1
TÍTULO: O HOME QUE NON QUERÍA SOÑAR AUTOR: ÁLVARO MAGALHÁES EDITORIAL XERAIS Sete breves contos preceden a doce sorprendentes retratos de animais. Cos primeiros contos descubrimos o difícil que é gardar un segredo, un espello capaz de amosar as cousas que pasan no corazón, unha dor de cabeza á que non lle gusta que a chamen horrible, unha hora que sempre chega tarde a dar a súa hora, un home que non quería soñar…Os retratos son todos de bichos pequenos, como a xoaniña, o cabezolo ou o grilo, aínda que en medio deles se metese tamén o hipopótamo… TÍTULO: LA CASA DE MUÑECAS AUTORA: ANA ALONSO EDITORIAL OXFORD Jana e Mario son irmáns e, por culpa da crise, estas vacacións quedan sen ir á praia e terán que pasalas coa avoa, no pobo perdido de Rioclaro, onde non hai nin internet. A avoa amósalles unha antiga casa de bonecas.A aventura comeza cando a boneca Lucille, desaparecida fai anos, contesta ás mensaxes que Jana e Mario lle escriben... TÍTULO: CORAZÓN DE PEDRA AUTOR: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ EDITORIAL OXFORD Unha apaixonante aventura que nos lembrará o poder que ten a fantasía para cambiar as nosas vidas. Todos os nenos teñen un animal preferido e os de Brenda son os dragóns. Despois de ler moitos libros sobre o tema, Brenda sabe perfectamente como eran os dragóns e non consegue entender por que desapareceron. Cando chegan as vacacións do verán, a protagonista e mais os seus pais viaxan a unha casa rural nun bosque. Alí nace unha antiga historia sobre un dragón... TÍTULO: O PRINCIPIO AUTORA: PAULA CARBALLEIRA EDITORIAL KALANDRAKA Malia os efectos crueis e devastadores dunha guerra, este relato poético contado dende a infancia e que nos transporta con todo detallismo ata onde estouran as bombas, é unha mensaxe de esperanza. TÍTULO: O BRILLO DOS ELEFANTES AUTOR: FRAN ALONSO EDITORIAL XERAIS Un neno centroamericano vive nunha aldea de Matagalpa, coa súa nai e a avoa Mirta, nun fermoso país de lagos e volcáns. Na aldea onde viven a penas teñen para comer e unha guerra non declarada ameaza os campesiños. Taquín, o mestre dunha escola á que non vai ninguén, fai que o neno acabe por perderlle o medo á noite e descubra o sentido da vida. TÍTULO: EL LENGUAJE DE LAS COSAS AUTORA: MARÍA JOSÉ FERRADA EDITORIAL EL JINETE AZUL Aínda que non os escoitemos, as lámpadas, os paraugas, os reloxos, ata os mobles da casa teñen a súa linguaxe, sospiran, susurran, manifestan as súas inquedanzas. Os poemas son pequenas descricións líricas de escenarios domésticos e da beleza case invisible do cotiá.

guía verán 3º ciclo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

guía verán 3º ciclo

Citation preview

Page 1: guía verán 3º ciclo

TÍTULO: O HOME QUE NON QUERÍA

SOÑAR

AUTOR: ÁLVARO MAGALHÁES EDITORIAL XERAIS

Sete breves contos preceden a doce sorprendentes retratos de animais. Cos primeiros contos descubrimos o difícil que é gardar un segredo, un espello capaz de amosar as cousas que pasan no corazón, unha dor de cabeza á que non lle gusta que a chamen horrible, unha hora que sempre chega tarde a dar a súa hora, un home que non quería soñar…Os retratos son todos de bichos pequenos, como a xoaniña, o cabezolo ou o grilo, aínda que en medio deles se metese tamén o hipopótamo…

TÍTULO: LA CASA DE MUÑECAS

AUTORA: ANA ALONSO EDITORIAL OXFORD

Jana e Mario son irmáns e, por culpa da crise, estas vacacións quedan sen ir á praia e terán que pasalas coa avoa, no pobo perdido de Rioclaro, onde non hai nin internet. A avoa amósalles unha antiga casa de bonecas.A aventura comeza cando a boneca Lucille, desaparecida fai anos, contesta ás mensaxes que Jana e Mario lle escriben...

TÍTULO: CORAZÓN DE PEDRA

AUTOR: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ EDITORIAL OXFORD

Unha apaixonante aventura que nos lembrará o poder que ten a fantasía para cambiar as nosas vidas. Todos os nenos teñen un animal preferido e os de Brenda son os dragóns. Despois de ler moitos libros sobre o tema, Brenda sabe perfectamente como eran os dragóns e non consegue entender por que desapareceron. Cando chegan as vacacións do verán, a protagonista e mais os seus pais viaxan a unha casa rural nun bosque. Alí nace unha antiga historia sobre un dragón...

TÍTULO: O PRINCIPIO

AUTORA: PAULA CARBALLEIRA EDITORIAL KALANDRAKA

Malia os efectos crueis e devastadores dunha guerra, este relato poético contado dende a infancia e que nos transporta con todo detallismo ata onde estouran as bombas, é unha mensaxe de esperanza.

TÍTULO: O BRILLO DOS ELEFANTES

AUTOR: FRAN ALONSO EDITORIAL XERAIS

Un neno centroamericano vive nunha aldea de Matagalpa, coa súa nai e a avoa Mirta, nun fermoso país de lagos e volcáns. Na aldea onde viven a penas teñen para comer e unha guerra non declarada ameaza os campesiños. Taquín, o mestre dunha escola á que non vai ninguén, fai que o neno acabe por perderlle o medo á noite e descubra o sentido da vida.

TÍTULO: EL LENGUAJE DE LAS COSAS

AUTORA: MARÍA JOSÉ FERRADA EDITORIAL EL JINETE AZUL

Aínda que non os escoitemos, as lámpadas, os paraugas, os reloxos, ata os mobles da casa teñen a súa linguaxe, sospiran, susurran, manifestan as súas inquedanzas. Os poemas son pequenas descricións líricas de escenarios domésticos e da beleza case invisible do cotiá.