi-
nutos de duración no que Carlos Bravo
responde as principais cuestións sobre
a reforma das pensións.
De esquerda a dereita, Rafael sánchez-Fernández, Xosé Manuel sánchez aguión (secretario xeraldo s. n. de ccoo), José Mato, Demetrio Vázquez (secretario xeral da u. c. da coruña de ccoo),
antonio gutiérrez, ignacio Fernández Toxo (secretario xeral da c. s. de ccoo) e antón luaces
De esquerda a dereita, carlos Bravo (secretario estatal de seguridade social), Xosé Manuelsánchez aguión (secretario xeral de ccoo) e adela Poisa (secretaria de seguridade socia)
Número 17 - mArzo 2011 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
www.galicia.ccoo.es
A agrupación comarcal de Pensio-
nistas e Xubilados de CCOO de Ferrol
organizou o pasado día 24 unha nova
charla dentro do ciclo ‘Envellecemento
Activo e Saudable’. Nesta ocasión, a
temática versou sobre a lei de depen-
dencia.
CONTINÚA EN FERROL O CICLO
‘ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE’
Como relatora interveu María Jesús
García Raposo, axente de emprego do
Sindicato Nacional de CCOO. Presen-
tou e moderou Mario Rico, responsa-
ble de Política Social da Federación de
Pensionistas e Xubilados de CCOO de
Galicia.
a agrupación de Pensionistas e Xubilados de ccoo de Ferrol organiza este ciclo
n Eleccións sindicais. CCOOgañou as eleccións sindicaisen Adolfo Domínguez e naConsellaría de Cultura eTurismo. En ambos os douscasos logrou case a metadedo total de delegados edelegadas en xogo.
n Folga de ambulancias. OSector do Transporte de CCOO,de acordo con outras orga-nizacións, convocou folga dasambulancias para o 27 de abrildebido á negativa da Xunta anegociar as repercusións da Leido transporte sanitario de Galicia.
n Desconvocada a folga enAENA. A maioría do persoal deAENA aprobou o preacordo,negociado por CCOO e outrasorganizacións, polo que sedesconvocaron as diferentesxornadas de folga previstas nosaeroportos españois.
OUTRAS NOTICIAS QUE PODES LER EN WWW.GALICIA.CCOO.ES
CCOO segue insistindo en que o prin-
cipal problema de Galicia é o crece-
mento constante do paro, que durante
febreiro ascendeu en 2.448 persoas
máis en Galicia, situándose case en
250.000.
O sindicato reclámalles aos Executi-
vos estatal e autonómico outras políti-
cas «para frear a sangría da destrución
de emprego» e contribuír á súa crea-
ción. Para CCOO, «urxe» reformar o sis-
tema financeiro para que o crédito che-
gue ás empresas e ás familias, e a
política fiscal para xerar maiores ingre-
sos para investimentos públicos que
reactiven a actividade económica.
Canto á Xunta, pídelle botar man da
súa capacidade de endebedamento. Por
último, e un mes máis, Comisións de-
nuncia que a reforma laboral non serviu
para crear emprego e só se traduce en
precariedade e perda de dereitos.
CCOO RECLAMA OUTRASPOLÍTICAS PARA
COMBATER O PARO