2
Biblioteca IES Poeta Añón-OUTES IES POETA AÑÓN Teléfono: 981-850637 Fax: 981-850637 Correo: [email protected] Páxina web: www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon Club de lectura: http://laretas.blogspot.com … e máis CiNe Na WeB http://mapadeigualdad.blogspot.com.es/201 1/01/cine-para-ser-la-voz-de-quienes- callan.html Proxecto educativo promovido no 2007 e 2008 polo Goberno para estudantes de Se- cundaria e Bachillerato de toda España, co obxectivo de utilizar o cine para concienciar e sensibilizar aos mozos contra a violencia de xénero. http://cineyeducacion.com/el-orden-de-las-cosas/ El orden de las cosas trata sobre a violencia de xénero a través dunha interpretación simbólica e intencionadamente surrealista da realidade. Moi probablemente o obxectivo dos autores sexa pro- vocar unha resposta reflexiva nos espectadores; unha resposta moi diferente da que provoca a realidade mostrada con toda a súa crudeza. Esta idea vémola ao constatar que o cortometraje in- tenta sobrecoller renunciando en todo momento a mostrar a violencia explícitamente. http://www.rtve.es/alacarta/videos/50- anos-de/50-anos-mujer-cosa- hombres/1491834/ Documental dirixido por Günter Schwaiger que trata de romper clichés. A historia de Mar- ta Anguita é unha historia de dor, medo e dunha enorme superación persoal. http://www.rtve.es/alacarta/videos/do cumentos-tv/documentos-tv-mama- duermete-yo-vigilo/1445842/ Este documental indaga na realidade de menores expostos á violencia de xénero, reconstrúe o terror e a indefensión que sufriron e analiza as secuelas que lles que- daron.

Guia 25 N: proposta de películas

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Monográfico de películas contra a violencia de xénero (Biblioteca IES Poeta Añón- Outes)

Citation preview

Page 1: Guia 25 N: proposta de películas

Biblioteca

IES Poeta Añón-OUTES

IES POETA AÑÓN

Teléfono: 981-850637

Fax: 981-850637

Correo: [email protected]

Páxina web: www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon

Club de lectura: http://laretas.blogspot.com

… e máis CiNe Na WeB

http://mapadeigualdad.blogspot.com.es/201

1/01/cine-para-ser-la-voz-de-quienes-callan.html

Proxecto educativo promovido no 2007 e

2008 polo Goberno para estudantes de Se-cundaria e Bachillerato de toda España, co

obxectivo de utilizar o cine para concienciar e

sensibilizar aos mozos contra a violencia de

xénero.

http://cineyeducacion.com/el-orden-de-las-cosas/

El orden de las cosas trata sobre a violencia de

xénero a través dunha interpretación simbólica e

intencionadamente surrealista da realidade. Moi

probablemente o obxectivo dos autores sexa pro-

vocar unha resposta reflexiva nos espectadores;

unha resposta moi diferente da que provoca a realidade mostrada con toda a súa crudeza. Esta

idea vémola ao constatar que o cortometraje in-

tenta sobrecoller renunciando en todo momento a

mostrar a violencia explícitamente.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/50 -

a n o s - d e / 5 0 - a n o s - m u j e r - c o s a -hombres/1491834/

Documental dirixido por Günter Schwaiger

que trata de romper clichés. A historia de Mar-

ta Anguita é unha historia de dor, medo e

dunha enorme superación persoal.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/do

cumentos-tv/documentos-tv-mama-

duermete-yo-vigilo/1445842/

Este documental indaga na realidade de

menores expostos á violencia de xénero,

reconstrúe o terror e a indefensión que

sufriron e analiza as secuelas que lles que-

daron.

Page 2: Guia 25 N: proposta de películas

NO SIN MI HIJA (1990)

Mahmoody, médico iraní afincado en Estados Uni-

dos, viaxa ao seu lugar de orixe coa súa muller e filla.

Unha vez alí, Mahmoody decide que quere quedar-

se. A súa muller Betty non está de acordo e trata de

saír coa súa filla, aínda que Mahmoody está decidi-

do a non deixar que iso suceda. Co tempo, Mahmoo-

dy convértese cada vez máis inestable e violento,

aproveitándose das leis islámicas para aterrorizar á

súa esposa.

Madame Brouette (2002)

Naago ferido cáese saíndo da casa de Matí. Ela admi-

te que matou ao seu marido. O que se descobre nas

horas seguintes da investigación policial é un retrato

da dura vida de Matí. Unha moza divorciada, nai sol-

teira, que se buscou a vida arrastrando unha carretilla

con distintos produtos polas rúas do mercado de San-

daga. Xunto á súa amiga Ndaxté, a quen rescatou dun

marido violento e maltratador, alimentou o soño de

alcanzar unha vida mellor para a súa filla Ndèye.

CASA DE MUÑECAS (1973)

Para pagar a clínica que salvará a vida do seu marido,

Nora falsifica a firma do seu pai e cobra un cheque.

Anos máis tarde, Torvald decátase do que fixo Nora e

reacciona violentamente sen querer entender que

aquel acto foi por amor.Nora empeza a reformularse a relación e a súa vida xunto a el tras ver que non é

capaz de comprendela e ver a súa agresiva reacción.

PERSEPOLIS ((2007)

Historia dunha moza que crece no Irán da Revolución

Islámica. A través dos ollos de Marjane, unha precoz e

aberta nena de nove anos, vemos as esperanzas dun

pobo rotas ao tomar os fundamentalistas o poder, im-poñendo o veo ás mulleres e encarcelando a miles de

persoas.

TE DOY MIS OJOS (2003)

Pilar sae fuxindo da súa casa con catro cousas e o seu

fillo. Tras nove anos de matrimonio, foxe do maltrato

ao que a somete o seu marido, Antonio. El non tarda en

saír a buscala, pois, segundo el, quérea máis que a

FLORES DE OTRO MUNDO (1999)

No pequeno pobo de Santa Eulalia, os solteiros

organizan unha festa á que acode un autocar de

mulleres casaderas. Damián, Alfonso e Carmelo

buscarán entablar relación con Patricia, unha

rapariga dominicana que foxe de Madrid buscan-

do seguridade económica para os seus fillos; Mari-

rrosi, unha enfermeira de Bilbao que está soa

aínda que ten unha vida confortable e Milady,

unha moza cubana que ten 20 anos e deixou A

Habana buscando outro mundo

EL COLOR PURPURA (1985)

A historia céntrase na vida de Celie, unha nova

rapariga negra, a principios do século XX. Celie

ten 14 anos e está embarazada do seu propio pai. O

pai de Celie véndea a un home que a maltrata

fisica como psicologicamente e tena esclavizada durante a maior parte da súa vida. .

TOMATES VERDES FRITOS (1991)

Evelyn unha muller madura que vive frustrada pola

súa gordura e pola insensibilidade e simpleza do seu

marido, coñece casualmente nun asilo a Ninny unha

anciá que lle vai contando aos poucos unha dramáti-ca historia ocorrida nun pequeno pobo de Alabama.

SOLAS (1999)

María malvive nun barrio miserable, traballa como

muller da limpeza e, case con 40 anos, descobre que

está embarazada dun home que non a ama. Só atopa

consolo na bebida. A súa nai que consumiu a súa vida á beira dun home violento e intolerante, non

ten nin sequera o consolo de tela cerca.

KANDAHAR (2001)

A dura vida das mulleres afganas baixo o réxime

talibán vista a través da viaxe unha nova xornalista

afgana refuxiada en Canadá que regresa clandesti-

namente, co obxectivo de chegar a Kandahar e sal-

var á súa irmá pequena, que perdeu as dúas pernas

ao pisar unha mina e comunicoulle por carta que

quere suicidarse.

OSAMA (2003)

Unha nena de doce anos e a súa nai vense aboca-

das á miseria cando, coa chegada dos talibans ao

poder en Afganistán, perden o seu dereito a tra-

ballar e a posibilidade de saír soas á rúa, dado

que non teñen a ningún varón na familia que

vele por elas. A nai e a avóa da nena deciden

entón facela pasar por un mozo, o que enche de

terror á rapariga, angustiada polo que pode pa-

sarlle si descobren a súa verdadeira identidade.

LA VERDAD DE SORAYA (2008)

Soraya, , unha doce e alegre moza é vítima dunha

terrible conspiración capitaneada polo seu marido,

que a acusa de adulterio. Este feito é considerado

como un crime pola Sharia, o severo código das leis

do integrismo islámico, que a condena cunha das

máis terribles sentenzas: a lapidación.

MOOLAADE (2004)

Collé Ardo vive nun pobo africano. Fai sete anos

non permitiu que a súa filla fose sometida á abla-

ción, unha práctica que lle parece unha barbarie.

Hoxe catro pícaras foxen para escapar do ritual da

purificación e piden a Collé que as protexa. A par-

tir dese momento, enfróntanse dous valores: o res-

pecto ao dereito de asilo (o moolaadé) e a tradi-

ción da ablación