31
1 GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN ÁS PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA QUINTO BORRADOR 04-07-2007

GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

1

GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA

PERSOAL E ATENCIÓN ÁS PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

QUINTO BORRADOR

04-07-2007

Page 2: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

2

QUE É AUTONOMÍA? É a capacidade percibida de controlar, afrontar e tomar, por propia iniciativa, decisións persoais sobre como vivir de acor-do coas normas e preferencias propias, así como a capacida-de de desenvolver as actividades básicas da vida diaria. QUE É DEPENDENCIA? O estado de carácter permanente no que se encontran as persoas que, por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade e ligadas á falta ou á perda de autonomía físi-ca, mental, intelectual ou sensorial, precisan a atención doutra ou doutras persoas ou axudas importantes para realizar as actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a súa autonomía persoal. En consecuencia, deben darse tres circunstancias para que unha persoa se encontre en situación de dependencia: � A existencia dunha limitación (física, intelectual ou

sensorial) que mingua determinadas capacidades da persoa.

� A incapacidade da persoa para realizar por si mesma as actividades da vida diaria.

� A necesidade de asistencia por parte dunha terceira persoa.

A dependencia pode afectar calquera persoa, sexa cal sexa a súa idade, malia, coa idade, aumentaren os problemas de saúde e, con eles, as posibilidades de atoparse en situación de dependencia.

DEFINICIÓNS DOS TERMOS

ESTABLECIDOS NA LEI

Page 3: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

3

QUE SON AS ACTIVIDADES BÁSICAS DA VIDA DIARIA (ABVD)? Son as tarefas máis elementais da persoa que lle permiten desenvolverse cun mínimo de autonomía e independencia, tales como : � O coidado persoal: asearse, lavarse e coidar o aspecto

persoal; controlar as necesidades de micción e defeca-ción e utilizar o servizo; vestirse; comer e beber.

� As actividades domésticas básicas: realizar as com-pras e controlar as subministracións e servizos; ocuparse das comidas, limpeza, lavado e pasado de roupa; man-temento da casa.

� A mobilidade esencial: cambiar e manter diversas po-sicións do corpo; erguerse, deitarse, permanecer de pé ou sentado; desprazarse dentro do fogar; desprazarse polo contorno; desprazarse por distintos lugares.

� As funcións básicas de tipo mental/intelectual: reco-ñecer persoas e obxectos; orientarse; entender e execu-tar ordes e tarefas sinxelas.

A maior ou menor dificultade para realizar estas actividades require a atención dos servizos sociais, pero só a imposibili-dade ou grave dificultade para realizar aquelas que se consideren básicas levará consigo o recoñecemento d o dereito á prestación por dependencia. QUE SON AS NECESIDADES DE APOIO PARA A AUTO-NOMÍA PERSOAL? As que requiren as persoas que teñen discapacidade intelec-tual ou mental para facer efectivo un grao satisfactorio de au-tonomía persoal no seo da comunidade.

QUE SON OS COIDADOS NON PROFESIONAIS? A atención prestada a persoas en situación de dependencia no seu domicilio por persoas da familia ou do seu contorno non vinculadas a un servizo de atención profesionalizada. QUE SON OS COIDADOS PROFESIONAIS? A atención prestada por unha institución pública ou entidade, con e sen ánimo de lucro, ou profesional autónomo entre cu-xas finalidades se encontre a prestación de servizos a perso-as en situación de dependencia, xa sexan no seu fogar ou nun centro. QUE É O ASISTENTE PERSOAL? QUE DIFERENZA HAI ENTRE A ASISTENCIA PERSOAL E A AXUDA A DOMICI-LIO? O asistente persoal é unha figura de apoio á autonomía das persoas con discapacidade baseada no desexo e o dereito das persoas con restricións de participar no control da súa propia vida e de vivila coa dignidade que leva consigo estar en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. O asistente persoal é unha persoa que axuda a outra a de-senvolver a súa vida, para o que realiza ou axuda a realizar tarefas da vida diaria da outra persoa que, pola súa situación de dependencia, non pode realizar por si mesma. O asistente persoal acompaña a persoa para realizar as tare-fas que esta lle indica e cando lle indica, e convértese deste xeito nos seus brazos, ollos, oídos, etc. Na axuda no fogar o/a auxiliar que presta os servizos no domicilio da persoa pode ter asignados distintos tipos de tarefas como coidados persoais, domésticos, atencións psicosociais...

Page 4: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

4

QUE FALTA POR DESENVOLVER PARA PODER TRAMI-TAR AS SOLICITUDES DE PRESTACIÓNS? O Goberno deberá regular, mediante real decreto, polo menos os seguintes aspectos antes de que sexa posible a tramita-ción do acceso ás prestacións: � Convenios entre a Administración xeral do Estado e

cada unha das comunidades autónomas , que esta-blecerán o marco concreto de cooperación interadminis-trativa. Tamén acordarán obxectivos, medios e recursos para a aplicación dos diversos servizos e prestacións contidos na lei, así como o financiamento que lle corres-ponde a cada administración, entre outras cuestións.

� Aprobación, unha vez escoitado o Consello Territo-rial do SAAD, de:

O copagamento das prestacións que se solici-tan , que se establecerán en función da capacidade económica da persoa con dependencia, que debe determinarse regulamentariamente.

Condicións de acceso ás distintas prestacións . O marco de cooperación interadministrativa, que

se desenvolverá mediante os correspondentes con-venios entre a Administración xeral do Estado e ca-da unha das comunidades autónomas.

Convenios entre a Administración xeral do Es-tado e as comunidades autónomas, que estable-zan o financiamento que lle corresponda a cada Administración e recollan criterios de repartimento segundo os indicadores que se establezan.

Sistema de información e comunicación recí-proca que garanta a dispoñibilidade de información e a comunicación entre as administracións públicas.

IMPLANTACIÓN DO SIS-TEMA PARA A AUTO-NOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA (SAAD)

Page 5: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

5

Acordos específicos entre a Administración xe-ral do Estado e cada comunidade autónoma pa-ra a concesión de axudas económicas, co fin de fa-cilitar a autonomía persoal a través de axudas téc-nicas ou adaptación do fogar.

A PARTIR DE QUE DATA PODE SOLICITARSE A VA-LORACIÓN DO GRAO E NIVEL DA SITUACIÓN DE DE-PENDENCIA? Desde o día 7 de maio admítense solicitudes conforme ao modelo provisional que se pode descargar en diferentes páxinas web da Vicepresidencia así como nas Delega-cións Provinciais da Vicepresidencia e nos puntos de in-formación habilitados. COMO SE MEDIRÁ O GRAO E NIVEL DE DEPENDEN-CIA? Segundo as pautas establecidas no instrumento de valora-ción da dependencia acordado no Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, aprobado polo Goberno do Estado mediante o R.D 504/2007, do 21 de abril. QUE CRITERIOS SE VAN UTILIZAR PARA ASIGNAR PRESTACIÓNS? Farase a través dun Plan Individual de Atención, en fun-ción do grao e nivel de dependencia (obtido trala aplica-ción do instrumento de valoración) e da situación persoal e social do beneficiario.

CALES SERÁN OS REQUISITOS E CONDICIÓNS DE ACESO ÁS PRESTACIÓNS ECONÓMICAS? Farase a través do Plan Individual de Atención, en función do grao e nivel de dependencia (que se obtén trala aplica-ción do instrumento de valoración). COMO SE DETERMINARÁ A CONTÍA DAS PRESTA-CIÓNS ECONÓMICAS? Establecerase polo Goberno mediante Real Decreto, pre-vio acordo do Consello Territorial para os graos e niveis con dereito a prestacións, actualizandose segundo o IPC anual. Para o ano 2007 as contías máximas das prestacións eco-nómicas correspondentes ao grao III están recollidas no Anexo II do R.D. 272/2007 de 8 de xuño. Aplicarase a contía vixente para cada ano un coeficiente reductor segundo a capacidade económica do beneficiario, dacordo co establecido pola comunidade autónoma e ten-do en conta o que se acorde no Consello Territorial.

Page 6: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

6

2008

2008

2009

2009

2011

2011

2013

2013

2015

2015

Constitución Consello Territorial del sistema Nacional de Dependencia-------------------------Prazo máximo de 3 meses(antes do 1 de abril do 2007) ¿ 22/1/07?

Constitución Consello Territorial del sistema Nacional de Dependencia-------------------------Prazo máximo de 3 meses(antes do 1 de abril do 2007) ¿ 22/1/07?

Contido prestacional +Baremo Valoración grados, niveis dependencia+Réxime SS dos coidadores...-------------------------Aprobación por RD

Contido prestacional +Baremo Valoración grados, niveis dependencia+Réxime SS dos coidadores...-------------------------Aprobación por RD

GRADO IIDependencia Severa,NIVEL 2

GRADO IIDependencia Severa,NIVEL 2

GRADO IDependencia Moderada,NIVEL 2

GRADO IDependencia Moderada,NIVEL 2

GRADO IDependencia ModeradaNIVEL 1

GRADO IDependencia ModeradaNIVEL 1GRADO III Gran

Dependencia, NIVEL 2 e 1GRADO III Gran Dependencia, NIVEL 2 e 1

GRADO II Dependencia Severa, NIVEL 1

GRADO II Dependencia Severa, NIVEL 1

Entrada en vigor Lei de Promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependenciaXANEIRO-2007

Entrada en vigor Lei de Promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependenciaXANEIRO-2007

COMISÓNS DE TRABALLO para o Calendario desenvolvemento previsións da lei:

• Regulamentos do Consello Territorial e Consello Consultivo

COMISÓNS DE TRABALLO para o Calendario desenvolvemento previsións da lei:

• Regulamentos do Consello Territorial e Consello Consultivo

Avaliación (Consello Territorial)

Posibles modificacións en Implantación

Avaliación (Consello Territorial)

Posibles modificacións en Implantación

2007

2007

Abril-2007¿Comezará a atención?Abril-2007¿Comezará a atención?

Page 7: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

7

3 meses

CONSELLO TERRITORIAL

Publicado por Real Decreto

INICIO DE VALORACIÓN DA SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

PREVISIÓNS DE IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

Baremo , instrumento de valoración e características dos órgaos de v a-loración

Mecanismos de coordinación para o caso de pe rsoas desp razadas en s i-tuación de dependencia

Crite rios comúns de actuación e avali ación do sistema

Plans, proxectos e programas conxuntos coas CCAA

Criterios de participación do beneficiario no c usto dos servizos

Condicións e con tía das prestacións económicas

CONSELLO PREPARATORIO

COMISIÓNS DE TRABALLO

ENTRADA EN VIGOR DA LEI (01-01-07)

Page 8: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

8

QUEN PODE BENEFICIARSE DESTA LEI?

1. Terán dereito á protección da lei os españois que cum-pran os seguintes requisitos:

� Encontrarse en situación de dependencia nalgún

dos graos establecidos. � Residir no territorio español durante, polo menos,

cinco anos, dos cales dous deberán ser inmedia-tamente anteriores á data de presentación da soli-citude.

� Menores de 3 anos: o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia atenderá, sen prexuízo dos servizos establecidos en educación e sanida-de, as necesidades de axuda a domicilio e, se é o caso, prestacións económicas vinculadas a prol dos menores de tres anos que presenten graves discapacidades (disposición adicional 13).

2. As persoas que, malia reuniren os requisitos anteriores,

carezan de nacionalidade española rexeranse polo esta-blecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos con-venios que se estableza no país de orixe.

3. O Goberno poderá establecer medidas de protección a

prol dos españois non residentes en España.

4. O Goberno establecerá, logo de acordo do Consello Terri-torial do Sistema para a Autonomía e Atención á Depen-dencia, as condicións de acceso dos emigrantes españois retornados.

BENEFICIARIOS DO SISTEMA PARA A AUTO-

NOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

Page 9: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

9

CÓMO SE VAI REALIZAR A VALORACIÓN DA SITUACIÓN DE DEPENDENCIA E CAL VAI SER O BAREMO? A valoración do grao e niveis de dependencia efectuarase me-diante a aplicación dun baremo de carácter estatal acordado no Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia e aprobado polo Goberno mediante Real Decreto (R.D.504/2007, 21 de abril). O recoñecemento do dereito expedirao a Comunidade Autónoma correspondente e terá validez en todo o Estado español. Para a valoración das persoas en situación de dependencia, uti-lizaranse graos de dependencia nos que se estimará a cantidade e tipo de axuda que se necesita doutra persoa. Establécense tres graos de dependencia: � Grao I. Dependencia moderada: cando a persoa necesita

axuda para realizar varias actividades básicas da vida dia-ria, polo menos, unha vez ao día ou ten necesidades de apoio intermitente ou limitado para a súa autonomía funcio-nal.

� Grao II. Dependencia severa: cando a persoa precisa

axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día, pero non quere o apoio perma-nente dun coidador ou ten necesidades de apoio extenso para a autonomía funcional.

� Grao III. Gran dependencia: cando a persoa precisa axuda

para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola súa perda total de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial precisa do coidado indis-pensable e continuo doutra persoa ou ten necesidade de apoio xeneralizado para a súa autonomía funcional.

VALORACIÓN E GRAOS

DE DEPENDENCIA

Page 10: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

10

Cada un dos tres graos de dependencia clasificarase en dous niveis en función da autonomía das persoas e da intensidade do coidado que require. Para facer efectivas as prestacións recoñecidas á persoa en si-tuación de dependencia, os servizos sociais que determinen as comunidades autónomas establecerán un programa individual de atención para determinar os servizos e as modalidades de intervención máis axeitadas ás súas necesidades. PODE SER REVISADO O GRAO OU NIVEL DE DEPENDEN-CIA? O grao ou nivel de dependencia dunha persoa pode revisarse por instancia do interesado, do seu representante ou, de oficio, polo órgano competente da comunidade autónoma correspon-dente, por algunha das seguintes causas: � Melloría ou empeoramento da situación de dependencia. � Variación dos requisitos establecidos para o seu recoñece-

mento. � Incumprimento das obrigas da lei.

COMO SE APLICARÁ A LEI NO TEMPO? A efectividade do dereito ás prestacións exercitarase de forma progresiva, da seguinte forma:

• PRIMEIRO ANO: valorados en grao III, gran de-pendencia, en ambos os niveis.

• SEGUNDO E TERCEIRO ANO: valorados en grao II, dependencia severa, nivel 2

• TERCEIRO E CUARTO ANO: valorados en grao II, dependencia severa, nivel 1.

• QUINTO E SEXTO ANO: valorados en grao I, de-pendencia moderada, nivel 2.

• SÉTIMO E OITAVO ANO: valorados en grao I, de-pendencia moderada, nivel 1.

Page 11: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

11

CALES SON OS SERVIZOS E PRESTACIÓNS DO SISTEMA PARA A AUTONOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA? Sempre que sexa posible, o sistema priorizará a prestación de servizos fronte ás prestacións económicas, e ambas as dúas son incompatibles entre si, salvo a teleasistencia para as persoas que non viven en residencia. Servizos: � Prevención de situacións de dependencia � Teleasistencia � Servizo de axuda no fogar :

atención das necesidades do fogar coidados persoais

� Servizo de centro de día e de noite: centro de día para maiores centro de día para menores de 65 anos centro de día de atención especializada

� Servizo de centro residencial: residencia de maiores en situación de dependencia centros de atención a persoas en situación de depen-

dencia en razón de distintos tipos de discapacidade As prestacións económicas utilizaranse: � Para a adquisición dun servizo : para a adquisición dun

servizo de atención e coidado, que estando determinado no PIA, non fora posible acceder ao mesmo, sexa de carácter público ou concertado.

� Para coidados no medio familiar : sempre que se dean as condicións axeitadas por circunstancias familiares, habitabi-lidade e idoneidade da vivenda e outras, que serán tecni-camente valoradas para que, de forma excepcional, a per-soa beneficiaria poida ser atendida no seu contorno familiar e o seu coidador reciba unha compensación económica.

SERVIZOS E PRESTACIÓNS DO SAAD

Page 12: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

12

Para isto deberá cumprir co establecido nas normas sobre afiliación, alta e cotización na Seguridade Social con res-pecto a esta actividade.

� Para a contratación de asistencia persoal: o obxectivo é contribuír á contratación dunha persoa que preste atención personalizada durante un número de horas e que lle facilite ao beneficiario unha vida máis autónoma, o acceso á edu-cación, ao traballo e o exercicio das actividades básicas da vida diaria. Logo de acordo do Consello Territorial do Sis-tema para a Autonomía e Atención á Dependencia, estable-ceranse as condicións específicas de acceso a esta presta-ción.

� Existirán, ademais, axudas económicas destinadas a: adquisición de axudas técnicas para a autonomía per-

soal eliminación de barreiras arquitectónicas para facilitar a

accesibilidade do fogar. QUE ATENCIÓNS ESPECÍFICAS CONTEMPLA A LEI PARA OS MENORES DE 3 ANOS? Segundo o Plan Individual de Atención correspondente poderán acceder a:

� Axuda a domicilio � Prestación económica vinculada ao servizo � Prestación económica para coidados no medio familiar e

apoio a coidadores non profesionais DEBEN PARTICIPAR OS BENEFICIARIOS NO CUSTO DAS PRESTACIÓNS? Os beneficiarios das prestacións de dependencia participarán no seu financiamento segundo o tipo e o custo do servizo e a súa capacidade económica. Ningunha persoa deixará de recibir atención por falta de recursos.

COMO ESTÁ REGULADA A SEGURIDADE SOCIAL DOS COIDADORES NON PROFESIONAIS DO MEDIO FAMILIAR DA PERSOA EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA? Segundo o R.D. 615/2007, de 11 de maio, poderán asumir a condición de coidadores non profesionais dunha persoa en si-tuación de dependencia:

- o seu cónxuxe - os seus parentes por consanguinidade, afinidade ou

adopción, ata o 3º grao de parentesto - excepcionalmente unha persoa do seu entorno.

Os coidadores non profesionais suscribirán un convenio especial cuxa base mensual de cotización, as obrigas e excep-cionalidades están recollidas no R.D 615/2007.

Page 13: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

13

SON INCOMPATIBLES OS SERVIZOS ENTRE SÍ? Segundo o artigo 11 do R.D. 727/2007 de 8 de xuño, sobre crite-rios para determinar as intensidades de protección dos servizos e a contía das prestacións económicas, o servizo de atención residencial permanente será incompatible co: servizo de teleasis-tencia, servizo de axuda no fogar e co centro de noite. Nos de-mais servizos se estará ao disposto na normativa das Comuni-dades Autónomas. AS PRESTACIÓNS ECONÓMICAS DE ATENCIÓN Á DEPEN-DENCIA SON INCOMPATIBLES CON OUTRAS? Segundo o artigo 31 da lei, deducirase calquera outra prestación de análoga natureza e, en particular, o complemento de grande invalidez, o complemento da asignación económica por fillo a cargo maior de 18 anos cun grao de minusvalía igual ou superior ao 75 %, o complemento de necesidade doutra persoa da PNC de invalidez e o subsidio de axuda a terceira persoa da LISMI. EN QUE CONSISTE A MODIFICACIÓN DAS PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS QUE APARECE NA DISPOSICIÓN ADICIO-NAL DÉCIMO SEXTA? A dita disposición establece que a PNC é compatible coas ren-das ou ingresos anuais dos que dispoña o beneficiario sempre que estes non excedan o 25% do importe anual da PNC. Se os ingresos superan ese 25%, reducirase a contía da PNC.

INCOMPATIBILIDADES

Page 14: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

14

Exemplo: Beneficiario con PNC anual de 4.000 euros 25% desa PNC: 1.000 euros/anuais Se o beneficiario ten 800 euros anuais de ingresos económicos (non supera o 25% do importe anual da PNC), estes non compu-tan, é dicir, non se reducirá o importe da PNC. Se ese beneficiario ten 1.200 euros anuais de ingresos económi-cos, o importe da súa PNC reduciríase 200 euros/ano e cobraría 3.800 euros anuais de PNC.

Page 15: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

15

A LEI EN ESQUEMAS

Page 16: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

16

Page 17: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

17

XUNTA DE GALICIAXUNTA DE GALICIAXUNTA DE GALICIAXUNTA DE GALICIA

VICEPRESIDENCIA VICEPRESIDENCIA VICEPRESIDENCIA VICEPRESIDENCIA

DA IGUALDADE E DO BENESTARDA IGUALDADE E DO BENESTARDA IGUALDADE E DO BENESTARDA IGUALDADE E DO BENESTARVALORACIÓN DA SITUACIÓNDE DEPENDENCIA (art. 27)

VALORACIVALORACIÓÓN DA SITUACIN DA SITUACIÓÓNNDE DEPENDENCIA DE DEPENDENCIA (art. 27)

GRAOS DE DEPENDENCIA(art. 26)

GRAOS DE DEPENDENCIAGRAOS DE DEPENDENCIA(art. 26)

DEPENDENCIA MODERADA (Grao I)� nivel 2 (40-49)� nivel 1( 25-39)

Necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria, ao menos unha vez ao día o ten necesidade de apoio intermitente ou limitado para a súa autonomía persoal).

DEPENDENCIA MODERADA (Grao I)DEPENDENCIA MODERADA (Grao I)�� nivel 2 (40nivel 2 (40 --49)49)�� nivel 1( 25nivel 1( 25 --39)39)

Necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria, ao menos unha vez ao día o ten necesidade de apoio intermitente ou limitado para a súa autonomía persoal).

DEPENDENCIA SEVERA (Grao II)� nivel 2(65-74)� nivel 1(50-64)

Necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día, pero non require o apoio permanente de un coidador ou ten necesidade de apoio extenso para a súa autonomía persoal.

DEPENDENCIA SEVERA (Grao II)DEPENDENCIA SEVERA (Grao II)�� nivel 2(65nivel 2(65 --74)74)�� nivel 1(50nivel 1(50 --64)64)

Necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día, pero non require o apoio permanente de un coidador ou ten necesidade de apoio extenso para a súa autonomía persoal.

GRAN DEPENDENCIA (Grao III)� Nivel 2 (90-100)� Nivel 1 (75-89)

Necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola súa perda total de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial necesita o apoio indispensable e continúo de outra persoa ou ten necesidades de apoio xeneralizado para a súa autonomía persoal.

GRAN DEPENDENCIA (Grao III)GRAN DEPENDENCIA (Grao III)�� Nivel 2 (90Nivel 2 (90 --100)100)�� Nivel 1 (75Nivel 1 (75 --89)89)

Necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola súa perda total de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial necesita o apoio indispensable e continúo de outra persoa ou ten necesidades de apoio xeneralizado para a súa autonomía persoal.

As Comunidades Autónomas determinan os órganos de valoración:

�Grao e nivel de dependencia�PIA (art. 29).

As Comunidades AutComunidades Aut óó nomasnomas determinan os órganos de valoración:

�Grao e nivel de dependencia�PIA (art. 29).

O baremo acordado no Consello Territorial do SAAD aprobouse mediante RD 504/2007,do 20 de abril. Ten como referentes a CIF.

O baremo acordado no Consello Territorial do SAAD Consello Territorial do SAAD aprobouse mediante RD 504/2007,do 20 de abril. Ten como referentes a CIF.

O baremo establecerá:� Criterios de valoración grao de autonomía e capacidade así como a necesidade de apoio e supervisión en DI/EM/Alt. Perceptivo-cognitivas�BVD, determina grao e nivel >3 anos�EVE específico , determina grao <0-36 meses � Intervalos de puntuación para cada un dos graos e niveis de dependencia.

O baremo establecerO baremo establecer áá::� Criterios de valoración grao de autonomía e capacidade así como a necesidade de apoio e supervisión en DI/EM/Alt. Perceptivo-cognitivas�BVD, determina grao e nivel >3 anos�EVE específico , determina grao <0-36 meses � Intervalos de puntuación para cada un dos graos e niveis de dependencia.

A valoración realizarase tendo en conta:� Informes sobre a saúde� Entorno no que vive�Axudas técnicas� Órteses e próteses�O informe social constitúe un elemento imprescindible para o PIA

A valoraciA valoraci óó nn realizarase tendo en conta:� Informes sobre a saúde� Entorno no que vive�Axudas técnicas� Órteses e próteses�O informe social constitúe un elemento imprescindible para o PIA

SEN GRAODependencia lixeira ou autonomía (-25)

Unidadede Coordinación da Dependencia

Page 18: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

18

� CONDICIÓNS DE SAÚDE (Informe perceptivo)

� Diagnóstico das principais enfermidades, trastornos, ou outras condicións de saúde

� Clase de deficiencias (osteoarticulares,visuais,neuromusculares, mentais, etc.)

� Deficiencias que poden se rehabilitadaspor medio de fisioterapia ou terapia ocupacionalcon menos de 6 meses de evolución

���� Grao de deterioro das funcións cognitivas���� Padece alteracións do comportamento

� CONDICIÓNS DE SAÚDE (Informe perceptivo)

� Diagnóstico das principais enfermidades, trastornos, ou outras condicións de saúde

� Clase de deficiencias (osteoarticulares,visuais,neuromusculares, mentais, etc.)

� Deficiencias que poden se rehabilitadaspor medio de fisioterapia ou terapia ocupacionalcon menos de 6 meses de evolución

���� Grao de deterioro das funcións cognitivas���� Padece alteracións do comportamento

A valoración farase tendo en conta os informes de saú de da persoae sobre o entorno no que vive (art. 27- 4)A valoraciA valoraci óón farase tendo en conta os informes de san farase tendo en conta os informes de sa úúde da persoade da persoae sobre o entorno no que vive e sobre o entorno no que vive (art. 27- 4)

� Información social complementaria:factores contextuais ( ambientais e persoais)

� Información social complementaria:factores contextuais ( ambientais e persoais)

Page 19: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

19

Page 20: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

20

Page 21: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

21

2 TIPOS DE PRESTACIÓNS

� En SERVIZOS

� En METÁLICO

AXUDAS TÉCNICAS

� Adquisición de axudas técnicas para a autonomía per soal

� Eliminación de barreiras arquitectónicas e accesibi lidade do fogar

CARACTERÍSTICA BÁSICA DO MODELO DE PRESTACIÓNS

� Sistema público con prestacións universais e partic ipación de to-das as administracións públicas

� Carácter prioritario das prestacións en SERVIZOS

� Excepcionalmente, prestacións ECONÓMICAS (prestació n substi-tutoria) � Vinculadas a un servizo (cheque servizo) � Dirixidas a coidadores “non profesionais” (familiar es, asis-

tente persoal)

� Participación dos beneficiarios no seu financiament o (copaga-mento)

MMOODDEELLOO DDEE PPRREESSTTAACCIIÓÓNNSS

Page 22: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

22

� CHEQUE SERVIZO

� Prestación vinculada á adquisición dun servizo priv ado cando a Administración non o pode propor-cionar (falta de prazas, non existir na zona, non e star concertado...)

� Considérase que teñen carácter de excepcionalidade � FAMILIARES E COIDADORES NON PROFESIONAIS

� Para atender as persoas no seu domicilio

� Estar de alta na Seguridade Social

� Prestacións consideradas excepcionais (non depende da vontade do usuario) � ASISTENCIA PERSOAL

� Para axudar a persoas en situación de gran dependen cia

� Cotizar á Seguridade Socia l

� Prestacións consideradas normais (estes usuarios teñen a posibilidade de contratar durante unhas horas unha asistencia personalizada para facilitarl les acceso á educación, traballo e ABVDS como servizo que prescriba a Administración)

PPRREESSTTAACCIIÓÓNNSS EENN MMEETTÁÁLLIICCOO

3 TIPOS DE PRESTACIÓNS PARA:

Page 23: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

23

Teleasistencia

Axuda no fogar Atención das necesidades do fogar Coidados persoais

Centro de día para maiores Centro de día para menores de 65 anos

Centro de día de atención especializada

Centro de noite

Residencia de persoas maiores en situación de dependencia

Centro de atención a persoas en situación de dependencia segundo tipos de discapacidade

Atención residencial

Centro de día e de noite

Grao III. Gran dependencia

SERVIZOS DE

ATENCIÓN

Prestación vinculada ao servizo

Prestación para coidados no medio familiar e apoio a coidadores non profesionais

Prestación de asistencia persoal

PRESTACIÓNS ECONÓMICAS

Servizos de prevención e promoción da autonomía persoal

SERVIZOS E PRESTACIÓNS POR GRAO E NIVEL DE DEPENDENCIA (R.D. 727/2007 de 8 de xuño)

Page 24: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

24

Servizos de prevención e promoción da autonomía persoal

Teleasistencia

Axuda no fogar Atención das necesidades do fogar Coidados persoais

Centro de día para maiores Centro de día para menores de 65 anos

Centro de día de atención especializada

Centro de noite

Residencia de persoas maiores en situación de dependencia

Centro de atención a persoas en situación de dependencia segundo tipos de discapacidade

Atención residencial

Centro de día e de noite

Grao II. Dependencia Severa

SERVIZOS DE

ATENCIÓN

Prestación vinculada ao servizo

Prestación para coidados no medio familiar e apoio a coidadores non profesionais

PRESTACIÓNS ECONÓMICAS

SERVIZOS E PRESTACIÓNS POR GRAO E NIVEL DE DEPENDENCIA (R.D. 727/2007 de 8 de xuño)

Page 25: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

25

Catálogo de ser-vizos

Finalidade Modalidades Intensidade de pro-tección

Servizo de Preven-ción das situacións de dependencia

Previr o agravamento do grao e nivel de dependencia

Inclúese esta atención nos programas de: teleasisitencia axuda no fogar centro de día atención residencial

Virá determinada pola Co-munidade Autónoma nos seus Plans de Prevención.

Servizo de promo-ción da autonomía persoal

Desenvolver e manter a ca-pacidade persoal de contro-lar, afrontar e tomar deci-sións acerca de cómo vivir dacordo ás normas e prefe-rencias propias e facilitar a execución das ABVD.

1. asesoramento, orien-tación, asistencia e for-mación en tecnoloxias de apoio e adaptación para facilitar as ABVD.

2. servizos de habilitación 3. servizos de terapia

ocupacional 4. outros

Adecuaranse ás: 1. necesidades persoais

de promoción da au-tonomia.

2. infraestructura dos re-cursos

3. normativa que esta-bleza a CC.AA.

Servizo de teleasis-tencia

Atender aos beneficiarios mediante o uso de tecnolo-xias da comunicación e da información e apoio dos medios personais necesarios ante situacións de emerxen-cia, inseguridade, soedade e aillamento, favorecendo a permanencia no seu medio.

Segundo ao disposto no PIA conforme ás condicións es-tablecidas pola CC.AA.

INTENSIDADE DE PROTECCIÓN DOS SERVIZOS DO CATÁLOGO SEGUNDO O R.D. 727/2007 DE 8 DE XUÑO

Page 26: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

26

Servizo de axuda no fogar

Atender no domicilio da per-soa en situación de depen-dencia, as súas necesidades da vida diaria e incrementar a súa autonomía, favore-cendo a permanencia no seu domicilio.

• atención persoal na realización das AVD.

• cobertura das necesi-dades domésticas, mediante os servizos contemplados no art. 23 da lei e os que poi-da establecer a CC.AA.

En función do PIA, onde se especificará por horas de atención segundo o anexo I do R.D. 727/2007, de 8 de xuño.

Servizo de centro de día e de noite

Axustarán os servizos esta-blecidos no art. 24 da lei, ás necesidades das persoas en situación de dependencia atendidas segundo o seu grao e nivel.

O transporte adaptado de-berá garantirse cando polas condicións de mobilidade da persoa sexa necesario para a asistencia ao centro de dia ou de noite.

Estará en función dos servi-zos do centro que precise a persoa con dependencia, según estableza o seu PIA. A CC.AA. determinará os servizos e programas e ou-tras actividades dos centros para cada grao e nivel de dependencia.

Servizo de atención residencial

Atención integral, continua-da, de carácter persoal, so-cial e sanitaria, tendo en conta a natureza da depen-dencia, grao da mesma e intensidade dos coidados que precise a persoa.

1.Permanente: cando o cen-tro residencia sexa a resi-dencia habitual da persoa 2.Temporal: estancias de convalecencia ou durante vacacións, fins de semana e enfermedades ou periodos de descanso dos coidadores non profesionais.

Estará en función dos servi-zos do centro que precisa a persoa con dependencia, dacordo co seu PIA. A CC.AA determinará os servizos e programas dos centros para cada grao e nivel de dependencia. As estancias temporais, es-tarán en función da dispoñi-bilidade de plazas do SAAD en cada CC.AA. e do número de persoas atendidas me-diante coidados no entorno familiar.

Page 27: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

27

ACTIVIDADES BÁSICAS DA VIDA DIARIA (ABVD) Tarefas máis elementais da persoa que lle permiten desenvol-verse cun mínimo de autonomía e independencia tales como : � O coidado persoal: asearse, lavarse e coidar o aspecto

persoal; controlar as necesidades de micción e defecación e utilizar o servizo; vestirse; comer e beber.

� As actividades domésticas básicas: realizar as compras e controlar as subministracións e servizos; ocuparse das comidas, limpeza, lavado e pasado de roupa; mantemento da casa.

� A mobilidade esencial: cambiar e manter diversas posi-cións do corpo; erguerse, deitarse, permanecer de pé ou sentado; desprazarse dentro do fogar; desprazarse polo contorno; desprazarse por distintos lugares.

� As funcións básicas de tipo mental/intelectual: recoñe-cer persoas e obxectos; orientarse; entender e executar or-des e tarefas sinxelas.

ACTIVIDADES INSTRUMENTAIS DA VIDA DIARIA (AIVD) Actividades máis complexas que as actividades básicas da vida diaria, importantes para manter un funcionamento normal na vi-da para as que se require un nivel de autonomía persoal maior, pero non son básicas para o coidado persoal. Exemplos: telefo-nar, realizar tarefas domésticas, manexar diñeiro... DEFICIENCIA: refírese a aqueles problemas nas funcións ou estruturas corporais por unha perda, defecto ou anomalía.

GLOSARIO DA DEPENDENCIA

Page 28: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

28

DISCAPACIDADE : é definida pola OMS no 2001, na Clasifica-ción Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde (CIF), como “o termo xenérico que inclúe deficiencias, limitacións na actividades e restricións na participación. Indica os aspectos negativos da interacción entre o individuo (cunha de-terminada condición de saúde) e os seus factores contextuais”. LIMITACIÓNS NA ACTIVIDADE: son as dificultades que un in-dividuo pode ter para realizar actividades, xa sexa nun aspecto cuantitativo ou cualitativo, en comparación con outras condicións de saúde similar. PERSOA CON DÉFICIT NA ESTRUCTURA OU NA FUNCIÓN CORPORAL Substitúe ao termo deficiencia e significa que a persoa ten perda ou anormalidade dunha parte do corpo ou dunha función fisioló-xica ou mental. O termo anormalidade usase para referirse a unha desviación significativa da norma estatística. PERSOA CON LIMITACIÓNS NAS ACTIVIDADES QUE REALIZA Substitúe ao termo discapacidade e son as dificultades que un individuo pode ter na execución das actividades. As limitacións poden clasificarse en distintos graos, segundo supoñan unha desviación mais ou menos importante, en termos de cantidade ou calidade, na maneira, extensión ou intensidade en que se esperaría a execución da actividade nunha persoa sen alteración da saúde. PERSOA CON RESTRICIÓNS NA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES Substitúe ao termo minusvalía e refírese aos problemas que un individuo pode experimentar na sua implicación en situacións

vitais. A presenza de restricións na participación é determinada pola comparación da participación dun individuo coa participa-ción esperada dun individuo sen discapacidade nunha determi-nada cultura ou sociedade. FACTORES QUE INFLUEN NO CONTEXTO DA DEPENDENCIA - Facilitadores: aqueles factores no entorno dunha persoa que, cando están presentes ou ausentes, melloran o funcionamento e reducen a discapacidade. - Barreiras/obstáculos: factores no entorno dunha persoa que, cando están presentes ou ausentes, limitan o funcionamento e xeran discapacidade. PERSOA EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA O Consello de Europa define a dependencia Como “a necesi-dade de axuda ou asistencia importante para as actividades da vida cotiá” ou, de maneira máis precisa, “un estado no que se atopan as persoas que, por razóns ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, teñen necesi-dade de asistencia e/ou de axudas importantes, co fin de realizar os actos correntes da vida diaria e, en modo particular, os refe-rentes ao coidado persoal”. Todas as persoas con discapacidade non son persoas en situa-ción de dependencia, todas as persoas en situación de depen-dencia son persoas con discapacidade. DEPENDENCIA MODERADA Cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria, polo menos, unha vez ao día ou ten ne-cesidades de apoio intermitente ou limitado para a súa autono-mía funcional.

Page 29: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

29

DEPENDENCIA SEVERA Cando a persoa precisa axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día, pero non quere o apoio permanente dun coidador ou ten necesidades de apoio extenso para a autonomía funcional. GRAN DEPENDENCIA Cando a persoa precisa axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola súa perda total de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial precisa o coidado indispensable e continuo doutra persoa ou ten necesi-dade de apoio xeneralizado para a súa autonomía funcional. PRESTACIÓN ECONÓMICA DE ASISTENCIA PERSOAL Características: � Facilitar a promoción da autonomía da persoa con gran de-

pendencia. � Contribuír á contratación dunha asistencia persoal que lle

facilite ao beneficiario unha vida máis autónoma, o acceso á educación e ao traballo e o exercicio das ABVDS.

� O Consello Territorial do SAAD acordará as condicións e a contía da prestación.

PRESTACIÓN ECONÓMICA PARA COIDADOS NO MEDIO FAMILIAR E APOIO A COIDADORES NON PROFESIONAIS Características: � Carácter excepcional.

� A súa finalidade é manter o beneficiario no seu fogar, aten-dido por coidadores non profesionais, sempre que se dean condicións adecuadas de convivencia e de habitabilidade da vivenda.

� Establecerase a través do PIA. � Suxeita ao grao e nivel de dependencia e á capacidade

económica do beneficiario. � O coidador darase de alta na Seguridade Social e incorpo-

rarase a programas de formación, información e descanso. � O Consello Territorial do SAAD acordará as condicións e a

contía da prestación. PRESTACIÓN ECONÓMICA VINCULADA AO SERVIZO Características: � Persoal e periódica. � Suxeita ao grao e nivel de dependencia e capacidade eco-

nómica do beneficiario. � Destinada á cobertura dos gastos do servizo previsto no

PIA cando non sexa posible a atención por un servizo pú-blico ou concertado de atención e coidado.

� O servizo deberá prestalo unha entidade ou centro acredi-tado para a atención á dependencia.

� O Consello Territorial do SAAD acordará as condicións e contía da prestación.

PROGRAMA INDIVIDUAL DE ATENCIÓN (PIA) Programa que determinará as modalidades de intervención máis axeitadas ás súas necesidades entre os servizos e prestacións económicas previstos na resolución de valoración da persoa de-pendente.

Page 30: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

30

SISTEMA PARA A AUTONOMÍA E ATENCIÓN Á DEPEN-DENCIA (SAAD) Garantirá as condicións básicas e o contido común da lei, serve de canle para a colaboración e participación das administracións públicas, optimiza os recursos públicos e privados dispoñibles e contribúe á mellora das condicións de vida dos cidadáns.

Page 31: GUÍA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E … da Lei... · en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía. ... do en conta o que se acorde no Consello Territorial

31