19
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 1 GUIA DAS PRÁCTICAS DOCENTES DO MESTRADO EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINO DE IDIOMAS DA UDC. CURSO 2012-2013

Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Citation preview

Page 1: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 1

GUIA DAS PRÁCTICAS DOCENTES

DO MESTRADO EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO, FORMACIÓN

PROFESIONAL E ENSINO DE IDIOMAS DA UDC.

CURSO 2012-2013

Page 2: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 2

I Introdución.

II Competencias.

III Obxectivos.

1. . 1. Obxectivo xeral. 2. 2

. 2. Obxectivos específicos.

3. IV Estrutura e desenvolvemento.

4. 1. As persoas e as súas funcións. 5. 2. Duración, calendario e horario. 6. 3 3. Estrutura das Prácticas. • Tipos de tarefas.

• Descrición do primeiro período. • Descrición do segundo período.

V. Memoria de Prácticas.

VI. Avaliación.

VII. Titorías. Anexo I: Descrición e cronograma de reunións e actividades das prácticas e do TFM. Anexo II: Avaliación do alumnado do Practicum. Anexo III: Aspectos xerais do Practicum. Anexo IV: Compromiso de confidencialidade.

Page 3: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 3

I.- INTRODUCIÓN.-

As Prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para a futura vida profesional do alumnado deste mestrado. Permitirán coñecer as tarefas que se levan a cabo nun centro educativo de ensino secundario e posibilitarán o establecemento de relacións frutíferas entre docentes do ámbito universitario (moitos deles tamén docentes en Secundaria), docentes en activo no ensino secundario e o alumnado que pretende proxectar a súa vida profesional no ámbito docente.

As Prácticas están deseñadas para ofreceren a este alumnado a

posibilidade de observar e analizar os contextos en que como futuros profesores e profesoras van desenvolver o seu labor, de xeito que poidan ter un coñecemento vivencial do traballo docente. Agárdase que sexa tomado como a oportunidade que é, e non só como unha parte máis destes estudos de posgrao. Non se debe esquecer que, como oportunidade, son os centros e o profesorado titor os que sobre todo a fan posible, e así debe ser recoñecido polo alumnado implicado e pola Universidade; este recoñecemento será compatible cunha actitude de observación e esculca propios do momento formativo do que se trata. Non se trata de imitarmos os modelos de acción que se observen, senón de analizar e reflexionar sobre esas e outras posibles alternativas de actuación profesional.

A práctica que se desenvolve nos centros educativos só pode ser

comprendida se se entende como se foi constituíndo o proceso de escolarización e como os axentes internos e externos actúan sobre o mesmo. Para isto é necesario ter un coñecemento sistematizado e profundo sobre o que se fai, por que se fai, para que se fai, que se podería facer e que é o que non se debe facer. Este coñecemento enriquecerá sen dúbida aqueloutros coñecementos das fases anteriores, tanto do módulo xenérico como dos específicos, servindo moitas veces de contraste enriquecedor.

Servirá tamén ao profesorado titor dos centros de ensino, cuxa

colaboración nunca se agradecerá bastante, de oportunidade para reflexionar e contrastar o seu traballo e os seus hábitos no día a día da aula e para tomar contacto, aínda que sexa brevemente, coa reflexión que dende fóra deses centros de ensino secundario se fai. Sen esquecer que en definitiva se está a formar aos futuros docentes e colegas de profesión, evitando que o seu primeiro contacto profesional sexa coa responsabilidade e as urxencias de dirixir un grupo de alumnos e alumnas.

Este mesmo afán terá o profesorado da Facultade, moitos deles

compartindo ambos ámbitos –o universitario e o do ensino secundario- que ademais terá a oportunidade de contrastar as mensaxes e estratexias de traballo nos módulos teóricos coa práctica vivida e relatada por estas persoas nos centros.

II. COMPETENCIAS:

Page 4: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 4

A realización do practicum promoverá o desenvolvemento das sguintes competencias específicas: CE-P1. Adquirir experiencias na planificación, na docencia e na avaliación das

materias correspondentes á especialización CE-P2. Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente. CE-P3. Dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar

un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia dentro do grupo-aula.

CE-P4. Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.

CE-P5. Coñecer a realidade do centro educativo e participar nos Departamentos correspondentes.

CE-P6. Exercitarse na avaliación psicopedagóxica, no asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias.

Nas Especialidade de Formación Profesional desenvolveranse ademais as dúas seguintes: CE-P7. Coñecer a tipoloxía correspondente aos sectores produtivos CE-P8. Comprender os sistemas organizativos máis comúns ás empresas. Así mesmo, a realización do practicum tamén contribúe ao desenvolvemento das competencias transversais/xenéricas que a UDC establece con carácter xenérico para os títulos de grao e de mestrado. Trátase de oito competencias tamén denominadas nucleares pola súa orientación vertebradora:

N.1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

N.2. Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

N.3. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.

N.4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

N.5. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

N.6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

N.7. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

N.8. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

III. OBXECTIVOS

Page 5: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 5

1. Obxectivos xerais.

Os obxectivos xerais do Prácticum do Máster de Profesorado en Secundaria son:

1. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario natural, as contribucións

dos diferentes módulos teóricos, así como levar a cabo unha primeira aproximación tutelada ao funcionamento dunha aula de ensino secundario e familiarizarse coa cultura organizativa dun centro escolar.

2. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes.

3. Concretar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo, desenvolver e aplicar metodoloxías didácticas, tanto grupais como individuais, adaptadas á diversidade do alumnado.

4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos,

5. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e decisións que promovan a súa capacidade docente.

6. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula, dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula, e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.

7. Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura no contorno no que se ubicar.

2. Obxectivos específicos.

• Obter unha experiencia directa na docencia do ensino secundario ou formación profesional.

• Coñecer as dinámicas organizativas e de funcionamento dun centro de secundaria ou formación profesional.

• Integrar os coñecementos teóricos e prácticos na análise do contexto e no deseño e aplicación dunha proposta de ensino-aprendizaxe.

• Tomar conciencia das funcións da profesión docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu exercicio.

• Experimentar o deseño, desenvolvemento e avaliación dunha proposta de ensino-aprendizaxe.

As Prácticas levaranse a cabo en centros sostidos con fondos públicos

de ensino secundario e/ou formación profesional, baixo a dirección dunha profesora ou profesor que asumirá as funcións de titorización das Prácticas. A

Page 6: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 6

asignación de centro e titor/a efectúase dende a Comisión de Coordinación do Prácticum tendo en conta a didáctica específica cursada, a localidade solicitada polo alumnado e a dispoñibilidade de profesorado titor. Esta comisión poderá delegar na persoa coordinadora do centro a elección da persoa titora, seguindo os criterios que se establezan a tal fin. IV. ESTRUTURA E DESENVOLVEMENTO.

1. As persoas e as súas funcións:

A estrutura do mestrado na UDC componse dun coordinador/a xeral, de subcoordinadores/as para as distintas fases e itinerarios, dos titores/as do prácticum e dos coordinadores/as e titores/as nos centros educativos.

Os titores e titoras do prácticum na Universidade, que son profesorado

da Universidade a tempo total ou parcial, e xeralmente profesorado do Mestrado; servirán de referencia ao alumnado e ao profesorado titor dos centros para o desenvolvemento do prácticum.

As súas funcións serán as seguintes:

a. Orientar o desenvolvemento dos plans de traballo, a partir das competencias adquiridas nas materias dos restantes módulos do Máster.

b. Axudar á integración de coñecementos, estratexias, etc. abordadas nos outros módulos do Máster, para facilitar a construción de competencias profesionais.

c. Estimular a reflexión sobre a actuación docente, en relación cos distintos modelos teóricos de referencia.

d. Orientar e avaliar a memória do practicum, cumprindo os prazos que se establecen.

e. Contactar persoalmente cos titores e alumnado asignados, aló menos en dúas ocasións no desenvolvemento do practicum. Ademais procurarán visitalos tendo en conta a dispoñibilidade horaria en cada circunstancia.

Para exercer estas funcións deberán estar á súa disposición nun horario

coñecido e tamén de xeito telefónico e/ou telemático. A función das persoas titoras e coordinadoras de prácticas dos centros,

seleccionados segundo o disposto na orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 18 de abril de 2011, serán as que aparecen na antedita orde.

As persoas titoras dos centros desenvolverán as seguintes funcións:

a) Acoller o alumnado en prácticas e acompañalo nos períodos que se establezan

ao longo do curso escolar. b) Favorecer a formación inicial na práctica docente do citado alumnado. c) Asesorar o alumnado en prácticas en cuestións pedagóxicas.

Page 7: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 7

d) Facilitar que o alumnado en prácticas se integre plenamente na vida do centro para adquirir un coñecemento directo e práctico da súa organización e funcionamento en todos os ámbitos.

e) Coordinar as actividades de formación coa persoa titora da universidade. f) Avaliar o desenvolvemento das prácticas do alumnado seguindo para iso os

criterios e pautas do plan de prácticas da universidade da Coruña.

As persoas coordinadoras, que existirán só no caso de ser seleccionados/as varios/as titores/as do mesmo centro, e que deberán ser o/a director/a ou xefe/a de estudos ou excepcionalmente unha das persoas titoras das prácticas; terán as seguintes funcións:

a) Establecer as accións que desenvolverán as persoas titoras de prácticas do centro.

b) Posibilitar a integración plena no centro do alumnado en prácticas mediante un plan de acollida.

c) Facilitar ao alumnado en prácticas o coñecemento da organización e funcionamento do centro, dos proxectos educativos, así como doutros proxectos, programas ou actividades en que o centro participe.

d) Xestionar os espazos e os tempos para a intervención do alumnado en prácticas.

e) Deseñar a asistencia do alumnado en prácticas ás reunións de planificación, programación, seguimento e avaliación do alumnado do centro.

f) Elaborar xunto coas persoas titoras un cronograma das actividades que o alumnado desenvolverá no centro durante o período do prácticum e no cal se incluirá obrigatoriamente a participación do alumnado na vida do centro así como a súa asistencia a reunións das diferentes comisións, de departamentos, atención titorial a familias e alumnado, sesións de avaliación, reunións de claustro, consello escolar, equipos docentes, etc.

Estas funcións, no caso de existir un só titor ou titora no centro, serán

realizadas por este ou esta. Para a preparación, seguimento e avaliación do módulo de Prácticas,

constituirase unha Comisión de Seguimento das Prácticas presidida pola persoa coordinadora do Mestrado e formada polos coordinadores dos diferentes itinerarios específicos e do practicum ou persoas nas que deleguen.

2. Duración, calendario e horario.

O módulo de Prácticas ten asignados 12 créditos; deles, 6 serán de traballo no centro baixo o asesoramento do/a titor/a. Os 6 créditos restantes resérvanse para as sesións de preparación, seguimento e avaliación e para a elaboración da memoria. O horario do alumnado durante o prácticum axustarase ao horario e funcións da súa correspondente persoa titora.

As Prácticas terán dous períodos o primeiro dará comezo o día 4 de decembro e rematará o día 18 de decembro e o segundo será do 13 de marzo ao día 19 de abril, todas as datas incluídas. Antes de se incorporar ao centro por primeira vez, o alumnado terá que asistir obrigatoriamente a unha

Page 8: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 8

sesión de preparación na que se explicarán as características desta fase formativa e na que se proporcionarán pautas para o seu mellor aproveitamento formativo. Esta sesión terá unha duración aproximada de dúas horas e desenvolverase a primeira parte en gran grupo no salón de actos da Facultade de Educación o día 3 de decembro, e a continuación en pequeno grupo con cada titor da Universidade1 nos espazos que determinen estes. A esta sesión estarán tamén convocados os titores dos centros, para propiciar o coñecemento mutuo e compartir a mesma información sobre os obxectivos e desenvolvemento das prácticas.

Farase unha sesión de revisión e seguimento, antes de incorporarse ao segundo período, o día 12 de marzo, realizase unha revisión da experiencia vivida e das aprendizaxes que se van adquirindo. Esta sesión terá tamén unha duración aproximada de dúas horas, os titores da Universidade convocarán ao alumnado que lles corresponda, e poderpoderán convidar tamén aos titores dos centros.

Finalmente, o día 22 de abril, organizase unha sesión de avaliación

dirixida a reflexionar sobre a experiencia, co fin de detectar os puntos fortes e débiles e as suxestións de mellora desta fase de prácticas. Esta sesión terá unha duración aproximada de dúas horas e desenvolverase nos espazos que indiquen os titores da Universidade a cada grupo do alumnado.

Para finalizar, establécese o seguinte calendario de entrega de

documentación: • Data para a entrega das memorias do alumnado do Prácticum ao

titor da UDC: 6 de maio. • Data para entregar as avaliacións dos titores dos centros ao/á

coordinador/a do itinerario: 6 de maio. • Data para expoñer as avaliacións das memorias do alumnado por

parte dos titores da Universidade: 21 de maio (establecendo cada titor a data para a correspondente revisión antes do día 24).

• Data para entregar as avaliacións definitivas das memorias do alumnado por parte dos titores da Universidade ao/á coordinador/a do itinerario: 24 de maio.

3. Modelo de estrutura das prácticas educativas.

No desenvolvemento do practicum a través dos dous períodos, podemos

diferenciar tres tipos de tarefas, que se distribúen ao longo das dúas fases: Observación, intervención e reflexión. A observación vai ter lugar nos dous períodos, pero o seu peso no primeiro período será preponderante. A intervención terá lugar ben avanzado o segundo período, sobre todo cando se trate dunha intervención autónoma e deseñada polo alumnado, co asesoramento do titor. A reflexión, polo seu carácter, será transversal aos dous períodos pero será máis importante no segundo período e no momento posterior ás practicas, coa elaboración da memoria. 1 Algún dos titores da Universidade con contrato de profesorado asociado é posible que non se incorporaran nesa data, a súa presenza será cuberta pola persoa coordinadora do itinerario.

Page 9: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 9

a. Descrición do primeiro período.

O propósito desta primeira fase é o de se achegar á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivenciada, do centro e da aula.

Haberá que prestar atención aos seguintes aspectos, moitos deles en

relación con algún dos contidos abordados no módulos xenéricos:

Dinámica organizativa: -­‐ A dimensión contextual: a vida dos centros escolares vén definida

non só pola normativa legal, senón, sobre todo, por determinados aspectos culturais baseados en rutinas, regras —implícitas e explícitas—, formas de comportamento, rituais, etc. Haberá que esforzarse en detectar estes xeitos de funcionar para comprender en profundidade o que está acontecendo, por que e para que, así como as limitacións e problemáticas que pode xerar. Concretamente, prestarase atención aos recursos existentes (materiais e humanos) á coordinación entre o profesorado, á autonomía do centro e do profesorado, ao clima que favorece ou dificulta a súa coordinación, á relación que se mantén co medio social exterior e coas familias.

-­‐ A dimensión organizativa: Así mesmo, convén analizar as características e a formalización da súa organización e xestión. Débese atender, en especial, aos instrumentos de planificación da oferta educativa do centro (Proxecto Educativo de Centro, e dentro do mesmo ao Proxecto Curricular da Etapa de referencia, ao Plano de Acción Titorial, ás Medidas de atención á diversidade, aos Programas de Diversificación Curricular, ao Proxecto Lingüístico de Centro, e aos distintos itinerarios formativos do centro, incluíndo os Programas de Cualificación Profesional Inicial, de existiren). Sería enormemente formativo que os e as estudantes en prácticas puidesen asistir como observadores a todos os órganos de goberno (Claustro e Consello Escolar) e de coordinación pedagóxica (CCP, equipo de actividades extraescolares e complementarias, equipo de normalización e dinamización lingüística) e as comisións (TIC, proxecto lector e de convivencia). Tamén deberán coñecer e valorar os programas educativos existentes no centro, participar na vida do Departamento da especialidade, coñecendo a planificación educativa na área, materias ou módulos e os procesos de innovación e mellora no ensino desas materias ou módulos. É tamén recomendable que observen as actuacións do centro coas familias: entrevistas, charlas, asesoramentos puntuais, reunións, etc.

A referencia das aulas: tamén se empezará a tomar contacto coa actividade da materia do profesorado titor, que nos resultará extraordinariamente útil para o desenvolvemento posterior dos módulos específicos. Sendo así, no que respecta ás aulas prestarase atención, fundamentalmente, ás estratexias de ensino, aos mecanismos de

Page 10: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 10

xestión da aula e ás relacións interpersoais —entre o alumnado e entre o alumnado e o profesorado—. As observacións poderán focalizarse nos dous axentes principais do proceso educativo:

-­‐ Alumnado: analizarase a súa motivación pola aprendizaxe, o

interese polas tarefas escolares e os apoios que ten ou necesita para acadar os obxectivos académicos en función das súas dificultades específicas de aprendizaxe. Identificaranse as actitudes e valores que se promoven no centro e o nivel de satisfacción do estudantado.

-­‐ Profesorado: identificaranse as súas expectativas acerca do

alumnado, as súas concepcións educativas e o estilo docente que desenvolven. Observaranse as tarefas que asume como profesional do ensino, a súa satisfacción e motivación profesional e as necesidades formativas que manifestan. Tamén sería formativo estar presente na atención ás familias realizada polo profesorado titor/a, se as circunstancias o permiten.

b. Descrición do segundo período.

A parte máis importante deste período será a observación do traballo de aula, sen deixar a dinámica organizativa do centro, descritas no período anterior, así como a reflexión persoal sobre os mesmos. Pero ademais incluiremos a intervención que poderemos concretar de xeito indicativo en dúas fases:

a) Fase de intervención compartida, que consistirá en intervencións puntuais na aula co apoio e supervisión do titor do centro.

b) Fase de intervención autónoma, que consistirá no deseño de polo menos unha proposta didáctica da etapa na que se realicen as prácticas, co asesoramento dos dous titores ou titoras, a posta en práctica da proposta didáctica e a actuación como profesor/profesora responsable do grupo-clase tomando as decisións que correspondan para xestionar a aula. Esta fase debe realizarse baixo a supervisión do titor ou titora de centro nun número limitado de sesións(entre 3 e 5 aproximadamente, dependendo da carga horaria semanal).

V. MEMORIA DE PRÁCTICAS.

A realización da memoria implica a sistematización escrita dos dous períodos precedentes, realizando un informe por escrito para ser valorado polo titor da Universidade. Neste documento deben evitarse os xuízos de valor sobre o profesorado e alumnado do centro no que se realizan as prácticas.

A extensión aconsellable do traballo que se presenta é de 40 páxinas

máximo e 25 páxinas mínimo en DIN A4, impresas en Arial 11 a dobre

Page 11: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 11

espazo, e sen considerar os posibles anexos (agás no itinerario de artes). Entregar un exemplar encadernado e unha copia en soporte informático.

As cuestións apuntadas nas dúas fases descritas anteriormente han de

servir de axuda para comprender a realidade dun centro educativo e poden utilizarse como guía para redactar os correspondentes apartados da memoria de Prácticas.

A memoria de Prácticas deberá incluír necesariamente as seguintes

partes:

1. Portada: a. Na parte superior incluirá a seguinte referencia: Universidade da

Coruña. Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.

b. Na parte central da portada porá: MEMORIA DO PRACTICUM I/II. CURSO: 2012 – 2013. Xuño ou Xullo.

c. No ángulo inferior dereito, obrigatoriamente, o estudante porá os datos seguintes:

• Apelidos e nome e DNI do/a autor/a. • Itinerario e especialidade, no seu caso. • Apelidos e nome do/a titor/a da universidade. • Centro de realización das prácticas e enderezo. • Apelidos e nome do/a titor/a do centro.

2. Introdución. Exposición dos obxectivos ou intencionalidade do traballo que se presenta, partes da memoria e outras cuestións de interese para quen presenta a memoria: como agradecementos ou reflexións acaídas para o que se vai describir.

3. Descrición e análise do funcionamento dos centros de educación secundaria. Este apartado recollerá as consideracións e análises que se explicaron para o período de observación; tal e como se describía na páxina 9.

4. Descrición e análise do deseño e desenvolvemento dunha proposta didáctica. Farase constar a proposta didáctica, que deberá acompañarse dunha explicación do proceso seguido na súa elaboración e na súa experimentación. Esta proposta poderá ter relación co traballo de fin de Mestrado (TFM)2. Deste documento deberá deixarse unha copia ao Departamento didáctico do centro, se así o solicita o mesmo.

5. Descrición, análise e reflexión sobre a experiencia. Neste apartado incluirase unha descrición da experiencia desenvolvida ao longo das prácticas. Poderá facerse a través dun diario que reflicta estas experiencias. Este diario poderá incluírse no conxunto da memoria ou,

2 Recoméndase ver as opcións que se propoñen para o TFM no documento específico para o mesmo.

Page 12: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 12

se así o considera o alumno para axustar a súa extensión, poderá incluírse como anexo. Neste apartado será fundamental a análise e reflexión sobre o significado da experiencia das Prácticas a nivel profesional, tanto do conxunto das prácticas como da intervención directa na aula por parte do/a alumno/a. Concretamente, farase mención das necesidades de formación que se suscitaron, dos mecanismos que cada quen adoptou para se enfrontar ás esixencias da profesión docente, ás dificultades materiais, persoais e docentes atopadas. E, finalmente, poderase incluír unha alusión aos cambios institucionais, organizativos, sociais, docentes e didácticos que serían necesarios para a mellora dos procesos educativos observados e analizados.

A ponderación da memoria: con carácter orientativo, que deberá ser concretado por cada titor ou titora da Universidade, a ponderación dos diferentes apartados da memoria do prácticum poderá ser a seguinte:

Aspectos a valorar Apartados da memoria aos que afecta Ponderación

Aspectos formais: presentación, orden, claridade, índice, bibliografía

A todos os apartados 10%

Funcionamento do centro Ao apartado 3. 20%

Proposta didáctica Ao apartado 4. 30% Reflexión persoal Ao apartado 5. 40%

VI. AVALIACIÓN

A avaliación das prácticas corresponde ao profesorado que titorizou este período de formación.

A cualificación das Prácticas poderá ser non presentado, suspenso, aprobado, notable e sobresaínte. A cualificación final será o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade. Para superar as Prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións.

Na avaliación teranse en conta os seguintes criterios: Polo profesorado titor da Universidade:

- Asistencia á sesión de preparación. - Asistencia á sesión de seguimento. - Memoria de prácticas que ten que incluír todos os apartados

mencionados neste documento, debendo ter unha

Page 13: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 13

ponderación moi relevante a análise e a reflexión propias feita polo/a alumno/a.

Polo profesorado titor do centro: - Cumprimento das horas do módulo de Prácticas. - Implicación e participación nas actividades propostas no centro

de prácticas. - Actitude e interese positivo pola profesión docente. A

valoración deste apartado e do anterior dependerá do grao de información de que se dispoña.

- Actitude e interese positivo pola profesión docente - Deseño e experimentación da proposta de intervención

didáctica.

Anexos: Incluímos como Anexo I un cronograma descritivo do desenvolvemento do practicum, como Anexo II unha guía para facer a valoración por parte do titor do centro, como Anexo III un documento de valoración do Practicum por parte do titor do centro, para acompañar ao anterior, e como ANEXO IV un Compromiso de confidencialidade do alumnado sobre o que poda coñecer no desenvolvemento do practicum.

VII. TITORÍAS

O alumnado para calquera consulta relacionada co desenvolvemento,

avaliación das prácticas e elaboración da memoria, pódese dirixir ao titor ou titora da Universidade que corresponda. Estes/as titores/as deberán dar a coñecer os días, horas e formas de contacto tanto para o alumnado como para o profesorado titor dos centros. O profesorado titor, tanto da Universidade como dos centros, poden dirixirse á coordinación do practicum nos momentos e formas de contacto que lles serán comunicadas.

Page 14: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 14

ANEXO I. DESCRICIÓN E CRONOGRAMA DE REUNIÓNS E ACTIVIDADES DAS PRÁCTICAS E DO TFM.

Reunión/actividade de

Obxectivos Momento Responsables Formato Aspectos

1. Titores da Universidade

Coñecer obrigas, cronograma e avaliación

Antes do inicio do practicum I. 21 de novembro.

Coordinador mestrado e coordinador practicum

Gran grupo

Introdución e presentación. Documento guía. Condicións. Cronograma. Avaliación. Preguntas e suxestións.

2. Alumnado, titores dos centros e da universidade.

Coñecer obrigas, cronograma e avaliación

Xusto antes do inicio 3 de decembro.

Coordinador mestrado, coordinador practicum, coordinadores itinerarios e titores da Universidade.

Gran grupo. Pequeno grupo

Introdución e presentación. Documento guía. Condicións. Cronograma. Avaliación. Preguntas e suxestións.

3. Alumnado Desenvolvemento do practicum nos centros

4 de decembro a 18 de decembro

Titores universidade e centro

Individual

4. Alumnado Facer o seguimento 12 de marzo Titores universidade

Pequeno grupo. Reunión na Facultade.

Incidencias, situación, dúbidas.

5. Alumnado Desenvolvemento do practicum nos centros

13 de marzo a 19 de abril.

Titores universidade e centro

Individual

6. Alumnado Facer valoración e ultimar memoria

Ao finalizar, 22 de abril

Titores universidade

Pequeno grupo

Reflexión sobre a experiencia e aspectos finais a destacar da memoria.

7. Titores dos centros

Valoración do practicum segundo anexos

24 de abril Titores dos centros

Individual Envio aos coordinadores dos itinerarios.

8. Alumnado Presentación da memoria do practicum

6 de maio Alumnado Individual Entregar a titor/a UDC

9. Alumnado Prazo presentación proposta TFM.

13 de maio. Co visto e prace do/a titor/a

Individual. Entrega documento

A entrega farase será na Secretaría da Facultade.

10. Titores da Universidade

Valoración da memoria do practicum.

21 de maio.

Titores da Universidade

Individual Publicación de notas provisionais

11. Titores da Universidade

Revisión da cualificación da memoria

Entre o 21 e o 24 de maio.

Titores da Universidade

Individual

12. Titores da Universidade

Envío de nota final

24 de maio. Envío da nota final a coordinadores de itinerario

Individual

13. Alumnado Prazo presentación TFM.

10 de xuño as copias do documento.

Titor asinará o Anexo IV

Individual. Entrega documento

A entrega farase na Secretaría da Facultade.

Page 15: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 15

14. Titores da Universidade

Valoración da experiencia e criterios de avaliación.

13 de xuño.

Coordinador mestrado e coordinador practicum

Gran grupo

Valoración. Propostas de cambios necesarios. Criterios de avaliación

15. Alumnado Presentación da memoria do practicum 2ª oportunidade

6 de xuño

Alumnado Individual Entregar a titor/a UDC

16. Titores da Universidade

Valoración da memoria do practicum 2ª oportunidade

10 de xuño

Titores da Universidade

Individual Publicación de notas provisionais

17. Titores da Universidade

Revisión da cualificación da memoria 2ª oportunidade

Entre o 10 e o 11 de xuño.

Titores da Universidade

Individual

18. Titores da Universidade

Envío de nota final

11 de xuño. Envío da nota final a coordinadores de itinerario

Individual

19. Alumnado Defensa do TFM 17 a 21 de xuño.

Comisión de avaliación de cada itinerario

Acto público

20. Titores da Universidade

Revisión da cualificación do TFM

Entre o 24 e o 25 de xuño.

Comisión de avaliación de cada itinerario

Individual

21. Titores da Universidade

Publicación e envío de nota final

25 de xuño. Comisión de avaliación de cada itinerario

Individual

22. Alumnado Novo prazo presentación proposta TFM 2ª oportunidade, se non se fixera no prazo anterior

26 de xuño. Co visto e prace do/a titor/a

Individual. Entrega documento

A entrega farase na Secretaría da Facultade.

23. Alumnado Prazo presentación TFM 2ª oportunidade.

8 de xullo. Individual. Entrega documento

A entrega farase na Secretaría da Facultade.

24. Alumnado Defensa do TFM 2ª oportunidade.

Entre o 11 e o 15 de xullo..

Comisión de avaliación de cada itinerario

Acto público

25. Titores da Universidade

Revisión da cualificación da memoria

Entre o 17 e o 19 de xullo.

Comisión de avaliación de cada itinerario

Individual

26. Titores da Universidade

Publicación e envío de nota final

19 de xullo. Comisión de avaliación de cada itinerario

Individual

Page 16: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 16

ANEXO II Alumno/a ______________________________________________________ Centro de Prácticas______________________________________________ Localidade ____________________________________________ Titor/a_________________________________________________________

CRITERIOS DE REFERENCIA E PONDERACIÓN. (Sobre 100 puntos) 1. Asistencia e puntualidade -Asiste todos os días con puntualidade

-Asiste todos os días, pero non é puntual -Falta xustificadamente -Falta e non xustifica a súa ausencia

0-12

2. Responsabilidade no traballo -Manifesta sentido de responsabilidade docente -Mantén actitude e comportamento ético -Realiza un traballo coidadoso -Prepara calquera tipo de actividade que se lle encomenda -Asume responsablemente calquera situación escolar

0-12

3. Cooperación coa Dirección e Profesorado

-Colabora coa dirección e o profesorado -Traballa en equipo cos compoñentes do Departamento -Consulta ao profesorado -Atende e pon en práctica as observacións recibidas -Manifesta un trato cordial cos profesores/as

0-12

4. Entusiasmo e interese -Móstrase interesado nas súas tarefas de clase -Participa cos distintos sectores da comunidade educativa -Demostra interese polos problemas do Centro -Préstase voluntario ás tarefas propostas

0-12

5. Claridade e orde cando debe empregar explicacións verbais.

- Exprésase ben oralmente -É hábil e oportuno para interactuar co alumnado -Utiliza unha linguaxe adecuada ao nivel do alumnado. -Insiste no fundamental

0-7

6. Emprego de recursos didácticos

-Elixe os recursos con bo criterio -Utiliza de maneira integrada as TIC -Interésase polo aproveitamento de laboratorios, bibliotecas ou outros recursos fora do ámbito da aula

0-7

7. Dominio da disciplina -Domina amplamente o contido temático -Organiza con habilidade o contido temático -Adapta o contido á aula no seu contexto e ten en conta a diversidade -Ten claros os obxectivos previstos para cada contido -Distribúe adecuadamente o tempo das diferentes actividades propostas. -É hábil na motivación e mantén o interese pola actividade

0-7

Val

orac

ión

das

inte

rven

ción

s co

mo

doce

nte 8. Capacidade para

controlar e manter a atención na aula

-Estimula a actividade do alumnado -Sabe manter a atención e o interese do alumnado -Facilita a comprensión do explicado -Pon en marcha estratexias para resolver problemas de disciplina ou de convivencia na aula

0-7

9. Relación co alumnado -Preséntase aos estudantes: seguro, preocupado por eles,, cordial, comprensivo, equilibrado, accesible. -É recibido polos alumnos/as con respecto e confianza. -Facilita a comunicación, evita distanciamentos

0-12

10. Elaboración de probas, programacións, fichas, evaluacións

-Prepara ben as actividades do alumnado -Sabe confeccionar fichas ou planos de traballo -Deseña as actividades tendo en conta a educación en valores e educación cidadá. -Contempla a integración das competencias básicas

0-12

CUALIFICACIÓN FINAL: Asdo. Titor/a Selo do Centro Asdo. Coordinador-a/Centro Observacións:

Page 17: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 17

OBSERVACIÓNS: (Este documento debe enviarse ao enderezo seguinte: Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria D./Dna.____________________________Coordinador/a do Itinerario de __________________________ Facultade de CC. da Educación. Campus de Elviña 15071. A Coruña.)

Page 18: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 18

ANEXO III Centro de Prácticas ____________________________________________ Localidade ____________________________________________________ Tutor/a _______________________________________________________

ASPECTOS XERAIS DO PRACTICUM. Observacións para mellorar a organización. Escala de 1 (moi deficiente) ao 5 (excelente). En caso de ter dous titorandos e

consideralo necesario pode cubrir dous cuestionarios. Agradecemos que nolo faga chegar coa cualificación do alumnado (Anexo II).

ASPECTOS A VALORAR 1 2 3 4 5

Idoneidade do período de realización.

Comentarios e suxestións ao respecto da valoración anterior.

Relacións institucionais coa Facultade

Comentarios e suxestións ao respecto da valoración anterior.

Relacións cos titores/as da Facultade

Comentarios e suxestións ao respecto da valoración anterior.

Satisfacción persoal do titor/a

Comentarios e suxestións ao respecto da valoración anterior.

Outras suxestións:

Page 19: Guía do Practicum do Master en Profesorado da UDC para o curso 2012-2013

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensinanza de Idiomas pola Universidade da Coruña

Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2012-13. 19

ANEXO IV:

Compromiso de confidencialidade.

Don/Dona_______________________________________________, con DNI

nº__________; correo electrónico______________@_________e telefono

_______________________; Alumno/a do Practicum do Mestrado de Profesorado de

Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza

de Idiomas pola UDC no Centro de Prácticas ___________________________,da

provincia de ______________________, consciente da importancia do labor

profesional que se desenvolve no centro, da información sobre as persoas que se

manexa no mesmo e da documentación á que terá acceso, comprométese a gardar

SECRETO sobre esas informacións e documentación, non divulgándoas nin

utilizándoas para ningún fin.

Para que así conste a todos os efectos asínaa na Coruña a 3 de decembro de 2012.

Asdo.

(cada alumno/a asinará dous exemplares deste compromiso; e deberá entregar ou enviar un exemplar ao titor da Universidade e outro no centro onde realice as prácticas)