7
179 ANIVERSARIO R R O O S S A A L L Í Í A A D D E E C C A A S S T T R R O O

Guía de lectura Rosalía

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Selección de lecturas de Rosalía de Castro dispoñibles na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, realizada con motivo do Día de Rosalía 2016.

Citation preview

Page 1: Guía de lectura Rosalía

179 ANIVERSARIO RROOSSAALLÍÍAA DDEE CCAASSTTRROO

Page 2: Guía de lectura Rosalía

Nada en Compostela o 24 de febreiro de 1837, filla dunha fidalga e un sacerdote pasa parte

da súa infancia en Padrón ó coidado das súas tías. Con 20 anos publica o seu primeiro libro

de poemas “La Flor” no xornal La Iberia. En 1858 casa con Manuel Murguía en Madrid e

publica a súa primeira novela “La Hija del Mar”; tamén publica o manifesto feminista

“Lieders”. O matrimonio ten 7 fillos. En 1861 sae á luz o seu primeiro poema escrito en

galego, “Adiós ríos, adiós fontes” e en 1863 publica “Cantares Gallegos”, obra considerada

clave no Rexurdimento literario de Galicia. En Simancas, donde o seu marido é nomeado

director do arquivo, escribe grande parte do poemario “Follas Novas” que se publica en

1880 sendo a obra que a consagra como grande poetisa galega. En 1884 publica o seu

último libro de poemas “En las orillas del Sar”.

Fina ós 48 anos de idade o 15 de xullo de 1885 como consecuencia dun cancro de útero na

súa casa da Matanza. Murguía queima os seus manuscritos inéditos e dous anos despois

toda a súa correspondencia. É soterrada en Iria Flavia, mais no ano 1891 o seu cadáver é

exhumado e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ó día seguinte no

mausoleo creado ad hoc polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do

Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres.

Sexa en prosa ou verso, en galego ou castelán, a súa obra ocupa un lugar relevante na

literatura europea do século XIX. As súas reivindicacións feministas (Lieders e Las

literatas”, o seu avanzado pensamento político e social e a súa posición crítica como

intelectual sitúana como figura literaria de renovado e múltiple interese.

Rosalía contribuiu como ninguén do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario

galego contemporáneo. É considerada, xunto a Bécquer, como innovadora e precursora do

modernismo español

Page 3: Guía de lectura Rosalía

Cantares Gallegos P/CAS/can

Considerada a primeira grande obra da

literatura galega moderna. A súa, data de

publicación, 17 de maio, é instaurada para

conmemorar o día das Letras Galegas. É a

súa primeira obra escrita íntegramente en

galego e marca o inicio do Rexurdimento

pleno. Utiliza a esfera popular para

desenvolver unha alegoría nacional sobre a

dignidade cultural, lingüística e paisaxística

galegas e a súa épica (a emigración). Tamén

destaca a expresión dun afouto pensamento

crítico, especialmente social e feminista.

Follas novas P/CAS/fol

Publicada na Habana pola Propaganda

divídese en cinco partes no que conviven

intimismo e denuncia das inxustizas no que

Rosalía asume a voz do pobo galego. A

metapoesía e as condicións sociais

avanzadas complementan unha obra de

total radicalidade. Calificada como a obra

máis rica e profunda de Rosalía, segue

sendo considerada pola crítica como o libro

de transición entre a poesía colectiva de

Cantares Gallegos e o radical intimismo de

Nas orillas do Sar

Page 4: Guía de lectura Rosalía

Versos a Compostela P/CAS/ver

Obra que reúne por vez primeira os poemas

nos que a cidade de Santiago é o referente

lírico e existencial de Rosalía de Castro.

Xunto aos versos, antigas fotografías dun

Santiago contraditorio, de “sombras

queridas” e “sombras odiadas”

Na tomba do xeneral inglés sir John Moore 75/CAS/nat

Canto ás cinzas dun estranxeiro en Follas

Novas. Composición insólita na produción

rosaliana, suxerida por un acontecemento

histórico. Poema que non enaltece a quen

gañou a guerra, senón a quen perdeu a vida

Rosalía de Castro: notas biográficas 929/GON/ros

Discurso de ingreso na RAE de Augusto

González Besada sobre a vida da nosa

excelsa escritora.

Page 5: Guía de lectura Rosalía

35 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de

Rosalía de Castro P/TRI

Libro que se edita como resultado da

iniciativa “De cantares Hoxe”, promovida

polo programa Diario Cultural da Radio

Galega e apoiada pola Fundación Rosalía de

Castro. Esta homenaxe a Rosalía púxose en

marcha en 2013, co motivo da celebración

do 150 aniversario da publicación “cantares

Gallegos”

Escolma poética P/CAS/esc

Belén Padrón dálle forma e cor forma e cor

a cada poema, plasmando nas súas

ilustracións a súa visión do imaxinario

'rosaliano'. Imaxes de contido onírico e

simbólico, sobre o desamor, a morriña, a

beleza da paisaxe, a vida da paisanaxe, as

inxustizas sociais, a saudade, o desacougo

interior...

Rosalía pequeniña 7-12 Audiolibros

Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria

ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para

rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro.

Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de

cantadeiras e un nutrido grupo de músicos

Page 6: Guía de lectura Rosalía

Adiós ríos, adiós fontes 4-7 contos

Poema ilustrado que trata de incentivar a

creatividade e a imaxinación dos lectores e

lectoras máis pequenos, cun libro divertido

que, ademais, axuda a formar a súa

personalidade

AUDIOVISUAIS -ADULTO

De las sombras de Rosalía

12 poemas de Rosalía na voz de Amancio

Prada

Os ollos que falan

Trátase da musicación que realizou o

sexteto Tempo Catro de once poemas de

Cantares Gallegos

Rosalía 21

Proxecto que procura unha renovación

estética na temática rosaliana adaptada aos

novos tempos. Participan Abe Rábade, Anxo

Angueira, Guadi Galego, Jesús Santandreu,

Nelson Cascais e Bruno Pedroso

Page 7: Guía de lectura Rosalía

RECURSOS NA REDE:

- Fundación e Casa Museo de Rosalía:

www.rosalia.org

- Vida, obra, imaxes, estudios e fonoteca:

www.cervantesvirtual.com/portales/rosalia_de_castro/

- Biografía e obras na Biblioteca Virtual Galega:

www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RosCastr&alias=&solapa=biografia

- Documental en Mulleres na historia (Rtve):

www.rtve.es/alacarta/videos/mujeres-en-la-historia/mujeres-historia-rosalia-castro-feminista-

sombra/839573/

- Rosalía na Galipedia:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro

- Negra Sombra, na Mitad Invisible:

www.rtve.es/alacarta/videos/la-mitad-invisible/mitad-invisible-negra-sombra-rosalia-

castro/3121993/

- Vida e obras no portal Escritoras:

http://escritoras.com/escritoras/Rosalia-de-Castro