16
Tema 14 Os detectives GUÍA DIDÁCTICA Orientacións didácticas Solucionario Competencias Clave - Intelixencias Múltiples Atención á diversidade – Actividades de Reforzo – Actividades de Ampliación Recursos Didácticos – Navegamos por Tiching Libro Dixital Educamos en valores Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3_Guia_T_0… · actividades: Lectura dun texto breve e identificación das operacións e das frases que aparecen

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Tema 14 Os detectives

GUÍA DIDÁCTICA

• Orientacións didácticas • Solucionario • Competencias Clave - Intelixencias Múltiples • Atención á diversidade

– Actividades de Reforzo

– Actividades de Ampliación

• Recursos Didácticos – Navegamos por Tiching

• Libro Dixital • Educamos en valores

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-2

Orientacións didácticas

■ Os nosos alumnos traballarán ao longo desta unidad eos contidos que detallamos seguidamente:

● Lectura dun texto narrativo e resolución de actividades para aprender a realizar un resumo da narración.

● Aprendizaxe do que é un enun- ciado.

● Clasificación de palabras polo seu acento.

● Aprendizaxe do que son as siglas e do seu significado.

● Redacción de noticias.

● Transmisión oral de informa- cións.

Solucións das actividades

Antes de ler

– Actividade persoal. A modo de exemplo, propomos a seguinte explicación:

Na ilustración da páxina esquer- da, os nenos protagonis-tas están sentados á beira dun río en cuxa auga flota todo tipo de lixo e de desperdicios. Os ne- nos parecen asombrados, un deles está sacando fotografías e outro toma anotacións nun caderno.

Na ilustración da páxina dereita, os nenos aparecen recollendo lixo e compartindo unha me- renda con algúns adultos que os acompañan.

– Resposta persoal. Posto que tras o primeiro parágrafo da lectura aparece un recorte de periódico, podemos deducir que o medio de comunicación que protagoniza a lectura é ese medio escrito.

1. Resposta persoal.

Actividades de reforzo 1. Faremos na clase un pequeno experimento que lles mostre aos nenos o compartamento que ten a auga au mesturarse con diferentes substancias pra que comprendan mellor as consecuencias que supón tirar lixo á auga.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

COMUNICACIÓN

LINGÜÍSTICA Interpretar e empregar diferen-tes tipos de códigos e lingua-xes.

Interpretar e expor a información que transmite a derradeira ilus-tración das que acompañan un relato. Antes de ler.

APRENDER A APRENDER Desenvolver estratexias e em-pregar diversas ferramentas para reforzar a adquisición de léxico e o coñecemento da lin-gua.

Favorecer e impulsar a adqui-sición de léxico a través da lec-tura de relatos e dos glosarios que acompañan as lecturas. Lec-tura.

SENTIDO DA INICIATIVA E

ESPÍRITO EMPRENDEDORParticipar en actividades colec-tivas e escolares para iniciativa propia e mostrando interese e iniciativa.

Imaxinar ou anticipar desenvol-vementos ou conclusións.

Participar nunha conversa sobre o posible argumento dunha lec-tura observando as ilustracións. Antes de ler. Comentar o medio de comunica-ción que aparece no relato. Antes de ler.

SOCIAIS E CÍVICAS Participar en actividades colec-tivas de forma colaborativa, respectando as achegas dos outros.

Participar no comentario colecti-vo. partindo dunhas ilustracións. Antes de ler.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-3

Dividiremos os nosos alumnos en cinco grupos e entregarémoslle a cada grupo unha cunca de cristal chea de auga e unha substantica diferente para engadirlle: para un grupo será axucre, para outro, arroz, para outro, fariña, para outro, aceite e para outro, xabón.

Cada grupo encargarase de mes-turar a substancia que lle tocara coa auga e observará o com-portamento desta e os cambios que experimenta. Deberán tomar nota das súas observacións para expoñelas ante o resto da clase.

Solución: Actividade en grupo. Indi-camos, a modo de exemplo, algunhas observacións que debe-rían realizar:

Os nenos que mesturen a auga con azucre deben indicar que non cambia de cor, pero si de sabor.

Os nenos que mesturen a auga con arroz deben sinalar que se mancha e que o residuo sólido permanece no fondo da cunca.

Os nenos que mesturen a auga con fariña deben sinalar que a fariña permanece moito tempo na su-perficie da auga ata que se disol-ve e a auga cambia de cor.

Os nenos que mesturen a auga con aceite deben indicar que o aceite permanece na superficie da augasen se disolver.

Os nenos que mesturen a auga con xabón deben sinalar que esa substancia afecta ao sabor da auga e que deixa escuma na superficie.

Educamos en valores

O valor da comunicación

■ Aproveitaremos a primeira ima-xe deste tema para falar cos alum-nos da importancia da comunica-ción. Proporémoslles un xogo:

– Cada alumno escribiralle unha carta a un dos seus compañei-ros da clase.

– O que a reciba deberá respon-der con outra carta dirixida á persoa que a enviou.

– De forma voluntaria, cada alum-no lerá en voz alta a carta que reciba.

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/687292

Encontramos neste enderezo web un fragmento da gravación dun programa de radio realizado por uns alumnos dun instituto galego no que falan sobre as normas básicas para evitar a contaminación da auga.

Podemos escoitar estas normas e establecer un debate cos nenos para valoralas entre todos ao terminar de ver o vídeo.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-4

Orientacións didácticas

■ No apartado Ler e comprender destas páxinas os nenos apren- derán a realizar o resumo dunha narración resolvendo as seguintes actividades:

● Resposta a algunhas preguntas sobre o contido da lectura.

● Identificación da tarefa enco-mendada a cada un dos nenos protagonistas da lectura.

● Compleción dunha táboa coa clasificación temática dalgúns termos da lectura.

● Enumeración dos medios dos que dispomos para informarnos sobre algunha noticia.

● Elaboración dun resumo da lectura ordenando e enlazando unha serie de frases sobre ela.

■ No apartado de Gramática aprenderemos o que é un enun-ciado por medio das seguintes actividades:

● Lectura dun texto breve e identificación das operacións e das frases que aparecen nel.

● Clasificación dunha serie de enunciados de acordo coa súa clase.

Solucións das actividades

Ler e comprender

1. Respondemos as preguntas do xeito que indicamos:

– Martiño levou ao colexio un re-corte de xornal.

– Os nenos forman parte dun clu-be de detectives.

– O que contamina o río Ulla son os vertidos incontrolados na súa ribeira.

– Axudaron a limpar o río todos os membros do “Clube dos Detecti-ves Verdes”.

– O alcalde vixiará que non se volvan producir os vertidos or- ganizando un bo servizo de recollida e multando as persoas que fan vertidos no río.

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Lingüística 3 Clasifica unha serie de palabras nunha táboa segundo ao campo semántico ao que pertenzan.

Naturalista 3 Clasifica unha serie de palabras pertencentes a distin-tos campos semánticos relacionados coa natureza

Intrapersoal 4 Coñece diversos medios de información existentes na súa redonda inmediata.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

CONCIENCIA E

EXPRESIÓNS CULTURAIS

Coñecer textos da tradición popular, oral, e da literatura infantil.

Ler un relato coa fluidez, entoación e dicción adecuadas e comprender a diferenza entre oreación e frase. O enunciado.

APRENDER A

APRENDER Aplicar normas gramaticais para construír palabras ou oracións.

Argumentar e razoar as opinións e explicacións.

Separar os enunciados dun texto e establecer o número de oracións e frases. Act. 6. Recoñecer distintos medios de información existentes na redonda inmediata e describilos adecuadamente. Act. 4.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-5

2. Relacionamos o nome de cada neno coa tarefa encomendada:

– María leva comida e bebida.

– Darío fotografa todo o que lixe a fraga.

– Maruxa e Lolo anotan todo o estraño.

– Martiño e Xan leva a cámara de fotos.

3. A clasificación solicitada é:

– Árbores: bidueiros, ameneiros, carballos, acivros.

– Plantas: brizo.

– Peixes: escalos, troitas.

– Paxaros: ouriolo, pombos.

4. Actividade de resposta aberta: a radio, a televisión, Internet, etc.

5. Actividade persoal. A orde co-rrecta das oración é a que indicamos

Martiño traía un recorte sobre a contaminación no río Ulla. / O Clube dos Detectives Verdes vi-sita a beira do río. / A carballei-ra estaba estrada de porcallada. / Fixeron unha invitación para limpar o río. / O Ulla volvía estar limpo! / O alcalde invitou a to-dos a una merendola.

Gramática

6. Así resolvemos a actividade:

– Oracións: Tes que subir á gabia e arriar os cabos. / Que son as gabias? As gabias pois... son as gabias. Aló enriba onde están as vergas. / Aló onde están asvelas colgadas? / Eu non podo subir aló enriba. / Porque nunca o fixen. Caerei.

– Frases: Martiño, por Deus. / Alí mesmo. / Por que? / Seguro.

Hai máis oracións, como é lóxico, por ser os enunciados con maior poder de comunicación.

7. A clasificación dos enunciados é a seguinte:

– Oracións: A gaita é para o gai-teiro. Non hai peixes no río. An-da a poñer a orella detrás da porta. Está coma un carballo.

– Frases: Negro coma o acibeche. Máis claro que a auga. O día menos pensado. Outra vaca no millo!

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/87541

Observaremos este vídeo sobre o desastre do Prestige e comentarémolo formulando estas preguntas:

– Coñeciades o desastre do Prestige? Canto hai que sucedeu?

– Que pasou? Con que axudaron os voluntarios? Coñecedes algún volunta-rio? Teriades axudado na limpeza da costa? Por que?

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-6

Orientacións didácticas

■ Nestas páxinas, continuaremos traballando co apartado de Gramá-tica iniciado na páxina anterior, para o que resolveremos as seguin-tes actividades:

● Observación dunha tira cómica e escritura dos diálogos que nos suxiran as súas imaxes.

● Lectura dalgunhas frases e re-dacción dunhas oracións que sexan coherentes con elas.

● Identificación das frases e das oracións dun poema.

● Redacción dun texto breve que conteña catro oracións e tres frases.

■ Seguidamente, no apartado Or- tografía traballaremos a clasifica-ción das palabras de acordo co seu acento resolvendo estas activi-dades:

● Identificación das palabras re-presentadas nunha serie de imaxes e a súa clasificación segundo o seu acento.

● Escritura de palabras de acordo cunha serie de códigos de acentuación.

● Clasificación segundo o seu a- cento dunha serie de palabras subliñadas nun texto.

Solucións das actividades

Gramática

8. Actividade persoal. Propomos, a modo de exemplo, os se- guintes diálogos:

– Que emoción!

– Garfield, non fagas tanto ruído, por favor.

– Estou moi nervioso! Estou ner- viosísimo!

– Nin na miña propia casa podo tomar un café tranquilo…

– Ta-chán! Mazás voadoras!

– Non saio do meu asombro. Este gato sempre consegue sor- prenderme.

9. Actividade persoal. Propomos, a modo de exemplo, as se- guintes oracións:

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Naturalista 12 Recoñece os nomes dos animais que aprecen nas imaxes e clasifícaas segundo o seu acento.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

CONCIENCIA E

EXPRESIÓNS CULTURAIS

Familiarizarse con diferentes manifestacións e producións artísticas e culturais

Apreciar a literatura como ele-mento de reflexión e procura de coñecementos.

Coñecer textos da tradición popular, oral, e da literatura infantil

Entender as características com-positivas dunha tira cómica e es-cribir as intervencións dos personaxes. Act. 8

Ler un poema e reflexionar sobre o seu contido. Act. 10.

Ler un relato coa fluidez, entoación e dicción adecuadas e comprender a diferenza entre oración e frase. Act. 14.

APRENDER A

APRENDER Aplicar normas gramaticais para construír oracións.

Establecer equivalencias, para-lelismos ou outros tipos de relación de elementos diversos

Escribir unha oración a partir de certas expresións. Act. 9.

Escribir unha palabra acorde coa correcta interpretación dun código. Act. 13.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-7

– Que? Canto dis que nos vai custar reparar o coche?

– Mmmmmmmm! Esta tarta de chocolate encántame!

– Que bonito! É o cadro máis conmovedor que vin nunca.

– Cando? Non me vai dar tempo a rematalo para esta tarde.

– De verdade? Non podo crer o que me contas.

– Ese libro? Está no estante do teu cuarto.

– Ben! Virán todos os meus amigos á festa do sábado!

– Non si? Cando menos iso é o que entendín eu.

– Por suposto! Chameino en canto souben que estaba nacasa.

10. Debemos subliñar de azul as frases: Que pouco respecto, se-ñores paxaros / Señores paxaros.

Debemos subliñar de vermello as oracións: a ese señor que está no cabalo! / É un xeneral, morreu en batalla e non muda o xesto porque é unha estatua. / busquen outro sitio, non fagan por el iso que non digo. / Mais pousen no home a deixar cantigas, que a vida de estatua é moi aburrida.

11. Actividade persoal.

Ortografía

12. A clasificación solicitada é:

– Agudas: león, camaleón.

– Graves: canguro, cebra.

– Esdrúxulas: aguia, hipopótamo, pelícano.

13. Actividade persoal. Suxerimos:

●● alcatrán

●● peliza

● xamón

●● cabelo

●● paxaro

●●● méteseche

14. A clasificación solicitada é:

– Agudas: papá, mamá, salón, está, mellor, ocasión, irmán.

– Graves: onte, bocas, contentos

– Esdrúxulas: ídesme.

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/33747

Observaremos este fragmento dun episodio de cine mudo de Charles Cha-plin e proporémoslles aos alumnos que por parellas escriban un guión para darlle voz.

Neste guión terán que facer oracións e frases; unha vez terminado, cada pa-rella lerao para toda a clase para ver se os guións se parecen entre eles.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-8

Orientacións didácticas

■ Os nosos alumnos realizarán no apartado de Vocabulario as acti-vidades que detallamos a continua-ción para aprender o que son as siglas e o que significan:

● Identificación do significado que corresponde a unha serie de si-glas.

● Formación da sigla que co-rresponde a uns grupos de pa-labras.

● Procura no dicionario das pala- bras subliñadas nun texto e redacción de oracións con elas.

■ No apartado Escribir apren-deremos a redactar unha noticia resolvendo as actividades que detallamos a continuación:

● Elección dun titular entre varios propostos para desenvolver un- ha noticia a partir del.

● Redacción do texto dunha no- ticia a partir dunha fotografía.

Solucións das actividades

Vocabulario

15. Colocamos a continuación de cada sigla o grupo de palabras que lle corresponde:

RAG: Real Academia Galega

IVE: Imposto sobre o Valor En-gadido

IES: Instituto de Educación Se-cundaria

ADENA: Asociación para a De-fensa da Natureza

ONU: Organización das Nacións Unidas.

16. Colocamos a continuación de cada grupo de palabras a sigla que lle corresponde:

Documento Nacional de Indenti-dade → DNI

Organización nacional de Ce-gos Españois → ONCE

Federación Internacional de Fút-bol Asociación → FIFA

17. O significado das palabras su- bliñadas é o que indicamos a continuación:

– RADAR: Dispositivo que serve

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Intrapersoal 16 Coñece e forma as siglas dunha serie de grupos de palabras referidos a documentos ou institucións.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

APRENDER A

APRENDER Valorar o ditado como técnica facilitadora da aprendizaxe.

Preparar adecuadamente un di-tado co fin de consolidar a aprendizaxe das normas grama-ticais e ortográficas. Act. 17.

SOCIAIS E CÍVICAS Recoñecer e apreciar os valores básicos da vida social.

Coñecer algúns documentos ou institucións reguladoras da vida social ou educativa en España. Act. 16.

SENTIDO DE INICIATIVA

E ESPÍRITO

EMPRENDEDOR

Intervir en actividades con iniciativa propia e actitude colaborativa.

Adoptar estratexias e recursos que favorezan a creatividade

Recoñecer e formar correcta-mente as siglas de varias organi-zacións. Act 16.

Escolle un titular periodístico e redacta unha noticia que se axuste ás características compositivas do xénero. Act. 19.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-9

para indicar a presenza de obxectos distantes, fóra do al-cance da vista, e para indicar a súa natureza e posición exacta.

– SOS: Mensaxe que se envía cando se está en situación de perigo para reclamar auxilio.

– OVNI: obxecto voador non iden-tificado.

18. Actividade persoal.

Escribir

19. Actividade persoal.

20. Actividade persoal.

Actividades de reforzo

1. Escribiremos no encerado o nome das seguintes siglas:

ANPA CP

CEIP ONG

OMS ETT

ATS TVG

EE.UU

Organizaremos os nenos en parelas e encargarémoslles que averigüen o significado de cada unha das siglas. Poden buscar na Internet aquelas cuxo significado ignoren.

Canto terminen, pediremos nove nenos voluntarios para que saian ao encerado a escribir o significado de cada sigla e comentaremos cales delas xa coñecían e cales lles eran descoñecidas.

Solución:

– ANPA: Asociación de Nais e Pais de Alumnos.

– CEIP: Colexio de Educación Infantil e Primaria.

– OMS: Organización Mundial da Saúde.

– ATS: Auxiliar Técnico Sanitario.

– EE.UU: Estados Unidos.

– CP: Código Postal.

– ONG: Organización non Gober-namental.

– ETT: Empresa de Traballo Tem-poral.

– TVG: Televisión de Galicia.

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/87550

Visitaremos a páxina web do xornal dixital “Vieiros” e escolleremos unha noticia que nos interese.

Analizarémola para determinar se responde todas as preguntas que ten que contestar unha noticia.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-10

Orientacións didácticas

■ No apartado Escoitar e falar desta dobre páxina, aprenderemos a transmitir informacións oralmente. Realizararemos estas actividades:

● Explicación oral dunha vivencia persoal como se fora unha no-ticia e nós foramos locutores de radio.

● Análise dunhas imaxes e recreación, a partir delas, dun telexornal.

■ No apartado O trasno das pala-bras os nenos terán que resolver as seguintes actividades:

● Identificación das mensaxes e das palabras escritas nos pé- talos dunhas flores.

● Unión das sílabas adecuadas para obter unha oración.

● Realización dunha proba de efi- cacia lectora consistente na lectura rápida duns titulares e na identificación da noticia de que trata cada un deles.

Solucións das actividades

Escoitar e falar

21. Actividade persoal.

22. Actividade persoal. De acordo coas fotografías, podemos su- xerirlles aos nenos que inclúan no seu telediario as seguintes seccións:

a) Información meteorolóxica.

b) Información rexional.

c) Información cultural.

d) Información nacional.

e) Información deportiva.

O trasno das palabras

1. As mensaxes e as palabras a- gachadas nas flores son, de esquerda a dereita:

– As flores adornan o campo de moitas cores na primavera.

– Mundo limpo.

– Auga, verde, vida.

2. A oración que lemos tras eli-minar as sílabas dos verbos é:

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

21 Realiza unha exposición oral sobre unha experiencia persoal como se fora unha noticia periodística.

Lingüística

O trasno, 3 Lectura comprensiva dunha serie de titulares.

O trasno, 2 Descubre e escribe as mensaxes ocultas en varios debuxos de flores.

Lóxico-matemática

O trasno, 3 Salta as sílabas adecuadas para poder formar unha oración oculta.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

COMUNICACIÓN

LINGÜÍSTICA Desenvolver a habilidade, a velocidade e a comprensión lectora.

Ler de forma comprensiva varios titulares periodísticos. O trasno, Act. 3.

SOCIAIS E CÍVICAS Participar en actividades colec-tivas de forma colaborativa, respectando as achegas dos outros.

Elaborar un noticiario con outros alumnos a partir da observación de varias imaxes. Act. 22.

SENTIDO DE INICIATIVA

E ESP. EMPRENDEDOR Adoptar pautas de conduta e coñecementos da redonda que favorezan a autonomía.

Recoñecer a forma adecuada para interpretar as mensaxes ocultas. O trasno, Act. 1-2.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-11

– O amigo discreto respecta os teus segredos.

3. Actividade persoal.

Actividades de reforzo

1. Xogaremos na clase ao xogo dos titulares inventados. Cada alumno escribirá un titular imaxina-rio e porémolos todos nunha caixa.

Logo cada neno collerá un papeliño ao chou e terá que escribir unha noticia sobre el.

Algúns exemplos de titulares inven-tados poderían se os seguintes:

– Encontraron un tesouro pirata en Ourense.

– Os ordenadores cobran vida.

Solución: Actividade en grupo.

2. O día anterior da realización desta actividade, encargarémoslles aos nenos que busquen nos xornais e nas revistas vellas da súa casa algunha noticia que lles pa- reza curiosa e que poidan recortar para traer á clase.

Cada neno debe coñecer os deta-lles informativos da noticia que elixa, pois a actividade consistirá en que cada neno lles lea o titular da noticia aos seus compañeiros para que averigüen o seu contido for- mulando as preguntas que con- sideren oportunas.

As preguntas deben centrarse en buscar a información funda-mental da noticia e a súa formulación debe ser o máis sinxela posible.

As respostas, así mesmo, deben responder con claridade e orde o preguntado para resultar informa-tivas.

Solución: Actividade en grupo.

ANOTACIÓNS

.....................................................

.....................................................

.....................................................

……………………………………...

……………………………………...

……………………………………...

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/87551

Encontramos neste enderezo web un código coa correspondencia do alfabeto exipcio co noso.

Podemos propor un xogo que consistirá en que cada un dos nosos alumnos escriba unha mensaxe empregando o código exipcio e que o cambie co compañeiro máis próximo para que descifre a mensaxe.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-12

Orientacións didácticas

■ No apartado Aprendín destas páxinas realizaremos actividades de repaso dalgúns dos contidos tra-ballados ao longo da unidade:

● Identificación dunhas siglas a partir do seu significado e escri-tura do significado doutras si- glas.

● Observación dunhas imaxes e escritura de frases e oracións relacionadas con elas.

● Separación das sílabas dunhas palabras e a súa clasificación de acordo coa súa estrutura a- centual.

● Construción dunha mensaxe unidno a sílaba tónica dunha serie de palabras.

● Realización dun ditado.

■ No apartado Avalío as miñas competencias os nosos alumnos re-solverán estas actividades:

● Análise de dúas imaxes e identificación das diferenzas que hai entre elas.

● Contestación a algunhas pre- guntas sobre comportamentos incívicos.

● Análise dalgúns símbolos e identificación dos seus significa-dos.

● Clasificación de obxectos reci- clables nos contedores ade-cuados.

Solucións das actividades

Aprendín

1. Completamos as siglas e os seus significados do xeito que indicamos a continuación:

COI → Cómite Olímpico Inter-nacional.

INC → Instituto para a Con-servación da Natureza.

UE → Unión Europea.

USC → Universidade de Santia-go de Compostela.

OMS → Organización Mundial da Saúde.

UVI → Unidade de Vixiancia In-tensiva.

2. Actividade persoal. Propomos:

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Ditado Realizar un ditado e autoavaliar os seus resultados.

Avalío..., 2 Imaxina un diálogo a partir dunha situación hipotética.

Intrapersoal

Avalío..., 5 Clasifica varios residuos segundo o seu contedor.

Naturalista Avalío..., 1 Explica as diferenzas entre dúas paisaxes.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

APRENDER A

APRENDER Establecer equivalencias, entre elementos diversos.

Aplicar normas gramaticais para construír oracions.

Valorar o ditado como técnica facilitadora da aprendizaxe.

Identificar as siglas de varias or-ganizacións. Aprendín, Act. 1. Escribir unha mensaxe a partir dunha serie de palabras. Ap., A. 4.

Preparar e realizar adecuada-mente un ditado. Ditado.

DIXITAL Buscar e interpretar informa-ción na Internet.

Buscar na Internet o significado de certos símbolos. Avalío, Act. 3.

SOCIAIS E CÍVICAS Asumir condutas cívicas e res-pectar as normas de conduta.

Asimilar unha actitude favorable ao medio ambiente. Av, Act. 4-5.

SENTIDO DE INICIATIVA

E ESP. EMPRENDEDOR Comunicarse eficazmente coa fórmula e rexistro adecuado.

Opinar sobre a preservación do medio ambiente. Av, Act. 1.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-13

– Fotografía a: Que divertido! (frase) / Gústame moito bucear (oración).

– Fotografía b: Ánimo, rapaces! (frase) / O primeiro que chegue gañará a carreira (oración).

– Fotografía c: Moi mal, Alberto! (frase) / Estou moi desgustada contigo polo teu ma com-l portamento (oración).

3. Separamos as sílabas destas palabras, subliñamos as áto-nas e clasificámolas:

– Graves: man-ta, o-lim-po, pa-tu-co, bo-te-lla, pa-to, bol-bo-re-ta, pi-ña-ta, ria-da, cal-za-do, mos-ca, ho-me-na-xe.

– Esdrújulas: pa-xa-ro.

4. A frase que obtemos é:

Manteñamos limpa a natureza.

Avalío as miñas competencias

1. Actividade persoal.

2. Resposta persoal.

3. Indicamos os lugares nos que aparece cada símbolo:

a) É o símbolo internacional da reciclaxe e aparece en todos aqueles envases de papel, car-tón, vidro ou plástico que teñen garantida unha reciclaxe sos-tible despois do seu uso.

b) Este símbolo anima o consu-midor a ser responsable comedio ambiente depositando o lixo nos lugares destinados para iso e aparece en todos os lu-gares públicos.

c) Este símbolo é unha variante dosímbolo internacional da re-ciclaxe e aparece nos mesmos lugares ca este.

4. O nome dos símbolos és:

a) Anel ou círculo de Möbius / b) Símbolo Tidyman / c) Punto Verde

5. A clasificación solicitada és:

Verde: botella.

Azul: caixa de ovos, revistas.

Amarelo: lata, tetra-brick.

Gris: noz, mondas de laranxa, lámpada.

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/687334

Encontramos neste enderezo web un vídeo no que se mostra un fragmento dunha lección de reciclaxe dirixida aos nenos.

Podemos velo cos nosos alumnos e comentar se na súa casa usan estes consellos para clasificar o seu lixo ou se necesitarían mellorar os seus costumes a este respecto.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

14-14

NAVEGAMOS POR TICHING

TICHING WEBS

http://www.tiching.com/33747 https://www.youtube.com/embed/r4ox3SDRcLk?wmode=transparent&utm_source=tiching&utm_medium=referral

http://www.tiching.com/87541 https://www.youtube.com/embed/JEsaEBsWMUg?wmode=transparent&utm_source=tiching&utm_medium=referral

http://www.tiching.com/87550 http://www.vieiros.com/?utm_source=tiching&utm_medium=referral

http://www.tiching.com/87551 https://4.bp.blogspot.com/-R_e0E29nZek/USSzEe-z5BI/AAAAAAAAClc/7TE-0lJ94lI/s320/hieroglyphics.jpg?utm_source=tiching&utm_medium=referral

http://www.tiching.com/687292 https://www.youtube.com/watch?v=LVKuflcFBOM

http://www.tiching.com/687334 https://www.youtube.com/embed/KxxEKmg1Ipc?wmode=transparent&utm_source=tiching&utm_medium=referral

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

© V

ICEN

S V

IVE

S

..............................................................................................................................