2
Por que estudar na USC? A Universidade de Santiago de Compostela (USC) destaca pola súa excelencia, situándose entre as 500 mellores universidades do mundo no Academic Ranking of World Universities 2018 (ránking de Shangai), mérito que só comparten dez universidades en España. Por que estudar na Facultade de Administración e Dirección de Empresas? A Facultade de Administración e Dirección de Empresas ofrece unha ensinanza personalizada e cun seguimento continuo do alumno/a. Para o desenvolvemento da docencia a Facultade de ADE conta cun edificio moderno, funcional e adaptado a persoas con discapacidade. Dispón das infraestruturas e das tecnoloxías necesarias para o ensino/aprendizaxe no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). O acceso a internet, fixo ou por Wifi, está dispoñible en todo o centro. Por que cursar o Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)? Trátase dun Grao con excelentes saídas profesionais, tanto no ámbito privado coma no público. A titulación de Graduado en Administración e Dirección de Empresas é unha das máis solicitadas polo tecido empresarial, e o que é mais importante, conta cunhas taxas de inserción laboral moi elevadas. Así, tradicionalmente ocupan os primeiros postos nos diferentes ránkings elaborados por diferentes organizacións e institucións en relación ao perfil universitario máis demandado polas empresas. Por exemplo, é a titulación máis demandada polo tecido empresarial en España, cunha porcentaxe no 2018 do 9% das ofertas que especifican unha titulación universitaria segundo o ranking elaborado por Spring Professional (Grupo Adecco 1 ). Cales son os obxectivos do Grao en ADE? O Grao en ADE ten como obxectivo formar profesionais con profundos coñecementos teóricos e prácticos, capaces de crear empresas, desempeñar postos de xestión, administración, asesoramento e avaliación de todo tipo de empresas ou desenvolver a súa actividade profesional nos corpos técnicos de todo tipo de administracións públicas. O Grao permite obter as habilidades necesarias para desempeñar estas labores no ámbito xeral da empresa e nas súas áreas funcionais: administración, finanzas, recursos humanos, comercial/marketing, contabilidade, loxística ou produción. 1 hhttps://iestatic.net/infoempleo/documentacion/Resumen-Ejecutivo- Informe-Infoempleo-Adecco-2018.pdf Máis información Facultade de Administración e Dirección de Empresas Avda. Alfonso X O Sabio s/n, 27002 LUGO Teléfonos: 982824430 (Conserx.) e 982824403 (Secret. Dec.) http://www.usc.es/gl/centros/empresas/ Grao en Administración e Dirección de Empresas Facultade de Administración e Dirección de Empresas Lugo Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Grao en Administración e Dirección de Empresas Facultade ... · está dispoñible en todo o centro. Por que cursar o Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)? Trátase

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Grao en Administración e Dirección de Empresas Facultade ... · está dispoñible en todo o centro. Por que cursar o Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)? Trátase

Por que estudar na USC? A Universidade de Santiago de Compostela (USC) destaca pola súa excelencia, situándose entre as 500 mellores universidades do mundo no Academic Ranking of World Universities 2018 (ránking de Shangai), mérito que só comparten dez universidades en España.

Por que estudar na Facultade de Administración e Dirección de Empresas?

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas ofrece unha ensinanza personalizada e cun seguimento continuo do alumno/a. Para o desenvolvemento da docencia a Facultade de ADE conta cun edificio moderno, funcional e adaptado a persoas con discapacidade. Dispón das infraestruturas e das tecnoloxías necesarias para o ensino/aprendizaxe no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). O acceso a internet, fixo ou por Wifi, está dispoñible en todo o centro.

Por que cursar o Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)?

Trátase dun Grao con excelentes saídas profesionais, tanto no ámbito privado coma no público. A titulación de Graduado en Administración e Dirección de Empresas é unha das máis solicitadas polo tecido empresarial, e o que é mais importante, conta cunhas taxas de inserción laboral moi elevadas. Así, tradicionalmente ocupan os primeiros postos nos diferentes ránkings elaborados por diferentes organizacións e institucións en relación ao perfil universitario máis demandado polas empresas. Por exemplo, é a titulación máis demandada polo tecido empresarial en España, cunha porcentaxe no 2018 do 9% das ofertas que especifican unha titulación universitaria segundo o ranking elaborado por Spring Professional (Grupo Adecco1).

Cales son os obxectivos do Grao en ADE? O Grao en ADE ten como obxectivo formar profesionais con profundos coñecementos teóricos e prácticos, capaces de crear empresas, desempeñar postos de xestión, administración, asesoramento e avaliación de todo tipo de empresas ou desenvolver a súa actividade profesional nos corpos técnicos de todo tipo de administracións públicas. O Grao permite obter as habilidades necesarias para desempeñar estas labores no ámbito xeral da empresa e nas súas áreas funcionais: administración, finanzas, recursos humanos, comercial/marketing, contabilidade, loxística ou produción.

1 hhttps://iestatic.net/infoempleo/documentacion/Resumen-Ejecutivo-Informe-Infoempleo-Adecco-2018.pdf

Máis información Facultade de Administración e

Dirección de Empresas Avda. Alfonso X O Sabio s/n, 27002

LUGO Teléfonos: 982824430 (Conserx.) e

982824403 (Secret. Dec.) http://www.usc.es/gl/centros/empresas/

Grao en Administración e Dirección de Empresas

Facultade de

Administración e Dirección de Empresas

Lugo

Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Page 2: Grao en Administración e Dirección de Empresas Facultade ... · está dispoñible en todo o centro. Por que cursar o Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)? Trátase

Cales son as saídas profesionais dun graduado/a en ADE?

Tendo en conta a gran versatilidade desta titulación, os graduados/as en ADE están capacitados para acceder a postos de traballo de responsabilidade media ou alta en diferentes ámbitos do mercado laboral. Entre as saídas máis habituais encóntranse: • Postos de responsabilidade na xestión xeral de empresas

pertencentes a calquera sector da actividade económica e en áreas relacionadas con: finanzas, márketing, contabilidade, vendas, recursos humanos, comercio internacional, administración, fiscalidade, comunicación, investigación de mercados, etc.

• Crear e dirixir a súa propia empresa. • Exercicio libre da profesión no campo da consultoría de

xestión, auditoría de contas, asesoría fiscal e contable, analista de inversións, etc.

• Acceso á función pública en postos técnicos da Administración do Estado, Comunidades Autónomas ou Corporacións Locais, como: inspectores ou subinspectores de facenda, intervención e tesourería, inspectores de traballo, postos técnicos da administración xeral, entre outros.

• Profesores de ensinanza media, formación profesional ou universidade, así como de centros de formación.

Ademais destas saídas profesionais, os graduados/as poden continuar a súa formación nesta Facultade cursando o Máster Universitario en Dirección de Empresas.

Colaboracións e Prácticas Externas

A Facultade de ADE leva a cabo diversas actividades de colaboración con empresas e institucións como xornadas, conferencias, visitas a empresas, etc. que permiten ao alumno ter un contacto máis directo coa realidade empresarial. As prácticas externas constitúen unha alternativa curricular optativa por medio da cal o alumnado, ao tempo que obteñen 6 créditos ECTS (150 horas), consigue unha formación íntegra mediante a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos na titulación, facilitándolles a oportunidade de incorporarse ao mundo laboral cun mínimo de experiencia profesional. Ademais o alumnado poderá realizar prácticas académicas externas extracurriculares, que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación do alumnado de grao e que non forman parte do seu plan de estudos.

Que aprenderei? Ao finalizar os seus estudos os graduados/as en Administración e Dirección de Empresas, coñecerán o funcionamento das empresas e das súas áreas funcionais. Este coñecemento capacitaraos para utilizar de maneira profesional os conceptos e as técnicas de carácter económico e empresarial necesarios para identificar oportunidades, definir obxectivos, asignar recursos eficientemente, motivar as persoas, tomar decisións adecuadas

ao contorno económico e contribuír a mellorar o funcionamento e os resultados das empresas.

Como aprenderei? A metodoloxía docente combina o rigor das exposicións teóricas (clases expositivas) coa realización de actividades prácticas (clases interactivas), sempre apoiándose no uso das novas tecnoloxías e na utilización do campus virtual.

Que materias cursarei? O grao en Administración e Dirección de Empresas ten 240 créditos ECTS distribuídos en catro cursos académicos, cada un dos cales divídese a súa vez en dous semestres. No primeiro curso sitúanse as materias de formación básica (FB), en segundo e terceiro as materias obrigatorias (OB), mentres que en cuarto a maior parte das materias son optativas (OP)

TIPO DE MATERIA ECTS Formación básica 60 Obrigatorias 138 Optativas e prácticas externas 36 Traballo de fin de grao 6 Total 240

Primeiro Curso

Fundamentos de Dirección de Empresas (FB)

Principios de Economía (FB) Estrutura Económica Mundial (FB)

Historia Económica (FB) Introdución á Contabilidade (FB)

Microeconomía I (FB) Dereito da Empresa (FB)

Estatística Empresarial I (FB) Matemáticas Empresariais I (FB) Matemáticas Empresariais II (FB)

Segundo Curso

Contabilidade de Custos: Cálculo, Análise e

Control (OB) Análise das Operacións Financeiras (OB)

Macroeconomía (OB) Estatística Empresarial II (OB)

Estrutura Económica de España e de Galicia (OB) Contabilidade Financeira I (OB)

Fundamentos de Comercialización (OB) Fiscalidade Empresarial I (OB)

Política Económica (OB) Microeconomía II (OB)

Terceiro Curso

Contabilidade Financeira II (OB)

Estados Contables (OB) Fiscalidade Empresarial II (OB)

Socioloxía Económica (OB) Econometría I (OB)

Dirección Comercial (OB) Análise de Estados Financeiros (OB)

Fundamentos de Xestión de Recursos Humanos (OB) Organización da Produción (OB)

Dirección Financeira I (OB) Econometría II (OB)

Cuarto Curso

Dirección Financeira II (OB)

Investigación Comercial (OB) Estratexia Empresarial (OB)

Auditoría (OP) Comercialización de Servizos (OP)

Creación de Empresas (OP) Loxística Empresarial (OP)

Mercados e Institucións Financeiras (OP) Sistema Informativo Contable (OP)

Comercialización Internacional (OP) Comportamento e Cambio Empresarial (OP)

Contabilidade de Custos Avanzada: Información para a Toma de Decisións e Control Empresarial (OP)

Distribución Comercial (OP) Estratexia e Xestión Financeira (OP)

Xestión de Calidade (OP) Xestión Financeira Internacional (OP)

Investimentos Financeiros (OP) Planificación Fiscal (OP)

Promoción Comercial (OP) Traballo Fin de Grao (OB)

Programas de intercambio

Unha estancia de estudos noutra Universidade constitúe por si mesma unha experiencia sumamente positiva, tanto desde o punto de vista académico como de enriquecemento persoal. Neste senso, o alumnado da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, durante a súa formación pode participar nos programas de mobilidade e intercambio estudantil ERASMUS (universidades europeas), SICUE (universidades españolas) ou a través de convenios bilaterais con universidades de América Latina, Estados Unidos, Australia, Canadá, China, Xapón e Corea do Sur.